Upload
others
View
4
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
A crítica literaria no século XIX: Pardo Bazán e Curros
Carme Hermida
Formas de citación recomendadas
1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Hermida, Carme (2011 [1988]). “a crítica literaria no século XiX: Pardo
Bazán e Curros”. Dorna: 13, 101-104. reedición en poesiagalega.org.Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura.<http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/193>.
2 | Por referencia á publicación orixinal
Hermida, Carme (1988). “a crítica literaria no século XiX: Pardo Bazáne Curros”. Dorna: 13, 101-104.
© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou
editores orixinais.
* Edición dispoñíbel desde o 25 de xaneiro de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes:
1) arquivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucio-
nais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións
pertinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira
alternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre
este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen
a colaboración de autores e editores.
o estudio exhaustivo do que foi oséculo XIX en Galicia, polo descoñecemento que sobre el existe, pode proporcionarlle a un estudioso do tema gratassorpresas. Despois de examinar moi superficialmente un reducido número derevistas e xornais da época, que dei realmente abraiada pala grande cantidadede material neles achado, hoxe practicamente descoñecidos polos investigadores da nasa lingua e literatura. É certoque, no campo da Linguística, os trabaHas publicados daquela carecen de interese científico, entre outras causas porque están fóra de época e o que neles sedi só tería sentido no Renacemento ouno Barroco doutras culturas; pero tampouco é menos certo que, pala penuriaque caracteriza á nasa lingua, este material ten un indubidable valor. No tocante á investiga,ción da Literatura, ou parafalar con propiedade á Crítica Literaria,os traballos do XIX teñen unha valoración netamente diferente.
Se en calquera momento é interesante coñecer nava bibliografía sobre osnosos escritores, neste caso ese intereseestá máis motiva{lp aínda, porque se trata de coñece-Ia opinión que os críticosda época teñen sobre os seus contemporáneos e tamén, porque este coñecemento nos pode aportar algúns datossobre a recepción que tivo a obra dosdistintos autores. Polo exposto, e
A CRíTICA LITERARIA NO SÉCULO XIX:PARDO BAZÁN E CURROS
Carme Hermida
porque coidamos que calquera estudioso ou amante da literatura galega podesentir curiosidade por este material, decidímonos a dar a coñecer algún s des testraballos, fundamentalmente aquelesque tratan sobre a obra dos escritoreshoxe máis coñecidos: Curros, Rosalía,Pondal, Lamas, etc.
Emilia Pardo Bazán, ilustre escritora en español, realizou algúns valiosostraballos de crítica sobre autores e obrasgalegas, a meirande parte recolleitos novolume De mi tierra (1). De entre os queaquí aparecen destaca o discurso pronunciado no Liceo de Artesanos da Coruña no ano 1885 (2). La poesía regionalgallega, no que fai un percorrido pala literatura galega do momento, con especial mención a Rosalía, compara o Rexurdimento galego coa Renaixen<;a catalana e fai unha pequen a reseña dapoesía medieval galego-portuguesa.Son tamén de suliñar aqueles onde seexamina a obra ata entón publicada dedistintos autores coma Lamas Carvajal(3), Pondal (4), Losada (5), etc.
Con todo, a obra crítica sobre a literatura galega da Pardo Bazán é máisampla cós artigos recollidos na colectánea citada. Nas revistas da época, e especialmente na Revista de Galicia (6) daCoruña, que ela dirixía, apareceron outras artigos sobre o mesmo tema, hoxepracticamente descoñecidos.
(1) PARDO BAZAN, E., De mi tierra, Xerais, Vigo, 1984.
(2) Ibidem, páx. 13-49.
(3) Ibidem, páx. 51-65.
(4) Ibidem, páx. 67-81.
(5) Ibidem, páx. 83-97.
(6) Esta revista foi publicada na Coruña no ano 1880 e coñecémoslle 20 números.
101
Un destes traballos é o aparecidono número 13 da Revista de Galicia (7),baixo o título de "Aires da miña terra",e que ten a particularidade de falar sobre a obra de Curros, cousa que non farádespois nas súas colectáneas, non sendoa pequena pincelada que sobre ela dá noartigo antes citado da Poesía regionalgallega.
A calificación global da obra de Curros exprésaa a autora nas liñas finais doartigo, onde afirma que Aires da miñaterra "es un libro que tiene lunares de losque no agracian, lastimosamente confundidos con bellezas de las que noabundan" (p. 183). Esta conclusión finalfai referencia ós dous apartados nosque se pode clasifica-la poesía de Curros, a costumista e a político-social.Para a autora as manchas ou "lunares"son as da poesía político-social e asbelezas corresponden á poesía costumista. A evidente diferencia existenteentre estes dous tipos de poesía, refléxanse noutros momentos do traballocon máis dureza.
"el tomo del Sr. Curros recuerda,por la diversidad de sensacionesque produce, esos jardines de estación de línea férrea donde,cabe la florida y concertada variedad de pl~~tas, están negrosmontones de escorias y resíduosimpuros de hornilla, y por encimapasan caliginosas nubes dehumo" (p. 181)
Tan notable é a discordancia entre unspoemas e outros que parecería máis lóxico, en lugar de apareceren todos xuntos nun só volume, "dos, titulado el unoColección de poesías gallegas y rotuladoel outro Colección de poesías políticosociales" (p. 181).
A boa poesía é, para Dona Emilia,unha perfecta conxunción de dous factores elementais á hora de facer literatura, o coñecemento da realidade mostrada e a súa expresión formal. A grandevirtude de Curros, na súa faceta costumista, é saber conxugar á perfección estes dous factores; porque non só sabe"rimar gratamente ( ... ), sinó porquesabe oír y repetir el himno misteriosoque entonan las cosas todas de la tierra,pero que, según antiguo privilegio, sóloIQspoetas verdaderos aciertan á traducir al humano lenguaje" (p. 181). "A Virxe de Cristal", "Ay", "As cartas", sonun bo exemplo das cualidades poéticasdo ourensán, pero este bo· facer literario desaparece misteriosamente cando se trata de poesía social:
"En suma, si á elogiar fuese, tendría que elogiar casi con el mismoentusiasmo cuantas composiciones no políticas encierra el tomo"(p. 182).
A valoración negativa que se fai dascomposición s político-sociais non aparece xustificada pala súa calidade; enningún momento da crítica se nos di queó falar da situación socio-política dopais, se estea malinterpretando a realidade ou que non se saiba codificar formalmente. SÓ se menciona o descensoda calidade pero sen debulla-Ias razón sque o causan. Estes poemas revelan,para a autora, "bien á las claras cuantodesciende el talento si se pone al serviciode la ciega pasión política" (p. 182).
A descalificación está xustificadaprincipalmente por dous feitos, un errohistórico e unha incoherencia manifestaentre a ideoloxía e algunhas ideas expresadas nalgúns poemas. O erro históricoaparece na poesía a "Igresa fría":
(7) PARDO BAZÁN, E., "Aires da miña terra", Revista de Galicia, nO13, A Coruña, 10 de xullo 1880, pp. 181-183.Nas citas literais da autora, para non repetir notas innecesarias, xa se indica ó lado a páxina da que están tomadas.
103
"E, d'a gorxa que ser deberíaTallada n'un cepo,A pauliña saíu qu'escomulga6 insine eolombo y-ó gran Galileo" (8).
A falsidade das excomunions de Colón ede Galileo serve para sementa-Ia idea deque Curros é un terxiversador que pretende "vaciar en el molde de sus ideas lahistoria" (p. 183).
Outro dos factores que contribúená descalificación da poesía social é, ómodo de ver da autora, a intransixenciaque se manifesta nalgúns poemas e quenon coincide co calificativo, que elamesma lle aplica, de demócrata. A composición "Mirand'o chau" é un bo exemplo do que acabamos de dicir porque "elSr. Curros (H') no transije ni con quenadie goce del derecho de ir en peregrinación á Roma" (p. 182).
En definitiva, a poesía político-social de Curros non merece unha boaconsideración porque nin o xénero escollido para facer denuncia social é o máisapropiado nin as ideas que destas poesías se desprenden son aceptables para asociedade do momento:
"Es la segunda personalidad delSr. Curros la de un demócrata impresionado ( ... ) que dice en versolo que en prosa temería proclamarpor miedo a la sonrisilla escépticaque ef'desengañado último terciodel siglo XIX vá adoptando como,miedo -tal vez el más eficaz- decombatir utopias que al tomarcuerpo realizándose, á nadie acaso espantáran tanto como á suspadres y patrocinadores" (p. 181).
Antes de rematar, e como unha curiosidade, queremos menciona-la sutilretranca que a autora emprega para burlarse do desexo expresado por Curros
de que o galego se convirta no idiomauniversal:
"Dando que el gallego llegue áser nada ménos que idioma únicodel universo, gran porveniraguarda a estas desaliñadas líneas, donde críticamente se examina ( ... ) uno de los primerosmonumentos del famoso universal idioma. Pero ¿qué van á decircuando lo sepan el ilustre trovador Víctor Balaguer y los catalanistas ... ? (p. 182).
Esta crítica de Dona Emilia PardoBazán, tan someramente resumida, pemítenos reflexionar sobre dous factoresimportantes, sobre os que calquera crítico debería pararse ó realiza-lo seu labor. Un deles é a diferente consideración con que unha obra é'xulgada segundo a época na que se examina. Os contemporáneos de Curros admiraron máisnel a súa vea costumista (aínda que estaafirmación tería que ser contrastada conmáis datos dos que posuímos) cá súa faceta de poeta social. Na actualidade,aínda que se lle recoñezan os méritosdas poesías costumistas, se Curros é unpersonaxe senlleiro dentro das nosas letras é pala súa poesía de compromisopolítico-social. O segundo factor tenque ver coa ideoloxía, a do crítico e a daobra ou do seu autor. Como se puidoobservar, a valoración que Pardo Bazánfai da poesía social de Curros está totalmente condicionada pala súa ideoloxía,totalmente aposta á do autor analizado.Con isto non queremos dicir que un crítico debe ter uns posicionamentos ideolóxicos neutros, senón todo o contrario,pero á hora de realiza-lo seu traballo debería ter en conta que unha obra de arte,independentemente da ideoloxía quenela se expresa, ten que ser valoradacomo tal e non en función daquela.
:
(8) CURROS ENIÚQUEZ. M,. Aires d'a miña lerra, Ourense, 1880, páx. 104.
104