30
Páxina 1 de 31 Ámbito científico tecnolóxico Módulo 1 Bloque 8. Ecosistemas e biodiversidade A ccións humanas sobre os ecosistemas Educación a distancia semipresencial Educación secundaria para persoas adultas

Ámbito científico tecnolóxico - edu.xunta.gal · Páxina 1 de 31 . Ámbito científico tecnolóxico . Módulo 1 . Bloque 8. Ecosistemas e biodiversidade . Accións humanas sobre

Embed Size (px)

Citation preview

Páxina 1 de 31

Ámbito científico tecnolóxico

Módulo 1 Bloque 8. Ecosistemas e biodiversidade Accións humanas sobre os ecosistemas

Educación a distancia semipresencial

Educación secundaria

para persoas adultas

Páxina 2 de 31

Índice

1. Introdución ................................................................................................................. 3

1.1 Descrición da unidade didáctica .................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos ................................................................................................. 3 1.3 Obxectivos .................................................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ...................................................................... 4 2.1 Ecoloxía e ecosistemas

2.1.1 Relacións entre individuos dunha poboación e dunha comunidade biolóxica 2.1.2 Fluxo de enerxía e materia nun ecosistema 2.1.3 Niveis tróficos nos ecosistemas: produtores, consumidores e descompoñedores 2.1.4 Identificación de cadeas e redes tróficas nos ecosistemas 2.1.5 O ciclo da materia 2.1.6 Fluxo de enerxía nun ecosistema 2.1.7 Accións humnas sobre os ecosistemas: Problemas ambientais e actuacións que favorecen a conservación

ambiental

3. Resumo de contidos ............................................................................................... 15 4. Actividades complementarias ................................................................................ 16 5. Exercicios de autoavaliación .................................................................................. 19 6. Solucionarios ........................................................................................................... 22

6.1 Solucións ás actividades propostas 6.2 Solucións das actividades complementarias 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

7. Glosario .................................................................................................................... 30 8. Bibliografía e recursos ............................................................................................ 31

Páxina 3 de 31

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Nesta unidade trátanse as relacións entre os seres vivos e entre estes e o medio en que se desenvolven, é dicir, os estudo dos ecosistemas.

1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento do estudo deste tema o alumno debe manexar os conceptos seguintes: Función de nutrición nos seres vivos: unidade 6, módulo 2 (ámbito científico tecnolóxi-

co). Aatmosfera: unidade 4, módulo 1 (ámbito científico tecnolóxico). Clasificación dos seres vivos: unidade 8, módulo 1 (ámbito científico tecnolóxico).

1.3 Obxectivos Distinguir entre compoñentes bióticos e abióticos dos ecosistemas. Identificar tipos de relacións entre individuos dunha poboación e dunha comunidade

biolóxica. Clasificar individuos dun ecosistema segundo o seu nivel trófico. Identificar cadeas e redes tróficas nos ecosistemas. Especificar os intercambios de materia e enerxía dos ecosistemas. Xustificar o papel de cada tipo de organismo nos ecosistemas. Recoñecer a influencia do ser humano na transformación dos ecosistemas e a importan-

cia de conservar a biodiversidade natural.

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 Ecoloxía e ecosistemas

Ecoloxía

A ecoloxía é a ciencia que estuda as relacións dos seres vivos entre eles e cos factores do ambiente en que viven; é dicir, estuda os ecosistemas.

Ecosistema

Un ecosistema é un conxunto de organismos, o lugar en que viven e as condicións fisico- químicas con que interactúan. Un ecosistema non é un sistema pechado, é dicir, non está

Páxina 4 de 31

illado, e cambios que se produzan no exterior destes poden afectar o seu equilibrio. Unha poza, un río, unha lagoa, un bosque, etc., constitúen exemplos de ecosistemas e non están illados do medio que os rodea. Sobre un ecosistema actúan dous tipos de factores:

Factores abióticos ou biótopo. Son as condicións fisicoquímicas que determinan as características do medio en que os seres vivos se atopan, e ás que teñen que adaptarse para poderen sobrevivir: temperatura, humidade, ... Coñecemos como hábitat o conxunto de biótopos diferentes que pode ocupar unha es- pecie. Algúns dos factores abióticos máis importantes son: – Luz: a radiación ou cantidade de luz recibida varía moito segundo os ecosistemas e

incluso nun mesmo ecosistema segundo o momento do día ou estación. Como vere- mos, a luz recibida por un ecosistema é de gran importancia, xa que dela procede a enerxía necesaria para o funcionamento dos ecosistemas.

– Temperatura: é un factor moi importante, tanto no medio acuático (xa que a tempe- ratura da auga inflúe na cantidade de osíxeno disolvido, necesario para a respiración dos seres vivos) como no medio terrestre (xa que vai condicionar os elementos que definen o clima do ecosistema, como son a humidade, os ventos e apresión atmosfé- rica).

– Humidade: de grande importancia no medio terrestre, xa que a auga en forma líquida é indispensable para a vida.

Factores bióticos ou biocenose. Son os propios seres vivos que viven nel, e as rela- cións entre eles, e co medio en que viven. A parte viva do ecosistema recibe o nome de biocenose. Está formada por todos os or- ganismos vivos e as relacións que se establecen entre eles. – Poboación: son todos os individuos da mesma especie que ocupan un ecosistema.

Podemos falar da poboación de coellos, ou da poboación de corzos dun ecosistema. – Especie: é o conxunto de seres vivos que poden ter entre eles descendencia fértil, te-

ñen antecesores comúns e, xeralmente, aseméllanse moito morfoloxicamente.

Páxina 5 de 31

2.1.1 Relacións entre individuos dunha poboación e dunha comunida- de biolóxica

Relacións intraespecíficas

As relacións entre individuos da mesma especie, é dicir, dentro da mesma poboación dun ecosistema, reciben o nome de relacións intraespecíficas. Poden ser destes tipos: Familiar. Os individuos permanecen unidos por lazos de parentesco para a reprodución

e o coidado da prole. Pode ser: – Patriarcal: formada polo macho e as crías. Por exemplo, o cabaliño de mar. – Matriarcal: a femia é a encargada do coidado das crías. Por exemplo, os gatos. – Filiais: os fillos permanecen unidos normalmente ata a idade adulta, como nos pei-

xes, que tras a eclosión dos ovos, forman bancos. – Parentais, formadas polo macho, a femia e a súa prole. Hai aves, como as pombas,

que manteñen este tipo de relación. Colonial. Organismos unidos tan intimamente que teñen unha verdadeira continuidade

física. Os corais forman colonias en que todos os individuos están unidos fisicamente. Gregaria. Agrupacións moi numerosas de individuos que buscan fins diferentes. As

aves xúntanse para emigrar e os grandes herbívoros africanos para defenderse. Estatal ou social. Individuos de morfoloxía e fisioloxía diferentes que non poden vivir

fóra do grupo. As abellas, as termitas e as formigas teñen relacións de carácter estatal.

Compoñentes dun ecosistema

Páxina 6 de 31

Relacións interespecíficas

Cando a relación se establece entre individuos de especies diferentes dicimos que se trata de relacións interespecíficas. Entre elas: Competencia. Organismos parecidos, de especies diferentes, que coinciden nas áreas

xeográficas e que compiten por algún recurso (alimento, luz, etc.). Os piñeiros impiden o crecemento de plantas de menor tamaño, porque estas non conseguen suficiente luz.

Depredación. Un organismo dunha especie (depredador ou predador) persegue e cap- tura outro (presa). Cando un depredador captura outro dise que é un superdepredador. Este é o caso da aguia, que ten como presa a unha serpe.

Parasitismo. Relación en que un organismo sae beneficiado (parasito) e outro sae pre- xudicado (hóspede). Nalgúns casos o hóspede pode morrer. Esta é a relación que se dá entre a tenia, un parasito intestinal dos vertebrados, e o home, ou a pulga e o can. No primeiro caso, como o parasito vive no interior do hóspede, dise que é un endoparasito, no segundo, como a pulga vive sobre a pel do can, chámase ectoparasito.

Simbiose. Dous organismos asócianse para obteren beneficio mutuo. Este é o caso dos liques, que están formados por unha alga e un fungo. A alga fai a fotosíntese, produce así materia orgánica da que se nutre o fungo. O fungo proporciónalle á alga protección e humidade. É esta unha relación obrigada, xa que non poden vivir separados.

Mutualismo. Como na simbiose, dous organismos relaciónanse e obteñen beneficio, pero poden tamén vivir por separado. Ex: hipopótamo e paxaro que come carrachas.

Comensalismo. Un organismo aliméntase dos restos de comida do outro. O peixe ré- mora aliméntase dos restos de comida da quenlla.

Inquilinismo. Un individuo (inquilino) asóciase con outro para buscar refuxio ou transporte pero sen causarlle prexuízo Os esquíos viven nos ocos das árbores.

• Adaptación dos seres vivos aos cambios de tem- peratura Para sobreviviren, os seres vivos adáptanse ás condicións do seu ecosistema. Algúns fac- tores son temperatura, luz, humidade, medio acuático ou terrestre... Estas adaptacións son ás veces sorprendentes. No parque Yellowstone (EEUU) atopouse, dentro dunha fonte termal a máis de 88ºC, unha comunidade de bacterias e arqueobacterias; a maioría dos se- res vivos non soportan temperaturas maiores de 60ºC ou 70ºC, xa que as súas proteínas se desnaturalizan e perden a súa función biolóxica, provocando a morte do organismo.

O pingüín emperador cría no inverno antártico a temperaturas de -60ºC entre treboadas de neve

A ra L. sylvaticus, de Norteamérica, atura a conxelación aumen- tando a glicosa nas células (anticonxelante)

Páxina 7 de 31

Exemplos de adaptacións en plantas Exemplos de adaptacións en animais

2 Reducen a superficie das follas e desenvolven cubertas illantes e impermeables. Deste xeito conseguen diminu- ír a perda de auga por evaporación.

3 Arrefrían transpirando a través das follas. A forma e o tamaño das follas permite controlar a radiación solar absorbida. Canto maior sexa a superficie da folla máis luz e calor do sol pode absorber.

4 Na época da seca forman sementes, e cando chegan as chuvias xerminan rapidamente. Coa seca a planta pode morrer, pero a semente garante que a vida da es- pecie continuará na próxima estación húmida.

5 As plantas árticas resisten os duros invernos en forma de raíces, talos, bulbos e tubérculos. No interior do solo a temperatura é menos fría que no exterior.

6 As herbáceas das zonas frías medran preto do chan e en formacións especiais para conservar a calor. Así es- tán menos expostas aos fríos ventos.

Desenvolven estruturas illantes: plumas, pelos, graxa

baixo a pel. Estas estruturas fan que o animal perda menos calor corporal.

Para aturaren o frío reducen o metabolismo, chegando a hibernar durante o inverno.

Migran a zonas máis cálidas. Os animais do deserto e zonas áridas teñen hábitos nocturnos. Á noite a tempe- ratura do aire redúcese moito respecto da diúrna; a ac- tividade do animal á calor do día pode deshidratalo ra- pidamente.

Os animais de "sangue quente" (homeotermos) mante- ñen a súa temperatura interna constante, independen- temente da temperatura ambiental. Os animais poiquilo- termos regulan a súa temperatura interna quentándose ao sol ou gorecéndose na sombra.

Fíxese nas adaptacións destes cánidos, un chacal do deserto e un raposo do ártico:

Orellas e fociños longos para eliminar a calor. Pelo curto para transpirar mellor. Pelaxe de cor marrón para pasar desapercibido.

Orellas e fociños curtos para non perder calor. Pelaxe de cor branca para camuflarse na neve. Pelo longo e espeso para non perder calor corporal. Corpo máis esférico (menor superficie co mesmo volume)

Actividades propostas

S1. Complete as frases seguintes empregando as palabras que se indican:

biótopo biocenose lugar organismos interrelacionados

Un ecosistema é un conxunto de .................... que viven .................................... nun ........................... determinado. O conxunto de seres vivos dun ecosistema re- cibe o nome de .........................., e o lugar onde viven, coas súas condicións fisi- coquímicas, coñécese como ......................................

S2. Que tipo de relación representan as imaxes? En que consiste?

Colmea de abellas Bandada de gansos Nai e fillos de oso polar Coral

S3. Indique o tipo de relación que representan as imaxes e explique en que consiste.

Páxina 8 de 31

Peixe rémora que se alimenta dos restos de comida da quenlla

Camaleón que devora un insecto

Paxaro; fai o niño dentro da árbore

Paxaros que se alimentan dos parasitos do búfalo

Lique (unión íntima de alga e fungo)

Carracha que se alimenta do sangue dun mamífero

Distintas especies de árbo- res que viven próximas

2.1.2 Fluxo de enerxía e materia nun ecosistema

Unha diferenza notable nos seres vivos é o xeito de obter a materia e a enerxía necesarias para realizar as súas funcións vitais. Así, segundo o seu tipo de nutrición distinguimos dous tipos de organismos: Autótrofos: capaces de sintetizar o se propio alimento. Heterótrofos: dependen da produción dos alimentos realizada polos autótrofos.

2.1.3 Niveis tróficos nos ecosistemas: produtores, consumidores e

descompoñedores

Existen tres niveis tróficos ou de alimentación nos que poden actuar os seres vivos: produ- tores, consumidores e descompoñedores.

Niveis tróficos dun ecosistema

Páxina 9 de 31

Organismos produtores (autótrofos)

Corresponden cos seres vivos con alimentación autótrofa. Denomínanse así pola súa capa- cidade de producir materia orgánica e son a base da alimentación do resto dos organismos do ecosistema.

Son organismos produtores os vexetais, as algas e as bacterias fotosintéticas, que reali- zan a fotosíntese almacenando na materia orgánica que fabrican a enerxía luminosa do sol. Tamén son autótrofos as bacterias quimiosintéticas, pero o seu papel como produtores no total da biosfera é pouco importante.

Organismos consumidores (heterótrofos)

Os consumidores son aqueles organismos con alimentación heterótrofa, é dicir, os orga- nismos que obteñen a materia e a enerxía alimentándose doutros seres vivos. Non produ- cen, xa que logo, materia orgánica nova, senón que consomen a que xa existe no ecosis- tema. Poden ser destes tipos: Consumidores primarios. Aliméntanse directamente dos produtores (os herbívoros). Consumidores secundarios. Aliméntanse dos consumidores primarios (os carnívoros). Consumidores terciarios. O seu alimento son os consumidores secundarios.

A condición de consumidor pode ser diferente, no mesmo ser vivo, dependendo do orga- nismo do que se alimente. Así, unha aguia pode actuar como consumidor secundario can- do a súa presa é un coello, xa que este é un consumidor primario, ou pode facelo como consumidor terciario, cando a súa presa é unha serpe, que é un consumidor secundario.

Organismos descompoñedores

Son os organismos encargados de pechar o ciclo e transformar a materia orgánica en inor- gánica. Destacan como organismos descompoñedores algúns fungos e bacterias que des- compoñen os cadáveres, excrementos e restos orgánicos doutros seres vivos.

Para saber máis: fitoplancto e zooplancto

Denomínase plancto o conxunto de organismos, nomeadamente microscópicos, que flotan en augas salgadas ou doces. Tradicionalmente o plancto divídese en: Fitoplancto: no que se inclúen os microorganismos autótrofos que realizan a fotosíntese (a palabra fito en grego significa

planta). O fitoplancto está formado por bacterias e algas microscópicas. Zooplancto: formado por microorganismos heterótrofos. (A palabra zoo en grego significa animal). O zooplancto abran-

gue grupos moi diferentes de seres vivos, como bacterias, protozoos, medusas e especialmente fases larvarias de es- ponxas, moluscos, crustáceos e vermes mariños.

O fitoplancto ten unha gran importancia biolóxica polos seguintes motivos: – Nos ecosistemas mariños representa o nivel trófico dos produtores a partir do que se alimenta o resto de seres vivos. Así

constitúen a base da cadea trófica mariña, e son o alimento do zooplancto, entre outros. – Producen o 50 % do osíxeno necesario para a vida terrestre. – Os primeiros organismos produtores de osíxeno foron un tipo de bacterias que forman parte do fitoplancto (cianobacte-

rias). O consumo de dióxido de carbono e a produción de osíxeno por estas bacterias durante a fotosíntese cambiou a atmosfera primitiva da Terra, rica en dióxido de carbono, por unha similar á actual, máis rica en osíxeno. Durante case 2.000 millóns de anos, ata a aparición das plantas terrestres, a fotosíntese estivo practicamente restrinxida aos mares, e eran os organismos fotosintéticos acuáticos os únicos responsables da produción de osíxeno.

O fitoplancto experimentou nos últimos anos un significativo descenso debido ao aumento da radiación ultravioleta derivada do burato da capa de ozono. Observouse que baixo o burato de ozono da Antártida a produtividade do fitoplancto decreceu entre o 6 % e o 12 %.

Páxina 10 de 31

Actividades propostas

S4. Clasifique os seguintes seres vivos no nivel trófico que lles corresponda (produ- tor, consumidor ou descompoñedor):

S5. Cal é a diferenza fundamental entre organismos produtores e consumidores?

S6. Que papel desenvolven os descompoñedores no ecosistema? 2.1.4 Identificación de cadeas e redes tróficas nos ecosistemas

Cadea trófica

É unha sucesión de seres vivos en que cada un constitúe o alimento do que o segue. Nunha cadea trófica, o primeiro elemento sempre é un produtor e o derradeiro un consumidor. O número de elos da cadea pode variar dependendo dos consumidores que participen nela. As cadeas tróficas indican o percorrido da materia e a enerxía dentro do ecosistema.

Saltón

Víbora

Violeta

Zooplancto

Fungo

Gabián

Ourizo

Raposo

Caracol

Caravel

Coello

Fitoplancto

Exemplo de cadea de tres elementos

Pero o fitoplancto tamén pode ser responsable dalgúns problemas ecolóxicos cando se desenvolve demasiado: nunha situa- ción de exceso de nutrientes e temperatura favorable, estes organismos poden multiplicarse rapidamente. Nesta situación a auga vólvese de cor verdosa, pero rapidamente (de un a dous días, dependendo da temperatura) vólvese de cor marrón, cando o plancto esgota os nutrientes e comeza a morrer. A esa altura, a descomposición máis ou menos rápida dos orga- nismos mortos pode levar ao esgotamento do osíxeno na auga e, como consecuencia, á morte masiva de peixes e outros organismos. Esta situación pode ser natural, pero pode tamén ser debida a unha situación de contaminación causada polo depósito en exceso de nutrientes na auga. Outro caso de aumento do fitoplancto prexudicial son as chamadas mareas vermellas, nas que a auga do mar se torna de cor marrón-vermella. A causa destas mareas vermellas é o desenvolvemento de algas microscópicas que liberan toxinas na auga. Este fenómeno resulta moi prexudicial para a produción de moluscos (mexillóns, vieiras...), xa que a toxina se acumula nestes e non son actos para o consumo humano.

Páxina 11 de 31

Rede trófica

É o conxunto de cadeas tróficas que teñen algún organismo común. As redes tróficas des- criben a realidade moito mellor que as cadeas tróficas, pero son tamén máis complexas.

Actividades propostas

S7. A que nivel trófico corresponde cada un dos seres vivos das dúas cadeas trófi- cas anteriores?

S8. Extraia, da rede trófica anterior cinco cadeas tróficas (como no exemplo).

S9. Identifique os consumidores terciarios da rede trófica referida anteriormente.

Exemplo de cadea de catro elementos

Páxina 12 de 31

2.1.5 Accións humanas sobre os ecositemas: problemas ambientais e actuacións que favorecen a conservación ambiental

1. Problemas ambientais globais A vida do home sobre a terra é curta (só uns miles de anos) fronte a existencia dá vida na Terra (3.500 millóns de anos ). Tamén o número de seres humanos sobre o planeta é moito menor que o doutras especies). Sen embargo, a capacidade que teñen os humanos de modificar a biosfera é moito maior que o resto. De feito parece que é a única especie que se esforza en moitos casos en destruír a natureza. Asi na actualidade xurden una serie de problemas ambientais globais que se chaman de este modo porque afectan a todo o Planeta como son: a contaminación do solo, da atmosfera e da auga (das que xa se tratou no Bloque 5 e 6), o uso desmesurado dos recursos naturais e o hiperconsumo que estan a provocar a deforestación e a desertización da maior parte do solo e a inmensa acumulación de lixo...etc.. Todos eles estan a provocar consecuencias non desexables para o Planeta e en concreto para a supervivencia de moitas especies, especialmente para os humanos como é o quentamento global do planeta que esta inducindo o Cambio Climatico . A DEFORESTACIÓN:

Unha terceira parte da superficie total da terra está cuberta por bosques. Estes foron explotados desde fai miles de anos para obtención de madeira, froitos, sustancias producidas por diferentes especies ou para asentamentos de poboación humana. A perda de superficie arborizada coñécese como desforestación

A ACUMULACIÓN DE RESIDUOS E A CONTAMINACIÓN DO CHAN

Depósitos de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) Sustancias contaminantes infiltradas no chan

.

Páxina 13 de 31

ESGOTAMENTO DOUS RECURSOS NATURAIS.

A extracción de enerxía procedente dos recursos naturais, pode orixinar serios problemas cando esta obtense de recursos non renovables. Un recurso é non renovable, cando se esgota ou se pode esgotar sen poderse rexenerar. É recurso renovable aquel que tras ser usado pode rexenerarse de forma natural ou artificial

O QUENTAMENTO GLOBAL DO PLANETA: CAMBIO CLIMÁTICO

Sustancias que aumentan o efecto invernadorio

Da radiación global do sol, unha parte é reflectida pola atmosfera ou pola superficie terrestre. O resto absórbese en capas superficiais do planeta, que ao quentarse emiten radiación Infravermella, radiacións caloríficas. Estas emisións son retidas pola atmosfera por gases como: o vapor de auga, o dióxido de carbono, o metano e os óxidos de nitróxeno, entre outros. Por iso a atmosfera estase a quentar en maior medida do efecto invernadoiro natural e que permitiu a existencia da biosfera (Bloque 5).

2. Actuacións que favorecen a conservación ambienta Para poder conservar o medio natural, debemos modificar o concepto de "beneficio custe o que custe" e o crecemento ilimitado que caracteriza á nosa sociedade de consumo. Os medios que poden axudar a conseguir estes fins son: a ordenación do territorio a educación ambiental. Entre outras formas:

Páxina 14 de 31

• Protexer os ecosistemas máis ricos e representativos dun país. Existen catro tipos de espazos naturais protexidos: Reservas Integrais de interese científico, Parques Nacionais, Parques Naturais e Paraxes Naturais.

• Diminuír os residuos que xeramos: o problema da acumulación de lixo é alarmante debido á gran cantidade de residuos que xeramos anualmente por iso debemos de diminuír o seu volume, reutilizar aqueles que sexa posible e elaborar produtos novos a partir doutros que xa non teñen utilidade (Reducir, Reutilizar e Reciclar) estaremos contribuíndo a non desperdiciar materias primas nin enerxía.

Pequenos xestos e consellos que contribúen a solucionar os problemas ambientais do noso planeta e con iso mellorar a nosa calidade de vida:

Reciclar

Pechar a billa

Apagar as luces

Utilizar iluminación leds

Utilizar electrodomésticos de eficiencia enerxética

Poñer a lavadora e o lavalouzas a plena carga

Utilizar o transporte publico

Non facer abuso da calefacción

Evitar o hiperconsumo

Actividades propostas . Cales son os principais riscos que asolan o Planeta na actualidade. Describe os tipos de residuos que se xeran no teu fogar. Indica actuacións concretas que poidaas levar a

cabo para oditar a consigna das tres R.

Páxina 15 de 31

Resumo de contidos

Ecoloxía: ciencia que estuda as relacións dos seres vivos entre eles e cos factores do seu medio.

Ecosistema: conxunto de organismos, lugar en que viven e condicións fisicoquímicas con que interactúan. Están formados por unha biocenose (comunidade dos seres vivos do ecosistema) e un biotopo (medio, substrato e factores ambientais do ecosistema.

Especie: conxunto de seres vivos que poden ter descendencia fértil. Poboación: fórmana todos os individuos da mesma especie que ocupan un

ecosistema. Hábitat: conxunto de biotopos que pode ocupar unha especie. Relacións intraespecíficas: as que se dan entre os individuos dunha mesma

especie (familia, colonia, relación gregaria e relación estatal ou social). Relacións interespecíficas: danse entre individuos de especies diferentes

(competen- cia, depredación, parasitismo, simbiose, mutualismo, comensalismo e inquilinismo).

Relacións tróficas: danse entre as especies dun ecosistema e reflicten os fluxos de ma- teria e de enerxía. Atendendo a estas relacións os organismos poden ser produtores, ca- paces de transformar materia inorgánica en materia orgánica, consumidores, se obteñen a materia e a enerxía alimentándose doutros seres vivos, e descompoñedores que pe- chan o ciclo transformando a materia orgánica en inorgánica.

Cadea trófica: sucesión de seres vivos na que cada un constitúe o alimento do seguin- te. A combinación de cadeas tróficas constitúe unha rede trófica.

Páxina 16 de 31

3. Actividades complementarias

3.1 Actividades de ciencias da natureza

S22. Relacione os termos da primeira columna coas definicións da segunda:

S23. Defina os termos seguintes: especie, hábitat e poboación.

S24. Complete o cadro seguinte escribindo +, - ou 0, segundo nas seguintes relacións interespecíficas os organismos resulten beneficiados, prexudicados ou non se vexan afectados pola relación.

Tipo de relación + / - / 0

Competencia

Depredación

Parasitismo

Simbiose

Mutualismo

Comensalismo

Inquilinismo

S25. Escriba o nivel trófico (consumidor primario secundario ou terciario) en

que actúa cada consumidor que se indica, na situación que se describe:

Consumidor Situación Nivel trófico

– Ciencia que estuda as relacións dos seres vivos entre eles e cos factores do seu medio

– Espazo ocupado pola biocenose, xunto coas condicións fisicoquími- cas que lle son propias

– Conxunto de organismos, lugar en que viven e condicións fisicoquí- micas con que interactúan

– Organismos vivos dun ecosistema e relacións que se establecen entre eles.

Biocenose

Biótopo

Ecosistema

Ecoloxía

Páxina 17 de 31

Ourizo. – Cando se alimenta dun caracol.

Saltón. – Cando come unha folla dunha planta.

Moucho. – Cando se alimenta dun rato.

Coello. – Cando come herba.

Víbora. – Cando come unha ra.

Caracol. – Cando se alimenta de vexetais.

Zooplancto. – Cando se alimenta de fitoplancto.

S26. Que representa o seguinte debuxo?. Os cazadores da zona pensan que elimi- nando os raposos podería aumentar a caza do coello. Á vista da seguinte repre- sentación pode traer outras consecuencias?

S27. Ordene os cadros seguintes coa secuencia dos acontecementos, colocando en- riba de cada cadro o seu número correspondente:

Diminución da poboa- ción de fitoplancto

Diminución da poboación de baleas e pingüíns

Quecemento da zona Diminución da poboa-

ción de zooplancto

S28. Como poden afectar os gases CFC dos sprays, que danan a capa de ozono, so- bre a industria pesqueira?

Páxina 18 de 31

4. Exercicios de autoavaliación

1. Un ecosistema:

É un conxunto de organismos, o lugar en que viven e as condicións fisicoquí- micas con que interactúan.

É un espazo cheo de auga. Non é un sistema pechado. Está formado só por unha biocenose.

2. A biocenose é:

O espazo ocupado pola comunidade. O conxunto de organismos vivos dun ecosistema e as relacións entre eles. A ciencia que estuda os ecosistemas. O conxunto de organismos, o lugar en que viven e as condicións fisicoquímicas

con que interactúan.

3. Sinale, de entre as seguintes, as frases que considere correctas:

A biocenose está formada por organismos da mesma especie. Todos os individuos da mesma especie que ocupan un ecosistema reciben o

nome de poboación.

O conxunto de biótopos diferentes que pode ocupar unha especie constitúe o seu hábitat.

Especie é o conxunto de seres vivos que poden reproducirse entre eles e teren descendencia fértil. Teñen antecesores comúns e, xeralmente, aseméllanse moi- to morfoloxicamente.

4. Unha familia:

É unha relación interespecífica. É unha relación intraespecífica. Sempre está formada por un pai, unha nai e os fillos. Pode estar formada só polos fillos.

Páxina 19 de 31

5. Sinale as afirmacións certas:

Nunha relación colonial os organismos están tan intimamente unidos que entre eles hai unha verdadeira continuidade física.

Nunha relación de depredación hai un organismo que sae beneficiado, a presa, e outro que sae prexudicado, o depredador.

A simbiose é unha relación obrigada. No comensalismo, un organismo vive comendo o outro.

6. Sinale as frases correctas:

A enerxía procedente do Sol é captada polos organismos produtores, que son capaces de transformar a materia inorgánica en materia orgánica.

Os consumidores primarios aliméntanse dos consumidores secundarios. Os consumidores primarios son os herbívoros. Os carnívoros son os consumidores primarios.

7. De entre os organismos que se indican deseguido sinale os produtores:

Fitoplancto. Coello. Caravel. Caracol.

8. Sinale as cadeas tróficas ben construídas.

Landra → coello → aguia. Landra → can → coello. Herba → coello → raposo → aguia. Herba → gato → aguia.

9. Sinale as cadeas que poden formar parte da mesma rede trófica.

Landra → coello → aguia. Herba → coello → raposo → aguia. Herba → vaca → lobo. Fitoplancto → zooplancto → peixe.

Páxina 20 de 31

10. A materia orgánica:

Ten un nivel de organización superior ao da materia inorgánica. Ten enlaces que permiten almacenar grandes cantidades de enerxía. Fórmase a partir da materia inorgánica. Permanece inalterable co paso do tempo.

11. Complete as frases seguintes:

Por medio da [

] os organismos autótrofos transforman a [ ] presente no medio en [ ].

Os [

Os [

] obteñen a materia orgánica directamente dos autótrofos.

] obteñen a materia orgánica dos herbívoros.

As [ ].

] e os [ ] transforman a materia orgánica en [

Páxina 22 de 31

6. Solucionarios

6.1 Solucións ás actividades propostas 6.1.1 Ciencias da natureza

S1.

Un ecosistema é un conxunto de organismos que viven interrelacionados nun lu- determinado. O conxunto de seres vivos dun ecosistema recibe o nome de bio-

, e o lugar onde viven, coas súas condicións fisicoquímicas, coñécese como .

S2.

Colmea de abellas Estatal ou social. Formada por Individuos de morfoloxía e fisioloxía diferentes que

non poden vivir fóra do grupo. Bandada de gansos Gregaria. Agrupacións moi numerosas de individuos que buscan fins diferentes,

neste caso xúntanse para emigrar. Nai e fillos de oso polar Familiar matriarcal. Os individuos permanecen unidos por lazos de parentesco coa

nai encargada do coidado das crías. Coral Colonial. Formada por organismos unidos tan intimamente que teñen unha

verdadeira continuidade física.

S3.

Peixe rémora e quenlla Comensalismo. Un organismo (peixe rémora) aliméntase dos restos de comida do

outro (a quenlla). Camaleón e insecto Depredación. Un organismo chamado depredador ou predador (o camaleón)

persegue e captura outro denominado presa (o insecto). Paxaro e árbore. Inquilinismo. Un individuo chamado inquilino (o paxaro) vive sobre outro de distinta

especie (a árbore) sen causarlle ningún prexuízo. Paxaros e búfalo

Mutualismo. Dous organismos relaciónanse e obteñen os dous beneficio, pero poden tamén vivir por separado. Neste caso o paxaro atopa no búfalo alimento e protección e o búfalo é desparasitado

Lique (unión íntima de

alga e fungo)

Simbiose. Dous organismos, neste caso unha alga e un fungo, asócianse para obteren beneficio mutuo. A alga fai a fotosíntese, produce así materia orgánica da que se nutre o fungo. O fungo proporciónalle á alga protección e humidade. A unión é tan íntima que non poden vivir por separado

Carracha e mamífero

Parasitismo. É a relación que se establece entre un organismo que sae beneficiado, chamado parasito (neste caso a carracha), e outro sae prexudicado, chamado hóspede (neste caso o mamífero).

Distintas especies de árbores que viven próximas

Competencia. Organismos parecidos, pero de especies diferentes, que coinciden nas mesmas áreas xeográficas e que compiten por algún recurso, neste caso a auga, luz, ...

gar cenose biotopo

Páxina 23 de 31

S4.

S5.

Os organismos produtores son quen de “producir” a súa propia materia orgánica a partir da materia inorgánica e unha fonte de enerxía (son autótrofos). Os organis- mos consumidores obteñen a materia alimentándose da materia orgánica produci- da por outros seres vivos (son heterótrofos)

S6.

Os descompoñedores pechan o ciclo da materia: transforman a materia orgánica en inorgánica que é devolta ao medio para poder ser asimilada de novo polos pro- dutores.

S7.

Primeira cadea: landra (produtor), coello (consumidor primario) e aguia ( con- sumidor secundario).

Segunda cadea: landra (produtor), coello (consumidor primario), raposo (con- sumidor secundario) e aguia (consumidor terciario).

S8.

S9.

Aguia e serpe.

Landra → rato → corvo

Landra → corvo

Herba → saltón → ourizo

Herba → lebre → serpe

Herba → caracol → pega marza → aguia

Saltón Consumidor

Víbora Consumidor

Violeta Consumidor

Zooplancto Consumidor

Fungo Descompoñedor

Gabián Consumidor

Ourizo Consumidor

Raposo Consumidor

Caracol Consumidor

Caravel Produtor

Coello Consumidor

Fitoplancto Produtor

Páxina 24 de 31

S13.

F

A materia procede do exterior do ecosistema. A materia ten un fluxo cíclico no ecosistema.

F Os descompoñedores transforman a materia inorgánica en materia orgánica. Os descompoñedores

transforman a materia orgánica en materia inorgánica.

V Cando un ser vivo se alimenta doutro tamén toma parte da súa enerxía.

V

Unha parte da enerxía dos seres vivos pérdese en forma de calor.

Páxina 25 de 31

6.2 Solucións das actividades complementarias 6.2.1 Ciencias da natureza

S22.

De arriba a abaixo: 4 – 2 – 3 – 1.

S23.

Especie: é un conxunto de seres vivos que teñen antecesores comúns, xeral- mente aseméllanse morfoloxicamente e poden ter descendencia fértil.

Hábitat: é o conxunto de biotopos diferentes que pode ocupar unha especie. Poboación: é o conxunto de individuos da mesma especie que ocupan un eco-

sistema

S24.

Tipo de relación + / - / 0

Competencia - / -

Depredación + / -

Parasitismo + / -

Simbiose + / +

Mutualismo + / +

Comensalismo + / 0

Inquilinismo + / 0

S25.

Consumidor Situación Nivel trófico

Ourizo. – Cando se alimenta dun caracol. – Consumidor secundario.

Saltón. – Cando come unha folla dunha planta. – Consumidor primario.

Moucho. – Cando se alimenta dun rato. – Consumidor secundario.

Coello. – Cando come herba. – Consumidor primario

Víbora. – Cando come unha ra. – Consumidor terciario.

Caracol. – Cando se alimenta de vexetais. – Consumidor primario.

Zooplancto. – Cando se alimenta de fitoplancto. – Consumidor primario.

S26.

Representa unha rede trófica. Os raposos son depredadores de coellos, serpes e ra- tos, polo que diminuiría a presión sobre eles aumentando o seu número, o cal afectaría sobre os cultivos, diminuíndo a súa produción ao alimentarse ratos e coe- llos deles.

Páxina 26 de 31

O raposo, ademais de predador da serpe, tamén competía polos recursos coas ser- pes e aguias, polo que ao diminuír o seu número co tempo tamén aumentarían ambas poboacións.

S27.

2 4 1 3

Diminución da poboación de fitoplancto

Diminución da poboación de baleas e pingüíns

Quecemento da zona Diminución da poboación de

zooplancto

S28.

A capa de ozono é a responsable de impedir a entrada das radiacións ultravioleta do Sol, que resultan nocivas para os seres vivos. A diminución do grosor da capa de ozono pola acción de certos gases liberados á atmosfera polo home, como os CFC dos sprays, fai que aumente o efecto letal sobre os seres vivos, en especial sobre o fitoplancto dos océanos, que son a base das cadeas alimentarias nos eco- sistemas mariños. Polo tanto, unha redución sobre o fitoplancto supón que dimi- núan tamén a cantidade de organismos nos niveis tróficos superiores, entre eles os peixes.

Páxina 27 de 31

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Un ecosistema:

É un conxunto de organismos, o lugar en que viven e as condicións fisicoquí- micas con que interactúan.

2. A biocenose é:

O conxunto de organismos vivos dun ecosistema e as relacións entre eles.

3. Sinale, de entre as seguintes, as frases que considere correctas:

Todos os individuos da mesma especie que ocupan un ecosistema reciben o

nome de poboación.

O conxunto de biótopos diferentes que pode ocupar unha especie constitúe o seu hábitat.

Especie é o conxunto de seres vivos que poden reproducirse entre eles e teren descendencia fértil. Teñen antecesores comúns e, xeralmente, aseméllanse moi- to morfoloxicamente.

4. Unha familia:

É unha relación intraespecífica. Pode estar formada só polos fillos.

Páxina 28 de 31

5. Sinale as afirmacións certas:

Nunha relación colonial os organismos están tan intimamente unidos que entre eles hai unha verdadeira continuidade física.

A simbiose é unha relación obrigada.

6. Sinale as frases correctas:

A enerxía procedente do Sol é captada polos organismos produtores, que son capaces de transformar a materia inorgánica en materia orgánica.

Os consumidores primarios son os herbívoros.

7. De entre os organismos que se indican deseguido sinale os produtores:

Fitoplancto. Caravel.

8. Sinale as cadeas tróficas ben construídas.

Landra → coello → aguia. Herba → coello → raposo → aguia.

9. Sinale as cadeas que poden formar parte da mesma rede trófica.

Landra → coello → aguia. Herba → coello → raposo → aguia. Herba → vaca → lobo.

Páxina 29 de 31

10. A materia orgánica:

Ten un nivel de organización superior ao da materia inorgánica. Ten enlaces que permiten almacenar grandes cantidades de enerxía. Fórmase a partir da materia inorgánica.

11. Complete as frases seguintes:

Por medio da fotosíntese os organismos autótrofos transforman a materia inor- gánica presente no medio en materia orgánica.

Os consumidores primarios obteñen a materia orgánica directamente dos autó- trofos.

Os consumidores secundarios obteñen a materia orgánica dos herbívoros.

As bacterias e os fungos transforman a materia orgánica en materia inorgánica.

Páxina 30 de 31

7. Glosario

Caducifolio De follas caducas, que se renovan cada ano.

Condicións fisicoquímicas

Conxunto de factores ambientais (temperatura, humidade, tipo de substrato, salinidade, ...) que determinan as características non vivas do ecosistema.

Continuidade Non interrupción.

Elo Cada un dos elementos relacionados entre si que serven para dar orixe ou explicar algo.

Emigrar Cando se fala de animais: cambiar de lugar, polo xeral en épocas fixas, en busca de mellores E condicións de supervivencia (alimento, temperatura, ...).

Estrato Cada un dos niveis ou das capas en que se pode agrupar un conxunto de elementos e que está por debaixo ou por riba doutro conxunto de elementos da mesma natureza.

Fisioloxía Ciencia que estuda o funcionamento órganos e dos tecidos dos seres vivos.

F Fluxo Movemento dun fluído de xeito continuado.

H Humus Materia orgánica do solo, de cor marrón escura e aspecto terroso, formada polos residuos vexetais descompostos ou en vías de descomposición, aos que se engaden en menor medida restos animais.

Interactuar Actuar conxuntamente e influíndose mutuamente.

I Irradiar Facerse máis extensa, perderse no exterior.

Materia inorgánica Compostos químicos formados por distintos elementos, entre os que non é maioritario o carbo-

no, e que se forman pola acción de procesos físicos ou químicos.

M Materia orgánica

Compostos químicos formados fundamentalmente por carbono unido a outros elementos. O grao de organización da materia orgánica é superior ao da materia inorgánica. Os compostos orgánicos naturais proceden dos seres vivos.

Morfoloxía Estudo das formas dos organismos vivos e da súa evolución.

Nivel trófico Conxunto de organismos dun ecosistema que ocupan un lugar equivalente na cadea trófica. Todos os produtores, organismos que realizan a fotosíntese, pertencen ao mesmo nivel trófico

Prole Conxunto dos fillos dunha familia. Descendencia.

R Reciclaxe Rexenerar, transformar (un material xa usado) para volver a utilizalo.

Salinidade Concentración de sal nun medio.

.

C

N

Páxina 31 de 31

8. Bibliografía e recursos

Bibliografía

Para reforzar ou ampliar os contidos relacionados coa unidade pódese utilizar calquera das edicións dos libros de ciencias da natureza de 2º de ESO ou do ámbito científico- tecnolóxico de 2º de ESA.

Ligazóns de internet

Recomendamos as seguintes ligazóns, que propoñen actividades moi interesantes: http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/Dinamica/index.htm http://www.educared.org/global/concurso2004/1677/Los%20angeles%20de%20la%20

red/Los%20angeles%20de%20la%20red/index.htm