2
Proxecto Interdisciplinar CEIP San Isidro Páxina 1 EDUCACIÓN INFANTIL LENDA DA SERPE Na presa do Belelle vivía unha grande serpe alada cuberta de escamas, que durmía na auga e as herbas acuáticas facíanlle de colcha. Era moi viaxeira. As súas ás eran moi pequerrechas e o seu corpo moi grande, por esta razón voaba moi baixiño, pero con moito esforzo chegaba ata a Praia de Cabañas. Aquela serpe era tan grande que toda a xente estaba aterrorizada e tiña moito medo, entón xuntáronse todos os vecinos e decidiron facerlle unha trampa. Esta trampa consistía en facer unta táboa chea de puntas e colocala por onde a serpe voaba baixiño e as veces descansaba. E así foi como un día quedou alí espichada. Os berros da serpe escoitábanse a grande distancia. Adaptado PIÑEIRO,E. e GÓMEZ, A. DE LENDA EN LENDA. 1) COMPRENDEMOS a. Onde vivía a serpe da lenda? b. Ata onde chegaba con moito esforzo? c. Que fixeron os vecinos para conseguir que abandonase o lugar?

EDUCACIÓN INFANTIL

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Unidade didáctica sobre a serpe do Belelle

Citation preview

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Páxina 1

EDUCACIÓN INFANTIL

LENDA DA SERPE

Na presa do Belelle vivía unha grande serpe alada cuberta de escamas, que durmía na auga e

as herbas acuáticas facíanlle de colcha. Era moi viaxeira.

As súas ás eran moi pequerrechas e o seu corpo moi grande, por esta razón voaba moi baixiño,

pero con moito esforzo chegaba ata a Praia de Cabañas.

Aquela serpe era tan grande que toda a xente estaba aterrorizada e tiña moito medo, entón

xuntáronse todos os vecinos e decidiron facerlle unha trampa.

Esta trampa consistía en facer unta táboa chea de puntas e colocala por onde a serpe voaba

baixiño e as veces descansaba.

E así foi como un día quedou alí espichada. Os berros da serpe escoitábanse a grande

distancia.

Adaptado PIÑEIRO,E. e GÓMEZ, A. DE LENDA EN LENDA.

1) COMPRENDEMOS

a. Onde vivía a serpe da lenda?

b. Ata onde chegaba con moito esforzo?

c. Que fixeron os vecinos para conseguir que

abandonase o lugar?

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Páxina 2

2) COLOREA A IMAXE QUE CORRESPONDA A LENDA.

3) DEBUXA OUTRO FINAL PARA A LENDA.

4) PUZZLE DA SERPE DO BELELLE.