View
12
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
HOMENAXE
DO
CONSELLO
DA CULTURA GALEGA
MMXVII
AS LARANXAS MÁIS LARANXASDE TODAS AS LARANXAS
CARLOS CASARES
Capa Libro 2017_166C_Capa estudo.qxd 05/04/17 11:04 Página 1
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 2
AS LARANXAS MÁIS LARANXASDE TODAS AS LARANXAS
CARLOS CASARES
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 3
ISBN
978-84-92923-84-7
DEPÓSITO LEGAL
C 480-2017
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 4
LIMIAR
POR
RAMÓN VILLARES
Presidente do
Consello da Cultura Galega
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 5
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 6
Un neno grande que escribe para nenospequenos
A figura de Carlos Casares foi a
escolleita pola Real Academia Galega
(RAG) para celebrar o Día das Letras
Galegas deste ano 2017 Foi unha
proposta amplamente apoiada pola maioría dos
membros da institución e nesta decisión debeu
pesar a densa e poliédrica obra literaria, escrita
baixo moi diferentes rexistros, por quen foi un dos
máis novos membros, no seu tempo, da RAG
Alén de académico, director da editorial Galaxia
e parlamentario independente na primeira
lexislatura autonómica, Casares foi esencial-
mente un escritor e colaborador estable nas
páxinas dos xornais, nomeadamente en La Voz
de Galicia As súas obras narrativas máis
coñecidas, desde Vento ferido (1967) ata O sol de
verán (2002), enmarcan cronoloxicamente un
monllo de libros que fixeron de Casares un
autor xa consagrado en vida no sistema literario
galego, tanto no campo da narrativa adulta
7
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 7
como no da literatura infantil, no que tamén
chegou a publicar (ou traducir para o galego)
unha ducia de títulos
As súas colaboracións xornalísticas, desde «A
ledicia de ler» ata «Á marxe», conectaron o críti-
co literario e o observador diario do mundo en
que vivía con milleiros de lectores que fixeron
de Casares un escritor mesmo popular Malia
desempeñar varios oficios durante a súa vida
(profesor, parlamentario, editor e xestor cultu-
ral), a actividade esencial de Casares foi a de
escritor ou, mellor dito, a de narrador Como
el ten dito moitas veces, cando quería dicir unha
cousa, decidía facelo en forma de narración, fose
unha obra de ficción ou fose incluso un ensaio e,
por veces, tamén un artigo de prensa Era
unha forma máis emotiva que racional de cons-
truír o seu discurso, ao preferir que a obra lite-
raria lle permitise ao lector gozar coa escrita e
non sentirse abafado por ideas ou consignas que
golpeasen as súas conciencias
* * *
A biografía de Carlos Casares é relativamente
ben coñecida, tanto polos pousos autobiográfi-
8
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 8
cos que se encontran en varias das súas obras
maiores, como a través de entrevistas e, de modo
sistemático, nas referencias que aquí e acolá foi
deixando nos milleiros de artigos de xornal que
escribiu durante toda a súa vida O mundo da
infancia nas terras de Beiro ou da Limia, a cidade
de Ourense da primeira mocidade, logo as cida-
des de Santiago e Vigo e, desde os anos setenta,
o mundo enteiro que comezou a coñecer por
viaxes familiares e profesionais constitúen a
materia prima dos seus relatos e artigos de xor-
nal Un texto que resume cabalmente a súa
posición sobre a literatura e, mesmo, sobre a
política son os artigos escritos poucos anos antes
da súa morte, con ocasión da magnífica expe-
riencia que foi aquela viaxe en tren por media
Europa dun cento de escritores das máis varia-
das linguas e nacionalidades, agora editado co
título de O Expreso da literatura polo seu bió-
grafo H. Monteagudo Un Orient express da
literatura europea, no que cadaquén entrou can-
gado polas súas pantasmas e xenreiras pero no
que se acabou admitindo que a literatura e
incluso unha lingua franca como o inglés podían
ser os mellores vieiros para entender a diversi-
9
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 9
dade cultural dun continente tan plural como
condenado a se entender internamente
Pero aínda na súa fecunda madurez, o escri-
tor Casares nunca deixou de ser aquel neno
medrado nunha infancia feliz, de contacto coa
natureza, vida familiar e de casas reitorais Os
seus comezos como escritor estiveron vincula-
dos, coma moitos dos seus coetáneos, por certa
anguria existencial, moitas pingas de crise reli-
xiosa e unha decisión explícita de construír un
universo literario na lingua propia de Galicia
Como lle aconteceu a outros autores galegos, tal
que Otero Pedrayo, as súas primeiras achegas
literarias foron algo así como unha «voce na
néboa» que anda á procura da luz do día Poida
que teña sentido a metáfora que o mestre Otero,
mantedor das Festas Minervais do ano 1963,
dedica a aquel rapaz limiao ao que definiu como
«un castro envuelto en soledad»
Na súa vida de escritor adulto e maduro
Casares tivo, non obstante, pouco de soidade e
menos de dependencia do mandato da historia
representado por un castro El non foi un
escritor de cenáculo nin de prosa requintada,
nin tampouco un militante das modas literarias
10
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 10
do realismo social e do intelectual «engagé»,
tan en voga nos seus tempos A súa aposta
literaria e intelectual foi moito máis aberta e
transversal Procurou desde o principio da
súa carreira como escritor combinar a plastici-
dade da escrita cun dominio aparentemente
sinxelo da lingua Unha escrita pensada e tra-
ballada, na que o lector está sempre na primei-
ra das súas preocupacións Casares tivo, ade-
mais, unha importante dimensión de escritor e
de intelectual na praza pública, que foi quen de
conectar cos lectores desde unha posición fun-
dada en principios morais moi constantes: anti-
dogmatismo, galeguismo de natureza socialde-
mócrata, escepticismo vital e, malia todo, unha
gran confianza nos individuos e na súa capaci-
dade para superar a intolerancia e, mesmo, a
violencia No fondo, acreditaba na responsabi-
lidade do intelectual como guieiro da sociedade,
pero fundada nas ideas, na práctica da toleran-
cia e da comprensión do outro, e non na forza
dun suxeito colectivo ou corporativo, que nunca
deixa que o individuo se equivoque Unha
frase súa resume ben esta posición intelectual
e vital: «todo o mundo coida ter a verdade no
11
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 11
peto Eu non teño ningunha» Nada máis
lonxe do dirixismo paternalista ou do mesianis-
mo oportunista
* * *
Como é sabido, Casares foi tamén presidente
do Consello da Cultura Galega desde 1996 ata a
súa repentina morte en 2002 Nesta institución
deixou algunhas pegadas decisivas, como foi o
reforzamento das conexións exteriores da cultu-
ra galega e unha aposta decidida polo emprego
das novas tecnoloxías, incluída a aparición do
portal culturagalega.org, unha plataforma xa
veterana no panorama do xornalismo cultural
de Galicia
Cada ano, a modo de homenaxe á figura que
centra o Día das Letras Galegas, o Consello pro-
move unha edición non venal dunha obra repre-
sentativa do autor Neste caso, escollemos
unha obra de literatura infantil, As laranxas
máis laranxas de todas as laranxas, gañadora
do premio convocado pola Asociación O Facho
en 1973 Pareceunos a mellor maneira de
combinar a importancia da infancia na escrita
12
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 12
13
total de Casares coa vontade, case militante, de
escribir para nenos pequenos Unha escrita
que, con todo, non cae no vicio do paternalismo
e da mensaxe moralizante Tamén neste caso,
Casares escribe para lograr satisfacción e lecer
no lector, no que a mensaxe implícita é o empre-
go da lingua galega, o que xa non é pouco
Ademais de ser unha obra ben representativa
do seu perfil de escritor da hoxe chamada LIX
ou «literatura infantoxuvenil», a xestación e pro-
moción deste texto están moi vinculadas co teci-
do asociativo cultural que floreceu en Galicia
nos anos sesenta e setenta e, como broche final,
conta con ilustracións orixinais de Luís Seoane,
algunhas delas pensadas como deseños esceno-
gráficos para a representación da obra, que,
ademais, tivo lugar na primeira Mostra do
Teatro de Ribadavia, en 1973 As ilustracións
de Seoane son reproducidas nesta edición de
forma independente do texto, como fixemos
con motivo da edición en 2015 da obra Os
nenos, de X. Filgueira Valverde, tamén nesta
mesma colección
A obra reúne, a xuízo do amplo estudo intro-
dutorio realizado pola profesora Montse Pena,
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 13
14
o mellor da tradición literaria galega coa deci-
sión do autor de «escribir para o futuro» da lin-
gua Desa tradición galega este texto herda o
sentido teatral e mesmo popular que procede do
teatro ambulante (do estilo de Barriga Verde) e
das representacións periódicas que se organiza-
ban con ocasión das festas do Antroido e as
grandes regueifas populares Pero, ao tempo,
nestas Laranxas casarianas están presentes o
humor, a fantasía, a imaxinación e incluso o
absurdo, que tan queridos eran para autores tan
distantes como Castelao ou Cunqueiro
Porén, para Casares non se trataba só de conec-
tar con esta tradición literaria popular A súa
aposta pola literatura infanto-xuvenil ten un
evidente trazo de militancia cultural, desde a
conexión co asociacionismo da época ata a
convicción de que era preciso asegurar un por-
vir para a lingua galega desde os seus primei-
ros lectores Se o primeiro manual de historia
de Galicia escrito por Murguía nos primordios do
Rexurdimento foi La primera luz, o cultivo da LIX
pola xeración que, na segunda metade do sécu-
lo pasado, logrou asentar un sistema literario
galego na súa propia lingua constitúe talvez o
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 14
15
logro máis eficaz e de maior repercusión para o
futuro da historia da literatura galega máis
recente E, nesta orientación literaria, o escri-
tor Casares foi claramente un pioneiro, con textos
tan emblemáticos como este das Laranxas ou o
máis popular da Galiña azul
* * *
Unhas breves palabras de remate para agrade-
cer o traballo e dispoñibilidade de varias persoas
que colaboraron nesta edición En primeiro
termo, á familia de Carlos Casares e á fundación
que leva o seu nome, por nos permitir reeditar en
edición non venal esta peza singular do seu cor-
pus literario Tamén debo agradecer o traballo
de edición que, co seu proverbial coidado, levou a
cabo Begoña Tajes, responsable de publicacións
do Consello O texto de Casares vai precedido,
como xa se dixo, dun estudo específico realizado
por Montse Pena, que arrequece claramente esta
edición Creo que, con todos estes aditamentos,
o propio Casares estaría contento con este libro, el
que tanto apreciaba o labor editorial como técnica
e o libro como fonte de mantenza do espírito
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 15
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 16
ESTUDO
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 17
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 18
O MUNDO ERA UNHA LARANXA:TOLERANCIA, FANTASÍA E HUMOR
NA OBRA INFANTIL DE CARLOS CASARES 1
POR
MONTSE PENA PRESAS
«Non me gusta a literatura infantil de príncipese princesas, fadas, castelos e brumas. É dicir, non me gusta a literatura construída apartir dunha realidade xa morta».Carlos Casares, entrevista en La Voz de Galicia, 1-4-1973
1. A autora quere facer constar o seu agradecemento a DoloresVilavedra, polos azos e as ideas; Roberto Pascual, que a levou cara aFrancisco Oti, peza clave para saber sobre os espectáculos teatrais enGalicia; Emilia García, do Consello da Cultura Galega, que se mergullouno arquivo Manuel Caamaño que se conserva dixitalizado no FondoAsociacionismo Cultural Galego (CCG) para que esta introdución puide-se ir acompañada de imaxes; Malores Villanueva, da editorial Galaxia,que aclarou algunha cuestión sobre as edicións da obra, e Gustavo A.Garrido e Miguel Valverde, da Fundación Carlos Casares, que atenderonamablemente as miñas peticións. O seu recoñecemento para todos eles.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 19
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 20
CARLOS CASARES E A LITERATURA INFANTIL: O FABULADOR DUN UNIVERSO
A literatura infantil e xuvenil (LIX, de agora en diante)foi sempre un ámbito da cultura galega que preocupou aCarlos Casares. Mostra evidente disto é que, aínda que asúa faceta máis coñecida con relación ás letras para nenase mozos foi a de creador, Casares foi tamén tradutor e edi-tor, mais sobre todo actuou como un mediador fundamen-tal á hora de idear os libros galegos para a rapazada dofuturo. Este interese na LIX veu dado, en primeira instan-cia, polas posibilidades que lle vía a este campo literariocomo vehículo a través do que transmitir a lingua ás xera-cións vindeiras. Esta preocupación pode seguirse moi bennas súas colaboracións en prensa, especialmente nacolumna titulada «A ledicia de ler», que o autor mantivosemanalmente en La Voz de Galicia dende 1975 a 2002.A análise dos primeiros anos revela a grande importanciaque Casares lle outorgaba á lectura nunha futura escola-rización en lingua galega. Ademais, o eido literario infan-til era tamén un espazo en que o creador se sentía libre,porque lle permitía xogar: «A min gústame escribir paranenos por varios motivos que son os seguintes: primeiro,porque penso que ao escribir para nenos se escribe para ofuturo, e segundo porque cando un escribe para nenosfaise un pouco mais xove» (Castiñeira et alii, 1980).
Todo empeza cunha galiña e cun certame. A comezosde 1968, a Agrupación Cultural O Facho da Coruña con-voca o I Concurso de Contos Infantís, patrocinado polaCaixa de Aforros Monte da Piedade da Coruña e Lugo, aoque concorren trinta e oito orixinais. O xurado estará
21
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 21
22
composto por destacados intelectuais da época: CarballoCalero, Xohana Torres, Marino Dónega, Xenaro Mariñas,Xosé L. Rodríguez Pardo —que actúa como presidente—,e o secretario —con voz pero sen voto— será RamiroCartelle. O ditame faise público na semana das LetrasGalegas e o conxunto de relatos gañador do primeiro pre-mio (dotado con 3000 pesetas) resulta ser, por unanimida-de, un orixinal chamado «Os contos de Ana», presentadobaixo o lema «galiña azul» (fonte 2, arquivo da RAG). Trasel agóchase, como é de esperar, un novísimo CarlosCasares que se dera a coñecer no mundo literario o anoanterior con Vento ferido. Acompañarán ao autor, comosegundo e terceiro premio do certame, respectivamente, amestra Lucila Alén co texto «Tobi io ben» (sic) e XoánBernárdez Vilar con «A nao do lonxano país». O nome coque concorren ao concurso este conxunto de contos ten asúa orixe na dedicatoria que os precede, presentada enforma de carta e dirixida a Ana Lasquetty González-Pardo.Nela, o autor escríbelle a esta amiga de oito anos, que vivefóra de Galicia, relatándolle que estas historias son paraque non esqueza a súa lingua. Velaí, de novo, o compro-miso coa cultura de seu.
A galiña azul é un «canto á liberdade, á imaxinación ea sa necesidade de ser diferente» (Pena Presas, 2007: 69),simbolizada nun animal que reivindica o dereito a enfron-tarse á realidade dende outra perspectiva. O texto, comobo fillo do seu tempo, pódese entender como unha con-testación á uniformidade exercida dende o poder políticofronte á que se defende a certeza de que outros mundosson posibles. No marco da produción casariana, dará pasoa unha escrita en estreita relación cos contos tradicionais,
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 22
á maxia do absurdo e á fantasía. A pesar do seu caráctercontestatario, o volume pasa a censura sen dificultade.A autorización para poñelo en circulación, do que se tira-rán 3000 exemplares (moitísimos para un texto infantil daépoca, que se volve reeditar xa en 1977 e 1979) e secomercializarán a un prezo de 80 pesetas2, é cursada porJosé Ramón Fernández en representación da editorialGalaxia o 7 de decembro de 1968. A resposta afirmativa, esen petición de modificación, obtense nunha semana(fonte 19, AGA).
O 2 de xuño de 1968, La Voz de Galicia, segundo oacordado con O Facho, publicará un treito do conto de «Agaliña azul», pero a edición da obra completa demoraraseaínda un pouco máis. É o propio Carlos Casares o queinsiste para que os relatos sexan publicados por Galaxia.Primeiro, sinalando o interese de Ramón Piñeiro nestes(fonte 4, arquivo da RAG), despois aducindo que a editoraviguesa ten xa unha colección de contos para nenos3 naque a obra encaixaría moi ben (fonte 5, arquivo da RAG).Como era de esperar (debido tamén ás fluídas relaciónsentre O Facho e a editora, patente na composición doxurado do propio premio), o volume acaba por saír doprelo en Galaxia a finais dese mesmo ano. Casares mós-trase encantado, como se deduce das palabras que sobre
23
2. Aínda que logo, nun folleto máis tardío, aparece como prezo de vendaao público 70 pesetas.
3. Refírese aquí ás colaboracións que Galaxia iniciara coa editora cataláLa Galera, materializadas nas traducións das coleccións «A galea deouro» e «Desplega velas», realizadas por Xohana Torres.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 23
24
o libro lle manda a Piñeiro o 22 de decembro de 1968: «Aedición é moi bonita. I os debuxos son engaiolantes.Penso que ha ser sempre o libro que máis queira» (fonte3, Fundación Penzol). Na mesma misiva, manifestatamén a súa intención de traducirlle os contos a Ana,seguindo a forma da impresión final e incluíndolle unpequeno vocabulario galego-castelán, que lle permitiríaentender os relatos sen problema.
Os cinco anos vindeiros son os máis activos do CarlosCasares en relación á literatura infantil e só se interrom-pen pola publicación de Cambio en tres (1969). En 1972tira do prelo a tradución d’O principiño de Antoine deSaint-Exupéry, unha angueira que comeza en 1969 e quecómpre contemplar como unha peza máis da poéticacasariana, porque a partir de aí nas súas obras procura-rá aínda máis a sinxeleza e a claridade na expresión.Nun caderno manuscrito, atopado na fundación que levao seu nome e reproducido por Luna Alonso (2015: 375)nun interesante artigo, Casares explica algúns dos moti-vos que o levaron a facer que o pequeno príncipe falasegalego:
Non lle quero atrasar xa máis tempo a nadie a entrada
na lectura diste libriño. Por eso o traducín. Por eso e por-
que pensei que non estaba ben que fora o noso un dos
poucos países que non tiveran enriquecido a súa lingua, a
súa cultura e a súa literatura con esta delicia. ¡Si hastra se
fixo unha tradución ao latín para regalo de curas vellos,
coengos e profesores de linguas clásicas e seminaristas
aventaxados!
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 24
De novo, a importancia estratéxica da LIX como ponteentre a lingua e a sociedade. E de novo, Carlos Casarescomo sementador nun eido practicamente ermo: as tradu-cións de literatura infantil. O acerto en gañar un concur-so de contos que se converterá nun elemento fortementecanonizador, cunha obra que deixará unha pegada evi-dente nos textos futuros grazas ao seu uso libérrimo dafantasía. O acerto en verter ao galego un texto cun capitalsimbólico altamente significativo, levada a outras linguascunha celeridade abraiante. A aposta clara dos homes daeditorial Galaxia por convertelo nunha das dúas pezasfundamentais da literatura infantil e xuvenil galega. Porunha banda, estaba Xohana Torres (Pena Presas, 2010:46), a nova, escollida en gran medida pola concepciónpatriarcal que asume que as mulleres, polo seu «natural»instinto maternal, teñen unha maior facilidade para escri-bir LIX. Pola outra, Carlos Casares, o novo, a promesa, ocontador de historias. Así, na liña que cingue a aposta e oacerto, o autor converteuse nunha das voces autorizadas—e pódese dicir que máis rapidamente canonizadas— daliteratura infantil en galego.
Non debe sorprender, pois, que no outono de 1972 aAsociación Cultural O Facho o convide a participar nociclo de conferencias «Un país, unha cultura». A deCasares será a sexta desa xeira e titularase «Notas para unestudo da literatura infantil» e celebrarase o 16 de decem-bro no Círculo de Artesáns da Coruña. Polo programa deman desta, coñecemos algúns dos elementos máis intere-santes abordados polo autor (fonte 7, arquivo da RAG),que se relacionan claramente con algunhas das trabes dasúa escrita. O comezo do seu parladoiro estivo dedicado á
25
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 25
importancia do folclore e da literatura oral coma orixes ealicerces da literatura infantil. Uns alicerces que el tivomoi en conta nas súas propias creacións: en case todas haipersonaxes que contan historias, que empregan a palabraenunciada para fabular, para imaxinar e mesmo para pro-vocar a acción, como ocorre tamén n’As laranxas máislaranxas de todas as laranxas. Ás veces mesmo seguiucertos trazos fundamentais deste tipo de relatos, comon’O can Rin e o lobo Crispín (1983), unha narración quebebe da simboloxía que os animais teñen nos contos tra-dicionais.
Alén disto, Casares aproveitou para definir o campoliterario infantil a partir de tres trazos temático-intencio-nais: a imaxinación, a fantasía e a moralidade. Tres claves
26
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 26
sempre presentes no macrotexto casariano. Tres chavesmestras para entender a obra que nos ocupa nestas páxi-nas, as pezas que permiten encaixar o crebacabezas dra-mático. Se as contrastamos coa cita coa que se inicia esteapartado, comprobaremos que para Casares esa morali-dade aséntase a partir da análise da realidade existente.A fantasía é sempre precisa, mais el —como bo fillo duntempo en que o ámbito social o salfería todo— sabe quenon pode fuxir a un universo de castelos, bruxas e prínci-pes encantados cando é posible (e ata necesario) atopar aforza da imaxinación no mundo, no país e no tempo enque vive. De feito, el mesmo declarara que estes dous pri-meiros textos para nenas e nenos os escribiu porque habíaun tipo de literatura infantil que non lle gustaba (Paz,1973).
Na charla, o autor tamén fala dos defectos dos librospara rapazas e rapaces, centrándose sobre todo na «pueri-lidade» e no «ton moralizador», do que mostraba unhaclara preocupación por fuxir sempre que escribía. Así,asumía que a LIX debía apelar á intelixencia do lectoradoe teimaba en non resultar didáctico, por non enmascararno literario discursos propios doutro tipo de libros. Trasunhas liñas sobre o percorrido histórico deste campo lite-rario, a derradeira parte da súa conferencia estivo dedica-da á precariedade da literatura para a infancia en linguagalega e, curiosamente, ao teatro infantil. Certamente, ointerese por este xénero haino que entender nun contex-to en que as asociacións culturais, e moi especialmente OFacho (que acollía o Grupo Independente de Teatro dende1965), sentían a necesidade de expresar as súas inque-danzas político-sociais a través da simboloxía e das claves
27
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 27
do espectáculo teatral. Ademais, o I Concurso de TeatroInfantil Galego O Facho fora xa convocado nese outono de1972. Aí volve recomezar todo. Casares manifestou queposiblemente escribiu a única peza teatral da súa produ-ción motivado pola convocatoria do premio (Outeiriño,2002). Aquel inverno recendía xa a laranxas.
O TEATRO INFANTIL NO TEMPO DAS LARANXAS
Mais cales eran realmente as claves do teatro infantilna época? Os finais da década dos sesenta e os principiosdos setenta son unha etapa dun significativo alborecercultural pulado polo traballo desenvolto polas asocia-cións culturais, que serviron de acubillo onde realizartertulias políticas e botar a andar, paseniñamente, dife-rentes iniciativas para axitar vilas e cidades. As laranxei-ras parecían ter comezado a agromar despois dun longotempo de silencio.
O teatro infantil deste momento, a nivel estatal, atendíaaínda a tres liñas moi concretas (que se sintetizan aquíseguindo a Cervera, 1982 e Tejerina, 2007):— A máis institucionalizada, que o adscribía a unha ideo-
loxía reaccionaria ligada co franquismo, e que fora cla-ramente a maioritaria dende o final da Guerra Civil.Neste tipo de obras abundaban os elementos morali-zantes, vencellados á clase de ensino que promulgabao nacionalcatoliscismo. Tivera unha importante pega-da durante a posguerra e no tempo das laranxas per-dera moita forza, precisamente por tratarse dun perío-do de maior aperturismo.
28
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 28
— A de inspiración social, de xurdimento tardío en Españadebido aos condicionamentos sociopolíticos, pero queterá unha pegada bastante significativa nestes anos,especialmente unha vez iniciada a década dos sesenta.Era un tipo de teatro que convidaba os seus espectado-res á rebelión, fronte á submisión promulgada dendeos textos da corrente anterior.
— A máis pedagóxica, vencellada coa institución escolar,moi preocupada a un tempo pola dimensión especta-cular e pola capacidade das obras para vehicular con-tidos doutras materias. Esta liña cobra especial forzadurante os anos setenta, debido, por unha parte, áimportancia que os movementos de renovación peda-góxica lle outorgarán ao feito teatral e pola outra, a quea contestada Lei xeral de educación de 1970 introduceespecificamente cuestións cinguidas coa dramatiza-ción e co teatro infantil dende a primeira etapa da EXB.En galego, dende as pezas de elementos didactistas e
localistas de preguerra da autoría de Xosé FilgueiraValverde e Álvaro de las Casas, tan só se publicara unhaobra significativa para o público infantil: Barriga Verde.Farsa para bonecos (1968) de Manuel María, un texto dealento popular que homenaxea o mundo dos monicrequese moi en concreto a Manuel Silvent, ideador do personaxeque dá título á peza. Neste ermo, nace o I Concurso deTeatro Infantil da Asociación Cultural O Facho, que cons-tituirá o impulso para que moitos autores e autoras come-cen a interesarse pola escrita dramática infantil.Convocado para conmemorar os dez anos de vida da aso-ciación, mais sobre todo tendo en conta a necesidade de«seguir aportando medios cos que axudar ao coñecemen-
29
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 29
to do idioma galego na escola primaria e noutros gradosdo ensino» (fonte 8, arquivo da RAG), as súas bases segui-rían o modelo que O Facho establecera para o certame decontos cinco anos antes. Porén, cambiaba substanciosa-mente o número de obras galardoadas e a recompensafinal: habería agora tan só un premio de 25 000 pesetas eestablecíase a posibilidade de conceder tres menciónshonoríficas. O xurado quedou conformado nesta ocasiónpor Rafael Dieste (presidente), Xenaro Mariñas del Valle,Valentín Arias, Antonio Concheiro e Manuel Caamaño(secretario, con voz pero sen voto) que, como establecíanas bases, deron a coñecer o ditame o 25 de marzo de 1973.
Concorren ao galardón 23 obras, de sorprendente cali-dade segundo os membros do xurado (JFF, 1973). CarlosCasares, presentado baixo o lema de «Ervedelo», gaña oarelado premio con As laranxas máis laranxas de todas aslaranxas. Como se verá despois, o libro eríxeo nun refe-rente da escrita dramática infantil en Galicia. E cumprira-se, co paso do tempo, o seu desexo manifestado tras gañaro concurso: «que a obra vaia rolando por todas as escolasde Galicia» (Paz, 1973). As mencións honoríficas son para«Sinfarainín contra don Perfeuto» de Bernardino Graña, «Oroubo do aparello», de Euloxio Rodríguez Ruibal e «DonRato busca un obreiro» de Dora Vázquez, así que a convo-catoria d’O Facho serve tamén para apuntalar o camiño dedous autores e dunha autora que, xa sexa dende a verten-te máis espectacular e profesionalizada ou dende a máisdidáctica, van manter unha traxectoria vencellada aoxénero teatral. A intención con estas obras era a de edita-las «nun período breve de tempo para que así poidan ser-vir de instrumento pedagóxico para mestres, educadores
30
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 30
e sociedades culturais», feito que —se ben non aparece nasbases de convocatoria— está recollido nun documento enque se explica o fallo do xurado (fonte 9, arquivo da RAG).Desafortunadamente, a precariedade do sistema editorialgalego, coa falta de coleccións propias para o teatro infantile un certo desinterese cara á escrita dramática como textoliterario, fixo que as canles de difusión destes textos nonfosen as máis adecuadas. Isto propiciou tamén que houbeseunha distancia significativa entre o tempo da escrita e omomento da súa publicación (algo habitual cando falamosde literatura dramática en Galicia). Así, a peza de Ber -nardino Graña veu a luz en 1975 nunha separata da revistaGrial (e foi representada, nese mesmo ano, polo grupo deteatro do Instituto de Padrón, baixo a dirección do autor),a de Dora Vázquez saíu do prelo en 1980, conxuntamente co
31
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 31
texto da súa irmá Pura Xuicio no bosque, ou soñar non costa
nada, no obradoiro de La Región e a de Euloxio Ruibal non
o fixo ata 1988, co título «O aparello troca tempos», en
Ediciós do Castro e incluída no seu Teatro infantil, se ben foi
un texto que se traduciu ao catalán coma «Un invent
extraordinari» porque se estrearía en Barcelona.
TOROMELOS, LIMÓNS OU LARANXAS? PARAUNHA INTERPRETACIÓN D’AS LARANXAS MÁISLARANXAS DE TODAS AS LARANXAS
«Eu coido que o didactismo no teatro infantil debe
descansar na pura teatralidade».
Carlos Casares, nunha carta a Manuel Caamaño datada en
maio de 1973.
Na horta de Anxa e Elías medran cinco extraordinarias
laranxas nun limoeiro, tan extraordinarias que se poden
considerar as laranxas máis grandes do mundo e que fan
dubidar aos seus propietarios se, efectivamente, se trata
desas froitas. Á discusión da parella vanse unindo diferen-
tes veciños: o veciño da escopeta, que coida que iso que
observa na árbore son toromelos, o veciño gordo (alias «o
Toneladitas»), o veciño torto, a veciña desdentada e a veci-
ña sabida, que cumprirán os papeis que lles reservan os
seus respectivos adxectivos cualificativos. Ademais, estes
personaxes asistirán a unha concatenación de feitos pro-
vocados por animais (a galiña Petra e o can Paulino) e
obxectos inanimados na realidade que pola vía do fantás-
32
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 32
33
tico cobran vida (as propias laranxas e os ovos fundamen-talmente). Nese micromundo, os acontecementos compli-caranse cando o Toneladitas sofre un repentino ataque defame que propicia que a súa cara cambie de cor e Anxaquere prepararlle unha tortilla. No entanto, o ovo pide quelle conten un conto para abrilo, mentres o veciño da esco-peta se pon nervioso. Así, á vez que o ovo se abre, cubrin-do a todos os personaxes de amarelo, aparece a galiñaPetra poñendo ovos de todas as cores. O veciño da esco-peta tenta dispararlle e o desaparecido zapato doToneladitas bátelle na cabeza. A súa violencia non acaba-rá aí, xa que ameazará ao can Paulino, ao veciño gordo eobrigará a todas e todos a saír da horta. Porén, nestemundo real en que o fantástico se erixe nunha verdadeiraarma de rebelión, o veciño da escopeta será o gran derro-tado: a súa arma buliralle das mans, o can comeralle ocueiro do pantalón e unha laranxa caeralle na cabeza.
A crítica ten sinalado en diversas ocasións a importan-cia que o humor e o absurdo teñen nesta obra. Efec tiva -mente, así é. Os personaxes parecen bailar unha danzaperfectamente coreografada na que os movementos escé-nicos están moi medidos e uns son consecuencia dosoutros. A tona da obra é ese humorismo sorprendente quenos fai rir ás veces por inverosímil e ás veces por inespe-rado. Os parlamentos do ovo e das laranxas son especial-mente felices —dentro da súa brevidade— pola súa capa-cidade para vehicular os seus desexos. De súpeto,elementos tan cotiáns e aparentemente inofensivos teñenpoder, falan, engrandécense e aparecen esaxerados.Tamén fala o veciño da escopeta, pero como as palabrasnon son suficientes para levar a cabo os seus degoiros,
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 33
34
tenta empregar unha arma que se volve contra el e come-za a entoar unha danza pacifista. Iso só o permite a fanta-sía. Unha fantasía, ademais, que está empregada aquí aomodo cunqueiriano: todo aparece aparentemente real ataque comezan a ocorrer sucesos absolutamente inauditosque provocan unha fenda na que o extraordinario se volveprotagonista mentres seguimos ancorados nun mundoque se parece perigosamente ao noso. «A fantasía do real»(Outeiriño, 2002: 89), chámalle o propio Casares, conven-cido de que iso é o que lles interesa ás nenas e nenos por-que eles teñen outra percepción, a que lles permite ver «aenormidade das cousas» que mantén «a súa capacidademáxica inicial» (en palabras do autor, na entrevista de1973 con Paz). Chégase á realidade, a unha dura verdade,a través da distorsión e da fantasía. O veciño da escope-ta xérase como personaxe —ficticio— nunha sociedade—real— na que existían demasiados veciños da escopetae na que a lei era absolutamente imposta. El pretendefacer o mesmo:
VECIÑO DA ESCOPETA: ¡Ides todos…!
ELÍAS: Alto aí, señor Fanfán. Ten conta do que dis. Pénsao
dúas veces, que te vas arrepentir.
VECIÑO DA ESCOPETA: ¡Ides todos ao cárcere!
Cando remata de dicilo, a laranxa que lle pendía sobre a
cabeza… —plof— aumenta aínda máis o seu escarnio.
GALIÑA PETRA: Dixéronche que te ías arrepentir.
A peza casariana é un magnífico exemplo na literaturagalega do que os estudos de literatura infantil deron enchamar «literatura antiautoritaria», un tipo de textos xur-
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 34
35
didos como consecuencia do maio do 68 que contempla-ban a negociación da fronteira «adulto» versus «neno» (ouo que é o mesmo, cuestionaban quen tiña a voz nos librosinfantís, elemento vehiculizado aquí a través da oposiciónentre animais e cousas fronte a persoas), o tratamento detemáticas anteriormente vedadas para a infancia (coma aamor, as guerras ou a enfermidade) e a introdución dunhanova ideoloxía nos textos, que adoitaba ser de índole paci-fista e feminista. En ocasións, o antiautoritarismo propi-ciou importantes críticas, porque algúns destes textosamosaron marcadas intencións pedagóxicas escondidasen novos moldes ideolóxicos (Colomer, 1998: 61-63). Sexacomo for, este non é o caso da peza casariana, que pre-senta unha situación de forte violencia —física e verbal—para amosar como unha parte da sociedade se rebela con-tra ela.
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas taméntivo que pasar, como A galiña azul, polos estritos ollos doscensores. O expediente presentouse o 7 de novembro de1973 de novo por parte de José Ramón Fernández, comorepresentante da editorial Galaxia, e nel pedíase a autori-zación tamén para unha tiraxe de 3000 exemplares. O lec-tor 22 (o que habitualmente se ocupaba dos textos gale-gos) indica xa o día 13 de novembro que o texto é«autorizable» (fonte 20, AGA) e ao lado engade «infantil», oque normalmente provocaba que o celo con que se revi-saba o volume fose menor. A pesar do seu contido, segu-ramente non foi censurado grazas á súa compoñente sim-bólica e porque, polo que se puido comprobar coa lecturade documentación semellante, os censores da época adoi-taban pasar os textos infantís galegos practicamente sen
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 35
36
lelos (dedúcese isto xa que en raras ocasións os resumían,práctica moi habitual atopada nos expedientes de censurada literatura galega para público adulto). O ronsel reivin-dicativo da peza e a súa denuncia do poder sen sentidosería continuado, nas nosas letras, por obras infantís comoO rei da nada e outros contos de Sabela Álvarez Núñez(1987, a pesar de que os relatos que conforman o libroforon escritos moito antes), cuxo primeiro texto, o que dátítulo ao volume, presenta un alcalde que quere impoñeras súas demandas aos cidadáns ata quedar só na cidade,convertido no rei de ninguén; ou por pezas teatrais parapúblico adulto (o que as facía máis conscientemente polí-ticos e comprometidos) coma Laudamuco, señor de nin-gures (1977) de Roberto Vidal Bolaño, a historia dun reivello, nas últimas horas da súa vida, que se queixa ao seufiel criado Rouco do abandono de todos os que o rodeaban.Todas estas obras denuncian, dende o absurdo e dendeposicionamentos diversos, unha mesma cousa: o abuso daautoridade sen sentido.
Se ben As laranxas máis laranxas de todas as laranxasnon pertence de maneira clara a ningunha das tres gran-des liñas do teatro infantil dos anos setenta apuntadas noapartado anterior, si que se observan influencias nidiasdunha delas. Hai unha importante compoñente social napeza, que quizais non se aprecia nunha lectura superficialgrazas aos efectos fantásticos e humorísticos, mais haiunha verdade incontestable: o micromundo creado porCasares non permite a existencia de tiranos que abusendo seu poder, como xa acontecía nos relatos d’A galiñaazul. Igualmente, a fantasía que recobre toda a acciónserve para disimular outro dos grandes temas que se pre-
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 36
37
senta: a posibilidade de entrar nun novo tempo en que osreprimidos, os esquecidos e os diferentes falen e, candomenos, teñan voz. O escarnio e a ridiculización que sofreo veciño da escopeta no final non parece deixar lugar nin-gún para outra interpretación: a xustiza —inda que sexaneste caso poética e humorística— fai que este personaxequede absolutamente deostado aos ollos da lectora-espec-tadora. Neste sentido, o texto casariano garda algunhasconcomitancias cunha das pezas máis relevantes do teatroinfantil español dos anos sesenta, Asamblea general (1969)de Pilar Enciso e Lauro Olmo, unha obra na que os ani-mais se confrontan aos humanos para confesar publica-mente os pecados de cada un deles e que, baixo un tonhumorístico, ten unha clara finalidade social ao supoñerunha crítica da xustiza cando protexe ao poderoso sendoculpable e procura como vítima aos máis indefensos(Tejerina, 2007: 72). Cómpre non esquecer, ademais, queos anos setenta foron considerados como unha época decalidade no que respecta á literatura infantil e xuvenil, eque xustamente pasaron á historia polo auxe dun realis-mo salferido de mensaxes contestatarias e intenciónspedagóxicas moi meditadas, froito da renovación que seestaba desenvolvendo neste eido. Os novos valores preco-nizaban tanto deixar atrás a moralina de certas produ-cións infantís coma a vella concepción do que se supoñíaque esta debía ser. A partir de aquí, asentaríase a idea deque o público da LIX debía acceder, por riba de todo, aproducións caracterizadas pola súa calidade literaria.
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas é aúnica peza teatral da produción literaria de CarlosCasares. Non obstante, pola rapidez —ás veces mesmo
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 37
38
demasiada— dos seus diálogos, pola importancia que nelaten a acción, pola precisión dunhas acotacións que apun-tan cara aos movementos escénicos, a obra semella estarescrita pensando na súa dimensión máis espectacular. Sealgo lle ha de ensinar o teatro á rapazada, iso tan só debenser as propias claves do teatro, vénnos dicir Casares nasentenza que dá comezo a este apartado. De aí ese coida-do en concibir a peza como movemento, case como xogo.
As laranxas poderían simbolizar o humorismo retran-queiro (temos as laranxas máis laranxas que existen nomundo), os toromelos a fantasía (un elemento que imaxi-namos coma unha froita exótica que medra desmesurada-mente, o símbolo do hiperbólico) e os limóns a liña máissocial, unha crítica á sociedade existente que está presen-te na peza, mais semella non estalo. Ao final, estas laran-xas resultan abrir un camiño: non só na dimensión textual,senón tamén na espectacular. Da importancia que o teatroestaba a ter na época como elemento normalizador e deresistencia son constancia, tamén, as seguintes páxinas.
AS LARANXAS ILUSTRADAS DE LUÍS SEOANE: A OPORTUNIDADE DUNHA NOVA EXPRESIÓN
«Para un pintor ilustrar ou compaxinar un libro é a opor-
tunidade de atopar unha nova expresión».
Luís Seoane
Ao longo da súa prolixa andaina como creador, LuísSeoane deseñou innumerables portadas e ilustrou centosde libros. Os primeiros, en Compostela, ao acubillo de
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 38
39
Ánxel Casal e da imprenta e editorial Nós, que este dirixía.Eran, aínda, os tempos das ilusións: os primeiros anos dadécada dos trinta. Seoane era mozo e alí, ao abeiro do edi-tor, xogaba coas técnicas e as tipografías e aprendía unoficio que tempo despois había desenvolver el, nunhascondicións moi diferentes e marcado polo drama do exi-lio, na Arxentina. Para entender o seu inxente labor nesteeido, cómpre ter en conta que ademais dos selos en que épeza importante e/ou alma máter, como Emecé, Nova,Botella al Mar, Ediciones Galicia ou Citania, tamén cola-bora de xeito máis puntual con outras editoras comoLosada, Alborada, Bonino, etc.
Cando ilustra As laranxas máis laranxas de todas aslaranxas, el estaba xa no treito final da súa carreira e con-taba cunha traxectoria moi consolidada e recoñecida.Ademais, as súas liñas na pintura experimentaran unhamudanza. As claves estéticas das vangardas artísticas uni-das á representación de figuras e motivos claramentegalegos propiciaran que as súas producións plásticasamosasen á vez a conflitividade e o idealismo (Bernárdez,2016: 17). Especialmente a partir dos finais dos anos cin-cuenta e a década dos sesenta, o creador evoluiría cara aun maior esquematismo que se deixará ver tamén na súaobra gráfica. Non obstante, os seus alicerces seguiránsendo os mesmos, especialmente o uso novidoso da cor, ogran protagonista de boa parte da súa obra.
As ilustracións da peza de Casares son tamén un casosingular, porque a pesar da delongada traxectoria comoilustrador e grafista de Seoane, non era o máis habitualque puxese imaxes a textos infantís. Seguramente, comose comprobará coa lectura do apartado seguinte, o traba-
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 39
40
llo previo é a realización da escenografía para a represen-tación da obra por parte do Grupo de Teatro do Facho.Aínda así, resulta sorprendente como o estilo do ilustradormarida perfectamente co espírito da obra casariana.Vexamos como define esta súa actividade o propio artista:
O que creo ter aportado en xeral coas miñas tapas e
debuxos é un humor como de canción popular, xunto a
imaxes novas e alegre sentido da color. Outros atenderon
probablemente máis a subtís elementos tipográficos e á
utilización de recursos aportados polas novidades técni-
cas. A min bastoume con destinarlles unha nova expre-
sión visual, e a color, esa color popular que, co debuxo se
se quere, pode lembrar por igual os antigos miniados, as
figuras dos naipes, as decoracións da cerámica e as lonas
das pinturas dos circos. (Seoane, 2010: 36)
As pinturas dos circos. O texto dramático que presentaaquí Carlos Casares ben podería ser entendido, como se foivendo nestas páxinas, como un gran número circenseencadeado no que o humor e a sorpresa son os principaisprotagonistas. Os deseños que crea Seoane, especialmenteos dirixidos a caracterizar os personaxes, afondan nesemundo do riso e do absurdo, estando orientados a esaxeraras súas penurias, os seus defectos, as pequenas marcasque falan por eles e que aparecen acentuadas. Así, atopa-mos unhas ilustracións que seguen minuciosamente osdatos que achega o texto, mais que presentan a uns perso-naxes aínda máis caricaturizados, nos que resalta a súamonumentalidade e as deformacións de certas partes doseu corpo. Deste xeito, os enormes pés de Elías fálannos
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 40
41
—e quizais nos avisan tamén— das peculiaridades do seuzapato voador; as proporcións ao largo do Toneladitasinsisten na súa teima por comer a deshora; a posición abai-xada de Anxa semella apuntar cara ao seu temperamentotraballador —mentres que a marca no ollo, froito dunhapedrada, parece falarnos do seu carácter demasiado falan-gueiro; e no resto de personaxes, téndese a remarcar aqui-lo que os diferencia, como amosa, por exemplo, a boca amedio abrir da veciña desdentada. A imaxe do veciño daescopeta, na que é a arma a que ocupa a centralidade dodeseño, é a menos caricaturizada. Este retrato máis realis-ta é seguramente un indicador para o lectorado/público deque a presenza dos violentos, asuman a forma que asu-man, é unha constante en todas as sociedades.
Tamén nesta obra, Seoane cumpre coas liñas que elmesmo valora como as fundamentais nas súas creaciónspictóricas: «El tema más importante de toda mi obra es pre-cisamente el estatismo de la figura humana, convirtiéndoloen intemporal. […] Una cualidad que ha distinguido siem-pre mi labor de pintor, creo yo que ha sido siempre el color»(Seoane apud Bernárdez, 2016: 21-22). A maioría dos dese -ños de personaxes que presenta nestas páxinas teñen unhaposición forzada, case que ríxida4, que iso si, se combina,cun rechamante uso da cor —que non sorprende tantocoma nas pinturas por tratarse de ilustracións infantís nasque, precisamente, se algo se espera é unha paleta de cores
4. Explicable tamén porque, como se sinalou, parece que antes de pen-sar no traballo de ilustrar unha peza teatral, Seoane concibiu eses debu-xos como figurinos para a representación da obra, o que lles dá outradimensión.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:41 Página 41
42
que entre polos ollos do lectorado miúdo. O colorido é,amais, unha das características fundamentais que presentaa peza casariana, como xa souberan ver os membros doxurado cando a premiaron (JFF, 1973), e que o propio autorrecoñece como unha das impresións que lle deixou o seupropio texto (fonte 14, arquivo da RAG).
Tan só hai unha ilustración do espazo, a inicial, queagora sabemos que se recreou xustamente para construíra escenografía da primeira posta en escena. Esta repre-senta fielmente a didascalia primeira (agás o can Paulino,a súa caseta5 e o galiñeiro, que podemos imaxinar pordetrás da casa de Anxa e Elías) e nela vólvense distorsio-nar os tamaños: o protagonismo acádano as laranxas máisgrandes do mundo coñecido e a galiña Petra. Quizaispolas súas potencialidades máxicas, quizais para acentuara súa compoñente fantástica, quizais anunciando ásreceptoras e receptores do texto o protagonismo destesdous elementos nas páxinas posteriores. A súa monumen-talidade fálanos tamén dunha realidade modificada polaman dos dous creadores. Porque, a pesar de que as ilus-tracións da edición d’As laranxas máis laranxas de todasas laranxas e da súa guía didáctica, que tirou do prelo aXunta de Galicia acompañando á montaxe da peza reali-zada polo CDG en 20046 baixo a dirección de José Caldasforon realizadas por Óscar Villán impecablemente, concertas influencias dos deseños da comedia dell’arte mais
5. A caseta si que estará, porén, na escenografía da representación d’OFacho, a pesar de non estar no deseño de Seoane.
6. Reestreada logo, tamén pola compañía institucional e baixo a mesmadirección, en outubro de 2014.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 42
43
sobre todo inspiradas no mundo do entroido e da masca-rada, resulta moi complicado pensar os caracteres da pezasen as deformacións, as esaxeracións e o estatismo dosque os dota Seoane. Hai aquí unha dupla nova expresión:non só a do pintor que se torna ilustrador para nenas enenos, senón tamén a dos personaxes dunha peza dramá-tica que adquiren unha forma que os definiu iconicamen-te case que para sempre. Anxa, Elías, o can Paulino e agaliña Petra atoparon aquí unha nova forma de amosarseante o público lector.
AS LARANXAS NOS ESCENARIOS: AS PRIMEIRASREPRESENTACIÓNS DA OBRA
Nas bases do concurso de teatro do Facho non se espe-cificaba que o premio levase aparellado a representacióndo texto gañador. Non obstante, as circunstancias socio-culturais propiciaron que a primeira posta en escena daobra fose realizada polo grupo de teatro da mesma aso-ciación tan só dous meses despois de que se resolvese opremio. Nos finais de 1972, a Agrupación Cultural Abrentede Ribadavia decide asumir a convocatoria dun premio deteatro galego7, que irá acompañado dunha mostra.Segundo López Silva e Vilavedra (2002: 32):
7. Esta iniciativa xa se barallara dous anos antes, concretamente o 6 dedecembro de 1970, cando se realizara en Compostela un encontro daHirmandade de Agrupacións Culturaes Galegas (sic), cuxo punto prin-cipal era valorar a convocatoria dun premio de teatro galego (LópezSilva / Vilavedra, 2002: 31).
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 43
44
Abrente xorde dunha necesidade de normalización do
teatro galego latente, de maneira consciente ou incons-
ciente no activismo cultural e político dos organizadores
das Mostras. En efecto, a noción de normalización teatral
non só se intúe a partir dun proxecto que pretendía aglu-
tinar en Ribadavia boa parte da actividade espectacular
galega, facendo da vila ourensá unha especie de capital
do teatro […]. Tamén se intúe a través do empeño amosa-
do polos promotores da Mostra para que o traballo escé-
nico levase parella unha renovación da escrita dramática
que permitise relacionar intimamente o traballo escénico
co literario…
O Facho e Abrente mantiveron unha prolífica relaciónde colaboración ao longo do tempo e moi especialmentenestes anos, polo que non é raro que cando Abrente abrea inscrición para concorrer ao concurso de textos teatraise á mostra reciba unha petición d’O Facho para partici-par. A asociación da Coruña pídelle á de Ribadavia poderconcorrer como grupo, pero fóra de concurso e sen con-firmar a obra que van representar. Existen varios moti-vos: por unha banda, a reestruturación do seu grupo deteatro —debido a unha renovación no cadro deste— e polaoutra, o seu desexo de representar o texto dramáticoinfantil que resultase gañador do concurso que tiñan con-vocado (fonte 10, arquivo da RAG). As xentes de Abrenteaceptan a súa participación de bo grao e, á vez, móstran-se entusiasmadas porque vaian pór en escena unha obrapara a infancia, motivo polo cal lles asignan o domingo 27de maio para a súa función (pensando que así poderánasistir máis nenos e nenas) (fonte 11, arquivo da RAG). De
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 44
45
feito, nesta primeira edición da Mostra, tan só existiráoutro espectáculo infantil: o Romance de Micomicón eAdhelada de Eduardo Blanco Amor, que levará a escena oGrupo de Teatro Rosalía de Castro.
Durante abril de 1973, o Grupo Teatral do Facho come-za os preparativos para a estrea da peza, pola que xa seestaban interesando diferentes agrupacións de teatroescolar e outras de teatro afeccionado8 que viran as novassobre ela na prensa. Seoane forneceralle a súa primeiraescenografía grazas ás xestións levadas a cabo porManuel Caamaño, presidente d’O Facho. Os deseños defigurinos e o espazo onde se desenvolverá a acción cum-pren sobradamente as expectativas postas no traballo doartista, tal e como lle explica Caamaño a Casares nunhacarta do 19 de maio de 1973:
Luis Seoane cumpleu co prometido, e fíxonos oito
deseños para os persoaxes humáns, cuns vestidos de
moitos coloriños, que trataremos de respetar ao másimo,
e tamén o decorado xeneral, que xa temos axustado ás
dimensións do escenario de Ribadavia. Gustounos moito
todo o traballo de Seoane, e si non fallan os actores pode
resultar un verdadeiro ésito, que logo levaríamos polo
país adiante. De varios sitios xa nos teñen consultado se
nos sería posible ir. Naturalmente a todo o mundo deci-
mos que sí. (Fonte 13, arquivo da RAG)
8. Refírese tanto a un grupo afeccionado de Noia (fonte 13, arquivo daRAG) do que se descoñece o nome, como á petición da asociación «OsCigurros» da Rúa —que finalmente a pon en escena—, como á do cole-xio Atlántico de Pontevedra.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 45
46
Casares contéstalle case inmediatamente e nesa fer-mosa misiva podemos observar o creador consciente,sabedor dos puntos febles e dos puntos fortes que ten oseu texto. Así por exemplo, manifesta que o seu texto dra-mático pode traer «complicacións técnicas» —o que seconverte case nunha premonición do ocorrido naestrea— debido a ser unha peza de representación difícil9
e materializarse nun medio con escasos recursos. Maissobre todo, nesta carta podemos contemplar o autor ner-vioso e inquedo, tamén expectante por como recibirá opúblico a súa creación:
[…] unha obra —e non fai falta insistir nalgo tan elemen-
tal— pode resultar engaiolante na lectura, pro pode per-
der todo o seu engado sobre o esceario. E máis aínda se os
destinatarios son os nenos. Por eso espero que non lle
pareza mal ós membros do xurado que premiou As laran-
xas, se eu coloco as súas razós10 —por outra parte moi
estimables— entre parénteses hastra conocer o fallo dos
nenos en Ribadavia. Despois poderemos falar.
Así que nesta ocasión a última palabra será palabra do
neno, e polo tanto, por definición, palabra sinceira.
¿Pódese agardar con máis impaciencia algunha outra
palabra? Penso que non. (Fonte 14, arquivo da RAG)
9. Refírese, sen dúbida, aos momentos en que estoupan o ovo ou aslaranxas, nos que se supón que deben saír diferentes elementos do seuinterior.
10. O xurado destacou, sobre todo, a súa plasticidade, o conseguida queestá dende o punto de vista dramático e o seu humorismo (JFF, 1973).
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 46
47
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 47
48
A obra estréase, tal e como estaba previsto, o domingo27 de maio de 1973, baixo a dirección de Xosé ManuelRabón, quen dirixía por primeira vez tamén o grupo doFacho, e con Carlos Casares entre o abondoso público.Non obstante, a posta en escena non suscitou opinións tanfavorables como o texto dramático. Así, Maribel Outeiriñosinalaba en La Región que, debido ás dificultades técnicase á inexperiencia do grupo, a representación non tivo acalidade esperada. O mellor da tarde constituiríao, segun-do a xornalista, o coloquio posterior que se estableceu coautor. Pola súa banda, nas páxinas de La Voz de Galicia,Luís Álvarez Pousa loaba o texto dramático, laiábase dunsactores desconcentrados e, sobre todo, do ton de voz des-tes, que caía nun galego «pailán». Aínda así, aplaudía adirección polo seu correcto entendemento dos símbolos. Eo máis importante, a obra debeu funcionar para o público:
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 48
49
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 49
50
«Rinse os rapaces e pensan os maiores. A efeitividade étotal». O xurado infantil, que tanto preocupaba a Casares,emitiu tamén o seu veredicto. As laranxas era celebradapolo público para o que fora pensada e, ademais, facíaosen caer no didactismo, unha das teimas principais deCasares como autor de LIX.
Pódense documentar, tamén, máis funcións d’ As laran-xas máis laranxas de todas as laranxas do grupo da A.C.O Facho. Aproximadamente unha semana despois, os días2 e 9 de xuño de 1973, o grupo representa a obra na
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 50
51
Coruña, no teatro da Caixa de Aforros Monte da Piedadeda Coruña e Lugo. No programa de man, resalta a sínteseque se fai da peza —realizada polo propio Casares a peti-ción de Caamaño—, moi completa e claramente pensadapara que as familias se animen a asistir ao espectáculo.
Ribadavia será un escenario ao que seguirá vencella-do Carlos Casares de diferentes xeitos. Así, en 1975, naIII Mostra, participará como xurado no concurso de tex-tos teatrais canda Manuel Lourenzo, Xosé VilasNogueira, Henrique Alves Costa e Xaquín García Marcos,
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 51
52
que premiarán a Euloxio Ruibal con O cabodano e conce-derán unha mención a A revolución de 1846 de ManuelMaría. Un ano despois, aparece entre os asinantes dunmanifesto en que se reivindica o valor da Mostra e a nece-sidade dun maior apoio económico por parte das institu-cións (López Silva / Vilavedra, 2002: 56). Na VIII Mostra, Aslaranxas máis laranxas de todas as laranxas volven aosescenarios ribadavienses da man do Grupo Ítaca do LiceoMarítimo de Vilagarcía, que a representa o 14 de setembrode 1980 baixo a dirección de Eduardo Puceiro Llovo11.A montaxe tampouco foi afortunada segundo as críticas daépoca, entre outros motivos porque tamén era a primeiraexperiencia teatral do grupo. Así, Manuel Guede recollíanas páxinas de La Región que o espectáculo se fixera anó-dino e triste, porque faltaba complicidade e acción coespectador infantil, e que no medio da representaciónmarchara parte do público. Nese ano, a obra infantil que sefixo cos favores dos espectadoras e da crítica fora Tarará-chis-pum, de autoría colectiva, materializada no espectácu-lo asinado polo Grupo de Teatro Artello.
De feito, as representacións de teatro infantil non adoi-taban suscitar demasiado interese nos espectadores nasMostras, como se recolle no traballo de López Silva eVilavedra, 2002. Semella que en boa parte porque moitas
11. En 1984, a mesma agrupación volverá a levar a escena a peza casa-riana, xa convertida na Compañía Teatral Ítaca e trasladada a Santiagopor mor da súa profesionalización. No programa de man explícase que aexperiencia con As laranxas catro anos antes rematou logo dun reduci-do número de representacións nas que acabaron véndose obrigados asuspender a montaxe. Non se indican os motivos, pero é máis que razoa -ble pensar que o escaso éxito desta puido ser o motivo principal.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 52
53
delas eran realizadas por grupos de teatro infantil connula experiencia e, á vez, os espectáculos para este públi-co levados a cabo por agrupacións de adultos —máisabundantes en Abrente a partir de 1979— non eran suxes-tivos nin parecían seguir claves estéticas atraentes. Nestecontexto en que se reclamaba un teatro infantil de maiorcalidade, tanto nos espectáculos como nos textos dramáti-cos —estimulados a través das seguintes convocatorias doconcurso d’O Facho, que continuará a súa andaina sendoconvocado bianualmente—, é lóxico que As laranxas máislaranxas de todas as laranxas se convertese nun auténti-co referente. Non só pola falta de pezas dramáticas para opúblico máis novo, senón tamén porque —como xa secomprobou— resultaba un texto renovador no panoramado teatro infantil do seu tempo e contaba con todos os ele-mentos para que as nenas e nenos puidesen gozar con el.Ademais, en 1980 a peza era xa o texto literario que máisrendibilidade lle reporta ao autor naquel momento: 824exemplares vendidos, que supoñen 16 840 pesetas (PenaPresas, 2014: 81). As posibilidades desta foron vistas axiña:non por acaso, Euloxio Ruibal tivo a intención de levar aobra á gran pantalla co seu grupo de cinema Lupa candoaínda non estaba publicada, motivo polo cal lle pide otexto a Manuel Caamaño antes de que fose publicado(fonte 13, arquivo da RAG). Mais sobre todo, a pegada daobra habería que rastrexala nos numerosos grupos de tea-tro escolares que fixeron dramatizacións e espectáculos apartir dela e que a converteron nunha peza fundamentaldentro da LIX galega. De feito, na actualidade As laranxasmáis laranxas de todas as laranxas segue viva como texto:as súas dúas últimas reimpresións —tras catro edicións en
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 53
54
1973, 1988, 1993 e 2009, sen contar a institucional— sondos anos 2015 e 2016. Mágoa que a falta dun centro dedocumentación teatral en Galicia nos impida ver en todaa súa amplitude a dimensión espectacular d’As laranxas,tanto no teatro afeccionado como no profesional.
CODA: A OBRA QUE CONTINÚA, A FANTASÍA DOREAL QUE SE ALONGA
Despois de publicar As laranxas máis laranxas detodas as laranxas, Casares segue vencellado á LIX entodas as súas facetas de home de cultura total. Comoautor, xa só escribe cando as necesidades editoriais orequiren. Así, aínda dá ao prelo dúas obras: O can Rin e olobo Crispín (1983) —para a colaboración entre Galaxia,Elkar e La Galera na colección «A chalupa», na que se íapublicando unha obra galega, outra vasca e outra catalá—e Lolo anda en bicicleta (1996), unha sinxela historia queinicia a colección «Bambán», que Galaxia imprime conEditores Asociados. Tamén publicará unha serie quecomeza en 1991, a primeira da literatura infantil galega,protagonizada polo rapaz inventor Toribio, na que o dis-parate e o humor volven aparecer para ficar nos seus tex-tos. O autor facendo camiño, pero sobre todo marcándoopara os que veñen detrás.
Como tradutor de LIX seguirá atento ás necesidades dosistema. Logo da promulgación do chamado Decreto debilingüismo en 1979, colaborará coa editorial Altea na tra-dución de tres libros da colección «Sendoa/Os primeiroslibros dos nenos». Consecuentemente con isto, tamén en
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 54
55
1983, ano en que entra en vigor a Lei de normalización
lingüística que el mesmo axudara a redactar, recibe e
acepta máis encargas tradutolóxicas. Trátase neste caso
de nove obras pensadas para prelectorado e lectorado ini-
cial das coleccións «O dragón vermello» e «Os libros da
gata» de Argos Vergara. Logo, como ponte entre unha lin-
gua e outra, volvería primar o pracer. Así hai que enten-
der as versións galegas que fai d’Os escaravellos voan á
tardiña da autora sueca María Gripe en 1989 e de
Dominica, novela encadrada nunha colección xuvenil, da
autoría do seu amigo Gonzalo Torrente Ballester.
Mais sen dúbida, o papel máis importante de Carlos
Casares con respecto á literatura infantil, despois do quin-
quenio que se alonga entre 1968 e 1973, foi o de mediador
cultural. En 1986 accede á dirección xeral da editorial
Galaxia e dende aí renova (os deseños, as tipografías) e
crea novos espazos onde as autoras e autores de noso
poden difundir as súas creacións para a infancia e a ado-
lescencia. En 1988, idea a colección «Árbore», que se man-
tén ata os nosos días dirixida a unha franxa etaria que
abarca dende o prelectorado ao lectorado adolescente; en
1997 é a quenda de «Costa Oeste», pensada para o público
xuvenil, que aparece cun deseño desenfadado en que a
imaxe é a protagonista. Unha das súas preocupacións
principais seguirá sendo que a infancia e a mocidade
teñan na súa lingua obras de alto valor simbólico da cul-
tura universal, polo que teima en abrir pontes con outras
editoras, con outras linguas, con outros referentes. O pro-
pio sumado ao alleo como compendio dunha visión global
do mundo para os novos.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 55
56
Velaí, moi condensado, a totalidade e a complexidade
do legado casariano no que respecta á literatura infantil e
xuvenil. Quizais, o máis importante sexa que a súa obra
non vive só nas lectoras das súas obras orixinais, nin nos
lectores das súas traducións, senón tamén en todo o públi-
co das autoras e autores que puideron atopar acubillo nos
numerosos espazos por el creados. E de todos eses espa-
zos, e de toda esa tradición xerada tras o ronsel da galiña
azul ou o arrecendo destas laranxas, somos herdeiras, sen
dúbida, as nenas e os mozos que fomos medrando xa ao
abeiro do galego no ensino. Así, é imposible que o pano
caia.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 56
57
FONTES DOCUMENTAIS
— Fonte 1. Carta da asociación Cultural O Facho aXohana Torres. A Coruña, maio de 1968. Fondo docu-mental da Agrupación Cultural O Facho, arquivo daReal Academia Galega.
— Fonte 2. Acta do ditame do xurado nomeado para dis-cernir os premios correspondentes ao I Concurso deContos Infantís O Facho, patrocinado pola entidadeCaixa de Aforros Monte da Piedade da Coruña e Lugo.A Coruña, maio de 1968 [non se especifica día]. Fondodocumental da Agrupación Cultural O Facho, arquivoda Real Academia Galega.
— Fonte 3. Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro,datada en Xinzo de Limia a 20 de maio de 1968. Fondoda Fundación Penzol.
— Fonte 4. Carta de Carlos Casares á Agrupación OFacho, datada en Xinzo de Limia a 12 de xuño de 1968.Fondo documental da Agrupación Cultural O Facho,arquivo da Real Academia Galega.
— Fonte 5. Carta de Carlos Casares á Agrupación OFacho, datada en Xinzo o 28 de agosto de 1968. Fondodocumental da Agrupación Cultural O Facho, arquivoda Real Academia Galega.
— Fonte 6. Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro,datada en Xinzo o 22 de decembro de 1968. FundaciónPenzol.
— Fonte 7. Folleto do ciclo de conferencias «Un país, unhacultura». A Coruña, decembro de 1972. Fondo docu-mental da Agrupación Cultural O Facho, arquivo daReal Academia Galega.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 57
58
— Fonte 8. Bases do Concurso de Teatro Infantil Galego OFacho, convocado na Coruña no outono de 1972. Fondodocumental da Agrupación Cultural O Facho, arquivoda Real Academia Galega.
— Fonte 9. Documento en que se recolle o fallo do xura-do do Concurso de Teatro Infantil Galego O Facho [nonconsta data]. Fondo documental da AgrupaciónCultural O Facho, arquivo da Real Academia Galega.
— Fonte 10. Carta da Agrupación Cultural O Facho áAgrupación Cultural Abrente, datada o 30 de xaneirode 1973. Fondo documental da Agrupación Cultural OFacho, arquivo da Real Academia Galega.
— Fonte 11. Carta da Agrupación Cultural Abrente áAsociación Cultural O Facho, datada o 10 de febreiro de1973. Fondo documental da Agrupación Cultural OFacho, arquivo da Real Academia Galega.
— Fonte 12. Carta da Agrupación Cultural O Facho, asi-nada por Manuel Caamaño, a Carlos Casares, datadana Coruña a 1 de abril de 1973. Fondo documental daAgrupación Cultural O Facho, arquivo da RealAcademia Galega.
— Fonte 13. Carta de Manuel Caamaño a Carlos Casaresdende A Coruña, datada o 19 de maio do 1973. Fondodocumental da Agrupación Cultural O Facho, arquivoda Real Academia Galega.
— Fonte 14. Carta de Carlos Casares a Manuel CaamañoSuárez [non consta data nin lugar]. Fondo documentalda Agrupación Cultural O Facho, arquivo da RealAcademia Galega.
— Fonte 15. Programa de man da estrea en Ribadaviad’As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.Ribadavia, maio de 1973. Fondo documental daAsociación Cultural Abrente, Ribadavia.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 58
59
— Fonte 16. Programa de man da estrea na Coruña d’Aslaranxas máis laranxas de todas as laranxas. A Coruña,xuño de 1973. Fondo documental da AgrupaciónCultural O Facho, arquivo da Real Academia Galega.
— Fonte 17. Programa de man d’As laranxas máis laran-xas de todas as laranxas do Grupo de Teatro Ítaca.
— Fonte 19. Expediente 10739/68 de censura da obra Agaliña azul. Archivo General de la Administración.
— Fonte 20. Expediente 12329/73 de censura da obra Aslaranxas máis laranxas de todas as laranxas. ArchivoGeneral de la Administración.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
ÁLVAREZ POUSA, Luís (1973): «As laranxas máis laranxas detodas as laranxas, un teatro infantil que escomeza enGalicia», La Voz de Galicia, 29-5-1973.
CASTIÑEIRA, Leonor / Xulia GONZÁLEZ / Raúl FERNANDO /Xoán SALGUEIRO (1980): «Entrevista a Carlos Casares»,Catro Follas (Revista Escolar do Colexio Público doReibón-Moaña), sen paxinar.
BERNÁRDEZ, Carlos L. (2016): Un pintor que sabía o quefacía. Achegas á obra pictórica de Luis Seoane, Santiagode Compostela, Laiovento.
CERVERA, Juan (1982): Historia crítica del teatro infantilespañol, Madrid, Editora Nacional.
COLOMER, Teresa (1998): La formación del lector literario,Madrid, Fundación Germán Sánchez-Ruipérez.
GUEDE, Manuel (1980): «Case que foi suspendida a Mostrade Ribadavia», La Región, 16-9-1980.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 59
60
JFF (1973): «Carlos Casares, premio de Teatro Infantil OFacho», La Voz de Galicia, 1-4-1973.
LÓPEZ SILVA, Inmaculada / Dolores VILAVEDRA (2002): Unabrente teatral, Vigo, Galaxia.
LUNA ALONSO, Ana (2015): «El manuscrito de O principiño:un texto fundacional de la literatura gallega traducida»,Çedille. Revista de Estudios Franceses, 11, 363-388.
OUTEIRIÑO, Maribel (1973): «Los dos últimos días de lamostra de teatro en gallego», La Región, 29-5-1973.
OUTEIRIÑO, Maribel (2002): «Carlos Casares, ganador del pri-mer certamen de teatro gallego para niños», en MarcosValcárcel (coord.), Carlos Casares, punto de encontro,Ourense, Concello de Ourense, pp. 89-90.
P. PAZ, Xosé (1973): «Fala o autor galardonado», La Voz deGalicia, 1-4-1973.
PENA PRESAS, Montse (2007): «Carlos Casares, tradutor diver-so e editor entregado de literatura infantil e xuvenil»,Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2007, 68-73.
PENA PRESAS, Montse (2010): «A muller contra a marea.Xohana Torres, pioneira da literatura infantil e xuvenilen galego», Grial, 188, 44-51.
PENA PRESAS, Montse (2014): «A relación de Carlos Casaresco mundo da infancia. Os anos do pensador da cultura(1968-1985)», Grial, 201, 80-89.
SEOANE, Luís (2010): «Dúas imprentas e as miñas tapas», enVV.AA., Ao pé do prelo. Luís Seoane editor e artista grá-fico, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 33-36.
TEJERINA LOBO, Isabel (2007): «Panorama histórico del tea-tro infantil español en castellano», en Blanca Roig /Pedro Lucas / Isabel Soto (coords.), Teatro infantil: dotexto á representación, Vigo, Xerais, 57-85.
ESTUDO 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 10:42 Página 60
FACSÍMILE
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 61
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 62
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 63
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 64
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 65
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 66
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 67
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 68
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 69
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 70
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 71
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:52 Página 72
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 73
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 74
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 75
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 76
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 77
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 78
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 79
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 80
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 81
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 82
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 83
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 84
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 85
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 86
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 87
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 88
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 89
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 90
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 91
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 92
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:53 Página 93
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 94
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 95
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 96
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 97
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 98
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 99
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 100
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 101
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 102
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 103
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 104
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 105
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 106
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 107
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 108
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 109
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 110
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 111
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 112
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:54 Página 113
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 114
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 115
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 116
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 117
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 118
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 119
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 120
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 121
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 122
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 123
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 124
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 125
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 126
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 127
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 128
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 129
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 130
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 131
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 132
SUMARIO
5LIMIAR
POR RAMÓN VILLARES
17ESTUDO
O MUNDO ERA UNHA LARANXA:TOLERANCIA, FANTASÍA E HUMOR NA
OBRA INFANTIL DE CARLOS CASARES
POR MONTSE PENA PRESAS
61FACSÍMILE
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 133
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 134
ESTE LIBRO SAÍU DO PRELO O 25 DE MARZO DE 2017,
44 ANOS DESPOIS DE SER PREMIADO NO I CONCURSO
DE TEATRO INFANTIL GALEGO O FACHO
FACSIMILE 2017_ESTUDO.qxd 06/04/17 11:55 Página 135
HOMENAXE
DO
CONSELLO
DA CULTURA GALEGA
MMXVII
AS LARANXAS MÁIS LARANXASDE TODAS AS LARANXAS
CARLOS CASARES
Capa Libro 2017_166C_Capa estudo.qxd 05/04/17 11:04 Página 1
Recommended