Upload
pablo-guimerans
View
227
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
1/21
1 M EMILIA GARCA PAZ
PABLO GUIMERNS SANJORGE
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
2/21
NDICE
1.- CONTEXTO HISTRICO-CULTURAL
1.1.- Contexto internacional e renovacin cultural en occidente px. 3
1.2.- Contexto en Espaa e a movida madrilea px. 5
1.3.- Transformacins polticas e culturais en Galicia px. 7
2.- ATLNTICA E O ATLANTISMO
2.1.- Orixes e evolucin de Atlntica px. 9
2.2.- Particularidades px. 13
2.3.- Autores px. 14
3.- OUTRAS PROPOSTAS A PARTIR DE ATLNTICA
3.1.- Antn Reixa px. 17
3.2.- Manuel Rivas px. 19
2
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
3/21
CONTEXTO HISTRICO-CULTURAL
A dcada dos oitenta quizais sexa unha das mis transcendentais e mticas no
mbito poltico-cultural para varias xeracins de homes e mulleres na actualidade. Os que
a viviron recrdana como anos de cambio, ruptura e mesmo rebelda, e os que nonremntanse a estes anos con grande interese e na procura de elementos que agora
recobran importancia e mesmo son tendencia na moda e no comportamento. Para
entendermos o proceso de renovacin cultural que se est a levar a cabo neses anos en
Galicia preciso coecer tamn o entorno, pensamento e circunstancias europeas e
universais no que se moven os artistas e creadores autctonos. No Estado espaol estamos
a vivir a culminacin do proceso de transicin democrtica, etapa finalizada coa chegada
dos socialistas ao poder. Mentres tanto, fra das nosas fronteiras e en tan s 10 anosasistimos a anos de mxima tensin entre os bloques, anos de relaxacin propia da Glasnot
e Perestroika e finalmente a unha inslita desintegracin do bloque sovitico.
CONTEXTO INTERNACIONAL E RENOVACIN CULTURAL EN OCCIDENTE.
A dcada dos 80 foron anos fortemente convulsos no plano internacional polas
guerras en Oriente Medio de Irn e Irak, a guerra afgano-sovitica, a guerra do Lbano en
1982, o bombardeo de Libia en 1986 ou a primeira Intifada na Franxa de Gaza e
Cisxordania. A crise do bloque comunista pxose de manifesto con sucesos como as
protestas de Tiananmen de 1989, a Revolucin do Terciopelo en Checoslovaquia ou o
derrocamento do rxime de Ceausescu en Rumana, mentras que na Unin Sovietica de
Gorbachove se empezaban a desenvolver as primeiras polticas reformistas e de apertura
(Perestroika e Glasnot) que remataran coa desintegracin do Pacto de Varsovia en 1989 e
polo tanto co fin da Guerra Fra.
No plano econmico temos que mencionar o crecemento extraordinario de novas
economas como as do sueste asitico ou a crecente liberalizacin econmica sufrida en
pases da Europa do Este co debilitamento dos rximes comunistas. Xapn e Alemaa
Occidental sern os pases desenvolvidos que mis crecern nesta dcada, mentres outras
economas como a dos Estados Unidos e do Reino Unido, baixo os gobernos de Reagan e
Margaret Tatcher, adoptarn polticas econmicas fortemente neoliberais. Os pases en
desenvolvemento en todo o mundo enfrontaranse non obstante a grandes dificultades
3
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
4/21
econmicas e sociais, xa que sufrirn mltiples crises provocadas pola dbeda externa,
requirindo moitas destas economas solicitar asistencia financeira do Fondo Monetario
Internacional e do Banco Mundial. Etiopa foi testemua neste eido dunha fame xeralizada
a mediados dos oitenta que obrigou a inxentes esforzos por parte da comunidade
internacional.
Outros sucesos salientables nesta dcada foron a aparicin da SIDA, facndose
pblica a sa existencia por primeira vez en 1981. Esta enfermidade converterase nunha
pandemia que causar estragos de enormes proporcins a nivel mundial durante toda a
dcada, feito que ter gran incidencia tamn no mundo da arte e da cultura. A
transformacin tecnolxica e electrnica ter tamn un gran impulso nestes anos coa
aparicin dos primeiros ordenadores persoais (IBM, 1981), videoxogos e co avance de
tecnoloxas como Internet que revolucionarn a cultura, industria e forma de
comunicarnos ata os nosos das
No mbito cultural non posbel falar de arte espaola nin galega nos anos 80 sen
facer mencin ao horizonte internacional neste campo, que estar profundamente
marcado polo cosmopolitismo, secularismo, pluralismo e anti-dogmtismo. S hai que
pensar no alcance que tiveron movementos como o Novo Expresionismo Alemn ou a
Transvangarda italiana no noso pas, ou tamn na eclosin expositiva, do galerismo,
coleccionismo e do mercado estilstico en xeral, con novas institucins e feiras de arte que
empezaron a crearse a nivel Europeo e estatal como puntos de intercambio de
coecemento entre artistas e tendencias internacionais.
O neoliberalismo avanza sen trabas tamn no mundo da arte, quedando patente que
a linguaxe de mercado e de marketing se introduce ferozmente neste mundo no que
debera primar a orixinalidade e a transgresin. A cultura pasa agora a ser produtocultural (a vangarda o mercado, segundo A. Onito Oliva), e cultura de masas ou de
espectculo. A denominada crise de valores da intelectualidade plsmase na
imposibilidade de calquera tipo de rebelin ante esta situacin, e a continua referencia
morte da arte que preludian certos intelectuais, que alleos ao compromiso con calquera
causa utpica, refxianse no pracer que produce a arte pola arte. Os Estados Unidos son o
maior exemplo deste supermercado da arte, con Andy Wahol e a sa The Factory no
Soho neoiorquino exercendo a colonizacin estilstica no resto do occidente dende os anos
4
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
5/21
60. Europa constitese non obstante nunha reserva espiritual con certa primaca cultural
anda conservada, que recurirn os artistas americanos constantemente en busca de
novos referentes do pasado. O neoexpresionismo alemn promover a recuperacin do
esplendor creativo da Alemaa de comezos de sculo basicamente no eido pictrico ,
nunha sorte de eclecticismo culturalista transversal que recoller a tradicin romntica, acentroeuropea e en xeral a da toda a historia da arte. En Italia ter gran importancia a
Transvangarda italiana promovida na Bienal de Venecia de 1980 por Bonito Oliva, en
contraposicin arte povera italiana dos anos 70.
A cultura pop da que xa falamos ter como principal medio de diseminacin a
televisin e a radio, novos instrumentos de diseminacin artstica que popularizarn sen
dbida tamn outras novidades da cultura popular. Na msica cobrar gran importancia o
movemento New Wave, con gran influenza tamn no comportamento e nas artes plsticas,
as como a msica electrnica (polo impulso nos avances tecnolxicos da poca como os
sintetizadores, gravadores dixitais e computadoras) ou o heavy metal. Nestes anos crase
tamn a canle de televisin MTV, popularizndose o videoclip moderno e dndose a
coecer artistas internacionais da talla de Michael Jackson, Madonna ou David Bowie,
celebridades que sern referentes tamn no propio mundo da moda, onde marcarn
tendencia. En canto Sptima Arte encontrmonos con Hollywood e a sa industria
focalizada na audiencia de masas e o auxe das tcnicas informticas e de efectos especiais.
Steven Spielberg e Woody Allen sern os mximos representantes no mundo do mercado e
no cine de autor estadounidense, mentras en Europa destacan cineastas como Bertolucci,
Louis Malle, W. Wenders ou Pedro Almodovar.
CONTEXTO EN ESPAA EA MOVIDA MADRILEA.
A transicin cara a democracia vaise consolidar no Estado espaol ao versesuperado o intento de golpe de estado de 1981 e tras eleccins de 1982 coas que o Partido
Socialista de Felipe Gonzlez accede ao goberno. Espaa recupera o pulso e o terreo
perdido durante esta dcada no plano internacional firmndose o protocolo de adhesin
OTAN en 1982, facendo ingreso na Comunidade Econmica Europea en 1986, ou
celebrndose numerosos eventos como o Mundial de Ftbol en 1982 e as Olimpiadas de
Barcelona ou a Exposicin Universal xa no 1992. En contraposicin, ETA continuar a sa
actividade terrorista con novos atentados e masacres, tanto contra exrcito e forzas de
5
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
6/21
seguridade como contra poboacin civil (como no atentado a un Hipercor en Barcelona no
ano 1987), feitos que conmocionarn fortemente sociedade espaola.
No plano cultural a
chamada movida madrileasignificar un estandarte do
instante inmediatamente
posterior transicin
democrtica espaola, unha
expresin artstica que
acabar por definir unha das
tramas culturais mis
importantes, influntes, e
polo tanto decisivas no plano
social das ltimas dcadas. A
movida madrilea mitifcase
tamn pola natureza da
mesma e pola sa singularidade. Representa as ganas de liberdade persoal tras a morte de
Franco, a europeizacin (recordemos o cambio esttico e estilstico que representa o punk
britnico exportado a todo o mundo), a perda de complexos, a modernidade e tamn a
ilusin pola situacin poltica do momento coa viraxe a un goberno de esquerdas no noso
pas, algo impensable dende haba mis de 40 anos. Segundo Pedro Almodovar, mximo
exponente no mbito do cine, nos anos 80 existe un momento en que de pronto la gente
pierde el miedo a la polica, a los vecinos, a la propia familia, al ridculo y a uno mismo1.
O momento cumbre da movida madrilea pode establecerse no maio de 1981, no
Concerto de Primavera organizado pola Asociacin Cultural Arquitectura da UniversidadePolitcnica de Madrid, onde actuaron grupos como Nacha Pop, Mam, Secretos, Rubi y los
Casinos, Ttem, Alaska y los Pegamoides, Modelos, Flash Strato o Farenheit 451. Anda
que o ambito da msica foi o mis representativo, a movida tamn trouxo grandes cambios
e novas vertientes no cine (con Pedro Almodovar o Ivn Zulueta), na literatura (a
Narrativa de la Posmodernidad, entorno ao Crculo de Bellas Artes de Madrid, con
autores como Vicente Molina Foix, Gregorio Morales ou Jos Antonio Gabriel y Galn), na
1
EL MUNDO MAGAZINE. Madrid, 2002, nm.155. Disponibleen
6
Camerino da sala Marquee, febreIro de 1981. De esquerda a dereita:
Canut, Alaska, Eduardo Benavente, Fabio de Miguel (McNamara),
Berlanga, Pablo Sela e Juan Costus. Abaixo: Furia, Juan Prez deAyala, Ana Curra e Javier Benavente.
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
7/21
fotografa (traballos de Alberto Garca Alix) e na pintura (Ceesepe, El Hortelano, Miguel
Trillo, Miquel Barcel, ou Antoni Tpies, coas mis independientes e diversas corrientes
artsticas: nova figuracin, abstracin ou expresionismo).
TRANSFORMACINS POLTICAS E CULTURAIS EN GALICIA
Os cambios en Galiza veen da man das transformacins e acontecementos no
resto do Estado e da propia conxuntura local. En 1981 entramos na etapa da autonoma,
coa aprobacin do Estatuto galego e a posta en funcionamento da Xunta de Galicia
gobernada pola dereita. A Lei de Normalizacin Lingstica aprbase en 1983, un ano
despois trasldanse os restos de Castelao ao Panten dos Galegos Ilustres de Compostela e
en 1985 ponse en marcha a TVG. En 1987 Xerardo Fernndez Albor deixa o goberno tras
unha mocin de censura en prol do socialista Fernando Gonzlez Laxe nun goberno
tripartito con Coalicin Galega e o Partido Nacionalista Galego. O nacionalismo empezaba
a acadar cotas de poder e influencia na sociedade galega nun momento de certo
escepticismo poltico e
nun contexto de forte
crise social e econmica
(con altas taxas de paro e
unha forte reconversin
naval que afectar sobre
todo a cidades como
Vigo, ncleo onde se
desenvolver a chamada
movida viguesa).
Efectivamente,xunto movida
madrilea e en paralelo
desenvolveuse na cidade
olvica un movemento de
renovacin esttica e
musical. En clubs como
Angara, Satchmo, O
7
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
8/21
Cerne da Devoura ou El Kremlin empeza a pincharse msica New Wave e a nova
sensacin madrilea baseada no Tecno-punk ao tempo que comezan a formarse novos
grupos efmeros na sa duracin pero con gran repercusin na vida nocturna daquel Vigo
en total decaemento. Bar, TrenVigo, Siniestro Total, Golpes Bajos, Os Resentidos
(liderados por Antn Reixa) Aerolneas Federales ou Semen up son algunhas desas bandasque se basean na diversidade estilstica, na posmodernidade e na falta de compromiso
social para conformar o que ser un dos principais ncleos de renovacin musical en toda
a pennsula.
Paralelo a isto encontrmonos un novo panorama no mundo literario con creadores
atrados polas claves primitivistas e neoexpresionistas alleos ao debate poltico. Atlntica e
os traballos de Menchu Lamas, Antn Patio, Lamazares, Xos Freixanes ou nxel Huete
represennta neste eido o genius loci galego. No ambito escultrico e pictrico
encontrmonos cos traballos de Tono Carbajo, Daro Basso, Isaac Prez Vicente, Francisco
Leiro, Din Matamoro ou Jorge Barbi.
No marco da autonoma e coa posta en marcha da Xunta de Galicia, algunhas
institucins pblicas empezaran a desenvolver programas dinamizadores para sector
artstico. Neste eido destacaron principalmente das experiencias: a Bienal da Arte da
Deputacin de Pontevedra e a Seccin de Artes Plsticas da Xunta de Galicia. A primeira
delas satisfarase dun pulo transformador a partir de 1982 coa sa profesionalizacin,
convertendo cidade do Lrez nun centro punteiro onde acudan artistas crticos e
coleccionistas de todas as tendencias do panorama espaol e internacional. En 1984 crease
na Consellera de Educacin e Cultura unha Seccin de Artes Plsticas para impulsar a
proxeccin da arte galega no exterior, a sensibilizacin interna das artes plsticas e para
crear unha serie de axudas a creadores e entidades. A nova crtica, a creacin de
numerosas galeras e salas de artes (como Abside, Giannini e Finisterrae na Corua, aGalera Novecento ou a Abel Lepina en Vigo,Labirinto en Pontevedra, e as salas Torques,
Matisse e Sargadelos en Compostela) e a posta en marcha dun incipiente mercado
artstico supuxo unha dinamizacin e impulso que nunca antes se vira no sector artstico
galego.
8
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
9/21
ATLNTICA E O ATLANTISMO
Anda que non se poida tomar a Atlntica como referente exclusivo da renovacin
dos oitenta, xa que caeriamos nun concepto simplificador, si hai que facer fincap na
trascendencia que vai ter en forma dunha nova xeracin que entra en xogo a principios de
esta dcada en Galicia.
Se nun principio, o estmulo que moveu a un grupo se artistas a formular novas
sobre a actividade plstica no contexto galego foi o afn de renovacin do devandito
contexto dentro da dinmica clsica dos factores xeracionais, co factor engadido dun clima
favorable derivado da ansia de modernidade va transicin democrtica, o certo que, a
medida que os feitos transcendan e as expectativas aumentaban, o aluvin de vocesprotagonistas e doutrinas fundacionais fixeron derivar o termo Atlntica no concepto de
Atlantismo. Este discurso terico que retomaba as particularidades de Galicia apoiouse nas
lecturas de Risco, a Xeracin Ns ou Lus Seoane, conectando deste xeito co movemento
dos Renovadores- Laxeiro, Colmeiro, Torres-, coa idea romana de Finis Terrae e a
oposicin entre Atlntico e Mediterrneo.
No libro de X. Antn Castro, Expresin Atlntica. Arte galega dos 80, en 1985,recllese unha serie de paradigmas que van rexer esa identidade que o grupo da Atlntica
estaba a buscar: a coexistencia de factores nacionalistas-cosmopolitas, a relacin tradicin-
modernidade, as relecturas de sensibilidades prximas Romnico e Barroco, as
disquisicins arredor do celtismo e da prehistoria; a recuperacin dunha vea
antropolxica, o primitivismo, a saudade, o expresionismo, o romanticismo; a imaxinacin
trascendente e fabuladora, unha nocin pola arte canalizada mediante o pracer de pintar e
da talla directa da escultura popular galega acompaados dunhas doses altas de
individualismo dos artistas galegos.
ORIXES E EVOLUCIN DE ATLNTICA
A idea daAtlntica xerouse en Vigo nos derradeiros anos dos anos 70, trala viaxe a
New York dos artistas Anxel Huete, Menchu Lamas, Guillermo Monroy e Antn Patio,
contando o nacemento desta inciativa co apadriamento de Romn Pereiro, amante e
coleccionista de arte na cidade viguesa, quen cumpriu un labor de mecendego que sera
9
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
10/21
fundamental para o desenvolvemento do proxecto. Vai ser a cidade estadounidense onde
visiten o Museo de Arte Moderna, MOMA, onde admiran as obras dos abstractos
americanos coma Pollock, Rothko, Motherwell ou De Kooning. A orixe da Atlntica foi
vertixinosa xa que hai que ter en conta que esa primeira viaxe en Nova York realizouse en
primavera e que en verano estbase a realizar esa primeira mostra.
Vai a ser nunha xuntanza mantida con Romn Pereiro abordouse o definitivo
bautismo da experiencia, chegndose o nome de Atlntica. Antes de decantarse por ese
nome haba uns presupostos previos, nos que se falou nun principio, como unha certa
parodia, o nome de presentar un nome alternativo ao de Escola do Pacfico, de quen
coeceran obras durante a sa viaxe a Amrica. Mis se o nome final de Atlntica
realizouse en feminino foi porque pareca menos evidente a sa vinculacin coa dimensin
real do ocano.
Naquel momento fundacional foi moi importante, pois, a viaxe a Amrica e todas
esas connotacins en relacin coa Escola do Pacfico e o puxante expresionismo e action
painting transocenicos. Pero tamn estaba a hubicacin atlntica, de mar aberto,
conectado coa aventura, anda que tomada nun sentido mtico. Outro feito importante era
o intento consciente de conexin e insercin do discurso galego no estatal, presidido este
naquela poca pola movida dos oitenta.
A pesar de estar iniciada esta corrente no ncleo de Vigo, uniranse despois cos
membros do grupo corus Galga. De este xeito Atlntica constitese dende o seu
nacemento nun movemento nutrido de creadores.
Nun documento publicado por Xavier Seoane no seu libro Reto ou rendicin
recllese baixo o encabezamento Atlntica. Texto programtico, Baiona, agosto-setembro,1980 recolle as razns bsicas do seu nacemento e que a continuacin relatamos:
ATLNTICA es una sociedad formada por intelectuales y artistas y su objeto
bsico es la promocin y divulgacin de las ltimas tendencias de las Artes Plsticas en
Galicia.
Est abierta a todos aquellos que no difieran bsicamente de sus criterios estticos
(apertura y dinamismo esttico)
10
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
11/21
Objetivo:
- Promocin y divulgacin de las ltimas tendencias del arte gallego en Galicia y
fuera de ella, considerando todos los lenguajes de expresin plstica (pintura escultura,
arquitectura, cermica, fotografa, vdeo, poesa virtual)
- Contribucin a la formacin del arte actual.- Difusin del arte de otros pueblos de Galicia.
- Realizacin de exposiciones monogrficas de autores de mximo relieve.
- Organizacn anual de una muestra de arte que se convierta en el exponente de
las ltimas manifestaciones de la creatividad gallega, tanto de artistas de renombre
como de las ltimas generaciones.
Perspectivas de la creacin de un museo de vanguardia que acoja
primordialmente las ltimas tendencia de las Artes Plsticas.
ATLNTICA 80: Primeras manifestacin anual del grupo ATLNTICA
- Se celebrar en Bayona la Real del 14 de agosto al 14 de septiembre del presente
ao.
- Abarcar pintura, escultura y arquitectura.
- Se celebrar en la Casa de la Cultura, antiguo Hospital de Caridad.
- El criterio para la invitacin de autores estuvo este ao, por urgencia de tiempo,
a cargo de la directiva de Atlntica, que se ha basado ms en la obra ltima de los
autores que en sus aos de profesionalidad.
- En prximas ediciones se efectuarn la invitacin despus de detenido estudio a
lo largo del ao de las exposiciones de toda Galicia, comentarios de las crtica e
intercambio de criterios entre todos los miembros del grupo Atlntica, apoyndose
siempre en la trayectoria creativa del artista en el ltimo ao.
- Durante la celebracin de la muestra habr mesas redondas sobre temas de arte
as como la discusin crtica de la propia muestra, interviniendo tanto los participantescomo ajenos a la muestra.
- Conferencias sobre cultura y arte en Galicia por personalidades de renombre.
Coloquio sobre la Crtica del Arte en Galicia.
Ser en agosto de 1980 cando a Atlntica faga a sa presentacin cunha exposicin
na que participan vintetrs artistas e catro equipos de arquitectos. Entre os pintores
estaban entre outros: Correa Corredoira, Xos Freixanes, Anxel Huete, Menchu Lamas,
11
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
12/21
Antn Lamazares, Antn Patio, Manuel Ruibal ou Vidal Souto. En canto os escultores
atopamos a Ignacio Basallo ou Daz Fuentes e por mencionar entre os arquitectos estaban
Iago Seara ou Felipe Pea.
Posteriormente exporn en Vigo (1981), Madrid (1981), Salvaterra do Mio (1982) eSantiago de Compostela (1983), onde se unir o grupo Francisco Leiro.
Romn Pereiro, exercendo xa coma presidente de Atlntica, declara no catlogo da
exposicin de Baiona2: Atlntica considera necesario que se escoite este grito de
afirmacin da actual realidade plstica galega, e trata de coordinar na presente mostra
o esforzo creativo individual co noso colectivo sociocultural()
En canto a evolucin cabe salientar que de xeito rxido a Atlntica remata en 1983
coa ltima exposicin en Santiago de Compostela, e cada artista a partir dese momento
iniciarn camios de xeito individual. Pero a pesar disto os seus obxectivos e os seus froitos
permaneceron na potenciacin de novos artistas e sucesivas mostras colectivas, que
recoeceron a sa forza innovadora (Nova xeracin Artistas lucenses, Imaxes dos oitenta
desde Galicia, A toda tela), realizadas xa estas ltimas polo goberno autnomo.
A hora de falar da arte galega actual, non hai dbida de que compre falar dun antes
e dun despois de Atlntica. Se a posteriori, a pesar dos avances indudbeis que se
produciron a todos os niveis dentro da arte galega actual, non calou como se esperaba os
preceptos da Atlntica foi por non existir unha mentalidade tanto na sociedade como nas
clases dirixentes e economicamente privilexiadas para comprender a trascendencia que
pode ter a nivel cultural e social, pero tamn a nivel econmico e mesmo poltico, unha arte
propia certamente puxante.
De todos xeitos, a experiencia de Atlntica marcou os seus compoentes. Para
Manuel Moldes, o balance da experiencia resultou moi positivo, e o feito de que logo os
participantes teren seguido cada un a sa particular traxectoria non mis que unha
consecuencia lxica e tamn positiva- do proceso:
2SEOANE RIVAS, X., Reto ou rendicin: (unha aproximacin aos presupostos tericos e creativos da arte
galega); Sada (A Corua), Ed. Do Castro, 1994; px. 92
12
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
13/21
Estes tres ou catro anos de Atlntica foron alegres, creativos e mesmo divertidos.
Os que participamos activamente no colectivo Atlntica vivimos unha experiencia que
non esqueceremos. Como aportacin ao panorama galego, puxeron-se as bases do que
veu despois. Agora, desde a nosa perspectiva actual, as cousas foron-se decantando dun
xeito ms individual, a xente madurou, abriu camiosEntre todos penso que se chegoua que a arte galega tea o seu peso especfico dentro do panorama estatal, e estamos
comezando a abrir fronteiras no contexto internacional. Nunca pasou nada parecido en
Galiza
PARTICULARIDADES
En canto as lias estticas e creativas fundamentais deste grupo era moitas e
plurais, e isto sen dbida dificulta as sistematizacins que se an a realizar a posteriori,
mis anda se temos en conta que hai creadoras que sistematizaban na sa obra elementos
de das ou mis tendencias, quizais como anticipo do eclecticismo que se ira xerar
despois. Xa desde o principio a pluralidade de tendencias dexouse notar. Nela aparecan
representados case todos os rexistros creativos do momento pero o peso mis forte
levrona as tendencias abstractas e en concreto a influencia do expresionismo abstracto da
grande escola americana (sen dbida tomado isto na viaxe a Nova York). Esta influencia da
abstraccin definiuse por un cariz primitivista, de orientacin antropolxica, feito que
retomaba mitos ancestrais e esquemas figurativos emparentados coa tradicin popular,
mis pag que relixiosa, e con presupostos estilsticos que parecan reactualizar o romnico
ou o barroco. Estas caractersticas formais e discursivas estiveron moi presentes entre un
bo nmero dos representantes da Atlntica- o outro amplo sector participou das correntes
da abstraccin de influencias norteamericana e catal e, dun xeito similar, outros artistas
de traxectorias independentes tamn acudiron a fabulacins e relatos entroncados coa
iconografa autctona e as vivencias da paisaxe galega, dentro do clima global, isto ,internacional, de recuperacin da pintura na faceta mis clida e humanista.
Sera mis tarde cando moitos destes artistas militantes na abstraccin iran
tendendo a figuracin de filiacin expresionista a travs do novo expresionismo alemn, a
transvangarda, os novos salvaxespero a introducin de elementos figurativos nalgns
deles derivaran nun mbito simblico ou emblemtico.
13
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
14/21
AUTORES
monos centrar aqu nos principais representantes da corrente Atlntica en canto en
tanto renovacin que produciron na arte galega da poca e centrndonos na sa
producin entre os anos 1980 e 1983 aproximadamente. nesta etapa cando se leva a caboa nova corrente anda que despois estes autores irn evolucionando a unha arte propia e
fora as veces dos preceptos da Atlntica. Analizaremos os pintores mis importantes e
despois no campo escultrico mximo expoente da escultura contempornea galega,
Francisco Leiro
A) Pintura
Antn Patio (Monforte, 1957) tal vez o artista
mis representativo dentro desta nova proposta na arte
galega de comezos dos anos oitenta. Vaise formar en Vigo e
en Madrid e vai ser un dos organizadores da exposicin na
praza da Princesa la cidade olvica. Na sa evolucin
artstica apreciase o desenrolo nuns comezos da
investigacin conceptual pero logo da mencionada viaxe a
Nova York e o nacemento de Atlntica cando a sa obra se
deixe influr por unha figuracin primitivista en grandes
formatos moi prximo o graffitti. Na producin artstica de
esta poca son salientables series como Recortes vexetais
ouDornas. A caracterstica fundamental da sa pintura a
de ser feita a machazos, cun contido de axitacin popular
coincidindo cunha recuperacin da linguaxe expresionista
propia da lia mis dura dos renovadores.
Juan Manuel Bonet Correa defina as o papel de Antn Patio na Atlntica:
Antn Patio a cabeza visible, e tamn a cabeza pensante, de Atlntica
Os comezos de Menchu Lamas (Vigo, 1954) teen bastantes similitudes cas do seu
compaeiro Antn Patio. Sen embargo, as sas formulacins artsticas participan dunha
obstinacin pictrica mis contundente con respecto a autonoma da imaxe. As sas
14
Antn Patio, Testa deitada, 1985
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
15/21
primeiras pinturas, recollidas nas series como Escaleiras, Tboas de pasar o ferro ou
Abanos ou Aspas subordinan a ancdota temtica coti puro exercicio da cor e da
composicin, eficacia duns cadros que foron evolucionando sobre os temas figurativos
animais ou humanos. A ambigidade dos seus personaxes cae tamn baixo o influxo da
la, un dos temas mis recorrentes da sa producin. Xa na segunda metade dos anosoitenta os seus cadros orintanse cara a posicins mis enigmticas como fragmentos de
muros ou las, reducindo as formas e potenciando mis o fondo pictrico.
A integracin afectiva de Guillermo Monroy (Vigo,
1954-1982) fixo que os seus compaeiros se implicasen
mis anda no proxecto da Atlntica e como consecuencia o
seu falecemento s 28 anos, supuxo un duro golpe para o
grupo. Na sa obra destaca o carcter eminentemente
cromtico e diludo pero a vez nervioso, cunha influencia
clara a os seus artistas predilectos: Matisse e De Kooning
que vira nas sas viaxes a Pars e Nova York. Entre a sa
producin destaca as series comoEscribas e Vents.
Antn Lamazares (Maceira, Laln, 1954) foi bolseiro
da Deputacin de Pontevedra e do Concello de Laln durante
1976 e 1978. A sa obra inicial caracterzase por unha figuracin propia dun bosque
animado, como sada dunha fbula humana pero tamn cunha certa retranca galega. O
largo da dcada dos oitenta o interese pola materia pictrica, as superficies ou as texturas
orixinarn cadros con grandes incisins brillantes e vernizadas, con incisins, signos ou
outros trazos grficos.
A formacin de Xos Freixanes (Pontevedra, 1953) desenvolveuse nas facultades deBelas Artes de Bilbao e Madrid complementadas con diversas viaxes que vai a realizar por
Europa anda que tamn se vai a interesar por outras civilizacins. Este interese vaise a ver
na repercusin que van ter as sas estadas en frica. Nos seus comezos destaca a
inspiracin expresionista mediante unha figuracin sobrecargada, pero vai ser cando
comece a participar na Atlntica cando a luminosidade da sa cor se site preto da rbita
do fauvismo. Entre a sa producin destaca Baista (1982), Cazador de elefantes (1984)
ou Camio de Santidade (1985).
15
Guillermo Monroy,Dous homes con
peto, 1981
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
16/21
Manuel R. Moldes (Pontevedra, 1949) vai participar dende a sa cidade natal da
Atlntica. A pesar de que nun principio se aproxime abstraccin surrealista
posteriormente ter mis en conta un esprito narrativo, querendo contar historias reais e
interpretar o seu xeito unha lenda, ben sexa medieval- como en Presenzas de Alfonso X ou
a serie Batallas, de 1982- ben sexa popular relacionada coas vivencias dos personaxes quehabitan os seus cadros, algns sados dos relatos locais.
A pintura de Xavier Correa Corredoira (A Corua, 1952) orientouse cara a figuracin
libre e un pulo neoexpresionista a travs de series ou homenaxes como: Work in progress,
os cristais dedicados a James Joyce ouBoxing Mach.
Outros artistas pertencentes Atlntica son: Reimundo Patio, Alberto Datas,
Rafael R. Baixeras, Xess Vzquez, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Vidal
Souto ou Csar Otero.
B) Escultura
As como na pintura a corrente predominante foi o neoxpresionismo no mbito da
escultura presentouse un panorama mis indefinido e plural. As correntes do minimalismo
americano ou o discurso do Land Art foron algunhas das pezas claves nas influencias da
escultura dos oitenta.
En Galicia o substrato da tradicin segue a proxectar
unha producin vinculada a imaxinera popular. A talla directa
sobre o material unha prctica comn e a pedra e a madeira
son os materiais predilectos. En canto a escultores debemos
salientar a Silverio Rivas, Mon Vasco, Luis Borrajo, Ignacio
Basallo ou Paco Pestana. Pero se unha figura destaca entre
todos estas e Francisco Leiro.
Francisco Leiro (Cambados, 1957) frmase en Santiago,
Barcelona e Madrid. Nos anos setenta comeza a sa producin
artstica con obras de forma abstracta e orgnica que aproveitan
as influencias das erosins marias. Posteriormente a sa
producin ir evolucionando ata o ano 1982. Ser aqu cando
arranque unha producin dirixida a consolidar uns sinais de
16
Francisco Leiro, Salom, 1982
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
17/21
identidade propios . O interese suscitado pola obra de Leiro debido as exposicins de
Atlntica convrtese nun fenmeno que acada dimensins internacionais: conforma unha
das imaxes de marca das propostas expresionistas, primitivas e salvaxes que an definir
boa parte da arte espaola do momento. Vai ser a galera Montenegro, de Madrid, quen lle
sirva de plataforma para a difusin da sa producin. Os resultados deste furorlembrbaos Antn Castro nun artigo publicado en 1985 na revista Lpiz3: Do ano 80 84,
van sar do seu taller mis de cen esculturas con destino a coleccionistas, fundacins,
galeras e outras institucins que descubriron a xenial individualidade de Leiro e
quixeron dotar as sas coleccins dalgunha mostra do seu traballo. Non sen pena, o
escultor cambads va como as obras saan do estudio a medida que estaban
terminadas.
Esta etapa vertixinosa vai dar como resultado algunhas das sas obras mis
emblemticas:Eva, 1982;Parella, 1983 ou a impoente Sansn derribando as columnas
do templo, de 1984. En todas elas manifstanse os trazos bsicos do seu traballo:
figuracin expresionista e distorsionante na que conflen o popular e o sarcstico no eido
do galego coas formulacins dos salvaxes alemns (Lupertz, Baselitz, Immendorf), as
analoxas con Miguel ngel ou as esculturas exipcias. A madeira trtase de forma directa,
acentuando mis anda o seu carcter expresionista.
Na segunda metade da dcada dos oitenta afronta novas experimentacins,
abandonando os volmenes modelados para investigar nos contrastes xeomtricos vez
que incorpora novos materiais. A finais da dcada trasldase a Nova York, onde segue
traballando na actualidade pero sen perder ese carcter autnomo e de vinculacin con
Galicia que tanto lle caracteriza.
OUTRAS PROPOSTAS A PARTIR DE ATLNTICA
ANTN REIXA
Antonio Xavier Rodrguez Reixa (Vigo, 1957-) considerase actualmente unha das
maiores iconas da cultura galega. A sa traxectoria inciase nos anos 70 ao rematar a
carreira de Filoloxa Galega, entrando en contacto coas vangardas poticas do momento e
3VV.AA, Galicia arte, t. XVI, Arte Contempornea (I); A Corua, Hrcules, 1993; px. 405
17
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
18/21
fundando o grupo de Comunicacin Potica Rompente. Nesta etapa fai pblicas mis de
setenta obras de poesa (entre elas o libro colectivo Silabario da turbina e As ladillas do
travesti ) e embarcase na docencia impartindo clases de lingua e literatura galega. Nos
anos 80 foi un dos maiores representantes da chamada movida viguesa co grupo Os
Resentidos (1982-1994), que ter continuidade na evolucin musical galega nos anos 90 nomovemento coecido comoRock Brav.
Artista polifactico, participou tamn na producin de cinema (O Lapis do
Carpinteiro) e series de televisin como Mareas Vivas, as como no teatro, na radio e na
prensa (na actualidade columnista do Xornal de Galicia).
O seu papel no grupo Os
Resentidos foi clave ao ser o
encargado das letras e da voz na
banda. Dous ex-membros de
Siniestro Total, Alberto Torrado
e Xavier Soto, que
posteriormente ser substitudo
por Xabier Debesa, sern os
compoentes adicados
guitarra, baixo, gaita e teclados.
Este grupo de pop-rock
conseguiu, baixo o selo
discogrfico de Grabaciones
Accidentales, o fito histrico de
popularizar a primeira cancin
en galego a nivel estatal co tema Galicia Canibal, amais de conseguir que o seu disco Jeide 1990 fora elixido pola revista Rockdelux como o mellor disco espaol do ano.
Xa na etapa brav e coa banda disolta, Reixa encamiase a un novo proxecto
persoal coa creacin deNacin Reixa, grupo vasco-galego de funk, rock e acid-jazz. O Rock
Brav ser considerado polos seus propios integrantes coma un rock sen capar e de aldea.
A parte de Antn Reixa, destacar tamn neste movemento o artista Xurxo Souto, lider e
vocalista do grupo Os Diplomticos de Monte-Alto, e tamn outros como Os Herdeiros da
18
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
19/21
Crus, Kaos, Xenreira ou Skrnio. O movemento mesmo colleu transcendencia noutros
eidos coma o xornalstico e literario, coa identificacin e apoio de autores como Santiago
Jaureguizar, Xos Manuel Pereiro e Manuel Rivas.
MANUEL RIVAS
Manuel Rivas Barrs un xornalista, novelista, ensasta e poeta galego nacido no
barrio corus de Monte Alto en 1957. A sa carreira artstica comeza entorno aos anos 70
coa publicacin dos seus primeiros artigos de opinin no El Ideal Gallego, fundando
tamn o grupo potico Loia en 1977. Considerase hoxe en da un dos escritores mis
importantes do panorama literario galego. A sa bagaxe creativa ampla, con deceas de
libros escritos orixinalmente en galego pero
traducidos a mltiples idiomas pola sa
proxeccin internacional. Algunhas das obras
mis importantes deste prolfico autor son Un
milln de vacas, obra narrativa publicada en
1989, Que me queres, amor?, libro co que
conseguiu en 1996 o Premio Nacional de
Literatura e que foi levado ao cine por Jos Luis
Cuerda coa adaptacin A lingua das
bolboretas. Outra obra levada tamn gran
pantalla neste caso por Antn Reixa foi O lapis
do carpinteiro, de 1998. A sa ltima novela, Os
libros arden mal, tamn acadou numerosos
premios as como crticas positivas.
En poesa destacan obras como Anisia e outras sombras, publicado en 1981 encolaboracin con Xavier Seoane, Ningn Cisne (1989) ou O Pobo da noite, antoloxa
potica de 1996. Comprometido con Galiza, escribiu numerosos artigos e ensaios
literarios coma Galicia, el bonsai Atlntico, publicado en 1989, no que repasa a situacin
econmica, social e mesmo lingstica do pas4. O autor considera nesta obra que Galicia
o cuarto trastero de Espaa e avoga pola constitucin dunha fronte atlntica. Outros
ensaios son Toxos e Flores, co que conseguiu o Premio de Xornalismo de La Voz de Galicia
4 RIVAS, MANUEL; Galicia, el bonsai atlntico; Madrid, El Pas Aguilar, 1989., pxs 37-43.
19
Manuel Rivas nos anos 80
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
20/21
en 1991, ou o recente A corpo aberto, publicado no 2008. A sa labor lvao a campos que
van mis al do artstico, sendo socio fundador de Greenpeace Espaa en 1984,
implicndose fortemente na creacin da plataforma Nunca Mis tras o desastre do
Prestige en novembro do 2002, ou apoiando plataforma Queremos Galego na sa
ofensiva contra a poltica lingstica da Xunta de Nez Feijoo nesta ltima lexislatura.
20
8/7/2019 ATLANTICA E ATLANTISMO
21/21
BIBLIOGRAFA
SEOANE RIVAS, X., Reto ou rendicin: (unha aproximacin aos presupostos
tericos e creativos da arte galega); Sada (A Corua), Ed. Do Castro, 1994
VV.AA, Galicia arte, t. XVI, Arte Contempornea (I); A Corua, Hrcules, 1993
GUASCH, A.M;El arte del ltimo siglo XX: del posminimalismo a lo multicultural;
Madrid, Alianza editorial, 2003
RIVAS, MANUEL; Galicia, el bonsai atlntico; Madrid, El Pas Aguilar, 1989.
PABLO GUIMERNS SANJORGE
M EMILIA GARCA PAZ
21