12
MURGAS NA RÚA Venres de 21:30 - 24:00 Sábado de 18:00 - 21:00 ANPA IES POBRA ENTROIDO 2014

Murgas na rua

Embed Size (px)

DESCRIPTION

entroido, murgas

Citation preview

MURGAS NA RÚA

Venres de 21:30 - 24:00

Sábado de 18:00 - 21:00

ANPA IES POBRA

ENTROIDO 2014

OBXECTIVOS:

• Recuperar a tradición das murgas na Pobra.

• Potenciar a creatividade.

• Animar aos mozos e mozas a disfrutar do Entroido no noso concello.

PARTICIPANTES:

• Alumnado do IES da Pobra en grupos de mínimo 7 persoas.

COLABORAN:

• IES da Pobra.

• Comercios da Pobra.

• Locais de ocio e hostalara da Pobra.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

• Cada grupo interesado en presentarse ao concurso deberá anotarse no IES indicando:

·Listado de compoñentes que participarán (mínimo 7)·Autorización do pai/nai/ titor para actuación e reprodución de imaxe.·Nome do grupo·Copia da letra da murga (incluíndo título), que deberá ser inédita·Data límite 19 febreiro.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

• Todos os grupos, disfrazados, se reunirán o venres/sábado de Entroido no Cantón da Leña da Pobra á hora indicada.

• A cada grupo lle será entregado un itinerario no que se indicarán os lugares onde deberá actuar.

• En cada punto os participantes repartirán a letra da murga entre o público asistente.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

• O grupo interpreta a murga e, unha vez que acaba, pode pasar o “gorra”.

• As persoas do público, inmediatamente despois de oír a murga, poderán introducir nunha urna precintada pola ANPA, un cartón” regramentario” no que indicará a puntuación que lle otorga aos distintos grupos participantes. Cada grupo terá asignada una cor. Poderase votar tras cada unha das actuacións de cada murga, un voto por actuación en cada un dos itinerarios.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

• Os cartóns estarán a disposición do público en cada un dos establecementos participantes. Poderase puntuar con:

·3 puntos ·2 puntos ·1 punto

• Unha vez que os grupos rematan todo o seu itinerario, volverán ao Cantón da Leña no que actuarán todos de novo, seguindo a orde indicada pola organización, mentres se fai o reconto dos puntos de cada grupo.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

• Cada grupo nomeará un/unha representante que estará presente na apertura e reconto das puntuacións de cada grupo.

• Ao finalizar o reconto darase a coñecer o grupo gañador.

PREMIOS

•O premio será en metálico e dependerá das donacións dos locais comerciais e de hostalaría da Pobra participantes no desenvolvemento do concurso.

• En todo caso a cuantía do premio non será menor de 200 euros nin maior de 300 euros por categoría

PARTICIACIÓN COMERCIO E HOSTELARÍA

• Os locais participantes terán un logo indicativo no seu escaparate.

• Todos os interesados poderán custodiar no seus establecementos as cestas de puntos (seladas pola ANPA) de xeito que o público interesado poida entrar a coller o cartón para poder votar.

IMPORTANTE

• Os locais participantes apoiarán o desenvolvemento do concurso cunha donación mínima de 5 euros que se adicarán a costear os premios que serán de un máximo de 300 euros por categoría. Se a recadación supera os 600 euros, os cartos restantes se destinarán a outras actividades que a ANPA organizará en benefico do alumnado do IES da Pobra.

IMPORTANTE

• Valorarase o humor e o espírito crítico das letras.

• As murgas con letras ofensivas coa dignidade das persoas, de mal gusto, ou que usen una linguaxe sexista, homófoba ou xenófoba serán eliminadas e non poderán participar.

• NO CASO DE CHOIVA O CONCURSO PASARÁ AO SÁBADO DE PIÑATA.