Inmaculada 2011

Preview:

Citation preview

ESCALANTE

RIBERA MURILLO

TIOPOLI

Un gran sinal apareceu no ceo: unha MULLER vestida do sol, coa lúa

baixo os seus pés.

A INMACULADA CONCEPCIÓN

María Inmaculada non é un adorno na miña vida, é algo necesario e indispensable. Ela lévame a Xesús e ofrécemo.

María Inmaculada é o regalo mellor que Deus nos fixo. María axúdame a que eu sexa un regalo para todos.

Ti es, María, humilde serva que o ceo e a

terra non poden conter. María, que eu

aprenda a servir.

Roga por nós na hora do imperio da violencia, da ofensa á dignidade humana.

Roga por nós neste tempo no que urxe que a Palabra corra veloz e se acenda o

lume do amor.

Roga por nós e transforma o rostro desfigurado da humanidade

no rostro transfigurado de Cristo.

A Inmaculada é o triunfo da graza

divina feita misericordia. Por

Ela somos amados e vestidos da

misericordia de Deus.

María, é reflexo da luz de Deus. Que a súa imaxe se reflicta sempre no espello da miña alma.

María Inmaculada sé para min un sorriso amable, unha medicina antidepresiva e

un estímulo para a superación.

FELIZ DÍA DA INMACULADA

FERNANDO