Upload
guestd6b149b
View
278
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
De
NICOLÁS
a
PAPÁ NOEL
NO
ÁS
ICL
Eu son Nicolás, e nacín nunha cidade
chamada Mira en Turquía no século IV. Eu era de
complesión delgada é bastante alto. A miña familia era rica, pero eu sempre sentín
debilidade pola xente pobre. Cando eu tiña 19 anos, o meu país sufriu unha
epidemia de febre e quedei orfo. Decidín estudar
para cura, vivín un tempo nun mosteiro, e
pasados uns cantos anos fun nomeado bispo da
miña cidade natal. Eu levaba unha vida sinxela, sen luxos e decidín
repartir todas as miñas herdanzas entre os nenos
pobres da miña cidade. Leváballes comida, roupa,
cartos etc. Como daquela non había coches, nin
trens, nin avións nin nada diso, eu metía todas as
cousas nun saco moi grande, botábao ao lombo e
ia camiñando polas rúas deixando comida, roupa
ou o que fixese falla en cada casa. A xente, é en especial os nenos queríanme moito,
por eso cando morrín no ano 345 ( fai xa 1664 anos
) en modo de agradecemento a xente empezou a
construír igrexas e catedrais na miña honra; ata tal
punto que trasladaron os meus restos mortais a
Bari, unha cidade italiana. Xa vos destes conta
non? A xente pensa que eu son italiano. Durante moitos séculos a xente seguiu falando
de min, (incluso cheguei a Santo), uns dicían
unha cousa, outros outra, ata que me dei conta
de que agora son outro. Queredes coñecer como a xente me
transformou? Tedes curiosidade? Se a tedes
pasade a páxina seguinte.
NICOLÁS1
A miña transformación empezou a redor do século XVIII cando a xente que vivía en Holanda marchou para Norte América. Os holandeses falaban de Sinterklas o seu patrón, este nome, con pronuncia angloparlante derivou en Santa Klaus.
Os americanos imaxináronme anano e fraco coma un trasno. Como ides vendo aínda non sufrín a gran transformación.
A responsable do meu gran cambio foi a compañía da Coca-Cola no ano 1931, quería facer un anuncio publicitario para que se coñecese a Coca-Cola en Europa, para iso contrataron un debuxante que me fixo barbudo, gordo, bonachón. Púxome un vestido vermello con cinto, botas negras, un gorro que parece un cono na cabeza e no lombo un saco cheo de agasallos. O debuxo foi un “bombazo”. A Coca Cola triunfou en Europa (gústanos moito, verdade?).
Fíxenme moi famoso en todo o mundo e os escritores empezaron a crear historias a cerca de min. Si queres saber como acaba a miña historia pasa a páxina seguinte.
Fotos das campañas publicitarias de variosanos.
Ano 1931
Ano 1946
Ano 1953
O COMENZO DO CAMBIO2
Os escritores falaban do gordo bonachón vestido de vermello, cun gran saco de agasallos que pesa moito. Como eu non podía co saco ao lombo, de seguida argallaron de poñerme medio de transporte.
Que listos sodes! Xa o adiviñastes?
Como vos ía dicindo, alá me puxeron de condutor dun trineo máxico voador tirado por renos, liderados por Rudolph; un reno que ilumina o camiño co seu nariz vermello brillante.
Unha vez conseguido o medio de transporte tiña que ter un sitio onde vivir e como os renos viven no polo norte tamén decidiron que eu viviría alí.
Ao principio foime un pouco difícil, porque ninguén me dixo que tiña que sacar o carné de conducir renos, pero agora, co que levo practicado, xa me considero o mellor conductor de renos do mundo.
Deste xeito son capaz de repartir todos os agasallos que me pedides nunha soa noite. A noite de NADAL.
3
Como xa observades non son quen era, pero aínda queda un pouco máis. O nome co que se me coñece agora.
Despois do meu triunfo americano sendo a imaxe da Coca-Cola, na Gran Bretaña chamáronme (Padre Navidad), en Francia
(Padre Navidad) e en España por traducción do francés
Father Chrismas
Père Noel
PAPÁ NOEL
FATHER CHRISMAS
PÈRE NOËL
PAPÁ NOEL
4
Queres formar parte da ? Apetéceche formar parte deste libro? Se queres, de seguido dígoche o que debes de facer:
HISTORIA DE PAPÁ NOEL
Os nenos de infantil colorearán debuxos meus.
Os nenos de 1º, 2º e 3º debuxaranme e escribiranme unha carta.
Os nenos de 4º, 5º e 6º escribiredes unha pequena historia, imaxinando que eu nacín aquí e que, coa miña imaxe temos que promocionar Celeiro. ( semellante o que fixeron os americanos coa Coca Cola).
5
debuxo
carta
Nome : ....................................................................................
Nome : ....................................................................................
Nome : ....................................................................................
Nome : ....................................................................................
Se queres levarme contigo, aquí tes as partes do meu corpo. Anímate. e faia a montaxe.
cabeza, brazos e manss
corpo,pernas, pes e saco
Nome : ................................................................
Esta historia foi adaptada por Concepción Arias (membro do
equipo da BIBLIOSOÑOS) despois de cotexar distintas versións
sobre o tema. Desexo que vos guste.
Todo o equipo da BIBLIOSOÑOS espera a vosa participación nesta historia.
Un sincero agradecemento o noso conserxe Enrique, sin él o soporte de madeira desta historia non sería posible.