16
CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado mellore a súa competencia lectora. Material fotocopiable Documentación Comprensión Velocidade Recreación Novas tecnoloxías Para o profesorado Newsletters con actividades complementarias Actividades que involucran o uso de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) Velocidade lectora Apartado informativo Actividades de comprensión Competencias básicas e interdiscipli- nariedade Do libro a... Actividades de recreación lectora Para o alumnado Actividades de: Se eu foxe un paxariño Recursos para Hanna Johansen / Hildegard Müller o profesor 4 CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR Fotocopiables para o alumnado Apartado que proporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura. Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación. Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada. Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante: - A expresión escrita - A expresión oral - A expresión artística (teatro, música e plástica). Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc. - Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL. - Relación dos temas do libro con outras áreas. 1.1 1.2 1.3 Elabora un resumo de dez liñas cos datos que atopes na rede sobre o autor desta novela e comenta o argumento dalgunha das súas obras. Busca información sobre o ilustrador do libro e cita algún dos libros que ilustrou. Averigua o significado e mais a orixe da palabra dragóne infórmate sobre o simbolismo asociado á mesma. Logo redacta un pequeno traballo cos datos atopados no que podes incluír algunha fotografía. Actividades de documentación 1 Corazón de pedra Ordena os acontecementos segundo o capítulo no que aparecen. 2.2 2.3 Relaciona a palabra seleccionada co seu significado. 2 Actividades de comprensión A. «Viaxes na noite» B. «Corazón de pedra» C. «O castelo das mil estatuas» D. «A cova da serpe» E. «Un home misterioso» 1. Aínda non pasara nin un mes, cando comezou a atacar o gando que pacía nos prados. Un día levaba unha vaca, outro día unhas ovellas, ás veces un cabalo… 2. Así foi como salvou o seu namorado, e tamén as outras persoas que estaban presas do maleficio, que desde aquela lle xuraron amizade eterna. 3. Dun xeito inconsciente, pegou o seu corpo aínda máis contra a superficie da pedra, como desexando que o ruído dos seus latexos acabase por traspasar aquela rocha tan sólida e chegase á súa cerna. 4. Sempre crera que os escritores debían de ter unha aura especial, algo que os distinguira da xente corrente, pois posuían o don de crear historias tan fermosas como para se converter en libro. 5. Malia os seus dentes e cornos, o dragón tiña unha expresión amable e faláballe nunha lingua estraña que no soño Brenda entendía sen dificultade. A ; B ; C ; D ; E ; A. Cascuda 1. Molusco cefalópodo mariño. Pota. Calamar. B. Bafo 2. Insecto acoirazado con cuncha negra que o protexe. C. Belfos 3. Fama. D. Sona 4. Lugar con pouca luz. Sombrío. E. Bisbarra 5. Ladeira dunha montaña. F. Avesío 6. Comarca. G. Lura 7. Vapor producido por un exceso de humidade. H. Aba 8. Labio inferior de certos animais. I. Trebello 9. Responder con argumentos. Replicar. L. Retrucar 10. Aparello. Apeiro de labranza. 3.1 3.2 3 Velocidade lectora O seguinte texto está escrito de dúas formas distintas: ningunha delas che é allea. Le ambas as dúas do xeito máis rápido posible, cronometra o tempo e, cando remates, tira unha conclusión. «Cmo os ses pais se encntrban knsos, poco trdarn en ir drmir. Brenda tmén se ditou, mais non dba prnddo no sono; nn era que estrñase a cma, senón que se atpab deasiado exctada ant tata novdade. Na cidade estba aeita a non vr máis que os edficos de beirrrúa de en frnte e a escotar só os ruíds dos cochs ou o bureo da xete. Alí tdo era dstnto, desde o ceo inmeso e ateigdo de estrlas ata o silncio que rodaba o edfico, roto só plo rumr do río e pols sons de anmais que nuca ants escoitra. Pasou moito tmpo no blcón, fascinda ante aquel espzo que lle parcía cargdo de msteros». Levoume segundos. «Como os seus pais se encontraban cansos, pouco tardaron en ir durmir. Brenda tamén se deitou, mais non daba prendido no sono; non era que estrañase a cama, senón que se atopaba demasiado excitada ante tanta novidade. Na cidade estaba afeita a non ver máis que os edificios de beirarrúa de en fronte e a escoitar só os ruídos dos coches ou o boureo da xente. Alí todo era distinto, desde o ceo inmenso e ateigado de estrelas ata o silencio que rodeaba o edificio, roto só polo rumor do río e polos sons de animais que nunca antes escoitara. Pasou moito tempo no balcón, fascinada ante aquel espazo que lle parecía cargado de misterios». Levoume segundos. Durante un minuto le as palabras que aparecen na táboa da esquerda. Pasado ese tempo, tápaas coa man ou unha folla e subliña, na táboa da dereita, aquelas que se repiten. dragón aura aceno bourear sono espreguizar sorte beirarrúa fraga arrefriar ateigado recendo cantiga val afastar vacacións casa mol xestas río novelo silvas alpendre gorida novelo sorte rolda dragón rocha aura aceno pinchos lume cova belfos corpo serpe cantiga val gorida hostal xantar castelo bisbarra sono pedra vacacións corvo Corazón de pedra ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA Brenda amaba os dragóns e era unha grande coñecedora de todo aquilo que tiña que ver con estes animais. Pero os dragóns de Brenda xa non existen; hoxe en día hai outros animais que están en perigo de extinción. Selecciona un deles e cóntanos todo o que saibas sobre el: aspecto físico, costumes, contorna na que vive… Este enderezo pode ser de axuda para o teu traballo: » http://www.animalesenextincion.es/ O home misterioso da novela, aínda que aparece en varias ocasións ao longo da mesma, é un personaxe mudo: observa, toma notas, segue a Brenda… porén, nunca fala. Crea un breve diálogo entre o escritor e mais Brenda. Home Misterioso: Brenda: Home Misterioso: Brenda: Home Misterioso: Brenda: ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL Galicia é terra encantada: meigas, mouros, xanas, ánimas, serpes, pedras, camiños, fontes, animais… Relata unha lenda que haxas escoitado aos da túa clase, lembrando como chegou a ti, de onde procede, etc. Neste enderezo tes unha axuda: » http://www.galiciaencantada.com/ 4.1 4.3 4.2 4 Actividades de recreación Se eu foxe un paxariño OXFORD | 1

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - oupe.es · ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar a lectura de calquera tipo de texto utilizando a estratexia máis adecuada

  • Upload
    dangtu

  • View
    221

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

CADERNO DEDESENVOLVEMENTO LECTOR

O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado

mellore a súa competencia lectora.

Materialfotocopiable

Documentación Comprensión Velocidade Recreación

Novas tecnoloxías

Para o profesorado

Newsletters con actividades complementarias

Actividades que involucran o uso deTecnoloxías da Información e da

Comunicación (TIC)

Velocidade lectora

Apartado informativo

Actividades de comprensión

Competencias básicas e

interdiscipli-nariedade

Do libro a...Actividades de recreación

lectora

Para o alumnado

Actividades de:

Se eu foxe un paxariño

Recursos para

Hanna Johansen / Hildegard Müller

o profesor

4

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR

Fotocopiables para o alumnado

Apartado queproporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura.

Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación.

Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada.

Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante:- A expresión escrita- A expresión oral- A expresión artística (teatro, música e plástica).

Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc.

- Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL.- Relación dos temas do libro con outras áreas.

1.1

1.2

1.3

Elabora un resumo de dez liñas cos datos que atopes na rede sobre o autor desta novela e comenta o argumento dalgunha das súas obras.

Busca información sobre o ilustrador do libro e cita algún dos libros que ilustrou.

Averigua o significado e mais a orixe da palabra dragón e infórmate sobre o simbolismo asociado á mesma. Logo redacta un pequeno traballo cos datos atopados no que podes incluír algunha fotografía.

OXFORD | 3

Actividades de documentación1

Corazón de pedra

Ordena os acontecementos segundo o capítulo no que aparecen.2.2

2.3 Relaciona a palabra seleccionada co seu significado.

2 Actividades de comprensión

A. «Viaxes na noite»

B. «Corazón de pedra»

C. «O castelo das mil estatuas»

D. «A cova da serpe»

E. «Un home misterioso»

1. Aínda non pasara nin un mes, cando comezou a atacar o gando que pacía nos prados. Un día levaba unha vaca, outro día unhas ovellas, ás veces un cabalo…

2. Así foi como salvou o seu namorado, e tamén as outras persoas que estaban presas do maleficio, que desde aquela lle xuraron amizade eterna.

3. Dun xeito inconsciente, pegou o seu corpo aínda máis contra a superficie da pedra, como desexando que o ruído dos seus latexos acabase por traspasar aquela rocha tan sólida e chegase á súa cerna.

4. Sempre crera que os escritores debían de ter unha aura especial, algo que os distinguira da xente corrente, pois posuían o don de crear historias tan fermosas como para se converter en libro.

5. Malia os seus dentes e cornos, o dragón tiña unha expresión amable e faláballe nunha lingua estraña que no soño Brenda entendía sen dificultade.

A ; B ; C ; D ; E ;

A. Cascuda 1. Molusco cefalópodo mariño. Pota. Calamar.B. Bafo 2. Insecto acoirazado con cuncha negra que o protexe.C. Belfos 3. Fama.D. Sona 4. Lugar con pouca luz. Sombrío.E. Bisbarra 5. Ladeira dunha montaña.F. Avesío 6. Comarca.G. Lura 7. Vapor producido por un exceso de humidade.H. Aba 8. Labio inferior de certos animais.I. Trebello 9. Responder con argumentos. Replicar.L. Retrucar 10. Aparello. Apeiro de labranza.

6 | OXFORD

3.1

3.2

3 Velocidade lectora

O seguinte texto está escrito de dúas formas distintas: ningunha delas che é allea. Le ambas as dúas do xeito máis rápido posible, cronometra o tempo e, cando remates, tira unha conclusión.

«Cmo os ses pais se encntrban knsos, poco trdarn en ir drmir. Brenda tmén se ditou, mais non dba prnddo no sono; nn era que estrñase a cma, senón que se atpab deasiado exctada ant tata novdade. Na cidade estba aeita a non vr máis que os edficos de beirrrúa de en frnte e a escotar só os ruíds dos cochs ou o bureo da xete. Alí tdo era dstnto, desde o ceo inmeso e ateigdo de estrlas ata o silncio que rodaba o edfico, roto só plo rumr do río e pols sons de anmais que nuca ants escoitra. Pasou moito tmpo no blcón, fascinda ante aquel espzo que lle parcía cargdo de msteros».

• Levoume segundos.

«Como os seus pais se encontraban cansos, pouco tardaron en ir durmir. Brenda tamén se deitou, mais non daba prendido no sono; non era que estrañase a cama, senón que se atopaba demasiado excitada ante tanta novidade. Na cidade estaba afeita a non ver máis que os edificios de beirarrúa de en fronte e a escoitar só os ruídos dos coches ou o boureo da xente. Alí todo era distinto, desde o ceo inmenso e ateigado de estrelas ata o silencio que rodeaba o edificio, roto só polo rumor do río e polos sons de animais que nunca antes escoitara. Pasou moito tempo no balcón, fascinada ante aquel espazo que lle parecía cargado de misterios».

• Levoume segundos.

Durante un minuto le as palabras que aparecen na táboa da esquerda. Pasado ese tempo, tápaas coa man ou unha folla e subliña, na táboa da dereita, aquelas que se repiten.

dragón aura acenobourear sono espreguizarsorte beirarrúa fragaarrefriar ateigado recendocantiga val afastarvacacións casa molxestas río novelo silvas alpendre gorida

novelo sorte roldadragón rocha auraaceno pinchos lumecova belfos corposerpe cantiga valgorida hostal xantarcastelo bisbarra sonopedra vacacións corvo

OXFORD | 7

Corazón de pedra

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

Brenda amaba os dragóns e era unha grande coñecedora de todo aquilo que tiña que ver con estes animais. Pero os dragóns de Brenda xa non existen; hoxe en día hai outros animais que están en perigo de extinción. Selecciona un deles e cóntanos todo o que saibas sobre el: aspecto físico, costumes, contorna na que vive…

Este enderezo pode ser de axuda para o teu traballo:

» http://www.animalesenextincion.es/

O home misterioso da novela, aínda que aparece en varias ocasións ao longo da mesma, é un personaxe mudo: observa, toma notas, segue a Brenda… porén, nunca fala. Crea un breve diálogo entre o escritor e mais Brenda.

Home Misterioso:

Brenda:

Home Misterioso:

Brenda:

Home Misterioso:

Brenda:

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL

Galicia é terra encantada: meigas, mouros, xanas, ánimas, serpes, pedras, camiños, fontes, animais… Relata unha lenda que haxas escoitado aos da túa clase, lembrando como chegou a ti, de onde procede, etc. Neste enderezo tes unha axuda:

» http://www.galiciaencantada.com/

4.1

4.3

4.2

8 | OXFORD

4 Actividades de recreación

Se eu foxe un paxariño

OXFORD | 1

Se eu foxe un paxariño

PresentaciónO CDL é un material orientado ao docente que acompaña a cada libro do

Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar a lectura de calquera tipo de texto utilizando a estratexia máis adecuada en función da fi nalidade da lectura, das características do texto e do contexto no que se produce.

As actividades que se presentan pretenden que o alumnado «aprenda gozando», espertando o seu interese pola lectura de textos literarios e mellorando os seus hábitos lectores, asemade achegan ao docente unha ferramenta útil e atractiva para estimular a lectura na aula.

A realización das actividades do CDL será fl exible. Aínda que o ideal é completalo de maneira íntegra, o profesorado tamén terá a posibilidade de escolmar aqueles exercicios que considere máis axeitados para satisfacer as necesidades específi cas de cada alumno e de cada clase.

SinopseMario é un merlo que canta como ningún outro paxariño da súa mesma especie.

Cantaba moitas cancións pola mañá, ao mediodía e ao solpor. Mais, un día escoita unha doce melodía procedente da frauta dunha rapaza chamada Nana que o deixa engaiolado.

Mario decátase de que esa é a canción que el quere aprender a cantar: «Se eu fose un paxariño», era o seu título. O merlo dedica moitas horas ao día á aprendizaxe desta melodía, pero tamén ao coidado e alimentación dos seus pitiños.

Razóns para ler este libro

• Coñecer o apaixonante mundo do reino das aves.

• Decatarse que, con esforzo e tesón, se acadan os propósitos ou metas que un se marca na vida.

• Divertirse coa lectura dun relato ateigado de tenrura e amenidade.

• Descubrir, a través da lectura do libro, os valores da solidariedade, valentía, diálogo e responsabilidade.

2 | OXFORD

Actividades de documentación

1.1

1.2

1.3

1.4

1Busca información sobre a autora e mais a ilustradora deste libro, e escribe un breve resumo sobre cada unha delas.

O libro foi escrito por Hanna Johansen en alemán. Para que os lectores galegos poidan ler esta historia, o texto tivo que ser traducido á nosa lingua. Traduce ao galego, coa axuda dun dicionario, a seguinte frase:

• Frase en alemán:

Guten Morgen. Mein Name ist Antía. Ich habe acht jahre.

• Frase en galego:

Copia a imaxe que debuxou Hildegard Müller para o libro:

Busca o nome dalgún paxaro típico da fauna galega. Anota o seu nome e describe os seus trazos máis característicos.

OXFORD | 3

Se eu foxe un paxariño

Elixe a resposta adecuada para as expresións seleccionadas.

1. «Mulir as plumas».

A. Trocar a plumaxe.

B. Abrandar a plumaxe.

C. Perder a plumaxe.

2. «Peteirar a terra».

A. Arar a terra.

B. Picar a terra.

C. Sementar a terra.

3. «Escaravellar entre as follas».

A. Remexer entre as follas.

B. Botar estrume ás follas.

C. Apañar as follas.

4. «Encrespar as plumas».

A. Retirarse nunha liorta.

B. Agocharse.

C. Alporizarse por algo.

5. «Acompasarse o corazón».

A. Acougar.

B. Pórse moi alegre.

C. Sufrir un infarto.

Relaciona as palabras co seu signifi cado.

1. Miñocas A. Navegar2. Trilar B. Dar brillo3. Puír C. Emitir o seu canto os paxaros4. Sucar D. Silenciosas5. Silandeiras E. Vermes

2.1

2.2

2 Actividades de comprensión

4 | OXFORD

2 Actividades de comprensión

Ordena as imaxes e deseguido relata o que aconteceu.2.3

2.4

D.

B.

C.

A.

Procura nesta sopa de letras o nome de tres paxaros e tres árbores

A S P I Ñ E I R O PB A E R T U I O P ÑC S M A O D F G C LP B E T U M M A A OE D R Q R N N S R IT G L E I Z B D B UO F O T O X V F A TH L M H L V C G L RQ Ñ N G O B X L L EU B I D U E I R O Q

OXFORD | 5

Se eu foxe un paxariño

3Le estes poemiñas populares que falan das distintas aves. Anota o tempo que che levou lelos e, despois, vólveos ler e comproba se melloraches a velocidade lectora.

Velocidade lectora3.1

• A primeira vez levoume segundos.

• A segunda vez levoume segundos.

Catro aves escollidasson as que pasan a maro cuco e mais a andoriña,a rula e o paspallás.

Entre as follas dun lourerio,está o ferreiro a cantar,que lles dirá ás mociñasque andan a reloucar?

Onde vai a triste azulenta,que pousaba no penedoque falaba cos picariñosPor que se iría tan cedo?

Teño andado moito á caza,nunca vin unha carriza,non sei se era polos cans,ou pola miña preguiza.

Eu ben vin estar o cuco no bico do ameneiro,cunha subela na manaprendendo a zapateiro.

Sete petos ten a petano burato dunha trabemalas nacidas me maten,se non che conto verdade!

6 | OXFORD

3Tapa as palabras que aparecen na columna da dereita cunha folla. Logo, le coa maior velocidade que poidas as que aparecen na columna da esquerda, ao rematares de ler, cóbreas coa mesma folla e subliña as que se repiten na columna da dereita.

Velocidade lectora3.2

vantaxe píabaixiño frautamulir silandeiro

pluma cascatellados paxaromiñoca ceoarbusto trilaracochar oídogallas noitepía escaravellar

bidueiro falcónpeteiro aguzado

silandeiro plumastrilar miñocafrauta xardínxardín canción

superfi cie falcónovo gato

chocar mulirpaxariño puírfalcón pólasucar comidaniño bidueiroceo telladonoite espiñocasca ovo

• Tardei en subliñalas segundos.

OXFORD | 7

Se eu foxe un paxariño

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

Consulta nunha enciclopedia ou en Internet e completa a seguinte fi cha sobre os merlos:

4.1

4.2

Nome común:

Nome científi co: Turdus merula

Cor:

Cor do pico:

Peso:

Costumes:

Alimentación:

Hábitat:

Lonxevidade (cantos anos viven?):

Cantos ovos poden chegar a poñer:

Tempo para chocar os ovos:

F I C H A

Mario, o merlo da historia, é un paxaro cantor que quería aprender a interpretar unha nova melodía. Anota o título dunha canción que che guste e a súa letra.

8 | OXFORD

4 Actividades de recreación

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL

Por parellas deberedes dialogar tendo en conta que un será un paxaro e o outro será unha árbore. A intención do paxariño será facer o niño na árbore e esta tratará de que non o faga, argumentando que o niño só lle vai traer problemas: ruído, emporcallar as pólas…

De forma individual, cadaquén vaise trocar nunha ave migratoria e vai narrar ao resto da clase a súa viaxe, desde Galicia a terras máis cálidas. Este enderezo poder ser de utilidade:

» http://www.internatura.org/estudios/migracio.html

Busca no seguinte enderezo o paxaro que che pareza máis curioso e descríbeo ao resto da clase:

» http://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_aves_de_Galicia

ACTIVIDADE DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Escoita neste enderezo a canción de Fuxan os Ventos: «Melra, melriña» e, deseguido, debuxa no cadro de embaixo o que che suxire a canción:

» http://www.goear.com/listen/8e40f24/melramelrina-fuxan-os-ventos

4.3

4.5

4.4

4.6

OXFORD | 9

4 Actividades de recreación

Se eu foxe un paxariño

Solucións e outras actividadespara o docente

1.1

10 | OXFORD

1. ACTIVIDADES DE DOCUMENTACIÓN

O alumnado debe escribir un breve resumo da biografía e a bibliografía da autora do libro, Hanna Johansen, e da ilustradora, Hildegard Müller.

Solución:

Biografía da autora

Esta escritora, nada en Bremen (1939), vive actualmente en Zürich e dedícase aínda ao mundo da escritura para nenos e adultos. A súa obra foi galardoada, entre outros, co Premio Suizo da Literatura Xuvenil e chegou a ser nomeada no ano 2000 para o Hans Christian Andersen. Algúns dos seus libros foron traducidos a máis de quince linguas. Dende 1993 é membro da Academia Alemá da Lingua e Poesía de Darmstadt.

Bibliografía da autora

• O parrulo e o mouchoO parrulo pensa que a hora de durmir é pola noite, mentres que o moucho pensa que iso é un dispararte, pois a noite é para agardar que pase por diante algo que comer. Iso non ten sentido para o parrulo, que é do parecer de que a comida hai que buscala na auga. E iso parécelle noxento ao moucho. No entanto, deciden ser amigos.

• Félix, FélixFélix é un gato aventureiro que non se conforma con levar unha vida cómoda ao carón dos seus donos e bótase á rúa para descubrir mundo. Alí atopa todo un universo descoñecido: gatos vagabundos, rivalidades, liortas e unha gata fermosa que será a súa compañeira de aventuras.

• O parruliño que sempre chegaba tarde «Cala un momento» é un relato dentro do libro O parruliño que sempre chegaba tarde no que os diálogos que se establecen entre un neno e a súa amiga convértense en auténticos mapas sonoros que é necesario escoitar e apreciar no máis absoluto silencio...

Biografía da ilustradora

Hildegard Müller naceu en 1957. Na actualidade traballa como deseñadora gráfi ca, ilustradora e autora. Foi premiada en máis dunha ocasión polos seus álbums.

Bibliografía da ilustradora

• Aquí son só a gataEsta historia comeza coa chegada dun can á casa onde habita unha gata…

Solucións e outras actividadespara o docente

1.2

1.3

2.1

1.4

2.2

OXFORD | 11

O alumno debe traducir unha oración escrita en alemán. Este exercicio pretende realizar unha refl exión sobre a diversidade lingüística e a importancia das linguas como parte fundamental do noso acervo cultural. Tamén para subliñar a necesidade que temos de coñecer idiomas para poder comunicármonos e comprender textos escritos noutra lingua diferente á nosa.

Solución:

• Frase en alemán: Guten Morgen. Mein Name ist Antía. Ich habe acht jahre. • Tradución ao galego: Bos días. O meu nome é Antía. Teño oito anos.

O alumnado debe copiar a imaxe do merlo que a ilustradora realizou para este libro.

Solución: resposta libre. Valorarase que a produción do alumno se asemelle á ilustración orixinal.

O alumnado debe buscar o nome dalgunha ave que sexa característica de Galicia e comentar algún dos seus trazos específi cos.

Solución: resposta libre. Poderían citar o corvo, a pega, o merlo, o estorniño, etc.

Por exemplo: a pega (Pica pica) mide 46 cm e a súa cola ten uns 20 a 25 cm. Esta ave poderiase considerar coma unha ladroa, rouba niños a outras aves, ovos e pitiños. Viven solitarias ou en parellas aínda que, na fi n do inverno e principios da primavera, pódense ver grandes grupos. O seu niño ten teito, feito de poliñas de arbustos ou de árbores forrado con raiciñas. Pon de 4 a 7 ovos entre abril e maio e choca durante tres semanas. Os pitiños son alimentados por ambos os pais. Voan despois de 27 días.Se queren, poden consultar o seguinte enderezo en Internet:

» http://enbuscadelainsignia.skyrock.com/3012032483-FAUNA-GALLEGA-AVES.html

2. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN

O alumnado deberá elixir entre as respostas que se propoñen, só a adecuada.

Solución: 1 - B; 2 - B; 3 - A; 4 - C; 5 - B.

O alumnado deberá relacionar as palabras da columna da esquerda cos seus sinónimos ou signifi cado.

Solución: 1 - E; 2 - C; 3 - B; 4 - A; 5 - D.

Se eu foxe un paxariño

Solucións e outras actividadespara o docente

4.1

3.2

2.3

2.4

Nome común: merlo

Nome científi co: Turdus merula

Cor: negro

Cor do pico: amarela

Peso: entre 75 e 120 gr.

Costumes: especie diúrna, sedzentaria.

Alimentación: omnívora (insectos e as súas larvas, miñocas, froitos e xermolas)

Hábitat: bosques frondosos, xardíns, sebes, parques, etc.

Lonxevidade (cantos anos viven?): 3 anos

Cantos ovos poden chegar a poñer: 3-5 ovos

Tempo para chocar os ovos: 13 días

F I C H A

12 | OXFORD

3.1

O alumnado ten que ordenar os debuxos segundo a secuencia lóxica dos merlos protagonistas e despois narrar ese proceso.

Solución: D; B; C; A. Para a narración escrita a resposta é libre.

O alumnado debe procurar nunha sopa de letras o nome de tres paxaros e tres árbores.

Solución: as árbores son: Bidueiro, Carballo e Piñeiro. Os paxaros: Ouriolo, Peto e Merlo.

3. VELOCIDADE LECTORA

O alumnado lerá os seis poemiñas de tradición popular e anotará o tempo de lectura investido neles.

Solución: resposta libre.

O alumnado deberá subiñar no cadro da dereita as palabras (en relación á lectura) que tamén aparecen no da esquerda e cronometrar canto tardan en facelo.

Solución: deberá subliñar as seguintes palabras: mulir, pluma, tellados, miñocas, pía, bidueiro, silandeiro, trilar, frauta, xardín, ovo, falcón, ceo, noite e casca.

4. ACTIVIDADES DE RECREACIÓN

Actividades de expresión escrita

O alumnado debe completar unha fi cha cos datos que buscaron sobre os merlos.

Solución:

4.3

4.4

4.2

OXFORD | 13

Solucións e outras actividadespara o docente

Deben escribir a letra dunha canción que lles guste e devezan por cantar.

Solución: resposta libre. Pódeselles dicir que pidan axuda aos seus familiares para fomentar así as cancións populares e de tradición oral.

Actividades de expresión oral

Esta actividade pretende que o alumnado respecte as quendas de opinión da súa parella e, tamén, que os seus argumentos sexan consistentes coa fi n de non trocar o diálogo nun encontro de «xordos».

Solución: resposta libre. Valorarase a expresión diante dos compañeiros e compañeiras.

Preténdese que o alumnado narre de xeito ordenado a súa viaxe como ave migratoria. Os datos que se ofrecen na páxina web deben ser seleccionados polo alumnado e expostos perante os demais con precisión.

Solución: resposta libre. Valorarase a capacidade de síntese e a expresión oral.

O alumnado deberá describir con precisión seguindo unha orde –previamente elaborada– na que, ademais do aspecto físico, terá que salientar outros coma: costumes, alimentación, hábitat… da ave elixida.

Solución: resposta libre. Valorarase a expresión oral.

Ademais... O alumnado procurará no libro Guía das aves de Galicia, ou no enderezo seguinte, diferentes refráns e ditos sobre algunhas aves coa fi n de aprendelos e recitalos ao resto da clase.» chttp://www.orellapendella.org/animais?page=2

Solución: resposta libre. Valorarase que sexan capaces de memorizar diversos ditos ou refráns.

Actividades de creación artística

O alumnado escoitará con atención a canción de Fuxan os Ventos e cando remate debuxará, a xeito de paisaxe, todo o que lle suxira a canción.Solución: resposta libre. Valorarase a creatividade e mais a orixinalidade.

Ademais… O alumnado adornará a cortiza da súa aula con imaxes de paxaros que poden obter na rede. Ademais do merlo, sería interesante que «colgaran» aves migratorias coma a andoriña e nocturnas coma o moucho.

Solución: resposta libre. Valorarase que procuren ilustracions diferentes e sapan recoñecer o nome dalgunhas delas.

4.5

4.6

Se eu foxe un paxariño

Do libro a…

14 | OXFORD

1. OUTROS LIBROS

O merlo de ferroCORTIZAS AMADO, Antón. Madrid: SM, 1995.Durante toda unha vida de intenso traballo, Manuel o ferreiro quixo construír na súa forxa un merlo de ferro que voase coma os de verdade.

A merla de trapoCORTIZAS AMADO, Antón. Vigo: Xerais, 2008.A través de sete historias imos coñecendo diversos acontecementos que transcenden a dimensión realista coa que comezan para se mergullar de cheo no mundo do marabilloso. Así, sabemos da existencia dun merlo de ferro que visita Antonia no balcón da súa casa, e como ela lle fai unha merla de trapo para que non se sinta só.

Recendos de aire sonoroGARCÍA TEIJEIRO, Antonio. Vigo: Xerais, 2011.Poemario que fai un percorrido poético da música libre acompañada dos elementos e seres da natureza e dos instrumentos que lembran ou producen emocións, sensacións...descritas poeticamente con ritmos e rimas tradicionais a partir de versos ben artillados.

2. PELÍCULAS

ValiantGary Chapman (dir.). Ealing Studios, Reino Unido, 2005 (105 min).Valiant é unha gaivota pequena pero valente que soña con pertencer algún día ao corpo de elite das pombas mensaxeiras. Unha comedia de aventuras sobre os centos de pombas que axudaron os soldados durante a guerra.

O bosque animadoÁngel de la Cruz (dir.). Dygra Films, España, 2001 (85 min).Na frondosa fraga de Cecebre a natureza transfórmase con árbores e animais que viven en animada compañía. Porén, a man do home traerá á fraga a confusión e mais a infelicidade.

3. PÁXINAS DE INTERNET

Vídeos que conteñen cantos dos merlos para que os nenos poidan escoitalos na aula:» http://www.youtube.com/watch?v=k0QD77X-hNw » http://www.youtube.com/watch?v=fSVBddAFsm0

Ficha para explotar didacticamente a película: O bosque animado.» http://www.auladecine.es/contenidos/fi chas/el_bosque_animado.pdf

Competencias básicas e interdisciplinariedade

OXFORD | 15

Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas

Competencia Actividades para traballala

Competencia en comunicación lingüística 1.1, 1.2, 2.1, 2.2, 2.3, 2.4, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5

Competencia para aprender a aprender 1.1, 1.2. 1.3,1.4, 2.1, 2.2, 2.3, 2.4, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2 e 4.6

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

1.3, 1.4. ,2.1, 2.2, 2.3, 2.4, 4.1, 4.3. 4.4, 4.5 e 4.6

Tratamento da información e competencia dixital

1.1, 1.2, 1.4, 4.1, 4.2, 4.2, 4.4, 4.5 e 4.6

Competencia social e cidadá 1.2, 4.3 e 4.4

Autonomía e iniciativa persoal 1.1, 1.2. 1.3, 1.4, 2.3, 2.4, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4,4.4, 4.5 e 4.6

Competencia cultural e artística 1.1,1.2, 1.3, 1.4, 4.1, 4.2, 4.4, 4.5 e 4.6

Interdisciplinariedade

Área Actividade coa que se pode relacionar

Lingua castelá e Literatura 1.1, 1.2, 2.1, 2.2, 2.3, 2.4, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5

Área Ciencias Sociais 1.3, 1.4, 4.4 e 4.5

Educación artística 1.3 e 4.6

Sobre os autores do CDLFuco Paz Souto, especialista en Lingua e Literatura Galega imparte a súa docencia nun centro

escolar na Coruña. Leva varios anos participando en proxectos de Animación á Lectura, creando e deseñando actividades para fomentar o hábito lector entre o público infantil e xuvenil.

José Javier Pintor Elizalde é profesor de lingua e literatura española de secundaria. Na actualidade traballa como asesor de formación de profesores no ámbito lingüístico e imparte docencia no curso de Especialización didáctica en lingua e literatura da Universidade da Coruña. Tamén é autor de materiais didácticos na área de lingua e literatura e colabora en revistas didácticas especializadas.

1Parque Empresarial San Fernando, Edificio Atenas

28830 San Fernando de Henares (Madrid)

Oxford University Press es un departamento de la Universidad de Oxford. Como parte integrante de esta institución, apoya y promueve en todo el mundo sus objetivos de excelencia y rigor

en la investigación, la erudición y la educación, mediante su actividad editorial en:

Oxford Nueva York Auckland Ciudad del Cabo Dar es Salam Hong Kong

Karachi Kuala Lumpur Madrid Melbourne México D. F. Nairobi Nueva Delhi Shanghai Taipei Toronto

Con oficinas en Argentina Austria Brasil Chile Corea del Sur Francia Grecia

Guatemala Hungría Italia Japón Polonia Portugal República Checa Singapur Suiza Tailandia Turquía Ucrania Vietnam

Oxford y Oxford English son marcas registradas de Oxford University Press. OxfOrd EdUCACIÓN es una marca registrada en España por Oxford University Press España, S. A.

Material para el profesor para el trabajo en el aula de los libros de la colección «El Árbol de la Lectura», elaborado según el proyecto editorial de Oxford Educación,

que ha sido debidamente supervisado y autorizado.

Publicado en España por Oxford University Press España, S. A.

© De esta edición: Oxford University Press España, S. A., 2011

Todos los derechos reservados. No está permitida la reproducción total o parcial de este libro, ni su tratamiento informático, ni la transmisión de ninguna forma o por cualquier medio, ya sea electrónico, mecánico,

por fotocopia, por registro y otros métodos, sin el permiso previo y por escrito de los titulares del copyright.

Oxford University Press España, S. A. concede permiso a los profesores que empleen los materiales de OxfOrd EdUCACIÓNpara reproducir las páginas en las que aparezca la indicación mAtErIAl fOtOCOpIAblE © Oxford University Press España, S. A.

Oxford University Press España, S. A. no hace propios los contenidos de las páginas web pertenecientes o gestionadas por tercerosa las que se acceda a través de cualquier dirección web citada en esta publicación. Por tanto, se excluye cualquier responsabilidad

por los daños y perjuicios de toda clase que pudieran derivarse del acceso a dichas páginas o contenidos.

Las cuestiones y solicitudes referentes a la reproducción de cualquier elemento de este libro, fuera de los límites anteriormente expuestos, deben dirigirse al Departamento Editorial de Oxford University Press España, S. A.

ISBN: 978-84-673-6064-6

tExtO Fuco Paz SoutoJosé Javier Pintor ElizaldeJuan Antonio Ruiz Gómez

COOrdINACIÓN dEl prOyECtO EdItOrIAl Mari Cruz Delgado Almansa

COOrdINACIÓN EdItOrIAl y EdICIÓNBrubim Ediciones

COOrdINACIÓN GráfICAPurificación Fernández López

dIsEñO Ana María Sánchez Santiago Mosquera

mAqUEtACIÓNPila Iglesias

IlUstrACIÓNMiguel Ordóñez

dOCUmENtACIÓN GráfICABelén Santiago Fondón Ángel Somolinos Estévez