View
1.381
Download
9
Category
Preview:
DESCRIPTION
Hª de VIgo
Citation preview
Proxecto educativo realizado por:
Marta Mariño Costales e María Fernanda González Rodríguez
MUNDO
EUROPA
ESPAÑA
GALIZA
VIGO
Google Earth
Índice• Introducción.....................• Prehistoria....................... • Os Romanos................... • Idade Media.................... • Idade Moderna................ • Idade Contemporánea.... • Século XX....................... • Escudo............................ • Bandeira …………………. • Bibliografía. ………………
¡OLA!: VOUME PRESENTAR, O MELLOR ALGUÉN XA ME COÑECE;
CHÁMOME VIGO. NA ACTUALIDADE SON A CIDADE, MÁIS GRANDE E
POBOADA DE GALIZA, PERO ATA FAI POUCO AINDA ERA UNHA ALDEA CATIVA.
NESTE DIARIO EXPÓÑENSE BREVES PINCELADAS DA MIÑA HISTORIA E DAS PERSOAS QUE PARTICIPARON NELA.
Ainda que Vigo é unha cidade nova ,xa dende tempos moi remotos estivo poboada.Os primeiros datan da época do Paleolítico, eran Nómades (non tiñan un asentamento fixo , ían dun lugar a outro na percura de comida), cazadores e coas peles dos animais facían as súas roupas.Utilizaban ferramentas feitas en pedra.Comunicábanse por sons.
Chámase así o período da historia da humanidade que aconteceu antes de descubrir a escritura
TIVERON QUE PASAR MOITOS ANOS
ATA QUE DECIDIRON FICAR,
XA QUE EU NON ERA UNHA MALA TERRA.
DAQUELA FIXERON UN GRAN DESCUBRIMENTO: O LUME QUE CONDICIONOU O FUTURO DA ESPECIE HUMANA
XA NO NEOLÍTICO INSTALÁRONSE EN COVAS E POUCO A POUCO FÓRONSE ASENTANDO EN PEQUENOS POBOADOS FEITOS CON MATERIAIS PERECEDOIROS FANCÉNDOSE CADA VEZ MÁIS SEDENTARIOS
APRENDEN A : CULTIVAR A TERRA
DOMESTICAR ANIMAIS . ELABORAR RECIPENTES PARA CONSERVAR E COCIÑAR OS ALIMENTOS E O INICIO DA CERÁMICA. UTILIZAN AS PALABRAS E APARECEN AS PRIMEIRAS MANIFESTACIÓNS ESCRITAS.
TAMÉN FIXERON OUTROS GRANDES DESCUBRIMENTOS COMO :
• A RODA• O ARADO• A VELA
POR PRIMEIRA VEZ ENTERRÁBANSE OS MORTOS NUNHAS CONSTRUCCIÓNS CARACTERÍSTICAS FEITAS CON PEDRAS , SON OS RESTOS MÁIS IMPORTANTES QUE TEMOS DESTA ÉPOCA :
AS MÁMOAS ( OS SEUS MONUMENTOS FUNERARIOS ).
As mámoas
Son pequenas cámaras funerarias formadas por
varias pedras verticais chantadas na terra e
tapadas cunha laxe.cubríanse de terra formando un
túmulo
CHAN DO LABRADOR (MADROA)
ASÍ ERA COMO O FACÍAN
TRIBU DO NEOLÍTICO FACENDO ÚTILES DE CERÁMICA
PEDRAS PARA MOER O GRAN
ESTES INSTRUMENTOS DE PEDRA OS UTILIZABAN COMO COITELOS E MACHADAS. (Museo Quiñones de León)
UTENSILIOS, FEITOS CON ÓSOS.
APARECEN AS PRIMEIRAS REPRESENTACIÓNS PICTÓRICAS ; PETROGLIFOS.
(GRAVADOS NAS ROCHAS CON MOTIVOS
XEOMÉTRICOS E ESCENAS DE CAZA)
AINDA QUE SON CARACTERÍSTICOS DA IDADE DE BRONCE CONSÉRVANSE ALGÚNS DA
ÉPOCA ROMANA E MEDIEVAL .
PETROGLIFO DAS MILLARADAS(MATAMÁ)
PETROGLIFO PEDRA MOURA.(CORUXO)
Machadas, abalorios da idade dos metais
TODO ISTO O PODEDES VER NO
MUSEO QUIÑONES DE LEÓN.
ESTES HOMES E MULLERES SEGUEN EXPLOTANDO OS RECURSOS NATURAIS , O QUE FACÍAN DE OSOS E PEDRAS, DESPOIS DE MOITO LIDAR, O IRÁN FACER DOS MATERIAIS QUE VAN DESCUBRINDO: FERRO, BRONCE, ESTAÑO, PRATA,… O QUE DA COMENZO A ÉPOCA DO METALFANSE PESADAS ARMAS E MACHADAS E OS POBOADOS VÓLTANSE MÁIS VIOLENTOS.
XA NA IDADE DE FERRO DESENVÓLVESE A CULTURA CASTREXA , ONDE A AGRICULTURA ERA VARIADA E TAMÉN CONTINÚAN O COMERCIO POLO MAR.
NESTE MOMENTO EXISTÍAN 27 CASTROS EN VIGO, O MÁIS IMPORTANTE ERA O DO MONTE DO CASTRO.NON TODOS OS CASTROS SON DA MESMA ÉPOCA ,ALGÚNS COMENZAN INCLUSO NA IDADE DE BRONCE.NUN PRINCIPIO OCUPABAN OS LUGARES MÁIS ALTOS, E FORÓNSE DESPRAZANDO AS LADEIRAS BUSCANDO PROXIMIDADE AS TERRAS DE CULTIVO.FACENDO PARA A SÚA PROTECCIÓN :MURALLAS, TERRAPLENS, FOSOS...POUCO A POUCO VAN PERDENDO A SÚA FORMA TAN REDONDA E APARECEN DENTRO DELES ALGUNHA CASA CUADRANGULAR.O SAL ERA MOI VALIOSO PARA SAZONAR E CONSERVAR OS ALIMENTOS.APARECE O ARADO DE METAL,FORTE E RESISTENTE E PENETRA MÁIS NA TERRA. ERAN EXCELENTES CERAMISTAS E METALÚRXICOS. OS SEUS ÚTILES APENAS DIFERÉNCIANSE DOS ACTUAIS.A MULLER TRABALLABA NO CAMPO EN TAREAS AGRÍCOLAS; OS HOMES ENCARGÁBANSE DE DEFENDER A SÚA TRIBU CONTRA O INIMIGO.POUCO A POUCO VAN APARECENDO AS CLASES SOCIAIS ONDE HABERÍA XEFES E GUERREIROS.
AS CASA E
RAN REDONDAS
E CONSTRUÍD
AS EN P
EDRA
E BARRO.O
TELLADO ERA
DE PALLA TUPID
A CON
BIMBIA
S E S
OSTIDO P
OR UN
POSTE CENTRAL.N
ON
HABÍA C
HIMENEA E
O FUME
SAÍA A
TRAVÉS DO TEITO.
ESTABAN MOI X
UNTAS E
FORMABAN UN P
OBOADO
......Eran os ROMANOS
XA CANDO ESTABA A FEITA A ESTAS TRIBUS VEXO QUE CHEGAN UNS BARCOS CON MOITOS HOMES.¡NUNCA VIRA NADA PARECIDO...E ADEMÁIS VESTÍAN MOI RARO!
ERA UNHA CIVILIZACIÓN MAIS AVANZADA,E TIÑAN UN EXÉRCITO MOI PODEROSO . A SÚA
ENTRADA FOI MÁIS OU MENOS PACÍFICA. NUN PRIMEIRO MOMENTO INSTÁLANSE NOS CASTROS MESTURÁNDOSE COA SÚA
POBOACIÓN.
ENSINÁRONNOS O SEU IDIOMA; O LATÍN.
PARA TRABALLAR A TERRA UTILIZABAN O ARADO ROMANO:de madeira con tres pezas, era o elemento fundamental para as labores agrícolasdurante este período e na actualidade.
IDADE ANTIGA: Dende a invención da escritura 300 a. c. aproximadamente, ata a caída do imperio romano (476 d.c.),século V
EN TEIS EXISTÍU UNHA “OLEARIA” OUPLANTA DE PRODUCCIÓN DE ACEITE,NO MUIÑO EXPRIMÍASE A OLIVA.O ACEITE CONSERVÁBASEEN GRANDES CUBAS SEMIENTERRADAS NO CHAN,DE ONDE SE QUITABA MEDIANTE CÁNTAROS APROPIADOS.
(no Parque Quiñones de León gárdase un muiño nos xardíns)
(Ánfora romana atopada no porto de Vigo)
Comezan a chamarme “VICUS” que significa aldea pequena.
¡POR FÍN XA TEÑO NOME!
CONSTRÚEN UN PEIRAO DE MADEIRA
E FAN COMERCIO POLO MAR (Proba diso son a presenza de ánforas
portadoras de productos como:gran,viño,aceite,...)
A NOSA RÍA EMPEZA A TER MOITA ACTIVIDADE.
A PARTIRES DO SÉCULO I d.c.. E DESCUBRINDO AS POSIBILIDADES DO MAR ACHÉGANSE AS ZONAS CERCANAS Ó LITORAL E FAN NOVAS EDIFICACIÓNS NA ZONA DO:BERBÉS,AREAL, TEIS , TORALLA, ALCABRE,...
-AS CASAS COMEZAN A TER FORMA CADRADA E CON TELLAS ROMANAS.
-A VILA: composta por unha gran mansión (onde vivía o dono) e o seu redor outras casas máis pequenas ( vivían os xornaleir@s ou escrav@s).Ten como
finalidade económica o seu autoabastecemento.
APARECEN NOVAS CONSTRUCCIÓNS:
Restos romanos atopados na finca Mirambell(Toralla-praia do bao)
- AS SALINAS: teñen forma rectangular e úsanse para recoller o sal
- AS NECRÓPOLIS : era a cidade dos mortos, teñen tumbas con estelas funerarias ou
lápidas.
Excavación arqueolóxica feita na zona do Areal
As recentes excavacións arqueolóxicas demostran que nesta época existíaUn asentamento importante , coincide coa área que ocupa o centro histórico, entre a rúa Real e o Berbés
PERO O TEMPO GLORIOSO DA CIVILIZACIÓN ROMANA CHEGA AO SEU FIN. XA NON SON INVENCÍBEIS E COMEZAN AS INVASIÓNS.
UNHA NOVA ÉPOCA …
A idade media é a època máis escura que pasei
IDADE MEDIA: Dende a caída do imperio romano (476 d.c. ata o descubrimento de América 1492, século XV)
Despois do crecemento que aportou a época romana escomenza un período de frecuentes invasións, e saqueos dos pobos procedentes do norte de Europa ( suevos,visigodos,vikingos...)
Debido a carencia de murallas e os ataques continuos a poboación emigraba cara o interior buscando seguridade.
O Vigo medieval era unha pequena vila con poboación escasa agrupada entorno a dous núcleos:
- O Areal de orixe mariñeiro - O Castro adicado o gando e labouras do
campo
Nestes séculos XI- XII constrúen as igrexas románicas,entre elas a de Sta María(colexiata).Na actualidade consérvanse 3 igrexas ROMÁNICAS.
SAN SALVADOR DE CORUXO é a única que ten 3 ábsides e destacan os motivos dos seus canzorros.
SANTIAGO DE BEMBRIVE Destaca a súa ábside
SANTA MARÍA DE CASTRELOS é a máis cercana a un núcleo urbano.Está formada por unha única nave
de ábside semicircular
OS ELEMENTOS FORMAIS MÁIS DISTINTIVOS DO ARTE ROMÁNICO SON:
O MURO: •As veces aparecen unhas marcas feitas polos canteiros que interviren na
construción.•Un elemento diferenciador en Vigo é a rosa sexiforme
O ARCO: característico é de medio punto ou semicircular. Cando o arco se atopa en portas ou fenestras de gran grosor teñen arcos concéntricos para
soportar o peso
Sinaturas nos muros da Igrexa Santiago de Bembrive
Rosa sexiforme na igrexa de Bembrive
Arcos das portas da igrexa Santa María de Castrelos
CANZORROS: Son decoracións escultóricas un pouco toscas
están nas partes saintes dunha estructura vertical.
Misturan aspectos reais ou fantásticos
A igrexa de Sta Cristina de Lavadores, sufriu transformacións co paso do tempo.foi reconstruida no último tercio do s. XIX,
aínda hoxe conserva restos de seu antigo edificio románico con algún vistoso canzorro.
igrexa Santiago de Bembrive.
Igrexa Sta Cristina de Lavadores
•A xente tiña crenzas ancestrais ata a chegada do cristianismo o que vai dar unha estabilidade a vila.
•Ademais no século X e XI afiánzase a idea do descubrimento en Galiza da tumba do Apóstolo Santiago
•Neste período a sociedade estaba formada por: nobres e crego (vivían en castelos e Mosteiros), e os campesiños que traballaban para eles.
•Os barcos que entraban no porto tiñan que pagar un tributo ao arcebispo de Santiago. Vigo estivo condicionado pola subordinación a Baiona no tráfico do
comercio co exterior.
No século XV sucede un importante feito; a LOITA DOS IRMANDIÑOS. Esta foi unha rebelión dos campesiños contra a nobreza e os cregos aos que estaban sometidos.
Pedro Madruga de Soutomaior invadiu Vigo e loitou contra os irmandiños.
NESTE TEMPO DEUME UNHA LEDICIA UN TROBADOR CHAMADO MARTÍN CÓDAX QUE FALA DE MIN E DA RÍA
CON MOITO AGARIMO NA SÚA “CANTIGA AMIGA”
MONUMENTOS EN LEMBRANZA A MARTÍN CÓDAX
Monumento No Castro baixo (1967)
Fai referencia a mitoloxía fantástica da ría de Vigo.
Ninfa e Dragón Paseo de Alfonso,(Xaime Quesada, 2006)
IDADE MODERNA: Dende o descubrimento de América (1492, século XV) ata a revolución francesa (1789, século XVIII )
COMEZA UNHA NOVA ÉPOCA DE DESGRACIAS:
•ACONTECE A PEOR PESTE LEMBRADA NA MIÑA HISTORIA
•ATÁCANME OS CORSARIOS , SOBRE TODO UN TAL DRAKE.
•E ADEMAIS, O EXÉRCITO PORTUGUÉS VISÍTAME E SAQUEAME A MIÚDO PORQUE PORTUGAL QUERE A SÚA INDEPENDENCIA.
MENOS MAL QUE A MIÑA POBOACIÓN TAMÉN ESTA CANSA E DECIDE FACER UNHA MURALLA
PARA PROTEXERME.
A MURALLA COMENZA NO CASTELO DE S. SEBASTIÁN,ONDE ANTERIORMENTE ESTABA A TORRE DO PENSO (símbolo do dominio que tiña o arzebispado de Santiago).CONSTABA DE 7 PORTAS TAL COMO INDICA A IMAXE:•DA PORTA DA GAMBOA saía o camiño cara a Redondela•DA PORTA DO PRACER o camiño para Porriño•DA PORTA DA FALPERRA o de Baiona.SE A CIDADE ERA ATACADA PECHÁBANSE AS SÚAS 7 PORTAS.
Porta do Porta do SalgueiralSalgueiral
Porta da Porta da GamboaGamboa
Porta da Porta da LaxeLaxe
Porta do Porta do MarMar
Porta do Porta do BerbBerbééss
Porta da Porta da FalperraFalperra
CasteloCastelo de de San San
SebastiSebastiáánn
Porta do Porta do PracerPracerPorta do Porta do
SalgueiralSalgueiral
Porta da Porta da GamboaGamboa
Porta da Porta da LaxeLaxe
Porta do Porta do MarMar
Porta do Porta do BerbBerbééss
Porta da Porta da FalperraFalperra
CasteloCastelo de de San San
SebastiSebastiáánn
Porta do Porta do PracerPracer
ESTES SON OS RESTOS DAS MURALLAS QUE SE CONSERVAN NA ACTUALIDADE
Detalle das murallas na subida ó castelo.
Porta de entrada ocastelo de San Sebastián
Restos de murallas no casco vello
AÍNDA ASÍ TIVEN QUE PRESENCIAR UNHA DAS BATALLAS NAVAIS MÁIS SANGUENTAS DA HISTORIA ,”A BATALLA DE RANDE” ,ONDE A FLOTA ESPAÑOLA ,PROTEXIDA POLA FRANCESA , VIÑA CON TESOUROS DE AMÉRICA E FORON ATACADAS POLOS BARCOS ANGLO-HOLANDESES. http://www.arrakis.es/~rojea/rande/ranindex.htm
OS MEUS HABITANTES TAMÉN AXUDARON DENDE TERRA COS SEUS CAÑÓNS; O FINAL SUFRIMOS UNHA GRAN DERROTA E DAQUELA QUEDOUNOS UN MISTERIO
¿ONDE ESTÁN OS TESOUROS?
DELES NON SE SABE NADA, E XIRA UNHA LENDA NO SEU ENTORNO . INCLUSO HOXE A XENTE CONTINÚA A BUSCALOS.
Entre os moitos interesados polo tema do tesouro de Rande figura o escritor XULIO VERNE que no ano 1870 publica a famosa obra "Vinte mil leguas de viaxe submarino". O capitán Nemo, protagonista da historia, vive nun submarino e utiliza os recursos mariños para a súa subsistencia. Na obra refléxase a visita do Nautilus á baía de Vigo onde o capitán Nemo collía os tesouros de Rande. Curiosamente, a cidade recibe a visita do escritor
DELA QUEDA UNHA LEMBRANZA...
“ AS ANCLAS” DO CASTRO.
SE QUEREDES PODEDES IR VISITALAS.
DESPOIS EMPEZO A MEDRAR………
• GRAZAS O REI CARLOS III QUE DECIDE QUE NON SE TEÑA QUE PAGAR TRIBUTOS, O PORTO COBRA OUTRA VEZ IMPORTANCIA. POR FÍN COMEZA A CONTAR CON INSTALACIÓNS ADECUADAS ,RECIBE XA MERCADORÍAS DE TODAS AS PROCEDENCIAS;ACEITES,VIÑOS,BACALLAU NORUEGÚES ,...
• TAMÉN CHEGAN COMERCIANTES E INDUSTRIAIS CATALÁNS E CREAN FÁBRICAS DE SALAZÓN,COIRO,XABRÓN E ALGÚNS HABITANTES VOLVEN Ó LITORAL A TRABALLAR.
ALGUNHAS TIÑAN O SEU BRASÓN
PAZOS DE FIGUEROA
CASA ARINESFAMILIA ARINES
• INSTÁLANSE NO CASCO VELLO E CONSTRÚEN CASAS SEÑORIAIS PARA VIVIR.
Casa Arines (onde imprimiuse por 1ª vez Cantares Galegos).Rúa Real
Casa Bárcena
(rúa Real)
Praza da Constitución,
esquina rúa triunfo
Pazo dos Ceta e Pazo dos Figueroa situados na Praza de Almeida. A arquitectura máis lonxeba do centro Histórico
FAMILIA LÓPEZ ARAÚJOFamilia López Araújo
NO BERBÉS SEGUEN OS HOMES E MULLERES DO MAR
E APARECEN OS GREMIOS ESPECIALIZADOS;
CARPINTEIROS,CESTEIROS, SOMBREIREIROS,...
AINDA HOXE , NO CASCO VELLO EXISTEN NOMES DE
RÚAS CÓS NOMES DESTES GREMIOS.
COMO MOITOS OUTROS LUGARES, TAMÉN FUN OCUPADA POLOS FRANCESES.
A XENTE QUE VIVIA NA VILA , NON ESTABA DISPOSTA A DEIXARSE CONQUISTAR, LOITAN E IMPIDEN QUE A INVASIÓN TEÑA ÉXITO.
ESTE FEITO COÑÉCESE COMO A BATALLA DA RECONQUISTA.
FUN A DERRADEIRA CIDADE EN SER OCUPADA POLOS FRANCESES E A PRIMEIRA EN LIBERARSE DELES.
POR ESTE MOTIVO A COROA OUTÓRGAME O TÍTULO DE “FIEL ,LEAL E VALEROSA.”(Qué levarei no meu escudo)
IDADE CONTEMPORÁNEA: É a etapa da historia máis curta e recente, dende a revolución francesa (1789, século XVIII ) ata a actualidade
É TÓDOLOS ANOS NA MESMA DATA EN MARZO CELEBRAMOS A FESTA DA
RECONQUISTA http://www.galeon.com/web_mania/reco
n.htm
¡QUÉ FELIZ FUN ESE DÍA!
O gobernador (Villavicencio),deixou pasar os franceses porque eran superior en nº , ( 2.000 contra 250), e así evitar un derramamento de sangue.Rendéronse pero coa intención de ser inimigos no interior e preparar o ataque dende fóra das murallas
Os vigueses puxeron tódolos impedimentos posibels para que a comida fóralle escasa e incluso chegaron a secar as fontes.
Os rebeldes,que estaban fóra do recinto amurallado,e coas escasas armas que tiñan ,organizáronse e as ordes do coronel PABLO MORILLO entraron polo porta da Falperra e a Gamboa onde pelexaron con moito valor.Na gamboa abateron a “CAROLO” que intentaba abrir brecha cunha machada. CACHAMUÍÑA colleu o relevo e continuou a contenda sendo ferido posteriormente por 4 balazos.
Loitaron con gran heroísmo ata que por fin os franceses rendéronse e sacaron a bandeira branca.Firmaron o contrato de rendeción (capitulación). O exército napoleónico embarca nas fragatas inglesas ,(que viñeran na nosa axuda), deixando en Vigo 39 cañóns,municións, carros e pólvora.
NO 1813 DURANTE A CELEBRACIÓN DA RECONQUISTA
ESTOUPOU O POLVORÍN DO CASTELO DE SAN SEBASTIÁN O
QUE SIGNIFICOU A SÚA DESAPARICIÓN.
COMENZA O LEVANTAMENTO DA ACTUAL ”COLEXIATA” SOBRE A ANTIGUA IGREXA DE SANTA MARÍA.
NA COLEXIATA ESTÁ O CRISTO DA VICTORIA, QUE FOI ENCONTRADO NA MAR POR UN CARGUEIRO DE SAL; DE AQUÍ O NOME DE CRISTO DO SAL.A TRADICIÓN DÍ QUE DURANTE A BATALLA DA RECONQUISTA AXUDOU OS VIGUESES A EXPULSAR O EXÉRCITO FRANCÉS.NA ACTUALIDADE AÍNDA CELÉBRASE UNHA PROCESIÓN NO SEU HONOR.
VIGO CAPITAL.
No ano 1821 as cortes deciden suprimi-las 7 provincias de Galiza e deixar a Coruña,Lugo e
Ourense e crear unha nova que é Vigo.Nembargante esta situación viuse
entorpecida pola actitude de Pontevedra e Tui,houbo oposición e mesmo loita de
guerrilla, así que no ano 1823 deixou de ser capital de provincia para pasar a ser
Pontevedra.
A sede do Goberno provincial instalouse nun edificio da rúa real que era propiedade da
familia López Araújo aínda hoxe pódense ver os seus balcóns e o escudo.
Xa a finais do século XIX decídese derribar as murallas para o meu medre . E xa podemos falar de min como “cidade”.Consolídanse e amplíanse os núcleos de poboación de Beade , Bembrive e Candeán .Bouzas e Lavadores son centros urbanos con vida propia
CONSTRÚEN A ALAMEDA E ÁMPLIÁSE O AREAL CARA Ó MAR
A PRINCIPAL OCUPACIÓN DOS VIGUES@S ERA MARIÑEIRA, A SALAZÓN DE SARDIÑA E CARGA E DESCARGA DE BUQUES
As industrias van en aumento , e o porto ten cada vez máis movemento.Chegarei a converterme na primeira cidade de Galiza en pesca, salazón e conservas e no primeiro porto pesqueiro do mundo en pesca desembarcada.
IMAXEN DO BERBÉSFÁBRICA DE ALFAGEME
• TEÑO NOVAS RÚAS QUE HOXE SON AS MÁIS IMPORTANTES:
PORTA DO SOL (antes praza do sol)Aquí estaba a porta de entrada as murallas que miraba ao oriente e tiña enriba un sol esculpido.A mediados do século XIX tiña un lavadoiro que recollia as augas da fonte de Neptuno e estaba todo cheo de lixo
URZÁIZ Leva o nome do político españolde familia viguesa. Favoreceu moito a cidadeespecialmente as industrias conserveiras, conseguindo unha lei que regulabaa importación da folla de lata.
RÚA DO PRÍNCIPE , foi a 1º empedrada fora do recinto amurallado. Leva este nome en honor o príncipe, ALFONSO XII que tíña moito cariño a cidade e visitouna dúas veces. Tamén hai outra rúa adicada a él; O Paseo de Alfonso.
SABÍAS QUE …………..
Ò FINAL DO SÉCULO XIX:•CONSTRÚESE A PRIMEIRA LOCOMOTORA NOS TALLERES DE SANJURJO BADÍA.
•ISAAC PERAL INVENTA O SUBMARINO EN VIGO.
•CIRCULA O PRIMEIRO FERROCARRIL
•INAUGÚRASE O PRIMEIRO CINE.
•OS PRIMEROS FAROIS DAS RÚAS FUNCIONABAN A GAS
•CRÉASE O FARO DE VIGO (1819)
•A CIDADE XA CONTA CON 100 TELÉFONOS.
•FALECE NO CALVARIO A ESCRITORA CONCEPCIÓN AREAL.
• GRAZAS O MÉDICO E CRONISTA LUÍS TABOADA LEAL INAGÚRASE O LAZARETO DE SAN SIMÓN; LUGAR ONDE OS BARCOS TIÑAN QUE GARDAR CORENTENA ANTES DE CHEGAR O PORTO E ASÍ IMPEDIR A PROPAGACIÓN DAS ENFERMIDADES. ISTO PROVOCA UN INTENSO TRÁFICO DE NAVES , XERANDO UN MOVEMENTO ECONÓMICO. .
NO PRINCIPIO DO SÉCULO XX SUFRÍN DOUS GRANDES DISGUSTOS:
A EMIGRACIÓN : GRANDE NÚMERO DE PERSOAS EMIGRAN A AMÉRICA EN BUSCA DE TRABALLO E MELLORA SOCIAL. CONVÍRTOME NO PRIMEIRO PORTO EUROPEO DE
EMIGRACIÓN A AMÉRICA
A GUERRA CIVIL: CONSECUENCIA DO ALZAMENTO MILITAR DO 18 DE XUÑO DE 1936. PRODUCINDO UNHA RUINA ECONÓMICA
E SOCIAL.
DESPOIS DA GUERRA VEÑEN TEMPOS MOI DIFÍCILES DOS QUE TEÑO QUE RECUPERARME.
GRAZAS A INSTALACIÓN DE EMPRESAS COMO :VULCANO, ASCÓN, PESCANOVA,CITROËN .. ...VOU COBRANDO FORZAS E CRECENDO DUNHA MANEIRA
ESPECTACULAR.
O CONCELLO DE BOUZAS E O DE LAVADORES ÚNENSE A MIN E EU SEGO MEDRANDO
¡MIRADE QUE GRANDE SON NA ACTUALIDADE!.
XA TEÑO AS PRIMEIRAS RÚAS CON LUZ
ELÉCTRICAS (1905): ELDUAYEN,POLICARPO SANZ E PORTA DO SOL.
POLICARPO SANZ
Natural de Marín .Deixa toda a súa fortuna o pobo de Vigo e unha valiosa colección de obras de Arte, están no museo Quiñones de León.No seu testamento indicou que cos cartos tiñan que construír un Instituto co nome de Sta Irene,en honor da súa muller.
ELDUAYEN
JOSÉ ELDUAYEN. Foi home político que fixo moito pola cidade a él débese o:•Derrubamento das murallas para o crecemento urbanoe a apertura de novas rúas.•O remate da segunda torre da colexiata con cartos seus.
PORTA DO SOL
Nun principio era unha plazoleta xa que a rúa Elduayen estaba cortada e o acceso para chegar a ela era pola praza da constitución ou pola rúa sombrereiros . Unha vez ábrese a rúa Elduayen é o punto máis significativo da cidade.
•ENTORNO A ESTRADA DE
CASTELA FOISE FORMANDO O
BARRIO DO CALVARIO CADA
VEZ MÁIS
POPULOSO.
•CRÉASE O CLUB CELTA FROITO DA UNIÓN DOUTROS 2 CLUBS (Vigo sporting e o fortuna de vigo, 1923). O SEU FUNDADOR FOI MANUEL CASTRO
•É COLOCADA A OLIVEIRA SIMBÓLICA
NO PASEO DE ALFONSO XII, PARTE
INTEGRANTE DO MEU ESCUDO.
• O TRANVÍA XA FUNCIONA COMO TRANSPORTE COLECTIVO.
XA TEÑO AEROPORTO
INAUGÚRASE O TEATRO GARCÍA BARBÓN.( Antonio Palacios)
A FINAIS DESTE SÉCULO INAUGÚRASE A PONTE DE RANDE.
COMÉZASE CONSTRUÍR O HOSPITAL XERAL (Tamén chamado Pirulí )
AS PRAZAS MÁIS ANTIGAS :
PRAZA DA PRINCESA
Leva este nome en honor a unha filla de Isabel II. Chamábase tamén a praza da pescadería ou praza da alhóndiga, nela era onde practicábase o comercio.
Esta placa mandáronna destruir na época da república pero soamente a taparon . Hoxe en día é a máis antiga da cidade data de 1852.
Enriba do Arco de Quirós constrúeseA primeira escola infantil da cidade
PRAZA DA CONSTITUCIÓN
Antes chamada Praza Maior, era o paso obrigado para o Berbés .
Sede Municipal dos grandes acontecementos e cerimonias así como tamen noutros tempos solar dun concurrido mercado.
Nesta praza destaca :
• O edificio da Casa Galega da cultura que funcionou como concello ata 1977 .
•A casa de Casto Méndez Núñez que loitou contra os piratas no Pacífico o final do século XIX.
•Casas con soportais
•Fachada do edificio Pereira de Castro con tres blasóns e con reloxo de sol.
PRAZA DO BERBÉS
•Estaba fóra do recinto amurallado.
• Alí asentáronse o gremio dos mareantes levando a cabo as actividades de salazón e compra-venda de peixe.
•A praza aínda conserva parte da estructura orixinal con soportais e algunhas casas de arquitectura mariñeira.
•Preto está o convento de San Francisco que tivo os seus pés a desaparecida praia de San Francisco; hoxe atópase o actual tunel de Beiramar
AGORA QUERO PRESUMIR UN POUCO; TEÑO XENTE QUE SE PREOCUPA POR MIN E CADA VEZ PÓÑENME MÁIS BONITA.OS ARQUITECTOS CONSTRÚEN EDIFICIOS E MONUMENTOS:
JENARO DE LA FUENTE
EDIFICIO CASA BÁRCENA.Centro cultural caixa nova
A FAROLAPunto de encontro do novo Vigo
HOTEL UNIVERSAL
PACEWICZ:
ESCOLA DE ARTES E OFICIOS
GRAN HOTEL DE VIGO
BENITO E MANUEL
GOMÉZ ROMÁN
EDIFICIO SIMEÓN:
EDIFICIO DE CORREOS
MONUMENTO A ELDUAYEN
( Estatua deAgustín Querol, 1896 e o pedestal de Jenaro de la Fuente) ).Situada no xardíns das avenidas. As figuras femininas representan os catro ministerios dos que foi titular.
INSTÁLANSE EN RÚAS E PRAZAS MONUMENTOS QUE LEMBRAN PERSONAXES E FEITOS HISTÓRICOS :
MONUMENTO A MÉNDEZ NÚÑEZ.(AgustínQuerol,1892). Pedestal de Jenaro de la Fuente.
GARCÍA BARBÓN
Naceu en Verín, emigrou á Habana (Cuba), e fixo unha grande fortuna.
Máis tarde afincóuse en Vigo, mercou a finca Vista alegre , onde residiu coa súa irmá e os fillos dela.
Donou cartos para:Obras de Caridade ,hospital,...e os terreos nos que se
construíu a Escola de Artes e Oficios.
En 1909 unha sinxela lápida daba nome a unha das rúas máis importantes da cidade,honor que rousou en vida ,dicindo que si tal cosa facíanlle fuxiría da cidade.
Sobre a fachada sur do edificio de Artes e Oficios colocouse unha placa co nome G. Barbón,en adiante esta rúa non levaría o nome do Duque da Victoria senón que sería coñecida por G. Barbón.
(Asorey, 1927).nudo de Isaac Peral Está sentado entre dúas columnas que simbolizan a arte e a industria. Detrás unha figura representa Vigo.
MONUMENTO A GARCÍA BARBÓN,
A RECONQUISTA(Julio González Pola 1947)
Monumento os heroes da reconquista; enriba Carolo ouCachamuiña .Na fronte do castelo que está sobre unha escalinata,hai unha muller que representa a Victoria. Cos seus brazosrecolle un velo que quere significar a liberdade da vila e pisa canóns,balas dos vencidos.
MONUMENTO A RECONQUISTA.
Fonte da Praza da Princesa.(1909) o
anxelote sin ás está enriba do Castelo
A BATALLA DA RECONQUISTA
TAMÉN TEÑO ESCULTURAS URBANAS MÁIS MODERNAS COMO:
O conxunto está integrado por tres elementos, o principal preside a paza de América.Outros dous, na Gran Vía e a avda de Castelao, completan o conxunto, proceden os tres dun mesmo bloque granítico.
É unha homenaxe aos emigrantes.
PORTA DO ATLÁNTICOPraza de América(Rivas,1991)
OS CABALOSPraza de España
(Oliveira,1991)
TRÁTASE DUNHA HOMENAXE AOS CABALOS SALVAXES QUE POBOABAN O MONTE DO
CASTRO.
Simboliza o rapto da filla de Agenor e Telefasa por un Zeus transformado en touro
MONUMENTO A EUROPAAvda de Europa
intersección avda de Samil(Oliveira 1989)
Trátase dunha homenaxe aos cabalos
salvaxes que poboaban o monte do Castro.
Ó “SIRENO”Porta do sol
(F.Leiro,1991)
Sobre dúas columnas sitúase unha figura fundida en aceiro, representación dun personaxe imaxinario, híbrido de peixe e
home, coa ollada posta no mar.
Amosa sete mariñeiros turrando dunhas mallas e pretende ser un homenaxe aos traballadores do mar, que tanto teñen feito polo desenvolvemento de Vigo.
MONUMENTO Ó TRABALLO
Gran Vía
(Ramón Conde, 1991)
JULIO VERNE (José Molares,2005)Avda. De Montero Ríos
O NADADOR
Praza da Estrela
(Leiro, 1997)
MONUMENTO Á MULLER.
Xardín das Avenidas.
(Xesús Valverde, 1992)
Representa a Rosalía lendo un poema ós nen@s
Composto por diferentes pezas de Ferro. Homenaxe aos
traballadores da industria do metal e astilleiros.
MONUMENTOS FEITOS “IN SITU”
O METALÚRXICO.(Steimbrüggem, 1970)Praza de Eugenio Fabrique
MONUMENTO A ROSALÍA DE CASTRO
(Armando Rodríguez ,1995). Prolongación Rosalía de Castro e República Arxentina
E PARQUES ONDE PODES PASEAR E XOGAR.
PARQUE DA RIOUXA PARQUE DO CASTRO
PARQUE DA GUÍA PARQUE DE CASTRELOS
No CASTRO ademais de visitar os restos arqueolóxicos ,e a antiga fortificación, parque e mirador , podemos ollar algunhas esculturas que
aparecen diseminadas como as de Silvino Silva
Entrada a fortaleza
Escudo na entrada a fortaleza
Entrada ó fortín
Jardines
do interior
MONUMENTO Ó EMPUXE VIGUÉS(Obra de Camilo Nogueira).Representa unha barca que avanza, con tres atletas que erguen o Escudo vigués
O MEDRAR DO MUNDO.
(obra de Silvino Silva) Representa a evolución da hª
MONUMENTO ÓS CANTEIROS.
(Silvino Silva)
O “ BESO“.(Silvino Silva).
FONTE.(Silvino Silva)
OSO MONUMENTAL.Obra de Xosé Luis Medina.Atópase no parque infantil
XIRAFA.
Obra de Xosé Luís Medina.
Atópase nos xardíns
PARQUE INFANTIL DETALLE DAS MURALLAS
MUSEOS :
VERBUM Avda de Samil.
Ou Casa das Palabras, é un museo interactivo que emprega as máis modernas técnicas audiovisuais co fin de
coñecer e afondar en tódolos ámbitos relacionados coa comunicación humana.
MARCO (antigua cárcere) Príncipe
Ten como obxectivos adquirir e exhibir obras inscritas nas últimas correntes artísticas que inclúen
os máis variados soportes e abarcan distintos campos creativos
QUIÑONES DE LEÓN(Parque de Castrelos) Ocupa o edificio do pazo de Castrelos, alberga a colección máis importante de arte galega, cos artistas máis representativos dos últimos séculos e unha valiosísima colección arqueolóxica.
O MUSEO DO MAR de Galiza. Trata de amosa-la importancia vital que tivo o mar na historia económica e social de Galicia como fonte de recursos.
AS PRAIAS
PRAIA DA SIRENITA PRAIA DE SAMIL
TORALLA E A PRAIA DO VAOPRAIA DO COCHO DAS
DORNAS
Hoxe en día son a cidade Europea con maior índice de crecemento; Pero o meu futuro depende de vos; os que nacíchedes aquí e os que chegades doutros lugares e con outras Culturas.Despídome e lembrade que tedes que coidarme e tratar con moito agarimo.
HISTORIA DA BANDEIRA:Coma moitas cidades,teño dos símbolos que me representan:
O Escudo A Bandeira
O compositor ponteares Reveriano Soutullo en 1907compúsome un himno con letra de Pío Lino Cuíñas que case ninguén coñece e que a súa partitura está na biblioteca da Escola de Artes e Oficios.
En algúns documento data a bandeira como algunha das usadas na guerra contra Napoleón.Tamén usabamos a bandeira de matrícula marítima dos barcos como insignia de Vigo coas cores brancas e vermellas postas en “sotuer”A disposición das cores,que se xuntan coincidendo no punto medio,indicando que Vigo é o vértice onde se acrisolan os vigueses nados e os de amor e vontade.A cor branca é simbolo de pureza,limpeza,... e a vermella significa,calor, lume,vigor,vida,sacrificio,loita,heroismo,... ¡de todo isto sei moito! Xa demostrado no sinfín de batallas e liortas sufridas o longo da historia
O ESCUDO:
O escudo máis antigo coñecido data do século XIII, era simplemente un castelo e unha vieira .O escudo actual corresponde a unha reproducción do que figuraba en pedra labrada na fonte de Neptuno,ubicada na Porta do Sol.No século XX o concello recoñece o escudo oficial (1987) coas seguintes características:No campo azul claro,un CASTELO: de base cuadrada rematado nunha torre almeada, todo en ouro,na parte baixa unha porta con arco de medio punto,dúas fiestras cuadrilongas no corpo medio e dúas troneiras ,tamén cuadrilongas na torreta.Pegado o castelo unha OLIVEIRA : con tronco marrón en lembranza da árbore tradicional que estaba no adro da igrexa da colexiata e pola cal era coñecida no novo mundo como a “cidade da oliveira”.
Todo nun cotarelo sobor dun mar de 6 franxas ondeantes de azul mariño . No timbre, coroa real, pechada,en ouro.
estas títulos foron gañados na guerra da reconquista (FIEL,LEAL E VALEROSA) e o meu recoñecemento como labor humanitario na guerra de cuba xa que recibín as naves que traían os derrotados feridos e enfermos viñan en condicións moi penosas (sempre benéfica)
Páxinas Webbs consultadas:
• http://usuarios.lycos.es/Uxio_Noceda/0Vigo.htm
• http://www.arrakis.es/~rojea/
• http://www.arrakis.es/~rojea/rande/ranindex.htm
• http://hoxe.vigo.org/
• http://www.culturagalega.org/album/
• http://callejero.devigo.net/
• http://www.ofiadeiro.com/presentacion/?lg=es
• http://vigo.blogcindario.com/2006/07/00038-historia-de-vigo.htmlhttp://www.galeon.com/web_mania/recon.htm
• http://hoxe.vigo.org/pdf/cultura/camin
• http://hoxe.vigo.org/pdf/cultura/camina.pdfa.pdf
• Google Earth
BIBLIOGRÁFIAÁlvarez Blázquez, J. Mª: “La ciudad y los días calendario histórico de Vigo”. Edición facsimil, editada polo concello de Vigo 1986Bouzada Férnández Xan M.,Lorenzo Suárez Anxo M: “ Redes sociais e conxuntos de acción”. Ed. Xerais 1996
Bragado Rodríguez, Eduardo; Rafael Sánchez Bargiela; “O Vigo das Igrexas románicas”. Ed. Concello de Vigo. 1993Cegarra, Basilio ; “Vigo centro histórico”.Editado polo Concello de Vigo 2001 Cegarra, Basilio ; “Vigo na historia”.Ed. A nosa terra.2000
Concellería de educación: “”Museo Quiñones de León”. Guía Didáctica,edita o concello de Vigo .Concellería de educación: “Un día no casco vello”.Guía Didáctica,edita o concello de Vigo
Díaz Álvarez;Pedro “ A caracola de Pedra “. Ed. Concello de Vigo. 1998, 3º ediciónEspinosa Rodríguez, José:“Tierra de Fragoso”1949. Editado en los talleres de Faro de Vigo.
Espinosa Rodríguez; José “ Tierra de Fragoso”.Ed. Faro de Vigo. 1949Fábregas Valcárcel Ramón: “Los petroglifos y su contexto: un ejemplo de la Galicia meridional”.Edita: Estudios vigueses, 2001
Faro de Vigo, “ Historía de las Rías”.Ed. Faro de VigoFaro de Vigo, “Vigo sorprendente”. Ed. Faro de Vigo. 2005Faro de Vigo; “Historia de Vigo”. Fascículos. 2007.García Castro, Manuel (Magar)“Vigo por Magar”,Ed. Xerais .2002Garrido Rodríguez;Jaime “ Vigo la ciudad que se perdió, arquitectura desaparecida arquitectura no realizada”.Ed. Excma Deputación Provincial de Pontevedra. 2001 4ª edición.Giráldez Lomba; Antonio “El año del desastre 1898 en Vigo “.Instituto de Estudios Vigueses (fundación provigo). 1998.
Girales Rivero ,Xesus:“O Antigo concello de lavadores,unha aproximación histórica”. Asociación veciñal,cultural e deportiva de lavadores.2ª edición, Diputación Provincial.
Hidalgo Cuñarro, José Manuel José Manuel Rodríguez Sobral. “ Vigo Romano”Edita; Instituto de Estudios Vigueses (fundación provigo). 2000Hidalgo Cuñarro, José Manuel Rodríguez Sobral, Rafael Sánchez Bargiela;Vigo Medieval” Edita;Instituto de Estudios Vigueses (fundación provigo). 2000
Instituto de Estudios Vigueses: “ Boletín del Instituto de estudios Vigueses. 2001, edita: Estudios vigueses .Martín Curty; José Antonio “Pacewicz,arquitecto vigués”. Ed. Excmo ayuntamiento de Vigo y Banco de Galicia. 1992
Mateo Álvarez, José Luís; “O ex-convento de San Francisco de Vigo.Edita a conselleria e patrimonio histórico, 2002Montenegro López Amador, : “Hª íntima de Vigo”Núñez ,Carlos ; “Vigo a través da historia”.Concello de Vigo1996Ocaña Eiroa, Francisco Xavier; “Igrexas románicas de Vigo “. Ed. Concello de Vigo,patrimonio históricoSacau Rodríguez; Gerardo “ Os nomes da terra de Vigo ,estudio etimológico”. Edita; Instituto de Estudios Vigueses (fundación provigo). 1996 Souto González,Xosé M “ Vigo cen anos de historia urbana “.Ed. Xerais .1990Tabeada y Leal, Nicolas .“Descripción topográfica –histórica de la ciudad de Vigo y sus alrededores.”.2ª edición, edición facsímil concello de Vigo. 1998.Vazquez Gil, Lalo : “ Retrincos da historia de Vigo”.temas de Galicia,revista monográfica cultural. 1989.Vazquez Gil, Lalo: “As rúas de Vigo”.temas de Galicia ediciones cardeñoso 1994Vazquez Gil, Lalo:” Os Alcaldes e os Concellos de Vigo”.Ed. Cardeñoso.1991Vazquez Gil,Lalo: “Hª dos monumentos de Vigo”Ed.Concello de Vigo.Concellería cultura e educación da mulller 1998
AGRADECEMENTOS:
A Moncho Iglesias, Rafael Ojea e Cristina Toscano; polo seu tempo adicado e o seu apoio.
A Uxio Noceda por deixarnos utilizar as fotos da sua páxina weeb.
Chisco da asociación fiadeiro; pola aportación dos seus coñecementos na música tradicional galega.
E a todas as personas que foron aportando o seu gran de arena con pequenas historias e anécdotas sobre Vigo.
BANDA SONORA:
Xorima: Unha noite en noche.
Morenos de Lavadores: Aires de Galicia.
Na Lúa: Os tempos son chegados
Camerata Meiga: Ai lá.
Marcha do Peregrín.
Praza do ferro.
Berrogüeto: Navicularia
Céltica: Lion of Erín
Fía na Roca: De Folga
Recommended