19
E E E X X X C C C M M M O O O . . . C C C O O O N N N C C C E E E L L L L L L O O O D D D E E E V V V I I I V V V E E E I I I R R R O O O Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected] ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLA COMISIÓN DE GOBERNO O DÍA OITO DE XULLO DO DOUS MIL DOUS. ASISTENTES ALCALDE-PRESIDENTE D. César Aja Mariño. CONCELLEIROS D. José Joaquín Gayoso Roca, D. Justo V. Vázquez Chao, D. Guillermo Leal Arias, D. An- tonio Solla Díaz e D. Jesús Fernando Estévez Otero. SECRETARIA Dª Sara Martínez Álvarez. Na Casa do Excmo. Concello de VIVEIRO, sendo as vinte horas do día oito de xullo do dous mil dous, baixo a Presidencia do Sr. Alcalde, D. César Aja Mariño, e coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados anteriormente, así como a da Secretaria Dª Sara Martínez Álvarez, ten lugar a sesión ordinaria da Comisión de Goberno, en primeira convocatoria. Á hora sinalada para este acto, polo Sr. Alcalde, declárase aberto o mesmo. 1º.- CORRESPONDENCIA OFICIAL. 1.1.- ESCRITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, REMITINDO RESOLU- CIÓN. Dáse conta do escrito da Administración de Xustiza, no que se remite a resolución adoptada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, en relación ó auto 114/99, Iván Pernas Jorge, Mutua Galega, Concello de Viveiro e Escola Obradoiro Santo Tomás. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e proceder ó seu ar- quivo. 1.2.- ESCRITO DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO, COMUNI- CANDO CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN. Dáse conta do escrito do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no que se comunica a conce- sión dunha subvención de 60.102 €, en concepto de contribución ós gastos de mantemento da ofici- na para a xestión e asesoramento da rehabilitación do casco histórico de Viveiro. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e trasladar copia do escrito ó departamento de Intervención e á oficina de rehabilitación do casco histórico de Viveiro. 1.3.- ESCRITO DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE ME- DIO AMBIENTE, COMUNICANDO A EXISTENCIA DE VERTEDOIRO INCONTROLA- DO. Dáse conta do escrito da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, no que se comunica a existencia dun vertedoiro incontrolado de residuos urbanos, nas minas da Silvarosa, na parroquia de Vieiro. 1

02-07-08-acta-4757.pdf - Concello de Viveiro

Embed Size (px)

Citation preview

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLA COMISIÓN DE GOBERNO

O DÍA OITO DE XULLO DO DOUS MIL DOUS.

ASISTENTES ALCALDE-PRESIDENTE D. César Aja Mariño. CONCELLEIROS D. José Joaquín Gayoso Roca, D. Justo V. Vázquez Chao, D. Guillermo Leal Arias, D. An-tonio Solla Díaz e D. Jesús Fernando Estévez Otero. SECRETARIA Dª Sara Martínez Álvarez. Na Casa do Excmo. Concello de VIVEIRO, sendo as vinte horas do día oito de xullo do dous mil dous, baixo a Presidencia do Sr. Alcalde, D. César Aja Mariño, e coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados anteriormente, así como a da Secretaria Dª Sara Martínez Álvarez, ten lugar a sesión ordinaria da Comisión de Goberno, en primeira convocatoria. Á hora sinalada para este acto, polo Sr. Alcalde, declárase aberto o mesmo. 1º.- CORRESPONDENCIA OFICIAL. 1.1.- ESCRITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, REMITINDO RESOLU-CIÓN. Dáse conta do escrito da Administración de Xustiza, no que se remite a resolución adoptada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, en relación ó auto 114/99, Iván Pernas Jorge, Mutua Galega, Concello de Viveiro e Escola Obradoiro Santo Tomás. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e proceder ó seu ar-quivo. 1.2.- ESCRITO DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO, COMUNI-CANDO CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN. Dáse conta do escrito do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no que se comunica a conce-sión dunha subvención de 60.102 €, en concepto de contribución ós gastos de mantemento da ofici-na para a xestión e asesoramento da rehabilitación do casco histórico de Viveiro. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e trasladar copia do escrito ó departamento de Intervención e á oficina de rehabilitación do casco histórico de Viveiro. 1.3.- ESCRITO DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE ME-DIO AMBIENTE, COMUNICANDO A EXISTENCIA DE VERTEDOIRO INCONTROLA-DO. Dáse conta do escrito da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, no que se comunica a existencia dun vertedoiro incontrolado de residuos urbanos, nas minas da Silvarosa, na parroquia de Vieiro.

1

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada. 1.4.- ESCRITO DO SERVICIO DE FOMENTO DO EMPREGO, DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DE EMPREGO, MU-LLER E XUVENTUDE, REMITINDO REQUERIMENTO. Dáse conta do escrito do Servicio de Fomento do Emprego, da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, no que se remite requeri-mento do reintegro de cantidade, por importe de 801,38 € (133.339 pts.), en relación á subvención concedida para a financiación da contratación dun técnico local de emprego. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e trasladar copia do escrito ó departamento de Tesourería e Persoal para a súa tramitación. 1.5.- ESCRITO DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍ-TICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL, COMUNICANDO AU-TORIZACIÓN DA “RAPA DAS BESTAS”. Dáse conta do escrito da Delegación Provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no que se remite autorización para a celebración da Rapa das Bestas, a cal terá lugar o día 7 de xullo. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada. 1.6.- ESCRITO DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE IN-DUSTRIA E COMERCIO, SOLICITANDO INFORME. Dáse conta do escrito da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, no que se solicita informe en relación co proxecto “Subestación de Boimente 400 Kv. Ampliación Ca-lle 3”, promovido por Red Eléctrica de España, S.A. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e trasladar copia do informe emitido polo enxeñeiro municipal, que textualmente di:

1. “As obras contidas no proxecto, que promove a empresa RED ELÉCTRICA DE ESPA-ÑA, son unha ampliación da subestación de boimente, construída durante o ano 2001, consistente na instalación dun autotransformador de 400/132 kV e 450 MVA, e unha po-sición de Auto na rúa 3 da subestación.

2. A dita ampliación xa estaba prevista no proxecto anterior da subestación, de tal modo que efectúase enteiramente dentro do seu recinto actual, polo que non se afectan terreos alleos á instalación.

3. O orzamento é de 4.307.192,23 €, pero non se dí se é de execución material, de contrata ou se inclúe o IVE ou non.

4. Malia que non se actúa fóra do recinto actual da subestación, vanse executar traballos de preparación de alicerces, redes de drenaxe, de posta a terra, e canalizacións soterradas para as que será preciso realizar escavacións, e produciranse materiais sobrantes que te-rán que ser vertidos nun lugar axeitado.

5. Na construcción por RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA da subestación o ano pasado, produciuse o vertido ilegal de materiais sobrantes das escavacións feitas na subestación, nunha leira propiedade da Mancomunidade dos veciños de Boimente situada entre a pis-ta da Fraga das Saímas e a estrada de Abuín a Candaoso, á altura da pista de cabalos, orixinándose un recheo que se estende actualmente nunha superficie aproximada de 1500 m2, sen licencia, dentro do espacio protexido da Fraga das Saímas, onde ademais acordárase a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias, na zona de po-licía de cauces do rego de Loura, onde toda obra precisa a autorización administrativa de

2

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

Augas de Galicia, estando expresamente prohibido ese tipo de actuación, segundo a Lei de Augas, e afectando ao xacemento arqueolóxico denominado Chan do Tesouro, cata-logado no Inventario de Bens Culturais do CONCELLO DE VIVEIRO co número 25 e código GA 27066002.

6. Polo exposto no punto anterior, o constructor deberá comunicar con antelación ao Con-cello de Viveiro o lugar onde vai verter as terras sobrantes, se é que vai ser necesario realizar vertido algún fóra do recinto por pequeno que sexa, co gallo de verifica-la súa legalidade, sen afectar a ningún espacio natural ou protexido, nin a ningún xacemento arqueolóxico, cauce ou camiño.”

1.7.- ESCRITO DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E INSPECCIÓN EDU-CATIVA, COMUNICANDO A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN. Dáse conta do escrito da Dirección Xeral de Centros de Inspección Educativa, no que se comunica a concesión, con cáracter provisonal, dunha axuda para o conservatorio de música, por un importe de 41.297,78 euros. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e trasladar copia do escrito ó departamento de Intervención e ó Conservatorio de Música. 1.8.- ESCRITO DA SECRETARÍA XERAL DA CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE, SOLICITANDO A XUSTIFI-CACIÓN DO CONVENIO (CASA DO FORNO). Dáse conta do escrito da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Empre-go, Muller e Xuventude, no que se solicita, de conformidade coa cláusula terceira do convenio de colaboración para levar a cabo o remate das obras de rehabililtación da Casa do Forno para centro socio-cultural e xuvenil, que o importe que figura no mesmo, como anualidade para o ano 2002 de-berá a xustificarse ó longo do ano conforme se vaia executando o investimento. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e trasladar copia ó departamento de Subvencións para a súa tramitación. 1.9.- ESCRITO DA SECRETARÍA XERAL DA CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE, SOLICITANDO A XUSTIFI-CACIÓN DO CONVENIO (GARDERÍA INFANTIL). Dáse conta do escrito da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Empre-go, Muller e Xuventude, no que se solicita, de conformidade coa cláusula terceira do convenio de colaboración para levar a cabo o equipamento da gardería infantil, que o importe que figura no mesmo, como anualidade para o ano 2002 deberá a xustificarse ó longo do ano conforme se vaia executando o investimento. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e trasladar copia ó departamento de Subvencións para a súa tramitación. 1.10.- ESCRITO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DE LUGO, REMITINDO RESOLUCIÓN. Dáse conta do escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no que se remite resolución en relación co recurso contencioso-administrativo nº 2002-134-P, na que se declara re-matado o procedemento e ordeando o arquivo da causa e a devolución do expediente administrato se o houbese. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e proceder ó arquivo do referido expediente.

3

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

2º.- LICENCIAS DE OBRAS MENOR DESESTIMADA. 2.1.- A DE D.ª MARGARITA FOJÓN GÓMEZ, veciña de Viveiro e con domicilio en Valdeflores, 59, da parroquia de Magazos, que solicita licencia urbanística para realizar obras en Magazos, s/n, consistentes en:

- Construír unha caseta para aperos, con material de bloque e cuberta de uralita, cunhas medi-das de 4 x 3. Alto: 2,20 m. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda desestimar o solicitado, xa que a edifica-

ción non é conforme coa legalidade urbanística, segundo os informes emitidos polo aparellador municipal e o técnico de administración xeral, que textualmente din:

• INFORME TÉCNICO: 1. “En la Adaptación de las NSP a la Lasga, el terreno de ubicación de la caseta se clasifica

como ZONA DE SERVIDUMBRE DE PROTECCIÓN DE COSTAS. 1. En el PGOM, aprobado inicialmente, el terreno se clasifica como PROTECCIÓN PAISA-

JÍSTICA. 2. Por lo anteriormente expuesto el informe es DESFAVORABLE”. • INFORME XURÍDICO:

“Art. 34.2 de la Ley 1/97, del Suelo de Galicia. La aprobación inicial del PGOM determina la suspensión automática de licenica en las zonas del territorio objeto de planeamiento, cunuevas determinaciones supongan modificación del régimen urbanístico vigente.

En el PGOM aparece como PROTECCIÓN PAISAXÍSTICA. Además necesitaria autorización de Costas. Arts. 23 y siguientes de la Ley de Costas.”

3º.- LICENCIAS DE OBRAS MAIORES. 3.1.- A DE MARABER, S.L., con NIF núm. B27165208, domiciliado na RU-Cantarrana, nº 13, que solicita licencia urbanística para executar obras de construcción dunha planta sotano destinada a garaxe e trasteiros., que se realizarán na RU- Lodeiro , consonte ó proxecto técnico redactado polo Arquitecto Jesús Fernández López RESULTANDO que a obra a executar é unha ampliación do proxecto básico presentado o 4 de maio do 2002 para a construcción dun edificio composto de planta baixa, entreplanta, 4 altas e ático para 23 vivendas, A licencia de obra para este proxecto foi aprobada pola Comisión de Goberno do 5 de febreiro do 2001. Agora preséntase o proxecto de execución coa modificación solicitada. RESULTANDO que no expediente consta o proyecto de Infraestructura común de telecomunicacións e o estudio de seguridade e saúde, presentados co proxecto básico e asinados por técnicos competentes. RESULTANDO que no expediente consta o informe do aparellador municipal, no que sinala a admisión da construcción do sótano tanto nas NSP como no PXOM aprobado inicialmente. CONSIDERANDO que a obra que se pretende está suxeita a licencia, nos termos previstos no artigo 168.1 da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia, 242.1 da Lei 1/1992, de 26 de xuño, 5 da Lei 38/1999, de 5 de novembro, de ordenación da edificación, e no artigo 10 do Regulamento de disciplina urbanística. CONSIDERANDO que os servicios técnicos fixeron o informe esixido polo artigo 168.3 da Lei 1/1997, e seguiuse o procedemento previsto no artigo 9 do Regulamento de servicios e demais lexislación aplicable, resultando de todo eso que o proxecto cumpre coas prescricións técnicas e xurí-dicas que lle son de aplicación.

4

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda conceder a MARABER, S.L., con NIF núm. B27165208, licencia urbanística para executar obras de construcción dunha planta sotano destinada a garaxe e trasteiros., que se realizarán na RU- Lodeiro, consonte ó proxecto técnico redactado polo Arquitecto Jesús Fernández López, cun orzamento estimado de trescentos trinta e dous mil catrocentos trinta e tres Euros con trinta e oito céntimos de Euro (332.433,38€), previo pagamento das taxas muni-cipais correspondentes e cos condicionamentos sinalados na licencia concedida na comisión de gober-no do 5 de febreiro do 2002. 4º.- RESOLUCIÓN DE INSTANCIAS. 4.1.- ESCRITO DE D. VICENTE FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, SOLICITANDO A SUBSANACIÓN DE ERRO. Dáse conta de escrito de D. Vicente Fernández Vázquez, veciño de Viveiro e con domicilio en Xunqueira, 174, no que solicita a subsanación de erro no listado de afectados en relación ó proxecto de recuperación das marismas do Landro, xa que non se atopa incluído entre eles, cando na realidade dito proxecto lle afecta a un terreo da súa propiedade. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada e incorporar ó expe-diente para realizar a tramitación que corresponda. 4.2.- ESCRITOS DE D. PAULINO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, SOLICITANDO A DEVOLUCIÓN DE FIANZAS. Dáse conta de escritos de D. Paulino González Fernández, en representación da empresa “Construcciones y Transportes Paulino González, S.L.”, con domicilio social no lugar de Castelo, 6, da parroquia de Magazos, no que solicita a devolución das fianzas depositadas para a realización das obras seguintes: “Acceso ó barrio de Xunqueira polo Convento de Valdeflores” e “Saneamento en Area”. P.I.E.L. 2000. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda autorizar o solicitado. 4.3.- ESCRITO DE D. ANTONIO VÁZQUEZ CORA, SOLICITANDO INFORMA-CIÓN URBANÍSTICA. Dáse conta do escrito de D. Antonio Vázquez Cora, veciño de Viveiro e con domicilio na Misericorida, 48-4ºF, no que solicita información urbanística, en relación cun terreo situado na Mi-sericordia. A Comisión de Goberno, acorda emitir a seguinte información urbanística, segundo o in-forme do aparellador municipal, que textualmente di:

1. “En las Normas Subsidiarias de Planeamiento la finca se clasifica como Suelo Urba-no y Ordenanza Residencial Cerrada Intensiva en la extensión que corresponda del polígono grafiado en la cartografía del dicho planeamiento que se adjunta.

2. En el Plan General de Ordenación Municipal, aprobado inicialmente el 31-05-02, la finca se clasifica como suelo urbano con Ordenanza Residencial Abierta y Zonas Verdes y Espacios Libres según se grafía en la cartografía del planeamiento citado el cual se adjunta.”

4.4.- ESCRITO DO CONSELLEIRO DELEGADO DO PSICOTÉCNICO VIVERO, SOBRE A TENENCIA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS. Dáse conta do escrito do Conselleiro Delegado do Psicotécnico Vivero, con domicilio social na Avda. da Mariña, 51-2º, no que se remite información sobre o R.D. 287/2002, de 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o réxime xurídio da tenencia de

5

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

animais potencialmente perigosos, atribuíndo ós Concellos a competencia de outorgar ou renovar a licencia correspondente (art. 3 da Lei). A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada. 4.5.- ESCRITO DE D.ª MARÍA DEL CARMEN GONZÁLEZ PEREIRO, SOLICI-TANDO AUTORIZACIÓN PARA COLOCAR UN POSTO AMBULANTE. Dáse conta do escrito de D.ª María del Carmen González Pereiro, con domicilio a efectos de notificación en Neda, R/Real, 53, no que solicita autorización para colocar un posto de venda ambu-lante destinado a pulpería, cunhas medidas de 15 m de longo e 5 m de ancho. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda comunicar que de momento non hai sitio disponible para autorizar a instalación do devandito posto, polo que a solicitude se incluirá na lista de espera ata que se produza algunha vacante. 4.6.- ESCRITO DE D. CÉSAR ANGEL BERMÚDEZ GUERREIRO, SOLICITAN-DO A DEVOLUCIÓN DE CANTIDADE POLO CONCEPTO DO I.V.T.M. Dáse conta do escrito de D. César Angel Bermúdez Guerreiro, veciño de Viveiro e con do-micilio na Avda. N.Cora Montenegro, 70-9ºD, no que solicita a devolución de cantidade polo con-cepto do I.V.T.M., en relación ó vehículo matrícula M-5518-KS, xa que con data 27-06-2002 se deu de baixa na Xefatura Provincial de Tráfico. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda proceder á devolución da parte propor-cional do recibo correspondente a dous trimestres. 4.7.- ESCRITO DA EMPRESA I N V A R E, REMITINDO INFORME SOBRE O DEPÓSITO DE LIXO. Dáse conta do escrito da empresa Industrias Varias Reunidas, S.L. (INVARE), con domici-lio social en Valparaíso, 35, da parroquia de Covas, no que se informa sobre o depósito de lixo no lugar de A Insua, dificultando o acceso a unha finca da súa propiedade, situada no lugar indicado. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda darse por informada. 4.8.- ESCRITO DE D.ª ARLINDA MURAS MÍGUEZ, SOLICITANDO SEGRE-GACIÓN. Dáse conta do escrito presentado por Dª Arlinda Muras Míguez, con DNI 36.039.639 e do-micilio en Viveiro, Avda. Misericordia nº 50, 1ºA, no que expón que é propietaria con carácter pri-vativo da finca radicada en Viveiro, Avda. Misericordia 50, que figura na escritura de división hori-zontal do edificio coa descripción seguinte: “NUMERO 22. ATICO “A” Departamento sin destino determinado y distribución interior, que tiene una superficie útil de setenta y tres metros y ochenta y seis decímetros cuadrados. Linda, contemplado el edificio desde la Cl. Misericordia, al frente, con la misma; izquierda, ático “B”, patio de luces”2” y pasillo de distribución...ANEJO: tienen como elemento anejo un cuarto trastero sito en la planta bajo cubierta, señalado con el número catorce de treinta y seis metros cuadrados aproximadamente, que linda contemplado desde la Cl. De su situa-ción, al frente, con la misma; izquierda, pasillo de distribución; derecha Josefa Cora Vázquez; fon-do, trastero nº 11 y patio de luces “2”. CUOTA DE PARTICIPACIÓN: un entero y sesenta y cinco centésimas por ciento (1,65%). Que desea segregar ambas unidades en fincas independientes, denominadas respectivamen-te: NUMERO 22. ATICO “A”, con la misma descripción que figura no apartado anterior e TRAS-TERO 14, coa mesma descripción que figura no apartado anterior; polo que solicita autorización para a devandita segregación ou inhibición da mesma, a fin de elevala a pública.

6

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

Visto o informe emitido polo técnico de urbanismo e contratación, a Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda comunicar que a segregación pretendida non altera a edificabilidade, vo-lumetría nin o aspecto arquitectónico do edificio xa construído, e polo tanto non cómpre solicitar licencia ó non estar suxeito dito acto a autorización municipal. 4.9.- ESCRITO DE D.ª MARÍA CARMEN SEIJAS LAMELAS, SOLICITANDO A EXENCIÓN DO PAGAMENTO DO I.V.T.M. Dáse conta do escrito de D.ª María Carmen Seijas Lamelas, veciña de Viveiro e con domici-lio en Lavandeiras, 8-2ºB, da parroquia de Celeiro, no que solicita a exención do pagamento do I.V.T.M., en relación ó vehículo matrícula 6437-BXF, xa que a súa discapacidade lle impide utilizar o transporte colectivo, tendo que adaptar o seu vehículo á minusvalía que padece, cun grao do 83%. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda conceder a D.ª María Carmen Seijas La-melas a exención do pagamento do I.V.T.M., en relación ó vehículo martrícula 6437-BXF. 4.10.- ESCRITO DE D. CLAUDIO REGO PÉREZ, SOLICITANDO A COLOCA-CIÓN DUNHA GUINDASTRE. Dáse conta do escrito de D. Claudio Rego Pérez, veciño de Viveiro e con domicilio na Rúa Grande, 38, da parroquia de Celeiro, no que solicita autorización para colocar unha guindastre na Praza Maior, 3-1º, cunhas medidas de 6 m de longo e 1 m de ancho. Avisarase da data da súa colo-cación e retirada. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda autorizar o solicitado. 4.11.- ESCRITO DE D. JOSÉ VILLARQUIDE GARCÍA, SOLICITANDO AUTORIZACIÓN PARA INSTALAR UNHA TERRAZA DE VERÁN. Dáse conta do escrito de D. José Villarquide García, en representación da empresa O TI-MÓN DA ESLORA, S.L., con domicilio social na Avda. de Cervantes, 3, no que solicita autoriza-ción para instalar unha terraza de verán, con cinco mesas, na rúa Pedro Farto, desde o 10 de xullo ó 29 de agosto. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda autorizar o solicitado. 4.12.- ESCRITO DE D.ª ANA I. VÁZQUEZ DOCE, SOLICITANDO A DEVOLU-CIÓN DE CANTIDADE POLO CONCEPTO DO I.V.T.M. Dáse conta do escrito de D.ª Ana I. Vázquez Doce, en representación de Alianza y Barros, S.A., con domicilio na Rúa Grande, 124-2º, da parroquia de Celeiro, no que solicita a devolución de cantidade polo concepto do I.V.T.M., en relación ó vehículo matrícula PO-6302-L, xa que con data 27-06-02 deuno de baixa na Xefatura Provincial de Tráfico. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda proceder á devolución da parte propor-cional do recibo correspondente a dous trimestres. 4.13.- ESCRITO DE D.ª CARMEN GONZÁLEZ CANOURA, SOLICITANDO A ANULACIÓN DE TAXAS. Dáse conta do escrito de D.ª Carmen González Canoura, veciña de Viveiro e con domicilio en San Lázaro-Bloque 1, baixo A, no que solicita a anulación das taxas por ocupación da vía públi-ca, en relación coa autorización deste Concello para instalar unhas máquinas automáticas de xeados na praia de Area, xa que ditas máquinas non se colocaron. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda autorizar o solicitado e trasladar copia do presente acordo ó departamento de Tesourería para a súa tramitación.

7

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

4.14.- ESCRITO DE D.ª ELENA FELISA RIVEIRA MÍGUEZ, SOLICITANDO IN-FORMACIÓN URBANÍSTICA. Dáse conta do escrito de D.ª Elena Felisa Riveira Míguez, veciña de Viveiro e con domicilio na Rúa Grande, 102, da parroquia de Celeiro, no que solicita información urbanística en relación cun terreo da súa propiedade, situado en Augadoce-Faro. A Comisión de Goberno, por unanimidad, acorda emitir a seguinte información urbanística, segundo o informe do aparellador municipal, que textualmente di:

1. “En la Adaptación de las Normas Subsidiarias de Planeamiento a la Lasga aprobada por el Pleno del Ayuntamiento del 02-09-97, se clasifica el terreno como ZONA DE SERVIDUMBRE DE PROTECCIÓN DE COSTAS (ZSP).

2. En el Plan General de Ordenación Municipal aprobado inicialmente el 31-05-02 el terreno se clasifica como PROTECCIÓN PAISAJISTICA.

3. En ambos planeamientos se establece que los terrenos así calificados se regularán por las normativas de la Ley de costas 22/1988 y reglamento que la desarrolla (RD 1471/1989).”

4.15.- ESCRITO DE D.ª CONSUELO FRANCO LÓPEZ, SOLICITANDO

LICENCIA PARA DESVINCULAR VIVENDA. Dáse conta do escrito de D.ª Consuelo Franco López, veciña de Viveiro e con domicilio na rúa Irmáns Vilar Ponte, 15-4º, no que solicita licencia para poder desvincular o faio da vivenda si-tuada no lugar indicado, a cal figura inscrita coa seguinte descrición:

“CINCO.- Vivenda en cuarta planta alta; ocupa una superficie aproximada de noventa y cua-tro metros cuadrados, y se compone de cuatro dormitorios, comedor, sala de estar, cocina, cuarto de baño, y de aseo, y pasillo de distribución. Linda, mirando desde la calle Irmáns Vilar Ponte: frente, la indicada calle; derecha entrando, Esperanza Pérez Ponte, hueco de la escalera y rellano; izquier-da, herederos de José Antonio Sampedro, y fondo, baldío del solar que lo separa de huerta de Doña Elisa Sotelo Lafuente.

Anejo.- Le corresponde como anejo la totalidad del desván situado encima de esta planta, con exclusión del compartimento anejo a la finca número CUATRO. Dicho desván tiene una super-ficie aproximada de unos ochenta y cinco metros cuadrados.

Cuota de participación.- Veinticinco enteros por ciento. REGISTRO.- Tomo 486, libro 200, folio 201, finca número 18.053”. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda dar traslado do informe emitido polo téc-

nico de Urbanismo e Contratación, que textualmente di: “Que la segregación pretendida no altera para nada la edificabilidad, volumetría ni el aspec-

to arquitectónico del edificio ya construído y, por lo tanto, no es necesario solicitar licencia al no estar sujeto dicho acto a autorización municipal”.

4.16.- ESCRITO DE D. ALFREDO GIMÉNEZ GIMÉNEZ, SOLICITANDO A BAIXA E ANULACIÓN DE RECIBOS POLO CONCEPTO DO I.V.T.M. Dáse conta do escrito de D. Alfredo Giménez Giménez, veciño de Viveiro e con domicilio na rúa Antonio Bas, 10, no que solicita a baixa e anulación de recibos, en relación ó ciclomotor CIC-0943, xa que no ano 1996 foi para o despece, non podendo acreditar documentalmente dita circunstancia. A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda: 1º.- Dar de baixa do padrón do I.V.T.M. a D. Alfredo Giménez Giménez, en relación ó ci-clomotor CIC-0943. 2º.- Anular os recibos pendentes de pagamento por dito concepto.

8

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

5º.- APROBACIÓN DE ALTAS DE RECIBOS CORRESPONDENTES Ó I.V.T.M./EXERCICIO 2002. Vista a relación de altas correspondentes ó I.V.T.M., ano 2002, cun total de 31 contribuíntes, que van desde o número 8.402 ata o 8.433, ambos os dous inclusive, por un importe total de 1.550,80 €uros, e detallados da forma seguinte:

2 ciclomotores 17,85 Euros 2 motocicletas 33,84 “ 23 turismos 1.239,03 “ 1 camión 96,40 “ 3 furgóns 163,68 “

A Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda aprobar as altas de recibos corresponden-tes ó I.V.T.M., ano 2002, por un importe total de 1.550,80 €uros. 6º.- APROBACIÓN DO PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTI-CULARES E DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO, SEN PUBLICIDADE, PARA A AXDUDICACIÓN D CONTRATO DE PRESTACIÓN DO SERVICIO DA PROMOCIÓN DO DEPORTE E ACTIVIDADES DE LECER. Visto o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerá no procedemento negociado, sen publicidade, para a adxudicación do servicio da promoción do de-porte e actividades de lecer, a Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda aprobar o devandito prego, que textualmente di: PPRREEGGOO DDEE CCLLÁÁUUSSUULLAASS AADDMMIINNIISSTTRRAATTIIVVAASS PPAARRTTIICCUULLAARREESS EE DDEE PPRREESSCCRRIICCIIÓÓNNSS TTÉÉCCNNIICCAASS QQUUEE RREEXXEERRÁÁ NNOO PPRROOCCEEDDEEMMEENNTTOO NNEEGGOOCCIIAADDOO,, SSEENN PPUUBBLLIICCIIDDAADDEE,, PPAARRAA AA AADDXXUUDDIICCAACCIIÓÓNN DDOO CCOONNTTRRAATTOO DDEE PPRREESSTTAACCIIÓÓNN DDOO SSEERRVVIICCIIOO DDAA PPRROO--MMOOCCIIÓÓNN DDOO DDEEPPOORRTTEE EE AACCTTIIVVIIDDAADDEESS DDEE LLEECCEERR..

CAPITULO PRIMEIRO CONDICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1.- OBXECTO E RÉXIME XURÍDICO 1.- O contrato ten por obxecto a prestación do servicio da promoción do deporte e activida-des de lecer no termo municipal do Concello de Viveiro, respecto das actividades que se determinen pola Comisión de Goberno, consonte ó disposto neste prego. 2.- Serán obxectivos prioritarios: a) Promoción e Fomento da práctica deportiva b) Organización de eventos deportivos c) Desenvolvemento de actividades de lecer 3.- Tendo en conta os obxectivos prioritarios marcados, básicos no ámbito municipal para o desenvolvemento das actividades deportivas e de lecer, haberase de fixar como referentes das ditas actividades:

9

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

- o desenvolvemento da cultura do deporte entre os rapaces do Concello. Neste sentido habe-rase de fomentar o deporte e a actividade física como ocupación no tempo libre, así como a creación de hábitos saudables de vida. - ofertar unha serie de servicios deportivos e outras actividade de lecer no Concello que axu-den ó fomento das ditas actividades e cubran a demanda existente no municipio - organización de todo tipo de eventos que axuden a acadar as finalidades descritas e suponí-an unha promoción integral do desenvolvemento do tempo libre e do aproveitamento dos recursos do municipio.

4.- O obxecto do presente prego enmárcase dentro do programa de cooperación para o fo-mento do emprego coas Entidades Locais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Mu-ller e Xuventude. 5.- Esta contratación ten carácter administrativo, polo que se rexerá, no non específicamente previsto neste prego, polo disposto no Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP);e polo disposto no Regu-lamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, R.D. 1098/2001, de 12 de outubro (RXCAP); así mesmo, estarase ó disposto na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia (LALGA) e demais normativa autonómica de aplicación; supletoriamente, estarase ó estipula-do nas disposicións de carácter administrativo que resulten aplicables; en defecto delas, actuarase se-gundo as normas de dereito privado. ARTIGO 2.- XUSTIFICACIÓN DO PROCEDEMENTO NEGOCIADO. 1.-Esta contratación xustifícase en base ó disposto no parágrafo h) do artigo 210 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contra-tos das Administracións Públicas (en adiante LCAP).

2.- O contrato adxudicarase por procedemento negociado, previsto e regulado nos artigos 73, 92 e 210 do TRLCAP, e concordantes do RCAP.

ARTIGO 3.- PREZO DO CONTRATO. O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación deste.

O importe máximo do contrato é de vinte sete mil seiscentos corenta e seis Euros ( 27.646 € )cifra que representa o gasto máximo a realizar pola Administración en virtude do contrato de servi-cio, quedando limitado o gasto real ó que resulte dos prezos ofertados polo adxudicatario e os servi-cios efectivamente requiridas pola Administración e servidas por aquel.

Entenderáse que o orzamento ofertado inclúe o Imposto sobre o Valor Engadido, referido ó tipo vixente na data de suscrición da proposición económica. ARTIGO 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN 1.-O prazo máximo de execución será de un ano. Transcorrido o prazo poderase prorrogar por períodos anuais logo do acordo expreso do órga-no municipal competente e aceptación igualmente expresa da entidade contratista, acordos ámbolos dous que haberán de adoptarse cunha antelación mínima de quince días respecto do día de remate do contrato, sen que caiba a prórroga tácita. En ningún caso o período inicial e as prórrogas poderán ex-ceder do prazo máximo de tres anos.

10

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

2.- Tanto a formalización do contrato como as prórrogas quedan condicionadas á concesión sucesiva, por parte da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, da sub-vención anual incluida no Programa de Cooperación para fomento do emprego coas Entidades Locais

CAPÍTULO SEGUNDO ACTOS PREPARATORIOS

ARTIGO 5.- EMPRESAS LICITADORAS 1.-En virtude do establecido no artigo 92 da LCAP solicitaránse ofertas de empresas capaci-tadas para a realización do obxecto do contrato sin que o seu número sexa inferior a tres sempre que sexa posible, fixando coa seleccionada o prezo do mesmo e deixando constancia no expediente. 2.- Están capacitados para contrata-las persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade xurídica e de obrar e acrediten solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 15, 16 e 19 do TRLCAP, e non estean afectados por ningunha das circuns-tancias que enumera o artigo 20 do mesmo texto legal como prohibitivas para contratar. 3.- No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades, poderase ter en conta ás sociedades pertencentes ó grupo para acredita-la solvencia económica, financeira e técnica ou profe-sional, ou, no seu caso, á persoa xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten efectiva-mente á súa disposición os medios das devanditas sociedades necesarios para a execución do contrato. 4.- Poderán presentar ofertas as unións de empresas que se constitúan temporalmente para os efectos. Cada un dos empresarios que compoñen a agrupación deberá acredita-la súa capacidade de obrar e a solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, coa presentación da documentación á que fan referencia os artigos seguintes. A duración das unións temporais de empresarios será coinci-dente coa do contrato, ata a súa extinción. Nun documento privado indicaranse: os nomes e circunstancias dos empresarios que asinen a proposta, a participación de cada un deles e o nome da persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, vai ostenta-la plena representación de todos eles fronte á administración. O devandito docu-mento deberá estar asinado polos representantes de cada unha das empresas compoñentes da unión. Estas unións temporais non se haberán de formalizar en escritura pública ata despois de que se tivera efectuado a adxudicación en favor seu. 5.- A presentación da oferta presume a aceptación incondicionada por parte do empresario dos artigos deste prego, sen salvidade ningunha, e a declaración responsable de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa administración. ARTIGO 6.- OFERTAS: DOCUMENTACIÓN. As ofertas constarán de dous sobres pechados nominados A e B; cada un deles presentará na súa parte externa os seguintes datos: 1.- A identificación do licitador (nome do representante, denominación e domicilio social da

entidade, teléfono e fax). 2.- A inscrición: "Oferta para contrata-lo servicio “promoción deportiva e actividades de le-

cer". 3.- O subtítulo que de seguido se especifica. A) O sobre A, subtitulado "Documentación Administrativa", incluirá no seu interior: 1.- Documento ou documentos acreditativos da personalidade do empresario e a representa-ción, no seu caso, do asinante da oferta, consistentes:

11

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

a) Empresario individual: Copia autenticada do NIF ou pasaporte. b) Persoas xurídicas : 1) Segundo a nacionalidade da entidade:

1.1) Empresas españolas: Copia autenticada da escritura de constitución ou modificación, se procede, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme a lexislación mer-cantil que lle sexa aplicable; se non o fose: escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro Oficial. 1.2) Empresas non españolas de estados membros da Unión Europea: A capacidade de obrar das empresas non españolas de Estados membros da Unión Eu-ropea acreditarase mediante a inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións ás que fai referencia o Anexo I do Real decreto 390/1996, de 1 de marzo, para o contra-to de obras. 1.3) Empresas non españolas de estados asinantes do acordo sobre o espacio eco-

nómico europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega): A capacidade de obrar das empresas destas nacionalidades acreditarase mediante a inscrición nos rexistros profesionais ou comerciais, o coa presentación das certifica-cións indicadas no Anexo I do Real decreto 390/1996, de acordo coa natureza do contrato. 1.4) Restantes empresas estranxeiras: A capacidade das empresas estranxeiras non comprendidas nas alíneas anteriores acreditarase mediante certificación expedida pola respectiva representación diplomá-tica española no Estado correspondente, na que se faga constar que figura inscrita no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúa con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais:

1.4 a) Se a empresa é dun país sinatario do acordo sobre contratación pública da Organización Mundial do Comercio, deberase achegar un informe da represen-tación diplomática española sobre a condición de Estado sinatario do devandito acordo. 1.4 b) Se a empresa non é dun país sinatario do devandito acordo, deberase achega-lo informe de reciprocidade, emitido pola respectiva representación diplomática permanente española, ó que se refire o artigo 23.1 do TRLCAP, relativo a que o Estado de procedencia da empresa estranxeira admite a súa vez a participación de empresas españolas na contratación coa administración en forma substancialmente semellante.

2) Fotocopia autenticada da tarxeta de código de identificación fiscal (CIF). 3) Fotocopia autenticada do NIF ou pasaporte do asinante da oferta.

4) No caso de concorrer á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal, es-tarase ó disposto no artigo 6.3 deste prego.

2.- En calquera caso, os que comparezan ou asinen ofertas en nome doutro, deberán presen-tar un poder bastante para os efectos. Se o licitador fose unha persoa xurídica, o apoderamento de-berá estar inscrito no Rexistro Mercantil. Se se trata dun poder para un acto concreto non é necesa-ria a inscrición no Rexistro Mercantil, de acordo co artigo 94.5 do Regulamento do rexistro mer-cantil.

12

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

3.- Declaración xurada outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado, na que se faga constar que a persoa física ou xurídica interesada ten plena capacidade de obrar e non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 20 do TRLCAP. 4.- Declaración xurada outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado, na que se faga constar que a persoa física ou xurídica se atopa ó día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa seguridade social impostas polas disposicións vixentes. 5- Xustificante de estar dado de alta no imposto sobre actividades económicas do municipio do domicilio fiscal, ou en cotas provinciais ou nacionais, no epígrafe que lle faculte para contratar. 6.- Acreditación da solvencia financiera, económica e técnica polos medios precisados nos artigos 16 e 19 da LCAP. A tal efecto incluirán no sobre a documentación acreditativa dos extremos referidos. En concreto, e dentro da acreditación da solvencia técnica, pola especificidad do obxecto do contrato, haberá de acreditarse: - a condición de entidade de economía social segundo a orde do 12 de abril do 2002 pola que se establecen as bases que baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación están destinadas ó fi-nanciamento de accións de fomento de emprego das entidades locais. 7.- As empresas estranxeiras achegarán unha declaración expresa de sometemento á xuris-dicción dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para tódalas incidencias que de modo directo ou indirecto puideran xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, o foro xurisdiccional estranxeiro que lle puidera corresponder.

8.- As empresas estranxeiras non comunitarias, ademais, deberán acreditar que teñen aberta unha sucursal en España, coa designación dos apoderados ou representantes para as súas opera-cions, inscrita no Rexistro Mercantil.

9.- Unha relación de empresas vinculadas, nos termos previstos no artigo 134 do TRLCAP. B) O sobre B, denominado "Oferta Económica", terá o seguinte contido: Oferta económica, conforme o seguinte modelo: D/Dna ........, maior de idade, veciño/a de ......., con domicilio en ......, provisto/a do NIF/CIF nº ..............., en nome propio (ou en representación de ........), enterado/a do procedemento negociado in-coado polo Concello de Viveiro para contratación do servicio “promoción deportiva e actividades de lecer”, tomo parte nel e declaro a miña conformidade con tódolos requisitos que se esixen para adxudi-ca-lo contrato, así como co prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexen a con-tratación, e comprométome á realización do servicio por un prezo de ...... (en letras maiúsculas e núme-ro) pesetas, IVE incluido e no prazo de un ano. (Data e firma do licitador) Cada licitador unicamente poderá presentar unha oferta. Tampouco poderá subscribirse nin-gunha proposta de unión temporal con outros, se o fixera individualmente, ou figuran en máis dunha unión temporal. ARTIGO 7.- DOCUMENTOS: ORIXINAIS E COPIAS. Os documentos que se acheguen coa oferta haberán de ser orixinais. Malia o antedito, admiti-ranse fotocopias autenticadas por notario ou funcionario público competente

13

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

ARTIGO 8.- PRAZO E LUGAR DA ENTREGA. 1.- Os devanditos sobres haberán de ser entregados no Rexistro xeral do Concello, en mán, de-ntro do prazo sinalado na solicitude da oferta. 2.- Tamén poderán presentarse ofertas por correo; neste caso, o interesado deberá acreditar, no resgardo correspondente, a data e hora de imposición do envío na Oficina de Correos e anuncia-lo mesmo día ó órgano de contratación a remisión da oferta, por fax, ós núm. 982.56.11.47 ou 982.56.31.56, ou ben mediante correo electrónico, á dirección [email protected]. Sen cumprir tales requisitos non será esta admitida no caso en que se recibira fóra do prazo fixado na invitación. Malia o antedito, transcorridos 10 días desde o remate do prazo de presentación, non se admiti-rá ningunha oferta enviada por correo. 3.- A presentación de ofertas presume a aceptación incondicionada por parte do empresario das cláusulas deste Prego, así como do de prescricións técnicas, sen salvidade ningunha, e a declaración responsable de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa administración. 4.- Unha vez presentada unha oferta non poderá ser retirada baixo ningún pretexto. ARTIGO 9.- BAIXA TEMERARIA. 1.- Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a oferta económica non poderá ser cumprida como consecuencia de baixas desproporcionadas ou temerarias, notificará esta circuns-tancia ós licitadores supostamente comprendidas nela, para que dentro do prazo de cinco días xustifi-quen ditas baixas. A xustificación realizada polos licitadores remitirase ós servicios técnicos a fin de que emitan o correspondente informe. Cando as circunstancias concorrentes así o aconsellen, poderá ademais solicitar informe da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa. 2.- O carácter desproporcionado ou temerario das baixas apreciarase de conformidade co disposto no artigo 83 TRLCAP, e no artigo 85 do RXCE. ARTIGO 10.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. Para adxudicalo servicio, terase en conta ademais dos importes das ofertas, o cumprimento dos requisitos establecidos na Orde do 12 de abril de 2002 pola que se establecen os programas de coope-ración coas Entidades Locais. ARTIGO 11.- MESA DE CONTRATACIÓN. A Mesa de Contratación estará constituída do xeito seguinte: Presidente: O Alcalde, ou membro da Corporación en quen delegue. Vocais:

- Concelleiro Delegado de Facenda ou membro da corporación en quen delegue - Interventor municipal ou quen legalmente o substitúa. - A Secretario Xeral da Corporación, ou quen legalmente a substitúa.

Secretario: - Técnico de Urbanismo e Contratación ou persoal municipal que o substitúa

14

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

ARTIGO 12.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN. A Mesa de contratación evaluará conforme ós aspectos sinalados neste prego as ofertas presen-tadas e formulará, de acordo co disposto no artigo 92.2 do TRLCAP, a proposta que estime pertinente ó órgano de contratación. En todo caso, deberá deixarse constancia no expediente das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento aplicadas polo órgano de contratación. ARTIGO 13.- DOCUMENTACIÓN. Antes da adxudica-lo contrato concederase ó empresario proposto un prazo de cinco días hábi-les para presentar certificación administrativa expedida polo órgano competente, acreditativa de ato-parse ó día no cumprimento das súas obrigas tributarias coas Facendas estatal e local e coa Seguridade Social. Entenderase que as empresas se atopan ó día cando concorran as circunstancias sinaladas nos artigos 7 e 8 do Real decreto 390/1996, de desenvolvemente parcial da Lei 13/95, da Lei de contratos das administracións públicas. ARTIGO 14.- ADXUDICACIÓN O órgano competente para a adxudicación do contrato é a Comisión de Goberno.

CAPÍTULO TERCEIRO FORMALIZACIÓN

ARTIGO 15.- GARANTÍA DEFINITIVA. 1.- Notificada a adxudicación do contrato, o adxudicatario estará obrigado a constituír, no prazo de quince días naturais, unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación. A garantía poderase constituír en calquera das formas establecidas no artigo 36 do TRLCAP, cos requisitos establecidos no artigo 15 e seguintes do Real decreto 390/1996, de 1 de marzo, ou mediante unha garantía global, cos requisitos establecidos no artigo 36.2 do TRLCAP. De non cumprir este requisito por causas que lle sexan imputables, declararase resolto o contrato. 2.- No suposto de adxudicación a un empresario a oferta do cal estivera incursa inicialmente en presunción de temeridade, o órgano de contratación esixirá ó adxudicatario a constitución dunha garan-tía definitiva polo 20% do importe de adxudicación, que substituirá á do 4%. Para a súa cancelación estarase ó disposto no artigo 47 do TRLCAP. 3.- A garantía definitiva responderá dos conceptos mencionados no artigo 43 do TRLCAP. 4.- A devolución e cancelación de garantías efectuarase de conformidade co disposto no artigo 47 do TRLCAP. ARTIGO 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. 1.- A Administración e o adxudicatario deberán formaliza-lo contrato en documento adminis-trativo dentro dos 30 días seguintes ó de notificación da adxudicación. Malia o antedito, o contrato administrativo poderá elevarse a escritura pública a pedimento do contratista e a súa custa.

15

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

No caso de que os servicios foran adxudicadas a una unión temporal, as entidades integrantes deberán acredita-la súa constitución en escritura pública, dentro do prazo outorgado para a formaliza-ción e achega-lo NIF atribuido á agrupación. 2.- O adxudicatario, ademáis do contrato, deberá asinar este prego. 3.- Os dereitos e as obrigas derivadas do contrato poderán ser cedidos a un terceiro, sempre que se cumpran os requisitos establecidos no artigo 114 do TRLCAP.

CAPITULO CUARTO DEREITOS E OBRIGAS DAS PARTES

ARTIGO 17,- OBRIGAS DO ADXUDICATARIO

1.- Obrigas laborais e sociais. O contratista está obrigado ó cumprimento das disposicións vixentes na materia laboral, de

Seguridade social e Prevención de Riscos Laborais. 2.- Cumprimento do prazo e penalidades por mora. O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realiza-

ción deste, así como dos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Caso de excederse o prazo fixado polo licitador na súa proposta e por causa imputable a es-

te, estaráse ó disposto no artigo 96 da LCAP e demais disposicións vixentes que regulan a materia. 3.- Gastos esixibles ó contratista. Son de conta do contratista, os gastos e impostos do anuncio ou anuncios da licitación e

adxudicación, da formalización do contrato, así como os que fixa a cláusula 13 do Prego de Cláusu-las Administrativas Xerais para a Contratación de subministros, e calquera outros gastos a que hou-bera lugar para a realización do contrato.

4.- Impostos. Tanto nas ofertas que formulen os licitdores como nas propostas de adxudicación, entende-

ránse comprendidos a todos os efectos, os impostos de calquera índole que graven os diversos con-ceptos, incluido o Imposto de Valor Engadido, sen que polo tanto, poidan ser estes presentados co-mo partidas independientes. ARTIGO 18.- EXECUCIÓN DOS TRABALLOS 1.- O contrato executarase con suxeción ás cláusulas do mesmo e de acordo coas instruc-cións que para a súa interpretación diera ó contratista o concello. 2.- A data de comezo dos traballos será a do seguinte ó da sinatura do documento de forma-lización do contrato. O prazo de execución e os prazos parciais que, se é o caso, se establezan re-feridos á data de comezo dos traballos. O prazo de execución será de un ano. Antes da finalización deste prazo e por mutuo acuerdo das partes, poderá prorrogarse o contrato nos termos sinalados no artigo 198 do LCAP. 3.- O adxudicatario está na obriga de presentar un programa de traballo no prazo de quince días hábiles a contar desde a notificación da adxudicación definitiva do contrato. 4.- O adxudicatario sinalará os nomes das persoas adscritas á empresa que ten previsto sina-lar e que cumpren os requisitos que se esixirán no memento da sua aceptación polo Concello. O adxudicatario estará na obriga de sinalar para a execución dos traballos os facultativos, mailo seu nome, que figuren na oferta, coa dedicación definida na mesma. Por consiguiente, durante a vixen-cia do contrato, o personal sinalado na mesma non poderá intervir noutro traballo. Tampouco pode

16

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

rá o adxudicatario substituir ó personal facultativo establecido na oferta, sen a expresa autorización do Concello.. 5.- Se durante o desenvolvemento do traballo, se detectase a conveniencia ou necesidade da súa modificación ou a realización de actuacións non contratadas, actuarase na forma prevista nos artigos 59, 101, 210 a) y b) da LCAP e normas de desenvolvemento. Cada vez que se modifiquen as condicións contractuais, o contratista queda na obriga á actualización dos programas de traballo. 6.- No caso de producirse unha suspensión do contrato estarase ó estipulado nos artigos 102, 214 a) y b) da LCAP e normas de desenvolvemento. Se o Concello acordara unha suspensión dos traballos, levantarase a correspondente Acta de suspensión.

7.- A execución do contrato realizarase polo adxudicatario coas responsabilidades estableci-das no artigo 211 da LCAP.

8.- O órgano de contratación determinará se a prestación realizada polo contratista axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimentación, dispoñendo para tal fin das prerrogativas establecidas nos artigo 213 da LCAP.

ARTIGO 19.– ABONOS Ó ADXUDICATARIO

O adxudicatario terá dereito ó aboamento do prezo dos servicios efectivamente realizados, de acordo coas condicións establecidas no apartado anterior. ARTIGO 20.- REVISIÓN DE PREZOS Será de aplicación a este contrato o disposto nos artigos 104 e seguintes da LCAP. ARTIGO 21.- RISCO E VENTURA O contrato executaráse a risco e ventura do adxudicatario. ARTIGO 22.- DEVOLUCIÓN E CANCELACIÓN DA GARANTÍA. Estaráse ó disposto no artigo 47 da LCAP.

CAPITULO QUINTO RESOLUCIÓN DO CONTRATO

ARTIGO 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO Serán causas de resolución do contrato as establecidas nos artigos 111 e 214 da LCAP, cos efectos previstos nos artigos 113 e 215 da LCAP.

CAPÍTULO SEXTO PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN E XURISDICCIÓN

ARTIGO 24.- PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN E XURISDICCIÓN.

Dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados no Texto refundido da lei de contratos das administracións públicas, o órgano de contratación ostenta as prerrogativas de

17

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

interpreta-lo contrato, resolve-las dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razóns de interese público, acorda-la súa resolución e determina-los efectos desta. Antes de adopta-los corres-pondentes acordos, será preceptivo o informe do Secretario e do Interventor da corporación, sen prexuízo do disposto no artigo 321.2 da Lei 5/97, de 22 de xuño, de administración local de Galicia. Contra os devanditos acordos poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos dende o día seguinte ó da recepción da resolución, segundo o disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso conten-cioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados dende o seguinte ó da recepción da notificación do acor-do recorrido. Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes dende a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Gali-cia, no prazo de seis meses, contados dende o día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición deberíase ter notificado de forma expresa (un mes dende a interposición), to-do iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdic-ción contencioso-administrativa, en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novem-bro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ademais, poderá interpoñer aqueloutro que estime conveniente.” ASUNTOS URXENTES. A proposta do Sr. Alcalde, e de conformidade co disposto nos artigos 82.3 e 83, do R.O.F. e co quorum establecido no artigo 42.3 da Lei 7/85, a Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda a urxencia e a continuación procédese a tratar os seguintes asuntos: 1º.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DO CONCURSO EN PROCEDEMENTO ABERTO PARA EXECUTAR A OBRA “PAVIMENTACIÓN E SERVICIOS NA AVDA. ANTONIO BAS”. Vistas as actas correspondentes á apertura da documentación administrativa e proposicións económicas presentadas ó concurso, en procedemento aberto, do contrato administrativo para a exe-cución da obra “PAVIMENTACIÓN E SERVICIOS NA AVDA. ANTONIO BAS”. Vistas as proposicións presentadas polas empresas e importes que a seguir se din: - AQUAGEST, S.A. .......................... 52.455,00 € - IBERSILVA, S.A.U. ........................ 56.795,64 € - PAULINO GONZÁLEZ, S.L. ......... 51.687,04 € Vista a proposta de adxudicación formulada segundo o artigo 16 do Prego de cláusulas ad-ministrativas particulares regulador do procedemento de contratación, a Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda: 1º.- Adxudicar o concurso, en procedemento aberto, do contrato administrativo para a exe-cución da obra “PAVIMENTACIÓN E SERVICIOS NA AVDA. ANTONIO BAS”, á empresa “PAULINO GONZÁLEZ, S.L.”, no prezo de 51.687,04 €, no prazo e condicións establecidas na súa proposición.

18

EEEXXXCCCMMMOOO...CCCOOONNNCCCEEELLLLLLOOO DDDEEE VVVIIIVVVEEEIIIRRROOO

Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 E-mail: [email protected]

2º.- Dar tralado do presente acordo ó departamento de Urbanismo e Contratación para a súa tramitación. E ó non haber máis asuntos que tratar, polo Sr. Alcalde levántase a sesión, sendo as vin-teunha horas da data indicada máis arriba, estendéndose de todo o tratado a presente acta, da que eu Secretaria dou fe.

19