O outono e o magosto

Preview:

DESCRIPTION

 

Citation preview

REVISTA ESCOLAR DO CEIP IRMÁNS VILLAR

O OUTONO

E

O

MAGOSTO CURSO 2.012-13

1ºTRIMESTRE

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

ÍNDICE

PÁX.

ÍNDICE………………………………………..………..……………...……1

EDITORIAL- ENDL………………………………………….…..…..…2

A ESCOLA- E.INFANTIL -5 ANOS……………..…………….…3

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA- 1º DE

PRIMARIA………………………………………………………......……7

LENDA DE SAN MARTIÑO- AULA DE

RELIXIÓN…………………………………………….……….………...15

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA- 2º DE

PRIMARIA…………………………………………….…………...……16

O LIBRO DO OUTONO- E. INFANTIL-

4 ANOS……………………..……………………………………….…..…24

CELEBRAMOS O MAGOSTO- 4ª DE

PRIMARIA…………………….…………………………………..….…30

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA -4º DE

PRIMARIAIA…….……………………………………………….….….33

CANCIÓNS PARA BOTAR A SORTES -6º DE

PRIMARIA…….…………………………………………………….……41

CANCIÓNS POPULARES INFANTÍS – 6º DE

PRIMARIA…….…………………………………………..………….…47

TEMOS QUE AXUDAR AOS NOSOS FILLOS COS

DEBERES?-EQUIPO DORIENTACIÓN…………………….…..51

EDITORIAL

Outravolta os cativos xornalistas do noso laborioso centro

poñen en marcha a creativa maquinaria tipográfica do seu rico maxín

para dar ao prelo esta modesta revistiña que nos mostra a dinámica

dunha comunidade educativa que se esforzou día a día en levarnos

pola verea que conduce á “alba de gloria”, dunha lingua minorizada

por circunstancias alleas a si mesma, mais apta como ningunha para

a ciencia e para o canto, para o cine e para o xogo, para a poesía e

para o twitter, en definitiva para o pasado, o presente e o futuro.

Queremos agradecer o inestimábel traballo e a abnegada

disposición de mestras e mestres que tiveron que alterar en ocasións

a tarefa cotiá; sabemos a enorme presión que os currículos, os

programas, os obxectivos a alcanzar exercen na nosa actividade

diaria; mais non esquecemos que na sociedade actual os

coñecementos están a un clic da nosa man e sabemos que afondar na

nosa cultura, coñecer polo miúdo o noso ADN, dar renda solta á

imaxinación, memorizar, recitar, cantar, representar, caben

estupendamente nos programas educativos actuais. Construíndo

futuras persoas de cultura ampla, de pensamento aberto, os nosos

alumnos e alumnas tal vez cando abandonen o Colexio recorden

con agarimo aquelas actividades que, rompendo a rutina diaria

deixaron pose no seu interior; profundizando nas nosas raíces , sen

darlle as costas a outras civilizacións, ( non esquecemos que

vivimos nun mundo globalizado), aprenden a interpretar,

comprender e respectar culturas alleas, o grande obxectivo é en

definitiva chegar a seren homes e mulleres de ben.

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS B

SETEMBRO 2012

ALUMNOS DE 1 º A E 1ª B

ALUMNADO DE 2º B

E

Novembro 2012

Celebramos o magosto-4º A

4º B

6º B

6ª A

Temos que axudar aos nosos fillos cos deberes?

Esta é unha dúbida comprensible, sobre todo se pensamos na importancia do

labor das familias, xunto co da escola, na formación dos hábitos de estudo. A axuda nas tarefas debe variar en función da idade, do ritmo de traballo e das posibles dificultades, pero sempre tenderemos a que traballen de xeito autónomo, coa menor intervención pola nosa parte (especialmente a partir do primeiro ciclo de Primaria). No caso de dificultades coa lectura ou coa comprensión, axudaremos un pouco máis. O noso labor será, pois, o de supervisar,o que non implica estar presente todo o tempo, nin facer o traballo con eles. Nunca debemos borrar, arrancar follas, dicirlles que o fan mal ou falar mal do profesorado que manda as tarefas. Pero axudar tamén é proporcionarlles un espazo ordenado, ben iluminado, sen moitos elementos que distraian, cunha cadeira e unha mesa axeitadas á idade e cun horario escolar situado en lugar visible. Débese ter o costume de consultar diariamente a axenda para ver que tipo de tarefas traen para facer e así establecer un plan de traballo: que tes que facer, para cando, por onde vas empezar... É bo tamén que dispoñan dun horario de actividades da tarde, onde o estudo ocupe un tempo, pero cun límite razoable que non impida outras tarefas. Cando hai dificultades para manter a atención ou para organizarse, haberá que repartir o traballo en períodos máis curtos e a supervisión será máis constante. O tempo dos deberes non ha de ser unha loita diaria nin ocupar máis tempo do necesario. Se ocorre isto, o rendemento dos nosos fillos/as non é bo e debemos coñecer as causas. O orientador/a é a persoa indicada para axudarnos en cada caso.

Equipo de Orientación