42
Número 628 IX lexislatura 8 de abril de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.1. Proxectos de lei Emendas ao articulado formuladas ao Proxecto de lei polo que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais — Do G.P da Alternativa Galega de Esquerda (doc. 48757) 146689 — Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. 48761) 146701 — Do G.P. Popular de Galicia (doc. 48763) 146711 — Do. G.P. Mixto (doc.48764) 146713 — Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. 48767) 146722 1.3. Procedementos de control e impulso 1.3.6. Proposicións non de lei 1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión 1.3.6.2.1. Proposicións presentadas COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS Aprobación por unanimidade sen modificacións - 44189 (09/PNC-003683) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Díaz Pérez, Yolanda Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela- ción coas axudas destinadas ás persoas afectadas por procesos de desafiuzamento 146687 Rexeitamento da iniciativa - 24135 (09/PNC-002008) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 2016. 4. 8. · de Galicia, coa incorporación do solo de núcleo rural BOPG nº 620, do 22.03.2016 Sométese a votación e resulta rexeitada

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • Número 628 IX lexislatura 8 de abril de 2016

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    SUMARIO

    1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

    1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

    1.1.2.1.1. Proxectos de lei

    Emendas ao articulado formuladas ao Proxecto de lei polo que se

    modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais

    — Do G.P da Alternativa Galega de Esquerda (doc. 48757) 146689

    — Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. 48761) 146701

    — Do G.P. Popular de Galicia (doc. 48763) 146711

    — Do. G.P. Mixto (doc.48764) 146713

    — Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. 48767) 146722

    1.3. Procedementos de control e impulso

    1.3.6. Proposicións non de lei

    1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión

    1.3.6.2.1. Proposicións presentadas

    COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO

    AMBIENTE E SERVIZOS

    Aprobación por unanimidade sen modificacións

    - 44189 (09/PNC-003683)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Díaz Pérez, Yolanda

    Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

    ción coas axudas destinadas ás persoas afectadas por procesos de

    desafiuzamento 146687

    Rexeitamento da iniciativa

    - 24135 (09/PNC-002008)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    xgarciaTexto escrito a máquina

    xgarciaTexto escrito a máquina

    xgarciaTexto escrito a máquina

  • Gallego Calvar, María Carmen, e tres deputados/as máis

    Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia, en colaboración coa

    Deputación Provincial de Pontevedra, cos concellos e coas comuni-

    dades de montes de Marín e Vilaboa, dun plan de recuperación inte-

    gral do parque de Cotorredondo, e a súa dotación orzamentaria

    146687

    - 41710 (09/PNC-003466)

    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

    Pombo Rodríguez, Cosme Eladio, e seis deputados/as máis

    Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas oportunas para

    coñecer e axustar os niveis de gas radon das vivendas e edifica-

    cións públicas de Galicia aos establecidos pola Organización Mun-

    dial da Saúde 146687

    - 48012 (09/PNC-003996)

    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

    Pontón Mondelo, Ana Belén, e dous deputados/as máis

    Sobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego en relación

    coa execución do proxecto denominado Dragaxe ambiental dos sedi-

    mentos da ría do Burgo, elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente

    146688

    - 48225 (09/PNC-004013)

    Grupo Parlamentario Mixto

    Martínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez, Mónica

    Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para

    garantir a paralización do derrubamento de calquera vivenda sus-

    ceptible de legalización coa aprobación do planeamento urbanístico

    e a colaboración na redacción e tramitación dos plans xerais de

    ordenación municipais 146688

    - 48377 (09/PNC-004025)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Sánchez García, Antón, e cinco deputados/as máis

    Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

    ción coa proposta presentada pola Comunidade de Montes de Coto-

    rredondo para a construción dun xardín botánico-arboredo no

    espazo ocupado polo Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe no

    concello de Marín 146688

    - 48535 (09/PNC-004043)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    García García, Pablo, e tres deputados/as máis

    Sobre a modificación polo Goberno galego da disposición transitoria

    cuarta da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, coa incor-

    poración do solo de núcleo rural 146688

    SUMARIO

  • 1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

    1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

    1.1.2.1.1. Proxectos de lei

    Emendas ao articulado formuladas ao Proxecto de lei polo que

    se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de poli-

    cías locais

    A Mesa da Comisión 1ª, Institucional, de AdministraciónXeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do día 5 de abril de2016, adoptou o seguinte acordo:

    Cualificación de emendas ao articulado ao Proxecto de leipolo que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordi-nación de policías locais (doc. núm. 47240, 09/PL-000036)

    Examinados os escritos presentados e dado que se axustanaos requisitos establecidos no Regulamento da Cámara,acorda a súa admisión co seguinte detalle:

    Emendas ao articulado (un total de 96)

    — Do G.P da Alternativa Galega de Esquerda (doc. 48757)— Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. 48761)— Do G.P. Popular de Galicia (doc. 48763)— Do. G.P. Mixto (doc.48764)— Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. 48767)

    Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016

    Miguel Ángel Santlices VieraPresidente

    1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei

    1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión

    1.3.6.2.1. Proposicións presentadas

    COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO

    AMBIENTE E SERVIZOS

    A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 7 de abril de2016, adoptou os seguintes acordos:

    Aprobación por unanimidade sen modificacións

    - 44189 (09/PNC-003683)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coas axudas destinadas ás persoas afectadas porprocesos de desafiuzamentoBOPG nº 560, do 26.11.2015

    Sométese a votación e resulta aprobada sen modificaciónspola unanimidade dos 14 deputados e deputadas presentes.

    O texto aprobado é o seguinte:

    «O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a implemen-tar medidas informativas e de coordinación suficientes paragarantir un coñecemento efectivo por parte tanto dos profe-sionais do mundo da xustiza canto da cidadanía das axudaspostas á disposición das persoas afectadas por procesos dedesafiuzamento hipotecario ou por alugueiro.»

    Rexeitamento da iniciativa

    - 24135 (09/PNC-002008)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen, e tres deputados/as máisSobre a elaboración pola Xunta de Galicia, en colaboracióncoa Deputación Provincial de Pontevedra, cos concellos ecoas comunidades de montes de Marín e Vilaboa, dun plande recuperación integral do parque de Cotorredondo, e a súadotación orzamentariaBOPG nº 304, do 18.06.2014

    Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

    - 41710 (09/PNC-003466)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio, e seis deputados/as máisSobre a adopción polo Goberno galego das medidas oportu-nas para coñecer e axustar os niveis de gas radon das viven-das e edificacións públicas de Galicia aos establecidos polaOrganización Mundial da SaúdeBOPG nº 527, do 30.09.2015

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6288 de abril de 2016

    146687

  • Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

    - 48012 (09/PNC-003996)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e dous deputados/as máisSobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego enrelación coa execución do proxecto denominado Dragaxeambiental dos sedimentos da ría do Burgo, elaborado poloMinisterio de Medio AmbienteBOPG nº 613, do 09.03.2016

    Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

    - 48225 (09/PNC-004013)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez,MónicaSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia para garantir a paralización do derrubamento de calqueravivenda susceptible de legalización coa aprobación do pla-neamento urbanístico e a colaboración na redacción e trami-tación dos plans xerais de ordenación municipaisBOPG nº 617, do 16.03.2016

    Sométese a votación e resulta rexeitada por 2 votos a favor,8 votos en contra e 4 abstencións.

    - 48377 (09/PNC-004025)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, Antón, e cinco deputados/as máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa proposta presentada pola Comunidade deMontes de Cotorredondo para a construción dun xardínbotánico-arboredo no espazo ocupado polo Centro de Recu-peración da Fauna Salvaxe no concello de MarínBOPG nº 620, do 22.03.2016

    Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

    - 48535 (09/PNC-004043)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGarcía García, Pablo, e tres deputados/as máisSobre a modificación polo Goberno galego da disposicióntransitoria cuarta da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solode Galicia, coa incorporación do solo de núcleo ruralBOPG nº 620, do 22.03.2016

    Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

    Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

    María Soledad Soneira TajesVicepresidenta 2ª

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    146688

    Número 6288 de abril de 2016

  • 1

    EMENDAS PRESENTADAS POLOS GRUPOS PARLAMENTARIOS

    ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA AO PROXECTO DE LEI POLA

    QUE SE MODIFICA A LEI 4/2007, DO 20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN

    DE POLICÍAS LOCAIS (NUM. EXPE. 09/PL-000036).

    Emenda nº1, ao apartado novo, de Adición. Artigo único Proponse engadir un novo apartado a remate do artigo 16 que quede redactado da seguinte maneira: " Exercer as actuacións de inspección precisas para as función de coordinación e para garantir o cumprimento dos parámetros establecidos nesta lei. Establecer as medidas de control e seguimento necesarias para garantir que os concellos apliquen e cumpran coas normas de coordinación e cos mínimos establecidos nesta lei, así como determinar o sistema de información que asegure a efectividade das mesmas. As actuacións de inspección e as medidas de control estableceranse regulamentariamente." __________________________________________ Emenda nº2, ao apartado novo bis), de Adición. Artigo único Proponse a modificación do punto cuarto do actual artigo 18 da lei 4/2007, que quedaría redactado como segue: “4.º) Sete representantes dos membros dos corpos das policías locais designados polos sindicatos máis representativos nas policías locais de Galicia. Enténdese por sindicatos máis representativos todos aqueles que teñan máis de 75 afiliados e afiliadas no total dos planteis das policías locais de Galicia. As persoas representantes repartiranse en principio en 1 por cada un dos sindicatos, en caso de non acadar o número de representantes o total de 7 , os restantes serán atribuídos de forma proporcional aos sindicatos en base a maior numero de afiliación nos planteis das policías locais de Galicia." __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado novo ter), de Adición. Artigo único

    146689

  • 2

    Proponse a engádega dun novo apartado 4 bis ao actual artigo 18 que diga así: " 4 bis) Unha persoa designada polas Asociacións Porfesionais de Policías Locais de Galicia que conten no total da Comunidade Autónoma con máis de 100 socios e socias, e estean legalmente constituídas." __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado novo, de Adición. Un Proponse engadir un novo artigo 22 bis, que queda redactado da seguinte forma: "Artigo 22 bis. Asociacións de municipios en materia de policía local. 1.- Os municipios que non dispoñan de recursos suficientes para prestar os servizos de policía local poderán asociarse cos municipios limítrofes para a execución das funcións asignadas a esta policía, de acordo co establecido na lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade. 2.- A competencia para autorizar a asociación para a prestación de servizos de policía local corresponderá á consellaría competente en materia de coordinación de policías locais, mediante unha resolución, e require, ademais dos requisitos determinados pola lexislación vixente, un informe previo da Comisión de Coordinación das Policías Locais de Galicia. 3.- O exercicio das funcións de coordinación operativa dos servizos asociados de policía local corresponderá ao alcalde ou alcaldesa do municipio que se determine no acordo de colaboración para a prestación conxunta dos servizos de policía local. 4.- Nas Áreas Metropolitanas para unha mellor eficiencia na prestación do servizo de policía local, os concellos integrantes poderán establecer un servizo asociado de Policía Local, cumprindo os requisitos establecidos segundo a lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, coa única excepción do límite de habitantes establecido nas ordes de desenvolvemento da propia normativa. __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado novo, de Adición. Dous

    146690

  • 3

    Proponse a adición dun punto 1 bis no actual artigo 19 cuxa redacción sería a seguinte: 2.- Os niveis mínimos para o persoal funcionario das policías locais de Galicia, en función da súa categoría, serán os seguintes: 1. Policía, nivel 20. 2. Oficial, nivel 22. 3. Inspector/a. nivel 24. 4. Inspector / Principal, nivel 26. 5. Intendente, nivel 27. 6. Intendente Principal, nivel 28. 7. Superintendente, nivel 30. __________________________________________ Emenda nº6, ao apartado novo, de Adición. Tres Proponse engadir previo ao texto un apartado 1 bis ao actual artigo 30 que queda redactado como segue: “1bis. Os Concellos que conten con corpo de policía local, e superen a cifra de 5.000 habitantes, estarán obrigados a manter un ráteo permanente mínima de 1,4 policías por cada 1.000 habitantes. Esta ráteo mínima tenderase a incrementar ata acadar a de 1,8 policías por cada 1.000 habitantes, en funcións das posibilidades de cada Concello.” __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado novo, de Adición. Tres Ao remate do texto, proponse a engádega dun novo artigo 32 bis coa seguinte redacción: “Artigo 32.Bis.Principios sobre a mobilidade 1.Poderase acceder así ás categorías encadradas na escala básica, executiva, superior e técnica polo procedemento de mobilidade, tal e como se establece nos artigos 35, 37, 38, 39, 40, 41 e 42 da presente Lei. 2. En todas as categorías anteriores reservarase unha porcentaxe mínima dun 20% para o acceso polo procedemento de mobilidade. 3.Requisitos para poder acceder polo procedemento de mobilidade:

    146691

  • 4

    a) Ter una antigüidade mínima de 3 anos na mesma categoría á que se pretenda acceder en calquera corpo das policías locais de Galicia. b) Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa. c) Non estar no plantel de orixe en situación de 2º actividade por razón de idade ou diminución de capacidades psicofísicas. d) Non estar incurso nun procedemento disciplinario sen finalizar. e) Non estar separado ou inhabilitado para o exercicio da función publica. 4. Forma de provisión polo procedemento de mobilidade: a) A forma de provisión será por concurso. b) O máximo de puntos no concurso será de 35 puntos. Os méritos acadados a través de calquera curso de formación terán unha caducidade de 6 anos. c) En caso de empate entre o persoal funcionario na puntuación final do concurso, este resolverase coa realización dun exame tipo test, que versará sobre os contidos dos temarios regulamentados para o acceso á categoría á que se pretende acceder. En caso de persistir o empate, resolverase por sorteo. d) Unha vez acadada a praza por esta modalidade, en todo caso, requirirá tomar posesión da praza obtida e exercer servizo activo na mesma durante 3 anos. 5. Os mínimos anteriormente expostos sobre o procedemento de acceso por mobilidade serán definidos regulamentaríamente.” __________________________________________ Emenda nº8, ao apartado novo bis), de Adición. Tres Proponse engadir, previo ao texto, unha modificación á redacción actual do artigo 31, que quedaría como segue: “1. A consellería competente en materia de seguridade, con carácter excepcional, poderá dispensar dos requisitos mínimos contemplados nos artigos anteriores, en canto á estrutura do respectivo corpo de Policía local, a aqueles concellos que o solicitasen e xustificasen motivadamente a imposibilidade do seu cumprimento, previo informe da Comisión de Coordinación das Policías Locais.” __________________________________________

    146692

  • 5

    Emenda nº9, ao apartado novo ter), de Adición. Tres Proponse a engádega, previa ao texto, dun novo apartado dous ao artigo 31, que queda redactado da seguinte maneira: “2. Os concellos que se atopen na situación descrita no apartado anterior desenvolverán, no prazo máximo de 2 anos dende a declaración de dispensa de requisitos, as tarefas conducentes a unha formula de asociación para a prestación do servizo con Concellos limítrofes para poder acadar os mínimos esixidos nesta Lei. A Consellería competente en materia de seguridade asesorará e acelerará os tramites precisos para a constitución desta asociación e así acadar os mínimos legais establecidos.” __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado novo, de Adición. Cinco Proponse, ao remate do texto, a seguinte redacción para o apartado 4 do actual artigo 35: “4. Así mesmo, para seren cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da Comunidade Autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.” __________________________________________ Emenda nº11, ao apartado alínea C, de Modificación. Seis Proponse a modificación da redacción da alínea C do proxecto de lei, que quedará como segue: “c) Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de policía, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.” __________________________________________ Emenda nº12, ao apartado alínea B artigo 37, de Modificación. Seis

    146693

  • 6

    Proponse modificar a actual redacción da alínea b do artigo 37: “b) Para seren cubertas mediante concurso, reservarase, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos”. __________________________________________ Emenda nº13, ao apartado alínea D, de Modificación. Sete Proponse modificar a redacción proposta na nova alínea D do proxecto de lei ao artigo 38, que quedará como segue: “d) Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de oficial, entre funcionarios e funcionarias do concello convocante e doutros concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Policía para os pertencentes ao concello convocante, e unha antigüidade de 5 anos na categoría de policía para o persoal que pertenza a outro plantel distinto do convocante, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.” __________________________________________ Emenda nº14, ao apartado alínea B artigo 38, de Modificación. Sete Proponse modificar a alínea B do artigo 38, que quedaría como segue: “b) Así mesmo, para seren cubertas mediante concurso, reservarase, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.” __________________________________________ Emenda nº15, ao apartado alínea D, de Modificación. Oito Proponse modificar a redacción achegada na nova alínea D do proxecto de lei ao artigo 39, para que reste como segue:

    146694

  • 7

    “d) Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de inspector ou inspectora, entre funcionarios e funcionarias do concello convocante e doutros concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Oficial para os pertencentes ao concello convocante, e unha antigüidade de 5 anos na categoría de Oficial para o persoal que pertenza a outro plantel distinto do convocante, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.” __________________________________________ Emenda nº16, ao apartado alínea B artigo 39, de Modificación. Oito Porponse modificar a alínea B do artigo 39, para que quede como segue: “b) Así mesmo, para seren cubertas mediante concurso, reservarase, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.” __________________________________________ Emenda nº17, ao apartado novo, de Adición. Nove Logo do texto, proponse a engádega dunha nova alínea C do actual artigo 41, que quedaría como segue: “c) Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de intendente, entre funcionarios e funcionarias do concello convocante e doutros concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Inspector ou Inspectora Principal para os pertencentes ao concello convocante , e unha antigüidade de 5 anos na categoría de Inspector ou Inspectora Principal para quen pertenza a outro plantel distinto do convocante, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.” __________________________________________

    146695

  • 8

    Emenda nº18, ao apartado novo, de Adición. Nove Ao remate do texto, engadir unha nova alínea C no actual artigo 42 da lei, coa seguinte redacción: “c) Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de inspector ou inspectora principal, entre funcionarios e funcionarias do concello convocante e doutros concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Intendente para os pertencentes ao concello convocante, e unha antigüidade de 5 anos na categoría de Intendente para o persoal que pertenza a outro plantel distinto do convócante, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.” __________________________________________ Emenda nº19, ao apartado alínea D, de Modificación. Nove Proponse modificar a redacción proposta na nova alínea D do proxecto de lei ao artigo 40, que quedará como segue: “d) Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de inspector ou inspectora principal, entre funcionarios e funcionarias do concello convocante e doutros concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Inspector para o persoal pertencente ao concello convocante , e unha antigüidade de 5 anos na categoría de Inspector ou inspectora para o que pertenza a outro plantel distinto do convocante, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.” __________________________________________ Emenda nº20, ao apartado alínea B artigo 40, de Modificación. Nove Proponse a modificación da alínea B do artigo 40, que quedaría así:

    146696

  • 9

    “b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.” __________________________________________ Emenda nº21, ao apartado alínea b artigo 41, de Modificación. Nove Ao remate do texto, proponse modificar a alínea B do artigo 41, que quedaría como segue: “b) Así mesmo, para seren cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.” __________________________________________ Emenda nº22, ao apartado alínea b artigo 42, de Modificación. Nove Proponse modificar a alínea B do actual artigo 42 da lei, coa seguinte redacción: “b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.” __________________________________________ Emenda nº23, ao apartado novas, de Adición. Dez Proponse engadir varias alíneas novas no actual punto terceiro do artigo 48, coa seguinte redacción: “Estes criterios materializaranse nos seguintes complementos: a) Complemento específico (penosidade do traballo nocturno, festivo e a perigosidade propia do posto de traballo).

    146697

  • 10

    b) Complemento de posto de traballo. c) Complemento de xefatura. d) Complemento de turnicidade. e) Complemento de prolongación de xornada. f) Complemento persoal transitorio pola situación de segunda actividade. Ditas retribucións remuneran o desempeño do posto de traballo que as teña asignadas e, en consecuencia, deixarán de percibirse ao cesar no mesmo. Outras retribucións: a) Indemnización dos gastos realizados por razón do servizo. b) Indemnización pola realización de viaxes relacionados directamente co servizo. c) Compensación por horas extraordinarias. d) Compensación por realización de quendas en horario nocturno ou en día festivo. e) Compensación por realización de gardas de presenza física e gardas localizadas. f) Compensación por participar en tribunais de selección e por impartir cursos de formación. As retribucións d),e) e f) poderanse retribuír como complemento de produtividade.” __________________________________________ Emenda nº24, ao apartado novos , de Adición. Dez Antes do texto, proponse engadir os puntos 2 e 3 ao actual artigo 43 da lei para que quede como segue: “2.Aplicarase do mesmo xeito o establecido no paragrafo anterior cando non fose posible cubrir as vacantes coas porcentaxes sinaladas en referencia o acceso dos membros funcionarios de outros corpos de policía local de Galicia polo procedemento de concurso-oposición. 3.Tanto os procedementos convocados por mobilidade, como pola modalidade de concurso-oposición para membros funcionarios de outros corpos de policía local de Galicia que quedasen vacantes, as prazas acumularanse á quenda de promoción interna. En caso de acceso a categoría de policía, as prazas non cubertas pola modalidade de mobilidade acumularanse á quenda libre.” __________________________________________

    146698

  • 11

    Emenda nº25, ao apartado alínea C, de Supresión. Dez Proponse suprimir a alínea C do artigo 44 da lei. __________________________________________ Emenda nº26, ao apartado apartado 2 artigo 48, de Modificación. Dez Proponse modificar o actual apartado 2 do artigo 48, que queda coa seguinte redacción: “2. As retribucións básicas terán idéntica contía para todos os membros dun mesmo grupo.Serán retribucións básicas: a) Soldo inicial correspondente ao nivel. b) Retribución correspondente ao grao. c) Antigüidade. As retribucións persoais básicas constitúen un dereito adquirido inherente á condición de funcionario.” __________________________________________ Emenda nº27, ao apartado nova alínea F artigo 44, de Adición. Dez Proponse a engádega dunha nova alínea F no artigo 44 coa seguinte redacción: “c)Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa.” __________________________________________ Emenda nº28, ao apartado nova disposición , de Adición. Dezasete Proponse, ao remate do inciso dezasete, engadir unha nova disposición adicional terceira co seguinte texto: “Disposición adicional terceira: As corporacións locais que dispoñan de Corpo de Policía elaborarán e aprobarán un Regulamento de organización e funcionamento do mesmo, que deberá axustarse ao establecido nesta Lei e ás disposicións regulamentarias que a desenvolvan.

    146699

  • 12

    O Regulamento de cada Corpo deberá conter, cando menos, os seguintes aspectos; a) As unidades en que, no seu caso, se estruture o Corpo e as funcións que corresponden a cada unha delas. b) O emprego que corresponda aos distintos postos de mando e as súas funcións. c) A liña xerárquica de mando e o réxime de substitución en caso de ausencia, incluíndo ao Xefe do Corpo. En todo caso, será o Alcalde quen ostente a superior xefatura. d) O sistema de provisión de postos do Corpo, incluídos os de mando e o do Xefe do Corpo. e) A regulación dos sistemas de traslado entre as distintas unidades e demais postos do persoal.” __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

    Jose Javier Ron Fernandez na data 23/03/2016 10:49:34

    Anton Sánchez García na data 23/03/2016 10:49:43

    146700

  • 1

    EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO

    SOCIALISTAS DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI POLA QUE SE

    MODIFICA A LEI 4/2007, DO 20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN DE

    POLICÍAS LOCAIS (NUM. EXPE. 09/PL-000036).

    Emenda nº1, de Adición. Artigo único Modifícase o punto 2 do artigo 9. Onde di: ".... excepcionais en que o órgano ...."; debe dicir: ".... excepcionais en que polo alcalde ou alcaldesa ou polo órgano...." __________________________________________ Emenda nº2, de Adición. Artigo único Modifícase a alinea a) do artigo 16. "Onde di:.... seguimeto necesarias ....", debe dicir: "... seguimento e inspección necesarias..." __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado Un quater), de Adición. Artigo único Adición dun novo apartado 5.ª bis) ao punto 1 do artigo 18., que qudará redactado co seguinte contido: "5.º) bis. Un representante designado polas asociacións profesionais de Policías locais e Galicia." __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado Un bis), de Adición. Un Adición dun novo artigo 22. bis), que quedará redactado co seguinte contido:

    146701

  • 2

    "Artigo 22.bis. Asociacións de concellos en materia de Policía local. 1. Os concellos limítrofes que non dispoñan separadamente de recursos suficientes para prestar os servizos de Policía local poden asociarse para a execución das funcións asignadas a esta Policía, de acordo co establecido na Lei Orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade. 2. A competencia para autorizar a asociación de concello para a prestación de servizos de Policía local corresponde ao conselleiro ou á conselleira competente en materia de coordinación de Policías locais, mediante unha resolución, e require, ademais dos requisitos determinados pola lexislación vixente, un informe previo da Comisión de Coordinación das Policías Locais de Galicia. 3. O exercicio das funcións de coordinación operativa dos servizos asociados de Policía local corresponderá ao alcalde ou alcaldesa do concello que se determine no acordo de colaboración para a prestación conxunta dos servizos de Policía local. 4. Os concellos integrantes en Áreas Metropolitanas, para unha mellor eficiencia na prestación de servizo de Policía local, poderán establecer un servizo asociado do mesmo, cumprindo os requisitos establecidos segundo a Lei Orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, coa única excepción do limite de habitantes establecido nas ordes de desenvolvemento da propia normativa." __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado Dos bis), de Adición. Dous Modífícase o artigo 30, que qudará redactado co seguinte contido: "Artigo 30. Número mínimo de membros. 1. O número mínimo de efectivos con que contarán os corpos de Policía local será de 4 policías e un oficial en concellos de 5.000 habitantes cando se cree o corpo de Policía local. 2. Os concellos que conten cun corpo de Policía local e superen a cifra de 5.000 habitantes, estarán obrigados a

    146702

  • 3

    manter un ratio permanente mínimo de 1 policía por cada 1.000 habitantes. Este rátio mínimo tenderase a incrementar en función da dispoñibilidade orzamentaria de cada concello. 3. O número máximo de vixiantes municipais que poderán ter os concellos que non teñan creado o corpo de Policía local será de dous." __________________________________________ Emenda nº6, ao apartado Dous ter), de Adición. Dous Modifícase o artigo 31. que quedará redactado co seguinte contido: "Artigo 31 Dispensa de requisitos. 1.A consellería competente en materia de seguridade, con carácter excepcional, poderá dispensar dos requisitos mínimos recollidos nos artigos anteriores, en canto á estrutura do respectivo corpo de Policía local, a aqueles concellos que o solicitasen e xustificasen motivadamente a imposibilidade da súa cumprimento, previo informe da Comisión de Coordinación das Policías Locais. 2.Os concellos que se atopen na situación anteriormente exposta, no prazo máximo de 2 anos dende a declaración de dispensa de requisitos, buscaran a formula de asociación para a prestación do servizo con concellos limítrofes para poder acadar os mínimos esixidos nesta lei. A consellería competente en materia de seguridade acelerara e promovera todos os tramites para a constitución desta asociación e así acadar os mínimos legais establecidos." __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado Tres bis), de Adición. Tres Adición dun novo artigo 32. bis), que quedará redactado co seguinte contido: "Artigo 32. Principios sobre a modibilidade.

    146703

  • 4

    1.Poderase acceder ás categorías encadradas na escala básica, executiva, superior e técnica polo procedemento de mobilidade, tal e como establecen os artigos 35, 37, 38, 39, 40, 41 e 42 desta lei. 2. En todas as categorías anteriores, reservarase un porcentaxe mínimo dun 20 % para o acceso polo procedemento de mobilidade. 3.Requisitos para poder acceder polo procedemento de mobilidade: a) Ter una antigüidade mínima de 3 anos na mesma categoría á que se pretenda acceder en calquera corpo das Policías locais de Galicia. b) Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa. c) Non estar no no cadro de persoal de orixe en situación de 2º actividade por razón de idade ou diminución de capacidades psicofísicas. d) Non estar incurso nun procedemento disciplinario sen finalizar. e) Non estar separado ou inhabilitado para a función publica. 4.Forma de provisión polo procedemento de mobilidade: a) A forma de provisión será por Concurso. b) Os méritos acadados a través de calquera curso de formación, terán unha caducidade de 6 anos. c) En caso de empate entre varios funcionarios na puntuación final do concurso, este resolverase coa realización dun exame tipo test, que versara sobre os contidos dos temarios regulamentados para o acceso á categoría á que se pretenda acceder. En caso de persistir o empate, resolverase por sorteo. d) Unha vez acadada a praza por esta modalidade, en todo caso, requirirá tomar posesión da praza obtida e exercer servizo activo na mesma durante 3 anos. 5.Os mínimos anteriormente expostos, sobre o procedemento de acceso por mobilidade, serán regulados regulamentariamente." __________________________________________ Emenda nº8, ao apartado Cuatro bis), de Adición. Catro

    146704

  • 5

    Modifícase o punto 4. do artigo 35, que quedará redactado co seguinte contido: "4. Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos." __________________________________________ Emenda nº9, ao apartado Seis bis), de Adición. Seis Modifícase a alinea b) do artigo artígo 37, que quedará redactado co seguinte contido: "b) Para ser cubertas mediante concurso, reservarase, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos." __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado sete bis), de Adición. Sete Modifícase a alinea b) do artigo 38, que quedará redactado co seguinte contido: "b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos." __________________________________________ Emenda nº11, ao apartado oitro bis), de Adición. Oito Modifícase a alinea b) do artigo 39, que quedará redactado co seguinte contido:

    146705

  • 6

    "b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos." __________________________________________ Emenda nº12, ao apartado nove bis), de Adición. Nove Modifícase a alinea b) do artigo 40, que quedará redactado co seguinte contido: "b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.2 __________________________________________ Emenda nº13, ao apartado nove ter), de Adición. Nove Modifícase a alinea b) do artigo 41, que quedará redactado co seguinte contido: "b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos." __________________________________________ Emenda nº14, ao apartado nove quater), de Adición. Nove Adición dunha nova alinea b) bis, ao artigo 41, que quedará redactado co seguinte contido: "b) bis. Mediante concurso-oposición, entre funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de intendente, entre funcionarios do concello convocante e doutros concellos de Galicia que

    146706

  • 7

    dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Inspector Principal para os pertencentes ao concello convocante, e unha antigüidade de 5 anos na categoría de Inspector Principal para os que pertenzan a outro cadro de persoal distinto do convocante, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas." __________________________________________ Emenda nº15, ao apartado nove quinquies), de Adición. Nove Modifícase alinea b) do artigo 42, que quedará redactado co seguinte contido: "b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos." __________________________________________ Emenda nº16, ao apartado nove sexies), de Adición. Nove Adición dunha nova alinea b) bis. ao artigo 42., que quedará redactado co seguinte contido: "b) bis. Mediante concurso-oposición, entre funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de inspector principal, entre funcionarios do concello convocante e doutros concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Intendente para os pertencentes o concello convocante, e unha antigüidade de 5 anos na categoría de Intendente para os que pertenzan a outro cadro de persoal distinto do convócante, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas." __________________________________________ Emenda nº17, ao apartado nove septies), de Adición. Nove

    146707

  • 8

    Modifícase o artigo 43, que quedará redactado co seguinte contido: " rtigo 43. Garantía da mobilidade e de acceso a categoría superior. 1. Para garantir o dereito á mobilidade dos membros dos corpos de Policía local de Galicia, reflectido nos artigos 35 e 37 a 42, cando non fose posible cubrir as vacantes coas porcentaxes sinaladas, as fraccións sobrantes acumularanse á seguinte ou seguintes convocatorias. 2. Aplicarase do mesmo xeito o establecido no paragrafo anterior cando non fose posible cubrir as vacantes coas porcentaxes sinaladas en referencia o acceso dos membros funcionarios de outros corpos de policía local de Galicia polo procedemento de concurso-oposición. 3. Tanto os procedementos convocados por mobilidade, como pola modalidade de concurso-oposición para membros funcionarios de outros corpos de policía local de Galicia que quedasen vacantes, as prazas acumularanse a quedan de promoción interna. En caso de acceso a categoría de policía, as prazas non cubertas pola modalidade de mobilidade acumularanse á quedan libre." __________________________________________ Emenda nº18, ao apartado Dez, de Modificación. Dez Modifícase a alinea c) do artigo 44, que quedará redactado co seguinte contido: "c) Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa." __________________________________________ Emenda nº19, ao apartado Dezaseis bis), de Adición. Dezaseis Adición dunha nova disposición adicional primeira bis), que quedará redactada co seguinte contido: "´Disposición aciononal primeira bis).

    146708

  • 9

    1. Poden ingresar por oposición libre nos Corpos ou escalas de persoal funcionario do subgrupo de clasificación C1 as persoas que estean en posesión da titulación de bacharel ou técnico. 2. Poden acceder por promoción interna ou mobilidade aos corpos e escalas de persoal funcionario do subgrupo de clasificación C1 as persoas que estean en posesión da titulación de bacharel ou técnico, ou calquera outra que sexa equivalente ou correspondente ou dea acceso segundo a lexislación xeral. 3. Poden acceder por promoción interna ou mobilidade aos corpos e escalas de persoal funcionario dos subgrupos de clasificación A2 ou A1 as persoas que estean en posesión da titulación de grado, ou calquera outra que sexa equivalente ou correspondente ou dea acceso segundo a lexislación xeral. A clasificación en cada subgrupo estará en función do nivel de responsabilidade das funcións a desempeñar e das características das probas de acceso." __________________________________________ Emenda nº20, ao apartado dezasete bis), de Adición. Dezasete Adición dunha nova disposicón adiconal segunda bis), que quedará redactada co seguinte contido: "Disposición adicional Segunda bis). As corporacións locais que dispoñan de Corpo de Policía elaborarán e aprobarán un Regulamento de organización e funcionamento do mesmo, que deberá axustarse ao establecido nesta Lei e ás disposicións regulamentarias que a desenvolvan. O Regulamento de cada Corpo deberá sinalar e regular como mínimo os seguintes aspectos: a) As unidades en que, no seu caso, se estruturará o Corpo e as funcións que corresponden a cada unha delas. b) O emprego que corresponda aos distintos postos de mando e as súas funcións. c) A liña xerárquica de mando e o réxime de substitución en caso de ausencia, incluíndo ao xefe do Corpo. En todo caso, será o alcalde quen desempeñe a superior xefatura. d) O sistema de provisión de postos do Corpo, incluídos os de mando e o do Xefe do Corpo.

    146709

  • 10

    e) A regulación dos sistemas de traslado entre as distintas unidades e demais postos do persoal." __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

    Jose Luis Méndez Romeu na data 23/03/2016 11:24:32

    146710

  • 1

    EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

    DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI POLA QUE SE MODIFICA A LEI

    4/2007, DO 20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN DE POLICÍAS LOCAIS

    (NUM. EXPE. 09/PL-000036).

    Emenda nº1, de Modificación. Dez "Débese suprimir a letra c) do apartado Dez do Artigo único " __________________________________________ Emenda nº2, de Adición. Disposición adicional única "Débese engadir unha nova disposición adicional única bis, co seguinte texto: Disposición adicional única bis.- Acceso aos Corpos de Policía Local do persoal funcionario previsto no artigo 53.3 da Lei Orgánica 2/1986 Sen prexuízo do disposto no artigo 35 desta lei, os concellos que conten con persoal funcionario previsto no artigo 53.3 da Lei Orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, para o exercicio exclusivo das funcións establecidas no parágrafo b) do apartado 1 do citado artigo, poderán efectuar, no prazo de dous anos a partir da entrada en vigor desta Lei, procesos selectivos para o acceso deste persoal ao respectivo Corpo de Policía Local a través dun procedemento de concurso-oposición. En todo caso este persoal deberá contar cos seguintes requisitos: - Antigüidade mínima de tres anos continuados nestes postos. - Titulación académica de acceso para o Grupo C1. Por orde da persoa titular da consellería competente en materia de seguridade se determinarán aqueloutros requisitos de carácter específico para este procedemento especial de acceso, que en todo caso incluirán a superación de probas teóricas e prácticas equivalentes ás que se esixan para o acceso libre ao respectivo Corpo de Policía Local e a superación tanto dun curso de formación na Academia Galega de Seguridade Pública como de un período de prácticas". __________________________________________

    146711

  • 2

    Emenda nº3, de Modificación. Exposición de motivos "Débese ser substituído o parágrafo 4 polo seguinte texto: Onde di “Por outra banda, o Estatuto básico do empregado público, aprobado pola Lei 7/2007, do 12 de abril…” debe dicir “Por outra banda, o Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público...”". __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

    Pedro Puy Fraga na data 23/03/2016 12:49:06

    146712

  • 1

    EMENDAS PRESENTADAS POLOS GRUPOS PARLAMENTARIOS GRUPO

    MIXTO AO PROXECTO DE LEI POLA QUE SE MODIFICA A LEI 4/2007, DO

    20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN DE POLICÍAS LOCAIS (NUM. EXPE.

    09/PL-000036).

    Emenda nº1, ao apartado Un bis), de Adición. Un Modifícase o artigo 9 ao que se lle engade un novo punto 7 co seguinte texto: 7. Todas as persoas membros da policía local disporán das EPIs pertinentes para a prevención de riscos laborais, e nomeadamente de chalecos antibalas. __________________________________________ Emenda nº2, ao apartado Un ter), de Adición. Un Modifícase o artigo 11 ao que se lle engade un novo parágrafo no punto 1 co seguinte texto: Para garantir a súa formación continua e práctica os concellos poderán proceder mancomunadamente dunha galería de tiro. __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado 4, de Substitución. Tres Debe ser substituída no punto 4 do número Tres do artigo único a expresión “...poden...” por “...deben incluír...” __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado 4, de Substitución. Tres Debe ser substituída no punto 4 do número Tres do artigo único a expresión “...Así mesmo, deberase demostrar o coñecemento do idioma galego.” polo seguinte texto: “...Así

    146713

  • 2

    mesmo será obrigatorio o coñecemento oral e escrito da lingua galega do nivel que determine a lexislación vixente”. __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado 2, de Substitución. Catro Debe ser substituída no punto 2 do número Catro do artigo único a expresión “... así como a demostración do coñecemento da lingua galega.” polo seguinte texto: “... e o coñecemento oral e escrito da lingua galega do nivel que determine a lexislación vixente”. __________________________________________ Emenda nº6, ao apartado 4, de Adición. Cinco Debe ser engadido ao final do punto 4 do número Catro do artigo único o seguinte seguinte texto: “...Unha das persoas que exerza como vogal será designado pola representación sindical do concello” __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado Dez bis), de Adición. Dez Modifícase o artigo Artigo 55 engadíndose unha nova aliña 4 co seguinte texto: 4. No caso de embarazo das funcionarias dos corpos de policía local ou de funcionarias policías dos concellos que non teñan constituído corpo de policía local, seralles de aplicación o que dispón a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en materia de protección da maternidade. __________________________________________ Emenda nº8, ao apartado Dez ter), de Adición. Dez Modifícase o artigo Artigo 55 engadíndose unha nova aliña 4 co seguinte texto: 4. O establecemento da xornada, o horario, os descansos e o resto de condicións de traballo serán obxecto de

    146714

  • 3

    negociación cos representantes sindicais, nos termos previstos pola lexislación vixente. __________________________________________ Emenda nº9, de Substitución. Doce Debe ser substituída no número Catro do artigo único a expresión "... e sempre que se achegue informe médico favorable." por "...informe médico do/a profesional facultativo do Sergas correspondente." __________________________________________ Emenda nº10, de Substitución. Trece Debe ser substituída no número Catro do artigo único a expresión "...ou doutro tipo...” polo seguinte texto: “...enfermidade ou accidente, de orixe común ou laboral...” __________________________________________ Emenda nº11, de Substitución. Catorce Debe ser substituído no punto 4 do artigo 77 do número Catorce a expresión“...en falta de inferior grao...” pola seguinte: "...grave ou grave..." __________________________________________ Emenda nº12, de Substitución. Catorce Debe ser substituída a letra h) do artigo 79 do número Catorce polo seguinte texto: h) A violación do segredo profesional e a falta do debido sixilo respecto aos asuntos que coñezan por razón do seu cargo, sempre que prexudique o desenrolo da labor policial, cause prexuízo á administración, ás persoas detidas e/ou investigadas ou a calquera outra persoa afectada pola investigación policial ou se utilice dito coñecemento en proveito da propia persoa funcionaria. __________________________________________ Emenda nº13, de Supresión. Catorce Debe ser suprimida a letra j) do artigo 79 do número Catorce.

    146715

  • 4

    __________________________________________ Emenda nº14, de Supresión. Catorce Debe ser suprimida na letra l) do artigo 79 do número Catorce a palabra “...tóxicas...” __________________________________________ Emenda nº15, de Supresión. Catorce Debe ser suprimida na letra m) do artigo 79 do número Catorce a palabra “...tóxicas...” __________________________________________ Emenda nº16, de Substitución. Catorce Debe ser substituída a letra ñ) do artigo 79 do número Catorce polo seguinte texto: ñ) O acoso sexual e o acoso laboral, consistente este último el acoso laboral en toda conduta que constitúa agresión ou hostigamento reiterados, exercida pola persoa empregadora ou por un ou máis traballadores/traballadoras, en contra doutro/a ou doutros/as traballadores/as, por calquera medio, e que teña como resultado para a persoa ou persoas afectadas o seu menoscabo, maltrato ou humillación, ou ben que ameace ou prexudique a súa situación laboral ou as súas oportunidades no emprego. __________________________________________ Emenda nº17, de Adición. Catorce Debe ser engadida unha nova letra q) ao artigo 79 do número Catorce coa seguinte redacción: q) A non prestación de auxilio con urxencia naqueles feitos ou circunstancias graves nas que sexa obrigada a súa actuación. __________________________________________ Emenda nº18, de Adición. Catorce

    146716

  • 5

    Debe ser engadida unha nova letra q) ao artigo 79 do número Catorce coa seguinte redacción: q) A reincidencia por 3 veces en falta grave. __________________________________________ Emenda nº19, de Adición. Catorce Debe ser engadida unha nova letra q) ao artigo 79 do número Catorce coa seguinte redacción: q) Exhibir armas sen causa que o xustifique, así como utilizalas en acto de servizo ou fora del, infrinxindo as normas que regulan o seu emprego. __________________________________________ Emenda nº20, de Adición. Catorce Debe ser engadida unha nova letra q) ao artigo 79 do número Catorce coa seguinte redacción: q) Dar lugar ao extravío, perda ou substracción por neglixencia inescusable da arma regulamentaria. __________________________________________ Emenda nº21, de Adición. Catorce Debe ser engadido ao final da letra a) do artigo 80 do número Catorce o seguinte texto: “...ao concello e/ou á Xunta de Galicia” __________________________________________ Emenda nº22, de Adición. Catorce Debe ser engadido na letra g) do artigo 80 do número Catorce o seguinte texto: “...manifesta e inxustificada...” quedando redactada a alínea do seguinte xeito: g) A falta de rendemento reiterada, manifesta e inxustificada, que ocasione un prexuízo á cidadanía, ás entidades con personalidade xurídica ou á eficacia dos servizos.

    146717

  • 6

    __________________________________________ Emenda nº23, de Supresión. Catorce Debe ser suprimida a letra l) do artigo 80 do número Catorce. __________________________________________ Emenda nº24, de Supresión. Catorce Debe ser suprimida na letra m) do artigo 80 do número Catorce a seguinte expresión “...ou da arma regulamentaria.” __________________________________________ Emenda nº25, de Substitución. Catorce Debe ser substituída a letra z) do artigo 80 do número Catorce polo seguinte texto: z) A non prestación de auxilio con urxencia naqueles feitos ou circunstancias que sen ser graves, estea obrigada a súa actuación. __________________________________________ Emenda nº26, de Adición. Catorce Debe ser engadida unha nova letra z quinquies) ao artigo 80 do número Catorce coa seguinte redacción: z quinquies) A reincidencia por tres veces en falta leve __________________________________________ Emenda nº27, de Substitución. Catorce Debe ser substituído na letra c) do artigo 81 do número Catorce a expresión “...nos 30 días precedentes.” por “...nos últimos tres meses.” __________________________________________ Emenda nº28, de Substitución. Catorce Debe ser substituído na letra b) do punto 1 do artigo 83 do número Catorce a palabra “...seis...” por “...tres...”

    146718

  • 7

    __________________________________________ Emenda nº29, de Substitución. Catorce Debe ser substituído no punto 2 do artigo 83 do número Catorce a expresión “...tres meses.” por “...un ano.” __________________________________________ Emenda nº30, de Adición. Catorce Debe ser engadida un novo punto 4 ao artigo 83 do número Catorce coa seguinte redacción: 4. As sanciones inscribiranse nos respectivos expedientes persoais con indicación das faltas que as motivaron. __________________________________________ Emenda nº31, de Substitución. Catorce Debe ser substituído o texto do punto 1 do artigo 84 do número Catorce polo seguinte: 1. As faltas moi graves prescribirán aos dous anos desde a data da súa comisión, as graves ao ano e as leves ao mes. __________________________________________ Emenda nº32, de Substitución. Catorce Debe ser substituído no punto 3 do artigo 84 do número Catorce a palabra “...seis...” por “...tres...” __________________________________________ Emenda nº33, de Substitución. Catorce Debe ser substituído o texto do punto 1 do artigo 85 do número Catorce polo seguinte: 1. As sancións moi graves prescribirán aos dous anos, as graves ao ano e as leves ao mes. O prazo de prescrición das sancións comezarase a contar desde o día seguinte a aquel en que adquiran firmeza. __________________________________________

    146719

  • 8

    Emenda nº34, de Substitución. Catorce Debe ser substituído no punto 2 do artigo 86 do número Catorce a expresión “...dous e tres...” por “...un e dous...” __________________________________________ Emenda nº35, de Adición. Disposición adicional única Debe ser engadida unha nova disposición adicional única bis) coa seguinte redacción: Disposición adicional única bis). Servizos policía local mancomunados 1.- Todos os e as axentes da policía local de Galiza recibirán obrigatoriamente formación en Igualdade de Xénero e Prevención e Loita contra a mesma. Ademais, en todos os corpos de policía local de Galiza existirá un grupo de axentes cunha avaliación positiva en formación e sensibilización específica de igualdade de xénero e violencia de xénero que atenderá as demandas xeradas en relación á prevención e protección das vítimas, garantindo dito servizo durante as 24 horas dos 365 días do ano. Para garantir a prestación de dito servizo, os concellos poderán proceder a subscribir un acordo de colaboración de xeito que permita prestar un servizo mancomunado que garanta a mellor proteccións ás vítimas. __________________________________________ Emenda nº36, de Adición. Disposición transitoria única Debe ser engadida unha nova disposición transitoria única bis) coa seguinte redacción: Disposición transitoria única bis). Revisión de oficio de sancións Na data de entrada en vigor desta lei, se da súa aplicación resultasen efectos máis favorables para a persoa funcionaria sancionada, revisaranse de oficio as resolucións, aínda que sexan firmes, cuxo cumprimento non se iniciase ou finalizase na devandita data. Non será posible a revisión de resolucións nas que se impuxese a sanción de separación do servizo.

    146720

  • 9

    __________________________________________ Emenda nº37, de Adición. Disposición derradeira primeira Debe ser engadido a seguinte expresión na disposición derradeira primeira do apartado único "...no prazo de un ano desde a entrada en vigor..." quedando redactada a disposición do seguinte xeito: Facúltase o Consello da Xunta de Galicia para realizar, no prazo de un ano desde a entrada en vigor, o desenvolvemento regulamentario que se derive das modificacións". __________________________________________ NOTA: Emendas presentadas por Consuelo Martínez García e Mónica Fernández Rodríguez Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira Grupo Mixto Parlamento de Galicia Asinado dixitalmente por:

    María Consuelo Martínez García na data 23/03/2016 12:57:45

    146721

  • 1

    EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO BLOQUE

    NACIONALISTA GALEGO AO PROXECTO DE LEI POLA QUE SE

    MODIFICA A LEI 4/2007, DO 20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN DE

    POLICÍAS LOCAIS (NUM. EXPE. 09/PL-000036).

    Emenda nº1, de Adición. Un Bis) Artigo único. Un. Engadir un novo punto co seguinte texto: “Un. Bis). O punto 2 do artigo 9 queda redactado como segue: Todas as persoas membros dos corpos de Policía Local vestirán o uniforme regulamentario cando estean de servizo, agás nos casos de dispensa previstos na Lei orgánica de corpos e forzas de seguridade e naqueles casos excepcionais en que a persoa que ostente a Alcaldía se autorice o contrario. Neste suposto deberá identificarse co documento de acreditación profesional.” __________________________________________ Emenda nº2, de Adición. Un Ter) Artigo único. Un. Engadir un novo punto co seguinte texto: “Un.Ter). O punto 1.c) 4º) do artigo 18 queda redactado como segue: 4º) Catro representantes das persoas membros dos corpos das policías locais de concellos de máis de 50.000 habitantes e outros catro de concellos de menos de 50.000 habitantes, designados polos sindicatos máis representativos na Administración local no ámbito da Comunidade Autónoma de Galiza. 4º) Bis. Un representante designado por cada un dos sindicatos máis representativos no ámbito da Administración local no ámbito da Comunidade Autónoma de Galiza.” __________________________________________ Emenda nº3, de Adición. Tres

    146722

  • 2

    Artigo único. Tres. Engadir in fine artigo no apartado 4 do artigo 32 o seguinte texto: "En todo caso incluirase no proceso una proba de lingua galega." __________________________________________ Emenda nº4, de Adición. Catro Artigo único. Catro. Engadir in fine no apatado 2 do artigo 33 o seguinte texto: “a través da celebración dun exame.” __________________________________________ Emenda nº5, de Supresión. Catorce No artigo 79 suprimir o apartado j) __________________________________________ Emenda nº6, de Substitución. Catorce Artigo único. Catorce. Substituír o texto do artigo 80 p) polo seguinte: “Artigo 80. Faltas graves ...... p) Embebedarse ou consumir drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas durante o servizo ou sempre que prexudiquen a súa prestación; facelo en dependencias policiais ou fóra de servizo cando teñan carácter habitual e afecten á imaxe do corpo policial. Enténdese que existe habitualidade e afecta á imaxe do corpo que se acrediten máis de tres episodios nun ano e que estes fosen nun lugar público e se producisen molestias a outras persoas ou actitudes escandalosas.” __________________________________________ Emenda nº7, de Substitución. Catorce

    146723

  • 3

    Artigo único. Catorce. Substituír o texto do artigo 79. h) polo seguinte: “Artigo 79. Faltas moi graves .... h) A violación do segredo profesional sempre que prexudique o desenvolvemento do labor policial, cause prexuízo á cidadanía, á administración ou ás entidades con personalidade xurídica, ás persoas detidas ou investigadas ou se utilice o seu coñecemento en proveito da propia persoa funcionaria.” __________________________________________ Emenda nº8, de Substitución. Disposición adicional única Disposición adicional única. Substituír o texto polo seguinte: “Disposición adicional única. Equivalencia de titulacións para os efectos do acceso aos corpos e escalas de persoal funcionario dos subgrupos de clasificación profesional A1, A2 e C1 1.Poden ingresar por oposición nos corpos ou escalas de persoal funcionario do subgrupo de clasificación C1 as persoas que estean en posesión da titulación de bacharel ou técnico. 2. Poden acceder por promoción interna ou mobilidade aos corpos e escalas de persoal funcionario do subgrupo de clasificación C1 as persoas que estean en posesión da titulación de bacharel ou técnico, ou calquera outra que sexa equivalente ou correspondente ou dea acceso segundo a lexislación xeral. 3. Poden acceder por promoción interna ou mobilidade aos corpos e escalas de persoal funcionario do subgrupo de clasificación A2 e A1 as persoas que estean en posesión da titulación de grado, ou calquera outra que sexa equivalente ou correspondente ou dea acceso segundo a lexislación xeral. A clasificación en cada subgrupo estará en función do nivel de responsabilidade das función a desenvolver e das características das probas de acceso." __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

    María Tereixa Paz Franco na data 23/03/2016 13:27:50

    146724

  • 4

    Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 23/03/2016 13:27:57

    146725

  • BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

    Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

    Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727