20
Os seus cadros representan fundamentalmente a súa experiencia persoal, os aspectos dolorosos da súa vida, que transcorreu en gran parte postrada nunha cama. Expresa a desintegración do seu corpo, o terrible sufrimento que padeceu e a súa dor ante a imposibilidade de ter fillos

FRIDA KAHLO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

FRIDA KAHLO

Citation preview

Page 1: FRIDA KAHLO

Os seus cadros representan fundamentalmente a súa experiencia persoal, os aspectos dolorosos da súa vida,

que transcorreu en gran parte postrada nunha cama. Expresa a desintegración do seu corpo, o terrible

sufrimento que padeceu e a súa dor ante a imposibilidade de ter fillos

Page 2: FRIDA KAHLO

Este autorretrato constitúe o primeiro cadro profesional da artista. Pintouno como regalo para o seu amante

Alejandro Gómez Arias, que a abandonara e a quen

pretendía recuperar deste xeito. O digno retrato aristocrático reflicte o

interese de Frida Kahlo pola pintura italiana do

Renacemento. o colo amaneirado,

extremadamente longo, recorda representacións de

Modigliani.

Autorretrato con traxe de veludo, 1926

Page 3: FRIDA KAHLO

A propia artista consideraba pouco logrado o retrato de Miguel N. Lira.

No cadro aparecen diversos símbolos da literatura e a poesía. A

figura do anxo, talvez o Arcanxo San Miguel, alude ao nome de

Miguel, mentres que a lira representa o apelido.

Retrato de Miguel N. Lira, 1927

Page 4: FRIDA KAHLO

Xa en Detroit consegue superar a tristura por un aborto e mirar de novo a

vida. Nesta autorrepresentación leva posto un colar de perlas de xade precolombinas. Mostra novamente unha

gran seguridade en si mesma.

Autorretrato con colar, 1933

Page 5: FRIDA KAHLO

A diferenza de tamaño entre os cónxuxes, xa grande de

por si, aparece esaxerada no cadro. Os delicados pés dela apenas tocan o chan. Frida Kahlo case parece flotar, mentres que Rivera está

firmemente ancorado no chan cos seus enormes pés. Rivera

está caracterizado como pintor, con paleta e pincel, a

si mesma representouse como a esposa do xenial

artista.

Frida e Diego Rivera, 1931

Page 6: FRIDA KAHLO

En 1939 tivo lugar a exposición, organizada por André Breton, "Mexique”, onde se expoñían

pinturas mexicanas, esculturas, fotografías e obxectos de arte

popular. Tamén estaba exposto este autorretrato, que foi

adquirido polo Louvre, sendo o primeiro cadro dun artista

mexicano deste século en entrar no museo. O retrato e o fondo azul están pintados sobre un

panel de aluminio. Os ornamentos florais que o

enmarcan e as dúas aves están pintados sobre cristal e

colocados sobre o retrato.

Autorretrato «The Frame», 1938

Page 7: FRIDA KAHLO

Na mitoloxía mexicana, o mono é o patrón da danza, pero tamén un símbolo de

lascivia. A artista representou o animal de tal xeito, que se converte no único ser realmente vivo, cariñoso e animado, que, protector, enlaza co seu

brazo á pintora.

Autorretrato con mono, 1938

Page 8: FRIDA KAHLO

Este cadro é un traballo simbólico que expón

moitos acontecementos da vida da artista e recorre a

numerosos elementos doutros traballos. Frihda Kahlo desenvolveu unha

linguaxe pictóricapropia. Moitos dos seus traballos poden parecer

surrealistas polos elementos fantásticos e surreais que conteñen, pero en ningún deles se

desprendeu por completo da realidade.

O que vin na auga , 1938

Page 9: FRIDA KAHLO

Pouco despois do divorcio entre Frida Kahlo e Diego

Rivera, realizou a artista este autorretrato constituído por dúas personalidades. Aquí

meditou sobre a crise matrimonial e a separación. A

parte da súa personalidade adorada e amada por Diego

Rivera é a Frida mexicana con traxe de Tehuana, a outra

Frida está ataviada cun vestido máis ben europeo. Os

corazóns de ambas as dúas están ao descuberto e

mantéñense unidos por medio dunha única arteria. A parte

europea de Frida Kahlo, desprezada, ameaza con

desangrarse. As dúas Fridas, 1939

Page 10: FRIDA KAHLO

A dedicatoria atópase escrita

nunha fita: «Pintei o meu retrato no ano de 1940 para

o Doutor Leo Eloesser, o meu médico e o meu

mellor amigo. Con todo o meu

cariño. Frida Kahlo.»

Autorretrato dedicado ao Dr. Eloesser, 1940

Page 11: FRIDA KAHLO

En lugar dunha roupaxe feminina, Frida Kahlo

represéntase aquí vestida cun amplo traxe

masculino escuro. Acaba de cortar os seus longos cabelos cunhas tesoiras. O verso dunha canción de moda mexicana no

bordo superior do cadro infórmanos sobre a razón do feito: “Mira que si te quise, fue por el pelo,

Ahora que estas pelona, ya no te quiero”. Autorretrato

con pelo

cortado, 1940

Page 12: FRIDA KAHLO

Co acto de cortarse o pelo non só expresara a dor pola separación de Rivera. Aquí temos de novo o pelo como elemento de expresión dos sentimentos da artista, esta

vez en relación co novo matrimonio con Rivera. Os cabelos que no outro cadro

aparecían cortados, dá a sensación de que os

recolleu e peiteou cunha trenza. Deste modo

retomou Frida Kahlo a feminidade que un ano

antes, en 1940, desbotara e simbolicamente depuxera.

Autorretrato con trenza, 1941

Page 13: FRIDA KAHLO

Este retrato foi realizado durante a súa relación amorosa con Nickolas

Muray, recoñecido fotógrafo retratista

norteamericano. Os catro papagaios proceden do mundo pictórico hindú, onde son os animais de tiro do deus do amor, Kama. Como símbolos

eróticos, aluden á relación amorosa con

Muray.

Yo y mis pericos, 1941

Page 14: FRIDA KAHLO

En Frida Kahlo vía Rivera a "encarnación de toda

magnificiencia nacional". Con iso referíase tanto ao seu

aspecto exterior como á súa creación artística. Levaba a flora e fauna mexicanas aos seus cadros, pintaba cactos, plantas selváticas, rochas de lava, monos, cans Itzcuintli,

cervos, papagaios, animais que formaban parte do seu rabaño de animais caseiros, e que nos

seus cadros aparecen como compañeiros da súa soidade.

Autorretrato con monos, 1943

Itzcuintli

Itzcuintli

Page 15: FRIDA KAHLO

O retrato de Rivera na súa fronte expón o amor obsesivo

de Frida Kahlo polo seu marido. Está vestida cun

traxe de Tehuana, que tanto lle gustaba a Rivera. O traxe

procede dunha rexión do sueste de México na que

aínda hoxe se conservan as tradicións matriarcais e cuxas

estruturas económicas revelan o dominio da muller.

As raíces das follas que adornan o seu tocado

recordan unha arañeira coa que intenta cazar a súa presa,

Diego.

Pensando en Diego, 1933

Page 16: FRIDA KAHLO

Pintou este autorretrato na época en que Rivera tivo

unha relación amorosa coa actriz de cinema María Félix, o que supuxo un escándalo público. O

rostro mira ao espectador con mirada triste. Os

longos cabelos enredáronse no seu colo e ameazan con estrangulala. Unha vez máis, os cabelos son o medio expresivo da

dor da alma.

Diego y yo, 1949

Page 17: FRIDA KAHLO

Cando empeorou o seu estado de saúde e se viu

obrigada a levar corpiño de aceiro, Frida Kahlo pintou este autorretrato en 1944. Unha columna xónica con

diversas fracturas simboliza a súa columna

vertebral ferida. A rachadura do seu corpo e

os e os sucos da erma paisaxe agretada,

convértense en metáfora da dor e soidade da artista.

A columna rota, 1944

Page 18: FRIDA KAHLO

Frida Kahlo comportábase a miúdo como unha nai ante o seu marido e aseguraba que as mulleres en xeral e entre

todas ela –"EU- quixera sempre telo no colo como ao

seu neno acabado de nacer". O cadro contén,

ademais, moitos elementos da vella mitoloxía mexicana: o

día e a noite, o sol e a lúa, a deusa da terra

Cihuacoatl. Tamén o can Itzcuintli é, aparte dunha das

súas mascotas preferidas, unha representación da figura mitolóxica con forma de can Xólotl, o gardián do mundo

dos mortos.

A aperta de amor de O universo, a tierra, 1949

Page 19: FRIDA KAHLO

A súa dor ante a imposibilidade de ter fillos plásmao nun cadro no que se ve un bebé e varios obxectos diseminados arredor dunha cama de hospital onde xace mentres sofre

un aborto.

O caracol, símbolo da lentitude deste aborto. Nas culturas precolombinas é considerado como representación da vida e o sexo, así como un emblema do embarazo debido á súa cuberta

protectora. Pintou unha maqueta médica da zona pélvica dunha

muller, con ela quere reproducir as explicacións dos seus médicos acerca da súa incapacidade para levar a fin

un embarazo por culpa das lesións na pelve e a columna. Pintou unha peza

mecánica que se utilizaba como regulador de presión en depósitos de gas polo paralelismo que viu entre este mecanismo de peche e a súa

propia musculatura «defectuosa», que lle impedía conservar ao neno no seu corpo. A cadeira que aparece no extremo dereito inferior representa a danada estrutura ósea de Frida que

tanto marcará a súa vida. A flor murcha é o reflexo do seu decaído

estado de ánimo. A forma dalgunhas orquídeas provocou que fosen

consideradas a representación dos xenitais femininos. Neste caso, aparece unha flor moribunda e

desvitalizada que non pode ser máis significativa.

Hospital Henry Ford (1932)

Page 20: FRIDA KAHLO

Isa

Decembro 07

La tristeza se retrata En todita mi pintura, Pero así es mi condición, Ya no tengo compostura.