Upload
tranque
View
226
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA. BIOLOXÍA de 2º BAC
1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
Non se contempla nesta etapa educativa
2. OBXECTIVOS DA MATERIA
1. Coñecer os principais conceptos da bioloxía e a súa articulación en leis,
teorías e modelos, apreciando o papel que estes desempeñan no
coñecemento e interpretación da natureza. Valorar os profundos cambios
producidos ao longo do tempo na bioloxía como ciencia e a influencia do
contexto histórico, percibindo o traballo científico como unha actividade en
constante construción. Comprender que o desenvolvemento da bioloxía
supón un proceso cambiante e dinámico, mostrando unha actitude flexible e
aberta fronte ás diversas opinións pero, ao propio tempo, combatendo os
prexuízos tales como o determinismo biolóxico por razón de sexo ou de
raza.
2. Comprender a natureza da bioloxía e o seus avances e limitacións, así
como as súas complexas interaccións coa tecnoloxía e a sociedade. Valorar
as aplicacións de coñecementos da bioloxía como o xenoma humano, a
biotecnoloxía, ferramentas como a enxeñaría xenética, a técnica da PCR,
etc. e a necesidade de traballar para lograr unha mellora nas condicións de
vida actuais.
3. Valorar a información procedente de diferentes fontes, incluídas as
tecnoloxías da información e da comunicación, para formarse unha opinión
propia dos problemas da sociedade e que lle permita ao alumnado
expresarse criticamente sobre problemas actuais relacionados coa bioloxía,
como a saúde e o contorno, a biotecnoloxía, etc. Será preciso ter en conta
as diferentes repercusións das tecnoloxías nas mulleres e nos homes e o
androcentrismo presente en moitas investigacións, particularmente nas
médicas.
4. Utilizar con autonomía algunhas da estratexias características da
investigación científica (formular e contrastar hipóteses, planificar deseños
experimentais, etc.) e os procedementos propios da bioloxía para realizar
pequenas investigacións e, en xeral, explorar situacións e fenómenos
descoñecidos.
5. Coñecer as características químicas e propiedades das moléculas básicas
que configuran a estrutura celular para comprender a súa función nos
procesos biolóxicos.
6. Interpretar a célula como a unidade estrutural, funcional e xenética dos
seres vivos. Coñecer os diferentes modelos de organización e a
complexidade das funcións celulares.
7. Comprender as leis e mecanismos moleculares e celulares da herdanza,
interpretar os descubrimentos máis recentes sobre o xenoma humano e as
súas aplicacións na biotecnoloxía, valorando a súas implicacións éticas,
sociais, económicas e políticas e de xénero.
8. Analizar as características dos microorganismos, a súa intervención en
numerosos procesos naturais e industriais e as súas aplicacións na
elaboración de moitos produtos industriais. Coñecer a orixe infecciosa
dalgunhas enfermidades provocadas por microorganismos e os principais
mecanismos de resposta inmunitaria.
3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Calquera libro que se utilice os contidos deberanse adaptar as orientación que
foron propostas nos grupos de traballo da CIUGA. Así mesmo para acotar a
dimensión dos contidos é necesario revisar as observación que se fan nesta
proposta.
Nº UNIDADES
DIDÁCTICAS
Libr
o
TEMPORALIZACI
ÓN
SESIÓNS/ MES
Proba
s
Avaliació
n
1. 1
Conceptos.
Bioelementos.
Biomoléculas
inorgánicas
Tem
a 1 5 Setembro 1ª
2. 2
Biomoléculas
orgánicas:
Carbohidratos
Tem
a 2 6 Out
3. Os lípidos Tem
a 3 5 Outubro
4. As proteínas. Tem
a 4 5 Outubro
5. Encimas Tem
a 5 6 Out - Nov
6. Os ácidos
nucleicos
Tem
a 6 6 Novembro
7. 3
A célula como
unidade
fundamental
nos seres
vivos
Tem
a 7 4 Novembro
8. 4 Envolturas
celulares
Tem
a 8 5 Decembro
9. 5
Citoplasma:
citosol e
orgánulos
Tem
a 9 7 Xaneiro
X
2ª
10. 6
Os orgánulos
celulares de
envoltura
dobre
Tem
a 10 7 Xaneiro
11.
O metabolismo
I. O
catabolismo
Tem
a 11 8 Febreiro
12.
O metabolismo
II. O
anabolismo
Tem
a 12 6 Feb-Mar
13. O ciclo celular Tem
a 13 5 Marzo
14. 7
Xenética
clásica ou
mendeliana
Tem
a 14 8 Marzo X
15.
A base
molecular da
herdanza
Tem
a 15 14 Abril
3ª 16.
Os
microorganism
os
Tem
a 16 6 Abril - Maio
17. O sistema
inmunolóxico
Tem
a 17 8 Maio
X
Nª UNIDADES
DIDÁCTICAS
CONTIDOS
BLOQUE 1. A BASE MOLECULAR E FISICOQUÍMICA DÁ VIDA.
1. Conceptos.
Bioelementos.
Biomoléculas
inorgánicas
Clasificación dos compoñentes químicos. Tipos de
enlaces químicos presentes na materia viva:
covalente, iónico, pontes de hidróxeno, forzas de
Van der Waals e interaccións hidrofóbicas.
Concepto de Bioelemento. Bioelementos primarios
(C, O, N, H, P, S) e secundarios (Mg, Ca, K, Na,
Cl).
Concepto de Oligoelemento.
Biomoléculas inorgánicas. Estrutura e propiedades
da auga. Importancia da auga para o
desenvolvemento da vida. Funcións das sales
minerais. Conceptos de pH, osmose, difusión e
diálise.
2. Biomoléculas
orgánicas:
Carbohidratos
Concepto, clasificación (monosacáridos,
oligosacáridos e polisacáridos), nomenclatura e
función biolóxica.
Estrutura e propiedades dos monosacáridos.
(glicosa). Isomerías
Estrutura, propiedades e funcións dos disacáridos
(sacarosa e lactosa). O enlace O-glucosídico
Estrutura, propiedades e funcións dos
polisacáridos. Homopolisacáridos de reserva
(glicóxeno e amidón) e estruturais (celulosa e
quitina)
Concepto de heteropolisacárido.
3. Os lípidos
Concepto, clasificación e función biolóxica.
Estrutura, propiedades e funcións dos ácidos
graxos
Lípidos saponificables: triacilglicéridos e
fosfolípidos (recoñecer a súa estrutura e función
biolóxica). Explicar o comportamento destas
moléculas en medio acuoso.
Lípidos non saponificables: concepto de esteroides
(colesterol)
4. As proteínas
Concepto e función biolóxica.
Os aminoácidos: clasificación, estrutura e
propiedades máis importantes (carácter anfótero).
Fórmula xeral dos aminoácidos
Enlace peptídico
Estrutura e propiedades das proteínas
Definir os distintos niveis estruturais das proteínas
e indicar os principais enlaces que manteñen
estable cada estrutura
Relación estrutura e función.
Propiedades das proteínas: especificidade e
desnaturalización. s.
Clasificación das proteína. Homoproteínas o
coláxeno e a albúmina, e como exemplo de
heteroproteínas e de estrutura cuaternaria explicar
someramente a hemoglobina.
5. Encimas Concepto de biocatalizador. Estructura e
propiedades dos encimas.
Características dos encimas como catalizadores
Concepto de coencima e cofactor
Clasificación das encimas.
Cinética encimática: curva de actividade
encimática (conceptos de Vmax e kM).
Inhibición e activación encimática.
Regulación da actividade encimática: alosterismo
Concepto de vitamina. Función das vitaminas
como coencimas..
O complexo das vitaminas B. Citar explicitamente
os seguintes coencimas coa súa función
bioquímica: NAD(P)H, FADH2 e CoA.
6. Os ácidos nucleicos
Concepto, clasificación e función biolóxica.
Estrutura dos nuclésidos e nucleótidos: coñecer a
estrutura xeral dun nucleótido.
Nucleótidos libres (ATP, GTP, ADP, GDP, AMP).
Polinucleótidos e enlace fosfodiéste
Funcións biolóxicas dos nucleótidos.
O ADN. A estrutura primaria do ADN: o modelo de
Watson e Crick. Aspectos estruturais e biolóxicos
da dobre hélice.
Desnaturalización e renaturalización
Os ARNs. Explicar brevemente a súa estrutura
xeral sinalando as diferenzas estruturais co ADN.
Estrutura, tipos, funcións e localizacións dos
distintos tipos de ARN.
BLOQUE 2. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FUNCIÓNS CELULARES
7. A célula como
unidade fundamental
nos seres vivos.
A teoría celula
Métodos de estudio das células. Preparación e
procesado das mostras. Tipos de microscopios,
poder de resolución e estimación de tamaños
relativos.
Modelos de organización celular: a célula
procariota e a célula eucariota. Célula eucariótica
vexetal e animal.
Estrutura bacteriana. Bacterias (gram+ e gram-).
Funcións de nutrición, relación e mecanismos de
reprodución.
Formas acelulares: os virus. Estrutura e ciclos dos
bacteriófagos e dos virus que infectan ás células
eucarióticas.
8. Envolturas celulares
Membrana plasmática e parede celular vexetal
A membrana plasmática: composición, estrutura,
propiedades e funcións.
A parede celular vexetal: composición, estrutura e
función.
Importancia das membranas nos fenómenos de
transporte. Tipos de transporte: pasivo e activo.
Exocitose e endocitose.
9. Citoplasma: citosol e
orgánulos
Citosol ou hialoplasma. Concepto de citosol..
Compoñentes: citoesqueleto e ribosomas.
Inclusións citoplasmáticas
Citoesqueleto: estrutura e función dos
microfilamentos, microtúbulos e filamentos
intermedios.
Ribosomas: composición, estrutura e función.
Concepto de polisoma ou polirribosoma.
Centríolo e centrosoma: estrutura e función. Cilios
e flaxelos.
Orgánulos de membrana simple. Retículo
endoplasmático: tipos, estrutura e función. Aparato
de Golgi: estrutura e función. Lisosomas: orixe e
tipos. Vacúolos e peroxisomas: estrutura e función.
10. Os orgánulos Estrutura e funcións de cloroplastos e
celulares de
envoltura dobre
mitocondrias. Facer referencia á teoría
endosimbióntica
Núcleo. Envoltura nuclear: composición, estrutura
e función. Nucleoplasma. Función do nucléolo. O
núcleo interfásico: a cromatina. Estrutura do
nucleosoma. O núcleo en división: os
cromosomas. Niveis de condensación do ADN.
Estrutura do cromosoma metafásico.
11. O metabolismo I. O
catabolismo
Introdución ó Metabolismo
O metabolismo: conceptos básicos (anabolismo,
catabolismo, autótrofo, heterótrofo). Rutas
metabólicas. Utilizar esquemas xerais que ilustren
estes aspectos
Papel do poder redutor e do ATP nos procesos
metabólicos
O catabolismo
Concepto de catabolismo e mecanismo xeral de
obtención de enerxía (ATP, respiración,
fermentación). Panorámica xeral do catabolismo
(glícidos, lípidos e aminoácidos). Concepto de
fermentacións e putrefaccións.
Glucolise, ciclo de Krebs, β-oxidación. Cadea
respiratoria. Fosforilación oxidativa. Significado
biolóxico da respiración celular.
12. O metabolismo II. O
anabolismo
O Anabolismo
Concepto e esquema xeral do anabolismo.
Autótrofo e heterótrfo. Os procesos anabólicos
consumen enerxía.
A fotosíntese
Importancia biolóxica da fotosíntese (reacción
global da fotosíntese para a formación dunha
molécula de glicosa. Tipos de organismos
fotosintéticos.
A fase luminosa. Esencialmente explicar o
esquema en Z (os fotosistemas, xeración de
NADPH, ATP e osíxeno) ubicándoo na membrana
tilacoide.
A fase escura: a fixación de CO2 (breve descritiva
do ciclo de Calvin).
Factores que afectan á intensidade fotosintética.
Luz, temperatura e CO2.
13. O ciclo celular
O ciclo celular en células eucariotas: interfase e
mitose
Concepto de ciclo celular (período de biosíntese e
crecemento das células ó que sigue unha división
celular),
Estudio das fases da mitose. Citocinese.
Importancia biolóxica da mitose
Meiose: Fases da meiose
Vantaxes da reprodución sexual como fonte de
variabilidade necesaria para que funcione a
selección natural.
BLOQUE 3. A HERDANZA. XENÉTICA MOLECULAR.
14. Xenética clásica ou
mendeliana
Conceptos básicos: xenotipo e fenotipo, caracteres
hereditarios cualitativos e cuantitativos, alelos,
homocigosis e heterocigosis, dominancia y
recesividade, codominancia e dominancia
intermedia.
Formulación actual das Leis de Mendel.
Enumerar os principios básicos da teoría
cromosómica da herdanza.
Herdanza dos grupos sanguíneos: sistema ABO e
factor Rh. Herdanza ligada ó sexo: hemofilia e
daltonismo
15. A base molecular da
herdanza
Os ácidos nucleicos como portadores da
información xenética. Concepto de xenoma. Fluxo
da información xenética nos seres vivos. Concepto
de xene.
Experimentos que demostraron que o ADN é o
portador da información xenética.
Concepto de xene desde un punto de vista
mendeliano (unidade da herdanza) e molecular
(unidade de
Fluxo da información xenética
A replicación do ADN
Comentar que a de tódolos modelos propostos
para explicar a replicación do ADN.
O experimento de Meselson. O mecanismo xeral
da replicación.
A técnica da PCR
A transcripción
A Transcrición: síntese e procesamento
(maduración) do ARN. Mecanismo xeral da
transcrición: as ARN polimerasas e os promotores.
Explicar brevemente a reversotranscripción.
O código xenético: características xerais e probas
experimentais.
A traducción
A Tradución: mecanismo xeral. Activación dos
aminoácidos e a súa unión ó ARNt
Regulación da expresión xénica
Importancia da regulación da expresión xénica. En
eucariotas, a regulación xénica é fundamental en
procesos como o desenvolvemento e a
diferenciación celular. Cómo as hormonas poden
intervir no control da expresión xénica.
As mutacións
Concepto de mutación. Tipos de mutación. Os
axentes mutaxénicos. Mutacións e cancro.
A mutación e a súa importancia na evolución dos
seres vivos.
A xenómica e a proteómica. Proxecto Xenoma
Humano. Enxeñaría xenética e aplicacións.
Organismos modificados xenéticamente.
Repercusions sociais e valoración ética da
manipulación xenética
BLOQUE 4. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS
16. Os microorganismos Clasificación dos microorganismos, caracterización
e formas de vida
Interaccións con outros seres vivos. A intervención
dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos.
Os microorganismos como axentes infecciosos en
humanos. Concepto de antibiótico e modo de
acción.
Utilización dos microorganismos nos procesos
industriais: agricultura, sanidade, alimentación e
mellora do medio natural.
BLOQUE 5. A INMUNIDADE E AS SÚAS APLICACIÓNS
17. O sistema
inmunolóxico
Concepto de inmunidade. Tipos de resposta
inmunitaria: inespecífica e adaptativa ou
específica. O sistema inmunitario.
Mecanismos de defensa inespecíficos: Defensas
pasivas e activas. Outros mecanismos
inespecíficos. O sistema de complemento
Mecanismos de defensa específicos. Organización
do sistema inmune. Órganos e tecidos linfoides:
primarios e secundarios. Inmunidade celular e
humoral. Células do sistema inmunitario. Linfocitos
T e B.
Concepto de antíxeno e anticorpo. Estrutura e
función dos anticorpos. A reacción antíxeno-
anticorpo. Memoria inmunolóxica. Hipótese da
selección clonal. Cooperación celular: cooperación
entre células B e T. Resposta inmune primaria e
secundaria.
A inmunidade natural e adquirida ou artificial.
Definición de vacinas e soros. Tipos de vacinas.
Disfuncions e deficiencias do sistema inmunitario.
A hipersensibilidade: as alerxias e a
hipersensibilidade retardada. Enfermidades de tipo
autoinmune: causas e consecuencias. A síndrome
da inmunodeficiencia adquirida. Acción do virus da
SIDA sobre o sistema inmune. O virus VIH e o seu
ciclo vital. Cancro e inmunidade.
Transplantes de órganos. Reflexións éticas sobre a
doazón de órganos.
4. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
a) Metodoloxía específica da materia
A metodoloxía que propoñemos parte do enfoque da aprendizaxe como
proceso significativo e construtivo que debe ter sempre en conta os
conceptos previos e intereses dos alumnos e alumnas para implicalos ó
máximo no proceso de ensino-aprendizaxe.
En base a estas consideracións teremos en conta as seguintes
directrices:
Unidades amplas e globais que permitan unha gran flexibilidade pero que
garantan un mínimo de conceptos e procedementos a traballar.
Establecer constantemente referencias e interaccións con outros temas.
Utilizar como punto de partida para o enfoque do tema, debates, elementos
abertos e suxerentes: imaxes, preguntas, actividades colectivas,
experiencias, saídas,...
Analizar textos divulgativos e noticias de actualidade sobre aspectos
medioambientais.
Facer aplicacións prácticas dos conceptos e procedementos á vida diaria.
Plantexar actividades abertas (de múltiples posibilidades de realización e
resposta) e de aplicación dos conceptos e procedementos a outras
situacións para favorecer a reflexión e comparación, a observación, o
espírito crítico, a flexibilidade, o respecto polas diferenzas e os xeitos de
pensar e actuar.
Introducir dentro do posíbel, os recentes avances científicos en todos os
campos: medicina, tecnoloxía, astronomía...
Engadir información complementaria de xeito que o libro de texto sexa
tamén un libro para ler e informarse sobre diferentes aspectos das ciencias.
Apoiar os contidos con imaxes e gráficos que axuden a establecer
referencias claras e concretas.
Favorecer a autoavaliación.
Plantexar recursos moi diversificados:
– Deseño e realización de experiencias
– Utilización dos medios de comunicación: vídeos, prensa,
publicidade...
– Utilización das TICs
– Consulta de bibliografía
– Debates.
b) Materiais e recursos didácticos
Predominantemente as explicacións dos contidos con apoio de apuntes
elaborados polo centro e algún libro complementario de consulta de entre os
que se recomenden.
De cara a unha aprendizaxe significativa débense usar a maioría dos
materias curriculares dispoñibles, textos de diversa procedencia, revistas,
periódicos, transparencias, gráficos, vídeos, diapositivas, discos compactos,
programas informáticos, aparellos diversos, material de laboratorio para a
aplicación práctica de contidos teóricos, etc.
Recursos informáticos
PC
Pantalla dixital
Canón
Procesador de textos
Power Point.
Vídeos específicos para axudar a comprender determinados procesos
Outros recursos
Laboratorio
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS MÍNIMOS
Recoñecer os diferentes tipos de macromoléculas que constitúen a
materia viva e relacionalas coas súas funcións biolóxicas na célula. X
Enumerar as razóns polas que a auga e os sales minerais son
fundamentais nos procesos celulares, indicando algúns exemplos
das repercusións da súa ausencia.
X
Recoñecer e representar a estrutura xeral dun monosacárido.
Recoñecer e representar o enlace O-glucosídico. Recoñecer ás
estruturas dos disacáridos e polisacáridos.
X
Recoñecer ás estruturas dos ácidos graxos e dos lípidos
saponificables. Saber explicar o comportamento dos lípidos en
medio acuoso.
X
Aprender a fórmula xeral dos aminoácidos. Recoñecer e
representar o enlace peptídico. X
Recoñecer e representar o enlace fosfodiéster.Recoñecer as
estruturas dos polinucleótidos. X
Interpretar a estrutura interna dunha célula eucariota e dunha
célula procariota (tanto co microscopio óptico como co microscopio
electrónico), identificando os orgánulos da primeira e describindo a
función que desempeñan.
X
Explicar a teoría celular e a súa importancia no desenvolvemento
da bioloxía. X
Analizar e representar esquematicamente o ciclo celular e as
modalidades da división do núcleo e do citoplasma, xustificando a X
importancia biolóxica da mitose.
Diferenciar os mecanismos de síntese da materia orgánica
respecto dos de degradación e os intercambios enerxéticos a eles
asociados. Explicar o significado biolóxico da respiración celular
indicando as diferenzas entre a vía aerobia e a anaerobia respecto
da rendibilidade enerxética, os produtos finais orixinados e o
interese industrial destes últimos. Enumerar os diferentes procesos
que teñen lugar na fotosíntese e xustificar a súa importancia como
proceso de biosíntese, individual para os organismos, pero tamén
para o mantemento da vida.
X
Comparar as características dunha célula vexetal e unha célula
animal. Describir, localizar e identificar os compoñentes dunha
célula eucariota en relación coa súa estrutura e función.
X
Explicar os diferentes procesos mediante os cales a célula
incorpora sustancias: permeabilidade celular e endocitose. X
Explicar o metabolismo desde un punto de vista global. Indicar o
papel do poder redutor e do ATP nos procesos metabólicos. X
Definir e localizar: glucolise, ciclo de Krebs, β–oxidación, cadea
respiratoria e fosforilación oxidativa. Compre recoñecer a) con que
composto empeza e con cal remata, b) onde teñe lugar, c) que se
xera (sen aprender a cuantitativa) e d) para que serven. Dá
gluconeoxénese e lipoxénese hai que saber onde empezan e
rematan, onde teñen lugar e que se consume (sen aprender
cuantitativa).
X
Diferenciar as fases da fotosíntese e localizalas intracelularmente.
Identificar os sustratos e os produtos que interveñen nas fases da
fotosíntese e establecer o balance enerxético desta.
X
Aplicar os mecanismos de transmisión dos caracteres herdables
segundo a hipótese mendeliana e a teoría cromosómica da
herdanza á interpretación e resolución de problemas relacionados
coa herdanza.
X
Describir as vantaxes da reprodución sexual e relacionar a meiose
coa variabilidade xenética das especies. X
Explicar o papel do ADN como portador da información xenética, a
natureza do código xenético e a relación coa síntese das proteínas. X
Relacionar as mutacións coas alteracións da información e a súa
repercusión na variabilidade dos seres vivos e na saúde das
persoas.
X
Coñecer algunhas das ferramentas da enxeñaría xenética e as
súas aplicacións. X
Explicar as características estruturais e funcionais dos
microorganismos, resaltando as súas relacións cos outros seres
vivos, a súa función nos ciclos bioxeoquímicos, valorando as
aplicacións da microbioloxía na industria alimentaria e farmacéutica
e na mellora do medio natural, así como o poder patóxeno que
poden ter nos seres vivos.
X
Analizar os mecanismos de autodefensa dos seres vivos, en
particular o desenvolto polos vertebrados ante a presenza dos
antíxenos.
X
Coñecer o concepto actual de inmunidade e explicar as
características da resposta inmunitaria, incidir para reforzar e
estimular as defensas naturais.
X
6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION
a) Para as avaliacións ordinarias
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Probas escritas Unha proba escrita por avaliación na que terá as
mesmas características que a proba a que deberán
enfrontarse na selectividade e que constará: a) Catro
cuestións cun valor de 2 puntos cada unha, b) Unha
pregunta na que terá que relacionar conceptos, cun
valor de 1 punto, c) Un test de verdadeiro-falso (as
respostas erróneas puntúan negativamente) cunha
valoración de 1 punto.
Traballos en grupo Prácticas no laboratorio (obrigatorias). A non realización
determinará a non superación da materia
Observación e
rexistro
De non acudir a unha proba escrita, só se lle repetirá a
mesma, a aqueles alumnos que presenten o mesmo día
que se incorporan ao centro, xustificación médica ou de
deber inescusable, de carácter público ou privado para
a non asistencia a dita proba. A data da proba será
fixada polo profesor da materia.
Anotarase a asistencia e puntualidade do alumno.
Anotarase a actitude negativa do alumno en forma de
apercibimentos que figurarán na xefatura de estudos
por escrito ou tendo en conta o número de
interrupcións, que non veñen ao caso, perante as
explicacións da materia. Comunicarase ao alumno na
aula, quedando constancia no libro do profesor.
Anotarase a actitude positiva cando, requirida a súa
participación explícita ou voluntaria,nas actividades da
aula a súa colaboración é absolutamente correcta.
Comunicarase ao alumno na aula, quedando constancia
no libro do profesor.
b) Para a avaliación extraordinaria
PROCEDEMENT
OS
INSTRUMENTOS
Proba escrita Deberá facer unha proba escrita, na que se demostren os
coñecementos da materia. Terá as mesmas características
que as propostas na avaliación ordinaria. A data e fixada
pola xefatura de estudos.
7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Establécense como requisitos para unha avaliación positiva os
seguintes:
Traballo regular das actividades tanto na clase como na casa.
Realización das probas escritas e conseguir o mínimo esixido.
Manter actitudes de acordo cos obxectivos fixados.
Probas de seguimento que se farán ao longo do curso.
O/a alumno/a será avaliado da súa aprendizaxe ó longo de tres períodos
avaliativos na propia clase durante o desenvolvemento dos bloques de
contidos.
Os criterios empregados deben ser coñecidos polo alumnado coa
anticipación suficiente; os xerais no inicio do curso, e os específicos dalgunha
proba ou actividade coa anticipación necesaria.
A avaliación dos bloques de contidos consta de dous apartados:
a) Traballo e actitude do alumnado
– Na aula:
– Faltas de asistencia non xustificadas, de puntualidade, actitudes
pasivas ou negativas na aula poden descontar 0,1 puntos cada vez.
A reiteración do anterior ou actitudes negativas graves, poden
supoñer un suspenso na avaliación, se antes houbo os
apercibimentos escritos con comunicación os pais ou titores legais.
– Do mesma xeito sumaranse 0,1 puntos cada vez, no caso de
actitudes destacables no traballo na aula. Tamén sumarán 0,1
puntos as probas de seguimento que se farán ao longo do curso,
estas probas serán breves e servirán de autoavaliación para o
alumnado, cabe destacar que non restarán puntos na avaliación final.
– O traballo a realizar fóra da aula:
– SON OBLIGATORIOS: prácticas de laboratorio. Se non se fan
suspéndese a materia.
b) Exame (Puntúa 10 puntos)
– Farase un único exame por avaliación no que o alumno deberá
demostrar os coñecementos dos contidos correspondentes a dita
avaliación.
– Faltas de ortografía ou expresións incorrectas (-0,15 por cada unha,
ata un máximo de 1 punto.)
– A falta de asistencia a unha proba debe ser xustificada ou supón un
suspenso, previo informe do feito á xefatura de estudos.
– Si se observa que algún alumno/a está copiando nunha probade de
verificación ou se demostra que así o fixo, aínda que non fora
observado será cualificado coa nota mínima.
– O exame terá as mesmas características que presenten os exames
de selectidade e que son indicadas polo grupo de traballo de Bioloxía
da CIUG
– A nota total será a suma dos apartados anteriores
– Menos de 5 puntos na nota total, equivalen a suspenso.
– Lémbrase que para aprobar a materia en xuño hai que aprobar
tódalas avaliacións. Sendo a nota final a media aritmética das
obtidas nos tres períodos avaliativos. A nota da terceira avaliación
será a nota media das tres avaliación e será considerada como a
nota final, tendo en conta as sumas ou restas especificadas polo
traballo e actitude na aula.
– En certos casos poderase ter en conta o punto de partida do
alumno/a ou circunstancias que puideran influír nos resultados,
sempre coa intención de favorecelo/a.
8. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO
a) Das materias pendentes de cursos anteriores
Comunicar os alumnos implicados, os contidos e criterios de avaliación,
para a superación da materia de Bioloxía e Xeoloxía de primeiro de
BAC.
Dividir as materias mencionadas en dúas partes, que serán obxecto das
respectivas probas por separado. Sen excluír a proba final do mes de
maio á que tódolos alumnos teñen dereito.
As probas realizaranse nos meses de xaneiro ou febreiro, e de abril ou
maio, (fechas concretas a determinar en reunión de coordinación co
Xefe de Estudios).
Se o alumno supera as dúas probas previas, no terá que presentarse a
proba final en maio
b) Da materia do propio curso
Procedementos e instrumentos de avaliación para :
a. Unha proba non superada
Non se contempla neste nivel.
b. Unha avaliación parcial
Serán mediante un exame dos contidos correspondentes a materia da
avaliación.
Faise un exame e só un por cada avaliación suspensa.
c. A avaliación final ordinaria
Poderá haber un exame final de graza en maio, sempre que o alumno/a
non fora apercibido por escrito pokla súa actitude pasiva ou negativa ó
longo do curso. Sen ter correxido a súa actitude.
O alumnado cunha avaliación sen recuperar, tendo as restantes
aprobadas, poderá facer un exame de graza no mes de xuño sobre os
contidos dese bloque non superado tendo en conta os requisitos do
punto anterior.
Na recuperación dunha proba a nota obtida fará media para a nota final.
d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación
continua
No caso dos alumnos que perdan o dereito a avaliación continua farán
unha proba escrita no mes demaio, na que se demostren os
coñecementos da materia.
9. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE
No desenvolvemento desta programación de Bioloxía tratamos de evitar os
escollos que supón a lóxica diversidade en ritmos de aprendizaxe, motivación e
coñecementos previos. Para elo:
Partimos do que o alumno xa sabe.
Introducimos actividades diversificadas: a) de lapis e papel, experiencias
cortas e documentos breves o longo do desenvolvemento do tema; b) de
autoevaluación con grados variables de dificultade, ó finalizar o tema e,
c) deseños experimentais, con grados de liberdade diferentes que
permiten subsanar os distintos puntos de partida en cuanto a
capacidades se refire, sempre sen esquecernos dos contidos mínimos e
obxectivos a acadar establecidos polo coordinador do grupo de traballo
para a proba de selectividade
En casos individuais especias farase coa colaboración do departamento
de orientación unha adaptación personalizada.
10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Non se contemplan de forma sitemática neste nivel.
11. ACCIÓNS DE CONTIRBUCIÓN AO PLAN LECTOR
Utilización de información de orixe diversa, procurando secuenciala en
orde de complexidade.
Á hora de realizar traballos por escrito, se son informatizados, evitarase
o uso do copiado de textos.
Na realización dun traballo escrito, informarase ao alumno de qué se lle
pide e como ten que estar organizado.
Nos criterios de avaliación da materia están incluídos aspectos como:
Expresión.
Faltas de ortografía.
Presentación e limpeza nos exames e nos traballos entregados.
12. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.
Visualizar páxinas web onde se amosan diversos applets de simulacións
de procesos biolóxicos (Replicación, transcripción, tradución, etc.)
Utilización dos buscadores para a obtención de información á hora de
facer traballos relacionados co tema ou coas experiencias de laboratorio.
Utilización da pizarra interactiva para a explicación do tema ou para ver
simulacións dinámicas, imposibles de visualizar na pizarra convencional.
Facilitarlle ao alumno direccións de páxinas web relacionadas cos
contidos da materia para o seu uso fora do centro.
13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
Aplicación das normas do plan de convivencia vixente no noso centro.
14. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)
EDUCACIÓN PARA O CONSUMO
Crear unha conciencia crítica ante o consumo.
Adquirir esquemas de decisión que consideren todas as alternativas e
efectos individuais e sociais de consumo.
Desenvolver un coñecemento dos mecanismos do mercado, así como
dos dereitos do consumidor.
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
Desenvolver hábitos de saúde.
Adquirir un coñecemento progresivo do corpo, das súas principais
anomalías e enfermidades, e da forma de previlas e curalas.
EDUCACIÓN PARA OS DEREITOS HUMANOS E A PAZ
Preferir a solución dialogada ou censurada antes que o conflito.
Xerar posicións de defensa da paz mediante o coñecemento de persoas
e institucións significativas.
EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE ENTRE SEXOS
Considerar hábitos non discriminatorios.
Desenvolver a autoestima e a concepción do propio corpo como
expresión da personalidade.
Analizar criticamente a realidade e corrixir xuízos sexistas.
EDUCACIÓN AMBIENTAL
Concienciar acerca da deterioración do medio e as causas que o
producen.
Influír nas actitudes que favorecen a conservación do medio.
EDUCACIÓN MULTICULTURAL
Desenvolver un espírito de tolerancia, respecto e valoración crítica de
actitudes, crenzas, formas de vida, etc., de persoas, ou grupos
pertencentes a sociedades ou culturas diferentes á nosa.
Espertar o interese por coñecer outras culturas e indagar nas súas
particularidades.
EDUCACIÓN VIARIA
Desenvolver condutas e hábitos que melloren a seguridade viaria.
Espertar a sensibilidade ante os accidentes de tráfico e as súas
repercusións económicas e sociais.
EDUCACIÓN PARA A CONVIVENCIA
Favorecer o diálogo como forma de solucionar as discrepancias entre
individuos e grupos.
Respectar a autonomía, as formas de pensar e os comportamentos
doutros.
EDUCACIÓN SEXUAL
Consolidar actitudes de naturalidade e respecto no tratamento de temas
relacionados coa sexualidade.
Adquirir información suficiente e científica de todos os aspectos relativos
á sexualidade.
15. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Para os alumnos que queiran matricularse desta materia sen haber
cursado previamente a asignatura de Bioloxía e Xeoloxía de 1º BAC. O comezo
do curso fará unha proba escrita tipo test de resposta múltiple combinado con
cuestión de resposta breve dos contidos dos coñecementos previos básicos
que acrediten a o alumno a posibilidade de seguir con normalidade o
desenvolvemento desta materia.
A proba deberá incluír conceptos básicos de:
Bioquímica: Elementos bioxénicos; Biomoléculas inorgánicas;
Biomoléculas orgánicas: glicidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.
Bioloxía celular: concepto de célula e tipos de organización celular.
Funciones xerais dos orgánulos celulares.
Conceptos de respiración e fotosíntese
Algunha característica dos principais grupos taxonómicos dos seres
vivos.
Xenética mendeliana.
16. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN
Reunións de departamento, nas que se analizará o grao de cumprimento
da programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse
ás necesidades educativos do alumnado.
Memoria de final de curso, ode se reflexará o exposto da programación
anual, cambios na mesma ou defectos á hora de por en práctica o
acordado na mesma.
17. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Nos primeiros días de clase, o profesor informará das características
académicas da materia impartida neste nivel.
Igualmente, informará a secuenciación temporal da materia ao longo do
curso.
Informará do tipo de material a usar (libro de texto oficial, fotocopias,
boletíns de cuestiones, resumes do tema, ...), onde se impartirán as
clases (aula e laboratorio).
Explicar o sistema de avaliación.
Finalmente, indicar ao alumnado a dispoñibilidade da programación
didáctica para a súa consulta. Dita dispoñibilidade pode ser de dúas
formas:
o Por escrito. Para elo, o departamento posuirá unha copia por
escrito da programación didáctica.