View
766
Download
44
Category
Preview:
DESCRIPTION
Libro elaborado polo ENDL do CPI de Navia en cursos pasados, sendo coordinadora do equipo Rosa Folgueira que recolle mostras da tradición oral da comarca de Navia de Suarna (cantigas, refráns, cantigas de reises, etc)
Citation preview
Dado o importante e abondosa que foi a literatura
popular noutros tempos, pareceunos importante que
esta sabedoría, que está centrada nos maiores da nosa
zona, non se perdese.
Mostra disto é este pequeno traballo que o
alumnado do C.P.I. Dr. Daniel Monje, coordinado
polo Equipo de Normalización Lingüística, recolleu
a través da investigación no Concello de Navia de
Suarna.
Tratamos de recompilar todo o relacionado coas
tradicións ó redor dos traballos, festas, maneiras de
pensar, costumes e a mesma vida. Así collemos
contos, lendas, refráns, adiviñas, ditos, alcumes,...
Este material foi recolleito tal e como nolo
transmitiron os nosos maiores, e , deste xeito, con-
serva os trazos e peculiaridades propios dun territo-
rio e dunha época, sen»intervencións normativas»
pola nosa parte.
Os nosos devanceiros apoiáronse nesta bagaxe
cultural para enriquecer as diferentes facetas da vida,
e nós tan só pretendemos facer un labor de conser-
vación e respecto das nosas tradicións.
Equipo de NormalizaciónLingüística
Agradecementos:
* Ó alumnado do C.P.I Dr. Daniel Monje de Navia deSuarna, Lugo.
* Ós seus maiores.
* Ós seus pais/nais.
* Ó profesorado.
* Ó Excelentísimo Concello de Navia de Suarna.
* A Caixa Galicia
* José Tomás Díaz Teijo (deseño da portada)
* E a todos os que van a dedicar parte do seu tempo alelo e reflexionar sobre o noso pasado para podermellorar o noso futuro
33333
Crenzas e Costumes
Con peras, viño bebas,non sea tanto que naden as peras.
¡Quen ten filla solteira, non diga da allea!
¡Si non durara máis a ruiña veciña que neve marciña!
A boa ama non pode estarse na cama.
A cabalo regalado non lle mires o dente
A cabra viciosa dá co corno no cu.
A castaña a primeira, a noz a postreira
A castaña que está no camiño é do veciño.
A mal tempo boa cara.
A onde foras, fai o que viras.
A quen lle has dar a cea,non lle negues a merenda .
A quen madruga Dios lle axuda.
A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.
A verza a crecer e a porcelana a cocer.
A vida na aldea déalla Dios a quen a desexa.
Aceite o de arriba, viño o do medio e mel o do fondo
44444
Acórdate nora que serás sogra.
Albariño é caiño, son os reis do viño.
Algo lle falta ó viño que non ten a agulla do caíño.
Ama gorda, pouco leite.
Ano de cereixas, ano de queixas.
As castañas polo San Martiño, teñen sede e queren viño
Auga corredía, todo o mal desvía.
Auga de maio, pan todo o ano
Ben cantas, Marta, despois de farta.
Ben coidado o colmear, por abril debe enxamiar.
Ben vai a vella na burra cando é súa.
Bicos de cocho, non chegan ó ceo.
Billete cambiado,billete gastado.
Boas son as miñas veciñas pero, fáltanme catro galiñas.
Burro grande ,ande ou non ande
Cada día que pasa de Xaneiro,cada allo que perde o alleiro
Cada maestriño ten o seu libriño.
55555
Cal enxoito, cal mollado, ara en abril e non terás que pedirprestado
Cando as barbas do teu veciño vexas pelar,pon as túas aremollar
Cando non chove en Febreiro,non hai bo prado nin bopalleiro.
Cando non hai pan nin bola,reñen tolo e tola.
Cando o cuco vén pola ribeira ,mel e manteiga, e cando vénpola montaña,pan e palla.
Cando o millo vai louro, o peixe branco está de ouro.
Cando o río sona, auga leva.
Cando o río volva arriba,os carballos dean uvas ,serán bos oshomes das barbas rubias
Cando o trigo está no celeiro, é do dono ou de quen tendiñeiro.
Cando Pedro non quere ler, non hai que lle facer
Cando te casaches, mal negocio arranxaches.
Cando vén unha,non vén soa.
Carballo no chan,todos á leña.
Carne que tes que rozar, non a debes maltratar.
66666
Cásate, e teremos muller.
Castañas e viño fan a ledicia do San Martiño.
Castañas, viño novo e chourizos, no mes dos Santos sonvicios.
Coa vara que midas, serás medido.
Con pan e viño, facemos o camiño.
Desde que vén o cuco,vén o pan ó suco.
Deus deunos dúas orellas e unha boca,para falar menos eescoitar máis.
Deus nos teña de man, nos saque de inverno e nos meta noverán.
Días de moito, vísperas de nada
Dime con quen andas e direiche quen es.
Dios dá o pan a quen non ten dentes.
Do vello, o consello.
Dos corenta para arriba,non molles a barriga
En febreiro, cada porreto ó seu regueiro.
En maio raposo criado e lobo emplumado
Entre casados, fanse as paces, deitados.
77777
Enxame de xuño, é coma un puño
Facendo e desfacendo,vai Maruxiña aprendendo.
Fai ben e non mires a quen.
Fáltalle antes o fillo ó padre, cá auga ó aire.
Fillo eres, pai serás,segundo as fagas así as atoparás.
Fillo sen dor, nai sen amor.
Home tramposo e muller mentireira,sácaos da miña beira.
Hórreo no camiño, alegra ó peregrino.
Labrador barullán, non colle viño nin pan.
Labrador luneiro,nin boa meda nin bo palleiro.
Labrador sen carro, can sen amo, curro sen valado e nena senamor, sonche a cousa peor.
Líanse as pitas, mañá chove
Maceira na horta,rapaces á porta.
Maio sen trebóns é coma home sen collóns.
Máis sabe o demo por vello que por demo
Máis vale maña que forza.
Máis vale o ruín coñecido que o bo por coñecer.
88888
Máis vale paxaro en man que centos voando.
Máis vale selo pano cás tixeiras
Máis vale tarde que nunca.
Máis vale volta de chave que consello de frade.
Mellor é calar que con burros falar.
Mordedura de alacrán, bebe viño, come pan, que mañá teenterrarán.
Muller,viño e tabaco,poñen o home, fraco.
Na igrexa rezar, na praza calar e na casa falar ata escachar.
No hórreo de pedra o millo medra
No Setembro e máis no outono,bebe o viño vello e deixa onovo.
Non hai mellor xordo que o que non quere oír.
Non digas para que non che digan.
Non é ben listo, o que lle chama burro a outro.
Non hai atallo sen traballo,nin rodeo sen paseo.
Non hai mal que por ben non veña.
Non hai mal que sempre dure, nin ben que nunca se acabe.
99999
Non pidas peras ó olmo
Non te fíes do ceu estrelado, nin do amigo reconciliado.
Non teñas por oficio, o que o rico ten por vicio.
Nunca faltou un pendango para unha pendanga.
O cabo ca de ir á guerra, no no aborta a egua
O can que máis ladra, non morde.
O cortizo e o coello, no monte vello.
O corvo nace na pena, e tira pra ela.
O home non chora hasta ter as tripas fóra.
O labrego quere o sol na porta e a chuvia na horta.
O lume ó pé da estopa ,vén o demo e sopra.
O marido na cama, fume na casa.
O martes,nin o teu cocho mates nin o teu fillo cases.
O martes,nin te cases nin te embarques.
O moito ter, o moito valer e o moito poder, botan o home aperder.
O mozo atrevido, é da moza o máis querido.
O neno argalleiro, a súa nai ponlle o cu como un braseiro.
1010101010
O pan con ollos, o queixo sen ollos e, o viño que salten osollos.
Ó pasar o sol, pouco día queda.
O que canta na cama e xipra na mesa, pouco xuízo ten nacabeza.
O que de novo non traballa, de vello dorme na palla.
O que en agosto empreña, en maio pare.
O que en xullo non trilla,en agosto non agabilla.
O que fala da vida allea é que non ten a súa chea.
O que lonxe vai casar, trampa leva ou vai buscar.
O que moito enfaixa, pouco ata
O que non as fai,non as teme.
O que non come por haber comido non é enfermedade depeligro
O que non chora, non mama.
O que non fuma nin bebe viño, o demo llo leva por outrocamiño.
O que non mata,engorda.
O que non ten fillos,o demo lle trae sobriños.
1111111111
O que oe e cala,fai a burla de quen fala.
O que podas facer hoxe, non o deixes para mañá
O que queira bo entrecosto, que o cebe no mes de agosto.
O que queira pasar o tempo que bote os nabos sen esterco.
O que ri o último, ri mellor.
O que se levanta tarde, nin oe misa nin come carne.
O que se limpa o cu cunha pedra, rasca o cu e deixa a merda.
O que ten burro e o vende,ben se entende.
O que un sembra, outro colleita.
O vinagre e o limón,medio ciruxanos son.
O viño Deus non é,pero milagres fai.
Ollos que non ven,corazón que non sente.
Onde hai fillo, nin parentes nin amigos.
Onde vas Vicente,onde vai a xente.
Oración de burro, non chega ó ceo
Os cachos tiran pras olas.
Os enemigos do home son tres: sogra, cuñada e muller.
1212121212
Ou nas uñas ou nos pés, has de semellar a quen es
Ovella que berra,bocado que perde.
Pan de panadeira e viño de taberna,nin farta nin goberna.
Pano podre,non garda puntada.
Perro fraco, todo son pulgas.
Pódeme quen seipa e átame quen queira – díxolle a viña ólabrego.
Polo mal veciño,non desfagas o teu niño.
Por moito trigo,non é mal ano.
Pouca terra ben aboada, vale por moita mal traballada.
Poucas castañas en novembro,neve en decembro.
Quen da nove e quita dez, lle vai todo ó revés.
Quen mal fala, a súa boca dexoba
Quen me dera ser a min o que pensa que é el/a
Quen moito apreta, pouco abarca.
Quen xaxúa polo San Xoán, ou é tolo ou non ten pan.
Río revolto, ganancia de pescadores.
Santo na praza, demo na casa.
1313131313
Se bebes para olvidar, paga antes de empezar.
Se na vendimia chove, non ten contento o home.
Se queres chegar a vello, garda aceite no pellejo
Se queres ter allo fino, bótao por San Martiño.
Se tes moito frío, métete no río.
Segue os bos consellos dos sabios e vellos
Sembrar cosecha en leira allea,non é para te-la casa chea.
Sogra, avogado e doutor canto máis lonxe millor
Sol de vernes, non chega ó domingo, e se chega é seguro
Sol madrugador,estudiante danzarín e a mula que fala otatín,son tres cousas que teñen mal fin.
Ten coidado de gañar,que tempo che queda para gastar.
Un ano moitas peras e outro ganas delas.
Vaca de moitos,cómena os lobos.
Vale máis fume da miña casiña, que lume da veciña.
Vale máis paxaro en man, que centos voando.
Vale máis previr que curar
Vida por vida, primeiro a miña.
1414141414
A muller
A cabra que tira ó monte, non ten cabreiro que a aguante,e amuller que sae mala nin reñirlle nin pegarlle.
A filla mala, diñeiro e casala
A galiña ben galeada, a moza ben aloumiñada.
A moza trouleira, súa nai á beira.
A muller co bo marido, crece como o ovo batido.
A muller da ribeira mexa na cama e non hai quen a queira.
A muller de bo marido, sempre parece solteira.
A muller do mariñeiro,cando hai peixe ten diñeiro.
A muller e a besta, a ninguén se presta.
A muller e a galiña, tríncalle o pescozo e verás como quedamansiña.
A muller e a ovella, con día na cortella.
A muller e a perdiz pola boca se maldice.
A muller e a sardiña están ben na cociña
A muller e a sartén, na cociña están ben.
A muller é coma o melón, se é boa non hai cousa mellor, se émala non hai peor.
1515151515
A muller é muller cando lle apunta a teta.
A muller e o vento cambian ó momento
A muller e o viño, sacan o home do tino.
A muller limpa e composta o seu home quita doutra porta.
A muller que asubía,e a galiña que canta coma o capón, á miñacasa non.
A túa muller todo lle tes que facer saber.
Ama jaranera ten a casa de calquer manera
Amor o da nai que outros mellores non hai.
Cando as cousas andan ó revés, a muller empreña de outro eos fillos parécense a un.
Cando na casa engorda a moza, mal anda a cousa.
Costureira sen dedal, cose pouco e mal.
Dios te agarde de dianteira de viúva e de traseira de mula
Mellor é a moza de criar que de casar.
Moza con vello casada, como vella hai que tratala.
Moza que a moitos fai cara, non deixa de ser trampa.
Muller primeriza,primeiro se lle coñece no peito que nabarriga.
1616161616
Muller que mexa de pé nunca boa é.
Non compres mula coxa pensando que vai sanar, nin casescon puta pensando que vai enmendar.
Non se sabe o que pode enseñar a muller ó bailar e o burro óornear
O forno e a muller, pola boca se quentan.
Pera madura non ten agarda, muller treitena axiña se pasa.
Quen ten muller e a perde non sabe o que gana.
1717171717
O Home
Home mullereiro, consigo acaba e co diñeiro
Home pequeno, fol de veneno
Home refraneiro,home de pouco diñeiro.
1818181818
O Tempo
A flor de febreiro, non vai ó fruteiro.
A xeada de San Xoán,quita o viño e non dá pan
Abril augas mil
Abril concluído, inverno ido
Abril e maio son a chave do ano
Auga de xaneiro, esterco e carneiro.
Auga tronada, nuns sitios moita e noutros nada.
Cando o paxaro anda apurado, baixa a neve ó fondo docarballo.
Ceo de lás, senón chove hoxe, choverá mañá
En abril augas mil, caben todas nun barril.
En abril nubeciñas a chorar e campiños a medrar
En Agosto, secan os montes e en Setembro, as fontes.
En Outubro,deus nos libre dunha mala nube.
En xaneiro reuma, en marzo catarro e, en maio, outra vezsano.
En xaneiro, bufanda, capa e sombreiro.
1919191919
En xaneiro, sete lobos ó carreiro.
Marzo escarabanoso e abril chuvioso.
Marzo marceiro, tan pronto sol como aguaceiro.
Marzo marzán pola mañá cara de risa e pola tarde cara de can.
Marzo marzolas, treboadas e raiolas.
Marzo ventoso e abril chuvioso, fan o ano florido e fermoso.
Marzo, entra o sol en cada garzo.
Neve febreiriña, tarde vén e logo camiña.
Neve na serra, abundancia na vega.
Non hai Xaneiro sen xeada,nin tulla sen palleiro.
Non ten que chover en marzo máis do que molle o rabo dungato.
Norte oscuro, vendaval seguro
O viño de abril, enche xarra e barril.
Polvo de abril e lama de agosto, poñen ó home de mal rostro.
Posta de sol colorada, do norte virá a ventada
Relampa no porto, auga no horto.
Se cantan as ras en marzo, mal maio temos.
2020202020
Se o abril vén mollado, no maio canta o río e baila o prado.
Se xea o día de San Brais ,sesenta xeadas máis.
Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes.
Xaneiro marceiro, mal marzo temos.
Xeada enriba da lama, de seguido a choiva faille a cama.
Xulín sega o foucín, agosto queima o rostro, septiembre pauque retembre.
2121212121
O tempo cronolóxico
Altas ou baixas,en abril son as pascuas.
Ata o corenta de maio non te quites o saio.
Cando en marzo canta a ra, en abril e maio calará.
As castañas polo San martiño, teñen sede e queren viño.
Día de San Xoán sécalle a raíz ó pan; día de San Pedro secapolo medio e día de Santiago, seca do fuciño, ó rabo.
En Decembro,quen non mata o porquiño non ten lacón,nintouciño.
En maio o millo sementado, cal enxoito, cal mollado.
En maio, todo espigado.
En marzo , espigarzo.
En S. Xoán,calquera gaña o pan.
En Santa Lucía mengua a noite e medra o día
Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, se non sae, è que nonvén ou que non quere vir.
Febreiro febras dá, si non as deu, xa non as dará.
Grano de marzo, non vai ó cabazo.
2222222222
Lúa nova de febreiro, o primeiro martes día de entroido.
No mes de San Xoán, máis viño que pan.
O viño de maio, pouco e malo.
Polo San Martiño o touciño sabe a viño.
Polo San Martiño,mata o porquiño e proba o viño.
Polo San Xoán, máis queixo que pan.
Se pra túa casa é o madeiro, córtao en xaneiro.
2323232323
Oficios
Arrieiro dunha besta, cesteiro dunha cesta e pescador dunhacana, perden máis que gañan.
Avogado durmiñón ,sen diñeiro no caixón.
Ó ferreiro da maldición,ó ter ferro fáltalle o carbón.
2424242424
Cantigas
A castaña no cañizo
fixo pum e reventou
caeu do castín en baixo
¡ai! que golpiño levou.
Namoreime da castaña
namoreime do ourizo
namoreime de ti nena
porque tés o pelo rizo.
Non as quero, non as quero
castañas do teu magosto
non as quero, non as quero
que cheiran a chamusco.
Zona de Navia
2525252525
Santo que estás no cainzo
tira castañas abaixo
tira desas máis grandiñas
que polas pequenas non me baixo.
Estamos no tempo de troupele, troupele
estamos no tempo de estroupelar,
estamos no tempo de de tasca-lo liño
estamos no tempo do liño tascar.
Este pandeiro que eu toco
éche de coiro de ovella
onte berraba no monte
hoxe toca que rabea.
Eu do queixo non me queixo
co queixo ben che me sabe
quéixome de quen non vende
que non mo vende de balde
2626262626
- O que nin canta nin baila
¿a que vai a pola vila?
mira-lo que pasa
para contar ó outro día..
zona de Navia
Santa Lucía de Freixís
pídoche con alegría
péchame os ollos pola noite
e ábremos polo día
Vaite con Deus meu Pepe
que de liño vas bon,
ovella non comiche
e tampouco castrón.
Todo o que padeciche
2727272727
cho pagará María
co repartimento
da ovella da morriña.
zona de Navia
Acábanse as vendimas
e veñen as esfoliadas
para comer coas mozas
catro castañas asadas
Do outro lado do río
ten meu pai un castiñeiro
da castañas en agosto
e patacas en xaneiro
Una vella dixo a outra
polo furado da porta
vella se queres castañas
entra pola outra porta
Zona de Navia
2828282828
Si vas a castañas a ribón
virás aburrido,
comerás castañas asadas
e leite fervido.
Zona Ribón
ARRABEA POLA PINEIRA
Arrabea pola pineira
arrabea por peneirar
arrabea por ter amores
arrabea por te casare.
Fuches a Villagarcía
fuches e non viches nada
fuches a villagarcía
unha mañá de xeada.
2929292929
Arrabea pola pineira
arrabea por peneirar
arrabea por ter amores
arrabea por te casare.
Parroquia de Rao
AS MOZAS DE VILAQUINTE
As mozas de Vilaquinte
son unhas lindas muchachas. ¡aupa!
Só tein un defecto ¡aupa!
Que son un pouco borrachas.
La, ra,la,la,la
Se son borrachas que sexan
a naide lle importa nada,
elas pagan o que beben ¡aupa!,
la, ra, la, la,la,la.
Ó sábado de borracheira,
o domingo de constumbre, ¡aupa!
3030303030
Lla si a van tirando a casa pola fiestra, la, ra, la, la, la.
O luns pola mañá, ó traballo naide acude,
anque os seus pais non poidan,
eles están na cama,
Ua si a van tirando ,¡aupa!
A casa pola fiestra, la, ra, la, la,la.
Parroquia de Vilaquinte
CANCIÓN DE BALOUTA
Valen máis las caras guapas
de las mozas de Balouta
que las mozas forasteiras
vestidas de buena ropa.
Arriba Pico de Surcio
abaixo Pena Marela
máis arriba está Balouta
Dios nos libre de tal terra.
3131313131
Este pandeiro que tocoérache de pel de corzo
tócano en Pelliceira
e resona en Arandoxo.
Este pandeiro que eu toco
é de coiro de cacique
non teñas medo que raxe
por moito que repenique.
Este pandeiro que eu toco
éche de coiro de ovella
onte berraba no monte
hoxe toca que rezumbea
Parroquia de Rao
Unha vella de Estoupelo
foi a feira a Paradela
foi vender o xato pinto
fillo da vaca marela.
3232323232
A miña me ha de valere
non quero un home pequeño (bis)
que me parece na cama
un vasoiro pra varrere.
Póboa de Navia
Houbo xente, houbo xente
a gaita na romería
o bailador de muñeira
tomouno con gallardía.
As rapaciñas de Iglesiafeita
vide bailar ó son do pandeiro
que xa retumba o tamborileiro
e a nosa festa vai comezar.
A festa acabouse
vámonos xa pro lugare
que maña é día solto
e temos que traballare.
Parroquia de Rao
3333333333
O LARANXEIRO
Eilí arriba en Vilanova
hai un gran laranxeiro,
todo cuberto de flores,
fun avalalo e todo me cubriu de flores,
ris con ras, cataplás
eu teño un pirulí tras, tras.
Pasei por Villarantón
Por Villarantón cantando
nenas de Villarantón
quedan na fonte lavando
Póboa de Navia
O FERREIRO VAI FÓRA
O ferreiro vai fóra
a ferreira tamén
mira Pepe e a ferreira tamén
3434343434
vanche facer un cravo (bis)
hánchelles sair ben
mira Pepe,
háchelles sair ben, mira Pepe
Póboa de Navia
VIVIR EN VILAQUINTE
Vivir en Vilaquinte moi bonito é,
andar de baranda e durmir de pé,
andar de baranda e durmir de pé.
Eilí arriba no castelo
hai un gran muín
entre Valentina do Ferreiro
e Xosé do tío Diego
Parroquia de Vilaquinte
3535353535
MORENIÑA
Chamácheme moreniña
á vista de tanta xente
ahora vaime quedare
moreniña para sempre.
Non sei que ten a morena
non sei que a morena ten
non sei que ten a morena
que todos lle queren ben
que todos lle queren ben
non sei que ten a morena
non sei que a morena ten.
Chamácheme pera fofa
eu a tí mazá podrida
a pera fofa se come
e a mazá se tira
3636363636
Chamácheme moreniña
á vista de tanta xente
ahora vaime quedare
moreniña para sempre.
Parroquia de Rao
Yo la vi y ella me miraba
y en la mano llevaba una jarra.
No la llevaba con vino
que la llevaba con agua
para regar los claveles
que tenía en la ventana.
Yo la vi y ella me miraba
y en la mano llevaba una jarra.
Póboa de Navia
3737373737
MANOLO YA NO ES MANOLO
Manolo ya no es Manolo,
Manolo no es quien era,
Manolo es el mejor mozo,
que pasea la ribera.
Manolo ya no es Manolo,
Manolo no es quien era,
Manolo es el mejor mozo,
que pasea la ribera.
Manolo se va a los toros,
y le dice a su mamá,
necesito 20 duros,
y me los tienes que dar.
20 duros no te doy,
25 te daré,
pero es preciso Manolo,
que olvides esa mujer.
3838383838
Esa mujer,
no la olvido,
aunque me den 2000 duros,
quiero yo más a mi novia,
más que a dinero ninguno.
Póboa de Navia
MANOLO MÍO
Manolo mío,
tu bien lo sabes,
que desde niña,
te dí mi amor.
Tú me mirabas,
y me abrazabas,
en las ventanas,
del corredor.
3939393939
Manolo mío,
a mi me han dicho,
que por tres meses,
te vas de aquí.
Esos tres meses,
serán tres siglos,
Manolo mío,
lleváme a mi.
Llevarte a ti,
no puede ser,
a los tres meses,
te escribiré.
La primera carta,
cayó en mis manos,
y la segunda en el corazón,
y la tercera cayó en la arena,
donde Manolo se enamoró.
4040404040
Allá arriba, hay un cadáver,
que no se sabe de quien será,
seguramente es de Manolo,
que se ha muerto,
en la soledad.
Póboa de Navia e parroquia de Rao
Viva Rumboiro, Rumboiro viva
viva Rumboiro pola noite e polo día
dicen os do outro lado
que cantan millor ca nós
cantan a punta dun corno
que millor cantamos nós
Viva Rumboiro Rumboiro viva
viva Rumboiro pola noite e polo día
Póboa de Navia e parroquia de Rao
Non te cases cun ferreiro
Kiquirikí que te queiman
4141414141
as muxicas cacaracá
cásate cun carpinteiro
Kikirikí que fai as huchas
bonitas cacaracá
Non te cases cun ferreiro
Kikirikí que da moito
que lavare cacaracá
casate cun mariñeiro Kikiriquí
que ven lavado do mare
cacaracá
Parroquia de Rao
Os gaiteiriños da Proba
mala centella chos gafe
non queren toca-la gaita
sen que lles den chocolate
Ven, vén, vén xarro do viño
vén, vén, vén rica empanada
4242424242
vén vén vén muller honrada
vén a mis brazos mujer.
A muller que queira gozar
non se debe casar
con ningún vello
que se non despois de cenar
pódelle dar malos consellos
Ven, vén, vén xarro do viño
vén, vén, vén rica empanada
vén vén vén muller honrada
vén a mis brazos mujer.
Quixen porque te quixen
quérote porque te quero
hasme querer miña rola
heite querer churrusqueiro
4343434343
Ven, vén, vén xarro do viño
vén, vén, vén rica empanada
vén vén vén muller honrada
vén a mis brazos mujer.
Póboa de Navia
Veilavaí ,veilavaí
a rapaza polo río
sin comer e sin beber
toda cheíña de frío
toda cheíña de frío
toda chea de dolor
velavaí velavaí
polo río de Rao
Parroquia de Rao
La casa del señor cura,
nunca la ví como ahora,
4444444444
ventana sobre ventana,
y el corredor a la moda,
sale a bailar buena moza,
menéate resalada,
que la sal del mundo tienes,
y no te menéas nada,
porque no te dá la gana,
morenita resalada.
Póboa de Navia e parroquia de Rao
Unha vella fixo as papas
o pote botounas fóra
fai un ano que foi eso (bis)
ainda hoy a vella chora.
Hai la, la,lá, hai, la, la,lá
O cura foi ó muíño
e caeu da ponte enbaixo
acudídelle vecíns (bis)
4545454545
que vai polo río abaixo
Hai la, la,lá, hai, la, la,lá
O cura de Vigo é xastre
o de Marín mariñeiro
o de Ourense afiador
e o de Lugo zapateiro
Hai la, la,lá, hai, la, la,lá
O cura desta parroquia
ten a sotana furada
que lla roeron os ratos
pensando que era empanada
O cura e maila criada
ordearon de cocer
tiñan a leña no monte
a fariña por moer
Hai la, la,lá, hai, la, la,lá
4646464646
O cura iba pro muiño
co fardelo na cabeza
resbaláronlle os chaprelos
e caeu de cu na presa
Hai la, la,lá, hai, la, la,lá
Póboa de Navia e parroquia de Rao
Ahí vienen los de la boda
ahí vienen los bodantes
ahí vienen los de boda
que son mozos arrogantes.
Ahí vienen los de la boda
todos vestidos de negro
no siendo la señora novia
que viene de terciopelo.
La madrina es una rosa
el padrino es un clavel,
4747474747
la novia un espejo
y el novio se mira en él.
Al señor padrino le digo
y al señor novio le encargo
que detengan su caballo
los vamos acompañando.
De quien es este caballo
de las herraduras dobles
es del señor padrino
principal de los señores.
El padrino de esta boda
es un padrino muy honrado
que para las cantadoras
trae el regalo preparado.
Nosotras no somos interesadas,
que a brindar a cinco duros
ya estamos aconstumbradas.
4848484848
Despídete buena niñas
de la casa de tus padres
que es la última vez
que de ella soltera sales.
Aprecia galana la niña
bien la puede apreciar
que llevas la mejor chica
que había en este lugar
que otros vinieron primero
y no se la quisieron dar.
Si no haces buena vida a esta
otra no vengas buscar.
Entra buena niña entra
a la casa de tus suegros
entra buena niña entra
que aquí bien puedes entrar
que has cogido el mejor chico
que había en este lugar.
4949494949
Convide patrón convide
que bien puede convidar
que lleva la mejor chica
de aquel lugar.
Murias de Rao
CANTIGA DE NAVIA
Navia, país de ledicia
Navia, terra de ilusión
Navia lévote gardada
dentro do meu corazón
Eu teño unha novia en Navia
que me rouba o corazón
e como ela é de Navia
de Navia eu quero ser.
Din que Navia é moi feo
porque non ten balcóns
5050505050
pero ten unhas rapazas
que rouban o corazón.
Como a xente de Navia
Non hai xente mellor
Sempre de troula e ledos
Sempre de bo humor
Para cantar viva Lugo
para bailar Fonsagrada
e para as rapazas bonitas
viva Navia de Suarna.
Pero a troula de Navia
deixou de existir
porque unha muralla de auga
xa comeza a ruxir
5151515151
SAN ANTONIO DE AMARANTE
Eu non vou, non vou
eu non vou alá
o demo do cura
que me quererá (bis)
San Antonio de Amarante
casamenteiro das nenas
porque non casas as vellas
que mal che fixeron elas
Eu non vou, non vou
eu non vou alá
o demo do cura
que me quererá (bis)
Parroquia de Rao
5252525252
O ROSCO
El rosco está bueno
es de buena harina
non dejen sin parte
¡ay! a la madrina
El rosco está bueno
vino de Segovia
a perna do medio
para a señora novia
El rosco está bueno
tiene calentura
no dejen sin parte
¡ay! al señor cura
Subila e baixala
baixala e subila
¡ay! al señor cura
Parroquia de Rao
5353535353
CHURRUSQUEIRA
Heiche de dar o boi blanco
fillo da vaca marela
dareiche a filla máis nova
meu ben, pra que te cases con ela
Dios cho pague, pague
Churrusqueira
téñocho que agradecere
cando vou, vou o teu muíño
sempre me deixas moere
Miña Santa Margarita (bis)
miña Margarita Santa
coa auguiña da túa fonte
meu ben, reguei a miña garganta.
Heiche de dar o boi blanco
fillo da vaca marela
5454545454
dareiche a filla máis nova
meu ben, pra que te cases con ela
Recollida en Rao
MARUXIÑA
Ten cuidado Maruxiña
cando te vaias á cama
que non vaia ir o demo
e che faga unha trasnada.
Téñoche un can de palleiro
que de noite anda ceibado
e que lle roe as canelas
ó trasgo millor plantado
Maruxiña me dixeron
tiñas na hucha un burato,
ten cuidado que nel
nonche vaia entrar o rato
5555555555
O furadiño da hucha
téñocho ben tapadiño
non teñas medo que nel
me vaia entrar o ratiño
Por moi tapado co teñas
Maruxiña ten ben conta
que hai ratos murmuradores
que atravesan toda a roupa.
Nin máis palique
nin máis falar
que os nosos sendos
chegamos xa.
Adios, adios hasta mañá.
Parroquia de Rao e Póboa de Navia
5656565656
A MULA QUE TIÑA FONTE
A mula que tiña Fonte
morreu de 32 anos
morreu no medio da corte
detrás dos mesmos escanos
Levantóuse Manuel
¿que tes muliña, que tes?
Voi onde ó Capador
a ver se che dá un remedio
para que te poñas mellor.
O Capador xa lle dixo:
-a mula estache acabada
repartídea cos parientes.
Saliu o tío Balbino
cunha voz moi aflixida
primeiro son os veciños
5757575757
que llos teño polo pobo
que son moitos meus amigos
Vamos para a casa de Sepe
co pescozo e a cabeza
que para a reuma de Ricardo
é unha gran fortaleza
E Baldomero de Roxo
como un home formal
darémoslle algo da mula
a columna vertebral.
A patrona de Ciprián
pídelle a Dios con ternura
dádeme as catro canelas
sen quitar as ferraduras
Saliu a nora dicindo
con moito salero e pustín
5858585858
a vostede abóndalle dúas e
as outras dúas para min.
Chegouche Pepe de Fora
o que par de disgraciadas
non vivo máis con vosoutras
se vos dades de patadas
Vamos onde Casanova
que hai unha legua que andar
darémoslle algo da mula
un lacón e máis a lengua.
Esa Conchita de Hermita
goberna moi ben a casa
se quereis que ben goberne
hai que deixarlle a grasa.
Liñares
5959595959
Alto pino, alto pino
ó ceo chega á rama
a rama que ó ceo chega
debe ser ben plantada
Sube alto, sube alto
e ó alto dun corredor
e por ver como se peinan
as fillas dun labrador
E o corazón dunha pulga
quen o soubera guisar
daba de parva e de almorzo
e a merenda pa merendar
Cantan os galos é día
érguete meu amor e
como me hei de erguir queridiña
como me hei de ir e deixarte.
6060606060
Ó lugariño de Murias
moito lle corren as veiras
moito viva que nel honra
que son as nenas solteiras
Ós altos subíame
por ver si a columbraba
no he visto más que polvo
do coche que xa chegaba
As nenas de Celanova
dicen que non beben viño
pero debaixo do mantelo
levan o xarro escondido
Arriba pico de Surcio
abaixo Pena Marela
máis arriba está Balouta
Deus nos libre desa terra
6161616161
En Faquis non hai nenas
en Coro son pequenas
dando a volta por Murias
caravillas pas cancelas
Por cantar cuatro cantares
á porta do cuartel
déronme cuatro pesetas
as nenas do coronel
Eu non quero mal a naide
malicia non a teño
eu quero cobrar o meu
e pagar a quen lle debo
Meu marido é culladeiro
fai tres á semana
vende a docena a cuarto
mira que xornal se gana
6262626262
Non te cases cun ferreiro
que te queiman as muxicas
cásate cun carpinteiro
que fai as casa bonitas
Non canto polo ben que canto
nin pola gracia que teño
canto por disimular
esta peniña que eu teño
Eu cantar cantábeche ben
graciña tiña pouca
e perdina no lavadoiro
cando fun lavar a roupa
Asturias leva a gala
do bon viño e augardente
e das mozas bonitas
6363636363
e dos mozos rebeldes
Daquel lado non hai rosas
que secaron nas roseiras
deste lado si que as hai
vivan as nenas solteiras
Murias de Rao
Heime de casar cun vello
heime de fartar de rir
heille de facer a cama
onde non poida subire.
Heime de casar este ano
aunque sea cun raposo
heille cortar o rabo
para que sea millor mozo
Arcón, Son
6464646464
Cantigas de reis
A Belén camina
la virgen María
a San José lleva
en su compañía.
Estrella los guie (bis)
que allí ha de estar.
Angelitos somos
del cielo venimos
si me dan licencia
los reyes dicimos.
Estos reyes buscan
al rey Celestial
Estrella los guia (bis)
que allí ha de estar.
6565656565
Señora María
como ama de casa
súbase ó fumeiro
e baixe sen tasa.
Cantámosche os reyes
guedelos de cabra
cantámosche os reyes
non nos deche nada.
Parroquia de Son
Cantámosche os reis
e o quiquiriquí
se non nos dás nada
cagámosche eiquí.
Mera
Estes nobles somos
los que aquí llegamos
si nos da licencia
los reyes cantamos
6666666666
Licencia pedimos
para empezar.
Estrella nos guíe (bis)
que allí han de estar
Por montes y sierras
y varios caminos
hasta que lleguemos
al Santo lugar
Estrella nos guíe (bis)
que allí han de estar
Es descortesía y desobediencia
a puerda de un noble
cantar sin licencia
Licencia pedimos
para empezar
estrella nos guíe (bis)
6767676767
que allí han de estar.
Señora ama de casa
como ama honrada
suba o cainzo y
corte sin tasa
Licencia pedimos
para empezar
licencia pedimos
para terminar
Cantámosche os reyes
guedellos de castrón
cantámosche os reyes
e non nos deche o lacón.
Quintá de Cancelada
6868686868
Oigan y escuchen todos esta nueva tonada
alegre y hay buen gusto esta es la catalana.
A Belén una niña camina apresurada
hermosa en cuanto un viejo la acompaña.
Caminan poco a poco llegaron a una casa
llamaron a la puerta con humildad sobrada.
Contestaron allá dentro quién destas horas llama
Contesta José entonces una niña preñada
hermosa en cuanto bella un viejo la acompaña
Contesta el tirano con ásperas palabras
si traen dinero entren, sino, aquí no hay posada.
Cállese santo viejo no se aflija por nada
que más remedio tiene el que va en mis entrañas.
Aquella misma noche cogieron la montaña
siendo la nieve mucha y ella padecer tanto
Llegaron a un portal entre unas pobres pajas
aquel hermoso niño que de frío temblaba.
Un buey y una mula los que servían de guardia
el buey con sus alientes al niño calentaba.
6969696969
No se quien diera aviso a tres reyes que andaban
por visitar al niño mil leguas caminaban
Recollida en Mera
En la ciudad de Sevilla, donde un labrador vivía
que de nombre se llamba Juan de Dios y de María.
Un día viniendo de arar como los demás venía
venía rezando el rosario grande devoción traía.
Vio venir un pobre viejo lleno de llagas y heridas
le dijo ponme a caballo hasta entrar en Sevilla.
El labrador se apeara a caballo lo subía
y a su casa lo llevaba con gran placer y alegría.
Le dieron de cenar de lo que en su casa había
y todos ellos comían pero el hombre no comía.
Le prepararon la cama de la mejor que tenían y
a esto de la medianoche el labrador no dormía
que estaba considerando las cuentas que a Dios daría.
cogió la vela en la mano por ver lo que el pobre hacía
7070707070
y vio que era Jesucristo la cruz de llagas tenía
y por no manchar la ropa bajo la cama dormía.
Alto alto labrador, guárdate para otra vida
que en el cielo encontrarás una silla prevenida.
Otra para tu mujer porque está en tu compañía
y otra para los tus hijos aunque no la merecían.
Por el puente celestial se pasea una doncella
vestida de azul y blanco relumbra más que una estrella.
Pregunta Dios a los suyos que doncellita es aquella
María Señor María, María de gracia llena
la que parió en el portal el niño de la belleza.
Ya salen las procesiones, ya salen los estandartes
ya sale el rey celestial en los brazos de su madre
Recollida en Mera
Es descortesía y obediencia
llegar a una puerta cantar sin licencia.
7171717171
Si nos dan licencia para encomenzar
antes de las doce a Belen llegar.
A Belén camina la Virgen María
y a San José lleva en su compañía.
Compañía más noble no la pudo hallar
antes de las doce a Belén llegar.
A donde camina quisiera saber
un hombre de noche con una mujer.
O la lleva hurtada o magina mar
antes de las doce a Belén llegar.
Yo no la hurtaré ni la llevo hurtada
que de esta señora no les toca nada.
Quien me la dio me la podía dar
estrella nos guíe que allí ha de estar.
Esta niña a un viejo mal se puede dar
antes de las doce a Belén llegar.
Contesta la niña como es tan discreta
Dios nos ha juntado y estoy muy contenta.
Por otro ninguno lo he de cambiar
7272727272
estrella nos guíe que allí ha de estar.
Llegan a Belén a un portal sagrado
aunque Belén pobre y no derrotado.
Acuéstate esposo que vienes cansado
por mi no tengas ansia ni cuidado
Cuando llegue la hora yo te he de avisar
estrella nos guía que allí ha de estar.
Levántate esposo y amante querido
que llegó la hora de nacer el niño.
Qué dicen que está en este portal
ANTES de las doce a Belén llegar.
Recollida en Mera
7373737373
Panxoliñas
Madre en la puerta,
hay un niño, más hermoso,
que el sol bello.
Viene el pobrecito en cueros,
y dice que frío tiene,
pues dile que entre se calentará.
Porque en este pueblo,
no hay caridad,
ni nunca la hubo,
nunca la habrá.
Entra el niño a la cocina,
y mientras se calentaba,
le pregunta a la patrona,
en que pueblo el reinaba.
7474747474
El niño responde,
yo soy de Belén,
mi madre del cielo,
mi padre también.
Hazle la cama patrona,
a este niño con primor.
Póboa de Navia
7575757575
Lendas
Ían enterrar un home medio morto a Donís. No camiño
atoparon a un home e díxolles: ¿Onde ides? – a enterrar a ese
home folgazán que ta medio morto de fame.
O outro home díxolles: Se é por iso eu doulle trigo.
A persoa que estaba medio morta de fame dixo: ¿ ta moido?
E dixo o outro home: - Non, hai que moelo.
Entón dí o outro home tumbándose: - ¡ Seguide co enterro!
Vilaquinte
O POZO DO INFERNO
Na aldea de Vilaquinte, situada no val do Ser. Por alí pasaba
o río Ser. Nunha parte do río había un lugar onde había moita
profundidade e bastante corrente. Un día tranquilo, ía un home
e o seu ganado de vacas e ovellas. El empezou a andar pola
7676767676
orilla e esvarou el, unha ovella e unha vaca e caeron no pozo.
De aí en adiante chamáronlle “ O pozo do inferno”
Vilaquinte
O POZO DO INFERNO
No río Ser que pasa por Vilaquinte caeu un can no Pozo
do Inferno que é moi, moi fondo. Cando todos os da aldea
pensaban que este can non ía aparecer máis, ó cabo dunha
semana sentírono ouvear debaixo de Chaodevilarín.
Sorprendidos por este feito puxéronse todas as persoas a
averiguar como este can podía ter chegado tan lonxe e sen
afogarse. Descubriron que entre o pozo do inferno é a aldea
de Cahaodevilarín había unha cova moi longa.
Vilaquinte
No pobo de Vilaquinte cando falta unha res, acudíase ó
tío Xosé de Méndez. E iste home a través dun rezo a San
7777777777
Antón veía a res alí onde tuvera no monte. Decía, o res ta ven
ou ta mal. Todos quedaban prendados daqueles dotes do señor
Xosé de Méndez porque sempre acertaba.
Vilaquinte
NAI DE IRMÁNS XEMELGAS
Dise que as nais de xemelgas teñen poderes curativos para
sanar lesións nas articulacións e nos ósos.
Para iso o enfermo tense que deitar no chan e a nai dos
xemelgos tenlle que pasar por riba da extremidade 10 veces
dicindo:
“cúrame esta abertura, este xiado,
este esnogado, este estocado
polo meu ximilgín, ximilgado
e polo Espíritu Santo”
7878787878
O PICO DOS TRES BISPOS
Conta a lenda que no alto dunha montaña do concello de
Cervantes,xa no límite con León, hai unha pena en forma de
pico. Alí reuníanse pra merendar os bispos dos territorios de
Galicia, Asturias e León. Por eso ese monte é o chamado
Pico dos Tres Bispos.
Vilaquinte
UN MORTO MATOU A CATRO VIVOS
Na concello de Cervantes hai unha vila coñecida como
Os Olmos. Os habitantes deste lugar tiñan que ir enterrar os
mortos a Vilaquinte. O único camiño que existía para chegar
alí era un sendeiro moi estreito chamado o sendeiro da
Franxueira, apto exclusivamente para as cabras.Había que
percorrer unha distancia de 4km.. Non era doado carrexar o
morto por aquel camiño.
7979797979
Un día levaban a enterrar un home entre catro persoas, a
unha falloulle un pé, a consecuencia desto caeron el e as outras
tres e morreron todos.
NOTA:
Sobre esta lenda escribiu a profesora e autora Ana Villar
Janeiro un libro titulado “Morrer en Vilaquinte”.
Vilaquinte
Contan que nunha casa do pobo de meus avós, Vallo, fai
moito tempo había unha casa moi rica, ían en carrozas de
ouro á misa. Enterraron un tesouro debaixo desa casa. Dicían
que tiñan moitas fincas e moitas pertenzas.
Dise que por debaixo do río Navia había un túnel que
chegaba ata o castelo.
8080808080
A MULLER CORZA
En Doiras, pequena localidade do concello de Cervantes
nos Ancares lucenses consérvase un castelo construído encima
dunha rocha. Neste castelo vivía unha bela princesa. Un día,
sen saber como, a princasa desapareceu. Despois de moito
tempo de búsqueda os seus pais e o seu irmán dérona por
morta.
Pasaron os anos e durante unha cacería, seu irmán deu
morte a unha fermosísima corza branca que parecía feita de
neve. Como o animal pesaba moito, cortoulle unha man como
trofeo e voltou ó castelo. O abrirlle o zurrón encontrouse
cunha man finísima que goteaba sangue quente e que levaba
nun dedo o anel da princesa.
Presa do desasego o príncipe voltou ó lugar onde deixara
a corza e o que alí viu foi o cadáver da súa irmá a que lle
faltaba a man que lle cortara.
Doiras
8181818181
LENDA DE BARCIA
NA Pena do Corvo (Barcia) había un furado debaixo dunha
uriceira. Dicían que alí había unha cociña de ouro. Ó chegar
alí tiñas que dar unha pucha ou un pañuelo e dicir “toma a
miña pobreza e dáme a túa riqueza”. Abríase e levábante a
outro furado e dábanche un puñado de moedas.
Só era para os de Barcia. As aldeas veciñas tiñan celos. Un
día armáronse con chapos e fouzos pra coller a cociña e levala
eles. Os de Barcia enteráronse e escondéronse para meterlles
un susto. Cando empezaron a cavar, os de Barcia berraron:
“covardes baixai que hai carne fresca”. Eles asustáronse,
tiraron as ferramentas e marcharos. Os de Barcia saliron do
escondite e levaron as ferramentas pra eles.
Barcia
8282828282
Contos
A RAPOSA, A GALIÑA E O CAN
-Había unha vez uha galiña que vivía feliz cos seus pitiños
nunha casa de campo, con outros animais.Entre eles había un
can que era amigo de tódolos animais da casa.
Pero a súa ledicia viuse ameazada por unha raposa.Un día no
que a galiña ensinaba ós seus pitiños a buscar lombrigas no
chan aparece a raposa de repente e dille:
-Veño a comer ós teus pitiños.
A galiña, chea de angustia e sabendo a súa desventaxa fronte
á raposa dille:
-¿Non se dá conta, amiga raposa, que os meus pitiños son
moi pequenos e teñen moi pouco que comer?será mellor que
espere uns días máis.
-Está ben-replicou a raposa-cando pasen dúas semanas
volverei.
A galiña contoulle o seu problema ó can e pediulle axuda.
8383838383
-Non te preocupes-dixo o can-, cando volva xa lle daremos
o seu merecido.
A galiña e o can prepararon un plan para que a raposa non
volvese a molestar.
A galiña ensinoulle ó can o lugar onde estaba o niño no que
gardaba ós seus pitiños.
Pasadas as dúas semanas, chegou a raposa ó galiñeiro.Como
non viu á galiña cos seus pitiños decidiu ir buscalos ó niño.
Non sabía moi ben onde estaba, ía uliscando pasiño a paso,
cando estaba chegando dicía:
-Pitos serán pero olen a can.
Entón sae o can do niño e corre detrás da raposa.
Esta ía dicindo:¡Arriba zancas, arriba trancas que neste
mundo todo son trampas
Tan grande foi o susto que se levou que nunca máis
apareceu polo galiñeiro.
8484848484
O GALO E O ZORRO
O zorro andaba buscando galiñas no galiñeiro. Conseguiu
coller o galo e marchou con el na boca. O galo ía repetindo
constantemente:
-Xea, xea, xea.....
Cando o zorro se cansou abriu a boca para decir:
-Se xea que xee.
Aproveitou ese momento o galo para escapar e encaramarse
no máis alto dun amieiro.
O zorro debaixo , intentaba serrar o tronco coa súa cola e
repetía:
-Serra o meu rabo se queres comer galo.
Como o rabo non serraba dixo o zorro:
-Se o meu rabo fose de aceiro xa serraría o amieiro.
O zorro tivo que marchar e deixar o galo tranquilo.
8585858585
A CEGOÑA E A RAPOSA
A cegoñae a raposa eran comadres. Un día a raposa invitou a
cegoña a merendar á súa casa. Como a cegoña tiña un pico
moi longo, a raposa aproveitou a ocasión para burlarse dela.
Preparou papas para comer e púxoas encima dun penedo para
enfrialas.Entón a raposa chamou a súa comadre e díxolle:
-¡come!
A cegoña por culpa do seu pico, non puido comer bocado.A
raposa en cambio papou as dúas racións.
Para vengarse, a cegoña invitou a raposa a unha voda no ceo.
Como a raposa non sabe voar, a cegoña díxolle que a levaría
no seu lombo.
Ó pasar por encima da pedra que servira de mesa a vez
anterior, a cegoña deixou caer a raposa.Mentres caía decía:
-Aparta pedra que te rebento!!!
O ver que a ía rebentar dixo:
-Se salgo desta e non morro non irei máis a máis vodas ó
ceo.
8686868686
E como é de supoñer caeu encima da pedra e
reventou.
O LOBO E O RAPOSO
O lobo e o raposo eran amigos. Un día dícelle o lobo ó
raposo:
-Imos buscar comida.
Entre os dous mataron un xato e enterrárono deixándolle o
rabo fóra pra atopalo máis sinxelamente. Acordaron comelo
en compañía pouco a pouco.
O raposo, astuto el, díxolle ó lobo que era necesario deixalo
repousar uns días antes de comelo.
Pero ó raposo entroulle unha fame terrible e foise a un lado
para facerlle crer que o chamaba o seu compadre.
-¿Qué queres compadre?¿Dis que vaia bautizar ó teu
primeiro fillo? - Vou home vou.
8787878787
Foise ó lugar onde estaba enterrada a comida. Comeu o que
quiso. Botou unha sesta e voltou xunto ó lobo.
-¿Cómo lle puxeches ó teu afillado?- preguntou o lobo.
-Empezadote- respondeu o raposo.
Ó día seguinte o lobo propuxo ó raposo ir a probar ó xato,
pero o raposo respondeu coa mesma cantinela.
Marchou bautizar ó seu segundo afillado. Comeu canto
puido e voltou xunto ó lobo. Éste preguntoulle:
-¿Cómo chamaches a este afillado?
-Medianote- respondeu o raposo.
Ó outro día volveu repetirse a historia. O raposo foi bautizar
ó seu terceiro afillado e ó volver coa barriga ben chea
tumbouse á sombra.
-¿Cómo chamaches ó teu terceiro afillado?-preguntou o
lobo.
-Acabadote lle puxen-contestou o raposo.
Pasados os días de repouso da carne foron os dous amigos
comer o xato. O raposo díxolle ó lobo que tirase do rabo para
8888888888
desenterrar ó animal. Así o fixo o lobo e loxicamente
quedouse co rabo na man.
Comezaron a discutir. Que si fuches ti, que eu non. Ti
fuches....
Entón o raposo propúxolle ó lobo botar unha sesta e ó que
lle suara a barriga, ése sería o culpable. O raposo esperou a
que o lobo se quedara durmido e tiroulle auga na barriga.
Cando o lobo espertou e viu a súa barriga mollada díxolle óraposo:
-Comer comín, pero non me din conta.
A RAPOSA
Érase unha vez un home que estaba traballando, e chegou o
lobo e díxolle:
-labrador, vouche comer os bois.
O home respondeulle:
-comerás, home comerás, pero deixame acabar o traballo.
8989898989
O lobo quedouse ó carón do carro, e adormeceu, entón
chegou a raposa e díxolle:
-labrador, ¿qué tés o carón do carro?
- Un tronco-contestou o home.
-Cárgao no carro-mandou a raposa.
O labrador obedeceu.
-Átao coa corda-dixo a raposa.
O labrador atouno moi forte. A raposa dixo agora:
-¿Qué me has dar de pago?
-Unha pita con pitos-ofreceulle o labrador.
Chegaron a casa, pero o home en vez de botar unha pita
botou unha cuza con cadeliñas pequenas dentro dun saco e
deullo a raposa. Ela exclamou:
-¡pitos serán, pero óleme a can!
A raposa abriu o saco, saíu a cadela e botou detrás da raposa,
cando a raposa deu escapado da cadela, parouse e descansou,
mentres dicía:
9090909090
-¡Ai meus olliños, como viades, ai miñas perniñas como
corriades, e daquela di o rabo:
-¿E logo eu?
E ela contesta:
¡Ai barrabás, ti tirabas para detrás!
A BOLBORETIÑA
Bolboretiña que era moi presumida, ía tódolos domingos á
misa.
Sempre ía cantando.
La-la-la-lariña, imos á miña casiña.
Polo camiño encontrou un burro que lle di:
-Bolboretiña, ¡Que guapa vas!
-Fago moi ben porque ti non mo dás- respondeu
bolboretiña.
-¿Quereste casar conmigo?-preguntou o burro.
-¿E como farás polas noites?-dixo bolboretiña.
-¡¡Hi-hah!!¡¡Hi-hah!!....-falou o burro.
9191919191
Seguiu camiñando e atopou un can.Ó vela o can dixo:
-Linda bolboreta, ¡que guapa estás!
-Fago moi ben requetebén, porque ti non mo dás.-
respondeu a bolboretiña.
-¿Casaríaste conmigo?-dixo o can.
-¿Como farás pola noite?-preguntou a bolboretiña.
-¡¡guau,guau!! asustarasme-dixo bolboretiña.
Despediuse o can.Ó pouco tempo encontrouse un grilo que
lle di:
-Bolboretiña¡Que requetebonita estás!
-Fago moi ben porque ti non mo dás-contestou bolboretiña.
-¿Queres casarte conmigo?-preguntou o grilo.
-¿Cómo farás pola noite?-dixo bolboretiña.
-¡¡gri gri!!¡¡gri gri!!-contestou o grilo.
-De ninguna maneira me casarei contigo.-contestou a
boboretiña.
Por último encontrouse cun rato que lle di:
9292929292
-Bolboretiña linda, ¡que guapa estás!
-Fago ben porque ti non mo dás.-respondeu a bolboretiña.
-¿Quereste casar conmigo?-preguntou o rato.
-¿E como farás pola noite?-quixo saber a bolboretiña.
-Dormir e calar.-dixo o rato.
A bolboretiña casouse co rato.Viviron felices ata que un
día...
NOTA: Contoume dous finais para esta historia
(final primeiro)
Un domingo que a bolboretiña ía á misa, o rato quedouse a
cuidar o guiso. Bolboretiña advertiulle que non se achegase
porque podía queimarse. Ao notar o olorciño a cebola do
guiso, o ratiño destapou a ola, e quixo probalo.Ó inclinarse
demasiado caeu dentro e coceuse.
Ó cegar bolboretiña chamou.como non contesta vai mirar á
ola e alí o atopa.
A bolboretiña di entre sollozos:
-¡Ai ratiño pola golosiña da cebola caeu á ola!
9393939393
(segundo final)
Unha noite que se foron a durmir dixo o ratiño.
-Bolboretiña teño ganas de ouriñar.
-Debaixo da cama está o ouriñal.-contestou ela.
Baixou a ouriñare. Como tardaba en regresar a boloretiña
chamouno insistentemente.
Respondeu o gato da seguiente maneira:
-O teu ratiño no meu buteliño está.
OS DOUS RATOS
Había dous ratos. Un nunha casa de ricos e outro nunha
casa vella chamada “Caseta do Souto”. Na casa do rico tamén
había un gato que lle chamaban “O Alcalde” pero era vello.
Entonces un día o rato da Caseta do Souto cruzouse co rato
da casa rica. O rato da casa rica díxolle ó da Caseta que fora a
vivir con el porque se vivía mellor. Entón o rato da caseta
díxolle que lle tiña medo Ó Alcalde e el díxolle que non fai
nada mira... paso por diante del e non me fai nada. Entón o
9494949494
gato levantou unha orella, despois outra, pegou un salto e
comeu ó rato. O rato da caseta dixo “Vale máis tar na Caseta
do Souto que gordo no cu do outro”
O REPARTO
Morréralle unha vaca a un vecín e levárona á caboza.
Reuníronse moitos animais para comela. Entre eles estaba un
oso e un lobo. O oso deulle un mordisco ó lobo e, este díxolle:
-ti creste moi valente, pero cun home non podes.
O oso respostou:-xa o veremos.
Marcharon en busca dun home. Chegou donde un neno e
díxolle- ¿ti es home?. O neno repostoulle – hei de selo.
Seguiu andando e encontrou un ancián. Preguntoulle -¿ti es
home?. El respostoulle _non, eu funo.
Seguiu camiño e atopou un home cun chapo na man e
fíxolle a mesma pregunta - ¿ti es home? – si sono ¿que pasa?.
O oso díxolle, temos que facer unha pelea pero con iso que tes
na man, non. O home aceptou coa condición de que o deixase
invitar a un cigarro, colleu a escopeta, que tiña ó mesmo carón
9595959595
del, e díxolle: -Imos ver se che dou lume co mechero. O oso
achegouse e o home pegoulle un tiro. El marchou sangrando.
Ó chegar xunto o lobo, este preguntoulle - ¿que tal che foi co
home?
- ¡Uf! – Non me fales que ainda non empezamos a pelea,
deume un cigarro e unha fungada co mechero que por pouco
non me mata.
9696969696
Adiviñas
♦ É unha vila pequena que está na comarca dos Ancares.Ten río, ponte e castelo. ¿De que vila falamos?
Navia
♦ Una cara e, dúas mans pegadas a parede ¿sabes quen é?
O reloxo
♦ Branco foi o meu nacemento, colorada a miña nenez, eagora que vou pra vella son máis negra cada vez.
A amora
♦ ¿Que cousa é que cabe nun puño e non cabe nun hórreo?.
A vara de varexar.
♦ ¿Que será unha cousa cousiña que, cando vai para omonte, vai calada, e ó chegar ó monte berra?
A brosa
♦ Unha vella co seu dente, chama toda a xente
A campa
♦ Branca coma neve, negra coma o pez, fala sen ter lingua eanda sen ter pés.
A carta
♦ Non ten pernas e anda, non ten boca e fala.
A carta
♦ Papel sobre papel, papel de violén, non atinarás este anonin pro ano que vén senón que cho diga alguén.
A cebola
9797979797
♦ Figura redondeada, corpo colorado, tripas, óso e brazos depau.
A cereixa
♦ Piquen que non piquen, eu hei de picar, que son filla dodemo e algunha costela hei herdar.
A cobra
♦ Cando vai para o monte, vai retorta e cando vén para casavén estirada. ¿que é?
A corda
♦ Que será unha cousa cousiña cousa que, cando está nacasa, está encollido e cando ta no monte, estendese.
A corda
♦ Unha señora moi aseñorada chea de remendos sen unhapuntada
A galiña
♦ Son un paíño moi dereitiño enriba da fronte teño unmosquito.
O i
♦ Son unha loca amarrada que só sirvo para ensalada .
A leituga
♦ Sempre cuberta, sempre mollada.
A lingua
♦ Unha cousiña cousa pola que nunca chove e sempre estámollada.
A lingua
9898989898
♦ Nun cuarto moi escuro catro pernas vin estar, non erancarne humana, nin tampouco de animal.
A noz
♦ Son o último no ceo, en Dios ocupo o terceiro lugar.Sempre me atopo en navío e nunca estou na mar.
O
♦ É longa como unha soga e ten dentes como unha loba.
A silva.
♦ Toda a xente a pode ver mais ninguén a pode vender outocar.
A sombra
♦ Catro danzantes, dous apuntantes, catro menguantes e undálle, dálle
A vaca
♦ ¿Que ave durme debaixo da cama?.
A vacenilla.
¿Que cousa cousiña é que ten na punta o nariz?
O z
♦ No alto vive, no alto tá, a tecedora alí estará.
Araña
♦ Picos adiante, ollos atrás, de burro tixeiras e atinarás
As tixeiras
9999999999
♦ Auga vai pola rúa abaixo; caen e rompen un dente .
Augardente
♦ Auga me chamo de nome, ardente é o meu corazón; o quenon atine é un gran burricón
Augardente
♦ Teño unha capa que parece un cobertor e dá moito calor
Cabrito
♦ Pon col, cara o revés e o meu nome, tes
Caracol
♦ Verde no campo, roxo na casa e negro na praza
Carbón
♦ Altos pais, capeludas mais, fillos acrisoles, adiviña se podes
Castaña
♦ En agosto arder, en setembro beber
Castaña
♦ ¿De que hai que encher un pucheiro para que pese menosque baleiro?.
De buratos.
♦ Pelo por fóra e pelo por dentro e unha cuarta de carnemetida dentro.
Guante
♦ Primeiro nacín branca e despois verde me quedei e candodourada tornei, fixeches un zumo de min
Laranxa
100100100100100
♦ ¿ Que cousa cousiña é? Que pro monte vai enrollado epra casa ben estirada.
Luria
♦ Do tamaño dunha abella enche a casa ata a tella.
Luz
♦ Verde no monte, seca na casa, encarnada na brasa.
Leña
♦ Adiviña adiviña ¿Cal é o bicho sen óso e sen espiña?
Miñoca
♦ Se somos naviegos e comemos: androlla, grelos e máislacóns ¿De que vila somos?
Navia
♦ ¿Que é unha cousa que anda e anda e o fin, dá co dono?
O can
♦ Albarda de ferro, tea de liño atiza que atiza cunfarragulliño.
O candil de gas
♦ Teño un duro cascarón, pulpa branca e líquido doce nomeu interior
O coco
♦ Redondo, redondo como o vaso fondo o vaso non é,¿adiviña que é?
O dedal
♦ ¿Que cousa couseliña que canto máis lle quitan máisgrande é?
O furado
101101101101101
♦ Alto alteiro, gran cabaleiro, gorra de grana e espola deaceiro.
O galo
♦ Alto estou, picos teño, veñen as mozas, e non medefendo.
O ourizo
♦ Alto me vexo no meu lugarexo, por unha risada perdín aniñada .
o ourizo
Que será unha cousa cousiña que ve á morte vir e non podefuxir
O ourizo
♦ Alto me vexo, no meu caparexo, nunha risada, quedeimesen nada.
O ourizo.
♦ Casiña branca sen porta e sen tranca ¿que é?
O ovo
♦ De entre dúas penas feroces sae un home dando voces,nin o vés nin o verás, pero na fala o coñecerás.
O peido
♦ ¿Que cousa couseliña é que, cando o nomeas, desaparece?
O silencio
♦ Chámome rei e non teño reino, chámome rubio e nonteño pelo .
O sol
102102102102102
♦ Que será unha cousa que cando vai cara o monte mira pracasa e cando vai pra casa mira pro monte
Os cornos da cabra
♦ Dous bois marelos, nunha corte de ferro.
Os ovos fritos na tixola
♦ Vive nas montañas dúas sílabas ten e polos dous lados sele
Oso
♦ Alto estou, capricho teño, se veñen os mouros, non medefendo
Ourizo
♦ Alto me vexo no meu cacarexo detrás vexo vir e non podofuxir
Ourizo
♦ Por unha risa perdín a miña amada
Ourizo
♦ Cousiña branca sen porta e sen tranca ¿Que é?
Ovo
♦ ¿Que cousa é que se pode partir e non se pode escachar?
Pelo
♦ Branca por dentro, verde por fóra se queres que cho digaespera.
Pera
♦ Fala sen boca e anda sen pés, dache a ti na cara e non o ves
Vento
103103103103103
Alcumes
Abrente........................... Caiados ou coxos
Acebedo ........................... Comen o caldo acedo
Aldobren ........................ Lebratos
Arcón .............................. Rabicos
Balsa ............................... Barriga falsa
Barcela ........................... Largatos e tixeiras
Barcia ............................. cabras
Porque uns tratantes de gando viñan comprandocabras e compraron en Barcia. Entón os tratantesforon a comer a Riodebangos e mentres eles comíanas cabras escapárónlles e foron a comer os hortosdo pobo e os viciños dicían “foron as cabras deBarcia” e xa lles quedou ese mote.
Busto .............................. Lobos
Cabanela ........................ Largatos
Casas do Río .................. Papeiros
Castañedo ...................... Castañeiros, castañas
Castelo............................ Largatos
Chaodevilarín ................. Axeados
Porque xea moito no inverno
104104104104104
Coea ............................... Porretos, porretegos.
Porque plantaban moitos porretos e vendíano nasfeiras
Corneantes ..................... Burros de antes
Corneas .......................... Navajeros.
Porque os novos cando ían ás festas sempre semetían en liortas e sacábanlles a navalla a todos
Coto ................................ Gatos
Curuxedo ....................... Turcos
Donís .............................. Lapa fabas
Embernallúas ................. Comen as verzas cruas
Enbernallas .................... Rabeludos, cais da cordiña
Figueira .......................... Cuzas, cais
Folgueira de Aigas......Aigas ou bizolos, cereixas
Folgueiras ...................... Rápanlle o rabo ás ovellas
Fonsagrada .................... Fonte sen auga
Freixeiro ......................... Lebres
Freixis ............................ Cordeleiros
Galegos .......................... Tabelas
Lagua ............................. Caquimbo
Lamas............................. Tixeiras
Liñares ........................... Arados de ferro
105105105105105
Marcelín ......................... Corzos
Mazaira .......................... Pineireiros
Méixamo ........................ Tozudos
Mera ............................... Poleos
Moia ............................... Guímaros
Porque viven nunha zona moi costa e son moiáxiles e traballadores
Molmeán ........................ Peras e pan
Porque nese pobo hai moitas peras e taméncababan moito as siaras e botaban moito pan.
Mosteirín ........................ Cubanos
Mosteiro ......................... Canaveiras, sapaqueiras
Murias do Camín ........... Corvos
Muñís ............................. Cais da cordiña
Navallos ......................... Axeados
Navia .............................. Cais, cuzas
Porque antaño comíanse moitas conservas e oscais viñan todos a lamber as latas.
Tamén se di que os das aldeas ían a Navia. Os deNavia saían esperalos ás aforas e insultábanos eempezaron a dicir que os da Póboa eran comocais.
O Vilar ............................ Os cais a ladrar e as cuzasa axudar.
Padornelo ....................... Cabritos
106106106106106
Paradela ......................... Pineireiros
Penamil .......................... Guímaros
Penedo ........................... Cabras
Porque lles gusta moito saltar as paredes
Pin .................................. Parrulos
Queizán .......................... Barrigas peladas
Quintá de Cancelada... .. Latas
Quintá de Moia ......... .... Axeados
Rao ................................. Levan a merda na mao, para ir a Rao hai que levar a comida na man
Ribeira............................ Barriga baleira
Ribón ............................. Axeados
Riodebangos .................. Bestias do toxo, cabalos da serra
Robledo .......................... Pucheiros
Salvador .......................... Capois
Savane ............................ Cuzos
Sena ................................ Guímaros
Seoane ............................ Capois
Signada .......................... Van ó hórreo e non atopan nada
107107107107107
Silvouta ........................... Pineireiros
Porque lles vate moito o aire
Son ................................... Tixeiriñas, texiras.
Porque cando se poñían a falar daban moitoscortes uns ós outros
Tabillón............................ Cais da cordiña
Valdeferreiros .................. Cagan nos caldeiros, saltan cancileiros, abreos e mócaros
Vallo ................................. Cuquelos.
Porque imitan moi ben ó cuco
Ventosa ............................ Pineireiros
Vilagarcía ........................ Gatos
Vilameixide ..................... Migas, gatos
Vilaquinte ........................ Largatos.
Porque é un pobo que lle da moito o sol e tenmoitas lastras de pedra
Vilar de Moia....... Largatos, esgónzaros
Vilarantón ........................ Axeados.
Porque no inverno non lles entra o sol no pobo equedaba a xeada dun día para outro
Vilarpandín...................... ....Sardiñas
Porque antes os tratantes cambiábanlles sardiñaspor cousas da casa (ovos, cebolas,...)
108108108108108
Vilaver .............................. Garfelos.
Porque eran todos pequenos
Vilaverde .......................... Raposas
Porque abondan moito as chamadas raposassalvaxes
Vilarguende ..................... Cucos
Virigo ............................... Comen o gato hasta o Viligo. Ós da xarra
Xunqueira ........................ Espantallos
Recommended