Upload
others
View
6
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
1
A BAIXA IDADE MEDIA
O REXURDIR DA VIDA URBANA
Introdución
Entre os séculos XI-XIII comeza a superarse a etapa feudal de economía de
autoconsumo. A reaparición das cidades crea un sistema novo de división do
traballo e de intercambios: o campo feudal produce as materias primas, a cidade
obxectos manufacturados. Rexurde o comercio, primeiro entre o campo e a
cidade, logo a longa distancia. Na cidade, artesáns e comerciantes, forman unha
nova clase social: a burguesía que ostenta un novo poder, o do diñeiro.
A cidade tamén crea unha nova cultura, a través das universidades e unha nova
arte, o gótico, para as súas necesidades relixiosas (catedral), políticas (concello)
ou económicas (lonxa). A Igrexa segue a ser unha figura predominante na
mentalidade do momento.
O marco espazo temporal
A reaparición do papel
económico das cidades
europeas, nunha inicial
división de traballo co campo
feudal, é un fenómeno
histórico que comeza a
producirse, de maneira
consistente, a partires do
século XI. Comeza a crise do
sistema feudal que se irá
prolongando ata finais do século XIII, de maneira paralela ao desenvolvemento
2
progresivo de formas de produción capitalistas que rematarán por triunfar xa no
século XVIII coa Revolución Industrial en Inglaterra.
Pero nós ímonos centrar ao marco cronolóxico que vai desde o século XI ata o
século XV. A partir do século XIV prodúcense unha serie de cambios políticos,
relixiosos e culturais, tan importantes, que esta Europa medieval, campesiña e
urbana, queda moi transformada.
Durante este período de tempo, a Europa feudal amplíase xeograficamente.
Grazas ás Cruzadas (séculos XI-XIII) conséguese a reapertura do Mediterráneo
ao comercio de Europa occidental que entra de novo en contacto coas terras do
Próximo Oriente. A outra gran ruta marítima será a que une o Mar do Norte co
Báltico e a través del Europa entrará en contacto cos pobos eslavos.
Por outra banda, o proceso da Reconquista por parte dos reinos hispánicos, leva
a Europa ata o estreito de Xibraltar e desde comezos do século XV comezan
viaxes exploratorios cara o Sur, pola costa atlántica do continente africano (ruta
do ouro do Sudán).
Economía feudal: continuidades e transformacións. A
reaparición da cidade
A maioría dos europeos desta época continuaron a ser campesiños, agricultores,
gandeiros. Iso debe darnos a idea de que as formas de produción feudal non
cambiaron. Os nobres continuaron a ser a clase social máis importante porque
a terra e os seus produtos continuaron a ser a base da economía da Europa
occidental.
Pero desde mediados do século XII ata comezos do XIV Europa vive un
extraordinario desenvolvemento demográfico. Este aumento apreciase no
mesmo campo onde se comezan novas cavaduras de terras de cultivo e temos
noticias do aumento de familias por manso. Houbo, sen dúbida, un incremento
substancial da produción agrícola, debido en parte aos progresos técnicos nos
sistemas agrícolas e á ampliación das terras de labor. Tamén debeu influír a
relativa paz que reinou en Europa coa decadencia dos musulmáns, o
asentamento dos normandos e a derrota dos maxiares.
3
Por outra banda, os adiantos
técnicos axudaron a suplir
numerosa man de obra. Un
muiño de vento podía facer o
traballo de bastantes servos.
Nos feudos señoriais houbo un
excedente tanto de produción
como de servos, que
empezaron a confluír cara á
cidade.
Como vimos, o campo produce alimentos e materias primas; a cidade concentra
a produción artesanal. Entre o campo e a cidade restablécense as relacións
comerciais. É a división e especialización do traballo. Ao señor feudal élle máis
económico comprar teas, ferramentas ou armas na cidade que fabricalas el
mesmo. Ademais, na cidade, atopará o mercado apropiado para o excedente de
produción de trigo, carne ou lá do seu feudo. Pasamos dunha economía
pechada, autárquica, a unha economía de mercado.
As antigas cidades romanas, semi-abandonadas, renacen. Ou aparecen outras
novas. Aparecen máis vivendas e barrios enteiros fóra das antigas murallas: son
os burgos e de aí virá o nome de burgueses dos seus habitantes.
En principio, a cidade converteuse en
centro comercial dunha rexión. Ao
mercado, que adoitaba establecerse
na praza principal, acudían os
señores feudais e campesiños da
comarca para vender os seus
excedentes agrícolas e para mercar
os produtos artesáns. Así, as cidades
foron crecendo a medida que a
comarca que as rodeaba podía abastecelas de alimentos e de materias primas.
E a medida que a comarca adquiriu maior poder adquisitivo puido comprarlle os
seus produtos manufacturados.
Ilustración 1 Mercado medieval en Chichester, Inglaterra
4
O gremio
Nas cidades medievais o traballo artesanal agrúpase por oficios. Así aparecen
os gremios. Hainos de zapateiros, tecedores, armeiros, ceramistas,etc. O gremio
é unha asociación que procura defender aos asociados e ao público. Ningún
artesán pode traballar no seu oficio se non está inscrito no gremio
correspondente, que o protexe evitando a competencia. O gremio fiscaliza a
produción: facilita materias primas
aos mesmos prezos a todos os
seus membros, proponlle os
mesmos modelos de produtos
manufacturados e fixa os prezos de
venda, calculando uns beneficios
razoables. Os artesáns,
establecidos por oficios na mesma
rúa, deben traballar todos coas
mesmas condicións. Non poden
mellorar as técnicas de traballo, nin
ampliar o negocio. Para que o
gremio e o público os poida vixiar,
teñen o se obradoiro ao carón da
rúa, aberto con amplas ventás.
Dentro do obradoiro traballan varias persoas. O dono é o mestre. É o propietario
das ferramentas, do local e está inscrito no gremio. É axudado por varios
aprendices e oficiais. Os primeiros, que viven na casa do mestre, non cobran.
Cando superan unhas probas de habilidade obteñen o grao de oficiais, que lles
permite cobrar un salario. Pero aos oficiais resúltalles moito máis difícil acadar o
título de mestre, para o que teoricamente só é preciso realizar unha obra mestra
dentro do seu oficio. Os mestres que forman o gremio e que non desexan
aumentar a competencia, fan moi difícil a promoción de novos mestres.
O gremio é un sistema de produción limitado, sen espírito de empresa. Produce
normalmente para un mercado pequeno formado pola propia cidade e a comarca
que o rodea.
Ilustración 2 Reprodución da vivenda e obradoiro dun mestre artesán
5
O comercio de longa distancia
Sobre o marco reducido do comercio entre campo e cidade, a aparición do
comercio de longa distancia aumentou a importancia das cidades. E os
comerciantes aparecerán como a clase social que acapara fortes fortunas de
cartos.
Os cruzados abriron de novo unha longa ruta: o Mediterráneo. Aos portos do
Próximo Oriente: Constantinopla, Antioquía, Alexandría... comezaron a chegar
naves e mercadores dos países da Europa occidental. Compraban sobre todo
especias (canela, cravo, pementa...) e seda. Era necesario pagar eses produtos.
Primeiro fíxose co ouro e a prata que se sacaba dos portos do norte de África,
onde chegaba o ouro do Sudán, ou coa prata das minas de Europa central. Logo
con outros produtos. E así fomentouse a industria que permitiu pagar aos
bizantinos e musulmáns con
tecidos, armas, coral...
Na Europa mediterránea axiña
apareceron unha serie de cidades
que, dominando aos piratas
musulmáns, crearon verdadeiros
imperios comerciais e militares;
Venecia foi a máis importante.
Asentada sobre un grupo de illas, no fondo do Adriático, de fácil defensa, chegou
a dominar o comercio das especias. Os seus comerciantes tiñan representantes
nos barrios comerciais de todas as cidades do Mediterráneo oriental. Pronto
pagaron estes produtos coas súas propias industrias de tecidos, armas e
cristalería. Ademais de Venecia,
foron importantes Xénova,
Marsella e Barcelona. Esta última
obrigou aos reis da Coroa de
Aragón a unha expansión militar
polo Mediterráneo para defender
a súa rede comercial en Cerdeña,
Sicilia ou Grecia. Ilustración 4 Área da Liga Hanseática
Ilustración 3 Venecia no século XIV
6
Outra gran rede comercial estendeuse entre o Mar do Norte e o Báltico. Desde
as cidades industriais dos Países Baixos exportábanse tecidos cara os países
do Báltico, de onde se importaban cereais, madeira, peles ou escravos. As
principais cidades comerciais (Lübeck, Hamburgo, Gante, Bruxas...) para
defenderse dos ataques dos piratas, formaron unha liga militar chamada Hansa
xermánica.
Entre estas dúas grandes rutas
comerciais marítimas apareceron
outras rutas terrestres que
atravesaban Europa de Norte a
Sur, seguindo as vellas vías
romanas ou novos camiños. Unha
das primeiras remontaba o río
Ródano e, polas cidades de
Champaña, onde se estableceron
importantes feiras, chegaba aos
Países Baixos. Pero desde o
século XIII as rutas terrestres preferidas saían do Norte de Italia (Venecia ou
Milán), atravesaban os Alpes e polo Rin ou o centro de Alemaña chegaban aos
Países Baixos, a Alemaña do norte ou Polonia e o Báltico. Ao longo destas rutas,
nas cidades que cruzaban, desenvolvéronse feiras ou grandes mercados que se
celebraban en datas determinadas.
Este comercio de longa distancia desenvolveu pronto manufacturas para a
exportación. Dous grandes centros de produción apareceron en cada unha
delas. Na do Mediterráneo, o centro de produción foi o Norte de Italia, entre
Venecia e Xénova, con manufacturas téxtiles en Milán, Bolonia e Florencia. Na
ruta Báltico-Mar do Norte o centro manufactureiro máis importante estivo nos
Países Baixos, onde destacaron as cidades de Flandes (Gantes, Bruxas...) pola
súa manufactura téxtil, da lá e do liño. No norte de Italia e nos Países Baixos
estiveron durante os séculos XIII-XV as máis ricas cidades manufactureiras e
comerciais, os portos máis activos.
O comercio puxo de novo en circulación grandes cantidades de metais
preciosos, en forma de moeda. A mediados do século XIII fixéronse correntes os
7
floríns (Florencia) e ducados (Venecia). Eran moedas uniformes que tiñan un
peso fixo en ouro e niso estaba o seu valor.
Os negocios dos comerciantes fixéronse tan cuantiosos que foi preciso xuntar o
diñeiro de varios para ampliar os negocios. Así se deron as primeiras formas de
asociación ou commenda, especie de contrato que unía a un ou varios
capitalistas, a un ou varios
mercadores ou capitáns de barco,
para realizar comercio co
estranxeiro.
Por último, apareceron os
banqueiros. Familias que se
dedicaban a prestar diñeiro a
comerciantes, a capitáns de barco
ou incluso aos reis. Florencia foi
unha cidade de banqueiros e, entre
eles, destacaría a familia dos
Médicis.
Un novo grupo aparece na sociedade estamental
A Europa dos séculos XI-XV mantivo a estrutura feudal dunha sociedade por
estamentos. Nobreza e clero continuaron a formar parte da clase privilexiada.
Pero nas cidades aparece unha nova clase social, a burguesía, que queda
incluída, desde o primeiro momento, entre os non privilexiados. Sen embargo, o
burgués considerouse sempre coma un home libre, non ligado por ningún lazo
de dependencia co señor feudal. A riqueza era a única distinción de clase que
aceptaba. Por iso, dentro da burguesía cidadá, distinguíronse moi cedo dous
grupos: a alta burguesía, un patriciado urbano formado por banqueiros e
comerciantes ricos e a pequena burguesía formada preferentemente por
artesáns. A masa de asalariados e pobres vagabundos formaban o pobo.
A alta burguesía iniciou unha vida de ostentación e luxo que imitaron os nobres.
Nas cidades construíronse fermosos palacios, onde se organizaban brillantes
Ilustración 5 O cambista e a súa dona, cadro de Marinus van der Reymerswade que retrata á nova clase social da burguesía
8
festas nas que os invitados lucían custosos vestidos e comían manxares
exquisitos.
A primeira fenda no sistema feudal: o goberno corporativo das
cidades
Para manter a súa independencia económica respecto do señor feudal as
cidades procuraron crear un sistema de goberno autónomo. Nos países onde a
estrutura feudal era feble conseguírono con certa facilidade (caso de Castela
onde os reis concedían frecuentes cartas pueblas, para incitar á repoboación da
perigosa fronteira co Islam); noutros lugares tiveron que loitar duramente para
conseguilo. As cidade do norte de Italia formaron xa moi pronto (século X) a Liga
lombarda que lles permitiu enfrontarse ao Emperador de Alemaña, do que
dependían. En Francia, as cidades contaron, na súa loita contra os señores
feudais, co apoio dos monarcas que, á súa vez, haberían de procurarse o seu
apoio económico e militar no seu enfrontamento coa nobreza. As cidades
acabaron por depender, a finais do século XV, dos monarcas autoritarios, a non
ser, como en Italia (Venecia, Florencia, Milán, Xénova) onde chegaron a
estruturarse en repúblicas de gran
potencia económica e política.
Cada cidade estruturou un goberno
corporativo con representación das
guildas de comerciantes ou os gremios
de artesáns. Pero moi pronto os cargos
máis importantes do concello ou
asemblea do municipio foron
acaparados por membros da alta
burguesía (patriciado), que formaba
unha oligarquía moi pechada, vinculada
a unha poucas familias.
Ilustración 6 Salón de reunións do Concello de Bruxas. Aquí se reunía o patriciado da cidade e tomaba as decisións de goberno
9
O municipio tomaba as súas
propias decisións de goberno,
mantiña unha milicias en
tempo de guerra, distribuía
taxas e mandaba o seu
representante ás asembleas
de tipo nacional, cortes ou
parlamento. Un edificio
singular, no centro da idade
era o local de reunión.
Adoitaba ter unha alta torre,
desde onde as campás marcaban a pauta do horario de traballo ou chamaban a
reunión en caso de perigo.
Novos órganos de goberno
Nas distintas nacións tamén se produciu un cambio importante. Os monarcas
aproveitando o apoio do diñeiro da burguesía
aumentaron o seu poder. Nunha labor lenta os
reis foron dominando pouco a pouco á nobreza,
aínda que nalgunhas nacións (Alemaña) e
nalgúns momentos (Inglaterra, século XIII)
fracasaron ou pareceron fracasar. Creáronse
formas de goberno máis complexas. Os
monarcas e a burguesía quería superar o
vínculo persoal de vasalaxe e basear o goberno
en institucións políticas.
Apareceron as Cortes, Estados Xerais ou
Parlamentos. Eran asembleas máis ou menos
permanentes ás que os habitantes do país
enviaban os seus representantes. Reuníanse
por estamentos. Normalmente eran tres:
Ilustración 7 Palazzo Vecchio de Florencia, coa súa torre para marcar as pautas diarias ou chamar a reunión do pobo en caso de emerxencia
Ilustración 8 Ilustración que reflicte o Parlamento inglés reunido diante do rei (s. XIII). Aínda que o Parlamento máis antigo foron as Cortes de León de 1188
10
nobreza, clero e terceiro estado (principalmente burguesía). Estas asembleas
tiñan o poder de facer leis e debían aprobar os xuros.
A adaptación da Igrexa ás novas pautas de vida da Idade Media
A Igrexa tivo que adaptarse á nova mentalidade e crear novas ordes relixiosas
apropiadas para os núcleos urbanos. A Igrexa debía enfrontarse nas cidades aos
problemas éticos que producían o exceso de riqueza e de miseria, e os
intelectuais que nacía da propagación da
ensinanza a través das escolas e das
universidades.
Apareceron dúas novas ordes relixiosas de
tipo cidadán: os franciscanos e os dominicos.
Ámbalas dúas foron denominadas ordes
mendicantes porque a pobreza era un dos
seus votos máis importantes polo que se vían
obrigados a mendigar os seu sustento.
Apareceron no século XIII e os seus
respectivos creadores foron San Francisco
de Asís e Santo Domingo de Guzmán.
Estas dúas ordes fundaron os seus conventos dentro
das cidades. Os franciscanos dedicáronse a evanxelizar
máis directamente ao pobo, co seu exemplo de pobreza
e humildade. Os dominicos inclináronse máis ao estudo
da Teoloxía e dominaron a Universidade con figuras
como San Alberte Magno ou Santo Tomás de Aquino
(século XIII). Esta orde, tamén coñecida como de
predicadores, foi a encargada de loitar contra as
herexías a través do Tribunal da Inquisición.
Ilustración 9 Neste fresco de Giotto o Papa Inocencio III recoñece a regla franciscana diante do fundador da orde, Francisco de Asís
Ilustración 10 Tomás de Aquino, unha das principais figuras intelectuais da Idade Media
11
A cultura das cidades
Nas cidades medievais aparece un centro de educación que chegou ata os
nosos días: a universidade. Esta institución nace como asociación de profesores,
ou de profesores e alumnos que buscan independizarse da disciplina
intransixente das escolas episcopais.
A universidade medieval ten tres notas esenciais que a fan orixinal:
Corporatividade: A Universidade chega a ter existencia como tal no
momento no que cristaliza como corporación, que é o que a constitúe
formalmente. Como xa sinalamos, pártese de mestres e alumnos que xa
había, pero dándolles a forma de tipo de asociación que estaba en auxe
nese momento (lémbrese os gremios).
Autonomía: Cada centro rexíase a si mesmo no académico, administrativo
e xurídico. Tiñan unha dobre protección, pontificia e rexia, o que as
configuraba como unhas corporacións de ampla proxección, con
autonomía económica, administrativa e xurídica.
Universalidade: o latín funciona como instrumento lingüístico de
intercambio dos saberes; así, as universidades teñen plans de estudos
semellantes, e unha mobilidade de eruditos e estudosos. Un estudo xeral
sería o lugar onde se impartirían múltiples ensinanzas e tería sido
ratificado por unha autoridade ecuménica: Papado, Emperador ou Rei.
Polo xeral, unha universidade
constaba de catro facultades:
unha de Artes e Letras, unha de
Dereito, unha de Medicina e a
máis importante de todas, a de
Teoloxía. Cada facultade elexía
un decano; normalmente o de
Artes e Letras que era a
facultade con maior número de
alumnos, tomaba o título de
Reitor e representaba á
universidade.
Ilustración 11 Lectura da lección na Universidade
12
Xunto coa universidade apareceron, a partires do século XIV, os colexios que
eran unha especie de residencia para estudantes, que cada vez eran menos
eclesiásticos e máis laicos. O método de aprendizaxe consistía na memorización
das ensinanzas do profesor porque había poucos libros e saber latín porque,
como xa dixemos, esta era a lingua utilizada no ensino universitario.
Moi pronto se especializaron as diferentes
universidades: Bolonia foi famosa polos
seus estudos de dereito a partir da obra de
Xustiniano; Montpellier e Salerno
destacaron polos seus estudos de Medicina
e contaron con profesores e manuais
musulmáns; a Sorbona de París polas súas
ensinanzas de Teoloxía. Outros centros
universitarios importantes foron Salamanca
en Castela, Lérida e Perpignán na Coroa de
Aragón, Oxford en Inglaterra...
Os burgueses preferiron unha literatura
narrativa de feitos cotiás. Non lles interesaban os poemas épicos feudais, de
combates, moi propios de señores feudais, ou os poemas relixiosos de vidas de
santos. Apareceron no seu lugar os Libros de Cabalería, de carácter
esaxeradamente fantasioso ou
incluso irónico (O Cabaleiro Cifar,
O Tirant lo Blanc), as críticas da
sociedade feudal a través do
mundo dos animais (Roman de
Renart) ou os pequenos contos
humorísticos (Decamerón, de
Boccaccio; o Libro del Buen Amor
do Arcipreste de Hita, os Contos
de Canterbury de Chaucer).
Ilustración 12 Mapa das aparición das Universidades na Europa da Baixa Idade Media
Ilustración 13 Ilustración do Libro do Cabaleiro Cifar
13
A arte da Baixa Idade Media: o Gótico
As novas concentracións urbanas medievais precisaban novos tipos de edificios,
distintos na súa concepción e dimensións aos da época feudal plena. As igrexas
necesitaron aínda maiores espazos para acoller a un número maior de fieis; as
catedrais. Os comerciantes precisaron edificios nos que reunirse para valorar as
mercadorías, intercambialas e lanzalas ao mercado, as lonxas. Pero, ademais,
o municipio precisou un lugar apropiado para as súas reunións, a casa do
concello. E os ricos burgueses ou os nobres asentados nas cidades construíron
os seus palacios. Catro edificios importantes dentro
dunha cidade medieval: a catedral, a lonxa, a casa
do concello e os palacios.
En todos estes dominaron dúas necesidades
básicas: espazo e luz. Pero a cuberta de bóveda de
canón, propia do románico, non permitía cubrir
grandes espazos, nin abrir ventás nas grosas
paredes. Foi preciso buscar un tipo de cuberta que
exercera unha
presión menor sobre
os muros laterais. E o
conseguiron, desde
finais do século XII, a
partir da utilización, por parte dos monxes do
Císter, do arco apuntado ou oxival e a súa bóveda
derivada, a de cruzaría.
As catedrais mantiveron a planta de cruz latina, a
ábsida fíxose moito máis grande e complicada
porque ampliouse o número de ábsidas pequenas
xuntadas coa principal. Nas fachadas, tres grandes
portas con arquivoltas, daban paso a tres naves
lonxitudinais; seguindo as laterais dábase a volta
arredor do altar maior por medio da xirola ou
Ilustración 14 Neste debuxo podes ver todas as partes que definen a construción dunha catedral gótica
Ilustración 15 Fachada da catedral de Amiens (Francia). Podes ver as tres grandes portas con arquivoltas, un rosetón -ventá redonda de gran tamaño- e as dúas torres a ámbolos dous lados da fachada.
14
deambulatorio. Unha ou dúas altas torres-campanario se colocaban aos lados
da fachada da catedral.
Unha catedral gótica ven sendo unha marabilla de esvelteza, matemática
construtiva e de luz sabiamente matizada pola cor das vidreiras.
As primeiras catedrais apareceron no Norte de Francia. Así Nôtre-Dame de París
ou a Catedral de Chartres. O novo estilo se estendeu polo resto de Francia
(Amiens, Reims, Beauvais, Bourges) e pasou a Inglaterra (Salisbury, Lincoln,
Westminster), Alemaña (Colonia,
Ulm) e España (Burgos, León,
Xerona, Palma de Mallorca). En
Italia tivo un carácter moito máis
propio e diferente do resto da
Europa occidental (Siena,
Orvieto, Milán).
Arredor dunha catedral, que
costaba moito tempo e diñeiro
para construíla, reuníanse toda
clase de artistas. O escultor
continuou xogando un papel
importante porque enchía con esculturas e
relevos as portadas e os capiteis. Cada catedral
tivo o seu propio obradoiro que lle daba
variedade ao estilo ao longo do continente. En
xeral, as figuras fanse máis longas e van
adquirindo, co paso das etapas, un carácter máis
naturalista e de perfección técnica. Agora, en
lugar do Cristo Xuíz (Pantocrátor) propio do
románico, aparece un Cristo máis humano –o
que en Francia chaman, Beau Dieu- ou unha
Virxe co Neno, pero non como rei no trono, senón
coma nai e fillo, xogando entre eles.
Ilustración 16 Amiens, decoración escultórica nunha das súas portas
Ilustración 17 Amiens. As vidreiras pasaron a substituír á pintura nas representacións iconográficas
15
Ao desaparecer boa parte do muro, a decoración pictórica foi substituída por un
novo tipo de representación iconográfica: a vidreira. Por medio de fragmentos de
vidro de distintas cores, unidos e
sostidos por xuntas de chumbo,
chegaron a crearse escenas
magníficas ás que a luz lles daba
unha gama de tonalidades moi
fermosa.
A pintura, substituída por
vidreiras ou tapices, vaise
quedando arredor do altar maior,
no que se montan retablos, ás
veces moi grandes, formados por
unha ou varias táboas (trípticos, polípticos) que se colocaban detrás do altar
maior. Xa non é unha pintura sobre xiz ou cal, senón sobre madeira.
Ilustración 18 A pintua de táboa adquiriu gran importancia durante o Gótico. Políptico do Cordeiro Místico, na igrexa de San Bavón en Gante, obra de Jan van Eyck
16
A crise dos séculos XIV e XV. A fin da Idade Media
Introdución
O extraordinario desenvolvemento de Europa Occidental desde o século XII
comeza a frearse xa a finais do século XIII. En principio parece o que se chama
unha “crise de esgotamento”, é dicir, como si o ritmo de desenvolvemento
atopara os seus límites e non puidera seguir adiante. Serían, por unha banda,
límites técnicos –cávanse menos terras, fúndanse menos cidades, constrúese
menos obras de gran fuste- e por outra, límites xeográficas e comerciais, que
parece que os europeos non poderán traspasar. Advírtense, incluso, uns límites
intelectuais: a escolástica –a escola filosófica medieval por definición- parece
que se esgota e os seus cultivadores tan só se lían en discusións sen fin.
Sobre esta situación xeral cae unha crise económica entre 1315 e 1318,
provocada por varias malas colleitas sucesivas, orixinadas por fríos e chuvias
moi abundantes durante tres anos. A fame esténdese por toda Europa, a
mortalidade aumenta, a industria téxtil vese prexudicada e a moeda sobre
devaluacións. A crise económica provoca alteracións sociais e estes dous
elementos influirán á vez na situación da nobreza feudal, aínda moi poderosa.
Fronte á baixa de prezos agrícolas, a desvalorización da moeda e a diminución
das rendas, os nobres
terratenentes atópanse en
dificultades, pero aínda poden
tratar de manterse e acoden a
todos os medios á súa man para
logralo; por iso, considérase que o
século XIV, ademais da crise xeral,
correspóndese coa crise do
feudalismo. Para manter a súa
posición os grandes señores
acoden incluso a un último
estremo: a guerra. No caso
concreto da loita entre Francia e
Inglaterra converterase na Guerra dos Cen Anos (1337-1453), que fará do
Ilustración 19 Batalla de Creçy (1346) durante a Guerra dos Cen Anos. Derrota aplastante da cabalería francesa fronte ao exército inglés.
17
tránsito do século XIV ao XV unha época terrible, que será, en definitiva, a
liquidación da Idade Media.
Crise demográfica
Sabemos que ao longo do século XIII a poboación europea occidental aumentara
sen parar, especialmente porque houbera poucas pestes e poucas carestías,
pero a crise de comezos do século XIV da que acabamos de falar xa nos sinala
a aparición dun cambio de signo. O punto clave está marcado pola epidemia de
peste que chegou a
Francia en 1348 e se
estendeu de tal maneira
que se calcula que
acabou cun terzo da
poboación do continente;
ademais, a epidemia
volveu con forza
posteriormente, sobre
todo en 1360 e 1371.
O retroceso demográfico foi tan
acusado que Europa tardou
douscentos anos en recuperar a
cifra de poboación do 1300.
Agora ben, non podemos
considerar a crise demográfica
como un feito illado, senón que
debemos relacionalo co
contexto xeral da época e moi
en especial coa crise agrícola,
xa que a escaseza e carestía de produtos alimenticios orixinaba grandes fames
e, por tanto, menor resistencia diante da enfermidade.
Ilustración 20 A peste negra de mediados do século XIV provocou un dos maiores desastres demográficos da historia
Ilustración 21 representación de afectados pola peste negra
18
A crise agrícola
Aínda que se desenvolvera con forza a manufactura e o comercio na Europa dos
séculos XII-XIII, a base da economía seguía a ser a agricultura e a inmensa
maioría da poboación estaba formada por campesiños.
A peste orixinou unha
impresionante
despoboación do mundo
rural, xa fora pola morte dos
campesiños, os pola súa
migración cara as cidades,
onde esperaban atopar
comida, traballo ou refuxio,
aínda que o amoreamento
nas cidades acabou
provocando unha maior
gravidade da epidemia.
Moitas terras quedaron abandonadas e os señores víronse na obriga de
arrendalas a prezos baixos ou cultivalas eles mesmos por medio de asalariados.
É evidente que a produción global europea reduciuse durante o século XIV, por
unha serie de causas, entre as cales, ademais da despoboación, atópase o
empobrecemento do solo e un cambio climático caracterizado por un maior frío.
Para saír deste marasmo era preciso investir
en terras e revalorizalas, pero os señores non
teñen interese en investir e os campesiños
non poden; só algúns burgueses empregan
os aforros acumulados durante a época de
prosperidade na compra de terras.
A terrible situación do mundo rural advírtese
nas numerosas revoltas campesiñas,
provocadas en parte polas consecuencias da
peste (terror nas cidades, fuxitivos e
bandidos no campo) e da guerra. Entre estas
Ilustración 23 O campo despoboado, as terras sen traballar, as facendas abandonadas. O resultado do mal goberno ou da crise do século XIV. Fragmento do fresco de Ambrogio Lorenzetti, "Alegoría do bo e do mal goberno, no Palacio de Goberno de Siena
Ilustración 22 Os campesiños atacan a un cabaleiro, representación dun episodio das jacqueries de 1358
19
revoltas destaca a jacquerie, que asolou o campo de Francia en 1358 e foi
reprimida con terrible dureza polos señores, así como a revolta inglesa liderada
por Watt Tyler en 1381.
Nalgúns territorios, como Castela ou Alemaña, trátase de saír da crise agrícola
estendendo a gandería, que esixe menos brazos que a agricultura. En Castela
introduciuse a ovella meriña, de lá de gran calidade, a comezos do século XIV e
a cabana aumentou en máis dun millón de cabezas ao longo do século.
Por outra parte, os distintos aspectos da crise inflúen sobre o mundo rural no
sentido de que as rendas, que pagaban os campesiños, que adoitaban ser
admitidas en especie, esíxense agora en metálico e, sobre todo, en que a
nobreza, que en xeral, non ten outro medio de vida, impón toda clase de cargas
aos campesiños para poder aumentar os seus beneficios. Esta situación produce
dous resultados distintos: favorece á gran nobreza, propietaria de inmensos
territorios, que pode incluso aumentar, como os morgados casteláns, pero
arruína á pequena nobreza, á que non lle queda máis que malvivir no seu terreo,
trasladarse á cidade e entroncar coa burguesía ou dedicarse á guerra como
soldado de fortuna nas diferentes guerras que asolan o territorio de Europa.
Crise da manufactura e do comercio
Xa falamos antes da manufactura e dos gremios e do importante
desenvolvemento do comercio internacional no século XIII, pero debemos
considerar que a manufactura que fabricaba para este comercio era case
exclusivamente a téxtil, pois en outros aspectos as distintas comarcas auto
abastecíanse. E, a pesar do seu desenvolvemento, a industria téxtil estaba moi
por debaixo da agricultura, sobre todo porque empregaba a un número
relativamente baixo de persoas.
A crise demográfica e agrícola inflúe tamén na industria téxtil, xa que diminúe a
man de obra e o número de consumidores, o que significa menos demanda,
descenso da produción e baixa dos salarios. Nas dúas grandes zonas europeas
produtoras de tecidos de lá Flandes e Norte de Italia, apercíbese unha notable
diminución da produción ao longo do século XIV.
20
Onde a crise é máis clara é nos intercambios comerciais: as feiras de Champaña
decaen e a ruta do Ródano trasládase ao leste: as cidades flamencas veranse
moi afectadas e Bruxas xa non rexurdirá desta decadencia: do mesmo modo
advírtese a crise do comercio nas cidades da Hansa e nos portos do
Mediterráneo: Barcelona perderá a metade da súa poboación nese período.
A inestabilidade social do
campo influirá na da cidade e
nalgunhas comarcas
prodúcense levantamentos da
pequena burguesía contra o
patriciado. Desde agora
aumentarán as diferenzas entre
a alta burguesía e o baixo pobo,
sobre todo cando o artesán
vaia transformándose en obreiro e cando o campesiño chegue do campo á
procura de traballo e se atope nun medio descoñecido e hostil.
Crise espiritual
A crise xeral inflúe tamén sobre o mundo
relixioso en dúas vertentes. Por un lado, o
Papado vese mediatizado pola monarquía
francesa e é obrigado a residir en Aviñón
durante case todo o século XIV (1306-1376),
o que provocou un cisma na Igrexa de
occidente, chegando a existir tres papas
simultáneos a comezos do século XV, esta
situación quedou resolta logo da elección do
Papa Martín V no Concilio de Constanza de
1415. Esta situación de inestabilidade
institucional fixo que parte do clero se
corrompera polos malos costumes. Pero, por
outra parte, advírtese un amplo movemento
Ilustración 24 Ambrogio Lorenzetti. Alegoría do bo e do mal goberno. A cidade inxusta
Ilustración 25 Coroación como Papa de Martín V. Con isto remataba o Cisma de Occidente
21
místico nas masas, aterradas pola inseguridade provocada polas epidemias, as
guerras e os bandidos. O temor constante da morte leva ao home a preocuparse
aínda máis polo máis aló e na literatura popular aparecen con máis frecuencia o
tema da gloria e do inferno, xa
retratados na obra A Divina
Comedia de Dante, un florentino
que viviu a cabalo dos séculos XIII-
XIV. Tamén son frecuentes as
“danzas da morte”, nas que todos,
pobres e ricos, resultan igualados ante o
destino que lles espera.
O desexo dunha experiencia relixiosa máis
pura e dunha reforma da Igrexa levou a
algúns a caer na herexía, como o bohemio
Jan Huss, que rematou morrendo queimado.
Ilustración 26 Danza da morte
Ilustración 27 Jan Huss morre queimado na fogueira por herexe