123

A Música en Mondoñedo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Breve historia de la música en Mondoñedo. Músicos y agrupaciones musicales Autores: Andrés García Doural y Moncho García González.

Citation preview

Page 1: A Música en Mondoñedo
Page 2: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

A Diego e Anxo con agarimo, agardando que algún día aproveiteneste traballo no que empregamos

tantas horas e lles sirva paracoñecer un pouco a historia da

música na cidade de Mondoñedo.

Ás nosas familias que nos apoiaron para que

levaramos a cabo este pequenotraballo.

A toda a xente que colaborou connós e nos animou nesta labor.

Mondoñedo, 1 de Agosto de 2.002

Page 3: A Música en Mondoñedo

A historia da música popular ou tradicional profana está

moi unida á música relixiosa e culta, como se pode ver ó

longo da historia.

As Capelas de música nas Catedrais Galegas comezaron a

formarse a partir do século XIV. Nun principio estaban

formadas por cantores, pero chegado o Renacemento, a

comezos do século XVI incorpóranse os primeiros

instrumentistas: sacabuches (especie de trombóns) e chirímias

(antecesores do óboe), que se usaban polo xeral nas

procesións do Corpus, co tempo foron pasando ós cadros

de persoal das Capelas. Despois incorpóranse tamén as

vihuelas de arco e o clavicordio.

Para facer un estudio da música en Mondoñedo é obrigado

comezar falando da Capela de música da Catedral, que

durante tantos anos é a máis importante canteira musical

da cidade. Alí se forman virtuosos cantores e instrumentistas

e por alí pasan tamén unha grande cantidade de músicos

procedentes de outros lugares.

Na Catedral de Mondoñedo teñen a súa importancia xa na Idade Media os mociños (mozos de coro),

que ademais de formación musical recibían as roupas de mozo e certa cantidade de cartos para comer.

No ano 1.316 na Catedral de Mondoñedo perfílase a necesidade dun mestre de música, outorgándoselle

unha ración ao cóengo placentino Pascasio Ximeno por ensinar aos nenos e cregos. Arredor do ano

1.400 Juan Ingrés figura como o primeiro organista da Catedral de Mondoñedo do que se ten noticia.

No século XVI, sendo bispo Diego de Soto constrúese un órgano novo. Polo ano 1.714 sendo bispo

Muñoz y Salcedo encárgaselle a Bernabé Seares, dos Muíños de Arriba, a construcción das caixas e

balaústres para un órgano que sería construído por Manuel de la Viña Elizondo, mestre organero de

Salamanca que residía en Santiago. Aproveitaríase a canutería do órgano vello. Máis adiante, no século

XIX, o órgano é reparado polo gran Mestre Tafall.

Os bispos da Catedral de Mondoñedo mostraron sempre unha grande preocupación polos órganos, e

polos organistas e mestres de capela. O Nadal e a festa do Corpus eran as datas máis importantes

da música na Catedral.

Roel del Río, Custodio González Santavalla, Almeida y Motta, Jiménez de Cancio, Ángel Rodríguez,

Mariano Casares, Bartolomé Puceiro, Enrique Parga, Ildefonso Ínsua, Enrique Iglesias, Valentín Pérez,

Manuel Ledo, González Amieiro, son algúns dos músicos máis importantes que deixaron o seu nome

escrito na historia da música da Catedral mindoniense, sen esquecer os grandes mestres e compositores

José Pacheco e Pascual Veiga.

A música na Catedral

A música en Mondoñedo

TRASCORO DA CATEDRAL

Page 4: A Música en Mondoñedo

A música profana en Galicia consérvase viva a través dos

séculos, nas aldeas, nas vilas e nas xentes do pobo,

evolucionando tamén co paso do tempo e adoptando

novas formas, o mesmo que as outras músicas.

A historia da música en Mondoñedo está moi unida a

todas aquelas manifestacións populares festeiras nas

que os músicos mindonienses eran e siguen sendo

protagonistas.

Os pastores coas súas frautas ou requintas, as

pandereteiras dos fiadeiros, os cegos cos seus cantares

acompañados pola zanfona ou violín, os gaiteiros,

acordeonistas, rondallas, orfeóns e bandas de música,

todos eles contribuíron a crear a nosa tradición musical.

Hai que lembrar as festas onde tocaba o gaiteiro de Zoñán

ou Pepe da Gaita de Figueiras, as San Lucas onde se

podía ver a Coruxeiras runfar na gaita coa súa comparsa,

as foliadas que amenizaban o Cego dos Muíños ou o

acordeonista Santiago Doural, as fías onde se bailaba a

muiñeira ao son das pandereteiras de Cesuras, os xigantes

e cabezudos bailando ao son dos pasodobres de Brisas

do Masma, os maios coas rondallas e coros do Pallarego,

os concertos da Banda Municipal no quiosco da Alameda,

as gloriosas actuacións do Pacheco e do Veiga ou os

bailables amenizados polas orquestras de Manolo Araújo

e Melodías del Jazz.

Foron moitos os que coa súa música fixeron que, nesta

fermosa cidade e na súa bisbarra, as xentes se sentiran

cheas de ledicia en tantas ocasións, contribuíndo tamén

a que a nosa música se transmitira de xeración en xeración

ao longo de tantos anos.

Anque falar de todos eles sería imposible, polo menos

da maior parte deles quixeramos deixar aquí un recordo

nuns breves apuntes acerca da historia da música en

Mondoñedo que foron confeccionados con moito agarimo

e unha gran ilusión.

A música profana

A música en Mondoñedo

CEGO DE VILOALLE SUSO SORDO

FESTA DOS MAIOS

BRISAS DO MASMA (SAN ISIDRO)

MELODIAS DEL JAZZ (LINDÍN)

Page 5: A Música en Mondoñedo

Ángel Custodio Félix González Santavalla nace arredor

do ano 1.747, aínda que non se sabe exactamente

suponse que na cidade de Tui posto que alí recibe

parte da súa formación musical da man do mestre

de Capela da Catedral onde moi novo ingresa como

neno de coro.

En 1.763, cando conta coa idade de dezaseis anos,

estudia o arte do violín chegando un tempo despois

a ser admitido como violinista da mesma Catedral

polo que recibe un estipendio de dous reais diarios.

Poucos anos despois, o 19 de Decembro do 1.770,

é nomeado organista da Catedral en substitución de

Juan Antonio Basterra. Este último pasaría a ser

mestre de capela.

En Agosto do ano 1.774 concédeselle unha licencia de tres meses para perfeccionar o seu arte na

capital de España, e despois de obter unha prórroga por dous meses mais regresa a Tui no mes de

Xaneiro de 1.775.

Despois de presentarse ás oposicións para mestre de capela da Catedral de León, sen obter resultado

positivo, instálase en Mondoñedo no ano 1.782, cando conta coa idade aproximada de uns 35 anos,

para realizar as funcións de mestre de capela.

No arquivo da Catedral mindoniense consérvanse a maior parte das obras compostas por Santabaya

entre as que se encontran varias misas, salmos, himnos, motetes, tonadillas, arias, e numerosas

panxoliñas, algunhas destas con letra en lingua galega.

O día 23 de Decembro do ano 1.796 acepta o encargo do Cabido de prestar coidado, asistencia e

tamén educación ó neno de coro José Pacheco, que anos despois sería o seu substituto.

Hai que lembrar que Santavalla e o seu discípulo José Pacheco foron os compositores da música das

panxoliñas escritas polos poetas da Escola Mindoniense de Cantores do Nadal a finais do século XVIII

e principios do XIX.

Morre en Mondoñedo o día 15 de Decembro de 1.804, víctima dunha longa enfermidade, despois de

exercer o maxisterio da capela durante vintedous anos. O seu corpo descansa na Catedral da cidade.

Custodio González Santavalla

A música en Mondoñedo

CLAUSTRO DA CATEDRAL DE MONDOÑEDO

Page 6: A Música en Mondoñedo

Antonio Ventura Roel del Río foi un dos máis ilustres

mestres de capela da Catedral de Mondoñedo.

Non era natural da cidade, pero despois dos anos que viviu

nela pódese considerar coma un músico mindoniense.

No ano 1.723 aprende a tocar o órgano na Catedral de

Santiago, onde tivo como mestre a Pedro Rodrigo.

Tamén exerce como músico na Capela do Mosteiro da

Encarnación, en Madrid.

O 16 de Maio de 1.730 é nomeado mestre da Capela da

Catedral de Mondoñedo. No ano 1.739 incorpórase á

mesma como músico de órgano, violín e clavicordio, o seu

irmán Vicente Roel.

Roel posuía unha gran formación músical. No ano 1.748

publicou Institución armónica o doctrina músico-teórica y

práctica que trata del canto llano y de órgano, libro do que

aínda hoxe se conserva un exemplar no Arquivo da Catedral

adicado ó Bispo Sarmiento.

No ano 1.760 publicou o seu segundo escrito Razón natural

y científica de la música en muchas de sus más importantes

materias.

Tivo algunhas disputas, moi sonadas na época, por escribir contra o Padre Feijoo e contra Rodríguez

de Hita. Menéndez Pelayo tratouno de retrógrado e conservador, pero os estudios posteriores acerca

de Roel demostraron que fora un músico digno do seu tempo e de calquera outro, moi equilibrado e

documentado, e por eso non podía soportar as contradiccións de Feijoo e doutros músicos da época.

Roel defende o arte do seu tempo e considera normal a evolución da música relixiosa.

Por aquela época nas capelas de música españolas había unha grande influencia da música italiana.

Roel foi o introductor desta tendencia na Capela da Catedral.

Despois dos estudios realizados con posterioridade polos musicólogos, Roel é un dos músicos españois

máis interesantes e ademais un dos grandes teóricos da música do século XVIII. Os seus escritos eran

coñecidos e comentados polos mellores músicos da época. No Arquivo da Catedral consérvanse máis

de trinta composicións do ilustre músico.

Morre o 17 de Febreiro do 1.767, o seu corpo descansa na Catedral da cidade despois de exercer o

maxisterio na Capela da mesma durante máis de trinta anos. O seu substituto será Bernardo Samillán

Martínez.

Roel del Rio

A música en Mondoñedo

MONDOÑEDO, PRAZA DA CATEDRAL

Page 7: A Música en Mondoñedo

José Eusebio Pacheco nace en Mondoñedo, na Rúa de Batitales

Alta, o 15 de Decembro do ano 1.784.

Con once anos ingresa como neno de coro na Capela de Música

da Catedral, e alí comeza a súa preparación musical tendo como

instructor ó mestre D. Ángel Custodio González Santavalla.

En Decembro do ano 1.804 encárgase temporalmente da dirección

da capela de música, debido á morte de Santavalla.

Continúa despois os estudios en Santiago, nos primeiros meses

do 1.805, baixo a dirección do ilustre músico madrileño Melchor

López, mestre de capela da Catedral Compostelana. É importante

dicir que Melchor López recuperou e compuxo melodías para

gaita, e foi transmisor da fermosa melodía A Nosa Gaita.

O día 7 de Febreiro do ano 1.806, con 22 anos de idade,

concédeselle a praza de Mestre de Capela da Catedral de

Mondoñedo.

Realiza unha viaxe a Madrid, onde se relaciona con músicos da época, de forte tendencia italiana.A

súa obra musical é moi extensa, no Arquivo da Catedral de Mondoñedo consérvanse unhas 250 partituras

súas. Citaremos algunhas das máis coñecidas como son o Plorans e o Miserere que aínda hoxe continúan

interpretándose nas procesións da Semana Santa Mindoniense, e os famosos Villancicos de Navidad,

algúns deles escritos en galego. Ademais das obras de carácter relixioso, tamén compuxo pezas

profanas e diversas obras instrumentais.

Da concertos de piano na casa de José Mª Luaces. Este último déixalle no testamento o piano e unha

colección de máis de 180 partituras, entre as cales se atopaban dez óperas de Rossini e os cuartetos

de Haydn. Polo ano 1.809 dirixía unha

comparsa composta de gaita, tambor e outros

instrumentos. Foi mestre de Pascual Veiga,

e acolleuno como neno de coro catedralicio.

Morre en Mondoñedo o 23 de marzo do 1.865,

onde residiu e foi mestre de Capela da Catedral

durante case sesenta anos. O Axuntamento,

uns anos despois, dalle o nome de Pacheco

á Rúa de Batitales Alta. No mes de decembro

do 1.984 celébrase en Mondoñedo unha

homenaxe con motivo do seu segundo

centenario.

O mestre Pacheco

MONDOÑEDO, ÓRGANO DA CATEDRAL

A música en Mondoñedo

MÚSICA DE CÁMARA. ESCENA TÍPICA DO SÉCULO XVIII

Page 8: A Música en Mondoñedo

Pascual Manuel Francisco Veiga Iglesias nace o 9 de Abril do

1.842 en Mondoñedo, na Rúa dos Templarios que hoxe leva o

seu nome. Era irmán de Manuel María Veiga, contralto da capela

da Catedral.

Con dez anos ingresa como neno de coro na Catedral e recibe

clases do mestre Pacheco. Tres anos despois compón a súa

primeira obra Septenario á Virxe das dores, para tres voces e

orquestra. No ano 1.856 comeza a preparación para organista,

da man de Tomás Burón e Rafael Tafall. Pasados sete anos

concédeselle unha nómina de 4 reais diarios por tocar o órgano

na ausencia do mestre.

No ano 1.864 fixa a súa residencia na Coruña acadando a praza

de organista da Real Colexiata de Sta Mª do Campo, funda a

capela da mesma no ano 1.875. Na Coruña tamén imparte clases

particulares, e alcanza un notable éxito polos carnavais do ano

1.876 cando compón xunto con Constantino Fernández a música das coplas que se cantan nos festexos.

Funda e dirixe o Orfeón Coruñés, unha das primeiras agrupacións corais de Galicia. Compón a música

de varias obras do seu amigo Francisco de la Iglesia entre as que destacan Os Ártabros, unha ópera

en galego. No 1.880 compón a música de A estrela coruñesa, que mais adiante acadaría o titulo de

Alborada de Veiga. Estrena esta peza dirixindo o Orfeón Brigantino.

Funda, dous anos despois, El Nuevo Orfeón que posteriormente pasará a chamarse El Eco. Sete anos

mais tarde funda o Orfeón Coruñés nº 4, que sería o cuarto dos fundados por el na Coruña.

No mes de Abril do 1.890 forma parte do xurado do Certame Musical de Tui, onde participan cinco

gaiteiros.

En 1.889 interpreta a Alborada en París, co gallo da Exposición Universal, e obtén a Medalla de Ouro,

recibindo numerosas homenaxes polo camiño, na viaxe de volta a Galicia. Nese mesmo ano, en

colaboración con Pondal, compón a música do poema Os Pinos, que anos despois pasaría a ser o

Himno Galego. Uns anos despois marcha a Madrid, onde traballa como profesor do Conservatorio

Nacional de Música e ó mesmo tempo dirixe o Orfeón Matritense e o Orfeón do Centro Galego.

Morre na Capital no ano 1.906, sendo enterrado no cemiterio da Almudena. En decembro do 1.907

interprétase Os Pinos, como Himno, no Gran Teatro do Centro Galego da Habana. E alí o ano seguinte

apróbase unha moción para que sexa declarado Himno Oficial.

En 1.912 os seus restos son trasladados a Mondoñedo, celebrándose unha serie de actos na cidade.

O Orfeón Mindoniense, dirixido por D. José Castañeda, interpreta a Alborada i o Himno, este último

en colaboración coa Banda Militar de Isabel la Católica.

No ano 1.992 celébrase en Mondoñedo unha serie de concertos en homenaxe a Veiga no seu 150

aniversario.

Pascual Veiga

O ILUSTRE COMPOSITOR

A música en Mondoñedo

Page 9: A Música en Mondoñedo

Orquestra da CatedralMondoñedo, 1.910

Catedral de Mondoñedo.

Berce do que un día foracompositor das músicasda Alborada e do HimnoGalego.

A música en Mondoñedo

Page 10: A Música en Mondoñedo

Jaime Cabot Bujosa nace na parroquia de

Sta. María de Banyalbufart na illa de Mallorca

o día 24 de Xullo do ano 1.913. Alí realiza

os estudios de bacharelato e de

contabilidade. Con doce anos comeza os

estudios musicais e de piano.

Desde neno sinte que a súa verdadeira

vocación é o sacerdocio trasladándose no

ano 1.941 ó Seminario de Mondoñedo onde

comeza a carreira eclesiástica e ó mesmo

tempo continúa os estudios musicais coa

finalidade de exercer o seu oficio nunha

parroquia.

O día 4 de Xullo de 1.948 é ordenado

sacerdote en Mondoñedo polo bispo Fernando Quiroga Palacios. Comeza traballando nas oficinas do

Palacio Episcopal.

O día 5 de Agosto do ano 1.955 é nomeado organista accidental da Catedral en substitución de Felipe

Bangueses Bande. Cinco anos despois, previa oposición, acada a praza de beneficiado-organista da

mesma desempeñando o cargo ata o ano 1.981 en que obtén a xubilación.

Alí encárgase de tocar no coro diariamente e tamén nas festas relixiosas que se celebran co motivo

da liturxia. Tamén se encarga de tocar os órganos do Santuario da Virxe dos Remedios e da Igrexa

parroquial de Santiago nalgunhas ocasións e ó mesmo tempo exerce as funcións de capellán no Convento

das Monxas Concepcionistas.

Admirado polas xentes da cidade polo seu ledo carácter e pola súa bondade, sempre está disposto

para axudar a calquera que o necesite. En Mallorca promove unha fundación benéfica chamada S' Olivar

de Estellencs, situada nunha finca que herda da súa familia.

É nomeado Bispo Honorífico polo Papa Juan Pablo II, e no ano 1.988 os veciños de Mondoñedo réndenlle

unha merecida homenaxe organizada por varias asociacións locais.

No ano 2.000 inaugura o órgano do século XVIII, construído en Vigo e pertencente ó Museo Mindoniense,

interpretando algunhas composicións de Bach e Beethoven.

Jaime Cabot Bujosa

INAUGURACIÓN DO ÓRGANO DO SÉCULO XVIII

A música en Mondoñedo

Page 11: A Música en Mondoñedo

"Alborada Galega"

Arriba qu'a auroraComenza a espuntar,

A lus que namoraNa terra e no mar.

Deixade os leitiños,Meniñas, deixai,

Que os vosos ollíñosDan máis craridá.

Como ese Sol que alomeaTan galán e espellador,

Vinde vós, soles da aldea,A avivar o noso amor,

Que, si con lumes e froresSale a aurora a rebuldarVosos cándidos amores

Saben millor feitizar.Vinde, fillas da alboradaVinde a ver nace-l-o SolCo os labiños de granadaQue dan celos ô arrebol.

E ô remanso dos airiños,Da fontiña gorgullar

Bailaremos en remuíñosDe dulzoso sospirar.Ála ven xa, raparigos,Meu amor, miña ilusión,

Cochando entre brancos prigosSeu ferido corazón.

N'hay aurora como ela,nin máis fresco carabel:Miña rula, miña estrela

Morrerei por serche fiel.Non ves, miña prenda,Aquel Sol no Ourente:

Seu lume crecenteE neve pra min.

Ven ti ôs meus brazosY o mundo olvidemos,E amantes seremos,Da vida hastra o fin.

letra: Francisco Mª de la Iglesiamúsica: Pascual Veiga

A música en Mondoñedo

Page 12: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Os orfeóns teñen unha grande importancia na historia da música da cidade, moitos foron os mindonienses

que formaron parte destas agrupacións e que ao longo de todos estes anos representaron o seu pobo

baixo os estandartes da "Sociedad Coral Pacheco" (o primeiro que se funda na cidade no ano 1.881),

"Orfeón Veiga", "Sociedade Coral Brisas del Masma", "Coral Mindoniense", "Masa Coral de Educación y

Descanso" e "Orfeón da Sociedade de Obreiros" que aínda hoxe continúa a súa labor participando nos

actos de maior relevancia da cidade e representando ó pobo de Mondoñedo por todo o país. Tamén

hai que lembrar a existencia de outras corais como "Alborada" e o "Orfeón O.A.R." entre outras, que a

pesar de ter unha corta duración tamén teñen a súa importancia, sen esquecer a labor realizada pola

Schola Cantorum do Seminario, a Schola Cantorum dos Picos, as corais masculina e feminina da V.O.T.

e a Coral do Instituto Laboral nos seus comezos.

Os orfeóns mindonienses

Page 13: A Música en Mondoñedo

O 16 de setembro de 1.881 chega a Mondoñedo o Orfeón Gallego

de Lugo, sendo recibido no barrio dos Remedios pola Banda de

Música e polas xentes do pobo. Era o primeiro que actuaba na

cidade. Ese mesmo día comézase a organizar a Sociedad Coral

Pacheco, sendo elexido presidente honorario D. Pascual Veiga,

que por entonces era director do Orfeón Brigantino da Coruña.

Na xunta xeral celebrada o día 6 de Outubro apróbase o regulamento

formándose a directiva, sendo nomeado presidente: Fernando

Paz Vivero, vicepresidente: Antonio Ferreiro Hermida, tesoureiro:

Alejo Ferreiro Soilán, director: Enrique Parga García -virtuoso

violinista-, vicedirector: Nicolás Teijeiro Carranque e vocais: Andrés

Mancebo Rey, Manuel Vaamonde Gasteluzar, Cándido Rodríguez

del Riego, Guillermo Bernigaray Rego, Víctor da Silva Posada e

o médico e poeta Manuel Leiras Pulpeiro.

A Sociedad Coral Pacheco é o primeiro orfeón que se organiza en Mondoñedo, e toma o nome do ilustre

músico que fora mestre da Capela da Catedral. Conta con 60 voces, e dá o primeiro concerto no Circulo

de Recreo o 23 de Outubro dese mesmo ano, interpretando a mazurca Ingrata de Juan Montes, La

Aurora de Reventós e un Alalá de Valverde. Os orfeonistas locen no peito uns lazos vermellos con liras

de prata, regalo do Presidente Fernando Paz Vivero. A batuta do director foi un regalo de Víctor da

Silva.

O 19 de Marzo do 1.882 Catalina Méndez de Vaamonde regala ó Orfeón unha artística batuta de prata

con incrustacións de ouro. Polos carnavais dese ano forman unha tuna que, dirixida por Parga, percorreu

as rúas cantando acompañados por violíns, frautas, guitarras e bandurrias. O día 25 de xuño, con

motivo dun concerto no Circulo de Recreo, faise entrega dun valioso estandarte que fora bordado por

algunhas rapazas da cidade. En Maio do ano 1.883 cantan a misa no santuario da Virxe de Villaselán

e actúan en Ribadeo e na Veiga sendo moi ben recibidos nestas localidades.

Na primavera do 1.883, por motivos políticos, Enrique Parga abandona o orfeón e funda outro, que

non chegou a dar ningún concerto. Ramón Teijeiro, discípulo de Pacheco, que fora baixo das Capelas

da Catedral de Toledo, Mondoñedo e do Teatro Real, ó seu regreso á cidade sucedeu a Enrique Parga

na dirección do Orfeón. Antes das feiras de San Lucas dese ano o orfeón queda desfeito.

A partir desta data reorganizaríase en varias ocasións pero sen ter continuidade. No ano 1.884 baixo

a batuta de Ánxel Rodríguez Gómez, para cantar na festa de Santos ante as tumbas de Pacheco e dos

orfeonistas Enrique Parga, Nicolás Teijeiro e Santiago García, no ano 1.886 para dar un concerto a

beneficio das víctimas dos terremotos de Andalucía, e pola chegada do Bispo Cos y Macho dirixidos

de novo por Rodríguez Gómez e polas festas de San Lucas do 1.895 baixo a dirección de Enrique

Teijeiro, no ano 1.904 baixo a do violinista Cesar González Seco, que volve a reorganizalo no 1.909,

aínda que pouco despois volvería a desfacerse.

Orfeón Pacheco

A música en Mondoñedo

Page 14: A Música en Mondoñedo

José Castañeda Jurado funda este orfeón mindoniense no mes de Abril do ano 1.908, coa idea de

amenizar as Festas de San Lucas. Esta primeira formación está composta por unhas trinta voces.

Pola festa de Corpus organizase unha velada no Salón Teatro do Casino co motivo de recadar fondos

para a organización das festas. Actuarían na mesma o Orfeón, a Banda Municipal, o cuarteto tradicional

Os Pacheco e o cantante Julio Brandón.

Polas festas de San Lucas actúan na Praza da Constitución os días 18 e 19 e polo mes de Novembro,

despois de actuar no local da Sociedade de Obreiros, disólvese a agrupación.

No ano 1.912 fórmase unha comisión, co motivo do traslado dos restos de Pascual Veiga a Mondoñedo,

e acórdase reorganizar o orfeón. No mes de Agosto, baixo a batuta de José Castañeda Jurado, comeza

a ensaiar un grupo de mozos da localidade.

Os membros do Orfeón xunto coa Banda Municipal e Os Pacheco ofrécenlle unha serenata ó Presidente

do Centro Galego na Habana na súa chegada á cidade.

O 17 de Setembro chegan os restos á cidade e son conducidos

ata a Catedral. Esa noite o Orfeón e a Banda Militar ofreceron

unha serenata ás autoridades presentes na cidade e a

continuación pecháronse no Casino para ensaiar o Himno

Rexional de Veiga, que máis adiante sería o Himno Galego.

O 18 de Setembro, ten lugar a Misa de Réquiem, coa colaboración

da orquestra da Capela e Coro dirixidos polo competente mestre

León Díaz Rubín. Segundo contan as crónicas con pouca

preparación para o canto por parte dalgúns orfeonistas, que

fixeron lembrar os bos tempos do Pacheco, cando era dirixido

polo mestre Parga. Unha vez rematada a misa o féretro é levado

ó lombo por seis membros do Orfeón.

Despois do enterro o Orfeón interpreta a Alborada e

conxuntamente coa Banda Militar de Isabel la Católica interpreta

o Himno Rexional de Veiga, que despois sería o Himno Galego.

En Decembro do mesmo ano ten lugar un concerto no Salón

de Actos do Casino e no mes de Marzo do 1.913 disólvense,

previa repartición dos fondos sociais entre os orfeonistas.

Orfeón Veiga (1.908)

A música en Mondoñedo

CONVENTO DE SAN PEDRO DE ALCÁNTARA

Page 15: A Música en Mondoñedo

Pouco des po is de

desfacerse o Orfeón que

se funda co motivo do

traslado dos restos de

Veiga á Mondoñedo, José

Castañeda Jurado, Alfredo

Martínez e Andrés Pérez

Balsa propóñense de novo

volver a reorganizalo

presentando as bases no

Goberno Civil o día 15 de

Abril do 1.913.

A nova coral estaba

composta por eles tres e

vintecinco mozos máis.

Levaba o nome de Orfeón Veiga, e era dirixida por Castañeda. Un ano despois, o 24 de Abril de 1.914,

o pintor Jesús Santeiro regala á Coral un retrato de Veiga e a colectividade agradecida acorda nomealo

socio de mérito.

Os ensaios tiñan lugar na antiga Casa Consistorial (actualmente Biblioteca Pública). Algunhas das

pezas que forman parte do seu repertorio, ademais das obras de José Pacheco e Pascual Veiga, eran

La Vendimia, El adios del recluta, Los barqueros e A Foliada de Chané, sen esquecer as composicións do

seu director Pepe Castañeda coma Crepuscular, Barcarola e Nas San Lucas.

Hai que destacar que, ademais das diversas actuacións que levaron a cabo, foron escoitados pola

Infanta Isabel de Borbón co motivo do seu paso pola cidade e interpretaron a obra de Veiga no Palacio

Episcopal diante do Nuncio Apostólico Monseñor Ragonesi, o cal fixo un donativo en metálico para a

asociación. Ademáis das actuacións que realizaron en Mondoñedo tamén se desprazaron para actuar

por distintos pobos da comarca. O 28 de Xuño do 1.914 actúan en Vilanova de Lourenzá, o 4 de Xullo

do 1.915 en Ferreira do Valadouro e no ano 1.916 en Viveiro.

O ministerio de Ilustración Pública y Bellas Artes concédelle ó Orfeón unha subvención de 2.000 ptas.no

ano 1.916 que serven para establecer as Escolas de Música e Instrumental, encargándose de dirixilas

José Castañeda e Ángel Rodríguez, este último era o director da Banda Municipal.

O día 23 de Outubro de 1.917 chega a Mondoñedo a coral coruñesa Cántigas da Terra, para renderlle

unha homenaxe a Veiga. Celébrase ó día seguinte unha festa no Campo dos Remedios na que actúan

a coral coruñesa, os orfeóns Veiga e Brisas del Masma e o cuarteto Os Pacheco. O 26 de Decembro do

ano 1.918, por iniciativa de Castañeda, acórdase que o Orfeón cante a seis voces. No ano 1.925 desfaise

este orfeón debido á morte do seu director, posteriormente algúns dos seus compoñentes pasarían a

formar parte do Orfeón Brisas del Masma .

Orfeón Veiga (1.913)

A música en Mondoñedo

ORFEÓN VEIGA

Page 16: A Música en Mondoñedo

Este orfeón organizado e dirixido por

Antonio Teijeiro Prieto, violinista da

catedral, actúa por primeira vez nos

actos que se celebran con motivo da

Semana Santa do ano 1.916.

Posteriormente tamén será dirixido pola

experta batuta de Ildefonso Insua

Pedrosa, mestre de capela da Catedral.

Don Emilio Tapia, que fora presidente

da Deputación, é nomeado presidente

honorario.

O 23 de Outubro do 1.917 chega a

Mondoñedo a coral Cántigas da Terra da

Coruña sendo recibida polo alcalde da cidade, a Banda Municipal, os orfeóns Veiga e Brisas del Masma,

o cuarteto Os Pacheco e unha multitude de xente do pobo. O día 24 sae de Alcántara a coral coruñesa

acompañada polos orfeóns e polas autoridades do pobo dirixíndose ó cemiterio para levar dúas coroas

de flores á tumba de Pascual Veiga. Pola tarde celébrase na Alameda dos Remedios unha festa onde

a Coral Brisas del Masma interpreta a Alborada de Veiga, continúa o cuarteto Os Pacheco con Aires

Regionales, a Foliada de Chané é interpretada polo Orfeón Veiga, actuando tamén a coral coruñesa.

O 16 de Decembro do ano 1.917 realizan unha excursión a Lugo con todos os compoñentes, actuando

no Teatro Coliseo da capital. No mes de Outubro do ano 1.918 celébrase unha homenaxe a Pascual

Veiga actuando de novo Cántigas da Terra e o Orfeón Brisas del Masma.

En Novembro do 1.919, pola festividade de Santos, a coral interpreta diante as tumbas de Emilio Tapia,

Pacheco e Veiga a composición de Pacheco Libéra me Domine, que é escoitada polo público asistente

con un relixioso silencio.

O día 31 de Decembro do 1.919, por aclamación, foron nomeados presidente e vicepresidente da

Sociedade Coral os señores César González-Seco Romero e Rafael Martínez Gómez. Nas festas de San

Lucas dese mesmo ano ofreceron un concerto na Praza da Catedral xunto co Orfeón Veiga e a Banda

de Infantería de Marina. O tema La canción del soldado foi interpretada con acompañamento da Banda

Militar.

O director Ildefonso Insua morre nun barco a mediados dos anos trinta cando viaxa á República

Arxentina onde residen algúns fillos seus. O seu corpo é arroxado ao mar onde repousan os seus restos.

Algúns mindonienses que formaron parte deste orfeón foron Graciano Fraga, o Xirigaito, Ricardo Veiga,

o Macizo, Pixiñas, La Francia, Clemente, José Mª Rego, o Cosco, Augusto Insua, o Penasco, o Pinto, o

Gabacho, Yoyas, o Cociñeiro e os cregos Balbuena e Manuel Rico Prieto.

Sociedade Coral "Brisas del Masma"

A música en Mondoñedo

COLECTIVIDADE "BRISAS DEL MASMA"

Page 17: A Música en Mondoñedo

Despois da Guerra Civil o movemento

cultural da cidade renace de novo e

fórmase esta coral que nos seus

comezos polo ano 1.939 é dirixida

polo sacerdote Manuel Pérez Fanego,

natural da parroquia de San Nicolás

de Neda (Ferrol), ordenado en

Mondoñedo no ano 1.936.

A nova coral, que é o primeiro orfeón

mixto que se organiza na cidade,

está composta por unhas cincuenta

voces e ensaia no edificio da

Sociedade de Obreiros Católicos que

está na actual Rúa de Pacheco

posteriormente trasladaríanse os locais da Acción Social. Os gastos dos desprazamentos e da

uniformidade da sociedade coral eran sufragados polos compoñentes.

Pouco tempo despois da súa formación o director ten que trasladarse a Ferrol, onde posteriormente

sería nomeado Capelán da Empresa Bazán e fundador da Coral Polifónica da mesma, aínda que continúa

acudindo aos ensaios da coral mindoniense e cando non pode desprazarse a Mondoñedo déixalle as

partituras a Antonio González Amieiro coñecido polo nome de O Gaspar que se encarga de dirixir os

ensaios.

Hai que destacar entre as actuacións que realizan a interpretación do Plorans de Pacheco nas procesións

da Semana Santa Mindoniense, o encargado de facer a voz solista é o prestixioso tenor e violinista da

Catedral Enrique Iglesias coñecido tamén como Enrique das Danielas.

Actúan nunha velada que se celebra no día da Inmaculada Concepción como homenaxe ás forzas de

infantería destacadas na cidade. O día 4 de Xaneiro do 1.940 actúan no Seminario presentando oito

obras musicais. Ademais de actuar en Mondoñedo tamén se desprazan a Lugo, Vilalba, Ribadeo, Viveiro

e outros pobos da provincia para participar en diversos actos. En Lugo participan nun concurso de

orfeóns interpretando a peza obrigada O malpocadiño acadando o segundo posto tras da Coral Polifónica

de Pontevedra. Non acadan o primeiro debido a que o xurado achácalles que na coral participan tamén

voces brancas. Trasládanse a Ferrol co motivo da celebración dun Congreso Eucarístico interpretando

o Pan divino, o Aleluya de Haendell e a opereta Un día na sega. No ano 1.945 co motivo da consagración

do bispo Souto Vizoso actúan acompañados de orquestra.

Posteriormente moitos dos compoñentes deste orfeón entre os que se encontran Cuco Camarena,

Ricardo Caeiro, José Docal, Ramón Reigosa, Lino de Agapito, os irmáns Palacios, Pepe do Penasco,

Angelito Freire, Milagros Veiga, Pilarita das Roxicas, Pepita de Botón, Elviro Lorenzo, Laura Insua, os

irmáns Amor e Angelina Reigosa continúan formando parte do orfeón que despois se coñecería polo

nome de Masa Coral de Educación y Descanso.

Coral Mindoniense

A música en Mondoñedo

CORAL MINDONIENSE, ANO 1.945

Page 18: A Música en Mondoñedo

Na súa última etapa a Coral Mindoniense, denominada entonces Masa Coral de Educación y Descanso,

pasa a ser dirixida polos músicos da cidade Manolo Araújo e Antonio González Amieiro (O Gaspar). O

encargado era Antonio Canle García e os ensaios pasan a realizarse no novo local do Frente de Juventudes,

situado na casa nº 5 da actual Rúa do Progreso.

A coral nesta época esta composta por máis de cincuenta intérpretes entre os que destacan a solista

Maruxa González, a Zapatillera, veciña do barrio dos Muíños de Arriba. Nunha ocasión participan nun

concurso de corais, que ten lugar na Praza de España en Lugo, acadando o primeiro premio. O Sr.

Méndez, director da banda de música lucense, cando escoita cantar a Maruxa queda tan impresionado

que a bautiza como o Mirlo cantor de Mondoñedo.

Esta masa coral leva a cabo a súa labor ata os anos sesenta, realizando actuacións por toda a provincia

e participando en distintos actos de relevancia social na época como as Festas de Exaltación do Traballo

que organizadas pola Delegación Provincial de Sindicatos celébranse tódolos anos o día 18 de Xullo.

Tamén participan nos actos da Semana Santa mindoniense ademais de ofrecer concertos por varias

localidades da provincia.

Posteriormente é dirixida polo frade carmelita burgalés Alejandro Gonzalo Celorrio. Este frade chega

a Mondoñedo por mediación do rector do Mosteiro dos Picos e ademais de encargarse de levar a batuta

da coral presume de ser un mestre no manexo do acordeón.

Nos súa última etapa parte dos compoñentes deste orfeón, entre os que se encontran Manolo Araújo,

Roberto Michelena e Cuco Camarena, abandonan a coral e forman un novo orfeón denominado O.A.R.

que se disolve pouco tempo despois.

Masa Coral de Educación y Descanso

MASA CORAL DE EDUCACIÓN Y DESCANSO

A música en Mondoñedo

Page 19: A Música en Mondoñedo

O Orfeón fúndase no ano 1.967, cando

se xuntan un grupo duns trinta homes

co motivo de colaborar nun ciclo de

festivais a beneficio do Asilo de Anciáns

da cidade.

Pouco máis tarde pasou a ser mixto e

toma o nome da Sociedade de Obreiros

Católicos ó integrarse na veterana

asociación, que lle deu acollida no seu

local social.

Primeiro baixo a batuta de D. Uxío García Amor, mestre da Capela da Catedral, e dende 1.982 baixo

a de D. Alfonso de la Torre Piñeiro, cura párroco de Burgás (Vilalba), actúa por toda Galicia, Asturias,

Santander, León, Salamanca e tamén en Portugal.

Do medio millar de actuacións públicas destacan as de Torrevieja del Mar (Alicante), con motivo do

Festival Internacional de Habaneras, no que participa por dúas veces, onde actúa xunto coas mellores

corais de España e do Continente Europeo.

Hai que destacar tamén a gravación dun disco de cancións galegas coa firma Movieplay, a actuación

en diversos programas das televisións nacional e autonómica e algunhas interpretacións para emisións

radiofónicas. Tamén consigue varios premios en concursos de corais de Galicia.

O seu repertorio estivo composto sempre por pezas de tódolos estilos musicais: habaneras, cantos

espirituais, canción relixiosa, clásica e canción galega.

A Alborada Galega e o Himno Galego de Pascual Veiga sempre foron temas obrigados, como tamén o

son a interpretación do Plorans e o Miserere de Pacheco nas procesións da Semana Santa mindoniense,

sendo acompañados nalgunhas ocasións pola Banda Municipal.

No ano 1 .992 ce lebrou

solemnemente as súas Vodas de

Prata: 25 anos cantando.

Na actualidade é dirixido por

Xulia Nogueira, profesora de

coral da Escola Municipal de

Música da cidade.

No ano 2.000 foi nomeado socio

de honor do Orfeón o anterior

director Alfonso de la Torre

Piñeiro, agradecéndolle así a

labor que realizara durante

tantos anos no mesmo.

Orfeón da Sociedade de Obreiros

ORFEÓN NO ANO 1.969

A música en Mondoñedo

ORFEÓN DA SOCIEDADE DE OBREIROS A FINAIS DOS ANOS 70

Page 20: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Pola década dos anos trinta a xuventude católica feminina organiza na cidade veladas literario-musicais.

A dirección artística e musical, as presentacións escénicas e o vestiario corrían a cargo da asociación.

Nalgunha ocasión as interpretacións e os intermedios eran amenizados por músicos mindonienses

dirixidos polo mestre Eduardo Rodríguez.

Mª Carmen Insua, Pepita García, Carmiña Cigarrán,Conchita Tapia, Lolita Lombardero, Victorina Artiaga,

Celia Polo, Lupe de la Peña, Conchita Díaz e Maruja Iglesias eran algunhas das mozas mindonienses

que participaban nas veladas.

Veladas literario-musicais

Page 21: A Música en Mondoñedo

Na segunda metade da década dos anos trinta as corais masculina e feminina da Venerable Orden

Tercera de San Francisco de Asís (V.O.T.) realizan numerosas actuacións con motivo de diferentes

celebracións interpretando o himno da orde e alusivos e piadosos motetes (pezas curtas de carácter

relixioso), nalgunhas ocasións son acompañadas con música de harmonio. Tamén realizan actuacións

tódolos anos pola Festa de San Francisco e contribúen a dar solemnidade aos actos da Semana Santa

que teñen lugar na cidade.

Corais da V.O.T.

TERCIARIAS FRANCISCANAS, FESTA DE SAN FRANCISCO - 1.935

A música en Mondoñedo

Page 22: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Discografía mindoniense na década dos setenta

MOVIEPLAY / STEREO / S-21.495

Page 23: A Música en Mondoñedo

O quiosco constrúese no Campo da Alameda no ano 1.895. Para a súa inauguración, que se celebra

no mesmo ano, fórmase un sexteto composto de tres violíns, unha viola, un violonchelo e un contrabaixo.

O sexteto, dirixido polo mestre e compositor Mariano Casares, interpreta varias composicións para o

público asistente ó concerto. Os compoñentes do sexteto son músicos da orquestra da Capela da

Catedral.

A Banda de música Municipal que por entonces dirixía Ángel Rodríguez, tocaba no quiosco os xoves

pola tarde, e no Cantón os Domingos pola mañá.

A principios de Setembro do 1.904 remodélase colocándolle uns balconciños, columnas e demais

materiais de ferro, para estrealo nas festas dos Remedios. Púxoselle entón o nome de quiosco Buenos

Aires dedicado aos fillos da cidade que se encontran na Arxentina. No ano 1.907 lévase a cabo o seu

decorado por competentes artistas de fora da cidade, e recóbreselle o tellado de Zinc.

Despois de moito tempo, no ano 1.980, sufre unha restauración que é levada a cabo polos irmáns

Leivas dos Muíños de Arriba. No acto da inauguración, ante a falla dunha Banda de Música na cidade

por esas datas, actúa o Orfeón de Mondoñedo.

O quiosco da Alameda

A música en Mondoñedo

Page 24: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Banda Popular deMondoñedo

(remate do século XIX)

Page 25: A Música en Mondoñedo

A primeira Banda de Música en

Mondoñedo aparece na segunda

metade do século dezanove cunha

pequena formación duns quince

músicos adestrados por Manuel

García. Despois aumentaría o número

de instrumentistas ata chegar a estar

composta por máis de trinta.

Nos seus comezos é dirixida por

Hermenegildo Mancebo Vázquez,

baixo e trompa da orquesta da

Catedral é despois por Ángel

Rodr íguez Gómez, p ianis ta ,

compositor e segundo organista da

Catedral. Ángel recibe no ano 1.893 unha batuta de prata con incrustacións de ouro pola festa de Santa

Cecilia, regalo de tódolos músicos. Xa no remate do século a banda pasa a ser municipal dependendo

do Concello da cidade. Os instrumentos e os uniformes eran propiedade deste último.

No ano 1.895 constrúese na Alameda dos Remedios o quiosco Buenos Aires que sería utilizado pola

banda para dar concertos os xoves pola tarde.

O violinista César González-Seco é tamén organizador da Banda Municipal noutra das súas etapas,

nos primeiros anos do século vinte. Naquela época a banda amenizá os paseos da alameda de 6 a 8

da tarde e tamén ofrece concertos no Cantón interpretando temas como o valse Azul, a mazurca Solita,

o pasodobre El futuro ou a

composición tradicional Na

festa. Tamén participa no

a c o m p a ñ a m e n t o d a s

procesións e nas festas e

actos solemnes que se

celebran na cidade.

No ano 1.913 celébrase unha

animada verbena no Campo

de Alcántara amenizada pola

banda. No mesmo ano na

compaña do Orfeón Veiga

obsequian cunha serenata

nocturna ó benfeitor Miranda

Luaces co motivo da súa

estancia na localidade.

Banda Municipal (1)

A música en Mondoñedo

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DIANTE DO QUIOSCO "BUENOS AIRES"

DIANTE DO CONSISTORIO A PRIMEIROS DO SÉCULO XX

Page 26: A Música en Mondoñedo

Arredor dos anos vinte a banda encóntrase moi

necesitada de uns uniformes novos, por este motivo

o edil Augusto Insua, encargado da mesma por

aquelas datas, decide organizar unhas rifas e vender

lotería de Nadal para recadar fondos, sendo tamén

importante os donativos dalgúns particulares.

Debido a falta de medios económicos algún dos

membros chega a comentar que era mellor que

repartiran os cartos en lugar de empregalos na

roupa nova. O xénero para a realización da mesma

é mercado no comercio da familia Rego (Xacinto)

na praza da Catedral. O pantalón do novo uniforme leva unha franxa de cor vermella longa e estreita

cosida á man, un dato curioso é que esta franxa era descosida por algúns dos músicos co fin de poder

usar o pantalón a diario.

Polos anos vinte crease unha escola de música na localidade, correndo a cargo do Concello o profesorado

e o material, invitándose a tódolos veciños maiores de 12 anos que estean capacitados para ler e

escribir. Os alumnos máis avantaxados terán como premio o seu ingreso na Banda Municipal con

dereito a un salario mensual. O presidente da comisión encargada da escola é Augusto Insua, que

xunto con Ángel Rodríguez, director da banda, serán os encargados de examinar as aptitudes e

condicións dos solicitantes.

No ano 1.921 da un concerto no campo da desaparecida ermida de San Caetano. Tamén asisten á

botadura do barco Espiñeira-Mondoñedo que ten lugar na factoría naval dos Reimunde e López na

Espiñeira, tocando a Marcha

Real e posteriormente na

compaña do cuarteto Os Veiga

amenizan un animado baile. Na

primeira visita do xeneral Primo

de Rivera a Mondoñedo, o día

18 de Agosto do 1.924, a

Banda interpreta a Marcha Real

e o Himno Nacional.

No mes de Agosto do 1.926

chega a Mondoñedo Julián de

Diego Alcolea, arcebispo de

Santiago, sendo obsequiado

cunha serenata diante do

palacio episcopal a cargo da

banda.

Banda Municipal (2)

A música en Mondoñedo

NA INAUGURACIÓN DO MONUMENTO DOS CAIDOS

FESTAS DOS REMEDIOS DO ANO 1.960

Page 27: A Música en Mondoñedo

No ano 1.930 o Axuntamento suprime a praza

de director, por medo a que os músicos pasaran

a ser funcionarios. Créase entonces a Academia

de Música, asignándoselle á banda unha

subvención simbólica, quedando o director da

mesma como empregado municipal.

Por esas datas reciben a partitura principal do

Himno Nacional Arxentino, enviada desde aquela

nación a Ángel Rodríguez para que figure no

arquivo da colectividade.

O día 15 de Xuño do 1.933 celebrase no Principal Cinema de Mondoñedo un festival benéfico organizado

pola Banda Municipal para recadar fondos, proxectaríanse varios filmes e no intermedio actua o cuarteto

de gaiteiros Os Veiga.

No verán do ano 1.934 a banda volve a amenizar os paseos nocturnos da Alameda dos Remedios e

no mes de Maio do ano 1.935 reciben, xunto co cuarteto Os Pacheco, ó novo bispo da cidade Benjamín

de Arriba y Castro.

No mes de Maio do ano 1.937 visita Mondoñedo Pilar Franco, irmá do xeneral, sendo recibida polas

autoridades da cidade e pola Banda Municipal.

Polas festas dos Remedios do ano 1.944 celébrase o 1º concurso de Bandas Civis de Música. Os

premios son o primeiro de 10.000 ptas., o segundo de 5.000 ptas. e o terceiro de 3.000 ptas.

O músico mindoniense Lodeiro Piñeiroa finado o 22 de Decembro do 1.934 na Coruña, legou unha

cuantiosa cantidade para a organización e celebración deste concurso

que el mesmo impulsa, celebrándose despois cada tres anos na

cidade.

O día primeiro de Agosto do 1.954 chega á cidade o Cardeal de

Tarragona e diante da Casa Consistorial a Banda Municipal interpreta

nesta ocasión o HImno Nacional.

Na última etapa a banda é dirixida por Eduardo Rodríguez González,

fillo do anterior director. Sendo éste director a agrupación desaparece

no ano 1.960 e posteriormente no ano 1.977 suprímese no

axuntamento a praza de director.

Baixo a batuta de Eduardo Rodríguez chega a contar con un grupo

de gaitas forxándose tamén o nacemento do que será o cuarteto

tradicional Brisas do Masma. O lugar utilizado para os ensaios era

un baixo da rúa Pardo de Cela.

Banda Municipal (3)

A música en Mondoñedo

CON PASO MARCIAL POLO CANTÓN

MÚSICOS DA BANDA

Page 28: A Música en Mondoñedo

Na primeira metade do século vinte había unha banda de música

na parroquia de Sta. María Maior, pertencente ó concello de

Mondoñedo, que tocaba polas festas, procesións e bailes da

zona. Esta banda chega a contar cun grupo bastante numeroso

de membros dirixidos polo prestixioso músico e veciño da Quintá

Antonio Pértega Rodríguez, que ademais de tocar o clarinete

tamén era un bo gaiteiro e con anterioridade formara parte do

grupo tradicional do Val de Lourenzá Los Celitas.

Entre os membros da agrupación están José Antonio Freire

(clarinete 1º), José Manuel Pérez do Fatiga (clarinete), Salvador

Braña (clarinete), Victor Bouso de Piepito (saxo 1º e óboe), Delfino

Muíño Pértega (saxo 2º), Faustino Pértega Saavedra (saxo), Daniel

Comendeiro Gutiérrez (saxo tenor), Feliciano Bouso (trombón),

Manuel Rivas do Milleiro (fiscornio), Victor Morales de Benito

(trompeta), Emilio Muíño Neira (baixo), Atilano Gómez

(bombardino), Julio Rivas do Milleiro (bombo), Eladio Pérez do

Fatiga (platillos), Jesús Morales (caixa), Eulogio García Muíño

(requinta), Leoncio Pérez Xarará (baixo e trompeta) e Samuel

Pértega (clarinete e gaita).

Os ensaios teñen lugar na Casa de Amieiro, posteriormente trasládanse á casa do director, na Quintá,

e na última etapa da banda ensaian na casa de Leoncio Pérez Xarará.

Antonio Pértega era o que mellor dominaba o arte do solfexo e ademais de realizar as funcións de

director tamén exerce de mestre preparando a algúns veciños para ampliar e rexuvenecer a banda.

Nos primeiros tempos desprázanse a pé para ir a tocar as festas da zona. Tocan sempre nas de Santa

Mariña, San Roque, Nosa Sra. das Neves e as de San Antonio na capela de Veira do Río. Despois

comezan a contratalos para outras festas tendo que desprazarse en bicicletas polo que era moi

pintoresco velos cando se dirixían a tocar nas de Santa Mª de Bretoña ou cando marchaban para o

San Andrés de Masma. Tamén tocan na Filomena de San Adrián, en Fitoiro de Bretoña, nas festas do

15 en Trabada, en Lindín, Argomoso e nas de Santa Leocadia de Castro de Rei.

Nas festas do San Cristovo en Cesuras (Mondoñedo) teñen tanto éxito entre os veciños que o dono da

capela, Antonio Crespo López (Monterroso), deixa dito antes de finar que pola celebración do santo ten

que tocar sempre a Banda de Santa María Maior, mentres exista. Tódolos anos chegaban polas dez

da mañá e ,despois de aparcar as bicicletas nunha cabana, comezaban a tocar ata o anoitecer.

Un dato curioso é que nalgunhas ocasións dividíanse para ir a tocar, formando dúas bandas. Nos

últimos anos chegaron a cobrar 80 pesos por unha actuación.

A banda debido á algunhas disputas e á emigración dalgúns dos membros a outras cidades e países

do estranxeiro (Arxentina, Venezuela, Uruguai e Barcelona) disolveuse a principios dos anos 60.

Banda de Sta. María Maior

A música en Mondoñedo

ANTONIO PÉRTEGA

Page 29: A Música en Mondoñedo

Despois dunha longa etapa sen banda de música, na Semana Santa do ano 1.988 as procesións son

acompañadas por unha formación de músicos novos e veteranos da localidade que se xuntan por

iniciativa propia formando así as bases do que pasaría a ser a nova Banda de Música Pascual Veiga.

Esta nace como unha asociación creada para a promoción e o ensino musical a finais dese ano, creando

un calendario de actividades para o ano seguinte, programando actuacións nas distintas festas que

se celebran na cidade, así como o acompañamento de procesións e pasarrúas polos distintos barrios.

Entre os músicos que a compoñen encóntranse algúns que xa formaran parte da antiga Banda Municipal

como o tamborileiro Chamosa e Caetano Cabanas.

O 29 de Novembro do mesmo ano, participan no enterro de Eduardo Rodríguez, que fora director da

anterior Banda Municipal, acompañando os seus restos ata o templo.

As clases de solfexo comezan impartíndose nos baixos da Praza de Abastos e despois as aulas de

ensino trasládanse á Casa da Cultura, no antigo Colexio das Monxas. Os profesores que levaban a cabo

as tarefas de preparar os alumnos que desexaban formar parte da banda eran os veteranos Antonio

Seivane, Enrique Teijeiro e Antonio Caselas que ao mesmo tempo alternábanse para a dirección da

Banda nas actuacións. Nas San Lucas do ano 1.990 as corais das Pontes e de Mondoñedo en conxunto

coa Banda interpretan unhas pezas ó remate do pregón.

Hai que destacar a actuación no día das Letras Galegas dedicado a Cunqueiro, no ano 1.991, onde

reciben as autoridades e académicos que se reúnen en Mondoñedo e acompañan a ofrenda floral que

ten lugar no Cemiterio Vello, onde descansan os restos do ilustre escritor..

O 5 de Xaneiro do 1.992 réndeselle unha homenaxe a Alfredo Chamosa, o máis veterano dos seus

compoñentes, músico da antiga Banda Municipal dende o ano 1.928.

Aínda que a súa duración máis ben foi curta, pois no ano 1.996 practicamente estaba desfeita, realizaron

un bo número de actuacións.

Nova Banda de Música "Pascual Veiga"

A música en Mondoñedo

PASARRÚAS DA NOVA BANDA PASCUAL VEIGA

Page 30: A Música en Mondoñedo

No ano 1.996, por iniciativa do

Axuntamento sendo alcalde Xabier

Loira, créase unha Escola de Música,

nun momento no que a Banda

Pascual Veiga está practicamente

desaparecida. O motivo era

potenciar a formación musical e

acádemica da xuventude do Concello

e levar a cabo todo tipo de

actividades musicais, tendo como

primeiros obxectivos, a medio prazo,

a creación dunha banda de música

e unha orquestra de vento e corda.

A escola comeza a funcionar nese mesmo ano cun número de alumnos que roldan o centenar, entre

os que se encontran xentes de tódalas idades, aínda que a maior parte son rapaces novos.

Contrátase para levar a cabo as labores de docencia e dirección a Xan Carballal, director da Orquestra

Sinfónica de Xove, que fora violinista do grupo lucense de música folk Brath e á súa dona, Xulia Nogueira,

encargándose das clases de corda, solfexo e coro, Marcos Galán como profesor das clases na modalidade

de vento-madeira e música tradicional e Xosé Antonio González profesor de vento-metal.

Pola falta dun local en condicións comeza a rehabilitarse o Matadeiro Municipal vello, no barrio da

Pontepousada, para que sirva de local da nova escola. O día 13 de Setembro do 1.997 inaugúrase,

sendo bendicido polo Bispo Gea Escolano, e pónselle o nome de Escola de Música O Pallarego, na

honra do prestixioso músico da cidade.

A escola realiza un primeiro festival de fin do curso 96-97 onde se pode observar a evolución dos

alumnos que xa comezan a sacar proveito dos ensinos.

Paralelamente ás clases celébranse ao longo do ano concertos, organizados pola escola, de diferentes

estilos musicais, onde tamén participan grupos de fora da cidade. Tamén se organizan cursos de verán

e un concurso de panxoliñas de nadal en colaboración co Orfeón da Sociedade de Obreiros.

No ano 1.999 fórmase unha banda que participa no

acompañamento das procesións que se celebran na

cidade e unha orquestra que comeza interpretando

algún pequeno concerto, tamén varios grupos de

corda e vento entre os que empezan a destacar os

mellores alumnos. No ano 2.000 realizan actuacións

nos festivais de fin de curso, participan no Mercado

Medieval que se celebra na cidade e tamén gravan

un programa para a televisión de Galicia co motivo

das festas de San Lucas.

Escola Municipal de Música "O Pallarego"

A música en Mondoñedo

1º FESTIVAL FIN DE CURSO

LOCAL DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Page 31: A Música en Mondoñedo

As organizacións da xuventude da cidade en Febreiro do ano 1.938 comezan a preparación dunha

banda de cornetas e tambores, abríndose unha subscrición pública para a adquisición dos instrumentos.

Recíbense os donativos no cuartel de F.E.T. y de las JONS, na librería de Lombardía e na sede de Acción

Social.

Esta formación musical sería organizada polos cadetes, flechas y pelayos do Frente de Juventudes e os

uniformes serían os da organización, que estaban compostos por unha boina vermella, camisa azul,

pantalón curto gris, medias brancas e botas negras.

A banda estaba composta por sete cornetas e seis tambores e o seu encargado era Antonio Canle

García. Ensaiaban no actual edificio do Banco Bilbao onde se encontraba naquela época a sede do

Frente de Juventudes que posteriormente se trasladaría a un local da actual Rúa do Progreso.

A banda desfilaba e tocaba cando se celebraban certos acontecementos políticos e nalgunhas ocasións

co motivo de outras celebracións e actos públicos como as visitas a Mondoñedo de Pilar Primo de

Rivera ou o Xeneral Rolando Tella, ademais de tocar nas procesións que había na cidade.

Tamén se desprazaron para tocar a Lugo, Ribadeo, Foz, Valladolid e nunha ocasión a Madrid para

asistir a unha concentración nacional de bandas.

Os compoñentes desta banda realizaban tamén instrucción militar no Campo de Alcántara e na Alameda

dos Remedios.

Banda de Cornetas e Tambores-1.938

A música en Mondoñedo

"CADETES, FLECHAS Y PELAYOS" NO CAMPO DA ALCÁNTARA

Page 32: A Música en Mondoñedo

Esta banda fórmase arredor do ano 1.995

coa intención de acompañar as procesións

da Semana Santa que se celebran en

Mondoñedo.

A idea é de José Luís Fernández, máis

coñecido por Keno, veciño de Vilalba e

casado cunha mindoniense, que tamén

exerce as funcións de director.

Nos primeiros anos os ensaios desta banda

realízanse nas inmediacións da Capela da

V.O.T., que se encontra no antigo Campo da

Alcántara. Alí é onde se xuntan os

compoñentes durante todo o ano para preparar os toques e os pasos que chegado o momento executaran

polas rúas acompañando ás fermosas imaxes que se mostran nas procesións desta cidade. Actualmente

ensaian nos baixos da Praza de Abastos da localidade.

A maior parte dos instrumentos de que dispoñen pertenceron con anterioridade a unha banda de

Vilalba, sendo facilitados polo director, outros son propiedade dos membros e algúns foron mercados.

As contribucións realizadas polas xentes da localidade serviron para encargar os primeiros traxes desta

banda de cornetas e tambores. Máis adiante, durante a celebración dun curso de corte e confección

patrocinado polo Concello, foi elaborada outra vestimenta tomando como modelo o traxe da imaxe de

San Francisco de Asís da Capela da V.O.T.

Por iniciativa desta banda celébrase

en Mondoñedo desde o ano 1.999 a

procesión do Prendemento que vai

desde a capela de Santiago no barrio

dos Muíños ata a capela da Alcántara,

sendo a máis longa de tódalas que

teñen lugar na cidade.

Na actualidade esta formación está

composta por uns trinta membros, que

son os encargados de facer sonar os

bombos, cornetas e tambores coa

solemnidade característica neste tipo

de bandas.

Banda de Cornetas e Tambores - 1.995

A música en Mondoñedo

BANDA DE CORNETAS E TAMBORES DIRIXIDA POR "KENO"

PROCESIÓN DO SANTO ENCONTRO, ANO 2.002

Page 33: A Música en Mondoñedo

Esta comparsa foi creada por un

grupo de amigos co motivo de

participar nas festas do entroido

do ano 1.993. A súa composición

é mixta e conta con compoñentes

de idades que van desde os oito

ata os sesenta e oito anos.

O presidente é Luis Rubal, que

foi elixido pola maioría. O nome

da comparsa tamén foi elixido

entre varios, propostos polos

membros da mesma.

Realizan actuacións pola maior parte dos pobos da comarca, animando as rúas de Lourenzá, Ribadeo,

Vilalba, Monterroso, Foz, Viveiro, Trabada, Alfoz e, como non, de Mondoñedo. Tamén se desprazaron

a tocar nalgunha ocasión fóra de Galicia, destacando a actuación que tiveron en Cacabelos, na provincia

de León.

O repertorio da comparsa é bastante numeroso e consta dunhas corenta pezas musicais entre as que

figuran temas de tódolos estilos: pasodobres, valses, rumbas e ademais dúas composicións do tamén

músico mindoniense Kike Teijeiro tituladas Luisiño Xosé e Xuntoiro dos Farrucos.

Trompetas, saxofóns, acordeóns, e todo tipo de percusións, incluído o espectacular charrasco, son os

instrumentos que utilizan para animar as rúas e as festas onde actúan deixando ás xentes engaioladas

en tódalas actuacións.

A comparsa está formada na

actualidade por uns trinta

compoñentes e para os seus

ensaios, que con anterioridade

tiñan lugar no Pavillón Municipal

de Deportes da cidade, empregan

os baixos da Praza de Abastos

debido á necesidade dun lugar

espacioso para preparar os

desfiles.Teñen por costume

cambiar de traxe a miúdo,

vestíndose con roupas de moito

colorido. Todo esto unido á súa

música festeira fai desta

comparsa unha das máis

apreciadas de toda a Mariña

lucense.

Comparsa "Manca na Cheda"

A música en Mondoñedo

GRUPO MUSICAL DA COMPARSA

FOTO DA COMPARSA NO ANO 1.999

Page 34: A Música en Mondoñedo

Cuarteto de corda"Las Margaritas"Mondoñedo, 1913

A música en Mondoñedo

Page 35: A Música en Mondoñedo

José Castañeda Jurado nace en Mahón

(Menorca), no ano 1.881 e cando ten

catro anos de idade a súa familia

trasládase a vivir a Mondoñedo, onde

máis adiante traballaría de tipógrafo.

De neno comeza a estudiar música

con Manuel Iglesias, director da banda

municipal, chegando a ser un virtuoso

clarinetista.

Con tan só 17 anos dirixe unha banda

de música en Ferreira do Valadouro

sendo raro o ano que polo entroido

non organizaba algunha artística e alegre comparsa na cidade de Mondoñedo. Posteriormente contrae

matrimonio con Emilia Pernas Nieto, natural da veciña vila de Abadín, froito da súa unión nacen Ángel,

José e Luís.

Foi o fundador do Orfeón Veiga no mes de Abril do 1.908 coa idea de amenizar as festas de San Lucas,

anque a duración desta coral sería máis ben curta. No ano 1.912 con motivo da chegada dos restos

de Pascual Veiga á cidade volve a reorganizarse o orfeón baixo a súa dirección ata o mes de Marzo

do ano 1.913 en que se disolve de novo. Xunto con Andrés Pérez Balsa e Alfredo Martínez propóñense

volver a formar o orfeón no mes de Abril do 1.913 presentando as bases no Goberno Civil.

Por Real Orden do 4 de Maio de 1.916 o ministro de Ilustración Pública y Bellas Artes concédelle á coral

a cantidade de 2.000 ptas., establecéndose as Escuelas de Música e Instrumentación. Encargaríanse de

dirixilas Pepe Castañeda e Ángel Rodríguez, director da Banda Municipal da localidade.

Polos carnavais do ano 1.920 ameniza as rúas de Mondoñedo unha comparsa formada polos membros

do Orfeón Veiga, acompañados de guitarras, violíns e outros instrumentos de corda, dirixida por

Castañeda. No 1.921 dirixe a rondalla La Lira actuando nas festas máis importantes da cidade,

amenizando bailes no Salón Teatro do Casino e ofrecendo concertos e serenatas polas rúas. O presidente

da agrupación é Alfonso Martínez Terrón.

Castañeda tamén é un mestre no difícil manexo da guitarra española, un especialista no arte de facer

arranxos e un exemplar compositor. Ademais de ser o autor de obras como Barcarola ou Crepuscular

e varias obras máis para orfeón e rondalla tamén compuxo temas como Nas San Lucas, que era unha

recompilación de pezas tradicionais e que formaba parte do repertorio do Orfeón Veiga e do cuarteto

de gaiteiros Os Pacheco, a xota La Mindoniense ou Balada e Mazurca para gaita.

Despois de traballar na imprenta de Mancebo pasa a rexentar a de Acción Social. Morre en Mondoñedo

na súa casa da rúa de Rigueira, cando conta con 44 anos de idade.

Pepe Castañeda

A música en Mondoñedo

COMPARSA DE CARNAVAL

Page 36: A Música en Mondoñedo

César González-Seco Romero nace en Mondoñedo o 20 de Decembro do ano 1.877. Con 21 anos

remata os estudios de Dereito e no ano 1.904 funda na cidade a revista quincenal De todo un poco que

posteriormente en 1.907 pasaría a chamarse Mondoñedo.

Caracterízase por ser un home moi emprendedor chegando a fundar varios negocios na cidade, un

establecemento tipográfico, a fábrica de chocolates La mindoniense no ano 1.911 e unha tablajería

modelo-reguladora no 1.912. No ano 1.914 pode presumir de ter unha das primeiras motocicletas da

cidade.

Contrae nupcias con Josefa Seoane Hermida e froito do seu matrimonio son os fillos María, Cesar,

Elvira, Paulina, Micaela, José Mª e Nazario.

Desempeña o cargo de Fiscal Municipal durante varios anos sendo tamén encargado do Rexistro da

Propiedade. Paralelamente exerceu a profesión de avogado e foi elixido Deputado Provincial en Maio

do 1.915.

En canto á súa actividade cultural foi presidente da Sociedade de Obreiros, reorganizador da Banda

Municipal e organizador de seccións de declamación, festas populares e demais actividades culturais

no Mondoñedo da época. Foi tamén un gran afeccionado á lectura chegando a ter unha biblioteca

persoal duns 2.000 exemplares.

Como músico foi un gran violinista e tamén director do Orfeón Pacheco encargándose de reorganizalo

en dúas ocasións, no ano 1.904 e no mes de Abril do ano 1.909. No ano 1.919 foi nomeado presidente

da Sociedad Coral Brisas del Masma que dirixía o mestre de piano Ildefonso Insua.

Nas noites de verán saía moitas veces

a tocar polas rúas mindonienses na

compaña de outros músicos da cidade

como Eduardo Lence Santar, Pepe

Castañeda, Teijeiro e outros amigos.

Tamén deleitaban ás xentes da cidade

coa súa música nas veladas que se

celebraban ao longo do ano no Salón

Teatro do Casino e na Sociedade de

Obreiros Católicos.

Morre o día 19 de Febreiro do ano

1.921 con 43 anos de idade, víctima

dunha grave e traidora enfermidade.

César González-Seco

A música en Mondoñedo

CABECEIRA DA PUBLICACIÓN "MONDOÑEDO", FUNDADA POR CESAR

Page 37: A Música en Mondoñedo

Valentín Pérez Díaz nace en Mondoñedo na Rúa das Moscas

do barrio dos Muíños de Arriba o día 2 de Xulio do ano 1.886.

No ano 1.896 ingresa como neno de coro na Capela da

Catedral onde aprende música tendo como mestre ó organista

Mariano Casares, natural de Valladolid. Son compañeiros seus

Pibardos, Antonio González Amieiro, Jesús López Díaz e tamén

Manuel Ledo entre outros.

Exerce como salmista da Capela durante moito tempo. Nesta

etapa soe acudir a tocar ós enterros de primeira na compaña

dos antes nomeados.

Polo ano 1.920 trasládase a Ourense onde comeza a tocar

no Teatro Apolo da cidade. Chega a ter fama sendo coñecido

polas xentes como O Calvo do Apolo.

A finais dos anos vinte regresa a Mondoñedo e comeza a

traballar de bedel no Casino, tendo dereito a unha habitación

e cociña no segundo piso do local onde vivirá durante moitos anos, despois casa con Ramona Louzao

natural de Chavín (Viveiro) que traballa de criada no barrio de San Lázaro. Como non lle poden abonar

o soldo íntegro rexenta o bar do local percibindo os beneficios do mesmo, tamén se encarga das labores

da limpeza e de cobrar os recibos dos socios.

Ensaia tódalas tardes nas horas en que acude pouca xente ó Casino. Chega a ter tres violíns, un da

marca Guarnerius e tamén unha guitarra. Nalgunhas ocasións arroupa o instrumento entre as mantas

da cama para que colla máis temperatura, pois asegura que así soa mellor. Tamén exerceu de mestre

de violín, guitarra e acordeón tendo como alumnos a Enrique Cabanela, César González-Seco, Raúl e

Ricardo Mourelle, Ramón Iglesias e o sacerdote José Luís Betoño entre outros. Como compositor realiza

algunhas pezas como A Fonte da Ponte Pousada, feita en colaboración con Pepe Castañeda.

Ademais de exercer as funcións de bedel vestido coa

súa gorra de prato e chaqueta con botóns dourados

tamén é un gran amante das plantas, un meticuloso

encadernador e un mestre no arte do xogo do billar.

O mesmo que se enfrontaba a unha composición de

Vivaldi empuñando o seu Guarnerius era capaz de dar

clases no manexo do taco para realizar unha carambola.

Morre o día 19 de Maio do ano 1.962 na súa casa

da Rúa Pardo de Cela, e cando pasa o seu enterro

pola porta do Casino pódese ver no balcón do local

unha bandeira española cun crespón mouro de loito.

Valentín da Maruxa

A música en Mondoñedo

APRENDE A TOCAR O VIOLÍN NA CAPELA

VALENTÍN (PRIMEIRO POLA ESQUERDA)

Page 38: A Música en Mondoñedo

Eduardo Pernas Botana, nace no ano 1.909 na parroquia de San Pedro

de Candia pertencente ao concello de Abadín.

Cando conta con tan so dous anos de idade a súa familia trasládase a

vivir ao barrio do Río de Sixto da cidade de Mondoñedo debido a que o

seu pai, Jesús Pernas, traballa como funcionario do Xulgado.

De novo xa sinte unha grande afección pola música e ingresa na Capela

da Catedral onde ademais de acadar uns bos coñecementos de solfexo e

harmonía aprende a tocar o violín, chegando a ser violín segundo da

orquestra. Tamén chega a dominar outros instrumentos como a guitarra,

o clarinete e a trompeta.

Nos anos trinta é subdirector da rondalla O Eco dirixida por Manuel Ledo (O Pallarego) da que tamén

formaban parte músicos como O Gaspar, O Bolero, Clemente e Rafael da Confitería, participando nas

diversas comparsas que se preparaban para tocar polas rúas na celebración das festas do entroido.

Participa tamén como violinista nunha orquestra que toca durante o rezo dos salmos e na celebración

das misas dos enterros de primeira ou de a oito. Esta orquestra está formada por catro nenos de coro,

dous salmistas, bombardino, saxofón, contrabaixo, violín e frauta.

Forma parte da orquestra de cámara de Educación y Descanso, toca a trompeta na Banda Municipal e

durante certo tempo toca nunha das primeiras orquestras que se forman en Mondoñedo coa finalidade

de interpretar a banda sonora das películas que se emiten no Principal Cinema e para amenizar as

obras de teatro que se realizan na cidade.

Eduardo, máis coñecido na localidade mindoniense como Pibardos, ademais de participar en moitas

das actividades musicais que se organizan na cidade traballa como repartidor no servicio de Telégrafos.

Tamén se dedica ó ensino musical, tendo como alumnos a varios mozos da bisbarra. Os seus fillos,

aínda moi noviños gozan do privilexio de ter como mestre ó seu pai de quen aprenden as primeiras

notas musicais.

Morre en Mondoñedo debido a unha enfermidade na casa da actual Rúa do Progreso o día 2 de Xaneiro

do ano 1.952, cando conta coa idade de 43 anos.

Continúa a tradición familiar o seu fillo Lalo, que ademais de tocar a guitarra polos anos cincuenta

na rondalla do Frente de Juventudes, tamén formaría parte do grupo Os Trovadores e do Orfeón de Obreiros

Católicos, aportando a estas agrupacións a súa potente e harmoniosa voz. Na actualidade é un dos

compoñentes da Rondalla de antigos alumnos do Pallarego e aínda hoxe conserva o violín de Eduardo.

Eduardo Pernas, Pibardos

A música en Mondoñedo

EDUARDO PERNAS

Page 39: A Música en Mondoñedo

Enrique Díaz Iglesias nace en Mondoñedo no ano 1.889. No mes de

Agosto de 1.896 é admitido como neno de coro da Catedral onde doce

anos despois obtería autorización para vestir sobrepelliz coa obriga de

tocar o violín cando fora necesario.

No ano 1.910 é cantor e violín primero da orquesta da Capela, con un

salario de catro reais diarios. No mesmo ano casa con Milagros Veiga

González.

Durante moitos anos forma parte da Banda Municipal de Mondoñedo

tocando o clarinete baixo a dirección de Ángel Rodríguez.

Traballou como redactor na Imprenta da Acción Social, onde se imprimía,

entre outras publicacións, o diario mindoniense Vallibria.

Foi socio honorífico do Casino da cidade.

Enrique tamén era un mestre no manexo da gaita e no ano 1.907, xunto

con Augusto Insua, José Cendán e Leopoldo Tapia, forman o cuarteto tradicional Os Pacheco. Esta

formación acadou un notable éxito en tódalas actuacións que levaron a cabo. No ano 1.928 dirixe unha

coral integrada por socios de Juventud Católica que actúa no Principal Cinema da localidade interpretando

algunhas obras galegas.

Nas festas do entroido mindoniense do ano 1.934 funda e dirixe, coa colaboración de Antonio González

Amieiro (O Gaspar), a rondalla Os Veiga, formada por uns trinta compoñentes. Esta rondalla amenizou

durante varios anos os carnavais da cidade ademais de tocar noutros pobos da zona como Lourenzá,

Foz, Viveiro e Ribadeo. Tódolos anos pola Festa de Defuntos realizaban unha actuación diante das

tumbas de José Pacheco e Pascual Veiga.

Nos actos celebrados pola Semana Santa do ano 1.936,

na antiga Praza da Constitución, a Schola Cantorum dos

Pasionistas e a Orquestra da Catedral interpretan o Plorans

de Pacheco dirixidas por Enrique Iglesias.

Durante a Guerra Civil dirixe a Banda Municipal da cidade,

debido a que Eduardo Rodríguez, actual director,

encontrábase no fronte.

Pouco tempo despois de rematar a guerra forma parte

da Coral Mindoniense baixo a batuta do mestre Pérez

Fanego, sendo o encargado de executar a parte solista

do Plorans nas procesións da Semana Santa.

Morre en Mondoñedo o día 30 de Maio do ano 1.941,

cando conta con 52 anos de idade.

Enrique das Danielas

A música en Mondoñedo

GAITEIRO DOS PACHECO

ENRIQUE IGLESIAS (SENTADO NO CENTRO)

Page 40: A Música en Mondoñedo

O Pallarego

Manuel María Ledo Bermúdez nace nos Muíños de Abaixo, en

Mondoñedo, o 30 de Xaneiro do 1.899.

Ós nove anos é admitido como neno de coro da Catedral e os

dezaseis pasa a tocar o violín na orquestra, ata o ano 1.930 en

que o bispo aproba a desaparición da mesma.

Polo ano 1.916 comeza a traballar de barbeiro nun baixo situado

preto da Fonte Vella, converténdose a súa barbería no centro do

movemento musical e intelectual da cidade. Alí podíase ver a

Cunqueiro, Aquilino Iglesia, Trapero, Vidarte, Santeiro e tantos

outros. Tamén facía as funcións de academia musical, onde Manuel

exercía de mestre de violín, guitarra, laúde e canto.

Foi un dos piares básicos do movemento musical na cidade formando

diversos grupos entre os que hai que destacar a primeira rondalla

O Eco, os coros infantís dos Maios e posteriormente a rondalla do Frente de Juventudes. As festas do

entroido da cidade, nos anos trinta, tamén eran animadas por comparsas de carnaval preparadas por

el. Xunto con Antonio González Amieiro dirixiu as escolas de música da Fundación Lodeiro Piñeiroa e

uns anos despois,no ano 1.960, foi nomeado Presidente da Sociedad de Obreros Católicos.

Axudado por Cunqueiro, que era o encargado de confeccionar as letras, compuxo as coplas dos Maios

dos anos 30 e tamén unhas panxoliñas para que as cantara a súa filla Remediños. Tamén Compuxo a

música das Cantigas de Arrieiro, con letra de Cunqueiro e do Cantar de Segadores, con letra de Aquilino

Iglesia Alvariño. Durante toda a súa vida recolleu cantares populares da bisbarra mindoniense.

No ano 1.963 publicou o Cantar das Coruxeiras co motivo do ingreso de Alvaro Cunqueiro na Real

Academia Galega.

Morreu en Mondoñedo dun infarto de miocardio o día 14 de Xullo do 1.964, supoñendo unha gran

perda para a música tradicional

da cidade. Vinte anos despois,

o 14 de Agosto do 1.984,

celebróuselle unha homenaxe

póstuma na cidade que rematou

coa actuación no Instituto de

Bacharelato da nova rondalla

formada polos antigos alumnos.

No ano 1.996 por iniciativa do

Axuntamento crease unha Escola

Municipal de Música en

Mondoñedo que levará o nome

do Pallarego.

MANUEL LEDO "O PALLAREGO"

RONDALLA DO "FRENTE DE JUVENTUDES", 1.960

A música en Mondoñedo

Page 41: A Música en Mondoñedo

Antonio María González Amieiro nace en Mondoñedo no barrio dos

Castros o día 18 de Setembro do ano 1.900.

No ano 1.910 é proposto para neno de coro da Catedral onde tamén

aprende a tocar o violín, tendo como compañeiros a Eduardo Pernas

(Pibardos), Manuel Ledo (O Pallarego), Jesús López Díaz, Valentín da

Maruxa, Taíño Ramallal e a Enrique Iglesias entre outros. Chega a ser

violín primeiro da orquestra da capela, demostrando que é capaz de

manexar o instrumento con excelente virtuosismo.

Forma parte da Banda Municipal da localidade dirixida por Ángel

Rodríguez nos anos vinte tocando o clarinete.

Máis adiante casa con Remedios Cabanela López e residen na rúa de

José María Pardo. A súa profesión é a de carpinteiro chegando a traballar

nalgunhas das obras importantes que se realizan na cidade como a

construcción da igrexa do Seminario Conciliar e a construcción do

Instituto Laboral que se leva a cabo na década dos anos cincuenta.

Participa en diferentes comparsas que se forman na cidade para amenizar as festas do entroido, como

Dominó e Os románticos no ano 1.932. Dirixe xunto con Enrique Iglesias a rondalla Os Veiga que se

funda no ano 1.934.

Desenrola as labores de mestre, xunto co Pallarego, na Academia de Música que se funda na cidade

despois da Guerra Civil, formando e dirixindo diversas corais e rondallas.

Tamén colabora nas tarefas de dirección da Coral Mindoniense que dirixía o mestre Fanego polo ano

1.939 e despois encárgase de dirixir a Coral de Educación y Descanso.

Na década dos cincuenta toca durante

un tempo na orquestra Radio Jazz de Santo

Tomé de Lourenzá, coñecida tamén como

dos Foregos, o instrumento que toca é o

contrabaixo.

Nalgunhas ocasións tamén participa como

reforzo na orquestra Melodías del Jazz, de

Mondoñedo tocando o violín. Interpretando

con excelente virtuosismo os Tangos.

Morre na súa residencia da rúa José Mª

Pardo o día 2 de Febreiro do ano 1.976.

Antonio González Amieiro, O Gaspar

A música en Mondoñedo

O GASPAR

BANDA MUNICIPAL NOS ANOS 20

Page 42: A Música en Mondoñedo

José Ruiz Tejero nace na cidade de Toledo e sendo aínda un mozo

ingresa na Academia de Infantería da mesma localidade. Alí aproveita

parte do tempo para aprender os segredos da música chegando a

dominar o arte das partituras e o manexo do saxofón.

Uns anos despois trasládase á cidade da Coruña onde durante certo

tempo exerce o cargo de director da Banda de Música do Colexio

dos Salesianos.

A vinculación de José coa música na cidade mindoniense débese

a que na súa estancia na capital galega coñece a Carmen Leivas

Gallego, veciña de Mondoñedo, que posteriormente se convertería

na súa muller.

Máis adiante debido a un ascenso na súa carreira militar acada o

cargo de Brigada de Infantería, sendo nomeado subdirector da Banda Militar del Regimiento de Isabel

la Católica, encargándose tamén de tocar o saxofón.

Rematada a Guerra Civil xubílase e trasládase coa súa familia a Mondoñedo. Debido a que por aquela

época a pensión militar que recibe non da para moitos luxos decide dedicar parte do seu tempo libre

ao ensino musical impartindo clases de solfexo, saxofón e clarinete nun local da súa casa que estaba

situado na Rúa Méndez Núñez da localidade.

Germán Sordo, Daniel Lorenzo, David Fernández, Toño Caselas e Suso Sordo, entre outros, son algúns

dos mozos mindonienses que entrando pola porta da súa horta, fronte ao Seminario Conciliar, recibían

as leccións de José que tódalas tardes se empregaba a fondo para que os seus alumnos chegaran a

dominar o arte musical.

Morre o día 1 de Marzo do ano 1.942, cando se encontraba facendo os arranxos musicais dunha peza

por encargo da Banda Musical de Sta. María Maior. O seu enterro foi acompañado por unha multitude

de xente da cidade e tamén polos soldados destinados no batallón que estaba emprazado na cidade.

José Ruiz Tejero

A música en Mondoñedo

JOSÉ RUÍZ TEJERO

Page 43: A Música en Mondoñedo

O Eco, agrupación musical

Esta agrupación que foi fundada e dirixida por Manuel

Ledo, O Pallarego, era unha escola de música onde

os alumnos podían aprender o manexo de calquera

dos instrumentos de corda e tamén o arte do canto.

Nela chegaron a formarse dúas rondallas, unha

composta polos alumnos maiores de vinte anos e

outra polos máis novos, esta última composta por uns

catorce nenos de idades comprendidas entre os 12

e os 19 anos.

Hai que dicir que o ensino era gratuíto e contaba con grandes colaboradores como Alvaro Cunqueiro,

Díaz Jácome, Raimundo Aguiar, Bernardino Vidarte, Pepe Robles ou o excelente músico Pernas Botana.

Unha labor importante dos coros e rondallas da Agrupación foi a participación nos carnavais desde o

ano 1.929 ata o 1.936, formando comparsas que animaban e alegraban as rúas da cidade nas

tradicionais festas. As letras das coplas eran compostas por Cunqueiro, Jácome ou Iglesia Alvariño,

e da música encargábase o Pallarego.

Tamén tivo unha grande importancia a participación das rondallas da Agrupación O Eco na festa dos

Maios, contribuíndo a mellorar esta fermosa tradición, sobre todo nos anos 1.934, 1.935 e 1.936 cando

Manuel Ledo organizou un coro duns cincuenta rapaces que cantaban as coplas, con letra de Cunqueiro,

e vestían de azul e branco lembrando as cores da nosa bandeira galega.

O camiño desta agrupación remata coa chegada da Guerra Civíl, cando están a piques de perderse

dúas grandes manifestacións tradicionais do pobo galego como eran a festa dos Maios e a festa do

entroido, hoxe en día recuperadas de novo.

"OS ROMÁNTICOS" COMPARSA DA RONDALLA O ECO, 1.932

FESTA DOS MAIOS, 1.934

A música en Mondoñedo

Page 44: A Música en Mondoñedo

A rondalla Os Veiga nace como unha

comparsa para animar os carnavais da

cidade no ano 1934.

Era dirixida polos prestixiosos violinistas

Enrique Díaz Iglesias e Antonio González

Amieiro, O Gaspar. O presidente era

Germán Vázquez.

Entre os compoñentes da agrupación

encontrábanse Taíño Ramallal e Ramón

Fernández, O Portugués, que xunto con

Eduardo Rodríguez, director da Banda

de Música da cidade, formaron un trío durante a súa estancia en filas, chegando a dar un concerto

en Huesca no que deixaron ó público engaiolado co seu violín prodixioso e os solos do acordeón do

Portugués.

Os traxes da rondalla foron feitos a imitación dos que usaba a Tuna de Compostela por aqueles anos,

As irmáns de Germán Vázquez, presidente da rondalla, axudadas por outras rapazas do pobo, servíronse

para confeccionalos dunha fotografía que conservaba Manuel Devesa, o cal tamén formaba parte da

rondalla. A bandeira foi confeccionada pola madriña da rondalla, Antoñita Viadé e outras amigas.

Ademais de actuar na cidade de Mondoñedo desprazáronse tamén para animar as rúas de Viveiro, Foz,

Lourenzá, Ribadeo e outros pobos da zona. Os ensaios realizábanos na Alcántara.

Pola festividade de Defuntos interpretaban tamén algúns temas no cemiterio da cidade ante as tumbas

de Pascual Veiga e José Pacheco, acompañados do seu estandarte portado por Manolo Vázquez.

Rondalla Os Veiga

A música en Mondoñedo

RONDALLA "OS VEIGA"

NAS FESTAS DO ANTROIDO DO ANO 1.934

Page 45: A Música en Mondoñedo

Despois do ano 1.936 o Pallarego continúa

no seu empeño de formar á xuventude no

arte do solfexo e no manexo dos instrumentos

de corda preparando rondallas e corais.

Nos anos cincuenta crease na cidade unha

Academia de Solfexo pertencente ao Frente

de Juventudes en colaboración coa Fundación

Lodeiro Piñeiroa, que estaba dirixida polos

músicos Manuel Ledo, O Pallarego, e Antonio

González Amieiro, O Gaspar.

Os alumnos unha vez iniciados no solfexo preparábanse para entrar nas corais ou nas rondallas que

se formaban, organizando tamén grupos de gaiteiros. Nace así a rondalla do Frente de Juventudes,

agrupación que chegou a tocar en actos moi importantes.

Entre as numerosas actuacións que realizaron ao longo de varios anos destacan algunhas diante de

personalidades importantes. O día 12 de setembro do ano 1.954, con motivo da coroación canónica

da Virxe dos Remedios chega a Mondoñedo o Cardeal Arcebispo de Tarragona Benjamin de Arriba y

Castro, a rondalla do Frente de Juventudes interpreta diversas composicións na súa presencia. Tamén

actúan na localidade de Ribadeo diante do Xeneral Franco, co motivo da inauguración do Parador de

Turismo da vila.

En Xaneiro do 1.954 con motivo da inauguración do Instituto Laboral da cidade actúa a rondalla do

Frente de Juventudes interpretando diversas composicións baixo a batuta de Manuel Ledo. No mesmo

ano desprázanse a Lugo xunto coa Coral da Centuria Cardenal Cisneros, actuando nas competicións

nacionais do sector e obtendo un notable éxito. Actúan pola festa de Santo Tomás de Aquino e na

celebración do Día de la Canción, ademáis de tocar serenatas polas rúas da cidade en numerosas

ocasións. Tamén asisten a diferentes concursos de rondallas que se celebran na provincia. O seu

repertorio estaba composto por pasodobres,

valses, polcas, minuetos e algunhas pezas de

aire tradicional galego.

A sección de gaitas do Frente de Juventudes abre

a Cabalgata de Reis da Capital lucense no ano

1.955 con un brillante éxito.

Acompañan ás autoridades do Axuntamento de

Mondoñedo cando se desprazan a Lugo para

facer a ofrenda e tamén tocan en Ferreira do

Valadouro o día da inauguración do cine da vila.

Rondalla "Frente de Juventudes"

A música en Mondoñedo

RONDALLA DO "FRENTE DE JUVENTUDES"

TOCANDO NA CABALGATA DE REIS DE FOZ, 1.959

Page 46: A Música en Mondoñedo

Rondalla Militar

A música en Mondoñedo

Cuarteto de Guitarras

RONDALLA MILITAR NOS TEMPOS DA "GUERRA CIVIL"

MANOLO ARAÚJO, ABELARDO GONZÁLEZ, MANUEL LEDO E RICARDO MOURELLE

Page 47: A Música en Mondoñedo

A mediados dos anos sesenta Eduardo

Pernas (Lalo) e David Loureiro, que foran

guitarristas da rondalla do Pallarego,

xunto coa mindoniense Irma Neira, que

tiña unha voz das que non se cansa un

de escoitar, forman o trío Os Trovadores

de Mondoñedo, dedicándose a cultivar

a canción Hispanoamericana e tamén a

canción galega. O nome fora idea do

periodista Jorge Sueiro.

Este trío musical refórzase con motivo

de participar no famoso Cancioneiro das

San Lucas de canción galega que por

entonces se celebraba na cidade, pasando

a formar parte do grupo Ramón Paz (O

Latoneiro) que era un virtuoso da frauta traveseira, o sacerdote Antonio Domínguez que acompañaba

na guitarra e tamén facía coros, e o acordeonista Manolo Araújo. Os ensaios tiñan lugar nos baixos

da Acción Social, que se encontraban na casa nº 19 da actual Praza da Catedral.

Con esta formación preséntanse ao concurso onde compiten con músicos da talla de Xoán Rubia, Jei

Noguerol e o famoso grupo Fuxan os Ventos. Acadan o 1º premio na modalidade de canción inédita

interpretando a peza composta por Uxío García Amor O meu corazón. Tamén acadan o 2º premio na

modalidade de canción libre interpretando a melodía tradicional Rosiña primeira. Rematado o festival

Manolo Araújo abandona o grupo. Durante algún tempo tamén formaron parte do grupo Antonio Canle

(contrabaixo) e César Marful (guitarra).

Despois do éxito acadado continúan a

súa andaina dedicándose á interpretación

da canción galega con diversas

actuacións na cidade e pola zona,

actuando tamén na inauguración do

Teleclub do Castro de Vilaronte. Participan

tamén noutras edicións do Cancioneiro

e preparan a gravación dun traballo

discográfico que ten lugar no salón de

actos do Instituto Laboral por cortesía

da casa Movieplay.

Ademais desta gravación tamén participan en actuacións benéficas con motivo de recadar fondos para

varios asilos da zona, e desprázanse a Madrid para participar no programa de televisión El Club del

Mediodía que presentaba Boby Deglané. Tamén gravan en Mondoñedo para outros dous programas:

Hablemos de España e España en directo, nos que se proxectan tamén pintorescas imaxes da cidade.

Os Trovadores

A música en Mondoñedo

OS TROVADORES DE MONDOÑEDO

DAVID, IRMA E LALO

Page 48: A Música en Mondoñedo

No ano 1.984 celébrase en Mondoñedo unha homenaxe a Manuel Ledo (O Pallarego). Despois de vinte

anos, xúntanse algúns dos antigos alumnos para actuar no remate dos actos que teñen lugar o día 14

de Agosto. A raíz desta actuación deciden formar unha rondalla e continúan ensaiando e tocando a

pesar de que algún dos compoñentes reside fóra da cidade, aproveitando as épocas de vacacións para

alegrar as rúas mindonienses coas súas melodías.

Remedios Ledo (guitarra), Lalo Pernas (guitarra), Manolo González (guitarra), Marta González (guitarra),

Rubén Leivas (laúd), Ramón Díaz (laúde e mandolina), Manuel Leivas Ledo (viola, bandurria e laúde),

Juan Muíño (violín), Sergio Seivane (violín) e Rubén Leivas Ledo (bandurria e violín) son os compoñentes

desta nova rondalla do Pallarego.

Os ensaios realízanos no Barrio dos Muíños de Abaixo, nun local da casa onde residira Manuel Ledo,

alí preparan con entusiasmo o extenso e variado repertorio formado por temas que abarcan desde a

música clásica ata a música popular. No ano 1.988 constitúense como unha asociación que será

rexistrada no Axuntamento de Mondoñedo e no Goberno Civil de Lugo.

En Mondoñedo veñen realizando concertos tódolos anos polo verán, actuando no Salón de Actos do

Instituto. Tamén ofrecen algúns concertos no Asilo de Anciáns e no Hospital de San Pablo e participan

no IV Centenario da Festa da Árbore que se celebra na cidade. Nalgunha ocasión tamén se desprazan

a Foz para tocar na Festa do Libro.

No mes de Agosto do 1.990 ofrecen o tradicional concerto de verán no salón de actos do Instituto de

Bacharelato. O acto é presentado por Ramón Pérez Díaz, catedrático de Latín en Torrejón de Ardoz.

No ano 1.991 actúan nunha homenaxe ó escritor Álvaro Cunqueiro co motivo do Día das Letras Galegas,

estreando unha peza inédita: Madrigal do século XVII, que fora musicada polo escritor coa axuda do

Pallarego.

Fundan o Concerto Xacobeo de Corda e Coral, onde ademais da parte musical ofrécense conferencias

relacionadas coa música e o Camiño Norte.

Rondalla de antigos alumnos do Pallarego

RECITAL NO SALON DE ACTOS DO INSTITUTO DE MONDOÑEDO

A música en Mondoñedo

Page 49: A Música en Mondoñedo

GRUPO FOLK "HOXE" (ABRIL 1.982)

GRUPO FOLK "VENTO" (OUTUBRO 1.985)

Na década dos anos oitenta fórmanse na cidade varios grupos de música que se caracterizan pola

interpretación de temas galegos. Arredor do ano 1.982 o grupo folk Hoxe e polo ano 1.984 o grupo

Vento realizan actuacións para as xentes da cidade acadando un notable éxito.

Grupos de música folk

A música en Mondoñedo

Page 50: A Música en Mondoñedo

O Cancioneiro das San Lucas era un

festival de canción galega inédita que

se comezara a facer nos anos sesenta

en Mondoñedo e no cal triunfaran

grupos como Fuxan os Ventos e Os

Trovadores.

No ano 1.986 con motivo das festas

das San Lucas vólvese a recuperar

e celébrase a quinta edición na que

participan varios grupos e solistas

de toda Galicia.

O grupo folk Nós, de canción galega,

fórmase no mes de setembro coa

intención de participar nese festival, no que interpretan a canción Meu Mondoñedo da ialma composta

por Moncho García, gaiteiro e guitarrista do grupo, acadando o segundo premio. A raíz desta actuación

comezan a súa andaina polos escenarios da provincia, participando en diversos festivais, concursos

e festas.

A maior parte dos seus temas eran composicións propias, incluíndo tamén cancións populares e

algunhas de grupos como Xocaloma ou Fuxan os Ventos. Na súa música ademais das voces e os

instrumentos de corda podíanse escoitar tamén instrumentos tradicionais como gaitas, frautas e

pandeiros. Os ensaios tiñan lugar no local da Sociedade de Obreiros, posto que algúns dos compoñentes

do grupo tamén formaban parte da coral da mesma.

No seu palmarés contan con diversos premios: 2º no Festival de Castroverde no ano 1.986, 1º no Festival

de Palmeiro (Xove) no 1.987 e 2º no

festival da Pontenova en Xuño do

1.987. Tamén hai que destacar a

participación no festival de Nadal de

Vilaronte en decembro do 1.986 e nos

festivais de Becerreá e Sarria. Un dos

temas que máis éxito acadou nestes

festivais foi a Cantiga da espranza

composta tamén por Moncho García.

O grupo foi considerado pola prensa

como un dos maiores expoñentes do

folclore do norde nesas datas, aínda

que a súa traxectoria sería máis ben

curta, desfacéndose no ano 1.987.

Grupo Folk Nós

FESTIVAL DE NADAL, VILARONTE 1.986

GRUPO REVELACIÓN DO 5º CANCIONEIRO DAS SAN LUCAS, 1.986

A música en Mondoñedo

Page 51: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Page 52: A Música en Mondoñedo

Orquestras "Manhatan" e "Ritmo"

Na década dos anos trinta a orquestra

Manhatan, formada por compoñentes

da Banda Municipal e dirixida por

Eduardo Rodríguez, tocaba nos

intermedios e durante as veladas que

se organizaban en Mondoñedo e que

tiñan lugar no salón do Principal Cinema

da localidade. A labor desta orquestra

remata no comezo da Guerra Civil.

Nos anos corenta fórmase unha nova

agrupación para amenizar os bailes da

cidade e da bisbarra mindoniense

dirixida tamén por Eduardo Rodríguez

que leva como nome orquestra Ritmo.

Magín Pérez (trompeta), David Fernández (saxo), Ramón Paz (saxo), Manolo Araújo (saxo), Daniel o

Farraco (saxo), Toño (trombón), Mauricio Rivas de Godoy (trompeta), César Rivas de Godoy (trompeta),

José R. García Piñeiroa (trompeta), O Gorrito (contrabaixo), Tatá de Polo (batería) e Antonio de Tupinamba

(vocalista) son algúns dos músicos que ademais de tocar na orquestra tamén formaban parte da banda

de música da cidade. Nalgunha etapa tamén actúa de vocalista un soldado catalán que estaba destinado

en Mondoñedo chamado Miguel Prats, máis coñecido como O Moreno.

Por aqueles anos, en que a palabra discoteca non existía no diccionario e os micrófonos aínda non

chegaran a esta zona (o vocalista cantaba por unha especie de embude), os mindonienses acudían os

fins de semana e polas festas que se celebraban ao longo do ano ó baile de San Lázaro ou ó Salón

Teatro do Casino. A orquestra Ritmo encargábase a maior parte das veces de amenizar os bailables.

Coa chegada do verán o traballo aumentaba sendo contratados para tocar en moitas das festas que

se celebraban pola bisbarra. Tamén foron contratados para tocar no prestixioso Salón Mosquera da vila

de San Miguel de Reinante e no Salón Cageao de Foz.

Algunhas das festas que amenizaron na cidade foron a do San Isidro na Praza do Cantón, a noite de

San Xoán no Cristo dos Remedios e a verbena do San Pedro na Fonte Vella.

Ensaiaban no mesmo local que a Banda Municipal, e para o traslado do material e dos músicos, a

maior parte das veces, alugaban a rubia de Manolo de Chao.

Esta orquestra queda desfeita no ano 1.953, o principal motivo foi a incompatibilidade do director por

estar ao cargo das dúas formacións musicais.Remata así unha etapa que despois continuará coa

formación das orquestras de Manolo Araújo, Melodías del Jazz, Royalty e Royalty Melodías, todas elas

compostas por músicos da localidade.

A música en Mondoñedo

ORQUESTRA RITMO NO SALÓN CAGEAO DE FOZ

Page 53: A Música en Mondoñedo

Orquestra de Manolo Araújo

Manuel Pérez de Araújo funda esta

agrupación músical na década dos

anos 50 en Mondoñedo. Formada por

membros da Banda Municipal e da

anterior orquestra Ritmo.

Araújo, que ademais de cantar, tocaba

a guitarra, o acordeón ou o saxofón,

era o director. Xunto con Manolo de

Pancho e Antonio de Tupinamba

formaban un trío moi ben conxuntado,

interpretando prodixiosamente as

rumbas e os boleros, acadando un

notable éxito nas súas actuacións.

Vestidos con chaquetas verdes e pantalóns, camisa e zapatos brancos executaban os temas con moito

entusiasmo. Os saxofóns de Ramón Paz e David Fernández, o trombón de Toño, as trompetas de Magín

e Sergio do Cadavedo, na base rítmica o contrabaixo do Gorrito e a batería de Mauricio Rivas do Godoy,

facían que nos bailes as xentes non pararan de bailar. Tamén era todo un espectáculo escoitar os temas

hispanoamericanos acompañados polos timbais, as maracas e o ritmo de corda das guitarras e o

contrabaixo.

O lugar onde se realizaban os ensaios para preparar o repertorio era a parte traseira da casa de Manolo

Araújo, que estaba na rúa Rigueira. Actuaron en bailes e festas por toda a comarca, chegando a ter

tamén algunhas actuacións nas provincias da Coruña, León e Asturias. A antiga sala de baile Rosa Lar

en Ribadeo, a sala Os Pinos na Veiga, o salón Bahía de Foz, o casino de Astorga ou o Quiosco Alfonso

da Coruña foron algúns dos locais onde se escoitou o son desta fantástica orquestra que chegou a ter

unha gran fama.

No ano 1.955 amenizaron os

bailables das festas dos Remedios

os días 10, 11 e 12 de Setembro,

os dous últimos na compaña da

orquestra Spallant da Coruña.

Algúns contratempos que foron

aparecendo e as diferencias de

opinión entre os músicos fixeron

que a orquestra pasara a ser parte

da historia da música mindoniense

a finais dos anos 50.

A música en Mondoñedo

BAILE AMENIZADO POLA ORQUESTRA DE ARAÚJO

ORQUESTRA ARAÚJO, 1.956

Page 54: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Orquestra de Manolo Araújo

Page 55: A Música en Mondoñedo

"Melodías del Jazz"

Polo ano 1.955 os músicos

Magín Pérez Anello, David

Fernández e Ramón Paz

abandonan a Orquestra de

Manolo Araújo e forman a

Melodías del Jazz. Ademais de

estes tres tamén tocaban na

mesma Julio Rodríguez Guerra

(trompeta), Enrique Teijeiro

(trombón), Edelmiro o

Venéreo (saxo), Cayetano

Cabanas (saxo), Alejandro

Soto (contrabaixo), Rafael

Legide (batería) e Luís Tudea

Chinchón (vocalista).

Ensaiaban a carón da panadería de Crespo, no barrio dos Remedios. O primeiro equipo de amplificación

foille encargado a García, empregado da ferraxería mindoniense de Castañal, anque pouco despois foi

relevado por outro procedente do establecemento Radio Record de Lugo e máis adiante dous compoñentes

do grupo encargáronse de mercar un de mellores prestacións no comercio Radio Meilán da capital. A

primeira vestimenta da orquestra estaba composta por casaca negra, pantalón gris e paxara. Tamén

tiveron uns xerseis moi rechamantes e un traxe gris.

Durante o verán facían numerosas

actuacións, chegando a tocar ata seis días

nalgunha localidade. Para os seus

desprazamentos alugaban un vehículo de

San Cosme de Barreiros. Tamén viaxaban

algunhas veces nos de José Luís Trigo e

José da Forneira.

Ademais de tocar pola bisbarra tocaban

tamén polas provincias de Asturias e de

León. No ano 1.956 tiveron numerosas

actuacións. No mes de Maio actuaron nunha

verbena popular con motivo da festa do San

Isidro que se celebrou no Cantón. Os días

16 e 17 de Xulio amenizaron as festas do Carme, xunto cun cuarteto tradicional de gaitas. O 18 de

Xullo dese mesmo ano foron contratados para unha gran verbena popular que se celebrou en Viveiro

e o 29 tocaron na festa do San Cristovo. Os días 18 e 19 de Agosto nas festas do San Roque. Amenizaron

amén as San Lucas do 1.958 xunto coa Orquesta X da Coruña e a Royalty de Mondoñedo.

A música en Mondoñedo

MELODÍAS DEL JAZZ

MELODIAS DEL JAZZ, NUNHA FESTA NO CANTÓN, ANO 1.958

Page 56: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Orquestra "Melodías del Jazz"

Page 57: A Música en Mondoñedo

Orquestra "Royalty"

A finais dos anos cincuenta Manolo Araújo e algúns dos músicos que tocaban con el deixan de formar

parte da orquestra que leva o seu nome. O resto dos compoñentes deciden continuar e buscan novos

músicos para substituílos.

Os membros desta nova agrupación son Eduardo Luaces (saxo, clarinete e acordeón), Sergio Seivane

(trompeta), Manuel Vieites (trompeta), Daniel Lorenzo (saxo), Juan Muíño Rochil (saxo e violín), Ramón

Insua o Camaruxo (saxo e violín), José Rodríguez Soto (batería), Ángel Freire Gorriz (contrabaixo) e

Manuel Rico de Xil (vocalista), máis adiante tocaría tamén nesta orquestra Antonio Caselas (trombón)

e sería o vocalista Jesús Amieiro. Araújo nalgunhas ocasións continuou colaborando e tocando con esta

nova formación orquestral.

Pola festa do San Vicente en Rábade bautizan a nova formación co nome dunha cafetería existente

nesa localidade a onde acudían en numerosas ocasións, chamándose desde esa data Orquesta Royalty.

Ensaian nunha caseta de Xaquina da Cordeira na rúa Rigueira e para os seus desprazamentos alugan

o automóbil de Manolo de Chao de San Vicente ou o de José Luís Trigo de Mondoñedo.

Ademais de actuar por toda a bisbarra son contratados para tocar bailes e festas nas terras da veciña

Asturias e pola comarca leonesa de El Bierzo.

Nas festas de San Lucas do ano 1.958 en Mondoñedo actúan na compaña da Orquesta X da Coruña e

da orquestra Melodías del Jazz.

A Orquesta Royalty desfaise no ano 1.964, formándose pouco tempo despois unha nova con algúns

membros desta e outros da Melodías del Jazz.

ORQUESTA ROYALTY, 1.964 - CASINO DE MONDOÑEDO

A música en Mondoñedo

Page 58: A Música en Mondoñedo

Orquestra "Royalty-Melodías"

No ano 1.964 algúns músicos das

desaparecidas orquestras Royalty e

Melodías del Jazz deciden xuntarse e

formar unha nova agrupación musical.

Nace así unha nova orquestra en

Mondoñedo que se chamará Royalty-

Melodías.

Os membros que compoñen esta nova

orquestra son Manuel Vieites (trompeta),

Antonio Seivane (trompeta), Daniel

Lorenzo (saxo), Cayetano Cabanas (saxo),

José Carreiras (saxo), Sergio Seivane

(acordeón e violín), Alejandro R. Soto

(contrabaixo), José R. Soto (batería) e Jesús Amieiro (vocalista). Máis adiante os músicos Pedro Rivas,

Armando Irimia e Jesús Cigarrán ocuparán os postos de Alejandro, Sergio e Jesús Amieiro.

Primeiro ensaian no obradoiro que ten na Faxina o músico Alejandro (Patrulla) e posteriormente nun

local da rúa da Rigueira propiedade de Xaquina a Cordeira. O primeiro equipo de amplificación pertence

a dous dos membros da orquestra (Cayetano e Carreiras), máis adiante é substituído por outro máis

moderno da marca Music-Son, propiedade do empresario mindoniense Alfredo Losada. Dispoñen dunha

variada e moi elegante vestimenta para realizar as actuacións como se pode ver nas fotografías.

Ademais de amenizar moitas festas por toda Galicia tamén tocan polas provincias de Asturias e de

León, chegando a ter moito éxito por toda a comarca de El Bierzo onde son contratados en numerosas

ocasións. A Royalty-Melodías é a primeira orquestra que ten un representante, natural da zona de

Cacabelos (León), a axencia que os representa leva o curioso nome de Prada a tope.

Na maioría das ocasións alugan a rubia

de Claudio o Muiñeiro para realizar

os seus desprazamentos.

No ano 1.971 algúns dos músicos que

forman esta orquestra deciden levar

a cabo unha renovación da mesma,

nunha época en que comezan a

aparecer novas tendencias na

actividade musical. Desaparece

entonces a Royalty-Melodías dando

paso a unha nova e moderna

agrupación que levará o nome de Los

Royal.

ROYALTY-MELODÍAS, XUÑO DE 1.969

A música en Mondoñedo

SALÓN DE BAILE DE SAN LÁZARO, MARZO DE 1.965

Page 59: A Música en Mondoñedo

Orquestra "Royalty-Melodías"

A música en Mondoñedo

Page 60: A Música en Mondoñedo

Arredor do ano 1.965 fórmase en Mondoñedo o grupo

musical Los Caver. Os primeiros compoñentes eran

Juan Meilán (guitarra), Paco Fanego (batería), Cuquiño

(baixo) e Antonio Augusto Canle (guitarra) que ademais

era o que facía as funcións de encargado.

Este grupo aparece nun momento en que o grupo

británico The Beatles triúnfa a nivel mundial chegando

exercer unha grande influencia na xuventude da época,

de aí o nome de Los Caver, posto que o cuarteto de

Liverpool comezou tocando nun local chamado The

Cavern.

Pouco tempo despois de comezar a ensaiar abandona

o grupo Cuquiño, encargándose Antonio Canle de tocar

o baixo. Despois comeza a ensaiar con eles o guitarrista

Jesús Cigarrán.

A primeira actuación pública ten lugar nun baile

celebrado no Casino da cidade arredor do ano 1.967

amenizado pola orquestra da cidade Royalty-Melodías,

facendo o seu debut no descanso e sendo esperada a

súa actuación con moito entusiasmo polas xentes que

acudiron a velos.

Despois das primeiras actuacións únese a eles Cesar

Marful que pasaría a ser o vocalista ademáis de tocar

a guitarra nalgúns temas. Máis adiante Paco Fanego

abandona o grupo por motivos de traballo e comeza a tocar con eles o batería Ibaseta, de San Miguel

de Reinante. O lugar onde realizan os ensaios son os baixos da casa de Antonio Canle na actual Rúa

da Fonte e tamén nos baixos da casa de Augusto Insua, na actual Rúa do Progreso.

Un dato curioso é que construían eles mesmos as guitarras eléctricas que tocaban aproveitando o taller

de Cantil, chegando tamén a fabricar un micrófono polo que cantaba Juan Meilán coas pezas de un

teléfono vello.

O seu repertorio está composto por temas dos grupos máis escoitados da época como Los Bravos, Los

Sirex, Los Mitos, Los Brincos e Simon & Garfunkel entre outros, sendo obrigados algúns temas do

emblemático grupo The Beatles. Tamén chegaron a compoñer e interpretar algúns temas propios.

Ademais de actuar nos bailes que se realizaban no Casino de Mondoñedo tamén realizaron algunha

actuación na praza da cidade e desprazáronse para tocar en Vilalba, Ribadeo e Burela. O motivo de

que se desfixera este grupo foi por razóns de estudios o ter que marchar fóra da cidade algúns dos

compoñentes.

Grupo musical "Los Caver"

A música en Mondoñedo

"LOS CAVER", OUTUBRO DE 1.966

Page 61: A Música en Mondoñedo

Grupo musical "Los Royal"

Chegado o ano 1.971 a remodelación da orquestra Royalty-Melodías da paso a un novo grupo que levará

o nome de Los Royal.

Forman este grupo os músicos Kike Teijeiro (batería, baixo, guitarra e voz), Antonio Seivane (trompeta

e baixo), Armando Irimia (órgano eléctrico, acordeón e voz), Daniel Lorenzo (saxofón e clarinete),

Manuel Vieites (batería e trompeta) e José Carreiras (saxofón e clarinete).

Os ensaios seguían realizándose na propiedade de Xaquina a Cordeira, na rúa da Rigueira e para os

desprazamentos do grupo o músico José Carreiras Carballeira mercou unha furgoneta. O equipo de

amplificación de marca Music-Son era o mesmo que utilizaba a desaparecida Royalty-Melodías, propiedade

do industrial mindoniense Alfredo Losada. Os membros do grupo para a renovación de material

(micrófonos, soportes, instrumental) tiveron que pedir un crédito bancario.

A primeira actuación da nova formación Los Royal tivo lugar o día 31 de Decembro do ano 1.971 no

Salón do Casino da localidade co motivo do tradicional baile de Fin de Ano.

Durante o ano 1.972 realizan numerosas actuacións por Galicia, Asturias e León, a maior parte delas

na época de verán. Chegaron a tocar 28 días seguidos polos pobos da comarca leonesa de El Bierzo.

As comidas e o aloxamento corrían a cargo das comisións de festas. Os ingresos por actuación eran

os mesmos que os da anterior orquestra Royalty-Melodías tocando máis a repartir por ser menor o

número de músicos.

Un ano despois da súa formación, o 31 de Decembro de 1.972, desprázanse ó pobo asturiano de

Cornellana onde tocan no baile de Fin de Ano e tamén os días 1 e 2 de Xaneiro. Esta sería a última

actuación que realizan, desfacéndose o grupo posteriormente, despois de un breve e intenso camiño

musical.

"LOS ROYAL" NO CASINO DE MONDOÑEDO EN DECEMBRO DE 1.971

A música en Mondoñedo

Page 62: A Música en Mondoñedo

Grupo musical "Bahía"

Os irmáns Zalo e Moncho García de Pedomonte

forman no ano 1.992 un dúo musical para amenizar

as verbenas que tiñan lugar polo verán na Praza do

Concello interpretando música de tódolos estilos.

No ano 93, xunto con Mónica Barreira que comezaba

a súa traxectoria musical como vocalista, forman o

trío Acordes que se encargaba de animar os bailes

que se celebraban os sábados pola noite no Salón

do Hotel Mirador, rexentado daquela por Jesús

Lombardía.

Un ano despois Mónica (voz), Moncho (guitarra,gaita e voz) e Zalo (teclados e caixa rítmica) xunto co

veterano músico ribadense Xosé Ramón Alonso (baixo e voz) forman o grupo musical Bahía, reforzándose

este cuarteto coa colaboración do músico de Masma Lino Rico, pianista e acordeonista .

Ensaiaban no baixo da casa dos irmáns Pedomonte, na Rúa da Concepción. Hai que destacar deste

grupo a compenetración que existía entre os músicos e a capacidade de improvisación nas súas

actuacións. O repertorio do grupo era moi variado interpretando temas de tódolos estilos musicais,

tamén executaban algúns temas tradicionais acompañados pola gaita de Moncho García.

Dende os comezos as actuacións do grupo foron numerosas, percorrendo toda a provincia de Lugo, e

tamén a zona occidental asturiana, actuando tamén nas festas máis importantes de Mondoñedo como

as San Lucas e as Quendas. Hai que destacar a participación do grupo no IV Festival da Canción do

Landro en Viveiro e algunhas gravacións en directo para programas da Televisión de Galicia, como a

realizada no ano 1.996 para o Magazine Galicia enteira.

No ano 1.997 deciden realizar a

maior parte das actuacións en

locais cubertos como salas de baile,

casinos e discotecas, sendo tamén

contratados durante varios anos

para tocar como grupo oficial no

Hotel-Restaurante do Val do Naseiro

de Viveiro.

Despois abandona a formación o

ribadense José Ramón Alonso e

por esas datas o grupo troca o

nome de Bahía polo de Talismán,

comezando de esta maneira unha

nova andaina. ACTUACIÓN DO GRUPO "BAHÍA", 1.997

A música en Mondoñedo

ZALO E MONCHO GARCÍA, 1.992

Page 63: A Música en Mondoñedo

Ao principio dos anos noventa tres

xóvenes músicos da mariña lucense,

movidos pola idea de crear un estilo

persoal coas súas composicións

propias baseadas nunha mixtura de

estilos que van desde o rock clásico

ata os ritmos electrónicos máis

modernos, comezan a ensaiar na

cidade coa idea de formar un grupo

musical.

Nace así a banda Diglósicos & Porco

Jones composta polos mindonienses

Fran Loureiro (guitarra e voz),

Ernesto González (batería) e Ignacio Castro (teclados e baixo), este último de Vilanova de Lourenzá.

Os tres cursan estudios de terceiro de BUP no Instituto da cidade. O lugar de ensaio era entonces a

casa de Ignacio na Tilleira, en Lourenzá.

No ano 1.994 actúan no Punteiro Rock pola festa do Conde Santo, cos Skornabois, Gravilla e Necesidade

de Parafusos. Un ano despois gravan en plan caseiro unha maqueta con catro cancións que serve como

punto de partida para unha serie de concertos por diversos lugares da xeografía galega.

As primeiras actuacións demostran que o seu traballo merece a pena ser escoitado e deciden continuar

a labor musical participando no Festival da Canción V Centenario. O premio consiste na gravación de

dous temas de cada un dos mellores grupos participantes. As gravacións realízanse no mes de Xullo

do ano 1.996 nos estudios da Radio Galega.

A peculiar voz de Fran cantando O rock da lavadora, Capitán Filloa e Hai tanto tempo pódese escoitar

nalgúns dos festivais que se organizan en Mondoñedo. Hai que destacar as actuacións que realizan

na sala Nasa de Santiago, por onde desfilan os mellores grupos galegos de tódolos estilos, sen esquecer

o seu paso por Lourenzá, Barreiros, Ribadeo, Vilalba, Lugo, Vigo e Caldas de Reis.

No ano 1.998 actúan en Mondoñedo no festival que ten lugar co motivo

do IX Encontro de Malabaristas, no que tamén participan outros

importantes grupos galegos como Dhais e Chouteira. A anual

concentración de motos que se celebra na cidade polos anos noventa

remata cun festival musical que en varias ocasións é amenizado polos

Diglósicos.

Polo ano 1.999 as distintas ocupacións dos membros da banda e a

dificultade de reunirse para traballar contribúen a que o grupo se

disolva despois de ter realizados arredor de unha vintena de concertos.

"Diglósicos & Porco Jones"

A música en Mondoñedo

EN VIVO E EN DIRECTO

Page 64: A Música en Mondoñedo

Lino Rico Fernández nace na parroquia de Masma en Mondoñedo

no ano 1.957. Cando aínda non contaba con dez anos comeza

a estudiar música para continuar a súa tradición familiar. O

seu avó era acordeonista e o seu pai tocaba o saxofón, foron

músicos de varias das orquestras que se formaron no Val de

Lourenzá. Nalgunha ocasión, ten tocado con eles o acordeón

antes de marchar á Coruña para continuar os seus estudios

musicais.

No conservatorio realiza os estudios de piano e paralelamente

forma parte de diversos grupos e orquestras que se forman

na capital chegando a tocar en máis de vinte diferentes. Hai

que destacar a súa etapa como músico en grupos como Impacto

68 e Foliada que percorreron toda a xeografía galega chegando

a tocar tamén nalgúns pobos de fóra da rexión.

Durante algún tempo toca no transbordador que vai de

Santander a Londres e tamén en diferentes locais musicais

pasando despois a ser o pianista do Gran Hotel na capital lucense, tarefa que desempeña ó longo duns

cinco anos.

Polos anos oitenta volve a Mondoñedo onde se dedica ó ensino musical impartindo clases de solfexo

e piano. Forma parte do grupo Royal-5, no que tamén tocaba seu pai e o músico mindoniense Kike

Teijeiro, e das orquestras Superstar e Metropol. Despois encárgase dos teclados do grupo Los Mejoranos

e posteriormente trasládase a Barcelona para rematar os estudios de acordeón.

Durante algúns anos dedicase o ensino musical na vila de Lourenzá chegando a organizar un grupo

musical chamado Cucaina composto por alumnos seus que destacan no manexo de instrumentos como

o piano, violín, acordeón e tamén a gaita que nas

súas actuacións interpretan temas de tódolos estilos

musicais.

A mediados dos noventa forma parte do grupo

mindoniense Bahía e despois trasládase a Viveiro

onde pasa a formar parte do cadro de persoal de

profesores do conservatorio musical da vila

encargándose de impartir clases de solfexo, piano

e acordeón.

Como compositor ten rexistrados máis de dez temas

na Sociedade Española de Autores , todos eles de

corte romántico.

Lino Rico

A música en Mondoñedo

ACTUACIÓN CO GRUPO "BAHÍA"

NO PIANO DO "GRAN HOTEL" LUCENSE

Page 65: A Música en Mondoñedo

Miguel Anxo Lustres Blanco nace en Mondoñedo no ano 1.958 e alí

comeza os estudios musicais desde neno. Despois ingresa no Seminario

Santa Catalina da cidade, onde ademais de realizar os estudios de

ensino medio continúa a súa preparación musical coa axuda dalgúns

profesores do centro.

Dende moi novo domina o arte do solfexo e comeza a tocar a frauta

e o piano chegando a executar as melodías que interpreta cun estilo

moi persoal. Nalgunhas ocasións acostuma a ensaiar no piano do

Hospital de San Pablo, na alameda dos Remedios.

Despois trasládase a Santiago de Compostela onde comeza os estudios

de Filoloxía Galego-Portuguesa asistindo paralelamente as clases do

Conservatorio de Música e cantando no Coro Universitario. Cando

remata a licenciatura comeza e exercer a profesión de mestre en

diversos centros de Galicia.

Como autor literario ten escrito diversos artigos e poemas en distintas publicacións ademais de ser

coautor da traducción dun episodio de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha ó galego.

Aprende tamén o manexo do acordeón e cando se despraza a Mondoñedo en época de vacacións,

acostuma a tocar nalgunhas ocasións deleitando a amigos e coñecidos coas súas melodías.

A finais dos anos setenta forma parte do grupo de música tradicional Tangaraño, que despois de realizar

numerosas actuacións e acadar un notable éxito disólvese nos oitenta cando preparaban a edición do

seu primeiro traballo discográfico. Polas festas de San Lucas do ano 1.978 actúan en Mondoñedo

acompañados polo grupo lucense Fuxan os Ventos, xuntándose así na cidade dous dos grupos máis

representativos da música galega do momento.

O día 23 de Decembro do ano 2.000 ten lugar a

presentación do seu primeiro traballo como

acordeonista no Salón de Plenos do Concello de

Mondoñedo, sendo moi aplaudida polo público

asistente a composición titulada Tango Mindoniense.

O disco compacto que leva por título Para que nada

se perda, do que só se editaron cen copias, é un

traballo dedicado as xentes e á cidade do Masma e

nel ademais figuran outros temas como París-La

Habana, Antón, Mareantes e Habanera sentimental de

Luís Pimentel.

Miguel Lustres

A música en Mondoñedo

MIGUEL LUSTRES, ANO 2.000

PORTADA DO TRABALLO "PARA QUE NADA SE PERDA"

Page 66: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

A gaita xa é coñecida en Galicia seis séculos antes do nacemento de Cristo, segundoafirma Faustino Santalices, e desde aqui difúndese polo resto da Península e por todaEuropa. Pódese afirmar que este instrumento é representativo de Galicia xa na IdadeMedia. Das Cantígas de Santa María de Alfonso X pódese deducir que tamén era uninstrumento culto.

GAITEIRO E TAMBORILEIRO DO SÉCULO XVIII

Page 67: A Música en Mondoñedo

Cando por toda Galicia soaban os nomes

de Ventosela e Perfecto Feijoo como grandes

mestres da gaita, en Xuño do ano 1.907

fórmase o cuarteto tradicional Os Veiga en

Mondoñedo. Contribuíndo os mindonienses

coa súa achega económica para axudar a

conseguir os instrumentos e os traxes típicos

feitos na xastrería de Cándido Carreiras

Domenech.

Os músicos que compoñen esta agrupación,

de dereita a esquerda na fotografía, son:

Victor Domenech (gaita), Andrés García

(requinta), José Cendán (caixa) e Gervasio

Bermúdez (bombo).

A gaita encárgaselle a un home da Casa de Argolazas en Láncara (Sarria), que probablemente fora

Antonio López Quiroga y Somoza, artesán de gaitas e prestixioso gaiteiro, un dos primeiros en

ornamentar a gaita con aneis de prata.

No Salón Teatro do Casino tivo lugar a súa primeira actuación, tendo que repetir a maior parte das

pezas interpretadas a petición do público. José Lodeiro Piñeiroa, Músico Mayor del Regimiento de

Alcántara, desde Barcelona remitiulles unhas composicións feitas por el mesmo expresamente para a

comparsa: Os Pelamios (pasodobre), Viva Galicia (xota) e Os Muíños d'arriba (muiñeira).

Esta comparsa en pouco tempo acada moita aceptación, sentíndose tódolos mindonienses moi orgullosos

dos seus compoñentes.

Ao pouco de comezar a súa andaina son solicitados para tocar nas festas do Carmen e do Santiago

en Mondoñedo, San Juan de Alaxe, Ourol, Celeiro, Reinante, Meira e San Ramón Nonato en Adelán

entre outras, pero non puideron asistir a todas por coincidir algunhas nas mesmas datas. Tamén

tocaron no Conde Santo en Lourenzá e nas festas do San Froilán en Lugo.

Vestían moi engalanados para aquela época, con traxes compostos por chaqueta, pantalón, chaleco

e monteira escuros. As xentes admiraban a súa maneira de tocar a muiñeira. Un dos temas máis

populares que tiñan no repertorio era Airiños da Terra, o público cantaba con eles cando o interpretaban.

No mes de Xuño do 1.933 presentase de novo outra formación co nome de Os Veiga actuando nun

festival benéfico organizado pola Banda Municipal que se celebra no Principal Cinema da localidade

mindoniense, interpretando dúas pezas: unha balada e muiñeira que se titulaba Gloria de Galicia e unha

xota composta por Pepe Castañeda titulada La Mindoniense.

Os Veiga

CUARTETO "OS VEIGA", 1907

A música en Mondoñedo

Page 68: A Música en Mondoñedo

O mesmo que Os Veiga no ano

1.907 en Mondoñedo formase

tamén este grupo de gaiteiros,

naquela época denominado cuarteto

típico gallego.

Os mindonienses que o integran

eran: Augusto Insua (gaita), Enrique

Iglesias (gaita), José Cendán (caixa)

e Leopoldo Tapia (bombo).

Fan a súa primeira actuación

pública nunha velada que se celebra

no Salón Teatro do Casino o 18 de

Xuño de 1.908, día de Corpus, con

motivo de recadar fondos para as

Festas de San Lucas, actuando tamén o Orfeón Mindoniense e a Banda Municipal.

Tamén hai que destacar a actuación que realizan en conxunto co Orfeón e a Banda de Música co motivo

da chegada a Mondoñedo do presidente do Centro Galego da Habana o 20 de Xullo do 1.908 e a

actuación na Praza da Constitución polas festas de San Lucas dese ano, sendo un dos números do

programa posto que interpretan tódalas pezas cunha grande mestría, sendo moi aplaudida a que leva

por título Nas San Lucas, potpourri de temas galegos recollidos por Pepe Castañeda.

Unha das cousas que máis chama a atención deste cuarteto é a gaita de Augusto Insua, que ten o

ronco e o punteiro de prata e que fora construída por el coa axuda do seu pai.

No mes de Setembro do 1.913 preséntanse de novo Os Pacheco, por iniciativa de Pepe Castañeda,

nesta nova formación do cuarteto utilizan a combinación gaita-clarínete, sendo executado éste por

Baldomero García e a gaita por Enrique Iglesias,

os dous eran prestixiosos clarinetistas da orquesta

da Catedral, da percusión encargábanse Romero

Rivas e Veiga González.

As festas das San Lucas en Outubro do ano 1.917

tamén son amenizadas por eles con aires rexionais.

Como se pode ollar nas fotografías o traxe é similar

ó do cuarteto Os Veiga, composto por chaqueta,

chaleco e pantalón escuros, camisa e medias claras,

con monteira típica tamén escura.

Os Pacheco

CUARTETO "OS PACHECO" NO ANO 1.908

CUARTETO "OS PACHECO", 1.913

A música en Mondoñedo

Page 69: A Música en Mondoñedo

O grupo de música tradicional Brisas do

Masma comeza a súa andaina a finais dos

anos 50 en Mondoñedo. Naquela época

a Banda Municipal da cidade, que tiña o

local de ensaio na casa de Jaime Díaz

Doural na rúa Pardo de Cela, incluía no

seu repertorio algunha peza interpretada

tamén con gaitas.

Entre algúns dos compoñentes, nace a

idea de preparar un grupo de música do

país debido a que na localidade non había

ningún por aquelas datas.

Na súa primeira formación conta cos seguintes músicos, de esquerda a dereita na fotografía: Alfredo

Chamosa (caixa), Baltasar Graña (bombo), Pedro Rivas (gaita e clarín), Jesús Sordo (gaita) e Cesar

Rivas (gaita). Este último e máis Eduardo Rodríguez, director da Banda Municipal, son os que se

encargan de preparar e organizar o repertorio.

Chegan a ter un cento de partituras no seu poder, algunha das cales van preparando ó longo do tempo

para aumentar o repertorio. Algunhas das pezas máis típicas que soen interpretar nos pasarrúas son

Manoliño, Festa na Vila e Santiago, sen esquecernos da tan coñecida Muiñeira de Lugo, que non pode

faltar. Nalgunha ocasión acompañan ó Orfeón da Sociedade de Obreiros nas súas actuacións, interpretando

algúns temas en conxunto como a Alborada de Veiga ou Rosiña Primeira.

Ademais de ser coñecidos en toda a comarca,

tamén teñen moita aceptación nas terras do

occidente de Asturias. Nas San Lucas acompañan

ós Xigantes e Cabezudos no seu recorrido polas

rúas da cidade. Nas festas da Veiga tocan case

tódolos anos. A primeira Rapa das Bestas celebrada

no Campo do Oso o 6 de Xuño de 1.968 tamén é

amenizada por eles.

Brisas do Masma ven a ser unha agrupación de moi

longa duración, a finais dos anos oitenta aínda

seguían tocando polos pobos da comarca, anque

da súa primeira formación só permanecía no grupo

o veterano tamborileiro Alfredo Chamosa.

Brisas do Masma

PRIMEIROS ENSAIOS DO GRUPO

UN PASARRÚAS NOS ANOS SETENTA

A música en Mondoñedo

Page 70: A Música en Mondoñedo

Brisas do Masma

A música en Mondoñedo

Brisas do Masma e Os Mariñáns

Page 71: A Música en Mondoñedo

A finais do ano 1.982 créase na cidade unha escola de gaita e baile tradicional por iniciativa do

Axuntamento, encargándose do ensino dous profesores da cidade de Viveiro contratados polo Concello.

De esta maneira comeza a funcionar o que se chamará Grupo de baile e música tradicional Vallibria.

As clases de aprendizaxe teñen lugar os sábados nos baixos do Colexio Público Alvaro Cunqueiro.

A primeira actuación pública, que serve tamén como presentación da agrupación, organízase co motivo

do Día das Letras Galegas no mes de Maio do 1.983, actuando na Praza da Catedral. O grupo componse

para esta ocasión de seis gaitas, pandeiro, tamboril, dúas pandeiretas e bombo, contando tamén con

un numeroso corpo de baile.

O 16 de Setembro do 1.984 actúan co motivo da celebración do 2º Centenario do músico mindoniense

José Pacheco. Durante a década dos oitenta ademais das actuacións nas principais festas de Mondoñedo

tamén actúan nalgunhas que teñen lugar na bisbarra e no resto da provincia.

O faiado do Casino da localidade e maila primeira planta do local da Sociedade de Obreiros tamén

son utilizados para os ensaios do grupo de gaiteiros da asociación durante algún tempo.

A principios dos anos noventa deixan de pertencer ó Axuntamento pasando a formar parte da Asociación

Cultural Leiras Pulpeiro, os ensaios nesta etapa teñen lugar nun local do barrio dos Remedios onde se

encontran actualmente as oficinas do INEM. Uns anos despois volve a encargarse o Axuntamento da

súa organización.

O grupo Vallibria foi un piar básico para a formación de gaiteiros e bailadores e contribuiría a fomentar

a música tradicional na cidade que daquela contaba só coa última formación do grupo Brisas do Masma,

a piques de rematar a súa andaina.

Vallibria

GRUPO DE GAITAS "VALLIBRIA", MAIO 1.983

A música en Mondoñedo

Page 72: A Música en Mondoñedo

O grupo de gaitas Val do Brea, formado por algúns dos músicos da agrupación Vallibría, comeza a súa

andaina no ano 1.986. Nace co motivo de independizarse da escola e levar a cabo actuacións nas

romarías e festas da provincia continuando a tradición.

A primeira formación está composta por Xan Bermúdez (Canelo), Xesús Lombardía, Xabier da Chanta,

Marcelino Gacio e Moncho García (Pedomonte). Aínda que polo grupo pasarían algúns músicos máis

entre os que figuran Fran Fernández do Pinto, Anuska Lombardía, Mabel Rodríguez, Enrique Picoaga

e Xosé María Fernández (Machi).

Amenizan as principais festas de Mondoñedo en numerosas ocasións ademais de tocar na maior parte

das que se celebran pola bisbarra. Tamén levan a súa música polas vilas e pobos de Burela, Barreiros,

Reinante, Bretoña, Riotorto, Meira, Castro de Rei,

Martiñán, O Bizarro, Viveiro, Lourenzá, Ribadeo entre

outros. Hai que destacar a súa participación na 1ª

Noite de Merlín que se organizou en Mondoñedo no

ano 1.990 e a actuación na Xira de Santa Cruz en

Ribadeo, onde ó longo de moitos anos veñen

participando os mellores grupos de gaitas de Galicia.

O longo camiño deste grupo de gaiteiros aínda non

rematou no ano 2.000 e continúan amenizando coas

súas melodías as romarías, feiras e festas que se

celebran por toda a provincia, agardemos que por

moitos anos máis.

Val do Brea

1ª NOITE DE MERLÍN, VERÁN DO 1.990

UNHA FESTA NO VERÁN DO 1.987

A música en Mondoñedo

Page 73: A Música en Mondoñedo

"Garda a gaitiña, gaiteiro, vólvete a tocar pra aldea que os vilegos desleigados xa estoxan a muiñeira..."

Manuel Leiras Pulpeiro

A música do noso pobo está viva, e hoxe máis quenunca, pola labor de todos aqueles que a cultivaroncon agarimo ao longo dos tempos...

ELADIO FERNÁNDEZ, "O CEGO DOS MUÍÑOS"

A música en Mondoñedo

Page 74: A Música en Mondoñedo

No século dezanove un dos gaiteiros de máis sona nas terras de Mondoñedo era o Gaiteiro de Zoñán

que ademais de ser contratado para tocar nas fías, festas e romarías da zona tamén tocaba nalgunhas

das procesións que se celebraban na cidade episcopal.

A véspera da festa de Corpus baixábanse as imaxes de San Isidro e Santa María da Cabeza en procesión

desde a capela do Couto de Outeiro ata a Catedral. Os labregos levaban as andas dos santos e diante

deles coa gaita ó lombo marchaba o gaiteiro de Zoñán. Ó día seguinte dous cabalos marchaban diante

na procesión do Corpus que percorría as rúas da cidade, tras deles, abrindo o paso ás imaxes de San

Pascual Bailón e San Xoan, ía o gaiteiro Lerín de Fanoy e despois as imaxes da capela do Couto rodeadas

de labregos e acompañadas pola comparsa do gaiteiro con tamboril e bombo e cerraba a procesión a

imaxe da Virxe camiñando tras dela os salmistas, o bispo, a corporación e a banda de música dirixida

por Hermenegildo Mancebo (Menexildo).

Nas romarías e festas populares o gaiteiro tamén tocaba nas misas, subía ó coro (poleiro) e acompañaba

os cantos con ritmo lento de muiñeira. Despois tamén tocaba na procesión con bombo e redobrante

e xa polo serán despois dunha boa enchenta comezaba a festa onde a gaita xa non tiña descanso

interpretando muiñeiras, fandangos e zapateados.

Pola relleira de Cesuras cóntase que o tío do gaiteiro deulle de beber ó demo unha cazola de leite e

este entrou no corpo do home ata que llo sacou un crego da mariña catorce meses despois.

Unha das festas que tocou foi a do San Ramón na parroquia de

Viloalle en 1.869. Tamén tocaba os martes e xoves na fía de Cesuras,

segundo escribe Noriega Varela no seu poema De ruada, premiado

nun certame literario que se celebrou nas San Lucas do ano 1.895

en Mondoñedo. Noriega refírese ó frauteiro de Zoñán en varias

ocasións:

O Gaiteiro de Zoñán

A música en Mondoñedo

Que o frauteiro de Zoñán;

anque viste cirigolas,

en tendo a frauta na man

acaba por volver tolas

ás nenas que á fia van.

Unha noite de Inverno das máis escuras

tentoume seique o demo de ir a Cesuras

......................

Onda ás casas pareime xunta dun carro,

arrimeime a unha roda, piquei cigarro,

e buscando o librillo pola chaqueta

ouvín o ruxe-ruxe da pandeireta;

pois pretiño, moi preto, de donde estaba

o bodego da fía de alí cadraba,

.......................

e onde martes e xoves toca o frauteiro

cal tocara decote a non ser careiro,

ou si as pícaras novas, máis dadiveiras,

máis cadelas tiveran nas faldriqueiras.

GRABADO, AUTOR: X. PRADA

Page 75: A Música en Mondoñedo

A principios de século nas terras de Mondoñedo pódese escoitar a gaita de Xosé Rivas, coñecido polas

xentes como Pepe da Gaita, que é un gaiteiro que reside no lugar de Pena da Moa pertencente á

parroquia de San Martiño de Figueiras. Tamén é un dos compoñentes da banda de Fanoy, fundada no

1.880 por Fernando González, que chega a ter uns catorce músicos dos cales o máis famoso é Pepiño

(Boca torta), que toca o baixo poñendo de lado a boquilla do mesmo debido a un defecto na súa faciana.

Esta banda desaparece no ano 1.909.

Pepe tocaba a maior parte das veces acompañado polo seu veciño Martiño que tocaba o redobrante,

aínda que nalgunha ocasión tamén o acompañaba Lourenzo, un compañeiro da banda que era un

artista no manexo do clarín.

Nos seus anos mozos, cando reinaba na nosa terra a pantasma da emigración e as xentes fuxían a

outras terras en busca de fortuna, coma tantos galegos Pepe colleu a gaita e marchou a facer as

Américas, e aló, na Arxentina percorreu varias provincias tocando, incluíndo a de Bos Aires. Despois

duns anos, volveu a Galicia e trouxo moitos cartos que fixo por aló.

Xa de volta na súa casa continua tocando polas festas dos arredores, como a de Santa Marta no barrio

de San Lázaro en 1.922.

Posteriormente o seu fillo Antonio tamén tocou a gaita,

continuando de esta maneira a tradición familiar.

Era amigo de Eduardo Lence, e cando viña a tocar a

Mondoñedo, sabedor de que este tamén era amigo da

música galega, acostumaba a tocar unhas pezas diante

da súa casa.

Contan que Pepe era dos que opinaban falando da gaita

que: os mellores foles eran os de pel de ovella ou de carneiro

curtidos con mexos de cristiano.

Segundo dicían os entendidos daqueles tempos Pepe era

mellor gaiteiro que Coruxeiras, anque non chegou a ter a

popularidade deste.

Parou de tocar debido a unha hernia que lle impedía soprar

no instrumento e morreu a finais dos anos vinte, sen chegar

a vello.

Pepe da Gaita

A música en Mondoñedo

CARTEL DO ANO 1.912, BOS AIRES

¡ Cántos marchan no vapor, mozos do val e da serra,

que van deixar noutra terra a virtú do seu sudor !

Noriega Varela

Page 76: A Música en Mondoñedo

Nos derradeiros anos do século pasado tiveron grande e merecida

sona os gaiteiros Lerín de Fanoy e O Xugo de Cangas. Despois apareceu

Coruxeiras. O seu verdadeiro nome era Manuel Prieto Rego, o sobrenome

víñalle de haber nacido no barrio das Coruxeiras en San Vicente de

Reigosa (Pastoriza), no 18 de Outubro de 1.852. Foi un gaiteiro moi

popular, que tocou na maior parte das festas que se celebraron en

Mondoñedo no primeiro tercio do século XX.

Vestía cun gran chambergo, fortes botas e traxe de escuro pano con

reforzos de pana e marchaba sempre paseniño, arrandeándose, dicían

que era o gaiteiro que máis tempo aguantaba tocando. As foliadas

de San Vicente de Reigosa tocounas el todas, ata que morreu.

En Mondoñedo tiña por costume poñerse na Alameda dos Remedios

ou no adro da Catedral, esperando que a Paula dera as doce. Case

sempre estaba rodeado de nenos que lle cantaban as seguintes coplas:

Eí ven Coruxeiras coa gaita a runfar que os mozos e mozas veñan xa bailar.

Eí vai Coruxeiras, deixadeo pasar, leva a gaita rota e non pode tocar.

Sacaba a gaita, que traía envolta nun pano vermello, con moito coidado estiráballe os farrapos e,

disposto para tocar, inflaba as meixelas cos ollos abertos ao ceo e comezaba unha nova, que viña a

ser a mesma peza de tódolos anos.

Aínda que non foi un gran gaiteiro, presumía de ser un mestre do instrumento, e non deixaba de alegrar

o pobo coas súas melodías. Cando o gaiteiro de fama Ventosela veu a tocar a Mondoñedo contan que

lle dixo a Coruxeiras despois de que éste lle tocara a Villalbesa:...O primeiro gaiteiro do mundo son eu,

pero o segundo érelo ti, Manuel. Outra peza que interpretaba con habilidade era a Xota-valse de Esteto.

Coruxeiras chegou a formar un cuarteto para

tocar nas festas máis importantes formado

por gaita, clarinete, tambor e bombo. Como

os catro músicos eran labregos, de parroquias

opostas, xuntábanse para ensaiar no lugar de

encontro, que era o Cristo do Fiouco. Pepe do

Regimiento, que tocaba o clarinete, era o único

que sabía de música.

Morreu o 10 de Febreiro de 1.927 na casa do

seu irmán Francisco, no lugar coñecido por

Córneas da parroquia de San Vicente de

Reigosa (Pastoriza).

Coruxeiras

COMPARSA DE CORUXEIRAS

A música en Mondoñedo

O GAITEIRO CORUXEIRAS

Page 77: A Música en Mondoñedo

Eduardo Lence-Santar y Guitián nace en Mondoñedo, na rúa de Batitales, no ano 1.876. No ano 1.898

aprende a tocar a gaita nun punteiro que lle mercara ao famoso gaiteiro Marañas de Vilapedre, no

concello de Sarria, onde viviu durante uns anos. O mestre que lle ensinou a tocala foi o gaiteiro de

renome Navás de Orteá (Sarria), aprendeulle tamén a construír as palletas e os pallóns para o roncón,

de caña macho.

Sentía tamén unha grande afección polo baile. Contan que era un excelente bailador da muiñeira.

De outro mestre gaiteiro, o Vizano, aprendeu unha vella alborada, unha xota e dúas muiñeiras, unha

das cales era a do Quirogués. Tamén lle ensinou a tocar unha fermosa marcha, á que Lence puxo letra.

Ó Vizano foi a quén lle mercou unha gaita no ano 1.900, por corenta reais, feita de buxo. Era unha

gaita redonda, (na tonalidade de DO maior). Tamén lle encarga outra tumbal (de tonalidade máis baixa)

ao Dradas das Encrucilladas, en Tóldaos no concello de Triacastela. Lence tamén era un excelente tocador

da sinfonía ou zanfona.

En Maio do 1.901 trasládase de novo a Mondoñedo, cidade da cal é nomeado Cronista Oficial no ano

1.917. O goberno da nación en 1.949 concédelle o ingreso na Orden Civil de Alfonso X el Sabio.

En Mondoñedo acostumaba a tocar nas veladas do Casino e da Sociedade de Obreiros Católicos.

Tamén ten tocado algún verán polas rúas da cidade na compaña dos seus amigos Cesar Seco, os

Teixeiros e os Castañedas. A raíz das súas actuacións comezou unha grande afección pola gaita na

localidade, da cal ninguén se lembraba. Pepe da Gaita de Figueiras tamén era amigo seu e cando viña

a tocar a Mondoñedo, interpretaba sempre unha muiñeira e unha alborada diante da súa porta.

Morre en Xaneiro do 1.960 na Rúa de Cándido Martínez.

Noriega Varela no seu libro Montañeses dedicoulle o poema

O Gaiteiro do Masma:

O Gaiteiro do Masma

Quere cantar o poeta

pra compracerte, gaiteiro;

máis ¡ ti que fas no punteiro

se che sacan a palleta !

... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ...

Incha o fol e, por favor,

nesa gaita colorada

toca unha meiga alborada,

que xa rufa o meu tambor;

No hai poesia mellor

pra alegrar o corazón;

os meus versos -con perdón

das túas barbas-, ¡ moito bombo !

botaos por riba do lombo,

como botas o roncón.

A música en Mondoñedo

EDUARDO LENCE-SANTAR

Page 78: A Música en Mondoñedo

Augusto Insua Amieiro naceu na cidade de Mondoñedo no ano 1.887.

Traballou de reloxeiro nun pequeno taller situado na parte baixa da

súa vivenda, tendo fama de desempeñar ben o oficio.

O mesmo que moitos galegos viaxou á República Arxentina nos seus

anos mozos.

Foi edil do Axuntamento de Mondoñedo, tendo ao seu cargo a Banda

Municipal e tamén foi mestre da Escola de Artes e Oficios que funcionaba

por aquel tempo na cidade.

Contan que lles tocaba a gaita as xentes cando subían polo camiño

da Infesta desde a Alameda dos Remedios ás monterías de Toxoso.

No ano 1.907 xunto con Enrique Díaz Iglesias foi un dos fundadores

do grupo de gaitas Os Pacheco de Mondoñedo, composto na súa

primeira formación por dúas gaitas, tambor e bombo e que tanto

éxito acadou por aquelas datas.

Ademais da gaita tamén tocaba outros instrumentos como o laúde,

a guitarra e o acordeón, demostrando que era un dos músicos máis

completos que había na cidade.

Contan que un ano polas San Lucas, escoitando a un

grupo de gaiteiros da Coruña, achegouse a un deles cando

pararon de tocar e comentoulle que tiña a gaita desafinada,

despois levouno ao seu taller onde lle ensinou como se

afinaba.

Un ano despois polas festas o grupo coruñés volveu a

Mondoñedo e tocoulle unhas pezas diante a porta da casa

como mostra de agradecemento.

Posuía unha Gaita que tiña o punteiro, o ronco e as buxas

de prata, feita por el coa axuda do seu pai Jesús Insua.

Esta gaita chamaba moito a atención polo material

empregado e polo seu característico son. O punteiro, como

se pode ollar na fotografía da dereita, tiña unhas chaves,

que posiblemente foran para acadar algunhas notas

sostidas. Hai que lembrar que o gaiteiro de fama Ventosela

por aquela época tamén usaba punteiro con chaves.

Augusto morreu en Mondoñedo o 23 de Xullo do 1.973,

na actual rúa do Progreso, onde residía.

Augusto Insua

AUGUSTO INSUA

A música en Mondoñedo

PUNTEIRO E RONCO DE PRATA

Page 79: A Música en Mondoñedo

As procesións que se celebraban na cidade e na bisbarra con motivo das festas e romarías na maior

parte das ocasións eran acompañadas por agrupacións musicais (bandas, gaiteiros, comparsas...)

para dárlles máis solemnidade.

A música en Mondoñedo

PROCESIÓN DE SAN ANTONIO NO CARRASCAL

PROCESIÓN DO SAN BARTOLOMÉ DE ESTELO

Page 80: A Música en Mondoñedo

José Antonio López Ledo nace no ano 1.888 en Zoñán, no lugar de Os Pardos pertencente á parroquia

mindoniense dos Remedios.

Sendo moi novo ten que viaxar a Cuba sen poder recibir educación escolar algunha, aínda que pouco

tempo despois regresa a Mondoñedo e no barco que o trae de volta é onde aprende as catro regras

(suma, resta, multiplicación e división).

Xa na súa casa de Zoñán comeza a tocar a gaita, tendo como mestre ó seu tío Antonio que era moi

bo gaiteiro e continuador da tradición familiar. José pon moito interese en aprender a dominar o

instrumento e cando pode péchase para ensaiar nunha habitación da súa casa.

Como non ten coñecementos musicais toca de oído, aínda que como e sabido se funciona ben a orella

non fan falta papeis para interpretar ben as melodías.

José, a quen tamén se coñece polo sobrenome de Xóxaras, traballa toda a súa vida no campo e ó

mesmo tempo exerce o oficio de carpinteiro pois a música non da para comer todo o ano, anque tamén

toca a gaita polas fías de Zoñán e Cesuras, amenizando tamén as comidas dos callos que se celebran

nas casas do lugar cando chega a época da matanza do porco. Tamén ten por costume tocar nas festas

do entroido.

A maior parte das veces é acompañado ó bombo por José María Candia Rubiños, coñecido tamén como

Tato, veciño de Zoñán.

Tamén toca nas festas de San Lucas e nas da Virxe dos

Remedios, nas romarías do San Cristovo, Santa Margarita,

Nosa Sra. do Camiño en Zoñán, San Xoán de Romariz e na

festa da Fátima en Gontán. Nunha ocasión vai andando a

tocar a Lugo na compaña dun veciño de Romariz (Abadín)

chamado Zacarías.

Morre de repente en Zoñán na casa dun veciño seu chamado

Xusto Otero (o Neno) no ano 1.969, cando contaba con 81

anos de idade.

A súa gaita aínda se conserva na actualidade téndoa no seu

poder un veciño da parroquia dos Remedios que está

aprendendo a tocar nela.

José Antonio López, Xóxaras

A música en Mondoñedo

"OS PARDOS", ZOÑÁN

"Escoita chirlar a gaita,

sinte o teu peito estoupar

mentras ao ceo se erguen

as notas do seu penar".

Page 81: A Música en Mondoñedo

Manuel López González nace o 14 de Agosto do ano 1.903 en San

Pedro de Bogo (Pontenova-Villaodriz).

De novo sinte unha grande afección pola música e comeza a tocar a

gaita de oído, sen ter coñecementos de solfeo.

Mais adiante desprázase a Mondoñedo para asistir ó sorteo que ten

lugar na Caixa de Reclutamento da cidade. Nesta etapa é cando coñece

á súa futura muller, que traballa na Fonda Meilán.

Posteriormente é destinado a León onde realiza o servicio militar

no Regimiento de Caballería Almansa nº 5, na sección de Sementales.

Unha vez rematado este periodo contrae matrimonio e fixa a súa

residencia no Barrio das Casas Novas de Mondoñedo.

Despois de casar continúa tocando a gaita amenizando algunhas das festas e romarías que se celebran

na bisbarra mindoniense como as da Guadalupe no Grove e as da Santa Margarita en Cesuras.

Manuel López, coñecido como o Gaiteiro das Casas Novas,

tiña unha gaita de madeira de ébano con dúas letras de

prata incrustadas no punteiro: L. L. que eran as iniciais

do home que lle regalou a gaita, Luciano Losas. Os farrapos

que penduraban do ronco tiñan as cores da bandeira

republicana: vermella, amarela e violeta.

Hai que destacar a súa participación nas tradicionais festas

dos Maios que se celebran en Mondoñedo nos anos anteriores

á Guerra Civil, acompañando as explendorosas carrozas

que percorren as rúas da cidade, festas nas que triunfa

tamén a rondalla O Eco dirixida por Manuel Ledo O Pallarego

interpretando as coplas compostas polos escritores

Cunqueiro e Díaz Jácome.

Manuel morre o día 11 de Novembro do 1.965 en

Mondoñedo, no seu domicilio das Casas Novas.

A súa gaita foi vendida por 300 pesos a Alfonso Reigosa

do Cociñeiro, veciño da Rúa do Pumar.

O Gaiteiro das Casas Novas

A música en Mondoñedo

MANUEL LÓPEZ

FERRERÍA DA FAMILIA LÓPEZ NO BOGO

Page 82: A Música en Mondoñedo

José Chao López nace no lugar de Xastoso pertencente á parroquia de Santiago de Mondoñedo no ano

1.906. Dende moi novo ten unha grande afección pola música e aprende a tocar a gaita sen ter

coñecementos musicais.

Nos anos vinte participa na Guerra de África e cando volve a Mondoñedo despois de casar trasládase

a vivir ó Carballo na parroquia de San Vicente onde traballa de labrego, exercendo tamén a profesión

de zoqueiro.

Ademais da gaita que fora mercada no ano 1.940 por seis pesos ó veciño de Angüín José Ramón

Cabanas, que traballaba de peón caminero en Mondoñedo, tamén tiña unha requinta de tres pezas feita

con madeira de buxo e unha ocarina de barro.

Ten tocado moitas veces nas fías ou muiñadas que se realizaban nas Aceas de Chao, acompañado polos

irmáns Jesús e José Manuel Chao Ledo que tamén tocaban a gaita e a requinta.

En San Vicente tiña por costume tocar na noite de San Xoán cando se lle prendía lume ó folión, tamén

tocaba polas festas e polas fías da parroquia como as que se facían na casa de Liñares, na aira de

Atilano o Serrador, na Casa de Riba e na da Taberna de

Golilla ó pé da estrada.

Tamén toca en numerosas ocasións nas fías que se

celebran no cruce de camiños coñecido como O Espiño

onde tamén tocaban un grupo de pandereiteiras formado

por Aurora García A Meilana, Leonor A Xastosa e Trinidad

García.

No ano 1.954 deixa de tocar por motivos de saúde aínda

que a tradición familiar e musical non se perde pois o

seu fillo Jesús Chao Cabanela ademais de exercer o

oficio de zoqueiro toca a gaita dende os quince anos e

aprende a tocar tamén a ocarina e a requinta que lle

deixara seu pai.

José Chao morre dun ataque ó corazón no verán do ano

1.971 cando camiñaba por unha rúa da cidade de

Mondoñedo.

Posteriormente tamén tocaron a gaita na parroquia de

San Vicente os veciños Marcelino de Pedro, Alfonso do

Zulo e Manolo de Chao.

José Chao López

A música en Mondoñedo

JESÚS CHAO CABANELA TOCANDO A GAITA DE SEU PAI

Page 83: A Música en Mondoñedo

Ramón Barreira Rivas nace no ano 1.921 en San Bartolomé

de Estelo, no lugar de Porta de Galdo pertencente á parroquia

dos Remedios.

O mesmo que os seus irmáns José e José Antonio comezan

a tocar as primeiras melodías nun pínfano de latón que lle

fora mercado na rúa Méndez Núñez ao latoeiro da cidade,

máis adiante continúan ensaiando nunha frauta de madeira.

Posteriormente tocan nunha gaita mercada polo seu irmán

José, e algunhas veces tamén utilizan para tocar a dúo a

que ten o seu tío Antonio, fillo do gaiteiro de sona José Rivas

de San Martiño de Figueiras (Pepe da Gaita).

No ano 1.942 desprázase a Betanzos para cumprir o servicio

militar, permanecendo ali durante tres anos nun depósito

de víveres. Aproveita parte do tempo para ensaiar chegando

a formar un cuarteto con outros compañeiros composto por

dúas gaitas caixa e bombo. Con este grupo participa nos

actos que se celebran o 18 de Xullo e nalgunha ocasión tamén amenizan as festas dos Caneiros.

Mércalle a gaita a un pontevedrés que toca con el no grupo pola cantidade de vinte pesos.

De volta a Mondoñedo comeza tocando no barrio de Estelo e no ano 1.946 contrátano para tocar na

fía de Zoñán, onde tocaría durante varios anos acompañado por Patricio de Xan do Campo que tocaba

nun bombo con platillos. Nalgunha ocasión tamén toca en Tronceda.

No seu repertorio ademais de muiñeiras e pasodobres inclúe outras pezas de diversos estilos musicais

como valses e mazurcas. Ademais da gaita tamén manexa con destreza unha harmónica que posúe

interpretando con ela as cancións máis populares.

Toca a gaita polo concello de Abadín nas foliadas de Romariz acompañado ao bombo por un dos

veciños do lugar chamado Zacarias. Nas festas do entroido de Estelo ameniza os bailes e acompaña

as máscaras polo barrio, tocando tamén ao longo do ano nos bailes que se celebran os domingos

cobrando polas súas actuacións os cartos que se xuntan ó pasar a gorra entre os asistentes.

Durante trinta e cinco anos traballa de garda forestal nos montes da zona dependentes do patrimonio

forestal. Co paso dos anos deixa de tocar debido a falta de ensaio e axilidade nos dedos.

Na parroquia de Estelo tocaban tamén a gaita os veciños Eulogio Cortiñas, Jaime e Feliciano da Chalana

e Amadeo Candia.

Ramón Barreira Rivas

A música en Mondoñedo

RAMÓN BARREIRA

Page 84: A Música en Mondoñedo

Pablo Otero Ares nace en 1.911 no lugar de

Burgo de Arriba en Valiño, pertencente á

parroquia dos Remedios de Mondoñedo.

Desde moi novo Pablo mostra unha grande

afección pola música e aprende a tocar nun

acordeón que lle cómpra a un veciño seu de

Valiño chamado Victor de Ramón Grande,

sendo instruído no manexo do mesmo polo

acordeonista Jesús Rubal Chao do barrio

mindoniense de San Lázaro.

Uns anos despois casa con Concepción

Vázquez González, veciña do barrio dos

Remedios, filla do capataz dos peóns

camiñeiros.

Durante algúns anos traballa de obreiro nunha finca situada no lugar da Brava en Masma e un tempo

despois dedícase a traballar para os Pais Pasionistas do mosteiro dos Picos encargándose de conducir

un carro tirado por unha mula que se empregaba para recoller a rogación polos concellos de Abadín,

Vilalba e outros.

No tempo que lle queda libre dedicase a practicar no acordeón, sendo contratado para tocar nas fías

e festas que se celebran pola zona. Algunhas das que ameniza son as que se celebran en Zoñán,

Pelourín, As Curuxeiras, Rego de Cas, Cesuras, Valiño, Seivane e tamén chega a tocar nas de Estelo.

Uns anos despois comeza a traballar na construcción,

profesión que exerce ata a súa xubilación, sendo

contratado por diferentes empresas da localidade.

Como tantos mindonienses participa nas obras do

novo edificio do Seminario Conciliar da cidade.

Como do seu matrimonio non ten descendencia,

os derradeiros anos da súa vida reside en Pumariño

na casa dun irmán seu onde morre o día 11 de

Xaneiro do ano 1.992.

O seu acordeón foi mercado polos Pais Pasionistas

do mosteiro dos Picos a comezo dos anos sesenta.

Pablo do Neno

A música en Mondoñedo

PABLO OTERO (TERCEIRO POLA ESQUERDA)

MOSTEIRO DOS PICOS

Page 85: A Música en Mondoñedo

Tomás Gruñeiro Reigosa nace o día 30 de Novembro do ano 1.915

no Barrio da Cuba, parroquia de San Pedro de Argomoso e uns anos

despois desprázase a vivir cuns tíos seus que non tiveran descendencia

ó lugar de As Plazas, onde residirá durante toda a súa vida.

Sendo moi novo xa mostraba unha grande afección pola música e

comeza a tocar a gaita de oído, máis adiante tamén aprende a tocar

nun acordeón que fora propiedade de Manolo Araújo.

Participa como soldado na Guerra Civil sendo destinado ó rexemento

de infantería do Ferrol. Despois regresa a Argomoso e dedícase a

traballar de labrego ademais de ter fama de ser un bo matachín de

porcos pola zona.

No pouco tempo de lecer de que dispón aproveita para ensaiar a maior parte dos temas musicais que

despois interpreta polas festas e romarías da bisbarra. Os veciños da súa parroquia recordan que era

frecuente velo tocar na xanela da súa casa.

Ademais de levar a súa música polas fías que teñen lugar nos barrios da parroquia de Argomoso e

Lindín tamén toca polas tradicionais festas do entroido e nas que organizan algúns veciños da zona

ao longo do ano. Polas súas actuacións percibe os cartos que se xuntan entre os asistentes ós bailes

que ameniza.

Polo día do San Pedro de Argomoso, cando remata a misa e comeza

a procesión, non pode faltar a melodía da gaita de Tomás camiñando

con solemnidade detrás da imaxe do patrón.

Outra das súas grandes afeccións ademais da música é a de xogar

á brisca, chegando a percorrer toda a parroquia dende o Orxal ata

o Carballo, demostrando que era un artista no manexo das cartas

da baralla.

Morre no Barrio das Prazas no ano 1.978 cando conta coa idade de

63 anos, despois de padecer unha longa enfermidade, sen chegar

a cumprirse un dos seus grandes desexos que era o de cobrar a

pensión de xubilación.

Ademais de Tomás tamén toca a gaita pola zona de Argomoso un

veciño de Escourido chamado Gervasio.

Tomás Gruñeiro, O Páxaro

A música en Mondoñedo

PROCESIÓN DO SAN PEDRO

TOMÁS GRUÑEIRO

Page 86: A Música en Mondoñedo

Ramiro Botana Pérez nace en Mondoñedo, no barrio de Estelo

pertencente á parroquia dos Remedios, no ano 1.922.

De neno comeza a xogar coas notas musicais nun pínfano, frauta

de latón, feito polo latoeiro da cidade que residía na rúa Méndez

Núñez. Máis adiante seu pai regálalle unha gaita pequena pola

cal ten que pagar a prazos a cantidade de dez pesetas a Sigiberto

do Gaiteiro, veciño de Zoñán.

Ramiro incorpórase a filas no ano 1.943, sendo destinado ó

Regimiento de Infantería Mérida do Ferrol.

Oito meses despois co motivo dunha baixa por enfermidade aproveita

para asistir ós ensaios da banda do rexemento que conta cun grupo

de vinte gaiteiros dirixidos polo cabo Gabriel Mato, compoñente

tamén do cuarteto Os Garceiras de Melide, e despois de demostrar

que el tamén sabía tocar o instrumento entra a formar parte da

agrupación onde permanece ata que remata o servicio militar.

Unha anécdota curiosa é que estando en Ferrol desprázase andando

uns 14 quilómetros, ata chegar a Valdoviño, para mercar unha gaita grileira de madeira de buxo a un

constructor daquel pobo, tendo que pagar por ela arredor de duascentas pesetas.

Con esta banda percorre distintos pobos da xeografía galega coma O Barco de Valdeorras, Becerreá,

Chantada e Escairón entre outros, tocando tamén en Mondoñedo polas festas da Nosa Sra. dos

Remedios.

Pouco tempo despois de volver a Mondoñedo casa cunha veciña do lugar de A Cabana (Viloalle), fixando

alí a súa residencia. En Viloalle toca nalgunha ocasión acompañado por Alfredo Chamosa co redobrante

pola festa do San Ramón, tamén é contratado para tocar na celebración das misas onde, como era

costume, interpretaba o Himno Nacional no momento do ofertorio.

A razón pola que deixa de tocar con frecuencia

e por motivos de saúde despois de sufrir diversas

intervencións cirúrxicas en un período curto de

tempo. Despois véndelle a gaita a un veciño de

Pumariño pola cantidade de duascentas pesetas.

A derradeira vez que toca na gaita é polos anos

noventa co motivo do casamento dunha veciña

do Coto da Recadeira que se celebra no Hostal

Montero de Vilalba.

Ramiro Botana

A música en Mondoñedo

CAPELA DO SAN RAMÓN DE VILOALLE

O GAITEIRO DE ESTELO

Page 87: A Música en Mondoñedo

Manolo Chao Falcón nace en 1.925 no lugar de Combarro que

pertence á parroquia mindoniense de San Vicente.

Sendo moi novo comeza a asistir as clases de música que imparte

na cidade Eduardo Rodríguez, director da Banda Municipal. De

esta maneira comeza a dominar o manexo da gaita e do clarinete.

Manolo aproveita calquera momento para tocar. Cando se despraza

para botarlles auga ós prados da Fabega acostuma a levar o

clarinete ou a gaita e vai tocando, a maior parte das veces

acompañado por algúns veciños que camiñan con el entusiasmados

escoitando as melodías que interpreta.

Tamén toca cando chega a época de mondar o trigo, despois

da cea que ten lugar no palleiro da súa casa, e pola festa do

San Vicente organiza un animado baile no comedor acompañado

por algúns músicos da orquestra que son invitados á xantar na

súa casa.

Uns anos despois é destinado a Tetuán, cidade do Norte de África

onde realiza o servicio militar e paralelamente continúa ensaiando

e tocando a gaita. Co motivo dunhas festas que se celebran nesa

localidade participa nun desfile de carrozas percorrendo as rúas

tocando a gaita no alto dunha delas.

Cando regresa a Mondoñedo merca unha rubia propiedade do practicante Andrés Bahamonde e durante

varios anos dedícase ó transporte de materiais e persoal das orquestras da cidade. Nalgunha ocasión,

animado polos músicos e polas xentes do baile, sube ó palco para realizar algún número no clarinete.

No mes de Xulio do ano 1.953 casa con Escolástica Deán, mestra de San Vicente. Tres anos despois

trasládanse á localidade de Viveiro onde Manolo traballa de taxista ata a súa xubilación.

Na actualidade segue tocando a gaita e continúa os seus estudios musicais no Conservatorio de Música

da cidade, ademais de formar parte dun grupo de gaitas da localidade viveirense.

Tódolos anos pola festa do San Vicente desprázase a Mondoñedo e toca a gaita na procesión que se

celebra arredor da capela do santo sendo acompañado polos seus irmáns nalgunha ocasión.

Manolo de Chao

A música en Mondoñedo

EN SAN VICENTE NO ANO 2.001

Page 88: A Música en Mondoñedo

José Manuel Torres Rey nace o día 17 de Xuño do ano 1.929 en Mondoñedo

no lugar de Supena en Argomoso.

Comeza a tocar a gaita cando conta con dezaseis anos de idade. Cómpralle

a primeira ó gaiteiro Marcelino de Pedro, veciño da parroquia de San

Vicente, que é o que lle ensina a tocar as primeiras melodías. Posteriormente

mércalle outra a Tomás Gruñeiro, veciño de Argomoso.

Ao longo do ano é raro o día en que Manuel non descolga o instrumento

do teito da súa habitación para interpretar algunhas pezas, sendo moi

grande a afección que manifesta pola música, aínda que nalgunha ocasión

ten que aguantar as críticas dos máis achegados, pois a gaita non é dos instrumentos máis silenciosos

como todos sabemos.

A finais dos anos sesenta casa cunha veciña da parroquia de Argomoso pasando a residir ao lugar de

O Vilar na compaña da súa familia.

Ademais de tocar en Supena tamén se despraza a outros lugares da bisbarra para amenizar as diversas

festas, fías e foliadas que se celebran ao longo do ano. San Vicente, Argomoso, Maariz e Cadavedo son

algúns dos lugares onde toca. Na noite do San Xoán cando se xuntan as xentes ó pé das fogueiras e

nas festas do entroido son datas de moito o traballo. Cando regresa de tocar de Cadavedo atravesa

os montes do Fiouco montado no seu cabalo e aproveita para tocar polo camiño.

Para pagarlle por amenizar os bailes os veciños que o contratan teñen por costume pasar a gorra entre

os asistentes. Nas festas onde toca unha das pezas obrigadas é A Conga, e cando a interpreta fórmase

unha roda na que Manuel tamén se integra mentres vai tocando a famosa melodía.

A súa devoción polo San Cosme faille desprazarse ata o santuario de Galgao en Abadín tódolos anos,

acompañado sempre pola súa gaita.

Participa na repoboación da Fraga de Rioseco polos

anos cincuenta e nunha ocasión encóntrase co lobo

cando vai de camiño polo Campo da Tenda,

curiosamente o animal fuxe ao escoitar o son da gaita

de Torres.

José Manuel morre o día 23 de Xulio do ano 1.990

no lugar de O Vilar sendo víctima dunha grave

enfermidade.

Torres do Vilar

A música en Mondoñedo

J. MANUEL TORRES

O VILAR

Page 89: A Música en Mondoñedo

Alfonso Rodríguez nace no mes de Decembro do ano 1.932

en Mondoñedo, no lugar de O Carballo que pertence á parroquia

de San Vicente.

De neno mostra un grande interese pola música e seu pai

mércalle un pínfano, que ben a ser unha especie de frauta de

latón. Por aquelas datas moitos nenos aprenden a tocar as

primeiras melodías neses instrumentos fabricados polo latoeiro

Ramón Paz da rúa Méndez Núñez da localidade.

A penas ten oportunidade de asistir á escola, a maior parte

do tempo ten que levar as ovellas ó monte realizando as labores

de pastor e así aproveita para tocar o pínfano de tal maneira

que parece que os animais andan máis ledos.

A finais dos anos corenta seu pai decide regalarlle unha gaita

e desprazase a Abeledo no concello de Abadín, onde por esas

datas reside un home que se dedica a construílas, mercándolle

unha de madeira de buxo pola cantidade de 250 pesos.

Moi ledo coa gaita nova, comeza a practicar e ensaiar todo tipo de melodías. Cando vai a feira a Gontán

aproveita para mercar coplas das que venden os cegos, preparando despois moitas delas para tocar

na gaita. Ademais das tradicionais muiñeiras, xotas e pasodobres tamén toca outro tipo de pezas como

polcas, chotis, valses e rumbas.

Ensaia tódolos días algunha peza, sentado no escano a carón do lume da lareira, mentres as mulleres

preparan a cea. Algúns dos lugares onde soe tocar Alfonso son Maariz, A Valiña, San Vicente, Lousada,

Ximil e tamén ameniza as foliadas do Espiño.

Polo ano 1.957 casa con Carmen García Rego, veciña do lugar de A Valiña fixando alí a súa residencia

ata que no ano 1.963 emigra a Suíza o mesmo que moitos galegos, traballando naquel país durante

algúns anos ata que regresa de novo a Galicia.

Na actualidade conserva a súa gaita gardada nunha hucha de madeira, das que hai anos se utilizaban

para gardar o trigo.

Unha das derradeiras ocasións nas que volve a tocar a gaita é co motivo do casamento da súa filla,

interpretando unhas melodías despois do xantar que ten lugar no restaurante Padornelo de Mondoñedo,

coincidindo co seu veciño e tamén gaiteiro Manolo de Chao que coma sempre estaba acompañado

pola súa inseparable gaita.

Alfonso Rodríguez, O Zulo

A música en Mondoñedo

O ZULO NA PONTE DE TOXEIRO

Page 90: A Música en Mondoñedo

José Sánchez Gómez nace no ano 1.879 en Mondoñedo, no lugar

de Marquide (Masma). Cando aínda é un mozo comeza ensaiar as

primeiras melodías nun vello acordeón de botóns que hai na casa

da súa familia. Como non ten coñecementos musicais aprende a

tocalo de oído sen recibir consellos de ninguén.

As fías e as esfolladas do millo que se celebran pola zona de Masma

nos primeiros anos do século vinte son amenizadas nalgunhas ocasións

por Xosé que acompañado por algunha das mulleres que acoden ó

lugar para tocar a pandeireta fai sonar o seu serra-serra (acordeón)

para que os mozos e mozas de Marquide, San Andrés de Masma,

Vilar e Viloalle bailen sen parar ata que remata a festa.

Traballa de labrego durante toda a súa vida e aproveita parte do

pouco tempo de lecer de que dispón para ensaiar algunhas das

cancións que despois interpreta.

Máis adiante casa con Antonia Gómez, veciña de Masma. Moitas

das noites do ano, na súa casa de Marquide, escoitase o son do acordeón de Xosé que interpreta as

mellores pezas para a súa familia e amigos.

Nos días festivos os veciños do lugar teñen por costume xuntarse no Campo de Marquide para organizar

unha pequena festa con acordeón, pandeireta e cantos. Tamén ten tocado no lugar o famoso acordeonista

Maseda do Valadouro.

As foliadas que se organizan en Maderne, da parroquia de San Andrés, tamén son amenizadas polo

Tío Xosé de Xorxe.

Posteriormente aprenderon a tocar no serra-serra

os seus fillos José, Manolo, Jesús e Germán aínda

que non chegaron a manexalo tan ben como o

facía seu pai. A súa filla Josefa e algunhas sobriñas

tamén cantaron e tocaron a pandeireta en moitas

das fías e foliadas que se organizaban na

parroquia demostrando de esta maneira que a

familia Sánchez contribuíu a manter a tradición

musical da zona.

O Tío Xosé morre en Marquide no ano 1.961

cando conta con 87 anos de idade.

O Tío Xosé de Xorxe

O TIO XOSÉ DE XORXE

A música en Mondoñedo

ACORDEÓN DO TIO XOSÉ

Page 91: A Música en Mondoñedo

Jesús Rubal Chao nace no Coto da Recadeira, en Mondoñedo, o día 18 de Abril do 1.893. Con doce

anos era monaguillo da Catedral. Na súa mocidade, sen ter coñecementos musicais de solfexo, chegou

a tocar o acordeón de oído.

Jesús acostumaba a tocar no Coto da Recadeira, nunha festa onde se realizaba o tradicional Rito do

Galo que consistía en enterrar un galo no chan e tapalo cunha lousa que tiña un burato no medio por

onde se lle sacaba a cabeza ó animal, despois os participantes cos ollos tapados intentaban decapitalo

cun fouciño.

Tamén tocaba nas festas do San Xoán na Aira do Músico, nas festas de Maariz, San Vicente, Sopena,

Argomoso, Cesuras, Zoñán, Seivane e outras moitas das que se celebraban pola bisbarra.

Durante algún tempo tamén tocou pola zona de Bretoña, a onde acudía acompañado por Caetano da

Viveiresa, veciño de Viloalle. Chegaban a pasar entre quince e trinta días fóra da casa e cando viñan

de volta ademais dos cartos das actuacións traían patacas, carnes e outros productos que lles daban

nos lugares onde tocaban.

Foi vixiante da liña eléctrica La Mindoniense na época de Don Hilario. Co paso dos anos foi perdendo

a vista debido a que padecía de cataratas, aínda que seguía tocando no seu acordeón de chaves como

se pode apreciar na fotografía.

Jesús Rubal residiu toda a súa vida entre o Coto e o Barrio de San Lázaro, onde morreu o día 3 de

Setembro do 1.973.

Jesús Rubal

FOTO FAMILIAR NO CALEXÓN DA LEÑA,1.969

A música en Mondoñedo

Page 92: A Música en Mondoñedo

José Rico López, máis coñecido polo sobrenome de O Peto

nace no barrio da Seara en Masma (Mondoñedo) no ano

1.909. Con poucos anos demostra ter unha grande afección

pola música e aprende a tocar o acordeón de oído.

Posteriormente asiste a clases de solfexo en Mondoñedo e

continua a súa aprendizaxe no manexo do instrumento.

Primeiro tocaba nas esfolladas do millo, nas fías, nos bailes

e nas festas que se celebraban polos barrios da zona. Masma,

Couboeira, Oirán, San Vicente, Maariz, Vilamor e Pedrido

foron algúns dos lugares a onde se desprazou andando ou

en bicicleta para tocar. Máis adiante tivo unha moto Vespa

e despois un SEAT 600 podendo así ampliar as súas actuacións

pola zona do Valadouro.

Despois de casar trasládase a vivir ó lugar da Ribeira en Villapol (Lourenzá) e cando o seu fillo aínda

é pequeno recibe a notificación para participar na Guerra Civil.

Rematada a guerra comeza a tocar na Orquesta Lorenzana e despois continúa a súa traxectoria musical

formando parte de Ibérica, Los Rumberos e Los Villas de Vilanova de Lourenzá e Os Beni de Romariz,

coñecidos tamén polo curioso nome de Os cachelos.

O longo da súa vida tivo varios acordeóns, o primeiro era un de

dous teclados, despois mercou un da marca italiana Guerrini e xa

por último un acordeón-piano.

José Rico morre no lugar da Ribeira, onde residía no ano 1.980

debido a unha grave enfermidade do corazón.

O seu fillo José Ramón Rico recibe clases de música na vila de

Lourenzá e posteriormente en Mondoñedo, tocando despois o

saxofón na orquestra de Vidarte e formando parte, xunto co seu

pai, de Los Rumberos e Los Villas.

Outras orquestras nas que tocou son Marina Show de Bretoña, Doble

Sonido, Royal-5, Superstar e Metropol. Tamén foi músico da Banda

de Música Pascual Veiga de Mondoñedo a finais dos anos oitenta.

O fillo de José Ramón, Lino Rico, actualmente é profesor de piano

e acordeón no conservatorio de Viveiro, continuando así a tradición

musical da familia.

José Rico López, O Peto

A música en Mondoñedo

JOSÉ RAMÓN RICO

O ACORDEONISTA JOSÉ RICO

Page 93: A Música en Mondoñedo

Vicente Villalba Maseda nace en Mondoñedo

no lugar de Grove, parroquia de Sta. Mª de

Vilamor, no ano 1.910.

Perde a vista de neno despois de sufrir un

desgraciado accidente ó estouparlle un barreno

que encontra cando xoga polas canteiras de

As Pedreiras en Vilamor. A pesar de ser

trasladado á un hospital da Coruña non se

pode facer nada por conservarlle a vista.

Despois desto suponse que ingresa nun colexio

de cegos posto que ademais de escribir e ler

braille dispón duns coñecementos culturais

aceptables e aprende a tocar o acordeón.

A pesar de carecer do sentido da vista desenvólvese perfectamente levando a pacer o gando ó monte,

transportando auga desde a fonte para a casa, ademais de realizar algunhas tarefas domésticas.

Comeza a tocar o acordeón pola bisbarra coincidindo nalgunhas ocasións co Praviano, que despois

chegaría a ser o seu acompañante durante varios anos nas xiras que realiza cantando e vendendo

coplas. Posteriormente casa coa nai deste último na Igrexa parroquial do Carme de Mondoñedo fixando

a súa residencia no barrio das Abidueiras. Máis adiante trasládanse a vivir ó lugar de San Pedro da

Torre.

Mantén unha boa amizade co cego de Viloalle, coincidindo con

el nalgúns lugares de Galicia durante as súas xiras.

O día 6 de Xulio do 1.955 ingresa na Organización Nacional

de Cegos pero como non lle fai moita gracia o de vender os

cupóns segue exercendo a profesión musical tocando o acordeón

polas vilas e pobos da bisbarra.

Uns anos despois trasládanse a vivir a vila de Ribadeo e continua

tocando polas feiras e festas da comarca acompañado pola

súa dona. Tamén ten por costume tocar ás portas das igrexas

cando entra e sae a xente da misa.

Nos últimos anos volve a Mondoñedo residindo coa familia da

súa dona no Coto de Outeiro ata que o día 29 de Outubro do

ano 1.985 morre tres días despois de sufrir un infarto.

O cego de Grove

A música en Mondoñedo

AS PORTAS DA IGREXA

VICENTE E A SÚA DONA

Page 94: A Música en Mondoñedo

Celestino Chao López nace no ano 1.914, no lugar de Xastoso,

pertencente á parroquia de Santiago de Mondoñedo.

Desde moi novo sinte unha grande afección pola música, sendo

o acordeón o instrumento que máis atrae a súa atención.

Despois de licenciarse do servicio militar, polo ano 1.936 é

mobilizado para participar na Guerra Civil.

Unha vez rematada esta comeza a recibir instrucción no manexo

do acordeón da man de Xosé Antonio Pardo, da familia dos

Xanpardos do Vilar.

Dedícase a ensaiar toda a semana polas noites incluíndo os

domingos, xa que polo día había que traballar nas faenas do campo

e domésticas, e o tempo non daba para máis. Pouco a pouco e

sen ter coñecementos musicais vai aprendendo, chegando a acadar

un bo nivel no manexo do instrumento.

Ameniza os carnavais da parroquia de Argomoso durante vintesete anos. Tamén toca en Lindín,

Cadavedo, Lagoa, Sasdónigas, Lousada, San Vicente e Sopena, principalmente nas fías e foliadas como

a que ten lugar no fiadeiro de Pousalido, e ademais toca nalgunhas festas populares da bisbarra.

O tempo das actuacións que realiza ten unha duración dunhas catro horas, tocando desde as cinco

do serán ata as nove da noite. Algunha vez deixa de asistir a

algunha por ser requirida a súa presencia ata altas horas da

madrugada.

Entre as pezas que compoñen o seu repertorio destacan algunhas

como o Pasodoble Marcial, Doce cascabeles, Manolo mío e a

popular Carmiña, Carmela.

O acordeón no que toca durante uns trinta e cinco anos mércao

na Coruña, e cando deixa de tocalo véndello a uns veciños da

Valiña.

Actualmente reside na rúa da Rigueira en Mondoñedo, fora de

toda actividade musical. Lonxe quedan os tempos en que as

xentes despois do traballo se xuntaban a cantar e bailar as ledas

melodías que Celestino tocaba.

Celestino de Xastoso

A música en Mondoñedo

CELESTINO CHAO, 87 ANOS

FIADEIRO DE POUSALIDO

Page 95: A Música en Mondoñedo

Anque o acordeón e un instrumento procedente doutras terras,

tamén acabou asentando raíces en Galicia, onde foi acollido polas

xentes, se cadra cando escoitaron saír del as ledas notas dun

pasodobre ou quizais dunha muiñeira. E hoxe en día xa forma parte

do noso folclore.

Santiago Doural García nace no barrio de Maariz pertencente ao

Concello de Mondoñedo, no ano 1922.

Desde moi novo ten afección pola música e aprende a tocar o

acordeón con Manuel Ledo, o Pallarego.

O primeiro acordeón que posúe ven por encargo de Hernani, no

Pais Vasco, terra de moi bos acordeonistas.

Santiago comeza a tocar nas fías que teñen lugar nos fiadeiros,

lugares onde se xuntan as xentes do lugar nas longas noites de

inverno para fiar e contar contos, rematando cun baile que dura

ata a media noite.

Polas festas de San Vicente tamén era costume que velo tocar algunhas pezas para os veciños da

parroquia, sendo ademais contratado para amenizar moitas das festas que se celebran pola zona como

as de Zóñan, Cesuras, Sasdónigas, Argomoso, Maariz e Galgao.

Durante a súa vida traballa de labrego, carpinteiro e por suposto como músico, anque o da música

máis que un traballo debía ser para el un pasatempo pois contan que ademais tocaba moitas veces

para os amigos que se xuntaban diante da súa porta para escoitar as ledas melodías que saían do seu

acordeón.

Outra das afeccións de Santiago é a caza,

dedicándolle unha parte do pouco tempo que lle

queda libre. Os días festivos cando non ten que tocar

colle a escopeta que garda a carón da xanela da

súa habitación e marcha polo monte adiante en

solitario ata que chega o serán, sempre acompañado

polo seu can Pirri.

Morre en Agosto do 1.988 no lugar de O Pedroso

na parroquia de San Vicente. cando contaba con

66 anos de idade.

O acordeón e a escopeta aínda hoxe consérvanse

na casa do seu fillo Guillermo no lugar de Vicos

en Galgao (Abadín).

Santiago Doural

SANTIAGO AMENIZANDO UNHA FESTA FAMILIAR

SANTIAGO DOURAL

A música en Mondoñedo

Page 96: A Música en Mondoñedo

Emilio López Villaverde nace o 13 de Setembro do ano 1.923

en San Vicente de Reigosa na Pastoriza. O sobrenome de O

Turuta procede dun irmán que tocaba a corneta no servicio

militar.

Toca o acordeón sen ter coñecementos de música e ó mesmo

tempo acompaña as melodías valéndose dun aparello de

madeira moi curioso, cando o pisa fai sonar o bombo e ó soltar

o pé fai sonar os platillos, pódese dicir que O Turuta é un

auténtico home-orquestra. Tamén manexa con moita destreza

a pandeireta.

De novo comeza a percorrer os pobos da zona co seu acordeón

tocando nas fías, festas e bailes onde é contratado. Algunhas

veces tarda entre dúas e tres semanas en volver á casa,

chegando a tocar nalgunhas ocasións polas terras da

Fonsagrada.

Un dos lugares onde ameniza os bailes é no Salón Falcón de

Bretoña. Chega a acadar un bo nivel no manexo do acordeón

aínda que non lle dedicaba moito tempo os ensaios.

Pouco tempo despois de casar, cando os seus fillos aínda eran pequenos, trasládase a Mondoñedo

residindo no barrio dos Muíños de Abaixo onde continúa a súa afección pola música ata os últimos

días. Xa instalado en Mondoñedo chámano para tocar nas fías que se realizan pola zona, como son

as de Zoñán, Cesuras, Argomoso e Maariz. Os desprazamentos para ir a tocar realízaos montado nun

burro ou nun cabalo que tiran dalgún dos carros que posúe.

Na aira de Remedios Varela en Maariz toca durante moitos anos e tamén na taberna de Jaime García,

onde realiza o número especial de tocar o acordeón por detrás da cabeza acadando os aplausos das

xentes que acoden a velo. Outro dos lugares onde toca é na Casa de Santiago do Filliño en Maariz, onde

se celebran fías de moita sona.

Un ano polas festas do antroido é contratado para actuar en Bretoña a onde se despraza acompañado

polo mindoniense Albino Leiras, veciño do Río de Sixto, que rasca na guitarra. Outro mindoniense que

toca a guitarra con el nalgunhas ocasións é José Insua, veciño do Couto de Outeiro coñecido como

Pepucho do Mouro. Tamén realiza unha xira pola zona da Ribeira de Piquín facendo un dúo con Vicente

veciño do lugar de Vigo (Mondoñedo) que toca o acordeón. Outro dos lugares onde toca con frecuencia

é diante da caseta dos peóns camiñeiros na parroquia de San Vicente e tamén ten tocado o acordeón

polas festas de San Pedro da Torre en Mondoñedo.

Emilio López morre no mes de Marzo do ano 1.973 no barrio dos Muíños de Abaixo en Mondoñedo.

Actualmente a súa neta Silvia continúa a tradicción musical da familia formando parte da orquestra

Nueva Generación de Viveiro e convertida nunha das mellores voces do actual panorama musical galego.

Emilio López, O Turuta

A música en Mondoñedo

EMILIO LÓPEZ NO SEU CABALO

Page 97: A Música en Mondoñedo

José María Gómez Fernández, coñecido tamén

como O Praviano, nace en Vilaodriz, no Concello

da Pontenova, no ano 1.928 aínda que despois

fixa a súa residencia en Mondoñedo.

Aprende a tocar as primeiras melodías nunha

frauta que constrúe el mesmo con madeira de

bieiteiro.

Cando ten pouco máis de vinte anos comeza

a tocar o acordeón de oído na súa casa.

Algunhas veces mentres realiza a tarefa de

levar as vacas ó prado aproveita para ensaiar.

Ademais de tocar o acordeón tamén aprende

a tocar a gaita e a redobrar na caixa.

Posteriormente comeza a tocar nas ruadas das

aldeas, nas fías da zona e polas festas do entroido, tocando tamén nalgunhas das festas das que se

celebran por toda a comarca.

Nalgunha ocasión ten tocado a dúo co Turuta dos Muíños, chegando a realizar unha xira os dous xuntos

pola zona da Ribeira de Piquín.

Despois dedícase á música no sentido profesional comezando a tocar por tódalas feiras da provincia

como as de Gontán, Meira e Viveiro entre outras. Pouco tempo despois de casar é acompañado nas

xiras pola súa dona que tamén colabora cantando e vendendo as coplas.

Xuntos percorren as catro provincias galegas ademais de León e Asturias. Toca tamén nas Pontes de

García Rodríguez, Betanzos, Xinzo de Limia, Verín, Benvibre, Ponferrada, Pontevedra, A Estrada e

noutras moitas vilas e cidades máis. Para os seus desprazamentos utilizan os autobuses do mercado

e nalgunhas ocasións tamén viaxan no tren.

Para realizar as xiras dividen o ano en dúas etapas, a primeira comeza antes das festas do Nadal e

finaliza polas festas do entroido, cando chega a cuarentena e non se poden facer bailes. A segunda

etapa comeza unha vez rematada a Semana Santa chegando ata finais de Setembro que é a temporada

en que remata a vendima na provincia de Ourense. As coplas son encargadas na Imprenta Paredes de

Pontevedra.

José María chega a ter varios acordeóns e gaitas ao longo do seu camiño musical. Nos últimos anos

da súa vida dedícase á venta de roupa polos mercados da bisbarra. Morre de repente na súa casa do

Couto de Outeiro o día 26 de Novembro do ano 1.994.

Jose Mª Gómez, O Praviano

A música en Mondoñedo

JOSE MARÍA E A SUA MULLER VENDENDO AS COPLAS

Page 98: A Música en Mondoñedo

Certo é que os cegos tiveron a súa importancia a nivel social na Galicia de hai non moitos anos tocando

e cantando polas rúas de tantos pobos e vilas. Ademais de interpretar calquera tipo de temas (valses,

xotas, muiñeiras, polcas, mazurcas...) o máis propio deles eran os cantares de cego que podían tratar

de críticas sociais, romances ou todo tipo de sucesos tráxicos como crimes, asasinatos, desastres

naturais e outros.

A Pachacha é unha cega do Couto de Outeiro, na terra de Mondoñedo, que toca o violín en moitas das

festas e romarías que se celebran na bisbarra aló polo século dezanove. Tamén leva a súa música

durante moitos anos por outros pobos da Galicia chegando a tocar nas provincias de León, Asturias,

as dúas Castelas e o Norte de Portugal.

Unha das festas nas que toca é a do San Ramón, na parroquia de Viloalle, en 1.869 onde tamén esta

contratado o Gaiteiro de Zoñán, dividíndose as xentes en dous grupos, namentres o gaiteiro acompañado

polo bombo e redobrante toca as muiñeiras, os fandangos e os zapateados no lugar da festa, a cega

toca ó pé do río onde se xuntan os partidarios dos bailes agarradiños. Un dos temas que toca no violín

é a peza popular Me gustan todas.

Ten unha criada chamada Toña, natural da parroquia de Labrada que ademais é costureira, bota a

peneira, levanta de palabra a espiñela e sabe moitos cantares, adiviñas, contos populares e romances,

entre eles o de Delgadiña.

Posteriormente o violín da Pachacha vai parar á familia do que fora tenor e violinista da Catedral Enrique

Iglesias, que toca nel desde os doce anos.

A Pachacha

A música en Mondoñedo

¡Delgadiña, delgadiña,delgada da miña ialma!Pilláime a esa traidora,pilláime a esa malvada.Cerrádema nunha sala,con siete llaves cerradaQuitáronlle o viño,quitáronlle a iauga,i a comer lle dabantouciño i vaca salada.Delgadiña coa sedese asomó a una ventana,víra vir a sus hermanasa la fuente catar agua...

CEGA TOCANDO O VIOLÍN

Page 99: A Música en Mondoñedo

O seu verdadeiro nome é Benigno Soto Pajón. Nace en Ourol (Viveiro) no ano 1.877. Aprende a tocar

o violín e comeza a tocar nos derradeiros anos do século dezanove. Mais adiante contrae nupcias con

Maripepa Carvajal fixando a súa residencia en Mondoñedo, no lugar de Rego de Cás pertencente a

parroquia dos Remedios, froito do seu matrimonio nacen os fillos Jesús, Josefa, Nieves e José.

Ensaia nun corredor de madeira que hai na súa casa, situada na beira da estrada que vai a Zoñán. Os

veciños e os nenos do lugar xúntanse diante da súa porta para escoitalo.

Chega a manexar o violín con moita mestría e forma un dúo co seu veciño José das Montañesas, que

toca nun bombo de reducidas dimensións. Xuntos tocan nos bailes que se celebran polas vilas de

Romariz, Labrada, Espiñarcao, San Vicente, Galgao, Bretoña, Sta. María Maior, Trabada, chegando

algunhas veces a amenizar festas pola comarca da Terra Cha. Durante certo tempo tamén o acompaña

a súa filla Josefa.

Cando saen de xira soben polo camiño da Infesta acompañados dun burro que levan para o transporte

dos instrumentos e despois de permanecer entre 15 e 30 días tocando fora das casas, cando regresan

traen o animal cargado con diversos alimentos (carnes, ovos, patacas, chourizos...) que lles dan nos

lugares onde tocan, tamén xuntan algúns cartos que recadados nos bailes, onde cada un dos asistentes

aporta o que pode.

Contan que nalgunha ocasión encontrase co lobo cando

atravesan a montaña, pero Benigno di:... con dous golpes de

bombo o lobo asustase e bota a correr, e tamén opina que: ...é

mellor ter ó lobo de compañeiro que a un mal home. Segundo

contan os veciños do lugar O Roso é un home alegre e ten fama

de ser un bo contador de contos.

Benigno ademais de tocar ben tamén canta e presume de ter

unha boa voz. Na maior parte dos lugares onde toca sempre

hai unha casa onde comer e durmir por conta dos veciños.

No inverno cando chega a estación da matanza dos porcos

toca polas casas de Cesuras, Zoñán e Pelourín onde se celebran

as tradicionais comidas e ceas dos callos.

Morre viúvo cando conta coa idade de 72 anos, o día 26 de

Abril de 1.949. O seu fillo Jesús Soto Carvajal continúa a

tradición familiar tocando o violín durante uns anos ata que

emigra a Cuba, aínda que uns anos despois ó regresar a

Mondoñedo volve a tocalo de novo.

Benigno Soto, O Roso

A música en Mondoñedo

CRUCEIRO NO LUGAR DE "REGO DE CÁS"

Page 100: A Música en Mondoñedo

Outro dos músicos da zona de Mondoñedo que

percorría vilas e cidades cantando as coplas e

tocando o violín, na primeira metade do século,

era Antonio Lexide Fernández, o Cego de Viloalle.

Nace o 9 de Xaneiro do 1.895 en Millarado, na

parroquia de Viloalle.

A enfermidade da viruela prívao da vista cando

só ten oito anos, ingresando despois nun colexio

en Compostela onde aprende a tocar o violín. De

volta a Mondoñedo comeza a frecuentar as feiras

dos arredores tocando e vendendo coplas

acompañado polos seus irmáns Ramón e Marcial,

máis adiante pola súa muller, e despois pola súa filla Sabina, que vai con el desde pequena e as veces

canta algunha copla mentres Antón toca o violín e faille os coros. Durante un tempo tamén toca con

el o seu sobriño Rafael.

É fácil velo nas San Lucas vendendo os panfletos do último crime, ou preparando o arco para interpretarlle

as xentes que veñen de toda a zona o romance máis espectacular da temporada. Pode presumir de

ser amigo do ilustre escritor Alvaro Cunqueiro, a quén tantas veces acode para que lle amañe as coplas

dos acontecementos, a maior parte delas están baseadas en feitos reais. Tamén interpreta outro tipo

de pezas entre as que destacan algúns cuplés.

Tódolos anos realiza unha xira que comeza pasado o

carnaval e remata pola festa do San Xoán. Percorrendo

as catro provincias galegas, León e Asturias e chegando

ata Medina de Rioseco onde para polo San Isidro.

Antón sempre esta de bo humor, o pitillo entre os beizos

é algo que non lle pode faltar. Contan que chega a ter

problemas cos familiares de acusados en certos delictos,

os cales se opoñen á venta e canto das coplas. Moitas delas

son sacadas do semanario El Caso, diario famoso na época

por relatar todo tipo de crimes. Entre as cantigas que

interpreta Antón encontramos Romance de las dos gemelas,

Cuatro niños envenenados, Vinde mociños e mozas, Carta de

Pepe a Rosa e A tola de Cangas de Onís (que quixo comer ó

seu home pola noite, morrendo desangrado).

Morreu no lugar de A Cabana na parroquia de Viloalle, o

día 30 de Abril do ano 1.976.

O Cego de Viloalle

A música en Mondoñedo

VENDENDO AS COPLAS

ANTÓN E SABINA

Page 101: A Música en Mondoñedo

Eladio Fernández Rodríguez nace en Aldixe, parroquia do Concello

de Abadín, en Decembro do ano 1.927.

De neno ingresa como interno nun colexio de cegos en Santiago

de Compostela, onde aprende Cultura Xeral e tamén a escribir

e ler braille.

Ademais complementa os seus estudios aprendendo a tocar varios

instrumentos: violín, acordeón e gaita, tamén chega a ter uns

platillos e un bombo.

De novo toca nas foliadas e nas fías que se celebran polas aldeas

dos Concellos de Abadín, Vilalba e Mondoñedo.

Nalgunhas ocasións tamén toca pola festa do entroido na parroquia

de San Vicente, onde ten lugar unha curiosa competición entre

os veciños que consiste en ver quén aguanta máis bailando A

Raspita.

Despois de casar dedícase a cantar e vender Coplas de Cego polas feiras de Gontán, Vilalba, Meira,

Cospeito e outras da comarca.

No ano 1.963 trasládase a Mondoñedo, residindo primeiro no barrio do Pasatempo e despois nos

Muíños de Arriba. Nesa época abandona a súa labor musical e comeza a traballar como vendedor de

loterías na cidade, anque nalgunhas das festas que se celebran, animado polos veciños e amigos, colle

o violín ou a gaita para interpretarlles unhas melodías. Algúns aínda o lembran tocando no Folión dos

Muíños pola noite de San Xoán ou na festa do San Pedro da Fonte Vella e tamén nalgunha casa particular

da Rúa Méndez Núñez.

Cando a súa muller Matilde morre,

Eladio fixa a residencia na Coruña,

onde segue vendendo lotería.

Xa nos últimos anos intentan que

actúe para a televisión de Galicia no

programa Luar, aínda que el denega

a invitación.

Morre na Coruña o día 6 de Xaneiro

do ano 2.000. O acordeón, o bombo

e os platillos que posuía foron vendidos

a outro músico mindoniense, e a súa

gaita e mailo violín consérvanse na

casa dun familiar.

O Cego dos Muíños

ACOMPAÑADO POR ARAUJO NO ACORDEÓN

ELADIO TOCANDO O VIOLÍN

A música en Mondoñedo

Page 102: A Música en Mondoñedo

Leverelen, carneiro d'a choca,Leverelen, n-a Pena da Roca,Leverelen, ¿Quén vai co-as ovellas?Leverelen, San Antoño entre elas.Leverelen, mandal-o criado.Leverelen, é mal mandado.Leverelen, mandal-a criada.Leverelen, é mal mandada.Leverelen, mandal-a cadela.Leverelen, marchou pra Burela.Leverelen, ¿Qué vai a catar?Leverelen, unha carga de sal.Leverelen, ¿Pra qui-e o sal?Leverelen, pr'as sopas d'as vellas.Leverelen, ¿Pr'a que son as vellas?Leverelen, pr'a mondal-o millo.Leverelen, ¿Pr'a qui-e o millo?Leverelen, pr'os pitiños novos.Leverelen, ¿Pr'a que son os ovos?Leverelen, pr'os creguiños novos.Leverelen, ¿Pr'a que son os cregos?Leverelen, pr'a decil-a misa.Leverelen, ¿Pr'a qui-e a misa?Leverelen, pr'a alabar a Dios.E vaite con Dios.

A música en Mondoñedo

Recollida por Eduardo Lence Santaren Tronceda a primeiros de século

Muiñeira Popular

Page 103: A Música en Mondoñedo

A primeiros de século nas terras de Mondoñedo facían

gaitas Antón de Vicente de San Lázaro e Val de San

Martiño dos Cucos, ademais pola zona tamén había

outros constructores como José Fortes Portela e

Arturo Parga de Abeledo (Abadín), Venancio de

Rigueira (Lagoa), Gabín de Crecente (Pastoriza) e

Misen do Rapeto de Carballido (Alfoz).

A maior parte das gaitas que se tocaban na bisbarra

eran de buxo, aínda que tamén se facían algunhas

de esvedro, de teixo e de oliveira. As palletas facíanse

de cana macho que é a que ten os nós máis mestos.

Os mellores foles eran os de pel de ovella ou de carneiro, curtidos con fermento, auga quente e sal

ou con cebola picada, manteiga crúa e auga quente.

Para curtilas deixábanse dous días no esterco das vacas ou dos bois ou catro días enriba dunha táboa.

Despois sacábaselles a la, enchíanse de palla ou de herba e finalmente colgábanse para un perfecto

secado. A maior parte das gaitas da zona de Mondoñedo eran grileiras.

O pandeiro de Zoñán, Estelo e Tronceda o mesmo que os de Romariz, Labrada e Montouto era redondo,

cuberto de pel de ovella ou de carneiro. O pandeiro da

zona de Viloalle era cadrado o mesmo que os de Riotorto,

Val de Lourenzá e Pastoriza, e tiña dentro unha ou dúas

campaíñas e dúas cordas de guitarra, cuberto tamén de

pel de ovella ou de carneiro.

Algúns dos que tocaban no pandeiro pola zona de

Mondoñedo eran o tío Xan de VIvá (Viloalle) e os da casa

de Rubiños en Zoñán.

Facían pandeiros na zona de Mondoñedo o Berbés veciño

de Viloalle e Cesareo Losada veciño da rúa Méndez Núñez.

Este último tamén facía pandeiretas, peneiras e barquillos,

que vendía polas feiras dos arredores.

Os instrumentos tradicionais en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

PANDEIROS CADRADOS

PANDEIRAS (PANDEIROS REDONDOS)

Page 104: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

ACORDEÓN PROCEDENTE DE CUBAQUE FOI RECOLLIDO EN MONDOÑEDO

OCARINA E REQUINTA QUE PERTENCERAN A JOSÉ CHAO LÓPEZGAITEIRO DE SAN VICENTE

Page 105: A Música en Mondoñedo

Ao longo de moitos anos os veciños de Cesuras reúnense para realizar as fías en diversos lugares.

Ao pé da Casa do Valeco (Pacios de Abaixo), no lugar coñecido polo nome de Naquel cabo, na Cuadra

da Santa, na beira da estrada ou na Aira de Roque son algúns dos lugares onde se celebran as fías máis

concorridas da comarca.

O poeta Noriega Varela no seu poema De Ruada falando das fías que alí se celebran a finais do século

dezanove conta que os martes e xoves toca o frauteiro e que alí acoden xentes de tódalas clases, mozos,

vellos, militares, poetas, habaneiros e madrileños. Ademais de gozar, baixo a luz do candil, da música

e do baile que en moitas ocasións é amenizado polo carismático gaiteiro de Zoñán, tamén se contan

contos, lendas e historias de moi diversos temas (a guerra, os mouros, o demo, a santa compaña, o

mal de ollo, as fachas).

Na primeira metade do século vinte as fías teñen lugar principalmente os mércores e os sábados, no

tempo do entroido tamén acoden mazcaras e algúns domingos organízanse festas. A Cesuras veñen

xentes da cidade, das Curuxeiras, Zoñán, Valiño, Pumariño, Pelourín e moitos lugares máis. Os sábados

a música dura ata as tres da madrugada e os mércores as xentes recóllense máis cedo posto que ao

día seguinte hai que madrugar de novo para traballar.

Por esta época ademais dos gaiteiros, violinistas e acordeonistas que acoden a tocar a elas tamén

animan os bailes un grupo de boas pandereiteiras entre as que se encontran Esperanza Doural, Manuela

e Pilar Fanego, Josefa Crespo (a Estanqueira), Manuela Ledo e Concha Díaz (de Ramoneiro), tamén toca

con elas un pandereiteiro incansable chamado Luís Fernández (de Caseiro).

Por alí pasan a maior parte dos músicos da zona, O Roso (violín), O Valeco (acordeón), Santiago Doural

(acordeón), Ramiro Botana (gaita), Rubal (acordeón) e Pablo de Valiño (acordeón) entre outros.

As fías de Cesuras

A música en Mondoñedo

Unha noite de inverno das máis escuras

tentoume seique o demo de ir a Cesuras

por mor dunha rapaza máis feiticeira,

que as froliñas que nascen na primaveira.

...........................

cheguei á Margarida, brinquei o río

e seguín cara adiantre, sin medo ó frio.

...........................

Onda ás casas pareime xunta dun carro,

arrimeime a unha roda, piquei cigarro,

e buscando o librillo pola chaqueta

ouvín o ruxe-ruxe da pandeireta

pois pretiño, moi preto, de donde estaba

o bodego da fía de alí cadraba.

............................

Page 106: A Música en Mondoñedo

Na parroquia de San Vicente, pertencente ó Concello de Mondoñedo,

entre os lugares de O Carballo e O Combarro encontrase O Espiño,

un espacio grande que está situado nun cruce onde se xuntan catro

camiños.

Rematada a Guerra Civil este era un dos lugares onde se celebraban

as fías e foliadas máis animadas de toda a parroquia. Unha vez

rematada a faena do día xuntábanse alí os veciños e ao son dun

grupo de pandereiteiras cantaban e bailaban sen parar. Ao abrigo

dos loureiros, coa luz da lúa e dos pitillos dos homes, que calzaban

zocos de madeira a maior parte deles, comezaba a foliada coa

chegada do solpor e non remataba ata a media noite.

O grupo de pandereiteiras que tocaban estaba composto por Trinidad

García, Leonor (A Xastosa) e Aurora García (A Meilana). Ademais de

tocar nas pandeiretas tamén tiñan fama de cantar ben. As xentes

quedaban engaioladas cando as escoitaban cantar pola parroquia mentres realizaban o segado e

mondado do trigo, o sachado do millo ou a recollida da herba verde para o gando.

No Espiño tamén se facían as fogueiras do San Xoán, aínda que sempre había problemas para xuntar

os cueiros, xa que a maior parte deles picábanos para o lume os seus donos.

A estas foliadas viñan xentes de Sasdónigas, Maariz, Vicos, Samordás, Invernegas, Quende, A Ribeira

e moitos lugares máis. Alí realizábase un sorteo que consistía en escribir e meter nunha saqueta os

nomes dos homes que asistían á festa e noutra os nomes das mulleres, a continuación sacábase un

de cada e formábanse as parellas para o baile. Non podían entrar no sorteo as persoas casadas, aínda

que algún se lle deixaran seguro que entraba de boa gana, e tamén podía resultar que algún vello

solteiro resultara agraciado cunha rapaza nova, armándose un gran alboroto entre as xentes que

participaban na festa.

Facíanse rifas para sortear caramelos, bolos de pan e saquetas de peras e vendíanse por dúas perras

gordas.

Nalgunha ocasión estas foliadas foron amenizadas polo acordeón de Santiago Doural e tamén teñen

tocado alí os gaiteiros Manolo de Chao, Marcelino de Pedro e Alfonso do Zulo.

Pola Semana Santa estaban prohibidas as foliadas e algunha vez tivo que acudir a parella da Garda

Civil para que non se realizaran.

As foliadas do Espiño

A música en Mondoñedo

A PANDEREITEIRA TRINIDAD GARCÍA

Page 107: A Música en Mondoñedo

A mediados do século vinte as xentes da parroquia de Zoñán

xuntábanse nun lugar chamado O Campo para realizar as fías.

Había dous locais que se encontraban no mesmo lugar separados

por un camiño, un era propiedade de Justo Carreiras e outro

de Remedios Oseira, preparábanse para celebrar as fías limpando

o chan, que estaba cuberto de terra, cunhas vasoiras de ramas

e colocando unhas táboas de madeira polas paredes que eran

utilizadas polos asistentes como bancos para sentarse.

A iluminación dos recintos facíase cun candil de carburo ata

finais dos anos cincuenta cando nas últimas fías xa se dispoñía

de luz eléctrica. Por aquelas datas o veciño de Zoñán Jorge

Candia Rubiños encargábase de colocar unha pequena taberna

dentro do local, onde podían repoñer forzas os asistentes aos

bailes. Nun dos locais case sempre tocaba un gaiteiro e no

outro un acordeonista. As fías comezaban dúas ou tres semanas

antes da festa do entroido e celebrábanse os mércores e os

sábados. Tamén se aproveitaban os locais para celebrar outras

festas os domingos.

Cando remataba a fía, despois de cear os mozos xuntábanse arredor do local e comezaba o baile que

duraba ata as dúas da madrugada e en ocasións sinaladas era amenizado polo violín de Benigno Soto

mais coñecido polo sobrenome de O Roso.

As fías de Zoñán eran de moita sona pois a parroquia tiña fama de boas mozas, viñan a elas mozos

da zona de Mondoñedo e de toda a súa bisbarra. Os músicos que tocaban nas fías cobraban pola súa

actuación o que se lograba recadar entre os asistentes ao baile, aportando cada un o que podía. Nos

anos corenta a cantidade de cinco pesetas por actuación para o músico xa supoñía un bo día.

Algúns dos músicos da zona de Mondoñedo que tocaron en Zoñán foron os acordeonistas Pablo do

Neno, O Turuta e Santiago Doural, os gaiteiros Ramón de Estelo, Xóxaras e o gaiteiro de Zoñán ademais

do violinista de sona Benigno Soto.

Un ano cando estaba tocando o gaiteiro Ramón de Estelo acompañado ao bombo por Patricio de Xan

do Campo contan que este último deulle un golpe tan forte ao instrumento que o mazo atravesou o

coiro do mesmo. Pódese asegurar que aquela peza foi ben cargada de bombo.

O entroido tamén era moi celebrado no lugar, as xentes disfrazábanse xa unha semana antes e o martes

de Carnaval tiña lugar a Gran Rumbada, nese día comezaba a festa despois do xantar. Os homes e

mulleres que percorrían os camiños disfrazados e acompañados de gaitas e botas de viño tiñan que

ir acompañados polo respaldeiro, sendo este o encargado de responder por todos os que levaban a cara

tapada.

As fías e o Entroido de Zoñán

A música en Mondoñedo

RECINTO ONDE SE CELEBRABAN AS FÍAS

Page 108: A Música en Mondoñedo

Arredor dos anos trinta do século vinte na parroquia de Sta. María

Maior había un grupo de pandereiteiras que tocaban os domingos

nas airas, nas fías e tamén nalgúns bodegos do lugar.

As fías, que se realizaban nas cortes do gando, comezaban polas

catro da tarde e dábaselles a cea ás fiadoras. Algunhas mulleres

fiaban nas súas casas e despois levaban o material preparado ós

fiadeiros que tiñan lugar nas casas onde se cultivaba o liño.

Cando se celebraba unha fía corríase a voz pola zona para que

asistiran as xentes. Polas doce e media da noite parábase de fiar

e comezaba o baile, permitíndoselle a entrada ós homes.

As fías de Santa María Maior tiveron moita sona acudindo a elas

rapaces doutros lugares como Sopena, Argomoso, Lindín ou

Cadavedo.

A maior parte das veces tocaban e cantaban as pandereiteiras

entre as que se encontraban as veciñas da parroquia María Gruñeiro, Balbina de Maseda, María Méndez,

Clara de Baltasar e Amadora Saavedra que tiñan fama de tocar ben na pandeireta. Nalgunhas ocasións

contratábase ós gaiteiros da Quintá, os irmáns Antonio e Samuel Pértega Rodríguez, que amenizaban

o baile interpretando xotas, valses e muiñeiras, sendo acompañados polas pandereiteiras.

Cando remataban as fías quedaban as cortes trilladas de bailar e troular ao son das gaitas e das

pandeiretas. Algunhas das coplas que se cantaban nelas foron recollidas de María Méndez que na

actualidade conta con 82 anos e son as seguintes:

Pandereiteiras de Sta Mª Maior

A música en Mondoñedo

MARÍA MÉNDEZ, 82 ANOS

A Pandereta non toca

porque lle doe a barriga,

hai que lle dar chiculate

como a unha muller parida.

Pensas que che quero ben

porque me río pra ti,

Ai se Dios me faiga ben

me estou burlando de ti.

Se queres que veña a verte

de noite polo luar

has prender a cadeliña

que non fai máis que ladrar.

Moito che quero escopeta

porque es miña encubridora,

pensan que veño de caza

e veño de vela novia.

Vilalba corral de vacas,

Mondoñedo de cabritos,

Vilanova de embusteros,

que tres pobos máis bonitos.

Adiós Mondoñedo, adiós,

as costas che vou virando,

ventanas e corredores

todas me quedan mirando.

Page 109: A Música en Mondoñedo

No comezo do século vinte a parroquia de Lindín, no Concello de Mondoñedo, é unha das poucas que

poden presumir de ter unha pequena banda de música.

José Barreira Seivane, Ramón Barreira Reigosa, José Alvite, Manuel Ferreira e José Ferreira Fernández

son algúns dos músicos que dirixidos por José Martinez de Narciso forman a Banda de Música de Lindín

encargándose de amenizar as festas e bailes que se celebran por toda a zona.

Algúns dos compoñentes da agrupación müsical tamén se encargan de participar nas procesións e

outras celebracións relixiosas da parroquia. José Martinez e Ramón Barreira tocan nalgunha ocasión

os enterros cos seus bombardinos e Manuel Ferreira toca a gaita e canta nas misas xunto con José

Ferreira que o acompaña redobrando na caixa ou tocando o acordeón.

As foliadas e gaitadas que se celebran os días festivos en diversos lugares da parroquia son amenizadas

a maior parte das veces por grupos de mulleres que cantan e tocan nas pandeiretas. En ocasións tamén

é contratado un gaiteiro ou un acordeonista.

O mesmo que noutros lugares da bisbarra mindoniense a festa do entroido en Lindín tamén ten a súa

importancia. Nos carnavais dos anos 1.930 e 1.931 un grupo de veciños da parroquia xúntase para

formar unha rondalla e amenizar as festas.

Esta agrupación musical bautizada co nome de Os Entusiastas de Lindín leva as cores da bandeira galega

no seu estandarte e nas boinas de cada un dos membros que a compoñen. Ademais de cantar as

coplas que compoñen por toda a parroquia alugan un autocar dos Hermanos Verdegas para desprazarse

a Gontán, San Miguel de Reinante, Ribadeo, Mondoñedo e Vegadeo.

A música en Lindín

A música en Mondoñedo

RONDALLA "OS ENTUSIASTAS" DE LINDÍN

Moi boas tardes mociñas

nos somos os dos mais anos

con gana de divertirnos

volvemos a visitalos.

... ... ... ... ... ...

Nesta terra os de Lindín

quizaves naide os conoce

pois asi eu medre e luza

somo-los que vimos hoxe.

... ... ... ... ... ...

Polos seus procedementos

non lles daremo-las gracias

si un día van por Lindín

confien nos Entusiastas.

Page 110: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

CARROZA DOS MESTRES DO PARTIDO

NENOS DA ESCOLA DE ZÓÑAN

Festa do Árbol, ano 1.927

Page 111: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Festa dos Maios

NENOS DO COLEXIO "ALVARO CUNQUEIRO". FESTA DOS MAIOS, 2.001

CORO INFANTIL DA RONDALLA "O ECO". FESTA DOS MAIOS, 1.933

Page 112: A Música en Mondoñedo

Ei ven o Maio,señor Capitán.

Bótelle as maiolasda hucha do pan.

Ei ven o Maiogalán e frolido.Pola lúa chea

nacéu pequeniño.

Ei ven o Maiofrolido e galán.Tódalas rapazasamores lle dan.

O Maio bulreiroque rico que ven.

Dín que trae as froles,dín que trae a mel.

Dín que trae as herbaspara namorar,

i o caravel roxoda beira do mar.

O Maio dos ventos,señor Capitán.

Bótelle as maiolasda hucha do pan.

A música en Mondoñedo

Coplas dos Maios

Page 113: A Música en Mondoñedo

Pola mañán oio a Paula,pola noite oio a Martiña,amanezo xunto ó Masmae anoitezo en Fonte Miña.

Esta noite hai unha fía,tamén hai unha espadela,bóteme o caldo, mamai,que eu tamén quero ir a ela.

Nena que átalo panna Veiga de Valoría,cando bótelo vencello,aparta ben queridiña.

As rapazas de Cesurase mailas das Curuxeirascando van mondar o trigotodas cantan que rabean.

Pasei Valiña de Freiree din a volta na Infesta,vin as nenas de Cesurasrevolvendo na herba seca.

Hei de ir á feira a Gontánhei traguer zocas chinelas,pra gastar a miña fillaque pensa tamén poñelas.

Fun lavar a miña roupaó río de Pumariño,cando viña de lavarcantaban os paxariños.

A música en Mondoñedo

Recollidos por Manuel Ledo"O Pallarego"

Cantares da zona de Mondoñedo

Page 114: A Música en Mondoñedo

A música en Mondoñedo

Pola dereita na fotografía: Vidarte, Moure, Xusto do Gaiteiro,Comendeiro e Antonio Pértega (que posteriormente sería

director da Banda de Sta. María Maior)

Algúns músicos mindonienses tamén colaboraron na formación de diversas agrupacións musicais da

vila de Lourenzá...

José Rico López (acordeón) e o seu fillo José Ramón Rico (saxo)formaron parte de algunhas orquestas que se formaron no Val deLourenzá como Los Valles, Ibérica, Los Rumberos, Lorenzana, etc.

ORQUESTRA "IBÉRICA" DE LOURENZÁ

QUINTETO TRADICIONAL "OS CELITAS" DE LOURENZÁ

Page 115: A Música en Mondoñedo

Nas festas que se celebran o 24 de Outubro do ano 1.611

na honra de San Rosendo contrátanse cinco gaiteiros pola

cantidade de oito reais cada un.

O día 5 de Outubro do ano 1.618 celébrase unha festa

taurina na praza da cidade e as autoridades acordan

chamar un tamborileiro e dous gaiteiros para que asistan

á mesma dándolles a cada un a cantidade de dezaseis

reais.

O 28 de Maio de 1.664 contrátase a tres gaiteiros para o

tradicional baile das tres danzas que se celebra co gallo

da subida da Virxe dos Remedios desde a Catedral ata o

seu Santuario.

Nas festas dos Remedios do ano 1.699 fórmase unha

mázcara, acompañada de gaiteiros, tambor e danzadores.

Pola festa do Corpus, nos comezos do 1.700, as imaxes

de San Isidro e Stª María da Cabeza báixanse en procesión

ata a Catedral acompañadas de gaita e foguetes.

No ano 1.703 o gremio dos xastres encargase de pagar os oito danzadores e máis o gaiteiro que actúan

co motivo da celebración da festa do Corpus en Mondoñedo.

O 29 de Maio do ano 1.706 a Cofradía de la Santísima Trinidad admite por fundadores a Domingo do

Rego, da Graña de Villarente e a súa dona María López, habéndose obrigado a tocala gaita mentras

el viva, na véspera e no día da Santísima Trinidad, por catro reais. Asi mesmo tamén se obriga a tocar

no día de Corpus e a súa oitava por 22 reais no ano.

O día 14 de Xuño do ano 1.709 o Cabido da licencia para que os músicos da Capela da Catedral asistan

á procesión do San Isidro, con instrumentos e cubertos de sobrepelliz.

Co motivo da inauguración do actual santuario da Igrexa dos Remedios no mes de Setembro do ano

1.738 actúan os tambores da Compañía de Milicias de Mondoñedo, recibindo do concello vinte reais,

Os gremios de mercería, xastres, labregos e zapateiros acoden á procesión, realizando os zapateiros

a súa Danza de Espadas.

No ano 1.715 a Catedral dispoñía de un órgano portátil coñecido como realexo que se tocaba nas

funcións que non eran corais: Se advierte al organista que no debe de tocar los órganos en las funciones

de las cofradías, que en su lugar toque el realexo, a cuyo fin se manda ponerlo en el plan del segundo órgano,

que en bautizos de particulares no toque el segundo órgano.

Curiosidades - I

A música en Mondoñedo

Page 116: A Música en Mondoñedo

O 23 de Maio do 1.750 é admitido na Cofradía de la Santísima Trinidad o gaiteiro Tomás López, do Couto

de Outeiro, que terá que tocala gaita gratuitamente tódolos anos no día da Santísima Trinidad e as súas

vésperas.

A 1ª Asemblea do Rexemento Provincial celébrase en Mondoñedo no día 7 de Agosto do 1.770. Os

cornetas e tambores que tocan nese acto ensaian no Carrascal, nunha finca de un ferrado.

O día 5 de Xulio do ano 1.773, finado Sebastián López gaiteiro da Santísima Trinidad e veciño de

Argomoso, son admitidos por fundadores o seu fillo Manuel López e a dona deste último, quedando

Manuel obrigado a tocála gaita mentres viva no día da Trinidad e vésperas.

No ano 1.774 publícase en Compostela unha ópera do célebre músico portugués Joao Pedro de Almeida

y Motta que por entonces era tenor da Capela da Catedral mindoniense. Posteriormente sería músco

de cámara do rei Carlos IV.

O mestre de Capela da Catedral Ángel Custodio Santabaya arredor do ano 1.798 pon música ás

panxoliñas dos escritores mindonienses da época para que sexan cantadas polas festas do Nadal.

Polo ano 1.809 o mestre da Capela da Catedral José Eusebio Pacheco dirixe unha comparsa composta

de gaita, tambor e outros instrumentos.

Nas festas que se celebran en Mondoñedo co gallo da aprobación da Constitución de 1.812 o Concello

convoca a tódolos gaiteiros do contorno e tamén aos tambores e pínfanos de alarma para tocar polas

noites nas fogueiras que terán lugar na Praza da Catedral, alternando coa Capela de Música que se

colocará no balcón do Consistorio.

En Novembro do ano 1.833 co motivo da proclamación de Isabel II a comparsa do gremio dos zapateiros

executa a danza das espadas e a Orquestra da Catedral costeada polo gremio do comercio toca unha

marcha composta para dita festa.

No 10 de Xunio do 1.838 é admitido

na Cofradía de la Santísima Trinidad o

gaiteiro Ramón Otero, que cobrará

anualmente a cantidade de seis reais.

Para celebrar a maioria de idade de

Isabel II nos días 1 e 2 de Decembro

do ano 1.843 dous gaiteiros

acompañados por dous tambores de

milicia percorren o pobo anunciando

a festa a partir das oito da mañán.

Curiosidades - II

A música en Mondoñedo

Page 117: A Música en Mondoñedo

Victor María de Silva morre o 25 de

xuño do 1.855. Ás súas honras

fúnebres concurre toda a capela de

música da Catedral, da cal era neno

de coro Pascual Veiga, dirixida polo

mestre Pacheco que compuxo para

a ocasión o Libera me.

O día 6 de Xullo do ano 1.857 o alcalde

comunícalle ao depositario do Teatro

de Alcántara: Sírvase recibir a D. Enrique

Espina, inventor del instrumento de

música de paja y madera.

Co motivo da inauguración da Xuventude Católica celébrase unha gran festa no Teatro de Alcántara o

primeiro de Maio do 1.871, interpretándose un himno composto por Francisco de Paula Buón, presbítero

e violonchelista da Catedral, musicado por José Ramón García, organísta da Catedral.

No ano 1.872 nas Ordenanzas da Policia Urbana e Rural para Mondoñedo e o seu término, no artigo

227 expónse o seguinte: Los titiriteros, saltimbanquis, ciegos y músicos que por razón de su ocupación

suelen atraer gente para verlos y escucharlos, podrán colocarse en sitios en que no embaracen el tránsito,

pero dejando siempre libres las aceras y bocacalles y siempre que en sus acciones, discursos y cantares se

abstengan de todo lo que pueda ofender la moral pública.

O día 13 de Setembro do ano 1.873 polas festas dos Remedios celébrase unha animada velada no

Campo da Alameda que rematará ás doce da noite, actuando a Banda de Música de afeccionados e

un grupo de gaitas do país.

No último tercio do século XIX os enterros de xente importante ademais de acudir os crégos e salmistas

tamén eran acompañados por Floupes no fagot e polo Barrolo que tocaba no figle: do-sol-mi-sol-do.

Detrás deles marchaban con paso solemne as autoridades da cidade episcopal.

No ano 1.888 polas festas de San Lucas celébranse carreiras de pollinos e un certame de gaitas, sendo

premiado o popular gaiteiro O Xugo de San Pedro de Cangas. Outro dos gaiteiros que se presentan o

certame é o virtuoso Lerín de Fanoy.

En numerosas ocasións de 1.896 a 1.926 é contratado pola Catedral o gaiteiro Coruxeiras, para tocar

a gaita na procesión de San Roque e no mes de Agosto pola festividade da Asunción.

A finais do século XIX cando as mozas e mozos nas noites de festa se xuntaban para cantar o alalá

destacaba a voz melosa e ben timbrada de Pilar do Lindego, rapaza nacida no barrio das Curuxeiras.

Curiosidades - III

A música en Mondoñedo

Page 118: A Música en Mondoñedo

En Xaneiro do 1.907 celébrase nos salóns da xuventude carlista unha velada literario-musical interpretando

a rondalla dirixida por Ramón Rey unha marcha adicada á xuventude carlista e composta para este

acto polo organista da Catedral Mariano Casares.

No ano 1.907 na festa do Santiago do Barrio dos Muiños, que as malas língoas chamaban Triana, según

conta a prensa da época ten lugar un desagradable suceso, despois dunha noite axetreada na que se

producen varias rifas (peleas) a gaita do famoso Coruxeiras bota todo o aire para fora ao recibir un

navallazo.

Co gallo da consagración do Bispo Solis no mes de Maio do ano 1.907 a Banda Municipal percorre

as rúas da cidade e posteriormente ofrece un concerto diante do Seminario desde as nove ata as once

da noite.

O cuarteto de gaiteiros Os Veiga recibe do fabriquero da S. I. Catedral a cantidade de vintecinco pesetas

por amenizar unha festa que se organiza o 6 de Xuño do 1.907 como obsequio o Bispo Solis.

O día 26 de Novembro do ano 1.907 co gallo do milenario do nacemento de San Rosendo a Banda

Municipal actúa pola noite no Cantón.

A veciña do Coto da Recadeira Aurora Lombán a primeiros de século toca na pandereta e nun acordeón

que mercou pola cantidade de corenta reais.

O día 20 de Setembro do 1.909 celébrase no Círculo de Recreo un concerto a cargo do tenor sevillano

Sr. Mariani, acompañado no piano polo profesor Ángel Rodríguez Gómez.

O día 5 de Xuño do ano 1.910 ten

lugar no Salón Teatro do Casino da

cidade unha gran velada literario-

musical, impoñendoselle ó poeta

Noriega Varela unha artística

medalla de ouro regalada polos

mindonienses residentes na

Arxentina.

As festas do San Vicente en

Mondoñedo a primeiros do século

vinte son amenizadas pola Murga de

Aldixe (Abadín).

O 14 de Outubro do 1.913 celébrase unha animada verbena no Campo de Alcántara amenizada pola

Banda Municipal co motivo da inauguración da Residencia dos Pasionistas.

Curiosidades - IV

A música en Mondoñedo

Page 119: A Música en Mondoñedo

A infanta Isabel visita a cidade no día 2 de Xullo de 1.914, sendo recibida no Campo dos Remedios

polas autoridades e pola Banda Municipal que interpreta a Marcha Real.

O día 24 de Outubro do ano 1.917 nunha homenaxe a Pascual Veiga actuan a Coral Coruñesa Cántigas

da Terra, os orfeóns Veiga e Brisas del Masma e o cuarteto de gaitas mindoniense Os Pacheco.

A principios de século Paquito de Benino, que é un dos cacharreiros da cidade, toca o baixo na banda

municipal e ademáis ten fama de ser un bo cantador, segundo contan as xentes canta tan ben o meigo

Cantar das Curuxeiras que da xenio oílo.

Polos anos vinte o baile de San Lázaro é clausurado polo

Axuntamento por motivos de orde público, hixiene e

moralidade, sendo permitida a súa reapertura no mes de

Outubro do 1.923.

Para amenizar a festa do San Cosme do ano 1.925 son

contratados o cuarteto Os Pacheco, a Banda Municipal e o

incansable gaiteiro Coruxeiras.

A Schola Cantorum do Seminario interpreta os temas A

Barcarola, O Consolo e a alborada O sol da Primaveira nunha

velada que se celébra o día 12 de Xaneiro do ano 1.936.

O 26 de Setembro do ano 1.936 o Gobernador Civil de Lugo,

Ramón Bermúdez de Castro, prohibe a celebración de calquer

tipo de bailes públicos en toda a provincia.

A toma de Bilbao o 19 de Xuño do ano 1.937 é moi celebrada

na cidade. Multitude de mindonienses percorren as rúas

precedidos pola Banda de Música Pascual Veiga e nos días

seguintes celébranse dúas verbenas na Plazuela de Oswaldo

Codina que tamén son amenizadas pola Banda.

A Capela de música pola festividade do Corpus no ano 1.937 canta na Catedral a Misa do mestre

Réficet a tres voces mixtas, nos intermedios o organista Sr. Casares interpreta diversas composicións

eucarísticas. A procesión que se celébra a continuación, acompañada pola banda de música Pascual

Veiga, deténse diante dos altares colocados na porta da igrexa de Santiago e no Cristo dos Remedios

interpretando a Capela de Música a catro voces o Ave Verum de Mozart e a tres voces O sacrum cum

vivium, obra alemana do século XVI.

As festas do San Cosme de Galgao do ano 1.939 son amenizadas pola Banda Municipal de Mondoñedo

e polos gaiteiros de Zoñán, participando tamén algunha charanga.

Curiosidades - V

A música en Mondoñedo

Page 120: A Música en Mondoñedo

O día 7 de Decembro do 1.939 o 3º Batallón do Rexemento da Infantería de Montaña nº 30 organíza

uns festexos na honra da súa patrona, a Inmaculada Concepción, realizándose diversas actuacións.

Canto Flamenco interpretado polo soldado Francisco Gavira, Tangos Arxentinos interpretados polo

soldado Juan Figueroa, sendo acompañados os dous por Pascual Cigarrán coa guitarra. O grupo

formado por Hermenegildo Fernández (gaita), José Niñeiro (acordeón), Fausto Gardón (tambor)

acompañados por unha coral interpretan temas galegos e na parte de baile participan os soldados

Casiano López e José Eiriz.

En Decembro do 1.939 celébrase unha velada organizada pola xuventude masculina de Acción Católica

en homenaxe ás forzas da Infantería destacadas na cidade, contando coa colaboración da Coral

Mindoniense integrada por cincoenta voces dirixidas polo mestre Manuel Pérez Fanego e baixo a

presidencia do Bispo de Mondoñedo.

O gaiteiro e o tamborileiro de Zoñán son contratados para tocar tres días nas festas dos Remedios do

ano 1.939, cobrando a cantidade de noventa pesetas pola súa actuación.

A música dentro das igrexas nos anos corenta caracterízase pola presencia de violinistas de moita sona

como Valentín da Maruxa, O Gaspar, O Pallarego e Pibardos.

Os enterros dos anos corenta nalgunhas ocasións son acompañados por Angelito de Ríos co seu

bombardino.

O 18de Febreiro de 1.948 Felipe Bangueses Bande, ex-benedictino, é nomeado Mestre de Capela da

Catedral, tomando posesión no mesmo día.

No ano 1.952 fórmase unha nova coral que baixo o nome de Orfeón Alborada participa nun concurso

rexional celebrado en Lugo acadando pola súa brilante actuación o segundo premio.

No ano 1.955 fórmase unha schola cantorum no recéntemente inaugurado Instituto Laboral. A coral

estaba a cargo das profesoras do centro Ángeles Alvarez Gago e Trinidad Valcarce Pestaña. Os alumnos

son preparados no arte do solfexo, e despois pasan a formar parte da Coral.

Pola festa de Sto Tomás de Aquino do 1.955 actúa o coro do Instituto e interpreta un variado repertorio,

destacando unha peza do folclore da comarca.

Uxío García Amor, presbítero da diócese e profesor do Seminario, acada a praza de Mestre de Capela

da Catedral mindoniense, desempeñando o cargo ata o ano 1.971.

Polos anos sesenta, cando chegan á Mondoñedo os primeiros magnetófonos, o electrónico e veciño de

Mondoñedo Ángel Castañal reúne á Rondalla do Pallarego para efectuar unha grabación que despois

será enviada ó Centro Galego de Bos Aires na Arxentina.

Curiosidades - VI

A música en Mondoñedo

Page 121: A Música en Mondoñedo

Indice

A música en Mondoñedo

A música na CatedralA música ProfanaRoel del RíoÁngel Custodio SantabayaO mestre PachecoPascual VeigaOrquestra da CatedralXaime Cabot BujosaAlborada GalegaOs orfeóns mindoniensesOrfeón PachecoOrfeón Veiga (1.908)Orfeón Veiga (1.913)Coral Brisas del MasmaCoral Mindoniense (1.939)Masa Coral de Educación y DescansoOrfeón da Sociedade de ObreirosVeladas literario-musicaisCorais da V.O.T.Discografía na década dos setentaO Quiosco da AlamedaBanda MunicipalBanda de Sta. Mª MaiorNova Banda de Música Pascual VeigaEscola de música O PallaregoBanda de Cornetas e Tambores (1.938)Banda de Cornetas e Tambores (1.995)Comparsa Manca na ChedaCuarteto de CuerdaPepe CastañedaCésar González-SecoValentín da MaruxaEduardo PernasEnrique das DanielasO PallaregoAntonio González AmieiroJosé Ruiz TejeroAgrupación músical O EcoRondalla Os VeigaRondalla Frente de JuventudesOs TrovadoresRondalla de Antígos Alumnos do PallaregoGrupos de música folk nos oitentaGrupo folk NósOrquestras Manhatan e RitmoOrquestra de Manolo AraújoOrquestra Melodías del JazzOrquestra RoyaltyOrquestra Royalty-MelodíasGrupo musical Los CaverGrupo musical Los RoyalGrupo musical Bahía

Diglósicos & Porco JonesLino RicoMiguel LustresOs VeigaOs PachecoBrisas do MasmaVallibriaVal do BreaO Gaiteiro de ZoñánPepe da GaitaCoruxeirasO Gaiteiro do MasmaAugusto InsuaJosé Antonio LópezO Gaiteiro das Casas NovasJosé Chao LópezRamón Barreira RivasPablo do NenoTomás GruñeiroRamiro BotanaManolo de ChaoTorres do VilarO ZuloO Tio Xosé de XorxeJesús RubalJosé Rico, O PetoO Cego do GroveCelestino de XastosoSantiago DouralEmilio López, O TurutaJosé Mª Gómez, O PravianoA PachachaO RosoO Cego de ViloalleO Cego dos MuíñosMuiñeira PopularInstrumentos tradicionaisAs Fías de CesurasAs Foliadas do EspiñoAs fías e o entroido de ZoñánPandereteiras de Sta Mª MaiorA música en LindínFesta do ÁrbolFesta dos MaiosCantares da zonaAs procesiónsCuriosidades

ÍndiceColaboraciónsBibliografía e outras fontes

Page 122: A Música en Mondoñedo

Colaboracións

A música en Mondoñedo

Graciñas pola súa colaboración a:

Mª Carmen Insua

Antonio Canle

Angelina Reigosa

Hnas Amor

Fillas de Enrique Iglesias

Suso Sordo e Xosefa Méndez

Basilio do Rato

María Méndez

Kike Teijeiro

José Luís Fdez. "Keno"

Jesús Rico

Cándido Pérez

José dos Castros

Manuel Devesa

David Loureiro

Irma Neira

Luis Rubal

Daniel Rubal

Rubén Leivas

Antonio Caselas

Cayetano Cabanas

Mª Carmen Fdez Legaspi

Amelia Vázquez

Sergio e Vicente Fernández

Monserrat Sánchez

José Ruíz Leivas

Manolo Montero

Jesús Cigarrán

Enrique Cal Pardo

Magdalena dos Muíños

Pedro Rivas

Leonardo Pérez

Juan López Torres

Jesús Chao Cabanela

Antonio Mel

Ramiro Botana

Ramón García Nogueira

Milagros Doural

Ricardo Torres

Alfonso Rodríguez

Socorro Rubal

José R. Rico

Lino Rico

Viuda do Praviano

Celestino Chao

Vda. de Emilio López

Elba Candia

Sabina Legide

Mónica Barreira

Trinidad García

Toñita Seco

Gonzalo García Fdez

Fernando López

Ramón Barreira

Maruja Pernas

Magdalena Domenech

Alicia Tella Villamarín

Rusé González-Redondo

Carmiña Salgueiro

Reigosa de Zoñán

Jacinto Otero

Daniel Lorenzo

Victorino García

L. Joaquín Salaberri

Tarsicio Rico

Fran, Ernesto e Ignacio (Diglósicos)

Page 123: A Música en Mondoñedo

Bibliografía e outras fontes de información

A música en Mondoñedo

Fontes consultadas:

E. Lence Santar - El Santuario de los Remedios - Imprenta: César González-Seco, 1.909.

E. Lence Santar - Del obispado - Tomos I, II y III (1911-1915).

E. Lence Santar - Los gremios de Mondoñedo

Enrique Cal Pardo - Estudios mindonienses - Tomo II (1986), Tomo IV (1988).

Enrique Cal Pardo - La música de la Catedral de Mondoñedo - Alvarellos (1.996)

Joam Trillo y Carlos Villanueva - Estudios mindonienses - Tomo IX (1993).

Isidro Fdez. Villalba - Mondoñedo, regreso al pasado - Tomos I, II y III - Suc. de Mancebo

Armando Requeixo - Etnografía mindoniense - Follas Novas.

Armando Requeixo - Escritores mindonienses - Ensaio.

Francisco Mayán - O Pallarego - Diputación Provincial de Lugo.

Xe Freire - Mondoñedo - Editorial Everest S. A.

Galicia Eterna - Tomo IV - Ediciones Nauta S.A.

Xan de Masma - A besta - Galaxia.

Noriega Varela - Do Ermo - Galaxia.

Xosé de Cora e Xulio Pardo - Pascual Veiga - Xunta de Galicia.

Rexistro Civil de Mondoñedo.

Prensa consultada:

Publicación de Acción Social

Bisemanario Mondoñedo

Semanario Vallibria

Semanario Mondoñedo

De todo un poco

Diario Justicia

La Voz de Mondoñedo

La defensa

El Progreso

El Ideal Gallego