24
O xornal da Terra de Melide Nº 119. Decembro 2015. Distribución gratuíta EMPRESA Debuxos para concienciar sobre o pequeno comercio e a súa importancia P7 ENTREvISTA Nuria Mejuto, Multiópticas Tabora P23 MELIDE A Xunta move ficha e avaliará os danos das vivendas de protección P12 CULTURA O III Festival de Maxia trae como novidade uns espectáculo de hipnose P19 Poñen en marcha no IES unha escola de nais e pais Busca crear un espazo onde os proxenitores poidan poñer en común “dúbidas, medos, erros e acertos” á hora de educar aos seus fillos adolescentes. P11 Toques solicitará a cesión de terreos en Pontequeimadas A corporación acorda por unanimidade contactar coa Xunta para facerse coa parcela situada entre as vivendas de protección oficial e o campo de fútbol. P13 Unha das principais novidades da 16ª edición de Este Nadal toca en Melide ten que ver coa dotación económica dos galardóns: se en edicións anteriores se repartía un total de 22 premios, vinte dos cales tiñan un valor de 100 ou 200 euros, este ano tan só se sortearán cinco. Iso si, serán de maior contía. En concreto, entregarase un premio de 2.000 euros, tres premios de 1.000 euros cada un e outro máis de 500 euros. A campaña remata o 7 de xaneiro. P3 Un Nadal de récord melide Cerne Na campaña comercial de Asetem participarán este ano 83 negocios, unha cifra nunca antes acadada

Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

O xornal da Terra de MelideNº 119. Decembro 2015. Distribución gratuíta

EMPRESADebuxos paraconcienciarsobre o pequenocomercio e a súaimportancia P7

ENTREvISTA

Nuria Mejuto,MultiópticasTabora P23

MELIDEA Xunta moveficha e avaliaráos danos das vivendas deprotección P12

CULTURAO III Festivalde Maxia traecomo novidadeuns espectáculode hipnose P19

Poñen en marcha no IESunha escola de nais e pais

Busca crear un espazo onde os proxenitores poidanpoñer en común “dúbidas, medos, erros e acertos”á hora de educar aos seus fillos adolescentes. P11

Toques solicitará a cesión deterreos en Pontequeimadas

A corporación acorda por unanimidade contactarcoa Xunta para facerse coa parcela situada entre asvivendas de protección oficial e o campo de fútbol. P13

Unha das principais novidades da 16ª edición deEste Nadal toca en Melide ten que ver coa dotacióneconómica dos galardóns: se en edicións anterioresse repartía un total de 22 premios, vinte dos calestiñan un valor de 100 ou 200 euros, este ano tansó se sortearán cinco. Iso si, serán de maior contía.En concreto, entregarase un premio de 2.000 euros,tres premios de 1.000 euros cada un e outro máisde 500 euros. A campaña remata o 7 de xaneiro. P3

Un Nadal de récord

melide

Cerne

Na campaña comercial de Asetem participarán este ano 83 negocios,

unha cifra nunca antes acadada

Page 2: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

2 Editorial Cerne 119. Decembro 2015

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta COORDINACIÓN E REDACCIÓN: Iván G. Blanco

EDICIÓN: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)ENDEREZO: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓNS: José Núñez, César Camoira, Iria Buxán, Rafael R. Gaioso

AGRADECEMENTOS: Pilar López, Adolfo Álvarez, Sandra VázquezIMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga S.L.

DEPÓSITO LEGAL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDITORIAL..................................2-EMPRESA.....................................3-MELIDE.......................................11-COMARCA...................................13-CULTURA E LECER....................19-COLABORACIóNS......................22-ENTREVISTA..............................23

ÍNDICE

Editorial Tribuna de opinión

O planeta nas nosas mans Sexamos un exemploXunta Directiva de ASETEM-CCA

Vai outra ración de concien-ciación, por iso de que o Nadalé un tempo máis propicio parareflexionar sobre un mesmo,sobre os nosos hábitos e anosa relación co mundo.

Queremos invitar á refle-xión a partir dunha das últi-mas iniciativas postas enmarcha por Asetem: un con-curso de debuxo organizadoen colaboración coas ANPAsdos tres colexios da vila paraachegar aos cativos ao pe-queno comercio local e co-mezar a introducilos nas van-taxes que pode ter consumirna vila que viven. É unha ini-ciativa máis de dinamizacióncomercial con perspectiva defuturo. Os debuxos e as char-las poden ser efectivos, peroestamos convencidos de que

nada causará máis efecto nosfillos e fillas ca o exemplo deseus pais e nais.

Por iso a aposta polopequeno comercio debe deempezar por todos nós. Osmelidenses debemos ser osprimeiros en confiar no nosocomercio, na súa variedade,na súa calidade e no seu trato.Que mellor época que faceloca o Nadal, momento porexcelencia para as compras.Animamos xa que logo dendeaquí a converternos nunexemplo e a mercar nestasdatas no comercio de Melide,ao que non podemos deixarde felicitar a través destasliñas pola súa masiva partici-pación este ano na campañade Nadal. Neste caso taméneles son un exemplo.

Celébrase estes días en Franciao cumio do clima, con repre-sentantes de 195 países quetratan de chegar a un acordoglobal para combater o cambioclimático. Semella que destavez se aborda con máis serie-dade, con máis conciencia so-bre o gran problema quesupón para todos e todas, conmáis intención de poñerse atraballar de verdade despoisde tantos encontros sen resul-tado. De tanta perda de tempo.E non será porque non lleteñamos visto as orellas aolobo en máis dunha ocasión.

Nos últimos douscentosanos rexistrouse un aumentode 30 centímetros nas augascosteiras e prevese que parafinais de século alcance o me-tro e medio. Entre 1906 e 2005a temperatura global da Terraaumentou 0,74 graos centí-grados e se chega a superar o 2graos os danos sobre a biosferaserían incalculables. O cambioclimático xa non é unha ame-aza, é unha realidade e os seusefectos tamén.

De feito, non deixamos dever calamidades vinculadasá deterioración ecolóxica. Endecembro de 2004, Indonesiasufriu o maior tsunami da his-toria produto dun terremotode 8,9 graos na escala Ritcherque causou 226.000 mortes.A finais de 2005 o furacán Ka-trina pegou con forza nas cos-tas de Luisiana, provocando

preto de 2.000 falecidos. Haipequenas illas do Pacífico queestán en perigo inminente dedesaparición.

Os exemplos son contun-dentes pero quédannos moilonxe. Demasiado como parapensar que o cambio climáticotamén nos afecta. Pero témoloentre nós: pensemos nas pata-cas que medraban na vizosasna horta en pleno mes de no-vembro, na rolada de patos quese están a criar no río Cabede Monforte (en pleno mes dedecembro). Pensemos niso quesempre dicimos de que otempo está tolo, de que xa nonvai frío coma antes, que xa nonneva coma ante, que non en-tendemos a moda esa de setecicloxéneses explosivas segui-das nun mesmo inverno.

Xa que o cambio climáticoestá aquí, xa que vemos como anoso medio de vida vai cambiarpara peor, contribuamos a re-verter a situación co que esteaao noso alcance. Isto é, cospequenos detalles, que nonpor seren pequenos deixan deser importantes: empreguemosmenos o coche, reciclemos,cambiemos as lámpadas, apa-guemos o ordenador candonon está en uso, non usemostantos envases plásticos....

As expectativas xeradasarredor do cumio do clima sonmoi elevadas, pero se non de-mostramos co noso exemploque agardamos respostas áaltura do problema, tales res-postas nunca chegarán. É untópico certo que o futuro doplaneta está nas nosas mans.

Page 3: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Empresa 3Cerne 119. Decembro 2015

O comercio de Melide decidiubotar o resto este Nadal cunhaparticipación masiva na cam-paña que dende 1999 organizaa asociación comarcal de em-presarios (Asetem) para ani-mar a mercar na vila duranteestas datas especiais. Tanto éasí que “Este Nadal toca enMelide” contará na edición2015-2016 coa participaciónde 83 empresas e comercios,unha cifra récord nunca antesacadada nos dezaseis anos quese leva poñendo en marchaesta iniciativa.

A participación incremen-touse este ano un 66% conrespecto á edición anterior, naque se inscribiron 50 negocios,e un 38% en comparación coacampaña de 2013-2014, naque houbo 60 participantes.

“Cantos máis, mellor” Detrás deste éxito de partici-pación está o “grande esforzo”que realizou Asetem paraconseguir que se implicaseo maior número posible deestablecementos. “Este anofomos especialmente insis-tentes”, comenta o presidenteda patronal, Manuel Vázquez,“quixemos aproveitar a acep-

tación que xa tiña a campañaentre os socios para darlle unempuxón e demostrar quecanto máis sumemos, mellorvan saír as cousas”. Confiadoen que os resultados seránbos, Vázquez agarda que EsteNadal toca en Melide sirva“de exemplo” para vindeirascampañas “e para que os so-cios sexan conscientes de quese nos implicamos e participa-mos nas iniciativas, máis éxitoterán e mellor parados sairántamén os nosos negocios”.

En Melide hai de todoUn dos sectores que rexistroumáis novas incorporaciónsá campaña de Nadal é o dahostalería. Con el complétaseun abano de negocios moi va-riado que a xuízo de Asetem“axudará a reforzar entre osclientes que veñan atraídospola campaña esa idea de queaquí hai de todo e de que com-pensa vir mercar a Melide”.

Entre os negocios partici-pantes hai dende as tradicio-nais tendas de roupa, zapatose agasallos ata bares, gaso-lineiras, xestorías, despachosde avogados, academias deensino e incluso un desguace.

“Este Nadal toca en Melide”bate récord de participación

Grazas á colaboración do Concello de Melide, a campañade Nadal terá tamén este ano “un broche final acorde á súadimensión e repercusión no tecido comercial”, aseguran dendeAsetem. Será en forma dunha gala que se celebrará o 7 dexaneiro a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura.

Ademais de realizar o sorteo de números premiados,tamén actuará De Perdidos al Trío, un cuarteto dezano quepresentou este mesmo ano o seu primeiro disco. Non serános únicos, pois sobre o escenario tamén estará o showmanDavid Noya, coñecido pola súa participación en diferentesprogramas da TVG e que, ademais de poñer o toque de humor,tamén exercerá de mestre de cerimonias.

Na campaña, que leva celebrándose dende 1999, inscribíronse 83 negocios, unha cifra nunca antes acadada

Os carteis da campaña son xa un clásico nos escaparates de Nadal dos comercios asociados

38 DÍAS DE CAMPAÑA, 5.500 EUROS E UNHA GALA-SORTEO ABERTA AO PÚBLICO

Gala na Casa da Cultura o 7 de xaneiro

Xacobe Pérez e os acordeonistas de Herba Grileira na gala de 2014

Dende o pasado 1 de decem-bro e ata o vindeiro 7 dexaneiro 83 establecementoscomerciais e empresas da vilaestán a repartir entreos seus clientes rifaspara entrar no sorteode 5.500 euros.

Quere isto dicirque mercar en Melideestes días pode terpremio. E gordo. Defeito unha das princi-pais novidades da 16ªedición de Este Nadaltoca en Melide tenque ver coa dotacióneconómica dos galar-dóns: se en ediciónsanteriores se repartía un totalde 22 premios, vinte dos calestiñan un valor de 100 ou 200euros, este ano tan só se sor-tearán cinco. Iso si, serán demaior contía. En concreto, en-tregarase un premio de 2.000euros, tres premios de 1.000euros cada un e outro máis de500 euros.

En relación con este último

tamén se introduciu unha no-vidade, pois será sorteado en-tre os asistentes á gala coa queo día 7 de xaneiro se lle poñerá

punto e final á campaña.

Das papeletas ás bólasOutro dos cambios que apre-ciarán este ano comerciantese clientes ten que ver co meca-nismo de sorteo de premios. Atradicional caixa de madeiraque se viña empregando paradepositar as matrices das du-cias de miles de rifas repar-

tidas desaparecerá para darpaso ao sistema de extracciónde bólas numeradas. Depo-sitaranse en cinco bombos

diferentes e serán ex-traídas por volunta-rios e ante notariodende as decenas demillar ás unidades.

Unha vez que secoñezan os númerospremiados, Asetemdaralles difusión através da súa páxinaweb, dos medios decomunicación ao al-cance e de folletos quese repartirán nos co-mercios que partici-

paron na campaña. Os clientesafortunados terán ata o venres29 de xaneiro ás 13:00 horaspara presentar os boletos pre-miados nas oficinas de Asetem.

Segundo estimacións ba-seadas en campañas ante-riores, a patronal comarcalcalcula que este ano se repar-tirán entre a clientela pretode 90.000 rifas.

De moitos premios pequenos a poucos premios grandes

Page 4: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

4 Empresa Cerne 119. Decembro 2015

Establecementos participantes

Xoiería SilvelaXoiería RovalXoiería Oro LeyXebreXamonería Os GarceirasViñoteca RibeiraoUltramarinos AceiteiroTu BoutikSuministros Industriales CireStardemodaSport ModaSoc. Coop. MelisantoSisukaSantín Amo PerruqueirosRomero ZapateríasRecambios Vulcano “R” Melide (Hardgalicia)Pulpería TaboadaPizzería XoldraPescados e Mariscos ManoloPerfumería LyssParrillada PilmarParrillada O CarburoParafarmacia O CantónPanadería- Pastelería ToquesOrtopedia OrtosaúdeÓptica MelideOficina Técnica Javier López

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca

Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

ESTEESTE

TOCATOCA

Estación de Serv. CorredoirasElectrosanElectricidade VilelaEl mundo del pintorEkaté Desguaces LualDeportes LópezColorín ColoradoCociñas M. BujánCentro Comercial AresCC XestiónCasa SantosCasa JuanitoCasa AlongosCarola Moda 2012Calzados BrozCalitexCalifornia 66Cafetería-Pastelería EstiloCafetería StopCafetería MarianCafetería LodeiroCafetería ArraigosBodegas MejutoAngarelaAlain Afflelou MelideAcademia O Pequeno Besbello

MuxicaMultiópticasMuebles PaulaModas DándoloMobles AresMis Mejores LaboresMelimática MarviM&M ModaLibrería VictorioLibrería CousasLeiva MotosportLaia ZapateirosLácteos Terra de MelideLa CortinaIris MelideIntres FotografíaIntermax TechnologyImprenta MeligrafImaxina FotografíaHotel Carlos 96Gasolineira BoceloGalaica BisuteríaFroitas OlgaFloristería TarríoFloristería MaruEva Novás Mato - AvogadaEurocadena

Page 5: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Empresa 5Cerne 119. Decembro 2015

CLASIFICACIÓN POR ORDE DE IMPORTANCIA DOS DIFERENTES SERVIZOS PRESTADOS POR ASETEM

0

Bolsas p

ara o

com

ercio

Comunica

ción

corp

orativ

a

Cursos d

e

form

ació

n

Organ

izació

n de

even

tos

e feir

as

Tram

itació

n de

axudas

Xornal

Cerne

Aseso

ram

ento

gratu

íto

A dinamización comercial é a actividade máis valorada polos negocios asociados a Asetem

A mediación ante organismos oficiais tamén é altamente valorada

3,5

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

Mediac

ión an

te

organ

ismos

Organ

izació

n

de cam

pañas

Dinam

izació

n

com

ercia

l

4,4

5,3

6 6,1 6,1 6,3

6,9 7,2

8,1

As empresas e negocios aso-ciados a Asetem consideranque a actividade máis impor-tante de todas as que realizaa patronal é a dinamizacióncomercial. Así se desprendeda enquisa que se realizourecentemente entre todos osmembros da entidade e na que,entre outras cuestións, se llespedía que valorasen do 1 ao 10a importancia que para elesteñen os diferentes servizosprestados pola asociación.

Tendo en conta que a orga-nización de campañas é a ter-ceira actividade máis valorada(cun 6,9 sobre 10), pódesededucir que as iniciativas rela-cionadas coa promoción docomercio local son as que te-ñen máis crédito entre os aso-ciados. Non obstante, tamén éaltamente valorado o papel deAsetem como mediador e re-presentante ante as instituciónpara solucionar os problemasou trasladar as queixas do co-lectivo. Esta faceta recibe a se-gunda nota máis alta, cun 7,2.

Rozando o aprobado atopa-mos a publicación do xornalCerne, cunha importancia do5,3 sobre 10. Porén, cómpreresaltar que á pregunta “Consi-dera que a publicación do xor-nal debe seguir sendo unhaactividade primordial a pesardo custo extraordinario quesupón para a asociación?”, o72% dos socios consultadosresponderon “Si”.

PREMIO “SINTONIZA” PARA PILAR LEIVA

Casa Alongos, establece-mento asociado a Asetem,acollerá o próximo 8 de de-cembro a segunda edicióndo torneo de xadrez “Enró-cate en Casa Alongos”, noque poderán participar unmáximo de 28 xogadores.

Será un torneo rápido10´+ 5” que se disputará enseis ou sete roldas polosistema suízo. Haberá par-tidas en xornada de mañá,entre as 12:00 e as 14:00, epola tarde de 16:00 a 19:00horas.

As persoas interesadasen participar poden ins-cribirse ata o día 7 de de-cembro (ou ata completar

II Torneo de Xadrez “Enrócate en Casa Alongos” Tan doado como escoitar a

radio municipal, mostrar inte-rese polas actividades de Ase-tem e responder a preguntasdo máis sinxelo. Ese foi o xeitono que, dende o mes de maioata decembro, os clientes dastendas de Melide participaronen Sintoniza co teu comercio,unha campaña de dinamiza-ción comercial posta en marchapor Asetem que agora, co re-mate do ano, bota o peche. Du-rante estes meses repartíronse800 euros entre os clientes. Aúltima das afortunadas foi PilarLeiva, veciña de Melide, quepoderá gastar o seu vale de 100euros en calquera dos negociosasociados a Asetem.

A campaña tamén tiña porobxectivo dar a coñecer aopúblico en xeral o traballo que

Sandra Vázquez (cooperante de Asetem) e Pilar

se realiza dende a patronalno día a día. Así, a tavés deRadio Melide e dun espazodiario de 15 minutos de dura-ción, abordáronse ata 32

aforo), chamando ao nú-mero de teléfono 617 23 4393 ou a través da direcciónde correo electrónico [email protected]. Ocusto da inscrición é de 5euros, comida aparte. Osxogadores poderán xantarno propio local, onde ha-berá dispoñibles diferentesmenús.

Haberá premios en me-tálico para os gañadores: 70euros para quen quede noprimeiro posto, 50 eurospara o segundo, 40 para oterceiro, 30 para o cuartoe 20 euros para o quinto.Tamén se sorteará un libroe diferentes produtos.

temas diferentes, un cadasemana: historia, servizosdispoñibles, campañas, cur-sos ofrecidos, convenios asi-nados, eventos, etc...

Page 6: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

6 Empresa Cerne 119. Decembro 2015

Segundo o artigo 7 da Lei 27/2014 do 27de Novembro que aproba o Imposto sobreSociedades serán contribuíntes do citadoimposto entre outras “Las personas jurídicas,excluídas las sociedade civiles que no tenganobjeto mercantil.”A raíz deste artigo dedúceseque as sociedades civís con obxecto mercantilvan ter que tributar por imposto de sociedadesa partir do 1 de xaneiro de 2016.

Diversas consultas vinculantes publicadas polaDirección Xeral de Tributos ao longo do exer-cicio 2015 analizan en profundidade o termo“persoas xurídicas” e “obxecto mercantil”.En canto a ser “persoas xurídicas”, e citando ocódigo civil, establecese que a sociedade civilten personalidade xurídica sempre que ospactos entre os socios non sexan secretos.Neste ámbito, indican as consultas vinculantesque, as sociedades obterán personalidadexurídica cando sexa necesario constituírse endocumento público, ou en documento privado,sempre que neste último caso dito documentose aportase ante a Administración tributaria cofin de obter o número de identificación fiscaldas persoas xurídicas e entidades sen perso-nalidade (NIF).

En canto ao “obxecto mercantil”, indícase nasconsultas vinculantes que se entenderá por ob-xecto mercantil a realización dunha actividadeeconómica de produción, intercambio ou pres-tación de servizos para o mercado nun sectornon excluído do ámbito mercantil, quedandoasí excluídas de ser contribuíntes do Impostosobre Sociedades as entidades que se dediquena actividades agrícolas, gandeiras, forestais,mineiras e de carácter profesional, por serditas actividades alleas ao ámbito mercantil.

En resumo, serán sociedades civís que tributenpolo Imposto de Sociedades as que teñan uncontrato non secreto (solicitasen CIF) e contencon obxecto mercantil (todas excepto a agricul-

tura, gandería, forestal, mineira e actividadesprofesionais).

Este cambio de normativa fai que as socieda-des civís que cumpran os requisitos anterior-mente citados teñan que tributar, a partir do1 de Xaneiro de 2016, polo imposto de socie-dades (con carácter xeral 25% sobre benefi-cios); e en canto a IVA deixen de poder tributarpor módulos ou estar no sistema especial derecargo de equivalencia.

Como a partir do ano 2016 se equipara o tra-tamento fiscal das sociedades civís ás socie-dades mercantís (S.L. e S.A.), tamén seentende equiparado o tratamento fiscal dasretribucións dos socios traballadores, é dicir,a partir do 2016, os socios das sociedadescivís poderán ter nómina deducible fiscal-mente pola sociedade, e os socios tributaránpolos rendementos do traballo.

No único que as sociedades civís con obxectomercantil se diferenciarán das sociedades mer-cantís tradicionais, será na responsabilidadedos socios fronte a terceiros, que será persoale ilimitada, é dicir, unha vez liquidado o patri-monio da sociedade, se non chega para cubriras débedas, os socios responden con todos osseus bens presentes e futuros.

Habilítase un réxime especial de disolucióne liquidación, con beneficios fiscais, paraaquelas sociedades civís que a consecuenciada reforma pasen a tributar polo Imposto deSociedades e non desexen facelo. O prazo paradita liquidación establécese nos 6 primeirosmeses do 2016 e ata a total disolución e liqui-dación a sociedade tributará segundo o viñafacendo. Se non se liquida nos 6 primeirosmeses de 2016, a sociedade tributará dende o1 de Xaneiro polo Imposto de Sociedades.

As Comunidades de Bens, conforme a doutrina

que a Dirección Xeral de Tributos emite en diversas consultasvinculantes ao respecto, non serán suxeitos pasivos do Impostode Sociedades por non ser sociedades civís. Así, estas entidadesseguirán tributando en réxime de atribución de rendas no IRPFe poderán seguir tributando en módulos ou en recargo de equi-valencia.

A data de hoxe non se sabe aínda como vai a actuar a Adminis-tración coas comunidades de bens xa constituídas e que teñencomo obxecto social unha actividade mercantil, a mesmaque podería ter un sociedade civil. Tampouco existe normativaque ampare a Administración na constitución de novas Comu-nidades de Bens, se ben a opinión dos expertos nesta materiaé que non se poderán constituír comunidades de bens conactividades mercantís e estas só quedarán como sociedadespara a mera “conservación e aproveitamento” de bens comúnsentre os participes da citada comunidade de bens.

Todo o exposto anteriormente está elaborado en base a consul-tas vinculantes e informes emitidos por expertos e asociaciónsprofesionais coa información que ata finais de novembro pro-porcionou a administración. Hai moitas lagoas que se esperaque se resolvan nos próximos meses para poder actuar conmaior seguridade xurídica e poder así aplicar o novo sistematributario.

Existen novas magnitudes excluíntes con carácter xeral:.- Volume de ingresos no ano inmediato anterior superior a

250.000€ para o conxunto de actividades económicas, exceptoas agrícolas, gandeiras e forestais. Computaranse a totalidadedas operacións, exista ou non obriga de expedir factura. Asoperacións nas que exista obriga de expedir factura cando odestinatario sexa empresario, non poderá superar 125.000 €.

.- Volume de ingresos para o conxunto de actividadesagrícolas, forestais e gandeiras superior a 250.000€.

.- Volume de compras en bens e servizos no ano inmediatoanterior, excluídas as adquisicións de inmobilizado, superiora 250.000 €.

Exclúense todas as actividades suxeitas a retención do 1%da tributación de módulos coa excepción de transporte demercancías por estrada e servizos de mudanzas. Así mesmo,modifícanse as magnitudes específicas dos epígrafes detransporte de mercancías por estrada e servizos de mudanzas,diminuíndo de 5 a 4 os vehículos en calquera día do ano.

(BOP 226 do 25 DE NOVEMBRO DE 2015)Obxecto: Axudas a entidades sen ánimo de lucro para desen-rolar actividades ou investimentos no exercicio 2016.Liñas: promoción económica, actividades culturais, activida-des de fomento do deporte, agricultura entre outros.Prazo de solicitude: Dende o 26 de novembro ata o 15 dexaneiro de 2016Axuda: entre 600 € e 30.000 €Investimento mínimo: 3.000 €Solicitude: telemática a través da plataforma da deputación.

Apuntes sobre a interpretación da normativa de sociedades civís

Cambio na normativa de módulos 2016

Subvencións da Deputación

Page 7: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Empresa 7Cerne 119. Decembro 2015

Mercar no pequeno comercio fainos grandes

Que é

o pequeno

comercio

Son as tendas da nosa vila:

peixerías, carnicerías, froiterías,

mercerías, ferraxerías, xoierías,

talleres... e outros comercios que

temos á beira da casa e onde

mercamos os produtos que

necesitamos para o día a día.

No pequeno comercio axúdanche a atopar o que buscas,

aconséllante e incluso te chaman polo teu nome. Seguro

que moitos tendeiros son veciños teus!!

? Cales son as

súas ameazas?Nos últimos anos construíronse nas

cidades grandes centros comerciais

que abren moitas horas. A clientela

acode a eles, aínda que teña que viaxar

moitos quilómetros no coche, porque pensa que alí

vai atopar máis variedade e prezos baratos. Como consecuencia

diso as tendas da nosa vila venden menos e moitas delas vense

na obriga de pechar. Se pechan, moita xente queda sen traballo.

- Nas tendas fíanse de nós e nós fiámonos delas.

- Infórmannos se temos dúbidas e explícannos todo o que queiramos.

- Non é preciso coller o coche para ir mercar. Podemos facelo paseando.

- O pequeno comercio dálle vida á vila e axuda a que medre.

- Mercando no pequeno comercio axudamos a crear traballo na comarca.

Que vantaxes ten o pequeno ?comercio- Os tendeiros son os nosos veciños/as.

- Recibimos un trato especial .

Cómpre coñecer dende ben ca-tivos as vantaxes do comerciode proximidade e a transcen-dencia que ten no desenvol-vemento de calquera vila.Partindo desta máxima a Aso-ciación de Empresarios Terrade Melide (Asetem), en cola-boración coas Anpas dos trescolexios da vila, organiza unconcurso de debuxo que per-segue “promover o comerciolocal entre os estudantes deinfantil e primaria e facelosreflexionar sobre a súa im-portancia”.

Baixo o título O comercioda túa vila, a actividade de-senvolverase durante as vaca-cións de Nadal e nela poderánparticipar de xeito individualtodas as nenas e nenos que se-xan socios das Anpas. Xustoantes de que rematen as cla-ses, entregaráselle aos cativosunha folla informativa comoa que figura no fondo destapáxina que lles servirá comoguía. A partir de aí farán osdebuxos nas súas casas e teránliberdade para abordar dife-rentes aspectos relacionadosco pequeno comercio. Os tra-ballos, que se farán sobrepapel ou cartolina en tamaño

Debuxos para concienciar sobre aimportancia do pequeno comercio

DIN A-4, terán que levar untítulo e deberanse entregarnas sedes das Anpas antes dodía 10 de xaneiro.

Exposición e premiosCo fin de lograr unha maiordifusión dos debuxos, Asetem,de acordo cos titores dos cati-vos, expoñerá as creacións nosescaparates dos comercios enos locais de hostalería da vila.

Ademais tamén se conce-derán varios premios medianteun sorteo que se realizará nomes de febreiro, en coinciden-cia coa celebración do Merca-melide de inverno. En totalsortearanse 200 euros en valesde compra de 20 e 30 eurosque se poderán gastar en cal-quera tenda asociada a Asetem.Haberá tamén sorteo de aga-sallos sorpresa.

Co concurso O comercio datúa vila Asetem colabora denovo coas tres Anpas de Me-lide, logo de telo feito con an-terioridade en campañas comoa do Bono Asetem. Dende axunta directiva manifestan asúa intención de “seguir man-tendo unha liña de colabo-ración no futuro para achegaros cativos ao noso comercio”. Entrega de premios do concurso de debuxo organizado por Asetem na Festa do Melindre de 2013

Asetem organiza un concurso en

colaboración coasAnpas dos tres

colexios de Melide

En coincidencia coa celebración do

Mercamelide de inverno sortearanse200 euros en vales

Os traballos feitospolos cativos seránexpostos durantedúas semanas nosescaparates da vila

Page 8: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

8 Empresa Cerne 119. Decembro 2015

CELSA MARIñO, DIRECTORA DA OFICINA DE CORREOS DE MELIDE

“Os carteiros son o mellor expoñente da nosa vocación de servizo público”

Confía na utilidade do traballo que fai e así o transmite en cada unha

das súas respostas. Hai pouco máis de sete meses que Celsa Mariño

pechou un círculo profesional e regresou a Melide, a vila onde deu os

seus primeiro pasos como carteira, para dirixir a oficina de Correos. Faino

logo dunha traxectoria profesional que lle permitiu coñecer ben o funcio-

namento interno desta empresa “con vocación de servizo público” e que

atravesa por un momento de cambio que obriga a unha aposta constante

por “novos produtos de futuro que lle faciliten a vida á cidadanía”.

Celsa Mariño Río dirixe dende o 1 de maio a oficina de Correos de Melide

“Somos fiablesno reparto e

niso marcamosa diferenza con

respecto a outrasempresas ”

“Recoméndolleaos empresariosque nos visiten e

nos expliquen as necesidades

que teñen”

- Todos coñecemos Co-rreos, pero seguramentese nos escapen moitos dosservizos que presta. Des-cúbranos algún deles...-Celsa Mariño (C.M.): Qui-zais moita xente non saiba,por exemplo, que temos unservizo específico para o Ca-miño de Santiago. É un dosmáis recentes e no caso con-creto da oficina de Melide,unha vila pola que pasan o Ca-miño Francés e o Primitivo,está funcionando moi ben. Éun servizo que consiste notransporte de mochilas e demaletas dende diferentes eta-pas. Os peregrinos só teñenque chamar a un número deteléfono ou ben contactar connós a través de internet e apartir de aí contratar por tra-mos ou organizar o transportede toda a viaxe. Incluso nosencargamos de enviarlles asbicicletas de volta á casa, e acalquera punto de España, através dunha sucursal provi-sional que temos na Praza doObradoiro.

- Renovarse ou morrer.Está buscando Correosnovas liñas de negocioante a crise da comuni-cación tradicional por víapostal?-C.M.: Estamos apostandoconstantemente por novosprodutos e por servizos defuturo que lle faciliten a vidatanto ás empresas como ácidadanía. Por poñer outroexemplo, Correos está colabo-rando co Concello da Coruñanun proxecto de cidade inte-lixente. Os nosos carteiroslevan unha aplicación na súaPDA a través da que rexistranincidencias que lles comentanos veciños. Entón se unha per-soa avisa ao carteiro de quehai unha fochanca na rúa, eldá parte ao concello a travésdesa aplicación.

- Referiuse antes ás em-presas. Que servizos espe-cíficos teñen para estesector?-C.M.: Eu sempre lles digoaos empresarios que se ache-guen ata a nosa oficina e quepidan presuposto para todoo que queiran facer, que nosexpliquen as súas necesida-des, porque seguro que temoso produto axeitado. Algo quefunciona moi ben é a publi-cidade sen dirección; paralanzar revistas, folletos oucampañas comerciais pode-mos conseguir prezos moicompetitivos. Ademais, e isoé algo no que marcamos adiferenza, somos fiables noreparto. O carteiro sabe asvivendas que están habitadase as que están baleiras, ase-gúrase de que vai quedarun folleto en cada buzón enon vai meter vinte xuntos

para rematar antes.

- Á marxe da parte empre-sarial hai tamén esa outraparte humana, a do día adía dos carteiros. Ata quepunto é importante?-C.M.: Os carteiros son unhadas partes máis importantesporque están en contactodirecto coa xente e detectan oque necesita. Date de contaque os carteiros rurais de Co-rreos chegan a moitos lugaresaos que non chega ningunhaoutra empresa. Son o mellorexpoñente da nosa vocaciónde servizo público e inclusofan de psicólogos: falan coaxente no día a día, lenlle cartasa moitas persoas maiores quenon as entenden... son unmáis da familia.

- Non hai moito tempo fa-louse de substituír os car-

teiros rurais nalgunhaszonas por buzóns comuni-tarios. Que lle parece estamedida? -C.M.: Non estou de acordocon ela. É un servizo necesa-rio. Nos pobos dos Ancares ossupermercados teñen un con-trato con Correos a través docal os carteiros levan a compraás casas de xente que non tenmedios para desprazarse.Imaxina o que suporía paraesas persoas que desapareceseo seu carteiro.

- Defende a xestión pú-blica das empresas e a deCorreos en concreto? -C.M.: Si. E dígoche ademaisque Correos funciona moi ben.En todos estes anos labramosunha boa imaxe que fai que oscidadáns, as empresas e asinstitucións confíen en nós.Por poñer un exemplo, moitas

ONG´s acoden a Correos parapoñer en marcha proxectos decolaboración porque confíanen nós e saben que somosserios. Refírome a Unicef e astarxetas de Nadal, á loteríada Cruz Vermella ou aos bolí-grafos solidarios de CrecerJugando.

- Cal foi a súa traxectoriaprofesional ata chegar ádirección da oficina deCorreos de Melide? -C.M.: Pasei por todas as fa-ses posibles. Fun carteira rurale urbana e traballei en aten-ción ao cliente ata que aprobeias oposicións e tiven praza enMadrid. Logo estiven de car-teira en Perillo e máis tardepresenteime aos exames de di-rectora de oficina. Aprobeinose comecei facendo substitu-cións: Teixeiro, despois en Ar-zúa oito anos e agora Melide.

Page 9: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Publicidade 9Cerne 119. Decembro 2015

Síguenos en

Nestas festas de Nadal,

as nosas mellores

ofertas en

CALIDADE

e PREZO

Cantón de San Roque, 11- MELIDE

Page 10: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

10 Publicidade Cerne 119. Decembro 2015

al comprar tus mógraduadas

con

GRATIS2

77€

asgafas

Ronda de A Coruña, 2015800 MelideA Coruña

www.multiopticas.com

22 asgafas

asGRAal c

TISGRAGRATIS

aduadasompr móar tus ompraduadas

al c

gafTIS

cgrgr

c

€7777€

on gr

con aduadas

caduadas

15800 Ronda de A Coruña, 20

MelideRonda de A Coruña, 20Ronda de A Coruña, 20

.multiopticas.cwww

A Coruña15800

om.multiopticas.c

A CoruñaMelide

Page 11: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Melide 11Cerne 119. Decembro 2015

“Temos que facer fillos autó-nomos que sexan capaces deresolver os seus problemas;porque isto é algo que valepara os estudos e para o restoda vida”. Unha frase directa esen voltas, que ataca a liña deflotación do sobreproteccio-nismo e que forma parte daprimeira lección impartida naEscola de Nais e Pais queacaba de poñer en marcha oIES de Melide.

Esta iniciativa, que seguea estela doutros centros deensino secundario como o dePalas de Rei, busca crear unespazo onde poñer en común“dúbidas, medos, erros e acer-tos” para orientar aos proxeni-tores na educación dos seusfillos durante unha das etapasmáis complexas da súa vida; aadolescencia. “A idea xa viñafraguándose dende o curso pa-sado porque nós entendemosque a educación ten que facerpartícipes non só aos alumnose aos profesores, senón taméná familia”, explica GracielaFiaño, orientadora do IES, “en-tón a maneira de dinamizar esaparticipación é crear un espazono que intercambiar opiniónse compartir inquietudes”.

A propia Graciela foi a en-cargada de dirixir a primeiradas charlas, que se celebrouo pasado 23 de novembro nabiblioteca do centro e á que

Pais e nais que volven ás aulas

acudiron algo máis de 50pais e nais; un “bo inicio”, enopinión da orientadora, quenexplica que se inscribiu naescola de nais e pais “arredordo 10% das familias”. Esteproxecto educativo desenvol-verase ao longo do presentecurso e “en función de comovaia saíndo a cousa” terá ounon continuidade en vindeirosanos académicos.

funcionamento da escolaCada mes a escola de nais epais realizará unha xuntanzade unha hora e media aproxi-mada de duración. Algunhasserán dirixidas polos mestresdo instituto e para outrasacudirán especialistas “conexperiencia” nos diferentesasuntos que se aborden. Todaselas terán unha estrutura se-mellante, cunha primeiraparte de exposición que darápaso a un tempo de debatee reflexión que nalgunhasocasións incluirá talleres prác-ticos e simulación de casosreais. Como reforzo de todo ofalado e comentado, creouseun blog ao que pais e nais po-derán acudir cando queiran.

Entre os temas que seabordarán nas reunións destecurso están a adolescencia,como mellorar a relación cosfillos, o acoso escolar e as no-vas tecnoloxías, prevención de

drogodependencias, educa-ción afectivo/sexual e orienta-ción académica e profesional.Os promotores da escola denais e pais aseguran que sontemas “que demandan asfamilias” e animan a que “alongo prazo” sexan elas mes-mas quen propoñan os asun-tos a tratar.

Na primeira das xuntanzasfalouse sobre como axudar aofillo/a nos estudos, afondandonos factores e nas estratexiasque inflúen no éxito escolar. Amotivación, un entorno favo-rable ou a boa planificaciónforon algunhas das claves quese puxeron enriba da mesanunha sesión na que tamén sequixo enfrontar ás familiascoas súas propias contradi-cións: “somos coherentes coque lles pedimos?”, preguntouGraciela Fiaño. A orientadorainsistiu no labor dos paiscomo supervisores e na impor-tancia de darlle aos adoles-centes “cotas de autonomía”.

Dende a Anpa do IES ex-presaron a súa satisfacciónpola posta en marcha destainiciativa que, segundo mani-festaron algúns dos membrospresentes no primeiro encon-tro, “é un desexo que non vi-mos feito realidade ata agorae que responde a unha inquie-tude que había por parte demoitos pais e nais”.

Arredor de 50 pais e nais asistiron ao primeiro encontro na biblioteca do IES

O IES de Melide crea unha escola dirixida ás familias paraorientar e debater sobre a educación dos seus fillos e fillas

O peite dos ventos

fOTO-DENUNCIA

As consecuen-cias que deixoua burbulla do la-drillo e a criseeconómica vanmás alá das rin-gleiras de para-dos ante as ofi-cinas do INEM.Teñen unha dassúas manifesta-cións estéticasnas grúas xigan-tes que co seuestado de semia-bandono nos re-cordan que ostempos pasadosforon mellores.

En Melidehai unhas pou-cas, vixiantessobre as nosas cabezas coas súas estruturas metálicas, cor-tando o vento, vendo o tempo pasar. Bonitas non son e con-fianza inspiran pouca coa súa ferruxe incipiente agardandopolo inverno. Se non se usan, que non estean.

Os socialistas de Melideconsideran necesario dotarde beirarrúas toda a con-torna do colexio MestrePastor Barral (nº 3) paraevitar situacións “de poten-cial risco” nas que o alum-nado “ten que compartir oespazo de circulación connumerosos vehículos”.

A súa proposta foilletraslada ao executivo localno último pleno en forma

O PSOE pide beirarrúas paraa contorna do colexio Nº 3

Nais, pais e cativos vense na obriga de transitar pola estrada

de rogo. Sen entrar en detalles,a alcaldesa, Dalia García, ex-plicou que dende o Concellonon se prevé realizar nin-gunha actuación a curto prazoxa que se está elaborando “unplan” para a zona que contem-pla a urbanización completade toda a área.

O PSOE solicitou tamén quese dote de iluminación a sendapeonil que comunica o cascourbano co campo de fútbol.

Page 12: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

12 Melide Cerne 119. Decembro 2015

O Instituto Galego da Vivendae do Solo (IGVS) move ficha easume compromisos en rela-ción coas deficiencias da se-gunda promoción de vivendaspúblicas de Melide. Logo dapresión exercida por propieta-rios e inquilinos ante o cúmulode problemas acumuladosao longo dos últimos oito anosno edificio, a Xunta confirmaque aboará os danos derivadosdos defectos de obra, aíndaque non aqueles que se pro-duciran polo uso ou pola faltade mantemento.

Á espera de avaliar polomiúdo os desperfectos detec-tados no interior dos pisos,un técnico do IGVS visitou xao edificio para realizar unhaprimeira avaliación de danos,un xesto que o voceiro do BNGde Melide, Xosé Igrexas, con-sidera “un paso importante”pero insuficiente: “non chegasó con avaliar, agora hai queir máis alá, presupostando eadxudicando as obras de re-paración canto antes”.

A deputada do BNG Ana Pontón visitou o edificio

A Xunta custeará parte dos arranxosnecesarios nas vivendas de protección

Igrexas exerceu de anfitriónna visita que a deputada auto-nómica do BNG Ana Pontónrealizou ás vivendas para co-ñecer de primeira man a pro-blemática antes de presentarunha moción ao respecto noparlamento galego e solicitarunha partida económica de100.000 para arranxar asdeficiencias detectadas.

Pontón fixo un chama-

mento ao PP para que “nonenterre a solución a problemasque poñen de manifesto amala xestión da Xunta encuestións ordinarias que seterían que resolver sen quefixeramos este tipo de inter-vencións”. Criticou por outrabanda que nesta lexislatura sefixera un recorte “de preto do80%” nas políticas relaciona-das coa vivenda.

Un ex-alumno do institutopremio Arquímedes 2015

David Méndez Martí-nez, ex-alumno do IESde Melide, acadou re-centemente o segundopremio no certameuniversitario Arquíme-des 2015, dentro daárea de Ciencias Expe-rimentais, Exactas eAmbientais. Este con-curso destinado a estu-dantes universitariosten por obxectivo fo-mentar o espírito em-prendedor mediante aconcesión de premiosa traballos de investi-gación. Na actualidadeDavid Méndez está apreparar a súa tesedoutoral na Univer-sidade de Málaga des-pois de rematar en2014 os estudos degrao en Matemáticas,pola Universidade deSantiago co mellor ex-pediente da súa pro-moción.

NOTICIAS BREVES

O BNG de Melide presentou no parlamento galego unhaemenda para solicitar a construción da depuradora dopolígono industrial. Os nacionalistas demandan da Xuntaun investimento de 550.000 euros ao tempo que criticano proxecto do PP, que se amosa partidario de desviar osvertidos cara á actual depuradora municipal: “é un grandeerro, xa que sería mandar residuos industriais a unhadepuradora que xestiona a auga que beben veciños e veci-ñas”, apunta o concelleiro Xosé Igrexas.

O BNG tamén presentou outra emenda para poñer enmarcha un proxecto de rehabilitación, sinalización e integra-ción paisaxística do Camiño francés ao seu paso por Melide.

Depuradora para o polígono

O PSOE de Melide presentou unha denuncia ante a XuntaElectoral por considerar “un acto cun fin claramente elec-toral nun período prohibido pola lei” a visita ao centro desaúde que realizaron o pasado 27 de novembro o conselleirode Sanidade, a conselleira de Medio Rural, a xefa territorialde Sanidade, o xerente do Hospital Clínico de Santiago, odirector de recursos financeiros e a alcaldesa de Melide. Paraos socialistas “é indignante e unha burla que se presentenaquí despois de que a Xunta só destine no proxecto de orza-mentos para o ano 2016 a cantidade de 300.000 euros,que só chegará para colocar a primeira pedra na vindeiracampaña electoral das eleccións autonómicas”.

Denuncia por acto electoralista

O Concello de Melide está aexecutar actualmente dousproxecto de obra que levanaparellado o arranxo de 13rúas do casco urbano. O pri-meiro, cunha dotación eco-nómica de 138.774 euros,abrangue o arranxo de cincorúas: almirante Brown, rúamestre Nilo Cea Rodríguez,Rúa San Cosme e rúa EduardoM. Tuner.

O segundo proxecto, cuninvestimento total de 102.321euros, contempla a pavimen-tación das seguintes rúas:Martagona, Curros Enríquez,Vista Alegre, Xoán XXIII, Pas-tor Barral, alcalde ManuelSalgado, Antonio Ron Varelae o acceso á área recreativa dorío Furelos.

Por outra banda tamén seinvestirán 22.597 euros norural para a pista que vaidende a estrada AC-840 ataCastiñeiroa (Xubial) e paraa que comunica a N-547 conúcleo do Leboreiro.

ASFALTAN 13 RÚAS DO CASCO URBANO

Obras do PAS da Deputación

Pavimentación e seguridade vial na rúa Antonio Prado e outras

Pavimentación en pista a Maceda e outras

Cambio da cuberta lateral dopolideportivo de Melide

Cambio de ventás do EdificioMultiusos

160.360 €

65.030 €

66.278 €

166.785 €

IES Melide

Page 13: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Comarca 13Cerne 119. Decembro 2015

A nova conselleira de MedioRural e exalcaldesa de Melide,Ánxeles Vázquez, aposta polafusión de cooperativas gandei-ras como única vía de saída áactual crise láctea. Ese será oseu principal cabalo de batallaá fronte da consellería, se-gundo deixou patente duranteo primeiro encontro que man-tivo cos gandeiros da comarcadespois de asumir o cargo opasado mes de setembro.

Foi no economato de Meli-santo onde, ante medio cento

de profesionais, Vázquez mani-festou que vai “deixar a pel”ata conseguir organizar “porcompleto” o sector, unha tarefaque asumiu incluso como unreto persoal: “vouno conseguircuste o que me custe”. A conse-lleira manifestou que os gan-deiros deben ser capaces deorganizarse “para poder nego-ciar os prezos” e nesa liñaavanzou que de cara ao pró-ximo ano se incluirá nos orza-mentos da Xunta unha partidaespecífica con axudas para as

Ánxeles vázquez: “vou organizar osector leiteiro custe o que me custe”

VOLVEN AS PROTESTAS ANTE O FRACASO DO ACORDO LÁCTEO

Tres meses despois das masivas protestas protagonizadaspolos gandeiros galegos para reclamar un prezo digno enorixe para o seu leite, o sector volve saír á rúa. Denunciano fracaso do acordo lácteo e apuntan ás empresas distri-buidoras e ao paradoxo que supón ver o leite entre 3 e5 céntimos máis caro nos estantes dos supermercadosmentres aos produtores se lles mantén ao mesmo prezo.A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo anuncia quemobilizará de novo os tractores nas cidades de Galicia.Recentemente promoveu concentracións diante de grandessupermercados para “explicarlle á cidadanía o que ocultaa distribución detrás da suba do prezo do leite”.

A Conselleira acompañada pola alcaldesa de Melide e o presidente de Melisanto

cooperativas que se unan. Esta é unha das liñas estra-

téxicas para 2016 que Vázquezpresentou ante os gandeirospoucas horas despois de facelono Parlamento de Galicia. Ou-tra das medidas que estuda, eque tentará consensuar coaPlataforma en Defensa do Sec-tor Lácteo, é a creación dunPlan Estratéxico do Rural Ga-lego, sobre o que xa avanzouque non incluirá o establece-mento dun prezo mínimo parao leite en orixe: “quedou claro

A corporación de Toques acor-dou por unanimidade esta-blecer contactos coa Xunta deGalicia para solicitar a compraou cesión dos terreos de Pon-tequeimadas que se atopan en-tre as vivendas de protecciónoficial e o campo de fútbolmunicipal. A iniciativa parafacerse con esta parcela, titu-laridade do Instituto Galegoda Vivenda e do Solo (IGVS),partiu do equipo de goberno(BNG e PSOE), que consideraos terreos idóneos para dedi-calos “ao uso público”.

O alcalde, José Ángel Penas,xustificou a iniciativa na nece-sidade que ten o concello “deespazos públicos para facercousas” e adiantou que a par-cela se podería empregar paraconstruír un almacén no quegardar maquinaria ou paraampliar as instalacións depor-tivas. Pola súa banda o tenente

Toques solicitará a cesión dos terreosanexos ás vivendas de protección

de alcalde, Miguel Buján, enga-diu que o cambio de titulari-dade da parcela tamén seríabeneficioso para os habitantesdas vivendas de protecciónoficial, que teñen na leiradende tendais para colgar aroupa ata casetos para gardar aleña. “Se somos capaces deconseguir eses terreos pode-rían seguir utilizándoos, men-tres que agora se vén por aí aXunta podería sancionalos”.

Promoción do leite galegoTamén houbo acordo da cor-poración, pero non unánime,para unirse á campaña depromoción do leite galego quelanzou a Xunta de Galicia. PPe PSOE votaron a favor damoción presentada ao respectopolos populares mentres que oBNG se abstivo por considerara campaña “un parche” ante ofracaso das políticas gandeiras.

que non existe pero hai formasde presionar e esa é a liña polaque hai que ir”.

Sobre o acordo lácteo asi-nado en setembro en Madrid,Vázquez admitiu que “hai al-gún eslabón da cadea que estáfallando” e pediulles aos gan-deiros “un pouco de tempo” ávez que manifestou ao respecto

que “non vou ser das persoasque vaia pola porta de atrás”.

A conselleira tamén adian-tou que se van paralizar asconcentracións parcelarias na-queles lugares “onde non haxaexplotacións” e que se axiliza-rán “só en comarcas con acti-vidade agraria”, entre as queincluíu as de Melide e Arzúa.

Page 14: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

14 Comarca Cerne 119. Decembro 2015

ESTE NADAL,ADOPTA UN CAN

Axúdalles a atopar un fogar digno

DORA

Cachorra de 8meses e 8 kgde peso. Moi

dinámica e alegre.Xoguetona, moicariñosa e boa.

Adáptase acalquera casa.

YOLI

Cadela de 8meses e tamañopequeno. Moi

obediente. Alegree cariñosa con

adultos e cativos.

LADY

Visita a páxina de Facebook

“CANS PERDIDOS EN MELIDE”para obter máis información

Tlf. de contacto: 639 97 10 05

Cadela de seismeses. Tamaño

mediano-grande.Bonita e de

carácter doce.URXE

ADOPCIÓN!!

UN CAN NON É UN XOGUETESe mercas ou adoptas, faino con

RESPONSABILIDADE

O Concello de Toques recibiucomo auga de maio a modi-ficación dun convenio que oanterior goberno local (XCPT -PP) tiña asinado coa Deputa-ción e que obrigaba a achegardende as arcas municipais46.000 euros para poder reci-bir unha subvención e executarun proxecto de obras.

Dita cantidade correspón-dese en concreto co 20% dunhaaxuda nominativa que o orga-nismo provincial concedeu aprincipios deste ano para a“execución de obras de interioren Prados e outros”. Comocondición para poder realizar oinvestimento, o concello debíapoñer da súa parte eses case46.000 euros. Co obxectivo denon perder a subvención, oanterior executivo modificouo orzamento e retirou parteda asignación presupostariadalgunhas partidas ata reunir acantidade esixida.

A xuízo do actual gobernolocal (BNG-PSOE), que naquel

Toques evita a asfixia orzamentariatras pechar un acordo coa Deputación

momento estaba na oposición,esa manobra “deixou o orza-mento desencaixado” e compli-cou a xestión económica no

último tramo do ano. Foi poriso que o bipartito chamou ásportas da Deputación pararenegociar o convenio e conse-guir a devolución dese 20%correspondente ao proxectode obras en Prados.

Finalmente o organismoprovincial cedeu e o pasado 26de novembro aprobou en plenoa modificación, de xeito queToques poderá incorporar denovo os 46.000 euros ao orza-

O goberno local recupera 46.000 €que o Concello tiñaa obriga de poñer

como complementodunha subvención

mento “e recuperará parte daestabilidade orzamentaria”, ex-plica o alcalde nacionalista,José Ángel Penas. A isto o re-xedor engada que “a negocia-ción foi moi difícil pero agoraestamos nunha situación me-llor ca hai seis meses e remata-remos o ano menos asfixiados”.

A situación económica deToques no tramo final do exer-cicio económico de 2015 noné do máis folgada. Segundo asexplicacións dadas polo secre-tario-interventor no últimopleno, a día 18 de novembro ocrédito dispoñible para gastocorrente era de 83.817 euros,sen sumar as partidas de per-soal e de subvencións paraobras. Dista cantidade seríasuficiente para o que resta deano “se estivese todo pagado”,apuntou o secretario ao tempoque explicou que hai inclusofacturas pendentes de abrile maio e que no seu conxuntosuperan “seguro” o importe de83.817 euros.

16:00 h. Apertura da feira ó público

17:00 h - 20:00 h. Xogos populares norecinto feiral.

17:30 h - 18:30 h. “Cata comentada deArzúa-Ulloa (DOP), Ternera Gallega(IXP) e viño da Ribeira Sacra (DO).Previa inscrición.

18:00 h. Acto oficial de apertura a cargode Ánxeles Vázquez, conselleira de MedioRural

19:00 h. Teatro: As Bulideiras.

20:00 h. Peche da feira.

10:00 h. Apertura da feira ó público

11:00 h - 12:00 h. Maridaxe melindres eespumosos

12:20 h - 12:30 h. Obradoiro de elaboraciónde queixo para os nenos e nenas.

16:00 h. Peche e clausura da feira.

Durante toda a fin de semana, haberá

no recinto feiral animación,

degustación e habilitación

de photocall rural

Sábado, 12 decembro Domingo, 13 decembro

Page 15: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Publicidade 15Cerne 119. Decembro 2015

www.lindesmelide.com 981 935 [email protected] Ronda da Coruña 68, Baixo Izda. 15800 (Melide)

RACIÓNS E TAPAS

1.- CODIDO COMPLETO con caldo ou sopa de cocido & pan & viño & postre & café & chupito...........................................18

(SÁBADOS E DOMINGOS)

2.- CROQUETAS DE BACALLAU OU COCIDO.....................................................................................................................4,53.- HAMBURGUESA DE PULPO “CASA ALONGOS”.........................................................................................................4,254.- HAMBURGUESA GOURMET DE BOI ANGUS BLACK..................................................................................................4.755.- HAMBURGUESA VEXETAL............................................................................................................................................4,256.- PARRILLADA DE VERDURAS e ali oli de aguacate............................................................................................................57.- CABACIÑOS RECHEOS e salsa de iogur............................................................................................................................58.- RAXO “ALONGOS” con pementos e patacas...................................................................................................................7,59.- TÁBOA DO CAMIÑO..........................................................................................................................................................1010.- PAN CATETO CON XAMÓN .............................................................................................................................................511.- MONTADIÑO DE QUEIXO SAN SIMÓN E PULPO............................................................................................................612.- MONTADIÑO VEXETAL E QUEIXO ARZÚA ULLOA..........................................................................................................613.- MAR E MONTAÑA DE PULPO E ORELLA ......................................................................................................................1014.- TORTILLA DE PATACAS E CEBOLA (para 4 persoas) con aceite de oliva virxe extra...................................................1215.- ZAMBURIÑAS Á GRELLA Ración (por encargo) ...........................................................................................................1016.- VIEIRAS “ALONGOS” Unidade (por encargo) ..............................................................................................................3,7517.- PULPO Á FEIRA .............................................................................................................................................................7,5

POSTRES CASEIROS:Crema de chocolate ...............................................................................................................................................................2,5Arroz con leite ........................................................................................................................................................................2,5Biscoito ...................................................................................................................................................................................1,4Queixo con mel ou marmelo caseiro ......................................................................................................................................2,5

CHUPITOS DE LICORES CASA ALONGOS:Augardente, herbas, café, crema de arroz con leite, crema de orujo ....................................................................................1,2

INFUSIÓNS ECOLÓXICAS ALMA .........................................................................................................................................1,3ZUMES ECOLÓXICOS DELIZIUM1L. ..........................................................................................................................................................................................2,533 cl. .......................................................................................................................................................................................1,4

ESPECIAL CARTA DE VIÑOS:RIBEIRO, RIBEIRA SACRA, RÍAS BAIXAS, MONTERREI, RIOJA, RIBERA DEL DUERO, NAVARRA, VIÑOS DE AUTOR

Croquetas caseiras de cocido,

bacallau ou verduras

Montadiños de pulpoe queixo San Simón

Propostas ricas

e diferentes

Camiño Vello de Santiago - MELIDETfno.: 981 506 392 Móbiles.: 619 229 334 / 686 312 851 www.casaalongos.com - [email protected]

SÁBADOS E DOMINGOS

DE COCIDO

Reserva o teu xantar ou ceaen familia, cos amigos, coa empresa...

INMOBILIARIA MELIDE AGORA É NOVA IMAXE

Page 16: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

16 Publicidade Cerne 119. Decembro 2015

Tlf: 982 153 232 / 679 035 713

ILUSTRE COLEGIO DE ODONTÓLOGOSY ESTOMATÓLOGOS DE A CORUÑA

Ronda da Coruña, 31 - 1ºB

15800 - MELIDE (A Coruña)

Tlf.: 981 50 57 05

Ana Marcos Cardo

Odontóloga

Valdeloyo, un dos mello-

res viños da Rioxa alta,

desembarcou recente-

mente en Melide de mans

do bodegueiro Alberto

Ruíz e dunha xornada de

cata - presentación no

Hotel Carlos 96 dirixida

aos hostaleiros da vila.

Bodega Valdeloyo,

fundada en 1.999 e cons-

tituída como marca no

ano 2003, é o resultado

de catro xeracións de vi-

ticultores de San Vicente

de la Sonsierra, unha

área con microclima e

solos calcáreos e aluviais

moi propicios para o cul-

tivo da uva de Rioja.

Cunha capacidade

de produción de 150.000

botellas, o viño de Bo-

dega Valdeloyo comezou

a ser introducido en Gali-

cia hai cinco anos e ató-

pase agora mesmo en plan expan-

sión. En 2014-2015 recibiu os

seguintes premios: primeiro premio

ao mellor crianza nacional no

concurso Catatalentos 2014 orga-

nizado por BASF a Valdeloyo

Ricardo Suárez e Alberto Ruíz, de Bodegas Valdeloyo

Crianza, medalla de prata Bacchus

2015 a Valdeloyo Maceración Car-

bónica 2014 e primeiro premio para

Vino Institucional de San Vicente

de la Sonsierra con Valdeloyo

Maceración Carbónica 2014.

Page 17: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Publicidade 17Cerne 119. Decembro 2015

Casa Juanito

Gran surtido en cestas de navidad y baúlesRegalos navideños con productos conocidos y de prestigio

Mateo Segade Bugueiro, 39 - MELIDE / Tfno e Fax: 981 50 51 03

Especialidad en:

Pimentón Legumbres

Bacalao Vinos Licores

Más de 100 años de prestigio y calidad

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

HERDANZAS

Page 18: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

18 Publicidade Cerne 116. Setembro 2015

Un sitio diferente para as túasceas de Nadal e empresa

CEAS DE NADAL E EMPRESA

Menú 1

Langostinos

Gambas ao allo

Zamburiñas

Cinta de lombo con salsa vermut

28 €

Menú 2

Langostinos

Ameixas

Salpicón

Croca ou salmón

35 €

(Inclúen: viño branco, tinto, sobremesa e chupito)

TEMOS MÁIS MENÚS! INFÓRMATE!

A parada no teu Camiño

O MELLOR SABOR

A MELLOR CALIDADE

A MELLOR COMIDA CASEIRA

San Antón, nº 18

MELIDE Telf.: 981 815 333

www.chiquitinmelide.es [email protected]

Santa María

MELIDE

Teléfonos:

981 50 76 17606 59 04 46

CELEBRA O NADAL CON NÓS

Gran variedade de menús

Comedor amplo

Especialidade en carnes e peixes á brasa

Page 19: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Cultura e lecer 19Cerne 119. Decembro 2015

Melide acollerá a fin de semanado 4, 5 e 6 de decembro unhanova edición do Festival deMaxia, con espectáculos repar-tidos en diferentes escenariosda vila, un elenco de prestixio-sos magos internacionais eun show de hipnotismo parapúblico adulto como principalnovidade.

Será en concreto o sábadodía 5 cando o francés JeffToussaint leve á Casa da Cul-tura un espectáculo de hipno-tismo para o que haberá aforolimitado e ao que só poderánacceder maiores de 16 anos.Ilusionista, mago e hipnotista,Jeff Toussaint é un dos profe-sionais máis sonados do mo-mento, unha fama labrada tras25 anos de brillante traxectoriaactuando por toda Europa.

Pero antes diso a terceiraedición do festival dará o pis-toletazo de saída con maxiana residencia dos maiores amedia tarde e posteriormente,ás 19:00 horas na Casa da

Cultura, cun espectáculo demaxia para nenos a cargo doarxentino Carlos Adriano, queademais de ser un dos melloresmagos do mundo en maxia in-fantil, é tamén un polifacéticoe premiado artista que escribiuvarios libros de maxia, dáconferencias e traballa taméncomo mestre de ilusionismo.

Xa pola noite, a partir das22:00 horas, varios magos per-correrán os locais da zona vellade Melide para deleitar coamaxia de preto aos clientes cosque se vaian atopando.

ObradoirosNa xornada do sábado os máispequenos serán tamén prota-gonistas, pois para eles (maio-res de 8 anos) haberá unobradoiro de maxia no Multiu-sos no que para poder partici-par, por ter as prazas limitadas,é preciso inscribirse chamandoao 981 50 50 03. Non seráa única actividade ese día,pois antes da gala de hipno-

tismo de Jeff Toussaint, osmagos Roberto Lolo e DavidMacc ofrecerán un espectáculopara todos os públicos entre as18:00 e as 20:00 horas nacarpa máxica instalada noCantón de San Roque.

Gala InternacionalComo acostuma a acontecer,o prato forte quedará para odomingo, xornada de clausura,cunha gala internacional naque actuarán catro magos:Naife (Huelva), cun númeromoi visual e de corte orientalbaseado na creación de vida;Pablo Cánovas (Córdoba), unilusionista de 14 anos cun nú-mero no que a manipulaciónda naipes ao máis alto nivel e amúsica van da man; Sasha,mago procedente de Saraxevoe, como non podía ser doutroxeito, o mago melidense DaniPolo e os seus trucos de mani-pulación, cos que mesmo deixasen alento aos máis experi-mentados ilusionistas.

O festival de Maxia trae a un dosmellores hipnotizadores do mundo

Escuela Ayude de Melide estivo pre-sente no recoñecemento que a Xuntalle quixo facer o pasado 1 de decem-bro na Cidade da Cultura aos 97deportistas galegos que dende no-vembro do ano pasado conseguironalgunha medalla internacional. Árecepción ofrecida polo presidente daXunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiuAron Ayude Pallas, deportista daEscuela Ayude e veciño de Santiso,que se fixo cun bronce no último cam-pionato de Europa de Kick Boxing.No acto estivo acompañado polo seutécnico e tamén seleccionador galego,Jose Ayude.

Por outra banda o centro meli-dense tamén celebra a clasificaciónda tiradora Patricia López para a copado mundo junior que se celebrará enBurgos no mes de febreiro. A discí-pula de Escuela Ayude conseguiu oacceso directo nas probas do rankingnacional de esgrima, tras meterse nafinal a oito da categoría absoluta.

Tamén foron bos os resultadosda Copa Diputación de Pontevedra deKick Boxing, da que Escuela Ayuderegresou con cinco ouros, tres pratase tres bronces.

RECOÑECEMENTO AO TRABALLO BEN FEITO

Aron Ayude e Jose Ayude co presidente da Xunta

Page 20: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

20 Cultura e lecer Cerne 119. Decembro 2015

FÁTIMA LEA SANFIz, CANTANTE E CONCURSANTE DE “RECANTOS”

“Levo a música comigo dende pequena,sempre me gustou moito cantar e bailar”Fátima Lea Sanfiz, veciña de Melide, é a representante do centro de Ga-

licia en “Recantos”, o concurso musical que cada venres reúne a voces de

toda a comunidade no programa Luar da TVG. Con 19 anos e unha paixón

declarada pola canción, conseguiu acceder á segunda fase tras unha exce-

lente interpretación do tema “Capote de grana y oro” que lle fixo recibir

a puntuación máis alta do xurado. Agora afronta a recta final; consciente

do difícil que está ganar un concurso “que podería abrir moitas portas”

pero convencida ao mesmo tempo de que aínda ten “moito que dar”.

Actuación de Fátima Lea na XXVI Semana da Música da Terra de Melide

“O meu estilopreferido é o

das rancheiras,pero adáptome

e canto unpouco de todo”

“Non sei seganarei ou nono concurso; o

único que digo éque aínda teñomoito que dar”

- Por que decidiches parti-cipar no concurso Recan-tos do programa Luar?-fátima Lea (f.L.): Foi araíz de presentarme a cantarao Bamboleo, outro programada TVG. A partir de aí decidínseguir cantando na televisión epensei: “por que non intentalono Recantos?” E alí me presen-tei no casting. Tamén foi paradarme a coñecer, porque nuncase sabe o que poderá ser, e por-que, coma todos saben, encán-tame este mundo.

- Na túa primeira actua-ción o xurado deuche no-tas moi altas e fuches aconcursante mellor pun-tuada. Como viviches esemomento?-f.L.: A verdade é que mequedou cara de sorpresa. Eusabía, ou mellor dito intuía,que dentro do que cabe mesaíra ben, pero non sabía quelles ía encantar tanto. Aomesmo tempo púxenme moicontenta porque vin recom-pensado o meu esforzo e o malque o pasei antes da actuación.Pero xa digo, non o esperabapara nada. O que teño claroé que me serviu para pasar áseguinte fase con máis forzase ganas.

- Cando será a túa pró-xima intervención no pro-grama? Que tema vasinterpretar?-f.L.: A diferenza da anteriorfase, nesta actúo de última, en-tón conto que será a finais dexaneiro ou incluso en febreiro.Aínda non sei a data concreta.O tema que vou cantar é unfado moi bonito: María laportuguesa. Escolleuno o pro-grama e para min supón unreto moi grande, xa que nuncana miña vida cantei ese estilomusical. Vouno ensaiando díaa día e intento mellorar onde

tropezo máis.

- Semellas ser unha can-tante que vive moito ascancións, que se metenelas. É así?-f.L.: Dende o meu punto devista, a música hai que sentila.Igual que moita xente candolee un libro e se mete nel eo disfruta, a min pásame omesmo pero cantando. Gús-tame vivir a canción, como seme estivese pasando a min,e quero transmitila para quetodos sintan as emocións esentimentos que teño eu aocantar.

- veste con posibilidadesde ganar o concurso? -f.L.: Hai xente moi boa concualidades que eu non teño,todo hai que dicilo. Non seise serei gañadora ou non, o

único que digo é que aíndateño moito que dar.

- Que suporía para tifacerte coa vitoria?-f.L.: Ganar o concurso seríaa bomba (ri), nunca mellordito! Xa non só polo premio,que me viría de marabilla,senón pola gran recompensaaos nervios e ao esforzo.

- Que oportunidades cresque che abriría no mundoda música? -f.L.: Eu penso que me abri-ría moitas portas. De feito adía de hoxe xa me chamarondalgún grupo... non queroimaxinar se son a gañadora...

- Tes como obxectivo facercarreira no mundo dacanción ou velo máis bencomo unha afección?

-f.L.: Primeiro, e ante todo,voume centrar nos estudosque estou facendo, e despoisna música como unha afec-ción. Pero nunca se sabe.

- É difícil compaxinar acanción cos estudos e otraballo? -f.L.: É moi difícil. Saber quetes que preparar a canción epreparar un exame ao mesmotempo non é unha broma.Polo menos para min supónmoito estrés, porque xa ninsei por onde empezar.

- Témoste escoitado can-tar diferentes estilos pero,cal é no que te sentes máiscómoda? -f.L.: O meu preferido son asrancheiras, pero independen-temente diso adáptome a can-tar un pouco de todo.

- Cando descubriches ogusto pola música? -f.L.: Lévoa dende ben pe-queniña comigo. Sempre megustou moito bailar e cantar.A todas horas se era posible.

- Recantos non é a túa pri-meira experiencia sobreun escenario. Cal é a túatraxectoria musical atadía de hoxe? -f.L.: A miña experiencia noné moita, a verdade... fixen ac-tuacións en Melide na Semanada Música e nalgunha gala. Natelevisión estiven en Bambo-leo e agora en Recantos.

- Cal é o teu soño nomundo da canción? -f.L.: Pois chegar a cantarprofesionalmente, co meudisco e a miña música enmoitas pantallas.

Page 21: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Colaboracións 21Cerne 119. Decembro 2015

Xosé Neira Vilas, o latexar do pobo (I)Apuntamento biográfico

César C. Vega, investigador

Naceu en Gres (Ponte Le-desma, Vila de Cruces) o 3de novembro de 1928 noseo dunha familia campesiña.ó longo da infancia e a adoles-cencia compatibilizou as tare-fas agrícolas coa asistencia áescola. Nesta época compuxoos seus primeiros versos eformou parte dun grupo teatralde Ponte Ledesma. Antes deremata–la formación primaria,realizou os estudos de Conta-bilidade por correspondencia.As súas inquietudes literariase intelectuais motivaron que,por unha banda, solicitase li-bros a editoriais de Barcelonae, por outra banda, comple-mentase a formación coas cla-ses dun mestre nacional.

ós quince anos traballounun serradoiro de Gres. Alíencargouse da contabilidade,pagamentos e cubicación demadeiras. En febreiro de 1949emigrou a Bos Aires por mordas penurias bélicas e das

condicións do campo. Asen-tado na capital arxentina,onde tomou conciencia de Ga-licia e da súa problemática, de-sempeñou diversos empregos,por exemplo nunha casa maio-rista de tecidos, en calidade deseparador de xéneros; nunhapanadaría–pastelaría, e nunhacasa maiorista de madeiras,como vendedor a comisión, naque ascendeu laboralmente.ó mesmo tempo, seguiuse for-mando, tal e como se constatada obtención do título de Pe-rito Mercantil, dos estudos deXornalismo e do curso deposgrao intitulado SeminarioPermanente para Escritores.Ampliou a súa bagaxe literariacoa lectura das novas tenden-cias, prohibidas moitas delasen España.

En terras arxentinas pro-moveu abondosas iniciativaspolíticas e culturais: a funda-ción da entidade nacionalistaMocedades Galeguistas (1953),

o I Congreso da EmigraciónGalega en América (1956) e aorganización libreiro–editorialFollas Novas. En febreiro de1957 casou con Anisia Mi-randa. Así mesmo, colaboroucon textos en publicacións ar-xentinas (Adiante, Alborada,Betanzos, Brétemas e Raiolas,Eufonía, Galicia Emigrante,Lugo, Opinión Gallega, Orzán,Tres Cruces...), uruguaias(Finisterre e O Irmandino) ena mexicana Vieiros.

O 30 de xuño de 1961Xosé Neira Vilas e a súa mu-ller, Anisia Miranda, trasladá-ronse a Cuba. Ámbolos dousadheríronse á Revolución Cu-bana. O intelectual realizoudiversos roles (administrati-vos, xornalísticos e editoriais)e a carreira de Filosofía e Le-tras na Universidade da Ha-bana. Salientou por divulga–lacultura galega, sobre todo,mediante a creación e a direc-ción da Sección de Estudos

Galegos, no Institutode Literatura y Lin-güística da Academiade Ciencias de Cuba,cuxos obxectivos eranimpulsar unha Cátedrade Lingua e LiteraturaGalega; compilar, con-servar e estuda–lolegado bibliográfico eartístico da illa, e or-ganizar exposicións econferencias.

En 1972 viaxou aGalicia e dende ese anoata a xubilación alter-nou a residencia na illacaribeña con viaxes periódicasá terra natal. Unha das cons-tantes desta etapa foi o con-tacto co mundo cultural galegoa través da participación enactividades e da publicacióndunha morea de traballos deinvestigación: Galegos noGolfo de México (1980), Cas-telao en Cuba (1985), Guerri-lleiros (1991), Rosalía deCastro e Cuba (1992),Eduardo Blanco–Amor dendeBuenos Aires (1995), A linguagalega en Cuba (1995), etc.

Entre os numerosos re-coñecementos están a Medalla

Castelao, o Premio Laxeiro,membro numerario da RealAcademia Galega e DoutorHonoris Causa polas universi-dades coruñesa e habaneira.En 1994 fixou a residencia enGres. Tras sufrir varios proble-mas de saúde, faleceu o 27de novembro de 2015 nadevandita parroquia.

Como colofón desta abor-daxe, cómpre subliñar trestrazos sobranceiros dunhavida entregada á culturagalega: "rapaz da aldea","activista da cultura" e voz daemigración.

Mamá, quero ser hacker

Rafael Rodríguez Gaioso, enxeñeiro informático e presidente de Melisa

O pasado 3 de marzo, a por-tada do xornal económico"Expansión" publicaba unhafoto co titular «El rey y elhacker», onde aparecíanconversando o Rei Felipe VIe Chema Alonso, experto enseguridade e traballador deEleven Paths, empresa queasesora a Telefónica en cues-tións de seguridade na rede.Na ampliación da nova cri-ticaba o feito de que o Reifalara con «delincuentes» deInternet. É un exemplo máisda confusión creada arredordo termo «hacker», e quetanto mal está a crear nestecolectivo.

A RAE define o termo «hac-ker» como un «pirata infor-mático», ou sexa, unhapersoa con grandes habili-dades no manexo de orde-nadores que emprega o seu

coñecemento para accederilegalmente a sistemas ou re-des alleas. Certo que a RAEsó reflicte o uso cotiá da lin-gua, pero con isto só axudaa propagar un erro de con-cepto, sobre todo cando usao termo «pirata», que son osque se dedican a abordarbarcos no mar para roubalos.

A definición do termo «hac-ker» máis aproximada árealidade, podemos atopala(unha vez máis) na Wikipe-dia: "[...] é todo individuoque se dedica a programar dexeito apaixonado, e que teno compromiso de compartira información co resto domundo". E tamén se fai refe-rencia á «ética hacker»,como aquela ética que xordenas comunidades virtuais,e máis concretamente noslaboratorios do MIT nos

anos 50, e que se apoia nasideas do acceso libre á infor-mación e de que a informá-tica pode mellorar a calidadede vida das persoas.

Nada ten que ver a definiciónanterior coas persoas quecometen delitos a través deInternet. Para referirnos aesta xente, debemos empre-gar o termo «ciberdelin-cuente». Por exemplo, osatacantes que publicarona base de datos de usuariosdo portal de contactos AshleyMadison, deben ser consi-derados como «ciberatacan-tes», non como «hackers».

Desde fai uns dez anos apa-rece un movemento socialvinculado ao activismo. Es-pazos de colaboración e de-bate como os «hacklab» ou«hackmeetings», aparecen

nas nosas cidades para darcabida a diferentes persoasque se senten parte dunhaconciencia colectiva que pro-move a liberdade do coñe-cemento e a xustiza social.Polo tanto, entendemos o«Hacktivismo» como o usode diferentes capacidadestécnicas a favor de fins so-ciais, ecolóxicos, humanita-rios ou doutro tipo, e sempre

cunha orientación cara a de-fensa dos dereitos humanos.

Polo tanto, se o seu fillo oufilla lle di algún día que demaior quere ser «hacker»,non se asuste, só quere sabercomo funcionan as cousas.

Vídeo explicativo de ChemaAlonso:https://t.co/7IpDYcuQhi

Emblema Hacker

Page 22: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

22 Colaboracións Cerne 119. Decembro 2015

A economía colaborativa: 2+2=5

Iria Buxán Raposo, politóloga e emprendedora

Hai tantas fórmulas de nego-cio como un queira imaxinarmais, certamente, hai unhaserie de patróns comúns quese repiten e que forman partedo imaxinario colectivo decomo as cousas poden e debenser feitas. Nestes tempos demudanza están a xurdir novasideas ou, mellor dito, están axurdir iniciativas para póren práctica vellas ideas ou fo-mentar vellas prácticas. Unhadelas chámase, a economíacolaborativa, que é un modeloque explora catro elementos:coñecemento aberto, consumoe produción colaborativo, efinanzas compartidas.

A economía colaborativapode ser entendida ben comoun fenómeno, como un sistemade defensa e supervivencia quexorde da situación de emerxen-cia social e crise económica, ouben como un proceso irrever-sible derivado da evolución danosa forma de relacionamentosocial que responde á necesi-dade que temos de sentir queformamos parte de algo impor-tante e que funcionamos comopartes interdependentes duntodo. Claro que, indiscutible-mente, foi o desenvolvementodas novas tecnoloxías, nomea-damente das redes sociais, oque fai posible a consolidacióndeste modelo de negocio queé perfectamente exportable a

outros eidos da vida. A meirande parte das

aldeas galegas de comezos doséculo pasado, xa empregabaneste sistema de colaboraciónnun marco de convivencia paraaproveitar as sinerxías me-diante a posta en común dosrecursos humanos existentes: aveciñanza; dos recursos mate-riais: a maquinaria, ferramen-tas ou terras; e do expertise: a

sabedoría popular. Deste modopodían traballar dun xeito máiseficiente debido ao aforro decustos. Ademais permitía aabordaxe de grandes traballose promovía finalmente a socia-lización dos seus membros através da participación.

Un exemplo actual queadorei descubrir foi o funcio-namento dunha comunidadede monte veciñais de Carballo,

en Friol, na que o compromisoe a implicación das familiasnos diferentes proxectos que seestán a desenvolver son froitoda clara e decidida aposta dasúa directiva de garantir oacceso total á información, deexecutar os proxectos co apoiode expertos e de establecer me-didas de control que asegurenunhas contas claras, xerandoasí externalidades positivas en

relación ao crecemento econó-mico, á protección medioam-biental e á participación socialda parroquia. Aínda que o máisimportante é que atesouran oincalculable valor da confianza,garantía da continuidade e via-bilidade deste xenial proxectocolaborativo.

Con todo, o modelo co-laborativo non pretende, nindebe procurar, a uniformidadeou a unión entendida como afusión ou absorción de entespor outros entes, ou de indi-viduos por outros individuos.A unión debe ser entendidacomo un conxunto de forzascomplementares capaz de pro-xectar unha vontade colectivade se organizar. Polo que nonse trata dunha empresa contraoutra empresa, trátase de ofre-cer un servizo integral queaproveite as sinerxías das par-tes permitindo obter unhavantaxe competitiva real; ounon se trata dun concello con-tra outro concello, trátase deplanear e desenvolver un mo-delo de xestión colectiva deservizos mancomunados. Trá-tase de defender a indepen-dencia mediante o respectomutuo. Trátase, finalmente,de manter unha mente abertaque proxecte unha visión posi-tiva e construtiva do futuroa través da colaboración e ocompromiso.

Persoas que deixaron pegada en Visantoña

e bisbarra: Rogelio Agra Pardo

José Núñez López, escritor

Rogelio Agra Pardo descendíadirectamente por vía maternados señores do Pazo de Vilarde Ferreiros. Seu pai ManuelAgra casara con dona SaletaPardo Pimentel que, cos seusdous irmáns don Aurelio edona Angustia, foron as tresderradeiras persoas queviviron no Pazo, por herdalolexitimamente dos seu an-tecesores.

O pai de Rogelio foi uncarpinteiro singular na co-marca. Non andaba de ambu-lante polas casas dos labregos,como era a costume por entón,pois el só realizaba os traballosque lle encargaban no obra-doiro que tiña montado nunalpendre xunto á súa casa en

Vilar de Ferreiros, e tiña fe-rramentas especiais para facermobles mais finos que osdemais carpinteiros, porexemplo torneados e outrasfiligranas. Tamén se lle dababastante ben pintar altarese retablos de igrexas.

Rogelio aprendeu o oficiopero non quixo limitarse aotraballo no obradoiro de seupai. Tiña máis altas aspiraciónse por iso, despois de traballaralgúns anos de carpinteiro,montou nun monte próximo aVilar de Ferreiros un serra-doiro cuxa forza motriz eraproducida por unha especie demáquina de vapor semellanteás do tren e que se alimentabamediante a combustión de

pólas de árbores.Estamos en datas nas

que aínda non chegara a elec-tricidade a Visantoña e o apa-rello de Rogelio foi unhagrande novidade naquelestempos para os veciños dabisbarra, tanto por ser unhacousa nova e descoñecidacomo tamén porque tiña unchifre que asubiaba tan forteque se oía en toda a parroquia.Como sempre tocaba ás docedo mediodía, tamén tiña avantaxe para os labregos (queentón case ningún levabareloxo) de saber cando eraa hora de ir xantar, sendohabitual oír dicir nos agros:“vamos xantar, que xa tocou opito de Rogelio".

Pero Rogelio aínda nonatopara a súa verdadeira situa-ción estable, cara a un futuromais prometedor e, despois devender aquel raro aparello,montou ao lado da casa queconstruíra para vivenda "nosChaus da Liñeira"outro serra-doiro, este movido por un mo-tor a gasóleo ao que tamén lleenganchara durante algúntempo un muíño. Vendeu Ro-gelio este serradoiro e unhavez chegada a corrente eléc-trica á parroquia foi o pri-meiro en utilizala, instalandono baixo da súa casa unhacepilladora para traballar amadeira.

Pero Rogelio, home in-quieto e emprendedor, non

se resignou a seguir malvi-vindo na aldea: vendeu a cepi-lladora e a casa para levar acabo o seu derradeiro e defini-tivo proxecto, que foi o de tras-ladarse coa súa familia á vilade Arzúa. Alí, despois de cons-truír unha casa, montou oobradoiro de carpinteiro nobaixo e dedicouse non só aconstrución de mobles senóntamén a traficar con eles, ven-dendo os que recibía xa feitosdas grandes industrias do mo-ble e comezando ademais ainstalación en edificios novosde portas e ventás xa confec-cionadas. Axiña compra te-rreos lindeiros coa súa casanos que constrúe un bloque depisos que vende facilmente ob-tendo ganancias importantes.

Á súa morte, xa moi maior,faise cargo do obradoiro decarpintería e prefabricadosde madeira o seu fillo JoséAntonio Agra Agra, baixo a de-nominación de: "CarpinteríaRogelio Agra".

Aquam Latam

Page 23: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

Entrevista 23Cerne 119. Decembro 2015

NURIA MEJUTO, MULTIóPTICAS TABORA

“Impórtanos moito a saúde ocular e por iso traballamos cos últimos avances”Poñer os pés nunha óptica non implica necesariamente ter que escoller

entre saúde e estética. Non polo menos en Multiópticas Tábora, un esta-

blecemento que presta atención por igual a estas dúas facetas traballando

por unha banda coa tecnoloxía máis moderna en materia de lentes e

tratamentos e seguindo por outra as últimas tendencias de moda. Xa

que logo saúde e estética van da man nesta tenda que combina o mellor

do pequeno comercio, a atención personalizada, co mellor dunha grande

firma de implantación nacional: variedade, calidade e prezos económicos.

Nuria Mejuto, optometrista de Multiópticas Tabora

“Aconsello darpaseos mirando

ao lonxe paradescansar os

ollos e previr afatiga ocular”

“Seguimos blogse revistas para

non quedar obsoletos e ter

na tenda as gafas de moda”

- Que papel xogan as óp-ticas no terreo da saúdeocular?-Nuria Mejuto (N.M.): di-ría que desenvolvemos unlabor de atención primaria. EnMultiópticas Tabora impór-tanos moito o tema da saúdeocular e por iso traballamoscos últimos avances, tanto entratamentos como en lentes.Ademais, aínda que a prioripareza que todo está ben,sempre aplicamos un proto-colo con cada cliente que aten-demos para que non se nosescape ningunha patoloxíaque poida haber no ollo.

- A que se refire cando dique traballan cos últimosavances?-N.M.: refírome por exemploao campo dos cristais progre-sivos, aos que á xente semprelle custa un pouquiño máisadaptarse. Na tenda de Melideacabamos de instalar unhanova máquina que nos per-mite centrar as lentes moitomellor e personalizalas, dexeito que minimizamos osefectos adversos que poidahaber e facemos que o clientese adapte a elas moito máisrápido. Tanto en lentes comoen audífonos, que é outro dosservizos que prestamos, pro-curamos traballar sempre cosúltimos deseños.

- Unha persoa cun pro-blema de audición po-dería solucionalo na súaóptica?-N.M.: Temos moita expe-riencia na adaptación de au-dífonos. Calquera persoa quenote perda de oído non tenmáis que poñerse en contactocon nós e pedir cita para facerunha audiometría de formagratuíta. Realizamos unhaavaliación, determinamos porque se produciu esa perdaauditiva e se está nas nosas

mans corrixímola cunha pró-tese, ou cun aparato, como selle chama comunmente. Logofacémoslle un seguimento aocliente para asegurarnos deque funciona ben. Cremos queé un servizo moi útil na áreana que nos atopamos, conmoita xente de idade avanzadaque ten unha vida social moiactiva e que necesita comuni-carse con naturalidade. Cre-mos que para a xente éimportante poder dispoñer delao lado da casa sen necesidadede ter que desprazarse.

- Cre que en xeral coida-mos ben a vista? Ou pre-cisamos un pouco máisde concienciación?-N.M.: Penso que non esta-mos concienciados, xa quehoxe por hoxe utilízase moitoa visión en cerca e quizaisconviña relaxar un pouquiñomáis os ollos. Case todo na

nosa vida diaria se fai encerca: o ordenador, o móbil,a tablet... castigamos a vista eestán aumentando os casos defatiga ocular e ollos secos. Poroutra banda, a luz azul queproxectan as pantallas sonmalas para a mácula. Por isoeu sempre lle aconsello, ade-mais de descansar os ollos,utilizar unhas boas lentes. Naactualidade xa hai lentes quecortan esa luz azul prexudicialque emiten esas pantallas.

- falamos de saúde peronunha óptica tamén im-porta moito a estética,non si? -N.M.: Por suposto. Ese é unaspecto ao que lle prestamosmoita atención. Sempre temosna tenda as últimas tenden-cias, tanto en produto propiocomo en gafa de marca, eintentamos estar ao día se-guindo revistas e blogs de

moda para non quedarnosobsoletos. Intentamos aseso-rar a cada persoa sobre a mon-tura que lle pode quedarmellor e se busca algo con-creto que nós non temos, pro-curamos buscalo.

- Que prima á hora demercar unhas gafas? Aestética, a comodidade,a calidade...?-N.M.: Depende un pouco decada caso pero é certo queantes mercábase unha gafapensando que duraría cinco ouseis anos e cando se cambiabaera por motivos de visión, nonestéticos. Iso cambiou e agoraa gafa é un complemento demoda máis. A xente querecambialas a miúdo, ata opunto de ter varias para poñeren función de como vaia ves-tida ou do que lle apeteza cadadía. Para poder dar esa flexi-bilidade, baixaron os prezos e

comezáronse a facer ofertasmoi interesantes.

- vostedes están a ofreceralgunha agora mesmo? -N.M.: Agora temos a ofertado noso produto da liña Mó,unha liña de gafas bastanteampla e con deseños moi ac-tuais. Por 77 euros podes levardúas gafas completas xa coscristais incluídos. Están moiben de prezo de cara a iso quefalamos de que hoxe en día sebusca ter na casa varios mode-los. Nas marcas que traballa-mos sempre temos algunhapromoción, así como nas lentesprogresivas de última xeraciónde Varilux, das que regalamosa segunda parella.

Multiópticas Tabora

Tlf: 981 50 51 99Ronda da Coruña, 20

Page 24: Cerne 68 - Agosto 2011 - ASETEM, Asociación Empresarios ...asetem.com/wp-content/uploads/2015/12/CERNE-119-DECEMBRO-2015.pdf · unha cifra nunca antes acadada. ... primeiros en confiar

CERNE Cerne 119. Decembro 2015