Upload
others
View
16
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Boletín Informativo 9 de decembro de 2008 Curso 2008/09 nº 12 [email protected] BOLETÍN INFORMATIVO
Propoñémosvos este sitio
onde atoparedes información
sobre a celebración do Nadal,
entendida como un feito so-
cial e cultural. Atoparedes
información sobre esta cele-
bración en Galicia e noutros
lugares do mundo, e incluso
información sobre outras cele-
bracións que coinciden no
tempo co Nadal pero que
pertencen a outras culturas.
Acceso
Especial Nadal
Borrador da convocatoria do
programa de apoio ao ensino
e aprendizaxe de linguas es-
tranxeiras, que será publicada
nos vindeiros días no portal
educativo e no web de linguas
estranxeiras. As solicitudes
deberán cubrirse no web
http://www.edu.xunta.es/
pale a partir do vindeiro día
12 de decembro. O prazo de
presentación remata o día 15
de xaneiro.
Máis información
Borrador da convocatoria PALE 2009
Webs recomendados
- Sinalización das
dependencias nos
centros educativos en
varios idiomas
- Documentos de uso
habitual nos centros
- Secuencias didácticas
hábitos saudables
- Concellos saudables
No DOG nº 237 do venres 5 de decembro sae publicada a Orde do 3 de decembro pola que se convoca concurso de traslados de ámbito estatal
entre persoal funcionario do-cente do corpo de mestres.
Concurso de traslados de primaria
No DOG nº 237 do venres 5 de decembro sae publicada a Orde do 3 de decembro pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcio-nario docente dos corpos de catedráticos de ensino secun-
dario, catedráticos de escolas oficiais de idiomas, catedráti-cos de artes plásticas e deseño, profesores de ensino secunda-rio, profesores técnicos de formación profesional, profe-sores de escolas oficiais de
idiomas, catedráticos de músi-ca e artes escénicas, profeso-res de música e artes escéni-cas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e dese-ño e inspectores de educación.
Concurso de traslados de secundaria
Páxina 2 Bolet ín Informat ivo 9 de decembro de 2008
Fotografías dispoñibles nas galerías
fotográficas do Portal de Contidos, de
libre disposición para uso educativo.
A exposición Muller e Ciencia viu a luz no marco do Curso Mulleres Conformando a Ciencia, enmarcado nas actividades que a Unidade de Muller e Ciencia está a desenvolver actualmente. Consta de 20 paneis expositivos, nos que se debuxa un percorrido polas
biografías e achegas científicas máis destacadas dalgunhas mulleres, desde o mundo clá-sico ata o século XX. A expo-sición pode visitarse actual-mente no MUPEGA, en San-tiago de Compostela, ou vir-tualmente.
Acceso á exposición
Exposición muller e ciencia
No DOG nº 233 do luns 1 de decembro sae publicada a Orde do 17 de novembro de 2008 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 30 de abril de 2008 pola que se
convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formati-vos de grao medio e superior
de formación profesional, módulos profesionais experi-mentais e deseño e programas de garantía social.
Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza prácticas en centros de traballo
Inaugurouse Europeana, a biblioteca multimedia en liña da UE. Libros, películas, gra-vacións, fotografías, mapas e outros documentos están xa dispoñibles na rede. Europea-na, que está dirixida pola Fun-dación Europea de Bibliotecas
Dixitais, permite conectarse ás coleccións dixitalizadas das bibliotecas, os arquivos e os museos da UE.
Acceso
Europeana
Co obxectivo de desenvolver a acción educativa, así como co de desenvolver e elaborar programas e promoción edu-cativa no estranxeiro, convó-case concurso de méritos para cubrir as vacantes de asesores
técnicos no exterior. A orde ESD/3459/2008 (BOE DO 2 de decembro) establece, entre outros requisitos, que poderán solicitar estas prazas os fun-cionarios de carreira perten-centes aos corpos de catedrá-
ticos e profesores de Ensino Secundario e os catedráticos e profesores de Escolas Oficiais de Idiomas.
Convocatoria de asesores técnicos no exterior
M e d i a n t e a o r d e ESD/3460/2008 (BOE do 2 decembro) convócase un con-curso de méritos para cubrir vacantes en centros educati-vos de primaria e secundaria,
escolas europeas, centros de titularidade mixta e agrupa-cións, todos eles no estranxei-ro. Os funcionarios de carreira que participen deberán, entre outros requisitos, coñecer o
idioma ou idiomas determina-dos para cada posto. O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de decembro de 2008.
Convocatoria de postos de persoal docente no exterior
Nos vindeiros días recibirase nos centros de educación
primaria a publicación Enre-dando nos topónimos con Rodari.
Enredando nos topónimos con Rodari
Página 3 T í tu lo del bo let ín 9 de decembro de 2008
Acto organizado polo Semina-rio Galego de Educación para a Paz xunto co Consello da Cultura Galega e o Colexio Oficial de Avogados de San-tiago de Compostela, o vindei-ro 10 de decembro, a partir
das 10:00 horas. no Consello da Cultura Galega en Raxoi (Santiago). Pola tarde, a partir das 19:00 horas, na Facultade de Filosofía da Praza de Ma-zarelos en Compostela, haberá un segundo acto organizado
pola INICIATIVA POLOS DEREITOS HUMANOS, unha plataforma na que parti-cipan 13 organizacións de moi distinto ámbito e acción.
Máis información
Conmemoración do 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
O IES Luís Seoane, de Ponte-vedra, recibe o segundo Pre-mio Marta Mata á calidade dos centros educativos, con-vocado polo Ministerio de
Educación, Política Social e Deporte, na modalidade B.
Premios Marta Mata
No DOG nº 238 do martes 9 de decembro sae publicada a Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se regula a or-ganización, a avaliación e a acreditación académica das
ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.
Organización, avaliación e acreditación de artes plásticas e deseño
No DOG nº 238 do martes 9 de decembro sae publicada a Orde do 26 de novembro de 2008 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de axudas comple-
mentarias ao programa comu-nitario de mobilidade Eras-mus e Suíza e se anuncia a súa convocatoria para o curso académico 2008-2009.
Programa Erasmus e Suíza
Publicacións
Ligazón á páxina de lexislación educativa: acceso
Webs temáticos
Contidos Educativos
http://www.edu.xunta.es/contidos
Plan Galego de Convivencia
http://www.edu.xunta.es/convivencia
Plan Valora
http://www.edu.xunta.es/valora
Rede TIC de Centros
http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_tic
Linguas estranxeiras
http://www.edu.xunta.es/linguasestranxeiras
Bibliotecas escolares
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blogbib
Páxina 4 Bolet ín Informat ivo 9 de decembro de 2008
Mupega
http://www.edu.xunta.es/mupega
Alumnado con discapacidade motora
Alumnado con problemas de conduta
Alumnado con discapacidade intelectual
Alumnado con sobredotación intelectual
Proxectos innovación educativa 2008-09
Premios de innovación educativa 2008
Plans e actuacións innovación educativa
Medrando sans. Hábitos saudables na
Educación Infantil.
¿E por que?. Prevención de accidentes
infantís
Guía do sistema educativo galego (10
idiomas)
Guía de comunicación básica (10 idio-
mas)
Dicionario visual interactivo
LOE
Lexislación de Educación Primaria
Lexislación de Educación Secundaria
Lexislación de Bacharelato
O proceso de adaptación. E ti … vas á
escola?
Plan de Convivencia
Saudiña
Alumnado con trastornos xeneralizados
do desenvolvemento