1
Mascota Mascota Mascota Mascota s.f. Animal, persoa ou cousa que alguén leva consigo porque considera que lle dá boa sorte, ou que constitúe o emblema dunha determinada ma- nifestación. O equipo levaba un can como mascota. Ola: Voume presentar para a xente nova. Son Rato, un rato de conto de cor gris-parda, a mascota da biblioteca da escola dende hai 14 anos. Coma son unha criatura fantástica necesito moito xogo, maxia e zume de poesía para sobrelevar a realidade. Acontece que as criaturas do mundo da fantasía viven nos libros normalmente. Tamén noutros sitios. Eu vivía nun álbum de tapas de cartoné cun texto delicioso e delicadas ilustracións. Dixéranme que endexamais saíse do libro no que vivía; que fóra non se me perdía nada; que me podería contaminar do po da realidade até esvaecerme coma o arco da vella; que os humanos, mellor dende a barreira dunha ringleira de letras negras… Pero eu devecía por saber. Sempre tiven ansia de coñecemento e comecei a facer saídas; a tropezarme con nenas e nenos, que me deixaban comida e atencións; a coñecer a moita xentiña … e, … aconteceu … que me encariñei inevitábelmente e decidín quedarme aquí para sempre. Vaime ben, certamente. Até me fixeron unha escultura de papel e unha canción con música e letra. Dende hai catorce anos escribo cartas nas que recomendo libros e encomendo misións. Dende hai catorce anos a realidade é fantástica grazas a vós e á vosa complicidade. Xogamos? Rato

coñece a Rato Pardo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Carta de Presentación

Citation preview

Mascota Mascota Mascota Mascota s.f. Animal, persoa ou cousa que alguén leva consigo porque considera que lle dá boa sorte, ou que constitúe o emblema dunha determinada ma- nifestación. O equipo levaba un can como mascota.

Ola:

Voume presentar para a xente nova.

Son Rato, un rato de conto de cor gris-parda, a mascota da biblioteca da escola dende

hai 14 anos.

Coma son unha criatura fantástica necesito moito xogo, maxia e zume de poesía para

sobrelevar a realidade.

Acontece que as criaturas do mundo da fantasía viven nos libros normalmente. Tamén

noutros sitios. Eu vivía nun álbum de tapas de cartoné cun texto delicioso e delicadas

ilustracións.

Dixéranme que endexamais saíse do libro no que vivía; que fóra non se me perdía nada;

que me podería contaminar do po da realidade até esvaecerme coma o arco da vella; que

os humanos, mellor dende a barreira dunha ringleira de letras negras…

Pero eu devecía por saber. Sempre tiven

ansia de coñecemento e comecei a facer

saídas; a tropezarme con nenas e nenos, que

me deixaban comida e atencións; a coñecer

a moita xentiña … e, … aconteceu … que me

encariñei inevitábelmente e decidín

quedarme aquí para sempre. Vaime ben,

certamente. Até me fixeron unha escultura

de papel e unha canción con música e letra.

Dende hai catorce anos escribo cartas nas que recomendo libros e encomendo misións.

Dende hai catorce anos a realidade é fantástica grazas a vós e á vosa complicidade.

Xogamos?

Rato