Upload
dangdieu
View
219
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
0
1
As Normas Europeas EN para os equipos de tratamentos fitosanitarios establecen os requisitos mínimos para asegurar a protección ambiental (EN 12761: 2001) e a seguridade do aplicador (EN 907:1997).
A Norma Europea EN 12761 “Maquinaria agrícola e forestal. Pulverizadores e distribuidores de fertilizantes. Protección ambiental” foi aprobada en febreiro de 2001. Esta norma amplía a normativa que se aplica á maquinaria de distribución de fitosanitarios, que tamén inclúe a norma EN 907 “Maquinaria agrícola e forestal. Pulverizadores e distribuidores de fertilizantes. Seguridade”.
ELEMENTOS ESENCIAIS PARA A ELECCIÓN DUN PULVERIZADOR PARA CULTIVOS EXTENSIVOS
REQUISITOS E/OU MEDIDAS DE SEGURIDADE
XENERALIDADES (4.1 UNE EN 907): As operacións de mantemento e conservación das bombas e filtros teranse que facer sen ocasionar vertidos co depósito cheo á capacidade nominal.
PROTECCIÓN CONTRA OS RISCOS POLOS ELEMENTOS MÓBILES DE TRANSMISIÓN (4.2 UNE EN 907):
Os elementos móbiles accesibles da transmisión deberán ter protectores fixos.
Se se prevé un acceso frecuente, os protectores deberanse abrir con ferramenta, quedar solidarios á máquina e bloquearse automaticamente sen necesidade de ferramenta
ESTABILIDADE (4.3 UNE EN 907):
Ao gardarse a máquina, esta ten que ser estable para inclinacións mínimas do 8,5 % en calquera dirección (tanto se os depósitos están cheos coma se están baleiros, e tamén con todas as opcións que poida incluír a máquina
MÁQUINAS SUSPENDIDAS CON RODAS PARA O TRANSPORTE MANUAL: as máquinas equipadas con rodas para o transporte manual deberán estar deseñadas de maneira que non poidan envorcar.
Procedemento:
1. Pregar a máquina segundo o manual.
2. Empuxala a unha velocidade de 1 m/seg. Contra un obstáculo de 50 mm de altura, situado de forma perpendicular á velocidade de avance
2
LIMPEZA E MANTEMENTO (4.4 UNE EN 907):
Baleirado e limpeza completa do pulverizador.
Substitución de elementos desgastados.
Verificación do funcionamento do pulverizador, conexión dos instrumentos de medida necesarios.
ELEMENTOS DUN PULVERIZADOR Depósito. - Bomba. - Sistema de axitación. - Filtros. - Sistema de regulación. - Indicador de presión. – Ventilador. - Barra de distribución. - Boquillas. - Outros dispositivos.
3
1. DEPÓSITO:
1. Fabricación de poliéster ou polietileno(recomendado)
2. Rugosidade das paredes internas e externas Rz<100 μm (4.1.1.1 Superficies UNE EN 12761-2)
3. Protección contra o acceso e o contacto con produtos fitosanitarios no enchido (4.5.1 UNE EN 907):
1 O pulverizador terá que ir equipado cun incorporador de produto.
2 Se isto non fose posible, o orificio de enchido estará situado a unha altura inferior a 1.500 mm respecto do solo ou da plataforma para o operador. A distancia horizontal entre o bordo do depósito e o bordo do orificio non será superior a 300 mm.
3 Os orificios maiores a 400 mm de diámetro ou se son rectangulares >400 x 300 mm irán equipados con reixas desmontables unicamente con ferramentas
Protección contra fugas e derramamentos (4.5.2. UNE EN 907): 1 A capacidade do depósito será >5% da capacidade nominal (4.1.1.2 Enchido UNE EN 12761-2)
2 A tapa será: solidaria ao depósito, provista dun dispositivo que asegure o peche, hermética ao caldo que se vai pulverizar, posuír un dispositivo compensador de presións e o diámetro da tapa será menor de 400 mm. 3 Indicador de nivel: o operario deberá ter un indicador do nivel do líquido
4
durante as operacións de enchido e baleirado (4.5.2.UNE EN 907). Terá que ser visible dende a posición de condución e de enchido, ademais de fiable e duradeiro (4.1.1.4 UNE EN 12761-2). Por exemplo: de boia, de tubo transparente ou de banda translúcida.
Protección contra o contacto coa mestura durante o baleirado (4.5.3. UNE EN 907)
1 O operador protexerase de todo contacto, isto conseguirase: abrindo o orificio de baleirado sen ferramentas e dirixindo o vertido lonxe do operador.
2 O baleirado será fácil, seguro e con posibilidade de recollida do líquido evacuado (4.1.1.3.UNE EN 12761-2).
Depósito de auga limpa (4.11 UNE EN 907):
1 Unicamente para uso exclusivo de limpeza do operario con auga limpa. 2 Capacidade mínima de 15 litros.
3 Terá que estar illado de todos os elementos da máquina e dotarse dun billa cuxa abertura non requira unha acción continuada.
Depósito de auga para enxaugado (4.4 UNE EN 12761-2): 1 Non debe estar conectado ao depósito de auga limpa de uso para o operador. 2 Debe ter unha capacidade igual ao 10% do volume nominal, ou como mínimo 10 veces o volume residual.
5
2-BOMBA DE PULVERIZACIÓN:
BOMBAS: Comportamento:
Bombas volumétricas
(recomendadas)
- Bombas de pistón - Bombas de pistón - membrana
- Bombas de membrana
Bombas non volumétricas
- Bomba centrífuga - Bomba de engranaxes
(actualmente non se utilizan)
Bomba centrífuga Bomba membrana Bomba pistóns
6
3-BARRAS DE PULVERIZACIÓN: Barras frontais (4.4.1 UNE EN 907)
- Para protexer o operario do chorro pulverizado, as máquinas automotrices con barras frontais terán que equiparse con cabina ou ben situar o asento do operador (SIP) a 1 m sobre a altura máxima do traballo da barra.
Elementos pivotantes (4.4.2.UNE EN 907)
- Durante as operacións de pregado e despregado ningún elemento se poderá situar a unha altura superior a 4 m sobre o chan.
- As barras con pregado manual irán equipadas con dúas asas situadas polo menos a 300 mm da articulación máis próxima.
- En barras automáticas, o accionamento terá que ser continuo.
- Sistema de bloqueo na barra pregada en posición de transporte.
Medios de acceso (4.4.3.UNE EN 907)
- As asas para facilitar o acceso non formarán parte da barra.
Regulación da altura da barra (4.4.4.UNE EN 907)
- A forza que se vai exercer para regular a altura da barra non terá que exceder do 250 N.
- No caso que se faga cun torno, este terá que ser autoblocante e ser capaz de soportar unha carga igual a 1.3 veces o peso da barra.
- O torno accionarase dende o chan ou dende unha plataforma.
- No caso de accionamento asistido, este terá que ser continuo e con unha:
• Velocidade límite de descenso da barra igual a 10 mm/seg.
• Altura mínima sobre o chan, maior ou igual a 500 mm. Esta distancia só se poderá modificar intencionadamente.
Regulación da anchura da barra (4.1.3.1.UNE EN 12761-2) - Amplitude da regulación da altura debe ser de polo menos 1,0 m.
- A regulación da altura de maneira continua ou ben por banzos que non superen os 0,1 m.
- En calquera altura, o líquido non se debe pulverizar sobre o propio pulverizador.
7
- O movemento das barras de anchura >13 m debe ser independente dos movementos do pulverizador (p. ex. sistemas de movemento pendular), co fin de manter o paralelismo
Anchura de traballo (4.1.3.1.UNE EN 12761-2) - Lonxitude de cada sección de barra <4,5 m (barras de lonxitude menor a 24 m).
- Lonxitude de cada sección de barra <6,0 m (barras de lonxitude maior a 25 m).
- Posibilidade de utilización de cada sección independente.
Contacto con obstáculos (4.1.3.3.UNE EN 12761-2) - As barras ou as súas seccións deben retornar automaticamente á súa posición inicial despois de contactar cun obstáculo (extremo retráctil)
4-DEPÓSITO: Volume residual (2.1 ISO 13440)
<0,5 % do volume nominal +2 litros / metro de barra (4.1.1.3 UNE EN 12761-2)
Carga por aspiración (hidrocargador) con válvula antirretorno.
Sistemas de axitación:
-Axitador hidráulico.
-Axitador hidro-mecánico.
-Axitador mecánico.
1. Dimensionar o sistema de axitación segundo a capacidade do depósito.
2. Evitar en todo momento a formación de espuma e centrifugación da mestura.
3. Garantir unha aplicación uniforme durante toda a aplicación.
4. Sistema de axitación efectivo (4.1.1.5 UNE EN 12761-2). Concentración uniforme do caldo (tolerancia: ±15%) (ISO 5682-2).
8
5-FILTROS (4.1.4.UNE EN 12761-2)
Os pulverizadores equipados con bomba volumétrica deben dispor de filtro de aspiración.
O tamaño das mallas dos filtros debe corresponder ao das boquillas utilizadas.
Deben ser accesibles e desmontables coa forza da man para a súa limpeza.
6-SISTEMAS DE REGULACIÓN (4.2. UNE EN 12761-2)
Dispositivos de regulación do volume unitario (l/ha), fiables (4.2.1. UNE EN 12761-2)
Perda de carga entre o punto de medida do pulverizador e a boquilla <10% (4.2.3. UNE EN 12761-2).
Os dispositivos de calibración deben subministrarse co propio pulverizador (4.2.4. UNE EN 12761-2): Cinta métrica, conómetro e recipiente de 2 litros con divisións de 20 ml.
Dimensión de malla Diámetro orificio
9
7-DISTRIBUCIÓN E CONTROL DA DERIVA (4.3.1.UNE EN 12761-2)
Uniformidade de distribución transversal CV<9%.
Desviación do caudal de cada boquilla <10%.
Desviación de cada boquilla <5% con respecto ao caudal medio de todas elas.
8-VÁLVULA DE SEGURIDADE (4.7. UNE EN 907) O pulverizador terá que ir equipado cunha válvula de seguridade que impida que a presión exceda en máis do 20% a presión admisible no circuíto que indique o fabricante.
A regulación da válvula de seguridade terá que estar protexida de toda modificación non autorizada. O funcionamento da válvula de seguridade non terá que producir ningún vertido nin perda de líquido ao exterior do circuíto.
Non se aplica en bombas centrífugas que non poidan superar a presión admisible.
9-INDICADORES DE PRESIÓN (4.6.UNE EN 907)
O pulverizador terá que ir equipado cun manómetro de presión.
A presión lerase correctamente dende o punto de condución. Acéptase que teña que xirar a cabeza ou a parte superior do corpo para realizar a lectura.
A caixa do manómetro deberá estar illada do caldo.
Se o manómetro é analóxico, o diámetro mínimo será de 63 mm cando estea conectado aos órganos de control e situado ao alcance da man do operario ou na zona de enganche do tractor. No resto dos casos, o diámetro mínimo será de 100 mm.
A presión admisible terase que marcar no manómetro en vermello.
Se houbese algunha fuga, esta non podería alcanzar o operario.
Indicador de presión: (4.1.5.UNE EN 12761-2). A precisión do manómetro será:
1- Cada 0,2 bar para presións de traballo < a 5 bar
2- Cada 1,0 bar para presións de traballo entre 5 e 20 bar.
3- Cada 2,0 bar para presións de traballo > a 20 bar.
10
10-CONDUCIÓNS: Conducións de circulación do caldo (4.9 UNE EN 907)
En caso de máquinas con cabina, as conducións non se terán que situar no interior.
En máquinas sen cabina, as conexións e os dispositivos de conexión teranse que protexer con pantallas ríxidas, de maneira que o operario non se poida contaminar en caso de fuga.
A presión admisible terase que marcar directamente sobre os condutos a presión, de maneira permanente.
A presión admisible das conducións e dispositivos de conexión terá que ser a mesma que a presión admisible no circuíto que indique o fabricante.
Terá un dispositivo antirretorno dos sistemas de enchido.
12-BOQUILLAS:
Que é unha boquilla? - Orificio de gran precisión.
- Dispositivo para a fabricación de gotas.
- Elemento do pulverizador con máis influencia sobre a calidade da gota.
Tipos:
1. De abanico 2. De turbulencia 3. De espello 4. De chorro
- De cono cheo. - De cono baleiro
Boquillas especiais: • Boquillas de final de barra
ou de traballo en bandas
• Boquillas de dobre abanico
11
Presión reducida na mesma boquilla.
-Gotas maiores a igual presión.
-Redución da deriva
Boquillas (4.1.4, 4.1.6.UNE EN 12761-3) : - Dispositivo, sistema de fixación das boquillas, manter correctamente a orientación e a presión
do caudal constante.
- Ao pechar a pulverización, o goteo <2ml por boquilla durante 5 minutos. Esta medida debe realizarse 8 seg. despois de pechar a válvula.
- Dispositivos antigoteo obrigatorios.
- O caudal para cada boquilla terá unha desviación <5 % respecto ao caudal nominal das táboas (ISO 5682-1). Considérase dun 10% cando a medición se realiza nun pulverizador en uso.
Boquillas de baixa deriva: • Boquillas de abanico con restritor
• Boquillas de inclusión de aire
• Boquillas de inxección de aire.
12
13-DISPOSITIVOS DE LIMPEZA DE ENVASES DE PRODUTOS FITOSANITARIOS (7 UNE EN 12761-2)
Sistema de limpeza de envases (opcional). Residuo <0,01% do volume inicial do produto fitosanitario.
Sistema de incorporación do produto(opcional)
14-MARCADO (5 EN UNE 12761-1)
De boquillas (5.2.UNE EN 12761-1)
De filtros, dimensión da malla en mesh (5.3. UNE EN 12761-1)
Pulverizador (5.2.2. UNE EN 12761-1): - Nome e enderezo do fabricante
- Ano de construción.
- Designación de tipo ou serie.
- Número de serie (se existe).
- Presión admisible no circuíto.
- Masa en baleiro.
- Peso total admisible.
- Réxime nominal de xiro e sentido de xiro.
- Potencial nominal en Kw (máquina autopropulsada).
Bomba (5.2.3. UNE EN 907) : - Nome e enderezo do fabricante.
- Número de serie
- Caudal máximo da bomba.
- Presión máxima da bomba.
- Caudal máximo a presión máxima.
- Réximes nominal e máximo de xiro.
Conducións (5.2.4.UNE EN 907) - Presión máxima admisible.