28
Ciencias da Natureza PRIMARIA O libro Ciencias da Natureza para o 3. O curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO Begoña Barroso Nombela Xoán Manoel López Bendaña Daniel Masciarelli García Julia Manso Prieto Raquel de Andrés González ILUSTRACIÓN Alademosca il·lustració Digitalartis Gustavo Otero Jordi Baeza José Luis Navarro EDICIÓN Xoán Manoel López Bendaña Daniel Masciarelli García Julia Manso Prieto Raquel de Andrés González EDICIÓN EXECUTIVA Begoña Barroso Nombela DIRECCIÓN DO PROXECTO Antonio Brandi Fernández DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao caderno. 3

Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Ciencias da NaturezaPR

IMA

RIA

O libro Ciencias da Natureza para o 3.O curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO Begoña Barroso NombelaXoán Manoel López BendañaDaniel Masciarelli GarcíaJulia Manso PrietoRaquel de Andrés González

ILUSTRACIÓN Alademosca il·lustracióDigitalartisGustavo Otero Jordi BaezaJosé Luis Navarro

EDICIÓN Xoán Manoel López BendañaDaniel Masciarelli GarcíaJulia Manso PrietoRaquel de Andrés González

EDICIÓN EXECUTIVA Begoña Barroso Nombela

DIRECCIÓN DO PROXECTO Antonio Brandi Fernández

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao caderno.

3

Page 2: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

2

Page 3: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Saber Facer fai catro anos. É un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu Saber Facer Contigo.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para os futuros cidadáns e cidadás do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para isto trabállanse as estratexias e rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que os alumnos e as alumnas adquiran habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cun sombreiro de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan arredor destes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Un sombreiro de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

Presentación do proxecto

3

Page 4: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cun sombreiro de cor verde.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que os alumnos e as alumnas desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupación:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao acabar cada trimestre, inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e poder detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

Por último, atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que axudarán a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

4

Page 5: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Comezamos .............................................................. 9

Unidade 1. A alimentación e a saúde .................... 13

Unidade 2. O funcionamento do noso corpo ......... 29

Cooperamos ............................................................ 46

Minilab ................................................................... 48

Unidade 3. Os seres vivos e as súas relacións ........ 49

Unidade 4. Clasificación de animais e plantas ....... 67

Cooperamos ............................................................ 88

Minilab ................................................................... 90

Unidade 5. A materia e os seus cambios ............... 91

Unidade 6. A enerxía e as máquinas ................... 107

Cooperamos .......................................................... 124

Minilab ................................................................. 126

Índice

5

Page 6: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Mapa de contidos

Unidades Contidos

Comezamos

1. A alimentación e a saúde

Os nutrientes dos alimentos

A dieta saudable Hábitos e trastornos alimentarios

A saúde e os hábitos saudables

2. O funcionamento do noso corpo

A relación. O aparello locomotor

Os sentidos da vista e do oído

Os sentidos do tacto, do olfacto e do gusto

A función de nutrición

Cooperamos Números iguais xuntos. Identificamos técnicas de primeiros auxilios

Minilab Descubro a graxa dos alimentos

3. Os seres vivos e as súas relacións

Os seres vivos As funcións vitais dos animais

As partes das plantas

As funcións vitais das plantas

4. Clasificación de animais e plantas

Os animais vertebrados

Os animais invertebrados

Os animais de Galicia

As plantas con flores

Cooperamos 1 – 2 – 4. Coidamos e respectamos todos os seres vivos

Minilab Semento unha lentella

5. A materia e os seus cambios

A materia e as súas propiedades

Os estados da materia

Substancias puras e mesturas

As forzas producen cambios

6. A enerxía e as máquinas

As formas e as fontes de enerxía

O uso responsable da enerxía

A enerxía e as máquinas

Máquinas e aparellos na vida cotiá

Cooperamos Folio xiratorio. Aprendemos a utilizar a «regra dos tres erres»

Minilab Analizo a evaporación da auga

6

Page 7: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Tempo para ler Saber facer

O ocio e o descanso O xeito das froitas Elaboro unha dieta saudable

A reprodución e as etapas da vida

Os amigos do Nicolasiño

Interpreto e realizo unha gráfica de crecemento

Os ecosistemas As relacións entre os seres vivos

Bruxa e familia Debuxo unha planta

As plantas sen flores

O estudo de animais e plantas

As plantas de Galicia

Kibuko Realizo unha ficha dun animal

Os cambios da materia: a auga

Hilario e os tres medos

Realizo e identifico mesturas

Os inventos e os avances da ciencia

O que nunca che contaron

Constrúo unha lancha motora

7

Page 8: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Símbolos utilizados neste libro

Sombreiros de cores

Sinala as actividades en que traballarás xunto co teu compañeiro ou compañeira.

Para realizar estas actividades, terás que traballar en equipo.

É o sombreiro do pensamento. Poñeralo para reflexionar e sacar conclusións.

É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

É o sombreiro das emocións. Usaralo para expresar o que sentes e para poñerte no lugar dos demais.

PENSAMENTO

CREATIVIDADE

EMOCIÓNS

8

Page 9: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Na escola realízanse moitas actividades. Describe cales son as que máis che gustan.

Que che gustaría facer o primeiro día de clase?

Cóntalles aos teus compañeiros e compañeiras algunha anécdota interesante das túas vacacións.

Comezamos

9

Page 10: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

O noso corpo

Neste curso coñecerás moitas cousas novas sobre o teu corpo. Como todos os seres vivos, as persoas realizamos as tres funcións vitais.

1 Como se chaman as tres funcións vitais? Relaciona cada unha cos textos que acompañan a imaxe.

2 Escribe no teu caderno o nome dos cinco sentidos e relaciónaos cos seguintes órganos.

3 Explica o que é a saúde.

4 Escribe tres normas de hixiene que sigas todos os días.

5 Escribe dous alimentos que debes comer habitualmente para ter unha alimentación saudable e outros dous que debes comer de xeito moderado.

Necesitamos enerxía e materiais para medrar e realizar as actividades diarias.

Sabemos o que ocorre arredor de nós.

Podemos ter fillos.

10

Page 11: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Os seres vivos

Aprenderás a distinguir os principais grupos de animais e plantas, e a recoñecelos, usando guías de campo e claves de identificación.

1 Que precisan as plantas para poder medrar? E os animais?

2 Escribe o nome das partes da planta que ves na imaxe. Explica cal é a función de cada unha.

3 Que ves na imaxe, unha árbore, un arbusto ou unha herba? Explica por que o sabes.

4 Hai algún animal na imaxe? Se é así, explica que tipo de animal é e escribe algunhas das súas características.

Os animais e as plantas son seres vivos, por tanto, nacen, medran, reprodúcense e morren.

Comezamos

11

Page 12: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Materia, enerxía e máquinas

Aprenderás que as cousas están feitas de materia e coñecerás os seus estados (sólido, líquido e gasoso), e se son substancias puras ou mesturas. Ademais, descubrirás o que son as máquinas e que é o que fai que poidan funcionar.

1 Pensa e escribe un exemplo de algo que te arrodea que sexa materia e algo que non o sexa.

2 Observa a imaxe e identifica algo que estea en estado sólido, algo en estado líquido e algo en estado gasoso.

3 Di se os seguintes elementos da imaxe son substancias puras ou mesturas:

• auga do mar • sombreiro de palla • amarre de ferro • xeado

4 Observa a imaxe superior:

Hai algunha máquina na imaxe? Para que serve?

É unha máquina manual ou automática?

Que é o que a fai funcionar?

Case todas as cousas do noso contorno, como o mar, un sombreiro ou un xeado, están feitas de materia.

Outras cousas que nos arrodean, como a luz ou o sabor dos xeados, non son materia.

12

Page 13: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

A alimentación e a saúde

1

SABER FACER

Elaborar unha dieta saudable

Tempo para falar

Que alimentos ves na imaxe?

Cres que eses alimentos son saudables?

Que alimentos comes ti habitualmente?

Cal é o que máis che gusta? Por que?

13

Page 14: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Cando tomamos alimentos, estes non pasan a formar parte do noso corpo directamente. Antes de facelo, os alimentos descompóñense en partes máis pequenas que son útiles para nós: os nutrientes.

Os principais tipos de nutrientes dos alimentos son as  graxas, os hidratos de carbono, as proteínas, as vita-minas e os sales minerais.

As graxasEstes nutrientes proporciónannos enerxía. Algunhas graxas son de orixe animal, como a manteiga. Outras son de orixe vexetal, como o aceite de oliva.

Os hidratos de carbonoOs hidratos de carbono tamén nos proporcionan enerxía, aínda que menos ca as graxas.

Os nutrientes dos alimentos

pasta

pan

froita

cereais

patacas

mel

legumes

azucre

pasteis

embutidos

aceite

manteiga

touciño entrefebrado

touciño

14

Page 15: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

1

As proteínasAs proteínas achegan materiais que nos axudan a medrar e a reparar o noso corpo.

Son moi importantes para a formación dos músculos.

As vitaminas e os sales mineraisAs vitaminas e os sales minerais son substancias imprescindibles que temos que tomar en pequenas cantidades para estarmos sans.

O calcio, un sal mineral, forma parte dos ósos, por iso é fundamental durante o crecemento.

1 Escribe tres alimentos que conteñan os seguintes nutrientes:

• hidratos de carbono • graxas

• proteínas • vitaminas

2 Que tipo de nutrientes contén o leite? E a froita?

3 VALORES. Hai nenos que non poden comer o necesario para estaren sans. Explica a túa opinión sobre este feito.

ACTIVIDADES

verduras

froitaprodutos lácteos

carne

ovos peixelegumes

produtos lácteos

Os nutrientes son substancias que se encontran nos alimentos. Proporcionan enerxía, materiais e son imprescindibles para a nosa saúde.

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 2 e 3 15

Page 16: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

A dieta é o conxunto de todos os alimentos que toma unha persoa. Unha dieta saudable é a que nos axuda a estar sans. Debe ser:

• Equilibrada. Que nos proporcione a cantidade axeitada de cada nutriente.

• Suficiente. Que nos proporcione os materiais e a enerxía que precisamos, sen que sexan nin excesivos nin insuficientes.

A roda dos alimentosA roda dos alimentos axúdanos a ter unha dieta equilibra-da. Nela represéntanse seis grupos de alimentos con dife-rentes cores e tamaños.

A dieta mediterránea cumpre os requisitos da dieta equili-brada. Os alimentos básicos desta dieta son: gran cantida-de de produtos vexetais, peixe, pan e outros cereais, e o aceite de oliva como graxa principal.

A dieta saudable

Grupo 1. Ricos en hidratos de carbono.

Grupo 2. Moi ricos en graxas.

Grupo 3. Ricos en proteínas.

Grupo 4. Achegan proteínas e calcio.

Grupo 5. Achegan fibra, vitaminas e sales minerais.

Grupo 6. Achegan fibra, vitaminas e sales minerais.

OBSERVA E DESCUBRE

• Que alimentos ves en cada grupo?

• Por que hai grupos que ocupan máis espazo?

• Que alimentos se debuxan máis pequenos? Por que?

16

Page 17: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

1

Para que unha dieta sexa saudable debe achegar suficientes nutrientes e estar equilibrada.

1 Se só comes o que che gusta, por exemplo, pasta e carne, cres que a túa dieta é equilibrada? Por que?

ACTIVIDADES

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 4, 5, 6, 7 e 8

A pirámide da alimentaciónA pirámide da alimentación axúdanos a ter unha dieta saudable. Nela represéntase a cantidade de ali-mentos de cada grupo que se debe tomar.

Camiña ou fai algún deporte todos os días.

Diariamente, canto máis exercicio máis cantidade.

Compra, cociña e come de xeito consciente e equilibrado.

Come máis cando o teu corpo traballe máis.

A comida, mellor fervida, asada ou á prancha.

Bebe entre 4 e 6 vasos de auga ao día.

3 ou 4 veces ao día.

Entre 1 e 3 veces ao día, variando o alimento.

De cando en cando e sempre en pequenas cantidades.

2 ou 3 veces ao día.

OBSERVA E DESCUBRE

• Podes comer doces todos os días se queres que a túa dieta sexa saudable? Explica a resposta.

• Que alimentos debes comer entre 2 e 3 veces ao día?

17

Page 18: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Unha alimentación saudable require uns bos hábitos á hora de comer. Algunhas persoas teñen problemas con certos alimentos que o seu corpo non dá asimilado e deben elimi-nalos da súa dieta.

Os hábitos de alimentaciónPara ter uns bos hábitos de alimentación, recoméndase re-partir os alimentos en cinco comidas diarias.

Hábitos e trastornos alimentarios

O almorzo é a comida máis importante do día. Debe incluír leite, froita e unha torrada ou cereais.

No taco, a media mañá, e na merenda, pola tarde, é recomendable tomar un bocadillo e froita ou leite.

No xantar e na cea hai que tomar alimentos variados, é dicir, que sexan de distintos tipos.

Tomar pouca graxa, e mellor se é de orixe vexetal.

A maior parte da enerxía debe proceder dos alimentos ricos en hidratos de carbono. É preferible que sexan integrais.

É mellor tomar carne de ave, con menos graxa.

OBSERVA E DESCUBRE

• Describe os alimentos que están tomando os nenos e as nenas das fotografías do almorzo e do taco ou merenda.

Ademais, tamén se deben seguir estes consellos:

18

Page 19: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

1

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 7 e 8

Alerxias e intolerancias alimentariasHai persoas que sofren rexeitamento a algúns alimentos. Segundo a reacción distínguese entre:

• Alerxias. Son reaccións intensas e rápidas do corpo a un determinado tipo de alimento.

• Intolerancias. Son reaccións menos inmediatas ca unha alerxia, pero poden causar grandes molestias. As intoleran-cias alimentarias máis comúns son ao glute e á lactosa.

Para evitar problemas alimentarios hai que ler con atención as etiquetas dos alimentos preparados.

Consumir antes de: 31.12.2021

Ingredientes:cenoria, chícharos, pemento, millo, aceite de oliva, leituga vinagre de viño, atún, auga e sal.

Información nutricional por 100 g:Proteínas: 7 gHidratos de carbono: 4 gGraxas: 12 gFibra alimentaria: 6 g

EEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaallllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaddddddddddddddaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa ddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddddeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaatttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttttúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúúnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnEnsalada de atún

Consérvese en lugar fresco e seco

Algúns símbolos indican se as persoas que teñen algunha alerxia ou intolerancia poden ou non consumir estes alimentos.

Os ingredientes indican todo o que se empregou para preparar o alimento.

Hai que consumir o alimento antes da data de caducidade.

O glute encóntrase no trigo e na cebada. As persoas que non poden toleralo padecen a enfermidade celíaca, polo que deben consumir outros cereais, como o millo ou o arroz.

Para estarmos sans debemos seguir uns bos hábitos de alimentación. Ademais, temos que ler con coidado as etiquetas dos alimentos.

1 Por que unha persoa alérxica debe ler atentamente as etiquetas dos alimentos preparados?

ACTIVIDADES

19

Page 20: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

A saúdePara gozar dunha boa saúde temos que coidar tanto o noso corpo coma a nosa mente.

Para medrar sans e fortes, ademais de alimentarnos ben, temos que facer exercicio, coidar a postura do corpo, ter unha boa hixiene e dedicar tempo suficiente ao ocio e ao descanso.

O exercicio físicoO exercicio achega moitos beneficios para a saúde:

A postura do corpoAlgúns movementos ou posturas son prexudiciais para o lombo e poden provocar lesións.

A saúde e os hábitos saudables

OBSERVA E DESCUBRE

• Nas imaxes indícase a postura correcta e a que non o é. Explica cada unha coas túas palabras.

Fortalece os ósos e os músculos.

Axuda a manter o peso adecuado.

Axuda a relaxarse e a durmir ben.

Mellora a elasticidade, a forza e a resistencia.

Practicar un deporte de equipo axuda a ser sociable, a traballar en grupo e a respectar as normas.

20

Page 21: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

1

A hixieneEnténdese por hixiene todo o relacionado coa limpeza e co aseo do noso corpo, dos alimentos e dos demais obxectos que nos arrodean. É un hábito moi importante para evitar enfermidades.

Entre as medidas de hixiene destacan:

• Ducharse diariamente.

• Lavar as mans con xabón despois de ir ao baño, antes de comer e sempre que estean sucias.

• Cepillar de maneira correcta os dentes despois de cada comida.

• Lavar ben os alimentos, especialmente os que comemos crus, como as froitas e as verduras, igual ca os recipien-tes e utensilios de cociña que vaiamos usar.

A saúde implica o coidado do corpo e da mente. Hai que realizar exercicio físico, coidar a postura e manter a hixiene.

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 9, 10 e 11

1 Por que é importante ter unha postura correcta? Cres que deberías mellorar a túa postura?

2 As persoas sedentarias son as que fan pouco exercicio ou ningún.

• Indica os beneficios que achega o exercicio físico.

• Cal deles che parece máis importante?

3 Lavar os dentes é un hábito de hixiene:

• Explica por que.

• En que momentos é recomendable facelo?

• Describe como o fas.

ACTIVIDADES

OBSERVA E DESCUBRE

• Recomendarías algunha medida hixiénica despois da actividade que se observa na imaxe? Explica por que.

21

Page 22: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

Nun día normal realizamos moitas actividades. Algunhas gústannos máis ca outras, pero sempre debemos ter tempo para nos divertir e para descansar.

O ocioAs actividades de ocio son as que se realizan polo gusto de facelas e como diversión durante o noso tempo libre.

Pódense realizar moitas actividades de ocio distintas; algunhas sós e outras cos nosos amigos ou coa nosa familia.

O ocio electrónicoUnha forma de gozar do ocio é xogar con consolas e outras máquinas electrónicas.

Esta actividade pode ocupar parte do tempo de ocio, pois os videoxogos son moi divertidos. Ademais, algúns deles son educativos.

Non obstante, este tipo de entretemento pode supoñer un problema cando é a única forma de ocio ou a principal, pois non fomenta o contacto con outras persoas nin o exercicio físico.

O ocio e o descanso

Pódese gozar do tempo libre sen estar acompañado, por exemplo, lendo ou debuxando.

As actividades con amigos permítennos compartir experiencias con outros nenos e nenas da nosa idade.

O ocio coa familia axuda a manterse unidos. Pódense facer moitas actividades: excursións, ir ao cine, etc.

OBSERVA E DESCUBRE

• Das actividades que se observan nas imaxes, cales poden ser consideradas culturais e cales como ocio na natureza?

22

Page 23: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

1

O descansoAo final do día, despois de realizar todas as nosas actividades, temos que ter tempo para descansar e para repoñer forzas.

Durmir ben axuda a recuperarse do cansazo diario e prepáranos para comezar un novo día cheos de enerxía.

Polo contrario, alguén que non durma o suficiente estará máis canso e de mal humor. Ademais, é máis fácil que caia enfermo.

Segundo a idade, cómpre durmir máis ou menos horas. Á túa idade, é conveniente durmir unhas dez horas ao día.

No tempo libre realizamos actividades de ocio que nos divirten e nos gustan. Despois, para recuperarnos, temos que descansar o tempo suficiente.

1 Que actividades che gusta facer cos teus amigos e amigas? Por que che gusta estar con eles?

2 Cantas horas dormes normalmente? Son suficientes? Explica o que ocorre cando se dorme menos horas das necesarias.

ACTIVIDADES

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 12 e 13

Alguén que dorme ben encóntrase descansado e cheo de enerxía para enfrontarse ao novo día.

Póñome no lugar dos demais

TEMPO PARA FALAR. Algunha vez non deches descansado porque había moito ruído? Cóntao.

Que lle dirías a alguén que estivese facendo ruído e che impedise descansar?

EMOCIÓNS

23

Page 24: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

1 Que vai preparar Narciso? Escribe no caderno os ingredientes que vai usar, o grupo da roda dos alimentos a que pertencen e os pasos para elaboralo.

2 Escribe o nome de todas as froitas mencionadas no texto e as que coñezas da imaxe. Cal che gusta máis? E menos? Explica por que.

3 TEMPO PARA ESCRIBIR. Que lle dirías a unha persoa que non come nunca froita? Escribe un texto curto para convencela dos beneficios de comer froita diariamente.

O xeito das froitas

(…) Xusto nesas, entrou o Narciso pola porta da cociña pero, no canto de sentar á mesa a comer o que a súa mai deixara preparado para cando chegase do instituto, sacou un litro de leite e a licuadora. A súa mai saíra xa pola porta e o seu pai mirouno con curiosidade.

—Vou facer un batido! —declarou, coma se acabase de descubrir a fórmula da penicilina.

Iris e o seu pai sentaron á mesa a observar coma se fose unha película en 3D. O irmán foi ao froiteiro e colleu unha papaia e un aguacate. Co coitelo dedicouse a partir a froita en anacos. Despois mirou como calibrando e colleu unha mazá. (…)

—Narciso! (…) Estás feito un fiúncho. Déixate de batido e ponte a comer.

—Si, papá, é certo que estou moi fiúncho, por iso vou facer unha dieta para formar músculo con moitos produtos lácteos e… —o discurso seguiu interrompido polo son da licuadora entre a cal o seu pai tentaba encaixar unha palabra e outra de desacordo.

Cando a licuadora facía ruído, o pai metía a cabeza entre as mans e dicía «que cruz, que cruz!», que era o que dicía cada vez que Narciso se poñía a falar de dietas, algo que ocupaba moitas conversas dos seus pais pola noite, que ela adoitaba espreitar. O pai dicía sempre: «Non o podemos obrigar a comer».

O xeito das froitas (fragmento) María reiMóndez

Oqueleo

TEMPO PARA LER

24

Page 25: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

SABER FACER 1

Elaboro unha dieta saudableAlimentarse ben é moi importante para estar san, medrar e ter enerxía. Unha boa norma é comer de todo, pois cada tipo de alimento achega distintas substancias que son necesarias para nós. Planifica unha dieta equilibrada adaptada á túa idade para unha fin de semana.

1 Reúne a información. Repasa a unidade e escribe todas as recomendacións que se dan para seguir unha dieta saudable.

Por exemplo: Debemos tomar verdura no xantar e na cea.

2 Estuda un exemplo. A seguinte dieta para un día é un exemplo de dieta saudable.

Almorzo: un vaso de leite, unha torrada cun chorro de aceite de oliva e un zume de laranxa.

Taco: un bocadillo de xamón cocido e un plátano.

Xantar: puré de verduras, polo á prancha con patacas e piña natural.

Merenda: unha mazá e un vaso de leite.

Cea: ensalada de leituga, tomate e millo, filete de peixe e un iogur.

• Cantas pezas de froita se toman nesta dieta?

• Cantas racións de leite ou derivados?

3 Demostra que o sabes facer.

• Fai nunha folla de papel unha táboa coas comidas diarias, incluídos os dous días da fin de semana.

• Completa os cadros cos alimentos necesarios para que sexa unha dieta saudable.

25

Page 26: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

1 Relaciona as letras do esquema con estas palabras:

COMPROBO O MEU PROGRESO

postura do corpo sales minerais pirámide dos alimentos

2 Que nutrientes achegan os alimentos das fotografías?

A B

C

D

E

3 Escolle, de cada parella, o alimento que nos proporciona máis enerxía:

Unha pera ou un bisté de tenreira.

Un prato de lentellas ou uns anacos de chourizo.

Unha pescada ou un prato de espaguetes.

A ALIMENTACIÓN

E A SAÚDE

HÁBITOS SAUDABLES

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

NU

T

RIENTES

exerciciograxas

hidratos de carbono

proteínas

vitaminas

hixiene

ocio

descanso

DIETAroda dos

alimentos

hábi

tos

trastornos

etiquetas

A

B

C

26

Page 27: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

14 TÁBOA RESUMO. Copia e completa no caderno esta

táboa sobre a roda dos alimentos.

Grupo CorAlimentos de tamaño

grandeAlimentos de tamaño

pequeno

1 … … …

5 Di se a seguinte oración é correcta e explica por que.

Unha dieta é o que come alguén que quere adelgazar.

6 Cres que debe seguir a mesma dieta un neno ou nena da túa idade ca unha persoa de 70 anos? Por que?

7 Fíxate na pirámide da alimentación da páxina 17 e contesta se son saudables ou non cada unha destas afirmacións. Explica as respostas.

Comer tres ovos ao día.

Tomar un vaso de leite pola mañá e un iogur pola noite.

Facer as 5 comidas diarias só con froita e verdura.

Tomar todos os días un bolo no taco da media mañá e embutido para merendar.

8 Di que comida che parece máis sa e explica por que.

A B

9 Di que é a hixiene e explica catro medidas que se deben realizar ao longo dun día para coidar a hixiene.

27

Page 28: Ciencias da Natureza...e os seus cambios A materia e as súas propiedades Os estados da materia Substancias puras e mesturas As forzas producen cambios 6. A enerxía e as máquinas

10 Observa as túas compañeiras e compañeiros:

Elabora unha lista con todas as veces que vexas unha postura ou un hábito incorrecto que poida afectar o seu lombo.

Explica cal é a postura ou o hábito correcto que deberían adoptar.

11 Escribide no voso caderno cinco comportamentos que sexan saudables e outros cinco que non o sexan e explicade por que.

12 Ás veces, aínda que sexa tarde, encontrámonos ben e con gana de seguir xogando e facer cousas. Pero temos que parar, relaxarnos e durmir.

Explica por que é necesario o descanso.

Cres que temos que descansar a mesma cantidade de tempo en todas as idades?

13 Imaxina que un amigo teu dedica todo o tempo libre a ver a televisión.

Explica o que lle dirías para convencelo de que faga outras actividades.

Que outras actividades poden considerarse como ocio electrónico?

Cres que o ocio electrónico é prexudicial?

COMO O FIXEN? Responde no caderno.

Coñezo os nutrientes dos alimentos?

Sei en que consiste unha dieta saudable?

Teño unha boa hixiene e practico hábitos saudables?

Coñezo a importancia do ocio e do descanso?

Ponlle unha nota ao teu traballo nesta unidade.

COMPROBO O MEU PROGRESO

28