View
8
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
HISTORIA
DUNHA
EMPRESA
Ion Ríos Rodríguez 1º Bach-B
2
ÍNDICE
1.- Inicios Páx. 3
2.- Expansión da empresa Páx. 4
3.- Outras actividades Páx. 5
4.- A empresa na actualidade Páx. 6
5.- Fontes consultadas e agradecementos Páx. 8
PRÓLOGO
Neste pequeno estudo imos descubrir unha empresa familiar que foi
evolucionando ao longo do tempo, mudando e mellorando pero
mantendo sempre presentes os principios cos que se fundou, prestar un
servizo de calidade aos seus viaxeiros e facer máis doada a
comunicación das persoas por medio das viaxes en autobús.
Son moi diferentes aqueles vehículos cos que se comezou e os actuais
pero todos eles agochan tras de sí multitude de historias e paisaxes que
viviron cos seus viaxeiros que non sempre foron exclusivamente persoas,
tamen foron animais que iban ás feiras, mais todo cambia, aqueles
autocares deixaron paso a outros máis modernos equipados cas máis
avanzas tecnoloxías (video, aire acondicionado, WC, butacas reclinables,
etc).
Agardamos que no futuro esta historia que aquí se relata poida ter
continuidade nas xeracións vindeiras.
3
1.- Inicios
Para falar dos inicios da empresa hai que remontarse aos anos 60 e
situarse nun pequeno pobo da provincia de Ourense, chamado Arnoia.
Alí dous irmáns, Fidel e
Antonia e os seus
cónxugues, Emilia e Manolo
respectivamente, posuían
un pequeno negocio de
panadería, tenda de
comestibles, servizo de taxi
e un autobús. Naquel
tempo tanto Fidel coma
Manolo facían de todo, dende conducir ata atender a tenda de
comestibles pasando por mecánicos, panadeiros... Xa antes ca eles, o
pai de Fidel, tamén chamado Fidel Martínez posuía un autobús dos que
se coñecían como “mixtos”, xa que estaban divididos en dúas partes,
unha para as persoas e outra para os animais, que eran utilizados para ir
ás feiras.
Pouco a pouco foron mercando autobuses ata acadar unha flota de seis
vehículos. A empresa chamouse Transportes Fidel Martínez.
En Arnoia tiñan un pequeno garaxe no que únicamente collían dous
autobuses, ao lado da súa casa,
pero posteriormente adquiriron en
Ribadavia unhas instalacións de
taller e garaxe, dende onde
realizaban o transporte escolar aos
colexios de Ribadavia e Crecente,
e todo tipo de servizos
4
discrecionais (excursións, funerais, desprazamentos de equipos
deportivos, viaxes internacionais con emigrantes galegos e
portugueses...).
En 1982 prodúcese un fito moi importante na historia da empresa, a
morte accidental de
Gonzalo González, un
amigo de Fidel e
Manolo que posuía
unha empresa
chamada Autos
González que despois
do acontecido uniríase
á empresa familiar de
Fidel e de Manolo.
Créase Autos González SL, da que forman parte do accionariado a viuva
de Gonzalo e os cuñados Fidel e Manolo entre outros, a empresa conta
xa con 20 autobuses.
2.- Expansión da empresa
Anos despois de fundar Autos González SL adquírese a empresa
Autocares González SL propiedade de Modesto González, irmán do
defunto Gonzalo González,
antigo propietario de Autos
González.
No ano 2001 a empresa
desembarca na área de
Vigo adquirindo dúas
pequenas empresas:
5
• Autocares Barreiro: empresa adicada á prestación de servizos
discrecionais, posuía tamén a concesión da liña Redondela-Vilar e
algunhas rutas do IES Pedro Floriani de Redondela. Era unha
empresa colaboradora de Autocars Juliá de Barcelona para a cal
realizaba numerosos circuitos por España e Europa.
• REVIA: O seu nome completo era Redondela-Vigo de Autocares
SL, estaba situada no municipio de Redondela e adicábase
principalmente a cubrir a ruta entre Redondela e Vigo, ruta que na
actualidade é unha das máis importantes da empresa.
3.- Outras actividades
Dende o ano 1986 Autos González é propietaria da firma Viaxes
Compostela, unha axencia de viaxes
fundada en Santiago de Compostela
pero que foi trasladada a Ourense
polos novos propietarios para que
servira de apoio e complemento á
actividade do transporte. Ademáis da súa actividade como axencia típica
de viaxes, créase un departamento especializado na organización de
Viaxes de Grupos (deportivos, culturais, escolares, etc).
No ano 2002 amplíase a
actividade ao alugueiro de
vehículos de luxo con condutor
especialmente pensados para
servizos de bodas, traslados
VIP a aeroportos e toda clase
6
de desprazamentos de alto nivel, como pode ser tamén o traslado de
directivos importantes de empresas ou artistas de renome.
Dentro desta rama da empresa posúense vehículos moi prestixiosos
como poden ser un Rolls-Royce, un Daimler Benz Limousine, dous
Mercedes Clase S e duas monovolúmenes Mercedes Viano entre outros,
todos eles equipados cas máis altas prestacións.
4.- A empresa na actualidade.
Autos González SL dedícase principalmente á prestación de servizos de
transporte de viaxeiros por
estrada, de caracter regular e
discrecional, prestando principal
atención neste último para
ofrecer aos seus clientes un
elevado nivel de confort e
seguridade. A súa principal
zona de influencia son as
provincias de Ourense e Pontevedra aínda que non é de extrañar
atoparse cun autocar da empresa polo resto de España e incluso de
Europa.
Na actualidade posúe unha flota formada por medio cento de autocares e
unha decena de turismos, todos eles das mellores marcas do mercado
(Mercedes Benz, Setra, Irizar, etc) ofrecendo os máis avanzados
sistemas de seguridade e comodidade para o cliente, tal e como avalan
os certificados de calidade BUREAU BERITAS ISO 14001 e ISO 9001
concedidos á empresa.
7
En servizos regulares posúe entre outras a liña Redondela-Vigo,
Fornelos-Vigo, Castelo de Soutomaior-
CUVI, Ribadavia-Pazos e Ourense-A
Ponte entre outras. Tamén realiza
transporte escolar aos institutos Pedro
Floriani e Mendiño de Redondela e ao
IES de Ribadavia entre outros.
O Clube Deportivo Ourense deposita a confianza nos seus traslados
nesta empresa, ao igual que o Pabellón Club de Fútbol, debido á
profesionalidade de todo o seu equipo humano.
Autos González participa tamén na sociedade GALISUIS, empresa de
transporte con domicilio en Ourense que se dedica á realización da ruta
internacional entre Galicia e Suiza.
Actualmente un dos fundadores, Fidel, é o presidente do Consello de
Administración e o outro fundador, Manolo, o vogal e o responsable do
taller. A continuidade da empresa está asegurada grazas á segunda
xeración que leva anos traballando, por exemplo levando adiante a base
de Vigo.
Aquí pode verse reflectido o afán emprendedor dalgunhas persoas que
son capaces de facer que de pouco ou nada surxa unha gran empresa
como o que actualmente é o Grupo Autos González, formado por Autos
González SL, Autocares González SL e Viaxes Compostela SA entre
outras sociedades.
8
5.- Fontes consultadas e agradecementos.
A realización deste traballo non sería posible sen a colaboración
desinteresada de Autos González SL en xeral e en especial de Basilio
Iglesias, xefe de tráfico na base de Vigo que contactou cos que coñecían
estes datos e tamén de Antonio, membro do Consello de Administración
da empresa, que facilitou o coñecemento da historia, así como algunhas
das fotografías aquí recollidas.
Recommended