15
Entre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época. O fracaso do intento de invasión de Inglaterra e o inmediato ataque de Drake á Coruña, fan que Felipe II decida convertir a Ferrol nunha das principais bases da costa Norde e Oeste da península, lugar de refuxio, reparación e construción de barcos. Nesa decisión é razoable pensar que tiveron influencia dous homes: Por unha banda, Martín de Bertendona, o único almirante -dun total de 8- que sobrevive ao intento de invasión de Inglaterra -o episodio coñecido como a Armada Invencible en xullo de 1588-. Tamén o capitán Alonso de Orozco, xentilhome do duque de Medina Sidonia, quen mandaba a Gran Armada que en 1588 intenta invadir Inglaterra. O capitán Orozco estableceráse logo no Pazo da Ribeira, en Maniños onde residirá nos 30 últimos anos da súa vida. A última década do reinado de Felipe II será unha época dunha profunda crise eco- nómica e demográfica no conxunto da Corona, pero Ferrol convírtese nunha excepción e beneficiaráse das decisións gubernamentais de localizar na ría a base naval. Comezan a construción dos castelos de San Felipe e da Palma e a instalación da fábrica de bizcocho ou fornos reais en Neda. O carácter de base naval veráse reforzado pola escola de artille- ría que funciona na cidade en 1590. As series de impostos recollidas polo historiador Juan Granados, reflexan nesa década unha vizosidade económica insólita en toda a península. Segundo o historiador Manuel Gracia Rivas, o ataque inglés á Coruña en maio de 1589 provocou: “unha gran conmoción ao poñer de manifesto, unha vez máis, a capacida- de do enemigo para operar nas propias costas peninsulares e ainda que a acción fracasara, non podía ocultarse a realidade dun desembarco da infantería inglesa en chan español e a evidencia de que varias cidades se sentiran seriamente amenazadas durante os dias de asedio. (...) Tomouse a decisión de trasladar a toda a armada ao porto de Ferrol, o cal reunía, Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”. O CAPITÁN ALONSO DE OROZCO, UN LOBO DE MAR EN MANIÑOS Lucía Costas, Carola Macedo e Henrique Sanfiz

Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

  • Upload
    others

  • View
    8

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

Entre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política navalda época. O fracaso do intento de invasión de Inglaterra e o inmediato ataque de Drake áCoruña, fan que Felipe II decida convertir a Ferrol nunha das principais bases da costaNorde e Oeste da península, lugar de refuxio, reparación e construción de barcos. Nesadecisión é razoable pensar que tiveron influencia dous homes: Por unha banda, Martín deBertendona, o único almirante -dun total de 8- que sobrevive ao intento de invasión deInglaterra -o episodio coñecido como a Armada Invencible en xullo de 1588-. Tamén ocapitán Alonso de Orozco, xentilhome do duque de Medina Sidonia, quen mandaba aGran Armada que en 1588 intenta invadir Inglaterra. O capitán Orozco estableceráse logono Pazo da Ribeira, en Maniños onde residirá nos 30 últimos anos da súa vida.

A última década do reinado de Felipe II será unha época dunha profunda crise eco-nómica e demográfica no conxunto da Corona, pero Ferrol convírtese nunha excepción ebeneficiaráse das decisións gubernamentais de localizar na ría a base naval. Comezan aconstrución dos castelos de San Felipe e da Palma e a instalación da fábrica de bizcochoou fornos reais en Neda. O carácter de base naval veráse reforzado pola escola de artille-ría que funciona na cidade en 1590. As series de impostos recollidas polo historiador JuanGranados, reflexan nesa década unha vizosidade económica insólita en toda a península.

Segundo o historiador Manuel Gracia Rivas, o ataque inglés á Coruña en maio de1589 provocou:

“unha gran conmoción ao poñer de manifesto, unha vez máis, a capacida-de do enemigo para operar nas propias costas peninsulares e ainda que aacción fracasara, non podía ocultarse a realidade dun desembarco dainfantería inglesa en chan español e a evidencia de que varias cidades sesentiran seriamente amenazadas durante os dias de asedio. (...) Tomouse adecisión de trasladar a toda a armada ao porto de Ferrol, o cal reunía,

Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”.O CAPITÁN ALONSO DE OROZCO, UN LOBO DE MAR EN MANIÑOS

Lucía Costas, Carola Macedo e Henrique Sanfiz

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 329

Page 2: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

polo seu emprazamento xeográfico, as mellores condicións para o cumpri-mento destas misións”1.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

330

A comezos de 1590, atopábanse fondea-das en Ferrol un total de 47 unidades, entregaleóns, galeazas, pataches, zabras e faluas.

Unha expedición cara Bretaña parte o 7de setembro de 1590 do porto de Ferrol. Para oenvío de tropas de reforzo se utilizaron naves demaior porte pertencentes á Armada que baixo omando de Don Alonso de Bazán permanecíanno peirao ferrolán. Así en outubro de 1592, oAlmirante Martín de Bertendona manda unhaescuadra de 17 navíos e 2.000 soldados.

Destacaba o galeón “San Bernabé”, que era “quién tomó la almiranta inglesa el añopasado”.

BERTENDONA CHEGA A FERROL COA “RAGAZZONA”

Martín de Bertendona participa da denominada “Armada Invencible” ao mando daescuadra do Levante, integrada por 10 grandes buques mercantes requisados en portos ita-lianos. Volve do episodio da Gran Armada á fronte da “Ragazzona”, un buque construi-do en Venecia, de 1294 toneladas, 30 canóns, 80 mariñeiros e 333 soldados. Fondea na ríade Muros despois dunha travesía de moitas millas, de Lisboa ata o canle da Mancha, bor-deando Inglaterra por Escocia e o Mar do Norde e retornando á península polo OcéanoAtlántico. Sen arboladura, achégase á Coruña e opta finalmente por refuxiarse no porto deFerrol. Encalla na punta Fornelos, na entrada da ría de Ferrol. Toda a tripulación pode che-gar a terra e incluso salvan artillería e canóns do buque. Coñece polo tanto nas propiascarnes, as posibilidades de refuxio e de abrigo que ofrece a ría ferrolá. Bertendona será oúnico almirante dos oito da Gran Armada, que mantén o seu posto en decembro de 1588.Felipe II reclama os seus consellos e orientacións para o deseño da política naval. EnFerrol permanece e daquí sairá en novas expedicións da Armada nos anos 1590 e 1591.Comunícalle ao rei a falta de calafates na zona e Felipe II respóndelle do seguinte xeito:

“Martín de Vertandona mi capitan general de una escuadra de naos de miarmada habiendoseme avisado de Ferrol que hay falta de calafates para el

1. GRACIA RIVAS, M. La campaña de Bretaña (1590-1598) Una amenaza para Inglaterra, en “Cuadernos monográficos del ins-tituto H/Lrtorzkt y Cultura Naval” 20 (1993).

A Armada na Xornada de Inglaterra, no pri-meiro plano o "San Martín"

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 330

Page 3: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

apresto de las naos de mi Armada porque no se allan ningunos en aquellatierra ni alrededor muchas leguas nitampoco en portugal y por ser tannecesario que la dicha armada salga anavegar con todad la brevedad pudierey considerando que estando tan ade-lante (adelantada) la fabrica de losgaleones no serán ahí menester tantoscalafates como hasta aqui emvió amandar al capitan Ojeda que saque deellos los más que se pudieren y queprocurando juntar de otros también losque se pudieren los embie a la dichaFerrol los unos y los otros con toda la

331Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”.

O capitán Alonso de Orozco, un lobo de mar en Maniños

2. UI. BERTENDONA PAPERS.

3. ARG. Fondo de la Real Audiencia. Sig. 17/98.

mas brevedad posible en navios pequeños y muy lijeros y para que esto sepueda hazer con la que se desea le embio dos mil ducados y por que paraello habrá menester vuestro favor y ayuda os mando que se lo hagais darasistiendole a todo, y ayudando por una parte lo que se pudiere pues veisde la importancia que es el llegar alla con mucha brevedad, que en queassi lo hagais me servireis mucho”2.

ALONSO DE OROZCO: UNHA VIDA MILITAR E FAMILIAR

Alonso de Orozco pertenceu a unha familia fidalga cuxos membros exerceran acarreira militar desde tempo inmemorial. O seu pai, Francisco de Orozco, e seu avóAntonio de Orozco foron militares; o seu irmán Gaspar Olarte de Orozco, xenro e segun-do de a bordo de Martín de Bertendona, chegaría a ser Almirante da Armada de Biscaia eoutro, o capitán de artillaría Antonio de Orozco, provedor da xente de guerra do Miño aoDouro, segundo o mesmo sinala nun expediente da Real Audiencia de Galicia3.

Coñecemos a vida militar do Capitán Orozco, grazas a diversas cartas que elmesmo envía ao Rei, e a varios despachos con nomeamentos, que localizamos no Arquivode Simancas. Dita documentación pertence ás décadas dos anos oitenta e noventa do sécu-lo XVI e ocupa uns catorce anos da vida deste militar. Se temos en conta a data do seufalecemento en 1643, as datas dos citados expedientes e a súa participación, segundo osmesmos, na xornada das Illas Terceiras de 1582, podemos situar o seu nacemento c.a.

Soldados s. XVI

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 331

Page 4: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

1560 e o seu ingreso na Armada en 1578. Os fitos principais da súa carreira foron osseguintes:

Xornada das Illas Terceiras de 1582

En xullo de 1582 tivo lugar un enfrontamento, no cal a flota española baixo omando de Álvaro de Bazán derrotou en San Miguel de Azores (Illa Terceira) á flota fran-cesa que apoiaba ao pretendiente á coroa portuguesa Don Antonio, Prior de Crato; desemodo Felipe II asegurábase a coroa do país veciño. Mortos o rei portugués Sebastián I eo seu sucesor o Cardeal Infante Don Enrique, Felipe II reclama o trono portugués, comoprimo do defunto rei; para iso envía ao Duque de Alba e a Álvaro de Bazán a Lisboa, contropas por terra e mar. En 1582 Felipe II controlaba xa Portugal e o pretendiente refúxia-se en Azores onde recibe axuda do reino de Francia e das tropas do florentino FilippoStrozzi. Desde Lisboa partirán 36 barcos capitaneados por Álvaro de Bazán, entre eles, ogaleón “San Martín”: buque portugués de 48 canóns e mil toneladas, a bordo do cal ato-pábase Alonso de Orozco. Esta flota enfrontaríase a unha escuadra francesa, superior ennúmero, o 26 de xullo de 1582. Logo dunha soada vitoria as tropas españolas regresan aLisboa. Volverá Álvaro de Bazán novamente ao arquipélago en xullo de 1583, facéndoseen dúas semanas co control das illas e obrigando ao aspirante ao trono portugués a fuxira Francia.

Nomeamento de Xentilhome de Artillería

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

332

En Lisboa, o 1 deXaneiro de 1588, Juan deAcuña, capitán xeral deartillería, en nome do Rei,entrégalle o despacho deXentilhome de Artillería.Nesas datas estábanse pre-parando as tropas para aXornada de Inglaterra ouGran Armada. Alonso as-cende na súa carreira mili-tar, será o seu xefe inme-diato o Capitán Alonso deCéspedes:

“tendo eu boa relación da calidade e partes de vos Alonso de Horozco e enconsideración do que haveis servido ao Rei o noso señor e confio lle servi-

Expedición a Illa Terceira. Monasterio do Escorial

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 332

Page 5: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

reis adiante hei ter por ben de elexiros e nomearvos como por virtude dapresente vos elixo e nomeo por un dos devanditos vinte gentiles homes dadita Artilleria para que ides servindo nela como tal en todo o que se ofre-cer á dita orde e disposición do devandito capitán Alonso de Céspedes”4.

polo novo posto recibirá de soldo doce escudos da dez reais cada un ao mes e chegandoa terra unha ración ao día para o seu cabalo. A mediados do século XVI o grado deXentilhome de artillería era equiparable a ou que hoxe en día é un oficial da armada.Había un Xentilhome cada tres pezas de artillería.

A Xornada de Inglaterra ou Gran Armada

A Gran Armada saíu de Lisboa o 30 de Maio de 1588, baixo o mando de AlonsoPérez de Guzmán el Bueno, séptimo duque de Medina Sidonia, compoñíana 130 barcos,entre os que se atopaba a capitana “San Martín”, que portaba a insignia ducal -Alonsoforma parte da súa dotación como xentilhome do duque-. Chegaron á Coruña e de alí par-tiron cara á Canle da Mancha o 22 de Xullo. O 31 de xullo, o “San Martin”, enfróntasepor primeira vez co buque insignia “Ark” capitaneado por Howard, e co “Revenge” deDrake, rescatando o 2 de Agosto ao galeón “San Juan”, a piques de ser apresado; trasunha serie de escaramuzas o “San Martín” chega a Gravelinas, onde é rodeado e ataca-do. Logo dun longo periplo polas costas de Escocia e Irlanda, sufrindo moitas penalida-des, a capitá regresa a Santander o 21 de Setembro de 1588, onde a dotación padecerá ungrave brote epidémico, posiblemente de tifus:

“que por el mes de septiembre del año pasado de 1588, vino al puerto deesta villa de Santander, el armada real de que fue general el duque deMedina Sidonia y desembarcó entre muy gran cantidad de gente de mar yguerra, la mayor parte de ellos destrozados y fatigados y se repararon enesta dicha villa y sus barrios y los vecinos de esta dicha villa y sus barrioslos acogieron (…) y de esto se causó enfermedad grande en esta villa ymurieron gran parte de los vecinos y ha oído decir que fue en cantidad demas de seiscientas personas con pequeños y grandes”5.

A dotación do “San Martín”, de 300 homes de guerra e 177 de mar, tivo 151 bai-xas e numerosos feridos, entre eles o propio Alonso que perde un brazo dun balazo, qui-zais en Gravelinas. Un médico certificaría este acontecemento:

333Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”.

O capitán Alonso de Orozco, un lobo de mar en Maniños

4. AGS. Guerra Antigua. Leg. 510.

5. GRACIA RIVAS, M., La sanidad en la jornada de Inglaterra (1587-1588), Editorial Naval, Madrid (1988), 360-361.

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 333

Page 6: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

“la capitana donde en la postrera escaramuza que se tubo con el enemigoperdió el brazo derecho de un balazo de artillería donde gasto en la curala poca hacienda que tenia”6.

“Al capitán Alonso de Orozco contenido en este memorial he visto y tienecortado totalmente el brazo derecho junto a la coyuntura del codo, quesegún parece ha sido de valazo y esta sin genero de esperança de poderaprovechar del y es de manera que forçosamente ha menester un criadoque le vista y assi es muy justo que su Magestad le haga merced y porquees verdad lo firme en 18 de Junio de 1596”7.

O contador da Armada Coco de Calderón narra o feito no seu memorial daXornada de Inglaterra "y otro balazo á Alonso de Orozco, gentil hombre de la artillería,que fue el derecho"8.

Segundo lle declara o Duque de Medina Sidonia ao rei nunha relación posterior áxornada, “de toda la gente de mi servicio que eran como 60, se me an muerto y enferma-do, de manera que con sólo dos me e hallado”9. Un deles é Orozco, segundo se reflexa nasúa folla de servizos.

Nomeamento de Capitán do “León Negro”

En 1589, tralo ataque da flota inglesa á Coruña, decídese o traslado da Armada aFerrol, o 8 de outubro de 1589 chegan á citada cidade os buques procedentes de Lisboa.Entre a súa tripulación atopábase Alonso de Orozco. En 1590 o rei Felipe II pregunta aoConsello de Guerra que facer coa Armada, e o Consello responde:

“se escojan 15 ó 20 naves gruesas y juntándole otros 12 ó 15 filibotes,poniendo en ellas la gente de guerra más escogida que pudieren llevar delos Tercios que están dedicados para ella... corran las costas de estos rei-nos y limpien y aseguren estos mares de corsarios y aguarden y recojan lasflotas de Indias y que las demás naves se despidan y la infantería quesobrase se meta en los presidios y de esta manera se ahorrará de muchacosta y podrá V.M. entretenerse y aguardar a mejor tiempo y coyunturapara hacer la empresa principal”10.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

334

6. AGS. Guerra Antigua. Leg. 394-312.

7. AGS. Guerra Antigua. Leg. 472-249.

8. Relación de lo sucedido á la real armada del Re/ nuestro Señor, de ques capitán general el Duque de Medina Sidonia, desdeque salió de la Coruña, adonde se recojió después que salió de Lisboa con el temporal que le dio, escrita por el contadorPedro Coco de Calderón.

9. UI. BERTENDONA PAPERS.

10. GRACIA RIVAS, M. La campaña de Bretaña…O.c., 41-56.

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 334

Page 7: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

Como consecuencia desta orde, o 20 de xuño de 1590, Alonso de Orozco recibe onomeamento, polo capitán xeral Alonso de Bazán, de capitán do “León Negro”, un fili-bote11 holandés pertencente á Armada, co que realizaría dúas viaxes a Bretaña:

“por quanto alguno de los siete filibotes holandeses que sirven en estaarmada están sin capitanes, uno de los cuales es el nombrado León Negroy conviniendo al servicio de su Majestad nombrar persona de suficienciapráctica y experiencia de las cosas de la mar que sea capitán del sabiendoque estas y otras buenas partes concurren en la de vos Alonso deOrozco…..por tenor de la presente os nombro por capitán de dicho filibotenombrado León Negro”12.

“hizo dos viajes a Bretaña en compañía de Sancho Pardo y Pedro deÇubiauri13 en los que les tomaron cinco navios ingleses”14..

Estes filibotes atracaban no porto de Ferrol de forma periódica e estaban dispostospara a protección da costa dos ataques de corsarios, e formando parte con outros vinte ecinco navíos da armada dunha escuadra baixo o mando de Sancho Pardo Osorio, colabo-raban na defensa das tropas católicas bretoas, ao mando do duque de Morcoeur, que loi-taban contra Enrique IV no cerco de Brest15.

Navío “San Andrés”. A xornada das Azores de 1591

En 1591, por orde de Alonso de Bazán, traspásase toda a dotación que tiña o “LeónNegro” ao “San Andrés”, para participar ese mesmo ano na “Xornada das Azores”.

“y el año de noventa y uno por orden del general don Alonso Vaçan se emvar-co con la gente de artillería que tenia en el dicho león negro en el galeónSantandres por estar el dicho galeón falto de artillería y marineros y se alloen la toma de lalmiranta inglessa”16 “assi mismo fue sirviendo en la jornadaque hizo la dicha armada el año 1591 a las islas de las flores y tercera”17.

335Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”.

O capitán Alonso de Orozco, un lobo de mar en Maniños

11. O filibote era un tipo de barco orixinario dos Paises Baixos, adaptado a súas augas pouco profundas, de fondo moito maisplano que as naos e de gran lixereza; tiña unha capacidade de unhas 200 o 300 toneladas e acabou sendo o barco por exce-lencia dos rebeldes holandeses. PAZZIS PI CORRALES, M. DE. La Armada de los Austrias, “Real Sociedad de Amigos del Paísy Dpto. de Historia Moderna de la Universitat de Valencia”, Valencia 2001, 148.

12. AGS. Guerra Antigua. Leg. 510.

13. Sancho Pardo era realmente o xeneral Sancho Pardo Osorio e Pedro de Zubiaur un recoñecido mariño vasco da segundametade do século XVI. Logrou vitorias de sona contra os ingleses. Felipe II nomeouno cabo dunha escuadra de filibotes ecapitán xeral dunha escuadra de navíos da Armada.

14. AGS. Guerra Antigua. Leg.472-249/ Leg. 510/135

15. VV.AA. Historia de Ferrol, Coruña, Vía Láctea Editorial, 1999, 140-145.

16. AGS. Guerra Antigua. Leg. 505-128.

17. AGS. Guerra Antigua. Leg. 510 / Leg. 394-312.

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 335

Page 8: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

No verán de 1591, Felipe II orde-na que unha flota cruce o Atlántico endirección a Novo Mundo, os inglesestiveron noticia desta navegación e deci-diron apostarse, cunha gran escuadra degaleones e mercantes corsarios aomando de Howard, nas inmediacionesdas Azores. En agosto partiron daPenínsula 52 naves de Alonso de Bazáne 6 filibotes portugueses, ao chegar ásAzores foron avisados da localizacióndos buques ingleses e estes igualmentedos españois; Alonso de Bazán dividiuas súas tropas para atacar á flota inglesapor dúas frontes. O día 11 de Setembrocomezou o ataque, que finalizou coa

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

336

18. A urca era un tipo de embarcación similar a unha fragata, moi ancho no centro e duns 40 m de eslora, podía ser de cargapara o transporte de mercancías ou de guerra, foi utilizada ata o século XVIII.

19. Ainda que a este barco se lle cita tamén como una nao era realmente unha zabra. A zabra era un buque de dous paos, ori-xinario do País Vasco. Facían a travesía entre España e América nuns 30 días, era rápido e con gran capacidade de carga,levaban tamén armamento, sustituía a Flota de Indias no caso dalgún perigro. O seu tonelaxe era dunhas 150 o 170 tonela-das, ainda que algunhas alcanzaron as 600. PAZZIS PI CORRALES, M., de. O.c., 147.

fuxida dos ingleses e o apresamiento do antigo barco de Drake o “Revenge” comandadopolo vice-almirante Richard Grenville; no abordaxe a este barco sufriron grandes desper-fectos o “Ascensión” e a urca18 de Luís Coytiño, o “San Andrés”, onde se atopaba Alonsode Orozco. O “Ascensión” afúndese o mesmo día do abordaxe, o “San Andrés” ao díaseguinte logo de ser rescatada o seu tripulación; a flota inglesa que fuxira chegou maltrei-ta ao seu país, non sen antes sofrir as súas naves corsarias o ataque de Francisco Colomaque lles fixo varias presas.

Nomeamento de Capitán do navío chamado “A nosa Señora de Ajuda”

En Madrid, o 1 de Xuño de 1592, Alonso de Bazán nomea a Alonso de Orozco,capitán da zabra19 “Nosa Señora de Ajuda”:

“cierto que estas y otras buenas partes concurren en la de vos el CapitanAlonso de Orozco que de doce años a esta parte haveis servido a suMajestad en las ocasiones quesean ofrecido en el dicho tiempo y particu-larmente en la jornada de Inglaterra siendo uno de los Xentilhomes delArtilleria y al presente estais continuando de Capitan del filibote nombra-do Leon Negro desde el año pasado de 1590 que os eleji por tal y que yo

Ataque ao Revenge

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 336

Page 9: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

os he visto servir a sido a satisfación mia, he tenido por bien de elegiros ynombraros por Capitan del dicho navio nombrado Nuestra Señora deAjuda, con las preeminencias, honras, gracias, mercedes, exenciones ylibertades que por la dicha raçon os tocan y las que han tenido, tienen ygoçan los demás quean sido y son Capitanes de navios de la dicha Armadareal” ”y el demás tiempo de Capitán de la çabra nombrada la Ajuda” 20.

“el dicho general le nombro por capitán de la nao Nuestra Señora de Ajudahabiendo otros capitanes que lo pretendían (…) a los demás capitanes quellegaron aquí antes que el dicho dio Vuestra Majestad a 29 escudos deentretenimiento y al dicho no se le an dado hasta agora”21.

O Capitán Orozco atópase ao mando desta nave ata mediados de 1593 cando, pororde do Rei, devolve o barco xunto a outros cinco galeones á coroa de Portugal. Despoismantense á espera de destino ou entretido. Os memoriais da súa actividade na Armada ter-minan a finais do S. XVI, e en 1596 solicita a concesión dunha praza morta -praza vacan-te- en Lisboa ou en Galicia, pide que teñan en conta a súa historial e a súa circunstanciade mutilado de guerra:

“en conssideracion de lo susodicho ya que peleando de los enemigos le lle-varon el braço derecho, Le haga meced de una plaza muerta en Portugal oGalicia conforme a la calidad de su persona y servicios”22.

En 1598 morre Felipe II e sucederalle o seu fillo Felipe III. En 1603 morre IsabelI de Inglaterra. O seu sucesor Jacobo I era partidario dunha política menos belicosa, eambos países asinan a paz de 1609 que durará ata 1624. Os ingleses absteríanse de axu-dar aos rebeldes holandeses, comprometíanse a tolerar aos católicos ingleses e a abando-nar a piratería atlántica; os españois, pola súa banda, renunciarían a nomear un rei católi-co para Inglaterra e permitirían o comercio inglés nas colonias españolas. Coa paz osrequerimientos da Armada son menores, o Capitán Orozco conseguiría a súa praza vacan-te posiblemente en Ferrol, tendo en conta que en 1607 estaba xa establecido e moi inte-grado na vida da cidade, pois era rexedor e xa comezara a dedicarse ao comercio. É posi-ble que este novo destino fose na escola de artillería que se formou en devandita cidadeen 1590, segundo testemuña o veedor xeral da Armada Pedro López de Soto23, para ins-truír aos artilleros de campaña, algo necesario dados os malos resultados deste corpo na

337Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”.

O capitán Alonso de Orozco, un lobo de mar en Maniños

20. AGS. Guerra Antigua. Leg. 510.

21. AGS. Guerra Antigua. Leg. 505-128.

22. AGS. Guerra Antigua. Leg. 472- 249.

23. VICENTE MAROTO, I. Las escuelas de Artillería en los siglos XVI y XVII, en “Quaderns d’Història de l’Enginyeria” V (2002-2003).

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 337

Page 10: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

Xornada de Inglaterra fronte aos ingleses, auténticos mestres nesta arte24. Uns anos des-pois atopamos un expediente da Real Audiencia de Coruña de 1629 que nos fala dun des-tino militar que ocuparía ao redor de 1623:

“En nombre del Capitan Alonso de Orozco entretenido por su majestad enel presidio25 de esta ciudad” “hes Hijodalgo notorio de solar conocido ydescendiente de tales (…) y principal capitán entretenido por su majestaden Coruña y rico haçendado”26.

O pazo da Ribeira de Maniños

Tras o seu paso pola Armada atopámonos ao capitán Orozco en 1607 exercendocomo rexedor da vila de Ferrol. Compaxina o cargo con ocupacións mercantís como avenda de viño, Ferrol transformouse nun centro de aprovisionamento das tropas e unreclamo por tanto para mercaderes e homes de negocios. Cónstanos así unha obriga dunsveciños de Ares:

“...cada uno de ellos dara y pagara deuda buena leal y berdadera y cono-cida al capitan Alonso Orozco regidor de la villa de Ferrol o a la personaque para ello su poder uviere es a saber ciento treinta y tres reales y trein-ta y un marabedis los quales confesaron deberle por razon de ciento qua-renta y cinco açumbres de vino tinto...”27.

O capitán remata vivindo na beira sur da ría de Ferrol, na súa casa da Ribeiroa enSan Salvador de Maniños.

O 18 de xaneiro de 1643, un ancián e enfermo Alonso de Orozco, testa “verbo adverbum” ante o cura reitor de Maniños, don Francisco Fernández Barral. O testamentoserá protocolizado por Pedro de Abelleira, escribano de Ferrol, o 1 de xullo dese ano28.Alonso morre o 28 de xullo de 1643 na súa casa de Ribeira en Maniños.

No que respecta ao seu o seu funeral dispuña ser enterrado dentro da igrexa parroquial deManiños na capela maior deixando:

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

338

24. VV.AA. Historia…, O.c., 141.

25. O conceito de presidio non é o actual. Refírese a un acuartelamento, a súa presenza no posto posiblemente non tivese queser permanente, o que facilitaría a súa residencia en Maniños.

26. ARG. Fondo de la Real Audiencia. Sig. 17/98.

27. ARG. Real Audiencia 21246/76.

28. ARG. Real Audiencia 25536/26, o testamento consultado e un traslado que se atopa dentro de este pleito.

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 338

Page 11: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

“...por via de dotacion y limosna perpetua a la fabrica de dha iglesia parami y mis dezendientes perpetuamente una leyra mia propia que fue deTeresa Viziosa...”.

O capitán Alonso deixou como descendencia catro fillas naturais. No seu testamen-to maniféstao:

“...declaro y digo que y siendo soltero ube a anxela de orozco muxer dePedro de Luazes scrivano vezino del Ferrol, de una muxer soltera y a doñamaria de orozco muxer de don Alonso Crespo y Francisca de Orozcomuxer Pedro Lopez vezino de Santiago de Francia, las ube asimesmo sien-do soltero de otra muxer soltera=y ansimesmo siendo soltero uve a Ana deOrozco muxer de Pedro Pineyro da Veyga escrivano vezino de la villa deNeda de una muxer cassada llamada Ana Diaz, natural de un lugar llama-do Lesa, tierra de la Rioxa...”.

As súas catro fillas son:

— Ángela de Orozco. da súa nai non temos ningunha referencia documental.Ángela contraeu matrimonio con Pedro de Luaces, escribano. Foron veciños deFerrol.

— Ana Díaz de Orozco29. Foi a súa nai outra Ana Díaz, unha muller casada, oriún-

339Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”.

O capitán Alonso de Orozco, un lobo de mar en Maniños

29. O capitán Orozco defenderá o honor familiar interpoñendo un pleito contra o fidalgo de Franza Martín Vidal a quen acusade prometer matrimonio á súa filla Ana de Orozco, “y debajo de este prometimiento tuvo con ella trato carnal” para despoiscasar con outra muller. Reclámalle 2.000 ducados en conceito de “indemnización”, algo común na época xa que en 1577,por exemplo, un alcalde arrestou ao duque de Feria por terse casado coa filla dun aristócrata, cando lle dera a súa promesaá irman doutro. ARG. Fondo de la Real Audiencia. Sig. 17/98.

Pazo da Ribeira en Maniños

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 339

Page 12: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

da da Rioxa. Ana Díaz de Orozco contraeu matrimonio co escribano PedroPiñeiro da Veiga, veciños da vila de Neda.

— Francisca de Orozco. Bautizada en Maniños o 14 de novembro de 1607. É filla,do mesmo xeito que a súa irmá María, de María Juárez, sendo solteira.Francisca de Orozco contrae matrimonio, o 19 de novembro de 1637, enManiños, con Pedro López de Leiro, veciño de Santiago de Franza.

— María Orozco contrae matrimonio en San Salvador de Maniños, o 28 de abrilde 1640, con don Alonso Lozano, fillo do sarxento Alonso Crespo Lozano eOrosia de Porras. Lozano era natural da parroquia de Sta. María da Coruña ondenacera o 11 de novembro de 162330.

É este matrimonio quen herda a casa da Ribeira, así se fai constar no citado testa-mento:

“...iten digo que yo prometi a Don Alonso Crespo en dote y casamiento conmi yxa Ana de Orozco la cassa en que bibo con la mas azienda qu consta-ra de la scritura de dote..”.

A propiedade pasará logo a mansda neta do capitán, Pascua de Orozco (SanSalvador de Maniños 1646-1711) quencasa en 1669 en Maniños con Alonso deLeiro31.

A propiedade da facenda familiaracabaría orixinando un preito entre os her-deiros, descendentes de Pascua de Orozco.Na executoria do citado preito, en 1783,ao falar da casa principal descríbese a pro-piedade:

“...la cual se compone de cocina,casa de horno, salas, corredores,caballerizas de ganados, bodegascorral huerta y palomar circunda-do sobresi con algunos arboles fru-tales e infructiferos a la parte del

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

340

30. AHDS. Coruña, Sta. María do Campo.

31. AP. SAN SALVADOR DE MANIÑOS. Libros Sacramentales (B.- M.- D.) I.

Escudo da familia Bermúdezde Castro pertencente ao Pazo

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 340

Page 13: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

vendabal y poniente de dicha casa e inmendiato a esta, solo camino enmedio, a la parte de entre levante y norte dos bodegas para la recolecciónde vino junta y pegado a ellas por la parte del poniente una capilla en quese celebra misa y tiene su altar y retablo bastante usado y lo propio las efi-gies de algunas imagenes que subsisten en el y pegado a todo ello por dichade entre levante y norte una granga o cerradura circundada de sobresi lamayor parte de parral y rivero (sic.) y dentro de ella algunos arboles fru-tales y no frutales, una porción de viña otra de prado y otra de (...) y el fon-dal de todo sito un molino mas reducido que solo contempla piedra molercuatro meses del año...”32.

A capela do pazo, demolida a mediados do século XX, estaba adicada a “OsDesposorios da Nosa Señora”33 Foi edificada e custeada por María Ventura de Orozco eLozano e o seu marido, Melchor Bermúdez Sanjurjo que contraeron matrimonio enManiños o 6 de agosto de 169334. Consérvase unha labra heráldica dos Bermúdez.

341Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”.

O capitán Alonso de Orozco, un lobo de mar en Maniños

32. ARChV. Executorias 3518.0038.

33. AP. SAN SALVADOR DE MANIÑOS. Libro de Fábrica II.

34. AP. SAN SALVADOR DE MANIÑOS. Libros Sacramentales (B.- M.- D.) I.

A casa grande ou pazo da Ribeira deManiños, tamén é coñecida como pazo dosMontenegro ou dos Bermudez. Aínda hoxe evó-canos un pasado fidalgo, a lembranza do capi-tán Alonso de Orozco, curtido en mil batallas eque viviu nesta parróquia máis de 30 anos, acomezos do século XVII.

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 341

Page 14: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

342

Nomeamento de Capitán do “León Negro”

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 342

Page 15: Felipe II:“Avisado de Ferrol, que hay falta de …catedra.pontedeume.es/20/catedra2009.pdfEntre xullo de 1588 e maio de 1589 acaeceron feitos que mudaron a política naval da época

BIBLIOGRAFIA

Combate de isla Flores (Azores). Apresamiento del Revenge y muerte de RichardGrenville (1591), en “Revista de Historia Naval” 51 (1995).

FERNÁNDEZ DURO, C., Armada Española desde la unión de los reinos de Castilla yAragón, Vol.III, Madrid, 1897

GONZÁLEZ, M. Las aventuras del galeón San Martín, un símbolo de la ArmadaInvencible, en “Historia de Iberia Vieja” 89 (2012).

GRACIA RIVAS, M. La sanidad en la jornada de Inglaterra (1587-1588), EditorialNaval, Madrid, 1988.

GRACIA RIVAS, M. La campaña de Bretaña (1590-1598) Una amenaza para Inglaterra,en “Cuadernos monográficos del instituto H/Lrtorzkt y Cultura Naval” 20 (1993).

MARTIN C. e PARKER, G. La Gran Armada, Editorial Planeta, Barcelona, 2011.PARKER, G. Felipe II. La biografia definitiva, Editorial Planeta, Barcelona, 2010.PAZZIS PI CORRALES, M.de. La Armada de los Austrias, Real Sociedad de Amigos del

País y Dpto. de Historia Moderna de la Universitat de Valencia, Valencia, 2001.SALAS, R. de. Memoria histórica de la artillería española, Madrid, 1931.VICENTE MAROTO, I. Las escuelas de Artillería en los siglos XVI y XVII, en “Quaderns

d’Història de l’Enginyeria” V (2002-2003).VV.AA. Historia de Ferrol, Coruña, Vía Láctea Editorial, 1999.

FONTES

AGS. Guerra Antigua. Leg. 394-312AGS. Guerra Antigua. Leg. 472-249AGS. Guerra Antigua. Leg. 505-128AGS. Guerra Antigua. Leg. 510AGS. Guerra Antigua. Leg. 510/135AHDS. Coruña, Parroquia de Sta. Mª do Campo.AP. San Salvador de Maniños. Libros Sacramentales. Bautismos, Matrimonios yDefunciones IAP. San Salvador de Maniños. Libro de Fábrica IIARG. Real Audiencia. Sig. 17/98ARG. Real Audiencia 21246/76UI. Bertendona Papers.AGS Archivo General de Simancas.AHDS Arquivo Historico Diocesano de Santiago.AP Arquivo Parroquial.ARG Arquivo do Reino de Galicia.UI. Universidade de Indiana

343Felipe II: “Avisado de Ferrol, que hay falta de calafates”.

O capitán Alonso de Orozco, un lobo de mar en Maniños

felipe-color_catedra20 13/02/2014 13:41 Página 343