20
ESTUDO DE MATERIAIS DO CASTELO PEQUENO DE SANTIGOSO (A MEZQUITA, OURENSE) Responsable científica: Josefa Rey Castiñeira Equipo de traballo: Cristina Seoane Novo GEPN-AAT-Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio Departamento de Historia USC-Universidade de Santiago de Compostela Foto: Citania S. L.

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

ESTUDO DE MATERIAIS DO CASTELO

PEQUENO DE SANTIGOSO (A MEZQUITA, OURENSE)

Responsable científica: Josefa Rey Castiñeira

Equipo de traballo: Cristina Seoane Novo

GEPN-AAT-Grupo de Estudos para a Prehistoria

do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e

Territorio

Departamento de Historia

USC-Universidade de Santiago de Compostela

Foto: Citania S. L.

Page 2: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

1. ÍNDICE

1. ÍNDICE ........................................................................................................................................ 2

2. FICHA TÉCNICA ........................................................................................................................... 3

3. INTRODUCIÓN ............................................................................................................................ 4

4. METODOLOXÍA ........................................................................................................................... 5

5. CERÁMICA CASTREXA ................................................................................................................. 8

GRUPOS CERÁMICOS DA FASE MEDIA SEN ATRIBUCIÓNS OLEIRAS ........................................ 10

a. BORDO RECTO ................................................................................................................. 10

b. BORDO ENGROSADO DE TRANSICIÓN FLEXIONADA E FACETA INTERNA ......................... 11

c. BORDO APUNTADO CON TRANSICIÓN FLEXIONADA ........................................................ 12

GRUPOS CERÁMICOS DA FASE FINAL OU ÉPOCA GALAICO-ROMANA SEN ATRIBUCIÓNS

OLEIRAS ............................................................................................................................... 13

a. VASILLAS CON DECORACIÓN INCISA ................................................................................ 13

b. FONDO PLANO CON REBORDO PERIMETRAL ................................................................... 14

GRUPOS CERÁMICOS DA FASE FINAL: TRADICIÓN CUNCA DO MIÑO .......................................... 15

a. VASILLAS CON DECORACIÓN ESTAMPADA .................................................................. 15

6. FUSAIOLAS ............................................................................................................................... 16

7. BIBLIOGRAFÍA ........................................................................................................................... 18

Page 3: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma
Page 4: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

3

2. FICHA TÉCNICA

Promotor: A Citania S.L. -Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio-

Título documento: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

Xacemento: O Castelo Pequeno (GA32048011)

Responsable científica: Josefa Rey Castiñeira1

Texto: Cristina Seoane Novo1

Debuxos: Cristina Seoane Novo1

Fotografías: Cristina Seoane Novo1

Mapas: Cristina Seoane Novo

1

Emilio Abad Vidal1, 2

Planos: Emilio Abad Vidal1, 2

Execución:

1 GEPN-Grupo de Estudos para a Prehistoria do

Noroeste Ibérico. Departamento de Historia I. Universidade de Santiago de Compostela www.gepn.eu 2 CESGA-Centro de Supercomputación de

Galicia

Enderezo:

Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago de Compostela. Praza da Universidade s/n. 15782, Santiago de Compostela

Data: Xuño de 2019

Page 5: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

4

3. INTRODUCIÓN

Este informe recolle os resultados da análise dos materiais recuperados no xacemento do

Castelo Pequeno (A Mezquita, Ourense) (GA32048011) durante a intervención Sondaxes

arqueolóxicas valorativas no Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense) (ED 102A

2018/763-0) dirixida por Israel Picón Plantas e levada a cabo o pasado mes de abril de 2019.

Trátase do material obtido en tres sondaxes arqueolóxicas situadas en diferentes áreas do

xacemento (Fig. 1).

Fig. 1 Localización das sondaxes e bolsas de materiais procedentes de cada unha delas no modelo do terreo do castro (Fonte: IDEPatri).

O xacemento co que se traballa insírese dentro dun área escasamente estudada para a

Idade do Ferro do NW, o que non se debe tanto á ausencia de escavacións arqueolóxicas, senón

máis ben á escaseza de publicacións e da difusión do coñecemento xerado en ditas

intervencións.

Page 6: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

5

4. METODOLOXÍA

Os traballos desenvolvidos coa cerámica do Castelo Pequeno lévanse a cabo segundo os

criterios establecido no seo do GEPN-AAT na súa sección de Castrexo (Rey et al. 2009, 2011), e

centráronse no lavado e siglado do material da campaña de 2019, primeiro mediante o

recoñecemento das pezas con valor diagnóstico –bordos, colos, fondos, galbos decorados– e a

posterior organización dos fragmentos pola definición dos grupos morfolóxicos identificados.

Simultaneamente ás labores mencionadas procédese á diferenciación de vasillas mediante a

identificación dos fragmentos que pegaban entre si, ou que, sen chegar a colar, se poden

relacionar entre si polas súas características.

Completouse o inventario dos fragmentos siglados e a numeración das vasillas ás que

foron reducidos, tras o sistema de relación por “pegado” ou “asociado” citadas. Asemade,

procédese ao debuxo de todas aquelas pezas que amosaban valor diagnóstico como

consecuencia do reducido número de fragmentos cos que se traballa, e ao fotografado de

tódalas pezas.

Coa labor descrita podemos mostrar unha primeira imaxe moi parcial da cerámica do

Castelo Pequeno: de enunciados e valoracións globais dos grupos formais identificados, o seu

retrato gráfico e fotográfico. Ademais, faise un rexistro informático mediante base de datos,

que serve tanto como inventario coma para pólo en relación cos datos contextuais aportados

polos responsables da escavación e tamén permite a súa integración na plataforma IDEPatri

para a súa contextualización xeográfica e espacial mediante ©QSIG.

No Castelo Pequeno recuperáronse unicamente 24 fragmentos cerámicos, dos cales 20

son de cerámica indíxena, 3 probablemente de adscrición romana e 1 fusaiola. Recíbense os

materiais en bolsas de autopeche cos seguintes datos: nome do xacemento, sondaxe, UE, data

e número de bolsa (Fig. 2). Nunha primeira visualización obsérvase que moitos dos materiais

amosan un elevado grao de alteración (cun alto índice de fragmentación –anacos de menos de

2 cm en ocasións–, algúns cun forte rodamento…), o que dificulta tanto a diagnose tipolóxica e

formal, como a adscrición cronolóxica das pezas.

Page 7: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

6

Fig. 2 Exemplo dunha das bolsas de material cando se reciben e cando se devolven.

Por último, o material foi reembalado en bolsas de autopeche recheas de escuma para

protexer as pezas o máximo posible (Fig. 2). Dentro das bolsas colócase unha etiqueta (Fig. 3), á

súa vez estas bolsas colócanse no interior dunha caixa de cartón etiquetada (Fig. 3) por tres das

súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma antiesvarante, sobre a que se

depositan as bolsas que, á súa vez, se recobren por outra lámina de escuma para protexelas e

deixalas listas para o seu depósito no museo correspondente.

Fig. 3 Etiquetado das bolsas e da caixa de materiais.

Page 8: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

7

Fig. 4 Caixa dos materiais lista para a súa entrega.

Page 9: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

8

5. CERÁMICA CASTREXA

A meirande parte dos fragmentos de cerámica castrexa recuperados no Castelo

Pequeno –23 fragmentos– correspóndense con galbos de adscrición tipolóxica indeterminada –

14 anacos pertencentes a outras tantas vasillas. Só unha mínima parte das pezas teñen valor

diagnóstico –9 fragmentos pertencentes a 7 vasillas Nmx– (Táboa 1). Dos fragmentos con valor

diagnóstico o máximo que se pode apuntar é o grupo formal ao que se adscribirían no caso dos

bordos e do único fondo recoñecible e que podería ser de adscrición romana e non indíxena,

sendo moitas veces unicamente a parte anatómica da vasilla o que se pode aportar, sen maior

precisión.

Grupo formal Nº Frag. NV+ NV-

Bordo facetado 3 1 1

Bordo redondeado 2 2 2

Fondo con rebordo perimetral 1 1 1

Galbos con decoración estampada 1 1 1

Galbo con decoración incisa 1 1 1

Colos 1 1 1

Galbos 14 14 10

Total 23 21 17

Táboa 1 Número de vasillas por grupo recuperadas na intervención de 2019 no Castelo Pequeno.

En termos de consumo, cabe sinalar o reducido número de vasillas rexistradas con

respecto a outros xacementos castrexos, sobre todo das Rías Baixas, non tanto na Área Oleira

da Cunca do Miño (Rey 1991) á que se podería adscribir a cerámica do Castelo Pequeno, pero

que tamén tería influencias da área Oriental e de Tras-os-Montes. Dos 9 fragmentos que teñen

valor diagnóstico para a clasificación morfolóxica e decorativa, reconstrúense 7 vasillas Nmx

coas labores de pegado e 6 vasillas Nmn, se consideramos algúns fragmentos sen valor

diagnóstico e a súa probable asociación con algúns dos que non o teñen (Táboa 1). Esta

cantidade de material afecta a 25,59 m², repartidos en 3 sondaxes arqueolóxicas nesta campaña

de 2019 (Fig. 1), con potencias de entre 2,60 e 0,8 m para un período aproximado de 400 anos.

En contraposición, e a xeito de exemplo, podemos sinalar que no Castro do Coto de Castrovite

(A Estrada, Pontevedra), no que conflúen materiais das tres áreas oleiras –Setentrional, Rías

Baixas e Cunca do Miño– consume 742 vasillas mínimo e 1027 máximo en 55 m2 escavados, con

potencias de entre 0,50 e 1,50 m e para uns 800 anos (Rey et al. 2010a). É dicir, que con algo

máis do dobro de superficie escavada e de vida do xacemento, as diferenzas a nivel de consumo

son evidentes, o que concorda coas diferenzas de consumo entre as distintas áreas oleiras,

sendo a das Rías Baixas a que máis vasillas consume (Rey et al. 2009).

Salvo tres fragmentos que corresponden a un único bordo facetado (CP-19-005, CP-19-

013 e CP-19-014), un pequeno fragmento de galbo con círculos concéntricos estampados (CP-

19-011) moi característicos na cerámica da Área Oleira da Cunca do Miño durante a Fase Final

da Cultura Castrexa (Carballo 1998) nos séculos que roldan o Cambio de Era (Rey 1996, 2014;

Rodríguez Puentes 1986) ou o único fondo (CP-19-011) (Táboa 2), os demais fragmentos

Page 10: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

9

practicamente non poden ser encadrados cronoloxicamente a causa tanto da grande

fragmentación como das deficientes condicións de conservación que amosan as superficies.

Ferro I Ferro II Galaico-romano

-VIII -VII -VI -V -IV -III -II -I I II

Estampado de círculos concéntricos ●●●●● ●●●●●●

Fondo plano con rebordo ●●●●●●

Bordo facetado ●●●●●●●● ●●●●●●

-VIII -VII -VI -V -IV -III -II -I I II

Táboa 2 Cronoloxías tipolóxicas atribuídas ós tipos cerámicos castrexos datables atopados no Castro grande de

Neixón na campaña 2013.

En canto aos contextos arqueolóxicos, todo parece indicar que estes están fortemente

alterados, case desprovistos de significado funcional claro e sen garantía de asimilación

cronolóxica entre o material e as UEs, posto que semella que se atopan bastante mesturados os

materiais atinxibles a diferentes etapas (Táboa 3).

Época Tipo/grupo cerámico

Sondaxe

1 2 3

UE

107 204 302

Ferro I Galbos lisos

Ferro II

Bordo facetado

Bordo amendoado

Bordo recto

Galbos lisos

Cambio de Era

Galbo inciso

Galbo estampado

Fondo plano con rebordo perimetral

Táboa 3 Relación entre tipos cerámicos e as unidades estratigráficas nas que foron localizadas.

O tamaño dos fragmentos, rodamento e condicións xerais de conservación, asociado ao

feito de que case tódolos exemplares presentan un único elemento formal e á escasa

proporción do perímetro reconstruíble das pezas, redundan na idea dun contexto alterado e

revolto. As escasas opcións de pegado ou asimilado –nunca máis de tres fragmentos– sinalan

roturas que non son in situ dentro dunha mesma UE ou entre UEs próximas (Táboa 4), o que

nos indica que non se trata de vertidos orixinais de lixo nin do seu contexto orixinal de uso,

senón que máis ben sinalan desprazamentos maiores producidos con posterioridade á vida útil

do recipiente.

Siglas UE

107 204 302

CP-19-001

CP-19-003

CP-19-004

CP-19-005

CP-19-006

CP-19-007

Page 11: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

10

Siglas UE

107 204 302

CP-19-008

CP-19-009

CP-19-010

CP-19-011

CP-19-012

CP-19-013

CP-19-014

CP-19-015

CP-19-016

CP-19-017

CP-19-018

CP-19-019

CP-19-020

CP-19-021

CP-19-022

CP-19-023

CP-19-024

Táboa 4 Relación de siglas en relación coas unidades estratigráficas nas que foron localizadas.

Destes materiais ofrecemos a continuación un catálogo de pezas, describimos aqueles

fragmentos que, por pertencer a determinada parte do recipiente –bordes, asas, fondos…– ou

por estar decoradas, entre outras características, teñen un valor diagnóstico útil para unha

atribución cronolóxica.

GRUPOS CERÁMICOS DA FASE MEDIA SEN ATRIBUCIÓNS OLEIRAS

a. BORDO RECTO

Fragmentos: 1

Vasillas: 1

Trátase dunha vasilla que presenta unha sección máis ou menos redondeada, labio

aplanado e un pregue cara a súa face externa que morre no colo (Fig. 5). O seu colo é curto, con

escasa curvatura, que lle dá un aspecto cilíndrico. A súa pasta é groseira con desengordurantes

graníticos de grosor medio e fino e con grande presenza de mica branca na superficie. Trátase

dun recipiente de boa factura e tabiques regulares. A superficie externa aparece bastante

erosionada e alterada. O diámetro da súa boca é de 18,4 cm.

Sigla Debuxo Foto

CP-19-001

Fig. 5 Bordo recto.

Atopouse un único fragmento de bordo recto de posible adscrición cronolóxica á Fase

Media da Cultura Castrexa. Este foi localizado dentro da sondaxe 1, na UE 107 (Fig. 5, Táboa 5).

0 5 cm

Page 12: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

11

UE Nº frag. Sigla

107 1 CP-19-001

Táboa 5 Distribución de fragmentos de bordo redondeado por UE.

Trátase dun tipo de bordo moi común en todo o NW.

b. BORDO ENGROSADO DE TRANSICIÓN FLEXIONADA E FACETA INTERNA

Fragmentos: 1

Vasillas: 1

Trátase dunha vasilla que se caracteriza por ter un labio de sección amendoada,

transición flexionada ao colo e amosar unha faceta na cara interna no punto de máxima

inflexión e inmediatamente superior ao colo (Fig. 6). Trátase dunha vasilla que presenta un

pregue cara a súa face externa, a xeito de reforzo, que morre no ombreiro de transición ao

galbo. O seu colo é curto, cóncavo e fortemente estrangulado. Amosa unha pasta escasamente

depurada, con desengordurantes de tipo granítico de gran medio con gran protagonismo da

mica branca na superficie externa. É de boa factura e de tabiques bastante regulares. A

superficie externa aparece bastante erosionada e alterada. O diámetro da súa boca é de 25 cm,

podendo considerarse por elo un recipiente de almacenaxe.

Sigla Debuxo Foto

CP-19-004

Fig. 6 Bordo facetado de transición flexionada.

Atopouse un único fragmento asimilable a este grupo, cuxa posible adscrición cronolóxica

pode ser a Fase Media da Cultura Castrexa. Este foi localizado dentro da sondaxe 3, na UE 302

(Fig. 6, Táboa 6).

UE Nº frag. Sigla

302 1 CP-19-004

Táboa 6 Distribución de fragmentos de bordo facetado con transición flexionada por UE.

Este tipo de bordos atópanse tamén en xacementos relativamente próximos ao Castelo

Pequeno, circunscritos tamén á Área Oleira da Cunca do Miño, coma o Castro de Saceda

(González Ruibal 2005) ou a Cividade de Romarigães (Silva 2006), que tería xa influencias da

área Bracarense (Mapa 1). Porén, que tódolos exemplos publicados que temos se circunscriban

a esta área, non se lle pode atribuír unha tradición oleira clara.

0 5 cm

Page 13: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

12

Mapa 1 Mapa de situación dos castros con bordo engrosado con transición flexionada e faceta interior (Fonte: IDEPatri).

c. BORDO APUNTADO CON TRANSICIÓN FLEXIONADA

Fragmentos: 3

Vasillas: 1

Trátase dunha vasilla que se caracteriza por ter un labio de sección apuntada, cunha

transición flexionada ao colo. Ten un colo moi vertical, fortemente estrangulado con respecto

do ombreiro, que semella podería ter sido bastante marcado na súa transición ao galbo (Fig. 7).

Trátase dunha vasilla que presenta un pregue cara a súa face externa a xeito de reforzo e que

morre no ombreiro de transición ao galbo. Esta peza amosa unha pasta bastante depurada, con

desengordurantes de tipo granítico de gran moi fino. Trátase dunha vasilla de bastante boa

factura, de tabiques bastante regulares e finos con respecto das pezas arriba mencionadas.

Asemade, a decoloración da superficie nun dos fragmentos, unida a unha pequena

irregularidade no seu labio (CP-19-013) e á clase de rotura que presenta o fragmento que pega

ao seu carón (CP-19-005), lévanos a supoñer que este recipiente, en orixe, podería ter unha asa

que nacería no labio e morrería no ombreiro, descoñecendo a sección que esta tería, pero

podemos presupoñer que se trataría dunha asa de cinta de sección plana ou oval. Esta asa

estaría acompañada dunha segunda enfrontada a esta no outro extremo da boca. Agás un dos

fragmentos –probablemente como consecuencia da perda da asa–, as condicións de

conservación son bastante boas, amosando diferentes cores na súa face externa, sendo esta

uniforme na interna. Ademais amosa indicios de ter sido exposta ao lume.

Page 14: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

13

Sigla Debuxo Foto

CP-19-005

CP-19-013

CP-19-014

Fig. 7 Bordo apuntado con transición flexionada.

Atopáronse tres fragmentos, pertencentes a un único recipiente, asimilables a este

grupo, cuxa posible adscrición cronolóxica pode ser a Fase Media da Cultura Castrexa. Todos

foron localizados dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 7, Táboa 7).

UE Nº frag. Sigla

204

1 CP-19-005

1 CP-19-013

1 CP-19-014

Táboa 7 Distribución de fragmentos de bordo facetado con transición flexionada por UE.

Trátase dun tipo de bordo que non ten unha adscrición oleira específica. Exemplos de

pezas semellantes podemos atopalos na zona Astur, caso do Castru de Vigaña por exemplo

(González Álvarez et al. 2018).

GRUPOS CERÁMICOS DA FASE FINAL OU ÉPOCA GALAICO-ROMANA SEN

ATRIBUCIÓNS OLEIRAS

a. VASILLAS CON DECORACIÓN INCISA

Fragmentos: 1

Vasillas: 1

Trátase dun fragmento de moi reducidas dimensións e paredes moi finas no que se

aprecian os restos dun acanalado horizontal na parte superior e un segundo acanalado paralelo

a este, que semella estar feito cun obxecto máis ou menos romo. Trátase dun acanalado de

escasa profundidade (Fig. 8). O seu estado de conservación é bastante bo pese ao seu reducido

tamaño, posto que as súas paredes non se amosan demasiado alteradas. A súa pasta é moi

depurada, apenas se observan os desengordurantes, que son de gran moi fino e no que as

micas brancas se deixan ver na cara interna e a súa cara externa semella contar cun engobe de

cor gris escuro.

Sigla Debuxo Foto

CP-19-007

Fig. 8 Galbo con decoración incisa mediante acanalados.

0 5 cm

0 2 cm

Page 15: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

14

Atópase un único fragmento asimilable a este grupo. As súas características, ao igual cá

no caso anterior, lévannos a supoñer unha posible adscrición en torno á Fase Final da Cultura

Castrexa, nos séculos que constitúen o Cambio de Era, probablemente xa en Época Galaico-

Romana. Este fragmento foi localizado dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 8, Táboa 8).

UE Nº frag. Sigla

204 1 CP-19-011

Táboa 8 Distribución de fragmentos con círculos concéntricos estampados por UE.

b. FONDO PLANO CON REBORDO PERIMETRAL

Fragmentos: 1

Vasillas: 1

Trátase dun único fragmento dun fondo plano con rebordo perimetral redondeado na

cara externa, que actúa a xeito de reforzo da base e que amosa a fin do corpo da vasilla (Fig. 9).

Como é de agardar, pola función que cumpre o fondo, este amosa un forte desgaste no rebordo

froito do roce continuo coa superficie de apoio. Do mesmo xeito, esta peza amosa un engobe

de cor negro na súa cara externa, sendo o seu interior máis rugoso. Trátase dunha peza de

tabiques grosos, reducido tamaño e perfil quasi troncocónico.

Sigla Debuxo Foto

CP-19-010

Fig. 9 Fondo plano con rebordo perimetral.

Atópase un único fragmento asimilable a este grupo. As súas características lévannos a

supoñer unha posible adscrición cronolóxica á Fase Final da Cultura Castrexa, nos séculos que

constitúen o Cambio de Era, seguramente xa en Época Galaico-Romana. De feito podería

tratarse dunha produción local de cerámica común romana. Este fragmento foi localizado

dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 9, Táboa 9). Dentro da mesma sondaxe e a mesma UE

localizáronse dous fragmentos de galbo (CP-19-008 e CP-19-009) que, polas súas características

poderían asimilarse a esta mesma peza, pese a que non pegan entre si.

UE Nº frag. Sigla

204 1 CP-19-010

Táboa 9 Distribución de fragmentos de fondo plano con rebordo perimetral por UE.

Fondos desta clase podemos atopalos en diferentes lugares e con morfoloxías diferentes

no rebordo, pero no caso destes con rebordo redondeado e unha superficie regular, podemos

velos en xacementos coma o Castro de Cossourado ou a Cividade de Romarigães (Silva 2006).

0 3 cm

Page 16: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

15

GRUPOS CERÁMICOS DA FASE FINAL: TRADICIÓN CUNCA DO MIÑO

a. VASILLAS CON DECORACIÓN ESTAMPADA

Fragmentos: 1

Vasillas: 1

Trátase dun fragmento de moi reducidas dimensións e paredes moi finas no que se

aprecia un único motivo xeométrico de círculos concéntricos (Fig. 10). Este motivo está moi

presente en toda a cerámica estampada (Rodríguez Puentes 1986), sendo a Área Oleira da

Cunca do Miño na zona onde máis proliferan (Rey 1991, 2014). O seu estado de conservación é

deficiente, amosándose as súas roturas bastante rodadas. A pasta é moi depurada, na que

apenas se observan os desengordurantes, que son de gran moi fino. A pasta é de cor beige pero

a cara externa amósase máis escura, probablemente como consecuencia da aplicación dun

engobe, o que lle dá un aspecto máis brillante e liso, case metálico. Trátase dun motivo

decorativo moi presente na cultura material da Idade do Ferro do NW, atopándose

fundamentalmente en elementos cerámicos –vasillas (Rodríguez Puentes 1986; Silva 2007) ou

fusaiolas (Silva, Oliveira 1999)–, nalgúns pavimentos de arxila refractada atopados nalgúns

xacementos do N de Portugal, ou en diferentes elementos metálicos presentes en todo o NW

peninsular (Rey et al. 2010b; Maya, Cuesta 2001).

Sigla Debuxo Foto

CP-19-011

Fig. 10 Galbo con decoración estampada de círculos concéntricos.

Atópase un único fragmento asimilable a este grupo. As súas características lévannos a

supoñer unha posible adscrición en torno á Fase Final da Cultura Castrexa, nos séculos que

constitúen o Cambio de Era, probablemente xa en Época Galaico-Romana. Este fragmento foi

localizado dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 10, Táboa 10).

UE Nº frag. Sigla

204 1 CP-19-011

Táboa 10 Distribución de fragmentos con círculos concéntricos estampados por UE.

0 2 cm

Page 17: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

16

6. FUSAIOLAS

No Castelo Pequeno localizouse un único exemplar de cerámica relacionado coa

produción téxtil. Trátase dunha fusaiola que amosa unhas características moi particulares,

posto que se trata dunha peza modelada a tal fin. Trátase dunha fusaiola en forma de cono

(Fig. 11) asimilable ás fusaiolas cónicas definidas por M. F. M. da Silva e P. C. P. de Oliveira

(1999) para os cossorios depositados no Museu da Sociedade Martins Sarmento. Estas

autoras (Silva, Oliveira 1999) falan da fabricación deste tipo de pezas en molde, pero esta

semella ter sido modelada a man. As fusaiolas modeladas en barro son menos abundantes

con respecto ás elaboradas en cerámicas reutilizadas axeitándoas a tal fin mediante

fricción ou as líticas(Rodríguez Calviño 1999a, 1999b; Rodríguez Nóvoa 2014; Silva, Oliveira

1999).

Sigla Debuxo Foto

CP-19-002

Fig. 11 Fusaiola cónica.

Atópase un único exemplar asimilable a este grupo, en moi boas condicións de

conservación. As súas características e a súa localización en xacementos coma a Citânia de

Briteiros, lévannos a supoñer unha posible adscrición cronolóxica en torno á Fase Final da

Cultura Castrexa, nos séculos que constitúen o Cambio de Era, probablemente xa en Época

Galaico-Romana. Este fragmento foi localizado dentro da sondaxe 2, na UE 204 (Fig. 11, Táboa

11).

UE Nº frag. Sigla

204 1 CP-19-002

Táboa 11 Localización da fusaiola na súa UE.

As fusaiolas cónicas podemos atopalas en diferentes xacementos, circunscritos a

diferentes áreas xeográficas (Mapa 2). Colocándoas nun mapa observamos que teñen un certo

predominio na área portuguesa, con especial incidencia na zona bracarense, pero podemos

atopalas tamén nalgún castro asturiano ou castelán. Resulta interesante a súa localización en

xacementos como La Baltrasa (Martín, Delibes 1978) ou o oppidum de Monte Bernorio (Torres

2007), situados completamente fóra da área de influencia da Cultura Castrexa (Carballo 1998),

con cronoloxías coetáneas ás Citânias de Briteiros ou Sanfins, pero culturalmente moi

diferentes.

0 3 cm

Page 18: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

17

Mapa 2 Mapa de localización dos xacementos con fusaiolas cónicas (Fonte: IDEPatri).

Page 19: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

18

7. BIBLIOGRAFÍA

CARBALLO ARCEO, L. X. (1998). «O marco histórico da Cultura Castrexa». En FÁBREGAS VALCARCE, R.; CARBALLO ARCEO, L. X.; ACUÑA CASTROVIEJO, F. (coords.). Prehistoria. Arte Castrexa. Arte da Romanización. A Nosa Terra. Vigo, p. 113-128.

GONZÁLEZ ÁLVAREZ, D.; MARÍN SUÁREZ, C.; FARCI, C.; LÓPEZ GÓMEZ, P.; LÓPEZ-SÁEZ, J. A.; MARTÍNEZ BARRIO, C.; MARTINÓN-TORRES, M.; MENÉNDEZ BLANCO, A.; MORENO-GARCÍA, M.; NÚÑEZ DE LA FUENTE, S.; PEÑA-CHOCARRO, L.; PÉREZ-JORDÁ, G.; RODRÍGUEZ-HERNÁNDEZ, J.; TEJERIZO GARCÍA, C.; FERNÁNDEZ MIER, M. (2018). «El Castru (Vigaña, Balmonte de Miranda, Asturias): un pequeño poblado fortificado de las montañas occidentales cantábricas durante la Edad del Hierro». Munibe, 69, p. 211-237.

GONZALEZ RUIBAL, A. (2005). «El Castro de Saceda y la jerarquizacion territorial de la Segunda Edad del Hierro en el noroeste ibérico». Zephyrus, 58, p. 267-284.

MARTÍN VALLS, R.; DELIBES DE CASTRO, G. (1978). «Hallazgos Arqueológicos en la provincia de Zamora V». Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, 44, p. 321-346.

MAYA GONZÁLEZ, J. L.; CUESTA TORIBIO, F. (2001).«I. Escavaciones arqueológicas y estudio de los materiales de La Campa Torres». En MAYA GONZÁLEZ, J. L.; CUESTA TORIBIO, F. (eds.). El Castro de La Campa Torres: período prerromano. Serie patrimonio, Ayuntamiento de Gijón. Gijón, p. 11-277.

REY CASTIÑEIRA, J. (1991). Yacimientos castreños de la Vertiente Atlántica. Análisis de la cerámica indígena. Tese de Doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela.

REY CASTIÑEIRA, J. (1996). «Referencias de tempo na cultura material dos castros galegos». En HIDALGO CUÑARRO, J. M. (coord.) (1996): A Cultura Castrexa galega a debate. Instituto de Estudios Tudenses. Tui, p. 157-206.

REY CASTIÑEIRA, J. (1998). «Cerámica castrexa decorada». En FÁBREGAS VALCARCE, R.; CARBALLO ARCEO, L. X.; ACUÑA CASTROVIEJO, F. (coords.). Prehistoria. Arte Castrexa. Arte da Romanización. A Nosa Terra, Vigo, p. 224-240.

REY CASTIÑEIRA, J. (2014). «A olaria castreja de tradiça͂o Minho». En MORAIS, R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; SOUSA, M. J. (eds.). As produço͂es cerâmicas de imitaça͂o na Hispania. Tomo I. Monografías Ex Officina Hispana II. Sociedad de Estudios de la Cerámica Antigua en Hispania (SECAH), Serviço de Publicações da Faculdade de Letras da Universidade do Porto (FLUP). Porto, p. 289-302.

REY CASTIÑEIRA, J.; ABAD VIDAL, E.; CALO RAMOS, N.; CANDAMO BUENO, C.; CARBALLO ARCEO, L. X.; CASAL GARCÍA, R.; COMENDADOR REY, B.; MARTÍN SEIJO, M; PICÓN PLATAS, I.; RICO REY, A.; RODRÍGUEZ CALVIÑO, M.; TEIRA BRIÓN, Á.; VILASECO VÁZQUEZ, X. I. (2010a). Estudo das actividades de produción en Castrovite (A Estrada, Pontevedra). Sección Castrexo, Grupo de Estudo para a Prehistoria do NW Ibérico-GEPN, Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. Inédito.

Page 20: Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A …acitania.com/castelo_santigoso/Anexo V_Estudo Materiais.pdf · súas caras (Fig. 4) cuxo fondo se recobre tamén de escuma

Estudo de materiais do Castelo Pequeno de Santigoso (A Mezquita, Ourense)

19

REY CASTIÑEIRA, J.; ABAD VIDAL, E.; CALO RAMOS, N.; CANDAMO BUENO, C.; CORTEGOSO COMESAÑA, M.; MARTÍN SEIJO, M; MEIJIDE CAMESELLE, G.; PENA MONTEAGUDO, N.; PICÓN PLATAS, I.; RICO REY, A.; RODRÍGUEZ RELLÁN, C.; TEIRA BRIÓN, Á. (2010b). Formigueiros. Análise da cultura material. Sección Castrexo, Grupo de Estudo para a Prehistoria do NW Ibérico-GEPN, Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. Inédito.

REY CASTIÑEIRA, J.; ABAD VIDAL, E.; CALO RAMOS, N.; MARTÍN SEIJO, M; QUINDIMIL GARCÍA, L.; RICO REY, A.; RODRÍGUEZ CALVIÑO, M.; TEIRA BRIÓN, Á. (2009). «Metodoloxía e criterios para o estudos dos materiais arqueolóxicos: o proxecto do Castro da Punta do Muíño». Gallaecia, 28, p. 213-232.

REY CASTIÑEIRA, J.; MARTÍN SEIJO, M; TEIRA BRIÓN, Á.; ABAD VIDAL, E.; CALO RAMOS, N.; CARBALLO ARCEO, L. X.; COMENDADOR REY, B.; PICÓN PLATAS, I.; VARELA MONTES, A. (2011). «“CastroBYTE”: Un modelo para a xestión da información arqueolóxica». Gallaecia, 30, p. 67-106.

RODRÍGUEZ CALVIÑO, M. (1999a). «As fusaiolas do castro da Graña (Toques, A Coruña), unha análise descriptiva». Gallaecia, 18, p. 201-221.

RODRÍGUEZ CALVIÑO, M. (1999b). «Fusaiolas e fusos no castro da Graña (Toques, A Coruña)». Revista de Guimarães, Volume Especial, 2, p. 617-632

RODRÍGUEZ NÓVOA, A. A. (2014). «Elementos cerámicos de la actividad textil en el conjunto arqueológico de Armea (Allariz, Ourense)». En MORAIS, R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; SOUSA, M. J. (eds.). As produço͂es cerâmicas de imitaça͂o na Hispania. Tomo I. Monografías Ex Officina Hispana II. Sociedad de Estudios de la Cerámica Antigua en Hispania (SECAH), Serviço de Publicações da Faculdade de Letras da Universidade do Porto (FLUP). Porto, p. 397-406.

RODRÍGUEZ PUENTES, E. (1986). La cerámica estampillada castreña: aportación a su estudio. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela.

SILVA, A. C. F. da (2007). A cultura Castreja no noroeste de Portugal. Centro de Arqueologia Castreja e Estudos Célticos, Museu Arqueologico da Citânia de Sanfins, Câmara Municipal de Paços de Ferreira. Paços de Ferreira.

SILVA, M. F. M. Da (2006). O povoamento proto-histórico e a romanização da bacia superior do río Coura: estudo, musealização e divulgação. Tese de Doutoramento. Universidade de Granada. Granada. Inédita (https://hera.ugr.es/tesisugr/1738784X.pdf).

SILVA, M. F. M. da; OLIVEIRA, P. C. P. de (1999). «Estudo tipologico dos cossorios do Museu da Sociedade Martins Sarmento (Citânia de Briteiros, Castro de Sabroso e proveniência diversa)». Revista de Guimarães, Volume Especial, 2, p. 633-659.

TORRES MARTÍNEZ, J. F. (2007). «“Monte Bernorio en su entorno”. Resumen de los trabajos arqueológicos efectuados en la campaña de 2004». En FANJUL PERAZA, A. (coord.). Estudios varios sobre arqueología castreña. A propósito de las excavaciones de los castros de Teverga (Aturias). I.E.P.A.-Instituto de Estudios Prerromanos y de la Antigüedad. Santander, p. 77-101.