4
Dossier de prensa de 2 na Fronteira Discografía: 2011: Humo en los ojos 2013: Alma 2014: Zapatiños para Díaz Castro Carmen Penim: (voz, harmonio) Maurizio Polsinelli: (piano, harmonio) Son catorce poemas nos que a música fainos chegar a peculiaridade e a emoción dos seus reveladores versos. Outros músicos, outros intérpretes poden proporcionarnos unha versión distinta destes magníficos poemas, pero na presente versión, as notas musicais e a voz de Carmen Pením constitúen un achegamento á sutil poética de Díaz Castro que potencia os valores líricos das composicións escolleitas. Despois do recital, memorizamos os mellores versos desta antoloxía de Díaz Castro no son e coas cadencias de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli. Xesús Alonso Montero, Presidente da RAG

Zapatiños dossier prensa Galicia

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Dossier de prensa de ZAPATIÑOS PARA DÍAZ CASTRO, con todos os datos para coñecer de perto este traballo de 2naFronteira do 2014.

Citation preview

Page 1: Zapatiños dossier prensa Galicia

Dossier de prensa de

2naFronteira  

                                                                                                                                                                                                                           

 

 Discografía:    2011:  Humo  en  los  ojos    2013:  Alma    2014:  Zapatiños  para  Díaz  

 Castro                          Carmen  Penim:  

 (voz,  harmonio)  Maurizio  Polsinelli:  

(piano,  harmonio)    

Son   catorce   poemas   nos   que   a   música   fainos   chegar   a   peculiaridade   e   a   emoción   dos   seus  reveladores  versos.  Outros  músicos,  outros  intérpretes  poden  proporcionarnos  unha  versión  distinta  destes  magníficos  poemas,   pero  na   presente   versión,  as   notas  musicais   e  a   voz  de   Carmen  Pením  constitúen   un   achegamento   á   sutil   poética   de   Díaz   Castro   que   potencia   os   valores   líricos   das  composicións   escolleitas.   Despois   do   recital,   memorizamos   os   mellores   versos   desta   antoloxía   de  Díaz  Castro  no  son  e  coas  cadencias  de  Carmen  Pením  e  Maurizio  Polsinelli.  

Xesús  Alonso  Montero,    Presidente  da  RAG  

 

Page 2: Zapatiños dossier prensa Galicia

Páxinas Web: http://www.2nafronteira.com EPK (english): http://www.sonicbids.com/band/2nafronteira/ Facebook fans: https://www.facebook.com/2nafronteirafans Youtube: http://www.youtube.com/user/solo2musica Twitter: https://twitter.com/2nafronteira Breve curriculum do dúo A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli forman o dúo 2naFronteira dende o 2008, cando inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto. No 2011 publican neste país un disco en español e galego, con letras de Carmen e a musicalización de varios poetas en lingua española, como Lorca ou Góngora. Este disco,Humo en los ojos, contiña tamén dous dos temas (orixinais) máis visitados en youtube e aprezados polo público: A lavandeira e Alalá dende Turín. No 2013 publican Alma, un disco que foi interpretado en directo no Parlamento de Galicia, no Culturgal e en diversos escenarios e auditorios galegos, cunha moi boa acollida pola crítica, a prensa e o público. Os temas, para voz, piano e harmonio, xiran en torno ós poetas clásicos e contemporáneos galegos, así como Lorca (da súa obra Seis poemas gallegos) e F.Pessoa. Agora presentan este novo traballo, Zapatiños para Díaz Castro, que conta co apoio da Consellería de educación, Cultura e O.U. e cunhas palabras introductorias do Presidente da Real Academia da Lingua Galega, D. Xesús Alonso Montero. Son músicas orixinais do dúo para catorce poemas de Nimbos, do escritor Letras Galegas 2014. Neste disco o harmonio, que tanto gusta ó público, adquire máis presencia e aparece tamén xunto co piano en algúns temas, como Ai, capitán ou Nimbos. É un disco particularmente intenso, alegre e luminoso. Supón unha mostra máis da gran calidade e orixinalidade compositiva e artística que propón este dúo, que reúne calidade con paixón nos seus directos. Xa foi levado como preestrea ó Centenario do nacemento de Díaz Castro en Guitiriz e ó Museo Provincial de Lugo. Información sobre os músicos Carmen Penim estudou en Santiago Filoloxía e doctorouse pola Uned en Educación. Publicou o seu libro de poesía Cambio versos por champán no 2010 (Torremozas). Conta tamén con numerosas publicacións científicas e didácticas. Estudou canto lírico en Italia tres anos e no 2011 empezou os seus estudos de canto lírico e jazz e de didáctica do canto no método Crossover. Maurizio realizou os seus estudos de Filoloxía en Roma, e os de piano no conservatorio de Santa Cecilia da mesma cidade. Compositor que colabora en diversos proxectos musicais e teatrais. Intervén habitualmente en radios e tv italianas. Destaca o seu eclecticismo e versatilidade musical, ó lado dunha elevada calidade técnica. Tén tres discos publicados anteriores ó dúo 2naFronteira co grupo romano Pane.

Page 3: Zapatiños dossier prensa Galicia

INFORMACIÓN SOBRE O NOVO D I S C O ZAPATIÑOS PARA DÍAZ CASTRO Foi gravado e mesturado en Casa de Tolos, baixo a dirección de Segundo Grandío. Así foron os primeiros pasos dos ZAPATIÑOS PARA DÍAZ CASTRO (vídeoreportaxe) https://www.youtube.com/watch?v=cE2P9MA_j0g Vídeoclip con "Quezáis" https://www.youtube.com/watch?v=YyAUYcwQ6CM Pódese escoitar o tema Penélope do disco na canle youtube (e máis reportaxe e vídeoclip) en https://www.youtube.com/watch?v=6jd7lFmCEWE O disco contén 14 temas orixinais de Carmen Penim na música con aranxos musicais de Maurizio. Os textos orixinais pertencen á obra NIMBOS de Xosé María Díaz Castro. Os poemas musicados son: Nimbos, Noite do mundo, O verme e a estrela (Alalá do verme e a estrela), Esmeralda, No novo Ceo, A noite é necesaria, Terra sucada (Nana para a terra), Penélope, Quezáis, Remuíño, Cova alumada, Coma un río, Ai, capitán e Coma unha espada. As músicas do disco son, como xa é habitual nesta formación musical, variadas e eclécticas: dende ritmos claramente populares de raíz tradicional como en Quezáis ou Remuíño; pasando por cancións de corte máis culto, como en Coma un río; ou jazz, como Cova alumada, e mesmo rock, como A noite é necesaria, deixando lugar tamén para a experimentación como sucede na intensa Nana para a terra. Neste caso 2naFronteira optou por reproducir no libreto a mesma arquitectura que presenta a obra poética Nimbos, sacrificando outras consideracións que se puideran facer á hora de ordenar os temas no disco. Así, conta coas mesmas partes ca o libro orixinal, o cal podería ser un atractivo engadido para os amantes deste autor. A produción correu a cargo de 2naFronteira produzioni, e a excelente fotografía foi realizada por Javi Collazo, que é un traballo que confire unha notable dimensión artística ó libreto. Distribución de Inquedanzas sonoras baixo a dirección executiva de Xusto Molejón Valoría.

 

Page 4: Zapatiños dossier prensa Galicia

Poderáse mercar nas principais tendas de discos, librerías e no Corte Inglés e na Fnac. Tamén se pode adquirir directamente ós músicos e por suposto, ós distribuidores de Inquedanzas Sonoras, ben na tenda de Vigo (Martínez Garrido, 1) ou por internet. Tamén se poderá adquirir en formato dixital en iTunes. Foron presentados temas do disco en (e algúns concertos previstos): Centenario de Díaz Castro en Guitiriz, Casa Habanera. Revista Oral de marzo 2014, Museo Provincial de Lugo. Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL), 8 de maio. Entrevista en ZigZag, Diario Cultural de TVG, 14 de maio Claustro do Convento de San Francisco, Ourense, 16 de maio Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela 18 de maio Actuación e entrevista en “Somos Quen” Radio Galega, 1 de xuño Auditorio Multiusos A Xunqueira de Redondela 28 de xuño

C o n t a c t o para información ou contratación mail: [email protected] Telf: 986164615 e 699845312 O cachet será negociado cos músicos en función da duración e outras características do evento, así como dos gastos de aloxamento e desplazamento, se os houbera.