Upload
others
View
9
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
.
ADAPTACIÓNDAPROGRAMACIÓNDIDÁCTICA.CURSO2019/2020
CENTRO:IESDECATABOISCURSO:1ºESOMATERIA:FRANCÉSDEPARTAMENTO:FRANCÉSDATA:10/05/2020
1. INTRODUCIÓN 3
2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE. GRAO DE CONSECUCIÓN MÍNIMA E COMPETENCIAS
IMPRESCINDIBLES. 33.A. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 93.B. CUALIFICACIÓN FINAL 103.C PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO 103.D ALUMNADO DE MATERIA PENDENTE ¡Error!Marcadornodefinido.
4. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE (RECUPERACIÓN, REPASO, REFORZO E AMPLIACIÓN) 114.1 METODOLOXÍA E ACTIVIDADES 114.2. ACTUACIÓNS LEVADAS A CABO PARA O SEGUIMENTO DAS CLASES 124.3.MATERIAISERECURSOS. 12
5. INFORMACIÓN E PUBLICIDADE 13
1. INTRODUCIÓN
Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico
2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, o departamento de francés realizou
unha adaptación da programación didáctica.
O obxectivo desta adaptación é centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas
aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas,
flexibilizando os plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do alumnado.
2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE. GRAO DE CONSECUCIÓN
MÍNIMA E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.
Segundo as instrucción do 27 de abril: “dentificaranse as aprendizaxes (estándares de aprendizaxe, ou
no seu caso resultados de aprendizaxe) e competencias imprescindibles que debería desenvolver o
alumnado que servirán de referente para o deseño das actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu
caso, ampliación que se desenvolvan durante o terceiro trimestre”. �
A continuación presentamos unha táboa correspondente aos bloques que se traballan durante todo o
curso no proceso de ensino-aprendizaxe do francés. Na táboa aparecen os contidos, estándares, criterios
e competencias que consideramos esenciais e que dalgún xeito foron traballados durante os dous
primeiros trimestres. Para entender de maneira máis específica como se aplicarán estes elementos, tras esta
táboa, presentamos outra cos contidos traballados durante o curso presencial.
Estes mesmos elementos son tamén a base das actividades que estamos a realizar durante este
terceiro trimestre :
. actividades de recuperación, repaso e reforzo
. ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.
(A ampliación das aprendizaxes tomará como referentes aqueles obxectivos e competencias clave máis
necesarios para a adecuada progresión do alumnado e que para a súa asimilación requiran a mínima
intervención docente.
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPENTENCI
AS CLAVE
Bloque 1. Comprensión de textos orais
B1.1. Uso de estratexias de comprensión
das mensaxes orais:
– Uso do contexto verbal e non verbal,
e dos coñecementos previos Uso
dos coñecementos referenciais sobre
o tema.
– Identificación de palabras clave.
– Adaptación da escoita á súa finalidade
(global e/ou específica).
– Identificación dos recursos
lingüísticos ou temáticos adquiridos.
– Inferencia do significado probable das
palabras ou das frases que
descoñece, a partir do contexto e das
experiencias e os coñecementos
transferidos desde as linguas que
coñece á lingua estranxeira.
B1.1. Comprender preguntas e informacións sinxelas relativas á información
persoal moi básica (nome, idade, gustos, etc.), así como instrucións e peticións
elementais relativas ao comportamento na aula.
SLEB1.1. Comprende preguntas básicas moi sinxelas e habituais
sobre asuntos persoais ou educativos (nome, idade, enderezo, nivel
de estudos, etc.) sempre que se fale de xeito pausado e ben
articulado, e se repita se o necesita.
CCL
CCEC
CD
CAA
B1.2.Tolerancia da comprensión parcial ou
vaga nunha situación comunicativa.
B1.2. Usar estratexias básicas de comprensión do sentido xeral, a información
esencial, os puntos e as ideas principais, ou os detalles relevantes do texto:
anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos
verbais e non verbais, e uso dos coñecementos previos sobre a situación
(quen fala a quen, con que intencións, onde e cando) que dan lugar a
inferencias do significado baseadas no contexto, e as experiencias e
os coñecementos transferidos desde as linguas que coñece.
SLEB1.2. Comprende frases e expresións habituais relacionadas con
necesidades inmediatas (números, datas, prezos, etc.) e temas con
que teña moita familiaridade, e segue instrucións e consignas de aula.
CCL
CCEC
CAA
B1.3. Perseveranza no logro da
comprensión oral, reescoitando o texto
gravado ou solicitando repetición ou
reformulacións do dito.
B1.3. Comprender o sentido global e as informacións específicas máis
relevantes de mensaxes orais sinxelas e moi básicas (por exemplo, seguir
instrucións ou indicacións, identificar persoas, obxectos e lugares descritos
cun vocabulario básico) emitidas cara a cara, gravadas ou en soporte
multimedia, sobre situacións habituais de comunicación, se se fala moi amodo
e con moita claridade.
SLEB1.3. Comprende o sentido global e a información máis relevante
de textos orais breves (instrucións e comunicados) con estruturas
previamente traballadas, léxico moi común relacionado con
necesidades inmediatas, procedentes de medios audiovisuais
ou de internet, sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado,
e poida volver escoitar o dito.
CCL
CAA
CCEC
CD
B1.4. Memorización de expresións orais
breves significativas (saúdos, despedidas,
consignas de aula, preguntas sobre idade,
orixe, etc.).
B1.4. Comprender o esencial en conversas moi básicas e breves sobre temas
cotiáns habituais e de necesidade inmediata, previamente traballados, relativas
ao ámbito persoal, sempre que se fale con lentitude, articulando de forma clara
e comprensible.
SLEB1.4. Comprende a información esencial en conversas breves e
moi sinxelas nas que participa, que traten sobre temas familiares
como, por exemplo, un/unha mesmo/a, a familia, a escola, o tempo
libre, ou a descrición moi básica dunha persoa, un obxecto ou un
CCL
CAA
CCEC
CD
Comunicación lingüística (CCL). Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (CAA). Competencias sociais e
cívicas (CSC). Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). Conciencia e expresións culturais (CCEC).
lugar
Bloque 2. Produción de textos orais
B2.1. Estratexias de produción:
– Concepción da mensaxe con claridade,
distinguindo a súa idea ou as ideas
principais, e a súa estrutura básica.
– Activación dos coñecementos previos
sobre modelos e secuencias de
interacción, e elementos lingüísticos
previamente asimilado e memorizados.
– Expresión da mensaxe con claridade,
coherencia básica e estrutura adecuada, e
axustándose, de ser o caso, aos modelos
e ás fórmulas de cada tipo de texto
memorizados e traballados na clase
previamente.
– Reaxuste da tarefa (emprender unha
versión máis modesta) ou da mensaxe
(facer concesións no que realmente lle
gustaría expresar), tras valorar as
dificultades e os recursos lingüísticos
dispoñibles.
– Compensación das carencias lingüísticas
mediante procedementos lingüísticos e
Paralingüísticos
B2.1. Pronunciar de xeito intelixible, aínda que se cometan erros de
pronuncia polos que as persoas interlocutoras teñan que solicitar
repeticións para entender a mensaxe.
SLEB2.1. Na maioría das actividades de aula, amosa unha actitude
positiva polo uso da lingua estranxeira en diferentes situacións
comunicativas, esforzándose por utilizala aínda que teña que recorrer
a outras linguas para pedir axuda ou aclaracións
CCL
CCEC
CD
CAA
B2.2. Interactuar de xeito sinxelo en intercambios claramente estruturados,
utilizando fórmulas moi básicas relativas a saúdos, despedidas,
agradecementos e presentacións, colaborando paraentender e facerse
entender.
SLEB2.2. Fai e responde intelixiblemente e con accións colaborativas,
preguntas sinxelas sobre si mesmo/a e sobre actividades
moi comúns da vida diaria e do tempo libre en situacións de
comunicación significativas para a súa idade e o seu nivel escolar.
CCL
CCEC
CD
CAA
B2.3. Intercambiar de xeito intelixible información sobre si mesmo/a e
sobre accións e nocións (horarios, datas, cantidades) moi habituais da vida
diaria, usando un repertorio básico de palabras e frases moi
simples memorizadas, e facéndose comprender aínda que a persoa
interlocutora necesite que se repita ou repetir o dito.
SLEB2.3. Desenvólvese entendendo o suficiente e facéndose
entender en situacións moi habituais relacionadas con necesidades
inmediatas nas que pide e se dá información sobre lugares, horarios,
datas, prezos, cantidades e actividades máis comúns para a súa
idade e o seu nivel escolar.
CCL
CCEC
CD
CAA
B2.2. Actitude de respecto cara a si
mesmo/a e cara ás demais persoas
para comprender e facerse
comprender.
Bloque 3. Comprensión de textos escritos
B3.1. Estratexias de comprensión:
– Mobilización de información previa sobre o tipo de
tarefa e o tema, a partir da información superficial:
imaxes, organización na páxina, títulos de cabeceira,
etc.
– Identificación do tipo de lectura demandado pola tarefa.
– Distinción de tipos de comprensión necesarios para a
realización da tarefa (sentido xeral, información
esencial e puntos principais).
– Formulación de hipóteses sobre contido e contexto.
– Inferencia e formulación de hipóteses sobre
significados a partir da comprensión de elementos
significativos, lingüísticos e paratextuais, e do
coñecemento e as experiencias noutras linguas.
– Reformulación de hipóteses a partir da comprensión de
novos elementos.
B3.2. Soletreo e asociación de grafía, pronunciación e
significado a partir de modelos escritos e expresións orais
coñecidas.
B3.1. Utilizar estratexias de lectura (recursos ás imaxes, títulos e outras
informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación
de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), identificando
a información máis importante e deducindo o significado de palabras e
expresións non coñecidas.
SLEB3.1. Comprende con fluidez textos adaptados
relativos a temas do seu interese.
CCL
CAA
CCEC
CD
B3.2. Seguir instrucións básicas e comprender avisos, obrigas e prohibicións moi
sinxelas e predicibles, e traballadas previamente.
SLEB3.2. Comprende avisos, obrigas e prohibicións
básicas e predicibles, referidas a necesidades
inmediatas, de estrutura moi sinxela, especialmente se
contan con apoio visual.
CCL
CAA
CCEC
B3.3. Comprender información relevante e previsible en textos breves, moi
sinxelos e ben estruturados, con conectores moi básicos e relativos a temas da
propia experiencia
SLEB3.3. Comprende información básica e sinxela de
correspondencia persoal breve na que se fala de si
mesmo/a e sobre gustos, preferencias e intereses
referidos a temas moi cotiáns e propios da súa idade.
CCL
CAA
CCEC
CD
SLEB3.4. Comprende información esencial e localiza
información específica en material informativo sinxelo
como menús, horarios, catálogos e listas de prezos.
Bloque 4. Produción de textos escritos
B4.1. Estratexias de produción:
– Planificación:
– Execución:
– Revisión:
B4.1. Aplicar estratexias básicas para producir textos
(elección da persoa destinataria, finalidade do escrito,
planificación, redacción do borrador, revisión do texto e
versión final) a partir de modelos moi estruturados e con
axuda previa na aula.
SLEB4.1. Elabora textos sinxelos a partir de modelos, empregando
expresións e enunciados traballados previamente, para transmitir
información, ou con intencións comunicativas propias da súa idade e
do seu nivel escolar
CCL
CAA
CCEC
CD
B4.2. Completar documentos moi básicos nos que se
solicite información persoal
SLEB4.2. Completa un cuestionario sinxelo con información persoal
moi básica e relativa ao seus datos persoais e intereses ou afeccións
(nome, idade, enderezo, gustos, etc.).
CCL
CAA
CCEC
CD
B4.3. Escribir mensaxes moi sinxelas e moi breves con
información, instrucións e indicacións moi básicas
relacionadas con actividades cotiás e de inmediata
necesidade.
SLEB4.3. Escribe notas, listaxes, tarxetas postais, felicitacións e
mensaxes en soporte dixital moi sinxelas e breves, relativas a
necesidades inmediatas
CCL
CAA
CCEC
CD
Comunicación lingüística (CCL). Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (CAA). Competencias sociais e
cívicas (CSC). Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). Conciencia e expresións culturais (CCEC).
Bloque 5: Coñecemento da lingua, e consciencia intercultural e plurilingüe
B5.1. Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos.
B5.2. Patróns gráficos e convencións ortográficas
B5.3. Aspectos socioculturais e sociolingüísticos:
B5.4. Plurilingüismo:
B5.5. Funcións comunicativas:
– Iniciación e mantemento de relacións persoais e sociais
básicas propias da súa idade
– Descrición de calidades físicas e abstractas moi básicas de
persoas,
obxectos, lugares e actividades.
– Narración de acontecementos e descrición de estados e
situacións presentes,
– Petición e ofrecemento de información e indicacións, e
expresión moi sinxela de opinións .
– Expresión do coñecemento, o descoñecemento e a certeza.
– Expresión da vontade, a intención,
– Expresión do interese, a aprobación, o aprecio, a satisfacción e a
sorpresa, así como os seus contrarios.
– Establecemento e mantemento básicos da comunicación e a
organización elemental do discurso.
B5.6. Léxico oral e escrito básico de uso común relativo a:
- Identificación persoal elemental; vivenda, fogar e
contexto; actividades básicas da vida diaria; familia e
amizades; traballo, tempo libre, lecer e deporte; vacacións;
saúde máis básica e coidados físicos elementais; educación
e estudo; compras básicas; alimentación e restauración;
transporte, tempo meteorolóxico e tecnoloxías da información
e da comunicación.
- Expresións fixas, enunciados fraseolóxicos moi básicos e
moi habituais (saúdos, despedidas, preguntas por
preferencias e expresión sinxelas de gustos) e léxico sobre
temas relacionados con contidos moi sinxelos e predicibles
doutras áreas do currículo.
B5.7. Estruturas sintáctico- discursivas propias de cada idioma.
B5.1. Discriminar patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de
entoación de uso máis básico, recoñecendo o seu
significado evidente, e pronunciar e entoar con razoable
comprensibilidade, aínda que teña que repetir varias veces
para se facer entender.
SLEB5.1. Identifica sons e grafías de fonemas básicos, produce con
suficiente intelixibilidade léxico e estruturas moi básicas, e trazos
fonéticos que distinguen fonemas (nasalización,
sonorización, etc.), e iníciase no uso de patróns moi básicos de
ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.
CCL
CAA
CCEC
CD
B5.2. Recoñecer e utilizar as convencións ortográficas,
tipográficas e de puntuación, con corrección suficiente para
o seu nivel escolar.
SLEB5.2.Utiliza adecuadamente as convencións orais e escritas
básicas propias da lingua estranxeira no desenvolvemento do
proceso comunicativo oral e escrito (saúdos, despedidas, fórmulas
moi básicas de tratamento, etc.), e amosa respecto polas diferenzas
que poidan existir en aspectos culturais como hábitos, horarios, etc.
CCL
CAA
CCEC
CD
B5.3. Utilizar para a comprensión e a produción de textos
orais e escritos os coñecementos socioculturais e
sociolingüísticos adquiridos relativos a relacións
interpersoais, comportamento e convencións sociais,
respectando as normas de cortesía máis básicas nos
contextos respectivos.
SLEB5.3. Nas actividades de aula, pode explicar o proceso de
produción de textos e de hipóteses de significados tomando en
consideración os coñecementos e as experiencias noutras linguas
CCL
CAA
CCEC
B5.4. Producir textos e inferir o significado probable de
palabras ou frases que descoñece a partir das
experiencias e os coñecementos transferidos desde as
linguas que coñece.
SLEB5.4. Comprende e comunica o propósito solicitado na tarefa ou
ligado a situacións de necesidade inmediata da aula (pedir ou dar
información sobre datos persoais, felicitar, invitar, etc.) utilizando
adecuadamente as estruturas sintáctico- discursivas e o léxico
necesarios, moi básicos e
CCL
CAA
CCEC
CD
B5.5. Distinguir e levar a cabo as funcións demandadas
polo propósito comunicativo, mediante os expoñentes
básicos das devanditas funcións e os patróns
discursivos de uso máis habitual, e utilizar un repertorio
léxico suficiente para comunicar no seu nivel escolar,
sempre que sexan traballados en clase previamente
SLEB5.5. Participa en proxectos (elaboración de materiais
multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de
teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos
elementos ransversais,evitandoestereotipos lingüísticos ou culturais,
e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
CCL
CAA
CCEC
CD
B5.6. Participar en proxectos (elaboración de materiais
multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e
películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto
curriculares como outras presentes no centro docente,
relacionados cos elementos transversais, evitando
estereotipos lingüísticos ou culturais
CONTIDOS IMPARTIDOS DURANTE OS DOUS PRIMEIROS TRIMESTRES.
Unidade 0
Comunicación Gramática Vocabulario Fonética Civilización Competencias clave
Saudar
Presentarse Presentar
a alguén
Dicir a cor favorita
Comment tu
t´appelles ? Je
m´appelle…
Comment ça va ?
Qui est-ce ? C´est…
Conxugación Verbes
1er
groupe : présent
Saúdos
O alfabeto
As cores
Os números.
Ritmo da frase
Sensibilización coas
entonacións
interrogativa e
exclamativa.
Saúdos
Personaxes
francófonos
coñecidos
.
C. lingüísitica
C. social e cívica.
Competencia matemática.
Unidade 1
Comunicación Gramática Vocabulario Fonética Civilización Competencias clave
Identificar
Comunicar na clase.
Falar do instituto e do
horario.
Artigos definidos e
indefinidos. Qu´est-ce que
c´est ?
C´est…
Conxugación : Présent
s´appeler, être, avoir.
(forma negativa)
O material da clase
As materias
As cores
Os días da semana
O son [ ɔ̃ ]. O son [ ɛ ].
A escola en Francia
sistema escolar,
horiarios, materias e
instalacións
C. lingüística
C. social e cívica.
Unidade 2
Comunicación Gramática Vocabulario Fonética Civilización Competencias clave Pregunta información
sobre alguén
Expresar os gustos.
Describir alguén
Dicir a data
O feminino dos
adxectivos.
O plural
A negación
On = nous.
Os meses do ano
Os números de 20 a
31. Deporte e ocio.
Os adxectivos da
descripción
Os sons : [ y ]. [ R ].
[ u ].
O e mudo
Os deportes
Festas e símbolos
de Francia.
.
Competencias matemática,
lingüística e cultural.
3. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN
Segundo as instrucións do 27 de abril, os centros e o profesorado adaptarán o sistema de
avaliación do alumnado, co obxectivo prioritario de que os alumnos e as alumnas non perdan o curso e
poidan continuar avanzando na súa formación, tendo en conta de maneira especial a situación dos
estudantes máis vulnerables.
Os criterios de avaliación e cualificación previstos na programación didáctica foron reformados para
identificar e valorar especialmente as aprendizaxes máis relevantes e imprescindibles para a
continuidade do proceso formativo do alumnado, reforzando e consolidando as aprendizaxes realizadas nos
dous primeiros trimestres do curso, fomentando as rutinas de traballo e mantendo o hábito de estudo.
Estes criterios de avaliación terán carácter diagnóstico e permitirán as adaptacións necesarias da nosa
programación didáctica do seguinte curso 2020- 2021, para incorporar aqueles obxectivos, contidos e
aprendizaxes que, polas circunstancias especiais do terceiro trimestre, non puidesen ser abordados.
Daráselle prioridade á avaliación, atendendo ao seu carácter continuo, formativo e integrador, a partir
das avaliacións anteriores e das actividades desenvolvidas durante este período, sempre que iso favoreza ao
alumno ou alumna. � En ningún caso, o alumno ou alumna poderá verse prexudicado polas dificultades
derivadas do cambio de metodoloxía a distancia do terceiro trimestre, e non poderá ver minorados os
resultados obtidos nas avaliacións dos trimestres anteriores. �
3.A. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Para o alumnado que non adquirise as aprendizaxes e competencias imprescindibles
nos dous primeiros trimestres do curso, proporánselle ACTIVIDADES DE REFORZO E
RECUPERACIÓN que lles axuden a adquirilas e superar a materia, co obxectivo de que os
alumnos e alumnas poidan continuar o seu itinerario formativo. � As tarefas propostas terán
como referencia as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso
(anteriormente indentificadas), ata a declaración do estado de alarma polo Real Decreto
463/2020, do 14 de marzo. Estes alumnos tamén participarán da ampliación das
aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todos y ademáis beneficiosas para
os que teñen que recuperar.
Debido á situación de alerta sanitaria na que nos atopamos, non se contempla a realización de
probas presenciais. O único instrumento de avaliación a considerar será a realización e presentación das
tarefas de recuperación e reforzo das partes suspensas. Para a valoración das tarefas propostas
empregaremos a RÚBRICA 1 .
Para o alumnado que superase os dous primeiros trimestres, proporemos TAREFAS DE
CONSOLIDACIÓN E AMPLIACIÓN. A ampliación das aprendizaxes tomará como referentes
aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada progresión do
alumnado e que para a súa asimilación requiran a mínima intervención docente. tPolo tanto, o
alumnado que teña superado positivamente as dúas primeiras avaliacións, ten aprobada a
materia. Realiazará as tarefas de ampliación e consolidación para mellorar a súa cualificación
final. O membros do departamento acordamos que estas actividades poden implicar unha
mellora de ata 2 puntos sobre a nota do 2º trimestre. Para a valoración destas actividades,
empregaremos a diferentes rúbricas dependendo do tipo de actividade (oral ou escrita).
Publicaremos as rúbricas para que os rapaces coñezan a valoración dos exercicios.
3.B. CUALIFICACIÓN FINAL
A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto
as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das
competencias imprescindibles previamente definidas.
Perseguindo o obxectivo de traballar a lingua estranxeira desde un enfoque comunicativo,a avaliación
levada a cabo durante os dous primeiros trimestres daba conta do traballado na aula así como dos exames
realizados. Todo o proceso de aprendizaxe forma parte da avaliación e inclúe o traballo diario, a
actitude, o rendemento na aula, os traballos realizados na casa e os cadernos persoais.
Neste proceder levado a cabo presencialmente, a avaliación foi claramente continua e por iso
acordamos que a cualificación final sexa a correspondente ao segundo trimestre.
Como explicamos anteriormente, a avaliación desenvolvida a partir da suspensión das actividades
lectivas será continua e diagnóstica para valorar os avances realizados así como os atrasos producidos co
obxectivo de planificar as medidas necesarias para o vindeiro curso. As actividades realizadas na fase non
presencial só poderán ter valor positivo para a cualificación final do alumno.
Alumnado coa 2ª avaliación suspensa:
- Nota media das actividades de recuperación anteriormente descritas.
- Os alumnos tamén están invitados a participar nas actividades de ampliación, polo que sumarían ata
dous puntos sobre a nota anterior polo traballo que realicen con respecto ás actividades do terceiro
trimestre.
Alumnado coa 1º e a 2º avaliación aprobadas:
- Nota final correspondente á nota do segundo trimestre.
- As notas obtidas durante o 3º trimestre non presencial servirán para subir a media ata un máximo
de 2 puntos.
3.C PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO
O alumnado que non obteña unha cualificación positiva da materia na convocatoria ordinaria de Xuño,
poderá presentarse na convocatoria extraordinaria de setembro. Esta proba obxectiva tratará sobre os
aprendizaxes realizados durante os dous primeiros trimestres e recollerá os contidos mínimos explicados
anteriormente.
A proba obxectiva constará de exercicios correspondentes ás seguintes competencias traballadas na
lingua extranxeira:
- Comprensión oral.
- Comprensión escrita.
- Exercicios diversos de expresión escrita adecuados ao nivel das actividades practicadas: preguntas e
respostas, escribir mensaxes, textos, completar documentos, exercicios de carácter máis estrutural sobre
verbos ou vocabulario...
A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5
puntos para obter unha cualificación positiva.
4. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE (RECUPERACIÓN, REPASO, REFORZO E
AMPLIACIÓN)
4.1 METODOLOXÍA E ACTIVIDADES
O obxectivo fundamental da nosa materia é lograr unha competencia comunicativa en lingua
francesa. Todo o noso programa presencial estaba orientado a acadar esta finalidade e así quixemos que
continuase sendo desde que se suspenderon as clases. Temos a sorte de contar coa nosa asistente de
conversa: Célia Renaudineau para facilitarnos esta tarefa e que o contacto “virtual” dos nosos alumnos coa
lingua e a cultura francófonoas sexa o máis real posible.
Decidimos optar pola plataforma de Google Clasroom para facilitar a conexión directa coa auxiliar, que
desde o primeiro minuto se involucrou no novo proxecto que decidimos poñer en marcha.
A primeira parte do confinamento, Celia foi relatando a súa volta a Francia a través dun “videoblog” que
os alumnos podían seguir case en directo e ao que tiñan que ir correspondendo tamén con vídeos que
relatasen a súa experiencia aquí.
Seguindo as indicacións da Consellería e debido á prolongación da situación, fomos adaptando a nosa
metodoloxía aos novos escenarios que se nos ían presentando, sempre procurando manter o contacto directo
coa lingua para perder o mínimo posible en competencias orais:
- Deseñamos actividades que permitan aos alumnos manterse en contacto coa lingua, incorporados a
unha aprendizaxe continua e procurando suscitar o seu interese por aprender a aprender de modo non
presencial. En colaboración coa auxiliar, e apoiándonos moito nos vídeos que nos vai confeccionando cos
contidos que nós lle pedimos, procuramos contribuir ao desenvolvemento da competencia en comunicación
lingüísitica, da competencia dixital, así como das competencias sociais e cívicas e do sentido de
iniciativa e espírito emprendedor.
- As actividades, de recuperación repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes
teñen como referencia aqueles obxectivos e competencias clave máis necesarios para a adecuada
progresión do alumnado e que para a súa asimilación requiren a mínima intervención docente.
As tarefas propostas procuran o traballo das catro competencias en lingua estranxeira:
1- Competencia en comprensión oral: traballada a través dos vídeos da nosa auxiliar,
deseñados específicamente para cada nivel e sobre contidos traballados na aula que se reforzan ou amplían.
Utilizamos tamén outro vídeos musicais ou de interese para o noso alumnado.
2- Competencia en expresión oral: Os alumnos poden enviar vídeos ou audios respondendo a
obxectivos concretos e debidamente orientados para poñer en práctica, reforzar ou ampliar os coñecementos
xa adquiridos con anterioridade.
3- Competencia en comprensión escrita: entendendo todas as indicación que se lles dan para
seguir as actividades de comprensión oral e de maneira específica a través de tarefas que buscan o reforzo
da comprensión escrita.
4- Competencia en expresión escrita, con actividades específicas que aproveitan os contidos
introducidos de maneira oral para reorientalos a un reforzo da expresión escrita adaptada a cada nivel.
(completando documentos, escribindo pequenas mensaxes ou redantando textos a partir dun modelo...)
Atención á diversidade.
Coa axuda da Orientadora, organizaranse as actividades e os recursos para dar unha atención axeitada a
todos os nosos alumnos, coas súas propias características e diferentes situacións neste momento por medio
da adaptación dos Instrumentos, do tempos e da comunicación con eles.
En relación á metodoloxía, tanto a comunicación co alumnado como a entrega de actividades
4.2. ACTUACIÓNS LEVADAS A CABO PARA O SEGUIMENTO DAS CLASES
Desde o primeiro momento, o acceso aos materiais, a comunicación co alumnado e a resolución de
dúbidas fixéronse de maneiras diversas e adaptándose ás circuntancias que se ían atopando :
Alumnado con conectividade.
Os alumnos recibiron e reciben a información da seguinte maneira:
- O anuncio das tarefas realízase semanalmente a través da páxina web do centro (parte superior do
menú esquerdo da páxina): anúnciase a dispoñibilidade de materiais e a plataforma para acceder a eles, no
noso caso: Google Classroom.
- Correo electrónico do Centro e o facilitado polas profesoras.
- Telefonicamente.
- Videoconferencia Cisco webex meetings.
- Aplicación AbalarMóbil.
- Aula virtual e Edixgal.
Alumnado sen conectividade:
Ao alumnado sen conectividade entregáronselle as tarefas impresas a través dos servicios prestados
polo concello. Estes alumnos poden contactar coas profesoras:
- a través do teléfono do centro.
- e utilizando AbalarMóbil. (aplicación que permite ás familias consultar a información de calquera dos
seus fillos, recibir mensaxes e responder a elas.)
En calquera dos casos, tratouse de chegar a todo o alumnado a través de todos estes medios e
chamando persoalmente a cada familia para ofrecerlles a axuda necesaria. Entendemos a dificultade da
situación e na medida do posible, intentamos ofrecer o asesoramento que as familias puideran necesitar. A
día de hoxe, todas as familias están informadas aínda que o seguemento das actividades é irregular e
nalgúns casos non está habendo resposta.
4.3. MATERIAIS E RECURSOS - Material fotocopiado proporcionado pola profesora.
- Materiais subidos a Google Classroom.
- Enlaces a páxinas web de interese.
- Páxina web do centro do IES Catabois
- Videoconferencias con Webex
- Correo electrónico
- Materiais proporcionados polas distintas editoriais e dispoñibles en distintas páxinas web
5. INFORMACIÓN E PUBLICIDADE
INFORMACIÓN AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS
- Publicación na web do Centro
- Correo electrónico
- Copia fotocopiada no centro
PUBLICIDADE
- Publicación na páxina web do centro.
- Publicación na aula virtual, por curso e materia.
En Ferrol, a 10 de maio de 2020
Isabel Tojeiro Luaces
RÚBRICA 1 PARA AVALIACIÓN DE TRABALLO DE RECUPERACIÓN
PUNTUALIDADE
Entrega as tarefas dentro do prazo
proposto
(1 punto)
Entrega as tarefas cun día de
retraso sobre o prazo proposto.
(0.75 puntos)
Entrega as tarefas con
dous,tres días de retraso sobre
o prazo proposto.
(0.5 puntos)
Entrega as tarefas con catro o máis días
de retraso sobre o prazo proposto.
(0,25 puntos)
Non entrega as tarefas.
(0 puntos)
ENTREGA DAS
TAREFAS
(1 punto)
Inclúe entre o 90% e o 100% das
tarefas propostas polo profesorado
nas indicación de traballo
(1 punto)
Inclúe entre o 70% e o 80% das
tarefas propostas.
(0.75 puntos)
Iinclúe a entre o 60% e o 40%
das tarefas propostas.
(0.5 puntos)
Inclúe entre un 30% e un 20% das tarefas
propostas.
(0,25 puntos)
Inclúe un 10% ou menos das
tarefas propostas.
As tarefas non foron entregadas.
(0 puntos)
EXPRESION ESCRITA
(2 puntos)
As tarefas presentadas están
perfectamente elaboradas e con
letra lexible.
(2 puntos)
As tarefas presentadas están en
termos xerais ben elaboradas,
pero hai algunha falta de formato.
(1,5 puntos)
As tarefas están ben
presentadas pero presenta
varios erros , letra difícil de ler.
(1 punto).
As tarefas están en xeral mal
presentadas, con bastantes erros de
forma, letra difícil de ler, borróns.
(0,5 puntos)
As tarefas están moi mal
presentadas, con moitos erros de
forma, letra ilexible, borróns.
As tarefas non foron entregadas.
(0,25-0 puntos)
CONTIDO E
DESENVOLVEMENTO
(6 puntos)
As tarefas están todas elas
perfectamente realizadas. Resoltas
con excelencia, precisión, calidade,
pleno acerto, e dá mostras de
dominar o concepto, a habilidade ou
o procedemento formulados.
(6 puntos)
A maioría das tarefas están
perfectamente realizadas, aínda
que se aprecian erros nalgunhas
Resoltas con bastante precisión,
calidade, acerto, e dá mostras de
dominar, en xeral, o concepto, a
habilidade ou o procedemento
formulados.
(5 puntos)
Aproximadamente a metade das
tarefas poden considerarse ben
feitas. Resolve as tarefas coa
precisión, calidade, acerto,
xustos e dá mostras de dominar
de forma moi básica o concepto,
a habilidade ou o procedemento
formulados.
(4 puntos)
A maioría das tarefas están mal feitas. As
tarefas presentadas están ben feitas pero
son menos dun 25% das requeridas
Resolve a tarefa con precisión, calidade,
acer
to, escasos ou nulos e dá mostras de non
dominar suficientemente o concepto, a
habilidade ou o procedemento
formulados.
(3 puntos)
Resposta en branco ou que revela
a incomprensión do concepto.
As tarefas non foron realizadas ou
foron de modo que non satisfaría
ningún criterio.
(1-0 puntos)
TOTAL: 10 PUNTOS