JUÁN ANDRÉS HERVELLAcomplementos heráldicos. Existen algúns outros elementos distintivos que,...

Preview:

Citation preview

JUÁN ANDRÉS HERVELLA

Técnico de Turismo no Concello de

Ourense. Colaborador do xornal La

Región de Ourense acadeu polos

seus traballos xornalísticos o premio

“Xosé Aurelio Carracedo” na edición

escrita do ano 2001.

Nº1: Capela Igrexa de San Salvador

57~

H e r á l d i c a

Juán Andrés Hervella

AS DIVERSASPEDRAS

ARMEIRASEXISTENTES NAMEDIEVAL VILA

DE VILANOVADAS INFANTASDO CONCELLODE CELANOVA

Aheráldica e un código de regras que permi-

te describir os diversos escudos de armas. Éa arte do estudio descritivo do brasón.

Os escudos de armas, que xa se representabandurante o século XII, tiñan por obxecto fundamentaldiferenciar os diversos combatentes na guerra ounos propios lances e torneos medievais.

O insigne historiador e hispanista MenéndezPidal de Navascues, no seu interesante traballo:“Los comienzos de la heráldica en España” consi-dera, ca rigorosidade que caracteriza os seus traba-llos, un dos primeiros monumentos heráldicos máissobresaíntes, o retrato ecuestre do rei de León,Fernando II (1157-1188) que aparece no Tumbo Ada catedral de Santiago. Nel represéntase a figurado rei abrazado a un escudo de ouro decorado cunleón rapante, sen cor.

Por outra banda hai que destacar que a difusión dosselos non foi de uso exclusivo militar, así utilizárononun primeiro momento as mulleres; no século XIIIos clérigos, burgueses e artesáns, e xa no XIV inclu-so polas abadías e campesiños. Nembargantes, a súaprocedencia fundamental ven dende os tempos doseu empleo como insignia das forzas guerreiras oucomo símbolo distintivo nas campañas militares.

No transcorrer dos séculos o traxe de combate evo-lucionou; así a armadura medieval chegou a cubrirenteiramente ó combatente, dende a cabeza ós pésrematando nun casco ou helmo que ocultaba porcompleto a faciana, facendo deste xeito moi difícil aidentificación dos contendentes. Por mor desta cir-cunstancia xurdiu a necesidade de recoñecelos dal-gún xeito, e esto acadouse mediante certos sinais oudebuxos pintados sobre o seu escudo ou ben nospropios arreos das súas cabalgaduras.

58~

Entre os séculos XIII e XIV o uso do emblema nobi-liario adquiriu a condición de carácter hereditarioempregándose como arma distintiva propia por xen-tes de diferentes condicións sociais como o mostranos seus diversos significados simbólicos representa-dos no mesmo.

Deste xeito a heráldica conqueríu a categoría derama do saber e, consecuentemente a súa represen-tación fundamentouse nunha serie de normas ouregras específicas que, con poucas variacións,séguense a utilizar na actualidade polos heraldistas.

As persoas de alto liñaxe distinguíanse polos sím-bolos da súa condición; así unha coroa real ou mar-quesal por riba do escudo indicaba a posiciónsocial do persoeiro; un helmo a distinción da súaliñaxe; ademais, en moitos casos, o escudo acompa-ñábanse doutros símbolos ou timbres que conxun-tados forman o elemento ornamental que rodeabao escudo; así poden aparecer: helmos, cimeiras,coroas, capelos eclesiásticas, cintas, follas, plumase penachos, contando ademais doutros que lleengadiron posteriormente no século XVII, comocomplementos heráldicos. Existen algúns outros

elementos distintivos que, senacadar a propia categoría deheráldicos, se forman parte dapropia ornamentación exterior,sendo estos: as divisas, lemas ouberros de guerra.

A partires do século XVII e XVIIIo número de figuras con quepoden contar o escudo aumentao que implica o seu parcelamen-to e diversa distribución apare-cendo, deste xeito, múltiples par-ticións xeométricas, cruz, sotuer,cortinado, siniestrado, flechado,adentado, etc. ademais daquelou-tras simbólicas referentes ós ofi-cios e gremios existentes naépoca.

Nº 2: Sepulcro lado Epístola

Nº 3: Sepulcro lado Epístola

Por outra banda as figuras poden ser naturais,quiméri-cas ou artificiais. Ás primeiras corresponden ós astros,seres humanos, animais e vexetais.Dentro dos animaiso máis representado soe ser o león; nas aves a aguiaexplaiada, e nos peixes, o golfiños mailos barbos e, nocaso da cidade de Ourense, aparecen as lampreas etroitas.

As principais dentro das naturais tomadas do reinovexetal son as flores,árbores mailos seus froitos.As arti-ficiais son abundantísimas pertencendo maiormente ásimboloxía da guerra, así aparecen mesturados: torres,castelos, espadas, lanzas e yelmos, namentres cas qui-méricas son derivacións da mitoloxía.

Por último non debemos de esquecer a enormeimportancia das peregrinacións a Santiago deCompostela que,sen dúbida,contribuíron a estenderenormemente o uso das veneras dentro da simbolo-xía do brasón.

Nº 5: Praza Víctor Ferro

59~

Nº 4: Praza Víctor Ferro

Nº 6: Praza Víctor Ferro

LABRAS HERÁLDICAS DE “VILANOVA DASINFANTAS”

“Vllanueva da Condesa” ou “ Vilanova das Infantas” éunha pintoresca e agradable vila medieval, situada aun quilómetro de Celanova.

Emprazada sobre un antigo castro,domina o extensoval de Bobadela asemade do seu circuito de monta-ñas, namentres que o seu poñente o sol, nun derra-deiro adeus,ocúltase tralo triangular pináculo da cer-cán citania de Castromao.

A pequena vila agrúpase en torno á torre da home-naxe, resto da antiga fortaleza medieval pertencenteó Conde de Monterrei, por herdade dos Biedna que,xa mediado o século XV, figuraba como “Torre yPalacios del Conde de Monterrei” sendo posterior-mente asolada pola revolta Irmandiña no ano 1467.

Terra fidalga pertencente ó pai de San Rosendo, onobre conde Gutiérrez Méndez, contou con conce-llo propio, asentado na torre do seu castelo, ata queno ano 1927, pasou a súa títularidade ó Concello deCelanova.

Hoxe, do seu pasado esplendo, son mudas testemu-ñas seus enterramentos así como as numerosaslabras heráldicas que, en número de 11, atópanseespalladas e asentadas nos muros das súas casasfidalgas.

A primeira delas, a situada na fachada norte da igrexade San Salvador,repítese no chan da capela fundada noano 1614,sobre os sepulcros de Cristóbal y BartoloméAraújo e o Lcdo. Juan Araujo Feijó. Nela tiñan os seussoterramentos os membros da devandita familia segun-do o testemuña a inscrición que alí figura,

“Este enterramiento es de lacasa y solar y Mayorazgode los Leones de Araujoseñores de la Capilla”

Súas armas son un escudo partido figurando no ladodestro un carballo e un león empinado ó seu tron-co, que é a simboloxía dos Montojo; no sinistro, asarmas dos Araujo, consistentes nunha torre almena-ra con tres flores de Lis; representando ós seus pésun falcón cunha perdiz entre as súas garras.

Os escudos 2 e 3, se corresponden cas laudas sepul-crais existentes sobre o propio chan da capelamaior, no lado da Epístola, e nelas se representan asinsignias heráldicas dos Enríquez e Feijó respecti-vamente.

60~

Na praza principal da vila, nomeada de Víctor Ferroconviven, en perfectamente harmonía, casas típica-mente rurais mesturadas con outras de marcadaarquitectura barroca que evidencian o seu pasadocarácter fidalgo referendado polo seus brasóns; asína nº 4, existente nunha fachada, figura unha pedraarmeira que representa, no primeiro cuartel, asarmas dos Enríquez entroncados cos Sotelo, sendo oseu distintivo unha árbore e dous lobos ou cabrasempinadas ó tronco, e a dos Puga simbolizado,neste caso, polas espullas.

A nº 5 pertence a un dos escudos máis repetidos deGalicia, os Castros. Súas armas son: seis roeles deazul postos, dous, dous e dous.

No nº 6 represéntanse diferentes compoñentesarmeiros; así nunha amalgama, de difícil interpreta-ción, aparecen mesturados entre outras as simbolo-xías dos Losada e Feijó.

Preto da torre existe unha “casa grande”, que serviu

Nº 7:Antigo Hospital

61~

noutra época como hospital.Baixo un peque-no pórtico consérvase unha interesante eantiga pedra armeira onde aparece outravariante das armas dos Enríquez e os Feijó,ademais doutras de caracter mariano.

Na torre da homenaxe luce a simboloxía dosBiedna e maila a dos seus últimos propieta-rios os Condes de Monterrei.

Por último, xa na saída do pobo cara aCelanova, atópase a derradeira pedra armeiraconstituida por unha variante máis dos Feijóe dos Araujo, en mal estado de conservación.

Cercano ó coñecido Santuario da Virxe doCristal existe, aínda que moi modificada, acasa solariega dos Rivas; nela existiron dúaspedras armeiras decoradas cos brasóns dosseus propietarios. Desgraciadamente, naactualidade, delas só queda o seu asentamen-to na parede da fachada.

Nº8:Torre Castela

Nº 9