Upload
tictelleiras
View
165
Download
8
Embed Size (px)
Citation preview
Non deixedes que remate o día
sen ter medrado un pouco
Sen ter sido felices
Sen ter aumentado os vosos soños
Non vos deixedes vencer
polo desalento
Non permitades que ninguén vos quite
o dereito a expresarvos
Que é case un deber
de facer da vida algo extraordinario
Non abandonedes as ansias
Non deixedes de crer
que as palabras e as poesías
si poden cambiar o mundo
Pase o que pase a nosa esencia está intacta.
Somos seres cheos de paixón.
A vida é deserto e oasis
Convértenos en protagonistas
da nosa propia historia.
Derrúbanos,
máncanos,
ensínanos.
Aínda que o vento sopre en contra,
a poderosa obra continúa:
porque en soños é libre o home.
Vós podedes aportar unha estrofa.
Non deixedes nunca de soñar,
Non caiades no peor dos erros: o silencio.
A maioría vive nun silencio espantoso.
Non vos resignedes.
Fuxide.
"Emito os meus berros polos teitos
deste mundo",
di o poeta.
Valorade a beleza das cousas simples.
sobre pequenas cousas,
Pódese facer
bela poesía
pero non podemos remar
en contra de nós mesmos.
Eso transforma a vida nun inferno.
Gozade do pánico que vos provoca ter a vida por diante.
Vivídea intensamente,
sen mediocridade.
Pensade que en vós está o futuro
e afrontade a tarefa
con orgullo e sen medo.
As experiencias dos que
nos precederon,
dos nosos "poetas mortos"
Axúdanvos a camiñar pola vida
A sociedade de hoxe somos nós:
Os "poetas vivos".
Non deixedes que a vida pase
sen que a vivades ...
Walt Whitman
Os nosos mellores
desexos para o futuro
Que afrontedes a nova etapa
que se inicia hoxe
con ánimo e valentía
E, sobre todo,
Que sexades moi felices!!