1
ENTORNO ARQUEOLÓXICO DE MONTE PENIDE - REDONDELA - PONTEVEDRA Medidas do túmulo: 20.30 m. (eixe N-S); 19.20 m (L-O); 1.75 m. de altura (polo lado O). Túmulo moi alterado por diversas causas, como por exemplo: espolios, numerosas raposeiras, piñeiro medrando enriba, abundante vexetación de monte baixo (toxo, uz, fieitos), un marco de Telefónica e a parte norte e leste da masa tumular afectada por unha pista asfaltada recentemente. Destaca sobre todo un gran furado de espoliación que deixa á vista unha gran cámara megalítica formada por seis grandes lousas chantadas e unha máis tirada no interior da cámara (levantada recentemente, no ano 2003, que correspondía á “lousa de cabeceira”). As lousas están moi alteradas por desprendementos da masa rochosa causados, entre outros factores, pola erosión. Medidas das laxes: L.1: 1.50 m. (ancho); 1.85 m. (alto); 20 cm. (grosor). L.2: 1.50 m. (ancho); 2.20 m. (alto); 25 cm. (grosor). L.3: 1.65 m. (ancho); 1.50 m. (alto); 30 cm. (grosor). L.4: 1.50 m. (ancho); 1.75 m. (alto); 37 cm. (grosor). L.5: 1.90 m. (ancho); 2.20 m. (alto); 30 cm. (grosor). L.6: 0.90 m. (ancho); 25 cm. (grosor). Á outra beira da pista, a uns 15 m., hai un chanto de 1.75 x 1.50 m. que probablemente pertenceu a este monumento (no contorno do xacemento hai máis lousas de tamaño similar ás citadas, que tamén puideran ter formado parte deste ou doutros monumentos megalíticos da zona). Debido ás alteracións antes enumeradas hai zonas, no interior da cámara e no resto do túmulo, onde se pode ver a terra que conforma a masa tumular (moi fina e de cor avermellada) así como pedras dunha coiraza. Anta I de C. de Mergelina e mámoa nº I de Hidalgo—Costas (ver bibliografía). DENOMINACIÓN: Mámoa de Chan da Cruz 21-Mámoa do Rei DATOS DE IDENTIFICACIÓN Código GA: GA36045050 UTM29 ETRS89: 529979 4679199 WGS84: -8.636499331 42.264417001 TIPOLOXÍA DE ELEMENTO Túmulo con cámara DESCRICIÓN E ESTADO DE CONSERVACIÓN CONSERVACIÓN: Regular TIPOLOGÍA: PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional de España

ENTORNO ARQUEOLÓXICO DE MONTE PENIDE - … · ENTORNO ARQUEOLÓXICO DE MONTE PENIDE - REDONDELA - PONTEVEDRA Medidas do túmulo: 20.30 m. (eixe N-S); 19.20 m (L-O); 1.75 m. de altura

  • Upload
    ngonhan

  • View
    221

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ENTORNO ARQUEOLÓXICO DE MONTE PENIDE - … · ENTORNO ARQUEOLÓXICO DE MONTE PENIDE - REDONDELA - PONTEVEDRA Medidas do túmulo: 20.30 m. (eixe N-S); 19.20 m (L-O); 1.75 m. de altura

ENTORNO ARQUEOLÓXICO DE MONTE PENIDE - REDONDELA - PONTEVEDRA

Medidas do túmulo: 20.30 m. (eixe N-S); 19.20 m (L-O); 1.75 m. de altura (polo lado O).Túmulo moi alterado por diversas causas, como por exemplo: espolios, numerosas raposeiras, piñeiro medrando enriba, abundante vexetación de monte baixo (toxo, uz, fieitos), un marco de Telefónica e a parte norte e leste da masa tumular afectada por unha pista asfaltada recentemente.Destaca sobre todo un gran furado de espoliación que deixa á vista unha gran cámara megalítica formada por seis grandes lousas chantadas e unha máis tirada no interior da cámara (levantada recentemente, no ano 2003, que correspondía á “lousa de cabeceira”). As lousas están moi alteradas por desprendementos da masa rochosa causados, entre outros factores, pola erosión.Medidas das laxes:L.1: 1.50 m. (ancho); 1.85 m. (alto); 20 cm. (grosor).L.2: 1.50 m. (ancho); 2.20 m. (alto); 25 cm. (grosor).L.3: 1.65 m. (ancho); 1.50 m. (alto); 30 cm. (grosor).L.4: 1.50 m. (ancho); 1.75 m. (alto); 37 cm. (grosor).L.5: 1.90 m. (ancho); 2.20 m. (alto); 30 cm. (grosor).L.6: 0.90 m. (ancho); 25 cm. (grosor).Á outra beira da pista, a uns 15 m., hai un chanto de 1.75 x 1.50 m. que probablemente pertenceu a este monumento (no contorno do xacemento hai máis lousas de tamaño similar ás citadas, que tamén puideran ter formado parte deste ou doutros monumentos megalíticos da zona).Debido ás alteracións antes enumeradas hai zonas, no interior da cámara e no resto do túmulo, onde se pode ver a terra que conforma a masa tumular (moi fina e de cor avermellada) así como pedras dunha coiraza.Anta I de C. de Mergelina e mámoa nº I de Hidalgo—Costas (ver bibliografía).

DENOMINACIÓN: Mámoa de Chan da Cruz 21-Mámoa do Rei

DATOS DE IDENTIFICACIÓN Código GA: GA36045050

UTM29 ETRS89: 529979 4679199 WGS84: -8.636499331 42.264417001

TIPOLOXÍA DE ELEMENTO Túmulo con cámara

DESCRICIÓN E ESTADO DE CONSERVACIÓN CONSERVACIÓN: Regular

TIPOLOGÍA:

PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional de España