View
8
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
1. As orixes de Roma
2. A república romana
3. A conquista de Hispania
4. O imperio romano
5. Criseefindoimperioromano
152
1. AS ORIXES DE ROMANo século VIII, cando no mundo grego estaban a formarse as primeiras polis e comezaban a celebrarse as Olimpíadas, na península itálica xurdiu unha cidade –Roma– que acabará sendo o centro dun grande imperio.
As orixes de Roma
• As orixes de Roma mestúranse coas lendas que os escritores latinos posteriores elaboraron para engrandecer a historia da cidade, vinculando os seus fundadores cos deuses e cos heroes da guerra máis famosa da antigüidade, a guerra de Troia. Segundo estas lendas, Roma foi fundada polos irmáns Rómulo e Remo (descendentes de Eneas, un heroe troiano) no ano 753 a.C.
• A historia e a arqueoloxía indican que a mediados do século VIII a.C. a primitiva Roma ocupaba o monte Palatino e, posteriormente, a poboación foi ocupando outros outeiros próximos.
• Roma está situada na comarca do Lacio, onde se falaba o latín. Os romanos adoptaron o sistema de escritura dos gregos que, con modificacións, se converteu no alfabeto latino que empregamos nós hoxe.
Os tempos da monarquía: 753-509 a.C.
• O primeiro sistema político de Roma foi a monarquía. Os reis concentraban todo o poder: o relixioso (sumo sacerdote), o xudicial (xuíz supremo) e o militar (máximo dirixente do exército).
• A sociedade estaba organizada en dous grupos:
– Os patricios: unha minoría que controlaba o poder político, económico e relixioso.
– Os plebeos: a maioría da poboación que carecía de dereitos políticos, é dicir, non participaban no goberno da cidade.
Actividades
153
1. Segundo a lenda, os fundadores de Roma foron criados por unha loba. Esta escultura acabou por ser o símbolo de Roma. Como se chamaban os fundadores de Roma?
Roma e Rema Remo e Rómulo Ramiu e Roma
2. Cando se fundou a cidade de Roma?
853 a.C. 753 d.C. 753 a.C. 509 a.C.
3. Completa este texto: Roma foi fundada na rexión do .................... O idioma que se falaba era o ....................... O primeiro sistema político de Roma foi a .............................., que durou ata o ano.....................
4. Une con frechas:
Rómulo •PatriciosMinoría poderosa •Latín Idioma •MonarquíaSistema político •RemoRexión xeográfica •Plebeos Maioría sen poder •Lacio
5. Roma é coñecida como a “cidade dos sete outeiros”. Nun deles iniciouse a cidade e, máis tarde, foron ocupándose os restantes.
• Como se chamaba o outeiro no que se iniciou Roma? ............................
• Fíxate na ilustración e copia os nomes dos sete outeiros nos que se asentou a primitiva cidade de Roma. .................
.................................................................................................
154
2. A REPÚBLICA ROMANA. 509-27 a.C.No ano 509 a.C. rematou a monarquía e iniciouse a república.
A organización política da república. No sistema republica-no, o poder –que os romanos sintetizaban nas siglas SPQR (Senatus Populus-Que Romanus, o Senado e o pobo de Roma)– repartíase entre:
• Senado: era a principal institución de goberno, formado por maxistrados de prestixio e con experiencia política.
• Asembleas populares: estaban formadas polos cidadáns. Tiñan o poder de elaborar as leis (poder lexislativo) e de elixir os maxistrados.
• Maxistrados: eran elixidos nas asembleas. Os cuestores realizaban funcións económicas; os edís, administrativas; os censores elaboraban o censo, etc. Os cónsules dirixían o exército e presidían a república.
A expansión territorial. Durante a época republicana, Roma iniciou a súa expansión e conquistou amplos territorios no con-torno do Mediterráneo.
A fin da república. A grande extensión do dominio de Roma orixinou múltiples dificultades (rebelións de escravos como a de Espartaco; protestas dos pobos sometidos; excesivo poder dos cónsules...). Así, no ano 27 a.C., Octavio, logo de vencer os seus rivais (Lépido e Marco Antonio) instaurou unha nova for-ma de gober-no persoal: o imperio, dan-do así fin ao período repu-blicano.
A expansión territorial de Romana época republicana.
Actividades
155
6. Entre que datas estivo vixente en Roma o réxime republicano?
753-27 d.C. 876 a.C.-34 d.C. 509-27 a.C. 753-509 a.C.
7. Que significan as siglas SPQR? ..............................................
.................................................................................................
8. Une con frechas os maxistrados coa súa función:
Censor •AsuntosadministrativosEdil •DirixiroexércitoCuestor •ElaboraroscensosCónsul •Asuntoseconómicos
9. Fíxate no mapa da páxina anterior e responde:
• Entre que datas foron conquistadas as grandes illas do Me-diterráneo occidental?
Entre 272 e 146 a.C. Entre 509 e 146 a.C. Entre 272 e 27 a.C.
• Entre que datas foi conquistado o litoral mediterráneo da península ibérica?
Entre 590 e 146 a.C. Entre 146 e 27 a.C. Entre 272 e 146 a.C.
• Foi conquistado o noroeste de península ibérica (actual Ga-licia) durante o período da monarquía romana?
Si Non
10. Actividade complementaria: Xulio César foi un dos personaxes máis destacados da república romana. Para coñecelo mellor, podes facer unha destas tres opcións: ver un vídeo sobre a súa actividade militar (http://www.youtube.com/watch?v=rtbRWEC6rTA&feature=
related), facer unha breve biografía consultando a Internet ou comentar un dos cómics de Astérix (centrados na resistencia dos galos fronte ás lexións de César).
156
3. A CONQUISTA DE HISPANIA. 218-19 a.C. Roma, na súa expansión polo Mediterráneo, conquistou a pe-nínsula ibérica, á que os romanos denominaron Hispania.
As etapas da conquistaA conquista da península ibérica iniciouse no ano 218 a.C. cando os romanos, dirixidos por Publio e Cneo Escipión, des-embarcaron en Emporion.
A conquista realizouse avanzando desde a costa mediterrá-nea cara ao interior, ata alcanzar as terras do norte.
• Primeiro ocuparon a franxa mediterránea.
• Logo avanzaron sobre a Meseta, onde venceron os celtibe-ros, que resistían en Numancia, e aos lusitanos, dirixidos por Viriato. Polas mesmas datas conquistaron Baleares.
• Finalmente dominaron o norte tras derrotar os cántabros, ástures e galaicos; na campaña participou persoalmente o primeiro emperador, Octavio Augusto.
A conquista de GallaeciaOs romanos deron o nome de Gallaecia ao noroeste peninsu-lar. Gallaecia procede do nome dun dos pobos que habitaban a zona –os galaicos– cos que se enfrontou Roma na súa ex-pansión. Para conquistala foron precisas varias expedicións, destacando as de:
• Décimo Xuño Bruto, o Galaico (137-136 a.C.), que obtivo a vitoria na batalla xunto ao río Douro e que atravesou o río Limia.
• Xulio César (61-60 a.C.) quen, procedente de Gades (Cádiz), chegou ata Brigantium (A Coruña), causando un forte impacto entre os pobos indíxenas a escuadra romana, porque nunca viran un despregamento naval de tal envergadura.
• Octavio Augusto foi quen conseguiu o dominio definitivo da rexión tras vencer a resistencia dos pobos indíxenas. Nun lu-gar aínda sen localizar (actuais Médulas?) tivo lugar a definitiva derrota dos galaicos na batalla de Monte Medulio (25 a.C.).
Actividades
157
11. Colorea as tres fases da conquista romana e identifica unha loca-lidade en cada unha das fases (Emporiom, Numancia e Lucus Augusti).
12. Completa este texto:Para conquistar Ga-llaecia foron precisas varias expedicións, destacando as de: Décimo Xuño Bruto, o ............. (137-136 a.C.), que obtivo a vitoria na batalla xunto ao río ............... e que atra-vesou o río Limia. Xulio César (......-60 a.C.) quen, procedente de ............... (Cádiz), chegou ata .................... (A Coruña). Octavio Augusto, foi quen conseguiu o dominio definitivo do territorio tras vencer a resistencia dos pobos ..................... Nun lugar aínda sen localizar tivo lugar a definitiva derrota dos galaicos na batalla de Monte ...................... (25 a.C.).
13. Moitos dos historiadores romanos destacaron a valentía dos galaicos no seu enfrontamento cos romanos. A derradeira batalla foi a de Monte Medulio, coa que se deu por concluída a conquista do noroeste. Le o seguinte texto e responde: que fixeron os romanos para tomar Monte Medulio? Que fixeron os galaicos antes de ser capturados polos romanos?
A fin da conquista de Gallaecia
Ao final tivo lugar o acoso de Monte Medulio, ao que se cercou cun foxo continuo de quince millas para conquistalo, avanzando o romano por todas partes e ao mesmo tempo. Logo que os bárbaros [galaicos] ven que a súa fin é chegada, teimosamente, entre festas, déronse morte con lume, espada e veleno que alí extrae a xente dos teixos, e a meirande parte librouse da catividade, que lles parecía peor que a morte aos que ata ese momento non foran dominados.
L. A. FLORO. Epítome de Tito Livio. Século II d.C.
158
4. O IMPERIO ROMANO. 27 a.C-476 d.C.
Durante cinco séculos Roma dominou as terras que rodean o mar Mediterráneo. As conquistas iniciadas na República conti-nuaron no Imperio ata culminar no século II d.C.
O emperador
Durante o imperio seguiron existindo as institucións republica-nas pero quedaron supeditadas ao poder do emperador. El tiña o mando supremo do exército, o dereito de elaborar e aprobar leis e de nomear maxistrados; ademais, actuaba como sacer-dote supremo. Á súa morte os emperadores eran divinizados e rendíaselles culto.
Expansión e organización territorial
A comezos do século II d.C. o imperio alcanzou a súa máxi-ma extensión coas conquista de Traxano (92-117 d.C). Roma dominaba desde a península ibérica no oeste a Mesopotamia no leste, e desde as illas británicas e os ríos Rin e Danubio no norte ao deserto do Sáhara no sur. Por iso chamaron ao mar Mediterráneo mare nostrum (o noso mar).
O territorio dominado era organizado en provincias. O núme-ro de provincias variou ao longo do imperio, multiplicándose o seu número coa incorporación de novos territorios e subdivi-dindo as xa existentes da época republicana.
Así, no caso de Hispania, inicialmente foron dúas provincias: a Citerior (a máis próxima a Roma) e a Ulterior (a máis afasta-da). Pero a finais da dominación romana eran seis, todas cun-ha cidade capital: Bética (Córdoba), Lusitania (Mérida), Tarraconense (Ta-rragona), Gallaecia (Braga), Cartaxi-nense (Cartaxena), Baleárica (Palma).
Os dominios de Roma durante o Imperio
Actividades
159
14. Moitas provincias estaban subdivididas en conventos, nome que os romanos deron ás unidades administrativas de carácter xudicial, de recadación de impostos e de recrutamen-to de tropas. Así, a provin-cia de Gallaecia, estaba dividida en catro conven-tos coas súas respectivas cidades capitais: o Lu-cense (Lugo), Bracarense (Braga), Astur (Astorga) e Cluniacense (Clunia).
Fíxate no mapa e une con frechas os nomes latinos de cidades destacadas cos seus nomes actuais
LucusAugusti •MéridaCartagoNova •MéridaHispalis •SevillaGades •ZaragozaEmeritaAugusta •LugoAsturicaAugusta •TarragonaBracaraAugusta •CórdobaCaesaraugusta •CartaxenaTarraco •CádizCorduba •Braga
15. Observa o mapa e responde: con que convento da Gallaecia se corresponde a actual Galicia? .............................................
16. Que poderes tiña o emperador romano? .................................
.................................................................................................
17. Cando alcanzou o imperio romano a súa máxima extensión?
.................................................................................................
División provincial de Hispania no s. IV.
160
5. CRISE E FIN DO IMPERIO ROMANOA partir do século III xurdiron numerosos problemas de carácter interno e externo que remataron coa desaparición do imperio romano de occidente no 476 d.C.
A crise do século III. Estivo provocada principalmente por:• Os ataques dos pobos limítrofes do imperio, chamados
bárbaros polos romanos, que atravesaban as fronteiras (xermanos, sármatas, persas, mauritanos...).
• O exército, que impuxo a súa vontade elixindo os emperadores, desposuíndo ao Senado de toda autoridade.
• As dificultades económicas: diminución da produción e do comercio, redución da moeda, descenso da poboación, abandono das cidades, empobrecemento xeral do estado romano e dos particulares.
A pesar dos intentos de varios emperadores (Constantino, Teodosio) de frear a crise, desde finais do século IV o imperio viuse sacudido polas grandes invasións de pobos xermanos, obrigados a trasladarse cara ao oeste pola presión dos hunos, pobo procedente de Asia dirixido por Atila. No ano 395 os fillos de Teodosio repartíronse o imperio: Honorio como emperador de occidente (con capital en Roma) e Arcadio de oriente (con capital en Constantinopla).
A fin do imperio romano de Occidente. Ao longo do século V tiveron lugar novos acontecementos que puxeron fin ao imperio de occidente, entre os que destacan:
• Loitas internas por conseguir o poder imperial (15 emperadores en 68 anos).
• Os bárbaros (francos, suevos, vándalos, alanos, godos, hérulos...) que, a comezos do século IV, penetraron no imperio e se asentaron nel.
• No ano 476, o derradeiro emperador de occidente, Rómulo Augústulo, foi destronado polo rei dos hérulos, Odoacro, finalizando así o poder de Roma.
Actividades
161
18. Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afir-macións. Corrixe as falsas escribíndoas correctamente.
• ApartirdoséculoVIcomezaronasdificultadesgravesdoimperioromano.
V F ..........................................................................
• Atila, o rei dos suevos, ameazou gravemente o poderromano.
V F ..........................................................................
• Noano476,oderradeiroemperadordeoccidente,RómuloAugústulo,foidestronadopoloreidoshérulos,Odoacro.
V F ..........................................................................
• Noano395osfillosdeTeodosiorepartíronseoimperio:Ar-cadiocomoemperadordeoccidente(concapitalenRoma)eHonoriodeoriente(concapitalenConstantinopla).
V F ..........................................................................
• Problemasdecarácterinternoeexternoremataroncoades-aparicióndoimperioromanodeoccidenteno1453.
V F ..........................................................................
19.Uneconfrechas:
Atila •ReidoshérulosOdoacro •Emperadorromanodeoccidente395 •CapitaldoimperioromanodeoccidenteHonorio •EmperadorromanodeorienteRoma •FindoimperioromanodeoccidenteArcadio •CapitaldoimperioromanodeorienteConstantinopla •Reidoshunos
162
AutoavaliaciónTema 10
Roma e o seu imperio
Responde a estas cuestións.
1. Segundo a lenda, como se chamaban os fundadores de Roma?
Roma e Rema Remo e Rómulo Ramiu e Roma
2. Cando se fundou a cidade de Roma?
853 a.C. 753 d.C. 753 a.C. 509 a.C.
3. Entre que datas estivo vixente en Roma o réxime republicano?
753-27 d.C. 509-27 a.C. 753-509 a.C.
4. Une con frechas os maxistrados coa súa función:
Censor •Asuntosadministrativos
Edil •Dirixiroexército
Cuestor •Elaboraroscensos
Cónsul •Asuntoseconómicos
5. Completa este texto:
Para conquistar Gallaecia foron precisas varias expedicións, destacando as de: Décimo Xuño Bruto, o ............. (137-136 a.C.), que obtivo a vitoria na batalla xunto ao río ............... e que atravesou o río Limia. Xulio César (......-60 a.C.) quen, pro-cedente de ............... (Cádiz), chegou ata .................... (A Co-ruña). Octavio Augusto, foi quen conseguiu o dominio definiti-vo do territorio tras vencer a resistencia dos pobos .................. Nun lugar aínda sen localizar tivo lugar a definitiva derrota dos galaicos na batalla de Monte ................ (25 a.C.).
6. Cando alcanzou o imperio romano a súa máxima extensión?
.................................................................................................
163
AutoavaliaciónTema 10
Roma e o seu imperio
Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o
número de: Acertos Erros
7. Une con frechas os nomes latinos de cidades romanas cos seus nomes actuais:
LucusAugusti •MéridaCartagoNova •MéridaHispalis •SevillaGades •ZaragozaEmeritaAugusta •LugoAsturicaAugusta •TarragonaBracaraAugusta •CórdobaCaesaraugusta •CartaxenaTarraco •CádizCorduba •Braga
8. Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afir-macións. Corrixe as falsas escribíndoas correctamente.
• ApartirdoséculoVIcomezaronasdificultadesgravesdoimperio romano.
V F ..........................................................................
• Atila,oreidossuevos,ameazougravementeopoderromano.
V F ..........................................................................
• Noano476,oderradeiroemperadordeoccidente,RómuloAugústulo, foi destronado polo rei dos hérulos, Odoacro.
V F ..........................................................................
• Noano395osfillosdeTeodosiorepartíronseoimperio:Ar-cadio como emperador de occidente (con capital en Roma) e Honorio de oriente (con capital en Constantinopla).
V F ..........................................................................
• Problemasdecarácterinternoeexternoremataroncoades-aparición do imperio romano de occidente no 1453.
V F ..........................................................................
Recommended