Upload
others
View
4
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
____________________ Aulas de 3 anos
Estimadas familias, neste PDF continuamos coa estruturación temporal
propostas nos anteriores PDF.
Primeiro:
ASEMBLEA: reunión dos membros da familia. Decidimos as actividades que
imos facer ó longo do día, anotamos o número de persoas que estamos na
casa e o número de persoas que saíron. Escribimos o seu nome (coa vosa
axuda). Marcamos o día no calendario e miramos que tempo fai.
Para iniciar o día continuamos coas mesmas cancións:
- “Buenos días”
- “Los días de la semana”
- “Como está el clima”
- “Os días da semana”
https://www.youtube.com/watch?v=gOF8zncSLg0https://www.youtube.com/watch?v=9X7906XhRbQhttps://www.youtube.com/watch?v=CGImwvqwycchttps://www.youtube.com/watch?v=7QRs2lDFRyg
Segundo:
Traballo individual na mesa (podedes escoller unha das actividades
propostas para cada día).
Escribir o nome dos/as compañeiros/as e das profes coa vosa axuda,
contar o número de nomes que foron capaces de recordar.
Debuxar en bandexa de sal ou area as vogais (A,E,I,O,U).
Debuxar unha cara contenta ou triste, segundo as accións dos
nenos/as con respecto ós animais (ficha 1 do PDF).
Colorear os animais que viven na granxa, repasar os trazos de
grafomotricidade do tellado (primeiro con lapis e logo con
rotulador, cera… lembrade que unha vez que empezamos non podemos
levantar o lapis…)(ficha 2 do PDF).
Colorear as formas xeométricas (círculo, cadrado e
triángulo)segundo as cores indicadas(ficha 3 do PDF).
Repasar e realizar a vogal “O”. Rodear dita vocal no nome escrito e
colorear a ovella, podemos pegarlle algodón na lá…(ficha 4 do PDF).
Pintar un ou dous cadrados das partes do corpo representadas, tendo
en conta o mesmo (ficha 5 do PDF).
Debuxarlle a cada animal, o grafismo que lle corresponde segundo a
pel (ficha 6 do PDF).
Colorear os animais, repasar a grafía dos números e colorear a
casilla segundo o número de animais que hai (ficha 7 do PDF).
Escoitar a canción Fun ó mercado e colorear as partes do corpo das
que fala a canción (ficha 8 do PDF).
Colorear os alimentos de orixe animal (ficha 9 do PDF).
Terceiro:
Merenda, xogo libre.
Cuarto:
Momento do conto: podedes seguir empregando os contos clásicos que
teñades na casa e os que se recolleron nos anteriores PDF, engadimos
dous novos (pulsade no enlace e podedes ler os libros na pantalla ou
descargalos en PDF):
- Pájaro amarillo
- Mateo y su gato rojo
Quinto. Podedes elixir unha das actividades para realizar cada día, por
exemplo: luns actividades dos recantos, martes de música, mércores de
psicomotricidade, xoves praxias e venres experimentos ou valores.
https://www.youtube.com/watch?v=yEhQr_ROsJ0https://www.olgadedios.es/descargas/PajaroAmarillo_OlgadeDios.pdfhttps://drive.google.com/file/d/1JAn68kizAaDWQ2kNfHYeWeMm9dR8BwYq/view
Actividades que desenvolven na aula nos recantos como:
Modelar con plastilina (letras, números, churros…).
Decorar caixas de cartón que serven para gardar obxectos.
Representar simbolicamente accións da vida real, por exemplo, poñer
a mesa…
Verbalizar as posicións onde colocan os xoguetes, por exemplo, este
coche está dentro de, ó carón de…
Asociar pinzas da roupa de cor ou pintadas con figuras xeométricas,
que poden facer coa vosa axuda, da mesma cor.
Buscar imaxes que empecen como o seu nome.
Clasificar alimentos pola súa cor, textura e sabor.
Seleccionar a obra artística “Cuadros y círculos concéntricos” de
Kandinsky. Describir e identificar na obra formas xeométricas,
cores. Realizar unha copia e unha variante creativa (outras formas
xeométricas, cores…).
Con relación á música a profe Marta envíavos a seguinte proposta:
- TIBURÓN BEBÉ ( BAILE CON CONSIGNAS)
- COCO EN SU RÍO ( BAILE CON CONSIGNAS)
- EL BAILE DE LOS ANIMALES ( BAILE CON CONSIGNAS)
- DIME QUE FIXECHES. MIGALLAS TEATRO ( CANCIÓN CON CONSIGNAS)
Psicomotricidade(Premede no enlace blog dos Mestres de EF).
Para relaxarse e volver a calma podemos utilizar un novo recurso: “Los
astronautas del espacio interior”.
https://www.youtube.com/watch?v=sW0i6cS-IyQhttps://www.youtube.com/watch?v=1HHXVFIrX8Yhttps://www.youtube.com/watch?v=pgzXRKtg6ikhttps://www.youtube.com/watch?v=4jtbAyVC7A0https://efalborada19.blogspot.com/https://www.youtube.com/watch?v=feJdmeEV9YQhttps://www.youtube.com/watch?v=feJdmeEV9YQ
Con respecto ás (Praxias)podemos traballar cos seguintes enlaces:
- Praxias
- “Cuento el gusanito y la Señora Lengua”.
Enviamos tamén outro enlace para traballar a estimulación da linguaxe
oral. Neste caso temos que tentar adiviñar os sons dos animais:
- Xogamos a adiviñar os sons dos animais
Un aspecto moi importante en educación infantil é promover a
investigación-acción e para isto, entre outras actividades, facemos
experimentos e actividades variadas... Propoñemos dous para as dúas
vindeiras semanas.
Experimento 1: “Mini volcán en erupción” coa axuda dun adulto
Como o facemos? Primeiro colocamos enriba da mesa (coa axuda dun
adulto) 2 vasos, vinagre, bicarbonato e colorante alimentario.
Posteriomente enchemos un dos vasos con bicarbonato e despois o outro
vaso coa mesma cantidade con vinagre, agregamos o colorante ó vaso de
vinagre e finalmente pouco a pouco vertemos o vaso de vinagre no vaso
de bicarbonato e observamos o que acontece.
https://www.youtube.com/watch?v=dm7o44GVYa4https://www.youtube.com/watch?v=JJ8pgfYCWoIhttps://www.youtube.com/watch?v=YxOrQM2lM-0
Experimento 2:”Dous líquidos que non se xuntan”. Necesitamos un pouco
menos de medio vaso de auga. Engadimos nese vaso outro tanto de aceite
vexetal e vemos como a auga queda na base e o aceite na superficie.
Para traballar os valores aproveitamos as diferentes situacións do día
a día, mediante contos (como os que reflectimos anteriormente) ou por
medio de anacos de películas ou cortos infantís. Enviamos dous novos
enlaces:
- Pajaritos
- Parcialmente nublado
Unha vez vistos estes cortos falaramos do que acontecía nos mesmos, dos
personaxes, etc.
Sexto
Recollemos e lembramos as actividades feitas.
Algunhas páxinas web que lles gustan son:
https://arbolabc.com/
http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/
https://www.elbuhoboo.com/
https://www.juegosinfantilespum.com/
http://www.cristic.com/
https://www.youtube.com/watch?v=tqvQ8UiLV4Ihttps://www.youtube.com/watch?v=rwOuv0SgH2chttps://arbolabc.com/http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/https://www.elbuhoboo.com/https://www.juegosinfantilespum.com/http://www.cristic.com/
Enviamos tres propostas novas:
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/
http://www.memo-juegos.com/
https://www.juegosinfantilespum.com/
Para obter recursos podedes empregar:
https://www.orientacionandujar.es/ (contidos de todo tipo)
https://es.ixl.com/math/ (para traballar conceptos matemáticos)
https://www.imageneseducativas.com/
https://www.pequeocio.com/
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/http://www.memo-juegos.com/https://www.juegosinfantilespum.com/https://www.orientacionandujar.es/https://es.ixl.com/math/https://www.imageneseducativas.com/https://www.pequeocio.com/
MOITÍSIMO ÁNIMO DE PARTE DE TODO O
PROFESORADO!!!
FICHA 1
FICHA 2
FICHA 2
FICHA 3
FICHA 3
FICHA 4
FICHA 5
FICHA 6
FICHA 7
FICHA 8
FICHA 9