34
A natureza na obra de Manuel María

A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

A natureza na obra de Manuel

María

Page 2: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

ODE AO NACEMENTO DUNHA FOLLA

¿Qué cantidade de marabillafoi precisa para quese producira este prodixio?¿Qué dor ou que alegríasentiu a árborecando esta follaxurdiu á luz de súpeto?¿Que lle diría o ventocando a ollou?Cando se menea e vibra:¿Qué segredo ou mensaxenos quere transmitir?¿Cómo e de que xeitotivo que adelgazar a terra,rubir árbore enriba, facersevidro musical e transparentee ser delicada folla estremecida?

(AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)

Page 3: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

BIOGRAFÍA DUNHA FOLLA

Agromou a folla. Naceupara ollar con asombroao universo e paraclarificar á Primavera.Escoitou a músicaenfebrecida e delicadados paxaros. Tremeude desexo e de paixóncos agarimos mainose sutís da brisarecendente e invisíbel.Contemplou envisoa máxica floraciónde todo canto existe.Deuse ao estío.Ao chegar o Outonodesprendeuse da árboreque a ataba e, sen máis,botouse mundo adiante.

(ORÁCULOS PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)

Page 4: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

A FLOR

Un día nácenos, de súpeto, unha flor.E quedamos sen bágoas.Perguntamos, entón, que é unha flor.Queremos saber por que en nósnaceu aquela flor.A nosa flor é moi pobriña.Non sabemos que as nosas verbaslle poden matar a vida á nosa flor.¡Milagre! ¡Milagre!Mais nós aínda non sabemoso que imos facer coa nosa flor.

(MAR MAIOR, 1963)

Page 5: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

O TOXO

¡Anque o toxo ten espiñassorrí polas primaveirascon sorrisas mareliñas!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 6: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

CANCIÓN DA FLOR DE TOXO

Chorimas incendiadas, consumíndovosnun rabioso fulgor desesperado:sodes o amarelo puro e esencialpois non hai outro. Lóstregosde amor que vos abridesno corazón do cosmos para feriraos nosos ollos co alto asombrodo ouro verdadeiro: única moedapara poder pagar o desasosegoque nos causa este incertovivir cego e absurdoque se nos vai por tortos,indecisos, calados e inseguroscamiños de tristura e desamparo.

(AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)

Page 7: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

BALADA DAS CHORIMASSoio para competir co sol, naceronas chorimas amarelas, bágoas daterra, lume do torrón, forzaprimeira e misteriosa, chagasque queiman o peito esmorecentee tristeiro da serán,aturuxos de luz enfebrecida.

Chorimas, potentes labaradasque rexorden de súpeto enchendode resplandor rabioso aschousas centeeiras, as docessearas florecidas no medioda soedade inmensurábel,aturuxos de luz enfebrecida.

Chorimas, irmás e compañeirasdas cotovías e as lavercas,brasas que queiman o escurodas uces e as carqueixas e sereflexan nas pucharcas porqueelas non precisan outro espello,aturuxos de luz enfebrecida.

Chorimas, estrelas pequeniñas,candeeiros que iluminades osilencio: para vós o ventoimprovisa canciós e a choivacae máis de vagar e musicalsoio para non mancarvos,aturuxos de luz enfebrecida.

Chorimas amarelas, vós tan febles,escoltadas de espiñas feridoras,aturuxos de luz enfebrecida.

(O LIBRO DAS BALADAS, 1978)

Page 8: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

CARPAZAS

Hai carpazas por miles de milleirose coróaas a neve a propio intento;quéimaas o sol, sofren ventisqueirose falan coas lavercas e co vento.

¡Ninguén ten dó delas, nin as garda,por eso están co medo tan xuntiñas!¡E teñen envexa da súa cor tan pardaaló enriba, no ceo, as estreliñas!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 9: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

ROSASSempre a rosa. Sempre:a forma,a cor,o recendo,a luz,a perfección da rosa.Prefiro a rosa vermella.E amo a rosa brancaporqure cando lle digosimplemente: ROSA,entorna os ollos,tremae ruborece.

(A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 10: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

POEMIÑA PARA NAMORAR A UNHA ROSA

A rosa rosiñaestá na roseiramoi coloradiña,feliz e riseira.

A rosa rosadade tanto lucira mesma alboradaa pode ferir.

A rosa rosiñaestá no rosal:¿Ti queres ser miña,rosiña lanzal?

A rosa rosadade tenro mencer,¡É tan delicadaque pode morrer!

Para rosa rosiñafachenda de Maio¡incluso é espiñaa flor dun salaio!

A rosa rosadaxa é miña amiga:¡quedou namoradacon esta cantiga!

(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)

Page 11: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

A ROSAAntes de nada somentes era a rosa:luz en éxtase na patria ceibe,terreal e pura da roseira.¡Rosa-de-xericó e alexandría!Rosa mística, flor de Prisciliano:tebra e orballo, misteriosa e nosa,¡ouh luminosa rosa chameante!Ao medrárenlle os pétalos a rosa foi-en anceio purísimo de infindo-número pitagórico,música concertada das esferas,idea platónica, rosa-cuz, sol,lúa, representación astral,lume e roda que aquece e moveao universo, fonte de vida.Logo a rosa fíxose rosácea:símbolo-sentimento do románico,ornato dos xugos, fontes, uchas,armarios e lacenas: cousassinxelas de uso común e cotidiano,paixón e lembranza moi sutil.¡Purísima e sinxela rosa rosaeaínda recendendo e perfumandoo cativo xardín da nosa vida!

(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 12: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

MILLO

Os labradíos bos que a millo estándan pouco millo e pouco pan.

O millo é, zugón, zugón,;deixa a terra cansada,sen forzas o terróne a espiga non val nada.

Mais o millo fai falla pra cebaros capós, prás papas e pró gado.Se non e bota haino que mercare vaise entón servido por ganado.

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 13: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

CENTEO

Foi no Outono outonado,Logo medrou ben medrado.Cando foi fino e delgadofloreou ben floreado.E aló no Maio amaiadofoi polo vento ondeado.E o pazpallar, lacazán,canta a promesa do pan.

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 14: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

TRIGO

Este é o trigo candeal:dereito, lanzal.É como o ouro: douradiño.¡Que ledicia terá o muíñoó muiñar!Haino que amasar,tendeloe cocelo.Despois de o enfornar,¡Deus, a este pan, ha de baixar!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 15: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

AS PATACAS

Os días de Setembro xa mediaron.Coñécese nas tardes que baixaron.Ás mañás comeza a facer fríoe son grandes as pingotas de resío.-Hai que ir xunguindo as vacase comezar a apaña das patacas.

Hai patacas cazonas e mariñas;grandes, pequenas, mareliñas.Pra apañalas sofren os cadrís.Estas, cor viño, son as do paísque case non pagaron a semente:¡van cansadas! As da xenteson as grandes. As dos ganadosvan da terra en sacos separados.

¡Aínda que non dean cartos, as patacasceban os porcos e fan medrar as vacas!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 16: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

OS NABOS

Arden as costas coa fogaxepra sementalos.As maos degrezan coa friaxepra apañalos.Estes os nabos son:folla verde, finos grelos;os carolos no terrónazúes, brancos, marelos.

Mantense a xente con grelos,coas follas críase o gando.Os carolos -¡hai que velos!-os porcos que están criando.

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 17: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

…Antergas vides chantadas no torróncon tremendos desexos de viver:estades sobor da terra a floreceren borbollón de seiva e de paixón.….(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 18: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

As árbores

Page 19: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

O CEDRO DA HORTA DA CASA DE HORTAS

Meu lanzal cedro senlleiroque naciche en Pontedeume:¿gardas lembranza en Outeirodas doces augas do Eume...?

Cando meu avó e padriñote plantou na horta de Hortas:¡eras un cedro noviñode ponlas febles e cortas!

Cedro xentil, labaradade delicada elegancia:¡ti fuche o meu compañeironos días da miña infancia!...Se a sorte, cega e arteira,chega a rematar contigo:¡eu pídolle á túa madeiraque baixe á terra comigo!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 20: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

CARBALLEIRA DE HORTAS

¡Era, en verdade, fermosa a carballeirae das brosas fora aínda librando!¡Que nube de verdor na Primaveira!¡Á súa sombra no vrao estaba o gando!...

Algúns daqueles carballos tan barileseran limpos e dereitos, sen un nó.¡E sentiran pasar moitos abriles,que xa os ollara medrar meu bisabó!

Era a mellor carballeira que medrouen toda a Chaira. ¡Viñérona cortar!¡Nunca o vento máis forte a derruboue unha serra abundou pra a derrubar!

(TERRA CHÁ, 1959)

Page 21: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

CASTIÑEIRO

Está soio o castiñeirono cómaro dun labradío.¡E como o ollo senlleiroeu coido que sinte frío!

Ten a copa moi redondae ten a casca enrugada.¡Debe sentir pena fondalembrando a vida pasada!

Como xa ten tantos anosos seus foron morrendo.¡Agora arbres estranosescóitano estar xemendo!

¡Case non hai castiñeiros!Os que hai son de respeto:¡velliños, orfos, tristeirose con furados do peto...!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 22: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

…Castiñeiros do Val, meus castiñeirosorfos, vellos, calados e retortos,co toro podrecido, os brazos tortos,aló embaixo no río ou nos outeiros.

…(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 23: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

O OURIZO

Co seu ouro vello, molo ourizo ouriceirotoma o solno pico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón:o ourizón,no pico dun castiñeirotomando o sol moi riseiro.

O ourizo está moi ledocoa súa casa ben pechada-¡ouh, qué medo!-de espiñas toda cercada.

Quer botar unha risadae os seus dentes arregañacase un nada:¡e xa fuxiu a castaña...!

(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 24: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

CARBALLOS

¡Carballos rexos, potentes,calados ou musicalesque loitais como valentescos xistras e os vendavales!

¡Duros carballos verdeados,petrucios e sedentarios!¡Estades na Chá chantadossolemnes e centenarios!

¡Como amo a vosa belezada máis baril sobriedade!¡Que sensación de fortezaollando prá eternidade!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 25: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

A ABIDUEIRA

¡Que branca é a abidueira!¡Cara ao ceo anda a soñar!¡Feita zoca, anque non queira,moita lama ha de tripar!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 26: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

ABENEIRO

Abeneiro, alto e esguío,cheo de gracia e donaire:¡estás ollando pró ríoe daslle pousada ó aire!

¡Ti non sabes, abeneiro,-as túas follas cor de mel-que estás ollando o regueirosen saber o que ves nel!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 27: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

SALGUEIRO¡Está na lama o salgueiroe medra no salgueiral!¡Fachenda e flor do lameiro!¡Corpo despido e xuncal!

Dendes do pé deica o cimo:¡que prodixio de feitura!¡Os ventos danlle agarimo!¡E danlle as aves tenrura!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 28: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

O LOUREIRO

Árbore sacra, usada polos deusespara coroar a testa dos poetasque tiñan na frente rousinoise nos beizos virxes a luz duncanto novo e namorado: a épocados mitos fermosos xa pasoue agora, neste tempo miserento,somente vives de lembranzase vagas soidades melancólicas.Máis sempre quedará o teu recendo,a túa solemne e sobria gravidade,a túa gracia senlleira e aldeanae a tú luz –nube verde-moura-retardando as cores do amañecer.Amo, loureiro xentil e delicado,as túas fortes follas vibradoirasen aberto diálogo co ventoe as tús escuras ponlas florecidasde ledos merlos e xílgaros cantores.

(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 29: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

…Por dentro vas calada e consumidapor unha forza cega e poderosa.E por fora es áspera e rugosa,oliveira retorta como a vida.…

(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 30: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

…Limoeiro florido e sorprendenteiluminando os ouros do solpor:nada tés tan fermoso como a flornin existe flor tan recendente…(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 31: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

ALCIPRÉS

Fírgoa de luzparda e magoada,patria da brisa,dos tépedosventos vagamundose canoros, solporda nosa melancolíasolitaria, pequenoanaco de noitevixiante, resplandorda nosa íntimatristura resignada,salouco da terra:enorme bágoa.

(A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 32: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

PIÑEIROS

¡Piñeiros finos, delgados,perfección da vertical!¡Ollais ó ceo pasmadoscoa vosa ollada lanzal!

¡Tedes as vosas verdadese só o vento escoitais!Se o vento quere, chorades.Se quere o vento cantais.

Éu téñovos pouco aprecio.Como sodes tan esguíos:¡vedes con certo desprecioós meus arbres montesíos!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 33: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

ÁRBORES DA CIDADE

As árbores da cidadeesmorecidas, tristeiras:¡non cometeron delitoe téñenas prisioneiras!

As árbores da cidadenon sei como dan medradoco barullo dos motorese co ar polucionado.

As árbores da cidadeson seres artificiales:¡naceron no invernadeirodos xardís municipales!

(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)

Page 34: A natureza na obra de Manuel María - · PDF fileDendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ... en aberto diálogo co vento. e as tús escuras

Manuel MaríaLetras Galegas 2016

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaTextos: Manuel María Xaneiro 2016

Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.