24
Páx. 4 Páx. 13 Marzo 2010 Nº 44 A Sudáfrica O país que ocupa o estre- mo meridional do continente africano está de actualidade polo próximo mundial de fút- bol. Porén, os seus reclamos naturais, nos que destacan os animais salvaxes como o guepardo, xa son suficien- te motivo como para pensar nunha expedición ata as súas cidades e reservas. O atletismo galego ten novos nomes que xa acadan resul- tados e que merecen un re- coñecemento . Neste número entrevistamos a unha atleta viguesa, do Comesaña, que destaca tanto no campo a través como na pista. VIAXE Sandra Mosquera DEPORTE A Facultade de Medicina de Santiago foi a sede do `I En- contro Galego de Mobilidade Europea’ que xuntou 300 ins- critos nunha xornada na que se puxo en común o papel que representan programas como `Xuventude en Acción’ ou o `Leonardo da Vinci’. Ensaiando nos locais Os locais de ensaio, que están espa- llados por toda a nosa xeografía, per- mitiron que naceran novos grupos no panorama musical. Repasamos as loca- lidades nas que se atopan estes espa- zos e as posibilidades coas que contan. Páx. 5 Páxs. 3 e 10 Páxs. 14 e 15 Diversión e medio Os `Roteiros para a Xuventude’ e `XuvenTur’ son dúas iniciativas da Dirección Xeral de Xuventude e Volunta- riado que xuntan o descanso, a práctica de múltiples mo- dalidades deportivas e o coñecemento do noso patrimo- nio natural e cultural. Con estes programas, a mocidade pode gozar de fins de semana en centros especializados ou casas de turismo rural, respectivamente, cun variado programa de actividades. Ademais, `Roteiros para a Xu- ventude’ e `XuvenTur’ permiten escoller o lugar para a estancia entre distintas posibilidades. Intercambiando experiencias

Boceto Infoxove

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Probas co ISSUU

Citation preview

Page 1: Boceto Infoxove

Páx. 4

Páx. 13

Marzo 2010Nº 44

A SudáfricaO país que ocupa o estre-mo meridional do continente africano está de actualidade polo próximo mundial de fút-bol. Porén, os seus reclamos naturais, nos que destacan os animais salvaxes como o guepardo, xa son suficien-te motivo como para pensar nunha expedición ata as súas cidades e reservas.

O atletismo galego ten novos nomes que xa acadan resul-tados e que merecen un re-coñecemento . Neste número entrevistamos a unha atleta viguesa, do Comesaña, que destaca tanto no campo a través como na pista.

VIAXE

Sandra Mosquera

DEPORTE

A Facultade de Medicina de Santiago foi a sede do `I En-contro Galego de Mobilidade Europea’ que xuntou 300 ins-critos nunha xornada na que se puxo en común o papel que representan programas como `Xuventude en Acción’ ou o `Leonardo da Vinci’.

Ensaiando nos locais

Os locais de ensaio, que están espa-llados por toda a nosa xeografía, per-mitiron que naceran novos grupos no panorama musical. Repasamos as loca-lidades nas que se atopan estes espa-zos e as posibilidades coas que contan.

Páx. 5

Páxs. 3 e 10

Páxs. 14 e 15

Diversión e medioOs `Roteiros para a Xuventude’ e `XuvenTur’ son dúas iniciativas da Dirección Xeral de Xuventude e Volunta-riado que xuntan o descanso, a práctica de múltiples mo-dalidades deportivas e o coñecemento do noso patrimo-nio natural e cultural. Con estes programas, a mocidade

pode gozar de fins de semana en centros especializados ou casas de turismo rural, respectivamente, cun variado programa de actividades. Ademais, `Roteiros para a Xu-ventude’ e `XuvenTur’ permiten escoller o lugar para a estancia entre distintas posibilidades.

Intercambiando experiencias

Page 2: Boceto Infoxove

Estamos máis que acostumados a escoitar -e ta-mén a dicir- que Galicia conta cun medio privilexia-do. Cada un de nós ten unha serie de lugares aos que lle ten especial agarimo: unhas fragas, a primei-ra praia que pisamos, unha pequena aldea nos An-cares, un recuncho agochado dun río, as illas ás que fomos de excursión cando eramos cativos co colexio, unha árbore merecente de aparecer no catálogo das senlleiras…

Neste Infoxove informamos de dúas iniciativas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: `Xu-ventur’, que ofrece estancias en casas de turismo ru-ral; e ‘Roteiros para a Xuventude’, catro posibilidades distintas para intensas fins de semana.

Se ben contan con diferenzas substanciais, un e outro programa coinciden en mesturar as actividades de lecer e deporte na natureza coa estadía en lugares privilexiados en canto a patrimonio natural.

Os mozos e as mozas galegos sempre tivemos un papel destacado no coidado do noso medio. Recicla-mos máis que os nosos maiores, e somos máis sen-sibles na loita contra a contaminación e contra a des-trución das paisaxes. Somos sempre os primeiros que levamos a bandeira da defensa do patrimonio natu-ral. E así debe ser.

Hai que conservar o noso medio, para recuncar e para que tamén poidan gozar del os que aínda non puideron. Pero ese patrimonio é unha porta aberta a outras posibilidades. Só temos que pensar en to-dos os visitantes atraídos pola chamada do verde e do azul, na hostalaría, nos novos establecementos que ofertan diversas posibilidades de ocio ao aire li-bre (‘paintball’, deportes acuáticos, hípica…). O noso patrimonio é unha oportunidade de emprego para a xente nova.

A defensa da natureza e a súa posta en valor, xa que logo, incúmbenos a todos. Porque é a nosa obri-ga moral, e tamén porque nos convén.

EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarEdificio de Traballo, 3º andarSan Lázaro, s/n15781 Santiago de Compostela

DIRECTOR:Ovidio Rodeiro Tato

director xeral deXuventude e Voluntariado

PRODUCIÓN E DESEÑO:Nós Comunicació[email protected]

MAQUETACIÓN E IMPRESIÓN:El Progreso, S.L.ISSN: 1886-3035Depósito legal: C-882-06

CONTACTA CON INFOXOVE:[email protected]ón Xeral de Xuventude e VoluntariadoEdificio de Traballo, 3º andarSan Lázaro, s/n 15781 Santiago de CompostelaTel.: 981 544 660Fax: 981 545 626

Editorial

O patrimonio natural, fonte de posibilidades

Sumario

05 Sandra Mosquera, a atleta do Comesaña que non para de sumar triunfos

04 No `I Encontro Galego de Mo-bilidade Xuvenil’ intercam-biáronse experiencias

21

08

06 Consellos e vocabulario útil á hora de asinar unha vivenda

08 O `Plan Galego de I+d+i’ incorporará 246 investiga-dores

09 Coñecemos en que consiste o Catálogo de árbores sen-lleiras de Galicia

10 `XuvenTur’ é o programa para vivir fins de semana en casas de turismo rural

11 `LAV 010’ en Vedra e encon-tro de coordinación entre ad-ministracións

12 Teatro no Baixo Miño e expo-sición de Belas Artes na cida-de de Pontevedra

13 A `Asociación Xuventude Galega en Europa’ (Xuga) peregrinou ata Santiago

14 Ímonos de expedición ata Sudáfrica

16 Repasamos a marcha de Vilal-ba, capital da Terra Chá

16

17 O CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela aposta polos xogos tradicionais

19 A caricia mental, por Paula Fernández Rico

11

07 Os equipos participantes no `Parlamento Xove’ amosan a súa valía

20 Fish Tank, Bioshock 2 e Rela-to dun estalido xordo, no an-del de novidades

09

21 Falamos con Niño y Pistola do seu último disco

20

Page 3: Boceto Infoxove

3Accións xuvenís

A todos nos presta pasar unha boa fin de semana, ache-gados á natureza e practican-do actividades máis ou menos espectaculares, sobre todo cando comeza a chegar o bo tempo. Unha opción para fa-celo, se se ten entre 18 e 30 anos, é o programa ‘Roteiros para a xuventude’ que orga-niza a Dirección Xeral de Xu-ventude e Voluntariado. Esta iniciativa ofrece catro roteiros distintos de venres a domingo cheos de posibilidades e, so-bre todo, de diversión para os máis de 1.000 mozos que se poden apuntar.

Son catro posibilidades distintas: `Roteiro pola Costa da Morte’; `Roteiro n’auga’; `Programa multiaventura’; e `Programa natureza e aven-tura’ que queren fomentar o coidado do ambiente e gozar das paisaxes en distintos con-tornas privilexiadas de Galicia. Cada unha delas teñen unhas características e requirimen-tos propios.

En marzo comezan as ac-tividades e alongaranse ata comezos de xuño, se ben xa é posible inscribirse. O prezo para os posuidores do Carné Xove e do Carné Máis é de 57 euros e, para o resto da xente, de 75. Pódense obter máis de-talles e formular as inscricións nos teléfonos 981 545937 / 545702 e 545822, en horario de mañá.

`Roteiros para a xuventude’, adrenalina e fins de semana a tope

Geocaching, kitesurf, bicicleta de montaña, visitas a faros, estrelas, bodyboard, navegación e orientación, paintball,

rocódromo, rutas en ATV e máis

Roteiro pola costa da Morte. O centro de actividades Nalú, en Caldebarcos (Carnota) é a base para esta opción que, dependendo das datas escollidas, conta con visitas por Serra de Outes, Muxía, Camariñas, Laxe, Cabana, Fisterra, Corcubión… para coñecer tradicións mariñeiras e faros. O que si é común a todos as súas fins de semana son as acti-vidades de náutica os domingos: surf, bodyboard, kitesurf e padellboard.

Programa multiaventura. Esta opción lévanos ao albergue de Pontemaril (Forcarei). Lecer, deporte na Terra de Montes con rutas en ATV (semellantes aos quads), visitas ao rocódro-mo, simulacións de caza con arco, geocaching, veladas obser-vando as estrelas, rutas en bicicleta de montaña…

Roteiro n’auga. O centro para esta oferta en relación co medio acuático e mariño é o albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa. Excursións en kayak de mar, visitas a bateas, embarcacións tradicionais a vela, bodyboard ou o coñecemento de diversas artes de pesca son parte dun menú máis que apetecible para o que hai que saber nadar.

Programa natureza e aventura. O contacto co medio e mesmo o desenvolvemento de habilidades para a subsisten-cia son a base desta posibilidade con centro en Kiriko Natura, en Fornelos de Montes. Non haberá tempo para o aburrimen-to con rutas a cabalo, tiro con arco, piragüismo, orientación a través de árbores e do sol ou coa interpretación de mapas e curvas xeolóxicas.

Page 4: Boceto Infoxove

4 Accións xuvenís

O pasado 20 de febreiro, as aulas e os corredores da Facultade de Medicina de San-tiago case quedaron pequenas para recibir os máis de 300 participantes no ‘I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea’, que resultou todo un éxito.

Ademais dos galegos, e como non podía ser doutro xei-to, a cita contou coa presenza de mozas e mozos doutras par-tes de Europa (Italia, Romanía, Bulgaria e República Checa) que chegaron a Galicia en ini-ciativas de mobilidade euro-pea.

A xornada deu moito de seu, e nela anunciouse que a Xunta de Galicia aumentará este ano nun 50% o orzamento destina-do á participación xuvenil. Des-ta maneira, o capítulo dirixido a sufragar as iniciativas xuve-nís das asociacións conta cun total de 675.000 euros fronte aos 450.000 euros investidos en 2009.

No encontro, onde se ex-puxeron as características dos principais programas de mobi-lidade da Unión Europea, Xu-ventude presentou unha guía que contén as experiencias acadadas pola mocidade que participou nos programa ̀ Leo-nardo da Vinci 2009-2010´ e `Xuventude en Acción´.

“Con esta publicación pretendemos render unha homenaxe ás asociacións e aos mozos e mozas que fixe-ron posible estas accións”, apuntou Ovidio Rodeiro, quen explicou que o libro recolle exemplos prácticos de como se pode enfocar a participa-ción dos colectivos xuvenís

‘I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea’

Mesmo antes de que comezasen as actividades, o recinto presentaba un gran aspecto. Fotos: César Martínez

A Xunta aumentará este ano nun 50% o orzamento destinado á participación xuvenil

nos programas de mobilida-de. “O obxectivo é conseguir que cada vez sexan máis as persoas interesadas en levar adiante proxectos enfocados aos programas de Xuventu-de en Acción e Leonardo”, subliñou. O director xeral de Xuventude engadiu, ademais, que a mobilidade xuvenil hai que entendela “non como unha mera participación pasi-va en excursións ou viaxes se-nón como a implicación efecti-va da mocidade na sociedade do lugar que elixa para des-prazarse”.

No ‘I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea’ analizáronse, ademais dos in-tercambios e iniciativas xuve-nís, o servizo de voluntariado europeo, os sistemas de apoio aos profesionais da informa-ción xuvenil e para asociacións e a cooperación europea cos países veciños, entre outros contidos.

Tamén se expuxeron os resultados acadados o ano pasado cos programas Leo-nardo da Vinci e ‘Xuventude en Acción’. No primeiro de-les, tomaron parte un total de 105 mozas e mozas galegos. Todos eles puideron realizar prácticas en empresas euro-

peas, ademais de aprender un idioma estranxeiro.

No programa Xuventude en Acción participaron, pola súa banda, máis de 170 mozos e mozas galegas que tiveron a oportunidade de coñecer outros países e culturas, men-tres que outras 230 persoas de Europa visitaron a Comuni-dade autónoma. Desta manei-ra, desenvolvéronse 31 proxec-tos de envío e 34 iniciativas de acollida.

Unha guía contén as experiencias da mocidade

que participou nos programas

`Leonardo da Vinci´ e

`Xuventude en Acción´

BOLSAS E AXUDAS

Axuda humanitariaConvoca: Fundación Pública Axencia Humanitaria Galega (FAHG).Contido: subvencións ás orga-nizacións non gobernamentais, entidades sen fins de lucro, co-munidades galegas no exterior, para a execución de proxectos de axuda humanitaria no exte-rior, priorizando proxectos de reconstrución en Haití.Requisitos: poderán optar a esta subvención as organiza-cións non gobernamentais e entidades sen fins de lucro, e comunidades galegas no exte-rior. Requisitos dos proxectos: a) ter unha duración máxima de 12 meses, e rematará a súa execución antes do 30 de de-cembro do ano en que se con-cede a subvención. b) Que se identifiquen contrapartes ou socios locais que participen na execución material do proxec-to e na xestión dos recursos. c) Que os proxectos redunden na mellora das condicións de vida das poboacións beneficiarias. d) Expor unha relación coherente entre os recursos utilizados, as accións que se van realizar e os resultados que se van acadar. e) Incluír un orzamento polo miúdo do proxecto.Prazo: convocatoria de carácter permanente ao longo do ano. As solicitudes dirixiranse ao Presidente da Fundación Públi-ca Axencia Humanitaria Gale-ga (rúa dos Feáns, 3º C, baixo, 15706 Santiago de CompostelaInforma: DOG nº 14, do 22 de xaneiro de 2010.www.cooperaciongalega.orghttp://www.xuventude.net/web/xuventude/asociacions

Actividades deportivas en Vila-garcía de ArousaConvoca: Concello de Vilagarcía de Arousa.Contido: subvencións a activi-dades deportivas extraordina-rias 2010. Requisitos: poderán acceder a estas subvencións os clubs ou entidades deportivas con sede social neste municipio e inscri-tos no rexistro, sen ánimo de lu-cro e con personalidade xurídica propia, que desenvolvan a súa actividade neste concello.Prazo: ata o 31/03/2010.Informa: Boletín Oficial da Pro-vincia de Pontevedra (BOP), núm. 8 do xoves 14/01/2010.http://www.bop.depontevedra.eshttp://www.xuventude.net/web/xuventude/lexislacioninte-rese/ordesesubvencions

72 proxectos de mobilidade

en 2009A mobilidade xuvenil

no ano 2009 acadou unha gran porcentaxe de partici-pación. Así, ao longo do ano pasado tomaron parte máis de 400 mozos e mozas nos 72 proxectos que se de-senvolveron a través dos programas `Xuventude con Europa’, o `Servizo Volun-tario Europeo’, a ̀ Xuventu-de no mundo’, ̀ Sistemas de apoio á xuventude’,` Apoio á cooperación europea no ámbito da xuventude’ e `Leonardo da Vinci’.

Page 5: Boceto Infoxove

5Deporte

BOLSAS E AXUDAS

Bolsas do Goberno Chino

Convoca: Ministerio de Educa-

ción da República Popular China.

Contido: convocatoria de bol-

sas do Goberno Chino para o

ano académico 2010-2011, 15

bolsas totais e 3 bolsas parciais

para cidadáns españois. O soli-

citante deberá ser universitario.

Prazo: ata o 15 de abril de 2010.

Informa: http://en.csc.edu.cn/

Lianhua/Default.aspx?cid=19

www.embajadachina.es

Os solicitantes poden atopar as

informacións das universidades

e centros docentes chinos que

aceptan bolseiros estranxeiros

en: http://en.csc.edu.cn/Lian-

hua/Default.aspx?cid=279

Persoas de contacto: Sra. DU

Yan Sra.LI Shiman. Oficina de

Asuntos Educativos. Embajada

de la República Popular China

en España. C/Matías Turrión 28,

1B. 28043 Madrid.Tel.: 913 88

39 88 Fax: 917 599 292.

embajadachinaeducacion1@hot-

mail.com

http://www.xuventude.net/

web/xuventude/ensino/bol-

saseaxudas

Actividades de inmersión lin-

güística

Convoca: Consellería de Educa-

ción e Ordenación Universitaria.

Contido: axudas en réxime de

concorrencia competitiva dirixi-

das ao alumnado para realizar

actividades de inmersión lin-

güística no ano 2010.

Prazo: un mes contado a partir

da súa publicación no DOG.

Informa: DOG nº 28, 11/02/2010.

Formación na Consellería de

Economía

Convoca: Consellería de Econo-

mía e Industria.

Contido: oito bolsas de forma-

ción na Dirección Xeral de Co-

mercio.

Prazo: un mes contado a partir

da súa publicación no DOG.

Informa: DOG nº30, 15/02/2010.

Situación de dependencia e de-

reito a prestacións

Convoca: Consellería de Traba-

llo e Benestar.

Contido: Decreto 15/2010, do

4 de febreiro, polo que se re-

gula o procedemento para o

recoñecemento da situación

de dependencia e do dereito ás

prestacións do sistema para a

autonomía e atención á depen-

dencia.

Informa: DOG nº 34, 19/02/ 2010.

—Cando comezaches a prác-tica deportiva do atletismo? Que é que te atrae dela?—Empecei a facer atletismo aos 12 anos, cando participei co meu colexio na carreira Castro-San Miguel de Vigo; alí estaba a miña actual adestra-dora, Oliva Román, que se puxo en contacto comigo para que empezase a adestrar con ela. Durante os primeiros anos fun compaxinándoo coa patinaxe, deporte que practicaba

desde os 5 anos e que máis tarde deixei para poder dedi-car máis tempo ao atletismo. Aínda non sei o que foi, pero este deporte enganchoume desde o principio, encántame correr, fágoo todos os días e cando me falta bótoo moito de menos.

—Desde cando formas parte do Comesaña Sporting Club?—Formo parte do Comesaña Sporting Club desde hai tan-

to tempo como hai que for-mo parte do atletismo,

acolléronme desde o principio da miña ca-

rreira e apoiáronme sempre en todo.

No Comesa-ña crecín

moito atleti-

camente e como persoa , ensináronme uns

valores que me axuda-ron a crecer como atleta.

—En que distancias estás es-pecializada?—Dedícome ao mediofondo e ao fondo porque aínda que a miña proba é o 1500 m en pista tamén preparo o cam-po a través no inverno; e grazas ao adestramento deses quilómetros podo correr tamén algo de fondo na pista (3000m, 5000m).

—Campo a través, aire libre, pista cuberta,

onde estás máis cómoda correndo? —Cómoda atópome en todas as superficies, pero gústame máis a pista ao aire libre;

ademais penso que é a superfi-cie onde o podo facer mellor e chegar lonxe de verdade neste deporte.

—Como é unha xornada nor-mal para ti? É unha disciplina sacrificada?—Eu estudo a carreira de Edu-cación Física en Pontevedra e desprázome todos os días desde Vigo para asistir a cla-se de 9 a 14; logo, pola tarde, adestro no parque de Castre-los ás 18:30 co meu grupo de adestramento e termino sobre as 21. Considero que o atletis-mo de fondo é unha disciplina que supón bastante sacrificio; pero tamén penso que, se che gusta correr, o fas de boa gana e ademais é algo que o atletis-mo che devolve en forma de bos resultados. Nese sentido o atletismo é agradecido, se ti lle dás, el sempre che devolve.

—Cales son os teus próximos retos deportivos a curto e me-dio prazo? Contas con partici-par no próximo Campionato do Mundo de cross 2010? Sería a túa terceira participación, cal sería ou teu obxectivo?—Pois este ano os meus obxec-

tivos centraranse nos campio-natos de España e en mellorar as miñas marcas na pista. É o meu primeiro ano na categoría promesa e non temos ningún internacional nela, no entanto intentarei meterme coa selec-ción para asistir ao campiona-to do mundo universitario de campo a través. Como non existe a categoría promesa no mundial de campo a través, ese será o meu obxectivo de cara ao inverno.

—Cal é a situación do cross en Galicia? Hai canteira es-table?—A verdade é que Galicia sempre foi unha terra de fon-distas, e ademais moi bos. Actualmente tamén hai xen-te moi boa en Galicia e con

moita calidade pero, des-graciadamente, somos moi poucos os que o practica-

mos e o atletismo galego está moi pobre e moi necesitado de xente.

Nas categorías menores si que vexo moitos nenos e nenas, e todos con moitas ganas de facelo ben; pero claro, o importante é que si-gan aí cando medren e que non o deixen, quedando polo camiño.

—Que nomes destacarías en-tre os dos atletas mozos?—Non me atrevería a dicir no-mes concretos, nos nenos as cousas cambian moito cando chegan ás categorías supe-riores. Agora quedan diante coas súas propias calidades pero cando son maiores xa hai que adestrar e sacrificar-se para chegar adiante, e iso non todos o soportan. Polo momento, vexo moitas nenas que apuntan boas maneiras e que se adestran o poderían facer moi ben.

—Botas en falta máis apoios por parte das administra-cións ou institucións? —Moitísimo, o atletismo está moi abandonado nese senti-do, non se ocupan moito dos seus deportistas, creo que se pode mellorar moito nese sentido

—Este ano saltas de catego-ría, como agardas o cambio?—Este ano paso de júnior á promesa, é un cambio moi importante porque xa corro coas sénior e sóbenme os quilómetros. A nivel galego parece que estou acostu-mándome ben pero a nivel nacional vai ser moito máis duro. Teño claro que esta categoría é unha etapa de transición na que terei que irme afacendo a correr coas maiores, preparándome para a sénior.

Máis informaciónhttp://www.comesana.org/

www.atletismogalego.com

Sandra Mosquera, futuro e presente do atletismo

Campioa galega de campo a través promesa e segunda na carreira absoluta; mellor promesa feminina na gala do atletismo galego; campioa galega absoluta en 1.500 lisos; sétima júnior no último europeo de cross, prata no español promesa

en 3.000 cubertos…

“Este deporte enganchoume

desde o principio”

Page 6: Boceto Infoxove

Coñeceuse recentemente que a compravenda de vivendas en Galicia volveu caer un ano máis respecto ao ano ante-rior, quedando en algo máis de 21.000 operacións, moi lonxe xa do boom do ladrillo. Pero o custo das hipotecas segue sen abaratarse e as restricións coas que nos atopamos para conseguilas, e para abonar as súas cotas todos os meses, son importantes.

Para aqueles que se queiran internar no mundo da hipoteca son momentos de facer moitos números: calcular o prazo de amortización, os xuros, o dife-rencial, períodos de carencia... E, sobre todo, visitar moitos bancos ata conseguila. Para aqueloutros que xa conviven con elas desde hai tempo son xa como un membro máis da fa-milia. E... hai que pórlle un prato na mesa. Non obstante moitos dos que xa xogaban na liga dos independizados agardaban con ilusión que ese prato fose máis pequeno grazas á caída dos ti-pos de xuro, que afectan direc-tamente ao valor do Euribor, ín-dice de referencia da

maioría das nosas hipotecas. Cal non é o chasco cando esa prometida rebaixa queda en nada. Nestes casos é cando acudimos aos bancos e eles, moi amablemente, nos indican que leamos con atención a letra pequena da nosa hipoteca.

É aí cando temos que familia-rizarnos con dous importantes conceptos, se non o fixemos antes: a data de revisión da hipoteca e as cláusulas teito/chan dos contratos de présta-mo hipotecario. Para ben ou para mal estas cláusulas esta-blecen cando e como se revisan as nosas cotas mensuais e cal é a referencia a ter en conta. Así, se a nosa revisión da hipoteca está establecida unha vez ao ano, en marzo por exemplo, só a partir dese mes veremos mo-dificada a nosa cota, sexa para pagar máis ou menos, reper-cutíndose toda a variabilidade que o valor do Euribor sufrira durante ese tempo intermedio.

No caso das cláusulas teito/chan estamos falando da can-tidade máis alta e máis baixa, respectivamente que podere-mos chegar a abonar mensual-

mente polo noso contrato hipotecario. Así, o TEITO ofrece unha limitación en canto ao tipo de refe-

rencia máximo a pagar, in-dependentemente do valor do Euribor, mentres que o CHAN será o mínimo. Como é lóxico,

unha limitación CHAN prexu-dícanos nestes momentos nos que os valores do Euribor es-tán máis baixos. Estas cláusu-las son moi habituais aínda que non sempre están presentes ambas (pode estar só chan ou só teito).

Por iso, moito ollo co que asi-namos e precaución coas cláusulas que nos establecen os bancos na concesión dos préstamos hipotecarios. É moi frecuente que estas entidades vinculen a hipoteca coa con-tratación de seguros de vida, de fogar ou plans de pensións que non son obrigatorios, pero que incrementan a nosa cota mensual.

Así que toca facer números, ler ben o contrato e, se hai dúbidas -que haberá- , é recomendable facer tantas consultas como sexa necesario. E, naqueles ca-sos onde xa está asinada, non todo está perdido. Convén es-tudar se é posible renegociar a hipoteca coa nosa entidade ou incluso acollerse á subro-gación, sempre que o beneficio final compense os gastos deri-vados da operación. Aínda hai entidades que ofertan a subro-gación a custo cero. Ánimo e a dárlle á calculadora!

Máis informaciónhttp://igvs.xunta.es/web/

6 Vivenda

Teito e chan da hipoteca, ollo coa

letra pequena

CURSOS

Cursos de lingua galegaConvoca: Consellería de Edu-cación e Ordenación Univer-sitaria.Contido: cursos preparato-rios, con carácter gratuíto, para a consecución dos cer-tificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4 para o ano 2010, en escolas oficiais de idiomas de San-tiago de Compostela, Ferrol, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo.Requisitos: os cursos van dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou a aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.Prazo: as solicitudes pode-ranse presentar na propia es-cola oficial de idiomas onde teña lugar o curso a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.Informa: DOG nº 19, 29/01/ 2010.

Probas de lingua galegaConvoca: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Conse-llería de Educación e Ordena-ción Universitaria.Contido: probas para a obten-ción dos certificados acredi-tativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. Neste ano 2010 realizaranse 3 con-vocatorias: en maio para Gali-cia, en outubro para América e en novembro para Galicia, resto do Estado español e Eu-ropa.Requisitos: destinado a per-soas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de fi-nais do ano 2010, nacionais ou estranxeiras.Prazo: para a convocatoria de maio, ata o día 25 de marzo. Para a convocatoria de outu-bro, ata o 30 de xuño. Para a convocatoria de novembro, ata o día 8 de outubro.Datas: realización das probas: convocatoria de maio: Celga 4: 22 de maio. Celga 2: 23 de maio. Celga 3: 29 de maio. Celga 1: 30 de maio. Convoca-toria de outubro: Celga 4: 7 de outubro. Celga 2: 7 de ou-tubro.Celga 3: 8 de outubro. Celga 1: 8 de outubro. Convo-catoria de novembro: Celga 4: 20 de novembro. Celga 2: 21 de novembro. Celga 3: 27 de novembro. Celga 1: 28 de novembro.Informa: DOG nº 25, do 8 de febreiro de 2010.

Amortización Pago que se realiza para a de-volución dun préstamo. O pra-zo de amortización é o período de tempo fixado para a devolu-ción do préstamo hipotecario. Ampliación de hipotecaNomeado tamén como “no-vación”, consiste en variar algunha das cláusulas que con-tén coma, por exemplo, o tipo de interese, o diferencial ou o importe. Á hora de barallar facermos unha ampliación de-bemos avaliar se é mellor a su-brogación; isto é, a formaliza-ción doutra hipoteca con outra entidade financeira e cunhas condicións máis vantaxosas.

Carencia Período, dentro da vida dun préstamo, no cal só se pagan intereses e non se amortiza capital. Fálase de carencia to-tal para o período do préstamo no que non se pagan intereses nin capital. Actualmente os préstamos hipotecarios con-templan esta posibilidade e es-tablecen un período de caren-cia se o cliente así o solicita.

Diferencial É a marxe ou porcentaxe que se suma ao valor do índice que se ten pactado coma re-ferencia (euríbor, mibro, IRPH de caixas, bancos, CECA...) no momento da revisión do tipo de interese, un préstamo hipo-tecario contratado a tipo va-riable ou mixto. Se un cliente ten contratado un préstamo hipotecario ao euríbor máis 1 punto e o euríbor está no 4,5%, o novo tipo de interese do crédito será o 4,5% máis 1%, isto é o 5,5%. É imprescin-dible contrastar nas diferentes ofertas do mercado e negociar coas entidades financeiras para tirar as condicións o máis vantaxosas posibles.

EuriborÍndice de referencia de moitas das nosas hipotecas. Ata de-cembro do ano pasado, os va-lores víñanse publicando preto do día 20 de cada mes pero desde 2010 a cifra faise públi-ca entre o 1 e o 5 de cada mes.

Subrogación Supón o cambio da entidade financeira ante a cal se asume o pago. Existen dous xeitos de subrogar: subrogación con cambio de entidade financeira, no caso de que o prestatario cambie o préstamo a outra en-tidade con mellores condicións -só permite a variación dos tipos de interese, debéndose respectar as restantes condi-cións do préstamo-; e subro-gación por asumir obrigas xa contraídas. É habitual cando se merca unha vivenda directa-mente ao promotor da mesma.

Vocabulario para non iniciados

Page 7: Boceto Infoxove

folio cada un con letra tipo Times New Roman sen com-primir, tamaño 12 e interliña-do 1,5. Cada artigo levará un título propio, estará asinado polo seu autor (detallando o centro ao que pertence) e en-tregarase en formato dixital.

Por certo, os mellores re-latorios terán o seu espazo en vindeiros números do In-foxove, e tamén na web do Parlamento Xove.

Logo chegará o momento dos debates e esa gran final que non poderá ter mellor localización: nada menos que o propio Parlamento de Galicia! A Mesa do Parla-mento amosouse encantada coa idea de ceder as súas instalacións o 24 de abril para esa sesión definitiva.

Lembramos os premios. O equipo gañador desta I edición acadará unha viaxe sorpresa e un Notebook para todo os membros do conxunto; Notebook que ta-mén levaran os que se en-fronten a eles no último de-bate, na final. Os estudantes que elaboren o mellor rela-torio de investigación te-rán unha videoconsola para cada un. O autor individual do mellor artigo terá un Notebook, e os seus cinco colegas restantes un disco duro portátil.

7Accións xuvenís

Os aprendices de Séneca están seguindo con interese a marcha do `Parlamento Xove’, un proxecto que quere axudar a mellorar as capaci-dades e o uso da retórica en-tre os alumnos de 4º da ESO e de 1º e 2º de bacharelato dos centros de ensino de Ga-licia. O certame suma unha serie de actividades que te-ñen como fío común debater en galego sobre a temática exposta.

Pouco a pouco van rubíndo-se os seus chanzos. O primeiro misterio en resolverse foi a te-mática do certame, a cuestión sobre se o uso de redes sociais e novas formas de comunica-ción entre os adolescentes: une ou separa? Unha polémica de plena actualidade e na que os novos teñen moito que dicir.

É necesario destacar que se realizou unha reestruturación do calendario de competición, escoitando así a petición den-de os centros. Ata o 15 de mar-zo é posible a entrega tanto dos artigos como do dossier de investigación pero, aínda que a data é a mesma, os en-víos deben ser independentes.

Xa que logo, cada equipo formado por 6 alumnos e un profesor entregou, ou entre-gará, dous artigos de opinión elaborados por cada un dos “redactores” con posicións opostas: un defenderá a pos-tura a prol e outro defenderá a postura en contra do tema proposto, é dicir, un artigo defenderá a tese de que o em-

Tras as numerosas peticións realizadas polos institutos, a organización determinou facer un relevante cambio no calendario que afecta ao período de inscrición e ás datas de entrega de artigos. O período de inscrición remata o luns, 1 de marzo e os artigos pode-

rán entregarse conxuntamente co dossier ata o 15 de marzo.

Os mellores artigos sairán publicados no

Infoxove

prego das redes sociais e no-vas formas de comunicación serven para unir á socieda-de mentres que o outro expo-rá a opinión oposta.

Os requirimentos marcan como extensión máxima un

CURSOS

Graduado en educación secun-

daria para persoas integradas

nas Forzas Armadas

Convoca: Dirección Xeral de

Educación, Formación Profe-

sional e Innovación Educativa

da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria.

Contido: convocatoria de pro-

bas extraordinarias para a ob-

tención do título de graduado

en educación secundaria para

persoas que estean integradas

nas Forzas Armadas.

Prazo: a matrícula efectuara-

se na secretaría do centro IES

Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol

durante os días 10, 11 e 12 de

marzo.

Datas: as probas realizaranse

en sesións de mañá e tarde o

día 26 de marzo.

Informa: DOG nº 31, do 16 de

febreiro de 2010.

Aprendizaxe de idiomas no

estranxeiro

Convoca: Over the Rainbow

Language Centre. Vigo.

Contido: cursos de idiomas,

traballo ou prácticas pro-

fesionais e estancias como

au pair en Europa e Estados

Unidos. Esta empresa organi-

za directamente todo tipo de

programas de aprendizaxe de

idiomas no estranxeiro ofre-

cendo asesoramento gratuíto

durante toda a estancia.

Informa: Over the Rainbow.

Rúa Tomás Paredes, 16,

36208 Vigo. Tel.: 34 986 246

141. Fax: 34 986 120 105.

www.otrenglish.com

www.otridiomas.com

[email protected]

Animadores

Convoca: Dezdedez [10D10].

Contido: esta empresa está

interesada en contactar con

mozos creadores, animado-

res, pallasos, magos, humo-

ristas, actores... para traba-

llos puntuais.

Prazo: todo o ano.

Informa: Dezdedez. Maxis-

trado Manuel Artime, 26 - 1º

esquerda, A Coruña, tel. 981

140 045.

[email protected]

OFERTAS DE TRABALLO PRIVADO

O `Parlamento Xove’ vivirá o seu cénit…no Parlamento de Galicia

Máis informaciónwww.parlamentoxove.com

Como se desenvolverán os debates?

A postura a favor será a que comece o debate. As quen-das de participación dos equipos durante os debates segui-rán esta orde:

AF (A favor) Exposición inicial: 5 minutos. EC (En contra) Exposición inicial: 5 minutos. AF refutación: 4 minutos. EC refutación: 4 minutos. AF refutación: 4 minutos. EC refutación: 4 minutos. AF refutación: 4 minutos. EC refutación: 4 minutos. EC conclusións: 3 minutos AF conclusións: 3 minutos. Duración total do debate: 40 minutos.

Do 1 ao 15 de marzo de 2010: inscrición en Parlamento Xove

Do 1 ao 15 de marzo: entrega de artigos e do dossier.

26 de marzo: anuncio dos 8 equipos que pasan á fase de debates.

24 de abril: fase final: debate no Parlamento de Galicia.

Toma nota...

Calendario

Page 8: Boceto Infoxove

8 Reportaxe

Sangue novo para o I+D+iAs tres universidades,

xunto con centros de inves-tigación e institucións non universitarias sen ánimo de lucro, serán os destinos dos preto de 250 novos in-vestigadores e tecnólogos que van poder incorporase ao mundo laboral grazas á financiación achegada pola Consellería de Economía e Industria, en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE). En total serán preto de 16 millóns de euros inves-tidos para fornecer estes centros dos investigadores que precisan, con todos os seus dereitos laborais e non mediante bolsas.

En concreto, Economía e Industria subvenciona a contratación de 190 in-vestigadores e tecnólogos para as tres universidades galegas, cun investimento de 12,2 millóns de euros. O resto dos profesionais, ata chegar a 246, incorpora-ranse grazas as axudas xes-tionadas pola Dirección Xe-ral de I+D+i, o que permitirá que leven adiante tarefas de innovación e desenvolve-mento.

A contratación destes no-vos recursos humanos encá-drase no marco do Plan Gale-go de I+D+i, a través do cal a Xunta transfire estes fondos a cadanseu organismo cien-tífico para que sexan eles os que realicen as contrata-cións en función das súas ne-cesidades específicas.

A Xunta inviste preto de 16 millóns de euros para incorporar 246 novos investigadores e tecnólogos á Rede galega de investigación e desenvolvemento

Au pair, estudos e traballoConvoca: Feedback Galicia. San-tiago de Compostela.Contido: ofrece as seguintes posibilidades:-Aprender idiomas de forma natural convivindo con familias nativas. Prazo: de 6 a 8 semanas de an-telación durante o ano. En abril para as estadías de 3 meses no verán.-Traballo na hostalaría no Rei-no Unido e Irlanda. Con ou sen aloxamento. É necesario ter co-ñecementos de inglés, valorara-se experiencia. Todo o ano.-Estadía combinada de asisten-cia a clases con traballo remu-nerado na hostalaría en Inglate-rra, Dublín e Alemaña. Informa: Feedback Galicia. R/ Feáns, 15 baixo-A, 15706 Santia-go de Compostela, A Coruña, tel. 981 590 220. Fax: 981 590 213. http://www.galeon.com/feed-backgalicia.

Au pair e traballo no estranxeiroConvoca: American-Link.Contido: -programas de au pair e traballo no estranxeiro: Traba-llo remunerado en Inglaterra. Au pair en Estados Unidos, solicitu-des mínimo tres meses antes da data da partida. Au pair en Irlan-da, solicitudes con antelación.-Programas de idiomas para adultos: programas especiais, idioma e prácticas de traballo, traballo remunerado.-Programas en familia para ra-paces de 8 a 17 anos.Informa: American-Link. Vía Augusta, 127, 08006 Barcelo-na, tel. 932 008 888, fax: 932 002 110.pilar@american-link.comwww.american-link.comwww.golinking.com

Animadores de lecer e tempo libreConvoca: Programa Galicia Le-cer - Vida Láctea, S.L.U.Contido: mozos e mozas, con ou sen experiencia, no eido do montañismo, sendeirismo, guías turísticos, animadores socio-culturais, monitores de tempo libre, humoristas, actores, palla-sos, contacontos...Prazo: todo o ano.Informa: Vida Láctea, S.L.U. Avda. de Compostela, 25 – BJ. 27620 Samos (Lugo). Tel.: 629 023 [email protected]@gmail.com

OFERTAS DE TRABALLO PRIVADO

Investimento da Xunta no

Plan Galego de I+D+i

María Barbeito ........ 2.9 millóns

Ángeles Alvariño .... 3.6 millóns

Isidro Parga Pondal 3.3 millóns

Manuel Colmeiro..... 1.7 millóns

Lucas Labrada.......... 1.5 millóns

Isabel Barreto ......... 2.7 millóns

Cadro resume

O obxectivo final do Plan Galego de I+D+i é incrementar o persoal especializado. O Plan establece dúas carreiras: a científica e a tec-nolóxica, estruturadas á súa vez en diferentes subprogramas:

Carreira científicaPrograma María Barbeito: dirixido a inves-

tigadores en formación. Ofrece axudas pre-doutorais de investigación en Galicia. Nesta fase, 73 investigadores poderán preparar o seu doutorado cun salario anual de 20.440 euros/ano durante un máximo de dous exercicios.

Programa Ángeles Alvariño: dirixido a in-vestigadores doutorados recentemente. Nes-ta convocatoria, 43 novos doutores poderán incorporarse a centros de investigación cunha subvención máxima de 28.000 euros durante tres anos.

Programa Isidro Parga Pondal: orientado a aqueles doutores que xa teñan acreditado unha formación investigadora anterior. Nesta quen-da contrataranse 31 doutores para a súa incor-poración no Sistema Galego de Innovación.

Programa Manuel Colmeiro: centrado na consolidación de investigadores de alto nivel. A actuación neste programa centrouse en garan-tir a continuidade de 13 investigadores destas características na convocatoria de 2009 aos que se lle engadirán outros 16 para a convo-catoria deste ano. A este programa úneselle a concesión por parte de Economía e Industria de 15 axudas cun investimento de 1,95 millóns de euros.

Carreira tecnolóxica:Programa Lucas Labrada: dirixido á for-

mación e á especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxec-tos de I+D+i. Nesta convocatoria financiaran-se 39 prazas cunha duración de dous anos de contrato.

Programa Isabel Barreto: está destina-do á incorporación de tecnólogos a través de contratos de dous anos de duración. En total poderanse formalizar 45 novos contratos cun salario bruto que oscilará entre os 24.000 e os 36.000 euros.

Distintos nomes, un mesmo obxectivo

Máis informaciónhttp://www.conselleriaiei.org/ga/dxidi/index.php

Educación habilita máis de 3.000 prazas para estudar idiomas

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con-vocou un total de 3.077 bolsas para estudantes que queiran realizar actividades de apren-dizaxe de linguas estranxeiras durante este 2010. Esta cifra supón un incremento do 16% respecto a 2008. A dotación das achegas para mellorar os coñecementos en inglés, fran-cés e alemán é de algo máis de 3,8 millóns de euros, investi-mento que permitiu acadar a ci-fra máis elevada de prazas des-de a creación dos programas.

Os destinatarios son os alumnos e alumnas de pri-maria, secundaria e bacha-relato que están a cursar os seus estudos en centros educativos sostidos con fon-dos públicos de Galicia. Para poder optar a estas axudas será preciso, ademais, ter superadas todas as mate-rias do curso 2008-2009 e que os estudantes acrediten unha cualificación mínima na lingua estranxeira que se vai perfeccionar durante a estadía.

Das máis de 3.000 prazas, algo máis da metade, 1852, serán para estadías en países estranxeiros. Entre os desti-nos están Canadá (320 prazas para inglés, 100 para francés), Irlanda e Reino Unido (1.120), Francia (300) ou Alemaña (12). A duración dos cursos oscilará entre as dúas e as catro sema-nas, segundo o curso escollido.

O resto terán a oportu-nidade de mellorar as súas aptitudes en inglés ben sexa con estancias nun “Pobo In-glés”, en distintas comuni-dades autónomas (395 pra-zas) ou a través de cursos en Galicia (895). Os custos que deberán asumir as fami-lias oscilarán entre os 60 e os 350 euros.

Como novidade para este curso, Educación estableceu a realización de cursos du-rante o primeiro trimestre de 2010-2011, a maiores dos que xa se desenvolvían habitual-mente entre xuño e finais de agosto.

Máis informaciónhttps://www.edu.xunta.es/

axudasle

Page 9: Boceto Infoxove

9Reportaxe

A Araucaria do Brasil de Caldas de Reis, a Sobreira de Siador de Silleda, o Avó do Eucaliptal de Chavín (Viveiro) ou o Carballo Fastixiado do Xardín Histórico de Padrón son algo máis que nomes de árbores. Baixo as súas pólas celebráronse vodas e feiras, misas e romarías. Son exem-plares senlleiros non só polo seu valor como exempla-res lonxevos da súa especie senón pola súa relevancia etnográfica e a súa significa-

Árbores con nome propioO Catálogo de Árbores

Senlleiras de Galicia, auspiciado desde 1997 pola Consellería de

Medio Ambiente, xa ten clasificado

máis de 130 exemplares

ción histórica e cultural para as xeracións de homes e mulleres que as tiveron como referencia do seu universo. Son árbores, en definitiva, con nome propio.

Para garantir que as xe-racións futuras poidan seguir vendo medrar estes exempla-

res, a Xunta de Galicia artella desde 2007 o Catálogo de Arbores Senlleiras de Gali-cia. A Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio administra o seu funcionamento e a inclusión das árbores no catálogo, que quedou regulada mediante de-creto. Nel establécese a pro-tección daqueles exemplares que polas súas excepcionais características de porte, ida-de e significación histórica e cultural para a poboación, así como polo seu valor estético, son merecedoras de medidas de protección especiais.

Esta nova ferramenta am-plía as medidas de conserva-ción dos habitas naturais que se viñan desenvolvendo. E así, co Catálogo de Árbores Sen-lleiras, dáse un paso máis na conservación destes exempla-res, abrindo a posibilidade de incluír nel aquelas árbores ou formacións singulares, sexan de especies autóctonas ou foráneas situados en terreos públicos ou privados, coa fi-nalidade de evitarlles posibles riscos e ameazas.

Hoxe están cataloga-dos máis de 100 árbores e preto de trinta formacións destacadas, algunhas delas tamén amparadas baixo o re-coñecemento de Monumen-to Natural como o Souto de Rozabales (Manzaneda), a Fraga de Catasós (Lalín) ou o Souto da Retorta (Viveiro). Trátase, en definitiva, de que estas pequenas xoias non queden afogadas polo as-falto ou a urbanización sen control, que tantas veces xa se teñen levado por diante outros exemplares das súas características.

Máis informaciónRelación de exemplares catalo-

gados:

http://medioambiente.xunta.

es/espazosNaturais/bio_lista_

senlleiras.jsp

Decreto 67/2007, do 22 de

marzo, polo que se regula o Ca-

tálogo Galego de Árbores Sen-

lleiras: http://www.xunta.es/

Dog/Dog2007.nsf/FichaConte-

nido/D506?OpenDocument

FotografíaConvoca: IES Monelos da Co-ruña.Contido: VI Concurso de Foto-grafía Xurxo Lobato.Requisitos: dirixido ao alum-nado da ESO de Galicia. A te-mática é libre. As fotografías poden presentarse en branco e negro ou a cor e un máximo de tres fotos por participan-te, o tamaño da obra será de 18x24 cm. Deberá enviarse a: V Concurso de Fotografía Xur-xo Lobato. IES Monelos. Rúa Montes 62. 15009 A Coruña.Prazo: ata o 14 de abril.Informa: IES Monelos, teléfo-no: 981 286 [email protected]://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

LiteraturaConvoca: Colexio Peleteiro.Contido: 38º premio literario Minerva.Requisitos: dirixido a alumnos de 3º e 4º da ESO e bachare-lato de Galicia que non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2010. Os traba-llos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e poderán concorrer nas seguintes modalidades: poesía e narración.Prazo: enviaranse ata o 23 de marzo a: “Premios literarios Minerva”, Colexio M. Peletei-ro, Monte Redondo-Castiñeiri-ño, 15702 Santiago.Informa: Colexio Peleteiro, te-léfono 981 591 475.www.peleteiro.comhttp://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

CurtametraxesConvoca: Concellaría de Xu-ventude do Concello de Car-tagena e a produtora audiovi-sual Ala Deriva Films.Contido: II Certame de cur-tametraxes para menores de idade Límite 18. Os traballos deben estar en castelán ou subtitulados ao castelán e a copia presentarase en DVD.Prazo: ata o 15 de marzo de 2010. De entre as obras reci-bidas o xurado seleccionará dous finalistas e un gañador, que recibirá 500 euros.Informa: tel.: 690 819 [email protected]/ www.aladerivafilms.comhttp://muchomasmayo.com/2010/

PREMIOS ECONCURSOS

Esta protección estén-dese á súa contorna máis inmediata e afecta tamén os seus propietarios, que poderán contar con axu-da oficial para coidalos mediante programas de xestión e recuperación do contorno. Esta liña de con-

servación valora especial-mente o valor antropolóxi-co e cultural de exemplares e establece que todos os proxectos que pretendan levarse adiante na súa con-torna deberán contar coa autorización administrati-va previa.

Que implica a catalogación?

O Souto da Retorta, en Viveiro, conta cun destacado exemplar coñecido como o

Avó de Chavín.

O denominado Comité das Árbores Senlleiras, de ca-rácter consultivo, é o encargado de avaliar as caracte-rísticas do exemplar para o que se solicita a inclusión no catálogo, unha solicitude que soe vir da man de concellos ou entidades privadas. A inclusión neste catálogo como Árbore Senlleira supón que o exemplar queda protexido a todos os efectos, o que implica a prohibición de calquera acción que poida afectar á súa integridade.

Quen decide se un exemplar é senlleiro?

Page 10: Boceto Infoxove

Queres achegarte ao mun-do rural? Facer unha escapa-diña de fin de semana para cargar as pilas? Pois pode ser que `XuvenTur’ sexa o que precises.

`Xuventur’ é o programa con actividades de lecer e tempo libre especialmente pensado para a xente nova, que se levará a cabo en dife-rentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxun-tamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral para o Turismo.

10 Accións xuvenís

‘XuvenTur’: casas rurais e actividades de tempo libre

Máis informaciónwww.xuventude.net

Telf. 902 152 535

Aloxamento en casas de turismo rural, en habitacións dobres cunha ou dúas camas.

Manutención (venres: cea; sábado: almorzo, xantar e cea; e domingo: almorzo).

Transporte das persoas que participan desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades duran-te a xornada do sábado e do domingo.

Materiais e programa de actividades con monitores.

O programa inclúe

O programa ofrece un amplo menú de posibilidades nos meses de abril, maio e xuño

Así, nel poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude, que terán que en-cargase do desprazamento de ida e volta ata a casa ru-ral correspondente. En cada unha delas haberá entre 22 e 25 prazas. O prezo é de 100 euros por praza, inda que quen teñan carné xove ou carné máis terá un desconto do 25%.

Hai un total de 13 progra-mas distintos e, dependendo do que escollamos, teremos

un amplo abano de activida-des para compatibilizar co descanso e o descubrimento do patrimonio natural e cul-tural da contorna: rutas a ca-balo, kayak, xogos populares, paintball, tiro con arco, geo-caching, bicicleta de monta-ña, sendeirismo, padellboard, surf, espeleoloxía, escalada, rol ao vivo, astronomía didác-tica, rafting, city chase...

E onde podemos ir? Pois

cada programa abrangue varios lugares de interese e aprovéitase das súas posibi-lidades de lecer ao aire libre.

Na provincia da Coruña: Ribei-ra, Rianxo, Padrón, Rois, Ca-toira, Ames, Arzúa, Monfero, Paderne, Miño, San Sadurni-ño, Vilamaior, A Capela, Cee, Muxía, Cabana e Outes; na de Pontevedra, Cangas, Moaña, Cotobade, Vilaboa, Crecente, Arbo, Mondariz, Ponteareas, Oia, Tomiño, A Estrada, Cer-dedo, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces, Agolada e Lalín; na provincia de Lugo, Quiroga, Trabada, Ribadeo, Viveiro, Cervo, Foz, Mondoñedo, Ba-rreiros, Cervantes, Becerreá, Navia de Suarna, A Proba do Brollón, Monforte de Lemos,

Pantón, Bóveda, O Incio, Ta-boada, O Saviñao; e, por úl-timo, en Ourense hai oferta en casas de Rairiz de Veiga, Celanova, Ramirás, Entrimo, Lobios, A Veiga, Allariz, No-gueira de Ramuín, Esgos, Pe-reiro de Aguiar, Montederra-mo, Castro Caldelas, e Parada do Sil.

Así, quen se apunte a esta iniciativa poderá coñecer un pouco mellor a riqueza na-tural e cultural de Galicia, aloxándose con todas as co-modidades nun establece-mento de turismo rural.

Page 11: Boceto Infoxove

11Cultura

As dúas últimas fins de se-mana de febreiro tivo lugar o `LAV 010 – Xornadas de for-mación e Mostra Audiovisual de Vedra’, na localidade que lle dá nome, coa sensacional cifra de 202 inscritos nas súas distintas actividades, como os 16 cursos, nos que non ficaron prazas baleiras. En total, 230 persoas impli-cadas nunha iniciativa que foi todo un suceso…

A organización correu a cargo da asociación Sen-unpeso producións que, en verbas do seu presidente Abelardo Rendo, “procurou

O audiovisual citouse en VedraO LAV, organizado pola asociación Senunpeso, xuntou máis de 200 persoas

consolidar o traballo das an-teriores edicións e afondar no carácter formativo das xornadas, potenciando a súa condición de escaparate de traballos audiovisuais produ-cidos en Galicia”.

As xornadas constaron de dúas liñas de actividade diferenciadas e complemen-tarias: unha mostra de curta-metraxes (con realizadores galegos, exemplos de making off…) e a faceta de obradoi-ros de formación audiovisual, pensados para todos aqueles que se achegaban por primei-ra vez ás cámaras.

Houbo accións especial-mente preparadas para o alumnado de ESO que tive-ron lugar no CPI da localida-de; o centro foi colaborador da organización, ao igual que a Concellería de Cultura ve-drense, a Dirección Xeral de Xuventude de Voluntariado, a Secretaría Xeral de Medios da Xunta e a Consellería de Educación.

A aposta, ao realizala en Vedra, resulta clara: “que-remos mostrar o noso con-cello pero tamén demostrar que no rural tamén se poden facer propostas alternati-

vas, orixinais e de calidade; ao igual que se poden facer nunha cidade. Incluso, en moitos aspectos, o rural ten moita máis vitalidade que as cidades, a nivel de propostas culturais. É a nosa humilde e digna maneira de dicir que o rural tamén existe. Por outra banda, facelo nun pequeno concello dálle unha c a r a c -terísti-ca es-p e c i a l , c o m o máis fami-liar, máis de c o m p a ñ e i -rismo, máis relaxado, lonxe dun certo ofi-cialismo e aca-d e m i c i s m o que ao me-llor se pode respirar en outros ac-tos simi-lares que se cele-bran nas c i d a -des”.

Os directores xerais de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovi-dio Rodeiro e do Instituto de la Juventud do Gober-no Central, Gabriel Alcon-chel, reuníronse nunha xuntanza de traballo na que repasaron as accións que se levan a cabo en Galicia dentro do progra-ma europeo `Juventud en Acción’, que xestionan conxuntamente as dúas administracións.

Ovidio Rodeiro e Ga-briel Alconchel reuníronse tamén cos voluntarios eu-ropeos que participan en iniciativas como `Juven-tud en Acción’ de diversas asociacións e administra-cións. O director xeral do Injuve tamén foi informado do programa `Eu Camiño’.

Coordinando esforzos

Ovidio Rodeiro e Gabriel Alconchel, na xuntanza

Senunpeso naceu no 2006 como pequena produtora audiovisual para facer dis-tintos formatos do audio-visual; no verán do 2009 converteuse en asociación cultural sen ánimo de lucro para, entre outras cousas, facer o LAV 010. Conta con

47 socias e socios.

Os asistentes participaron en 16 cursos, entre outras actividades

Máis informaciónhttp://www.senunpeso.org/

Page 12: Boceto Infoxove

12 Cultura

A Facultade de Belas Artes inaugura “Cada paso conta”

A Facultade de Belas Ar-tes de Pontevedra conta co seu propio espazo expositi-vo, a ‘Sala X’, no que actual-mente se pode visitar a mos-tra “Cada paso conta”.

Trátase dunha selección comisionada por Javier Díaz-Guardiola e que recolle obras de artistas novos como Lo-reto B., Carlos Fernández-Pello, Javier Fresneda, Julio Galeote, José Enrique Mateo León, Guillermo Mora, Jesús Pedraza Villalba, Paloma Polo e Daniel Silvo.

Tal e como indica o co-misario no catálogo da ex-posición, todos eles teñen varias cousas en común: “non adscribirse a ningunha disciplina, mesturalas todas sen complexos e depositar a súa mirada en gran me-dida no máis próximo, nun desexo de transcender ex-periencias íntimas e cotiás

Cooperativismo en GaliciaConvoca: Consello Galego de Cooperativas, pertencente á Consellería de Traballo e Be-nestar.Contido: IX Premios á coope-ración.Requisitos: poderán optar a estes premios as cooperati-vas e as persoas físicas ou xu-rídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativis-mo na Comunidade Autónoma galega.Prazo: ata o 31 de maio.Informa: DOG nº 32, do 17 de febreiro de 2010.

Festival internacional de cur-tametraxesConvoca: Concello de Bueu.Contido: 3ª edición do Festi-val Internacional de Curtame-traxes de Bueu.Prazo: ata o 15 de xuño.Datas: o festival celebrarase dende o 6 ao 11 de setembro.Requisitos: a participación está aberta a todas as obras realizadas a partir do 1 de xa-neiro de 2007, podendo con-correr creadores de calquera nacionalidade. Poderán pre-sentarse obras de calquera xénero, exceptuando o docu-mental, a causa da imposibi-lidade de facer unha valora-ción competitiva coa ficción. As obras terán unha duración máxima de 30 minutos. Aque-las cuxo idioma non sexa o galego ou o castelán deberán estar subtituladas a algún de-les. A película poderá estar rodada en calquera formato, sendo a única esixencia o po-suír unha copia en DVD para a súa proxección. Cada parti-cipante poderá presentar tan-tas obras como desexe.De entre todas as curtame-traxes recibidas serán selec-cionadas 25, as cales serán anunciadas a través da web do festival o 15 de xullo. A cada unha das obras seleccionadas comunicaráselle a súa partici-pación vía correo electrónico.Informa: http://www.ficbueu.com/GL.htmlFestival Internacional de Cur-tametraxes de Bueu. R/ Ban-da del Río, 38. 36930 Bueu (Pontevedra). Tel.: 669 830 773.Correo electrónico: [email protected]://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

PREMIOS ECONCURSOS

A exposición permanecerá aberta ata o 4 de abril

”Re-Re-Re-Ver-So”, de José Enrique Mateo León

Máis información

http://duvi.uvigo.es

http://belasartes.uvigo.es

A asociación cultural Feixó de Araúxo organiza a 4ª edición da Mostra de tea-tro afeccionado e escolar do Miño, que terá lugar nas vilas da Guarda, O Rosal e Goián (concello de Tomiño) os días 23, 24 e 25 de abril e que re-unirá a amantes das táboas portugueses e galegos.

Teatro afeccionado eescolar na beira do Miño

Os grupos non profesio-nais que o desexen teñen de prazo ata o 23 de marzo para presentar as creacións en galego ou portugués po-las que apostan; no caso de presentar varias, só unha poderá ser seleccionada. Deberán remitir á organi-zación os datos xerais e de contacto da compañía (nome, enderezo, correo electrónico e teléfono); o título, elenco e sinopse da obra; as condicións necesa-rias para a representación;

Máis información

[email protected]

Teléfono: 986609015

Envía a túa proposta a:Asociación cultural Feixó de

AraúxoMostra de teatro do Miño

Paseo de Portugal, 2136780, A Guarda

Toma nota

e transformalas en materia de reflexión global”. Xa que logo, fotografía, escultura, instalacións ou pintura mes-túranse derrubando os mu-ros que separan as diversas disciplinas.

Serie fotográfica de Julio Galeote

e 5 copias gravadas en DVD da obra completa.

A cada grupo escollido outorgaráselle unha sub-vención de 700 euros e un galardón, e o mellor valo-rado polo público recibirá un premio especial de 1.000 euros.

Esta iniciativa conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Vo-luntariado e atópase dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza ‘Espazo Xuvenil’.

Page 13: Boceto Infoxove

15Accións xuvenís 3

Relatos curtos e contosConvoca: Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.Contido: XI Premio de Relatos Curtos e Contos “Xaquina Tri-llo” para escolares.Requisitos: poderán participar todos os escolares galegos ata 18 anos, dentro de dúas categorías.Prazo: ata o 30 de abril.Informa: Amigos de Galicia en Rúa Fontecarmoa, nº 63 baixo, 36600 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), ou por mail: [email protected]://www.culturagalega.org/documentos/2010_XI_premio_de_relatos_curtos_e_contos_Xaquina_Trillo.pdfhttp://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

Creación literaria infantil e xu-venilConvoca: Baía Edicións.Contido. 4º Premio Meiga Moi-ra de Literatura Infantil e Xuvenil 2010.Requisitos: poderán concorrer ao premio todos os autores de calquera nacionalidade que pre-senten os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas normas ortográficas e mor-folóxicas do idioma galego apro-badas pola Real Academia Gale-ga) de obras de creación literaria dirixidas a nenos de 8 a 16 anos. Prazo: ata o 17 de maio.Informa: http://www.baiaedi-cions.net/media/upload/file/Ba-sesMoiraWeb(1).pdfhttp://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

PoesíaConvoca: Concello de Outes.Contido: Certame Francisco Añón de poesía.Requisitos: poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que pre-senten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos.Prazo: ata o 13 de abril de 2010.Datas: o día 17 de maio darase a coñecer a decisión do xurado.Informa: Casa de Cultura. Avda. de San Campio, s/n, 15230 Outes (A Coruña).http://www.outes.es

PREMIOS ECONCURSOS

Moitas mozas e mozos queren facer música por diver-sión ou para afondar nas súas inquietudes. Para iso, teñen que superar diversos atrancos como comprar instrumentos, sacar tempo de onde non o hai... os últimos meses destacan polo esforzo realizado dende as ad-ministracións para que a falta de local non sexa unha escusa, xa que se abriron novas salas por toda a xeografía galega.

Así, o Goberno galego in-vestiu no 2009 un total de 1.100.000 euros no acondicio-namento de seis locais de en-saio. O de Vigo, con 350.000 euros, foi o que máis cartos ne-cesitou. Ademais, a Consellería de Traballo e Benestar destinou 67.566 euros ás instalacións de Ribadavia, 40.000 ás de Carral, 53.250 ás de Pobra do Carami-ñal, 102.852 euros ás de Allariz e 180.000 euros ás de Bueu.

Máis de vinte locais en mar-cha que suman máis de 30 sa-las de ensaio e se distribúen por todo o territorio. Así, dispoñen destas instalacións as localida-des de Pontevedra, A Guarda, Lalín, Tui, Bueu, Cambados, Vi-lagarcía, Candeán (Vigo) e Re-dondela (na provincia de Pon-tevedra); Ribadeo, Ribas de Sil e Monforte (na de Lugo); Betan-zos, Teo, Mugardos, Santiago, Pontedeume, Boiro e Arzúa (na Coruña); e Ribadavia e Allariz (na provincia de Ourense).

A maioría dos locais contan cun estudo de gravación e es-tán equipados co instrumental necesario e a amplificación bá-sica para un grupo de pop rock, claro que as outras modalida-des de música tamén se poden

Polo local non hai problema

desenvolver neles.A Dirección Xeral de Xu-

ventude e Voluntariado sina-la que esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración cos concellos, ten por obxec-tivo acadar unha cobertura axeitada e o máis extensa posible de apoio á xuventu-de, unha das finalidades do programa de actuación da consellería. No referente a colaboración coas entidades locais hai que lembrar que o sistema de xestión das salas corre a cargo dos concellos, xa que a propiedade dos lo-cais é municipal.

As ganas de facer música da mocidade contan cun valioso aliado nos locais de ensaio que están abertos por toda Galicia

A `Asociación Xuventu-de Galega en Europa’ (Xuga) é un colectivo formado por mozos e mozas galegos ou descendentes de galegos que quere tecer unha rede en-tre as diferentes comunida-des galegas espalladas polo continente. Algúns dos seus membros percorreron o ca-miño dende Tui a Santiago de Compostela. Na súa chegada ao Obradoiro foron recibidos por Ovidio Rodeiro, con quen tiveron a ocasión de compar-

Final da camiñada en Compostela

tir a súa experiencia. Tanto o Director Xeral de

Xuventude e Voluntariado, como o Subdirector Xeral de Emigración, Ramón Brigos, in-teresáronse polo traballo de Xuga. Rodeiro salientou a súa iniciativa e quixo recalcar a “capacidade da xuventude para crear e emprender novas acti-vidades”, así como os esforzos da Administración por conse-guir que estas saian adiante. Así mesmo, recordou que “a Xunta traballa dunha forma de-

cidida” a través dos programas de mobilidade xuvenil Leonardo e Xuventude en Acción para que todos aqueles mozos que o desexen, poidan “participar

e formarse en países es-tranxeiros”.

O portal da `Asociación Xuventude Galega en Euro-pa’ é http://www.xuga.eu/

Relación de locais de ensaio en Galicia

Local de Ribas de Sil

Page 14: Boceto Infoxove

14 Viaxes

O ano de Sudáfrica

A recente estrea de “Invic-tus”, a película sobre Nelson Mandela dirixida por Clint East-wood, e a próxima celebración do campionato mundial de fút-bol fan que este 2010 sexa o ano de Sudáfrica. Un país tan especial que conta con tres capitais: Pretoria (administra-tiva), Cidade do Cabo (lexislati-va) e Bloemfontein (a xudicial).

A viaxe ata el é longa, hai que chegar ao extremo sur do continente africano, á conver-xencia entre os océanos Índico e Atlántico.

As súas grandes atraccións naturais, con paisaxes magní-ficas e respecto polo medio; o sol case garantido; a diversi-dade cultural; a desaparición do apartheid; e o feito de ser unha porta perfecta para en-trar nos segredos do continen-te africano fixeron que, nos últimos anos, o país se conver-tera nun foco de atracción tu-rística mundial. É dicir, hai moi boas instalacións e por prezos

realmente competitivos, outro conto é chegar ata alá…

Como en case todo o re-lacionado con este país, ao falar das súas características climatolóxicas hai que ter en conta que existen importantes variacións entre as zonas. Ato-pamos unha estreita franxa costeira cálida e húmida con temperaturas subtropicais ou mediterráneas; grandes mese-tas para descubrir a natureza; e, ao noroeste, a rexión minei-ra do Rand. Os días polo xeral son temperados e soleados e as noites, frescas.

Un bo punto de partida é Cidade do Cabo, a cidade que non se pode pasar por alto. Si-tuada nun enclave privilexiado rodeada de montañas, vides e praias, conta cunha das vis-tas máis famosas do mundo: a formada polos acantilados da Montaña da Mesa (Table Mountain). O Victoria & Alfred Waterfront, é o corazón do porto entre Robben e a Mon-

Máis información

www.southafrica.net

www.turismosudafrica.com

Fotografías: South African Tourism

Reservas naturais, praias, diamantes e algo de fútbol

Page 15: Boceto Infoxove

15Viaxes

taña da Mesa. O seu encanto e as múltiples atraccións que ofrece convertérono no lugar máis visitado polos curiosos. O habitual é que se lle coñe-za, sinxelamente, por V & A Waterfront.

O seguinte paso sería esco-llermos cantos e que parques naturais queremos visitar, xa que eses son, quizais, o maior atractivo do país e sería imper-doable non ver o animal máis veloz do mundo: o guepardo, que en segundos pode alcanzar os 110 quilómetros por hora. Dependendo da nosa elección tocará movernos cara o leste ou cara o norte.

No Kalahari está o parque nacional Kalahari Gemsbook, todo un tesouro compartido, sen fronteiras de por medio, con Botswana. Nel teremos tempo para observar antílopes e sorprendentes aves como voitres, falcóns de colo verme-llo e aguias bateleur.

O parque Richtersveld aporta o atractivo engadido da montaña no deserto, con exemplares de flora como as trompas do deserto e moita variedade de flores. A súa te-rra pertence á tribo Nama, que continúan pastoreando nela, e o número de visitantes está severamente limitado.

O famoso parque nacional Kruger é un destino xa acon-dicionado para poder pasar a noite. Esténdese por case 19.000 quilómetros cadrados, e ofrece un mundo de posibi-lidades relacionadas coa vida salvaxe. Ademais, Kruger uniu-se con outros dous grandes parques veciños de Cimbabue e Mozambique no que é o par-que transfronteirizo do Gran Limpompo. Por certo, xullo e agosto son os mellores meses

Babilonia. No país fálanse un total de 11 linguas oficiais (afrikaneer, ndebele, sotho, swazi, venda, xhosa, zulú…) pero, para ir aló, chega con dominar o inglés xa que é a segunda fala para case todos os surafricanos. O país é un particular mosaico de razas onde se xuntaron as diversas tribos de nativos africa-nos, holandeses ou bóers, británicos, alemáns, hindús...

É caro ir ao Mundial? Pois o certo é que si. Os pa-quetes que se ofrecen para viaxar ao mundial de fútbol son bastante caros, e conformen se acheguen as datas, irán a máis. Os máis baratos están en torno aos 7.500 dólares e os máis onerosos andan arredor dos 26.000 dólares. Moito ollo pois xa se detectaron algúns listos tentando calotes aproveitándose do interese no even-to. Unha vez chegados ao país, o gasto en rands non é excesivo.

Ecoturismo. Guepardos,baobabs, leóns, cebras, quenllas… A inabarcable riqueza natural surafricana fai que este sexa un destino inmellorable para os que gustan de aproveitar as súas vacacións descubrindo os seus segredos.

para contemplar os animais, xa que a herba está baixa e as árbores non teñen tantas fo-llas. Entre os protagonista dos safaris: hienas, leóns, elefan-tes, búfalos, leopardos, rinoce-rontes, mangostas, diukers e bushbabies.

E xa que falamos de ani-mais, se o rinoceronte branco non se extinguiu foi, en boa medida, polo traballo realizado nas reservas naturais Hluhluwe e Umfolozi.

Tamén hai parques de auga; o nacional de Western Cape abarca unha lagoa, un estreito de lodo, praias rocho-sas e salinas nas que atoparse con corvos mariños, gaivotas de lombo negro do sur e, na illa Marcus, a meirande colonia de pingüíns africanos. Destaca, asemade, o parque dos panta-nos de Santa Lucía, declarado patrimonio da humanidade.

Se queremos achegarnos á cultura zulú, a opción a va-lorar é a reserva Thanda, onde tamén se aprende sobre a na-tureza e maila vida salvaxe. Ademais dela, existen por todo o país diversos poboados tra-dicionais nos que pasar tempa-das para coñecer outros xeitos de vida.

Cómpre sinalar que, ade-mais dos xa sinalados e do-utros públicos, existen varias reservas naturais privadas perfectamente acondicionadas para que as visitas sexan ines-quecibles. Será por natureza!

As praias de Sudáfrica in-vitan a dar longos paseos, ar-tellar unha pequena excursión na procura da riqueza mariña, falar cos mariñeiros (non se pode descartar atopar algún galego) e, se estamos valen-tes, saír na procura das gran-

des quenllas… Hai máis de 3.000 quilómetros de costa para descubrir divididas entre os océanos Atlántico e Pacífi-co. Por citar algunhas, pode-mos destacar as achegadas á cidade de Durban, todo un centro turístico na provincia de Kwazulu Natal.

Vaiamos a onde vaiamos, en todas as rexións hai outras moitas atraccións. Por exem-plo, na presa de Gariep, forma-da coas augas do río Orange, pódese facer esquí acuático, navegar, coller a canoa…

En Kimberley,a capital dos diamantes do mundo, está o maior burato feito polo home. Do coñecido popularmente como Big Hole extraéronse nada menos que 25 millóns de toneladas de terra ata o come-zo da I Guerra Mundial. E é que Sudáfrica é o líder mundial en minaría, tanto en produción como en reservas de platino, manganeso, vanadio ou ouro.

En Namaqualand, unha rexión árida na costa oeste, do deserto xorde unha sorpre-sa: unha gran alfombra de flo-res que propicia un breve mo-mento de éxtase ao rematar o inverno. Pero a riqueza non sempre está a vista. Os espe-leólogos non poden deixar de visitar as estalactitas e esta-lagmitas das cavernas Cango (Cango Caves).

Os parques e xardíns son especialmente relevantes en Pretoria, tamén coñecida como a “cidade dos Xacaran-dás” (the Jacaranda City). E sería imperdoable non falar dos baobabs de Sudáfrica, moitos deles milenarios e pro-tagonistas de fermosísimas estampas.

Os amantes da Historia teñen onde entreterse con vi-sitas aos grandes campos de batalla das sanguentas gue-rras entre ingleses e bóers ou por Soweto, escenario da re-sistencia contra o apartheid. E indo –moito- cara atrás no tempo, os restos fósiles ato-pados en Sudáfrica de ante-cedentes do Homo Sapiens fan que algúns científicos consideren o seu territorio como o lugar onde naceu a humanidade.

O certo é que a sentenza publicitaria coa que se anun-ciaba fai algúns anos: “un mundo nun país” ten moito de verdade.

Baobab no parque Kruger

Page 16: Boceto Infoxove

16 Lecer

Saíndo por Vilalba Vilalba, situada no corazón

da Terra Chá, ten unha ani-mación nocturna que vén de vello; se ben, actualmente for-ma, xunto a cidade de Lugo e Muimenta, parroquia do veciño concello de Cospeito, un trián-gulo no que se move gran parte da marcha nocturna da súa pro-vincia.

Para chegar ata ela hai di-versas rutas de Noitebús, que parten de localidades ben dis-tantes como Viveiro, A Coruña ou Ferrol.

Pubs, unha gran discoteca e un gran reto musical na Terra Chá

Os bares e os pubs sitúanse na súa maioría en rúas céntri-cas como Guitiriz, Galicia, Cal-vario ou Rosalía de Castro. Aín-da que sempre hai diversidade de opinións sobre as varieda-des de ambientes e de música, o certo é que non resulta com-plicado atopar locais con novi-dades máis ou menos comer-ciais, como o Sunday, e outros que botan man de rock e outros xéneros máis consistentes. De acordo con esta vertente, con-vén sinalar que hai algúns es-pazos onde escoitar música ao vivo como o Xanela (na avenida da Terra Chá) ou o Fardela (na praza de Santa María).

Precisamente o pub Fardela está detrás dunha iniciativa que está dando que falar, pois pre-

Troco é a gran discoteca de

Vilalba

tende entrar no libro Guiness poñendo sobre o seu escena-rio, deseguido, 500 grupos no que serían nove días de música ininterrompida. Cada formación tería un tempo duns 30 minu-tos; e entre canción e canción, e entre grupo e grupo, non pode-rían pasar máis de 30 segundos de descanso. Para este reto

procuran a colaboración de di-versas bandas, que se poden poñer en contacto cos respon-sables da idea no enderezo http://www.myspace.com/fardelapub As datas previstas son as que están entre o 7 e o 15 de agosto. Serán quen de conseguilo?

Porén, se hai un gran nome na noite vilalbesa ese é o da gran discoteca Troco. Este establecemento conta coas últimas tecnoloxías dedicadas ao lecer: láseres, bolas, unha inmensa pista, un potente equipamento musical… e mes-mo conta cunha piscina para organizar exclusivas festas privadas para entre 20 e 60 persoas. Para aparcar hai unha gran chaira, se ben é recomen-dable usar o Noitebús.

Máis informaciónhttp://www.discotecatroco.es

http://sundaybarpub.tk/

http://www.myspace.com/far-

delapub

Creación literariaConvoca: Biblos Clube de Lec-tores, S.L. co copatrocinio de Pazos de Galicia.Contido: 6º Premio de Crea-ción Literaria. Biblos-Pazos de Galicia para mozos 2010, novela. Pretende contribuír ao achegamento e a partici-pación dos mozos na cultura galega, e descubrir aqueles creadores máis novos que poidan ter unha obra de inte-rese necesitada de apoio para a elaboración final e a súa proxección pública.Requisitos: poderán partici-par todos os mozos que ao rematar o ano 2009 non te-ñan cumprido os 25 anos e que, con independencia do lu-gar onde nacesen ou residan, amosen o coñecemento do idioma galego necesario para desenvolver nel unha obra na-rrativa de calidade. Deberán presentar unha memoria de entre 30 e 40 folios na que incluirán: a) unha exposición precisa das características que terá a futura novela, ache-gando a maior información posible sobre o argumento (trama, época e lugar en que se desenvolve a acción, per-sonaxes, etc.) e as técnicas narrativas que prevé utilizar. b) Un capítulo ou fragmento que permita valorar o estilo do autor. O gañador terá li-berdade no seu caso para in-troducir as modificacións que estime oportunas no proxecto e no texto de mostra e adap-talos ás esixencias da novela no seu desenvolvemento, así como aos consellos que reciba do escritor titor. Cada traba-llo será presentado co nome e apelidos do autor/a, así como as indicacións necesarias para poder localizalo (enderezo, teléfono, correo electrónico). Non se admitirán obras baixo pseudónimo nin colectivas. Os autores finalistas debe-rán presentar antes do 13 de xuño do 2010 as súas novelas cunha extensión non superior aos 150 folios no estado máis avanzado posible de acabado. O autor gañador dedicará o mes de outubro a traballar na súa novela, seguindo un plan que acordará co titor.Prazo: a admisión dos traba-llos pecharase o 16 de marzo do 2010.Informa: os traballos serán enviados a Biblos Clube de Lectores. Quintá, 8-Mandaio. 15391 Cesuras (A Coruña).

PREMIOS ECONCURSOS

Portal do Noitebús

http://www.cptopt.xunta.es/por-

tal/cidadan/lang/gl/pid/1054

Aos seus responsables vailles o de organizar grandes festas e traer deejays e outros artistas de sona, tanto é así que o establecemento ten o seu propio himno…

Troco, despois de estar pechada durante uns anos, reabriu en novembro de 2008 e semella que conseguiu unha nova clientela fiel, que abarca desde adolescentes a xente que xa fai bastante que pasou dos 30.

O repaso á movida vilalbesa non estaría completo sen citar o FIV, o Festival Independente de Vilalba que, en agosto do ano pasado, tivo lugar a súa se-gunda edición con The Pinker Tones, Juan Rivas e Cornelius enriba do escenario.

Xa que logo, Vilalba é unha gran opción para pasar a noi-te dos fins de semana, se ben tamén ten moito que ver coas luces do día; e sempre hai a opción de darlle un regaliño ao estómago e pasar polas festas do capón ou do queixo de San Simón…

Page 17: Boceto Infoxove

17Accións xuvenís

A pesar de que cada vez se fai máis importante a oferta tecnolóxica no ocio dos máis pequenos, aínda hai quen desafía esta ten-dencia e aposta polos xo-gos tradicionais cos que se entretían os nosos pais e os nosos avós cando eran ne-nos. Este é o caso do CEIP Mosteiro de Caaveiro, do concello da Capela, na Co-ruña, que desde a súa for-mación, en 1979, foi incor-porando progresivamente a presenza do xogo tradi-cional á vida do centro.

Dentro deste marco de aposta polo xogo tradi-cional, o centro educativo artellou, en 2003, Brinque-dos, un proxecto a través do que desenvolven nume-rosas iniciativas, entre elas o Museo do Xoguete Brinco ou o Centro de Interpreta-ción de Xogos Tradicionais Brinquedos. Este último

Os xogos de sempre, unha divertida alternativa

Xogar é unha codición innata ao ser humano, por iso o CEIP Mosteiro de Caaveiro da Capela aposta por unha

ampla variedade de alternativas. Iso si, botando sempre man da oferta lúdica

que nos achegan os xogos tradicionais.

Oferta: 12/2010/378

Posto: fisioterapeuta, en xeral.

Localidade: Carballo(A Coruña).

Oferta: 12/2009/811

Posto: representante de comer-

cio, en xeral.

Localidade: Cangas (Ponteve-

dra).

Requisitos. vendedor/a visitador

para venda de gas e electricidade

a empresas e particulares, Per-

miso de conducir.

Oferta: 12/2009/857

Posto: asesor/a fiscal e tributario.

Localidade: Ourense.

Requisitos: necesaria diplomatu-

ra en Ciencias Empresarias e un

ano de experiencia.

Oferta: 12/2009/942

Posto: cociñeiro/a, en xeral.

Localidade: Poio (Pontevedra).

Requisitos: posuír experiencia,

especialidade grella.

OFERTAS DE EMPREGO

SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓNInforma teléfono: 902 125 000

Internet: traballo.xunta.es/sgc/galego/ofertas.htm

Oferta: 12/2009/1020Posto: fisioterapeuta, en xeral.Localidade: O Carballiño (Ourense).Requisitos: experiencia, im-prescindible diplomatura en Fi-sioterapia.

Oferta: 12/2009/1142Posto: perruqueiro/a unisex.Localidade: Pontevedra.Requisitos: perruqueiro/a (oficial de 1ª), experiencia 4 meses e titu-lación.

Oferta: 12/2009/1148Posto: cociñeiro/a, en xeral.Localidade: A Coruña.Requisitos: posuír experiencia.

Oferta: 12/2009/1208Posto: profesor/a de clases de bai-les de salón.Localidade: Melide (A Coruña).

Oferta: 12/2009/1238Posto: dependente de panadaría, pastelaría e confeitaría.Localidade: Padrón (A Coruña).Requisitos: axudante de panadaría.

Oferta: 12/2009/1267Posto: axente comercial.Localidade: A Coruña.Requisitos: carné de conducir e ve-hículo propio.

Oferta: 12/2009/1379Posto: colocador/a de pavimentos lixeiros, en xeral.Localidade: A Coruña.Requisitos: dispoñibilidade para viaxar.

Oferta: 12/2009/1383Posto: camareiro/a, en xeral.Localidade: Ourense.Requisitos: posuír experiencia.

Oferta: 12/2009/1390Posto: instalador/a de equipos e sistemas electrónicos.Localidade: O Carballiño (Ou-rense).Requisitos: imprescindible for-mación a nivel de ciclo medio en instalacións eléctricas e car-né de conducir.

Oferta: 12/2009/1407Posto: mecánico/a de mante-mento e reparación de automo-ción, en xeral.Localidade: Santa Comba (A Coruña).Requisitos: posuír experiencia.

Oferta: 12/2009/1436Posto: albanel.Localidade: Teo (A Coruña).Requisitos: posuír experiencia.

Oferta: 12/2009/1450Posto: dependente/a de co-mercio, en xeral.Localidade: Ourense.

Oferta: 12/2009/1451Posto: dependente/a de co-mercio, en xeral.Localidade: Ourense.

Oferta: 12/2009/1453Posto: esteticista.Localidade: Santiago de Compos-tela (A Coruña).Requisitos: con experiencia en fotodepilación.

Oferta: 12/2009/1483Posto: profesor/a de clases de bailes de salón.Localidade: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Oferta: 12/2009/1490Posto: médico especialista en obstetricia e xinecoloxía.Localidade: Santiago de Compos-tela (A Coruña).

A BILLARDA OU ESTORNELA. Trátase dun dos xogos tradicionais galegos máis populares. Malia que dependendo das zonas das que se trate se xoga cunhas determinadas regras, o esencial deste xogo consiste en darlle cun pau, o marro ou palán, a outro pau de menor tamaño, a billarda, fa-cendo que este salte e, cando estea no aire, darlle outro golpe e lanzalo o máis lonxe posible.

A PITA CEGA. Neste xogo, a persoa que leva a pita persegue o resto de compañeiros co fin de conseguir tocar un deles en calquera parte do corpo. Cando o logra, pasa a encomendarlle esta tarefa á persoa tocada.

O XOGO DA CHAVE. Consiste en lanzar uns discos redondos e planos –os pesos, pellos, pellas ou peletres– sobre a chave, unha peza metálica, e petar nela o maior número de veces posible.

A zOADEIRA OU DÁLLE QUE DÁLLE. Trá-tase de introducir un cordón polos furados dun botón e atar os dous extremos para conseguir que este quede preso. Seguidamente, cóllense cos dedos os extremos e dáselle voltas ao botón, polo que este comeza a xirar e a zoar sen parar.

O PANO. Márcanse tres raias no chan, sepa-radas por unha distancia semellante entre elas, e no centro colócase unha persoa que leva un pano na man e fai de xuíz. O resto de xogadores repártense en dous bandos e colócanse detrás das outras dúas raias, cada un co correspondente número asignado. O xuíz estende a man á fron-te, sostendo o pano, e chama por un número. As persoas dos dous equipos con ese número aché-ganse para coller o pano. Quen o agarre primeiro debe marchar correndo ata chegar á liña do seu equipo. Mais, se o contrincante o pilla polo cami-ño, quedará eliminado. Despois da primeira cha-mada do xuíz, vén unha segunda, unha terceira… O xogo remata cando todos os xogadores dun dos equipos quedan eliminados.

Algúns xogos tradicionais galegos

vén sendo un parque de xo-gos tradicionais, distribuí-do nos espazos exteriores da escola no que se poden practicar máis de vinte xo-gos diferentes. Cada xogo ten a súa zona delimitada e pintada no chan e nas paredes dispóñense uns paneis de información nos que se indica como se xoga no centro a cada un destes xogos.

Uns monitores “de pri-meira”. O CEIP Mosteiro de Caaveiro comparte a súa oferta lúdica con outros centros educativos, xa que un dos obxectivos funda-mentais do Centro de In-terpretación de Xogos Tra-dicionais é precisamente a de potenciar a convivencia con outros centros escola-res. Por iso, a principio de curso envíanlles un correo no que os convidan a xogar no seu centro, acompañado

dunha unidade didáctica para traballar antes, duran-te e despois da visita.

Son os propios rapaces e rapazas da escola os en-cargados de facer de moni-tores para o alumnado que visita o centro, acompaña-dos polo mestre responsa-ble do centro de interpre-tación. Por exemplo, se a visita a realiza un grupo de 4º de primaria, baixan os alumnos e alumnas de 4º da Capela e fan de infor-mantes nos xogos que se practiquen ese día.

Manter o patrimonio lúdico. O CEIP Mosteiro de Caaveiro fai unha gran-

de aposta polo xogo tra-dicional como un recurso fundamental para educar en valores, e concíbeno como unha ferramenta que lles achega aos rapa-ces e rapazas unha maior calidade de vida. Con esta oferta, o centro persegue ofrecer alternativas ao tempo de lecer, manter vivo o noso patrimonio lúdico, fomentar as rela-cións entre nenas e nenos de diferentes lugares e di-vulgar estas actividades para tentar que tamén noutros centros escola-res se reflexione sobre a grande utilidade que po-den achegar os xogos de sempre.

O CEIP Mosteiro de Caaveiro aposta polos xogos tradicionais

Page 18: Boceto Infoxove

18 Tecnoloxía

sempre eficaces campañas de Apple preséntannos un aparello que realmente ten moi pouco que ver coas verbas antes men-cionadas. É bonito, lixeiro, ten unha interfaz atractiva e unha moi boa pantalla. Pero aí ter-minan as súas virtudes. Non é multitarefa (non pode executar varias aplicacións á vez, por exemplo chatear mentres na-vegamos ou vemos un vídeo), non ten portos USB (así que non é compatible nin co noso mp3 nin coa nosa cámara de fotos), non ten entrada de tar-xetas, non executa flash...

Pero non hai que agoniar-se. O resto do mercado tamén reaccionou, con algo menos de présa que Apple, e no últi-mo CES (Consumer Electronic Show, nas Veigas) moitos fabri-cantes amosaron os seus próxi-mos lanzamentos. Hp, Dell, Asus, Msi, Google con HTC, por citar algúns, presentaron uns xenuínos tablet PC.

Algúns deles, e isto si que

os converte en pezas realmen-te interesantes, con tecnoloxía Nvidia de última xeración de gran potencia gráfica. Parece que gran parte destes disposi-tivos optarán por usar Android como sistema operativo, o sis-

Que é un tablet PC realmen-te? Basicamente un tablet PC é un aparello medio entre portátil e PDA, que prescinde de tecla-do en prol dunha pantalla tác-til. Foi impulsado por Microsoft desde hai anos, a verdade sen moito éxito. No 2001 Microsoft deu unha estupenda charla so-bre os tablet PC na XGN, a lan-party galega; porén, sempre ti-veron claro que sería o futuro.

Ganáronlle a batalla os por-tátiles, os móbiles, agora os netbooks, pero semella que agora os tablet poderán atopar por fin o seu oco. Xa que logo, as tecnoloxías táctiles xenera-lizáronse, o que permitiu unha importante e vital redución de prezos. Ademais as novas pan-tallas Led eliminan moitos dos problemas iniciais das vellas tft: calidade de imaxe, consumo, peso, grosor...

Para intentar competir coas outras tecnoloxías houbo tablets que non eran máis que portátiles (incluían teclado) ul-tralixeiros que permitían rotar a pantalla. Pero este tipo de tecnoloxía sempre foi o bas-tante cara como para non po-der calar no mercado xeral; era algo exclusivo dos clientes máis profesionais e específicos.

Outra cousa que se debe ter en conta é non confundir o tablet PC co libro electrónico. A tecnoloxía é totalmente dife-rente; e aínda que ler nun libro

electrónico non cansa a vista en absoluto, ler nun tablet PC é como ler na pantalla do noso ordenador habitual, e iso para moitas persoas pode cansar aos 15 minutos.

E que é o que nos ofrece hoxe o merca-do ao consumidor co-rrente?

Ben, o primeiro se-ría preguntarse para que queremos ese tipo de dispositivo á marxe do seu puro atractivo (hai que recoñecer que o tablet é interesante xa pola súa propia for-mulación).

Lixeiro, sinxelo, có-modo, intuitivo, eficaz, con gran conectivida-de, estándar, versátil... Eses son algúns dos termos que deberían definir un tablet. Máis lixeiro que un portátil; máis sinxelo, posto que pres-cinde de gran parte de pezas; e, polo tanto, máis cómodo. Ha de ser moi intuitivo, posto que “obriga” a prescindir dos in-terfaces comúns; ha de ter po-tencia para xestionar as nosas aplicacións sen demasiadas limitacións; debe estar dotado das conexións máis frecuen-tes e útiles; e ser compatible co resto do mercado. Resu-mindo: versátil. Un verdadeiro

todoterreo electrónico.

Curiosamente, o máis fa-moso tablet (non se lle debería

chamar así realmente, senón maxi-ipod) é o novo Ipad. As

Últimamente fálase moito nos medios dos tablet PC, a raíz do xa famoso Ipad de Apple,pero o certo é que os tablet PC levan connosco moito tempo

Tablet PC´s por Iván Arós

tema operativo de Google para móbiles. Iso garante que serán multitarefa e que habe-rá aplicacións estándar posto que Android ten gran parte do código publicado baixo licenza de software libre e código fon-te aberto, cun SDK que permi-te que terceiras persoas xeren contidos para o devandito sis-tema operativo.

Ademais, a maioría dispo-ñen de entrada USB e lector de tarxetas, o que lles pro-porciona unha gran conectivi-dade. Haberá que estar aten-tos, porque estas marcas non adoitan facer campañas de marketing tan potentes como Apple, pero como consumido-res, debemos ser pacientes, comparar e elixir, buscando detrás do que nos intentan po-ñer diante.

O mercado das tablet PC (que por agora, e curiosa-mente, parece estar deixando de lado a Microsoft, o eterno predicador desta tecnoloxía) potenciarase bastante os próximos meses. Todo o que sexa competencia entre em-presas suporá unha gran va-riedade e mellora de calidade nestes dispositivos; e iso é bo para nós, os –talvez- futuros compradores.

Os consumidores debemos buscar detrás do que nos intentan poñer diante

Page 19: Boceto Infoxove

19Quérote

Moitas veces esquecé-monos deste elemento, da importancia que ten saber e coñecer algunhas das nosas fantasías e desexos antes de expor os nosos corpos a contacto mutuo, a un en-contro.

Todas as caricias, para poder seren gozadas, requi-ren unha determinada acti-tude mental.

Nos tempos que corren é moi frecuente escoitar termos como “a nosa media laranxa”, “o/a amante xe-neroso/a”… e parece politi-camente incorrecto pensar nun certo “egoísmo inte-lixente” á hora de afrontar as nosas relacións eróticas, é dicir, estar pendentes dun/unha mesmo/a, das no-sas sensacións, dos nosos desexos, dos nosos pensa-mentos eróticos…

A nosa mente interpre-ta cada un dos estímulos que recibimos e dálles sig-

nificado, e en función dos pensamentos que xeramos, sentirémonos ben ou mal, relaxados/as ou tensos/as, felices ou infelices.

Imaxinemos que a nosa parella estanos acariciando sensualmente a perna, esta caricia faranos sentir ben ou mal? Pois depende, depende do que pensemos mentres a recibimos, e da nosa actitu-de mental, se nos poñemos a pensar en se se cansará ou non, se a caricia significará que quere algo máis, si es-

tará canso/a ou aburrido/a , de cómo lle gustará a el/ela que lle acaricie cando toque a miña quenda... É moi pro-bable que, como consecuen-cia destes pensamentos,

A caricia mentalpor Paula Fernández Rico, traballadora social do Centro Quérote de Santiago

A expresión da nosa erótica non só se manifesta e se enriquece a través

dos xestos, do que facemos ou non, das prácticas que realizamos, das posturas que utilizamos... se non que unha parte

moi importante do noso erotismo está na nosa mente.

nos sintamos incómodos/as, raros/as e nada excitados/as, e que pensemos que non nos gustan os aloumiños. Pero a dificultade non está nas caricias senón no que pensamos mentres nos aca-rician, o estado mental que temos.

Se na mesma situación estamos pensando na sua-vidade ou dureza da caricia,

na quentura das mans, nos seus dedos, na lenti-

tude do percorri-do, ..., é posible que neste caso,

os nosos pensa-mentos nos permi-

tan gozar da caricia, incluso a potencien. Se ademais utiliza-

mos unha fantasía, o erotismo da situación pode ser moito maior;

por exemplo, podemos imaxinarnos noutro lugar,

noutras circunstancias, con outro corpo, inter-cambiando roles, o que nos apeteza nese mo-

mento.

Que nos aporta este mundo do imaxinario? A

imaxinación permíte-nos transportar-

n o s , s e n nin-g ú n

custo adicional, a situacións desexadas ou prohibidas

As fantasías ensínannos a ter pracer, a vivir diferentes emocións, xogar e crear coa imaxinación, fomenta a nosa creatividade; e mesmo pode axudarnos a producir cam-bios na nosa vida, naqueles ámbitos que desexamos.

Unha fantasía non se rea-liza nin ten por que realizar-se se non é como tal fanta-sía; nisto reside o seu valor e a súa realidade.

Un dos grandes temores ao tratar o tema das fanta-sías é a confusión entre o campo do imaxinario e do real.

Algunhas das preguntas

típicas que nos facemos son: “non é perigoso deixar libres as fantasías?; “e se imaxino que son tal cousa, non me podo converter niso? Se as miñas fantasías non son sobre imaxes e son con olores ou lugares, é que son raro/a?

Por regra xeral na infan-cia non se nos ocorre pen-sar, cando realizamos tal ou cal xogo, que nos imos con-verter en “vaqueiros/as”, “extraterrestres”, “super-heroínas/heroes”. Do mes-

mo xeito, se gozamos dunha peli de medo ou romántica, ou de intriga, non saímos do cine desexando ou pensando que algo así nos vai acon-tecer na nosa vida real; por que entón vai a ocorrer coa fantasía erótica?

Na fantasía, na imaxina-ción, todo está permitido, non hai límites; é como a creatividade, ilimitada. Polo contrario, a realidade si ten límites. Esta situación non ten por que ser necesaria-mente frustrante. Asumir que existe un límite entre a fantasía e a realidade é ne-cesario.

Non podemos facer todo o que desexaríamos. Temos que valorar, por un lado, as nosas propias circunstancias, características físicas, capa-cidades emocionais, inhibi-cións, a nosa moral, os nosos desexos, ... e por suposto co-ñecer tamén as característi-cas e desexos da nosa parella ou da persoa que desexamos. Ademais, debemos coñecer as normas legais.

A túa mente é túa, e non tes que compartir as túas fantasías se non desexas fa-celo... pero non te prives de imaxinar e fantasiar o que che apeteza, e gozar das túas caricias mentais!

Todas as caricias requiren unha determinada

actitude mental

Foto: Brandon Christopher Warren

Foto: Luis Serrano

Page 20: Boceto Infoxove

E se isto cambiara?Fish TankDirector: Andrea ArnoldReparto: Katie Jarvis, Michael Fassbender, Harry Treadaway, Kierston Wareing.Reino Unido, 2009. Drama. Duración: 124 minutosEstrea comercial: 12 de marzo

Essex, Inglaterra, unha problemática adolescente chamada Mia vive coa súa nai e a súa irmá pequena nun ambiente familiar tremendamente insán; os insultos e a música rap forman a ban-da sonora nas paredes da súa casa. Ao saír ao exterior, a situación non mellora demasiado con

enfrontamentos con outras mozas e frustracións varias enmarcadas nun urbanismo horrible. Os únicos momentos de desafogo son cando pode bailar tranquila a súa música preferida. Un día, a súa nai enrróllase con Connor, un novo noivo, e lévao vivir con elas. Coa súa presenza e coa súa actitude, malia os tirapuxas con Mia, dá mostras de poder facer cambiar a situación. Claro que sempre aparecen lea-das.

A actriz Katie Jarvis non tiña experiencia anterior e destila autenticidade. A súa per-sonaxe, coas súas dúbidas e máscaras a piques de racharse, sustenta o filme e permite escorrentar o perigo de sentirnos noutra película máis de adolescente con problemas.

Máis información en: http://www.fishtankmovie.com/

20 LecerSU

XEST

IÓNS

- S

UXES

TIÓ

NS -

SUX

ESTI

ÓNS

- S

UXES

TIÓ

NS -

SUX

ESTI

ÓNS

- S

UXES

TIÓ

NS -

SUX

ESTI

ÓNS

- S

UXES

TIÓ

NS -

SUX

ESTI

ÓNS

Relato dun estalido xordoPablo García MartínezEditorial Biblos. Novela

As inquedanzas propias da adolescencia e a cultura pop vista a través dos ollos dun grupo de mozos e mozas dunha pequena vila do interior de Galicia son os fíos arredor dos que Pablo García teceu este relato, gañador da 5ª edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia 2009. Ela-borado coa axuda de Manuel Rivas, quen exerceu como titor segundo establecen as normas do premio, a acción contextualízase arredor dunha noite de troula que lle serve a este novo autor (Arzúa, 1985) para debuxar as múltiples miserias que compoñen esa idade chea de inseguridades. Os pensamentos que secundan cada un dos seus xestos ansiosos de aprobación dos seus pro-tagonistas dan forma a un mundo propio, que aquí está singularizado polos camiños máxicos da vida e da morte. Publicada en galego e castelán.

Máis información en: http://www.biblosclube.com/

Acción, acción e máis acción. No 2007 un xogo causou sensación en varias plataformas: Bioshock. Si, era un shooter que estaba na liña do Half-life pero tiña algo… sería a idea da cida-de creada para os científicos por Andrew Ryan e que, fiel ao guión, saíu mal? O seu éxito foi notable e era cuestión de tempo que chegase esa secuela que xa podemos gozar. Agora po-demos combinar o xogo en primeira persoa co modo multixogador, inexistente no xogo orixi-nal, que aporta máis detalles sobre a historia deste mundo ominoso e cheo de preguntas.

A liña argumental ten reviravoltas. Pasaron 10 anos dende a nosa anterior aventura e as vergoñas de todo o acontecido teñen estrañas consecuencias. Un ser estraño está secues-trando nenas pequenas para levalas á cidade subacuática de Rapture e a nós tócanos coller

o escafandro de Big Daddy Delta, o primeiro modelo que existiu na urbe, para tentar sacar á luz esas respostas que procuramos nuns esce-narios cheos de misterio. É dicir, agora tócanos vestirnos coas peles do noso antigo inimigo. E ter moito olliño coa doutora Sofia Lamb.

Máis en: http://www.bioshock2game.com/ e http://www.2kgames.com/cultofrapture

Retorno a RaptureBioshock 2

2K Take 2 GamesPara PC, Xbox 360, PS3. Data de

lanzamento: febreiro

Unha voz nova na narrativa galega

Page 21: Boceto Infoxove

21Lecer

“Como un maldito guisante” (Mullbery Records, 2006) “Culebra” (Astro, 2008)

“Arthur & The Writers” (Ernie Records, 2010)

Discografía —A ver, para que na casa

fiquen contentos: membros e responsabilidades na forma-ción.

—Somos 5 na banda: Mano-lito/Peter J Manuel: guitarra eléctrica e voz; Ruli/Ignatius Ray Curtis: guitarra acústica e coros; Quique/Herbert “Bu-llet” Bean: batería e coros; Ál-varo/Lucio Van Gelden: baixo e coros; e Moncho/Martin C Mellon: teclados e coros.

—Que tipo de música fai Niño y Pistola?

—Facemos unha especie de folk-rock americano con referencias aos clásicos coma Neil Young, Dylan, os Birds, dándolle moita importancia ás voces e ao son directo, tal e como sae do instrumento ou das voces, sen efectos nin adornos...

—Xa levades algúns anos de traxectoria pero, para quen non vos coñeza, como comezastes? Tedes algún

Niño y Pistola golpean por terceira vez

Máis informaciónwww.ypistola.com

www.myspace.com/ypistola

plan marcado ou, sinxela-mente, queredes tocar e punto?

—Todo empezou coma calquera banda, cunhas ma-quetas e uns cantos concer-tos por toda Galicia, ata que de súpeto unha discográfica independente de Barcelona (Mulberry Records) decidiu contratarnos para editar un disco! Foi incrible ese mo-mento... Os plans que temos, de tocar todo o que se poida, pasalo ben, e se cadra que nos forramos pois facer o mesmo pero viaxando en jet privado ou en helicóptero.

—Terceiro disco xa… pero neste non sodes Niño y Pis-tola, senón que sodes Arthur & the Writers. De que vai isto? Hai cambios respecto dos anteriores?

—Este disco non ten tanta presenza británica coma os anteriores, é máis america-no, e para el inventamos unha especie de banda ficticia cha-

mada Arthur & the Writers, formada polos nosos alter egos, e toda unha mitoloxía derredor, como xa fixeran no 67 os Beatles co Sgt. Peppers ou Bowie co Ziggy Stardust.

—Que tal sabor de boca vos deixou a versión que fixestes de “O tren” de An-drés do Barro? Apuntarédes-vos a facer máis cancións en galego?

—O tren é un auténtico temazo e encántanos tocala, pero polo de agora seguire-mos a cantar en inglés, por-que o 96% da música que escoitamos é nesa lingua... malia que non descartemos o galego para un futuro...

—Xa é un lugar común di-cir que o choio da música cambiou arreo nos últimos anos. Como funcionades? Cales son os apoios e atran-cos máis destacados?

—Todo está nunha espe-cie de metamorfose que non

sabemos moi ben onde vai parar. Nós deixámonos le-var polo que acontece neste cambio, tentando non ir con-tracorrente e adaptándonos a todo o que xurda... Internet é unha grande ferramenta, pero tamén está tan chea de información que pode chegar a saturar.

—Tocades bastante en directo. Préstavos?

—Abofé… madía leva! To-car en directo é moi diver-tido. Cando tocas con xente xurde unha especie de siner-xía que te fai querer máis e máis... seguro que fai algo coa adrenalina ou algo se-mellante...

—Que outros nomes do panorama musical galego re-comendariades?

—Portrait, que son moi boas persoas, que éche moi importante ser boa persoa neste mundo, E ademais o baixista é dentista.

O grupo do Val Miñor vén de editar “Arthur & the Writers”, a súa terceira obra, na que xogan a ocultarse detrás dunha banda ficticia. Ademais de no disco, as novas cancións poden escoitarse

nos distintos concertos que ofrecen en salas. Infoxove latricou, relaxadamente, co grupo.

Venres, 26 de marzo:Vigo (La Iguana)

Venres, 23 de abril:A Coruña (Le Club)

Sábado, 24 de abril:Pontevedra (Karma)

Próximos concertos en

Galicia

Page 22: Boceto Infoxove

Marzo chea cargado de propostas. Se queres avisarnos dalgunha cita, es-cribe a [email protected]

O CARBALLIÑO13 de febreiroSORAYAIsis Pharia

27 de febreiroSUEÑO DE MORFEOIsis Pharia

13 de marzoMELENDIIsis Pharia

LUGO6 de marzoWOYzAClavicémbalo

CALDAS DE REIS26 de marzoIGLOOzona zero

Sen pausaSADA

5 de marzo

POËM

Moby Dick

ÁLVARO MURAS

Pub María Bonita

12 de marzo

PARIS JOEL

Moby Dick

CÉSAR DE CENTI

El Canalla

19 de marzo

PARIS JOEL

A punta do pé

26 de marzo

THE OTHERS

Pub María Bonita

BAIONA12 de marzoMARTYNEzMarrucho

ARZÚA6 de marzoCONCURSO QUEIXO MAQUE-TÓNRINÔÇÉRÔSESECONDPraza da Vila

7 de marzoMUTENROHIANXO LORENzOPraza da Vila

22 Lecer

BUEU5 de marzoLOS SEIS DÍASAturuxo

12 de marzoDR GRINGOAturuxo

18 de marzoA BANDA HIPNÓTICAAturuxo

21 de marzoNADADORAAturuxo

2 de abrilMAGGOT BRAINAturuxo

SANTIAGO4 de marzoNUEVA VULCANO + THE HO-MENSSala Moon

ANEMONE + THE TELEPHONE ROUGESSala Capitol

5 de marzoLA PHAzENasa

NAO + KASTOMASala Capitol

6 de marzoRUXE RUXE + MEDOMEDÁSala Capitol

A TRIBUNasa

9 de marzoREMEDIOSArteria Noroeste

11 de marzoMONOSalón Teatro

TONHITO DE POI E RASA LOBA + IBSENSala Capitol

OLGA ROMÁNUltramarinos

12 de marzoLOVE OF LESBIANSala Capitol

13 de marzoROI CASALAuditorio de Galicia

16 de marzoYO LA TENGOSala Capitol

17 de marzoLEO MINAXUltramarinos

18 de marzoBABY CHARLES + THE GO FREAKSNasa

19 de marzoTELEPHONE ROUGES + FABU-LOSO COMBO ESPECTROMoon

20 de marzoSIDONIESala Capitol

25 de marzoTARU + zARAMUNDI + EU-G + …Nasa

GUSTAVO ALMEIDA & BRASI-LIAN NIGHTUltramarinos

26 de marzoSKACHAA Gentalha do Pichel

WOYzASala Capitol

7 de abrilSEPULTURASala Capitol

4 de marzoSIDONIECUVI

DR. GRINGOFábrica de Chocolate

5 de marzoJOAN BAEzCentro Cultural Caixanova

WHY GO?Iguana Club

INMIGRANTES Y LEGALESFábrica de Chocolate

THE NEW RAEMONMondo

6 de marzoNUEVA VULCANO + THE HO-MENSIguana Club

NAOMondo

9 de marzoSSMFábrica de Chocolate

10 de marzoOLGA ROMÁNFábrica de Chocolate

11 de marzoJ4F (JUST FOR FUN)Fábrica de Chocolate

ONEMondo

12 de marzoCARLOS SEGARRAFábrica de Chocolate

MOON CRESTAMondo

TELEPHONE ROUGES + DFAHavana 20

THE TRACI LORDS + LOS VILLANOS Iguana Club

VIGO

13 de marzoNouvelle CuisineIguana Club

LOVE OF LESBIAN + MUNICHMondo

L.A.Fábrica de Chocolate

17 de marzozACH WILLIAMS + THE RE-FORMATIONFábrica de Chocolate

18 de marzoSIDONIEMondo

19 de marzoEXTRAPERLO + COLECTIVO ORUGAIguana Club

MOON CRESTAMondo

UK SUBS + VIBRATORSFábrica de Chocolate

20 de marzoEL DESVÁN DEL MACHOIguana Club

OH TRÍOLa Galería Jazz

26 de marzoNIÑO Y PISTOLAIguana Club

NEGURA BUNGET + XERIONMondo

27 de marzoSOM DO GALPOMIguana Club

TERMANOLOGYMondo

2 de abrilIVÁN NIETO + ANUBIS METAL JACKMondo

VIGO

GUITIRIZ19 de marzoMALASOMBRA + ON FUCKING AIRXoldra

Fito Cabrales

VILAGARCÍA3 de abril`TRIÁNGULO DE AMOR BIzARRO + NOISE PROJECT + RAMBLIN’ ROSEPraza da Peixería

SARRIA2 de abrilLOS ETERNOSPlaneta

Yo La Tengo

A RAMALLOSA11 de marzoWOYzAAzzaro

NIGRÁN22 de maio7 PUERTASClandestino

MONFORTE26 de marzo7 PUERTASMulligan’ s

O BARCO5 de marzoMaryland Sala Baranda

A LARACHA5 de marzo7 PUERTASD’ Antón

Page 23: Boceto Infoxove

A CORUÑA5 de mazoBIG BOSS MANPlaya Club

NUEVA VULCANO + THE HO-MENSMardi Gras

6 de marzoBARÓN ROJOColiseum

THE NEW RAEMON + ABRAHAM BOBALe Club

11 de marzoTHESE NEW PURITANSFundación Caixa Galicia

L.A.Le Club

12 de marzoDOBLE GOTA + KONFLICTOOla Green

16 de marzozACH WILLIAMS + THE REFOR-MATIONMardi Gras

18 de marzoJORGE ILEGALFNAC

20 de marzoDR SAPOFNAC

ENLAND EXPERIENCE FESTPalexco

EXTRAPERLO + COLECTIVO ORUGA

26 de marzoQUIQUE GONzÁLEzTeatro Colón

3 de abrilMAGGOT BRAIN + zUMAGarufa

23Lecer

5 de marzoJUGOPLASTIKA + TROY MC CLURESala Karma

6 de marzoBIG BOSS MANSala Karma

11 de marzoCARLOS SEGARRASala Karma

12 de marzoIGLOO + MISTERIOSO VIAJE HOLANDASala Karma

MARVELCotton Club

13 de marzoAUSTRIA + HIDROGENESSESala Karma

18 de marzoPASSADENAS + CADÁVERASSala Karma

19 de marzoFITO Y FITIPALDIS + LA CA-BRA MECÁNICARecinto Ferial

THE BLOWS + OLIMPICSala Karma

20 de marzoMANOS DE TOPOSala Karma

26 de marzoSHUARMASala Karma

27 de marzozAHARA Y LOS FABULOSOSSala Karma

28 de marzoADOLFO LANGASala Karma

PONTEVEDRA

O GROVE26 de marzoMARVELEscali

O CARBALLIÑO12 de marzoSOM DO GALPOMIsis Pharia

13 de marzoMELENDIIsis Pharia

19 de marzoSUPERSANDWICHISIS PHARIA

27 de marzozENNTRIC + RAGDOGIsis Pharia

A ESTRADA13 de marzoAID

Máis informaciónwww.desconcierto.com

www.nvivo.es

O primeiro semestre do Festival SINSAL OITO, en Vigo, á espera da confirmación de ubicacións e de novas propostas, xa conta con nomes de sona: Lisa Germano e Philip Selway; Sunburned Hand of the Man, Oneohtrix Point Never; She-llac; Omar Souleyma;n e Phill Niblock.

O SINSAL8 promete

Unha das primeiras citas fortes ao aire libre, ou baixo carpa, é o ‘Festival do Norte’ en Vilagarcía de Arousa. A lista para esta edición é prometedora: Los Planetas, Nada Surf , Pete & The Pi-rates, JJ, We Are Standard, La Bien Querida, Nudozurdo, Klaus & Kinski, Los Punsetes , Emilio José, Carrero Bianco, Dj Polar, Dj Lagartija.

Xa hai nomes para o ‘Festival do Norte’

La Bien Querida

Alondra Bentley

FERROL3 de marzoTHE DEL-LORDSSala Run Rum

5 de marzoDR. ROBERTBalance

LOS ETERNOSLa Reserva

12 de marzoRAzE + YIDORAHBalance

13 de marzoSKACHAFundación Artabria

19 de marzoESKAKEOBalance

20 de marzoNADADORASala Run Rum

26 de marzoTHE RIDDIMSSala Run Rum

31 de marzoCRISTÓBAL VEIGA + ÁLVARO LAMASBalance

2 de abrilLOS DE CASABalance

Lisa Germano

O PORRIÑO5 de marzoWÖYzABar Liceum

MELIDE12 de marzoMELIDEATHFESTSala 600

LOS ETERNOSGatos

19 de marzoALTERAzION + SALDOS ARIASSala 600

CAPITÁN FURILOGatos

31 de marzoMIGUEL COSTASSala 600

1 de abrilMAGGOT BRAINSala 600

CANGAS15 de maioJUGOPLASTIKASala Son

OURENSE12 de marzoJ4F (JUST FOR FUN)Cultural Auriense

13 de marzoANNI B. SWEETTeatro Principal

20 de marzoFITO Y FITIPALDIS + LA CABRA MECÁNICAExpourense

A GUARDA6 de marzoSKACHASala Wasabi

13 de marzoSOUL JACKETO Catre

CARBALLO12 de marzoLOS JUSTICIEROSA Reserva

BETANZOS13 de marzoÁLVARO MURASEl Galés

CULLEREDO11 de marzoCapitán FuriloFórum Celticum

O ciclo ‘Vangardas Sonoras’, que organiza a Fundación Caixa Galicia, prosegue este mes con dúas actuacións de peso: o 11 de marzo These New Puritans actuarán na Coruña; e o 13 de mar-zo será Anni B Sweet quen se achegará ao Teatro Principal de Ourense. Xa en abril, Alondra Bentley estará en Pontevedra; e o 20 de maio pecharán o cartel Castanets, en Santiago de Com-postela.

Continúa o ataque das ‘Vangardas Sonoras’

Page 24: Boceto Infoxove