Upload
others
View
4
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Boletín Epidemiolóxico de Galicia
1
Dirección xeral de saúde pública – DXSP
maio de 2016 volume XXVIII, número 2
CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS ANOS................................................. páxina 1
A SÍNDROME HEMOLÍTICA-URÉMICA EN GALICIA DE 2010 A 2014........................................................... páxina 8
CAMBIOS NO CONSUMO DE TABACO EN GALICIA NOS ÚLTIMOS ANOS
Introdución. A prevalencia de consumo de tabaco está diminuíndo en diferentes países1, entre eles
España2. Segundo os datos da Enquisa Nacional de Saúde de España, realizada entre 2011 e 2012, o 27%
da poboación de 16 e máis anos é fumadora3. Galicia é a Comunidade Autónoma coa prevalencia de
consumo de tabaco máis baixa en global (24%) e entre as mulleres (20’2% en España versus 15’9% en
Galicia).
Coñecer en detalle a evolución da prevalencia e das características da poboación en relación ao consumo
de tabaco permite aproximar o impacto de medidas ou acontecementos que non teñen correlato individual,
como a implantación de leis ou cambios sociais. Así, en España en 2005 e en 2010 aprobáronse dúas leis
que regulan o consumo de tabaco, o cal podería producir un descenso no número de fumadores. Este
descenso tamén podería entenderse no contexto de crise no que se situou España, xa que en 2007
produciuse unha inflexión no emprego e un aumento importante dos niveis de paro4.
Este feito fixo que se contraese o consumo privado, o que afectou a todo tipo de produtos, entre eles o
tabaco manufacturado que diminuíu as súas vendas acompañadas do aumento da venda dun labor máis
barato: o tabaco de lear ou picadura5. O prezo dun paquete de 20 cigarros en expendedurías de España
oscila entre 4’00 e 5’50 euros; cun prezo medio por cigarro de 0’21 euros. O prezo por gramo do tabaco de
lear en 2012 oscilou entre os 0’04 e os 0’21 euros cun prezo medio de mercado de 0’16 euros. De asumir
que a cantidade de tabaco leado é máis ou menos 750 mg, 1 cigarro leado ten un prezo medio de 0’12
euros. Polo tanto a diferenza de prezo en 1 cigarro é de 0’09 euros. Ademais débese destacar que en 2006
introduciuse no mercado unha nova forma de fumar, o cigarro electrónico. Por iso é necesario monitorizar e
describir de forma detallada como evolucionou o consumo de tabaco en Galicia nos últimos anos para poder
coñecer se as prevalencias e a forma de fumar cambiaron nos últimos anos entre os galegos.
Metodoloxía. Galicia, desde 2005, dispón dun Sistema de Información de Condutas de Risco (SICRI) que
permite ter información actualizada e detallada de diferentes factores de risco pasa a saúde, entre eles o
consumo de tabaco. O SICRI fundaméntase na realización de enquisas telefónicas entre a poboación de 16
e máis anos de idade que reside en Galicia empregando un sistema CATI (computed-assisted telephone
interview). O marco muestral é a base de datos de Tarxeta Sanitaria, que inclúe tanto teléfonos fixos como
móbiles de todos os galegos que tiveron algún contacto co sistema sanitario. A porcentaxe de galegos
incluídos na base de Tarxeta Sanitaria estímase en aproximadamente o 95%.
Nos anos 2005, 2006, 2007, 2009, 2010, 2011, 2014 e 2015, no marco do SICRI, realizáronse estudos
transversais independentes, con tamaños de mostra próximos a 8.000 e taxas de resposta nunca inferiores
2 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
ao 85%. Aínda que as características dos estudos realizados nos diferentes anos son similares, aspectos
específicos dos estudos de 2005, 2006 e 2009 fan que non se inclúan nesta análise. No estudo realizado no
ano 2005 censurouse o límite superior de idade nos 74 anos e en 2009, estudo monográfico sobre condutas
sexuais, en 49 anos. En 2006 decidiuse utilizar como base para a mostraxe un directorio de teléfonos fixos,
polo que as diferenzas que se podan observar nas estimacións presentadas poden deberse non só a
cambios no factor de risco, senón nas características da poboación. Así esta análise céntrase na
información aportada polos estudos realizados en 2007, 2010, 2011, 2014 e 2015. Información detallada do
deseño e dos resultados dos estudos está dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública6.
Dende o ano 2005 o corpo xeral de preguntas que permiten estimar a prevalencia de consumo de tabaco é
similar. O hábito actual defínese a partir de 2 preguntas do cuestionario: Fumou vostede algunha vez? e
Fuma vostede actualmente?, ambas con 3 opcións de resposta (si, a diario; si, ocasionalmente; non,
nunca). Así, é fumador a persoa que actualmente fuma a diario ou ocasionalmente; exfumador quen fumou
a diario ou ocasionalmente e actualmente non fuma, e nunca fumador é aquel que nunca fumou e
actualmente non fuma. Aos fumadores pregúntaselles de forma detallada polo consumo de diferentes
labores do tabaco e, desde 2007, pregúntase polo consumo de picadura ou tabaco de lear. A todos os
enquisados pregúntaselles, desde 2014, polo consumo actual (a diario, ocasionalmente, nunca) de cigarros
electrónicos, con independencia de se conteñen ou non nicotina, e polo consumo pasado (si/non).
Os resultados desta análise preséntanse como estimacións puntuais de prevalencia de consumo,
acompañadas de intervalos de confianza ao 95% (IC95%) entre parénteses, en función do sexo, grupo de
idade (16-24; 25-44; 45-64 e 65 en diante), ámbito de residencia (urbano, semiurbano e rural) e nivel de
estudos (sen estudos, básicos, medios e superiores).
O ámbito de residencia definiuse a partir dunha clasificación dos municipios galegos realizada polo Instituto
Galego de Estatística que establece 6 categorías segundo o grado de urbanización: o ámbito urbano abarca
a zona densamente poboada (ZDP) e a intermedia (ZIP) alta; o ámbito semiurbano agrupa a ZIP baixa e as
zonas pouco poboadas (ZPP) alta e media; e o ámbito rural é a ZPP baixa.
Segundo o nivel de estudos clasificouse como “sen estudos” a aquelas persoas que declararon que non
sabían ler nin escribir ou que non tiñan estudos; “nivel básico” a aqueles que tiñan estudos primarios
incompletos ou estudos de graduado escolar, EGB, bachelerato elemental ou similar; “nivel medio” aqueles
con estudos de bachelerato superior, BUP, FP ou similar e “nivel superior” aqueles con estudos
universitarios medios ou superiores. Na análise específica orientada á caracterización dos fumadores de
tabaco de lear e de cigarros electrónicos as categorías “sen estudos” e “estudos básicos” trátanse de forma
conxunta.
A análise realizouse con Stata v12.1 e nos cálculos tívose en conta o deseño da mostra.
Resultados. A prevalencia global de fumadores diarios e ocasionais, de agora en diante fumadores,
diminuíu na poboación galega, desde 2007 [25’4%(24’4-26’4)] ata 2015 [22’1%(21’1-23’1)]. Este descenso
obsérvase únicamente na prevalencia de fumadores diarios que era do 22’1% (21’1-23’0) en 2007 e do 18%
(17’1-18’9) en 2015. Entre 2007 e 2015 a prevalencia de exfumadores aumenta e mantense estable a de
nunca fumadores (Táboa 1).
Táboa 1.- Prevalencia (%), cos seus IC95%, de consumo de tabaco na poboación maior de 15 anos. Galicia, 2007-2015.
Ano Fumador diario Fumador ocasional Exfumador Nunca fumador
2007 22’1 (21’1 – 23’0) 3’3 (2’9 – 3’8) 21’9 (21 – 22’8) 52’7 (51’7 – 53’8)
2010 20’1 (19’2 – 21’0) 3’7 (0‘2 – 4’1) 23’1 (22’2 – 24’1) 53’1 (52’0 – 54’2)
2011 18’1 (17’2 – 19’0) 4’8 (4’3 – 5’3) 24’4 (23’4 – 25’4) 52’7 (51’6 – 53’8)
2014 17’0 (16’1 – 17’9) 3’9 (3’4 – 4’3) 27’3 (26’3 – 28’3) 51’ 8 (50’8 – 52’9)
2015 18’0 (17’1 – 18’9) 4’1 (3’6 – 4’6) 27’0 (25’9 – 28’0) 51’0 (49’8 – 52’1)
3 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
En Galicia, en calquera dos anos analizados, a prevalencia de consumo é máis alta entre os homes. En
función do grupo de idade, e con independencia do ano a estudo, a prevalencia de consumo de tabaco é
máxima no grupo de 25 a 44 anos. Ao ter en conta o sexo e o grupo de idade obsérvase que, tanto en
homes como en mulleres, a prevalencia de consumo de tabaco diminúe nos grupos de idade de 16 a 24 e
de 25 a 44 anos. Pero ao analizar o que sucede nos maiores de 44 anos, obsérvase que entre os homes a
prevalencia de fumadores mantense estable pero entre as mulleres aumenta. Este aumento obsérvase
tanto entre as mulleres de 45 a 64 como nas maiores de 65 anos; estas últimas presentaban en 2007 unha
prevalencia de consumo do 1% fronte ao 4% que presentaban en 2015.
Táboa 2.- Prevalencia (%), cos seus IC95%, de consumo de tabaco (diario e ocasional) na poboación maior de 15 anos en función de diferentes características. Galicia’ 2007-2015.
Idade
(en anos)
Año 2007 Año 2010 Año 2011 Año 2014 Año 2015
% IC95% % IC95% % IC95% % IC95% % IC95%
Todos 25’4 24’4 - 26’4 23’8 22’8 - 24’8 22’9 21’9 - 23’8 20’9 19’9 - 21’8 22’1 21’1 - 23’1
16-24 32’8 30’7 - 34’9 26’3 24’3 - 28’2 27’3 25’3 - 29’4 23’8 21’9 - 25’8 21’8 19’6 - 23’9
25-44 39’8 37’6 – 42’0 35’9 33’8 – 38’0 32’2 30’1 - 34’2 28’1 26’1 - 30’1 32’5 30’1 - 34’9
45-64 22’5 20’7 - 24’4 24’8 23’0 - 26’7 25’6 23’7 - 27’5 25’4 23’5 - 27’3 25’5 23’3 - 27’7
>=65 4’6 3’8 - 5’5 5’0 4’1 - 5’9 5’7 4’8 - 6’7 6’4 5’3 - 7’4 6’5 5’3 - 7’7
Homes 30’1 28’5 - 31’6 29’1 27’6 - 30’6 27’7 26’2 - 29’2 25’3 23’8 - 26’7 25’9 24’4 - 27’4
16-24 34’8 31’8 - 37’8 27’7 24’9 - 30’6 28’1 25’1 - 31 25’7 22’9 - 28’5 21’9 18’9 – 25’0
25-44 43’1 39’9 - 46’2 40’2 37’2 - 43’3 36’2 33’2 - 39’3 32’2 29’2 - 35’1 37’4 33’9 - 40’9
45-64 26’7 23’9 - 29’4 30’2 27’4 - 32’9 29’9 27’0 - 32’7 28’9 26’1 - 31’7 26’7 23’6 - 29’9
>=65 9’5 7’7 - 11’4 9’7 7’8 - 11’6 11’0 9’0 - 12’9 10’4 8’5 - 12’3 10’0 7’8 - 12’1
Mulleres 21’1 19’8 - 22’4 18’9 17’7 - 20’2 18’5 17’2 - 19’7 16’9 15’6 - 18’1 18’6 17’3 - 19’9
16-24 30’8 27’9 - 33’6 24’7 22’0 - 27’4 26’6 23’7 - 29’4 22’0 19’3 - 24’6 21’6 18’5 - 24’6
25-44 36’6 33’6 - 39’6 31’4 28’5 - 34’3 28’1 25’3 - 30’9 24’0 21’3 - 26’6 27’6 24’4 - 30’9
45-64 18’5 16’1 - 20’9 19’7 17’2 - 22’1 21’5 18’9 - 24 21’9 19’3 - 24’5 24’2 21’1 - 27’3
>=65 1’1 0’5 - 1’8 1’6 0’8 - 2’4 1’9 1’1 - 2’8 3’5 2’4 - 4’6 3’8 2’5 - 5’2
Ámbito
Urbano 28’5 27’1 - 29’9 25’8 24’5 - 27’1 24’9 23’6 - 26’2 22’5 21’2 - 23’7 23’7 22’3 – 25’0
Semiurbano 23’8 21’8 - 25’8 23’4 21’4 - 25’4 23’0 21’0 – 25’0 20’9 19’0 - 22’8 22’5 20’5 - 24’5
Rural 16’9 14’8 - 19’1 16’6 14’4 - 18’9 15’3 13’2 - 17’4 14’1 12’0 - 16’3 15’1 12’8 - 17’4
Nivel de estudos
Sen estudos 4’2 2’9 - 5’5 3’8 2’4 - 5’2 4’7 3’3 - 6’2 4’9 2’6 - 7’2 5’9 3’4 - 8’5
Básicos 21’7 20’3 – 23’0 22’7 21’3 – 24’0 21’9 20’5 - 23’3 20’2 18’9 - 21’5 19’5 18’2 - 20’9
Medios 37’8 35’6 - 40’1 32’1 29’9 - 34’3 31’3 29’1 - 33’4 26’0 24’0 – 28’0 27’8 25’7 - 29’9
Superiores 29’8 26’8 - 32’7 24’7 22’0 - 27’3 23’8 21’3 - 26’4 19’2 16’9 - 21’4 24’1 21’6 - 26’7
A respecto do ámbito de residencia, a prevalencia de fumadores sempre é máis alta no medio urbano, aínda
que no período a estudo a prevalencia de consumo diminuíu. En función do nivel de estudos a prevalencia
de consumo diminuíu en calquera dos grupos considerados, excepto na poboación sen estudos ou con
estudos básicos onde se mantivo estable. A prevalencia de consumo é sempre máis alta na poboación con
estudos medios, aínda que é neste grupo no que se observan os cambios máis relevantes, xa que entre
2007 e 2015 a prevalencia diminuíu en 10 puntos porcentuais, pasando do 38% ao 28%.
Na táboa 3 móstrase a evolución da porcentaxe de fumadores en función do tipo de tabaco que fuman.
Comparando 2007 e 2015 a porcentaxe de fumadores que consumen cigarros louros diminuíu (Táboa 3),
4 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
aínda que a partir de 2011 móstranse estables. O número medio de cigarros louros fumados ao día polos
fumadores permaneceu sen cambios [13,7 en 2007 -12,6 en 2015] (Táboa 4).
Táboa 3.- Evolución da porcentaxe, cos seus IC95%, de fumadores maiores de 15 anos que
consumen cigarros louros, negros ou tabaco de lear. Galicia, 2007-2015.
Ano Rubios Negros Picadura
2007 85’0 (83’4 – 86’6) 12’ 5 (11’0 – 14’0) 1’8 (1’2 – 2’5)
2010 84’8 (83’1 – 86’5) 12’8 (11’2 – 14’3) 7’3 (6’1 – 8’6)
2011 81’9 (80’0 – 83’8) 12’7 (11’1 – 14’3) 10’9 (9’4 – 12’5)
2014 80’ 9 (78’9 – 82’9) 9’7 (8’2 – 11’2) 16’7 (14’8 – 18’6)
2015 81’9 (79’9 – 84’0) 10’9 (9’3 – 12’5) 18’ 7 (16’6 – 20’7)
Táboa 4.- Evolución do número medio, cos seus IC95%, de cigarros louros que declaran fumar os
fumadores maiores de 15 anos. Galicia, 2007-2015
Ano media IC95%
Año 2007 13’7 13’2 14’1
Año 2010 13’9 13’4 14’4
Año 2011 13’5 13’0 14’0
Año 2014 12’6 12’1 13’1
A porcentaxe de fumadores que consumen tabaco de lear aumentou en 17 puntos porcentuais desde 2007
ata 2015 (Táboa 3). Aínda que, o consumo exclusivo de picadura entre os fumadores parece diminuír
(Táboa 5).
Táboa 5.- Labores consumidos polos fumadores maiores de 15 anos que declaran consumir picadura. Galicia, 2007-2015.
Labor Ano 2011 Ano 2014 Ano 2015
n % IC95% n % IC95% n % IC95%
Só picadura 92 47’0 39’4 - 54’6 144 50’6 44’2 - 56’9 129 41’8 35’8 - 47’8
Picadura e rubios 105 43’3 36’1 - 50’6 146 43’6 37’4 - 49’8 168 49’9 43’8 - 55’9
Picadura e outros 16 9’6 5’1 - 14’2 14 5’8 2’8 - 8’8 26 8’3 5’0 - 11’7
En todos os anos analizados o consumo de tabaco de lear foi máis frecuente entre os fumadores varóns;
aínda que se aprecia unha diminución das diferenzas porcentuais de prevalencia de consumo entre sexos
(Figura 1).
En función do grupo de idade (Figura 2) destaca que, excepto no grupo de idade de 65 e máis anos onde as
estimacións son imprecisas, a prevalencia de consumo de tabaco de lear entre os fumadores aumentou en
todos os grupos de idade.
En Galicia obsérvase un cambio importante na prevalencia de consumo de tabaco de lear entre os
fumadores en función do nivel de estudos (Figura 3). En 2007 o consumo de tabaco de lear era máis
prevalente entre os fumadores con estudos medios, 2,5% (1,3-3,6%), en 2015 o é entre aqueles con
estudos superiores, 21,4% (16,6-26,1).
O aumento na prevalencia de consumo de tabaco de lear observouse en todos os ámbitos, especialmente
no urbano onde o 21,1% (18,5-23,7) dos fumadores fumaban tabaco de lear en 2015 (Figura 4).
5 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
Figuras 1 (esquerda) e 2 (dereita). Prevalencia (%), cos seus IC95%, de consumo de tabaco de lear en
fumadores maiores de 15 anos en global e en función do sexo (esquerda) e mais en función do grupo de
idade (dereita). Galicia 2007-2015.
0
5
10
15
20
25
30
35
40
Todos Homes Mulleres
2007 2010 2011 2014 2015
0
5
10
15
20
25
30
35
40
16-24 25-44 45-64 >=65
2007 2010 2011 2014 2015
Figuras 3 (esquerda) e 4 (dereita). Prevalencia (%), cos seus IC95%, de consumo de tabaco de lear en
fumadores maiores de 15 anos en función do nivel de estudos (esquerda) e mais en función do ámbito de
residencia (dereita). Galicia 2007-2015.
0
5
10
15
20
25
30
35
40
Nivel básico Nivel medio Nivel superior
2007 2010 2011 2014 2015
0
5
10
15
20
25
30
35
40
Urbano Semiurbano Rural
2007 2010 2011 2014 2015
En Galicia en 2015 aproximadamente 15.500 maiores de 15 anos fumaban cigarros electrónicos, sendo
esta estimación moi similar en 2014, xa que as prevalencias en ambos anos apenas cambiaron [2014: 0,7%
(0,5-0,9)-2015: 0,7% (0,5-0,8)]. A prevalencia de exfumadores de cigarros electrónicos aumentou nos dous
anos para os que dispoñemos de información, tanto en homes como en mulleres. En 2014 o 3,0% (2,6-3,4)
dos galegos maiores de 15 anos declararon fumar cigarros electrónicos, esta porcentaxe en 2015 era do
4,6% (4,1-5,1). A estabilización da prevalencia de fumadores e o aumento dos exfumadores fai pensar que
se seguen incorporando novos fumadores de cigarros electrónicos, pero déixano máis dos que se
incorporan, aínda que a información da que dispoñemos e a natureza transversal do estudo non o permiten
concluír.
En función do sexo destaca que a prevalencia de fumadores de cigarros electrónicos, con independencia
do ano a estudo, é igual en varóns que en mulleres, pero a prevalencia de exfumadores é máis alta entre os
varóns (Figura 5).
A prevalencia de consumo de cigarros electrónicos é máis alta entre as persoas que se clasificaron como
fumadoras (Figura 6). Pero algúns dos que que se declararon nunca fumadoras ou exfumadoras no
momento da enquisa recoñeceron que fumaban cigarros electrónicos. Isto indica que para algunhas
persoas, o significado de usar dispositivos electrónicos é diferente de “fumar”.
6 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
Figura 5.- Prevalencia de consumo de
cigarros electrónicos, fumadores e
exfumadores, en galegos de 15 anos e máis
en global e en función do sexo.
Galicia 2007-2015.
Figuras 6 (esquerda) e 7 (dereita).- Prevalencia de consumo de cigarros electrónicos en galegos de 15 anos
e máis en función do hábito tabáquico (esquerda) e mais en función do grupo de idade. Galicia 2007-2015.
Galicia 2007-2015.
Fumador ExfumadorNunca
fumadorFumador Exfumador
Nuncafumador
Ano 2014 Ano 2015
Exfumadores 10,8 2,1 0,4 17,0 2,6 0,4
Fumadores 2,5 0,5 0,1 2,5 0,4 0,0
0
5
10
15
20
16-24 25-44 45-64 >=65 16-24 25-44 45-64 >=65
Ano 2014 Ano 2015
Exfumadores 7,0 5,0 2,3 0,5 9,1 7,2 4,4 0,8
Fumadores 0,8 1,1 0,8 0,1 1,0 1,2 0,6 0,0
0
2
4
6
8
10
12
Figuras 8 (esquerda) e 9 (dereita).- Prevalencia de consumo de cigarros electrónicos en galegos de 15 anos
e máis en función do ámbito de residencia (esquerda) e máis en función do nivel de estudos (dereita).
Galicia 2007-2015.
Urbano Semiurbano Rural Urbano Semiurbano Rural
Ano 2014 Ano 2015
Exfumadores 3,8 2,4 1,2 5,2 4,4 2,5
Fumadores 1,0 0,3 0,2 0,9 0,4 0,1
0
2
4
6
8
10
12
Básicos Medios Superiores Básicos Medios Superiores
Ano 2014 Ano 2015
Exfumadores 2,3 4,9 2,4 3,6 6,9 4,1
Fumadores 0,3 1,2 1,1 0,5 0,9 0,8
0
2
4
6
8
10
12
Nos dous anos estudados non se observan cambios na prevalencia de fumadores de cigarros electrónicos
en función da idade. Destaca que o consumo de cigarros electrónicos entre a poboación maior de 64 anos é
anecdótica. A prevalencia de exfumadores de cigarros electrónicos diminúe coa idade. (Figura 7).
0,7 0,7 0,7 0,7 0,7 0,6
3,03,7
2,4
4,65,4
4,0
0
2
4
6
8
10
12
Todos Homes Mulleres Todos Homes Mulleres
Ano 2014 Ano 2015
Fumadores Exfumadores
7 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
A prevalencia de consumo de cigarros electrónicos é máis alta no ámbito urbano (Figura 8). Isto pode estar
asociado ao descenso do número de puntos de venda que faría menos accesible o consumo por parte de
poboación que non vive en cidades7.
Entre as persoas cun nivel medio de estudos a prevalencia de consumo de cigarros electrónicos é a máis
alta (Figura 9). En 2015 neste grupo o 8% declaran que fuman ou fumaron cigarros electrónicos.
Comentario. Á vista destes resultados destaca que nos últimos 9 anos a prevalencia de consumo de
tabaco en Galicia diminuíu e o perfil dos fumadores cambiou. O auxe do tabaco de lear é claro e
obxectívase a introdución dos cigarros electrónicos na poboación galega. Desde Saúde Pública débese
mandar unha mensaxe clara: calquera forma de consumo de tabaco é perigosa e a cautela debe prevalecer
en relación cos cigarros electrónicos, xa que os riscos que o seu consumo implica para a saúde dos
fumadores aínda son descoñecidos.
Son necesarias campañas de información sobre os efectos nocivos do consumo de picadura e a supresión
das vantaxes fiscais deste tipo de tabaco xunto cunha regulación clara dos cigarros electrónicos.
Bibliografía
1 Ng M et al. Smoking prevalence and cigarette consumption in 187 countries, 1980-2012. JAMA 2014; 311: 183-92.
2 Ministerio de Sanidad y Consumo. Encuestas Nacionales de Salud de España. Consultado el 17 de febrero de 2016. En:
http://www.ine.es/inebase
3 Encuesta Nacional de Salud de España, 2011-2012. Madrid: Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. En:
http://www.msssi.gob.es/estadEstudios/estadisticas/encuestaNacional/encuestaNac2011/encuestaResDetall2011.htm.
4 Instituto Nacional de Estadística. En: http://www.ine.es/jaxiT3/Tabla.htm?t=4247.
5 Comisionado para el Mercado de Tabaco. En: http://www.cmtabacos.es/wwwcmt/paginas/ES/mercadoEstadisticas.tmpl.
6 DXSP. SICRI: Sistema de Información sobre Condutas de Risco en Galicia. En:
http://www.sergas.es/Saude-publica/SICRI-Sistema-Informacion-sobre-Condutas-de-risco
7 España: Se reduce el número de tiendas de Cigarrillos Electrónicos. En: http://www.vapeadores.com/2014/04/espana-se-reduce-
el-numero-de-tiendas-de-cigarrillos-electronicos/ Consultado el 17 de febrero de 2016.
8 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
A SÍNDROME HEMOLÍTICA-URÉMICA EN GALICIA DE 2010 A 2014
Introdución. E. coli enterohemorráxico (ECEH) é un dos patóxenos transmitidos por alimentos máis
importantes dos últimos anos1. O gando, especialmente o bovino, así coma outros ruminantes, son o seu
principal reservatario2. Transmítese fundamentalmente a través da inxesta de alimentos contaminados e con
menor frecuencia da auga contaminada, ou por contacto directo entre persoas ou con animais2.
A prevalencia de ECEH foi aumentando a nivel mundial, ata situarse entre os principais axentes
responsables da gastroenterite. O número de abrochos por ECEH nos países desenvolvidos é maior cada
vez3.
Unha das características deste xerme é a frecuencia coa que se asocia a distintas complicacións
sistémicas. Entre o 6 e o 9% das infeccións sintomáticas por ECEH evolucionan a Síndrome Hemolítica
Urémica (SHU), acadando o 15% nos menores de 10 anos4. Esta síndrome caracterízase pola tríada fallo
renal, anemia hemolítica microanxiopática e trombocitopenia non inmune, pode comezar con febre e
leucocitose e cursa tamén con esquistocitose e hiperazoemia4. Aparece entre 5 e 10 días despois de ter
comezado a diarrea. Ademais a ECEH na poboación constitúese como a principal causante -ata o 90%- das
SHU en nenos3, que a súa vez é a causa máis grave de Insuficiencia renal nestas idades4. Outros
microorganismos que poden resultar en SHU son Shigella dysentiaryae tipo 1, Streptococcus pneumoniae
e, de xeito circunstancial, Salmonella typhi, Campylobacter, Yersinia pseudotuberculosis, virus ECHO,
Cocksackie, influenza, Epstein Barr e Rotavirus6.
Nalgúns países realízase unha vixilancia activa da SHU como un xeito de control indirecto da evolución das
cepas de ECEH7,8. En España non existiu sistema de vixilancia ata 2012, pero en todo caso as publicacións
parecen suxerir que o ECEH vai en aumento9. A maior parte dos casos de ECEH dos que se ten constancia
en España foron esporádicos, e ata a actualidade rexistráronse 10 abrochos, ningún deles en Galicia10.
Polo tanto ante a importancia deste patóxeno -tanto pola súa aparente prevalencia en aumento no noso
medio, como pola gravidade das complicacións que pode carrexar- e ante a falta dun sistema de vixilancia,
en 2010 realizouse un estudo dos ingresos hospitalarios con SHU en Galicia entre 2000 e 2009 para
estimar a súa presenza na nosa comunidade e poder observar a súa relación co ECEH. Este estudo
resultou no informe A Síndrome hemolítica-urémica en Galicia de 2000 a 200911. O presente documento é
unha actualización do devandito informe con datos dos ingresos hospitalarios con SHU de 2010 a 2014.
Metodoloxía. Realizouse a análise dos datos de alta hospitalaria entre 2010 e 2014 en calquera dos
hospitais do SERGAS e máis en Povisa con diagnóstico de SHU (código de CIE-9-MC: 283,11). Para isto
solicitáronse ao CMBD-HA os datos dos pacientes que entre esas datas presentaran asociado un
diagnóstico de SHU, tanto como código principal como secundario. Así mesmo revisouse se entre os
códigos diagnósticos constaban: “008.0x” e “041.4”, que corresponden a E.coli (sendo “008,04” o específico
para a E.coli enterohemorráxico), e “009.0” a “009.3”, que corresponden a enterite, colite, gastroenterite e
diarrea infecciosa ou presumiblemente infecciosa).
Para a análise elimináronse da base todos os casos de non residentes en Galicia. No caso de presentar un
mesmo paciente varios ingresos con diagnóstico de SHU consideráronse como casos de SHU
independentes aqueles con polo menos dúas semanas de intervalo entre eles.
A idade categorizouse en 5 grupos: 0 a 4; 5 a 14; 15 a 44; 45 a 64; 65 ou máis. Revisáronse as historias
clínicas dos menores de 15 anos, para valorar así a constancia de E.coli no ingreso correspondente.
Calculáronse as taxas brutas, as específicas por idade e as axustadas por idade á poboación de Galicia
neste período, expresadas como casos por 100.000 habitantes e ano (c/105h). Empregáronse como
poboacións de Galicia as do padrón continuo de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística12
para cada ano, e como poboación estándar a do ano 2013. Realizouse unha análise de tendencia das taxas
anuais axustadas mediante o método joinpoint que permite identificar os puntos de cambio na tendencia, e
proporciona unha estimación da porcentaxe de cambio anual (PCA) para cada segmento, incluíndo na
9 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
análise os casos de SHU ingresados nos hospitais de Galicia dende 2000. Os intervalos de confianza do
95% (IC95%) das razóns de taxas estimáronse con Epidat 3.1.
Resultados. Entre 2010 e 2014 identificáronse en Galicia 76 casos de SHU, dos cales 14 (18%) eran
menores de 15 anos. A taxa media anual axustada por idade no período estudado é de 0’5 c/105h ao ano, e
os anos que amosan unha taxa máis elevada son 2011 e 2013 con 0’6 c/105h, tal como se mostra no
Gráfico 1, sendo o mínimo o 2014 con 0’4 c/105h. Ao considerar só os menores de 15 anos a taxa axustada
no período é de 0’9 c/105h ao ano, cun máximo en 2011 de 1’2 c/105h e un mínimo en 2014 de 0’6 c/105h.
Gráfico 1: casos e taxas
axustadas por idade (c/105h)
SHU en Galicia, por ano no
período 2010-2014.
Respecto á idade ao ingreso, a Táboa 1 mostra como a maior taxa de incidencia corresponde ao grupo de 0
a 4 anos con 1’6 c/105h ao ano, sen que haxa diferenzas entre as taxas dos outros grupos etáreos.
Táboa 1: Casos e taxas de SHU en Galicia nos diferentes grupos de idade.
IDADE (anos) 0 a 4 5 a 14 15 a 44 45 a 65 65 e máis Todos
Casos 9 5 21 23 18 76
Taxa específica 1’6 0’5 0’4 0’6 0’6 0’5
Por provincia de residencia, destaca Ourense con unicamente dous casos ao longo deste período, cunha
taxa anualizada axustada por idade de 0’1 c/105h, moi por debaixo da seguinte provincia, Pontevedra, que
presenta unha taxa axustada de 0’4 c/105h, tendo Lugo e Coruña valores moi superiores aos anteriores,
cunhas taxas de 0’7 e 0’8 c/105h, respectivamente (ver táboa 2).
No referente aos hospitais obsérvanse diferenzas entre eles, con 4 dos hospitais que non presentan ningún
ingreso por SHU durante este período (Verín, O Barco de Valdeorras, Hospital de Barbanza e Hospital de
Cee). Valorouse a posibilidade de que a falta de diálise nestes centros fose a explicación desa falta de
casos de SHU, pero algúns destes hospitais si ofertan este servizo. Na táboa 2 preséntanse os datos dos
hospitais nos que consta SHU entre 2010 e 2014. Como se pode observar o Hospital de Vigo e o de Ferrol
son os que presentan as menores taxas de SHU (0’1 c/105h en ambos), e o Hospital da Coruña destaca coa
taxa máis elevada,1’7 c/105h. No caso das EOXIs pódese observar como destaca A Coruña con 1’3 c/105h,
seguida da de Santiago cunha taxa de 0’7 c/105h.
Ao avaliar graficamente a estacionalidade dos diagnósticos de SHU entre 2010 e 2014 esta semella non
existir, aínda que se observa unha maior incidencia na segunda metade do ano (Gráfico 2), similar á
referida no informe previo11. Porén, ao separar ao grupo dos menores de 15 anos, que son os que poden ter
máis frecuentemente como causa da SHU o E.coli enterohemorráxico, o pico no mes de agosto é evidente,
0
0,1
0,2
0,3
0,4
0,5
0,6
0,7
0
5
10
15
20
25
2010 2011 2012 2013 2014
Ta
xa
s
ca
so
s
Casos taxa axustada por idade
10 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
cun 36% dos casos (5/14). Este comportamento achouno tamén o estudo previo11 -correspondente aos
anos 2000 a 2009- no que o 29% dos ingresos con SHU en menores de 15 anos ocorreron neste mes.
En total, 15 pacientes presentan nos códigos do ingreso aportados por CMBD diagnóstico de E.coli
inespecífico. Entre os maiores de 14 anos o número é de 10, é dicir, un 16% dos adultos ingresados por
Táboa 2: Casos e taxas de SHU en Galicia entre 2010 e 2014, por provincia de resiedncia, EOXI e hospital.
PROVINCIA RESIDENCIA Casos Taxa bruta Taxa axustada IC (95,0%)
A Coruña 41 0’7 0’7 0’5 1’0
Lugo 13 0’7 0’8 0’4 1’4
Ourense 2 0’1 0’1 0’0 0’4
Pontevedra 19 0’4 0’4 0’2 0’6
Galicia 76 0’5 0’5 0’4 0’7
EOXI Casos Taxa bruta Taxa axustada IC (95’0%)
A CORUÑA 35 1’3 1’3 0’9 1’8
FERROL 1 0’1 0’1 0’0 0’6
OURENSE 2 0’1 0’1 0’0 0’3
PONTEVEDRA 7 0’4 0’5 0’2 0’9
SANTIAGO 17 0’7 0’7 0’4 1’2
VIGO 4 0’1 0’1 0’0 0’4
LUGO 10 0’6 0’6 0’2 1’2
HOSPITAIS Casos Taxa bruta Taxa axustada IC (95’0%)
A CORUÑA 35 1’7 1’7 1’2 2’4
LUGO 7 0’8 0’9 0’4 1’8
COSTA 2 0’7 0’7 0’1 2’6
MARCIDE 1 0’1 0’1 0’0 0’7
MONFORTE 1 0’5 0’5 0’0 3’7
OURENSE 2 0’2 0’1 0’0 0’6
PONTEVEDRA 6 0’4 0’5 0’1 1’0
POVISA 1 0’3 0’2 0’0 1’8
SALNÉS 1 0’3 0’3 0’0 1’7
SANTIAGO 17 1’1 1’1 0’6 1’8
VIGO 3 0’1 0’1 0’0 0’4
11 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
SHU entre 2010 e 2014 en Galicia teñen E.coli inespecífico asociado a dito ingreso. No caso dos menores
de 15 anos son 5 os pacientes con E.coli inespecífico asociado, o que supón un 36%.
Gráfico 2: Distribución mensual
das porcentaxes dos casos
acumulados no período 2010-
20014: Todos os casos e só os
menores de 15 anos en Galicia
Ante a aparente estacionalidade dos casos de SHU en menores de 15 anos, típica das SHU que teñen
como etioloxía a cepa enterohemorráxica de E.coli, e o limitado número de diagnósticos nestes anos (2010-
2014), revisáronse as historias clínicas en busca de a presenza de E.coli no ingreso. Dos 14 nenos
diagnosticouse ECEH en 7 (50%), que supoñen dous casos a maiores dos 5 xa identificados polo CMBD.
Esta porcentaxe é moi superior á observada no anterior informe (7%)11, no que non se puido facer a revisión
das historias.
A análise da tendencia das taxas de incidencia de SHU axustadas por idade represéntase na Gráfica 3.
Para realizar esta análise inclúense os datos do anterior informe11 que, como xa se dixo, abrangue o
período 2000 a 2009. A tendencia é crecente, aínda que sen acadar significación estatística, cunha PCA
non estatisticamente significativa de 2’4% (IC95%: -2’4 a 7’4). Polo tanto, non se atopou cambio na tendencia
ao longo destes 15 anos.
Gráfico 3: Tendencia das
taxas de SHU en Galicia de
2000 a 2014
Realizouse tamén unha comparación das taxas de incidencia por quinquenios nos menores de 15 anos,
posto que os casos parecían ir en aumento neste grupo de idade, con 7 casos de SHU entre 2000 e 2004,
10 casos entre 2005-2009 e 14 entre 2010 e 2014. Os resultados desta análise móstranse na Táboa 3, na
0
5
10
15
20
25
30
35
40
Xane
iro
Feb
reiro
Ma
rzo
Abril
Ma
yo
Xuño
Xullo
Agosto
Septe
mb
ro
Outu
bro
No
ve
mbro
De
ce
mbro
%
Casos totais (%) Casos <15 anos (%)
0
0,1
0,2
0,3
0,4
0,5
0,6
0,7
0,8
0,9
1998 2000 2002 2004 2006 2008 2010 2012 2014 2016
Taxa Tendencia
12 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
que se pode observar que, aínda que a tendencia parece ser crecente, cun incremento de risco que chega
a superar 2 cando o último quinquenio se compara co primeiro, este aumento non acada significación
estatística.
Táboa 3: Comparación das taxas de SHU en menores de 15 anos, por quinquenios
Períodos a comparar Razón de taxas IC 95%
2005-2009 / 2000-2004 1’5 0’5-4’6
2010-2014 / 2005-2009 1’3 0’5-3’3
2010-2014 / 2000-2004 2’1 0’7-5’8
Comentarios. Compre salientar que se estudaron ingresos hospitalarios con SHU que se interpretaron
como incidencia de SHU, mais esta interpretación non está exposta a un nesgo significativo porque a SHU é
grave dabondo para provocar o ingreso hospitalario. Por outra banda, os diagnósticos de SHU foron
proporcionados polo CMBD-AH, e polo tanto están suxeitos á calidade da codificación dos informes de alta.
En xeral cos datos presentados non se pode rebater unha estabilidade na incidencia de SHU en Galicia ao
longo dos anos, tendendo a xirar en torno a 0’4 c/105h ano, pese a que entre 2010-2014 semella un lixeiro
aumento; cunha media de 0’5 c/105h durante estes anos -feito que tamén se observa na análise de
tendencia onde a PCA non é estatisticamente significativa- os intervalos de confianza, que se solapan,
permiten valorar que non hai diferenzas salientables. Nos menores de 15 anos esta apreciación é máis
complexa, polo pequeno número de casos.
A pesar de que as taxas axustadas por idade parecen diferir en canto a provincias, os intervalos de
confianza solápanse en case todos os casos, sendo Lugo e A Coruña as que presentan as maiores taxas
con 0’8 e 0’7 c/105h respectivamente. Pontevedra, aínda sen chegar a amosar diferencias significativas en
ningunha ocasión, xa presentara taxas baixas no informe anterior11. As taxas máis elevadas obsérvanse nas
provincias con maior produción de gando vacún, Lugo e A Coruña12. Noutros países, como Francia,
observáronse tamén maiores incidencias en rexións con máis actividade gandeira13. Neste caso as baixas
taxas de SHU en Ourense poden explicarse porque a maioría do gando desta provincia é gando porcino o
cal, aínda que se coñece que pode portar E.coli14 parece ter unha menor importancia como reservatario que
os ruminantes15,16.
Non houbo casos de SHU en Ourense entre os menores de 15 anos, e só un en Pontevedra. Entre os 9
menores que presentaron SHU na provincia da Coruña, 5 presentaron E.coli, e unicamente un dos 4
ingresados de Lugo presentouno.
Ao igual que ocorre no informe anterior, non se observa estacionalidade no total dos casos. Como xa se
indicou, os menores de 15 anos presentan un pico de incidencia durante o mes de Agosto. Isto parece
suxerir que unha maior proporción de SHU tería como causa o E.coli, posto que esta bacteria presenta
estacionalidade con maior incidencia durante os meses de verán, pode ser porque precisa temperaturas
elevadas para multiplicarse, o que favorecería maiores taxas de infección nos meses máis cálidos. Ademais
a relación da SHU co gando pode explicar tamén esa tendencia estacional, posto que a excreción do xerme
polo gando é intermitente, case inexistente durante os meses de inverno para ir aumentando e acadar o
máximo durante os meses de verán14.
Durante a revisión das historias, púidose observar como un total de 7 casos dos 14 menores de 15 anos,
presentan ECEH na mostra de coprocultivo. Non obstante ningún destes casos se asociaron entre si ou a
outros casos, aparecendo todos os rexistrados como esporádicos, sen formar parte de abrocho ningún.
Como conclusión, as taxas de SHU en Galicia parecen seguir unha tendencia estable ao longo dos anos. As
taxas en menores de 15 anos, son coincidentes coas notificadas por outros países que fan vixilancia de
SHU.
13 BEG 2016; vol. XXVIII, nº 2
PROGRAMA DE ELIMINACIÓN DO SARAMPELO
son de declaración obrigatoria urxente ao SAEG todos os casos de enfermidade con:
Febre > 38º C, exantema máculo-papular e : tose ou rinite ou conxuntivite.
Os datos de SHU en Galicia permiten intuír unha incidencia relativamente baixa de infección por ECEH e
descartar así mesmo a posibilidade de abrochos importantes. Ademais durante o período 2000 a 2014, en
ningún dos abrochos de gastroenterite nos que o axente responsable non se chegou a identificar os casos
presentaron diarrea sanguiñenta. Por outra banda, o número de casos notificados entre 2012 e 2014 é
baixo, máis, de momento, a vixilancia ten limitacións debido a que non se pode captar automaticamente os
ECEH das bases de datos dos laboratorios.
Bibliografía
1 Paton JC, Paton AW. Pathogenesis and diagnosis of Shiga toxin-producing Escherichia coli infections. Clin Microbiol Rev 1998; 11:
450–79.
2 Pennington H. Escherichia coli O157. Lancet 2010; 376: 1428–35.
3 Griffin PM, Tauxe RV. The epidemiology of infections caused by Escherichia coli O157:H7, other enterohemorrhagic E. coli, and
the associated hemolytic uremic syndrome. Epidemiol Rev 1991; 13: 60-98.
4 Uptodate [Base de datos en internet]. Philadelphia: Wolters Kluwer Health; 2015 [citado 28 marzo 2016]. Clinical manifestations,
diagnosis and treatment of enterohemorrhagic Escherichia coli (EHEC) infection. Dispoñible en: http://www.uptodate.com
5 Uptodate [Base de datos en internet]. Philadelphia: Wolters Kluwer Health; 2016 [citado 28 marzo 2016]. Overview of hemolytic
uremic syndrome in children. Dispoñible en: http://www.uptodate.com
6 Karmali MA. Infection by Verocytotoxin-Producing Escherichia coli. Clinical Microbiology Reviews 1989; 1: 15-38
7 LA King, et le réseau des néphrologues pédiatres. Surveillance du syndrome hémolytique et urémique chez les enfants de 15 ans
et moins en France, 1996-2007. BEH 2009; 14: 7.
8 Henao OL et al. Foodborne Diseases Active Surveillance Network (FoodNet) Workgroup. Foodborne Diseases Active Surveillance
Network—2 decades of achievements, 1996–2015. Emerg Infect Dis 2015; 21: 1529-36.
9 Blanco JE et al. Serotypes, Virulence Genes, and Intimin Types of Shiga Toxin (Verotoxin)-Producing Escherichia coli Isolates from
Human Patients: Prevalence in Lugo, Spain, from 1992 through 1999. J Clin Microbiol 2004; 42: 311–9.
10 Sánchez S et al. Aspectos clínicos y patogénicos de las infecciones por Escherichia coli O157:H7 y otros E.coli verotoxigénicos.
Enferm Infecc Microbiol Clin 2010; 28: 370–374.
11 DXSP. A Síndrome hemolítica-urémica en Galicia de 2000 a 2009. Boletín epidemiolóxico de Galicia 2011; vol. 23, nº 49.
12 Instituto Galego de Estatística. Dispoñible en: http://www.ige.eu
13 Haeghebaert S et al. Cas groupés de syndrome hémolytique et urémique pédiatriques, département du Finistère, 1993-2000. BEH
2001; 37: 181-3.
14 Enterohemorrhagic Escherichia coli Infections. 2009. The Center for Food Security & Public Health. Institute for International
Cooperation in Animal Biologics. En: http://www.cfsph.iastate.edu/Factsheets/pdfs/e_coli.pdf
15 Ferens WA, Hovde CJ. Escherichia coli O157:H7: animal reservoir and sources of human infection. Foodborne Pathog Dis 2011;
8: 465-87.
16 EFSA (European Food Safety Authority) and ECDC (European Centre for Disease Prevention and Control), 2016.The European
Union Summary Report on Trends and Sources of Zoonoses, Zoonotic Agents and Food-borne Outbreaks in 2013. EFSA
Journal 2015; 13: 3991.