11
Boletín da SGAPEIO. Marzo de 2018. Número 48 Editorial César Sánchez Sellero – Presidente da SGAPEIO. Colaboración Actividades da SGAPEIO Novas do IGE Traballos de Estatística e IO Coñecéndonos Sabías que? Dirección: Paula Raña Míguez Comunicación coa SGAPEIO: www.sgapeio.es [email protected] [email protected] Twitter @sgapeio LinkedIn Sgapeio Depósito Legal: LU-191-1995 - I.S.S.N.:1695-7083 Estimadas socias e socios, Como sabedes, na Asemblea do pasado mes de novembro renovouse o Consello Executivo da SGAPEIO. As primeiras verbas deben de ser, polo tanto, de recoñecemento ao anterior Consello Executivo, e á súa presidenta, pola gran tarefa que levaron a cabo. Moitas grazas, Esther, pola dedicación, polos logros que acadastes e polo grupo de colaboradores coa SGAPEIO que creaches. Deixades unha Sociedade a pleno rendemento, con moitas actividades e cun ambiente moi positivo. Agradecemos tamén ás persoas que accederon a seguir colaborando coa Sociedade nesta nova etapa, e ás novas incorporacións tanto ao Consello Executivo como, en xeral, ás actividades da SGAPEIO. No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións principais da SGAPEIO e dos retos que tiñamos cara ao futuro. Invítovos a que aceptemos a encomenda, a que tanto o Consello Executivo como o conxunto da Sociedade fagamos o esforzo de manter os logros acadados e asumamos os novos retos. A Incubadora de Sondaxes e Experimentos é un dos máis salientables. Este concurso é unha forma eficaz de promocionar a Estatística a nivel do ensino medio, que tivo moito éxito nas últimas convocatorias. De igual modo, queremos manter a colaboración coa Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), que permitiu celebrar de maneira conxunta unhas xornadas de formación moi frutíferas. A colaboración coa Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) estase materializando en congresos conxuntos que se veñen celebrando tanto en Portugal como en Galicia, sendo o próximo o III Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se vai celebrar os días 28 ao 30 de xuño de 2018 na localidade portuguesa de Aveiro. Queremos animarvos a participar neste congreso. Seguiremos coas actividades que xa coñecedes da SGAPEIO, como a información quincenal que recibides por correo electrónico; o Congreso da SGAPEIO que celebramos cada dous anos; a publicación do boletín INFORMEST e a actividade nas redes sociais. Animamos igualmente a todas as socias e socios a colaborar co boletín INFORMEST, achegando tanto informacións como propostas de artigos ou temas de interese. Queremos destacar tamén os premios ás mellores comunicacións dentro do congreso da SGAPEIO, que convoca a Sociedade e que serven para promover a formación de novos investigadores. Nesta liña, sería interesante seguir tendo o apoio da Universidade e do ámbito da investigación como parte esencial da SGAPEIO. A colaboración coa Estatística Oficial, en particular, co Instituto Galego de Estatística (IGE) e o Instituto Nacional de Estatística (INE) é un logro que tamén queremos manter e afondar no futuro, sen esquecer outros profesionais da nosa área no ámbito da Administración, en eidos como o sanitario, ou o medioambiental, entre outros. Así mesmo, trataremos de achegar a Sociedade á Empresa, colaborando naquelas actividades que poidan resultar interesantes, ben sexan cursos ou encontros enfocados ás aplicacións profesionais, ou facilitando o intercambio de inquedanzas e o recoñecemento social da súa profesión. Son moitas, pois, as tarefas e as posibilidades que ofrece a Estatística e a Investigación de Operacións, e que podemos canalizar a través da SGAPEIO. Coa colaboración de todos, consigamos que a SGAPEIO siga sendo un lugar de acollida e encontro de todas as persoas que aprenden, ensinan, investigan, exercen profesionalmente, ou simplemente desfrutan da Estatística e da Investigación de Operacións. 1| Informest

Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Boletín da SGAPEIO. Marzo de 2018. Número 48

Editorial

César Sánchez Sellero – Presidente da SGAPEIO.

Colaboración

Actividades da SGAPEIO

Novas do IGE

Traballos de Estatística e IO

Coñecéndonos

Sabías que?

Dirección:

Paula Raña Míguez

Comunicación coa

SGAPEIO:

[email protected]@sgapeio.esTwitter @sgapeioLinkedIn Sgapeio

Depósito Legal:

LU-191-1995 - I.S.S.N.:1695-7083

Estimadas socias e socios,

Como sabedes, na Asemblea do pasado mes de novembro renovouse o Consello Executivoda SGAPEIO. As primeiras verbas deben de ser, polo tanto, de recoñecemento ao anteriorConsello Executivo, e á súa presidenta, pola gran tarefa que levaron a cabo. Moitasgrazas, Esther, pola dedicación, polos logros que acadastes e polo grupo de colaboradorescoa SGAPEIO que creaches. Deixades unha Sociedade a pleno rendemento, con moitasactividades e cun ambiente moi positivo. Agradecemos tamén ás persoas que accederona seguir colaborando coa Sociedade nesta nova etapa, e ás novas incorporacións tantoao Consello Executivo como, en xeral, ás actividades da SGAPEIO.

No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuaciónsprincipais da SGAPEIO e dos retos que tiñamos cara ao futuro. Invítovos a que aceptemosa encomenda, a que tanto o Consello Executivo como o conxunto da Sociedade fagamoso esforzo de manter os logros acadados e asumamos os novos retos. A Incubadora

de Sondaxes e Experimentos é un dos máis salientables. Este concurso é unha formaeficaz de promocionar a Estatística a nivel do ensino medio, que tivo moito éxito nasúltimas convocatorias. De igual modo, queremos manter a colaboración coa AsociaciónGalega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), que permitiu celebrarde maneira conxunta unhas xornadas de formación moi frutíferas. A colaboración coaSociedade Portuguesa de Estatística (SPE) estase materializando en congresos conxuntosque se veñen celebrando tanto en Portugal como en Galicia, sendo o próximo o IIIEncontro Luso-Galaico de Biometría, que se vai celebrar os días 28 ao 30 de xuño de2018 na localidade portuguesa de Aveiro. Queremos animarvos a participar neste congreso.

Seguiremos coas actividades que xa coñecedes da SGAPEIO, como a informaciónquincenal que recibides por correo electrónico; o Congreso da SGAPEIO que celebramoscada dous anos; a publicación do boletín INFORMEST e a actividade nas redes sociais.Animamos igualmente a todas as socias e socios a colaborar co boletín INFORMEST,achegando tanto informacións como propostas de artigos ou temas de interese.

Queremos destacar tamén os premios ás mellores comunicacións dentro do congreso daSGAPEIO, que convoca a Sociedade e que serven para promover a formación de novosinvestigadores. Nesta liña, sería interesante seguir tendo o apoio da Universidade e doámbito da investigación como parte esencial da SGAPEIO.

A colaboración coa Estatística Oficial, en particular, co Instituto Galego de Estatística(IGE) e o Instituto Nacional de Estatística (INE) é un logro que tamén queremosmanter e afondar no futuro, sen esquecer outros profesionais da nosa área no ámbitoda Administración, en eidos como o sanitario, ou o medioambiental, entre outros. Asímesmo, trataremos de achegar a Sociedade á Empresa, colaborando naquelas actividadesque poidan resultar interesantes, ben sexan cursos ou encontros enfocados ás aplicaciónsprofesionais, ou facilitando o intercambio de inquedanzas e o recoñecemento social dasúa profesión.

Son moitas, pois, as tarefas e as posibilidades que ofrece a Estatística e a Investigación deOperacións, e que podemos canalizar a través da SGAPEIO. Coa colaboración de todos,consigamos que a SGAPEIO siga sendo un lugar de acollida e encontro de todas as persoasque aprenden, ensinan, investigan, exercen profesionalmente, ou simplemente desfrutanda Estatística e da Investigación de Operacións.

1| Informest

Page 2: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Colaboración

Estatística 3 en 1, o aceite que lubrica á Administraciónpor Carlos Neira Cortizas

Carlos Neira é economista de profesión, inves-tigador social e analista político.Traballa actualmente como asesor no Concello deSantiago de Compostela.Dende novembro de 2017 é un dos membros doConsello Executivo da SGAPEIO.

Se a información é poder e se a Estatística ten a súaorixe na recompilación de datos por parte do Estado,parece evidente que ela debería conformar un dos prin-cipais departamentos das administracións públicas.

Porén, no ámbito das grandes administracións, estatalou autonómica, asistimos a unha fragmentación dossistemas de información que adoita provocar un funcio-namento independente e escasamente coordinado.

Así, ademais das estatísticas tradicionais encomenda-das a organismos autónomos ou a servizos específicosdo segundo nivel da Administración, fundamentalmen-te vinculadas á demografía e á actividade económica,a primeira e máis importante división nos sistemas deinformación públicos ten como protagonista evidente áAdministración fiscal. Nos departamentos corresponden-tes xérase e xestiónase unha cantidade inxente de datossobre a riqueza, o patrimonio e a renda das persoas físi-cas e xurídicas que no noso país carece da publicidade eda utilidade que ten noutras latitudes.

A segunda rama na árbore da estatística pública podeagruparse arredor do que podemos denominar a xestióndo territorio. O que foi até hai ben pouco unha respon-sabilidade histórica dos xeógrafos, na actualidade viveun desenvolvemento acelerado que corre en paralelo adiversos avances tecnolóxicos que permiten obter e ela-borar datos xeorreferenciados. SIX, fotografía aérea esatelital, LIDAR, e todos os dispositivos e sensores vin-culados á internet das cousas permiten imaxinar cidadese territorios e implantar servizos públicos xestionados deforma máis “intelixente”, eficiente e sustentable.

Probablemente a última póla a constitúa o ámbito dogoberno aberto, onde se mesturan a transparencia, aprotección de datos persoais, a participación cidadá, osportais de datos abertos e a filosofía da colaboraciónpúblico-privada que impulsan a lexislación máis recen-te. Se somos consecuentes todos os datos recompiladose producidos polas administracións, convenientemente

anonimizados para respectar o nivel de privacidade quenos deamos a través das leis, deberían ser gratuítose do dominio público, por canto xa foron sufragadoscos nosos tributos. Fixar prezos públicos ou taxas paraeles equivale a establecer copagamentos. A Estatísticapública, como o goberno, democratízase pondo a dis-posición de calquera persoa, institución ou empresa oproduto do traballo dos seus traballadores e dos seusrecursos orzamentarios, xerando coñecemento e valorengadido, contribuíndo ao progreso da sociedade e dapropia administración, cuxos departamentos son decoteconsumidores cruzados de información.

Esta pluralidade de sistemas é unha dinámica, en parte,natural e, en parte, herdeira dunha tendencia históricada Administración, acentuada no noso país polo efectodunha creación e expansión aceleradas no espazo dunhaspoucas décadas, e que quizá sexa merecente dunha refle-xión máis profunda e, espero, dunha nova planificaciónpor parte dos lexisladores nun futuro inmediato.

Desde un punto de vista actual parece difícil xustifi-car unha división administrativa calquera que xestioneseparadamente os censos, as enquisas e os rexistros ad-ministrativos; os datos espaciais e os temporais; os quese xeran de forma interna nas administracións e os queexisten no seu exterior referidos a ao ámbito territorialao que están referenciadas.

Hoxe en día non se concibe unha organización calquera,pública ou privada, que estea á altura que demandan ostempos e a cidadanía ou o mercado, que non conte cunalmacén de datos único do que dependan un ou varioscentros de procesamento e análise, e con independenciade que fisicamente os datos estean distribuídos en ser-vidores diferentes ou de que os distintos usuarios teñandiferentes niveis de acceso á información.

Estas notas pretenden defender unha visión unificada doaparello estatístico público e caracterizar, con mellor oupeor fortuna, a súa situación presente nos ámbitos au-tonómico e estatal. Porén, no ámbito municipal, en es-pecial na inmensa maioría de concellos de pequena emediana entidade, pero non de forma infrecuente taménnos das cidades, a realidade é máis sinxela, por precaria.As áreas, os departamentos ou servizos, e as seccións de-dicadas á Estatística son raras avis que na maior partedos casos circunscriben as súas funcións a obrigas legaisfronte aos administrados e a outras administracións eorganismos.

Informest | 2

Page 3: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Colaboración

Non é só que a Estatística estea circunscrita por parte detraballadores, políticos e lexisladores á xestión do Padrónde Habitantes. É que nos concellos é habitual que a Xes-tión Tributaria vaia por un lado, a Xestión Orzamentariapor outra banda, Urbanismo sexa un mundo á parte, eos datos abertos, proxectos puntuais vinculados a ini-ciativas de informáticos friquis, e os Observatorios, quefan ou deberían facer uso intensivo da información esta-tística, sexan iniciativas dependentes de fontes externasde financiamento, vinculadas máis ao voluntarismo duntécnico ou dun político preocupado que dunha organi-zación e planificación da propia entidade, que rara vezgozan de estabilidade e continuidade.

As novas persoas tituladas en Estatística, Matemáti-cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,que as relacións de postos de traballo e as ofertas públi-cas de emprego municipais carecen de perfís estatísticos.

A situación da Estatística municipal é por tanto mellora-ble, o que non impide que as súas carencias representen,ao mesmo tempo, unha oportunidade para repensar eartellar a súa estrutura evitando os erros e salvando asdeficiencias que se aprecian nas administracións máisgrandes. Mais por que me atrevo a dicir que a organiza-ción estatística dos concellos debería ser outra distinta?Velaquí unhas cantas razóns.

Optimización de rutas

Poñamos por caso un concelleiro dun municipio medianogalego que se pregunte por que o servizo municipal delixo, neste caso xestionado directamente polo Concello,non pode optimizar as rutas de recollida dos camións.Habendo información cartográfica do plano da cidade,das vivendas e dos contedores, mesmo sen necesidade decruzar esa información co Padrón de Habitantes ou copadrón do Imposto de Actividades Económicos, e aíndacarecendo dos datos de peso e volume dos residuos encada punto, non sería posible reducir, digamos nun 10 %,os quilómetros, o gasóleo e, en definitiva, o tempo detraballo do servizo? O departamento de servizos non ten,nin ten por que ter, un estatístico, pero por que non oConcello? Non sería rendible para todo o mundo o salariopúblico dun técnico de nivel A1 ou A2 para aforrar cenmil euros por ano? Non é unha oportunidade de negociorealizar unha consultoría ao respecto? Naqueles outroscasos en que o servizo estea xestionado indirectamen-

te por unha empresa, acaso non é unha oportunidadepolítica e/ou unha vantaxe competitiva incorporar esaoptimización ao procedemento de licitación un requiri-mento técnico ou á oferta dunha licitadora? Por que,na realidade, este tipo de innovacións só as realizan asdivisións das grandes compañías estatais especializadasna prestación de servizos públicos?

Eficiencia

Outra hipótese diferente: un goberno municipal quedesexe afrontar a reforma da tarifa do servizo da auganun sentido ambientalmente sustentable, implantandounha tarifa progresiva que grave máis e proporcionalmen-te máis os excesos de consumo. O problema reside enque a xestión deste servizo está externalizada e se rexepor unha concesión en vigor cuxo equilibrio económico-financeiro non pode verse alterado polo cambio na taxa.A solución pasa por solicitar da empresa un listado anualde consumos por fogar para poder estimar o impacto danova tarifa e manter o mesmo nivel de ingresos a pesardo cambio. De paso pódese verificar, cun estudo econó-mico do servizo ou a oferta da adxudicataria na man, sea parte fixa da tarifa se corresponde coa porcentaxe querepresentan os custos fixos no custo total do servizo,pois é unha práctica habitual das grandes contratistaspúblicas maximizar o seu beneficio engordando os gastosque son independentes do consumo. O cambio tarifariopode levarse a cabo con esta información, pero seríadesexable unha revisión periódica, se non en cada pe-ríodo de facturación si, cando menos, anualmente, quetivese en consideración o número e idade das persoasresidentes en cada fogar, a fin de axustar o pago ásnecesidades básicas de consumo por persoa, e artellandounha tarifa específica para vivendas con consumos e senpersoas empadroadas. Quen pode facer este traballo senon un economista ou un estatístico? É posible que oConcello deste suposto nunca tivese da súa man esainformación dos consumos porque é frecuente na nosaadministración municipal que os servizos externalizadoscarezan de responsables municipais dedicados ao segui-mento, supervisión e inspección do contrato, un aspectode xestión que require, obviamente, o manexo de indi-cadores numéricos. Como adoita dicirse: a potencia sencontrol non serve de nada, e non se pode controlar oque non se pode medir.

Xestión do Padrón

Un último escenario: Son varias as funcións propias dosdepartamentos municipais de Estatística relativas á xes-tión e revisión do Padrón de Habitantes. Unha delas é axestión do plano das rúas. Na capital de Galicia as víaschamadas travesas aparecen codificadas como travesías,cando etimolóxica e historicamente a súa denominacióncorrecta é a primeira, que ademais coincide coa popu-lar. Trátase dunha clasificación incorrecta do tipo de víasegundo as instrucións de deseño do ficheiro do plano de

3| Informest

Page 4: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Colaboración

rúas que fornece o Instituto Nacional de Estatística. Porsúa vez, esta tipoloxía oficial de vías urbanas carecede diversos rexistros que serían necesarios, como porexemplo campo ou campiño. Por súa vez, o Catastrousa unha serie menos exhaustiva de códigos de tipos devía, menos exhaustiva, que o leva a confundir cantón

con canto, escaleira con estrada, e rúa con rueiro e conrotonda, ademais engádese barullo ao mesturar tránsi-

to con travesa e travesía. Sería polo tanto convenienterealizar as correccións e iniciar as xestións adecuadaspara a ampliación e normalización das nomenclaturasestatais e a súa adaptación á realidade galega. Outrafunción distinta é a revisión das unidades poboacionais,entidades singulares (lugares), colectivas (parroquias) enúcleos de poboación que poidan crearse ou fusionarsecomo consecuencia das transformacións urbanas que nonsempre se tramitan e reflicten coa celeridade axeitada.Unha terceira función ten que ver coa preparación dosprocesos electorais. Como é ben sabido, as votaciónsrealízanse por mesas que se corresponden con secciónsque se agrupan á súa vez por distritos. O mapa de sec-cións censuais nas cidades galegas adoita ser ineficazpara a realización de estudos demográficos e socioeco-nómicos, por canto as divisións non se corresponden nincon eses fenómenos nin con pautas urbanas coherentes,existindo unha certa flexibilidade para permitir que isofose así. Deste xeito toda a información estatística deámbito inframunicipal que si se atopa dispoñible ao nivelde seccións censuais devén moitas veces inadecuada ouineficiente.

Mais, a pesar destes exemplos, non todo é negativo nopanorama estatístico das Administracións Públicas. OIGE vén de presentar unha xeolocalización da poboacióngalega que debería ser o documento básico de traballo encalquera servizo público municipal ou autonómico. Car-

tociudad é un proxecto feito realidade que exemplificamoi ben a solución a unha necesidade de coordinaciónentre os distintos organismos públicos que realizan emanexan información estatística. Existen tamén nume-rosas iniciativas de portais de datos abertos que sitúana España como o estado europeo máis avanzado nestamateria, aínda que quizá resulta máis necesario que nun-ca pasar da publicación masiva dos datos á súa posta envalor a través dunha mellor selección, estandarización,dunha maior desagregación, detalle e actualización, eá creación de ferramentas de consulta, visualización edescarga que acheguen usabilidade, comprensibilidade evalor engadido.

A fotografía da situación da estatística nas administra-cións non pode completarse sen un comentario sobre ostraballos que se soen contratar, como asistencias téc-nicas externas, e que indican as necesidades públicasen relación á obtención, tratamento e análise de datos.Aquí achamos proxectos de diverso tipo que van desde aelaboración de anuarios ou memorias estatísticas anuais,substituídos progresivamente por publicacións electró-nicas ou portais web de consulta, até a construción dealmacéns de datos (datawarehouse, datamart) ou a rea-lización de cadros de mando e informes automáticossobre datos internos e externos (business intelligence),pasando pola delimitación territorial de distritos espe-cíficos para a xestión dun servizo municipal. Non sonraros tampouco no mercado da consultoría estatística aelaboración de informes socioeconómicos como partesde Planos Xerais de Ordenación Municipal, Planos deMobilidade Urbano Sustentable ou Planos Estratéxicosde diversa natureza, se ben os requirimentos técnicos sonmáis plurais e transversais, esixindo o dominio doutrasdisciplinas científicas e profesionais. En calquera caso, asnecesidades que translocen este tipo de contratos, aíndaque son amplas e variadas, son, en todo caso, menoresque as reais, pois só se externalizan aquelas de caráctermáis puntual e urxente, non necesariamente as máisestruturais e importantes que deben acometerse, candomenos parcialmente, con recursos humanos dedicadospropios.

Sirva polo tanto este artigo para tentar concienciar aosxestores públicos, técnicos e políticos, da convenienciade ampliar a función estatística dentro das administra-cións, tanto en dotación de técnicos como na ampliacióndos recursos orzamentarios que manexan, así como de in-cardinalos en tarefas de alcance estratéxico, transversale innovador que permitan modernizar e facer máis efi-cientes as nosas administracións, recorrendo a contratar,cando sexa mester, asistencias técnicas ao mercado.

Informest | 4

Page 5: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Actividades da SGAPEIO

Actividades da SGAPEIO

IV Xornada de formación para elaborarproxectos de estatística

por Ma José Ginzo e Paula Raña

O pasado 25 de novembro tivo lugar a IV Xornada deformación para elaborar proxectos de estatística. Estacuarta edición da xornada, organizada pola SGAPEIOe a Asociación Galega de Profesorado de EducaciónMatemática (AGAPEMA), tivo lugar na facultade deMatemáticas en Santiago de Compostela.O obxectivo desta xornada, que xa se foi afianzando co-mo unha reunión anual do profesorado de ensino mediode matemáticas, é darlles algunhas pautas e ferramen-tas que lles poidan axudar na elaboración de proxectosde estatística cos seus alumnos, de modo que poidan,despois, participar no concurso Incubadora de Sondaxes

e Experimentos que organiza a propia SGAPEIO.O programa da xornada contaba cunha serie de interven-cións nas que se combinaba a experiencia do profesoradoque participou nos últimos concursos da Incubadora copunto de vista dos propios organizadores, ademais deamosar ferramentas e aplicacións útiles para levar a ca-bo os proxectos. Todo isto culminado cunha interesanteconferencia sobre os retos actuais da estatística.

De forma más pormenorizada, a xornada arrancaba coacharla de Paula Blanco titulada “Por que á miña nai

non lle gusta o chocolate branco: Unha pequena inves-

tigación en 1o ESO coa estatística como ferramenta”na que compartiu cos asistentes a súa experiencia naelaboración deste traballo, cunha interesante recollidade datos a través da degustación de diferentes sabores,que resultou gañador da última edición da Incubadora

na categoría de 1o e 2o de ESO.A segunda charla da mañá, titulada “Presentar un pro-

xecto á incubadora: unha aprendizaxe conxunta” com-partírona Trinidad Pazos e Olga Simón. Entre as dúaspuidéronnos contar a súa experiencia na elaboración dunproxecto acerca da integración dos inmigrantes na súacontorna, cos pasos que foron dando, as dificultadesque atoparon e como as superaron ata chegaren a serfinalistas na última Incubadora, cunha mención especialdo xurado.A continuación, Tomás Cotos impartiu un obradoirosobre “Como realizar un proxecto estatístico para a In-

cubadora de Sondaxes e Experimentos”, aportando asúa experiencia como organizador e xurado das pasadasedicións do concurso. Este obradoiro deu lugar a uninteresante debate coas aportacións dos asistentes queseguro contribuirían á mellora do concurso.

Xa pola tarde, Ma José Ginzo e Paula Raña impartirono obradoiro “Recursos TIC na aula”. Neste obradoiroofreceron un amplo abano de aplicacións e ferramentastecnolóxicas que poden servir de axuda na elaboracióndestes proxectos. Incluíron dende a recollida dos datos,a propia análise estatística dos mesmos, a presentacióndos resultados até algunha aplicación para usar nas aulasá hora de impartir os bloques de estatística e probabili-dade.A penúltima intervención foi a de Milagros Diéguez coacharla “Amigos si, pero a vaquiña polo que vale: un

proxecto para estudar todo o bloque de estatística”. Pre-sentounos a súa experiencia na elaboración dun proxectomoi completo que combinaba tanto a probabilidade co-mo a estatística, froito do cal saíron os gañadores dacategoría de 3o e 4o da ESO na última Incubadora.O broche final da xornada foi a charla “A Estatística na

era dos Big Data” de Ricardo Cao. Na súa intervención,Ricardo presentou aos participantes algúns dos retos ac-tuais da estatística, explicando de forma moi amena deque trata o Big Data que está tan de moda ultimamen-te. Amosou tamén unha serie de interesantes exemploscon problemas reais que precisan dunha evolución daestatística para poder ser abordados.

A xornada tivo arredor de 70 inscritos, aos que se llesrepartiu unha enquisa de satisfacción sobre a xornada.Nesa enquisa valorouse a metodoloxía, os contidos e ta-mén os obxectivos da xornada, ademais de tomar notadas suxestións aportadas de cara ás seguintes edicións.A valoración global da xornada obtivo de media un 4.5sobre 5.Agardamos que a xornada fose de interese para todos osparticipantes e que sexa tamén de aproveitamento para asúa participación no VIII Concurso Incubadora de Sonda-xes e Experimentos (lembramos que a inscrición comezaen abril, máis información neste enlace). Só queda, polotanto, agradecer a participación tanto dos relatores co-mo dos asistentes á xornada e agardar vervos a todos denovo na próxima edición!

5| Informest

Page 6: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Outras actividades

1st Spanish Young Statisticians and Operational Researchers Meeting

por Eduardo García Portugués

O primeiro encontro español de xoves investigadores enestatística e investigación operativa, bautizado como 1st

Spanish Young Statisticians and Operational Researchers

Meeting (SYSORM), tivo lugar en Granada, do 13 ao 15de novembro de 2017. Na páxina web do encontro pó-dese encontrar toda a información, incluíndo fotografíasdos asistentes, actas e transparencias das presentacións:

https://congresos.ugr.es/sysorm17/

O obxectivo do congreso, organizado por e para xo-ves investigadores, foi o de representar e visibilizar aosnovos talentos en estatística e investigación operativado panorama nacional. A tal efecto, o encontro contoucon 41 participantes chegados dende España, Portugale Francia, que foron elixidos mediante invitación direc-ta e selección de propostas de contribucións orais. Aspresentacións tiveron lugar nunha única sesión continuaque porporcionou a oportunidade de escoitar e falar atodos os participantes, os cales empregaron o inglés co-mo lingua vehicular.

A presenza da escola galega no encontro foi notable, evi-denciando unha vez máis o excelente nivel da estatísticae investigación operativa feita en Galicia. Os seguintesparticipantes, todos eles formados na escola galega, im-partiron charlas da máis alta calidade científica: JoseAmeijeiras Alonso (doutor pola USC), Mercedes CondeAmboage (doutora pola USC), Pablo Montero Man-so (doutorando pola UDC), Eduardo García Portugués(doutor pola USC e premio SGAPEIO 2013), Ángel M.González Rueda (doutor pola USC e premio SGAPEIO2015) e Paula Raña Míguez (doutora pola UDC e premioSGAPEIO 2015).

O encontro contou con catro conferenciantes plenariosde primeiro nivel: Pierre Bonami (IBM), Juan AntonioCuesta Albertos (Universidade de Cantabria), Ingrid VanKeilegom (Katholieke Universiteit Leuven; unha lonxeva

colaboradora coa estatística galega) e Rafael Martí (Uni-versidade de Valencia). Todos eles impartiron excelentesconferencias plenarias que motivaron aos participantes aexplorar novas áreas dentro da estatística e da investi-gación operativa.

A Sociedade Española de Estadística e InvestigaciónOperativa (SEIO) patrocinou o entontro, que contoucun soporte económico importante da SEIO, da As-sociation of European Operational Research Societies(EURO) e da Facultade de Economía da Universidadede Granada (UGR). O Instituto de Matemáticas da UGR(IEMath-GR) cedeu as súas instalacións para celebrar oencontro. As sociedades portugueseas e francesas de in-vestigación operativa, APDIO e ROADEF, sufragaron aasistencia dos participantes portugueses e franceses.

Coa busca da excelencia como obxectivo prioritario, oencontro contou cos últimos catro premios Ramiro Me-lendreras da SEIO como comité científico: F. JavierMartín Campo (Universidade Complutense de Madrid),Carmen Aguilera Morillo (Universidade Carlos III deMadrid, UC3M), Eduardo García Portugués (UC3M) eBeatriz Sinova (Universidade de Oviedo). O encontro foiun éxito rotundo grazas ao inestimable traballo do comi-té organizador, encabezado por Víctor Blanco e JavierÁlvarez Liébana (xunto con F.J. Esquivel, D. Miranda,B. Cobo, S.M. Valenzuela, D. Molina e J.L. Romero).

Ademais da alta calidade científica do encontro, compa-rable cun congreso internacional habitual, este tamén foiun fito no plano social. Durante todo o congreso estivopresente unha atmosfera entusiasta de compañeirismoque, de acordo cos comentarios recibidos polos partici-pantes, foi un dos factores que fixo do 1st SYSORMunha experiencia inesquecible para todos.

O 2nd SYSORM terá lugar no 2019 co ambicioso e ilu-sionante obxectivo de superar esta primeira edición.

Informest | 6

Page 7: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Novas do IGE

Novas do IGE

Novidades na información estatísticapublicada

INDICADORES DE DEMOGRAFÍA EM-PRESARIALOs Indicadores de demografía empresarial é unha acti-vidade estatística que elabora o Instituto Galego de Es-tatística (IGE) con carácter anual. O obxectivo destaactividade é proporcionar información agregada relativaás empresas con actividade económica en Galicia (senincluír o sector primario nin a Administración Pública),tendo en conta aspectos relativos ao dinamismo empre-sarial e aplicando unha metodoloxía acordada no ámbitoda Unión Europea. Elabóranse indicadores relativos aostock, nacementos, mortes e supervivencia das empresasa partir da explotación estatística do Directorio de em-presas e unidades locais. Segundo esta actividade a taxade nacemento de empresas en Galicia (cociente entre ascreadas e as existentes a principio do ano) foi 12,53 %no ano 2016. Pola súa parte, a taxa de mortes (cocien-te entre as empresas que desaparecen e as existentes aprincipio de ano) foi 11,53 % nese mesmo ano. Comoresultado, a taxa de crecemento neto foi do 1 %. Pódeseobter máis información en: web

ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARESA Enquisa estrutural a fogares é unha actividade esta-tística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto deobter información sobre as súas características socioeco-nómicas. Consta de dous módulos: un primeiro de ca-rácter xeral que se repite todos os anos, deseñado pararecoller información sobre variables básicas, e un segun-do de carácter específico. Os principais obxectivos domódulo xeral da Enquisa estrutural a fogares son:

Analizar e describir as características principais dosfogares galegos e as diferenzas existentes entre asdistintas áreas territoriais galegas.

Coñecer a contía dos ingresos dos fogares galegose a súa tipoloxía, proporcionando información sig-nificativa sobre aqueles fogares cuns ingresos mo-netarios menores.

Coñecer a contía dos gastos comúns dos fogaresgalegos e a súa relación con diversas variables so-cioeconómicas.

Desta operación estatística pódese concluír que o día 31de decembro de 2016 existían en Galicia 1.060.086 fo-gares, dos cales o 21,17 % correspondían a persoas quevivían soas. A tipoloxía máis habitual é a formada porunha parella con fillos (32,34 % do total de fogares).Por outra banda, no ano 2016 o ingreso medio mensualdos fogares galegos situouse en 2.007 euros por fogar

(aumenta un 3,99 % respecto ao ano anterior). Pódeseobter máis información en: web

ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA.DECIL DE SALARIOS DO EMPREGOPRINCIPALA Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investi-gación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas fa-miliares que o Instituto Nacional de Estadística (INE)realiza desde 1964. O regulamento (CE) no 1372/2007do Parlamento Europeo e do Consello establece a obri-gatoriedade de incluír a variable salario do traballo prin-cipal na Enquisa de Forza de Traballo da Unión Europea(Enquisa de poboación activa en España). Deste xeitointrodúcese como variable de clasificación o nivel de re-muneración na análise das características do empregoprincipal para os traballadores por conta allea ou asa-lariados. Na Enquisa de poboación activa, o INE optoupor empregar rexistros administrativos para obter estavariable. Segundo esta actividade estatística, en 2016 o59,51 % dos asalariados galegos con xornada parcial ga-ñou menos de 710,69 euros mensuais; o 25,04 %, entre710,69 e 1.013,65 euros e, finalmente, o 15,45 % restan-te, máis de 1.013,65 euros mensuais. Pola contra, entreos asalariados con xornada completa, a porcentaxe dosque ingresaron menos de 710,69 euros ao mes sitúase no1,03 %. Pódese obter máis información en: web

Outras novidades

CONSELLO GALEGO DE ESTATÍSTICAO 24 de novembro de 2017 tivo lugar a reunión do Plenodo Consello Galego de Estatística. Neste Consello apro-bouse a acta da sesión anterior, presentouse e aprobou-se a memoria de actividades do ano 2016 e o informede avaliación do Plan Galego de Estatística 2012-2016.Tamén se aprobou o proxecto de decreto do Plan Esta-tístico Anual do ano 2018 e presentáronse os seguintesproxectos técnicos de operacións estatísticas para a súarevisión:

Xestión de residuos de competencia municipal

Contas económicas anuais

Contas económicas trimestrais

PROGRAMA ESTATÍSTICO ANUAL2018O día 29 de decembro de 2017 publicouse no DOGAo DECRETO 131/2017, do 21 de decembro, polo quese aproba o Programa estatístico anual da ComunidadeAutónoma de Galicia para o ano 2018. Este programaprevé a realización de 144 estatísticas, 28 actividades deinterese estatístico e 8 actuacións dentro das liñas salien-tables do Plan Galego de Estatística. Máis informaciónen: web

7| Informest

Page 8: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Traballos de Estatística e IO

Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUGTeses

Determinando hipóteses simplificadoras na estimación da densidade

Jose Ameijeiras Alonso.Directores: Rosa M. Crujeiras Casais e Alberto Rodríguez Casal.Data da defensa: 11 de decembro de 2017. USC.

A análise estatística clásica de variables aleatorias unidimensionais soe enfocarse asumindo fenómenos distribuídossimetricamente arredor dun único punto. Non obstante, estes modelos poden non resultar adecuados cando tratande capturar estruturas subxacentes máis complexas, frecuentes na análise de datos reais. Para resolver este problema,nos últimos anos, deseñáronse varias distribucións de probabilidade que tratan de capturar aquelas situacións nasque os datos presentan asimetría e multimodalidade (cando os datos se concentran arredor de máis dun valor). Estaproblemática pódese atopar tamén en estruturas máis complexas de datos continuos, como nos datos circulares, édicir, mostras que se poden representar como puntos na circunferencia dun círculo unitario. Non obstante, antesde aplicar estes modelos máis flexibles, pero tamén máis complexos, é importante determinar cando estes valena pena. Neste senso, esta tese persegue dous obxectivos. Primeiro, dende un punto de vista non paramétrico,contrastar o número de modas para datos lineares e circulares. Para iso, realízase unha revisión das diferentespropostas dispoñibles na literatura estatística e proponse un novo método que presenta un comportamento superioren escenarios tanto lineares como circulares. O segundo obxectivo, no contexto dos datos circulares, é determinarse a distribución subxacente da mostra é (reflexivamente) simétrica arredor dunha dirección central. Respecto desteobxectivo, preséntase un novo test e demóstrase que é óptimo para contrastar a simetría circular. O comportamentodas diferentes propostas, presentadas nesta tese, tamén se analiza a través de estudos de simulación e son ilustradasempregando diferentes aplicacións a datos reais.

Gas transmission networks: optimization algorithms and cost allocation methodologies

Ángel Manuel González Rueda.Director: Julio González Díaz.Data da defensa: 22 de decembro de 2017. USC.

Un dos principais obxectivos en Europa a día de hoxe é a xestión eficiente dos recursos enerxéticos. Por este motivo,existen diversas regulacións impostas pola Unión Europea que perseguen a liberalización dos mercados de gas eelectricidade así coma a integración dos mercados nacionais. Estas medidas deberían derivar nun mercado enerxé-tico máis eficiente e competitivo acadando tarifas máis baixas para os consumidores finais. Esta tese enmárcasedentro deste contexto analizando diversos problemas relacionados coa xestión eficiente dos recursos enerxéticos,centrándose na industria do gas natural. Máis en detalle, na tese pódense distinguir dúas partes onde se estudandistintos problemas matemáticos relacionados con redes de transporte de gas. A primeira parte céntrase no modela-do matemático e a optimización dunha rede de transporte de gas dende o punto de vista da súa operación técnica.A segunda parte dedícase ao estudo de dous problemas de asignación de costes que xorden de forma natural nestecontexto: o deseño de tarifas para o acceso a redes de gas e a asignación de perdas de gas producidas na rede entreos distintos donos das infraestruturas.

Inferencia non parámetrica en procesos puntuais con covariables

Maribel Borrajo García.Directores: Wenceslao González Manteiga e María Dolores Martínez Miranda.Data da defensa: 23 de febreiro de 2018. USC.

Na presente tese de doutoramento defínese e caracterízase un marco teórico referido ao eido dos procesos puntuaiscon covariables, proporcionando metodoloxía estatística innovadora tanto en estimación como en contrastes. Pro-ponse un novo estimador tipo núcleo para a función de intensidade, un método de remostraxe bootstrap e variosprocedementos de selección de ventá especialmente definidos para este contexto. O estimador xunto co bootstrap

empréganse na definición e calibración de dous test. O primeiro deles determina a influencia da covariable na fun-ción de intensidade, e o segundo permite discernir se dúas intensidades dependentes dunha covariable común estánxeradas ou non por un mesmo proceso subxacente. Ademais, inclúese una contribución no ámbito da estimación dadensidade con datos nesgados. Toda a metodoloxía anteriormente descrita analízase a través de diversos estudosde simulación e aplicacións a datos reais ligados ao contexto medioambiental.

Informest | 8

Page 9: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Traballos de Estatística e IO

Traballos Fin de Máster

Traballos do Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas.

Modelos de tipo de interese: revisión ecomparativa de métodos de estimación.

Alejandra López Pérez.Directores: Manuel Febrero Bande e WenceslaoGonzález Manteiga.USC, modalidade académica.

Os modelos de difusión descritos por ecuacións diferen-ciais estocásticas son unha extensión natural de modelosdeterministas con ecuacións diferenciais ordinarias. Estesmodelos son aplicados de forma intensiva no campo damatemática financeira para a análise de prezos de acti-vos financeiros, tipos de cambio, tipos de interese, etc.Comprender e modelar a estrutura temporal dos tiposde interese representa un dos principais retos da investi-gación financeira actual. Os tipos de interese son seriesque varían de forma aleatoria respecto ao tempo e estasvariacións poden ser modeladas mediante procesos esto-cásticos de dous tipos: procesos estocásticos en tempodiscreto e modelos en tempo continuo.Neste traballo revísanse distintos modelos en tempo con-tinuo, no contexto estocástico, destinados a explicar adinámica do tipo de interese. Preséntanse diferentes mé-todos de estimación, paramétricos e non paramétricos,para os modelos de difusión en tendencia e volatilidade,así como a súa aplicación a datos reais e simulados. Porúltimo, emprégase a metodoloxía bootstrap para aproxi-mar a distribución dos estimadores.

Modelo de estimación de ingresos pa-ra clientes pouco ou nada vinculados conABANCA

Francisco Manuel Fernández Agraso.Director: Ricardo Cao Abad.Titor: Daniel López Souto, ABANCA.USC, modalidade prácticas.

As entidades financeiras, especialmente os bancos, estánevolucionando dende o seu tradicional comportamentoreactivo ante os seus posibles clientes, a unha condutamoito máis proactiva que consiga adaptar a súa cartei-

ra de produtos e servizos ás necesidades particulares decada persoa. Neste traballo o que se pretende é estimaro ingreso mensual que poida ter un determinado indivi-duo, en función da información que se teña sobre el, coobxectivo fundamental de ofrecer o produto ou servizoque máis se poida adaptar a aquilo que podería necesitardita persoa. Para a estimación do ingreso mensual desen-vólvense, ao longo da memoria, unha serie de modelosde regresión múltiple que combinan axustes lineais para-métricos con outros de tipo non paramétrico, así comotransformacións Box Cox ou técnicas de clusterización esegmentación de clientes.

Implementación dun paquete en R para amodelización de curvas de emerxencia enmalherboloxía

Daniel Barreiro Ures.Directores: Ricardo Cao Abad e Mario FranciscoFernández.UDC, modalidade académica.

Nalgunhas situacións, os datos da nosa mostra presén-tanse agrupados no sentido de non poder observar exac-tamente os valores da nosa variable aleatoria de interesee só coñecer a cantidade de observacións que hai encada un dos intervalos nos que se dividiu o seu rango.En particular, isto ocorre habitualmente no ámbito damalherboloxía, onde é de interese predicir a emerxenciade malas herbas a partir de variables ambientais comoo tempo hidrotermal. Sen embargo, é habitual que nosestudos de campo soamente se poidan rexistrar os va-lores do tempo hidrotermal nuns tempos de inspecciónpredeterminados. Desta maneira, a información coa quecontaremos será a cantidade de sementes que emerxeronentre cada par consecutivo de tempos hidrotermais. Nes-te contexto os estimadores tipo núcleo da densidade ea distribución non son válidos e deben ser adaptados aocaso de datos agrupados en intervalos. O obxectivo prin-cipal do traballo consistiu na revisión de ditas técnicasnon paramétricas e a súa implementación nun paqueteen R. Ademais, analizouse o comportamento dos estima-dores non paramétricos mediante estudos de simulacióne na súa aplicación a datos reais de malherboloxía.

9| Informest

Page 10: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Coñecéndonos

Coñecéndonos

Coñecendo a unha socia da SGAPEIO: Milagros Diéguez Taboada.

Milagros Diéguez Taboada, profesora de Ma-temáticas no C.P.I. As revoltas de Cabana de Ber-gantiños.

Cantos anos levas traballando en estatísti-ca ou IO?

Como profesora de matemáticas en educación secun-daria, ensino estatística dende que volvín a Galicia nocurso 10/11 dado que, lamentablemente, en Castela eLeón, onde tiña o meu destino, o curriculo do bacha-relato non incluía o bloque de estatística.

Descríbenos o teu traballo

Como docente o meu traballo consiste en aprender-lle ao alumnado matemáticas tendo a estatística un-ha especial importancia, dado que, ademais das clasestemporalizadas na programación, dedícolle todos osrecreos dende outubro até abril para realizar proxec-tos. Esta é a parte máis gratificante do meu traballoonde o alumnado, ademais de aprender, desfruta coaestatística.

Dende cando es socia da SGAPEIO?

Dende hai dous anos.

Cal foi o 1o Congreso da SGAPEIO ao queasistiches?

Este ano, en Ferrol.

O tema do teu próximo proxecto/artigo?

Estou a levar a cabo dous proxectos para presentar áIncubadora de Sondaxes e Experimentos, que esperorematemos a tempo. Un deles é sobre estatística elec-toral e o outro é unha sondaxe sobre as preferenciasda nosa contorna.

Un curso que che gustaría facer?

Agora mesmo axudaríame moito poder facer un, sobreestatística electoral.

Que libro de estatística ou I.O. recomen-darías?

Aos meus alumnos e alumnas este ano recomendeillesLa certeza absoluta y otras ficciones, de Pere Grima.

Se non foses estatístico, que che gustaríaser?

Cando acabei o instituto, eu tiña dúas paixóns, as ma-temáticas e o teatro, así que supoño que, de non mededicar a isto, estaría intentando sobrevivir no mundodo espectáculo.

Se oes “estatística”, que é o primeiro queche vén á cabeza?

Cultura xeral. Considero imprescindible que, ao aca-bar a educación obrigatoria, todo o mundo tiña que teruns coñecementos básicos de estatística que lles permi-tan analizar a información que lles chega, que poidanfacer unha lectura crítica da prensa, que non poidanser enganados cuns gráficos. . . Nunca comprendín porque se non coñeces a Picasso es un inculto, pero se nonsabes, por exemplo, o que é un percentil é xustificable:“é que son de letras”.

Que é o que máis valoras do labor daSGAPEIO?

O seu labor de divulgación.

En que cres que deberiamos mellorar?

Non teño moitas suxestións. Creo que estades a reali-zar un excelente traballo, pero, se teño que dicir algo,sería promover o achegamento entre ensino medio eUniversidade.

Informest | 10

Page 11: Editorial · No editorial do último número de INFORMEST, Esther facía un repaso das actuacións ... cas ou Econometría saben tamén, mellor ca ninguén,

Sabías que?Curiosidades dos apelidos dos galegos por Ma José Ginzo

A través do recurso “Distribución municipal dun apeli-do”, na páxina do IGE pódese consultar a frecuencia re-lativa aos apelidos1 da poboación que reside en Galicia.Os cinco máis comúns son Rodríguez (o levan 216.042persoas), Fernández (204.663), González (163.850), Ló-pez (151.082) e García (148.005). Hai moitas persoasque levan outros non tan habituais e, en cambio, bencuriosos:Nomes de cidades galegas como Lugo (369), Vigo(3.571), Vivero (755), Ferrol (228) ou Pontevedra (117).Xentilicios como Gallego (5.902), Navarro (1.373), Viz-caíno (872), Galego (860) e, menos frecuentes: Cas-tellano, Soriano, Castellanos, Romano, Avilés, Magda-leno, Español, Zambrano, Toledano, Sevillano, Fran-cés, Bretón. . . Nomes de animais: Becerra (2.810), Fal-cón (1.461), Coello (1.349), Raposo (1.298), Cordero(1.191), Pájaro (898), Carpintero (858), Gato (753) e,menos frecuentes: Capón, Toro, Perdiz, Gallo, Lobo, Por-ca, Zorrilla, Gavilán, Lora, Aguila, Conejo, Carpintei-ro, Vaca, Becerro, Cabalo, Delfín. . . Árbores ou plan-tas como Pereira (24.838), Romero (19.884), Noguei-ra (6.154), Carballeira (2.575), Viña (1.629), Maceira(1.368), Sobrado (1.340), Parra (734). Menos habituais

son: Olivares, Rosal, Perales, Carballo. . . Parentes: So-brino (2.189), Amigo (1.299), Parente (1.005) e, menosfrecuentes: Primo, Pariente, Familia, Cuñado ou Tío.Apelidos que falan de características físicas ou ad-xectivos das persoas: Calvo (12.747), Franco (6.713),Moreno (3.623), Justo (2.742), Dorado (1.759), Ru-bio (1.685), Guerrero (1.520), Doce (1.366), Guerreiro(1.277) e, menos frecuentes: Espantoso, Dourado, Vie-jo, Caro, Vello, Valente, Valiente Gordo, Obeso, Fran-ca, Feo, Fermoso, Modesto, Vella ou Justa. Nomes demetais: Ferro (4.260) e, con menor frecuencia, Ouro,Oro, Plata, Hierro, Acero, Aceiro. Apelidos como Rey(33.618), Conde (12.822), Marqués (1.107) ou, menoshabituais, como Duque, Reina, Rei, Condesa ou Príncipenon son sinónimo de alta alcurnia. Partes da anatomíahumana como: Pernas (3.320) e menos habituais: Cabe-zas, Cabeza, Cabello, Rostro, Barriga, Rodilla, Pestana,Pulgar, Uña, Mano, Coronilla, Morro, Coco, Ojo, Cella,Barbas ou da animal como Pata.Estes apelidos son unha pequena mostra, de apelidoscuriosos. Son termos dotados de valor semántico, quereflicten realidades e conceptos, pero que o tempo con-verteu en apelidos.

1 A información refírese ao ficheiro do Padrón municipal de habitantes do día 1 de xullo de 2016.

Dirección:

Paula Raña Míguez

Equipo editorial:

Ma José Ginzo Villamayor, María Gómez Rúa,María Martín Vila, Carlos Neira Cortizas,Javier Roca Pardiñas,Covadonga Rodríguez-Moldes Rey,Alejandro Saavedra Nieves,César Andrés Sánchez Sellero eJavier Tarrío Saavedra,

Revisión lingüística:

María Miragaya Pereira

Coa colaboración de:

Eduardo García Portugués eMilagros Diéguez Taboada.

COLABORA!!!Informest é unha publicación cuadrimestral daSGAPEIO que podes atopar na web da sociedade,www.sgapeio.es/, no apartado PUBLICACIÓNS.

Se queres participar cun artigo de divulgación paraa sección “Colaboracións” ou cunha curiosidadeestatística para o “Sabías que?”, contacta con nósno correo [email protected] onde te informaremosdas normas de edición.

Anímate!!

Comunicación coa SGAPEIO:

Facultade de Matemáticas, Campus Vida, 15706-Santiago de Compostela, A Coruña.

[email protected] [email protected] @sgapeioLinkedIn SGAPEIO

Depósito Legal: LU-191-1995 - I.S.S.N.:1695-7083

11| Informest