188
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura Número 128 14 de xuño de 2017 Fascículo 2

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAparlamentodegalicia.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B... · Proposicións non de lei en Comisión 1.3.6.1.1. Proposicións presentadas

Embed Size (px)

Citation preview

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

X lexislaturaNúmero 12814 de xuño de 2017

Fascículo 2

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.1.1. Proposicións presentadas

Admisión a trámite, asignación a comisión e publicación

ı 9900 (10/PNC-001030)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores, e Torrado Quintela, JulioSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co pecheda pesqueira da cigala na zona VIIIc e a súa incidencia para a frota galega 34019

ı 9913 (10/PNC-001031)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego na Orde do 11 de abril de 2017 deconvocatoria de axudas para o ano 2017 de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universi-dades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia enoutras entidades do Sistema de I+D+i galego, así como as actuacións que debe levar a cabo aorespecto 34022

ı 9920 (10/PNC-001032)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da modificación realizadano trazado do Camiño de Santiago Primitivo ao seu paso polos concellos de Guntín e Palas de Rei,así como o seu estado de conservación 34025

ı 9923 (10/PNC-001033)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas obraspara a actuación ambiental na ría do Perdido, fase I, na praia de Sada, así como a recuperación erexeneración da praia 34028

ı 9968 (10/PNC-001034)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máis

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

34004

X lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun estudo en relación coa situación laboral da mocidadegalega, así como o impulso das medidas necesarias para resolver as carencias que se detecten efomentar o emprego estable e de calidade 34030

ı 9979 (10/PNC-001035)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaSobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos complementos de noc-turnidade e festividade que están a cobrar os profesionais dos puntos de atención continuada

34034ı 9988 (10/PNC-001036)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar os cometidos e a xestiónda Consellería do Medio Rural en materia de sanidade vexetal, a prevención, control e erradicaciónde pragas, así como as liñas de investigación ao respecto 34036

ı 9994 (10/PNC-001037)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre o pagamento pola Xunta de Galicia da retribución complementaria que lle corresponde aopersoal funcionario do corpo de oficiais que desempeña unha secretaría dun xulgado de paz, in-cluíndo os atrasos e intereses, así como a actuación que debe levar a cabo en relación coas sen-tenzas xudiciais ao respecto 34042

ı 10033 (10/PNC-001039)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa convocatoria de axu-das e subvencións, para o ano 2017, para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidadeno ámbito da colaboración coas entidades locais 34044

ı 10034 (10/PNC-001040)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa convocatoria de axu-das e subvencións, para o ano 2017, para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidadeno ámbito da colaboración coas entidades locais 34049

ı 10035 (10/PNC-001041)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa convocatoria de axu-das e subvencións, para o ano 2017, para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidadeno ámbito da colaboración coas entidades locais 34054

34005

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

ı 10039 (10/PNC-001042)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaRodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María e 8 máisSobre a elaboración polo Goberno galego dunha App para dispositivos móbiles que facilite os re-cordatorios, así como o acceso aos datos de vacinación dos nenos e das persoas adultas 34059

ı 10053 (10/PNC-001043)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co cumprimento da nor-mativa vixente no vertedoiro da canteira de Miramontes, na parroquia de Grixoa, no concello deSantiago de Compostela, principalmente as especificacións reflectidas na autorización de impactoambiental emitida para a súa instalación 34061

ı 10057 (10/PNC-001044)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre o apoio pola Xunta de Galicia á proposta da Autoridade Portuaria de Vigo, así como a de-manda ao Goberno central e á Unión Europea da axilización dos trámites necesarios para estenderata Tánxer a actual autopista marítima que une Vigo coa cidade gala de Nantes 34067

ı 10066 (10/PNC-001045)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as modificacións que debe introducir a Consellería do Medio Rural no Plan de actuación con-tra a praga do nematodo do piñeiro, así como o incremento das axudas destinadas a indemnizaros propietarios afectados polas perdas ocasionadas 34069

ı 10070 (10/PNC-001046)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa problemática derivadado intrusismo profesional no ámbito sanitario, así como coas supostas técnicas e terapias alterna-tivas non fundamentadas cientificamente 34074

ı 10081 (10/PNC-001047)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción e 3 máisSobre a inscrición polo Goberno galego do Camiño Real de Vilar da Fraga, situado na parroquia deSan Pedro de Soandres, no concello da Laracha, no Catálogo de bens do patrimonio cultural de Ga-licia, a aplicación de medidas cautelares para a súa protección e a solicitude ao Consello da CulturaGalega dun informe respecto da súa coincidencia cun tramo da Vía XX romana per loca maritima,así como as medidas de protección necesarias 34077

ı 10090 (10/PNC-001048)Grupo Parlamentario de En Marea

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

34006

X lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Chao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa oferta da materia deEducación Financeira nos centros educativos de Galicia e a entrada da banca nas aulas para formara xuventude 34080

ı 10130 (10/PNC-001049)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do incremento dos servizos de correosno medio rural de Galicia, así como o financiamento do servizo postal universal, a recuperacióndos empregos e da capacidade salarial recortados no sector dende o ano 2010 e a eliminación dataxa de reposición para os vindeiros anos 34083

ı 10162 (10/PNC-001050)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto do proxectode trazado para o desdobramento do corredor do Morrazo no Castro de Montealegre, na parroquiade Domaio, no concello de Moaña 34088

ı 10168 (10/PNC-001051)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a realización polo Goberno galego dun informe en relación co impacto no sistema financeirode Galicia da materialización da venda do Banco Popular e da actuación dos organismos regula-dores, así como o desenvolvemento das negociacións necesarias co Banco Santander para o man-temento dos postos de traballo no ámbito galego e dos servizos que viña prestando ás persoasusuarias 34092

ı 10179 (10/PNC-001052)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Toja Suárez, María DoloresSobre o inicio polo Goberno galego, antes do remate do ano 2017, das obras de dragaxe do portode Espasante, no concello de Ortigueira 34096

ı 10183 (10/PNC-001053)Grupo Parlamentario de En MareaSantos Queiruga, Carmen, e Merlo Lorenzo, Juan JoséSobre a posta en marcha polo Goberno galego das medidas precisas para diminuír o número deverteduras contaminantes na ría de Muros e Noia, co fin de acadar o seu saneamento integral,como máximo, para o ano 2020 34098

ı 10189 (10/PNC-001054)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, David

34007

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Sobre o asinamento pola Consellería do Medio Rural, a Consellería de Economía, Emprego e Indus-tria e os sindicatos agrarios maioritarios de Galicia dun protocolo de colaboración en materia deprevención de riscos laborais no sector agrogandeiro e forestal 34100

ı 10198 (10/PNC-001055)Grupo Parlamentario de En MareaRodríguez Estévez, David e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación na que seatopa o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e os seus traballadores

34104ı 10207 (10/PNC-001056)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a constitución pola Xunta de Galicia no territorio galego de unha unidade pública de refe-rencia para a prevención e tratamento da silicose e outras enfermidades respiratorias de orixe pro-fesional e asociadas 34110

ı 10215 (10/PNC-001057)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a contratación dos campamentosde verán 34114

ı 10226 (10/PNC-001058)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre a elaboración e aprobación polo Goberno galego dun plan de usos para a Illa de San Simón,a súa declaración como Illa da Memoria e a potenciación do seu carácter público, a súa condiciónde BIC e de parte da Rede Natura 34118

ı 10241 (10/PNC-001059)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos ocasionadosno castro de Entrimo con motivo dos traballos de retirada da madeira queimada nun incendio

34123ı 10245 (10/PNC-001060)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 3 máisSobre o peche pola Xunta de Galicia, nun prazo dun mes, da estrada PO-404 que une Guillarei eSalvaterra de Miño no punto quilométrico 1.900, co fin de construír unha rotonda para facilitar oacceso á EDAR de Guillarei, no concello de Tui 34125

ı 10257 (10/PNC-001061)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máis

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

34008

X lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Sobre a dotación polo Sergas dun novo médico de familia ao concello de Soutomaior, así como acobertura das baixas e vacacións dos facultativos nese municipio 34127

ı 10264 (10/PNC-001062)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a incoación pola Xunta de Galicia, de xeito urxente, do expediente para a declaración do pa-trimonio cultural galego en mans da Fundación Barrié de la Maza como ben de interese cultural

34131ı 10271 (10/PNC-001063)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre o reforzo polo Goberno galego dos xulgados das sete principais cidades de Galicia con máispersoal e medios, para favorecer unha boa atención das demandas derivadas dos diferentes con-flitos xurdidos no ámbito financeiro, en especial, as relacionadas coas cláusulas chan e coas con-secuencias da venda do Banco Popular Pastor 34134

ı 10277 (10/PNC-001064)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 2 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de impulsar a obriga de integrara perspectiva de xénero en todas as fases do proceso urbanístico 34138

ı 10282 (10/PNC-001065)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a creación pola Xunta de Galicia dunha oficina específica para atender as persoas afectadaspola venda do Banco Popular Pastor, así como a elaboración dun estudo en relación co impacto davenda dese banco nas persoas usuarias e das posibles consecuencias na calidade e suficiencia daatención dos servizos bancarios diante dun escenario de reestruturación 34142

ı 10291 (10/PNC-001066)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co modelo de xestión, aatención prestada aos menores e mantemento dos puntos de encontro familiar, así como a garantíado acceso de toda a poboación a estes servizos, en especial, a do medio rural 34146

1.3.6.3. Proposicións non de lei de iniciativa popular

Admisión a trámite, traslado á Xunta Electoral e publicación do acordo

ı 10214 (10/PNL-000004)Unións AgrariasProposición non de lei de iniciativa popular sobre as medidas que debe impulsar a Xunta de Galiciadiante do Goberno central en relación coa protección dos viticultores do ámbito dos consellos re-

34009

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

guladores da Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras afectados polas xeadas acaecidas nosúltimos días de abril de 2017 34149

1.4. Procedementos de información1.4.2. Solicitudes de comparecencia 1.4.2.1. Solicitudes de comparecencia en Pleno

Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, traslado á Xunta de Portavoces epublicación

ı 10383 (10/CPP-000027)Grupo Parlamentario de En MareaGrupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoDo presidente da Xunta de Galicia, por petición do G. P. de En Marea, do G. P. dos Socialistas de Ga-licia e do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para analizar o impacto da liquidación definitiva doBanco Pastor após a venda por un euro do Banco Popular ao Banco Santander, así como ás actua-cións que vai desenvolver o Goberno galego para defender o emprego e a prestación se servizosbancarios, e as actuacións para evitar a excesiva concentración bancaria en Galicia así como a de-terminación das responsabilidades pola venda do Banco Pastor e os efectos das sucesivas amplia-cións de capital e a súa colocación a pequenos investidores 34188

1.4.2.2. Solicitudes de comparecencia en Comisión

Admisión a trámite, traslado á Mesa da comisión e publicación

ı 10212 (10/CPC-000020)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasDo director xeral da Corporación da Radio-Televisión de Galicia, por petición propia, para presentaras Contas Anuais e a memoria sobre a execución da función de servizo público encomendada re-ferida ao conxunto das súas actividades, programacións, servizos e emisións 34189

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

34010

X lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

1. Procedementos parlamentarios

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.1.1. Proposicións presentadas

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 13 de xuño de 2017, adoptou os seguintes acordos:

Admisión a trámite, asignación a comisión e publicación

- 9900 (10/PNC-001030)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores, e Torrado Quintela, JulioSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co pecheda pesqueira da cigala na zona VIIIc e a súa incidencia para a frota galegaComisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 9913 (10/PNC-001031)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego na Orde do 11 de abril de 2017 de con-vocatoria de axudas para o ano 2017 de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidadesdo Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutrasentidades do Sistema de I+D+i galego, así como as actuacións que debe levar a cabo ao respectoComisión 4ª, Educación e Cultura

- 9920 (10/PNC-001032)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da modificación realizadano trazado do Camiño de Santiago Primitivo ao seu paso polos concellos de Guntín e Palas de Rei,así como o seu estado de conservaciónComisión 4ª, Educación e Cultura

- 9923 (10/PNC-001033)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas obraspara a actuación ambiental na ría do Perdido, fase I, na praia de Sada, así como a recuperación erexeneración da praiaComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 9968 (10/PNC-001034)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máis

34011

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun estudo en relación coa situación laboral da mocidadegalega, así como o impulso das medidas necesarias para resolver as carencias que se detecten efomentar o emprego estable e de calidadeComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 9979 (10/PNC-001035)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaSobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos complementos de noc-turnidade e festividade que están a cobrar os profesionais dos puntos de atención continuadaComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 9988 (10/PNC-001036)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar os cometidos e a xestiónda Consellería do Medio Rural en materia de sanidade vexetal, a prevención, control e erradicaciónde pragas, así como as liñas de investigación ao respectoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 9994 (10/PNC-001037)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre o pagamento pola Xunta de Galicia da retribución complementaria que lle corresponde ao persoalfuncionario do corpo de oficiais que desempeña unha secretaría dun xulgado de paz, incluíndo os atrasose intereses, así como a actuación que debe levar a cabo en relación coas sentenzas xudiciais ao respectoComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 10033 (10/PNC-001039)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa convocatoria de axu-das e subvencións, para o ano 2017, para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidadeno ámbito da colaboración coas entidades locaisComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 10034 (10/PNC-001040)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa convocatoria de axu-das e subvencións, para o ano 2017, para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidadeno ámbito da colaboración coas entidades locaisComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 10035 (10/PNC-001041)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

34012

X lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa convocatoria de axu-das e subvencións, para o ano 2017, para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidadeno ámbito da colaboración coas entidades locaisComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 10039 (10/PNC-001042)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaRodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María e 8 máisSobre a elaboración polo Goberno galego dunha App para dispositivos móbiles que facilite os re-cordatorios, así como o acceso aos datos de vacinación dos nenos e das persoas adultasComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 10053 (10/PNC-001043)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co cumprimento da nor-mativa vixente no vertedoiro da canteira de Miramontes, na parroquia de Grixoa, no concello deSantiago de Compostela, principalmente as especificacións reflectidas na autorización de impactoambiental emitida para a súa instalaciónComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 10057 (10/PNC-001044)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre o apoio pola Xunta de Galicia á proposta da Autoridade Portuaria de Vigo, así como a de-manda ao Goberno central e á Unión Europea da axilización dos trámites necesarios para estenderata Tánxer a actual autopista marítima que une Vigo coa cidade gala de NantesComisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 10066 (10/PNC-001045)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as modificacións que debe introducir a Consellería do Medio Rural no Plan de actuación con-tra a praga do nematodo do piñeiro, así como o incremento das axudas destinadas a indemnizaros propietarios afectados polas perdas ocasionadasComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes

- 10070 (10/PNC-001046)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa problemática derivadado intrusismo profesional no ámbito sanitario, así como coas supostas técnicas e terapias alterna-tivas non fundamentadas cientificamenteComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

34013

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

- 10081 (10/PNC-001047)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción e 3 máisSobre a inscrición polo Goberno galego do Camiño Real de Vilar da Fraga, situado na parroquia deSan Pedro de Soandres, no concello da Laracha, no Catálogo de bens do patrimonio cultural de Ga-licia, a aplicación de medidas cautelares para a súa protección e a solicitude ao Consello da CulturaGalega dun informe respecto da súa coincidencia cun tramo da Vía XX romana per loca maritima,así como as medidas de protección necesariasComisión 4ª, Educación e Cultura

- 10090 (10/PNC-001048)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa oferta da materia deEducación Financeira nos centros educativos de Galicia e a entrada da banca nas aulas para formara xuventudeComisión 4ª, Educación e Cultura

- 10130 (10/PNC-001049)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do incremento dos servizos de correosno medio rural de Galicia, así como o financiamento do servizo postal universal, a recuperacióndos empregos e da capacidade salarial recortados no sector dende o ano 2010 e a eliminación dataxa de reposición para os vindeiros anosComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 10162 (10/PNC-001050)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto do proxectode trazado para o desdobramento do corredor do Morrazo no Castro de Montealegre, na parroquiade Domaio, no concello de MoañaComisión 4ª, Educación e Cultura

- 10168 (10/PNC-001051)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a realización polo Goberno galego dun informe en relación co impacto no sistema financeirode Galicia da materialización da venda do Banco Popular e da actuación dos organismos reguladores,así como o desenvolvemento das negociacións necesarias co Banco Santander para o mantementodos postos de traballo no ámbito galego e dos servizos que viña prestando ás persoas usuariasComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 10179 (10/PNC-001052)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

34014

X lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Pérez Seco, José Manuel, e Toja Suárez, María DoloresSobre o inicio polo Goberno galego, antes do remate do ano 2017, das obras de dragaxe do portode Espasante, no concello de OrtigueiraComisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 10183 (10/PNC-001053)Grupo Parlamentario de En MareaSantos Queiruga, Carmen, e Merlo Lorenzo, Juan JoséSobre a posta en marcha polo Goberno galego das medidas precisas para diminuír o número deverteduras contaminantes na ría de Muros e Noia, co fin de acadar o seu saneamento integral,como máximo, para o ano 2020Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 10189 (10/PNC-001054)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre o asinamento pola Consellería do Medio Rural, a Consellería de Economía, Emprego e Indus-tria e os sindicatos agrarios maioritarios de Galicia dun protocolo de colaboración en materia deprevención de riscos laborais no sector agrogandeiro e forestalComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 10198 (10/PNC-001055)Grupo Parlamentario de En MareaRodríguez Estévez, David e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación na que seatopa o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e os seus traballadoresComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 10207 (10/PNC-001056)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a constitución pola Xunta de Galicia no territorio galego de unha unidade pública de refe-rencia para a prevención e tratamento da silicose e outras enfermidades respiratorias de orixe pro-fesional e asociadasComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 10215 (10/PNC-001057)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a contratación dos campamentosde veránComisión 4ª, Educación e Cultura

- 10226 (10/PNC-001058)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máis

34015

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Sobre a elaboración e aprobación polo Goberno galego dun plan de usos para a Illa de San Simón,a súa declaración como Illa da Memoria e a potenciación do seu carácter público, a súa condiciónde BIC e de parte da Rede NaturaComisión 4ª, Educación e Cultura

- 10241 (10/PNC-001059)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos ocasionadosno castro de Entrimo con motivo dos traballos de retirada da madeira queimada nun incendioComisión 4ª, Educación e Cultura

- 10245 (10/PNC-001060)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 3 máisSobre o peche pola Xunta de Galicia, nun prazo dun mes, da estrada PO-404 que une Guillarei eSalvaterra de Miño no punto quilométrico 1.900, co fin de construír unha rotonda para facilitar oacceso á EDAR de Guillarei, no concello de TuiComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 10257 (10/PNC-001061)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre a dotación polo Sergas dun novo médico de familia ao concello de Soutomaior, así como acobertura das baixas e vacacións dos facultativos nese municipioComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 10264 (10/PNC-001062)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a incoación pola Xunta de Galicia, de xeito urxente, do expediente para a declaración dopatrimonio cultural galego en mans da Fundación Barrié de la Maza como ben de interese cul-turalComisión 4ª, Educación e Cultura

- 10271 (10/PNC-001063)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre o reforzo polo Goberno galego dos xulgados das sete principais cidades de Galicia con máispersoal e medios, para favorecer unha boa atención das demandas derivadas dos diferentes con-flitos xurdidos no ámbito financeiro, en especial, as relacionadas coas cláusulas chan e coas con-secuencias da venda do Banco Popular PastorComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

- 10277 (10/PNC-001064)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

34016

X lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Pierres López, María Luisa e 2 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de impulsar a obriga de integrara perspectiva de xénero en todas as fases do proceso urbanísticoComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

- 10282 (10/PNC-001065)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a creación pola Xunta de Galicia dunha oficina específica para atender as persoas afectadaspola venda do Banco Popular Pastor, así como a elaboración dun estudo en relación co impacto davenda dese banco nas persoas usuarias e das posibles consecuencias na calidade e suficiencia daatención dos servizos bancarios diante dun escenario de reestruturaciónComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 10291 (10/PNC-001066)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co modelo de xestión, aatención prestada aos menores e mantemento dos puntos de encontro familiar, así como a garantíado acceso de toda a poboación a estes servizos, en especial, a do medio ruralComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

1.3.6.3. Proposicións non de lei de iniciativa popular

Admisión a trámite, traslado á Xunta Electoral e publicación do acordo

- 10214 (10/PNL-000004)Unións AgrariasProposición non de lei de iniciativa popular sobre as medidas que debe impulsar a Xunta de Galiciadiante do Goberno central en relación coa protección dos viticultores do ámbito dos consellos re-guladores da Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras afectados polas xeadas acaecidas nosúltimos días de abril de 2017

A Mesa adopta o seguinte acordo:

1º. Admitir a trámite a proposición non de lei de iniciativa popular.

2º. Declarar constituída a comisión promotora, na que figura a persoa que a representará para osefectos de comunicacións.

3º. Notificar este acordo á representación da comisión promotora, á Oficina do Censo Electoral e áXunta Electoral de Galicia, para os efectos previstos nos artigos 7 e 8 da Lei 7/2015, do 7 de agosto,de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá do Parlamento de Galicia.

34017

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

4º. Dispoñer a publicación deste acordo no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

1.4. Procedementos de información1.4.2. Solicitudes de comparecencia 1.4.2.1. Solicitudes de comparecencia en Pleno

Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, traslado á Xunta de Portavoces epublicación

- 10383 (10/CPP-000027)Grupo Parlamentario de En MareaGrupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoDo presidente da Xunta de Galicia, por petición do G. P. de En Marea, do G. P. dos Socialistas de Ga-licia e do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para analizar o impacto da liquidación definitiva doBanco Pastor após a venda por un euro do Banco Popular ao Banco Santander, así como ás actua-cións que vai desenvolver o Goberno galego para defender o emprego e a prestación se servizosbancarios, e as actuacións para evitar a excesiva concentración bancaria en Galicia así como a de-terminación das responsabilidades pola venda do Banco Pastor e os efectos das sucesivas amplia-cións de capital e a súa colocación a pequenos investidores

1.4.2.2. Solicitudes de comparecencia en Comisión

Admisión a trámite, traslado á Mesa da comisión e publicación

- 10212 (10/CPC-000020)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasDo director xeral da Corporación da Radio-Televisión de Galicia, por petición propia, para presentaras Contas Anuais e a memoria sobre a execución da función de servizo público encomendada re-ferida ao conxunto das súas actividades, programacións, servizos e emisiónsComisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

34018

X lexislatura. Número 128. 14 de xuño de 2017

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada,

María Dolores Toja Suárez e do seu deputado, Julio Torrado Quintela, a través

do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na

Comisión 8ª.

Representantes da flota de arrastre de litoral veñen de reunirse con todos os

grupos parlamentarios da Cámara galega que acordaron presentar unha serie de

demandas en relación co camiño a seguir nas negociacións para tratar de reabrir a

pesquería da cigala na zona VIIIc.

A decisión, dentro dos TAC e cotas establecidos para o ano 2017, dun TAC cero

para a cigala na zona VIIIc foi considerado como un contratempo e un elemento

pernicioso por parte da frota galega de arrastre. Amais, este TAC cero

acompáñase da proposta de reeditar o peche para 2018 e 2019.

Visto o impacto que ten para a nosa flota por ser capturas accesorias de gran

valor e as dificultades para realizar unha pesquería parcial en termos prácticos

sen afectar á súa captura, e tendo en conta que esta especie podería ser descartada

adecuadamente grazas a que aguanta fóra do seu ecosistema en tempo

prolongado, o sector, coa colaboración de técnicos do IEO (Instituto Español de

Oceanografía) e da Consellería do Mar emitiron un informe no que, unha vez

recadados os datos socioeconómicos e biolóxicos, constataron que existe cigala

no caladoiro e que se aprecian sinais de recuperación deste recurso

O dato definitivo de que a cigala non estaría tan mal como o sinalan os

científicos do ICES (International council for the exploration of the sea) é que, na

unidade funcional 25, unha das dúas onde a capturan os barcos galegos, elevaron

do 1,45 % do ano 2015 ao 3,78 % do 2016 a porcentaxe sobre os desembarcos

totais. Tamén se incrementou a captura por unidade de esforzo e se no 2015 era

de 6,46 quilos por hora, no 2016 subiu a 10,81. Resulta que incluso pescaron

máis aqueles que non se dirixen á especie (0,27 quilos fronte aos 0,18 do2015).

34019

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Con todos estes datos, os armadores aseguran que é posible pescar cigala en

Galicia e no resto da zona VIIIc como se facía antes do ano 2012 —no que o

TAC aprobado era de 91 toneladas— sen que a pesquería se resentise.

Todas estas conclusións foron trasladadas por medio deste informe ao propio

ICES nun encontro que tivo lugar o 5 de maio para que se proceda á apertura da

zona VIIIc, e no que se suxeriu realizar unha análise en profundidade sobre a

cigala da unidade funcional 25 que teña en conta as tendencias históricas, os

aspectos biolóxicos e os socioeconómicos.

Por último cómpre sinalar que o devandito acordo foi sinalado como conclusións

extraídas no tratamento do asunto por parte do sector galego de arrastre de litoral,

representado na comisión correspondente do Consello Galego de Pesca

Por iso o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a seguinte

proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a dirixise ao Goberno central e

solicitarlle que, ante a situación de peche da pesquería de cigala na zona VIIIc

que afecta a máis de 60 buques de arrastre de Galicia, adopte as seguintes

medidas:

1ª) Unha reavaliación do stock da cigala, tanto na zona VIIIc e na zona IXa, esta

última en augas de Galicia.

2ª) A realización dun estudio específico por parte do IEO tal e como se está

levando a cabo en augas do Golfo de Cádiz.

3ª) A apertura da pesqueira da cigala na zona VIIIc, e, subsidiariamente, na

unidade funcional 25, xa que non é factible esperar ao ano 2019, ano en que o

ICES ten previsto avaliar de novo a situación da cigala.

Pazo do Parlamento, 31 de maio de 2017

34020

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

María Dolores Toja Suárez na data 01/06/2017 19:03:18

Julio Torrado Quintela na data 01/06/2017 19:03:33

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 01/06/2017 19:03:41

34021

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa das súas deputadas Luca

Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate na Comisión 4.ª, relativa as condicións de acceso ás axudas de apoio á

etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos

públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i

galego para o ano 2017 .

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 27 de Abril publicouse no DOG a orde do 11 de abril de 2017,

conxunta da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria e da

Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases

para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á

etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos

públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i

galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. Unha orde que non só

se publicou con dous meses máis de retraso respecto á convocatoria previa,

reduciu o seu número das 55 bolsas dispoñibles na modalidade A en 2016 a 51 na

presente convocatoria, senón que incluíu cambios importantes respecto aos

requisitos de acceso deixando fóra a unha morea de posibles solicitantes.

Dunha banda reduciuse o prazo temporal no que a persoa candidata acadara o

título de doutoramento. Así, se na convocatoria do ano 2016 se establecía o

requisito de que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de

2010, na convocatoria deste ano retrasouse ao 1 de xaneiro de 2012. Pero o máis

relevante foi a introdución dun requisito novo respecto á temporalidade dos

34022

títulos previos de licenciatura ou graos, novo para as convocatorias galegas, e

tampouco incluído en convocatorias homologables do Estado:

Artigo 2.b) Que a data de finalización dos estudos conducentes á obtención do

título de licenciatura, grao ou equivalente que lle deu acceso ao doutoramento

sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2006.

Tendo en conta que estas bolsas están, supostamente, orientadas a aquelas

persoas que recentemente remataran a súa tese doutoral, para que poidan

continuar a súa carreira investigadora, resulta que persoas que remataran o

doutoramento en prazo poden quedar fóra polo tempo no que remataran a

licenciatura. Un requisito inxusto, posto que nada ten a ver co obxectivo da bolsa

e que prexudica claramente a quen non puidera ter comezado a carreira

investigadora ao momento de rematar os seus estudos.

Por estes motivos, o grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte

proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

1. Modificar a orde do 11 de abril de 2017 para eliminar o requisito temporal

respecto ao ano de finalización da licenciatura abrindo un novo prazo para a

presentación de solicitudes para as persoas que non puideron concorrer por mor

deste requisito inxusto.

2. Fixar un mínimo de 55 bolsas anuais para a formación posdoutoral.

3. Establecer un calendario de convocatoria e resolución que estableza a

necesidade de lanzar a convocatoria no primeiro trimestre de cada ano, resolvela

34023

no segundo trimestre para que a incorporación poda facerse antes do inicio do

curso académico.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017.

Asdo.: Luca Chao Pérez, Asdo.: Luís Villares Naveira

Ánxeles Cuña Bóveda Voceiro do G.P. de En Marea

Deputadas do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Luca Chao Pérez na data 02/06/2017 11:25:38

María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 02/06/2017 11:25:49

Luis Villares Naveira na data 02/06/2017 11:25:57

34024

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa das súas deputadas Luca Chao

Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate na Comisión 4.ª, relativa á modificación do camiño primitivo ao seu

paso polos concellos de Guntín e Palas.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 16 de Maio varios veciños e veciñas do Concello de Guntín

denunciaron un cambio no trazado do Camiño de Santiago Primitivo e a posta en

marcha dunha ruta alternativa. Un cambio que denuncian se fixo hai tres meses e

que afecta a un tramo situado que vai dende San Román da Retorta en Guntín e

Ferreira, en Palas de Rei.

Un cambio que non parece que responda a ningún motivo e que deixa fóra da

ruta parroquias ata agora implicadas como Vilamaior de Negral, Vilarcabreiro,

Sende e Senande.

Un cambio producida sen ningunha explicación e que os veciños e veciñas

descubriron cando se produciu o cambio das mouteiras que sinalizaban a ruta.

Así, dun día para outro foron arrancadas do camiño orixinal e a ruta modificada.

Por outra banda, cómpre sinalar que o trazado orixinal atópase nunha pésima

situación e nun total abandono, toda vez que por el só circulan camións do sector

forestal e vehículos agrícolas que co seu peso estano destruíndo.

Non é a primeira vez que nos atopamos con feitos semellantes. Todo o contrario.

As queixas e denuncias levan repetíndose hai anos. Neste senso, podemos

34025

destacar as realizadas polo Foro do Camiño, unha entidade lucense formada por

unha trintena de organizacións culturais, ecoloxistas e veciñais para a

preservación dos Camiños de Santiago, que xa ten denunciado ante a Unesco as

obras realizadas nas rutas primitivas que acaban alterando os trazados históricos

con fines turísticas.

Sen embargo hai que destacar, que alén dun recurso turístico moi valioso, os

Camiños de Santiago teñen un valor patrimonial fundamental como camiños

históricos que debe ser preservado. Ademais dunha enorme riqueza paisaxística e

cultural que temos que protexer.

Por estes motivos, o grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte

proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

1. Restituír o trazado orixinal

2. Asegurar o correcto estado de conservación do mesmo.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017.

Asdo.: Luca Chao Pérez, Asdo.: Luís Villares Naveira

Ánxeles Cuña Bóveda Voceiro do G.P. de En Marea

Deputadas do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

34026

Luca Chao Pérez na data 02/06/2017 12:56:42

María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 02/06/2017 12:56:50

Luis Villares Naveira na data 02/06/2017 12:56:57

34027

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas e dos seus deputados Patricia Vilán Lorenzo, Juan

Manuel Díaz Villoslada, Raúl Fernández Fernández e María Luisa

Pierres López, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo

160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Comisión 2.ª, Ordenación

Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

Exposición de motivos

O pasado 15 de abril publicábase no BOE un anuncio da Subdirección

Xeral para a Protección da Costa do Ministerio de Agricultura e Pesca,

Alimentación e Medio Ambiente, notificando o desistimento da actuación

ambiental na ría do Perdido, Fase I, praia de Sada (expediente 15-0720).

Dous anos despois das eleccións municipais, Sada segue a ser prexudicada

pola paralización inxustificada deste expediente polo Goberno do Estado,

cando a rexeneración e a actuación ambiental na praia é de vital

importancia para o concello, que leva máis de 10 anos tentando converter o

areal urbano nun lugar de uso e goce para os sadenses. A actuación

ambiental na praia é unha demanda histórica veciñal que debería contar co

apoio de todas as forzas políticas, por suposto, tamén do PP porque Sada

vén loitando para acadar que se solucione un problema sobre os seus areais

urbanos que redunde na calidade e mellora ambiental das augas e do areal,

á par que da economía do Concello, mentres que o Goberno central e o da

Xunta de Galicia miran cara a outro lado.

O anterior significa que, despois de tanto tempo, haberá que reiniciar o

procedemento, reinicio que, de momento, non consta que tivese lugar. A

propia Corporación así o reclamou nun pleno de hai escasamente un mes.

34028

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a esixir do Goberno do

Estado:

1. A licitación e a adxudicación das obras, con urxencia, para a

actuación ambiental na ría do Perdido, Fase I, na praia de Sada.

2. A que, no ámbito das competencias estatais e antes do remate de

2017, acometa as obras necesarias para a recuperación e

rexeneración da praia.

3. A constitución dunha modificación de crédito para a inclusión nos

orzamentos para 2017 dunha partida orzamentaria a tales efectos.

Pazo do Parlamento, 1 de xuño de 2017

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo

Juan Manuel Díaz Villoslada

Raúl Fernández Fernández

María Luisa Pierres López

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Patricia Vilán Lorenzo na data 02/06/2017 12:56:07

Juan Manuel Díaz Villoslada na data 02/06/2017 12:56:13

Raúl Fernández Fernández na data 02/06/2017 12:56:20

María Luisa Pierres López na data 02/06/2017 12:56:25

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 02/06/2017 12:56:29

34029

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa das deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Noa Presas

Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis

Rivas Cruz e Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en

Comisión, relativa á situación laboral da mocidade galega.

A situación laboral da mocidade galega ten como principais trazos o

desemprego, baixos salarios, precariedade e emigración. Dos anos 2009 ao 2016,

ambos inclusive, perdemos 61.200 persoas como poboación activa, e esta perda

produciuse principalmente na mocidade. A mocidade de 16 a 24 anos pasou de

representar o 8,5% no ano 2009 ao 4,7% no 2016. E a poboación de entre 25 e 34

anos, que representaba o 27,3% no 2009 pasou a representar o 19,5% no 2016.

Nos anos de crise perdéronse 160.00 empregos. Desde o 2009 ao 2016

temos 124.200 persoas, de entre 16 a 34 anos que perderon a súa ocupación. A

ocupación nesa franxa de idade caeu nese período 10 puntos, do 33% ao 23%.

Hai que salientar tamén un cambio de tendencia importante con respecto a

outras crises, porque a pesar de que nestes dous últimos anos creouse emprego,

nas persoas entre 25 e 34 anos seguiu descendendo, concretamente 4.900 no

último ano.

34030

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

O ano 2016 foi un ano de creación de emprego pero, como ocorreu

noutras crises, o 95,2% deste é temporal. A taxa global de temporalidade no 2015

era do 25,4% e no 2016 aumentou ao 26,2%. Pero ademais o 33% dos contratos

temporais son de duración inferior a unha semana.

E o máis característico deste ano é o aumento do traballo a tempo parcial,

que tamén afecta en maior medida á mocidade e, particularmente ás idades de 16

a 24 anos. A xornada a tempo completo desde o ano 2009 caeu un 133,1%,

mentres que a de tempo parcial aumentou un 17,6%. O tempo parcial entre

menores de 30 anos supón un 28%, afectando máis ás mulleres que aos homes.

Con respecto aos salarios, as diferenzas por idade son moi elevadas e

viñeron incrementándose progresivamente desde o ano 2009. Nese período, os

salarios dos menores de 18 anos baixaron un 19%, de 18 a 25 anos baixaron un

27,7% e de 26 a 35 anos baixaron un 10,6%. A mocidade de 16 a 25 anos ten un

salario medio inferior nun 52% ao resto da clase traballadora. E de 25 a 34 a

brecha salarial é do 24%. Pero si consideramos, cos datos da axencia tributaria,

os ingresos anuais dos menores de 25 anos, vemos que estes non chegan ao 20%

do salario medio e os de 25 a 34 anos teñen uns ingresos que so representan o

34% dos ingresos medios.

Polas razóns expostas, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:

34031

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a elaborar un

minucioso estudo sobre a situación laboral da mocidade galega e a impulsar as

medidas necesarias, coa dotación económica precisa, que aborden as carencias

que se detecten no informe, de cara a fomentar un emprego estábel e de calidade

para a mocidade galega.”

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Montserrat Prado Cores na data 05/06/2017 12:35:45

34032

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Noa Presas Bergantiños na data 05/06/2017 12:35:52

Olalla Rodil Fernández na data 05/06/2017 12:36:01

Xose Luis Rivas Cruz na data 05/06/2017 12:36:26

Xosé Luis Bará Torres na data 05/06/2017 12:36:30

Ana Pontón Mondelo na data 05/06/2017 12:36:33

34033

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario de En Marea, por iniciativa da súa deputada Eva Solla

Fernández e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5.ª.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

A Atención Urxente Extrahospitalaria en Galicia, foi regulada polo Decreto

172/1995 do 18 de maio, coa creación dos Puntos de Atención Continuada e

modificado parcialmente polo Decreto 156/2005. Neste sentido, mediante a

Orden de 4 de xuño de 2008 (DOG núm. 115do 16 de xuño de 2008) acórdase

regular a provisión de postos de traballo, xornada, retribucións e condicións de

traballo do persoal médico e de enfermería dos Puntos de Atención Continuada.

A exposición de motivos expresa de xeito claro a necesidade de axustar as

peculiaridades da prestación de servizo nos PACs en coherencia coas políticas de

persoal aplicables a todos os profesionais do SERGAS e atendendo no referente

as retribucións asume as características destes postos de traballo ligados a

factores como a nocturnidade e a festividade, regulando as mesmas no seu artigo

6º.

A Disposición Adicional transitoria da Orde fai relación á aplicación paulatina

dos complementos de nocturnidade e festividade das contías previstas no seu

artigo 6º.2 de xeito que no 2010 aplicaríase o 100% da contía.

Con todo, a día de hoxe, os traballadores e traballadoras dos PACs están a recibir

un trato discriminatoria respecto ao resto do persoal do SERGAS, cobrando ditos

complementos ao 80% e non ao 100% como o resto de profesionais, o que supón

un agravio comparativo e unha vulneración dun dereito fundamental.

34034

Polo exposto, o Grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a cumprir a legalidade

equiparando os complementos de nocturnidade e festividade das e dos

profesionais dos PACs, para que pasen a cobrar o 100% de ditos complementos

tal e como está contemplado na normativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017.

Asdo.: Eva Solla Fernández, Asdo.: Luís Villares Naveira

Deputada do G.P. de En Marea. Voceiro do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 05/06/2017 13:45:38

Luis Villares Naveira na data 05/06/2017 13:45:45

34035

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños, Ana

Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Montserrat Prado Cores e Luis

Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

A Comisión Europea divulgou o Informe final de Auditoría realizada entre os

días 17 e 28 de outubro de 2016 sobre a avaliación da situación e os controis efectuados

contra a denominada praga do “nematodo” do piñeiro, no concello das Neves en

Pontevedra.

Dito informe analiza a actuación desenvolta polo órgano competente da

administración galega, o servizo de sanidade vexetal da Consellaría do Medio Rural,

para o control e erradicación de dita praga e conclúe que as medidas de control só se

axustan parcialmente aos requisitos da Decisión 2012/535/UE, en concreto porque se

aplicaron demasiado tarde. Engade que se trata dunha longa historia de incumprimentos

recorrentes e, por iso, pon en risco o axeitado control da praga.

Esta auditoría é continuación doutras efectuadas en anos anteriores, que xa

indicaban moitos problemas que agora se reiteran, por iso as conclusións expresan unha

severa advertencia á Consellaría do Medio Rural. Lembremos ademais que os controis

establecéronse xa en 2010, coa aparición de piñeiros infectados, e que agora en 2016

houbo unha nova infestación que obriga a estremar os controis.

34036

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

Alén das numerosas deficiencias detalladas, que son analizadas criticamente e

de xeito ordenado e rigoroso pola auditoría no que atinxe a procedementos e actuacións,

interesa tamén destacar que se pon de manifesto a debilidade orgánica e funcional dos

servizos de sanidade vexetal da Consellaría do Medio Rural, sen que se poña remedio a

esta situación, malia a sensibilidade e importancia das súas competencias.

Na auditoría indícase como moitos dos cometidos son encargados a un medio

instrumental, mesmo cunha xestión deficiente difícil de xustificar, posto que a

realización dos encargos formais poden mesmo demorarse até medio ano, co que os

traballos de campo nin sequera se programan e planifican para seren desenvoltos ao

longo de todo o ano, coa debida continuidade. Isto é realmente alarmante, xa que de

nada serven programas de prevención, control ou erradicación se a súa execución final

se efectúa de forma intermitente, con suspensión da actividade durante amplos períodos,

simplemente por falta de xestión dilixente.

Este diagnóstico tamén serve para avaliar a xestión ante a extensión e control da

praga da couza da pataca, que se agravou pola demora na tomas das decisións, e a posta

en marcha de xeito dubitativo e demorada dos programas de control, sen protocolos

claros que evidencian a falta de estruturación deste servizo. A iso debemos engadir a

descoordinación con outras áreas da propia administración, principalmente os centros e

medios de investigación agraria e forestal, mesmo disgregados entre si, que deberían

tamén ter un papel relevante na asesoría e participación na toma de decisións para o

control e mellora da sanidade vexetal.

A auditoría citada céntrase na análise de procedementos e medidas de control

específicas na praga do nematodo, e moitas das eivas evidentemente teñen un marcado

carácter técnico que os profesionais encargados de levar adiante as tarefas terán que

emendar e mellorar. Mais, do punto de vista político, o que preocupa e non é admisíbel

34037

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

é advertir que, nunha análise sistemática e comprensiva desa auditoría, así como das

críticas expresadas por expertos e afectados no caso da praga da couza da pataca,

aparezan problemas estruturais máis intensos que afectan á propia estrutura do órgano

encargado da sanidade vexetal. Neste caso hai unha responsabilidade claramente

política, pois a dirección da Consellaría do Medio Rural, os seus directivos designados

polo Goberno, teñen a obriga de deseñar estruturas orgánicas e administrativas que

optimicen recursos e aseguren unha toma de decisións correctas, mais aínda no caso de

competencias que poden afectar á saúde dos alimentos e que teñen que dotarse de

axilidade e eficacia no seu funcionamento.

Por todo iso, o Grupo Parlamentario do BNG formula a seguinte proposición

non de lei para o debate en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a

1º. Actuar decididamente para mellorar os cometidos relativos á sanidade

vexetal por parte da Consellaría do Medio Rural, en concreto a través de:

1. Dotar dos medios e recursos precisos aos servizos de sanidade

vexetal que permitan actuar de forma sostida no tempo e con axilidade na

prevención, control e erradicación de pragas.

2. Ampliar os medios, recursos e dotacións para reforzar as liñas de

investigación relacionadas coas pragas vexetais, atendendo as demandas que o

centros de investigación agraria e forestal formulen, revertendo a tendencia ao

esmorecemento e falta de atención a que foron abocados nestes anos.

34038

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

3. Xestionar con eficacia e dilixencia as encomendas por parte dos

servizos de sanidade vexetal a medios propios que executen os programas na

materia.

2º. Impulsar o protagonismo e coordinación dos centros de investigación agraria

das administracións con competencias en Galiza, ampliando os recursos e dotacións,

fornecendo de estabilidade as liñas de investigación sobre todo en materia de

prevención e control de pragas.

3º. Asumir e corrixir de inmediato as conclusións e medidas sinaladas na

Auditoría da Comisión Europea realizada en 2016 sobre o control da praga do nematodo

do piñeiro, para evitar a propagación. A estes efectos, dotar dun orzamento plurianual

que permita afrontar os traballos e cometidos a realizar de forma regular.”

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

34039

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

5

Asinado dixitalmente por:

Xose Luis Rivas Cruz na data 05/06/2017 17:15:55

Noa Presas Bergantiños na data 05/06/2017 17:16:02

María Montserrat Prado Cores na data 05/06/2017 17:16:06

Olalla Rodil Fernández na data 05/06/2017 17:16:08

Xosé Luis Bará Torres na data 05/06/2017 17:16:12

Ana Pontón Mondelo na data 05/06/2017 17:16:15

34040

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

1. Aboar a retribución complementaria que lle corresponde ao persoal

funcionario do corpo de oficiais que desempeña unha secretaría dun xulgado de paz,

incluíndo atrasos e intereses.

2. Desistir da interposición de novos recursos e acatar as sentenzas dos tribunais

que xa fallaron ao respecto.”

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Asdo.: Luis Bará Torres

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Xosé Luis Bará Torres na data 05/06/2017 17:25:01

Noa Presas Bergantiños na data 05/06/2017 17:25:12

34042

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Luis Bará Torres, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén

Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Montserrat

Prado Cores e ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

O persoal funcionario do corpo de oficiais que desempeña unha secretaría dun

xulgado de paz, con nomeamento expedido ao efecto, ten dereito ao cobro de 26,90

euros/mes como retribución complementaria, tal e como recoñecen diversas sentenzas

xudiciais.

En lugar de acatar e cumprir estas sentenzas, o goberno galego presentou

recurso ante a sala do contencioso administrativo do Tribunal de Xustiza de Galiza, que

confirmou as sentenzas dos xulgados de primeira instancia e condenou á Xunta de

Galiza a pagar os custos, nunha cantidade que xa suma 3.000 euros como consecuencia

de tres sentenzas semellantes do TSXG.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG formula a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento galego insta ao Goberno galego a

34041

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

María Montserrat Prado Cores na data 05/06/2017 17:25:15

Xose Luis Rivas Cruz na data 05/06/2017 17:25:17

Olalla Rodil Fernández na data 05/06/2017 17:25:20

Ana Pontón Mondelo na data 05/06/2017 17:25:23

34043

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas

deputadas e dos seus deputados, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, Abel

Fermín Losada Álvarez, Patricia Vilán Lorenzo, Juan Manuel Díaz Villoslada,

Noela Blanco Rodríguez e Julio Torrado Quintela, a través do portavoz e ao

abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa

mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª.

O luns, 8 de maio de 2017, publicouse a orde do 2 de maio de 2017 pola que se

establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do

emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades

locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017, establecendo

como beneficiarios aos concellos e as mancomunidades de concellos, os

consorcios locais e as entidades locais menores, sempre que todos eles dispoñan

de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos

correspondentes proxectos.

As subvencións contidas nesta orde financiaranse con cargo á aplicación

orzamentaria 09.40.322C.460.2 por un importe global de 1.300.000 euros.

A dita orde establece nos seus artigos:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións

polas cales se rexerá, no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, a

convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e

subvencións destinadas o financiamento de accións de fomento de emprego, en

colaboración coas entidades locais, a través da contratación de persoas

traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese

xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica

profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

34044

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Artigo 4. Requisitos das obras ou servizos

1. As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas

traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia

das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración

directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas a que se encomende a

súa execución.

b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica

profesionais das persoas desempregadas.

c) Que a porcentaxe mínima de persoas traballadoras desempregadas que se

vaian ocupar na realización da obra ou servizo sexa do 75 %.

d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para

facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización

das obras ou servizos.

e) Que sexan proxectos que teñan en conta profesións que favorezan a inserción

laboral.

f) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que vaian

desenvolver a prestación dos servizos non supere os tres meses desde a súa data

de inicio, cando a xornada sexa a tempo completo. En caso de contratacións a

tempo parcial, de ata o 50 %, a dita duración máxima poderá estenderse ata os

seis meses.

No artigo 5 establece que a contía da subvención que percibirán as entidades

beneficiarias será, para os efectos salariais, a equivalente á necesaria para

sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade

Social por todos os conceptos, na mesma cantidade que a fixada para o salario

segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por

cada persoa traballadora desempregada contratada, establecendo os importes

34045

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

máximos que, poderán incrementarse nun 15 % no caso de que as contratacións

se realicen nunha obra ou servizo solicitados conxuntamente, de acordo co punto

2.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.

E no seu apartado 4, establece que o prazo para a presentación de solicitudes será

dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no

Diario Oficial de Galicia.

No artigo 13.2, establécese que o prazo de resolución e notificación será de tres

meses contados a partir da finalización do prazo de presentación da solicitude. Se

no prazo indicado non se dita resolución expresa, entenderase desestimada a

solicitude por silencio administrativo, de acordo co disposto no artigo 23.5 da Lei

9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

E no artigo 16 regúlase a contratación anticipada:

1. Unha vez presentada a correspondente solicitude, cada entidade local, para

poder iniciar aqueles proxectos de urxente posta en marcha, poderá contratar

anticipadamente aquelas persoas traballadoras desempregadas que lle sexan

autorizadas pola respectiva xefatura territorial.

2. Para poder acollerse a esta modalidade de contratación anticipada os concellos,

logo de indicalo expresamente no expediente de solicitude, deberán esperar a

recibir a autorización expresa para a contratación por parte da respectiva xefatura

territorial indicando, cando proceda, a obra ou o servizo en que desenvolverán o

seu traballo as persoas contratadas baixo esta modalidade.

3. O proceso de selección e contratación dos desempregados e das

desempregadas baixo esta modalidade deberá respectar, en todo caso, o

establecido nos artigos 14 e 15, e as oficinas de emprego deberán tramitar as

correspondentes ofertas á vista da autorización sinalada no parágrafo anterior.

4. A xustificación das contratacións realizadas con anterioridade a que se diten as

correspondentes resolucións admitirase sempre e cando se cumpran as normas

contidas neste artigo.

34046

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

5. Unha vez concedidas as autorizacións, a xefatura territorial deberá remitir á

Secretaría Xeral de Emprego unha copia de cada unha delas, así como unha

relación do total de autorizacións concedidas.

Á vista destes datos, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia, insta o Goberno galego a:

1º) Habilitar a cantidade de 8,7M € para incrementar a contía consignada na

convocatoria destas axudas para o fomento do emprego e mellora da

empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, ata chegar a

10M €.

2º) Convocar estas axudas no mes de decembro de 2017 para as subvencións do

ano 2018, co fin de que as entidades locais poidan facer a programación das

obras ou servizos de interese xeral e social coa antelación necesaria.

3º) Establecer un período mínimo de 6 meses para as persoas desempregadas no

caso de contratos a tempo completo, e de doce meses para os contratos a media

xornada.

4º) Suprimir o requisito de solicitude conxunta de acordo co punto 2.3 do acordo

do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.

Pazo do Parlamento, 30 de maio de 2017

Asinado dixitalmente por:

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 06/06/2017 10:28:31

Abel Fermín Losada Álvarez na data 06/06/2017 10:28:49

34047

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Patricia Vilán Lorenzo na data 06/06/2017 10:28:59

Juan Manuel Díaz Villoslada na data 06/06/2017 10:29:07

Noela Blanco Rodríguez na data 06/06/2017 10:29:29

Julio Torrado Quintela na data 06/06/2017 10:29:36

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 06/06/2017 10:29:47

34048

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas

deputadas e dos seus deputados, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, Abel

Fermín Losada Álvarez, Patricia Vilán Lorenzo, Juan Manuel Díaz Villoslada,

Noela Blanco Rodríguez e Julio Torrado Quintela, a través do portavoz e ao

abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa

mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 3ª.

O luns, 8 de maio de 2017, publicouse a orde do 2 de maio de 2017 pola que se

establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do

emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades

locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017, establecendo

como beneficiarios aos concellos e as mancomunidades de concellos, os

consorcios locais e as entidades locais menores, sempre que todos eles dispoñan

de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos

correspondentes proxectos.

As subvencións contidas nesta orde financiaranse con cargo á aplicación

orzamentaria 09.40.322C.460.2 por un importe global de 1.300.000 euros.

A dita orde establece nos seus artigos:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións

polas cales se rexerá, no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, a

convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e

subvencións destinadas o financiamento de accións de fomento de emprego, en

colaboración coas entidades locais, a través da contratación de persoas

traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese

xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica

profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

34049

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Artigo 4. Requisitos das obras ou servizos

1. As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas

traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia

das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración

directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas a que se encomende a

súa execución.

b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica

profesionais das persoas desempregadas.

c) Que a porcentaxe mínima de persoas traballadoras desempregadas que se

vaian ocupar na realización da obra ou servizo sexa do 75 %.

d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para

facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización

das obras ou servizos.

e) Que sexan proxectos que teñan en conta profesións que favorezan a inserción

laboral.

f) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que vaian

desenvolver a prestación dos servizos non supere os tres meses desde a súa data

de inicio, cando a xornada sexa a tempo completo. En caso de contratacións a

tempo parcial, de ata o 50 %, a dita duración máxima poderá estenderse ata os

seis meses.

No artigo 5 establece que a contía da subvención que percibirán as entidades

beneficiarias será, para os efectos salariais, a equivalente á necesaria para

sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade

Social por todos os conceptos, na mesma cantidade que a fixada para o salario

segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por

cada persoa traballadora desempregada contratada, establecendo os importes

34050

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

máximos que, poderán incrementarse nun 15 % no caso de que as contratacións

se realicen nunha obra ou servizo solicitados conxuntamente, de acordo co punto

2.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.

E no seu apartado 4, establece que o prazo para a presentación de solicitudes será

dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no

Diario Oficial de Galicia.

No artigo 13.2, establécese que o prazo de resolución e notificación será de tres

meses contados a partir da finalización do prazo de presentación da solicitude. Se

no prazo indicado non se dita resolución expresa, entenderase desestimada a

solicitude por silencio administrativo, de acordo co disposto no artigo 23.5 da Lei

9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

E no artigo 16 regúlase a contratación anticipada:

1. Unha vez presentada a correspondente solicitude, cada entidade local, para

poder iniciar aqueles proxectos de urxente posta en marcha, poderá contratar

anticipadamente aquelas persoas traballadoras desempregadas que lle sexan

autorizadas pola respectiva xefatura territorial.

2. Para poder acollerse a esta modalidade de contratación anticipada os concellos,

logo de indicalo expresamente no expediente de solicitude, deberán esperar a

recibir a autorización expresa para a contratación por parte da respectiva xefatura

territorial indicando, cando proceda, a obra ou o servizo en que desenvolverán o

seu traballo as persoas contratadas baixo esta modalidade.

3. O proceso de selección e contratación dos desempregados e das

desempregadas baixo esta modalidade deberá respectar, en todo caso, o

establecido nos artigos 14 e 15, e as oficinas de emprego deberán tramitar as

correspondentes ofertas á vista da autorización sinalada no parágrafo anterior.

4. A xustificación das contratacións realizadas con anterioridade a que se diten as

correspondentes resolucións admitirase sempre e cando se cumpran as normas

contidas neste artigo.

34051

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

5. Unha vez concedidas as autorizacións, a xefatura territorial deberá remitir á

Secretaría Xeral de Emprego unha copia de cada unha delas, así como unha

relación do total de autorizacións concedidas.

Á vista destes datos, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia, insta o Goberno galego a:

1º) Habilitar a cantidade de 8,7M € para incrementar a contía consignada na

convocatoria destas axudas para o fomento do emprego e mellora da

empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, ata chegar a

10M €.

2º) Convocar estas axudas no mes de decembro de 2017 para as subvencións do

ano 2018, co fin de que as entidades locais poidan facer a programación das

obras ou servizos de interese xeral e social coa antelación necesaria.

3º) Establecer un período mínimo de 6 meses para as persoas desempregadas no

caso de contratos a tempo completo, e de doce meses para os contratos a media

xornada.

4º) Suprimir o requisito de solicitude conxunta de acordo co punto 2.3 do acordo

do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.

Pazo do Parlamento, 30 de maio de 2017

Asinado dixitalmente por:

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 06/06/2017 10:31:08

Abel Fermín Losada Álvarez na data 06/06/2017 10:31:17

34052

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Patricia Vilán Lorenzo na data 06/06/2017 10:31:25

Juan Manuel Díaz Villoslada na data 06/06/2017 10:31:36

Noela Blanco Rodríguez na data 06/06/2017 10:31:50

Julio Torrado Quintela na data 06/06/2017 10:31:57

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 06/06/2017 10:32:05

34053

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas

deputadas e dos seus deputados, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, Abel

Fermín Losada Álvarez, Patricia Vilán Lorenzo, Juan Manuel Díaz Villoslada,

Noela Blanco Rodríguez e Julio Torrado Quintela, a través do portavoz e ao

abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa

mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.

O luns, 8 de maio de 2017, publicouse a orde do 2 de maio de 2017 pola que se

establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do

emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades

locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017, establecendo

como beneficiarios aos concellos e as mancomunidades de concellos, os

consorcios locais e as entidades locais menores, sempre que todos eles dispoñan

de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos

correspondentes proxectos.

As subvencións contidas nesta orde financiaranse con cargo á aplicación

orzamentaria 09.40.322C.460.2 por un importe global de 1.300.000 euros.

A dita orde establece nos seus artigos:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións

polas cales se rexerá, no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, a

convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e

subvencións destinadas o financiamento de accións de fomento de emprego, en

colaboración coas entidades locais, a través da contratación de persoas

traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese

xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica

profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

34054

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Artigo 4. Requisitos das obras ou servizos

1. As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas

traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia

das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración

directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas a que se encomende a

súa execución.

b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica

profesionais das persoas desempregadas.

c) Que a porcentaxe mínima de persoas traballadoras desempregadas que se

vaian ocupar na realización da obra ou servizo sexa do 75 %.

d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para

facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización

das obras ou servizos.

e) Que sexan proxectos que teñan en conta profesións que favorezan a inserción

laboral.

f) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que vaian

desenvolver a prestación dos servizos non supere os tres meses desde a súa data

de inicio, cando a xornada sexa a tempo completo. En caso de contratacións a

tempo parcial, de ata o 50 %, a dita duración máxima poderá estenderse ata os

seis meses.

No artigo 5 establece que a contía da subvención que percibirán as entidades

beneficiarias será, para os efectos salariais, a equivalente á necesaria para

sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade

Social por todos os conceptos, na mesma cantidade que a fixada para o salario

segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por

cada persoa traballadora desempregada contratada, establecendo os importes

34055

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

máximos que, poderán incrementarse nun 15 % no caso de que as contratacións

se realicen nunha obra ou servizo solicitados conxuntamente, de acordo co punto

2.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.

E no seu apartado 4, establece que o prazo para a presentación de solicitudes será

dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no

Diario Oficial de Galicia.

No artigo 13.2, establécese que o prazo de resolución e notificación será de tres

meses contados a partir da finalización do prazo de presentación da solicitude. Se

no prazo indicado non se dita resolución expresa, entenderase desestimada a

solicitude por silencio administrativo, de acordo co disposto no artigo 23.5 da Lei

9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

E no artigo 16 regúlase a contratación anticipada:

1. Unha vez presentada a correspondente solicitude, cada entidade local, para

poder iniciar aqueles proxectos de urxente posta en marcha, poderá contratar

anticipadamente aquelas persoas traballadoras desempregadas que lle sexan

autorizadas pola respectiva xefatura territorial.

2. Para poder acollerse a esta modalidade de contratación anticipada os concellos,

logo de indicalo expresamente no expediente de solicitude, deberán esperar a

recibir a autorización expresa para a contratación por parte da respectiva xefatura

territorial indicando, cando proceda, a obra ou o servizo en que desenvolverán o

seu traballo as persoas contratadas baixo esta modalidade.

3. O proceso de selección e contratación dos desempregados e das

desempregadas baixo esta modalidade deberá respectar, en todo caso, o

establecido nos artigos 14 e 15, e as oficinas de emprego deberán tramitar as

correspondentes ofertas á vista da autorización sinalada no parágrafo anterior.

4. A xustificación das contratacións realizadas con anterioridade a que se diten as

correspondentes resolucións admitirase sempre e cando se cumpran as normas

contidas neste artigo.

34056

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

5. Unha vez concedidas as autorizacións, a xefatura territorial deberá remitir á

Secretaría Xeral de Emprego unha copia de cada unha delas, así como unha

relación do total de autorizacións concedidas.

Á vista destes datos, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia, insta o Goberno galego a:

1º) Habilitar a cantidade de 8,7M € para incrementar a contía consignada na

convocatoria destas axudas para o fomento do emprego e mellora da

empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, ata chegar a

10M €.

2º) Convocar estas axudas no mes de decembro de 2017 para as subvencións do

ano 2018, co fin de que as entidades locais poidan facer a programación das

obras ou servizos de interese xeral e social coa antelación necesaria.

3º) Establecer un período mínimo de 6 meses para as persoas desempregadas no

caso de contratos a tempo completo, e de doce meses para os contratos a media

xornada.

4º) Suprimir o requisito de solicitude conxunta de acordo co punto 2.3 do acordo

do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.

Pazo do Parlamento, 30 de maio de 2017

Asinado dixitalmente por:

Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 06/06/2017 10:32:51

34057

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Abel Fermín Losada Álvarez na data 06/06/2017 10:33:01

Patricia Vilán Lorenzo na data 06/06/2017 10:33:10

Juan Manuel Díaz Villoslada na data 06/06/2017 10:33:18

Noela Blanco Rodríguez na data 06/06/2017 10:33:30

Julio Torrado Quintela na data 06/06/2017 10:33:37

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 06/06/2017 10:33:54

34058

A Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través do seu Portavoz, e por iniciativa das deputadas e deputados, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, Aurelio Núñez Centeno, Encarna Amigo Díaz, Marián García Míguez, Marta Rodríguez Arias, Soraya Salorio Porral, Miguel Tellado Filgueira, Raquel Arias Rodríguez e Sandra Vázquez Domínguez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego. Exposición de motivos A introdución das novas tecnoloxías é un feito valorado moi positivamente polos profesionais e polos usuarios da sanidade en Galicia. O exemplo máis destacado é a historia clínica electrónica, que é unha ferramenta absolutamente consolidada na súa utilización. De feito, cada día en Galicia 15500 profesionais efectúan ata 162.000 accesos ao sistema IANUS. Ademais, é un modelo na integración de tódolos centros e niveis asistenciais. No caso da receita electrónica, entre outras moitas vantaxes, permitiu que os profesionais da atención primaria dedicasen máis tempo a consultas asistenciais e menos a consultas administrativas coa melloría que isto supón para o usuario da sanidade galega. Un terceiro exemplo é a plataforma e-saúde, que permite a pacientes e a cidadáns acceder a contidos de saúde dende calquera dispositivo conectado a internet , posibilitando deste xeito consultar e xestionar citas, revisar a folla de tratamentos, informes de probas diagnósticas etc. Ultimamente vense de presentar a nova aplicación do 061 que permite aos usuarios contactar cos profesionais para facerlles consultas sanitarias e, asemade, en caso de urxencia permite que calquera cidadán envíe ao 061 os seus datos de filiación e a súa posición exacta xeolocalizada. Estes exemplos nos permiten comprobar todas as vantaxes que supón a aplicación das novas tecnoloxías no eido sanitario. Dende o Grupo Popular pensamos que tamén nos programas de vacinación sería moi importante incorporar as novas tecnoloxías para poder deste xeito mellorar as coberturas poboacionais das vacinas, así como facilitar os recordatorios de vacinación.

34059

Deste xeito, conscientes da mellora que isto suporía para a saúde pública, un dos compromisos que o Partido Popular de Galicia recolleu no programa electoral co que gañou as eleccións autonómicas de 2016 foi a elaboración dunha aplicación específica para facilitar á poboación o acceso á información en materia de vacinación. Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta esta proposición non de lei en Comisión: “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a elaborar unha App para dispositivos móbiles que facilite recordatorios e acceso aos datos de vacinación dos nenos e adultos”.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017 Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 06/06/2017 11:17:02

Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 06/06/2017 11:17:13

Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 06/06/2017 11:17:25

María Encarnación Amigo Díaz na data 06/06/2017 11:17:31

María Ángeles Garcia Míguez na data 06/06/2017 11:17:38

Marta Rodriguez Arias na data 06/06/2017 11:17:44

María Soraya Salorio Porral na data 06/06/2017 11:17:52

Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 06/06/2017 11:18:02

Raquel Arias Rodríguez na data 06/06/2017 11:18:11

Sandra Vázquez Dominguez na data 06/06/2017 11:18:19

34060

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa das deputadas e deputados Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas

Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández,

Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Comisión.

En febreiro de 2008 a Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galiza

emitiu autorización para a instalación dun vertedoiro de residuos non perigosos

para a restauración do espazo natural da canteira de Miramontes, na parroquia de

Grixoa en Santiago de Compostela, con capacidade para eliminar 80.000 t/ano,

nun vaso de vertido de 1 millón de metros cúbicos, nunha superficie de 4,5

hectáreas e cunha vida útil estimada en 20 anos.

A previsión inicial era encher este espazo con areas, terras e lodos xerados

nas propias instalacións e con restos procedentes de actividades industriais de

construción.

O funcionamento do vertedoiro non tardou en xerar preocupación entre a

veciñanza que observara incendios no propio vertedoiro. Como consecuencia, a

principios do 2014, o BNG, a través dos seus representantes no Parlamento,

34061

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

interesouse diante da Xunta de Galiza polo cumprimento das medidas ambientais

impostas na resolución de autorización.

Por outra parte, a autorización inicial foise ampliando en resposta a

diversas solicitudes e, na actualidade, o vertedoiro parece estar a recibir materiais

procedentes de empresas, depuradoras e vertedoiros de diversas vilas e cidades

galegas, mais tamén de fóra da Galiza. Incúmprese deste xeito o principio legal e

ambiental de tratamento, eliminación e valorización de residuos no punto máis

próximo ao lugar onde se xeran.

Na autorización deste vertedoiro, a Xunta condicionou a autorización de

impacto ambiental a dispor dun peche perimetral de malla metálica, de tipo

cinexético, que impida a entrada de animais, cunha altura non menor de 1,5 m

sobre a rasante do terreo. Tanto a canteira como o vertedoiro non contan cun

valado que impida acceder ás instalacións.

Sobre a integración paisaxística e a restauración, sinálase que co fin de

garantir a mellor integración do depósito e diminuír a súa visibilidade, así como

contribuír á contención do po que se poida xerar, antes do inicio da actividade ou

simultaneamente cos labores de preparación do vaso, disporanse pantallas

vexetais. A pantalla vexetal estará composta de diferentes especies arbóreas e

arbustivas de folla perenne e caduca, e localizaranse de forma paralela ás trazas

dos camiños que rodean o vaso. Estas pantallas non existen.

Entre as medidas sobre a paisaxe, na autorización recóllese que se debe

respectar a vexetación arbórea que puidera existir na contorna e naquelas zonas

onde o proxecto o permita, descartarase o uso de especies foráneas con perigo de

34062

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

naturalizarse no medio e manterase con especial coidado a pantalla vexetal

asociada ao peche perimetral.

Ademais, nas propias instalacións do vertedoiro a empresa Tecnolosolos

Galaicos está autorizada para a elaboración de cubertas artificiais a partir de

residuos compactados, que serán as que cubran o vaso da canteira.

Na zona de elaboración de tecnosolos atopáronse deficiencias como balsas

sen illar con residuos líquidos con materia orgánica en descomposición, bidóns

de residuos sen etiquetar e sen tapar, grandes cantidades de materia orgánica

inmadura ao aire libre, lixiviando directamente sobre o terreo sen

impermeabilizar e lixiviados canalizados que verten directamente no terreo.

Na autorización esíxese tamén que para todo o ámbito de traballo se

tomen as medidas necesarias para garantir a ausencia de arrastres sólidos e

escorregas que poidan rematar directa ou indirectamente nas augas superficiais e

subterráneas.

A normativa determina que os tecnosolos se deben aplicar sobre terreos

degradados, mais en Grixoa instaláronse nunha ladeira que non se atopaba

degradada nin contaminada. Advírtese tamén que os tecnosolos conteñen vertido

de mesturas de restos orgánicos inmaduros que producen cheiros e lixiviados,

cunha alta porcentaxe de impropios (restos de plásticos, pilas, compresas, etc)

sobre terreos que dan a prados destinados á gandaría.

En canto ao vertedoiro, na modificación da autorización de agosto de

2013, na admisión de materiais de construción que conteñen amianto indícase

34063

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

que unicamente se aceptarán aglomerado autorizado, sempre que presente baixa

friabilidade e que non se acepten materiais que poidan producir liberación de

fibras ao medio. Este material debe xestionarse en cela específica e contará coa

aprobación da autoridade laboral competente na materia de protección dos/as

traballadores/as contra os riscos relacionados coa exposición ao amianto.

Na modificación do 20 de febreiro de 2014, esíxense condicionantes

específicos para o residuo clasificado co código LER 170302, correspondente

con mesturas bituminosas (alquitráns). A xestión destes residuos deberá ser

independente, con condicións específicas de almacenaxe, así como condicións de

almacenaxe específica do produto resultante da valorización para evitar afección

sabre solo e augas, que se descoñece se se está a aplicar.

Na autorización do vertedoiro dise que, entre as medidas a adoptar en

situacións de funcionamento anormal, se as anomalías implican riscos para a

saúde das persoas ou poden prexudicar gravemente o equilibro dos sistemas

naturais suspenderase inmediatamente a actividade.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG formula a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ó Goberno galego a:

- Adopta-las medidas necesarias pra que o vertedoiro da canteira de

Miramontes cumpra as condicións esixidas pola normativa vixente e

34064

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

5

nomeadamente as especificacións sinaladas na autorización de impacto

ambiental.

- Realiza-las accións necesarias pra determina-los efectos que do

funcionamento do vertedoiro se deriven prás augas, o aire ou o solo da contorna e

pra esixir, se fose o caso, a reparación dos mesmos.

- Face-las xestións oportunas encamiñadas a evitar que se depositen en

Santiago de Compostela residuos doutras comarcas galegas e doutros territorios

do Estado, co obxectivo de cumprir o principio legal e ambiental para o

tratamento e valorización do lixo no punto máis próximo a onde se xera.”

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

34065

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

6

Asinado dixitalmente por:

Xose Luis Rivas Cruz na data 06/06/2017 10:06:50

Noa Presas Bergantiños na data 06/06/2017 10:06:55

Olalla Rodil Fernández na data 06/06/2017 10:07:00

María Montserrat Prado Cores na data 06/06/2017 10:07:09

Xosé Luis Bará Torres na data 06/06/2017 10:07:14

Ana Pontón Mondelo na data 06/06/2017 10:07:19

34066

A Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa dos deputados e deputadas, Carlos E. López Crespo, Teresa Egerique Mosquera, Marián García Míguez, Aurelio Núñez Centeno, Alberto Pazos Couñago, Marta Rodríguez Arias e Daniel Vega Pérez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo.

Exposición de motivos:

Autopista do mar é un concepto na política de transportes da Unión Europea onde o protagonista é o transporte marítimo de mercadorías por medio de rutas que unen diversos portos, co obxectivo de diminuír o impacto ambiental do tráfico rodado, evitar o colapso das estradas e ofrecer un modo de transporte eficiente.

A coñecida como Autopista do Mar que une Vigo con Nantes e Saint Nazaire entrou en servizo oficialmente no ano 2015, grazas as xestións levadas a cabo polo propio Goberno central, que foron determinantes para acadar esta autopista marítima logo de que a propia Autoridade Portuaria acreditase que era posible captar novos tráficos.

Dende entón, esta autopista non fixo máis que incrementar o seu tráfico, aumentando no pasado mes de marzo nun 21%.

Un porto de referencia xunto a unha autopista marítima que non deixa de medrar, mostrándose coma un valor seguro, que recentemente ten levado á empresa concesionaria a plantexarse a implantación dunha nova liña regular ata a cidade marroquí de Tánxer. Un aposta arriscada que necesitará do apoio institucional das propias administracións, autonómica, central e comunitaria, pero que sen dúbida será beneficioso para Vigo e para Galicia.

Hai que lembrar que Marrocos é o segundo socio comercial de España fóra da UE e coa amplitude da ruta ata a terminal marroquí poderanse atender as necesidades das cadeas de subministro dos sectores automobilístico, téxtil e agroalimentario, especialmente para a pesca e os produtos hortícolas.

Por todo o anterior, este grupo parlamentario presenta a seguinte proposición para o seu debate en Comisión:

34067

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a apoiar a proposta da Autoridade

Portuaria de Vigo e a demandar do Goberno do Estado e da UE a axilización dos trámites necesarios para lograr estender ata Tánxer a actual autopista marítima que une Vigo coa cidade gala de Nantes”.

Santiago de Compostela, 6 xuño de 2017 Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 06/06/2017 14:48:30

Carlos Enrique López Crespo na data 06/06/2017 14:49:03

Teresa Egerique Mosquera na data 06/06/2017 14:49:17

María Ángeles Garcia Míguez na data 06/06/2017 14:49:32

Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 06/06/2017 14:49:41

Alberto Pazos Couñago na data 06/06/2017 14:49:51

Marta Rodriguez Arias na data 06/06/2017 14:50:03

Daniel Vega Pérez na data 06/06/2017 14:50:22

34068

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa da súa deputada Paula

Quinteiro Araújo e Davide Rodríguez Estévez, ao abeiro do artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate na Comisión 7.ª.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O nematodo do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus) é un escaravello que na súa

fase larvaria aliméntase de madeira. O nematodo transmítese dunha árbore a

outra usando como vector varias especies de coleópteros do xénero

Monochamus. Pode matar a unha árbore en catro ou cinco meses e unha vez que

se instala é case imposible de eliminar. A pouca choiva e altas temperaturas, os

dous factores que caracterizaron meteoroloxicamente esta primavera, son o

mellor caldo de cultivo para a súa expansión.

Foi detectado por primeira vez en territorio europeo en Portugal, no ano 1999,

decretándose todo o territorio do país en corentena. En Galicia detectouse a súa

presenza no concello das Neves, en 2010. O director xeral de Produción

Agropecuaria ditou, con data 17 de novembro de 2010, a resolución pola que se

declara no territorio galego a presenza do organismo de corentena: o nematodo

do piñeiro.

De acordo coa Decisión de Execución da Comisión 2012/535/UE de 26 de

setembro de 2012, pola que se esixe aos Estados Membros medidas de

emerxencia para evitar a propagación de Bursaphelenchus xylophilus hase de

garantir o cumprimento de certas condicións no que respecta á madeira e cortiza

das plantas sensibles.

34069

A Consellería de Medio Rural e do Mar, en resolución de 15 de novembro de

2013, resolveu a execución das medidas fitosanitarias establecidas na normativa

vixente, co obxecto de erradicar o nematodo do piñeiro en todas as parcelas

forestais, tanto na zona demarcada de protección fitosanitaria, como na franxa

tapón da zona de vinte quilómetros ao redor coa fronteira con Portugal, que

abarca a comarca do Baixo Miño.

En Galicia, despois da entrada confirmada do nematodo, procedeuse á

eliminación de todos os piñeiros, nun radio de 1,5 quilómetros de foco do

problema no Concello das Neves (Pontevedra) afectando a máis de 1.000

propietarios nunha das zonas forestais máis produtivas de toda España.

A pesar das medidas, en 2016 apareceu un segundo foco da praga en Salvaterra

do Miño, polo que houbo que ditar unha nova resolución o 6 de xuño de 2016.

Este feito revelou que as medidas tomadas até o de agora amosáronse

insuficientes. O informe a cargo da Dirección Xeral de Saúde e Seguridade

Alimentaria da Comisión Europea, realizado en outono de 2016 e publicado en

abril deste ano, afirma que se produciron “deficientes controles e lentitude na

erradicación da praga”. A auditoría europea conclúe que existen

“incumprimentos recorrentes” no protocolo de loita que explican a aparición do

segundo foco.

Os auditores consideran, de feito, que as medidas de control aplícanse todos os

anos “demasiado tarde”, o que “reduce a eficacia” na erradicación do nematodo

do piñeiro, por exemplo, a tardanza na eliminación de pés mortos ou decaídos. A

normativa europea obriga a eliminar todas as árbores mortas ou decaídas na zona

demarcada antes do 1 de abril de cada ano, pois é a data na que se estima que

comeza o período de voo do insecto vector do nematodo, o “Monochamus

galoprovincialis”. En Galicia, os traballos de eliminación dos pés mortos ou en

34070

decaemento, comezaron no 2015 en maio e no 2016 a mediados de xullo, tres

meses e medio despois da data na que terían que estar finalizados. Ademais, a

mostraxe de árbores mortas ou decaídas na zona demarcada foi escasa, inferior

ao 17% cada ano desde 2011 ao 2014.

Tamén se denuncian atrasos na identificación e mostraxe de árbores mortas ou

decaídas. Na toma de mostras, ademais, bótase en falta unha maior preparación

do persoal para a procura de síntomas da presenza do vector ou para enfocar a

toma de mostras nas partes sintomáticas da copa, o que aumentaría as

probabilidades de detectar o nematodo do piñeiro.

Produciuse, ademais, un abandono da área de vixilancia intensiva das Neves

onde se iniciou a praga. Tras o novo brote, a Xunta optou por enfocar a vixilancia

intensiva nun radio de 3 quilómetros ao redor do novo brote, abandonando o

control intensivo na contorna do primeiro caso.

Tamén se sinala no informe que é preciso mellorar a xestión nas áreas

queimadas, xa que a Xunta non tomou mostras das árbores queimadas na zona da

epidemia, que poderían significar un foco de contaxio.

En canto á extensión do brote dende As Neves ata Salvaterra, o informe dos

auditores decántase pola hipótese de que é probable que o novo caso de 2016

sexa unha continuación do brote de 2010, non un caso novo chegado de Portugal.

A auditoría realizada pola Comisión Europea responde ás queixas dos

propietarios de montes, que levan tempo criticando a deixadeza da Xunta. Estas

cuestións prantexan a necesidade urxente de corrixir o plan de actuación levado a

cabo até o de agora.

Ante o alcance e extensión da praga, consideramos necesario indemnizar de

forma xusta aos produtores polas perdas millonarias que as restricións impostas

nas explotacións, como as talas obrigatorias, están supoñendo para o sector.

Houbo que cortar exemplares moi xóvenes por cuxa madeira se obtivo a metade

34071

do que valería nun par de anos. Ademais, o monte no que se cortan os piñeiros

non se pode volven cultivar durante un período de corenta anos, co que aumenta

a superficie improdutiva. A Xunta simplemente está a facerse cargo do custe da

tala e retirada das árbores e a conseguinte poxa pública da madeira, sen ter en

conta os danos e prexuízos. Un exemplo desta problemática é que nun radio de

20 quilómetros en torno ao foco débense retirar todas as árbores mortas ou

caídas, pero a súa madeira só se pode aproveitar se é sometida a un tratamento

térmico do que dispoñen moi poucos serradoiros, co custe económico que iso

supón.

Ante esta situación, e tralo informe da Comisión Europea, a Consellería de

Medio Rural non está a especificar que cambios vai incorporar ao seu plan de

actuación contra o nematodo. Eses cambios precisan de máis axilidade da Xunta

na erradicación da praga, como, por exemplo, na colocación de trampas.

En 2016 colocáronse 175 trampas para controlar ao escaravello Monachus,

transmisor da praga, o que supón unha ratio de 0,1 por cada hectárea afectada.

Unha investigación realizada en Castela e León, pola enxeñeira de montes Estela

Sánchez, revela como colocando un maior número de trampas gáñase en eficacia.

Segundo os resultados deste estudo, instalando 0,8 trampas por hectárea, é dicir,

8 veces máis das que coloca a Xunta, conseguiríase eliminar un 95% dos insectos

que propagan o nematodo. Coa densidade de trampas colocadas en Galicia, só se

captura a un 20% dos insectos, polo que parece patente que non é suficiente coas

trampas colocadas e que un esforzo serio para controlar e erradicar a praga

debería pasar por incrementar o seu número.

Por estes motivos, o Grupo Parlamentar de En Marea presenta esta Proposición

non de lei para o seu debate en Comisión.

34072

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Incorporar as recomendacións da auditoría da Comisión Europea á hora de

modificar as medidas contempladas no plan de actuación contra a praga do

nematodo do piñeiro.

2. Tomar medidas para incrementar o número de trampas despregadas para

controlar ao escaravello Monachus.

3. Incrementar a contía das axudas para indemnizar aos propietarios de montes

afectados polas perdas causadas pola praga do nematodo do piñeiro.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017.

Asdo.: Paula Quinteiro Araújo, Asdo.: Luís Villares Naveira,

Davide Rodríguez Estévez Voceiro do G.P. de En Marea.

Deputada e deputado do G.P de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Paula Quinteiro Araújo na data 06/06/2017 16:43:23

David Rodríguez Estévez na data 06/06/2017 16:43:35

Luis Villares Naveira na data 06/06/2017 16:43:49

34073

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu

deputado e da súa deputada Julio Torrado Quintela e Noela Blanco

Rodríguez, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160

do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei

para o seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.

Exposición de motivos

O avance da ciencia no eido biosanitario vén consolidando as aspiracións

das sociedades a unha cobertura sanitaria completa, satisfactoria e que

aporte seguridade e benestar ás persoas. Estes obxectivos son retos

principais de calquera sistema sanitario público nas sociedades avanzadas,

de forma que os poderes públicos deben garantir eses principios a través do

seu propio sistema.

Non entanto, existen dende sempre certos intentos de achegas de persoas

ou colectivos que, envolvéndose dentro de supostas contribucións positivas

ao eido da saúde, aproxímanse aos ámbitos sanitarios camuflando como

ciencia e/ou disciplinas rigorosas e consolidadas certas prácticas que se

afastan de criterios científicos, lonxe de estar empiricamente demostradas e

sen fundamento real.

Dende os tradicionais curandeiros/as e colocadores/as ata as máis modernas

denominacións e variacións das profesións de fisioterapia, psicoloxía ou

medicina baseadas en aspectos pseudocientíficos, tense creado un ámbito

de intrusismo nesas profesións. Este problema afecta non so á competencia

desleal cara os/as profesionais correctamente formados/as e titulados/as,

senón principalmente constitúe un problema sanitario ao estar sendo

tratados os pacientes por persoas sen capacitación para elo. A isto engádese

a inseguridade xurídica que se produce en caso de existir problemas para o

paciente, o dano á imaxe das profesións e ata problemas polo feito de que

estes pseudo-profesionais tenden a realizar o seu traballo con opacidade

fiscal. Estamos, por tanto, ante unha grave situación dende varias

perspectivas, que se continúa a dar polo aproveitamento destas persoas das

incertezas que provocan os problemas sanitarios, a ineficiente xestión do

34074

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

sistema público que favorece largas demoras e perda de calidade na

atención e unha débil acción de control por parte da Administración

pública.

Esta situación está ben recollida en distintos puntos da regulación sanitaria,

dende a Lei de cohesión, a Lei de profesións sanitarias, o Código de

Deontoloxía Médica e outros textos legais ou colexiais. O propio Código

Penal, no seu artigo 403, explicita a cuestión do intrusismo profesional. A

pesares diso a proliferación de actividades, de carácter social ou mercantil,

deste tipo de técnicas e terapias continúa a crecer.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Desenvolver unha intensa campaña de concienciación sobre a base

científica e rigorosa das disciplinas afectadas polo intrusismo, e a

desmitificación das supostas técnicas e terapias alternativas non

fundamentadas, alertando dos riscos para o paciente.

2. Dotar ao corpo de inspectores médicos dos recursos precisos, persoais

e materiais, para poder exercer unha maior e mellor labor de

seguimento e control das entidades privadas e as labores que nela se

realizan, para poder supervisar o carácter científico delas.

3. Colaborar activamente cos colexios profesionais na defensa das súas

profesións e na loita contra o intrusismo profesional

Pazo do Parlamento, 2 de xuño de 2017

Asdo.: Julio Torrado Quintela

Noela Blanco Rodríguez

Deputado e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

34075

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Julio Torrado Quintela na data 06/06/2017 17:59:17

Noela Blanco Rodríguez na data 06/06/2017 17:59:22

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 06/06/2017 17:59:27

34076

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas e do seu deputado Concepción Burgo López, Luis Manuel

Alvarez Martínez, Patricia Vilán Lorenzo e María Dolores Toja

Suárez a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o

seu debate en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.

Exposición de motivos

O patrimonio das vías culturais en Galicia é aínda bastante descoñecido e

está pouco protexido, salvo os distintos Camiños de Santiago, cara aos que

a Administración da Xunta de Galicia dirixiu todos os esforzos.

A actual Lei de patrimonio cultural de Galicia establece unha nova

categoría de ben, as vías culturais, o que abre as posibilidades para

proceder a unha máis efectiva protección dos distintos camiños.

Entre estas vías culturais destacan pola súa importancia as vías romanas,

sobre as que hai notables investigacións pero acerca das que aínda queda

moito por coñecer, incluso novos trazados ata de agora sen investigar.

Isto é o que está a pasar no concello de A Laracha. Alí existe un Camiño

Real perfectamente documentado por fontes históricas, que atravesa a fraga

de Vilar de Fraga na parroquia de San Pedro de Soandres e que coincidiría

cun tramo da Vía XX romana, Per Loca Marítima.

Así o consideran especialistas como Carlos Nárdiz Órtiz, que no encontro

organizado en maio deste ano polo Consello da Cultura Galega sobre as

vías romanas en Galicia, puxo de manifesto a necesidade de protexer e

recuperar este tramo como vía romana.

En estes momentos esta vía está sendo afectada gravemente pola

construción dun campo de tiro olímpico en Vilar da Fraga sen que teña

ningún tipo de medida de protección polo que vai ser moi modificada e

incluso destruída.

34077

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

O artigo 10 da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia aparecen como

ben a protexer as vías culturais entendidas como “a vía ou camiño de

características orixinais recoñecibles que forma parte ou que o formou no

pasado da estrutura tradicional do territorio, cun relevante interese

histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico ou antropolóxico”.

Dende este punto de vista entendermos que o camiño ao que nos referimos

de Vilar da Fraga debe ser protexido como vía cultural.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Inscribir no Catálogo de bens do patrimonio cultural de Galicia o

Camiño Real de Vilar da Fraga na parroquia de Soandres do concello

de A Laracha, e a aplicación inmediata de medidas cautelares de

protección de dito camiño para salvagardalo dos efectos da actual

construción do campo de tiro nese lugar.

2. Solicitar un informe ao Consello da Cultura Galega sobre a

coincidencia do dito Camiño Real cun tramo da Vía XX romana Per

Loca Marítima, e as medidas de protección necesarias para preservar

este patrimonio.

Pazo do Parlamento, 5 de xuño de 2017

Asdo.: Concepción Burgo López

Luis Manuel Alvarez Martínez

Patricia Vilán Lorenzo

María Dolores Toja Suárez

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

34078

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Maria de la Concepción Burgo López na data 06/06/2017 19:15:41

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 06/06/2017 19:15:47

Patricia Vilán Lorenzo na data 06/06/2017 19:15:52

María Dolores Toja Suárez na data 06/06/2017 19:15:56

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 06/06/2017 19:16:01

34079

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa das súas deputadas Luca

Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu

debate en Comisión, sobre a implementación da asignatura de educación

financeira nos centros educativos de Galicia.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado 24 de maio en París a OCDE fixo públicos os resultados da segunda

edición do informe PISA sobre competencia financeira para o alumando de 15

anos. Hai que destacar que na presentación do informe tomou a palabra Francisco

González, flamante presidente do BBVA, banco que financia esta proba dende

2012. Non só, senón que dende 2015 o BBVA vén desenvolvendo un plan de

formación financeira nas aulas galegas. Colaboración que rematou na creación do

curso de educación financeira en Galicia, como materia de libre configuración

autonómica. Deste xeito, a educación financeira forma xa parte do noso currículo

educativo, tal como desexaban e recomendaban a OCDE, o Banco Mundial e, por

suposto, entidades bancarias privadas. Estamos falando dunha materia destinada

a espallar o ideario neoliberal destas institucións entre as persoas máis novas.

No Estado español as entidades financeiras foron as pioneiras en implementar

este tipo de formación mediante obradoiros, conferencias, xogos online, etc. que,

ata o ano 2015, implicaron a catro millóns e medias de persoas. Catro millóns e

medio de persoas formadas baixo os criterios da banca. Pero non só falamos de

iniciativas privadas senón, que a propia administración educativa ten incluído xa

contidos de educación financeira en diferentes materias de Primaria e de

Secundaria, dous módulos de educación financeira que o profesorado pode elixir

34080

impartir nos seus centros como parte doutras materias; e tamén unha materia

específica de educación financeira de libre configuración.

A educación financeira ten dous problemas fundamentais que amosan a súa

lóxica perversa. O primeiro deles estriba nas razóns que se aducen para

impulsala. Basta con ler algún dos informes da OCDE ou os plans en Educación

Financeira do Estado para dar unha e outra vez cos mesmos argumentos, que

tamén se repetiron en París: a educación financeira contribuirá á estabilidade dos

mercados e evitará que as crises sexan tan profundas. Pero hai outra razón que se

aduce que resulta chamativa: que a xuventude tense que enfrontar a novos

produtos financeiros complexos e sofisticados, nun contexto onde os riscos

financeiros se transmiten cada vez máis aos consumidores. Deste xeito a

educación xa non está encamiñada á formación de cidadáns e cidadás senón de

consumidoras e consumidores dun mercado cada vez máis voraz.

Ideoloxía neoliberal, pura e dura, plasmada no propio currículo da educación

financeira que desatende totalmente as cuestións estruturais. Aceptando o

contexto actual como dado, como inevitable, para logo ensinar ao alumando a

aproveitarse todo o posible de dito contexto para o seu lucro persoal. Así, trata de

crear a imaxe de que quen é pobre, o é porque non sabe aforrar, e dedícanse a

ensinar as virtudes das tarxetas de débito e crédito, da “vida en relación aos

aforros”. En definitiva, un currículo marcadamente neoliberal que trata de crear

ao perfecto suxeito financeiro que, á súa vez, participe do perfecto sistema

financeiro.

Por estes motivos, o grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte

proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

1. Retirar de xeito inmediato a oferta da asignatura de educación financeira para

substituíla por unha materia de economía crítica.

34081

2. Impedir que entidades bancarias entren nos centros de ensino a ofertar ningún

tipo de contido.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017.

Asdo.: Luca Chao Pérez, Asdo.: Luís Villares Naveira,

Ánxeles Cuña Bóveda Voceiro do G.P. de En Marea.

Deputadas do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Luca Chao Pérez na data 06/06/2017 20:07:56

María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 06/06/2017 20:08:09

Luis Villares Naveira na data 06/06/2017 20:08:16

34082

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén

Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz,

Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate na Comisión 3ª, relativa á necesidade de manter e velar pola calidade do

servizo de correos no rural ourensán.

A situación de desmantelamento e privatización do servizo de correos ao

longo dos últimos lustros é un feito, como así evidencian os datos dos últimos

anos. A realidade é demoledora: en oito anos lévanse perdido no Estado unha

media de arredor de 20.000 empregos. A esta situación cómpre engadir que se

pasou de 9.926 a 8.946 puntos de atención e que os perdidos correspóndense con

enlaces rurais en pequenos núcleos de poboación. Neste tempo, desde a dirección

de Correos coa complicidade do goberno central tense seguido unha estratexia

pola cal se mantén a rede de Oficinas Técnicas pero minóranse as Oficinas

Auxiliares, atendidas por un carteiro en xornada parcial en locais cedidos polos

Concellos.

Estas actuacións teñen consecuencias negativas para a calidade e o

desenvolvemento óptimo do servizo, fundamentalmente para as poboacións

rurais. Deste xeito, de analizarmos polo miúdo este descenso, podemos verificar

como só nestes últimos oito anos (aqueles dos que existen datos oficiais) un total

34083

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

de 1.113 carteiros e carteiras rurais en todo o Estado teñen desaparecido. A esta

grave minoración podemos sumar 980 puntos de atención, concretamente as

anteriormente citadas oficinas auxiliares atendidas de xeito unipersoal.

Cómpre recordar que a Lei 24/1998, do 13 de xullo, do Servizo Postal

Universal e de Liberalización dos Servizos Postais recolle no seu título III as

obrigacións do servizo público no tocante ás definicións e obrigas do servizo

postal universal e outros dereitos e obrigas de carácter público á hora da

prestación dos servizos postais. Neste sentido, estabelécense obrigas dun servizo

que se entende de raíz pública, o servizo postal universal e obrigas e dereitos

diversos radicados na prestación dos servizos postais.

Porén, estase a aplicar unha unha política pola cal, en base a

modificacións dos criterios de dimensionamento, amortízase a práctica totalidade

das vacantes dos enlaces rurais e a obrígase a que as e os empregados que prestan

os seus servizos na mesma oficina en áreas limítrofes asuman áreas de reparto

amortizadas, ou mesmo sexan forzadas e forzados a desprazáranse a outras áreas.

Desde o Bloque Nacionalista Galego entendemos que todas estas cuestións

contraveñen o sentido público do servizo de correos e a normativa que regula a

súa concesión e financiamento.

Máis aínda, isto afecta de forma especialmente grave ao territorio

administrativo comprendido baixo a denominación de provincia de Ourense,

conforme veñen denunciando forzas sindicais e este grupo parlamentar

nacionalista. Cómpre indicar que esta discriminación cara Ourense xa se tiña

dado antes da xeneralización das novas tecnoloxías e a incidencia dos primeiros

anos da crise, pois tíñase reducido o 33% dos carteiros rurais no intervalo de dez

34084

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

anos dende o ano 1996 até o 2006, pasando de 330 a 212. Pasado este período e

baixo criterios economicistas e tomando o despoboamento como unha desculpa

en lugar dun argumento para mellorar o servizo e incentivar a fixación de

poboación, a situación ten empeorado de forma drástica. Desta forma, podemos

sinalar como segundo datos oficiais a finais do 2016 xa só hai 153, outro 30%

menos nun intervalo similar de tempo, constituíndo a peor porcentaxe a nivel do

Estado español.

A desaparición dos carteiros rurais ten unha incidencia enorme en Galiza

posto que temos máis de 30.000 núcleos de poboación, máis da metade dos do

estado español. Todo isto, sumado á progresiva eliminación de servizo obriga a

moitos veciños e veciñas con desiguais condicións físicas, sociais e económicas a

desprazáranse a zonas máis poboadas, provocando a desertización de numerosos

núcleos de poboación.

O Bloque Nacionalista Galego considera que o reparto no ámbito rural é a

esencia que converte a Correos nun servizo público. É precisamente a prestación

do Servizo Postal Universal, aquel que Correos ten encomendado por Lei e que

garante un acceso en condicións de igualdade non discriminatorias e a un prezo

asequíbel a toda a cidadanía con independencia da súa residencia, unha

responsabilidade da entidade subministradora, do goberno do Estado de quen

depende o financiamento e tamén da propia Xunta de Galiza, que debe velar pola

igualdade dos galegos e galegas.

34085

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego

formula a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 3ª:

“O Parlamento Galego acorda instar á Xunta de Galiza a demandar do

goberno central:

- O incremento dos servizos de correos no rural galego así como a

incrementar o financiamento do Servizo Postal Universal.

- A recuperación do número de empregos e capacidade salarial recortados

no sector desde 2010 e a eliminar a taxa de reposición para os vindeiros anos e

proceder a regularizar a incorporación de persoal novo mediante procesos de

contratación ética, xusta e transparente.”

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

Asdo.: Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

34086

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

5

Asinado dixitalmente por:

Noa Presas Bergantiños na data 07/06/2017 12:33:19

Olalla Rodil Fernández na data 07/06/2017 12:33:25

Xose Luis Rivas Cruz na data 07/06/2017 12:33:29

María Montserrat Prado Cores na data 07/06/2017 12:33:33

Xosé Luis Bará Torres na data 07/06/2017 12:33:35

Ana Pontón Mondelo na data 07/06/2017 12:33:38

34087

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños, Ana

Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará

Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa ás medidas a tomar

para preservar o Castro de Montealegre en Moaña.

O trazado do desdobre do corredor do Morrazo, non tiña en conta a existencia

do asentamento da cultura castrexa ubicado na parroquia de Domaio, no concello de

Moaña, coñecido como Castro de Montealegre, de xeito que se tronzaba este poboado.

Un dos primeiros escavados e publicados cientificamente en Galiza, de grande valor,

pola súa tipoloxía, pola súa situación xeográfica, polos seus petróglifos, polos achados

e, moi especialmente, pola conservación excepcional dalgún dos restos mobles

atopados.

Diante desta pretensión, a comarca do Morrazo, especialmente o concello e

veciñ@s de Moaña, tense mobilizado para evitalo, e esixir a modificación do trazado e

que as actuacións que se leven a cabo no Castro só deben ir encamiñadas a súa

catalogación e conservación e, ademais, deben rematar coa posta en valor do mesmo.

Segundo diversas informacións, parece que a Consellería de Infraestruturas e

Vivenda ve viábel modificar o proxecto e polo tanto conservar o Castro.

34088

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

Por estas razóns, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta

a seguinte proposición non de lei para o seu tratamento en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:

-Presentar no Parlamento, e trasladar ao concello de Moaña, un informe coa

modificación do proxecto de trazado do desdobre do corredor do Morrazo para

preservar o Castro de Montealegre e as implicacións: prazos de execución, cortes de

tráfico, propostas de desvío de tráfico, reforzos para facilitar a mobilidade, medidas para

a preservación do Castro.

-Atender as demandas do concello de Moaña, aprobadas en pleno e adoptar as

medidas requiridas pola Corporación Municipal:

Primeiro: que se facilite ao concello de Moaña todos os informes

elaborados dende a Dirección Xeral de Patrimonio con respecto ás obras que se

están a desenvolver no Castro de Montealegre de Domaio e, especialmente, os

condicionantes establecidos para que a Axencia Galega de Infraestruturas poida

levar adiante as obras previstas de desdobramento do Corredor do Morrazo.

Segundo: que se indique que medios de control e supervisión da

Dirección Xeral de Patrimonio, materiais e humanos, se están exercendo sobre a

actuación en curso.

Terceiro: que se leve a cabo un estudio profundo do Castro, ampliando

ao máximo a zona de análise e escavación, co único fin de catalogar e protexer

tan valioso ben.

Cuarto: que se manteña intacta a estrutura das construcións castrexas e

que se dote ao complexo dun aula de interpretación do castro.

34089

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

Quinto: que se aplique o rigor e a esixencia que cabe agardar do

organismo que ten por finalidade velar polo mantemento e conservación do noso

patrimonio, especialmente cando se trata de protexer un ben cuns valores

históricos, artísticos e etnolóxicos tan importantes como os do Castro de

Montealegre.”

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Montserrat Prado Cores na data 07/06/2017 16:19:50

Noa Presas Bergantiños na data 07/06/2017 16:19:56

Olalla Rodil Fernández na data 07/06/2017 16:20:01

34090

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Xose Luis Rivas Cruz na data 07/06/2017 16:20:05

Xosé Luis Bará Torres na data 07/06/2017 16:20:08

Ana Pontón Mondelo na data 07/06/2017 16:20:12

34091

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,

Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis

Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 3ª, relativa á efectivización da

venda do Banco Popular e a actuación dos organismos reguladores

Tal e como ten denunciado o grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego,

diante da fonda crise do sector financeiro que estala de forma importante no 2008, no

lugar de aproveitar a oportunidade de desenvolver unha reforma do sistema no camiño

de garantir a transparencia, a intervención e o control público evitara unha vaga de

burbullas financeiras, desde o Estado español intereses económicos e partidarios

pactaron unha “reestruturación”. Así pois, baixo o obxectivo de concentrar e centralizar

o sector financeiro, levouse a cabo a traslación a mans privadas e a bancarización das

caixas de aforros coa consecuente perda de galeguidade e redución de calidade do

servizo a través da redución do número de entidades, a precarización do persoal

dependente, a transformación dos produtos emitidos, etc.

Ademais, cómpre salientar como a supervisión pasou a descansar de forma

única en institucións centrais do Estado e cabe sinalar tamén o cuestionábel papel dos

organismos de regulación, tanto no referido á normativa reguladora que sustentou a

reestruturación, baixo os citados criterios de concentración, centralización e

bancarización do sistema financeiro e pactada polos grandes partidos estatais como no

34092

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

referido ás conxunturas recentes de diversas entidades bancarias, como o caso do Banco

Pastor e o seu proceso de absorción.

O pasado día 7 de xuño de 2017 nas primeiras horas da mañá coñecemos a

través do anuncio do Fondo de Resolución Bancaria (FROB) a decisión de vender o

Banco Popular ao Santander ao prezo, nada máis nin nada menos, dun euro. Unha

decisión efectivizada despois dunha noite de negociacións trala que as reguladoras

avaliaron a inviabilidade da entidade bancaria. Unha entidade, ademais, que conta cunha

importante rede de empregados, clientela e liñas comerciais e de negocio no noso país,

nunha cota de mercado até dun 20%.

Esta venda xa efectiva constitúe un novo paso adiante no proceso de

reestruturación bancaria e as súas consecuencias canto á concentración e centralización

do oligopolio bancario como canto ao impacto inmediato e a longo prazo na economía

galega, nos traballadores e traballadoras, nas entidades derivadas e no tecido de servizos

financeiros son indubidábeis. Polo tanto, é preciso avaliar de forma rigorosa a actuación

dos supervisores (Banco de España e CNMV) e do Ministerio de Economía na crise do

Banco Popular Pastor e o seu impacto na economía galega a curto e longo prazo.

Por todo isto formúlase a seguinte proposición non de lei para o seu debate na

Comisión 3ª:

“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a:

- realizar un exhaustivo informe que analice o impacto no sistema financeiro

galego da efectivización da venda do Banco Popular e o papel dos organismos

reguladores.

34093

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

- desenvolver as negociacións necesarias co Banco Santander para favorecer o

mantemento dos postos de traballo no ámbito galego e garantir a non redución de

servizos para as persoas usuarias da entidade.”

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

Asdo.: Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Noa Presas Bergantiños na data 07/06/2017 17:23:06

Olalla Rodil Fernández na data 07/06/2017 17:23:11

Xose Luis Rivas Cruz na data 07/06/2017 17:23:15

34094

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

María Montserrat Prado Cores na data 07/06/2017 17:23:18

Xosé Luis Bará Torres na data 07/06/2017 17:23:21

Ana Pontón Mondelo na data 07/06/2017 17:23:25

34095

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu deputado

e da súa deputada, José Manuel Pérez Seco e María Dolores Toja Suárez, a través

do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na

Comisión 8ª.

O porto de Espasante precisa dunha dragaxe, que se vén reclamando dende hai

anos. Os sectores da pesca, o marisqueo e o turismo, vense afectados

negativamente polas consecuencias da falta de calado.

A dársena do porto actualmente non cumpre coas condicións mínimas de

seguridade. A area acumúlase ano tras ano sen que a promesa do Partido Popular

de dragalo se chegue a realizar. Actualmente, segundo avisan dende a confraría, o

calado é tan pequeno que a maior parte das embarcacións xa sexan de recreo ou

de pesca, teñen que buscar outros portos onde amarrar, como por exemplo o de

Cariño.

O estado de abandono do porto é visible, xa que incluso a grúa, que se deixou de

usar porque no lugar do izamento non había calado suficiente que garantise a

seguridade dos barcos, tivo que ser retirada polo seu deterioro. Actualmente, non

hai grúa.

O sector marisqueiro tamén está a sufrir perdas importantes, sobre todo na

produción de berberecho, debido á acumulación constante da area. Segundo os

datos aportados pola propia confraría, os quilos extraídos de ameixa e

berberecho, reducíronse notablemente.

O sector turístico tamén se resinte, xa que as embarcacións de recreo non poden

acceder á dársena, co que os navegantes buscan outros portos. Incluso unha

empresa que ofrecía o servizo de catamarán tivo que retiralo, xa que agora,

debido á falta de calado, non é posible realizalo.

34096

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Este tema foi tratado na comisión 8ª na sesión do día 11 de maio de 2017, onde

se nos dixo que o dragado do porto de Espasante non era prioritario, polo que

insistimos con este tema dada a situación de deterioro na que se encontra e a

urxente necesidade de resolver este problema.

Por iso o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a seguinte

proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia, insta o Goberno galego para que antes de finalizar o

ano 2017 comecen as obras da dragaxe do porto de Espasante (concello de

Ortigueira).

Pazo do Parlamento, 6 de xuño de 2017

Asinado dixitalmente por:

Jóse Manuel Pérez Seco na data 07/06/2017 17:25:28

María Dolores Toja Suárez na data 07/06/2017 17:26:34

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 07/06/2017 17:26:50

34097

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de EN MAREA, por iniciativa da súa deputada Carmen

Santos Queiruga e do seu deputado Juan José Merlo Lorenzo, ao abeiro do

disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 8.ª, relativa ao

saneamento da Ría de Muros-Noia

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O sector do mar é clave para milleiros de familias en Galicia, xa que máis de

20.000 galegos e galegas viven del. Un sector que a pesar de ser fundamental

para o futuro da nosa terra, leva tempo pasando por horas moi baixas, xa que

dende que goberna o Partido Popular na Xunta de Galicia desapareceron o 14%

dos postos de traballo relacionados co mar, onde, ademais, queda demostrado

que se mantén unha tendencia negativa e progresiva durante os últimos anos, o

que representa un motivo de alarma. O progresivo deterioro que vive o sector,

vén motivado, entre outras cuestións, pola calidade das augas das rías. O número

de verquidos existentes nas nosas costas, poñen en perigo a supervivencia do

sustento de moitos galegos e galegas.

A comezos deste ano, a Ría de Muros-Noia tiña catalogados máis de 50

verquidos contaminantes, sendo esta cifra idéntica á que se rexistrou doce meses

antes. Presenciamos polo tanto, que entre os anos 2016 e 2017 a situación non

mellorou nada, mostrando ademais que as administracións públicas non fan nada

para reverter esta situación. Os concellos que máis puntos contaminantes teñen

son os de Muros e Noia.

A importancia da pesca e o marisqueo na Ría de Muros-Noia queda patente no

número de mariñeiros e mariscadoras que actualmente traballan nela, xa que se

34098

estima que esta cifra está entorno ás 3500 persoas. Ademais, debemos ter

presente, e segundo datos da propia Consellería do Mar, que existen máis de 600

embarcacións rexistradas na ría, das cales o 90% están relacionadas con artes

menores, o que nos demostra que nos atopamos ante un sector que emprega a

familias enteiras non a grandes multinacionais. Por outro lado, e sendo máis

específicos durante o ano 2016, existían 476 permisos de marisqueo a pé na ría,

unha cifra que se viu reducida nun 9% nos últimos nove anos.

Polo exposto, presentamos a seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que acometa, con carácter

urxente, as medidas precisas para reducir o número de verquidos contaminantes

na ría de Muros e Noia, co obxectivo de conseguir o saneamento integral da ría

como máximo para o ano 2020.”

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017.

Asdo.: Carme Santos Queiruga, Asdo.: Juan José Merlo Lorenzo

Voceira S. do G.P. de En Marea. Deputado do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Carmen Santos Queiruga na data 07/06/2017 18:14:22

Juan José Merlo Lorenzo na data 07/06/2017 18:14:34

34099

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea por iniciativa da súa deputada Paula

Quinteiro Araujo e do seu deputado David Rodríguez Estévez, ao abeiro do

disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión na 7ª, sobre as

actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia no que atinxe á seguridade

laboral no agro, na gandería ou no plano forestal, entre outros.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Instituto Nacional de Seguridad publicou un informe no que advirte da alta

sinistralidade que se produce no agro e nas actividades forestais e propón un

aumento das accións de prevención.

Un 17% das inspeccións laborais no agro detectan infraccións e a porcentaxe de

accidentes mortais no agro duplica á media.

Segundo explica este informe, o 70% dos accidentes graves e mortais que se

producen no sector agrario suceden pola manipulación de maquinaria agrícola e,

a causa do 90% deles, é o volteo do vehículo, debido principalmente a que a

maquinaria é moi antiga e non está adaptada á normativa. Aquí tamén advertimos

como principais riscos do agro a exposición a pesticidas ou, no caso do sector

leiteiro, as fosas de purín.

Dende En Marea vemos necesario o establecemento de accións conxuntas

dirixidas a promover a seguridade e saúde laboral dos traballadores a través da

aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a

prevención de riscos derivados do traballo nas explotacións agrogandeiras e

forestais de Galiza, co fin de defender os intereses dos traballadores do agro

34100

galego, mellorar a súa calidade de vida e promocionar a realización de accións

formativas e informativas dirixidas á poboación agraria.

A sinistralidade do sector agrario é superior á media do total de actividades e

achégase ós niveis de accidentes do sector industrial. O peor dato, con todo, é o

de accidentes mortais, pois o agro dobra as cifras do resto de sectores. A

situación das actividades forestais é a máis extrema, cun nivel de accidentes

mortais que foi no mellor ano 4 veces superior á media e 15 veces superior no

peor ano analizado, segundo un informe que vén de facer público o Instituto

Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo.

O estudo gobernamental incide na necesidade de aumentar as políticas de

prevención de riscos laborais e chama tamén a atención sobre as irregularidades

laborais que se producen no sector. Un 17% das inspeccións de Traballo detectan

infraccións, unha porcentaxe superior á da media de actividades (6%) e incluso

peor que a da hostalería (12,5%), que adoita concentrar os maiores datos de

infraccións.

A accidentalidade do sector agrícola foi a máis nos últimos anos, segundo o

diagnóstico publicado polo Instituto de Seguridad en el Trabajo. O organismo

incide en factores como a alta porcentaxe de axudas familiares que se producen

no agro, ata dez veces superiores á media do total de actividades; así como na

escasa formación que percibe nos traballadores, pois un 70% non pasou da

primeira fase do Ensino Secundario.

A análise pon de manifesto outro dato preocupante, como é a falta de percepción

de risco entre os traballadores. Un 20% dos enquisados non identifica ningún

risco de accidente no traballo. Sen embargo, un 9% sufriu algún tipo de incidente

ou accidente nos últimos tres anos, aínda que non o tramitase como tal.

34101

Por estes motivos, o Grupo Parlamentar de En Marea presenta esta Proposición

non de lei para o seu debate na Comisión 7ª.

O Parlamento de galego insta á Xunta de Galicia a asinar un protocolo de

colaboración entre a Consellería de Medio Rural, a Consellería de Economía,

Emprego e Industria e os sindicatos agrarios maioritarios galegos, en materia de

prevención de riscos laborais no sector agrogandeiro e forestal, e dotalo de

orzamento. Con este convenio levarase a cabo:

-A realización de campañas de información e de sensibilización sobre a

prevención de riscos laborais no sector agrogandeiro e forestal.

-Actividades que promovan melloras das condicións de seguridade e saúde dos

traballadores do agro, baseándose no cumprimento da normativa en materia de

prevención de riscos laborais.

-Informar dos conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo, dos riscos

xerais e a súa prevención e dos elementos da xestión da prevención de riscos

laborais, facendo especial incidencia nos riscos comúns ou xerais das actividades

agrogandeiras e forestal, tales como os derivados do emprego de maquinaria

agrícola, dos cultivos, forestal ou da manipulación de produtos fitosanitarios.

-Implantar cursos/módulos de prevención nas incorporacións de mozos e mozas,

así como nas explotacións que se acolleran ós plans de mellora.

-Reforzar os cursos de prevención de riscos laborais nas escolas de capacitación

agraria dependentes da Xunta de Galiza.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017.

34102

Asdo.: Paula Quinteiro Araújo, Asdo.: Luís Villares Naveira

Davide Rodríguez Estévez Voceiro do G.P. de En Marea

Deputada e deputado do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Paula Quinteiro Araújo na data 07/06/2017 18:01:56

David Rodríguez Estévez na data 07/06/2017 18:02:04

Luis Villares Naveira na data 07/06/2017 18:19:28

34103

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa do seus deputados Davide

Rodríguez Estévez, Antón Sánchez García e Marcos Cal Ogando, ao abeiro

do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei, para o seu debate na Comisión 2ª, sobre o

coñecemento, por parte da Consellería de Medio Ambiente, sobre a precaria

situación en que se atopa o Parque Nacional Marítimo Terrestre Das Illas

Atlántica de Galiza e as súas traballadoras e traballadores.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Parque Nacional Marítimo Terrestre Das Illas Atlántica de Galiza, sito nas

provincias de Pontevedra e A Coruña (concellos de Bueu, Vigo, Vilagarcía de

Arousa e Ribeira), está formado polos arquipélagos de Ons, Cíes, Cortegada e

Sálvora.

Ten unha extensión de 8.333ha repartidas nas 1195 ha terrestres e 7285 mariñas e

adquiriu a catalogación de Parque Nacional Marítimo Terrestre o día 1 de xullo

do ano 2002 mediante a lei 15/2002.

A parte, posúe outras figuras de protección como é a ZEPA, LIC ou OSPAR.

Un parque nacional dominado por rocha e océano. O seu relevo caracterízase

pola presenza de dúas vertentes diferenciadas. A occidental, enfrontada ao mar

aberto, é máis abrupta, con fortes pendentes que forman cantís e a oriental, que

mira ás rías, con un perfil máis suave, o que permite a formación de areais e

dunas.

34104

O seu ecosistema litoral deixan a vista praias e sistemas dunares. O ecosistema

submarino fondos rochosos, bancos de area, fondos de Maërl, fondos de cascallo

e bosques de algas...

O medio mariño é o mellor representado no Parque; a súa gran variedade de

ambientes proporciona unha elevada diversidade faunística. Dende as zonas

rochosas batidas polo mar ata a franxa mareal ou fondos de area.

En zonas de menor influencia mariña, aparecen aves, anfibios, insectos ou

mamíferos.

A historia tamén está ben presente nas illas dende a Idade do Bronce ata ben

entrado o século XX, a presenza intermitente de habitantes estivo condicionada

polos recursos do medio e as visitas de invasores ou inimigos. Castros

prerromanos, poboados romanos, mosteiros e sartegos da Idade Media, ermidas,

fortificacións, restos arqueolóxicos e construcións máis modernas testemuñan a

presenza de asentamentos humanos nestas illas.

Obrigados a depender do medio para sobrevivir mediante a pesca, a agricultura e

a gandería, estes poboadores tiveron que abandonar as illas moitas veces ao

longo da historia. Na metade do século XX, as duras condicións de vida

(comparadas coas do continente) causaron o seu despoboamento progresivo. O

illamento ao que se vían sometidos durante longas tempadas, deu lugar a unha

cultura rica en supersticións e crenzas populares, que ademais acumulou

coñecementos sobre o medio natural, as plantas medicinais ou o mar.

Por outra banda, falando na pesca da illa, as e os seus habitantes levan séculos

pescando nas súas augas. Esta actividade extractiva emprega técnicas artesanais

que reguladas adecuadamente, son compatibles coa conservación dos fondos

mariños do Parque e polo tanto cunha xestión sostíbel destes.

Toda esta riqueza patrimonial, de fauna e flora, ecolóxica, etc... contrasta ca

desidia na xestión do parque por parte da Xunta de Galicia.

34105

Agora mesmo hai 3 funcionarios e 3 laborais na illa de Ons todo o ano,

quedando, en moitas ocasións, unha soa persoa na illa, co perigo que iso supón.

En Sálvora e Cortegada só hai un laboral por quenda.

As contratacións que se fan de reforzo soen ser a TRAGSA, que ofrece brigadas

de incendios , mais estas brigadas fan de todo menos o seu cometido, asumindo

competencias que non lles corresponde: facer camiños, mantemento, arranxar

aparellos etc.

Non se opta por contratar ás persoas que están na listaxe da Xunta.

As baixas non se cobren, e se se fai, non se contrata a ninguén, senón que

desprazan a outro axente doutra illa.

Non teñen convenio propio. Se os chaman fóra da súa quenda teñen que acudir.

A dispoñibilidade se lles paga aos funcionarios pero non ós vixiantes.

Os medios son escasos e en pésimas condicións. Só hai un tractor e unha moto

que data dos 90 e xa está descatalogada.

Dende En Marea detectamos que son necesarios máis efectivos, tanto por

seguridade como por convivencia na illa. Agora mesmo, co persoal contratado

actualmente é complicado realizar todas as labores, como por exemplo, a

eliminación de plantas invasoras como a margarita africana.

Actualmente, os e as axentes mediambientais están asumindo traballos de

mantemento; algo que no ano 2009 cando se realizou a transferencia de

competencias do Ministerio á Xunta estaba cuberto por persoal diferente.

As vivendas onde se teñen que aloxar o persoal laboral están en pésimas

condicións.

Hai cartos que se destinan a partidas que non son necesarias, mentres deixan sen

cubrir elementos fundamentais.

34106

Non existe sensibilización algunha coa Illa de Ons, que é Parque Nacional. No

ano 2016, en plena época de cría de aves, realizouse unha carreira/maratón na

propia Illa, molestando aos animais nunha zona de especial sensibilidade. Esta

carreira/maratón volveuse repetir o domingo 14 de maio deste mesmo ano.

Falta vixilancia na zona marítima do Parque que controle o furtivismo que existe

habitualmente; moitas veces, as visitas non respectan as vedas e fan estragos en

dita fauna marítima; pois non hai control algún sobre a pesca no que ao parque se

refire.

Actualmente, permítense artes como o endeño remolcado (can de ameixa), o

boliche ou a recollida de mexillón sen control; esquilmando o mar con resultados

desastrosos.

En épocas de tempada alta, existe unha gran masificación de xente con pouco

persoal para xestionalos; pouca educación do turista, que molestan ás aves e

animais, arrancan plantas -moitas únicas en Europa- e berran a calquera hora do

día sen respectar a flora e fauna autóctona. Moitas veces entra máis xente da

permitida, sen importar que se masifique a illa, todo polo turismo de sol e praia

en detrimento da natureza.

Non se cumpre por tanto as bases de protección ambiental. Isto supón un perigo

extra se temos en conta que a illa non dispón de médico nin sequera na época

estival, a pesar da petición da Asociación de Médicos Interinos da Galiza

(Asmig) e do concello de Bueu; que volveu levar a pleno dita proposta en maio

deste ano para instar á Xunta a que destine persoal médico á Illa de Ons.

Especialmente grave nos parece que a propia Xunta de Galicia saque cada ano

prazas de voluntariado onde adoitan ir xente moza. A falta de persoal profesional

estase a suplir coas persoas que conforman o voluntariado; que ademais, acaban

dando máis traballo ós axentes e profesionais das Illas.

34107

Por estes motivos, o Grupo Parlamentario de En Marea formula a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 2ª.

O Parlamento de Galiza insta a Xunta a:

1.- Contratar unha ou un condutor de motobomba e unha ou un maquinista nas

illas para reforzar as labores de prevención e extinción de incendios, así como as

de mantemento.

2.-Que este persoal sexa contratado das listaxes públicas (D. 37/2006).

3.-Asinar un Convenio Propio para o persoal que traballa nas illas, xa que a

situación na que se atopan non ten que ver co persoal laboral e funcionario da

Xunta de Galicia que está na plataforma continental.

4.-Que as labores de mantemento que están a facer os axentes medioambientais e

que non sexan da súa competencia pasen a realizalas persoal cualificado .

5.-Elaborar un plan de retirada de especies invasoras que proliferan polas illas.

6.-Fortalecer as labores de vixía no que o furtivismo marítimo se refire.

7.-Prohibir e regular as probas deportivas como as andainas cando exista risco de

que a fauna ou flora existente nas illas (moitas delas protexidas) se poidan sentir

ameazadas.

8.-Dispor a illa facendo caso a petición da Asociación de Médicos Interinos da

Galiza (Asmig).

Santiago de Compostela, a 7 de xuño de 2017.

Asdo.: Davide Rodríguez Estévez, Asdo.: Antón Sánchez García

Marcos Cal Ogando Voceiro S. do G.P. de En Marea.

34108

Deputados do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

David Rodríguez Estévez na data 08/06/2017 10:16:51

Marcos Cal Ogando na data 08/06/2017 10:17:04

Antón Sánchez García na data 08/06/2017 10:17:16

34109

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,

Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis

Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª, relativa ás actuacións

necesarias para a atención ás persoas doentes de silicose e ás necesidades de mellora da

prevención e atención da enfermidade en territorio galego.

A silicose é unha enfermidade pulmonar causada pola inhalación de polvo de

sílice, un material que se pode atopar en rochas, chan e area. Polo tanto, a silicose ten

unha das súas causas fundamentais, como é de agardar, na exposición e na

manipulación que se derivan de traballos como por exemplo a minaría, a explotación de

canteiras ou a extracción de lousa.

Aínda que o que denominamos como enfermidades profesionais é un concepto

que xa vén de lonxe no dereito laboral, podemos citar a Lei de Bases de Enfermidades

Profesionais do 13 de xullo de 1936 como a primeira das normas de ámbito estatal que

se propuxo regular de forma específica as enfermidades derivadas da realización dunha

actividade profesional por parte das persoas doentes, elaborando ademais unha lista de

21 enfermidades. Máis concretamente, a silicose é unha das enfermidades que conta

cunha regulación específica fundamentada e acrecentada ao longo de décadas, por

exemplo, por medio de Ordes Ministeriais como a do 9 de maio de 1962, 15 de abril de

1969, 30 de abril de 1973 e 30 de abril de 1977 en materia de prevención, diagnóstico e

tratamento.

34110

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

Porén, malia o aumento canto á regulación da seguridade laboral e do marco

normativo para o recoñecemento da enfermidade profesional, continua habendo moitas

necesidades na materia ao que se suma unha preocupante problemática arredor do

recoñecemento das incapacidades que ten derivado nunha importante litixiosidade con

respecto ao primeiro grado e ao non recoñecemento da incapacidade de non haber

determinadas patoloxías engadidas e o inxusto da situación, contraria a dereitos

elementais.

Neste marco, cómpre lembrar que a silicose é unha enfermidade incurábel e que

non ten un tratamento definitivo. Por iso, a súa prevención, tanto pola incurabilidade

como pola orixe no desenvolvemento dunha actividade profesional, é un factor

absolutamente fundamental. Nese sentido ten avanzado a lexislación e os estudos ao

abeiro do consolidado Instituto Nacional de Silicose de Oviedo, centro de referencia

estatal para enfermedades profesionais. Porén, tendo en conta a importante incidencia

da enfermidade no marco laboral galego, en comarcas por exemplo como Valdeorras ou

O Condado e a dificultade que supón o desprazamento, é a toda luz ilóxico que Galiza

non conte cunha unidade de referencia. Nunha enfermidade como esta é fundamental

avanzar na socialización e atención de medidas preventivas, tamén de índole de

prevención sanitaria e non só de riscos laborais, como é a realización de exames de

saúde periódicos e o seguimento de potenciais enfermidades asociadas ou derivadas.

Por todo isto, o grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego considera que

son necesarias actuacións para a atención ás persoas doentes de silicose e a mellora da

prevención e atención da enfermidade en territorio galego, polo que propón a seguinte

proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª:

34111

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

“O Parlamento galego acorda instar á Xunta de Galiza a constituír en territorio

galego unha unidade pública de referencia para a prevención e tratamento da silicose e

outras enfermidades respiratorias de orixe profesional e asociadas; formada por persoal

estábel e co compromiso de destinar partidas orzamentarias fixas que permitan avanzar

nunha maior prevención e atención.”

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Asdo.: Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Noa Presas Bergantiños na data 08/06/2017 11:38:00

Olalla Rodil Fernández na data 08/06/2017 11:38:06

34112

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Xose Luis Rivas Cruz na data 08/06/2017 11:38:13

María Montserrat Prado Cores na data 08/06/2017 11:38:18

Xosé Luis Bará Torres na data 08/06/2017 11:38:20

Ana Pontón Mondelo na data 08/06/2017 11:38:24

34113

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa das súas deputadas Luca Chao

Pérez, Ánxeles Cuña Bóveda e Paula Quinteiro Araújo, ao abeiro do disposto

no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non

de lei, para o seu debate na Comisión 4.ª, relativa á concesión dos

campamentos de verán.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A mañá do martes 9 de maio abríase, nun acto público, o sobre coa oferta

económica de diferentes empresas de ocio e tempo libre para a licitación dos

campamentos de verán públicos por parte da Xunta de Galicia que se outorgan

cada ano. Este ano, a instalación de “Penedos de Xacinto”, na provincia de

Ourense, foi concedida a Supernova Asistencias S.L., empresa que este verán

participará nesta campaña por primeira vez.

Segundo a súa propia web, Supernova Asistencias naceu no ano 2016, mais,

tamén segundo a súa propia web, ten actividade dende, como mínimo, o ano

2011. O que si está claro é que os seus fundadores e actuais directivos son José

Antonio López Alvarellos e Carlos López Alvarellos, propietarios de Prosem,

dúas das persoas que foron detidas en 2015 durante a investigación da Operación

Qátedra . A dirección postal de Supernova Asistencias é, ademais, a mesma que a

da empresa investigada, o cal as vincula claramente.

Parte das condicións da Xunta para estas concesións é a experiencia demostrable

en actividades semellantes aos campamentos que se licitan. Deste xeito, os

pregos de contratación establecen a necesidade de acreditar traballos previos de

contido similar nos cinco anos previos, explicando que se entenderán “traballos

de contido similar ao do obxecto deste contrato os traballos de organización e

execución de campamentos ou de programas de actividades de tempo libre todos

34114

eles dirixidos a menores de 18 anos, cunha duración mínima de cinco días

consecutivos debidamente especificados.”

Sen embargo, alén do tempo de vida real da empresa, Supernova Asistencias ten

unha sección de actividades socioculturais, pero segundo a súa páxina web está

actividade sociocultural exprésase en proxeccións de cine diúrnas na comunidade

de Madrid.

Vendo a resolución parece evidente que o único criterio que realmente se tivo en

conta foi o da oferta económica. Así atopámonos con que as adxudicacións

implican unha redución enorme respecto ao prezo de partida que marcou a Xunta

para o concurso, é dicir, a estimación que fai o Goberno do que custa o

campamento, e o orzamento que gañou en cada sitio. Cifras que implican unha

precarización oficial dos campamentos de verán, tal e como se pode ver nos

datos que expoñemos a continuación:

Lote 1. Mariña Española: de 80.600 € a 47.413,80€ AUREA

Lote 2. Gandarío: de 100.000€ a 70.836,57€ HEBE SPORT

Lote 3. Espiñeira: de 69.300€ a 47.515,47€ AUREA

Lote 4. Virxe de Loreto: de 76.800€ a 62.450€ MAREXADA

Lote 5. Furelos: de 55.100€ a 38.889€ A BILLARDA

Lote 6. Area: de 81.100€ a 61.900€ MAREXADA

Lote 7. Benigno Quiroga de 53.200€ a 30.813,51€ HEBE SPORT

Lote 8. A Devesa: de 97.500€ a 57.960,60€ VIDA LÁCTEA

Lote 9. Chacotes: de 56.100€ a 37.760,60€ VIDA LÁCTEA

34115

Lote 10. Entrimo: de 57.600€ a 41.860€ SUPERNOVA ASISTENCIAS

Lote 11. As Sinas: de 90.000€ a 64.951,73€ HEBE SPORT

Lote 12. Pontemaril: de 120.500€ a 71.510€ AVENTUROCIO

Lote 13. Illa de Ons: de 46.100€ a 30.416,25€ HEBE SPORT

Ante esta situación, o grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte

proposición non de lei

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

1. Primar a experiencia previa na oferta do servizo á hora de valorar o contrato.

2. Introducir cláusulas sociais de contratación que garantan a adecuada

remuneración dos monitores e monitoras que traballan nos campamentos para

loitar contra a precariedade do sector.

3. Fixar un mínimo orzamentario que garanta campamentos de calidade.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017.

Asdo.: Luca Chao Pérez, Asdo.: Luís Villares Naveira

Ánxeles Cuña Bóveda Voceiro do G.P. de En Marea

Paula Quinteiro Araújo

Deputadas do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

34116

Luca Chao Pérez na data 08/06/2017 12:49:34

María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 08/06/2017 12:49:41

Paula Quinteiro Araújo na data 08/06/2017 12:49:47

Luis Villares Naveira na data 08/06/2017 12:49:54

34117

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Luis Bará Torres, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla

Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Noa Presas

Bergantiños, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

1. A illa de San Simón é un espazo de extraordinario valor cultural, natural,

histórico e paisaxístico. En 1999 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de

Galicia, e a illa e a súa enseada forman parte da Rede Natura 2000.

A illa ten un grande valor simbólico como espazo da memoria histórica galega:

escenario da represión franquista entre 1936 e 1943, foi tamén lugar da loita pola

liberdade, da solidariedade e da resistencia democrática fronte ao fascismo. A páxina

web da consellaría de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria fai referencia

explícita a esta cuestión:

Un dos obxectivos da Illa de San Simón é o fomento da memoria histórica a

través de accións de investigación, análise e divulgación sobre a base do acontecido no

arquipélago, que entre 1936 e 1943 foi convertido en cárcere de presos políticos e

espazo de represión polo réxime da Ditadura de Franco.

Este tráxico pasado ten convertido a San Simón nun símbolo da dignificación

das súas vítimas, e no máis axeitado escenario para traballar na recuperación da nosa

historia e afortalar na nosa sociedade os valores democráticos e de respecto aos

dereitos humanos e civís.

34118

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

Malia esta declaración de intencións, a realidade é que a partir do ano 2009

desapareceron os contidos e a programación de actividades relacionadas coa

recuperación da memoria histórica democrática de iniciativa institucional, de xeito que a

única actividade anual que se realiza na Illa relativa a esta temática está organizada

polos colectivos memorialísticos galegos.

2. A ausencia dun plan de usos da illa e dunha programación institucional

estábel de iniciativa pública está a provocar de feito a privatización do espazo coa

proliferación de actividades organizadas por empresas e de marcado interese comercial.

Un dos últimos exemplos é a que corresponde ao seguinte anuncio, organizada por

empresas privadas e que supón utilizar o interior da illa con un inequívoco ánimo de

lucro.

E máis alá do uso comercial do espazo, preocúpanos a falta de criterio na

programación de actividades e a falta de sensibilidade en relación co pasado da illa e

coas persoas que sufriron prisión e tortura nela.

Para o BNG, e para moitos colectivos e persoas comprometidas coa

recuperación da memoria histórica, a Illa de San Simón non é un parque temático

34119

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

recriativo nin a illa do tesouro. É un lugar histórico, natural e cultural que merece

coidado e dinamización. E que debe ser tratado con respecto e sensibilidade.

Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte

proposición non de lei para o debate en comisión:

“O Parlamento de Galicia acorda como resolución instar ao goberno galego a

1. Elaborar e aprobar, no prazo máximo de seis meses, un Plan de usos para a

illa de San Simón que debe regular os usos e actividades do espazo con seguintes

criterios:

- Determinar as funcións do espazo e do equipamento, primando as seguintes:

recuperación, divulgación e dinamización da memoria histórica democrática galega e da

loita polas liberdades e os dereitos civís; estudo e divulgación da historia das illas e da

súa contorna; valores paisaxísticos e ambientais do conxunto.

- Desenvolver uha programación anual de actividades de iniciativa pública, con

especial atención á recuperación da memoria histórica democrática.

- Promover as visitas escolares e didácticas ao espazo, salientando os seus

valores históricos, ambientais e culturais e a súa función como lugar simbólico da

memoria histórica democrática.

Este plan de usos deberá elaborarse coa participación, cando menos, dos

concellos da contorna e das asociacións da memoria histórica, e será sometido a debate

e aprobación no Parlamento.

2. Declarar a Illa de San Simón como Illa da Memoria.

34120

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

3. Restrinxir, no interior da illa, as actividades que sexan ofensivas para a

memoria das vítimas da represión. Para determinar este tipo de actividades realizarase

unha consulta coas asociacións galegas da memoria histórica e coas familias das persoas

que estiveron presas no lugar.

4. Potenciar o carácter público do espazo, a súa condición de BIC e de parte da

Rede Natura, e, en consecuencia, evitar a tendencia á privatización do uso e prohibir

expresamente a realización no interior da illa de actividades con claro interese

lucrativo.”

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Asdo.: Luis Bará Torres

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

34121

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

5

Xosé Luis Bará Torres na data 08/06/2017 13:23:11

Noa Presas Bergantiños na data 08/06/2017 13:23:16

Olalla Rodil Fernández na data 08/06/2017 13:23:20

Xose Luis Rivas Cruz na data 08/06/2017 13:23:24

María Montserrat Prado Cores na data 08/06/2017 13:23:28

Ana Pontón Mondelo na data 08/06/2017 13:23:29

34122

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa das súas deputadas Luca

Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu

debate na Comisión 4.ª, relativa ás desfeitas acaecidas no Castro de Entrimo

Como vén de denunciar un grupo de veciños e veciñas da parroquia da Illa de

Entrimo, os labores forestais que se realizaron ultimamente na zona provocaron

enormes desfeitas nuns restos castrexos. Falamos neste caso dun castro

catalogado e recollido no plan de protección de Entrimo como "O Gargalado” ou

“O Convento" que acaba de padecer o derrubo parcial da muralla que o rodeaba e

das antigas vivendas circulares. Desperfectos producidos porque nos traballos de

retirada da madeira queimada nun incendio no verán a empresa autorizada, Finsa,

fixo unha pista que atravesou o castro pola metade.

Tal e como comenta David Pérez, arqueólogo experto na materia, todo apunta a

que se trata dun baleiro de xestión entre a Consellería de Cultura, encargada de

protexer o castro, e a de Medio Rural, ente que outorga os permisos de tala da

madeira.

Ante esta situación, o grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte

proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

1. Aportar o informe da Dirección xeral de Patrimonio sobre as agresións

referidas.

34123

2. Poñer en funcionamento as medidas necesarias para mellorar a coordinación

entre as consellerías de xeito que se podan evitar agresións deste tipo novamente.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017.

Asdo.: Luca Chao Pérez, Asdo.: Luís Villares Naveira

Ánxeles Cuña Bóveda Voceiro do G.P. de En Marea.

Deputadas do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Luca Chao Pérez na data 08/06/2017 13:48:35

María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 08/06/2017 13:48:42

Luis Villares Naveira na data 08/06/2017 13:48:54

34124

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos

seus deputados e das súas deputadas Abel Losada Alvarez, Raúl

Fernández Fernández, María Luisa Pierres López e Patricia Vilán

Lorenzo, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición

non de lei en Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos.

Exposición de motivos

Fai máis dun ano, a conselleira de Infraestruturas informou ao alcalde de

Tui dos avances no proxecto para a construción dunha rotonda de acceso á

depuradora de Guillarei. Un proxecto que ten como obxectivo mellorar a

seguridade viaria na zona, consta dun orzamento de preto de 200.000 euros,

cunha actuación que consiste na transformación da intersección de acceso á

depuradora nunha glorieta, no punto quilométrico 1+900 da estrada que une

Guillarei e Salvaterra de Miño (PO-404).

Na habitual campaña de propaganda do goberno de Núñez Feijóo, o

delegado da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, o Sr. Cores

Tourís, seis meses despois expuxo de novo ao alcalde de Tui, a necesidade

de que se axilice a execución da rotonda de acceso á EDAR de Guillarei, de

cara a mellorar a seguridade viaria neste punto.

Estamos a referirnos a unha obra comprometida cando se inaugurou a

depuradora, no ano 2010, e que sigue sen levarse a cabo; e

lamentablemente tampouco aparecen fondos nos orzamentos dos

derradeiros anos. Un feito que se agrava polo voto en contra do Partido

Popular as emendas que presentamos dende o Partido Socialista, que no

orzamento para 2017 foi de 200.000 euros.

Resulta especialmente grave este retraso, por que o concello de Tui

abordou a construción dunha obra complementaria a dita rotonda, cun

notable esforzo financeiro, nun momento es que as políticas económicas do

goberno do Sr. Rajoy teñen absolutamente afogados aos concellos en

termos de financiamento.

34125

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a pechar de xeito inmediato,

no prazo dun mes, no punto quilométrico 1.900 da estrada que une

Guillarei e Salvaterra de Miño (PO-404), para facilitar o acceso á EDAR de

Guillarei (Tui)

Pazo do Parlamento, 7 de xuño de 2017

Asdo.: Abel Losada Alvarez

Raúl Fernández Fernández

María Luisa Pierres López

Patricia Vilán Lorenzo

Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 08/06/2017 13:52:49

Raúl Fernández Fernández na data 08/06/2017 13:52:55

María Luisa Pierres López na data 08/06/2017 13:53:01

Patricia Vilán Lorenzo na data 08/06/2017 13:53:05

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 08/06/2017 13:53:11

34126

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a

iniciativa das deputadas e deputados Luis Bará Torres, Ana Belén Pontón

Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado

Cores e Noa Presas Bergantiños, ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na

Comisión 5ª.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A situación da sanidade pública no Concello de Soutomaior precisa

medidas urxentes que permitan unha mellora no servizo de atención á veciñanza.

Con moita frecuencia, ducias de nen@s do concello teñen que desprazarse a

outros centros de saúde para seren atendidos por un pediatra. O motivo deste

realidade é que o SERGAS non cobre nin as baixas, nin as vacacións dos

facultativos do centro de saúde de Arcade.

Ademais dos problemas na atención pediátrica, hai moitos outros

problemas na sanidade pública do noso concello que debemos abordar coa maior

urxencia:

1º A necesidade de que se cubran as baixas e vacacións dos facultativos

dos Centros de Saúde do concello. Unha situación que desafortunadamente, máis

34127

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

que excepción é norma e que xa se ten producido en varias ocasións tanto nos

pediatras como nos médicos de cabeceira.

2º A necesidade urxente de novos médicos para o concello. Na

actualidade hai 2 médicos de familia en Arcade e un en Soutomaior. Esta

realidade fai que a atención sanitaria estea masificada e que os cupos dos

médicos sexan elevadísimos. Para nos facer unha idea, cómpre sinalar que as

directrices europeas recomendan que debe haber un médico de familia por cada

1500 cartóns sanitarios como máximo. Pola súa banda, a Asociación Española de

Médicos de Familia, ten en conta criterios propios da sanidade e poboación no

estado e por iso recomenda que haxa un médico de familia por cada 1200

pacientes, e estamos a falar de cotas máximas.

Mais a situación no Concello de Soutomaior sobrepasa as recomendacións

destas organizacións. O que acontece é que hai tres médicos cos cupos ateigados.

Segundo fontes do SERGAS todos os médicos pasan dos 1500 pacientes, e isto

fai que non se poidan adxudicar novos pacientes sen a autorización expresa dos

facultativos. O SERGAS adoita resolver esta situación anómala adxudicando

novos cartóns sanitarios ao médico con menos pacientes, o que implica que, a

pesar de ter os cupos masificados, estes sigan medrando. Pero por se isto fose

pouco, tamén compre destacar que tal e como indican fontes do propio SERGAS,

o centro de saúde de Arcade é un centro no que existen unha alta demanda

sanitaria. O cal, se engadimos unha alta demanda a uns cupos masificados, o

resultado non pode ser outro que unha merma da calidade da atención sanitaria.

34128

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a

seguinte proposición non de lei para debate na Comisión 5ª:

“O Parlamento de Galicia acorda como resolución demandar ao SERGAS:

1. A dotación dun novo médico de familia para o Concello de Soutomaior.

2. A cobertura das baixas e vacacións dos médicos.”

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Asdo.: Luis Bará Torres

Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

34129

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Xosé Luis Bará Torres na data 08/06/2017 16:34:01

Olalla Rodil Fernández na data 08/06/2017 16:34:08

Noa Presas Bergantiños na data 08/06/2017 16:34:13

María Montserrat Prado Cores na data 08/06/2017 16:34:16

Xose Luis Rivas Cruz na data 08/06/2017 16:34:17

Ana Pontón Mondelo na data 08/06/2017 16:34:21

34130

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños, Ana

Belén Pontón Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis

Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, sobre o patrimonio cultural

galego da Fundación Barrié de la Maza.

A compra do Banco Popular-Pastor polo Banco Santander abre unha profunda

incerteza arredor do futuro da Fundación Barrié de la Maza, unha entidade con sede nas

cidades da Coruña e Vigo presidida polo que foi presidente do Banco Pastor, Xosé

María Arias.

A Fundación Barrié posúe un amplísimo e importante corpo documental

ademais de patrimonio mobiliario, inmobiliario e artístico entre cuxas pezas se atopan

os máis de 40 mil volumes da súa biblioteca; centos de coleccións xornalísticas e fondos

de arquivo como o de Carlos Martínez Barbeito, con fondos que datan do século XVI;

Domingo García Sabell, Víctor Said Armesto, o Arquivo da Sociedade Económica de

Amigos do País de Compostela ou a biblioteca, documentación e correspondencia do

poeta de Rianxo, Manuel Antonio.

Aliás, Barrié de la Maza garda unha importante colección artística con pezas de

autoras e autores internacionais de diferentes escolas e épocas entre os que se atopan

Sotomayor, Seoane, Bello Piñeiro, Díaz Baliño, Mosquera, Xulia Minguillón,

Avendaño ou Francisco Lloréns.

34131

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

Nos seus fondos a entidade posúe moito Patrimonio Cultural Galego. A súa

compra por parte do Banco Santander, unha entidade financeira foránea, abre

interrogante sobre unha hipotética venda e/ou a saída de Galiza destes bens

patrimoniais.

Por todo o exposto, formulamos a seguinte proposición non de lei para o seu

debate en comisión:

“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a incoar de maneira urxente o expediente

para a declaración do Patrimonio cultural galego en mans da Fundación Barrié de la

Maza como Ben de Interese Cultural (BIC).”

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Asdo.: Olalla Rodil Fernández

Noa Presas Bergantiños

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

34132

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

Asinado dixitalmente por:

Olalla Rodil Fernández na data 08/06/2017 16:47:24

Noa Presas Bergantiños na data 08/06/2017 16:47:29

María Montserrat Prado Cores na data 08/06/2017 16:47:32

Xose Luis Rivas Cruz na data 08/06/2017 16:47:34

Xosé Luis Bará Torres na data 08/06/2017 16:47:37

Ana Pontón Mondelo na data 08/06/2017 16:47:41

34133

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,

Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis

Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª, relativa ás necesidades de

reforzo dos mecanismos de atención xudicial diante das posíbeis demandas a raíz da

venda do Banco Popular

Nos últimos anos diversas actuacións desenvoltas no ámbito financeiro e

bancario teñen derivado na proliferación de demandas colectivas e individuais radicadas

en diferentes absusos cara as persoas usuarias. Cómpre lembrar, por exemplo, o

importante calote das preferentes que afectou de forma considerábel o noso país.

Recentemente, o 21 de decembro de 2016, o Tribunal de Xustiza da Unión

Europea nunha nova sentenza ratificaba o abuso que supuxeron as coñecidas como

cláusulas chan nos créditos hipotecarios e modificaba o criterio estabelecido polo

Tribunal Supremo a respecto dos efectos retroactivos, declarando o dereito á devolución

dos xuros excesivos ao longo de toda a vida do préstamo. Deste xeito, pronunciábase a

favor da retroactividade total dos efectos das cláusulas, que xa foran declaradas nulas

nun anterior pronunciamento por mor da súa falla de transparencia. As propias

estimacións do sector financeiro indicaron inicialmente que en Galiza habería arredor de

200.000 persoas afectadas polo calote das cláusulas chan. Porén, no lugar de

favorecerse algún tipo de solución colectiva e de oficio, puidemos ver como novamente

o Goberno Central, coa complicidade do Partido Popular da Xunta, mediante o Real

34134

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

Decreto-Lei 1/2017 deron osíxeno ás entidades financeiras para dilatar e resolver baixo

criterios adaptados a elas os abusos cometidos coa imposición de mínimos garantidos de

xuros a milleiros de persoas con créditos hipotecarios. Aínda sen finalizar o prazo

habilitado, moreas de demandas comezaron a chegar aos xulgados e derivaron nas

necesidades de reforzo, tal e como viñamos denunciando.

Neste contexto, coa confirmación da venda do Banco Pastor ao banco Santander

o pasado sete de xuño de 2017 xorden dúbidas sobre se haberá un incremento de

demandas froito das afectacións a diferentes colectivos, desde persoas titulares de

preferentes, de bonos convertíbeis e débeda subordinada, persoas accionistas, entre as

que se atopan pequenos accionistas mesmo procedentes dos propios cadros de persoal

das entidades, instados a adquirilas, etc. Máis aínda, nun contexto no que se pon en

dúbida o papel dos reguladores e a posibilidade de ter existido información privilexiada

no proceso de venda e mesmo no inmediatamente anterior proceso de devaluación do

valor da entidade e acontementos aínda por esclarecer como as informacións aparecidas

en Reuters arredor dunha presunta nota na que a Xunta Única de Resolución advertía da

situación financeira do Banco Popular. Malia as dúbidas derivadas mesmo da

concreción xurídica da compra-venda, cabe preocupación arredor do posíbel aumento

de carga de traballo nos xulgados galegos.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª:

“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a reforzar con máis persoal e

medios os xulgados galegos das sete cidades de cara a favorecer unha boa atención das

demandas xurdidas por diferentes conflitos desatados no ámbito financeiro,

34135

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

especialmente as relacionadas coas cláusulas chan e coas consecuencias da venda do

Banco Popular para minoristas, accionistas e clientes de produtos financeiros

dubidosos.”

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Asdo.: Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Noa Presas Bergantiños na data 08/06/2017 16:56:39

Olalla Rodil Fernández na data 08/06/2017 16:56:44

Xose Luis Rivas Cruz na data 08/06/2017 16:56:48

34136

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

María Montserrat Prado Cores na data 08/06/2017 16:56:52

Xosé Luis Bará Torres na data 08/06/2017 16:56:53

Ana Pontón Mondelo na data 08/06/2017 16:56:56

34137

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas e do seu deputado María Luisa Pierres López, Raúl

Fernández Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, a través do seu

portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da

Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o

seu debate en Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos.

Exposición de motivos

Organismos internacionais como Nacións Unidas e a Comisión Europea

sinalaron o urbanismo e a ordenación do territorio como campos de política

pública claves para avanzar cara a igualdade de oportunidades entre

mulleres e homes.

A nivel mundial, no Cumio sobre o Desenrolo Sostible en setembro de

2015,a Organización de Nacións Unidas definiu dezasete obxectivos de

desenrolo sostible, sendo un deles “Acadar a igualdade entre os xéneros e

empoderar a todas as mulleres e nenas”. Por outra parte, no obxectivo de

“acadar que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos,

seguros, resilientes e sostibles”, establécese como meta “proporcionar

acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros, inclusivos e

accesibles, en particular para as mulleres e os nenos, as persoas de idade e

as persoas con discapacidade”.

A Nova Axenda Urbana da ONU aprobada na Conferencia das Nacións

Unidas sobre a Vivenda e o Desenrolo Urbano Sostible (Hábitat III) que

tivo lugar en Quito, do 17 ao 20 de outubro de 2016, reorienta o modo no

que se planifican, se deseñan, se financian, se desenrolan, se administran e

xestionan as cidades e os asentamentos humanos. Entre os obxectivos que

se perseguen está o “lograr a igualdade de xénero e o empoderamento de

todas as mulleres e as nenas a fin de aproveitar plenamente a súa

contribución vital ao desenrolo sostible (...), asegurando a participación

plena e efectiva das mulleres e a igualdade de dereitos en todas as esferas

e nos postos de liderazgo en todos os niveis de adopción de decisións (...) e

eliminando todas as formas de discriminación, violencia e acoso contra as

34138

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

mulleres e as nenas en espazos públicos e privados”. De igual modo se

reforza este obxectivo transversal, especificando en moitos dos temas que

se abordan, que se farán “tendo en conta a idade e o xénero”.

A Axenda Urbana da UE adopta a dimensión de xénero para introducila no

desenrolo urbano, tanto a nivel nacional e rexional como nas propias

cidades. No Pacto de Amsterdam, asinado o 30 de maio de 2016, entre as

cuestións transversais dos temas prioritarios seleccionados para a Axenda

Urbana da UE está a do ”Impacto sobre o cambio social, incluído o cambio

de comportamento, promovendo, entre outras cousas, igual acceso á

información, igualdade de xénero e empoderamento das mulleres”.

O Acordo de Asociación de España para o período de programación 2014-

2020 establece como un dos obxectivos transversais básicos, a igualdade de

oportunidades entre mulleres e homes.

O Programa Operativo de Crecemento Sostible deste período, no seu eixo

de Desenrolo Urbano Integrado e Sostible precisa que “apoiará proxectos

urbanos integrados que poidan actuar transversalmente, entre outros,

sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”. Este

principio formalizouse nos criterios de puntuación da selección das

Estratexias de Desenrolo Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) para

financiar con fondos Feder. Deste xeito, foméntase que todas as estratexias

de cidade financiadas con fondos europeos teñan en conta criterios de

perspectiva de xénero nas súas liñas de actuación.

Hai cidades europeas que xa comezaron a aplicar a perspectiva de xénero

nas súas políticas e intervencións urbanas e poden mostrar xa resultados

palpables desta práctica. O caso máis coñecido é o da cidade de Viena, que

desde os anos 80 avalía os efectos que distintos deseños de políticas

urbanas teñen sobre homes e mulleres, e en consecuencia dispón desde

catálogos de boas prácticas ata proxectos pilotos e intervencións

sistemáticas no ámbito urbano, converténdose en referencia internacional

en planeamento urbano con perspectiva de xénero.

En resposta a este marco europeo e español é preciso que Galicia conte

cun marco de apoio para mellorar a capacitación técnica, formación e

concienciación na perspectiva de xénero aplicada ao urbanismo e a

34139

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

arquitectura, a fin de incorporar o obxectivo da igualdade entre mulleres e

homes nos espazos urbanos e na ordenación urbanística. Un documento,

que impulse a obriga de integrar o enfoque de xénero en todas as fases do

proceso urbanístico, desde o deseño, a participación, a planificación e a

execución, ata a avaliación e o seguimento.

Documento dirixido a todos aqueles técnicos involucrados nos procesos de

creación de novos ámbitos urbanos ou rexeneración dos existentes, ben

sexan equipo dos concellos, profesionais da arquitectura, ou urbanismo e a

promoción inmobiliaria, así como demais expertos e expertas en ámbitos

urbanos.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar un documento

guía que sirva de base e ferramenta para todos os técnicos e técnicas

involucradas nos procesos de creación de novos ámbitos urbanos ou

rexeneración dos existentes, co fin de impulsar a obriga de integrar a

perspectiva de xénero en todas as fases do proceso urbanístico, desde o

deseño, a participación, a planificación e a execución, ata a avaliación e o

seguimento.

Pazo do Parlamento, 7 de xuño de 2017

Asdo.: María Luisa Pierres López

Raúl Fernández Fernández

Patricia Vilán Lorenzo

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

34140

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

María Luisa Pierres López na data 08/06/2017 17:03:08

Raúl Fernández Fernández na data 08/06/2017 17:03:13

Patricia Vilán Lorenzo na data 08/06/2017 17:03:19

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 08/06/2017 17:03:23

34141

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,

Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis

Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 3ª, relativa ás necesidades de

atención das persoas e colectivos afectados pola venda do Banco Popular.

Despois de semanas de incertezas e rumores arredor do futuro do Banco Pastor

confirmouse a súa venda ao banco Santander o pasado sete de xuño de 2017. Isto supón

un punto de inflexión importante no proceso de concentración e centralización do

mercado bancario que trae numerosas consecuencias no ámbito económico e financeiro.

Máis aínda, estes acontecementos sitúan a moitos galegos e galegas nun momento de

incerteza arredor de como se verán afectados e afectadas, tanto os usuarios de diversos

produtos financeiros como as persoas accionistas, por exemplo.

Cómpre lembrar que malia á desatención do goberno galego sobre este ámbito

de actuación, especialmente na esfera bancaria, Galiza posúe competencias exclusivas

en materia de consumo. Neste sentido, ao abeiro do Decreto 118/2016, do 4 de agosto,

creouse o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que posúe, entre as súas

funcións, as seguintes: no que veñen reguladas, como funcións do mesmo as seguintes:

- Orientar, formar e informar as persoas consumidoras e usuarias sobre os seus

dereitos e a forma de exercelos e de difundir o seu coñecemento.

34142

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2

- Promover e levar a cabo os estudos que permitan unha prognose adecuada da

problemática do consumo, así como levar a cabo ensaios comparativos, análises de

laboratorio e, en xeral, todos os procedementos técnicos que se precisen para o mellor

coñecemento dos bens, produtos e servizos que se oferten ao consumidor e usuario.

- Potenciar a mediación e a arbitraxe para a resolución dos conflitos en materia

de consumo, organizando e xestionando o funcionamento da Xunta Arbitral de

Consumo de Galicia.

Sen dúbida, a consumación da venda desta entidade bancaria traerá

consecuencias para moitos galegos e galegas aínda difíciles de concretar, pero todos os

indicios apuntan á súa magnitude. Abonda pensar, por exemplo, nas persoas titulares de

preferentes e de bonos convertíbeis e débeda subordinada, nas persoas accionistas, entre

as que se atopan pequenos accionistas mesmo procedentes dos propios cadros de

persoal das entidades, instados a adquirilas. Á vista deste escenario, a Xunta de Galiza

debe adoptar un papel proactivo e exercer as súas competencias.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG formula a seguinte

proposición non de lei para o seu debate na Comisión 3ª:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a:

- proceder á creación inmediata dunha oficina específica para atender ás persoas

afectadas polas recentes actuacións de concentración bancaria (especialmente

minoristas, pequenos accionistas e persoas que recentemente adquiriron produtos

financeiros...).

34143

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3

- elaborar un estudo, ao abeiro do Instituto Galego de Consumo, e coa

colaboración doutras entidades, sobre o impacto da venda do Banco Popular nas persoas

consumidoras afectadas directa e indirectamente así como as potenciais consecuencias

na calidade e suficiencia da atención dos servizos bancarios diante dun escenario de

reestruturación da atención.”

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Asdo.: Noa Presas Bergantiños

Olalla Rodil Fernández

Xosé Luis Rivas Cruz

Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Noa Presas Bergantiños na data 08/06/2017 17:06:46

Olalla Rodil Fernández na data 08/06/2017 17:06:50

34144

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4

Xose Luis Rivas Cruz na data 08/06/2017 17:06:53

María Montserrat Prado Cores na data 08/06/2017 17:06:56

Xosé Luis Bará Torres na data 08/06/2017 17:06:57

Ana Pontón Mondelo na data 08/06/2017 17:07:00

34145

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa das súas deputadas Paula

Quinteiro Araújo e Paula Vázquez Verao e do seu deputado Marcos Cal

Ogando, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5.ª.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Os puntos de encontro familiar atópanse regulados no Decreto 96/2014, do 3 de

xullo.

Constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o

cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente, que

ten por obxecto favorecer a relación entre as e os menores e as súas familias

cando nunha situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou calquera outro

suposto de interrupción da convivencia familiar, o exercicio do dereito de visitas

se vexa interrompido ou o seu cumprimento resulte difícil ou conflitivo.

A intervención dos puntos de encontro familiar terá carácter temporal e

desenvolverana profesionais nun lugar neutral e terá como obxectivo principal a

normalización da situación conflitiva.

Sen embargo a normativa de protección xurídica ás crianzas modificouse ca lei

26/2015 de 28 do xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a

adolescencia, que establece, no artigo 2 e 11, a primacía do interese superior do

menor.

34146

Por tanto, entendemos que resulta necesario fomentar que estes Puntos de

encontro familiar sexan de xestión directa pública, garantindo o benestar social, a

normal evolución das relacións das crianzas cos seus pais, avós ou outros

familiares, e garantir un acceso a estes servizos a toda a poboación que nalgúns

casos ten que recorrer grandes distancias ou agardar quendas, especialmente no

rural.

Ademais, resulta fundamental, que se faga unha diagnose exhaustiva sobre o

estado de todos os PEF.

Por iso, o grupo parlamentar de En Marea presenta a seguinte Proposición non de

lei:

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Que de crearse novos PEF sexan centros públicos e con xestión directa pola

Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 3 do Decreto 96/2014.

2. Garantir os principios reitores da acción administrativa nos PEF facilitando ás

crianzas a asistencia axeitada no exercicio dos seus dereitos, primando sempre o

seu interese superior, segundo o artigo 11 da Lei 1/1996 de 15 do xaneiro, de

protección xurídica das crianzas, e do artigo 4 do Decreto 96/2014, de 3 de xullo

que regula os puntos de encontro familiar de Galicia.

3.- Garantir con dotación orzamentaria suficiente o seu mantemento.

4.-Facilitar que todas as persoas, independentemente do lugar de residencia,

poidan acceder a estes con facilidade, prestando especial atención á situación que

existe no rural.

34147

5.- Realizar unha auditoría sobre a totalidade dos Puntos de Encontro Familiar

galegos de maneira que se actualice a información dos centros no que atinxe á

súa plantilla e cualificación, medidas de seguridade, idoneidade dos

equipamentos e modelos de xestión.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017.

Asdo.: Paula Quinteiro Araújo, Asdo.: Luís Villares Naveira

Paula Vázquez Verao Voceiro do G.P. de En Marea

Marcos Cal Ogando

Deputadas e deputado do G.P. de En Marea.

Asinado dixitalmente por:

Paula Quinteiro Araújo na data 08/06/2017 17:40:00

Paula Vázquez Verao na data 08/06/2017 17:40:09

Marcos Cal Ogando na data 08/06/2017 17:40:13

Luis Villares Naveira na data 08/06/2017 17:40:22

34148

34149

34150

34151

34152

34153

34154

34155

34156

34157

34158

34159

34160

34161

34162

34163

34164

34165

34166

34167

34168

34169

34170

34171

34172

34173

34174

34175

34176

34177

34178

34179

34180

34181

34182

34183

34184

34185

34186

34187

Á Mesa do Parlamento

Os Grupos Parlamentares de En Marea, dos Socialistas de Galicia e

do Bloque Nacionalista Galego, ao abeiro do disposto nos artigos 98 e 144 do

Regulamento da Cámara, solicitan á Mesa do Parlamento que se proceda á

tramitación de comparecencia urxente en Pleno do Presidente da Xunta de

Galicia, para analizar o impacto da liquidación definitiva do Banco Pastor após a

venda por un euro do Banco Popular ao Banco Santander, así como ás actuacións

que vai desenvolver o goberno galego para defender o emprego e a prestación de

servizos bancarios, e as actuacións para evitar a excesiva concentración bancaria

en Galiza así como a determinación das responsabilidades pola venda do Banco

Pastor e os efectos das sucesivas ampliacións de capital e a súa colocación a

pequenos investidores.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

Asdo.: Luís Villares Naveira

Portavoz do G.P. de En Marea

Xoaquín Fernández Leiceaga

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Ana Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Luis Villares Naveira na data 12/06/2017 18:03:28

Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 12/06/2017 18:04:49

Ana Pontón Mondelo na data 12/06/2017 18:09:31

34188

34189

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727