Upload
others
View
8
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
A N I M A I S
I N V E N T A D O S
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
IES ALEXANDRE BÓVEDA
VIGO
XUÑO 2020
Transformamos o mundo
cando pensamos cousas imposíbeis
TÁBOA
O POLESCOFIÑO de Silvia Martínez Novoa 7
O PARDACOELLO de Elsa Lupicki Rodríguez 8
O GATICÁN de Álex Tierra Rodríguez 9
O PINCHÓN de Claudia Meléndez Santamarina 10
XOANIBOLBOÑARETA de Mesayé Gómez Marchante 11
O MORGARTO de Sergio Eireos Varela 13
O AXOLEÓN de Natalia Mosquera Otero 14
A OURAÑA de Erea Bea Iglesias 15
RAFICORNIS de Jimena López Blanco 16
LEOFANTE de Zaira González Pérez 17
O TARTAGANTE de Patricia Morales Rodríguez 18
XIRACÁN de Helena Blanco Pumar 19
LORMONO de Elena Guisande Basalo 20
O PAPAGATO de Pedro Conde Escudero 21
O OSOSERPE de Samuel Rodríguez Pastrana 22
LOBÓN de Lara Alonso Comesaña 23
CURELLO de Nerea Boullosa Gregorio 24
CANCODRILO de Yeray Lago González 26
PAVOGALIÑA de Aitana Álvarez Oliveira 27
CABRACOELLO de Lucía Alonso Moure 28
GUEPAOBO de Xavier Oubel Duarte 29
PORQUEÓN VOADOR de Noa Álvarez Vasconcellos 30
O POLESCOFIÑO
Silvia Martínez Novoa (2º ESO E)
O polescofiño é un animal acuático e terrestre, aínda que adoita
vivir no mar. Este animal non é común xa que está en perigo de
extinción.
O polescofiño naceu hai uns 1555 anos nunha rocha que só hai
nas profundidades do mar Mediterráneo. O polescofiño vive uns mil
anos e só pode reproducirse unha vez en toda a súa vida, mais
pode ter até 15 fillos á vez. É unha mestura de golfiño, polbo e
escorpión, por iso ten unha aparencia tan estraña. Ten abdome,
patas e pinzas do escorpión e, cando está na superficie, a súa
capacidade de ter veleno. Posúe os tentáculos e a capacidade de
botar tinta do polbo e ten a cabeza e a aleta dorsal de golfiño.
A súa vida na auga é máis sinxela ca na terra, xa que pode
comunicarse cos golfiños e polbos e é aceptado polos demais da
especie con calquera das dúas formas. Cando vive fóra da auga
cústalle máis, xa que os tentáculos (nun principio) tiña que
enroscalos e a aleta non lle servía de moito. Porén, co tempo foi
desenvolvendo unha capacidade de camuflaxe a partir dos
tentáculos e a aleta, por iso na superficie terrestre non o vemos.
O PARDACOELLO
Elsa Lupicki Rodríguez (2º ESO E)
O pardacoello é un animal do bosque, metade pardal e metade
coello. Ten plumas no corpo e nas ás. Ten pelaxe na cabeza e
bigotes no fuciño. Tamén ten unhas patas de pardal e unhas orellas
longas e peludas de coello.
O pardacoello pode voar até máis arriba das árbores e aliméntase
de herba fresca e froitos do bosque.
O GATICÁN
Álex Tierra Rodríguez (2º ESO E)
O gaticán é unha criatura un pouco peculiar xa que conta con dúas
cabezas, unha de gato e outra de can. O can é un grande amigo do
home mais o gato é un animal un pouco máis arisco.
O gaticán coida dos nenos coma se fose un anxo da garda e
nalgunhas ocasións fica abraiado. Esta criatura tan misteriosa ten
unhas cores moi vivas para chamar a atención dos rapaces. Alén
disto, é un animal moi veloz xa que coas súas patas pode voar
para axilizar o seu traballo.
Esta criatura ten a faciana doce do can e a ollada desconfiada e
pícara do gato. No seu corpo hai unha loita continua gato - can,
mais sempre remata gañando unha das dúas.
O PINCHÓN
Claudia Meléndez Santamarina (2 ESO E)
O Pinchón é como un lagarto con máis de 30 cornos de ourizo ao
redor da cabeza, lombo e cola. Ten ollos de serpe e 3 plumas na
punta da cola. As persoas non poden velo, xa que é moi rápido nas
súas accións. O que fai é que te pinches cando estás cosendo. El
arríncase un dos seus cornos e pínchate nun dedo para que
aprendas a coser mellor, porque só pincha os maos costureiros. É
moi exixente.
XOANIBOLBOÑARETA
Mesayé Gómez Marchante (2º ESO C)
Onte o meu pai contoume unha das súas pequenas exploracións
que facía cando era máis novo.
Contoume que nos seus tempos de aburrimento ía explorar un
bosque cuns amigos. Gústanlle moito os insectos… e os animais
en xeral.
Ía camiñando cunha moza por un bosque.
Decatouse nun instante que vira unhas pegadas moi estrañas. Fixo
unhas fotos e, cando chegou á súa casa, comprobou as fotos que
non pertencían a ningún animal coñecido.
Foi de novo buscar novas informacións sobre o estraño animal,
atopou de novo as pegadas e, para dar con el, seguiunas. Deu co
animal e, ás agachadas, tomou datos.
-Tiña unha cabeza de xoaniña e puntos vermellos no corpo.
-Tiña unhas ás que saían do lombo, moi fermosas. Iso indicoulle
que podía voar.
-Tiña unha espirotrompa que lle saía da boca para absorber o
néctar das flores.
É unha mestura entre xoaniña e bolboreta.
Cando o meu pai se achegou para observalo mellor, este
camuflouse no tronco dunha árbore, como os camaleóns.
Dende ese día o meu pai xa non volveu atoparse con este animal
tan estraño.
Curiosidades
Gustalle vivir en lugares moi afastados dos depredadores
Gustalle ter o seu niño en lugares moi altos e afastados dos
ovíparos.
Garda o alimento para as súas crías nos puntos vermellos.
Cando se achega ás súas crías, estas están coas súas
espirotrompas xa esticadas para se alimentar.
O M ORGARTO
Sergio Eireos Varela (2º ESO C)
O morgarto é unha mestura entre un lagarto e un morcego. As súas
ás están cheas de escamas que varían de cor dependendo da
situación. O seu tronco está cuberto de pelo negro como os
morcegos e a súa cola tamén cuberta de escamas coas mesmas
cores que as ás. Ten uns cairos típicos dos morcegos, moi grandes.
Na actualidade hai moi poucos morgartos no mundo, mais na Idade
Media había bastantes e confundíanse con dragóns.
É moi tímido e vive nas covas máis profundas e escuras. Cando
sae polo día, enfádase moito e bota lume pola boca provocando
incendios nas cidades.
O AXOLEÓN
Natalia Mosquera Otero (2º ESO A)
O Axoleón é unha mestura de axolote e camaleón. A súa cabeza é
coma a dun axolote; ancha, cuns ollos pequenos, redondos e sen
pálpebras. Ten tres pares de branquias a cada lado da cabeza, que
saen da base da cabeza e van cara a atrás. Pola contra, o tronco,
as extremidades e a cola son coma as dun camaleón.Ten
escamas, catro patas con dúas dedas en forma de pinza e unha
cola moi longa que lle serve para se pendurar das árbores.
O Axoleón é áxil e moi intelixente. Gústalle moito xantar grilos,
aínda que tamén lle gustan todo tipo de insectos. Porén, sobre
todo, é moi curioso e por iso só sae as noites de lúa chea e, se tes
sorte e o atopas, guiarache até un cofre cheo de riquezas
somerxido nunha lagoa.
A OURAÑA
Erea Bea Iglesias (2º ESO A)
A ouraña é unha araña negra con espiñas como as do ourizo. Mide
uns 10 cm aínda que pode acadar o tamaño dunha persoa normal.
Isto ocorre cando a persoa deixa libre ou non mata as arañas que
andan pola casa. Ela vólvese máis grande e fai as tarefas
domésticas da persoa. Para ela é fácil grazas ás súas oito patas.
Se a persoa a que axuda ten un fillo ou filla, faille os deberes e, se
ten algún exame ao día seguinte, tece unha tea sobre a súa
cabeza e sábese todas as preguntas. Aínda que isto último só
ocorre unha vez, non funciona en máis dun exame. Cando a
ouraña remata, volve encollerse e vaise sen que lembres nada. Se
polo contrario matas unha araña, a ouraña crávache algunha das
súas espiñas mentres dormes e, cando espertas tes a pel verde
durante un mes. Estas persoas sí recordan a ouraña e non volven
matar unha araña nunca máis.
RAFICORNIS
Jimena López Blanco (2º ESO C)
O raficornis é unha mestura entre un raficeiro común e un
agapornis.
Físico. O raficornis é un herbívoro con dous cornos na cabeza,
dúas orellas grandes e ollos negros como a noite. Ten dúas ás
verdes de 13 cm xa que mide 11 cm. É de cor marrón, negra,
laranxa e branca. Ten catro patas coas que pode correr até a 100
km/h.
Comportamento. Este animal é un gran fanático de correr libre pola
sabana, mais tamén é un festeiro. Nas festas galegas como o
Samaín ou o Entroido, este animal viaxa a Galiza e mestúrase
entre a xente sen ser visto. Cando o raficornis murmúrache
“brisingr” ao ouvido danche unhas ganas terríbeis de beber e
acabas embebedándote . Este fedello ser pásao moi ben
observando a xente caer ou dicir cousas graciosas mentres están
ebrios.
LEOFANTE
Zaira González Pérez (2ºESO A)
Este curioso animal habita baixo a túa cama, xa que o seu tamaño
é de 3 cm. A súa alimentación está baseada en calquera cousa que
agoches debaixo da cama para que a túa nai non o atope, dende
rotuladores e calcetíns até exames suspensos. Coa súa trompa
absórbeo todo e trágao.
Odia cando a xente fai a cama ou cando vai durmir, xa que co
movemento se pon nervioso.
Cando cheges á casa non te poñas a buscar xa que o leofante ten
moi mal humor e non dubidará en botarche ao segundo un líquido
rosa que bota pola sua trompa. O líquido ten un sabor moi noxento
para o ser humano. Porén, para os animais está boísimo, por iso
teu can sempre ten o fuciño metido baixo a cama.
O leofante non manten relacións amorosas con ninguén e
reprodúcese dunha maneira moi peculiar, cando move o seu corpo
é quen de dividirse en catro e de aí saen novos leofantes.
O TARTAGANTE
Patricia Morales Rodríguez (2º ESO E)
O tartagante é así como unha tartaruga, aínda que ten un corno
diante da face. Enriba do corpo ten unha cuncha que o protexe de
todo tipo de ameazas. Ten un fuciño exaxerado que é de onde lle
sae o corno. O seu corpo é verde e gris e, deste xeito, pode
camuflarse no bosque.
Por outra banda, no que se refire á súa alimentación, o tartagante é
herbívoro.
O que máis me gusta del é a súa bondade, xa que só utiliza o seu
corno se se sente atacado. Porén, todos os nenos cando o ven,
tremen co medo. O pobre amólase moitísimo.
XIRACÁN
Helena Blanco Pumar (2ºESO B)
O xiracán é unha mestura entre can e xirafa. Ten cabeza de cane
un pescozo e corpo de xirafa; o seu corpo é amarelo con pintas
marróns.
Aliméntase a base de patacas e cebolas xa que os demais
alimentos danlle unha especie de alerxia que fai que desaparezan
as súas manchas marróns e fiquen cegos.
O xiracán só pode ter unha cría en toda a súa vida. Críana até que
se desenvolve por completo (ao redor dos 10 anos). Hai que ter en
conta que o xiaracán vive unha media de 50 anos.
Pertence a unha especie salvaxe que
se atopa maioritariamente na sabana
e aguanta moi ben as altas
temperaturas.
Unha das cousas máis curiosas do
xiracán é a maneira na que se
comportan na véspera do seu
falecemento. Dedícana a facer unha
intensiva busca por toda a sabana
africana para se rencontrar coas que
un día foron as súas crías, para así
poder despedirse delas.
LORMONO
Elena Guisande Basalo (2º ESO B)
O se nome é lormono (híbrido de loro e mono). Ten uns ollos
brillantes, un gran peteiro e ás con plumas de fermosas cores.
Debaixo delas emerxen
unhas manciñas de finos
dedos, uns brazos peludos,
igual que as dúas patas
traseiras, e unha longa e forte
cola. É forte e gústalle moito
facer exercicio. Para iso usa
a súa cola e pasa horas
pendurado das árbores.
Come sementes variadas e
algunhas froitas que atopa.
É moi sociábel, xa que grazas
á súa cualidade de imitar todo
tipo de sons, pode
comunicarse con outras
especies, aínda que lle é
máis fácil cos macacos e os
loros, aos que chama para
formar un grupo pronto e axudar a quen o precise. O lormono é
precavido mais non é medoñento. É ledo e bondadoso.
O PAPAGATO
Pedro Conde Escudero (2º ESO D)
O papagato é un animal con cabeza de gato e corpo de papagaio.
A cabeza pode ser de diversas cores: marrón, gris, negra ou
branca. O corpo normalmente é vermello, azul e amarelo. Mide
aproximadamente uns 90 cm de alto e 1,30 m de ancho, contando
as ás. Pon ovos. Miaña e é capaz de voar. A súa media de vida son
uns dez anos.
O papagato é un animal salvaxe e só se pode atopar en Europa.
Vive nas cordilleiras, coma nos Pirineos. Non é moi bo amigo do
ser humano e xa houbo veces nas que o papagato atacou alguén.
Ao papagato non lle gusta nada a luz do día, polo que sae pola
noite e dorme polo día. É carnívoro, polo que ten que saír cazar.
Come desde pequenos roedores até grandes mamíferos. Algúns
viven en bandadas e outros prefiren a vida senlleira.
Disque se atopas un, ese día vai ser o mellor día da túa vida.
O OSOSERPE
Samuel Rodríguez Pastrana (2º ESO D)
O ososerpe consiste nunha mestura entre un oso e unha serpe.
Este ser consta de dúas partes: cabeza e tronco de oso, por unha
banda, e cola de serpe, por outra. Comezando pola cabeza, esta
besta ten orellas e nariz de oso e ollos e dentes de serpe,.estes
afiados como coitelos. Se baixamos até o tronco, cuberto por
completo dunha pelame marrón e suave coma o algodón,
atopamos unhas extremidades fortes e grandes que rematan
nunhas poutiñas con afiadas gadoupas e que deixan fráxiles
pegadas no chan. Non se adoita ver moito esas pegadas xa que o
ososerpe se despraza arrastrándose polo chan coa súa cola de
serpe, con duras e brillantes escamas dunha cor verde escura moi
impactante.
O ososerpe é un animal salvaxe, feroz, robusto, forte e veloz. Este
ser habita en bosques áridos con moita vexetación mais moi secos.
O ososerpe é carnívoro polo que hai que ter moito coidado se te
atopas con un ou se invades o seu territorio porque iso non lle
gusta nadiña.
LOBÓN
Lara Alonso Comesaña (2º ESO B)
É a mestura dun lobo e un león.
O aspecto físico caracterízase por ter a cabeza dun lobo mais
conta coa melena dun león. Tamén ten o rabo do lobo e o corpo é
do león. É un animal mitolóxico que ten a coraxe dun león e a gran
visión do lobo. E carnívoro e moi rápido. Pola súa forma física,
están moi musculados e conta cunha grande estratexia de caza.
Antigamente dicían que se vías un lobón terías sete anos de boa
sorte e te converterías nun deles coa misión de encontrar outro
afortunado.
CURELLO
Nerea Boullosa Gregorio (2º ESO D)
Un curello ten as ás brancas con pintas negras. O seu corpo tamén
é branco e as súas pintas tan carismáticas fanlle un debuxo por
todo o corpo. A súa cabeza é branca sen pintas. Ten unhas orellas
moi longas coas que pode escoitar calquera cousa. O seu nariz é
dunha cor rosada e, nos seus lados, ten uns curtos bigotiños.
Conta a lenda que nun día de tormenta un coello e unha curuxa
estiveron camiñando polo interior dun bosque moi escuro, xa que
as árbores tapaban a pouca luz que había ese día.
Chegaron até o corazón do bosque, onde atoparon unha apócema
de multizumes. Na tampa poñía que debían pór unha pluma, pelo,
uñas... Decidiron facer o que poñía, o coello botou un pelo e a
curuxa unha pluma. Pasaron trinta segundos e a apócema púxose
dunha cor verde. De súpeto apareceu unha luz branca que
iluminou todo o bosque. Cando a luz deixou de iluminar apareceu
unha mestura dunha curuxa e un coello, que máis tarde nomearon
"Curello".
Din que vai ás casas dos nenos que teñen pesadelos e os
transforma en soños divertidos. Cada un dos puntiños ou pintas
que ten o corpo son os pesadelos dos nenos.
CANCODRILO
Yeray Lago González (2º ESO A)
O Cancodrilo é metado crocodilo e metade can. Ten a cola de
crocodilo chea de escamas para protexerse das ameazas. As patas
dun can para correr moito, as orellas dun can para oír mellor, o
fuciño dun crocodilo, os dentes moi afiados para poder desgarrar
mellor as súas presas, os ollos dun crocodilo para poder ver moito
mellor e por último as costas cubertas de escamas para se
protexer.
Este ser ten a capacidade de aturdir as súas presas mediante un
rocoladrido fortísimo e cando a presa está aturdida sae do seu
escondite e atrápaa sen dilacións.
PAVOGALIÑA
Aitana Álvarez Oliveira (2º ESO E)
O pavogaliña é un pavo cun cabelo loiro coma o ouro e cos ollos
medorentos dunha galiña. Apenas tres rapazas puideron velo e
seguir con vida: Aitana e Inés, de trece anos, e Paula de doce.
Este animal é unha besta á que só lle gusta ficar pechado na súa
cova xogando ao fornite, un videoxogo de éxito entre os nenos,
mais hoxe en día xa case ninguén o xoga.
Só sae da súa cova unha vez ao ano para se alimentar.
Realmente é un ser desprezábel.
Se o amolas nunha partida, podería botarche un meigallo que faría
que non parases de xogar aos videoxogos. Por sorte ten unha
debilidade: os picos e os cadrados. Se llos pos na porta do teu
cuarto poderás salvarte do seu feitizo.
CABRACOELLO
Lucía Alonso Moure (2º ESO D)
A cabracoello é unha especie moi rara que só se pode atopar en
Galiza.
É unha mestura entre unha
cabra e un coello e mide
uns 78 cm de alto. O seu
corpo é de cabra e o seu
rabo é de coello. Ten nariz
de coello e cornos de
cabra. Na cabeza sáenlle
unha orellas longas e
bicudas de cor branca
coma a neve.
A cabracoello reprodúcese
mediante ovos, e pon un
cada mes. Son herbívoras,
mais encántanlles os
chococrispis. Viven uns dez meses.
As cabracoellos sempre se ven pola mañá, cando a rapazada está
a almorzar, porque cando ven que algún non quere espertar,
substitúenlle os cereais de chococrispis por unha caquiñas de
coello para que acorden ben espelidos.
GUEPAOBO
Xavier Oubel Duarte (2º ESO D)
O guepaobo dise que ten o tronco e a cabeza dun lobo e as demais
partes do corpo dun guepardo. En todas as historias do guepaobo
falan de que corre tan rápido coma un guepardo e é tan feroz e
forte coma un lobo.
O guepaobo ten un comportamento agresivo mais se se é moi
teimudo é posíbel domesticalo coma os cans. Principalmente
usábase este animal nas guerras para tres tipos de traballos. O
principal, cando estaban ben adestrados, era levar documentos ou
cartas importantes. Outro traballo era asasinar obxectivos, por
seren veloces e silandeiros. Por último, tamén se utilizaban para
cazar cervos ou animais semellantes. O guepaobo nos lugares
pequenos, de pouca poboación, servía bastante.
PORQUEÓN VOADOR
Noa Álvarez Vasconcellos (2º ESO C)
O porqueón voador é un animal semellante a un porco coas ás
dunha msca e con unllas afiadas nas catro patas. A súa pel é
normalmente de cor rosa clara. Aparenta estar amolado e ten dúas
pequenas orelliñas. Ten taménunhas raias curvas de cor verde
clara no corpo e non na cabeza.
O porqueón voador gusta e precisa dun clima frío. Por esta razón
hiberna todo o verán. Vive perto das xanelas para percibir o frío e,
cando a xente esperta, achégase ás persoas e crávalles as súas
afiadas unllas no pé esquerdo, o que fai que estean de mal humor.
Ver un porqueón voador é case imposíbel, xa que pola súa pel
camaleónica camúflase tan ben que se volve invisíbel. Se queres
ver un só tes que deixar aberta a fiestra e deixar debaixo unha
cunca con pedras de xeo, que é o que precisa para se alimentar.
Mentres come non pode usar a súa incríbel pel, xa que pon toda a
súa atención na comida.
Porén, se non queres recibir a súa visita e estar de mal humor,
deberás ter na túa casa unha temperatura superior a 17ºC, porque
o porqueón voador non atura esa calor, polo que, ao achegarse á
túa casa, daría volta para procurar descansar noutro lugar.
IES ALEXANDRE BÓVEDAVIGO