17
CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais centros especiais de emprego

CONSELLERÍA DE TRABALLO Dirección Xeral de Relacións Laborais€¦ · lizan un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións de mercado e que teñen por fi nalidade

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

CONSELLERÍA DE TRABALLODirección Xeral de Relacións Laborais

centrosespeciaisde emprego

Que son? O titular

Requisitos

Creación Centros sen ánimo de lucro

Obrigas

As medidas de apoio Regulación legal

Enderezos de utilidade

centrosespeciaisde emprego

Imprime: Cograf – Santiago

Depósito Legal: C-1197-07

índicece

ntro

s es

peci

ais

de emprego

1 Que son?

2 O titular

3 Requisitos que debe cumprir

4 Creación

5 Centros sen ánimo de lucro

6 Obrigas

7 As medidas de apoio

8 Regulación legal

9 Enderezos de utilidade

índicece

ntro

s es

peci

ais

de emprego

1 Que son?

2 O titular

3 Requisitos que debe cumprir

4 Creación

5 Centros sen ánimo de lucro

6 Obrigas

7 As medidas de apoio

8 Regulación legal

9 Enderezos de utilidade

1

que son?Os centros especiais de emprego son aquelesque rea-lizan un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións de mercado e que teñen por fi nalidade a integración das persoas con discapacidade ao réxime de traballo normal, asegurando un emprego remunerado á vez que e a prestan os servizos de axuste persoal e social que requiran estes traballadores. A súa estrutura e organi-zación será similar ás das empresas ordinarias.

Consideraranse como traballadores con discapacidade, aquelas persoas que teñan recoñecido polo órgano com-petente un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento.

cent

ros

espe

ciai

s de

em

pre

go

2

o titular do centro especial de empregoOs centros poderán ser creados por administracións públi-cas ou por persoas físicas, xurídicas ou comunidades de bens, que teñan capacidade xurídica e de obrar para ser empresarios.

3

requisitosque debe cumprirA posta en funcionamento ou o recoñecemento dos cen-tros especiais de emprego, requirirá autorización adminis-trativa e inscrición no rexistro administrativo especial, que será outorgada pola dirección xeral competente en mate-ria de relacións laborais, previa solicitude do interesado e acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente.

Deberan cumprir os seguintes requisitos e circunstancias:

a) Acreditar a personalidade do titular do centro.

b) Xustifi car mediante o oportuno estudio económico as posibilidades de viabilidade e subsistencia do cen-tro, en orde ao cumprimento dos seus fi ns.

c) O seu cadro de persoal debe estar constituído por traballadores con discapacidade, en porcentaxe non inferior ao 70 % sobre o total, con contrato laboral formalizado por escrito conforme á normativa regu-ladora da relación laboral de carácter especial.

d) Prever a integración do persoal técnico e de apoio coa titulación profesional adecuada que a actividade do centro precise no seu cadro de persoal.

e) As persoas con discapacidade que integren o cadro de persoal deben prestar servizos dun xeito ade-cuado á súa capacidade de traballo e de maneira que as súas posibilidades de integración sexan reais e efectivas.

f ) O centro deberá contar cunha estructura e organi-zación empresarial propia, independente e debida-mente diferenciada doutras actividades do titular ou de persoas vinculadas por calquera título a este.

cent

ros

espe

ciai

s de

em

pre

go

4

creaciónOs interesados na creación dun Centro Especial de Emprego, deberán dirixir unha solicitude á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo solicitando a autorización e inscrición do centro no Rexistro Admi-nistrativo de Centros Especiais de Emprego, xuntando a documentación que de seguido se relaciona:

a) Fotocopia compulsada da escritura de constitución ou documento fundacional do titular debidamente inscrito no rexistro público correspondente e D.N.I. do representante legal para as persoas xurídicas, ou D.N.I. no caso de persoas físicas.

b) Fotocopia compulsada da alta na seguridade social como empresa

c) Memoria e estudio económico sobre as posibilidades de viabilidade e subsistencia do centro, que deberá especifi car os seguintes extremos:

Obxectivos e actividades que desenvolve o cen-tro

Características e circunstancias organizativas e materiais, explicitando tódolos recursos que con-tribúan ó sostemento do centro.

Resultados económicos previstos para o exercicio corrente e os cinco seguintes, con detalle das esti-macións realizadas.

Previsións de integración do persoal técnico e de apoio.

cent

ros

espe

ciai

s de

em

pre

go

d) Certificación relativa ós centros de traballo para os que se solicita a cualificación, especificando a súa ubicación, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de traballa-dores con discapacidade. No caso de existir persoal dedicado a prestación de servicios de axuste persoal e social, deberán identificarse e detallar a labor que realizan.

e) Contratos de traballo do persoal con discapacidade, segundo o modelo oficial establecido pola normativa específica.

f) Resolución motivada dos equipos de valoración na que se determinen as posibilidades de integración real e capacidade de traballo do persoal con discapa-cidade en relación coas funcións do posto de traba-llo.

g) Xustificante de pago de taxas por inscrición en rexis-tros oficiais

O servicio competente comprobará se a documentación presentada reúne os requisitos esixidos na lexislación apli-cable, podendo solicitar informe á Inspección de traballo e seguridade social sobre todos aqueles extremos que podan incidir na autorización como centro especial de emprego. O procedemento de autorización finalizará por medio de resolución pola que se autorice ou se denegue a inscrición como centro especial de emprego.

5

centros especiais de emprego

sen ánimo de lucroPoderán ser cualifi cados como centros sen ánimo de lucro aqueles cuxa titularidade corresponda a algunha das enti-dades seguintes:

a) Cooperativas de carácter non lucrativo.

b) Sociedades de responsabilidade limitada nas que a maioría do capital social sexa propiedade dalgunha das entidades sinaladas nas letras a) e c) ou doutras de carácter público, directa ou indirectamente. No caso de sociedades de responsabilidade limitada laborais, poderá admitirse unha menor participa-ción das devanditas entidades, sempre que acaden a máxima permitida legalmente.

c) Asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, que contemplen expresamente nos seus estatutos sociais a irrepartibilidade do seu patri-monio, agás a favor de entidades do mesmo carácter

Ademais, os titulares destes centros deberán ter como fi nalidade principal a integración laboral de persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e os seus benefi cios deberán reinvestirse na súa totalidade no pro-pio centro ou noutro centro sen ánimo de lucro

Para o recoñecemento da carencia de ánimo de lucro dun centro, deberá solicitarse a súa inscrición como tal no rexistro administrativo de Centros Especiais de Emprego.

cent

ros

espe

ciai

s de

em

pre

go

6

obrigasdos centros especiais de emprego

Deberán manter os requisitos que foron tidos en conta para a súa autorización e inscrición no rexistro.

Deberán presentar no prazo de catro meses a partir do peche do exercicio económico memoria anual comprensiva dos seguintes extremos:

• Identificación dos centros

• Composición do cadro de persoal de cada centro, especificando os traballadores con discapacidade e as altas e baixas producidas durante o exercicio.

• Documentación económica: liquidación do orza-mento, balance de situación, conta de explotación e proxecto de orzamento do exercicio seguinte.

• Cumprimento dos obxectivos económicos e de axuste persoal e social.

• Os centros sen ánimo de lucro deberán achegar as contas anuais do seu titular e certificación da súa aprobación pola asemblea xeral ou órgano equi-valente, coas sinaturas lexitimadas notarialmente, que conteña o acordo referido á distribución ou imputación de resultados do centro. A devandita certificación debera facer constar, así mesmo, a transcrición literal das modificacións estatutarias e outros acordos sociais do titular que poidan afectar ó recoñecemento como centro sen ánimo de lucro, ou a inexistencia deles no seu caso

Deberán comunicar ao rexistro:

• No prazo máximo dun mes:

- Calquera circunstancia que altere as condicións de autorización, en especial ás que poidan ser causa de descualifi cación do centro ou de cancelación do recoñecemento da carencia de ánimo de lucro.

- A realización de enclaves laborais, remitindo os contratos subscritos e as súas prórrogas.

• Coa Memoria anual: As variacións no cadro de persoal que non diminúan a porcentaxe inicial de traballadores con discapacidade ocupados.

Deberán obter autorización da Dirección Xeral de Relacións Laborais:

• Para a inscrición de novos centros creados por titulares que conten con algún outro xa inscrito.

• Para a ampliación ou cambio de actividades.

• Para o cambio de localización do centro de tra-ballo ou calquera outra circunstancia que altere substancialmente as condicións de cualifi cación iniciais.

cent

ros

espe

ciai

s de

em

pre

go

Para a ampliación ou cambio de actividades.

Para o cambio de localización do centro de tra-ballo ou calquera outra circunstancia que altere substancialmente as condicións de cualifi cación iniciais.

7

as medidas de

apoioOs titulares dos centros especiais de emprego como cal-quera outra empresa, teñen acceso ao réxime de axudas e subvencións establecida polas administracións públicas.

Especificamente, a dirección Xeral de Promoción de Emprego da Consellería de Traballo convoca axudas mediante orde anual. Como exemplo, citar para o ano 2007 a Orde de 06 de marzo (DOG 16/03/07).

Axudas para financiar a creación ou ampliación de Centros.

As modalidades das axudas consisten en axudas para realización de asistencias técnicas, subvencións finan-ceiras e en activos fixos, ata un máximo de 12.000 € por posto de traballo creado.

Axudas para o mantemento de postos de traballo.

As modalidades poden consistir en bonificacións por custo salarial (ata o 50%) ou adaptación de postos de traballo (ata 1.800 €).

8

regulación legal Lei 13/1982 do 7 de abril de Integración Social (BOE 30/

IV/82) modifi cada por Lei 66/1997 do 30 decem-bro BOE 31/12/97.

Real Decreto 2273/1985 do 4 de decembro polo que se aproba o regulamento de Centros Especiais de Emprego (BOE 9/XII/85).

Real Decreto 1368/1985 do 17 de xullo que regula a rela-ción laboral de carácter especial dos minusválidos que traballan en centros especiais de emprego (BOE 8/VIII/85), modifi cado por RD 429/99 do 12 de marzo, (BOE 26/III/99).

Real Decreto 290/2004 do 20 de febreiro de 2005 polo que se regulan os Enclaves Laborais.

Decreto 200/2005 do 7 de xullo polo que se regula a auto-rización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento. (DOG nº 138, de 19-07-05).

cent

ros

espe

ciai

s de

em

pre

go

9

enderezos de utlilidadeDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS

Rexistro de Centros Especiais de Emprego Ed. Administrativo San Lázaro s/n, baixo 15781 Santiago de Compostela T. 981 545 687

DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DO EMPREGO Ed. Administrativo San Lázaro s/n, 2º Andar

15781 Santiago de Compostela T. 981 544 682

EQUIPOS DE VALORACIÓN E ORIENTACIÓN DE MINUSVÁLIDECES. Praza Luis Seoane s/n

15008 A Coruña T. 981 182 523 Praza Camilo Jose Cela s/n

15403 Ferrol T. 981 337 237 r/ Ancares 23 Baixo

27003 Lugo T. 982 227 811 r/ Saenz Diez 33

32003 Ourense T. 988 386 152 r/ Torrecedeira 99 Baixo

36202 Vigo T. 986 294 836 r/ Cruz Vermella 9 Baixo

36002 Pontevedra T. *986 863 025

ASOCIACIÓNS EMPRESARIAIS Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais

de Emprego sen ánimo de lucro- CEGASAL- r/. Modesto Brocos 7 • 15703 Santiago de Compostela

CESMIGA Estrada Ferrol Cedeira Km 1.7 • NARÓN

PÁXINAS WEB DE INTERESE http://traballo.xunta.es www.mtas.es/sgs/dipacidad www.cogami.es www.discapanet.es www.fundaciononce.es www.cocemfe.es www.conacee.org