30
Cantigas do Entroido Escolma de cantos de taberna do Entroido de Xinzo e outras festas

Cantigas do Entroido

  • Upload
    others

  • View
    18

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cantigas do Entroido

Cantigas do EntroidoEscolma de cantos de

taberna do Entroido deXinzo e outras festas

Page 2: Cantigas do Entroido

PartiturasRealizadas por...

CantigasRecollidas por...

FotografíasCedidas por...

EditaAsociación Cultural A Pantalla

ColaboraConcello de Xinzo de Limia

Page 3: Cantigas do Entroido

Cantigas do Entroido

Entroido de XinzoViva Xinzo!!Que ten?Baía de ChamusiñosMeu CaldoDía de FestaQue che cae o cúPorconaO GaloA CarolinaMiudiñoO GatoCatro vellos mariñeirosA RianxeiraO paraugas do GhoséO Sancristán de CoimbraLévameNos CaneirosNa beira do marO PaxariñoO RodaballoPara vir a xunta minAmoriños collínAlecrínO LaurindinhaO RamallouCamariñasEu chorar chorei

Page 4: Cantigas do Entroido

4

Pra vir o Entroido de Xinzonon fai falla invitacióncompre traer as alforxas cheiñas de bo humor.

Correr o barrio de abaixo, centro de todo o follón,e meterse ata o pescozo nesta gran animación.

Correr o barrio de abaixo dende a Manuela o Ramón imonos fartar de viño imos armarlle un folión.

Entroidooo, EntroidoooEntroido da nosa Antelanon hai festa como elapor baixo da capa do sol![bis]

Os mozos todos da Limia andan en revolución porque no Entroido de Xinzosua representación.

E fano con tanto xeito poñenlle tanto calor que vainos ser moi difícil saber cal será o mellor.

Entroidooo, EntroidoooEntroido da nosa Antelanon hai festa como elapor baixo da capa do sol![bis]

Por mais que digan e digan por mais que queiran decir, as vir o Entroido de Xinzo si te queres divertir.

Si vés o Entroido de Xinzo xúro que ás de repetir himoste fartar de viño himonos fartar de rir.

Entroidooo, EntroidoooEntroido da nosa Antelanon hai festa como elapor baixo da capa do sol![bis]

Entroido de Xinzo

Page 5: Cantigas do Entroido

5

Polas pontes da Lagoavintecinco sastres vancargados de fouces mataron a ra

A ra quedouse no medionon a pudemos pillarpor eso os de Xinzo vimos troulear. Que viva Xinzo, viva a Laguna,vivan as mozas, e viva a tunaviva a alegría do carnavalviva a Zamarra, viva a Zamarra,morra o Gabán.

A Zamarra e o Gabán,nunca se puideron ver,a Zamarra por Galegao Gabán por Portugués.

O noso entroido de Xinzo temolo que remozarehai que lle dar novos folgospolo no primeir lugarexuntarse os veciños todose traballare de abondo

Comparsa moita alegria que axa musica de bombo. [bis]

Que viva Xinzo, viva a Laguna…

Viv

a Xi

nzo!

!

Page 6: Cantigas do Entroido

6

Que ten o Entroido de Xinzo?que ten? que ten?que ten que paso tan ben?a mellor festa do mundoque ten? que ten?aquí non sobra ninguén.

Indo da praza pra abaixoXesús que cousas se ven!O pobo enteiro de troulae os forasteiros tamén.

Que ten o Entroido de Xinzo?…

Coas cuncas que aquí se engulene o moito que te fan rir,non podo andar enxoitoescápachese o pipí.

Que ten o Entroido de Xinzo?…

As carantoñas de Xinzonon se fan noutro lugar,porque lle falta ese xeitopara sabelas levar.

Que ten o Entroido de Xinzo?…

Por vivir tres días de ENTROIDOen Xinzo, sin debecer,non lle des volta ao conto,valeu a pena nacer.

Que ten o Entroido de Xinzo?…

Que

ten?

Page 7: Cantigas do Entroido

7

Baía de Chamusiños

Baía de Chamusiiiiiños

I en Morgade non hai mozasi en Baronzas gañas delasai, aiii, ai, aiii…e as de Xinzo pernas tortase as de Xinzo pernas tortas…quen se casaraaaaaá con elas!!

Baía de Chamusiiiiiños

I unha perna a teño aquíe outra alá no teu telladoai, aiii, ai, aiii…mira se te quero benmira se te quero ben…que estou todo escarranchaaaaado

Baía de Chamusiiiiiños

I esta noite ei de ir alá rapaza non teñas medoai, aiii, ai, aiii…déixame a porta atrancadadéixame a porta atrancada…cunha palla deeeee centeo

Baía de Chamusiiiiiños

Page 8: Cantigas do Entroido

8

Meu

Cal

doMeu caldo, meu greloteño ganas de…… co-melo,nada hai máis rico co caldo,co caldo do grelo,co grelo do nabo.

Nada hai máis rico co caldo,co caldo do grelo,co grelo do nabo.

Sucedeuche na Coruña,un caso moi-interesante,que unha pulga pequeniña,que unha pulga pequeniña,deu a luz a un elefante. [bis]

Meu caldo, meu grelo…Sucedeuche en Vilalba,un caso moi-interesante,que no medio dunha leira,que no medio dunha leira,Pescaron un lubricante. [bis]

Meu caldo, meu grelo…

Sucedeuche na Ladeira,un caso moi-interesante,apareceu un submarino,apareceu un submarino,guiado polo Pepe Guante. [bis]

Meu caldo, meu grelo…

Page 9: Cantigas do Entroido

9

Día de Festa

Hoxe é un día de festa para minteño unha alegría tolapois acaban de decirme por aípois acaban de decirme que se casa…que se casa a miña sogra.

Hai repipi hai repipiiso si que é gozareo metere e o sacare…cartos na caixa de aforros. [bis]

Esta noite ei de ir alómeniña non teñas medodeixame a porta trancada meniñadeixame a porta trancadacunha palla…cunha palla de centeo.

Hai repipi hai repipi… [bis]

Pola parte de Castela e por aifanche as casiñas de barroe cando chove un pouquiño por aie cando chove un pouquiñovan as casas…van as casas pro carallo.

Hai repipi hai repipi… [bis]

Page 10: Cantigas do Entroido

10

Que che caeu o cú

Que che cae o cu que che cae o cu Manuelaque che cae o cu que che cae o cu na patelaque che cae o cu que che cae o cu Manoliñoque che cae o cu no muiñona patela no muiño ai Manuela, Manolño

Chamachesme pito cairo [bis]por que nacin no xaneirodeixa vir o mes de maio cantarei no teu poleiro. [bis]

Que che cae o cu…

Fiseche-la permanente [bis]para ver si te casabasfisechela vinte veces,e que daches como estabas [bis]

Que che cae o cu…

Page 11: Cantigas do Entroido

11

Porc

ona Vaite lavar porcona,

vite lavar,se non che chega o rio tirate o mar tirate o mar porcona tirate o mar vaite lavar porcona vite lavar.

Pica canteiriño pica, pica na pedra miuda, pica na muller allea,que outro picara na tua. [bis]

Vaite lavar porcona…

A muller do ferreiriño, non hai muller como ela de dia bate no ferrode noite o ferreiro nela. [bis]

Vaite lavar porcona…

A muller do panadeiro,vaille perdir o divorcio, por que dice que o maridoxá non lle atende o negocio. [bis]

Vaite lavar porcona… A muller do gaiteiriño, muller de moita fortuna,ela toca duas gaitas, outras non tocan ningunha. [bis]

Vaite lavar porcona…

Page 12: Cantigas do Entroido

12

O Galo

O galo cando canta é día, é día é díao galo cando canta é día vaiche de varanda vaiche noite e día.

E nós que somos tan gandulesgandules, gandulese nós que somos tan gandules imos de varandade sábado a lunes.

E nós que somos da montañamontaña, montañae nós que somos da montaña imos de varandatoda a semana.

E nós que somos da ribeiraribeira, ribeirae nós que somos da ribeira imos de varanda a semaninha enteira.

E nós como somos da Limiada Limia, da Limiae nós como somos da Limia imos de varandatoda a semaninha.

Page 13: Cantigas do Entroido

13

A Carolina

A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dálle ó rabo.

Bailaches Carolina? Bailei, si señor.Dime con quen bailache. Bailei co meu amor [3 veces]Bailaches Carolina? Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola que todo o fai ó revés, véstese pola cabezae díspese polos pés.

Bailaches Carolina? Bailei no cuartel.Dime con quen bailache.Bailei co coronel [3 veces]Bailaches Carolina? Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila porque ten unha coroa.Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa.

Bailaches Carolina? Bailei, abofé.Dime con quen bailaches. Bailei co meu Xosé [3 veces]Bailaches Carolina? Bailei, abofé.

No curro da Carolina non entra carro pechado, na mais entra a Carolina co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina? Bailei, si señor.Dime con quen bailache. Bailei co meu amor [3 veces]

Co teu amor, Carolina, non volvas a bailar,porque che levanta a saia e é moi mala de baixar. [bis]

Page 14: Cantigas do Entroido

14

O MiudiñoÉche un andar miudiño, miudiño, miudiño, miudiño, miudiño,o que eu traio.[bis]

Eu traio unha borracheira de viño, que auga non bebo.

Mira, mira Maruxiña; mira, mira, como eu veño. [bis]

Éche un andar miudiño, miudiño, miudiño, miudiño, miudiño,o que eu traio.[bis]

O GatoXuntáronse catro un día,os millores deste barrio,mataron un gato a tirose o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,vai o gato prá terra da Laxe;vai o gato metido nun saco,ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles pareceríaa calquera deses catro,que os meteran nun sacocomo meteron o gato.

Vai o gato…

Aquel gato era un artista,traballaba na ribeira,agora é un bañista na praia da Castiñeira.

Vai o gato…

Page 15: Cantigas do Entroido

15

Catro vellos mariñeirosCatro vellos mariñeiros, [bis] todos metidos nun bote.

Boga, boga, mariñeiro, imos pra Viveiro, xa se ve San Roque [bis]

Ailalelo, ailalalelo…

Os mariñeiros traballan [bis]de noite coa luz da lúa.

Dá gusto velos chegare pola mañá cedo cheirando a frescura. [bis]

Ailalelo, ailalalelo…

Traio sardiña e bocarte [bis]tamén xurelo pequeno.

Rapaciña de Viveiroven buscar o lote do teu mariñeiro [bis]

Ailalelo, ailalalelo…

Page 16: Cantigas do Entroido

16

A Rianxeira

Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van.,non te embarques rianxeira que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira, [bis]descalciña pola area,parece unha rianxeira. [bis]

Ondiñas veñen…

A Virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo,a barquiña que a leva era de pau de laranxo.

Ondiñas veñen…

A Virxe de Gauadalupe quen a fixo moreniña [bis]foi un raíño de solque entrou pola ventaniña [bis]

Ondiñas veñen…

Page 17: Cantigas do Entroido

17

O paraugas do Ghosé

O paraugas do Ghosé do Ghosé, do Ghosé

é un paraugas moi malodo Ghosé, do Ghosé

si le caen cuatro gotas…do Ghosé, do Ghosé

ya se le humedece el palo.do Ghosé, do Ghosé

Y por eso una mulata,do Ghosé, do Ghosé

por muy mojada que esté,non se pondría debajo…

¿de donde machiiiiiio?do paraugas do Ghosé

E o que é meu é meu e é meu e o que é meu é meu e é teuque non quero que vaias dicindo,que tumba que dálle, que tal que sei eu.

Page 18: Cantigas do Entroido

18

O Sancristán de CoimbraO Sancristán de Coímbrafacía de mil diabluras: [bis]

mollaba o pan en aceite,deixaba os santos a escuras [bis]

E bate fado e bate ben,ti ére-la causa do meu desdén [bis]

O mar tamén ten amores,o mar tamén ten mulleres. [bis]

Está casado coa area,Dálle bicos cantos quere. [bis]

E bate fado… [bis]

Eu quixera ser merliñoe te-lo bico encarnado [bis]

para face-lo meu niñono teu cabelo dourado [bis]

E bate fado… [bis]

Tirei unha laranxiñano medio de Portugal [bis]

a quen lle foi a batere? á filla dun xeneral [bis]

E bate fado… [bis]

Miña nai xa non me deixalevar o leite a Coimbra [bis]

porque dicen os rapaces:ai, que leiteira máis linda! [bis]

E bate fado… [bis]

Page 19: Cantigas do Entroido

19

Lévame, lévame, lévame, lévame á beira do mar, nunha noite prateada, noite dun craro luar.

Lévame, lévame, lévame, lévame á beira do mar, lévame, meu mariñeiro quero ir a navegar

eu quero bailar, eu quero bailar,eu quero bailar, de noite e de diaeu quero bailar, eu quero bailar, eu quero bailar en Vilagarcía.

Onde vas, meu queridiño? Onde vas, meu caravel? Vou buscar berberechiños para darlle ó meu querer [bis] para darlle ó meu amor.Onde vas, meu queridiño? Onde vas meu corazón?

Lévame, lévame, lévame, lévame á beira do mar, lévame, meu mariñeiro quero ir a navegar

eu quero bailar, eu quero bailar,eu quero bailar, de noite e de diaeu quero bailar, eu quero bailar, eu quero bailar en Vilagarcía.

Léva

me

Page 20: Cantigas do Entroido

20

Nos Caneiros

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, por Dios non te vaias, quedate con nós, quedate con nós non te vaias afogar á praia, como nos pasou a nóse havos de pasar a vós.

Ai Sálvora, ai San Vicente, [bis] as nenas bonitas hainas en Ourense.

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,…

Ai Sálvora, ai San Vicente ai Sálvora, adiós Mourente ai Sálvora, ollos da ríapara boas mozas, en Vilagarcía [bis]

Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós,…

Ai Sálvora, vento norteiro.ai Salvora, meu compañeiro,ai Sálvora, vento ventiñoxa están as rapazas na punta de Aguiño [bis]

Page 21: Cantigas do Entroido

21

Na beira do mar

Ollos verdes son traidores, [bis] azules son mentireiros,os negros e acastañadosson firmes e vedadeiros. [bis]

Na beira, na beira, na beira do mar hai unha lanchiña pra ir a navegar.

Para ir a navegar, para ir a navergar,Na beira, na beira, na beira do mar. Hoxe vinte pasar a ría [bis] cuns zoquiños de madeira, ías tan remangadiñaó pasar pola riberia [bis]

Na beira, na beira,…

Cinco sentidos che temos, [bis]os cinco necesitamos pero os cinco perdemos en canto nos namoramos

Na beira, na beira,…

Page 22: Cantigas do Entroido

22

O Paxariño

Con piñeiros de arredor, teño unha casa no monte unha fonte e un salgueiro, miña nena,onde canta o reiseñor.

Unha fonte e un salgueiro, miña nenaonde canta o reiseñor.

Aquel paxariñoera bonitiño, viña da ribeirada beira do miño.- ¿e como lle chaman? - chamanlle Pepiño.- ¡que bonito nome ten o paxariño!

Paxariños que alegres cantades entreas follas dos lureiros e subides polos ameneirosa busca-la raiola do sol.

Non sexas tan presumidase queres casa-la filla Non te deixes enganar miña nena,se queres ser prendida.Non te deixes enganar miña nena,se queres ser prendida

Aquel paxariño…

Page 23: Cantigas do Entroido

23

O R

odab

allo Nunha lancha de Marín

coa proa de carballo, [bis]catro rapaces da Pobraui, ai, airoubaron un rodaballo. [bis]

Mala chispa te coma,mala chispa che dea, mala chispa te trague,ai, ai, ié. [bis]

O patrón que os mandabatamén era de Marín [bis]e díxolle ao rodaballo:ui, ai, aimoito miras para min! [bis]

Mala chispa… [est] [bis]

Fórono vender á lonxae con moito disimulo [bis]e quen o foi a comprarui, ai, aia filla do Cachirulo! [bis]

Mala chispa… [bis]

Aquí se acaba a historiadeste peixe rodaballo [bis]que por non haber aceite,ui, ai, ai,houbo que comelo asado. [bis]

Mala chispa… [bis]

Page 24: Cantigas do Entroido

24

Para vir a xunta minPara vir a xunta min, para vir a xunta min,vai lava-la cara,vai lava-la cara, galopín![bis]

i eso de lavala cara, i eso de lavalos pési eso de lavala cara, i eso que carallo é[bis]

Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña, agora que estou casado, pagoume cunha galiña,pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo![bis]

Para vir a xunta min,…

Túa nai e mais a miñaquedan no río berrandopor culpa dunha galiña, que ten amores cun galo,que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo.[bis]

Para vir a xunta min,…

Eu queríame casare, miña nai non teño roupa casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra. [bis]

Para vir a xunta min,…

Eu queríame casare, miña nai dime que é cedo, ela como está casada, non sabe as ganas que eu teño. [bis]

Para vir a xunta min,…

Page 25: Cantigas do Entroido

25

Amoriños collinAmoriños collín na bieriña do mar,amoriños collín

Non os poido olvidar; non os poido olvidar non os poido olvidar,

Amoriños collín na bieriña do mar,

No hay quien pueda no hay quien pueda con la gente marinera marinera, afiladora no hay quien pueda por ahora.

Alecrín

Alecrín…Alecrín dourado que naceu no monte sin ser sementado[bis]

Hai amor… amor. ¿Quen che dixo a ti?que a flor do toxo chamabase así.

Que a flor do toxoEra o Alecrín.

Alecrín…Alecrín dourado que naceu no monte sin ser sementado[bis]

Page 26: Cantigas do Entroido

26

O Laurindinha

O Laurindinha, ven a xanela.O Laurindinha, ven a xanela.

Velo teu amor, ai, ai, ai,que non vai para guerra,velo teu amor, ai, ai, ai,que non vai para a guerra. Si ele vai para guerra,deixa-lo ire,si ele vai para guerra,deixa-lo ire. El é rapas novo, ai, ai, ai,el-le torna-a vir,el é rapas novo, ai, ai, ai,el-le torna-a vir. El torna-a vir se deus quiser,el torna-a vir se deus quiser. Ainda ven a tempo, ai, ai, ai,de arranxar muller,ainda ven a tempo, ai, ai, ai,de arranxar muller.

O Laurindinha, ven a xanela,O Laurindinha, ven a xanela.

Page 27: Cantigas do Entroido

27

O Ramallou

O Ramallou, que linda rama,a rama da oliveira,o meu par-é-o máis lindo,que-anda-aquí na roda enteira.que-anda-aquí na ronda enteira,aquí i-en calquer lugar,o Ramallou, que linda rama,a rama do olivar.

Eu non envexo de que ten,carros, parellas e montes,eu só envexo de quen bebe,a i-auga e todalas fontes.

O Ramallou, que linda rama…

Eu ghosto moito de ouire,cantar-a-quén me-aprendeuse ouverá quén me ensinharaquén aprendía-era eu.

O Ramallou, que linda rama…

Page 28: Cantigas do Entroido

28

Camariñas

Ó pasar por Camariñas,por Camariñas pasei cantando. [bis] As nenas de Camariñas quedan no río,quedan no río lavando. [bis]

Camariñas, Camariñas,ai que xa me vas camariñando. [bis]

Por unha de Camariñas vivo no mundo, vivo penando. [bis]

Miña Virxiña do Monte, que ós mariñeiros sempre vixilas! [bis]

Non permitades que morra lonxe da terra, da terra miña! [bis]

Page 29: Cantigas do Entroido

29

Eu chorar chorei

Eu chorar chorei o domingo a tarde, eu chorar choreio domingo a tarde.

Que veña Lorenzo,que veña Lorenzo.Que diga verdade.

Que diga verdade pero con cautela, que diga verdade pero con cautela.

Tua nai e meiga, tua nai e meiga Teño medo dela.

Teño medo delae ela non me come, teño medo delae ela non me come.

Tua nai e meiga, tua nai e meiga teu pai é un mal home.

Page 30: Cantigas do Entroido