8
Case 5.000 persoas amosaron na tarde do 20 de maio en toda Galiciao seu rexeitamento aos recortes que Galicia Sindical NÚMERO 7 - MAIO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. Case 5.000 persoas mobilízanse en Galicia contra os recortes n As concentracións do día 20 de maio son o anticipo da folga no sector público do 8 de xuño DIXITAL www.galicia.ccoo.es Na imaxe, concentración ante a Delegación do Goberno, na Coruña Sesenta persoas de sesenta anos completaron o pasado 12 de maio os últimos sesenta quilómetros do Ca- miño de Santiago en defensa da xubi- lación anticipada, precisamente a esa idade, para o persoal de obra no sector da construción. A particular ‘peregri- naxe’ finalizou no Obradoiro. / Páx. 2 FECOMA-CCOO COMPLETA O CAMIÑO DE SANTIAGO contempla o plan de axuste proposto polo Executivo central e participaron nas concentracións convocadas ante a Delegación do Goberno na Coruña e as subdelegacións de Lugo, Ou- rense e Pontevedra./ Páx. 5

Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

  • Upload
    lamthuy

  • View
    217

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

Case 5.000 persoas amosaron na

tarde do 20 de maio en toda Galiciao

seu rexeitamento aos recortes que

Galicia SindicalNÚMERO 7 - MAIO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

Case 5.000 persoas mobilízanseen Galicia contra os recortesn As concentracións do día 20 de maio son o anticipo da folga no sector público do 8 de xuño

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Na imaxe, concentración ante a Delegación do Goberno, na Coruña

Sesenta persoas de sesenta anos

completaron o pasado 12 de maio os

últimos sesenta quilómetros do Ca-

miño de Santiago en defensa da xubi-

lación anticipada, precisamente a esa

idade, para o persoal de obra no sector

da construción. A particular ‘peregri-

naxe’ finalizou no Obradoiro. / Páx. 2

FECOMA-CCOO COMPLETA O CAMIÑO DE SANTIAGO

contempla o plan de axuste proposto

polo Executivo central e participaron

nas concentracións convocadas ante

a Delegación do Goberno na Coruña

e as subdelegacións de Lugo, Ou-

rense e Pontevedra./ Páx. 5

Page 2: Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

GALICIA SINDICAL N.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

CCOO ante a fusión

das caixas

Após o anuncio do acordo para a gobernanza, último

chanzo para a fusión das caixas galegas, CCOO continúa a

reclamar o mantemento do emprego do sector como a prin-

cipal preocupación do sindicato.

Comisións Obreiras considera que é «imprescindible» un

acordo laboral que minimice o impacto sobre o emprego,

ao tempo que garanta a homoxneización das condicións

de traballo entre os cadros de persoal das dúas entidades

de orixe.

Nese sentido, CCOO urxe á apertura da mesa de nego-

ciación do acordo de integración, que regulará os postos

de traballo na nova caixa. No devandito acordo "debe que-

dar garantido que non se aplicarán medidas traumáticas

que afecten o emprego e que calquera problema relacio-

nado coa duplicidade de redes e coa integración dos servi-

zos centrais será negociado no marco do devandito acordo",

sinala a organización sindical, que o considera condición

imprescindible para dar o seu apoio ao proceso.

Protesta do persoal

de grandes almacéns

O 12 de maio, o persoal de grandes almacéns concentrousediante da sede da CEG en protesta polo convenio do sector

Saúde de calidade,calidade da saúde

A Dirección de Recursos Humanos do SERGAS e a Subdi-

rección de Asistencia Sanitaria dirixíronse aos profesionais

de radioloxía para lles presentar un plan que aínda non ten

os recursos necesarios, e ademais carece de desenvolve-

mento planificado, que unificaría as gardas de radioloxía

en Monforte, Verín e O Barco de Valdeorras.

CCOO púxose en contacto co subdirector de Asistencia

Sanitaria, Ángel Facio, e só obtivemos respostas vagas ás

nosas preguntas, que trataban sobre quen ía facer este

traballo, quen realizaría as ecografías -precisan dun facul-

tativo especialista-, se as e os pacientes serán desprazados

e como… só recoñeceu que se trata do principio, e que

aínda falta moito para pór en marcha os cambios.

A pesar das respostas, non se morden a lingua para dicir

que todo isto tamén o pode facer a empresa privada, igual

que noutras comunidades autónomas. Parece, pois, que

xa atoparon a solución para aforrar en gardas médicas no

sistema público: recorrer á iniciativa privada.

E xorden máis dúbidas, como se a persoa enferma de

Verín irá ao Complexo Hospitalario de Ourense para facer

a proba e regresará a Verín para ser intervido, se o CHOU

terá que instalar liteiras nas habitacións, se as persoas de

Monforte deberán escoller entre Lugo e Ourense ou queda-

rán a medio camiño… ou se as e os especialistas de radio-

loxía acabarán metidos nunha sala mirando probas e sen

contacto cos pacientes e con outros especialistas para dis-

cutir os casos.

En fin, moitas dúbidas sobre o resultado do plan e nin-

gunha sobre a intención do mesmo. E todo isto con noc-

turnidade e aleivosía.

LOLA GONZÁLEZSECRETARIA XERAL DA FEDERACIÓN DE SANIDADE E SECTORES SOCIOSANITARIOS

Page 3: Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

GALICIA SINDICALN.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

Desde o pasado dia 9, o persoal

da empresa Urbaser, concesionaria

do servizo de recollida do lixo de

Santiago de Compostela, está en

folga pola negativa da empresa a

aceptar as reivindicacións do plan-

tel na negociación do convenio co-

lectivo.

O comité, cuxa presidencia os-

tenta CCOO, denunciou a imposi-

ción duns servizos mínimos «abu-

sivos» por parte do Concello

compostelán e da empresa, que en

moitos casos obrigaron a traballar

a máis do 50% do persoal, cifra in-

crementada nalgúns casos ata o

90%.

Ademais, Comisións denunciou

reiteradamente que os servizos mí-

nimos se centraron na zona histó-

rica da capital galega, obviando ou-

tros espazos. Para o sindicato, a

recollida do lixo de instalacións

Continúa a folga en Urbasern O comité de empresa considera irrenunciables as reivindicacións de carácter social

como centros médicos ou colexios

debería estar garantida, pero la-

menta que a actitude da empresa e

das autoridades municipais o están

a impedir. En canto ás reivindica-

Neste conflito, CCOO considera

«especialmente lamentable» a ac-

tuación do Concello de Santiago de

Compostela, que lonxe de procurar

unha solución ao conflito «adoptou

unha posición de parte, defen-

dendo exclusivamente os postula-

dos de Urbaser».

Ademais, Comisións valora como

«moi grave» o anuncio municipal

de que recorre a outra empresa,

Tragsa, para recoller o lixo que se

foi acumulando nos últimos días.

O sindicato considera «ilegal» a me-

DESPEDIMENTOSdida, xa que o persoal encargado

desa tarefa debe ser o propio de

Urbaser, e cualifica de «anticonsti-

tucional» a decisión por entender

que «torpedea» o dereito á folga,

recollido na Carta Magna.

Reiteradas presións

Ademais, CCOO denuncia que

como resultado das «reitaradas

presións» do Concello, que chegou

a pedir pediu «man dura», tres em-

pregados de Urbaser recibiron a

carta de despedimento.

cións, o comité defende que as esi-

xencias de carácter social son «irre-

nunciables», pero que as cuestións

salariais non supoñen ningún

atranco na negociación.

CCOO entrega os

Premios Primeiro de Maio

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo

entregou o pasado día 14 os Premios

Primeiro de Maio ao Compromiso So-

cial e á Solidariedade, que este ano

chegaron á XXV edición.

Os galardóns deste ano recaeron en

Olga Pimentel, que foi unha das per-

soas que participaron na creación das

CCOO en Telefónica; no Movemento

Democrático de Mulleres (MDM), que

desenvolveu un labor destacadísimo

nos anos 60 e 70 na loita pola igual-

dade de dereitos entre mulleres; e no

xuíz Baltasar Garzón. O xuíz non puido

asistir ao acto, pero recolleu o premio

o seu amigo Enrique León Calviño.

Page 4: Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

GALICIA SINDICAL N.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

'Os 60' de FECOMA chegana Santiago de Compostelan Completaron a ruta xacobea para pedir a xubilación anticipada para o persoal de obra

Page 5: Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

GALICIA SINDICALN.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

5

www.galicia.ccoo.es

Case 5.000 persoas amosaron o

20 de maio en toda Galicia o seu

rexeitamento ao plan de axuste

proposto polo Executivo central e

participaron nas concentracións

convocadas ante a Delegación do

Goberno na Coruña e as subdele-

gacións de Lugo, Ourense e Ponte-

vedra.

Convocadas por Comisións

Obreiras, CSIF, SUP, UFP, CEP,

AUME, AUGC, AEGC e Unión GC,

2.000 persoas participaron no acto

reivindicativo da Coruña, 500 en

Lugo, 600 en Ourense e 1.500 en

Pontevedra.

Estas concentracións foron a an-

tesala do que será a xornada de

folga dos servizos públicos, pre-

vista para o vindeiro día 8 de xuño,

e na que CCOO chama a dar unha

«resposta contundente» ás «medi-

CCOO chama a dar unha«resposta contundente» coafolga do vindeiro 8 de xuñon Case 5.000 persoas protestaron en toda Galicia contra os recortes anunciados poloGoberno central, que provocarán importantes minguas do gasto social

das antisociais» que prevé aplicar

o Goberno español.

Comisións lembra que os recor-

tes anunciados supoñen «romper

unilateralmente o diálogo social no

sector público», porque o Acordo

2010—2012 «xa contemplaba hai

sete meses medidas de contención

salarial suficientes».

Minguas no gasto social

Ademais, acompáñanse de min-

guas das políticas e do gasto social,

porque ademais das retribucións

no sector público, tamén se anun-

ciou a conxelación das pensións, e

outras medidas afectan tamén de

xeito negativo a temas como a apli-

cación da Lei da Dependencia.

Máis protestas contra o

peche de comedores

CCOO continúa coas concentracións

contra os peches de comedores esco-

lares. Os últimos actos reivindicativos

foron en Calvos de Randín, Baltar, O

Bolo e San Mamede de Montederramo,

localidades da provincia de Ourense

onde a Consellaría de Educación quere

proceder ao peche dos servizos.

A Federación do Ensino de CCOO

continúa, pois, coa campaña que se

iniciou días atrás con mobilizacións en

centros educativos da provincia de

Lugo.

As mobilizacións da provincia de Ou-

rense foron secundadas polos pais,

nais, profesorado e demais membros

da comunidade educativa. CCOO con-

tinuará a reivindicar que o servizo do

comedor escolar manteña o seu carác-

ter público como garantía de calidade

e mantemento de postos de traballo.

Page 6: Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

GALICIA SINDICAL N.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Faleceu o camarada António José

Macedo, da CGTP-IN

Os Consellos Sindicais Interrexio-

nais Galicia-Norte de Portugal e Bei-

ras-Castela e León asinaron o pa-

sado día 12 de maio en Ourense

un acordo de colaboración entre as

dúas entidades.

O acordo fixa como obxectivos-

mellorar as relacións sindicais entre

os dous organismos, establecer

proxectos e plans de actuación con-

xuntos ante os respectivos gober-

nos e administracións ou promover

encontros anuais.

Outras metas acordadas consis-

ten en instar os respectivos gober-

nos a que regulen a participación

sindical en todos os temas que te-

Acordo entre os CSIr Galicia-Norte dePortugal e Beiras-Castela e Leónn Permitirá mellorar as relacións sindicais entre os dous organismos

ñan que ver coas cuestións trans-

fronteirizas, sexan de carácter so-

ciolaboral, de infraestruturas ou

doutra índole, e ratifican o compro-

miso dos CSIr para identificar os

obstáculos á mobilidade e á de-

fensa dos dereitos dos/das traba-

lladores/as transfronteirizos/as.

Recentemente faleceu o camarada

António José Macedo, do sindicato

portugués CGTP-IN. Macedo desta-

couse nas máis diversas e persistentes

loitas en defensa do sector pesqueiro

e da clase traballadora en xeral. Ingre-

sou mozo no PCP e posteriormente na

JCP.

Actividade

Era membro do Conselho Nacional

e Comissão Executiva da Federação

dos Sindicatos do Sector da Pesca, do

Conselho Nacional da CGTP e membro

da Executiva e da Direcção Distrital da

União dos Sindicatos de Aveiro. Era

igualmente membro do Comité de Diá-

logo Social Europeo para a Pesca.

Page 7: Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

cro e con forte carácter pú-

blico desde a súa funda-

ción. A ONCE dá emprego

directo a 25.500 traballado-

res e traballadoras e indi-

recto a moitos miles máis,

ademais de ter delegada a

atención especializada ás

persoas con discapacidade

visual grave.

Por esta razón, a deterio-

ración económica e social,

denunciada por CCOO e ou-

tras organizacións, «pode

crear un problema social a

curto prazoso».

GALICIA SINDICALN.º 7 - Maio 2010 (2.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

O pasado día 12, delega-

dos e delegadas de CCOO na

ONCE, xunta outras organi-

zacións, concentraranse

diante da sede do Parla-

mento de Galicia para sensi-

bilizar os poderes públicos

sobre a deterioración econó-

mica e social que se produce

na ONCE desde hai anos. Ta-

mén entregarán un relatorio

no que se documenta esta

afirmación.

CCOO lembra que a ONCE

é legalmente unha institu-

ción social, sen ánimo de lu-

CCOO pídelles aos poderesautonómicos que ollen cara á ONCEn O día 12 concentráronse diante do Parlamento de Galicia

Page 8: Galicia Sindical - ccoo.gal · que «torpedea» o dereito á folga, recollido na Carta Magna. Reiteradas presións Ademais, CCOO denuncia que como resultado das «reitaradas presións»

NÚMERO 7 - MAIO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es

AURI VÁZQUEZ ESTRAVIZSECRETARIA DA MULLER DE CCOO DE FERROL

Durante séculos de civilización,

a historia foi protagonizada e con-

tada polos homes. As mulleres,

como xénero, camiñamos sempre

ao carón do home.

Traballamos, construímos,

aprendemos, criamos e loitamos.

Fomos obreiras, mineiras, sufra-

xistas, mestras, lavandeiras, au-

Mostra “Invisibles?” en Ferrolgadoras, costureiras, labregas e

peixeiras. Fomos e somos, fillas,

nais, avoas e compañeiras na rede

solidaria que teceu o noso xé-

nero. Malia a iso, o noso traballo

foi tristemente silenciado, e co

tempo, esquecido na escura invi-

sibilidade. Reescribir a historia

desde a perspectiva do compro-

miso feminino. Por voz e rostro

as mulleres que nos precederon

e rescatar da sombra a nosa pe-

gada na historia son os obxecti-

vos que nos moven.

A Unión Comarcal de Ferrol

achega ata Ferrol un anaco desa

historia silenciada a través das

imaxes e instantáneas que com-

poñen a exposición da Fundación

10 de Marzo que demos en cha-

mar “Invisibles?”, instalada no

centro cultural Carvalho Calero.