View
231
Download
3
Category
Preview:
DESCRIPTION
Fichas de form. de usuarios para o 1º ciclo de primaria do ceip de Louro
Citation preview
ACTIVIDADES
FORMACIÓN DE
USUARIOS
C.E.I.P. de Louro
Diccionarios e enciclopedias
Pensar e coñecerse
A natureza Baleiro
Curar,
fabricar
Crear,
divertirse
Ler, falar
Os países e
O pasado
Rezar
1º CICLO
Obxectivos
- Estudar as fontes de información.
- Presentar a distinta función dos dous grandes grupos de libros,
ficción e coñecemento, e a súa ubicación na biblioteca.
- Distinguir o tratamento temático en libros de ficción e nos
documentais.
- Buscar a información.
- Recoñecer os rasgos formais dos libros, coleccións e a súa
variedade.
- Identificar o título e o autor nas obras de ficción.
- Identificar o autor e o ilustrador, e distinguir as súas diferentes
funcións.
- Utilizar os materiais.
- Iniciar o hábito do préstamo individual dentro da biblioteca.
Actividades
♦ Actividade introductoria.
Daranse a coñecer as normas de comportamento na biblioteca: falar
en voz baixa, utilizar os lugares asignados para eles, coidado dos
libros, devolver o libro ao andel correspondente,… procurando crear
un ambiente agradable e distendido.
Xogo do semáforo
♦ Conto das preguntas de Uxío.
A partir da lectura dun conto, familiarizar aos alumnos/as co sistema
de ordenación dos materiais nunha biblioteca tendo en conta a
función dos mesmos: lectura e información.
Na visita á biblioteca reseñarase a utilización de cores para
clasificar os libros (a roda das cores).
♦ Quen e que (ficha 1).
Trátase de que o alumnado distinga, a partir de mostras
adecuadamente seleccionadas o/a autor/a ou os/as autores/as, o
título da obra e de qué trata.
♦ Comparar e diferenciar textos de ficción e documentais a partir
dunha fotomontaxe feita cos dous tipos de textos (ficha 2).
♦ Cada rapaz ou rapaza deberá anotar na súa tarxeta de préstamo o
título, autor/a e unha valoración dos libros lidos (ficha 3:Tarxeta
do/a alumno/a).
♦ Carné de identidade dun libro (ficha 4)
A partir de varias cubertas de libros saber recoñecer os distintos
elementos que identifican un libro: título, autor/a, ilustrador/a,
colección e editorial.
♦ ¿Como son os libros? (ficha 5)
Explicaremos as partes dun libro e onde se atopan os datos máis
importantes.
As partes do libro que deben coñecer no primero ciclo de Primaria
son:
Cuberta, lombo, autor/a, ilustrador/a, título, editorial, colección.
“O semáforo”
Destinatarios/as:
Infantil, 1º e 2º ciclos de Primaria
Obxectivos:
- Experimentar a biblioteca como lugar máxico de encontro cos libros e
co resto da comunidade educativa.
- Establecer un primeiro contacto co seu amigo “o libro”, de xeito
lúdico.
- Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter
na biblioteca.
- Recoñecer a biblioteca como un lugar onde se pode buscar
información.
Material:
Círculos de cartulina verdes e vermellos (un de cada cor para cada
alumno/a)
Desenvolvemento:
Comezamos cun diálogo sobre como debe ser o comportamento
na biblioteca e como se deben tratar os libros. Aclararemos todas as
dúbidas que xurdan.
Repartimos un círculo de cartulina verde e outro vermello a cada
un dos nenos e nenas e explicamos o seu uso: os verdes para os
comportamentos correctos e os vermellos para os incorrectos.
Insistirase en gardar silencio: só se levantará a cartulina. Accións
de comportamento correcto (positivas = cartulina verde) e incorrecto
(negativas = cartulina vermella).
Díselles, de xeito mesturado, as seguintes frases e deben levantar
o círculo verde ou o vermello segundo crean que se debe facer o non.
Se se considera oportuno se poden comentar as accións.
ACCIÓNS POSITIVAS
mirar as pastas
ver os debuxos
pasar con coidado as follas
deixarllo a un amigo
pedirlle a alguén que mo lea
gardalo no seu sitio
forrar os libros
facer un debuxo sobre o libro
devolver o libro que me prestan
falar moi baixiño na biblioteca
mover con coidado as sillas
pedir que alguén coloque o libro
non remexer todos os libros
ACCIÓNS NEGATIVAS
doblar os libros
facer raias e debuxos nos libros
arrincar unha folla
recortar un debuxo dun libro
quitar o forro
coller un libro cando estou comendo
tiralos ao chan
mollalos
meter o bocadillo dentro dun libro
deixar os libros remexidos con outras cousas
dar gritos na biblioteca
pelexarme cun compañeiro/a para quitarllo
comer na biblioteca
Duración e temporalización:
30-40 min. 1º trimestre do curso.
As preguntas de Uxío La
s preguntas de Uxío
Uxío tiña seis anos e encantábanlle os golfiños. Pasábase o día
debuxando golfiños: golfiños que nadaban, golfiños que saltaban por
enriba da auga, golfiños que xogaban á pelota... Como os golfiños lle
interesaban tanto, falaba deles continuamente.
Á súa nai, mentras tendía a roupa:
- Mamá, ¿ti sabes cantos anos viven os golfiños? – preguntaba Uxío.
- ¡Ai, fillo! Agora non o sei. Logo, en canto teña un momento,
mirámolo na enciclopedia, a ver se está.
Tamén o intentaba co seu pai que fritía o peixe:
- Papá, ¿como é que os golfiños falan? ¿E como o fan?, ¿coma nós?
–preguntaba Uxío.
- Non, Uxío, coma nós non. É outra linguaxe, con sons. Anda, sal da
cociña que non te salpique o aceite. Despois, en canto teña un
momento, mirámolo no libro de animais que temos, a ver se está.
E Uxío saía da cociña e se sentaba a escribir unha lista de
preguntas sen resposta. Nin o pai nin a nai tiñan un momento para
axudalo a saber que dicían os libros sobre os golfiños.
Uxío tiña unha tía que o quería moito, a tía Rosalía. Cando Uxío
cumpliu sete anos, a tía Rosalía fíxolle un regalo.
- ¡Felicidades, Uxío! –dixo a tía Rosalía–. Tróuxenche un libro de
golfiños.
- ¡Un libro de golfiños! ¡Yuuppii! –exclamou Uxío–. Moitas grazas, tía,
encántame.
E se foi á súa habitación a lelo de cabo a rabo. O libro titulábase
O golfiño Berlín. Era a historia dun golfiño chamado Berlín moi amigo
de un neno; o neno axudábao a atopar á súa nai porque o golfiño se
perdera. Era unha historia moi bonita.
Pero Uxío colleu a súa lista de preguntas sobre os golfiños e
resultou que o libro da tía Rosalía non respondía a ningunha.
- Os libros non serven para nada –pensou–. Non explican as cousas
que me interesan. ¡Que birria!
E, moi enfadado, tirou o libro ao chan. Entón oeuse unha
vocecita que berraba:
- ¡Ai, ai! Ti, rapaz, ¿que te cres?
A voceciña saía do libro. Uxío abreuno; era Berlín que falaba:
- ¡Fixéchesme dano! ¿Que maneira de tratar os libros é esta?
Danáchesme a cuberta. ¡Un pouco máis de respecto ao meu libro, por
favor! É a miña casa, este libro.
- Síntoo, eu non cría que... –intentou excusarse Uxío–.
- Non importa, xa está feito–respondeu o golfiño–. Pero ¿se pode
saber a que vén tanto mal humor? ¿Por que estabas tan enfadado
co meu libro?
- Perdóname; enfadeime porque no teu libro non saen as cousas que
eu quero saber.
- ¡Ah! ¿Así que non te interesou a miña historia?
- Non é eso.
- ¿Non te gustan os debuxos? ¿Parézote feo?
- Non, non –dixo Uxío–, parécesme moi cuquiño. Pero o teu libro non
explica o que eu quero saber dos golfiños.
E leulle a súa lista de preguntas de cabo a rabo. Berlín despois
de escoitalo díxolle:
- Compréndoo. Estas cousas non se explican no meu libro porque non
fai falla. Pero non digas que os libros non serven para nada: o que
pasa é que te equivocaches de libro.
- ¿Que queres dicir?
- Mira, hai libros que explican historias inventadas, como o meu; e
hai outros que explican cousas de verdade: son os que serven para
saber cousas.
- ¿E que libros son estes? ¿Onde están? –preguntou Uxío.
- Mañán, ao saír do colexio, vai á biblioteca. Mira entre os libros que
teñen un adhesivo de cor verde na parte de arriba do lombo; seguro
que alí encontrarás alguén da miña familia que poderá axudarte.
Dille que te mando eu.
Ao día seguinte, Uxío foise á biblioteca. Había libros con
adhesivos de distintas cores: rosa, verde, vermella, marrón, laranxa,
azul, … Uxío púxose a buscar entre os títulos, cando deu coa balea
Lena.
- Veño de parte de Berlín –dixo Uxío.
- ¡Vaia, o meu curmán! ¡lAlégrome! –exclamou Lena moi contenta–.
¿Que fai? ¿Como está?
- Moi ben. Díxome que aquí na biblioteca me axudaríades a atopar
libros que explican as cousas.
- Claro que si. Dime que cousas queres saber.
- Quero sabelo todo dos golfiños.
- ¡Esto é moi sinxelol –dixo Lena–. Fíxate ben nos andeis, teñen
diferentes nomes, números, debuxos,… Tes que buscar o andel
onde haxa un cartel co debuxo dun animal. Se segues fixándote
máis decataraste de que todos os libros que alí están teñen no
lombo o número 59. Alí atoparás os que falan de golfiños.
Uxío empezou a mirar os andeis e a fixarse ben. Decatouse de
que xusto onde estaba había un cartel onde poñía: 59 ANIMAIS.
Todos os libros de aquel andel tiñan escrito no lombo a cifra 59.
¡Serían os libros que dixera Lena!
Non lle custou moito dar con un de golfiños.
- ¡Xa o teño! –pensou.
Sentouse e empezou a mirar: era un libro con debuxos e fotos
que explicaba todas, todas as cousas que Uxío quería saber.
Aquela tarde Uxío pasouna lendo na biblioteca. Cando terminou,
xunto á lista de preguntas tiña outra de respostas.
Ficha 1: Título, autor/a e contido dun libro
1. Marca en azul o nome dos 4. Marca en azul o nome dos
autores. autores.
2. Marca en vermello o título do 5. Marca en vermello o do
libro. título do libro.
3. ¿De que pode tratar este libro? 6. ¿De que te parece que
trata este libro?
7. Marca en azul o nome dos 10. Marca en azul o nome
autores. dos autores.
8. Marca en vermello o título 11. Marca en vermello o
do libro. título do libro.
9. ¿De que te parece que trata 12. ¿De que te parece que
este libro? trata este libro?
Ficha 2: Texto expositivo e texto de ficción
Texto expositivo Texto de ficción
a
Ficha 3: Tarxeta do/a alumno/a Alumno/a: Curso:
Título Autor/a Opinión
Ficha 4: Carné de identidade dun libro
Un libro identifícase polo seu título e o seu autor ou
autora, pero tamén pola súa editorial e a colección. Nesta
imaxe podes ver onde se poden atopar estas indicacións.
Colección
Autor
Título
Ilustrador
Editorial
Agora imos imaxinar o carné de identidade do libro. Enche os
datos que faltan mirando a imaxe.
Autor/a Ilustrador/a Título Editorial Colección
Ficha 4: Carné de identidade dun libro
Nesta imaxe da portada dun libro, indica nas frechas
correpondentes, que información corresponde a:
o autor ou a autora o título a editorial a colección o ilustrador ou a ilustradora
Ficha 5: As partes do libro
Agora que xa sabes cales son os elementos que nos axudan
a identificar os libros, imos ver en que partes do libro soen
atoparse.
cuberta
portada
lombo
Colle un libro da biblioteca e indica no cadro adxunto en que
parte do libro podes atopar estes elementos identificativos
lombo cuberta portada
Título
Autor/a
Ilustrador/a
Colección
editorial
Recommended