Upload
others
View
6
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
2
1. FUNCIÓNS BÁSICAS
Os requisitos técnicos e administrativos necesarios para traballar con METAPOSTA son o máis sinxelos
posibles para facilitar o acceso a todo tipo de usuarios:
1. Almacenamento de documentos
METAPOSTA servirá como elemento de substitución da caixa do correo postal.
Podemos «subir» ou «colgar en Internet» toda a documentación da que dispoñemos e asinala
dixitalmente.
METAPOSTA complementa ou substitúe o arquivo de documentación oficial de relevancia legal de
carácter persoal ou familiar do que dispoñemos nos nosos fogares ou na oficina ou substitúe o sistema
de arquivado doméstico (cartafol) na cal almacenamos as garantías e manuais de uso dos aparellos
electrodomésticos, equipamento audiovisual e microinformático dos que dispoñemos no fogar.
- Podes dixitalizar todas as garantías dos teus electrodomésticos, asinalas dixitalmente e gardalas no
cartafol correspondente de METAPOSTA; aí non se che perderán nunca.
- Podes dixitalizar as escrituras da túa casa e asinalas dixitalmente, do mesmo xeito que o teu DNI,
pasaporte…
E que validez legal ten un documento dixitalizado, asinado dixitalmente e gardado en METAPOSTA?
Art. 35.2 Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos: «Os
interesados poderán achegar ao expediente copias dixitalizadas dos documentos, cuxa fidelidade co orixinal
garantirán mediante a utilización de sinatura electrónica avanzada. A Administración Pública poderá solicitar
do correspondente arquivo o cotexo do contido das copias achegadas. Ante a imposibilidade deste cotexo e
con carácter excepcional, poderá requirir ao particular a exhibición do documento ou da información orixinal.
A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información
persoal contida en tales documentos».
A lei non contempla a aceptación da devandita documentación no sector privado, a diferenza doutros países,
polo que un avogado nos poderá requirir a presentación da documentación en formato orixinal.
2. Custodia legal de documentos
METAPOSTA garante o almacenamento e custodia legal de documentos, e permite establecer e garantir
para cada tipo de documento un nivel de criticidade/relevancia e un período legal de validez.
3. Servizo de notificacións
O Servizo de Notificacións de METAPOSTA é unha das funcionalidades principais en que se basea o
sistema.
1) Darse de alta para recibir notificacións
O primeiro paso será que o usuario comunique a METAPOSTA que desexa recibir notificacións
oficiais, tanto de entes públicos como privados, a través do sistema. É dicir, darse de alta no
3
sistema.
2) Envío de notificacións por parte dos emisarios.
Os emisores serán os encargados de enviar a información. As notificacións serán recibidas e
rexistradas de forma segura cun control de aviso de recibimento que controle o estado das
notificacións: pendentes de recibir, recibidas e rexeitadas.
3) Aviso das notificacións recibidas
O envío será notificado ao usuario-receptor por correo electrónico ou SMS sempre que se
dispuxese que desexa recibir este tipo de avisos.
4) Recollida das notificacións
Para recoller a notificación, o usuario conectarase co seu certificado dixital —eDNI, Certificado de
Sinatura Electrónica Recoñecida de Izenpe e de Camerfirma, Usuario + Password— e accederá a
través do seu cartafol ás mensaxes identificadas como notificación que ten pendentes, así como ás
notificacións aceptadas, rexeitadas ou expiradas.
As notificacións teñen un tempo de expiración. Se non son lidas no prazo establecido, 10 días, a
notificación automaticamente quedará en estado expirado e xa non poderá recollerse. O prazo
comeza no momento en que o sistema rexistra a saída da notificación.
4. Rexistro Telemático Público
METAPOSTA actuará como Rexistro Telemático Público para efectos da documentación remitida e
depositada no sistema, para o que ofrecerá mecanismos de notificación electrónica segundo os
requisitos legais do Real Decreto 209/2003.
4
2. COMO DARSE DE ALTA
Existen tres vías para darse de alta no servizo METAPOSTA:
1. Con certificado dixital
Poderemos acceder á plataforma de METAPOSTA identificándonos cun certificado de sinatura dixital
recoñecido (DNI electrónico, tarxetas IZENPE cidadán, ONA e Camerfirma).
A vantaxe de acceder con este tipo de certificados é que automaticamente che capacitará para recibir
notificacións electrónicas dos emisores adscritos. Soamente os usuarios que accedan con certificacións
de sinatura dixital recoñecida poderán recibir notificacións electrónicas.
2. De forma presencial
As altas presenciais xestiónanse nas oficinas dos KZgunea. As persoas físicas poderán acudirse nun centro
KZgunea colaborador e identificarse co seu DNI ou NIE en vigor.
Unha vez cumprimentado este proceso enviaranlle dúas claves para activar o servizo: unha clave
recibiraa por carta e a outra a través dun SMS no teléfono móbil.
3. A través da web das entidades colaboradoras
As seguintes entidades colaboran desde os seus servizos de banca en liña na alta en METAPOSTA.
- Bankoa
- Bilbao Bizkaia Kutxa
- Caja Laboral - Euskadiko Kutxa
- Caja Vital Kutxa
- Iparkutxa
- Kutxa
Só é necesario que estea dado de alta como usuario de banca en liña dunha destas entidades financeiras.
Para proceder a darse de alta en Metaposta coa súa banca en liña, o primeiro paso é entrar na web da
súa entidade e iniciar a súa sesión. No manual da alta na banca en liña detállase como seguir o proceso
en cada unha destas entidades.
Que debo facer se as miñas claves de acceso a METAPOSTA se perden ou caen nas mans doutra
persoa?
Dado o alto grao de confidencialidade que ten a documentación da súa caixa do correo de METAPOSTA,
se non dispón das súas claves ou cre que están en posesión doutra persoa, vostede debe chamar ao
servizo de atención telefónica de METAPOSTA (902 540 540) e solicitar a reactivación da súa conta.
METAPOSTA rexenerará o seu PIN e as súas claves e volverallas a enviar. O PIN será entregado no seu
teléfono móbil a través dun SMS e as claves enviaránselle a través de correo postal/ordinario no seu
enderezo postal.
5
Desexo darme de baixa en METAPOSTA. Que debo facer?
Vostede poderá darse de baixa cando o desexe, xa que non existe período de permanencia en
METAPOSTA.
Para darse de baixa, cómpre que presente na sede de METAPOSTA, S. A. a solicitude de revogación en
que se recolle a seguinte información:
- Identidade do Titular/posuidor de claves da conta.
- Razón detallada para a solicitude da baixa.
- Nome do solicitante da baixa. Información de contacto do solicitante da baixa.
Esta solicitude autenticarase de acordo cos requisitos establecidos na Declaración de Prácticas de Contas
e Servizos, e METAPOSTA, S. A., que procederá á súa baixa efectiva.
A solicitude de baixa autenticada, así como a información que xustifica a revogación, é rexistrada e
arquivada.
No caso de que a revogación fose solicitada por unha persoa distinta do Titular, METAPOSTA, S. A.
comunicará ao Titular da Conta esa solicitude de baixa e a causa pola que se leva a cabo. METAPOSTA,
S. A. non poderá reactivar unha conta previamente dada de baixa.
Enderezo postal: METAPOSTA, S. A.
Parque Tecnológico de Álava
Avda. Albert Einstein, 44 - Edif. E6 - Bajo
Miñano Mayor - 01510 Vitoria-Gasteiz
Fax: 945 00 10 65
Necesito algún requirimento de hardware/software/infraestrutura para acceder a METAPOSTA?
METAPOSTA non ten ningún requirimento específico diferente ao necesario para unha navegación por
Internet normal. Simplemente vostede debe contar con algún dispositivo para consultar Internet
(ordenador persoal, PDA, Smartphone…) e conexión a Internet dispoñible.
No caso de que desexe utilizar certificados de sinatura electrónica para iniciar a sesión en METAPOSTA,
ou asinar dixitalmente documentos, deberá estar en posesión dos certificados de sinatura electrónica
necesaria e dun lector de tarxetas operativo.
6
Con que navegadores e/ou sistemas operativos se pode operar METAPOSTA?
METAPOSTA está construída cun software libre, co cal, en principio, calquera navegador e/ou sistema
operativo é válido para o uso de METAPOSTA.
METAPOSTA garante o uso cos navegadores e sistemas operativos de máis amplo uso entre a cidadanía,
e destaca:
Para o acceso e utilización, os seguintes navegadores web:
1. Internet Explorer.
2. Mozilla e Mozilla Firefox.
3. Opera.
4. Safari.
En canto aos sistemas operativos:
1. Contorno Microsoft Windows.
2. Contorno GNU/Linux.
3. Contorno Mac OS X.
4. Contornos móbiles (Symbian, Blackberry, Windows Mobile).
7
3. ACCESO A METAPOSTA
Ábrese o enderezo de Internet no explorador: www.metaposta.com
Na páxina principal aparece a sección Entrar na miña caixa do correo. Vostede poderá elixir entre entrar
cunha versión normal da web ou unha versión accesible, a cal lle facilitará o manexo do servizo. Ademais
na mesma dispoñemos de diferentes modos de acceso á web de METAPOSTA.
1. Acceso con usuario e contrasinal
Todos os usuarios de METAPOSTA dispoñen dun usuario e contrasinal que lles será proporcionado no
momento da alta no sistema. No caso de introducir un usuario e contrasinal non válido, aparece a
mensaxe «Credenciais non válidas».
8
Teña en conta que…
No campo Usuario debe escribir o seu DNI, nunca PIN ou contrasinal. Para que se efectúe o acceso debe ter
en conta varios aspectos sobre como escribir o seu DNI:
1. Introducir o DNI con letra sempre maiúscula.
2. Non incluír guións nin espazos entre o número e a letra.
3. Introducir o seu DNI con algún destes fallos orixinará credenciais erróneas.
No campo de Contrasinal ten que introducir o conxunto de números e letras que elixa no seu primeiro
acceso a Metaposta.
Se é a primeira vez que accede:
1. Se efectuou a alta con Certificado Dixital: escriba a contrasinal que elixa.
2. Se efectuou a alta a través de banca en liña: escriba o contrasinal que lle facilitaron na pantalla.
Aconsellámoslle que non faga un copiar-pegar do contrasinal desde a pantalla en que se xera, xa que
pode copiar, por erro, carácteres inesperados.
3. Se efectuou a alta nun KZgunea: escriba o contrasinal que recibiu por correo ordinario.
2. Acceso con certificado dixital
Introducindo unha tarxeta con certificado dixital (DNI electrónico, IZENPE, ONA). Unha vez o sistema
detecte a introdución do certificado dixital, solicitará o PIN de seguridade do mesmo e permitirá o acceso
a METAPOSTA (no caso que este estea dado de alta no sistema).
9
4. MENÚS METAPOSTA
A pantalla de METAPOSTA divídese en 2 áreas. Á dereita atópase a caixa do correo de documentos, en
que aparecerá a listaxe de documentos gardados en METAPOSTA. Esa listaxe varía segundo o cartafol ou
etiqueta seleccionada no menú da área da esquerda (dividida en Cartafoles e Etiquetas).
1. Listado de documentos
Unha vez que o usuario se identifique, o sistema redirixe a sesión á Caixa de entrada do usuario, que é a
bandexa en que se reciben normalmente os documentos.
2. Área de control
Área da esquerda ou área de control, en que o usuario dispón dun menú coas opcións de navegación
por METAPOSTA na parte superior e as opcións de configuración METAPOSTA na parte inferior.
- Opcións de navegación por METAPOSTA (parte superior)
No panel esquerdo de METAPOSTA pódense observar dous separadores: «Cartafoles» e «Etiquetas».
Premendo sobre eles poderemos cambiar a forma de acceder aos documentos. No primeiro, como o seu
nome indica, veremos a organización dos documentos cunha visión de cartafoles (similar a «Windows»),
e co segundo veremos unha organización por etiquetas (similar a «Gmail»).
Os cartafoles permiten gardar un documento nun só contedor (cartafol) onde poder ter localizado o
documento, mentres que o sistema de etiquetas permite ter localizado un documento asignándolle unha
ou varias etiquetas.
10
Organización de documentos por Cartafoles
Na parte superior disponse dunha árbore de cartafoles que mostra todos os cartafoles de METAPOSTA.
Estes cartafoles, agás «Caixa de entrada», «Documentos compartidos» e «Documentos desbotados», son
cartafoles configurables polo usuario, é dicir, o usuario poderá crear novos cartafoles, borrar os
existentes e mover os cartafoles pola árbore sen restricións, así como nomear os cartafoles ao seu gusto
e cambiar os nomes dos mesmos.
Cartafol de avisos
O usuario recibe neste cartafol as comunicacións especiais de METAPOSTA ou dos emisores.
Normalmente, enviaranse mensaxes sobre o estado das súas subscricións aos diferentes emisores. É
dicir, METAPOSTA enviará un aviso ao usuario cada vez que unha entidade acepte ou rexeite a súa
subscrición.
Arquivo
A bandexa de «Arquivo» é na cal podemos organizar o noso sistema de cartafoles persoais para
almacenar os documentos.
Documentos desbotados
Ao desbotar un documento, este gárdase na bandexa de «Documentos desbotados», e é desde aquí
desde onde se pode eliminar o documento de forma definitiva ou restauralo ao sistema.
De face a realizar as accións de mantemento e configuración de cartafoles, dispoñemos de dúas
posibilidades:
1. Premer no botón dereito do rato sobre a área de cartafoles (apareceranos un menú despregable
11
coas accións posibles de configuración de cartafoles).
2. Premer na opción de configuración da parte inferior do menú «Xestionar cartafoles». Nese caso
aparecerá a seguinte pantalla con todas as opcións de xestión da árbore de cartafoles:
a. Crear un cartafol: O usuario terá que asignarlle un nome a cada cartafol que cree. Este nome non
pode exceder os 50 carácteres.
b. Renomear cartafol: Cambia o nome do cartafol seleccionado.
c. Eliminar cartafol: Elimina o cartafol seleccionado e todos os seus subcartafoles (cartafoles fillos).
Se un cartafol ou subcartafol contén documentos, aparecerá unha mensaxe confirmando a
eliminación do cartafol e dos seus documentos. Pero, se algún deses documentos está
compartido ou o cartafol está inmerso nalgunha regra, este non poderá ser eliminado.
d. Mover cartafoles: O cartafol seleccionado como orixe e todos os seus subcartafoles moveranse
ao cartafol seleccionado como destino. Se contén documentos, estes tamén se moverán cos
cartafoles.
e. Copiar cartafoles: O cartafol seleccionado (cos seus subcartafoles) copiarase ao cartafol
seleccionado como destino. Neste proceso, non se eliminará o cartafol orixinal.
12
Organización de documentos por etiquetas
Listaxe de etiquetas
Entrando no sistema de etiquetas, móstrase unha lista de todas as etiquetas que o usuario ten asignadas
aos seus documentos e, seleccionando unha ou varias das etiquetas, móstrase a listaxe de documentos
que conteñen esas etiquetas. É posible realizar a selección de documentos que conteñen etiquetas por
intersección ou conxunción das mesmas.
Editor de etiquetas
O menú de etiquetas atópase na barra horizontal de ferramentas da listaxe de documentos (área
dereita), dentro de «Etiquetas». Desde aquí podemos crear novas etiquetas e xestionar todas as que o
usuario ten creadas.
a. Crear nova etiqueta: Ao crear unha etiqueta, esta non estaría aínda asignada a ningún documento.
b. Eliminar unha etiqueta: A etiqueta desaparecería do almacén de etiquetas e de todos os
documentos en que estaba asignada, pero sen eliminarse, en ningún caso, os devanditos
documentos.
c. Renomear unha etiqueta: Aplicarase o cambio automaticamente a todos os documentos que
conteñan a etiqueta modificada.
13
- Opcións de configuración de METAPOSTA (parte inferior)
A parte inferior do menú corresponde á área de configuración METAPOSTA.
Na mesma dispoñemos de 3 opcións:
Personalizar a miña conta
Nesta opción o usuario terá acceso aos seus datos persoais e de subscrición a emisores en METAPOSTA,
así como a outras utilidades de configuración.
1. Os meus datos
O primeiro separador que nos atopamos na configuración de conta é o correspondente aos datos do
usuario: Os meus datos.
Nel o usuario poderá cambiar os seus datos persoais e o contrasinal. É importante lembrar que o usuario
que dispoña dun certificado electrónico poderá acceder a METAPOSTA mediante o mesmo ou a través
do seu contrasinal, polo tanto é importante o mantemento do contrasinal dentro de METAPOSTA.
Obsérvase xunto aos cadros de texto da pantalla como algúns van acompañados dun asterisco vermello.
Isto indica que son campos de obrigatoria introdución (isto repítese en moitos formularios dentro de
METAPOSTA).
a. Cambio de datos persoais:
En calquera momento desde esta sección poderanse modificar todos os nosos datos persoais agás o DNI,
e é obrigatorio informar do nome e os dous apelidos.
14
b. Cambio de idioma:
O idioma do sistema poderase cambiar en calquera momento pero este cambio non terá efecto ata a
seguinte vez que se identifique no sistema, a través da páxina de inicio de METAPOSTA.
c. Cambio de contrasinal:
Tamén se poderá en calquera momento cambiar o contrasinal, coas seguintes restricións:
- Deberá ter unha lonxitude mínima de 8 carácteres.
- Debe conter tanto números como letras.
- Non poderá conter entre os carácteres o nome ou apelidos do usuario.
2. Os meus emisores
O segundo e o terceiro separador mostra a listaxe das entidades adheridas a METAPOSTA (emisores e
emisores peme) aos que o usuario se pode subscribir.
No mesmo o usuario poderá solicitar a súa subscrición a todos os emisores cos que teña relación. A
partir da aceptación da subscrición, o usuario comezará a recibir documentación dos emisores
seleccionados, cando estes realicen envíos a METAPOSTA.
3. Regras
O seguinte separador permite ao usuario crear regras dentro de METAPOSTA. Estas regras ou
disparadores ocorrerán cando o usuario reciba un documento do tipo ou emisor seleccionado e
permitirán ao usuario automatizar dous tipos de accións:
15
a. Autoencartafolado
O autoencartafolado facilitará que o usuario poida especificar que, en canto entre un documento dun
tipo ou un emisor determinado na súa caixa de entrada, automaticamente este documento sexa movido
a un cartafol en particular.
b. Autocompartición
No caso de crear unha regra de autocompartición, o usuario poderá especificar que, no momento que
entre na súa caixa do correo un documento dun emisor ou un tipo determinado, este documento sexa
automaticamente compartido a outro ou outros usuarios de METAPOSTA.
3. Avisos
O seguinte cartafol que aparece na configuración de conta é a de xestión de avisos.
Do mesmo xeito que coas regras, o usuario pode configurar avisos relacionados coa entrada de
documentos na súa caixa do correo. Isto quere dicir que o usuario poderá automatizar que METAPOSTA
envíe un correo electrónico a unha conta de correo, cada vez que reciba un documento dun emisor ou
tipo determinados.
4. Bloqueo de comparticións
O último separador que aparece na configuración da conta é o de bloqueo de comparticións.
Como se verá no capítulo de compartir documento da caixa do correo, o usuario de METAPOSTA pode
compartir documentos con outros usuarios de METAPOSTA.
Nesta opción o usuario pode bloquear outro usuario de METAPOSTA coa finalidade de non permitirlle
compartir documentos nun futuro coa caixa do correo propia do usuario.
Unha vez que introduza o DNI do usuario compartidor, este non poderá volver compartir documentos
16
coa nosa conta, ata que eliminemos este bloqueo.
Xestionar cartafoles
Pulsando a opción «Xestionar cartafoles» aparecerá a seguinte pantalla con todas as opcións de xestión
da árbore de cartafoles.
a. Crear un cartafol: O usuario terá que asignarlle un nome a cada cartafol que cree. Este nome non
pode exceder os 50 carácteres.
b. Renomear cartafol: Cambia o nome do cartafol seleccionado.
c. Eliminar cartafol: Elimina o cartafol seleccionado e todos os seus subcartafoles (cartafoles fillos).
Se un cartafol ou subcartafol contén documentos, aparecerá unha mensaxe confirmando a
eliminación do cartafol e dos seus documentos. Pero, se algún deses documentos está
compartido ou o cartafol está inmerso nalgunha regra, este non poderá ser eliminado.
d. Mover cartafoles: O cartafol seleccionado como orixe e todos os seus subcartafoles moveranse
ao cartafol seleccionado como destino. Se contén documentos, estes tamén se moverán cos
cartafoles.
e. Copiar cartafoles: O cartafol seleccionado (cos seus subcartafoles) copiarase ao cartafol
seleccionado como destino. Neste proceso, non se eliminará o cartafol orixinal.
Subir documentos
A última opción do menú inferior é subir documentos. Esta opción permite ao usuario almacenar
documentos asinados ou non asinados electronicamente na súa caixa forte METAPOSTA. Existen algúns
elementos que é preciso tomar en consideración:
- Os ficheiros que se desexen subir á caixa forte non poden superar os 10 Mb por arquivo unitario.
- Cada usuario pode almacenar ata un máximo que se lle indicará no menú Configurar a miña
conta.
17
- METAPOSTA permite almacenar todo tipo de arquivos.
METAPOSTA só poderá visualizar directamente os ficheiros en formato PDF e imaxes jpg, gif e png. (Dada
a abundancia de posibles tipos de ficheiros, para poder visualizar outros tipos de ficheiro, o usuario ha de
baixar o ficheiro ao seu ordenador e visualizalo cos seus propios medios).
Importante: O borrado de documentos gardados na caixa forte non permitirá ao usuario volver utilizar
o espazo liberado, é dicir, ao borrar un documento, non se recupera o espazo que este ocupaba en
METAPOSTA.
O primeiro que nos preguntará METAPOSTA ao premer nesta opción é se o documento está asinado ou
non.
Se respondemos que está asinado, preguntaranos se queremos subir o ficheiro de sinatura do documento.
No caso de contestar afirmativamente, METAPOSTA solicitará ao usuario que seleccione os dous
ficheiros, o propio documento e o seu ficheiro de sinatura.
En caso contrario só solicitará o documento.
Unha vez seleccionado procederase a subir o documento á caixa forte ou á caixa do correo de
METAPOSTA.
18
5. OPERACIÓNS CON DOCUMENTOS
Desde as distintas bandexas de documentos, as listaxes dispoñen de distintas operacións que realizar.
Descríbense máis abaixo esas operacións, que requiren da selección dun ou varios dos documentos da
caixa.
5.1. Caixa de entrada e arquivo
A caixa do correo do usuario mostraranos a seguinte información de guía nas columnas que temos
visibles:
- Casa con opción de marcaxe para realizar accións sobre os documentos (permite seleccionar
máis dun documento á vez).
- Entidade emisora do documento, que nos indica o emisor que nos enviou o documento.
- Data e hora de recepción do documento indícanos a data e hora en que o documento entrou nao
nosa caixa do correo.
- Indicador de compartido, que nos indica se o documento está compartido con outros usuarios de
METAPOSTA ou con algún emisor.
- Tipo de documentos (extracto bancario, factura, contrato…).
- Nome do documento.
- Indicador de asinado.
19
- Indicador de aviso de recibimento.
Aquelas columnas que presentan unha pequena frecha á dereita da descrición ou nome de columna son
as que permiten reordenar a listaxe de documentos da caixa do correo polo seu propio criterio. Para
reordenar a caixa do correo co criterio dunha desas columnas hai que premer encima.
5.2. Accións que podemos realizar sobre un documento:
Na parte superior da caixa do correo dispoñemos dunha barra de ferramentas coas seguintes accións:
Visualizar documento
Ao premer dúas veces sobre un documento ou premer na opción ver documento, accederemos ao
detalle do documento.
Mover documento
Para mover calquera documento a través desta icona, cómpre seleccionalo primeiro. Tras seleccionalo e
premer no botón, abrirase unha ventá coa árbore de cartafoles, en que haberá que elixir o cartafol ao
que se quere mover o documento.
Existen dúas formas máis para mover documentos en METAPOSTA. Unha, arrastrando o documento e
soltándoo sobre o cartafol, e outra premendo no documento co botón dereito do rato e premendo
Mover documento.
Desbotar documento
Ao premer nesta opción o documento seleccionado será enviado ao cartafol de desbotados desde onde
se poderá proceder á súa eliminación definitiva da caixa do correo de METAPOSTA.
20
Etiquetas
Esta opción permitiranos aplicar etiquetas existentes a un documento ou crear no momento novas
etiquetas para aplicar aos documentos seleccionados. Tamén nos permite editar as etiquetas
renomeándoas ou eliminándoas.
Marcar como
Permitirá marcar os documentos como lidos ou non lidos na caixa do correo do usuario.
Compartir documentos
Os documentos poderán ser compartidos con outros usuarios ou con algún emisor, coa única restrición
de que non se poderá compartir un documento que non lle pertenza ao usuario, é dicir, un documento
que o usuario recibe compartido polo usuario propietario do mesmo.
A opción de compartir documentos permitiranos dous tipos de compartición:
1) Compartir con outro usuario de METAPOSTA
Comparte o documento ou documentos seleccionados cun usuario ou varios de METAPOSTA dos cales
debemos coñecer previamente o seu DNI/CIF.
Unha vez seleccionados un ou máis documentos e, ao premer sobre a opción «Compartir documentos
con usuarios», aparecerá un formulario onde ir engadindo os DNI dos usuarios cos que se quere
compartir os documentos.
Unha vez que se teña a lista de usuarios para compartir, premendo no botón «Compartir», aparece a
confirmación da operación indicando o nome e apelidos dos usuarios seleccionados. Se algún dos DNI
marcados non correspondese a un usuario de METAPOSTA, indicaríase este feito.
Como bloquear unha compartición?
O último separador que aparece no menú de Configuración da conta é o de bloqueo de comparticións.
21
Nesta opción o usuario pode bloquear outro usuario de METAPOSTA coa finalidade de non permitirlle
compartir documentos nun futuro.
Unha vez que introduza o DNI do usuario compartidor, este non poderá volver compartir documentos
coa nosa conta. Sempre será posible eliminar este bloqueo.
2) Compartir cun emisor
Permite compartir un documento cun emisor que previamente defina un motivo polo cal se poida
compartir o documento con el. O documento permanecerá compartido co emisor por ese motivo ata a
data máxima que dispoña o usuario.
Unha vez seleccionados un ou máis documentos e ao premer na opción «Compartir documentos con
emisor», aparecerá un formulario onde seleccionar o emisor a quen compartir o/os documentos, así
como unha data de finalización da compartición e un asunto polo que compartilos. Todos os campos
serían obrigatorios.
Descargar documento
Permite ao usuario descargar un documento ao ordenador do usuario.
Buscar documentos
Permite ao usuario buscar documentos polos criterios da seguinte pantalla:
22
6. ACCESO AOS DOCUMENTOS EN METAPOSTA
Unha vez que localizamos o documento que desexamos consultar na caixa do correo de METAPOSTA,
bastará con premelo ou premer na opción de visualizar documento para acceder ao mesmo.
Tal e como se ve na pantalla e do mesmo xeito que na caixa do correo, dispoñemos de dúas áreas de
traballo. A primeira presenta unha barra de ferramentas coas accións que podemos realizar sobre o
documento.
As accións posibles sobre o documento serán:
Etiquetas
Do mesmo xeito que na caixa do correo, poderemos asignar etiquetas ao documento aberto
Ventá nova
Permite abrir o documento nunha ventá nova separada da ventá de aplicación METAPOSTA.
Asinar documento
Desde o separador de «Detalle» dun documento poderá asinarse o mesmo, utilizando unha tarxeta de
sinatura electrónica recoñecida (Tarxetas Izenpe, eDNI, Camerfirma e todas as homologadas polo
Ministerio da Presidencia que actúen no contorno Sara e interoperen co servizo @firma do referido
Ministerio).
23
Esta opción aparecerá dispoñible para aqueles usuarios que iniciaron a
súa sesión METAPOSTA mediante un certificado electrónico e, como o seu
nome, indica permitirá ao usuario asinar o documento que está vendo mediante o seu certificado
electrónico persoal.
Só se permitirá asinar documentos propios do usuario, é dicir, non se poderán asinar documentos que lle
foron compartidos ao usuario.
A sinatura requirirá dunha tarxeta con certificado electrónico introducida nun lector de tarxetas e esta
tarxeta a do usuario conectado ao sistema.
Pechar
Pecha o documento e volve á caixa do correo de usuario.
A seguinte área indícanos a información que podemos visualizar relativa ao documento:
O primeiro separador é o que nos dá acceso ao propio documento.
No caso de que o documento non sexa visualizable no contorno de METAPOSTA, aparecerá a seguinte
pantalla.
24
Se desexamos ver o documento, deberemos descargalo e visualizalo no noso equipo coa ferramenta
adecuada. En principio METAPOSTA só visualiza documentos PDF, gif, jpg e png. O resto de tipos, permite
descargalos para a súa visualización. Se un documento non é visualizable na contorna de METAPOSTA,
non limita ningunha acción máis có documento. Pode ser compartido, asinado e arquivado como todos
os demais documentos.
O segundo separador lévanos ao detalle dos datos do documento:
O terceiro separador só aparecerá cando o documento teña asociada publicidade e levaranos ao
documento de publicidade asociado ao documento principal.
O cuarto e último separador aparecerá cando o documento conteña algunha sinatura e mostrará
os datos sobre a sinatura do documento.
Ademais permitiranos descargar a sinatura para utilizala en calquera outro proceso.
25
7. AXUDA CO SISTEMA METAPOSTA
Formación sobre METAPOSTA
A rede de centros KZgunea colabora con METAPOSTA na formación gratuíta daquelas persoas que
desexen profundar o seu coñecemento sobre as prestacións do sistema e, á vez, ofrece o servizo para
darse de alta en METAPOSTA de forma presencial, sen necesidade de ter un certificado dixital.
A formación, de carácter presencial, será ofrecida en cursos básicos de iniciación e cursos avanzados,
integrados nos módulos de formación habituais de KZgunea.
Trátase de cursos intensivos, dunha duración de 2 horas, que permiten aos usuarios tomar contacto
rápido con METAPOSTA.
Os cursos perseguen os seguintes obxectivos:
- Adquirir unha visión xeral de METAPOSTA e aprender a utilizar correctamente o sistema.
- Comprender a lóxica e o fluxo emisor-usuario do sistema METAPOSTA.
- Coñecer os requisitos previos técnicos e administrativos para poder utilizar o sistema
METAPOSTA.
- Coñecer aqueles aspectos críticos de natureza legal, técnica ou práctica que é necesario
contemplar para poder utilizar o sistema METAPOSTA con éxito.
- Coñecer boas prácticas na organización da información persoal en METAPOSTA.
A listaxe de centros KZgunea en que se impartirán os cursos e os horarios poderás consultala dos
seguintes xeitos:
- www.kzgunea.net
- 945 016 100
Centro de atención ao usuario.
Se tes calquera comentario, dúbida ou suxestión, podes contactar connosco a través dos seguintes
sistemas:
Teléfono de apoio METAPOSTA: 902 540 540
Enderezo electrónico: [email protected]
Blog corporativo: blog.metaposta.com
Redes sociais: twitter.com/metaposta - facebook.com/metaposta