120
Flora e aves da Reiboa

e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Flora

e aves

da Reiboa

Page 2: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Introducción..............................................1AVES .........................................................3Orden Anseriformes ..............................10

Familia Anatidae ........................10Orden Apodiformes ...............................14

Familia Apodidae ........................14Orden Charadriiformes .........................16

Familia Charadriidae .................16Familia Haematopodidae ...........17Familia Laridae ...........................18Familia Scolopacidae ...................22

Orden Ciconiiformes ..............................28Familia ardeidae ..........................28

Orden Columbiformes ............................31Familia Columbidae ....................31

Orden Passeriformes ............................. 34Familia Corvidae ........................ 34Familia Hirundinidae ................. 37Familia Motacillidae ................... 38Familia Paridae ........................... 40Familia Passeridae ...................... 41Familia Turdidae ........................ 43

Orden Pelecaniformes ............................ 48F. Phalacrocoridae ...................... 48

Índice de especies (aves) ......................... 50Bibliografía (aves) .................................. 53ÁRBORES................................................ 54Familia Betulaceae ................................. 56Familia Fagaceae .................................... 58Familia Lauraceae .................................. 62Familia Mirtaceae ................................... 64

Page 3: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Familia Pinaceae .................................... 66Familia Salicaceae ................................. 68 HERBAS ................................................ 71Familia Aráceas ...................................... 73Familia Boragináceas ............................. 74Familia Cariofiláceas ............................. 75Familia Compuestas (Asteráceas) ........ 77Familia Escrofulariáceas ....................... 81Familia Labiadas (Lamiáceas) .............. 82Familia Leguminosas (Fabáceas) .......... 86Familia Papaveráceas ............................. 89Familia Papilonáceas .............................. 90Familia Plntagináceas ............................. 92Familia Ranunculáceas ........................... 95Familia Rosáceas ..................................... 96Familia Umbelíferas ................................ 98Familia Urticáceas.................................... 101Índice de especies (árbores e herbas)..... 104Bibliografía (árbores e herbas) .............. 107

Page 4: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

INTRODUCCIÓN

Encontrámonos na Reiboa, unha zona do Concello de Poio situada entre Campelo y Combarro. Un lugar de gran beleza natural que ten unhas características especiais. É unha zona de pequenas dimensións, polo que pódese percorrerla doadamente, na que existe unha enseada, onde desembocan dous ríos ( Mouro e Rego da Cancela) e próximas a ela poderemos encontrarnos zonas cultivadas e humanizadas. Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo final a implantación de paneis informativos que axuden a identificalas, así como a instalación dun pequeno observatorio de aves de madeira, acordes coas características da zona .

Proxectos destas características son moi importantes para facilitar o coñecemento da riqueza natural que posuímos, e nada mellor que coñecer, para coidar e conservar. Ademais, non é necesario desprazarse grandes distancias para disfrutar da natureza, tan só é necesario fixarnos e comprender o equilibrio que existe entre os distintos seres vivos que comparten un mesmo ecosistema.

Todos e cada un deles, por insignificantes que nos parezan, desempeñan unha función que repercute na supervivencia do conxunto. Así, as árbores de primeira liña de río, suxeitan o terreo fronte as riadas e ademais entre as súas raíces dan abrigo a certas especies.

A presencia ou ausencia das especies vexetais implica unha fauna específica ligada a elas pola súa alimentación, condicións do solo, nidificación, etc. Como

Page 5: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

vemos, todo está relacionado e a destrucción dun nicho ecolóxico dará lugar á destrucción da totalidade. Por elo, deberemos ter en conta nas nosas visitas a calquera medio natural, que todo debe permanecer igual a como estaba antes da nosa chegada, xa que diso depende a súa permanencia.

Este traballo está dividido en tres capítulos, nos que quedan reflectidos a flora e aves presentes na Reiboa, co seu nome en castelán, galego e científico e ilustrado con fotografías que facilitarán a súa identificación.

Page 6: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

AveAves s

Page 7: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

A Reiboa é unha zona de pequenas dimensións que poderemos percorrer doadamente e á cal é fácil acceder, polo que resulta un lugar ideal para iniciarnos no marabilloso mundo das aves. E é aquí onde se ten previsto a instalación dun pequeno observatorio de madeira e uns paneis informativos que facilitarán a identificación das aves. As utilidades dos observatorios son variadas. Por unha parte, permítennos observar ás aves sen que elas nos vexan a nós, polo que o seu estudio non producirá ningún tipo de alteración nos seus costumes, e por outra facilitarannos a observación amparándonos das inclemencias do tempo. No noso caso concreto, debido a que próximo á zona construíuse un paseo, a pretensión de escondernos da mirada das aves ten pouco sentido. Sen embargo, permitiranos refuxiarnos, e isto é moi importante, xa que é durante o inverno cando poderemos ver a maior parte das aves migratorias.

Hai que ter presente que durante unha saída para a observación de aves, deberemos facer o menor ruído posible, tanto ó camiñar como ó falar entre nós, xa que é fácil asustalas, o que impediríanos deleitarnos co coñecemento dos seus costumes, voo, relacións entre elas...

Para a identificación das aves é importante fixarnos en determinados aspectos como son o tamaño (comparándoo co dun ave coñecida); cor (cor predominante e posibles manchas

Page 8: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

características); forma (peteiro, alas, cola, patas); hábitat e comportamento (tempo que permanecen en voo, características do mesmo, comportamento cando están pousadas). Deberemos ter en conta que non todas permanecen o mesmo tempo na zona, segundo isto, podemos diferencialas en:

1.Sedentarias: Aquelas que pódense ver en calquera época do ano.

2.Invernantes: Chegan en outono e pasan aquí todo o inverno.

3.Veraneantes: Pasan o verán podendo criar e vanse cando comeza a época máis fría, regresando na primavera.

4.De paso: Pasan pola nosa terra camiño de outras en outono e primavera, pero non crían aquí.

5.Migradoras parciais: Aquelas especies nas que algúns individuos permanecen sedentarios, xeralmente individuos novos e o resto migran.

Os resultados das nosas observacións quedan reflectidos neste traballo, de forma que as aves agrúpanse segundo a Familia e Orden ós que

Page 9: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

pertencen, co nome vulgar (en galego e castelán) e o científico.

Para o seu recoñecemento e diferenciación, resultaranos de gran axuda ter unhas pequenas nocións da anatomía externa dun ave. Por isto incluímos un sinxelo esquema no que resultará fácil a identificación das distintas partes dun ave:

Durante as nosas saídas puidemos ver as seguintes aves:

O. ANSERIFORMES:

Page 10: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

F. ANATIDAE:Anas platyrhynchos

(Alavanco).Cygnus olor (Ciño real).

O. APODIFORMES:

F. APODIDAE:Apus apus (Andurón

común).

O. CHARADRIIFORMES:

F. CHARADRIIDAE:Pluvialis squatarola (Píldora cincenta)

F. HAEMATOPODIDAEHaematopus ostralegus ( Ostreiro, Gavita).

F. LARIDAE:Larus michahellis (G.

patiamarela).Larus fuscus (Gaivota

escura).Larus ridibundus (Gaviota

chorona).

F. SCOLOPACIDAE:

Page 11: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Calidris alba (Pirlo bulebule).

Calidris alpina (Pirlo curlibico).

Numenius arquata (Mazarico curlí).

Numenius phaeopus (Mazarico galego)Actitis hypoleucos (Bilurico

bailón). O. CICONIIFORMES:

F. ARDEIDAE:Ardea cinerea (Garza real).Egretta garcetta (Garceta).

O. COLUMBIFORMES:

F. COLUMBIDAE:Columba palumbus (Pombo

torcaz).Streptopelia decaocto (Rula

turca)

O. PASSERIFORMES:

F. CORVIDAE:Corvus corone (Corvo viaraz).

Pica pica (Pega rabilonga).

F. HIRUNDINIDAE:

Page 12: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Hirundo rustica (Anduriña común).

F. MOTACILLIDAE:Motacilla alba (Lavandeira

branca).

F. PARIDAE:Parus ater (Ferreiriño

común).

F. PASSERIDAE:Passer domesticus (Gorrión

pardal).

F. TURDIDAE:Erithacus rubecula

(Paporrubio).Phoenicurus ochruros (Curroxo común).Turdus merula (Merlo

común)..O.PELECANIFORMES:

F. PHALACROCORIDAE:Phalacrocorax aristotelis (Corvo mariño cristado).

Page 13: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

ORDEN ANSERIFORMES

1. FAMILIA ANATIDAE:

Pato salvaxe, Alavanco.Anade real.Anas platyrhynchos.

T amaño : 51-62 cm.

Peso: 900-1.500 gr.

Sedentario/Invernante.

Características: O macho (foto superior e dereita) ten a cabeza e pescozo de cor verde lustrosa con colar branco, o peito castaño arrubiado ou pardo escuro e o dorso é marrón. Cola con rectrices brancas e cubertas na súa parte central por plumas negras e máis arriba con outras de cor verde anegrazada.

Nas alas (de cor tostada) destaca moito o espellete morado ou azul violáceo

Page 14: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

bordeado de negro e branco, que é un sinal inconfundible para a súa identificación. As partes inferiores son grises, tinxidas de marrón ou pardento. A femia (foto esquerda) é de cor parda moi apigarada por enriba e riscada por abaixo, co curuto e liña ocular, negros. Esta plumaxe sérvelle para camuflarse mentres está no niño, evitando os ataques dos depredadores.

O peteiro é de diferente cor no macho e na femia, amarelo cunha lixeira tinguidura verdosa no primeiro e alaranxado na segunda. Patas e pés de cor laranxa- avermellada.

Na plumaxe de eclipse (de Xuño a Setembro), machos e femias son moi parecidos aínda que os machos teñen a cabeza e o pescozo pardo escuro e o seu ton é uniforme. O eclipse é completo de Xulio a Agosto.

Os individuos novos son parecidos á femia adulta pero coas patas de cor máis apagado e as membranas interdixitais máis escuras.Alimentación: Sementes, herbas, insectos, anfibios e moluscos.Hábitat: Sedentario/ Invernante. É moi abundante en toda Galicia, en zonas húmidas, lagoas interiores e costeiras, preto dos ríos, marismas, etc. Sen embargo na actualidade, a construcción de encoros

Page 15: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

e minicentráis, a caza intensiva e a diminución de bos estanlle afectando de forma negativa á especie.

Ciño real.Cisne vulgar.Cygnus olor.

Tamaño: 127-150 cm.

Peso: 16 Kg.

Doméstico, introducido polo home nesta zona .

C aracterísticas : A sua plumaxe é totalmente branca. O seu peteiro é de cor laranxa cunha protuberancia negra moi visible na base. Sexos iguais.

Os individuos inmaduros son de cor parda, co peteiro rosado agrisado e patas grises.Son unhas aves de gran tamaño e peso ainda que voan moi ben,

Page 16: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

debido a que as suas alas poden levantar un peso catro veces maior do que en comparación levantan outras aves como as gaivotas. Aínda así, teñen que batelas moi rapidamente para poder manterse no aire. Outr problema asociado ó seu peso é a necesidade dunha gran extensión de auga para poder alcanza-la velocidade necesaria para levantar o voo e para deterse cando descenden. Tampouco poden evolucionar mentres voan, sendo a causa máis importante da súa mortaldade nas zonas habitadas o choque con toda clase de cables aéreos.

Aparéanse para toda a vida, facendo o seu niño cada ano no mesmo territorio.Alimentación: Nútrense de animais acuáticos coma peixiños, cágados, insectos e pequenos moluscos. Poden pacer en terra como os gansos, pero máis a miúdo aliméntanse de plantas acuáticas que arrancan do fondo, metendo o largo pescozo baixo a auga.Hábitat: Migrador parcial. Pode presentarse en calquera parte xa que durante moito tempo foron domesticados, sen embargo, en verdadeiro estado silvestre frecuenta marismas e lagos apartados.

Page 17: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

ORDEN APODIFORMES

1. FAMILIA APODIDAE

Andurón común. Vencejo común.Apus apus.

Tamaño: 16,5 cm.

Peso:40 gr. aprox.

Nidificante/estival.

Características: Sexos iguais Totalmente negros, excepto por unha mancha clara na gorxa. Peteiros curtos e boca grande.

É característica a forma de gadaña das suas alas e a cola gallada cando voan. Cando pregan as alas sobresaen da cola porque son moi longas. É unha especie gregaria e facilmente recoñecible polo gran número de individuos que se xuntan nos atardeceres de verán. Dícese deles que son os mellores voadores do ceo e nunca se pousan, excepto para facer o niño e para alimentar a sua niñada. As súas patas son moi cortas e débiles

Page 18: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

(Apus apus, significa “sen pés”) e resultalles moi difícil levanta-lo voo, polo que aliméntanse, aparéanse (aínda ca maior parte das cópulas prodúcense no interior do niño) e incluso poden durmir no aire.

Dende finais de Abril ata Agosto regresan tódolos anos as mesmas familias ós mesmos niños, xa que emparéllanse de por vida, aínda ca migración cara África fana por separado.

Voan moi alto e pódense desprazar nun día ata 1.000 Km., a súa velocidade en momentos puntuais alcanza os 100 Km/h. Alimentación: Insectos que capturan ó voo como moscas, pequenos escaravellos e couzas.Hábitat: Cidades e vilas.

Page 19: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

ORDEN CHARADRIIFORMES

1. FAMILIA CHARADRIIDAE

Píldora cincenta.Chorlito gris.Pluvialis squatarola.

T amaño : 28 cm.

Invernante.

C aracterísticas : A súa plumaxe varía moito dependendo da estación do ano. Así, no inverno ten as partes superiores de cor gris pardenta e as inferiores máis claras (foto superior). No verán, as partes superiores tornanse pintadas de cor gris e as inferiores negras. Ademais, pódense ver unhas

Page 20: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

manchas negras baixo as alas. Mitra e franxa alar brancas ( foto da dereita).Pódense mirar só en inverno, aínda que nesta zona veñen moi poucos exemplares e non tódolos anos. Cando remata o inverno a maioría deles volven cara ó Ártico, onde crían. Excepcionalmente, poden permanecer algúns exemplares connosco no verán.Alimentación: vermes, moluscos, pequenos cangrexos e outros crustáceos no inverno; vermes, babosas, insectos e arañas no verán.Hábitats: Mares, costas e estuarios.

2. FAMILIA HAEMATOPODIDAE

Gavita ou Ostreiro.Ostrero euroasiático.Haematopus ostralegus.

Tamaño: 43 cm.

Peso: 600 gr.

Invernante.

Page 21: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Características: Limícola de gran tamaño, de cor branca e negra. A mitra é branca e a sua cola branca cunha ancha banda terminal negra. Alas negras cunha ampla banda alar branca e as partes inferiores brancas.

O peteiro, vermello alaranxado, é máis longo e fino nas femias. Patas rosadas.

Saben despega-las lapas das rochas e tamén introduci-lo peteiro nas cunchas entreabertas para baleiralas do seu contido.

No inverno algúns individuos teñen un medio colar branco.Alimentación: Berberechos, minchas, cangrexos, camaróns...Hábitat: Marismas, beiramar, illas e illotes.

3. FAMILIA LARIDAE

Gaivota patiamarela.Gaviota patiamarilla.Larus michahellis.

Page 22: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Tamaño: 56-66 cm.

Peso: 900-1.300 gr.

Sedentaria.

Características: Teñen o dorso e as alas prateadas, as remeiras son negras con manchas brancas. Patas amarelas e peteiro tamén amarelo cunha mancha vermella.

Os inmaturos son pardos coas alas e a cola máis escuras. Moi semellante á gaivota clara, pero pode diferenciarse pola cor das patas xa que esta telas rosadas.Alimentación: Son as aves máis comúns do litoral galego, podendo velas nos portos de mar, peiraos, tellados das casas... Aliméntanse de moluscos , cangrexos e restos de animais mariños, mantendo limpas as vilas mariñeiras deste tipo de desperdicios. Hábitat: Sedentarias. Aniña facendo colonias en illas e acantilados. As gaivotas son fieis á mesma parella, reuníndose cada primavera e utilizando o mesmo niño que recoñecen pola pedra que deixaron marcada coas súas dexeccións.

Gaivota escura.Gaviota sombría.Larus fuscus.

Tamaño: 52-56 cm.

Page 23: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Peso: 800-1100 gr.Prinncipalmente invernante.

Características: Moi semellante á patiamarela. Diferénciase dela na cor case negro das alas e dorso. Cabeza con estrías grises, patas amareladas e peteiro ocre coa mancha vermella característica. Os individuos novos son pencados de pardo escuro con peteiros anegrazados e patas de cor rosada pardenta. A partires do segundo ano van adquirindo o lombo máis escuro, cabeza e partes inferiores máis brancas, peteiro e patas máis amarelas.A limentación : Mexillóns e crustáceos.Hábitat: Principalmente invernante. Sempre no mar, en zonas rochosas e portos. É característico velas pousadas nos barcos amarrados e bateas.

Gaivota chorona.Gaviota reidora.Larus ridibundus.

T amaño :28-36 cm.

Page 24: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Peso: 230-280 gr.Principalmente invernante.

Características: O adulto é branco, con alas e dorso agrisados. A punta das alas é negra e ten unha mancha escura, a modo de orella. Na plumaxe estival presenta a cabeza e o papo de cor achocolatada. Patas e peteiro de cor vermella . Os individuos novos teñen as alas acastañadas e as puntas das plumas da cola negras.A limentación : Aliméntanse de insectos, pequenos animais e residuos presentes nos vertedoiros das cidades. Nas zonas costeiras captura peixes, moluscos, cangrexos...Hábitat: Moi común nas costas galegas. Aves principalmente invernantes en Galicia, veñen do norte de Europa onde teñen as súas áreas de cría, e aínda que son de destacar zonas de cría na Coruña e na Ría de Arousa, os individuos presentes no verán nas nosas costas son inmaturos e adultos que non poden reproducirse.

Page 25: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

4. FAMILIA SCOLOPACIDAE

Pirlo bulebule.Correlimos tridáctilo.Calidris alba.

Tamaño: 20 cm.

Principalmente invernante.

Características: Denomínase tridáctilo (en castelán) porque soamente ten tres dedos, característica que o diferencia do resto dos pilros, que teñen catro. Ave pequena, repoluda, abrancazada e moi activa. Sexos iguais. Peteiro recto e negro e patas negras.

Destaca a sua costume de persegui-las ondas cando retroceden.Plumaxe estival: partes superiores, cabeza e peito castaño con pintas negras, que contrasta co branco puro do ventre (foto superior).

Page 26: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Plumaxe invernal: cabeza e partes inferiores brancas e partes superiores gris claro. Mancha negra no ombro (foto dereita).

Os individuos inmaturos teñen debuxo de cadros brancos e negros por enriba, coa cabeza e o peito dun rosado ocráceo.Alimentación: Crustáceos, moluscos e miñocas, restos de peixes e medusas. Busca o alimento en pequenos grupos.Hábitat: É invernante, aínda que algunhas aves non reproductoras poden permanecer todo o ano. Aparecen en pequenos grupos en praias areosas e marismas, case sempre mesturado con outros limícolas do seu tamaño.

Pirlo curlíbico.Correlimos común.Calidris alpina.

Tamaño: 17-19 cm.

Peso: 45-65 gr.

Invernante.

Características: Son característicos os bandos que forman, voando a ras da auga, remontan formando unha liña, xiran bruscamente e xúntanse nunha masa compacta. Os sexos son iguais.

Page 27: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

A súa plumaxe e distinta no inverno e no verán. O pico teno lixeiramente curvado cara abaixo.Inverno: Ten as partes superiores de cor gris-apardazada, branca por debaixo co ventre agrisado (foto superior).Verán: As partes superiores son castaño-vermellas raiadas de negro e o ventre negro (foto dereita). Cando voan pódeselles mirar unha franxa alar e máis os lados da cola brancos. Alimentación: Insectos, larvas, pequenos moluscos, crustáceos, miñocas e vermes. Ocasionalmente comen herba ou sementes.Hábitats: Mares, estuarios y costas.

Mazarico curlí. Zarapito real. Numenius arquata.

Tamaño: 53-59 cm.

Peso: 600-900 gr.

Page 28: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Principalmente invernante.C aracterísticas : Cor parda con pintas negras e ventre branco. O vispiño branco estendese ata a parte baixa do dorso. Ademais posúe 7 ou 8 liñas transversais negras no rabo, apreciables durante o voo. Patas longas e grises.O máis característico é o seu peteiro longo e virado cara abaixo.Alimentación: Moluscos, crustáceos, camaróns e outros invertebrados que capturaHábitat: Invernante, aínda que poden permanecer algúns individuos inmaturos. Limícolas presentes nas praias de lama, marismas e estuarios.

Mazarico galego.Zarapito trinador.Numenius phaeopus.

Tamaño: 40 cm.

Características: Semellante a Numenius arquata, é moi escaso no inverno e doado de ver de paso

Page 29: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

prenupcial a partires de Febreiro procedente de África, onde inverna, e cara ó Norte de Europa, onde cría.

Ten o píleo pardo anegrazado cunha lista lonxitudinal máis clara. As cellas son de cor branca. A parte superior é parda escura con manchas claras. Mitra branca. A cola gris con bordes brancos presenta unhas listas dispostas transversalmente da mesma cor que o píleo. Patas agrisadas e peteiro pardo escuro.Alimentación: Crustáceos, moluscos, vermes, insectos e froitos.Hábitats: Costas e estuarios.

Bilurico bailón.Andarríos chico.Tringa hypoleucos.

Tamaño:19-20 cm.

Peso: 55 gr.

Sedentario.

Page 30: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Características: Partes superiores de cor parda con bordes brancos na cola, partes inferiores brancas lixeiramente riscadas no pescozo e peito. Riscas alares brancas que obsérvanse durante o voo. Patas verdosas e peteiro recto e negro. Ten un característico voo baixo sobre a auga cun bater de alas pouco profundo e rápido, alternando con breves pairos coas alas curvadas cara abaixo. Ten por costume, mentres está pousado, mover constantemente a cola e a cabeza de arriba para abaixo.Alimentación: Insectos, larvas, moluscos y pequenos crustáceos.Hábitat: Sedentario. Pódese ver todo o ano en ríos de auga clara e polas praias.

ORDEN CICONIIFORMES

1. FAMILIA ARDEIDAE

Garza real.

Page 31: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Garza real.Ardea cinerea.

Tamaño:90 cm. Peso: 1600 gr. Principalmente invernante.

C aracterísticas : Partes superiores grises, cabeza e pescozo brancos. Ten unha risca superciliar negra (dende o ollo ata a punta do longo penacho) e outra risca negra que se estende ó longo do pescozo.Peteiro longo, amarelento e en forma de puñal. Patas pardentas. Tanto o peteiro como as patas vólvense vermellos ó empezar a primavera.

Cando voa recolle o pescozo en forma de “S” e as patas estendidas cara atrás. Alimentación: Peces, ras e cangrexos.Hábitat: Son invernantes. Prados encharcados, ríos, lagos e costas.

Garceta, Garzota.

Page 32: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Garceta común.Egretta garcetta

Tamaño: 56 cm.

Peso: 500 gr.

Invernante.

C aracterísticas : Plumaxe branca pura. Patas negras, excepto os pés que son amarelos e tórnanse avermellados en primavera. O peteiro é negro, longo e afiado. É característico un penacho de dous plumas moi longas (uns 15 cm.) e tamén longas plumas vaporosas e esponxosas no dorso, durante a época de reproducción. Durante o voo coloca a cabeza entre os ombros e as patas estiradas cara atrás.Alimentación: Pesca en auga rasa, pouco profunda, peixes, ras , crustáceos e insectos.Hábitat: Son especies invernantes. Presentes nas marismas, lagoas, brañas.

Page 33: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

ORDEN COLUMBIFORMES 1. FAMILIA COLUMBIDAE

Pombo torcaz.

Page 34: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Paloma torcaz.Columba palumbus.

Tamaño:40-42 cm.

Peso: 500 gr.

Sedentaria/InvernanteCaracterísticas: Lombo, cabeza, pescozo e

cola de cor agrisada. As partes inferiores son rosadas e a cada lado do pescozo, alas e cola, nos individuos adultos, obsérvanse unhas manchas brancas. De perto apréciase un brillo violeta e verde.

O dorso das alas é pardo, con plumas cobertoras alares grises e bordes brancos, formando unha banda branca que pódese apreciar cando despregan as alas. As partes inferiores son de cor vermella viñenta no peito e gris pálido nos flancos e ventre. Cola anegrazada terminada nunha ancha franxa negra. Vispiño, gris lousa.

Peteiro rosa na base, amarelo cara o final e cor claro no extremo. Patas e pés de cor vermella coral, cun lixeiro tinguidura malva.

Page 35: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Durante a época de cría, a súa cabeza adquire un ton fortemente azulado e o vermello viñento do peito, faise máis intenso.

A plumaxe, nos inmaturos, é dunha cor moito máis apagada, carece das cores metálicas e das manchas brancas ós lados do pescozo.

Ten un voo forte, directo e rápido, batendo as alas breve pero regularmente, planeando a intervalos e co peito moi sobresaínte.Alimentación: Grans, sementes, landras e certos froitos silvestres.Hábitat: Acostumouse á presencia do home no campo e cidades, polo que pasou dos bosques afastados, matagueiras e arboredos de ríos a terras de cultivo, parques e xardíns.

Rula turca.Tórtola turca.Streptopelia decaocto.

Tamaño: 28 cm.

Peso: 200 gr.

Sedentaria.Características: Caracterizase

por ter un estreito colar de cor negra presente na metade posterior do pescozo, reberetado de branco. De cor area ou rosado case uniforme na parte

Page 36: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

superior, a parte inferior e máis a cabeza son máis pálidas, cunha tinguidura rosado máis intenso no peito. Alas agrisadas. O final da cola e as plumas exteriores son brancas e as remeiras de cor negra. Peteiro fino e negro, e as patas vermellas.

A reproducción prodúcese durante un longo período que vai dende principios de Marzo ata finais de Outubro, o que lle permite criar dúas, tres ou incluso catro veces. En xeral, a rula turca volve a criar a mesma árbore ou arbusto ano tras ano e son os individuos mozos os que se desprazan no outono dando lugar á propagación e colonización da especie.Alimentación: Sementes, gran e algúns froitos.Hábitats: Cidades e pobos.

ORDEN PASSERIFORMES

Page 37: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

1. FAMILIA CORVIDAE

Corvo viaraz.Corneja negra.Corvus corone

Tamaño: 47 cm.

Peso: 550 gr.

Sedentario.

Características: Totalmente negro, con reflexos azulados e violáceos. Peteiro grande, claro e brillante.As parellas permanecen unidas durante toda a vida e conservan o mesmo territorio.Alimentación: Son omnívoros (froita, pan, sementes, moluscos, desperdicios, peixes, carraña...).Hábitat: Sedentarios. Frecuentan montes, cultivos e costa onde permanecen todo o ano.

Pega rabilonga.Urraca.

Page 38: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Pica pica .

Tamaño: 46 cm.

Peso: 210 gr.

Sedentario.

Características: Plumaxe de cor branca e negra. A cabeza, pescozo, dorso, gorxa, parte superior do peito e zona de detrás das patas son negros moi intensos. Negro tinxido de verdoso brillante na cola, con banda morada ó final, e azulado nas alas. As escapulares, flancos e ventre son brancos.

Cola moi longa con forma de escaleira. O peteiro é forte e de cor negra, igual cas

patas.Non existe diferencia entre sexos, salvo cos

machos teñen as alas e a cola máis longas.Os individuos novos teñen a cola máis

corta, a cor negra do plumaxe é mate e o branco das escapulares, ventre e baixo peito marcado de beixe.

No chan, camiña en postura erguida mantendo a cola levantada e cando está excitada salta de forma grotesca.

Os grupos de pegas que pódense ver todo o ano, soen estar formados por exemplares novos sen emparellar. As parellas adultas despois da súa unión no inverno, mantéñense unidas para toda a

Page 39: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

vida e soamente cando un dos adultos morre, o supervivente emparéllase, case de inmediato, cunha pega nova.

Nas casas rurais existía o costume de ter pegas domesticadas, xa que eran moi mansas e non abandonaban as proximidades da casa onde dábanlles de comer, sen embargo, pola súa facilidade para penetrar por portas e fiestras abertas e coller obxectos brillantes que agachaban (característica moi típica das pegas), esto foise abandonando xa que causaban grandes trastornos e conflictos na vecindade.Alimentación: É omnívora. Principalmente aliméntase de insectos, pequenos mamíferos como ratos de campo, musarañas. Come tamén miñocas, moluscos, paxaros, crías e ovos de paxaros. Tamén come moita materia vexetal, que inclúe sobre todo cereais; tamén froitos secos (abelás, noces...) e froitas silvestres e cultivadas, especialmente mazás e figos.Hábitat: Sedentaria. Terras de cultivo, campo con sebes e arboredos. Prefire a proximidade das vivendas humanas e está sempre presente preto de granxas, silos, almacéns, vertedoiros, pistas forestais, etc.

Page 40: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

2. FAMILIA HIRUNDINIDAE

Anduriña común.Golondrina.Hirundo rustica.

Tamaño: 19 cm.

Peso: 120 gr.

Veraneante.

Características: Partes superiores azul escuro, metálico, partes inferiores brancas. A fronte e a gorxa arrubiadas. A cola é gallada e con catro manchas brancas nas catro rectrices exteriores de cada lado, moi longas, sobre todo no macho.

As patas, pés e o peteiro son de cor negra.Conta Secundino Lorenzo na súa páxina

web que é unha ave moi querida en Galicia e dicese que trae sorte. Un conto de Xosé Miranda e Antonio Reigosa, “Cando os animais falaban” conta que:

Page 41: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

“Cando estaba Xesús na cruz, deitando sangue pola fronte e sufrindo as feridas que lle causaban as espiñas da coroa, houbo dous paxariños que llas quixeron ir quitar. Un deses paxariños foi a anduriña. O sangue de Xesús manchoulle o peito, que desde aquela ten encarnado. Máis Xesús bendiciuna. Desde entón, leva a sorte alí onde vai. Cando chega a un país, trae cando ela a primavera. Se aniña baixo un balcón, nesa casa entra a felicidade.”A limentación : Insectos en voo, é característico vela voando ó ras da corrente do río para capturalos.Hábitat: Vive en campos abertos con cultivos, preto de cidades e vilas. É frecuente en zonas costeiras onde observouse un gran descenso no seu número, debido ós insecticidas e á caza ilegal.

Chegan a finais de Febreiro e vanse cara África en Setembro-Outubro, onde invernan.

3. FAMILIA MOTACILLIDAE

Lavandeira branca.Lavandera blanca.Motacilla alba.

Page 42: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Tamaño: 18 cm.

Peso: 23-26 gr.

Sedentaria.

C aracterísticas : O macho adulto (foto inferior), en primavera, ten a cabeza negra contrastando coa fronte, fazulas e unha ampla zona arredor dos ollos de cor branca. O papo, gorxa e parte superior do peito negros e o resto das partes inferiores son brancas, aínda que poden ter un matiz agrisado nos flancos. Caluga negra que queda cortada no lombo gris ata a parte máis baixa do vispiño. Na femia, (foto superior), a cabeza e a gorxa son de cor agrisada escura. Bordes brancos das plumas cobertoiras.

Cola moi longa, de cor negra e as rectrices externas brancas. Patas e peteiro negros. No outono e inverno desaparece a cor negra da gorxa e o papo quedando unha mancha na parte superior do peito que recorda a unha media lúa.

Os paxaros novos teñen o plumaxe matizado de cor parda e en xeral falta a colo negra dos adultos, sobre todo no curuto que é gris como o das femias.

Page 43: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

É característico o movemento da cola arriba e abaixo ou desprégaa mostrando a cor branca das rectrices exteriores. Corre polo chan movendo a cabeza adiante e atrás.Alimentación: Fundamentalmente insectos, vermes e pequenos moluscos. Ten unha visión incrible, é capaz de desprazarse ata 6-7 m. para atrapar un mosquito voando.Hábitat: Sedentaria. En zonas habitadas (poboacións, campos de labor...), preferentemente a carón de regatos, praias, etc. 4. FAMILIA PARIDAE

Ferreiriño común.Carbonero garrapinos.Parus ater.

Tamaño: 11,5 cm.

Peso: 10 gr.

Sedentario.

Características: Facilmente recoñecible pola mancha branca da caluga e polo seu claro e agudo canto. Cabeza negra azulada brillante. Dorso gris azulado e nas alas ten dous riscas claras formadas polas puntas brancas das plumas cobertoiras. Lados

Page 44: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

do pescozo, papo e gorxa negros e o resto branco, cos flancos lixeiramente ocráceos.

Patas e pés agrisados ou azulados e peteiro negro.Alimentación: Insectos (escaravellos, moscas e as súas larvas...) e sementes fundamentalmente de coníferas, aínda que tamén de cardo e outras herbáceas.Hábitat: Bosques de piñeiros e carballos, campos, parques e xardíns. Móvense con grande axilidade polo ramaxe das árbores.

5. FAMILIA PASSERIDAE

Gorrión pardal. Gorrión común.Passer domesticus.

Tamaño: 14,5 cm.Peso: 30 gr.Sedentario.Características: Existen diferencias entre sexos.

Page 45: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Macho: Partes superiores pardas riscadas de escuro e inferiores claras agrisadas. Curuto e vispiño de cor gris escura, caluga de cor castaña e fazulas abrancazadas. Gorxa, zona dos ollos, papo, remeiras e cola negros (Foto superior).

Femia: As femias e os novos carecen de gorxa negra e son de cor parda apagada por riba e branco sucio por baixo. Cabeza parda cunha lista beixe pálida (foto

esquerda). O peteiro nos machos varía coa estación, negro a partir de Febreiro e claro pardento máis amarelo na base de Outubro a Xaneiro. Alimentación: É moi variada e diferente segundo o hábitat que ocupan. Nas zonas cultivadas, sementes; en vilas e cidades, insectos e restos de

vexetais, pan, etc, que atopan nas rúas e prazas. Ademais poden comer froita, larvas, miñocas e arañas.Hábitat: Sedentario. Parques de cidades, terras de cultivo,

rara vez lonxe de zonas habitadas.

Page 46: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

6. FAMILIA TURDIDAE

Paporrubio.Petirrojo.Erithacus rubecula.

Tamaño: 14 cm.

Peso: 16 gr.

Sedentario.

C aracterístic as: É un paxariño repoludo e sen pescozo aínda que no verán e no outono é moito máis esvelto (foto superior). A cor da plumaxe é parda na cabeza e no lombo; arrubiado na fronte, cara, gorxa e peito, bordeado lateralmente de gris. Esta mancha arrubiada, na plumaxe estival é moito máis extensa que na invernal. As partes inferiores son de cor branca e os flancos pardo oliváceo claro.

Page 47: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

As patas son pardas e o peteiro é fino e de cor parda olivácea por enriba e máis pálida por abaixo.

Os paxaros novos teñen as partes superiores beixe, cos bordes e puntas das plumas parda escuras, o que lle da aparencia dun paxaro moi apigarado.

Cando están pousados pódeselles ver coa cola levantada que moven arriba e abaixo coas alas lixeiramente arqueadas e caídas. É característico un continuo movemento encollendose e estirándose.

Para el, a cor vermella é un sinal de alarma polo que cando se encontran dous paporrubios, a súa actitude é intimidatoria e vai a maiores ata que un dos dous fuxe, polo xeral, antes de chegar á loita. Así, para evitar enfrontamentos e delimitar o territorio, utilizan o seu canto

Existe unha lenda popular que conta que este paxariño era de cor parda, pero cando Cristo estaba na cruz compadeceuse del e co seu peteiro quíxolle arrinca-las espiñas da coroa, manchándose todo o peito co sangue de Xesús, quedándolle para sempre esa cor como testemuño da súa boa acción.Alimentación: insectos, vermes, arañas e sementes.Hábitat: Xardíns, sebes, bosquecillos, bosques con maleza...

Curroxo común.Colirrojo tizón.

Phoenicurus ochruros.

Page 48: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Tamaño: 14 cm.

Peso: 17 gr.

Sedentario.

Características: Procedente das montañas, descendeu fai tempo a vilas e cidades.

O macho (foto superior) ten a cabeza, caluga, plumas escapulares e cobertoiras alares de cor gris lousa, que estendese polo lombo. A fronte, os lados da cabeza, gorxa, pescozo e peito son negros. O centro do ventre é branco agrisado. As alas son pardo anegrazadas. Cando está pousado, mostra unhas manchas brancas nas costas que varían moito duns paxaros a outros e coa época do ano.

Ó lonxe, soamente apreciase a súa coloración negra, a cola arrubiada co centro marrón anegrazado, e o ton abrancazado, ( variable entre os distintos individuos), das alas cando están pregadas.A femia (foto dereita) ten as partes superiores, dende a cabeza ata o lombo, de cor parda agrisada. Partes inferiores grises, manchadas de pardo e ventre abrancazado.Ámbolos, macho e femia, teñen a mitra e cola arrubiados. O

Page 49: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

macho ten o peteiro e mailas patas de cor negra, e a femia de cor parda. Ten unha serie de actitudes típicas como pousarse sempre ó descuberto, en postura ergueita e vixiante, movendo a cola continua e rapidamente; correr a saltos polo chan, sobre un muro ou aleiro, con rapidez tal, que recorda a unha lavandeira. Alimentación: Principalmente insectos, arácnidos e cempés; as veces tamén alimentase de bagas.Hábitat: Acantilados mariños, rochedos, praias rochosas e cortados de montañas a tódolos niveis. Tamén dende fai moitos anos, no interior de vilas e cidades, está presente en construccións e edificios vellos de pedra, que atraínos especialmente.

Merlo común.Mirlo común.Turdus mérula.

Tamaño: 25 cm.

Peso: 95 gr.

Sedentario.

C aracterísticas : Existe diferencia entre sexos, xa que o macho é totalmente negro, con peteiro e anelo ocular amarelo

Page 50: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

alaranxado. A femia é de cor parda escura por enriba e parda-arrubiada máis clara por debaixo e o peteiro pardo. Ámbolos dous teñen a cola longa e é característico neles erguela cando están pousados.

A variación individual do canto é moi grande, é difícil atopar dous individuos que canten igual, incluso un mesmo paxaro pode ter tres ou máis formas de cantar. Sen embargo, existen no seu canto uns estribeillos que se transmiten de pais a fillos e xeracións de merlos continúan, nun mesmo territorio, cantando como o fixeron os seus antecesores. Alimentación: Insectos, miñocas, froitos e sementes.Hábitat: Arborados, sebos, xardíns...

Page 51: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

ORDEN PELECANIFORMES

1. FAMILIA PHALACROCORIDAE

Corvo mariño cristado.Cormorán moñudo.Phalacrocorax aristotelis.

Tamaño: 75 cm.

Sedentario.

Características: Plumaxe totalmente negra, con reflexos verdes, soamente apreciables de preto. Gorxa e bordes da boca amarelos. Peteiro negro, afiado e terminado en forma de garfo. Patas de cor negra. Durante o cortexo tanto ó macho como á femia, médralles un moño ou crista curta e dereita. Sexos iguais.

Page 52: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Os recen nacidos son de cor gris escura e cando abandonan o niño a súa cor tornase marrón escura, máis pálidos por debaixo. Ó final do seu primeiro ano, esta cor substitúese por unha plumaxe marrón escura. Cando remata o segundo ano de vida, presentan a plumaxe completa de adultos.

É moi bo nadador, aínda que non pode permanecer moito tempo na auga porque as súas plumas carecen de graxa e móllanse, impedíndolle voar. É por isto que o miramos coa súa característica posición que consiste en permanecer pousado sobre as rochas coas alas abertas ó aire e ó sol, para secalas.

O comezo da estación de cría varía moito segundo o estado do tempo. Fan os niños nas repisas dos acantilados formando colonias, producíndose

grandes loitas entre os machos por consegui-los lugares máis protexidos, tanto das inclemencias do tempo, como dos posibles depredadores de ovos e polos. Son, xeralmente os paxaros vellos, os que se quedan cos mellores sitios.

Page 53: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Alimentación: Peixes que caza mergullándose durante uns segundos na auga.Hábitat: Encontrase case sempre nas costas rochosas.

BIBLIOGRAFÍA

1. ROMAY COUSIDO, C. D. (1995). Aves da costa. Xunta de Galicia. Colección Natureza.

2. PENAS PATIÑO, X. M. (1980). Guía das aves de Galicia. Ed. Galaxia.

3. PETERSON, MOUNFORT, HOLLOM. (1973). Guía de campo de las aves de España y Europa. Ed. Omega.

PÁXINAS WEB

- http://www.ríadenoia.com - http://galeon.com/sloren/vidario0.htm - http://www.seo.org - http://www.sao-albacete.org - http://aves.desdeinter.net - http://www.marenostrum.org/vidamarina

Page 54: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

ÍNDICE DE ESPECIES

Actitis hypoleucos 26

Anas platyrhynchos 10Anade real 10Andarríos chico 26Anduriña común 37Andurón común 14Alavanco 10Apus apus 14Ardea cinerea 28Bilurico bailón 26Calidris alba 22Calidris alpina 23Carbonero garrapinos 40Chorlito gris 16Ciño real 12Cisne vulgar 12Colirrojo tizón 44Columba palumbus 31Cormorán moñudo 48Corneja negra 34Correlimos común 23Correlimos tridáctilo 22Corvo mariño cristado 48Corvo viaraz 34

Page 55: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Corvus corone 34Curroxo común 44Cygnus olor 12Egretta garcetta 29Erithacus rubecula 43Ferreiriño común 40Gaivota chorona 20Gaivota común 18Gaivota escura 19Garza real 28Garceta común 29Garzota 29Gaviota patiamarilla 18Gaviota reidora 20Gaviota sombría 19Gavita 17Golondrina 37Gorrión común 41Gorrión pardal 41Haematopus ostralegus 17Hirundo rustica 37Larus fuscus 19Larus michahellis 18Larus ridibundus 20Lavandeira branca 38Lavandera blanca 38Mazarico curlí 24Mazarico galego 25Merlo común 46Mirlo común 46Motacilla alba 38Numenius arquata 24

Page 56: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Numenius phaeopus 25Ostreiro 17Ostrero euroasiático 17Paloma torcaz 31Paporrubio 43Parus ater 40Passer domesticus 41Pato salvaxe 10Pega rabilonga 35Petirrojo 43Phalacrocorax aristotelis 48Phoenicurus ochruros 44Pica pica 35Píldora cincenta 16Pirlo bulebule 22Pirlo curlibico 23Pluvialis squatarola 16Pombo torcaz 31Rula turca 32Streptopelia decaocto 32Tórtola turca 32Turdus merula 46Urraca 35Vencejo común 14Zarapito real 24Zarapito trinador 25

Page 57: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

ÁrboresÁrbores

Page 58: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Neste capítulo describimos a flora da zona da Reiboa, onde poderemos atopar árbores autóctonas presentes na primeira, segunda e terceira liña do río, cada un deles cumprindo unha importante función dentro do seu hábitat.

Inclúese tamén neste capítulo, árbores que non son autóctonas de Galicia, pero que foron introducidas polo home para a súa explotación comercial, principalmente con fins madeireiros, e que adaptáronse perfectamente ás nosas condicións climáticas e de solo, de xeito que convertéronse en especies moi abundantes na nosa terra.

Neste apartado figura o nome da especie, seguido dunha breve descrición das características máis importantes (follas, flores, froito..), e todo esto ilustrado mediante fotografías que fan máis fácil a súa identificación. Ademais, facemos referencia a certas curiosidades sobre algunhas das especies tratadas.

Page 59: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

FAMILIA BETULACEAE.

Amieiro o Ameneiro.Aliso. Alnus glutinosa.

Son árbores de primeira liña nos ríos galegos, aínda que poden darse noutros lugares sempre que exista auga en abundancia. As súas raíces agarranse moito ó terreo, o que lle permite soportar grandes riadas.

Alcanza ata 25 m. de altura e ten unha idade media de 80 anos.

O tronco é moi recto, curto e groso, coa casca lisa, verde

agrisada, que cos anos fanse gretas e

escurece. Se se corta na base, abrolla

rapidamente. Copa abovedada. As

Page 60: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

polas xóvenes teñen unha disposición ascendente e có tempo son horizontais.

Follas: Son tan longas como anchas. Caedizas, simples, alternas, redondeadas e dobremente dentadas. Son escuras e lustrosas pola face e máis claras polo envés. A caída da

folla prodúcese no outono.

Flores: É unha especie monoica. A floración ten lugar de Febreiro a Marzo. As flores masculinas, dispóñense en amentos colgantes de 2-5 cm., cilíndricos, de cor púrpura apagada no inverno e dende Marzo ata Abril, amarelo escuro. As flores femininas

dispoñense en acios curtos, ergueitos e de cor púrpura escura.

F roitos : O froito é como unha piña pequena de cor parda escura con escamas leñosas. Están bastante tempo na árbore antes de caer. A fructificación prodúcese no outono.

Curiosidades: Os celtas chamabanlle “Fearn” e atribuianlle propiedades protectoras. Coas polas novas facían asubíos para atraer ós Espíritos do aire.

Page 61: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Tamén atribúenselle propiedades medicinais para combate-la febre (infusión da casca en viño branco), a diarrea (decocción da casca) e as hemorroides (cocción da casca para baños de asento).

FAMILIA FAGACEAE

Carballo. Roble.Quercus robur.

Nas ribeiras dos ríos, encontrase na terceira liña. É unha árbore caducifolia, de copa ampla e altura moi variable dependendo do lugar onde se encontra (pode chegar ata 50 m. de altura). Moi común en toda Galicia, forma bosques moi típicos chamados carballeiras sen embargo, é

unha especie en regresión pola influencia humana, xa que substitúese por piñeiro e eucalipto, de crecemento máis rápido.

O tronco é recto, e a casca é de cor agrisada, fisurada en curtas placas estreitas e verticais.

Page 62: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Follas: Son caedizas, simples, alternas, lobuladas e de forma oblongo-obovada. Ten dous aurículas (pequenas orellas) na base. Pecíolo moi curto, de 4 a 10 mm. Presenta 4 ou 5 lóbulos a cada lado, cos bordos ondulados. Fendida ata a metade da distancia ó nervio central, por estreitos seos de bordos redondos. De cor verde escura apagada pola face e pálida polo envés. Este, a miúdo, aparece cuberto de discos pequenos, chamados “agallas”, que son unhas secrecións ca árbore produce para protexerse cando é parasitado por diferentes tipos de insectos.

Flores: Tanto masculinas como femininas dispoñense en amentos, separadas pero na mesma árbore (monoico). As flores masculinas son amentos moi delgados de 2-4 cm. de lonxitude, de cor

amarela pardenta ata que desprenden o pole, a principios de Maio e logo vólvense verde amarela. Flores femininas terminais sobre os novos brotes, de cor parda pálida. Florece en Abril - Maio.

F roito : Reciben o nome de landras ou belotas. É un aquenio ovoide, longo, ó principio de cor verde abrancazada e logo parda escura. Mide entre 1 e 2 cm.

Page 63: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Preséntanse en grupos de 2 a 3, sobre un pedúnculo máis ou menos longo (4-8 cm.) e cunha cúpula escamosa. A fructificación prodúcese no outono.Curiosidades: A súa madeira é dura, de moi boa calidade e difícil putrefacción incluso na auga, polo que utilizase para a construcción de barcos, pipas de viño, etc. Tamén empregase en ebanistería e carpintería.

Posúe propiedades astrinxentes, polo que utilizase contra diarreas; tamén en farinxite e en xeral, para aliviar procesos inflamatorios.

Castiñeiro. Castaño.Castanea sativa.

Árbore caducifolia, moi abundante en Galicia, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense.

Pode alcanzar ata 35 m. de altura. A copa nos individuos xóvenes é cónica, pero co a edade presentase cunha cúpula alta e despregada aconpañada por

moitas cúpulas baixas.A casca é lisa e de cor

gris prateada ó principio e

Page 64: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

parda escura con fisuras lonxitudinais, en árbores vellas.

Follas: Simples, de 10 a 25 cm. de longo, estreitas, alternas, duras. De cor verde escura lustrosa pola face e máis pálida e glabra polo envés. Son moi dentadas e presentan arredor de 20 pares de nervios prominentes e paralelos. O pecíolo é amarelo ou vermello.

Cor outonal amarela pálida en Outubro.

Flores: En amentos. As frores masculinas dispostas en feixes axilares de amentos, de cor amarela

abrancazada, de 25 a 32 cm. de longo. As frores femininas están, xeralmente, dentro dunha roseta de espiñas na base do amento masculino. Florece de Maio a Xuño.F roito : Son as castañas, que aparecen en cúmulos de 2 a 3 nunha cápsula verde amarela clara (ourizo) cuberta de espiñas agudas. Maduran entre Outubro e Novembro.Curiosidades: As castañas utilízanse dende fai moito tempo na alimentación. A madeira é dura e moi utilizada na ebanistería.

Page 65: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

FAMILIA LAURACEAE.

Loureiro.Laurel.Laurus nobilis.

Árbore de folla perenne, que pode alcanzar de 5 a 10 m. de altura.

Dáse en toda Galicia en lugares frescos e húmidos. É moi abundante no litoral e penetra polos ríos cara o interior.

Copa bastante densa. Tronco recto, casca lisa de cor parda verdosa.Follas: Son simples, alternas, lanceoladas e pecioladas. Teñen o bordo enteiro, pero coa marxe ondulada. Coriáceas, de cor verde escura brillante pola face e pálidas polo envés. Son moi aromáticas ó rompelas.

F lores : Trátase dunha especie dioica (as flores masculinas e femininas aparecen en árbores separadas), polo que, as flores son unisexuais. As

Page 66: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

masculinas teñen de 8 a 14 estames e as femininas constan de 4 pétalos.

Todas elas de cor branca verdosa ou amarelas e reunidas en umbelas axilares co pedúnculo curto. A floración prodúcese en primavera.

Froito: É unha baga pequena (1-2 cm.), carnosa e ovoide, primeiro de cor verde e logo negra na madurez.

Curiosidades: As polas de loureiro foron historicamente símbolo da victoria, con elas foron coroados príncipes e poetas. Tamén empregábase para veneralos deuses.

As súas follas son moi usadas como

condimento na cociña.A madeira é moi dura e utilizase en

marquetería e ebanistería, ademais desprende bo olor.

En canto as súas propiedades medicinais, emprégase contra dores reumáticas (o seu aceite) e para problemas de estómago (axuda á dixestión).

As súas ramas cortadas son excelentes para colocar nos armarios, para afastar couzas e outros insectos.

Page 67: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

FAMILIA MIRTACEAE.

Eucalipto. Eucalipto.Eucalyptus globulus.

É unha árbore de gran tamaño orixinaria de Australia. Pode alcanzar 100 metros de altura. Especie de terceira liña dos ríos.

A casca é de cor branca agrisada, moi lisa e escamase en tiras.

A copa é cónica e o tronco cilíndrico coma un

poste.

Follas: Perenne. A folla adulta é falciforme (en forma

de fouce), lanceoladas, longas,- de 20 a 25 cm.-, alternas e de cor verde azulada. Pecioladas e olorosas.

Page 68: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

As follas novas son opostas e elíptico-oblongas, de 10 a 15 cm. Carecen de pecíolo (sésiles).

Flor: Grandes, con cáliz leñoso e estames amarelos. Nacen nas axilas das ramas superiores. Florecen durante o outono e inverno.

Froito: O froito é leñoso. Son cápsulas grandes de 2-3 x 1,5 cm., con forma de trompo e anegrazadas. A cuberta ou tapa presenta unha veladura azul gris. Ábrese por 4 ou 5 valvas, con numerosas sementes.

U tilidades : Das follas frescas obtense un aceite esencial que utilizase para infeccións das vías respiratorias, ten efecto expectorante, balsámico, antiséptico e astrinxente.

Page 69: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

A súa madeira é de moi mala calidade, pouco apta para carpintería e soamente utilizase para papel e postes.FAMILIA PINACEAE.

Piñeiro bravo. Pino marítimo.Pinus pinaster.

Árbore naturalizada en Galicia, moi abundante en bosques puros e mixtos. Atópase preto dos ríos, en segunda ou terceira liña.

Pode alcanzar entre 20 e 40 metros de altura.

As árbores vellas teñen o tronco nu, sinuoso, ramas horizontais e cimas amplas e planas. A casca

ten profundas fisuras estreitas, en pequenas placas cadradas e brillantes.

Follas: Perennes. Son acículas grosas, reunidas en grupos de dous nunha cápsula, longas,- de 15-20 cm.- de cor verde escura.

Page 70: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

F lores e froito : Trátase dunha especie monoica. No lugar de flores, posúe unhas inflorescencias complexas chamadas estróbilos, que constitúen as flores das ximnospermas, normalmente teñen os órganos reproductores dispostos arredor dun eixe central.

Os estróbilos masculinos son amarelos e ovoides, distribuídos ó

longo do tercio inferior dos gromos novos. Desprenden o pole en Xuño.

As flores femininas son ovoides, de 1 cm., de cor rosada escura e dispostas en grupos de 3 a 5 arredor da xema terminal de curtas ramiñas. As piñas son persistentes, dispostas ó longo das ramas en grupos, de base oblicua, sésiles, oblongo-cónicas. De cor parda brillante e tamaño de 10 x 5 cm.. Conteñen sementes provistas dun ala (piñóns).

Utilidades: A madeira (de mala calidade), usase para encofrar na construcción, embalaxes, fabricación de taboleiros e nas fábricas de celulosas.

Page 71: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Do piñeiro extráese a resina, que utilizase para facer augarrás, lacas, vernices e outros productos. Tamén obtense do piñeiro a esencia de trementina.

FAMILIA SALICACEAE

Salgueiro. Sauce ceniciento.Salix atrocinerea.

Esta árbore é moi abundante nas ribeiras dos ríos, formando a primeira liña xunto con amieiros e bidueiros. Tamén está presente en prados e zonas húmidas. Teñen a particularidade de que encóntranse firmemente agarrados ó terreo; esto permítelles frear e atenua-las riadas.

Poden alcanzar os 10 metros, aínda que xeralmente non pasan de 2 ou 3 m. de altura polo que normalmente considéranse árbores pequenas ou arbustos. A copa é redondeada e o tronco, a miúdo, retorto e curto. A casca é parda agrisada ou parda escura e pouco fisurada.

Page 72: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

F ollas : Son caducas, enteiras, ovadas ou ovadas oblongas, de cor verde escura Finamente dentadas, teñen un nervio principal do que saen os nervios laterais unidos entre si en forma de rede. Grandes estípulas na base das follas. Pecíolo curto, de cor vermella escura.

Flores: Posúen flores masculinas e femininas en árbores distintas, (especie dioica), polo que a polinización é levada a cabo polo vento. As flores son unisexuais, verdosas ou amarelas, coa envoltura floral reducida a unha estructura nectarífera. Agrúpanse en amentos laterais.

A floración comeza no mes de Febreiro, aínda que non lle saíron as follas e

prolongase ata Maio.

Page 73: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

F roito : O froito é unha cápsula de 7 mm., de forma ovado-cónica, tomentosa que se abre na madurez por dúas valvas. Sementes pequenas e cubertas de pelos algodonosos. Madura entre Abril e Maio, e a fructificación prodúcese en Xuño.

¿ Quén non empregou algunha vez o termo de “mala herba “?

Nos nosos desprazamentos e estancias na natureza podemos sufrir pequenos accidentes facilmente subsanables se temos preto de nós determinadas plantas. Por elo, neste traballo quixemos deixar constancia destas especies vexetais que, polo xeneral, pasan desapercibidas ante os nosos ollos, e que pódennos aportar, dende a curación dunha ferida ata un substituto do café.

Pero así como nos aportan beneficios, tamén existen plantas tóxicas. Polo tanto, antes de utilizar unha planta, deberemos estar seguros de que é a que necesitamos e en caso de dubida, evita-la súa manipulación. Por elo, durante as nosas saídas a natureza é conveniente levar unha guía que nos facilite a identificación destas especies vexetais, no caso de que teñamos pensado utilizalas.

Neste último capítulo quedan reflectidas as chamadas “malas herbas” localizadas na Reiboa ou nas súas proximidades como muros, camiños...Poderemos ve-la foto da planta, así como a súa descrición e a súa utilidade.

Page 74: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

FAMILIA ARÁCEAS

Cala. CalaZantedeschia aethiopica.

Planta vivaz, que alcanza como máximo 1 m. de altura. Desenrolase a expensas dun talo carnoso subterráneo, o cal serve tamén para a súa

propagación. Este órgano chamado rizoma, ten unha boa capacidade de crecemento, facendo notablemente máis extensas, ano tras ano, as colonias de calas.

Encontrase en lugares sombríos e moi húmidos,

Page 75: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

incluso tolera que os seus talos subterráneos vivan por debaixo da auga sempre que non estea permanentemente estancada. Follas: Son grandes, coriáceas, verde escuro, lustrosas. O limbo ten forma de lanza, ondeado nos seus bordes.Flores: Son moi vistosas. Elévanse ata una altura de 60 cm. sobre un pedúnculo carnoso e no seu ápice están emprazadas as florecillas. As da parte superior e de maior tamaño son as masculinas e por debaixo destas, as femininas. Arredor desta inflorescencia, (chamada espádice), encóntrase unha bráctea en forma de funil ou cucurucho (chamada espata), en xeral de cor branco, crema ou amarelo. Florece de Marzo a Agosto.

FAMILIA BORAGINÁCEAS

Lingua de boi.Lengua de buey.Pentaglottis sempervirens.

Planta perenne, híspida, áspera, erecta. Alcanza entre 30 e 100 cm. de altura. As follas son ovaladas, aguzadas, sen dentar, planas. As inferiores preséntanse nunha roseta basal, de 10 a 40 cm. e cun longo pecíolo de ata 20 cm.

Page 76: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

de lonxitude. As follas superiores son sésiles o sentadas.

As flores preséntanse en inflorescencias densas, moi vellosas, de pedúnculo longo, cadanseu cunha gran bráctea debaixo parecida a unha folla. Dentes do cáliz moi estreitos. As flores teñen cinco pétalos e son de cor azul brillante, có centro branco. Florece desde Abril a Xulio. Os froitos son pequenos, de 1,5 a 2 mm., rugoso-reticulados, de cor anegrazado.

Encontrase en terreos baldíos, bordes de camiños e en lugares húmidos e sombríos.

FAMILIA CARIOFILÁCEAS

Colleja branca.Silene latifolia. Sin.: S. alba. Lychnis alba.

Herba de anual a

perenne, con pelos pegañentos. Alcanza unha altura de 30 a 100 cm.

Page 77: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

As follas son opostas, elíptico-lanceoladas, de 3 a 10 cm. As inferiores son pecioladas e as superiores sésiles.

A inflorescencia bifurcase repetidamente, cunha flor en cada galla. As flores son brancas, de 2,5 a 3 cm., unisexuais e lixeiramente perfumadas. Pétalos profundamente agallados e na zona onde se estreitan teñen unha escama en cada pétalo formando un rabelo. O cáliz aparece moi inchado.

É unha planta dioica. As flores masculinas con dez estames pouco visibles e as femininas con cinco estilos. Florece de Maio a Outubro.

O froito é unha cápsula con dez dentes erectos na parte superior.

Aparece nas terras cultivables, terreos baldíos, bordes de camiños, etc.

Aínda que non se encontraron referencias á toxicidade destas especies, conteñen saponinas, substancias presentes en moitas plantas e que resultan moi tóxicas para algunhas especies animais, como os peixes. Por elo, utilizábanse para pescar en certas zonas, introducindo grandes cantidades destas plantas nos ríos e lagos para adormecer ou matar ós peixes,que con posterioridade capturaban con facilidade.

FAMILIA COMPUESTAS (ASTERÁCEAS)

Cardo borriqueiro. Cardo borriquero.Silybum marianum.

Page 78: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Planta grosa, anual ou bienal, con fortes talos que poden alcanzar entre 30 e 150 cm. de altura. Crece en bordos de camiños e xunto ós muros.

Posúe follas grandes, glabras, de bordos ondulados que rematan en grosas espiñas aceiradas. Son de cor verde escura brillante pola face, con manchas brancas moi marcadas ó longo dos nervios.

O talo remata nunha especie de “alcachofa” con brácteas en forma de espiñas moi agudas, que rodean á flor. Estas son capítulos solitarios, de cor rosa morada. Florece entre Maio e Agosto. Unha vez madura, desenrólanse no interior de esta “alcachofa” as sementes, que certos paxaros consideran deliciosas.

Comestible: As plantas novas poden empregarse en ensaladas ou cocidas coma verduras.

Medicinal: Aprovéitanse só as sementes. Utilizase sobre todo para combater menstruacións moi abondosas, hemorroides sangrantes, hemorraxias nasais frecuentes, etc., xa que é capaz de producir o peche dos pequenos capilares rotos. Tamén empregouse para combater urticarias, rinites alérxica e en xaquecas.

Dente de león.Diente de león.Taraxacum officinale.

Page 79: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Planta herbácea e vivaz.

Follas dispostas en roseta, que varían dende enteiras ata divididas en lóbulos

triangulares e de entre 5 y 25 cm. de lonxitude. Do centro da roseta elévanse os talos ocos, sen follas, e no seu extremo encóntranse as flores amarelas, unha por talo.

A raíz, de aspecto de columna, enterrase ata 30 cm. de profundidade.

Toda a planta ó partila exsuda un látex branco.

Comestible: Utilízanse as follas máis tenras, que recolleitaranse ó inicio da primaveira, antes de que se volvan demasiado amargas, aínda có seu amargor reducirase deixándoas en remollo durante dúas horas.

Pódense comer en ensaladas (como substituto da leituga) ou fervidas. As flores tamén poden empregarse como condimento para elo recolleranse antes de abrir e conservalas en vinagre.

Aporta vitamina A, C e niacina.Bebida: Coa raíz desta planta pódese preparar unha bebida semellante ó café pero sen os efectos secundarios da cafeína. Para elo, sécanse as raíces ó sol ou no forno, sen queimalas. Tóranse e tóstanse nunha tixola removéndoas frecuentemente, finalmente móense.

Page 80: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Medicinal: É un suave laxante. Útil en problemas de fígado (como hepatites, cirroses...), vesícula biliar, gota e artroses.

Manzanilla bastarda.Macela de campo.Anthemis arvensis.

Planta anual ou bianual, moi ramificada, de cor verde agrisada e veluda.As follas están moi divididas en segmentos lineais, semellantes a sedas.

As cabezas florais (capítulos) miden de 1,5 a 4 cm. de diámetro e atópanse solitarias nos

extremos das ramiñas. O centro é amarelo e os pétalos son de cor branca.

É unha planta bastante aromática que lémbranos á macela común, pero temos que ter coidado de non levar as mans ós ollos despois de

Page 81: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

tocala, xa que daranos escozor. É moi abondosa en cultivos e bordos de camiños.

FAMILIA ESCROFULARIÁCEAS

Estralotes.Digital.Digitalis purpúrea.

Moi abundante na Península Ibérica, pode resultar moi perigosa si a manexamos inadecuadamente.

Planta pubescente e lanuxinosa, que pode alcanza-los 180 cm. de altura.

As follas son grandes, ovalado-lanceoladas e de cor verde.

As flores nacen na metade superior do talo, nun acio longo e erecto, todas inclinadas

cara ó mesmo lado e colgantes. Con forma de tubo ou dedal, de 3 a 5 cm. e de cor violeta o purpúreo. Florece de Maio a Xullo.

Page 82: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Medicinal: Antigamente empregábase en insuficiencias cardíacas, polos seus efectos sobre a mecánica do corazón. Na actualidade está en desuso debido a súa alta toxicidade, ademais lográronse sintetiza-los alcaloides que conten esta planta, aínda que o seu uso e prescrición están reservados ós médicos.

FAMILIA LABIADAS (LAMIÁCEAS)

Lamio púrpura. Ortiga muerta purpúrea.Lamium purpúreo.

Planta anual, pubescente, erecta, sen pelos urticantes. Talo cuadrangular, de 10 a 30 cm. de altura, ramificado na parte superior e a miúdo de cor púrpura.

Follas e brácteas de 1 a 5 cm., opostas, veludas, de aspecto parecido as da ortiga. As follas inferiores con

pecíolos pubescentes, de máis ou menos 3 cm. de lonxitude, son veludas e de forma cordada o reniforme, crenato-serradas. As superiores son triangulares e máis aguzadas, de uns 3 cm. de longo, a miúdo tinguidas de púrpura preto da inflorescencia e dispostas no talo formando unha pirámide.

Page 83: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

As flores aparecen en verticilos de 3 a 5 unidades, sésiles e situadas nas axilas das follas. Cáliz pubescente e tubular, con cinco dentes longos e aguzados.

Corola bilabiada, de cor rosa púrpura. Florece de Marzo a Outubro.

Encontrase nas beiras dos camiños, como mala herba en terreos cultivados, e terreos húmidos.

Esta planta desprende un forte cheiro desagradable, cando se refrega.

Amenta de auga.Menta. Mentha aquatica.

Planta perenne, moi común na beira dos ríos galegos. Cheira ben, aínda que o olor é menos intenso ca da verdadeira menta (Mentha piperita de follas de cor máis claro e ten máis vellosidad).

As follas son ovales, lanceoladas, xeralmente de base truncada, pecioladas, opostas, con bordes serrados e de cor verde intenso. Tanto as follas

como o tubo do cáliz das flores, son pilosos.As flores, de cor lilas, brancas ou rosadas, son

pequenas, tubulares e dispóñense en inflorescencias de 2-3 verticilos densos, formando unha cabezuela final de ata 2

Page 84: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

cm. de diámetro, as veces aparecen de 1-3 verticilos por debaixo, distanciados, nas axilas das brácteas. Os pedúnculos e máis a corola son veludos por dentro. Florece de Xuño a Outubro.

Medicinal: As súas principais propiedades son: estimulante (recupera forzas e activa a enerxía do organismo), axuda a eliminar os gases intestinais, antidiarreica.

Utilízanse as follas, flores e talos frescos, normalmente en infusión.

Mentastres.Mentastro. Mentha rotundifolia.

Herba perenne, máis ramificada que outros tipos de mentas. Os talos son veludos e cuadrangulares. Alcanza os 30-80 cm. de altura.

As follas son grosas e engurradas, densamente tomentosas polo envés. Son opostas, pecioladas, redondeadas e dentadas.

As flores están agrupadas en espigas densas, alongadas e terminais. Son pequenas, de cor branquiño ou lila rosado.

Page 85: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Medicinal: Utilízanse as follas, vástagos e flores como estimulante do organismo (recuperación do esgotamento físico y nervioso), en infusión de flores frescas ás que se lle pode engadir mel.

Contra as pulgas é moi efectiva, estendendo os talos, as follas e máis as flores frescas no lugar onde están as pulgas. Estas desaparecerán.

Hortela.Hierbabuena. Mentha sativa.

Planta herbácea, vivaz, rizomatosa e talos ramudos caducos, que pode alcanzar os 60 cm. de altura. O talo é cadrado. Encontrase en terreos húmidos

non cultivados. Propágase facilmente en estado silvestre.As follas, moi aromáticas ó estrullalas, son

pecioladas, opostas, longas, anchas, dentadas e de forma alongada. Veludas por ámbolos dous lados e de cor verde escuro no haz.

As flores son pequenas, numerosas e agrupadas en espigas que se forman na metade do talo e que son de cor

Page 86: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

branco morado. Ten grandes brácteas que semellan follas de maior tamaño. Florece de Xullo a Outubro.

Medicinal: Ten propiedades como estimulante, tónica astrinxente, dixestiva, analxésica e refrescante. Para o dor de cabeza aplícanse as follas de hortela frescas, escaldadas en auga quente, sobre fronte y senes.

Utilizase toda a planta en infusión ( ata 50gr./1 l. de auga).

Tamén empregase para a elaboración de licores estomacais ou dixestivos( a planta fresca).

Para o insomnio se toma en infusión adozada con mel de azahar. Contra o mal alento, enxaugues e contra o prurito producido por picaduras de insectos, aplicarase o talo fresco machucado a modo de cataplasma.

FAMILIA LEGUMINOSAS (FABÁCEAS)

TrevoTrévol blanco.Trifolium repens.

Planta

herbácea, perenne. Alcanza ata 30 cm. de altura. Ten talos erectos ou inclinados.

As follas son trifoliadas, de forma ovalada e con

Page 87: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

manchas brancas en forma de frecha na face. Posúe longos pecíolos foliares.

As flores dispoñense en densas cabezuelas globulares, de cor branco e cun lixeiro aroma a mel. Florecen dende mediados de primaveira ata finais de verán.

O froito é unha vaina con sementes de cor ocre, encerrado na flor seca.

Encontrase en praderías, bordes de camiños, etc.Medicinal: Ás especies de trevo en xeral, e en especial ó trevo violeta (Trifolium pratense), atribúenselle propiedades tonificantes, dixestivas, antisépticas. Utilizase contra os catarros e arrefriados. Normalmente se empregan os talos frescos e tenros, as follas e máis as flores. Contra os catarros, se emprega en infusión de follas frescas á que se lle engade mel e unhas gotas de leite.

Toxo.Tojo. Ulex europaeus.

Arbusto espiñoso moi abundante en Galicia. Alcanza unha altura entre 0,6 e 2 metros. Posúe moitos talos ramificados e asurcados.

Page 88: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Carece de follas propiamente ditas e no seu lugar forma espiñas, da axila das cales, nacen ramiñas transformadas tamén en espiñas. Estas son longas, de 12 a 30 mm., robustas e dereitas.

As flores son lixeiramente olorosas, amarelas, có cáliz veludo e divididas en dous labios tan profundos que case que chegan ata a base.

O froito é de cor anegrazado, moi veludo e con sementes algo tóxicas.

En Galicia hai tres tipos de toxo, as súas floracións ocorren en distintas épocas; por esta razón dixese que o toxo sempre está en flor:

Toxo gateño (Ulex nanus), é o máis pequeno dos tres ( non pasa dos 80 cm. de altura). Florece en outono, dando flores

pequenas.Toxo femia (Ulex galli), máis grande co anterior

(entre 0,50 e 1 m.). Florece a mediados de verán.Toxo arnal (Ulex europaeus), é o máis grande

(entre 1 e 3 m.). Florece dende primaveira a principios de verán.

Na medicina popular, as flores se utilizan contra as enfermidades do fígado, en infusión.

Esta planta utilizase moito en Galicia para botar nas cortes de animais e posteriormente, mesturado có esterco do gando, usase como abono para os cultivos.

Page 89: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

FAMILIA PAPAVERÁCEAS

Herba das verrugas.Celidonea.Chelidonium majus.

Planta vivaz e herbácea. Rizoma groso e carnoso do que saen diversos talos aéreos, moi ramificados e fráxiles, veludos ó pe da planta, logo este pelo escasea e aumenta nos encontros das follas co talo.

As follas son lobuladas (de 3 a 5

lóbulos), divididas en profundos segmentos, verdes na face e verdiazules no envés, alternas.

As flores son amarelas, reunidas en ramalletes de 3 a 6.

Toda a planta produce un característico látex amarelo alaranxado.

A floración prodúcese dende finais de primaveira a finais do verán. As flores son de cor amarelo con catro pétalos ovados e iguales, e numerosos estames. Os froitos aparecen nunhas vainas estreitas e longas.

Atópase en lugares sombreados e frescos, en case toda a Península.

Page 90: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

M edicinal : Non debe usarse internamente pola súa toxicidade. Se utiliza para cauterizar as verrugas aplicando o látex fresco sobre elas tres veces ó día e ir diminuindo paulatinamente ata a súa eliminación. Debese protexer con vaselina a pel circundante á verruga.

Tamén utilizase para eliminar os calos, para elo, vertese 1 litro de auga fervendo sobre 15 gr. de flores e follas e deixase repousar. Coar e verter na auga do baño para pes a 37º C.

FAMILIA PAPILONÁCEAS.

Xesta.Retama. Cytisus scoparius.

Arbusto de ata 2 metros, moi ramificado e pouco foliado no momento da floración. Ramas novas verdes, con cinco costelas lonxitudinais. As follas son pequenas, de dous tipos: na base das ramas do año son

Page 91: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

simples e sésiles; as seguintes pecioladas e trifoliadas, con folíolos ovoides e con pelos apegados ou lampiñas.

As flores son grandes, solitarias ou en parellas nas axilas das follas basais das ramas do ano. Cáliz bilabiado, ancho e acampanado. Corola papilonácea con tódalas súas pezas grandes e vistosas de cor amarelo. Florece durante a primaveira.

O froito é unha legume negra cando madura, comprimida lateralmente e con pelos brancos nos marxes e caras glabras.

Nalgunhas zonas de Galicia adoitase anoar as ramas das xestas para pedir un desexo.

Page 92: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

FAMILIA PLANTAGINÁCEAS.

Correola, lingua de ovella.Llantén menor.Plantago lanceolata.

Planta herbácea, perenne, con follas basais, lanceoladas e pubescentes. Alcanza unha altura de ata 50 cm.

As follas son dentadas, dispostas nunha roseta basal. Posúen cinco nervacións lonxitudinais converxentes que se estreitan e continúan no pecíolo. Teñen forma lanceolada e o limbo é amplo.

De flor moi pequena dispostas en espiga terminal densa, ovoide e globosa, branquiña con anteras branco-amarelentas. Florece dende Abril ata Agosto ou Setembro.

Froito en cápsula, que conten de 4 a 16 grans de cor pardo e forma ovoide

Medicinal: Se utiliza contra varices, hemorroides e eccemas mediante un ungüento elaborado con manteiga.

Page 93: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Para a conxuntivites, utilizase a súa decocción para baños oculares. As picaduras de insectos e máis as feridas trátanse con follas frescas machucadas.

Farinxites e estomatites, mediante gargarismos con mel.

Tamén é un reconstituinte, expectorante e antiasmática (catarros das vías respiratorias altas).

Chantaxe.Llantén mayor. Plantago major.

Planta herbácea, perenne. A súa parte aérea morre cada inverno e surde de novo a mediados da primaveira. Atópase nas praderías e ribazos de todas as terras húmidas de España.

A raíz é grosa e dela nacen tódalas follas

que son moi grandes, en forma dunha lámina ovada con bordes lisos e de 3 a 7 venas principais, moi visibles que soben do rabiño e discorren cara ó extremo da folla.

As flores tamén brotan da raíz, dispostas nunha densa espiga de cor rubio con tons aviñado, ó final de

Page 94: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

longos talos sen follas. Florece na primaveira, a partires de Abril ata o outono.

M edicinal : Posúe practicamente as mesmas virtudes cá correola (P. lanceolata).

Utilizase como astrinxente para atallar diarreas (30 gr. de follas que se ferven durante 10 minutos nun litro de auga).

Tamén é útil para inflamacións de boca e gorxa, mediante enxaugues e gargarexos. As follas escaldadas en auga fervendo favorecen a cicatrización de úlceras varicosas, chagas, etc., así como para combater as hemorroides mediante baños de asento.

Page 95: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

FAMILIA RANUNCULÁCEAS.

Herba de ouro.Botón de oro.Ranunculus repens.

Herba perenne. Talos con estrías, rastreiros, reptantes, e os seus nós enraízan múltiples veces.As follas están profundamente

divididas en tres lóbulos e son de cor verde escuro. As follas basais, con novas divisións, de tres a sete segmentos, a súa vez máis dentados ou divididos.

As flores son de cor amarelo escuro cun brillo ceroso intenso. Teñen 5 pétalos e numerosos estames tamén amarelos. Sépalos despregados. Aparecen asoladas nas axilas das follas. O pedúnculo floral é acanalado. Florece de Maio a Agosto.

Moi común en lugares húmidos de prados, terreos baldíos, camiños, etc.

É velenosa e rexeitada polo gando. Debese de ter especial coidado cos nenos, xa que é moi atractiva para eles.

Page 96: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

FAMILIA ROSÁCEAS

Silvas.Zarza.Rubus fruticosus.

Planta espiñosa que pode alcanzar os 2 metros de altura. As follas son imparipinnadas, dentadas e con espiñas. As flores son brancas ou rosadas, con cinco pétalos,

cinco sépalos e multitude de estames.As baias son

primeiro verdes, logo vermellas e cando maduran, entre Xuño e Setembro, de cor negro. Estas baias son coñecidas como moras e son un dos froitos silvestres máis ricos.

De novo nos encontramos ante unha mal chamada “mala herba”, xa que pode ser utilizada como:

Comestible: As moras posúen vitamina C, provitamina A, calcio, ferro. Pódense consumir soas, con iogur, xeado, en

Page 97: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

forma de marmelada, tartas e distintos prostres. Como exemplo da súa utilidade na alimentación e debido a que como comentamos antes, é un dos froitos silvestres máis ricos, deixaremos constancia desto cunha sinxela receita.

Marmelada de moras:

2 Kg. de moras.Zume de 1 limón.¼ Kg. de sucre.

Ferver a metade das moras nun cazo con pouco auga e filtrar cun pano, estrullandoo para saca-lo maior xugo posible. Este xugo mesturase có resto dos ingredientes e quentase ata que ferva durante uns trinta minutos.

Para saber si está lista botase unha gota da marmelada nun vaso de auga, se chega ó fondo sen diluírse, está lista.Bebidas: Prepáranse licores deixándoas macerar en augardente, coñac, etc. Té (engadir auga fervendo as follas, deixase repousar uns minutos e colase).Medicinal: Fervida utilizase en inflamacións de enxivas e mucosa bucal, mediante enxaugues.

Para úlceras se utiliza unha cataplasma coas follas machucadas, ou ben unha compresa coa decocción (tres ou catro culleradas de follas nun pouco de auga). A decocción tamén se utiliza en afecciones intestinais.

FAMILIA UMBELÍFERAS

Page 98: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Fiúncho.Hinojo.Foeniculum vulgare.

Planta de aspecto plumoso, perenne, lampiña, erecta, con talo sólido, estriado, brillante e oloroso. Alcanza ata 2 m. de altura.

As follas son repetidamente pinnadas, en folíolos de cor verde céreo, longos, semellantes a febras, non todos nun plano.

As flores están dispostas en umbelas con 4-30 radios, moi desiguais e xeralmente sen brácteas. Flores de 1 a 2 mm. de anchura, de cor amarelo brillante. Florece de Xullo a Outubro.

É moi abondoso e aparece en acantilados, en terras baldías preto do mar, etc.Comestible: É unha planta moi aromática e de sabor semellante ó anís. A raíz, carnosa, comese en ensalada ou fervida. O peixe fervido, pódese aromatizar cunhas follas de fiúncho.

Os talos frescos chupados, deixan un agradable sabor de boca e refrescan o alento. As sementes pódense utilizar como condimento e son moi apreciadas en infusión.

Page 99: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

M edicinal : As raíces, as follas e máis os froitos utilízanse para aliviar a bronquites (tisana de raíz), a diarrea (infusión de raíz), a tose (en xarope feito co xugo da planta fresca, trochada, exprimida e mesturada con mel), os gases intestinais (en infusión de follas ou sementes) e os problemas gástricos en xeral.

Tamén é diurético, e a súa infusión é útil para lavados de ollos cando están conxestionados.

É unha das sete plantas básicas para facer o ramillete que elimina os malos espíritos na noite de San Xoán.

Oenanthe sp.

As plantas do xénero Oenanthe son umbelíferas, lampiñas, que xeralmente encóntranse na auga ou en lugares húmidos.

Posúen talos máis ou menos inchados,

acaballonados. Alcanzan alturas comprendidas entre 30 e 150 cm.

Page 100: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Follas pinnadas 2-4 veces, de contorno triangular, con folíolos lineais ou ben con forma de cuña na base, con dentes afiados na parte superior.

As flores están dispostas en umbelas con moitos radios, maioritariamente con pedúnculo longo, brácteas e bractéolas abundantes, moi estreitas. As flores son de cor branco, de 2 mm. de diámetro, e con pétalos desiguais.

Todas son velenosas y O.crocata (Pé de boi, en galego e Nabo del diablo, en castelán) é mortal.

FAMILIA URTICÁCEAS.

Herba do cego ou Estrugas.Ortiga. Urtica sp.

Abundante nas beiras dos ríos. Florece entre Xuño e Setembro. As flores

masculinas e femininas poden ir na mesma planta ou en pes distintos.

Os talos e máis as follas están recubertos duns peliños que ó contacto coa pel segregan unha substancia que causa irritación.

En Galicia hai tres especies:

Page 101: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Urtica urens: É anual e chega ós 70 cm. As follas miden de 1 a 4 cm. Presenta unhas espigas nas axilas, nas que hai flores masculinas e femininas mesturadas. Florece na primaveira e na metade de outono.

Urtica dioica: Vive varios anos. As follas de entre 3 e 12 cm. e o pecíolo é moito máis curto que o limbo, que é ovado, algo acorazonado e de bordes serrados. Leva dúas estípulas en cada pecíolo. As flores dispostas en

espigas e en diferentes pes, as masculinas e as femininas.

Urtica membranacea: Anual. Sobre 70 cm.

Page 102: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

de altura. Ó lado de cada pecíolo leva unha estípula ovada. As flores masculinas van en espigas nas follas superiores e as femininas nas inferiores.

Posúe unha gran cantidade de virtudes: alimento, aplicacións medicinais, usos téxtiles, incluso si es supersticioso darache coraxe.

Comestible: Brotes tenros e follas. As propiedades urticantes desaparecen coa cocción ou doce horas despois da recolleita. A forma máis fácil de preparalas é fervidas, aínda que tamén pódense degustar en tortillas, sopas, purés..., de calquera forma a estruga apórtanos ferro, silicio, grande cantidade de proteínas e vitaminas A, C y K, ademais dunha grande cantidade de clorofila. Sempre débense rexeitar as sementes ó facer calquera prato ou infusión.

Coas follas de estruga, xunto có dente de león e máis a celidonia menor, poderemos preparar unha excelente ensalada de primaveira.

Medicinal: Debido as súas propiedades vasoconstrictoras, é útil para cortar hemorraxias nasais, introducindo pola nariz unha gasa ou algodón empapado no seu xugo.

En infusión ou ben o seu xugo, utilizase polas súas propiedades depurativas (purifica o sangue e axuda a elimina-los desperdicios), diuréticas (colabora na depuración do sangue ó eliminar as toxinas) e alcalinizantes (provoca a alcalinización dos fluídos orgánicos, especialmente sangue e urina, facilitando a eliminación de residuos ácidos que poden producir algunhas enfermidades. Tamén é útil en afecciones hepáticas, reumáticas, gota, cálculos renais, etc.

BIBLIOGRAFÍA

Page 103: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

1. ROSE FRANCIS. (1987). Clave de plantas silvestres. Ed. Omega.

2. MITCHELL ALAN. (1985). Guía de campo de los árboles de Europa. Ed. Omega

3. ANTELO DOCAMPO P., PENAS PATIÑO X. (1993). As plantas medicinais. Ed. IR INDO Edicions, S.A.

4. SCHAUENBERG P., PARIS F. (1980). Guía de las plantas medicinales. Ed. Omega.

PÁGINAS WEB

- http://plantes.sauvages.free.fr .- http://www.ct-botanical-society.org - http://www.gardenbed.com .- http://galeon.com/yerba2001/fichas - http://perso.wanadoo.es/elperic - http://www.zonaverde.net - http://www.arborium.net/up - http://www.vc.ehu.es/plfarm - http://members.fortunecity.es/natura2001/plmd - http://www.botanical-online.com

Page 104: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

ÍNDICE DE ESPECIES

Aliso 56Alnus glutinosa 56Amenta de auga 83Amieiro, Ameneiro 56Anthemis arvensis 80Botón de oro 95Cala 73Carballo 58Cardo borriqueiro 77Cardo borriquero 77Castanea sativa 60Castaño 60Castiñeiro 60Celidonea 89Chantaxe 93Chelidonium majus 89Colleja blanca 75Correola 92Cytisus scoparius 90Dente de león 78Diente de león 78Digital 81Digitalis purpurea 81Estralotes 81Estrugas 101Eucalipto 64Eucaliptus globulus 64Fiuncho 98

Page 105: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Foeniculum vulgare 98Herba das verrugas 89Herba de ouro 95Herba de cego 101Hierbabuena 85Hinojo 98Hortela 85Lamio púrpura 82Lamium purpureum 82Laurel 62Laurus nobilis 62Lengua de buey 74Lingua de boi 74Lingua de ovella 92Loureiro 62Llantén mayor 93Llantén menor 92Macela de campo 80Manzanilla bastarda 80Menta 83Mentastres 84Mentastro 84Mentha aquatica 83Mentha rotundifolia 84Mentha sativa 85Oenanthe sp. 100Ortiga 101Pentaglottis sempervirens 74Pino marítimo 66Piñeiro bravo 66Pinus pinaster 66Plantago lanceolata 92

Page 106: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Plantago major 93Quercus robur 58Ranunculus repens 95Retama 90Roble 58Rubus fructicosus 96Salgueiro 68Salix atrocinerea 68Sauce ceniciento 68Silene latifolia 75Silva 96Silybum marianum 77Taraxacum officinale 78Tojo 87Toxo 87Trébol blanco 86Trevo 86Trifolium repens 86Ulex europaeus 87Urtica sp. 101Xesta 90Zantedeschia aethiopica 73Zarza 96

GLOSARIO DE TERMINOS BOTÁNICOS

Page 107: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

Glosario

A- ACÍCULA: (lat. acicula = agulla pequena). Follas de moitas ximnospermas, que son follas longas, moi delgadas e aguzadas. Tamén reciben o nome de agullas.

Page 108: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- ACICULAR: Órgano moi estreito, longo e ríxido, de sección circular (con forma de agulla). Por exemplo, as follas ou acículas.

- ACIO: Inflorescencia con flores provistas de pedúnculos de lonxitude semellante e que xurden a distintas alturas.- ACUMINADO: Rematado nunha punta ou saliente fino especial.

- “AGALLA”: Tumor con aspecto variado (esférico, feixes de filamentos...) que presentan algunhas plantas tras ser picadas por insectos.- ALAS: Expansións aplanadas. Na flor das leguminosas, os dous pétalos laterais, iguais e libres.- ALTERNAS: Follas que nacen solitarias en cada nó.- AMENTO: (lat. amentum = correa para suxeitar un dardo). Inflorescencia densa, pouco vistosa, máis ou menos colgante, con flores apétalas e unisexuais.- ANDROCEO: (gr. aner, andros = home, varón). Conxunto dos estames dunha flor.

- ANXIOSPERMAS: (gr. angeion = vaso + sperma = semente). Grupo de plantas vasculares comprendido dentro das espermatófitas.- ANTERA: ( gr. anthos = flor). Parte terminal avultada do estame, que contén o pole.

- ANUAL: Planta que dura menos dun ano, dende a súa xerminación ata que seca.- AOVADO: Con forma (froito) ou perfil (folla) de ovo.

- APÉTALA: ( a = sen + petalon = pétalo). Flor desprovista de pétalos.- ÁPICE: Extremo superior dun órgano ou planta.

Page 109: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- AQUENIO: (gr. a = sen + haino = abrirse). Froito seco indehiscente e monospermo, xeralmente pequeno e coas paredes non lignificadas.- ASERRADO: Marxe dunha folla provisto de dentes erguidos.

- AURÍCULA: Apéndice do limbo foliar, en forma de orella, situado na base dalgunas follas.- AXILA: Fondo do ángulo que forma a parte superior dunha bráctea, folla, etc., co talo onde se insire.

B- BAGA: Froito completamente carnoso, desprovisto de tabiques leñosos. Adoitan ser esferoides ou ovoides, a miúdo de cores intensas ou chamativas.- BILABIADO: Provisto de dous labios. Aplicase sobre todo a cálices e corolas divididos en dous metades similares a unha boca.- BRÁCTEA: (lat. bractea =lámina de metal). Folla máis ou menos especializada, modificada na súa forma, tamaño, cor..., e que na súa axila nacen as flores ou inflorescencias.

C- CÁLIZ: Conxunto dos sépalos da flor.- CAPÍTULO: Inflorescencia típica da familia das compostas, aínda que non exclusiva destas, e que caracterízase porque o seu aspecto externo é como o dunha flor sinxela. Está formada por un pedúnculo que se ensancha na súa parte superior formando un receptáculo onde están as verdadeiras flores.

Page 110: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- CÁPSULA: (lat. capsula = caixa pequena). Froito seco, formado por varios carpelos soldados, que é polispermo e dehiscente.- CARPELO: (gr. karpos = froito). Folla modificada que forma parte do xineceo das flores. Porción do ovario ou parte feminina da flor.- COMPOSTA: Folla dividida en foliolos independentes.- CORIÁCEO: Órgano ou estructura ríxida e firme.

- CORIMBO: ( gr. korumbos = acio, cima). Inflorescencia con flores pedunculadas que nacen a distinta altura e chegan a niveis similares.- COROLA: ( lat. corolla = corona pequena). Conxunto dos pétalos da flor.- COTILEDÓN: (gr. kotiledon = cavidad en forma de vaso; polo aspecto da primeira folla do embrión). A primeira folla xerminal do embrión dunha planta, que é a que contén as reservas nutritivas ou de protección da nova planta.

- CUNEADO: Con aspecto de cuña. En alusión á base foliar refírese a que ésta vaise estreitando paulatinamente.

- CUNEIFORME: En forma de cuña pola base, estreitándose regularmente ata o pecíolo.

D

- DEHISCENTE: Froito que ábrese ó madurar sobre a planta, liberando as súas sementes.

- DIALIPÉTALA: ( gr. dialuo = disolver, separar + cast. pétalo). Díse da corola de pétalos libres ou separados.

Page 111: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- DICOTILEDÓNEA: ( gr. dis = dos + cast. cotiledón). Plantas angiospermas que se caracterizan por tener los embriones con dos cotiledones, raíz axial, estructura secundaria y hojas pecioladas.

- DIOICA: ( gr. dis = dous + oikos = casa). Planta con flores unisexuais que preséntanse separadas en pés masculinos ou femininos.

E- ENTRENÓ: Parte do talo situada entre a inserción de follas consecutivas.

- ENVÉS: ( lat. inversum = revés). Cara inferior das follas.

- ESCOTADO: Provisto dunha pequena abertura ou entrante no ápice.

- ESPÁDICE: Inflorescencia especial con flores unisexuais, pouco vistosas, dispostas en espiga sobre un eixe engrosado que rodease dunha gran bráctea ou espata.- ESPATA: Bráctea ou par de brácteas que envolve unha inflorescencia completa (xeralmente espádice) que se abre en maior ou menor medida.- ESPERMATÓFITAS: ( gr. sperma, -atos = semente + futon = planta). Grupo de plantas vasculares que alguns autores consideran como unha división escindida a súa vez en dous subdivisións: ximnospermas e anxiospermas. As clasificacións actuáis non lle conceden esta categoría sistemática, pois desagregóuse en seis divisións distintas. Son as fanerógamas. Caracterízanse por presentar flores e sementes.

Page 112: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- ESPIGA: Inflorescencia provista de flores sentadas dispostas sobre un eixe máis ou menos alongado.- ESPORAS: ( gr. spora = semente). Pequenos órganos reproductores dos fentos, brións, fungos, etc.

- ESPORÁNXIO: ( gr. spora = semente + angeion = vaso, recipiente). Órgano no que se producen e almacenan as esporas.- ESTAMES: Pezas que constitúen o androceo da flor. Xeralmente formados por un filamento e unha antera, e que a súa misión é a de formar o pole.- ESTÍPULAS: Apéndice normalmente laminar que preséntase a ambos lados da base foliar en algunhas follas.

- ESTRÓBILO: ( gr. strobilos = piña dos piñeiros). Fructificación máis ou menos leñosa propia das ximnospermas.

F - FACE: Cara superior das follas.

- FALCIFORME: Folla curvada cara os lados, en forma de gadaña ou fouce aberta. Por exemplo, a folla do eucalipto.

- FANERÓGAMAS: (gr. faneros = visible, manifesto + gamos = unión). Ver espermatófitas.- FOLIÁCEO: Con aspecto de folla.

- FOLIOLO: Unidades con apariencia de folla complexa que constitúen as follas compostas.

G

- GLABRO: Planta ou estructura completamente desprovista de pelos.

Page 113: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

H- HERMAFRODITA: Planta ou flor que dispón de xineceo e androceo.- HIRSUTO: Cuberto de pelos máis ou menos ergueitos e algo ásperos ó tacto.

- HÍSPIDO: Cuberto de pelos longos e ríxidos.

I- IMPARIPINNADA: Folla pinnadamente dividida nun número impar de folíolos.

- INDEHISCENTE: Froito que non abre sobre a planta, caendo da mesma coas sementes dentro.

- INFLORESCENCIA: Conxunto formado polas flores e as polas sobre as que se desarrollan.

- INVÓLUCRO: Conxunto de brácteas situado preto das flores e que as rodea en maior ou menor grao. Calquera órgano vexetal envolvente.

L- LANCEOLADO: Órgano ou estructura plana, alongada e aguda que vai estreitándose dende a base ó ápice.

- LÁTEX: Líquido viscoso branco, amarelo ou vermello que flúe das feridas dalgunhas plantas.

Page 114: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- LEGUME: Froito seco monocarpelar polispermo que abre por duas valvas.- LIMBO: ( lat. limbus = cinta, franxa). Parte aplanada ou ensanchada das follas. A folla excluído o pecíolo.

- LOBULADO: Recortado ou dividido en lóbulos.- LÓBULO: Segmento dunha folla ou pétalo, separado dos segmentos adxacentes por seos.

- LUSTROSA: Que brilla. Brillante.

M- MICRÓFILO: Folla pequena e uninervia.

- MONOCARPELAR / MONOCARPIO: Froito constituído por un só carpelo.- MONOICA: ( gr. monos = único + oikía =casa). Planta con flores unisexuais, dispoñéndose as femininas e as masculinas no mesmo individuo.- MONOSPERMO: ( gr. monos = único + sperma = semente). Froito que ten unha soa semente.

N- NÉCTAR: Líquido azucrado dun alto valor enerxético que prodúcese nos nectarios das flores. Constitúe a base do mel cando é libado polas abellas.- NECTARIOS: Órganos capaces de segregar néctar. - NERVIO: Cada unha das febras engrosadas ou liñas visibles nunha folla, pétalo, etc., que contén os vasos ou tubos que conducen a auga ou o alimento.

Page 115: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- NÓ: Punto dun talo ó que está unido unha folla, un par de follas ou un verticilo de follas.

O

- OPOSTAS: Follas que nacen por pares en cada nó, unha frente a outra.

- OVARIO: Parte inferior engrosada, portadora dos óvulos no xineceo da flor.- ÓVULO: Cada unha das unidades que presenta no seu interior o xineceo inmaturo, das que se formarán as sementes.

P - PAPILIONÁCEA: Díse da corola dialipétala, que consta dun pétalo posterior groso, dous pétalos laterais e dous inferiores ou internos. - PARALELINERVIA: Folla que ten as súas nervaduras paralelas.

- PECIOLADA: Folla provista de pecíolo.- PECÍOLO: Pedúnculo que une o limbo da folla ó talo.

- PEDÚNCULO: Talo que sostén unha flor ou unha inflorescencia.- PELTADA: Folla con limbo redondeado e que o seu pecíolo insertase no centro do envés.- PERENNE: Planta que vive máis de dous anos.

- PÉTALOS: Pezas máis ou menos vistosas ou coloreadas que constitúen a corola.- PINNA: Últimas unidades nas que se dividen as follas pinnadas.

Page 116: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- PINNADA: Folla na que os lóbulos, nervaduras, etc. xurden paralelamente en duas filas a ámbolos lados do nervio medio, a alturas diferentes. Folla con folíolos a cada lado do pedúnculo central ou raque.

- PINNATISECTA: Folla co limbo pinnadamente dividido ata a súa base.

- POLE: ( lat. pollen, -inis = flor da fariña). Po que se encontra no interior dos sacos polínicos das anteras, e que fecunda a semente nas espermatófitas. - POLISPERMO: Froito que contén varias sementes.

- PUBESCENTE: Cuberto de pelos, xeralmente curtos e suaves.

R- RAQUE: Pedúnculo central dunha folla composta ou dunha inflorescencia.- RECEPTÁCULO: Díse do final avultado dun pedúnculo que leva unha flor.

- RIZOMA: ( gr. rizoma = raigambre, raíz). Talo subterráneo que nace máis ou menos paralelo á superficie da terra, emitindo periodicamente talos aéreos con follas.

- ROSETA: Conxunto de follas, xeralmente na base da planta, que se dispoñen todas xuntas á mesma altura.

Page 117: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

S

- SACOS POLÍNICOS: Estructuras que se atopan no interior das anteras e que conteñen os grans de pole nas espermatófitas.

- SÁMARA: Froito seco monospermo, indehiscente, provisto dunha extensión membranosa alada que facilita a súa dispersión.

- SENTADO: Desprovisto de pedúnculo algún.- SÉPALO: Pezas xeralmente verdosas e membranosas que constitúen o cáliz da flor.- SÉSIL: Ver sentado.

- SILICUA: Froito seco polispermo formado por unha cápsula con dous carpelos soldados e separados por un falso tabique hialino medio, que divide o froito en dous. Característico das crucíferas.

T - TOMENTO: Conxunto de pelos moi entrelazados entre sí, e que forman un tapiz continuo sobre a epidermis dunha planta.

- TOMENTOSO: Cuberto de tomento.

Page 118: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

- TUBÉRCULO: ( lat. tuberculum = tumor pequeno). Engrosamento do talo, xeralmente subterráneo, para o almacén de substancias nutritivas de reserva.

U- UMBELA: (lat. umbella = quitasol). Inflorescencia na que os pedúnculos nacen dun mesmo punto e alcanzan igual altura.

- UNISEXUAL: Que ten un só sexo, masculino ou feminino, con inflorescencias formadas completamente por flores masculinas ou femininas nunha árbore.

V- VAÍÑA: Base da folla, a veces ensanchada ou rodeando copletamente ó talo. Envoltura dun órgano. Lámina ou membrana que envolve algunhas sementes.- VALVA: Cada unha das unidades en que queda dividido un froito lonxitudinalmente dehiscente ó abrirse.- VERTICILO: Disposición de tres ou máis órganos situados á mesma altura ó redor dun eixe.

- VIVAZ: Ver perenne. As veces, nun sentido restrinxido, planta con órganos perennes subterráneos.

Page 119: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo

X- XIMNOSPERMAS: (gr.gumnos = nu, sen protección + sperma = semente). Grupo de plantas vasculares que, segundo algúns autores ten rango de subdivisión, pero que segundo as clasificacións actuáis non tería categoría taxonómica. Comprende plantas leñosas que se caracterizan principalmente por ter sementes nudas.

- XINECEO: (gr. gune, -aikos = muller). Parte máis inferior da flor, formada polos carpelos, e que contén os óvulos.

Page 120: e aves da Reiboa · Todo isto da lugar a unha variedade de aves (limícolas, insectívoras, granívoras...) e flora que coñeceremos ó longo deste traballo, que ten como obxectivo