Frase

Preview:

Citation preview

Conxunto de palabras que posúe significado efunciona unitariamente nunha estrutura superior.

Cando mudamos a posición dunha frase, esta móvesecompleta.

Antes do recreo as rapazas xogan no pavillón.

No pavillón xogan as rapazas antes do recreo

TIPOS DE FRASES

Segundo as funcións existentes na frase podemos distinguir:

FRASES CON NÚCLEO: é obrigatoria a existencia dunnúcleo (N) que pode presentar ou non modificadores (MOD).

FRASES SEN NÚCLEO: son obrigatorias dúas funciónssintácticas e ningunha delas é opcional.

Segundo o tipo de palabra que desempeñe a función do NÚCLEO distínguense:

Frases substantivas: libro encarnado

Frases adxectivas: moi fermosos

Frases adverbiais: moi preto

Frase substantiva NÚCLEO. É un substantivo. Ex.: lecer

Pode ir acompañado dun MOD. Este pode ser unhafrase adxectiva ou preposicional.

Ex.: marabilloso lecer

fr. subst.

N MOD

limoeiros moi vellos ( fr. adx.)

limoeiros do país ( fr. prep.)

Frase adxectiva O NÚCLEO. É un adxectivo. Ex. Agradable

Pode ir acompañado de MOD. Ex. Moi agradable

fr. adx. fr. adx.

N MOD N

agradable moi agradable

A función de MOD acostuma estar desempeñada por unha frase adverbial.

Frase adverbial NÚCLEO. É un adverbio ou locución adverbial

(lonxe)

Pode ter un MODIFICADOR (moi lonxe). Este adoitaestar desempeñado por outro adverbio.

fr. adv. fr. adv.

N MOD N

lonxe moi lonxe

- Neste tipo de estruturas non existe un NÚCLEO

- É obrigatoria a presenza das dúas funcións que forman parte da frase.

Frases nominais O gato Miña nai

Frases preposicionais Entre flores Desde fóra

Frase nominal Estas frases están formadas por:

DETERMINANTE (DET). Desempeñadoobrigatoriamente por un determinante(artigo, numeral, demostrativo, posesivo…)

NOMINAL (NOM). Adoita estar desempeñado por unsubstantivo ou frase substantiva.

fr. nom.

DET NOM

meu avó (subst.)

algunhas persoas do edificio ( fr. subst.)

Frase preposicional

Estas frases están formadas por: DIRECTOR (DIR.). Este está desempeñado

obrigatoriamente por unha preposición ou locución preposicional

TERMO(TERMO). Pode estar desempeñado por unha fr.substantiva, frase adverbial, etc .

fr. nom.

DIR TERMO

desde moi lonxe (fr. adv.)

cara a Ribeira (fr. subst.)

ante os asistentes ( fr. nom.)

Exemplos de análisefr. nominal

DET NOM

fr. subst.

N MOD

fr. adx.

MOD N

art. subst. adv. adx.

As xogadoras máis novas

Exemplos de análise

fr. prep.DIR TERMO

fr. nom.DET NOM

fr. subst.N MOD

fr. prep.

DIR TERMOfr. nom

DET NOMfr. subst.

N MOD

prep. art. subst. prep. art. subst. adx.Desde a ventá da habitación azul

Recommended