3
BioBlitz Serra do Courel 2 e 3 de xuño do 2012 Asociación Galega de Custodia do Territorio

BioBlitz Serra do Courel

Embed Size (px)

DESCRIPTION

BioBlitz Serra do Courel

Citation preview

Page 1: BioBlitz Serra do Courel

BioBlitz Serra do Courel2 e 3 de xuño do 2012

Asociación Galega de Custodia do Territorio

Page 2: BioBlitz Serra do Courel

BioBlitz Serra do CourelUn BioBlitz é una actividade de voluntaria-

do que consiste en rexistrar a biodiversidade existente nunha área específica. Esta actividade realízase durante un curto período de tempo e coa implicación de biólogos, naturalistas e fo-tógrafos e entusiastas da natureza. Este tipo de actividades danos a oportunidade de realizar un inventario detallado das flora e fauna exis-tente na área estudada e dar a coñecer a rique-za natural que esta alberga.

A Serra do Courel constitúe o extremo occi-dental da Cordilleira Cantábrica, onde conflúen as tendencias climáticas eurosiberianas coas mediterráneas. Este feito, acompañado da exis-tencia dunha ampla representación de solos ca-lizos, fai que esta serra sexa unha das áreas de maior riqueza botánica e faunística do territo-rio galego.

O BioBlitz Serra do Courel é unha actividade organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio que percorrerá os principais luga-res desta fermosa serra visitando piñeirais cali-zos, soutos, prados, ríos e afloramentos calizos onde caracterizar a rica biodiversidade courelá. Os participantes percorreran os lugares seleccio-nados buscando tódolos organismos existentes, rexistrando a súa existencia e, sempre que sexa posible, fotografando algún exemplar.

As fotografías dos voluntarios almacenaranse de maneira conxunta e ordeada por autor e loca-lización. Desta maneira, poderanse usar estas fo-tografías para identificar os exemplares non asig-nados a ningunha especie a través da consulta a expertos e mediante a plataforma Biodiversidad Virtual. Logo da identificación de tódalas especies observadas, crearase un documento resaltando os valores naturais observados e listando as diferen-tes especies detectadas. Agradecerase a colabo-ración de tódolos voluntarios coa cesión das súas fotografías, o que será recompensado cunha pra-za preferente en posteriores BioBlitz.

Máis información: www.casadasinsuas.org Info e inscrición: [email protected] (Martiño)

Sábado 2 de xuño do 201210:30-11:00 Comezo en Savane (Seoane do Courel)11:15-12:15 Taro Blanco12:45-14:15 Afloramento calcáreo de Campelo14:30-15:30 Comida no Alto do Couto15:30-17:00 Alto do Couto17:15-18:45 Devesa da Rogueira19:15-20:15 Reunión na Estación do Courel20:30-22:00 Cea22:00-0:00 Prospección nocturna Domingo 3 de xuño do 201210:30-11:00 Comezo no Camping do Courel11:15-12:15 Souto de Parada12:30-14:00 Prados e lindeiros de Moreda14:45-15:45 Comida en Froxán16:00-17:00 Praia fluvial e muíño de Froxán17:15-19:15 Prados e sobreiras de Froxán19:30-20:30 Peche do BioBlitz

Page 3: BioBlitz Serra do Courel