Upload
others
View
13
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
A fala
O idioma é a chave coa que abrimos o mun-do: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María
PARA
LER, C
AN
TAR E B
AILA
R
El arte tiene letras
El arte tiene colores
Violeta Montreal
Adivina cuántas adivi-
nanzas adivinarás
Libro de adiviñas con moitos detalles que pro-
porcionan pistas.
O bigote de Mimí
Libro de Manuel María, autor das Letras
Galegas 2016.
Mimí dedica todo o tempo que lle queda libre a enfeitar o bigote. Pero de tanto preparalo está a pi-ques de se converter no cazador
cazado.
El pequeño hoplita
Libro infantil de Arturo Pérez-Reverte
A batalla das Termópilas desde a mirada dun neno que, testemu-ña de todo, sobrevivirá para
contalo.
O papiro do César
Unha nova historia de Astérix en Banda Deseñada. Neste número, aparece un novo e vil personaxe:
Promoplús.
A filla do ladrón de bicicletas
Premio Merlín 2010
Conta a historia dunha nena que an-sía ser equilibrista nun circo con Cele-
rífera, a súa bicicleta.
Rubicundo
Finalista Merlín 2014
Cada noite Erea saltaba da cama para ver ao seu veciño Rubicundo nunha bicicleta antiga marchando por enriba da árbore do seu xardín cunha
indumentaria pouco común.
Érase una vez Don Quijote
Adaptación de Agustín Sánchez Aguilar.
IV Centenario de la publicación de la Segunda Parte de Don Quijote de la
Mancha.
Unha casiña branca
Marcos Calveiro fai reflexionar sobre unha natureza que non coidamos, un mundo que de seguir así o ser humano transformará e estragará, convertendo a propia
terra en cheirume e degradación.
O lapis de Rosalía
A Rosalía acabóuselle o lapis e seu país mercoulle un novo que resultou ser moi distinto ao anterior. Leva escrito: Lapis especial para nenas de
seis anos. Que terá de especial?
Espantallo amigo
Xosé Neira Vilas, finado neste mes.
Esta é a historia dun espantallo que
en vez de espantar os melros, faise
amigo dos animais e dos rapaces.
Marcopola 3. Dragoneta!
Demoneta transformarase en Dragoneta, un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca e
ninguén no mundo estará a salvo!
Os soños na gaiola
Libro de Manuel María, autor das Letras
Galegas 2016.
Unha recopilación poética que trans-miten o agarimo e compromiso do autor pola súa terra, Galicia, a que
dedica os dous primeiros poemas.
La coleccionista de palabras
Un conto poético sobre a maxia da palabra, sobre o poder que ten cando é positiva e fai do mundo un lugar mellor no que vi-
vir.
O monstro de cores
Un conto de Anna Llenas para empezar a poñer orde e cor ne-
so das emocións.
En Londres (Pepe en Inglaterra)
Mestúranse español e inglés para contar as aventuras de Pepe que vai pasar unha tempada a Inglaterra á
casa duns amigos dos seus pais.
Hurry Potter y la piedra filosofal
A vida de Harry Potter cambia para sempre o día que cumple once anos, cando un xigante lle entrega una carta e lle revela noticias asombrosas: Harry
Potter non é un rapaz máis, é un mago.