View
217
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
GU
ÍAS
DE
AX
UD
A D
A
SED
E E
LE
CT
RÓ
NIC
A D
A
XU
NT
A D
E G
AL
ICIA
Manual de instalación
AUTOFIRMA
P
áxin
a 2
de
20
Contenido
1. INTRODUCCIÓN ............................................................................................................................. 3
2. REQUISITOS MÍNIMOS .................................................................................................................. 4
3. INSTALACIÓN ................................................................................................................................. 5
3.1. Microsoft Windows ................................................................................................................. 5
3.1.1. Desinstalación Windows ..................................................................................................... 9
3.2. Linux ...................................................................................................................................... 12
3.2.1. Desinstalación Linux .......................................................................................................... 13
3.3. Mac OS X................................................................................................................................ 14
3.3.1. Desinstalación Mac OS X ................................................................................................... 14
4. PROBLEMAS COÑECIDOS ........................................................................................................... 15
4.1. Ao instalar AutoFirma falla a instalación dos certificados de confianza SSL ......................... 15
4.2. Ao instalar AutoFirma móstrase o error de que no se puido abrir un arquivo para escritura
15
4.3. Cando se instala Mozilla Firefox ou se crea un novo perfil de usuario despois da instalación
de AutoFirma, este non funciona ...................................................................................................... 15
4.4. Ao empregar AutoFirma nun trámite web en Windows con un usuario distinto ao que o
instalou, non se abre o diálogo de selección de certificados ............................................................ 16
P
áxin
a 3
de
20
1. INTRODUCCIÓN
AutoFirma é unha ferramenta de escritorio con interface gráfica que permite a execución de
operacións de sinatura de ficheiros locais en contornas de escritorio (Windows, Linux e Mac
OS X). Tamén pode empregarse a través de consola ou ser invocada por outras aplicacións
mediante protocolo para a execución de operacións de sinatura.
AutoFirma fai uso das claves privadas asociadas aos certificados do usuario e non permite
que estes saían en ningún momento do almacén (tarxeta, dispositivo USB ou navegador)
localizado no seu PC.
AutoFirma non almacena ningún tipo de información persoal do usuario, nin fai uso de
cookies nin ningún outro mecanismo para a xestión de datos de sesión. AutoFirma si
almacena trazas da súa última execución a efectos de ofrecer soporte ao usuario no caso de
atopar algún erro. Estas trazas de execución non conteñen ningún tipo de información
persoal e a aplicación non facilita de ningunha forma o acceso a estes datos almacenados.
P
áxin
a 4
de
20
2. REQUISITOS MÍNIMOS
A integración con AutoFirma, cando non se dispón no cliente dunha contorna de execución
de Applets de Java integrado no navegador, ten os seguintes requirimentos:
• Sistema Operativo:
o Microsoft Windows 7 ou superior.
� Soportado directamente en 7, 8, 8.1 y 10.
� En 32 ou 64 bits.
o Apple OS X 10.11 ou superior.
� Soportado directamente en 10.11 e 10.11.1.
o Linux.
� Ubuntu, Guadalinex.
• Navegadores Web:
o Microsoft Windows:
� Google Chrome 46 ou superior.
� Mozilla Firefox 41.0.1 ou superior.
� Microsoft Internet Explorer 11 ou 8 (para Windows XP SP3).
o Linux:
� Mozilla Firefox 41.0.1 ou superior.
o Apple OS X:
� Apple Safari 9.0 ou superior.
P
áxin
a 5
de
20
3. INSTALACIÓN
3.1. Microsoft Windows A instalación de AutoFirma en Windows require da execución por parte dun usuario con
permisos de administrador.
AutoFirma é compatible con Windows 7 ou superior en 32 e 64 bits (x86 o x64). Unha vez
instalada, pode usarse desde practicamente calquera navegador Web:
• Microsoft Internet Explorer 11, Google Chrome 46 o superior e Mozilla Firefox 41.0.2
ou superior:
o Compatibilidade completa.
• Outros navegadores (Microsoft Edge, Apple Safari, Opera, etc.).
o Non está comprobada a compatibilidade con estes navegadores.
A instalación é un sinxelo asistente cos seguintes pasos:
P
áxin
a 6
de
20
Neste punto o usuario debe aceptar o acordo de licenza da aplicación.
O usuario pode neste paso cambiar o directorio de instalación por defecto.
P
áxin
a 7
de
20
O proceso de instalación extrae e copia os ficheiros necesarios.
Tras a instalación, o programa necesita instalar un certificado SSL como de confianza para a
aplicación local (IP 127.0.0.1), para o que se lle pide permiso. É obrigatorio que o usuario
conceda este permiso.
P
áxin
a 8
de
20
Cando o asistente termina, a instalación finalizou, e as aplicacións Web configuradas para o
MiniApplet Cliente @firma poderán funcionar tamén con AutoFirma en ausencia dunha
contorna de execución de Java no navegador.
P
áxin
a 9
de
20
3.1.1. Desinstalación Windows
A desinstalación do programa pode facerse, como é habitual en Windows, desde o apartado
“Programas e características” do “Panel de control” do sistema operativo (sempre por parte
dun usuario con permisos de administrador):
Una vez lanzado, o desinstalador presenta un sinxelo asistente:
P
áxin
a 1
0 d
e 2
0
O desinstalador mostra o proceso de desinstalación da aplicación.
P
áxin
a 1
1 d
e 2
0
Ao finalizar o proceso, pídese permiso ao usuario para eliminar o certificado que se engadiu
durante a instalación.
Cando o proceso finaliza, a aplicación está correctamente desinstalada de Windows.
P
áxin
a 1
2 d
e 2
0
3.2. Linux Distribúense dúas versións de AutoFirma para Linux:
• AutoFirma_OpenJDKX.Y.Z.deb: Ten como dependencia OpenJDK.
• AutoFirma_OracleX.Y.Z.deb: Ten como dependencia OracleJDK.
A instalación de AutoFirma en Linux require da execución por parte dun usuario con
permisos de administrador.
AutoFirma é compatible con Ubuntu 32 e 64 bits (x86 ou x64). Unha vez instalada, só pode
usarse co navegador web Mozilla Firefox.
Hai dúas opcións de instalación:
• Por línea de comandos: Mediante o comando:
sudo dpkg –i RUTA_INSTALABLE_AUTOFIRMA
Onde RUTA_INSTALABLE_AUTOFIRMA é a ruta ao ficheiro de instalación,
AutoFirma_OpenJDK1.4.2.deb ou AutoFirma_Oracle1.4.2.deb en función da
distribución escollida.
• Mediante o asistente de instalación de paquetes de Ubuntu.
Débese facer dobre clic no ficheiro da distribución a instalar. Abrirase unha xanela
similar á seguinte:
Débese pulsar o botón instalar, que se atopa arriba á dereita. Se non se teñen
permisos de administración, o sistema solicitará a clave de superusuario para poder
realizar a instalación.
P
áxin
a 1
3 d
e 2
0
Se non ocorre ningún problema, mostrarase unha mensaxe de confirmación.
3.2.1. Desinstalación Linux
Para realizar a desinstalación do sistema deberase escribir por consola en liña de comandos
o seguinte comando.
sudo apt-get remove –-purge autofirma
Cando o proceso termina, a aplicación está correctamente desinstalada do sistema.
P
áxin
a 1
4 d
e 2
0
3.3. Mac OS X A instalación de AutoFirma en Mac OS X require da execución por parte dun usuario con
permisos de administrador.
AutoFirma é compatible coas versións Mavericks, Yosemite e El Capitán. O navegador
compatible é Apple Safari.
Débese facer dobre clic sobre o ficheiro de instalación. O sistema abrirá un asistente que se
encargará de realizar os pasos a seguir para a correcta instalación da aplicación.
3.3.1. Desinstalación Mac OS X
Para desinstalar a aplicación basta con eliminar a carpeta que se xerou no directorio
/Applications.
P
áxin
a 1
5 d
e 2
0
4. PROBLEMAS COÑECIDOS
4.1. Ao instalar AutoFirma falla a instalación dos certificados de confianza SSL
AutoFirma require permisos de administrador para ser instalado e para inserir o certificado
de confianza SSL para o funcionamento da firma nos trámites online.
Se non ten ditos permisos, solicite ao administrador do seu sistema que realice a instalación
da aplicación.
4.2. Ao instalar AutoFirma móstrase o error de que no se puido abrir un arquivo para escritura
É posible que durante a instalación se lle mostre un erro como o que segue:
Se xa tiña instalado AutoFirma, comprobe que este non se está executando, en cuxo caso o
instalador non poderá sobrescribir os ficheiros de instalación. Peche AutoFirma e prema o
botón reintentar.
Se AutoFirma non se está executando, é posible que o arquivo en cuestión se atope
bloqueado por unha execución ou intento de instalación previo. Reinicie o seu equipo e
probe a instalar novamente a aplicación.
4.3. Cando se instala Mozilla Firefox ou se crea un novo perfil de usuario despois da instalación de AutoFirma, este non funciona
Durante a instalación de AutoFirma, este xera un certificado para a comunicación entre a
páxina web e a aplicación e instálao nos almacéns de confianza do sistema e de Firefox. Se se
crea un novo perfil de usuario de Firefox ou se instala o propio Firefox despois da instalación
de AutoFirma, este non contará co certificado entre os que considera de confianza.
Para resolver este problema deberá desinstalar AutoFirma e volvelo a instalar. Teña en
conta, sen embargo, que isto implicará que se perda a configuración personalizada
establecida en AutoFirma.
P
áxin
a 1
6 d
e 2
0
4.4. Ao empregar AutoFirma nun trámite web en Windows con un usuario distinto ao que o instalou, non se abre o diálogo de selección de certificados
A versión 1.4.2 de AutoFirma Windows instala os certificados de confianza SSL unicamente
para o usuario que instalou a aplicación. Por ese motivo o resto de usuarios non poden
empregar AutoFirma para executar as operacións de firma dentro de trámites online.
Pódese habilitar manualmente o uso de AutoFirma para o resto de usuarios nos navegadores
Internet Explorer e Google Chrome. Para isto, será necesario instalar como autoridade raíz
de confianza o certificado xerado durante a instalación.
O ficheiro do certificado chámase “autofirma.cer” e pode atoparse no subdirectorio
“AutoFirma” dentro do directorio no que instalou AutoFirma. Por defecto:
• C:\Program Files (x86)\AutoFirma (En equipos de 64 bits)
• C:\Program Files\AutoFirma (En equipos de 32 bits)
Para instalalo, faremos dobre clic sobre este certificado:
A continuación, pulsaremos o botón “Instalar certificado…”.
P
áxin
a 1
7 d
e 2
0
Seleccionaremos a opción “Colocar todos los certificados en el siguiente almacén” e
pulsaremos o botón “Examinar…”.
P
áxin
a 1
8 d
e 2
0
Seleccionaremos o almacén “Entidades de certificación raíz de confianza” e pulsaremos
“Aceptar”.
Pulsaremos o botón “Siguiente >” unha vez seleccionamos o almacén ao que importar o
certificado.
P
áxin
a 1
9 d
e 2
0
Premeremos no botón “Finalizar” da nova xanela.
No diálogo de seguridade que se nos mostra, confirmaremos que desexamos confiar neste
certificado pulsando o botón “Sí”.
Finalmente, mostrarásenos o resultado de importar o certificado.
P
áxin
a 2
0 d
e 2
0
Se o proceso finalizou correctamente, agora poderemos realizar trámites con este usuario
desde os navegadores Internet Explorer e Google Chrome.
Recommended