Upload
mackerel100
View
679
Download
8
Embed Size (px)
Citation preview
ENTREGA DE DIPLOMAS MONFEROSOLIDARIO 2013-2014
O curso académico 2013-2014 toca ao seu fin, e non quixeramos deixar de facer
agradecementos múltiples a todos aqueles e aquelas que fixeron de Monferosolidario non un soño ou
utopía, senón unha realidade materializada día a día en cada recuncho da nosa escola.
O venres 20 foi unha xornada moi completa na que solapáronse as nosas obrigas como
anfitrións, responsables, mestres de cerimonia, etc. Para que vos fagades unha idea, fixemos a primeira
hora da mañá un mini-ensaio co alumnado de 3º da ESO para a Gala de Fin de Curso, apuramos ao noso
ordenador para renderizar varios vídeos que ían ser exhibidos, rebuscamos no noso disco duro algunhas
imaxes para completar os power points de despedida… Entre tanto chegaron os nosos amigos de
Entreculturas para ir preparando a divertida Gymkana Solidaria, saudamos e recibimos a antigos
mestres (Dopico e García) que se unían á celebración e aproveitaban a visita para seren entrevistados
polos reporteiros de Ayuda en Acción, acompañados da profe Yoli que gravaba o making-off… A
Gymkana da comezo, e non rematara cando recibimos a Mª José Tejeras e dúas compañeiras de Ayuda
en Acción, para poder definir os puntos centrais da memoria que avalía o noso convenio de
colaboración con esta organización…
Podédesvos imaxinar como andabamos… coa lingua de fora… e a Gala que da o seu inicio!!! Pero
grazas a tantas visitas e acontecementos simultáneos deron pé a ter alí presentes a varios dos axentes
que recibiron o seu ben merecido diploma:
Premio “Apoio Incondicional” ao Equipo Directivo do CPI Virxe da Cela.
Premio “Novos Valores” á AMPA do CPI Virxe da Cela pola súa participación e implicación no Proxecto Marco
de Colaboración do CPI Virxe da Cela, AMPA e Ayuda en Acción.
Premio “Traballo de Colaboración” a Entreculturas, pola iniciativa Rede da Mocidade Entreculturas e a
realización de xogos e dinámicas no CPI Virxe da Cela.
Premio “Traballo de Colaboración” a Ayuda en Acción pola iniciativa “Proxecto Marco de Colaboración entre o
CPI Virxe da Cela, AMPA e Ayuda en Acción”
Premio “Boas Prácticas Educativas” a Mª José Fandiño pola iniciativa “Elaboración de Xabóns Solidarios”.
Premio “Boas Prácticas Educativas” a Pedro García pola elaboración de materiais didácticos para combatir a
pobreza e a desigualdade no mundo.
Premio “Iniciativas Emprendedoras” á clase de 1º da ESO pola elaboración de obxectos de fieltro para a
campaña “Emerxencia en Filipinas”.
Premio “Iniciativas Emprendedoras” á clase de 3º da ESO polas campañas “San Valentín 2014”, “Xabóns
Solidarios” e “Camisetas Monferosolidario”.
Premio “Boas Prácticas Xornalísticas”, para Gabriel e Celia por Mini-reportaxe Monferosolidario para Ayuda
en Acción.